1 00:00:06,089 --> 00:00:08,925 ANTERIORMENTE 2 00:00:09,009 --> 00:00:10,010 Soa a fraude. 3 00:00:10,093 --> 00:00:14,681 Non ten por que, co banqueiro adecuado e no banco preciso. 4 00:00:14,764 --> 00:00:18,059 - Que pediu? - Acceso ao informe diario da presidencia. 5 00:00:18,143 --> 00:00:21,980 Con algo de contabilidade creativa, pode ir dereitiño á campaña. 6 00:00:22,063 --> 00:00:23,982 Hai unha base de datos en liña. 7 00:00:24,065 --> 00:00:28,028 Está encriptada de xeito que nin eu podo acceder sen este libro. 8 00:00:28,111 --> 00:00:29,320 Un cifrado por libro? 9 00:00:29,404 --> 00:00:32,157 Gardouno para escondelo dos Servizos Secretos. 10 00:00:32,240 --> 00:00:34,075 E agora Brian Mott está morto. 11 00:00:34,159 --> 00:00:36,745 O único que non sei aínda é o porqué. 12 00:00:36,828 --> 00:00:38,830 Adam ía entregar o teu pai. 13 00:00:38,913 --> 00:00:40,957 Deu collido unha arma e matouse. 14 00:00:41,624 --> 00:00:44,335 - Arrington aínda está contigo? - Está aquí. 15 00:00:44,419 --> 00:00:47,338 Adam, pídoche unha cousa máis e non vai ser fácil. 16 00:00:47,422 --> 00:00:48,339 Entendido. 17 00:00:48,423 --> 00:00:50,884 - Estás a salvo? - Si, todo ben. 18 00:00:50,967 --> 00:00:52,260 Ven para a casa. 19 00:00:52,343 --> 00:00:53,887 - Era a saída? - Tanto dá. 20 00:00:53,970 --> 00:00:56,848 Imos pola estrada do monte. 21 00:01:01,436 --> 00:01:02,729 POSICIÓN COMPARTIDA 22 00:01:04,022 --> 00:01:05,899 Señor, ten un axente corrupto. 23 00:01:05,982 --> 00:01:07,776 Adam está ás miñas ordes. 24 00:01:07,859 --> 00:01:09,611 - Retírate. - Non podo. 25 00:01:09,694 --> 00:01:12,363 Entón isto é traizón, Peter. 26 00:01:13,114 --> 00:01:16,284 - Coma teu pai. - Co debido respecto, vaia tomar polo cu. 27 00:01:36,888 --> 00:01:38,556 VINTE E TRES ANOS ANTES 28 00:01:38,640 --> 00:01:40,475 Ei! Non te metas moito, Peter! 29 00:01:48,566 --> 00:01:50,693 Listo? Xa! 30 00:02:11,422 --> 00:02:12,340 Quérote. 31 00:02:23,643 --> 00:02:24,477 Adiante. 32 00:02:24,561 --> 00:02:26,146 Acción Nocturna. Necesito… 33 00:02:26,229 --> 00:02:27,355 Código, por favor. 34 00:02:28,356 --> 00:02:30,608 Folla, torre, xeo, gume. 35 00:02:32,193 --> 00:02:33,736 O código non é válido. 36 00:02:33,820 --> 00:02:34,904 O que? Non. 37 00:02:35,905 --> 00:02:37,824 Folla, torre, xeo, gume. 38 00:02:37,907 --> 00:02:40,952 Son Cóbrega. Hai unha axente dos Servizos Secretos en perigo. 39 00:02:41,786 --> 00:02:45,623 Síntollo, o código non é válido. Non volva chamar a este número. 40 00:02:52,839 --> 00:02:54,340 Revisaramos toda a casa. 41 00:02:54,424 --> 00:02:56,968 E, xa che digo, tiña que haber catro tipos. 42 00:02:57,051 --> 00:03:00,388 - Onde se meteran? - Era o que queriamos saber nós. 43 00:03:00,471 --> 00:03:04,267 Saímos do edificio e vexo, ao lonxe, unha estrutura, 44 00:03:04,350 --> 00:03:06,769 unha especie de cuberto, a uns 50 metros. 45 00:03:06,853 --> 00:03:08,521 Tiñan que estar alí dentro. 46 00:03:08,605 --> 00:03:10,356 E dispoñémonos a entrar. 47 00:03:11,524 --> 00:03:15,320 De súpeto, oímos algo, un movemento, e empezamos a tiros. 48 00:03:15,403 --> 00:03:18,114 E, dous segundos despois, oímos… 49 00:03:20,200 --> 00:03:21,034 Non pode ser! 50 00:03:21,117 --> 00:03:25,622 O burro aquel non sabía o que era aquilo. 51 00:03:25,705 --> 00:03:27,332 - Que mal! - Mi ma… 52 00:03:27,415 --> 00:03:29,375 - Aínda me sinto culpable. - Si? 53 00:03:29,459 --> 00:03:32,962 Tiñamos ordes de matar os homes, non o burro! 54 00:03:33,922 --> 00:03:36,966 A coitada da besta non merecía un final así. 55 00:03:37,050 --> 00:03:37,926 Non. 56 00:03:49,646 --> 00:03:51,272 Cando te decataches? 57 00:03:51,773 --> 00:03:52,982 De que? 58 00:03:54,400 --> 00:03:56,110 De que había algo raro. 59 00:03:58,071 --> 00:03:59,113 Solta a arma. 60 00:03:59,697 --> 00:04:00,698 Coa man esquerda. 61 00:04:02,033 --> 00:04:04,744 Levo moito tempo calando xente. 62 00:04:04,827 --> 00:04:06,246 E ti es boa. Moi boa. 63 00:04:06,329 --> 00:04:08,414 Enganáchesme ata o final. 64 00:04:08,915 --> 00:04:11,584 Esa historia ten graza, pero non tanta. 65 00:04:11,668 --> 00:04:13,127 Non tes que facer isto. 66 00:04:13,920 --> 00:04:17,757 Xa, vaia… querer non quero, se che serve de consolo. 67 00:04:17,840 --> 00:04:21,219 A miña familia, o meu prometido… Que van pensar que pasou? 68 00:04:21,302 --> 00:04:25,056 Que tiveches un accidente terrible. Mala sorte. Moi mala sorte. 69 00:04:25,139 --> 00:04:27,267 E é xustiño así, é… 70 00:04:28,184 --> 00:04:29,185 mala sorte. 71 00:04:29,769 --> 00:04:32,313 Entendo a ironía de que estaría nunha bolsa 72 00:04:32,397 --> 00:04:34,357 se non fose pola túa axuda. 73 00:04:36,150 --> 00:04:37,277 Pois si. 74 00:04:38,319 --> 00:04:39,529 Un fallo. 75 00:06:16,167 --> 00:06:17,043 Chelsea! 76 00:06:40,525 --> 00:06:41,442 Merda! 77 00:07:17,854 --> 00:07:19,147 Chelsea! 78 00:07:27,655 --> 00:07:28,489 - Ben? - Si. 79 00:07:28,573 --> 00:07:30,408 Hora de enfrontarse, eh, Peter? 80 00:07:30,491 --> 00:07:31,534 Non hai por que! 81 00:07:31,617 --> 00:07:34,537 Non sei que che contou Hagan, pero é todo mentira! 82 00:07:34,620 --> 00:07:36,956 Si, xa. Foi falar o tipo honesto. 83 00:07:37,039 --> 00:07:41,294 O que entrou na ONU a roubar intelixencia para Monroe. 84 00:07:42,462 --> 00:07:44,797 Hagan estate a usar, Adam! 85 00:07:45,298 --> 00:07:48,926 El e a muller levan anos facendo tratos ilegais con Monroe. 86 00:07:49,010 --> 00:07:49,886 Unha merda! 87 00:07:49,969 --> 00:07:52,805 Isabel deu aberto o disco. Temos probas! 88 00:07:53,389 --> 00:07:56,184 Os homes bos non se agochan na información restrinxida. 89 00:07:56,267 --> 00:07:58,394 Pregúntallo ti! 90 00:07:59,145 --> 00:08:01,189 Peter, non vas dar razoado con el. 91 00:08:01,272 --> 00:08:02,231 Vamos. 92 00:08:04,025 --> 00:08:05,151 Cago en todo, Adam. 93 00:08:07,528 --> 00:08:08,738 Lista? 94 00:08:09,322 --> 00:08:10,156 Vai! 95 00:08:25,421 --> 00:08:29,383 Raúl Zapata e a LFS tiñan unha conta para financiar o terrorismo. 96 00:08:29,467 --> 00:08:32,929 E, á parte, temos o pai de Isabel, Jacob Monroe. 97 00:08:33,012 --> 00:08:34,972 - Un broker da intelixencia? - Si. 98 00:08:35,056 --> 00:08:37,141 Tamén coqueteaba co terrorismo. 99 00:08:37,225 --> 00:08:41,229 Matou unha axente do FBI ao secuestrarme, sabía do atentado da ONU… 100 00:08:41,312 --> 00:08:43,898 E tamén facía tratos con… 101 00:08:43,981 --> 00:08:45,107 Jenny Hagan. 102 00:08:45,191 --> 00:08:48,152 El desviaba cartos coa fundación dela, Signature Initiative, 103 00:08:48,236 --> 00:08:50,488 que volvían de xeito ilegal á campaña, 104 00:08:50,571 --> 00:08:53,783 para chantaxeala a cambio de intelixencia clasificada. 105 00:08:53,866 --> 00:08:56,285 Zapata, Monroe, Signature Initiative. 106 00:08:56,369 --> 00:08:58,621 Que necesitan todos para branquear? 107 00:08:59,872 --> 00:09:01,749 - Un banco. - Moi ben, Jane. 108 00:09:01,832 --> 00:09:02,875 Jill. 109 00:09:02,959 --> 00:09:09,090 Resulta que todas estas entidades usaban o mesmo banco: Walcott Capital. 110 00:09:09,173 --> 00:09:13,427 Tiñan alguén que aprobaba as transaccións e facía que non saltasen. 111 00:09:13,511 --> 00:09:15,429 Pero fallou, e aí entrei eu. 112 00:09:15,513 --> 00:09:18,683 Cremos que o banco pagou os asasinatos de Lansing, 113 00:09:18,766 --> 00:09:21,727 Vernon Tyvek e Mike para ocultar a súa implicación. 114 00:09:21,811 --> 00:09:26,899 - Porque o di un sospeitoso de asasinato? - Foi en defensa propia! Ti atendiches? 115 00:09:26,983 --> 00:09:29,944 Está no disco. É o que tiña meu pai contra o banco. 116 00:09:30,027 --> 00:09:33,114 Nin empezamos a afondar no resto da súa operación. 117 00:09:33,197 --> 00:09:37,159 Con que a metade desas filtracións sexa verdade, isto é moi gordo. 118 00:09:37,243 --> 00:09:39,120 A ver, por favor… 119 00:09:39,203 --> 00:09:42,999 Tantas acusacións contra figuras prominentes 120 00:09:43,082 --> 00:09:45,251 déixannos sumamente expostos. 121 00:09:45,334 --> 00:09:49,130 E nin me vou meter nas consideracións éticas 122 00:09:49,213 --> 00:09:52,133 de que foses ti a que foi atrás desta historia, 123 00:09:52,216 --> 00:09:54,218 sendo Monroe teu pai. 124 00:09:54,302 --> 00:09:57,096 Vouno revelar. Por iso puiden dar con todo isto. 125 00:09:57,179 --> 00:10:00,474 - Concordo. Non pode haber fisuras. - Non hai fisuras! 126 00:10:00,558 --> 00:10:04,186 Hai máis de mil carpetas! Levaría meses corroborar todo. 127 00:10:04,270 --> 00:10:06,897 E o presidente xa está intentando encubrilo. 128 00:10:07,732 --> 00:10:12,653 Non pido publicalo todo. Só unha parte, para sacar á luz o relato. 129 00:10:15,114 --> 00:10:16,907 Que che parece, Trip? 130 00:10:16,991 --> 00:10:19,368 Subimos os arquivos a un disco seguro 131 00:10:19,452 --> 00:10:22,079 e poñemos xente a revisalos a tempo completo. 132 00:10:22,163 --> 00:10:24,081 - Levaría semanas. - Polo menos. 133 00:10:24,165 --> 00:10:27,877 - Que falamos do presidente. - Defendes a túa postura ou a nosa? 134 00:10:27,960 --> 00:10:31,839 - E se declarase algunha testemuña? - Quen hai á parte deste? 135 00:10:31,922 --> 00:10:33,883 Arrington, dos Servizos Secretos. 136 00:10:33,966 --> 00:10:36,677 É testemuña da relación de Monroe cos Hagan. 137 00:10:36,761 --> 00:10:38,804 A que lle disparou ao intruso? 138 00:10:39,430 --> 00:10:44,060 Escribiume antes Johnson, de Prensa. A Casa Branca cuestiona a súa versión. 139 00:10:44,143 --> 00:10:47,063 Para desacreditala. Estano encubrindo. 140 00:10:50,941 --> 00:10:51,776 Trip… 141 00:10:52,777 --> 00:10:55,196 - había que axilizar isto. - Concordo. 142 00:10:55,279 --> 00:10:58,407 - Recomendo encarecidamente non facelo. - Subscribo. 143 00:11:00,701 --> 00:11:01,661 Trip, ti mandas. 144 00:11:04,664 --> 00:11:06,123 Síntocho, Isabel. 145 00:11:06,207 --> 00:11:09,085 Estou cos avogados. Non nos podemos precipitar. 146 00:11:15,466 --> 00:11:19,553 Van para as oficinas do Register. Peter dixo que abriron o disco. 147 00:11:19,637 --> 00:11:22,515 Escoita. Dáme a min que Sutherland non vai parar. 148 00:11:25,226 --> 00:11:26,268 Ocúpate del. 149 00:11:27,937 --> 00:11:29,230 Rich, podo…? 150 00:11:30,690 --> 00:11:32,650 Pódoche falar como amigo? 151 00:11:36,570 --> 00:11:37,405 Fala. 152 00:11:37,488 --> 00:11:39,198 Peter dixo que Jenny e ti… 153 00:11:40,449 --> 00:11:41,992 tiñades algo con Monroe. 154 00:11:45,413 --> 00:11:46,414 Si, é certo. 155 00:11:47,623 --> 00:11:52,795 Monroe fixera donativos á miña campaña. Por iso el cre que estou na conspiración. 156 00:11:52,878 --> 00:11:55,005 - Pero non? - Por iso te chamei a ti. 157 00:11:55,089 --> 00:11:58,676 Peter non dá mirado máis aló do seu propio trauma persoal. 158 00:11:58,759 --> 00:12:01,762 O pai era un traidor e para el todos somos inimigos. 159 00:12:01,846 --> 00:12:03,764 Nunca se fiou de min. Nin de ti. 160 00:12:03,848 --> 00:12:07,143 - Hostia, Adam, que sangramos xuntos! - Xa o sei, meu. 161 00:12:07,226 --> 00:12:09,478 Só busco algo de luz, máis nada. 162 00:12:11,063 --> 00:12:14,692 É unha cuestión de seguridade nacional. Queres máis luz? 163 00:12:14,775 --> 00:12:16,861 "Os xenerais preguntan. Nós non." 164 00:12:16,944 --> 00:12:19,447 Cantas veces me rompiches a cabeza con iso? 165 00:12:20,865 --> 00:12:21,699 Si. 166 00:12:21,782 --> 00:12:24,160 Mira, sei que pido moito, 167 00:12:24,243 --> 00:12:26,078 pero non o tes que facer só. 168 00:12:26,162 --> 00:12:26,996 E iso? 169 00:12:28,873 --> 00:12:31,917 Metín alguén máis do noso equipo na Acción Nocturna. 170 00:13:14,960 --> 00:13:16,712 INTENTANDO SILENCIALO. 171 00:13:21,926 --> 00:13:23,969 Theo está intentando silencialo, 172 00:13:24,470 --> 00:13:26,305 ou polo menos atrasalo. 173 00:13:26,388 --> 00:13:28,641 - Ben. - E se van por el? 174 00:13:28,724 --> 00:13:31,894 - El non se meteu nisto. - Estás facendo o que debes. 175 00:13:31,977 --> 00:13:34,063 E diría que Theo pensa o mesmo. 176 00:13:34,730 --> 00:13:36,190 Parece bo tío. 177 00:13:37,858 --> 00:13:38,734 Si. 178 00:13:41,612 --> 00:13:42,738 Peter, 179 00:13:42,822 --> 00:13:44,657 teño moito medo. 180 00:13:44,740 --> 00:13:47,827 Pensa no que vas facer cando acabes con todo isto. 181 00:13:50,120 --> 00:13:53,499 Voume tirar no sofá en pixama a encherme de torta. 182 00:13:54,708 --> 00:13:55,626 Torta… 183 00:13:57,002 --> 00:13:59,255 Eu son máis de xeado. 184 00:13:59,338 --> 00:14:00,548 Sabor favorito? 185 00:14:00,631 --> 00:14:02,925 Pois había unha xeadería… 186 00:14:04,343 --> 00:14:05,803 Miña nai compráramo… 187 00:14:07,388 --> 00:14:09,431 un día que foramos á praia. 188 00:14:12,351 --> 00:14:13,519 A verdade é que… 189 00:14:14,353 --> 00:14:16,272 é o último recordo que teño dela 190 00:14:17,147 --> 00:14:18,482 antes de enfermar. 191 00:14:24,029 --> 00:14:25,114 Era… 192 00:14:25,614 --> 00:14:26,991 era vermello. 193 00:14:27,658 --> 00:14:31,495 E estaba cuberto de anaquiños crocantes. Estaba moi bo. 194 00:14:31,579 --> 00:14:33,205 Como se chamaba? 195 00:14:33,289 --> 00:14:34,915 Non me acordo. 196 00:14:35,416 --> 00:14:38,919 Algo con "strawberry" ou "raspberry". 197 00:14:40,796 --> 00:14:44,925 O logo de diante era unha vaquiña azul. 198 00:14:46,427 --> 00:14:49,305 Sempre ando mirando se o vexo en algures… 199 00:14:49,388 --> 00:14:50,306 Estaba bo, eh? 200 00:14:50,389 --> 00:14:52,683 A verdade é que nin me acordo. 201 00:14:56,270 --> 00:14:57,313 Igual é só… 202 00:14:58,105 --> 00:15:01,108 que me aferro a como me sentín aquel día. 203 00:15:04,904 --> 00:15:05,738 Si. 204 00:15:07,865 --> 00:15:09,825 - Ei, onde andades? - Na oficina. 205 00:15:09,909 --> 00:15:11,243 Imos de volta para aí. 206 00:15:11,327 --> 00:15:14,079 Quedade aí e que non deixen entrar a ninguén. 207 00:15:14,163 --> 00:15:15,456 E lonxe das ventás. 208 00:15:15,539 --> 00:15:16,749 Aquí só hai ventás! 209 00:15:16,832 --> 00:15:19,668 - Adam quixo matar a Chelsea. - Que? Estades ben? 210 00:15:19,752 --> 00:15:22,254 Si, pero Hagan está atando os cabos soltos. 211 00:15:22,338 --> 00:15:24,506 - Ven por nós. - Si. A reportaxe que? 212 00:15:24,590 --> 00:15:28,177 Os xefes non publican sen revisar o disco e levaría semanas. 213 00:15:28,260 --> 00:15:29,094 Dixécheslles…? 214 00:15:29,178 --> 00:15:30,930 Díxenlles todo! Pero nada. 215 00:15:31,013 --> 00:15:34,308 - E se declara unha fonte? - Jay e Chelsea non chegan. 216 00:15:37,436 --> 00:15:41,857 E a banqueira? Nese disco hai probas que poderían facela falar. 217 00:15:44,068 --> 00:15:45,194 Perdoa, Evan. 218 00:15:45,277 --> 00:15:47,613 E se declara alguén de Walcott Capital? 219 00:15:47,696 --> 00:15:49,657 - Quen? - Freya Myers, banqueira. 220 00:15:49,740 --> 00:15:53,369 Se me confirma todo isto, dásnos cobertura multiplataforma? 221 00:15:53,452 --> 00:15:54,411 É moito supoñer. 222 00:15:54,495 --> 00:15:55,996 Se o consigo, publícasmo? 223 00:15:56,080 --> 00:15:58,791 Tería que consultalo con Trip, pero pode ser. 224 00:16:00,292 --> 00:16:03,671 - Peter, feito. - Moi ben. Búscaa e saímosche alí. 225 00:16:05,130 --> 00:16:08,717 Renee pediume que falase contigo porque hai un engadido. 226 00:16:08,801 --> 00:16:13,263 É un cambio grande, afecta a todo, así que necesitariamos que esperedes… 227 00:16:14,682 --> 00:16:16,642 Entendo que é moi enriba da hora… 228 00:16:17,476 --> 00:16:19,478 Canto tempo podes esperar? 229 00:16:20,729 --> 00:16:22,898 Un par de horas? Veña, Rina! 230 00:16:24,775 --> 00:16:28,070 Ben! Prométoche que te chamo a ti a primeira. Grazas. 231 00:16:28,153 --> 00:16:29,029 A ver… 232 00:16:34,034 --> 00:16:35,703 Ola, Samantha, son Theo. 233 00:16:35,786 --> 00:16:38,789 Chamo de parte de Renee polo artigo sobre Arrington. 234 00:16:38,872 --> 00:16:39,790 Que fas? 235 00:16:40,666 --> 00:16:42,584 Samantha, chámote despois. 236 00:16:42,668 --> 00:16:44,712 - Ola. - En serio? 237 00:16:44,795 --> 00:16:46,672 É todo mentira, e sábelo ben. 238 00:16:46,755 --> 00:16:48,340 Vou chamar a seguridade. 239 00:16:48,424 --> 00:16:49,633 Non fai falta. 240 00:16:50,134 --> 00:16:50,968 Déixoo. 241 00:16:57,599 --> 00:17:00,019 Ola, Samantha. Son Theo, perdoa. 242 00:17:00,686 --> 00:17:03,105 A conta estará operativa pronto. 243 00:17:03,188 --> 00:17:07,568 E xa o avisarei a próxima vez que os meus socios pasen por Moscova. 244 00:17:09,695 --> 00:17:10,571 Si. 245 00:17:11,488 --> 00:17:12,865 Moi ben, igualmente. 246 00:17:13,365 --> 00:17:14,199 Si? 247 00:17:14,283 --> 00:17:16,994 Ola, señora Myers. Unha tal De León quere vela. 248 00:17:17,578 --> 00:17:19,788 Di que traballa cun tal Jacob Monroe. 249 00:17:24,668 --> 00:17:27,046 Dáme cinco minutos e logo mándaa subir. 250 00:17:28,505 --> 00:17:31,300 Dobras, enrolas… Moi ben. 251 00:17:31,383 --> 00:17:35,137 Fas iso con todas e así xa tes sitio para a PlayStation. 252 00:17:35,220 --> 00:17:36,764 Aprendíchelo no traballo? 253 00:17:36,847 --> 00:17:38,015 Nos scouts. 254 00:17:41,602 --> 00:17:43,103 - Si? - Onde hostia estás? 255 00:17:43,187 --> 00:17:46,231 A xornalista da que dis que te ocupaches 256 00:17:46,315 --> 00:17:47,733 está na miña porta. 257 00:17:47,816 --> 00:17:49,777 - Xa vexo. - Non tes que ver nada. 258 00:17:49,860 --> 00:17:52,029 Tes que facer. 259 00:17:52,529 --> 00:17:54,740 Entretéñoa. Canto tardas en chegar? 260 00:17:54,823 --> 00:17:56,325 Síntocho, non podo ir. 261 00:17:56,408 --> 00:17:58,660 - Xa non traballo nisto. - O que? 262 00:17:58,744 --> 00:18:00,746 Pagueiche o triplo polos servizos. 263 00:18:00,829 --> 00:18:04,958 E devolvinche o importe íntegro, quitando algo para os imprevistos. 264 00:18:05,542 --> 00:18:07,669 Tiñamos un trato. 265 00:18:07,753 --> 00:18:11,381 Só contestei esta chamada por cortesía profesional, 266 00:18:11,465 --> 00:18:15,302 para informarte de que me retiro desta actividade. 267 00:18:15,385 --> 00:18:17,554 Espero que poidamos quedar de boas. 268 00:18:17,638 --> 00:18:23,185 O que? Vésme cunha crise da mediana idade en pleno encargo? 269 00:18:23,268 --> 00:18:24,645 Máis ben, un espertar. 270 00:18:24,728 --> 00:18:27,606 Necesítote agora mesmo. Vas vir ou non? 271 00:18:27,689 --> 00:18:28,565 Non vou, non. 272 00:18:32,277 --> 00:18:34,446 Escóitame ben, mamonazo. 273 00:18:36,156 --> 00:18:39,618 Non es o único número que teño nos contactos. 274 00:18:39,701 --> 00:18:42,371 Pero, se decides foderme, 275 00:18:42,454 --> 00:18:46,041 ti e todas e cada unha das persoas que algunha vez quixeches 276 00:18:46,125 --> 00:18:50,671 xa podedes empezar a vixiar as putas costas! 277 00:18:53,841 --> 00:18:55,342 Veña, boa noite. 278 00:18:59,972 --> 00:19:01,223 Todo ben? 279 00:19:01,306 --> 00:19:02,808 Mellor ca nunca. 280 00:19:07,146 --> 00:19:09,273 Ola. Perdón por aparecer así. 281 00:19:09,356 --> 00:19:10,983 - Son… - Isabel de León. 282 00:19:11,650 --> 00:19:14,570 Encantoume o seu último artigo do Register. Pase. 283 00:19:17,990 --> 00:19:22,244 Ala! Entón así é a vida desde o 80º piso. 284 00:19:22,327 --> 00:19:26,248 Quere saber un segredo? Do 50º para arriba, a vista é a mesma. 285 00:19:28,458 --> 00:19:29,835 Para que me necesitaba? 286 00:19:30,460 --> 00:19:33,505 Quería facerlle unha entrevista sobre Jacob Monroe. 287 00:19:33,589 --> 00:19:36,800 Síntollo, pero non podo falar dos meus clientes. 288 00:19:36,884 --> 00:19:38,510 Daquela era o seu cliente. 289 00:19:38,594 --> 00:19:40,012 Eu non dixen tal. 290 00:19:41,013 --> 00:19:43,098 - Deixou constancia de todo. - "Deixou"? 291 00:19:43,182 --> 00:19:44,141 Está morto. 292 00:19:46,727 --> 00:19:49,104 Canto o sinto. 293 00:19:49,980 --> 00:19:52,399 Seguro que si. Pero deixou algo. 294 00:19:53,567 --> 00:19:55,194 Un disco na nube. 295 00:19:55,277 --> 00:19:58,155 Todas as súas transaccións financeiras. 296 00:19:58,238 --> 00:20:00,490 Correos, mensaxes de texto, audios… 297 00:20:00,574 --> 00:20:04,328 Tantos audios que empezo a pensar que ía sempre co micro posto. 298 00:20:04,411 --> 00:20:08,290 E hai probas que a vinculan a vostede e a súa institución 299 00:20:08,373 --> 00:20:10,042 con branqueo de capitais, 300 00:20:10,125 --> 00:20:11,210 para Jacob Monroe, 301 00:20:11,293 --> 00:20:14,463 para Raúl Zapata e a LFS a través do casino de Hutson, 302 00:20:14,546 --> 00:20:17,799 e para a primeira dama, a través da súa fundación. 303 00:20:18,842 --> 00:20:20,510 Pódelle botar un ollo. 304 00:20:28,936 --> 00:20:30,771 - Boa noite. - Boas, xefe. 305 00:20:30,854 --> 00:20:33,649 Perdón, teño que rexistralos. A quen queren ver? 306 00:20:35,067 --> 00:20:36,485 Freya Myers, no ático. 307 00:20:36,568 --> 00:20:38,904 Moi ben. Vouna chamar. 308 00:20:38,987 --> 00:20:41,615 É que queriamos que fose unha sorpresa. 309 00:20:42,115 --> 00:20:44,910 Xa está todo subido a un Dropbox seguro. 310 00:20:44,993 --> 00:20:46,245 Nas próximas semanas, 311 00:20:46,328 --> 00:20:50,249 xornalistas do Register e do mundo enteiro van corroboralo todo. 312 00:20:50,832 --> 00:20:53,794 Logo virán os cargos, os xuízos, as condenas. 313 00:20:53,877 --> 00:20:57,256 E, se ten sorte, a súa propia cela con baño incluído. 314 00:20:59,716 --> 00:21:01,843 - Que ten tanta graza? - Vostede. 315 00:21:01,927 --> 00:21:05,055 A xornalista intrépida que saca a verdade á luz. 316 00:21:05,138 --> 00:21:06,348 É adorable. 317 00:21:06,431 --> 00:21:09,476 - Teño probas. - Non, ten acusacións 318 00:21:09,559 --> 00:21:13,021 enterradas en follas de cálculo que só entendes cun máster. 319 00:21:13,105 --> 00:21:14,773 ¿E quen di 320 00:21:14,856 --> 00:21:18,777 que non son falsificacións elaboradas pola nosa competencia? 321 00:21:20,070 --> 00:21:20,988 É a verdade. 322 00:21:21,071 --> 00:21:24,658 A verdade é só unha opinión disfrazada do xeito adecuado. 323 00:21:25,158 --> 00:21:27,244 Unha xornalista debía entendelo. 324 00:21:27,327 --> 00:21:28,996 Non se pode agochar disto. 325 00:21:29,079 --> 00:21:30,580 Non me teño que agochar. 326 00:21:31,581 --> 00:21:35,210 Os malos aprovéitanse seguido das institucións financeiras. 327 00:21:35,794 --> 00:21:38,755 E, por sorte, a cousa sempre acaba igual. 328 00:21:39,548 --> 00:21:41,258 Investigan o banco, 329 00:21:41,341 --> 00:21:45,554 pagamos unha multiña e todo o mundo a seguir traballando. 330 00:21:45,637 --> 00:21:47,431 Moi ben pensado o ten todo. 331 00:21:47,514 --> 00:21:49,975 E levoume tres segundos enteiriños. 332 00:21:50,475 --> 00:21:52,894 Que teña moi boa noite, señorita De León. 333 00:21:54,104 --> 00:21:56,148 Sorte coa reportaxe. 334 00:21:56,648 --> 00:21:58,734 Non quere saber como morreu Monroe? 335 00:22:00,027 --> 00:22:00,944 Asasinado. 336 00:22:01,778 --> 00:22:03,071 Por un profesional. 337 00:22:04,823 --> 00:22:06,241 E non un dos seus. 338 00:22:06,325 --> 00:22:10,162 Este mandouno o presidente para encubrir os delitos da súa muller. 339 00:22:10,829 --> 00:22:12,664 Matárono para que non falase. 340 00:22:13,707 --> 00:22:17,753 Que pensa que farán coa banqueira que axudou a procesar os fondos? 341 00:22:26,261 --> 00:22:27,262 Quen é? 342 00:22:27,346 --> 00:22:29,348 Señora Myers, somos de mantemento. 343 00:22:29,431 --> 00:22:33,226 Parece que pode ter unha goteira. Impórtalle que botemos un ollo? 344 00:22:34,353 --> 00:22:35,354 Coñéceos? 345 00:22:37,272 --> 00:22:38,607 Poden volver mañá? 346 00:22:39,900 --> 00:22:41,777 Síntollo, pero non pode ser. 347 00:22:41,860 --> 00:22:45,739 Está afectando ao piso de embaixo, así que é urxente. 348 00:22:46,323 --> 00:22:48,033 - Hai que agocharse. - Señora? 349 00:22:49,701 --> 00:22:51,036 Señora Myers! 350 00:22:55,791 --> 00:22:56,833 Queda aquí. 351 00:23:17,729 --> 00:23:19,147 Hai outra saída? 352 00:23:19,231 --> 00:23:21,358 Hai outro ascensor arriba. 353 00:23:29,825 --> 00:23:30,867 O seu móbil? 354 00:23:31,701 --> 00:23:33,703 Deixeino no outro lado do piso. 355 00:23:34,538 --> 00:23:36,331 Ben. Chame ao seu número. 356 00:24:09,698 --> 00:24:11,158 Arriba! Xa! 357 00:24:49,237 --> 00:24:51,698 Merda, colleron o segundo ascensor! 358 00:25:01,249 --> 00:25:03,627 Peter, entraron no piso para matarnos. 359 00:25:03,710 --> 00:25:06,796 - Para. Quen? - Non sei. Tiñan armas e auriculares. 360 00:25:06,880 --> 00:25:08,256 Marcharon? Estás ben? 361 00:25:08,340 --> 00:25:10,467 Freya fuxiu. Foron por ela. 362 00:25:10,550 --> 00:25:14,137 - Temos que atopala nós. - Estades preto? Estou baixando. 363 00:25:14,221 --> 00:25:15,180 Aparézovos no… 364 00:25:15,889 --> 00:25:16,723 Isabel! 365 00:25:17,682 --> 00:25:18,517 Merda! 366 00:25:28,318 --> 00:25:29,361 Peter. 367 00:25:32,989 --> 00:25:33,990 Toma. 368 00:25:34,074 --> 00:25:35,200 E ti? 369 00:25:42,791 --> 00:25:43,708 Sóltao. 370 00:25:44,292 --> 00:25:46,002 Que o soltes. Xa. 371 00:25:46,086 --> 00:25:46,920 Anda. 372 00:25:47,796 --> 00:25:49,256 Teño a xornalista. 373 00:25:55,887 --> 00:25:58,557 Perdón. Necesito o móbil, por favor. 374 00:25:58,640 --> 00:26:01,059 Non, non é iso. Págolles! 375 00:26:22,080 --> 00:26:23,415 Está na Grand Central. 376 00:26:23,498 --> 00:26:25,375 Son Adam. Tardo dous minutos. 377 00:26:25,875 --> 00:26:27,961 Socorro! 378 00:26:28,044 --> 00:26:29,296 - Chelsea! - Onde vai? 379 00:26:29,379 --> 00:26:31,089 Non sei! Esposoume e marchou! 380 00:26:34,801 --> 00:26:36,011 Vírate. 381 00:26:39,055 --> 00:26:40,181 Amodo. 382 00:26:42,684 --> 00:26:43,727 Tíraa para alá. 383 00:26:50,317 --> 00:26:52,068 Pon as mans na varanda. 384 00:27:09,377 --> 00:27:10,879 Non! 385 00:27:10,962 --> 00:27:12,088 Ai, Deus! 386 00:27:15,175 --> 00:27:16,301 Non! 387 00:27:16,801 --> 00:27:19,054 Non! 388 00:27:19,137 --> 00:27:21,181 Socorro! 389 00:27:21,264 --> 00:27:24,184 Vaina matar! Socorro! 390 00:27:44,829 --> 00:27:49,250 Atención, viaxeiros, pola súa seguridade e a dos demais, 391 00:27:49,334 --> 00:27:55,256 non senten no chan nin nas escaleiras da estación Grand Central. 392 00:27:55,340 --> 00:27:57,467 Grazas pola súa colaboración. 393 00:28:03,807 --> 00:28:06,476 Unha agulla nun palleiro. Necesito reforzos. 394 00:28:06,559 --> 00:28:07,894 Acabo de chegar. 395 00:28:07,977 --> 00:28:08,812 Vale. 396 00:28:08,895 --> 00:28:11,022 Xersei gris e zapatillas de casa. 397 00:28:19,280 --> 00:28:21,866 Perdoe… perdón. FBI. 398 00:28:21,950 --> 00:28:25,203 Temos un problema e vou necesitar axuda. 399 00:28:26,413 --> 00:28:28,665 Axente! Ai, grazas a Deus! 400 00:28:28,748 --> 00:28:31,042 Señora, quede onde está. 401 00:28:32,127 --> 00:28:33,336 Vírese. 402 00:28:35,672 --> 00:28:38,049 A sospeitosa vai cara ao corredor leste. 403 00:28:39,509 --> 00:28:42,637 Ei, veño axudar. Non berre. Poña isto, coa capucha. 404 00:28:47,809 --> 00:28:48,643 Ola. 405 00:28:48,727 --> 00:28:50,186 Estou con Isabel. E ti? 406 00:28:50,270 --> 00:28:52,647 - Teño a Freya. - Ben! Imos ao Register. 407 00:28:52,731 --> 00:28:54,899 - Aparecemos alí. - A onde me levas? 408 00:28:57,569 --> 00:28:59,320 Atopou un amigo. 409 00:29:00,238 --> 00:29:02,991 Van cara ao metro. Ide con tino. 410 00:29:03,074 --> 00:29:04,075 Ti vés? 411 00:29:05,785 --> 00:29:08,329 Sáiovos alí. Creo que sei para onde van. 412 00:29:08,830 --> 00:29:11,583 Bloquee todas as saídas da estación da rúa 28. 413 00:29:12,167 --> 00:29:15,295 - Aí teñen a implicación de Lansing. - E o casino? 414 00:29:15,378 --> 00:29:18,757 Iso xa o miramos, Dan. Pregúntalle a alguén que atendese! 415 00:29:18,840 --> 00:29:20,216 Estades ben? Que pasou? 416 00:29:20,300 --> 00:29:21,342 Estamos ben. 417 00:29:21,885 --> 00:29:23,219 Prepara o estudio. 418 00:29:23,303 --> 00:29:24,721 - E a fonte? - De camiño. 419 00:29:25,513 --> 00:29:27,348 - Espero. - Peter vaina traer. 420 00:29:28,475 --> 00:29:32,145 Baixamos na seguinte parada. The Financial Register está cerca. 421 00:29:33,897 --> 00:29:37,692 Non penso falar coa túa amiga. Xa me apañei para saír doutras. 422 00:29:37,776 --> 00:29:39,402 Non son un par de sicarios. 423 00:29:39,486 --> 00:29:42,447 É vostede contra o poder executivo dos EUA. 424 00:29:42,530 --> 00:29:44,783 Igual dá chegado ao jet privado, 425 00:29:45,283 --> 00:29:47,494 pero a bala dará con vostede antes. 426 00:29:50,038 --> 00:29:50,997 Merda. 427 00:30:03,885 --> 00:30:08,389 Mire, veña comigo ou vaia con eles. Escolla. 428 00:30:20,276 --> 00:30:22,028 Creo que sei como saír. Ven. 429 00:30:28,576 --> 00:30:31,579 NON ENTRAR ZONA RESTRINXIDA 430 00:30:32,997 --> 00:30:36,334 Hai unha entrada que conectaba co banco de Park Avenue. 431 00:30:36,417 --> 00:30:38,086 Foi o meu primeiro traballo. 432 00:30:39,254 --> 00:30:42,799 Está ao outro lado. Vai dar á beira do Register. 433 00:32:13,765 --> 00:32:14,807 Que hostia é…? 434 00:32:38,373 --> 00:32:39,207 Vale. 435 00:32:39,791 --> 00:32:42,251 Veña, vamos. 436 00:32:43,461 --> 00:32:45,672 - Canto falta? - Só hai que cruzar. 437 00:32:53,721 --> 00:32:55,014 Espera aí! 438 00:32:55,515 --> 00:32:58,518 - Non queres facelo. - Coñécesme de hai unha semana. 439 00:32:58,601 --> 00:33:02,730 E xa sei que, se me quixeses matar, esa bala ía dereita á cabeza. 440 00:33:02,814 --> 00:33:03,982 A próxima vai. 441 00:33:05,650 --> 00:33:08,695 Hagan xa non é un soldado, Adam. 442 00:33:08,778 --> 00:33:11,364 É un político. Un mentireiro! 443 00:33:11,447 --> 00:33:14,033 Estate a usar para borrar as súas pegadas! 444 00:33:14,117 --> 00:33:15,284 É a verdade! 445 00:33:15,368 --> 00:33:18,955 Monroe e a primeira dama branquearon millóns para a campaña. 446 00:33:19,038 --> 00:33:19,998 Axudeilles eu. 447 00:33:20,873 --> 00:33:21,708 Mírame. 448 00:33:22,875 --> 00:33:24,919 Mírame, Adam. 449 00:33:26,754 --> 00:33:28,840 Eu pasei polo mesmo. 450 00:33:30,008 --> 00:33:33,219 A voz que che di na cabeza que son todo embustes… 451 00:33:33,302 --> 00:33:35,555 Escóitaa, por favor. 452 00:33:38,349 --> 00:33:39,600 Non. 453 00:33:41,728 --> 00:33:43,438 A próxima é para ti, Peter. 454 00:33:44,981 --> 00:33:46,065 Xa. 455 00:33:49,861 --> 00:33:51,779 Estás disposto a morrer por isto? 456 00:34:47,210 --> 00:34:48,169 Chelsea! 457 00:34:53,883 --> 00:34:55,510 - Peter. - Ola. 458 00:34:56,010 --> 00:34:56,844 Disparoulle. 459 00:34:56,928 --> 00:34:59,597 - Ocúpome eu. - Lévaa para arriba. 460 00:35:01,516 --> 00:35:02,892 Entramos en directo. 461 00:35:02,975 --> 00:35:05,019 - Hostia. - Amodo. 462 00:35:08,898 --> 00:35:11,109 Hai caixa de primeiros auxilios? 463 00:35:11,192 --> 00:35:12,944 Imos necesitar algo máis. 464 00:35:16,531 --> 00:35:18,282 Para que quede claro… 465 00:35:19,575 --> 00:35:22,453 Voulle contar o que sei dos Hagan, pero o resto… 466 00:35:22,537 --> 00:35:24,789 Non necesito nada máis, por agora. 467 00:35:27,041 --> 00:35:28,209 Mi ma… Como estou? 468 00:35:29,252 --> 00:35:30,253 Adorable. 469 00:35:30,837 --> 00:35:31,921 Imos aló! 470 00:35:35,925 --> 00:35:38,845 É posible que o seu banco se usase para branquear? 471 00:35:40,638 --> 00:35:41,848 Coma calquera outro. 472 00:35:43,349 --> 00:35:44,267 Iso é un si? 473 00:35:46,185 --> 00:35:47,103 Si. 474 00:35:48,271 --> 00:35:51,232 "O león pensou que ben podería asustar o mago, 475 00:35:51,315 --> 00:35:54,819 así que soltou un ruxido ben forte, tan feroz e espantoso… 476 00:35:54,902 --> 00:35:56,946 - que Toto saltou…" - Perdón. 477 00:35:57,029 --> 00:35:58,865 - Dime. - Teñen que ver algo. 478 00:36:05,663 --> 00:36:07,498 Seguide lendo vós, si? 479 00:36:12,170 --> 00:36:13,838 E como coñeceu os Hagan? 480 00:36:13,921 --> 00:36:15,840 Eu non os cheguei a coñecer. 481 00:36:16,340 --> 00:36:20,469 Pero a fundación da primeira dama é cliente do banco 482 00:36:20,553 --> 00:36:22,513 desde hai case dous anos. 483 00:36:22,597 --> 00:36:24,807 E nunca falou con eles directamente? 484 00:36:24,891 --> 00:36:25,725 Non. 485 00:36:25,808 --> 00:36:29,478 Por algo dirixo unha división na sombra dentro de Walcott. 486 00:36:29,562 --> 00:36:32,815 ¿Cando sospeitou que a primeira dama usaba a fundación 487 00:36:32,899 --> 00:36:37,236 para violar as leis de financiamento e branquear cartos para a campaña? 488 00:36:41,240 --> 00:36:42,742 Non sospeitei. 489 00:36:44,202 --> 00:36:48,372 Souben exactamente o que quería cando solicitou os meus servizos. 490 00:36:48,456 --> 00:36:51,959 E ten probas das intencións delituosas da primeira dama? 491 00:36:52,043 --> 00:36:55,254 Se o Congreso e o Departamento de Xustiza dos EUA 492 00:36:55,338 --> 00:36:58,799 están interesados en chegar a un acordo comigo, 493 00:36:58,883 --> 00:37:02,220 eu revelo encantada todo o que sei 494 00:37:02,303 --> 00:37:05,806 sobre os Hagan e a súa conduta delituosa. 495 00:37:16,192 --> 00:37:20,780 Todo isto, tras a reportaxe bomba da xornalista financeira Isabel de León, 496 00:37:20,863 --> 00:37:24,200 que revelou estes segredos tras investigar os negocios 497 00:37:24,283 --> 00:37:27,245 dun pai co que apenas tiña relación: Jacob Monroe. 498 00:37:27,328 --> 00:37:30,414 Hoxe acompáñame o home que lle botou unha man. 499 00:37:30,498 --> 00:37:32,124 Benvido, Jay Batra. 500 00:37:32,208 --> 00:37:33,834 Grazas, Ali. É un pracer. 501 00:37:33,918 --> 00:37:36,212 Jay, ti eras un analista do Goberno 502 00:37:36,295 --> 00:37:39,632 e un día calquera de traballo saltou algo sospeitoso. 503 00:37:39,715 --> 00:37:43,135 E aí empezaches a seguir as pistas. Explícame como foi. 504 00:37:43,219 --> 00:37:46,138 - Sabes que? É máis fácil que cho mostre. - Veña. 505 00:37:52,395 --> 00:37:53,688 Ese son eu. 506 00:38:07,076 --> 00:38:09,537 - De que irá a canción? - Mi ma… 507 00:38:10,371 --> 00:38:15,251 Se tivese que dicir algo, hai un tío nunha situación complicada e está só. 508 00:38:16,544 --> 00:38:19,380 Non sabía a quen acudir, en quen podía confiar. 509 00:38:20,339 --> 00:38:22,258 E apareceu ela. 510 00:38:22,341 --> 00:38:24,468 Axudoulle a entender certas cousas 511 00:38:25,052 --> 00:38:27,179 e xuntos arranxárono todo. 512 00:38:27,805 --> 00:38:28,973 Ai, si? 513 00:38:29,473 --> 00:38:31,851 Creo que foi o que dixo antes de cantar. 514 00:38:34,228 --> 00:38:36,522 - Que tal estás? - Vou indo. 515 00:38:37,857 --> 00:38:41,736 A man vai mellor, pero a perna aínda ten que curar. 516 00:38:43,195 --> 00:38:45,573 Lin todos os teus artigos. Moi bos. 517 00:38:45,656 --> 00:38:47,742 Dá xenio ver o teu traballo. 518 00:38:49,952 --> 00:38:51,454 Non deixaches nada atrás. 519 00:38:51,537 --> 00:38:52,830 Case nada, vaia. 520 00:38:52,913 --> 00:38:56,876 Dos que trataron con meu pai, fuches o único que o fixo para axudar. 521 00:38:58,002 --> 00:38:59,420 A historia non ía de ti. 522 00:39:00,421 --> 00:39:03,632 Debe estar ben ser capaz de poñelo todo en palabras. 523 00:39:04,300 --> 00:39:09,930 Non só o do escándalo e o de teu pai, senón ir mentira a mentira… 524 00:39:10,431 --> 00:39:11,766 contar a túa historia. 525 00:39:11,849 --> 00:39:13,351 Non é a miña historia. 526 00:39:14,727 --> 00:39:16,437 A miña estase escribindo. 527 00:39:17,355 --> 00:39:18,356 E a túa tamén. 528 00:39:20,816 --> 00:39:22,026 Que vas facer agora? 529 00:39:22,109 --> 00:39:24,987 Estou pensando en pasar uns meses en Barcelona. 530 00:39:25,071 --> 00:39:26,238 Barcelona? Ala! 531 00:39:26,822 --> 00:39:27,948 Que ben soa iso! 532 00:39:28,449 --> 00:39:30,368 - Negocios? Pracer? - Ambos. 533 00:39:31,327 --> 00:39:33,120 Para buscar o equilibrio. 534 00:39:33,204 --> 00:39:36,123 Xa. O do equilibrio soa ben. 535 00:39:38,000 --> 00:39:38,959 E ti que? 536 00:39:39,543 --> 00:39:40,586 Ti que vas facer? 537 00:39:45,007 --> 00:39:46,425 Vale, imos coa música. 538 00:39:46,509 --> 00:39:51,389 Un grupo en directo dá moita vida, pero limita o ambiente. 539 00:39:51,472 --> 00:39:53,808 Sabes que? Teño unha idea. 540 00:39:53,891 --> 00:39:55,309 - Un DJ? - Non. 541 00:39:56,519 --> 00:39:59,021 E se marchamos para algún sitio? 542 00:40:00,189 --> 00:40:01,440 Como? 543 00:40:01,941 --> 00:40:03,192 - Unha escapada? - Si. 544 00:40:03,275 --> 00:40:08,864 Asinamos no xulgado e collemos un avión a Belice ou algo así. 545 00:40:11,659 --> 00:40:12,660 Quérote moito. 546 00:40:13,244 --> 00:40:14,161 Eu tamén a ti. 547 00:40:14,995 --> 00:40:16,580 Pero sen voda non quedo. 548 00:40:18,082 --> 00:40:19,125 Vale. 549 00:40:19,208 --> 00:40:21,127 - Entón, DJ. - Pois DJ, logo. 550 00:40:21,210 --> 00:40:22,503 E, para as fotos, 551 00:40:22,586 --> 00:40:26,424 eu iría por algo menos editorial, máis fotoxornalístico. 552 00:40:26,507 --> 00:40:29,927 HAGAN INDÚLTASE, DEIXA A CASA BRANCA E ASINA UN ACORDO COS MEDIOS 553 00:40:35,349 --> 00:40:36,559 Vaia espectáculo. 554 00:40:36,642 --> 00:40:37,685 Xa che digo. 555 00:40:39,311 --> 00:40:44,692 Ou tomaron moi malas decisións ou é que non teñen ética ningunha. 556 00:40:44,775 --> 00:40:46,277 Estou moi de acordo. 557 00:40:48,571 --> 00:40:50,281 - Esperas alguén? - Por? 558 00:40:50,364 --> 00:40:52,825 É que vou pedir algo ben forte 559 00:40:52,908 --> 00:40:55,536 e, se esperas alguén, conformareime con… 560 00:40:55,619 --> 00:40:56,912 Non… 561 00:40:57,872 --> 00:40:59,498 espero a ninguén. 562 00:41:01,208 --> 00:41:02,084 Henry. 563 00:41:03,127 --> 00:41:04,170 Nina. 564 00:41:04,253 --> 00:41:05,463 Encantado. 565 00:41:07,173 --> 00:41:08,174 Moi ben. 566 00:41:09,383 --> 00:41:10,259 Que vai ser? 567 00:41:11,927 --> 00:41:13,471 Un martini perfecto. 568 00:41:15,514 --> 00:41:16,390 Perfecto. 569 00:41:21,729 --> 00:41:22,938 Si, agora mesmo. 570 00:41:27,735 --> 00:41:28,569 Ei. 571 00:41:32,364 --> 00:41:33,866 Perdoa, tardei moito. 572 00:41:34,366 --> 00:41:35,284 Non pasa nada. 573 00:41:35,993 --> 00:41:38,162 - Compramos doce de azucre? - Claro. 574 00:41:39,538 --> 00:41:40,956 Estaba pensando eu… 575 00:41:41,040 --> 00:41:45,169 Se unha cobra real se atopase cun dragón de Komodo, cal gañaría? 576 00:41:45,252 --> 00:41:47,671 É moi boa pregunta. Ponte lonxe. 577 00:42:01,101 --> 00:42:03,312 Levará tempo que volva todo ao sitio. 578 00:42:03,395 --> 00:42:06,524 Os axentes nocturnos terán que pasar unhas probas. 579 00:42:07,274 --> 00:42:09,902 - Vai facer limpeza? - Dar unha boa fregada. 580 00:42:12,112 --> 00:42:13,614 Pensaba pedir máis tempo. 581 00:42:13,697 --> 00:42:15,991 - Ata que cure a perna? - Igual máis. 582 00:42:18,160 --> 00:42:20,079 Alguén me dixo unha vez 583 00:42:20,579 --> 00:42:25,042 que os mellores axentes saben buscar o equilibrio na vida. 584 00:42:25,125 --> 00:42:26,293 E non me viña mal. 585 00:42:26,377 --> 00:42:28,879 Fose quen fose, debíaslle facer máis caso. 586 00:42:31,966 --> 00:42:34,677 E, sobre a túa solicitude dun compañeiro, 587 00:42:35,177 --> 00:42:36,762 teño alguén en mente. 588 00:42:37,388 --> 00:42:38,597 Quen? 589 00:42:39,098 --> 00:42:40,766 Non ías coller un descanso? 590 00:42:42,017 --> 00:42:43,018 Si. 591 00:42:43,852 --> 00:42:44,687 Cando esteas… 592 00:42:44,770 --> 00:42:46,230 Xa sei o número. 593 00:42:46,313 --> 00:42:47,565 Pórtate ben, Peter. 594 00:42:58,200 --> 00:43:00,035 - E un para ti. - Grazas. 595 00:43:00,119 --> 00:43:01,036 De nada. 596 00:43:01,537 --> 00:43:02,955 SABOREA O TEU XEADO 597 00:43:15,175 --> 00:43:17,219 Ola. Que vai ser? 598 00:45:30,477 --> 00:45:33,230 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández