1 00:00:43,585 --> 00:00:46,504 Planeaches isto para min? 2 00:00:48,798 --> 00:00:50,508 Nine, escoita! 3 00:00:51,968 --> 00:00:54,054 Non entendía o que facías. 4 00:00:55,430 --> 00:00:56,890 Cala a boca! 5 00:00:59,392 --> 00:01:01,102 Querías unha boa vida! 6 00:01:01,895 --> 00:01:04,522 Como Green Hill pero para os dous. 7 00:01:07,192 --> 00:01:09,110 Para quieto e loita! 8 00:01:19,287 --> 00:01:20,747 Acabouse, Nine. 9 00:01:34,094 --> 00:01:35,136 Atrás! 10 00:01:35,678 --> 00:01:38,389 Non me obriguedes a destruírvos! 11 00:01:38,473 --> 00:01:40,141 É iso o que queres? 12 00:01:40,225 --> 00:01:41,935 Máis destrución? 13 00:01:42,018 --> 00:01:43,353 Mira para fóra! 14 00:01:47,107 --> 00:01:48,858 Síntoo por todo, Nine. 15 00:01:48,942 --> 00:01:53,029 Estrañaba a casa. Estaba tan centrado en recuperala 16 00:01:53,113 --> 00:01:57,408 que non te escoitei nin valorei o que tentabas facer. 17 00:01:58,034 --> 00:01:59,994 Non quería facerche dano. 18 00:02:02,205 --> 00:02:04,124 Pois fixéchelo. 19 00:02:05,959 --> 00:02:09,045 Perdín o meu fogar e os meus amigos. 20 00:02:09,129 --> 00:02:10,755 Pero os amigos falan, 21 00:02:11,422 --> 00:02:14,759 non se dan as costas e pelexan a morte. 22 00:02:15,468 --> 00:02:16,761 Basta de lerias! 23 00:02:16,845 --> 00:02:18,471 Lume ao raposo! 24 00:02:18,555 --> 00:02:19,639 Fogo! 25 00:02:21,516 --> 00:02:22,559 Parade! 26 00:02:22,642 --> 00:02:24,227 Parade todos! 27 00:02:24,310 --> 00:02:25,937 Esa non é a solución. 28 00:02:27,730 --> 00:02:29,774 Protexeríalo? 29 00:02:30,358 --> 00:02:31,526 Si. 30 00:02:31,609 --> 00:02:34,154 A rata azul perdeu a cabeza. 31 00:02:34,237 --> 00:02:36,990 Moi ben. Acabaremos cos dous. 32 00:02:37,073 --> 00:02:39,075 Parade todos! 33 00:02:39,159 --> 00:02:42,203 Axiña non haberá nada polo que loitar. 34 00:02:42,287 --> 00:02:45,290 O ourizo ten razón. 35 00:02:47,000 --> 00:02:49,711 Tes que entendelo. 36 00:02:52,255 --> 00:02:55,800 Os seus mundos e fogares están destruídos. 37 00:02:55,884 --> 00:02:57,802 E o mesmo pasará aquí. 38 00:02:58,303 --> 00:03:00,346 Como o detemos? 39 00:03:04,392 --> 00:03:06,561 Fun demasiado lonxe. 40 00:03:06,644 --> 00:03:08,855 Isto non tiña que pasar. Eu… 41 00:03:09,397 --> 00:03:11,316 Síntoo, Sonic. 42 00:03:11,399 --> 00:03:14,861 Sen un sacrificio, a realidade que coñecemos 43 00:03:15,778 --> 00:03:16,988 desaparecerá. 44 00:03:30,293 --> 00:03:33,129 Foi un honor, irmás. 45 00:03:50,313 --> 00:03:51,272 Aínda non. 46 00:03:54,192 --> 00:03:56,444 Sonic, que fas? 47 00:03:56,945 --> 00:03:58,821 Facer ese sacrificio. 48 00:03:58,905 --> 00:04:00,615 Farías iso? 49 00:04:00,698 --> 00:04:02,242 Despois de todo… 50 00:04:02,825 --> 00:04:04,244 Somos amigos, non? 51 00:04:11,417 --> 00:04:15,630 Se o fago, debedes xurar que deixaredes a Nine en paz! 52 00:04:15,713 --> 00:04:19,384 Deixádeo vivir tranquilo no Ermo. 53 00:04:19,467 --> 00:04:20,885 Si, claro. 54 00:04:20,969 --> 00:04:24,055 Invadir? Nós? Que queres dicir? 55 00:04:24,138 --> 00:04:26,015 E ti o mesmo, Nine. 56 00:04:26,099 --> 00:04:29,936 Xura non causar máis problemas nos escachamundos. 57 00:04:30,561 --> 00:04:32,272 E este será de fiar? 58 00:04:33,064 --> 00:04:34,607 Confiade en min. 59 00:04:36,276 --> 00:04:38,111 Non temos outra opción. 60 00:04:38,194 --> 00:04:40,154 Se non, acabouse todo. 61 00:04:41,698 --> 00:04:43,032 Xúroo. 62 00:04:43,533 --> 00:04:44,993 A ver, bulide! 63 00:04:46,703 --> 00:04:49,956 Se dou extraído a enerxía que ten dentro, 64 00:04:50,039 --> 00:04:52,959 podo usala para reformar o Prisma. 65 00:04:53,042 --> 00:04:54,794 E despois? Fala! 66 00:04:55,628 --> 00:04:58,923 Despois o Prisma estabilizarase por fin. 67 00:04:59,007 --> 00:05:00,633 Podo salvar todo. 68 00:05:01,134 --> 00:05:02,218 Xa o oístes. 69 00:05:02,302 --> 00:05:04,971 Xa temos un plan. Vamos aló. 70 00:05:05,054 --> 00:05:08,016 Por unha vez, coincido coa rata azul. 71 00:05:08,099 --> 00:05:09,058 Faino xa! 72 00:05:09,684 --> 00:05:11,102 Hai un risco. 73 00:05:11,185 --> 00:05:14,522 Se lle quito a enerxía, podería morrer. 74 00:05:14,605 --> 00:05:16,190 E Shadow? 75 00:05:16,274 --> 00:05:18,609 Non estaba cando pasou todo. 76 00:05:18,693 --> 00:05:20,695 Apareceu nesta realidade, 77 00:05:20,778 --> 00:05:22,905 pero o Prisma rompino eu. 78 00:05:23,531 --> 00:05:26,409 E, sen a enerxía do Prisma, 79 00:05:26,492 --> 00:05:28,494 non sei se sobrevivirá. 80 00:05:31,497 --> 00:05:32,623 Estou listo. 81 00:05:36,085 --> 00:05:38,004 É a única forma, Nine. 82 00:05:48,514 --> 00:05:49,349 Faino. 83 00:06:47,949 --> 00:06:49,826 Sonic, estás…? 84 00:06:51,702 --> 00:06:53,996 Eu? Estou mellor ca nunca. 85 00:06:54,497 --> 00:06:55,873 Segue vivo. 86 00:06:55,957 --> 00:06:57,166 Non escachou. 87 00:07:07,051 --> 00:07:09,971 Xa extraín a súa enerxía prismática. 88 00:07:10,054 --> 00:07:11,514 Prisma listo. 89 00:07:12,014 --> 00:07:13,641 O corpo aguantoulle, 90 00:07:13,724 --> 00:07:18,312 pero é só cuestión de tempo que… 91 00:07:18,896 --> 00:07:20,773 Tranquilo. Xa te teño. 92 00:07:20,857 --> 00:07:23,484 E nós xa temos isto! 93 00:07:33,536 --> 00:07:35,788 Atrás, malandro. 94 00:07:35,872 --> 00:07:39,375 Non confío nun ourizo e moito menos en dous. 95 00:07:39,459 --> 00:07:43,713 Dr. Discorde, triangula o que quede de Novo Xugo. 96 00:07:43,796 --> 00:07:47,008 En canto a atope, liscamos de aquí. 97 00:07:48,676 --> 00:07:51,095 Ollo! Mira para o teu amigo. 98 00:07:51,179 --> 00:07:53,514 Non che está para pelexas. 99 00:07:54,640 --> 00:07:57,059 Ten razón, estou que caio. 100 00:07:57,143 --> 00:08:00,104 Pero, se Nine apenas podía co Prisma, 101 00:08:00,188 --> 00:08:02,064 vós ides aviados. 102 00:08:02,148 --> 00:08:05,234 Si, si, hai que saber perder. 103 00:08:05,318 --> 00:08:06,277 Quen sabe? 104 00:08:06,360 --> 00:08:08,571 Cando teña o poder do Prisma 105 00:08:08,654 --> 00:08:12,033 igual creo unha versión de ti máis… dócil. 106 00:08:12,116 --> 00:08:13,993 Cando o teñas ti? 107 00:08:14,076 --> 00:08:16,996 Xa verás o mundo virtual que crearei. 108 00:08:17,079 --> 00:08:19,457 Chamareino Eggiverso. 109 00:08:19,540 --> 00:08:21,918 Xa che gustaría, baldreu. 110 00:08:22,001 --> 00:08:23,461 Que é un baldreu? 111 00:08:25,463 --> 00:08:29,967 Como non cales a boca, castígote de por vida. 112 00:08:30,051 --> 00:08:31,219 Abonda, necios. 113 00:08:31,302 --> 00:08:35,765 Estamos fronte a unha revolución e estragádesme o momento? 114 00:08:35,848 --> 00:08:36,682 Como dis? 115 00:08:36,766 --> 00:08:38,726 Mira, maldito hipócrita… 116 00:08:46,192 --> 00:08:47,568 Si! Comede esa! 117 00:09:00,456 --> 00:09:01,874 Agarda, Shadow. 118 00:09:01,958 --> 00:09:04,085 A ver como acaba isto. 119 00:09:04,669 --> 00:09:07,588 Parade! Parade, imbéciles! 120 00:09:11,968 --> 00:09:14,178 Facemos algo? 121 00:09:14,262 --> 00:09:15,304 Aínda non. 122 00:09:15,388 --> 00:09:17,348 Encántame isto. 123 00:09:37,785 --> 00:09:40,121 Babexos, non! Bebé malo! 124 00:09:43,082 --> 00:09:44,542 Acabouse! 125 00:09:44,625 --> 00:09:46,335 Estás castigado. 126 00:09:50,298 --> 00:09:51,424 E agora? 127 00:09:51,507 --> 00:09:52,800 Veña, vai. 128 00:09:59,640 --> 00:10:01,225 Eu lisco de aquí. 129 00:10:03,436 --> 00:10:04,854 Agora si. 130 00:10:04,937 --> 00:10:07,273 Non, isto é meu! 131 00:10:07,356 --> 00:10:10,109 Vencereivos a todos! Eu… 132 00:10:16,240 --> 00:10:18,326 Volverémonos ver! 133 00:10:18,409 --> 00:10:22,288 Xa veredes. Reuniremos un exército meirande e… 134 00:10:23,706 --> 00:10:24,874 Que alivio. 135 00:10:26,459 --> 00:10:27,418 Sonic? 136 00:10:29,128 --> 00:10:30,796 Tiñas razón, amigo. 137 00:10:31,339 --> 00:10:36,093 Sen a enerxía do Prisma, non podo existir nos escachamundos. 138 00:10:37,762 --> 00:10:40,973 Agora que está completo, se o reformo, 139 00:10:41,057 --> 00:10:44,226 quizais poida recuperar Green Hill. 140 00:10:44,977 --> 00:10:46,604 Green Hill? 141 00:10:48,397 --> 00:10:49,440 Aí vai. 142 00:11:16,217 --> 00:11:18,094 O Prisma. Onde…? 143 00:11:18,177 --> 00:11:19,178 Desapareceu. 144 00:11:19,929 --> 00:11:21,847 E todo segue igual. 145 00:11:21,931 --> 00:11:23,891 O noso intento fracasou. 146 00:11:23,974 --> 00:11:24,975 Mirade! 147 00:11:53,337 --> 00:11:56,048 Estanse reformando os portais. 148 00:11:57,800 --> 00:11:58,968 O Ningures! 149 00:12:01,595 --> 00:12:03,180 O Labirinto Boscoso! 150 00:12:09,854 --> 00:12:12,148 Non sei que é iso, Paxariño. 151 00:12:19,029 --> 00:12:20,030 É… 152 00:12:20,656 --> 00:12:22,241 Green Hill. 153 00:12:22,825 --> 00:12:24,118 Fixéchelo, Nine. 154 00:12:26,162 --> 00:12:28,622 Non sei se superarei isto. 155 00:12:28,706 --> 00:12:31,292 Podes, se marchas agora. 156 00:12:31,375 --> 00:12:34,712 Ten razón. Volve á casa. Nós iremos á nosa. 157 00:12:36,380 --> 00:12:38,466 Mesmo querendo, non podo. 158 00:12:38,549 --> 00:12:39,717 Estou esgotado. 159 00:12:39,800 --> 00:12:43,012 Non irás só. Tes amigos que te axudarán. 160 00:12:59,236 --> 00:13:00,780 Bule. 161 00:13:00,863 --> 00:13:03,032 Vai desaparecer o portal. 162 00:13:06,202 --> 00:13:07,203 Lévote? 163 00:13:11,665 --> 00:13:14,043 Coidado, rapaz. Xa te teño. 164 00:13:14,126 --> 00:13:16,504 Déixame botarche unha man. 165 00:13:20,382 --> 00:13:21,592 Amigos, 166 00:13:22,301 --> 00:13:23,552 só quería dicir… 167 00:13:23,636 --> 00:13:25,846 Non hai tempo para sermóns. 168 00:13:25,930 --> 00:13:28,974 Voa! Nós estaremos animándote. 169 00:13:29,058 --> 00:13:30,059 Ben. 170 00:13:31,060 --> 00:13:33,562 Coidade uns dos outros, si? 171 00:13:33,646 --> 00:13:35,314 Suxéitate, amigo. 172 00:13:35,397 --> 00:13:37,733 Vamos, Paxariño. Voa! 173 00:13:37,817 --> 00:13:39,276 Abur, Sonic! 174 00:13:39,777 --> 00:13:41,028 Adeus! 175 00:13:43,572 --> 00:13:45,574 Precisas que te levemos? 176 00:13:47,576 --> 00:13:48,994 Adiante, Paxariño. 177 00:13:59,922 --> 00:14:01,340 Paxariño, a túa á! 178 00:14:03,592 --> 00:14:05,094 Isto pinta mal. 179 00:14:08,556 --> 00:14:10,224 Non o imos conseguir. 180 00:14:12,977 --> 00:14:13,978 Non! 181 00:14:20,734 --> 00:14:21,986 Rose Tenebrosa? 182 00:14:22,069 --> 00:14:23,779 Alégrame poder axudar. 183 00:14:23,863 --> 00:14:25,781 Agora agarrádevos. 184 00:14:25,865 --> 00:14:27,533 Imos acelerar! 185 00:14:41,297 --> 00:14:43,424 Bule! Non vai aguantar. 186 00:14:44,758 --> 00:14:49,430 Fago o que podo, pero esta chatarra está nas últimas. 187 00:14:52,057 --> 00:14:53,142 Sigue así. 188 00:14:53,225 --> 00:14:54,685 Vou abrir camiño. 189 00:14:58,647 --> 00:14:59,481 Non… 190 00:15:05,821 --> 00:15:07,281 Perdo velocidade! 191 00:15:17,041 --> 00:15:20,419 Rose Tenebrosa, xa estamos preto. 192 00:15:20,502 --> 00:15:22,087 Agora sigo eu. 193 00:15:33,432 --> 00:15:34,725 Abur, Roses. 194 00:15:48,447 --> 00:15:50,532 Así que eras de apertas. 195 00:15:51,116 --> 00:15:53,118 Ti queres que te salve? 196 00:16:07,049 --> 00:16:08,175 Resiste! 197 00:16:20,646 --> 00:16:22,314 Onde estou? 198 00:16:28,445 --> 00:16:29,446 Funcionou! 199 00:16:30,990 --> 00:16:32,116 Knuckles! 200 00:16:36,161 --> 00:16:37,579 Voa alto, Rouge! 201 00:16:40,374 --> 00:16:43,460 Ninguén protexe a natureza coma ti, Amy. 202 00:16:45,671 --> 00:16:48,966 Ola, amiguiño. Non sabes canto te estrañei. 203 00:16:49,049 --> 00:16:53,929 Xa estou desexando oírte dicir "Sonic, agarda!" en 20 segundos. 204 00:16:59,226 --> 00:17:01,061 Deixa a rocha, caraovo. 205 00:17:01,145 --> 00:17:03,230 Esta vez non, panoco! 206 00:17:13,407 --> 00:17:14,783 Sonic, agarda! 207 00:17:16,368 --> 00:17:18,162 Sonic, non! 208 00:17:24,084 --> 00:17:25,294 Que raio fas? 209 00:17:25,377 --> 00:17:27,379 Alégrome moito de vervos. 210 00:17:27,463 --> 00:17:28,505 Mesmo a ti. 211 00:17:28,589 --> 00:17:30,841 O que? Saca de aí! 212 00:17:30,924 --> 00:17:34,261 Non te aturo, pallaso azul! 213 00:17:36,680 --> 00:17:39,516 A ver, imos facer dúas cousas. 214 00:17:39,600 --> 00:17:41,935 Unha: protexer a rocha esa. 215 00:17:42,019 --> 00:17:45,647 E dúas: manternos unidos pase o que pase. 216 00:17:45,731 --> 00:17:48,108 Casquémoslle a ese caraovo. 217 00:17:48,901 --> 00:17:51,612 Á fin entende o de manterse unidos. 218 00:18:02,581 --> 00:18:05,793 Despedídevos das árbores e das praias! 219 00:18:05,876 --> 00:18:08,170 Chegou o meu momento! 220 00:18:08,754 --> 00:18:10,172 Dispara, Tails! 221 00:18:17,179 --> 00:18:18,889 Demo de… 222 00:18:29,399 --> 00:18:30,484 Admíteo: 223 00:18:30,567 --> 00:18:34,279 o de manterse unidos é o mellor plan que fixemos. 224 00:18:34,363 --> 00:18:37,449 Se algo aprendín é que somos un equipo 225 00:18:37,533 --> 00:18:40,452 e que xuntos somos imparábeis! 226 00:18:40,536 --> 00:18:42,454 Que che pasa, Sonic? 227 00:18:42,538 --> 00:18:46,250 Comiches outra salchicha sospeitosa? 228 00:18:47,709 --> 00:18:48,752 Algo así. 229 00:18:48,836 --> 00:18:54,258 Os teus amigos e ti sodes adorábeis cando vos esforzades así, ourizo, 230 00:18:54,341 --> 00:18:56,385 mais é inútil. 231 00:19:04,601 --> 00:19:06,687 Este mundo é meu! 232 00:19:08,897 --> 00:19:11,859 Shadow? Que raio fas aquí? 233 00:19:11,942 --> 00:19:15,779 Son a forma de vida definitiva. Vou onde quero. 234 00:19:18,198 --> 00:19:19,658 Chaos Control! 235 00:19:20,617 --> 00:19:22,035 Non! 236 00:19:22,119 --> 00:19:23,787 Que fixeches? 237 00:19:24,913 --> 00:19:28,208 Síntoo, Eggman, pero cun equipo coma o meu, 238 00:19:28,292 --> 00:19:30,377 nada pode pararte. 239 00:19:30,460 --> 00:19:32,963 Volverémonos ver, Sonic! 240 00:19:33,046 --> 00:19:36,091 "Fareiche pagar de formas impensábeis!" 241 00:19:36,175 --> 00:19:38,719 Oíncho dicir un millón de veces. 242 00:19:38,802 --> 00:19:40,804 Gustaríame oílo unha máis. 243 00:19:40,888 --> 00:19:44,183 Cubot, Orbot, precisaremos máis soldados. 244 00:19:44,266 --> 00:19:45,517 Si, señor. 245 00:19:46,268 --> 00:19:48,395 O que sempre quixen. 246 00:19:54,359 --> 00:19:56,069 - Si! - Viva! 247 00:20:05,037 --> 00:20:05,871 Sonic! 248 00:20:09,666 --> 00:20:12,377 Chegas tarde. Que sorpresa. 249 00:20:13,337 --> 00:20:14,421 Comida! 250 00:20:15,923 --> 00:20:17,549 Non chego tarde. 251 00:20:17,633 --> 00:20:22,804 Quería asegurarme de que os bocadillos estivesen de vicio. 252 00:20:22,888 --> 00:20:24,723 Claro, Sonic. 253 00:20:24,806 --> 00:20:27,476 Estás diferente desde o da cova. 254 00:20:27,559 --> 00:20:29,269 Pasa algo? 255 00:20:30,562 --> 00:20:33,857 Veredes, pasoume unha cousa de tolos. 256 00:20:33,941 --> 00:20:35,025 Xusto cando… 257 00:20:49,289 --> 00:20:51,667 Isto ten que ser unha broma. 258 00:20:52,584 --> 00:20:55,754 Vamos, equipo. Hai que marchar a escape! 259 00:20:58,632 --> 00:21:00,050 E VOLTA A COMEZAR 260 00:21:35,585 --> 00:21:40,590 Subtítulos: Noelia Bernárdez Alonso