1 00:00:35,668 --> 00:00:36,959 É a última botella. 2 00:00:41,126 --> 00:00:42,168 Que nos preste. 3 00:01:03,459 --> 00:01:05,376 Mira, volveu o esquiíño. 4 00:01:06,293 --> 00:01:07,293 Ola, amigo. 5 00:01:36,293 --> 00:01:38,126 Jane, colle os cartos do cuarto. 6 00:01:56,209 --> 00:01:57,418 Non podo seguir así. 7 00:01:59,126 --> 00:01:59,959 Que? 8 00:02:00,793 --> 00:02:02,126 Non podo fuxir máis. 9 00:02:23,876 --> 00:02:25,126 Deixemos de fuxir. 10 00:02:49,751 --> 00:02:52,126 Bota fogo de supresión desde o soportal. 11 00:02:53,668 --> 00:02:56,126 Se os distraes, podo flanquear... 12 00:03:02,793 --> 00:03:03,626 John? 13 00:04:57,168 --> 00:04:58,584 Tres, corenta e sete! 14 00:05:39,126 --> 00:05:41,459 Hi hi, benvida. 15 00:05:51,043 --> 00:05:53,376 Inserir cachos de unllas aquí 16 00:06:06,001 --> 00:06:07,543 Teño que mirar a pantalla? 17 00:06:09,668 --> 00:06:11,918 Canto mides? 18 00:06:14,626 --> 00:06:17,834 Mido 1,63 19 00:06:18,626 --> 00:06:20,209 se me poño dereita. 20 00:06:23,043 --> 00:06:24,293 Cal é a túa etnia? 21 00:06:24,293 --> 00:06:27,459 Son medio xaponesa, medio... 22 00:06:28,251 --> 00:06:29,459 branca escocesa. 23 00:06:31,501 --> 00:06:34,251 Estás disposta a trasladarte? 24 00:06:34,626 --> 00:06:36,709 Si, estou disposta a trasladarme. 25 00:06:36,959 --> 00:06:39,001 Non hai nada que me reteña aquí. 26 00:06:48,834 --> 00:06:53,001 Son organizada e estou ben preparada. 27 00:06:53,501 --> 00:06:57,584 E si, haberá quen diga que son de tipo a, 28 00:06:57,584 --> 00:06:59,876 pero eu digo que son eficiente. 29 00:07:02,459 --> 00:07:03,959 O meu mestrado. 30 00:07:05,959 --> 00:07:07,001 CIA. 31 00:07:08,418 --> 00:07:11,834 Non, estiven a piques, pero non pasei o corte. 32 00:07:12,126 --> 00:07:14,459 Eu creo que xa falei disto. 33 00:07:16,501 --> 00:07:19,376 Dixeron que tiña tendencias antisociais. 34 00:07:41,001 --> 00:07:44,543 Inserir cachos de unllas aquí 35 00:07:47,418 --> 00:07:49,126 Teño que pulsar algún botón? 36 00:07:53,418 --> 00:07:54,668 Mido 1,83. 37 00:07:56,459 --> 00:07:57,459 Mido 1,80. 38 00:07:59,334 --> 00:08:00,876 Afroamericano. 39 00:08:03,293 --> 00:08:04,376 Si, claro. 40 00:08:05,126 --> 00:08:07,501 Sen dúbida, se a oportunidade o merece. 41 00:08:07,501 --> 00:08:08,626 Claro. 42 00:08:09,168 --> 00:08:10,793 Vivín en moitos sitios. 43 00:08:14,376 --> 00:08:15,293 Adestramento. 44 00:08:16,626 --> 00:08:18,459 Combate militar, man a man. 45 00:08:18,459 --> 00:08:19,376 Drons. 46 00:08:21,626 --> 00:08:23,543 Eu non diría que é deshonroso. 47 00:08:23,543 --> 00:08:25,543 Pero que digan o que queiran. 48 00:08:26,126 --> 00:08:28,918 Mataches alguén? Cantos? 49 00:08:29,293 --> 00:08:31,251 Un, por accidente. 50 00:08:32,293 --> 00:08:34,334 E 13 adrede. 51 00:08:36,334 --> 00:08:39,084 Cantos cartos tes na conta agora mesmo? 52 00:08:41,043 --> 00:08:42,584 Non quero dicilo, pero... 53 00:08:44,709 --> 00:08:45,793 catorce mil. 54 00:08:53,668 --> 00:08:57,793 Creo que teño 366 dólares 55 00:08:57,793 --> 00:08:59,876 e algo solto. 56 00:09:03,751 --> 00:09:05,168 Non estou desesperado. 57 00:09:07,918 --> 00:09:08,959 Esa é difícil. 58 00:09:08,959 --> 00:09:09,876 Adoro comer. 59 00:09:12,126 --> 00:09:12,959 Pasta. 60 00:09:14,001 --> 00:09:16,001 E pode que carne coreana. 61 00:09:16,001 --> 00:09:16,918 Carne coreana. 62 00:09:17,501 --> 00:09:18,584 Gústanme as dúas. 63 00:09:19,709 --> 00:09:21,626 Cal é o teu peor atributo? 64 00:09:22,751 --> 00:09:24,418 Que son moi calada. 65 00:09:24,876 --> 00:09:25,709 Competitivo. 66 00:09:26,334 --> 00:09:27,168 Demasiado. 67 00:09:31,668 --> 00:09:33,959 Se mal non recordo, 68 00:09:34,918 --> 00:09:38,043 dixo que tiña pouca intelixencia emocional. 69 00:09:39,459 --> 00:09:43,209 Creo que foi "parada e manipuladora". 70 00:09:44,543 --> 00:09:46,168 Pero está ben aquí, ou? 71 00:09:48,751 --> 00:09:49,959 "Quérote"? 72 00:09:50,876 --> 00:09:51,709 En voz alta? 73 00:09:53,293 --> 00:09:58,251 Si, díxenllelo a dúas mulleres e a miña nai. 74 00:09:59,834 --> 00:10:02,251 Pero iso conta? 75 00:10:03,668 --> 00:10:05,251 Non. Nunca. 76 00:10:05,626 --> 00:10:09,251 Porén, si que o sentín un par de veces. 77 00:10:10,918 --> 00:10:14,793 {\an8}Podo preguntar unha cousa? Para que é esta parte? 78 00:10:22,001 --> 00:10:22,834 Ola. 79 00:10:24,793 --> 00:10:25,626 Ola. 80 00:10:31,876 --> 00:10:32,918 Podo pasar? 81 00:10:34,251 --> 00:10:35,084 Si. 82 00:10:35,793 --> 00:10:36,626 Por favor. 83 00:10:43,709 --> 00:10:44,543 Son Jane. 84 00:10:45,126 --> 00:10:45,959 Eu, John. 85 00:11:02,376 --> 00:11:03,501 Hai unha nota. 86 00:11:05,959 --> 00:11:08,084 "Sorte no primeiro día de casados." 87 00:11:09,293 --> 00:11:10,126 Está ben. 88 00:11:15,168 --> 00:11:17,168 Estupendo. Armas. 89 00:11:18,126 --> 00:11:20,168 Oe, mira isto. 90 00:11:21,168 --> 00:11:22,001 É unha Alien. 91 00:11:25,293 --> 00:11:28,043 Ten contrapeso para... 92 00:11:28,043 --> 00:11:31,084 Xa, para reducir o retroceso. Si. 93 00:11:31,918 --> 00:11:32,751 Iso mesmo. 94 00:11:41,584 --> 00:11:42,834 Falta o contrasinal. 95 00:11:44,459 --> 00:11:45,668 Eu vin un aquí. 96 00:11:47,834 --> 00:11:49,834 Si. Este. 97 00:11:53,376 --> 00:11:54,209 Grazas. 98 00:12:06,376 --> 00:12:07,209 Vale. 99 00:12:09,959 --> 00:12:10,793 "Hi hi. 100 00:12:11,293 --> 00:12:14,501 Seguide a muller. No restaurante Orsay a mediodía. 101 00:12:14,834 --> 00:12:16,751 Ide á barra. Interceptade vulto. 102 00:12:16,751 --> 00:12:19,126 Entregádeo nas coordenadas. Gozade." 103 00:12:20,584 --> 00:12:21,668 Quen será ela? 104 00:12:21,668 --> 00:12:23,334 Unha espía estranxeira? 105 00:12:23,543 --> 00:12:25,126 Si, ou da intelixencia. 106 00:12:25,126 --> 00:12:27,126 Si, saberémolo mañá. 107 00:12:27,418 --> 00:12:28,251 E agora que? 108 00:12:38,209 --> 00:12:39,543 Parece que son nosos. 109 00:12:41,709 --> 00:12:45,584 Permiso de conducir, tarxeta de crédito, licenza de armas... 110 00:12:48,626 --> 00:12:49,793 Acta de matrimonio. 111 00:12:59,459 --> 00:13:00,293 Grazas. 112 00:13:00,293 --> 00:13:01,209 De nada. 113 00:13:05,709 --> 00:13:06,543 Casamos! 114 00:13:08,043 --> 00:13:10,293 Si, iso parece. 115 00:13:10,293 --> 00:13:11,209 Si. 116 00:13:15,251 --> 00:13:16,084 É raro. 117 00:13:17,209 --> 00:13:18,876 - Moi raro. - Si. 118 00:13:21,501 --> 00:13:23,876 Queres durmir no cuarto principal? 119 00:13:25,459 --> 00:13:26,293 Merda. 120 00:13:27,459 --> 00:13:28,876 Debe vir coa casa. 121 00:13:31,376 --> 00:13:32,459 Gustácheslle. 122 00:13:35,209 --> 00:13:37,959 - Tomamos algo? - Eu durmo na de invitados. 123 00:13:38,168 --> 00:13:40,501 - Non, vai ti á principal. - Vale. 124 00:13:40,501 --> 00:13:42,709 É que estou cansa, así que vou ir. 125 00:13:42,709 --> 00:13:44,918 - Xa, claro. Vai. Normal. - Si, vale. 126 00:13:44,918 --> 00:13:47,668 Teño que colocar as cousas. Deixei todo tirado. 127 00:13:48,584 --> 00:13:50,168 Vémonos pola mañá. 128 00:13:50,168 --> 00:13:52,126 - Si, ata mañá. - Moi ben. 129 00:13:52,793 --> 00:13:54,876 - Encantado. - Igualmente. 130 00:14:58,209 --> 00:15:01,543 Isto é xusto o que precisaba, este reto axúdame 131 00:15:01,543 --> 00:15:03,126 a crer en min mesma. 132 00:15:03,126 --> 00:15:07,626 Creo que me subestimo moito, pero agora vou... 133 00:15:09,584 --> 00:15:10,418 Pasa. 134 00:15:13,543 --> 00:15:14,376 Ola. 135 00:15:16,043 --> 00:15:18,543 Non sei se temos que dicir "boa noite". 136 00:15:20,209 --> 00:15:21,209 Non traes camisa. 137 00:15:24,834 --> 00:15:27,668 Si. Parece que o voso vai rápido. 138 00:15:28,918 --> 00:15:29,751 Si. 139 00:15:33,501 --> 00:15:35,501 Non tes que regar as plantas. 140 00:15:40,709 --> 00:15:41,959 Teñen temporizador. 141 00:15:42,918 --> 00:15:45,626 Cústame confiar, así que... 142 00:15:49,001 --> 00:15:52,793 Teño unha aplicación que avisa se... 143 00:15:54,251 --> 00:15:58,668 botas demasiada auga ou non para poder... quitala. 144 00:15:58,793 --> 00:15:59,751 Vale. 145 00:16:04,584 --> 00:16:05,584 Moi ben. 146 00:16:06,584 --> 00:16:07,709 Pois vémonos mañá. 147 00:16:07,709 --> 00:16:09,334 Vale. Boa noite. 148 00:16:09,334 --> 00:16:10,251 Boa noite. 149 00:16:14,876 --> 00:16:18,043 Tiña calor abaixo. 150 00:16:19,918 --> 00:16:21,334 Por iso non levo camisa. 151 00:16:21,584 --> 00:16:22,918 Aquí vai máis frío. 152 00:16:22,918 --> 00:16:24,918 O calor sobe, terás o aire posto. 153 00:16:24,918 --> 00:16:25,834 Non o puxen. 154 00:16:25,834 --> 00:16:28,293 Eu tiña calor. Estaba adestrando. 155 00:16:28,293 --> 00:16:30,626 - En fin... Falamos mañá. - Vale. 156 00:16:30,626 --> 00:16:31,709 Moi ben. 157 00:16:33,168 --> 00:16:34,001 Boa noite. 158 00:16:59,251 --> 00:17:01,251 {\an8}Hai unha lagosta moi grande. 159 00:17:01,251 --> 00:17:02,459 {\an8}Onde? 160 00:17:03,459 --> 00:17:05,251 {\an8}Non te ergas, que a asustas. 161 00:17:42,876 --> 00:17:44,043 Unha mesa para dous. 162 00:17:44,043 --> 00:17:45,626 Claro. Teñen reserva? 163 00:17:45,626 --> 00:17:46,543 Non. 164 00:17:46,543 --> 00:17:49,126 Non hai problema. Un segundo. 165 00:18:04,209 --> 00:18:05,209 Creo que é esa. 166 00:18:08,501 --> 00:18:11,126 Vale, listo. Síganme, por favor. 167 00:18:11,126 --> 00:18:12,126 Vale, grazas. 168 00:18:19,459 --> 00:18:20,584 Aquí é. 169 00:18:22,168 --> 00:18:24,959 Non me gusta esta mesa. 170 00:18:24,959 --> 00:18:30,126 Xa. Podemos poñernos naquela mesa de aló? É a nosa favorita. 171 00:18:30,876 --> 00:18:32,001 - Claro. - Grazas. 172 00:18:41,126 --> 00:18:42,709 - Grazas. - Grazas. 173 00:18:47,293 --> 00:18:50,001 Ola. Tráiolles algo para comezar? 174 00:18:51,293 --> 00:18:54,084 Café, por favor. E un croissant. 175 00:18:55,043 --> 00:18:55,876 Vale. 176 00:18:56,709 --> 00:18:57,543 Té verde. 177 00:18:58,209 --> 00:18:59,043 Grazas. 178 00:19:05,043 --> 00:19:05,876 É moi baixiña. 179 00:19:07,126 --> 00:19:09,626 Pola foto parecía que ía ser máis alta. 180 00:19:11,668 --> 00:19:12,918 Ves o paquete? 181 00:19:14,334 --> 00:19:15,168 Aínda non. 182 00:19:17,084 --> 00:19:20,584 Parece que lle gusta o sándwich. Mi madriña! 183 00:19:21,334 --> 00:19:23,751 Será o sándwich o paquete? 184 00:19:24,626 --> 00:19:27,626 Non o sei. Aí está. 185 00:19:28,084 --> 00:19:29,959 Está buscando dentro do bolso. 186 00:19:34,793 --> 00:19:35,751 É unha tableta. 187 00:19:37,209 --> 00:19:40,126 Podes ler o que pon? Que di? 188 00:19:41,501 --> 00:19:43,376 DEZ LUGARES PARA VIAXAR SOA 189 00:19:47,293 --> 00:19:49,043 "Dez lugares para viaxar soa." 190 00:19:53,334 --> 00:19:54,751 Vállame Deus. Desculpen. 191 00:19:59,376 --> 00:20:00,251 Xa estamos. 192 00:20:03,084 --> 00:20:04,793 - Vaites. - Ben. 193 00:20:07,293 --> 00:20:08,126 Iso é... 194 00:20:09,334 --> 00:20:10,418 Si, grazas. 195 00:20:10,751 --> 00:20:11,584 Grazas. 196 00:20:13,001 --> 00:20:14,334 - Moitas grazas. - Grazas. 197 00:20:14,334 --> 00:20:15,251 - Proveito. - Grazas. 198 00:20:16,376 --> 00:20:20,376 Nada mellor para os nervios que un montón de cafeína, verdade? 199 00:20:22,793 --> 00:20:25,668 Podo... facerche unha pregunta? 200 00:20:30,418 --> 00:20:32,668 Pediches risco alto? 201 00:20:34,209 --> 00:20:35,709 Si. E ti? 202 00:20:35,709 --> 00:20:36,668 Si. 203 00:20:40,959 --> 00:20:42,459 Que raro, isto parece... 204 00:20:43,001 --> 00:20:46,126 Agardaba algo diferente para a primeira misión. 205 00:20:47,251 --> 00:20:48,084 Coma que? 206 00:20:49,876 --> 00:20:51,126 Non o sei. Coma... 207 00:20:53,168 --> 00:20:56,251 os láseres, sabes? Algo así, máis... 208 00:20:57,084 --> 00:20:58,251 Xa sabes, algo... 209 00:21:00,293 --> 00:21:02,001 Será por non asustarnos. 210 00:21:02,626 --> 00:21:05,376 Sabes que primeiro sempre hai que vixiar. 211 00:21:06,709 --> 00:21:07,543 Si. 212 00:21:12,043 --> 00:21:13,293 Como te colleron? 213 00:21:16,043 --> 00:21:18,251 Contratar. Como te contrataron? 214 00:21:19,501 --> 00:21:20,418 Foi por correo. 215 00:21:21,126 --> 00:21:21,959 Por correo? 216 00:21:22,418 --> 00:21:24,126 - O correo? - Si. 217 00:21:25,834 --> 00:21:26,668 "Hi hi." 218 00:21:27,959 --> 00:21:29,209 Si, "hi hi." 219 00:21:29,876 --> 00:21:30,709 Iso. 220 00:21:30,918 --> 00:21:32,626 Si, a min pareceume estraño 221 00:21:32,626 --> 00:21:35,834 que non dixesen o da parella ata a última entrevista. 222 00:21:35,834 --> 00:21:37,959 Si, certo. 223 00:21:39,376 --> 00:21:40,876 Pero é intelixente. 224 00:21:40,876 --> 00:21:41,793 Por que? 225 00:21:43,668 --> 00:21:45,501 Chamas menos a atención. 226 00:21:46,459 --> 00:21:50,001 É menos probable que falles se dependes dunha parella. 227 00:21:50,001 --> 00:21:52,043 Unha vella táctica do KGB. 228 00:21:53,626 --> 00:21:54,459 Estupendo. 229 00:21:57,084 --> 00:21:58,084 Moi romántico. 230 00:22:07,626 --> 00:22:08,709 Entón... 231 00:22:12,209 --> 00:22:14,459 - Primeira vez en Nova York? - Non. 232 00:22:19,918 --> 00:22:21,501 Como te chamabas antes? 233 00:22:23,293 --> 00:22:24,459 Jane non. 234 00:22:29,209 --> 00:22:30,209 Vale. 235 00:22:33,168 --> 00:22:35,918 Só quero falar, intento... 236 00:22:37,001 --> 00:22:37,834 Perdoa. 237 00:22:39,751 --> 00:22:41,168 Mataches alguén? 238 00:22:43,751 --> 00:22:44,584 Vale. 239 00:22:48,084 --> 00:22:50,043 Non, a verdade. 240 00:22:50,043 --> 00:22:51,376 - En serio? - Non. 241 00:22:53,334 --> 00:22:54,168 E ti? 242 00:22:55,751 --> 00:22:56,793 Ti que cres? 243 00:22:57,501 --> 00:22:59,251 - Que si. - Pois non. 244 00:22:59,251 --> 00:23:01,543 Seguro que si. Tes ollos para matar. 245 00:23:01,959 --> 00:23:03,209 Que significa iso? 246 00:23:03,209 --> 00:23:05,709 Ollos de depredadora, están moi pegados. 247 00:23:05,709 --> 00:23:07,668 - Que? - A presa tenos de lado. 248 00:23:07,668 --> 00:23:09,126 Os depredadores non. 249 00:23:09,584 --> 00:23:11,918 Que dis? Non teño os ollos pegados. 250 00:23:11,918 --> 00:23:13,251 Ti si. 251 00:23:19,126 --> 00:23:19,959 Xa que logo... 252 00:23:20,751 --> 00:23:21,584 Si. 253 00:23:24,751 --> 00:23:26,084 Viñeras a Nova York. 254 00:23:26,084 --> 00:23:28,376 A que viñeras? 255 00:23:31,793 --> 00:23:33,126 Pois nunha excursión. 256 00:23:34,543 --> 00:23:39,209 Si. Escapei para comer torta cun pedófilo. 257 00:23:40,584 --> 00:23:41,418 Que? 258 00:23:41,793 --> 00:23:43,501 - Merda. - Que dixeches? 259 00:23:44,209 --> 00:23:45,584 Marcha. Vamos. 260 00:23:46,543 --> 00:23:48,001 Marchamos. Tes cartos? 261 00:23:48,001 --> 00:23:49,376 Si, teño cartos. 262 00:24:26,168 --> 00:24:27,376 Temos contacto. 263 00:24:29,626 --> 00:24:30,793 Será a entrega. 264 00:24:32,084 --> 00:24:33,376 Leva algo el? 265 00:24:35,709 --> 00:24:37,334 Non vexo paquete ningún. 266 00:24:38,751 --> 00:24:39,959 Parece persoal. 267 00:24:40,626 --> 00:24:41,876 Podería ser o fillo. 268 00:24:42,626 --> 00:24:43,959 Ou o noivo. 269 00:24:47,459 --> 00:24:48,293 Que? 270 00:24:51,126 --> 00:24:52,918 - Pensei que era broma. - Non. 271 00:24:57,459 --> 00:24:58,293 Non o creo. 272 00:25:06,876 --> 00:25:08,043 E ti que eras, 273 00:25:09,918 --> 00:25:12,793 do FBI ou da CIA? 274 00:25:15,334 --> 00:25:16,501 Algo así. 275 00:25:20,793 --> 00:25:21,876 Botáronte? 276 00:25:25,043 --> 00:25:26,168 Algo así. 277 00:25:30,001 --> 00:25:31,959 A ver, tes que contarme algo. 278 00:25:32,376 --> 00:25:33,334 Non te coñezo. 279 00:25:33,751 --> 00:25:34,959 Estamos casados. 280 00:25:36,876 --> 00:25:37,959 Facemos tregua? 281 00:25:40,293 --> 00:25:41,876 Podemos contar o básico? 282 00:25:44,376 --> 00:25:45,959 Vale, si. 283 00:25:47,876 --> 00:25:49,376 - Coma que? - Coma... 284 00:25:50,793 --> 00:25:53,959 Podo sacar o lixo, pero non me gusta pasar o ferro. 285 00:25:55,793 --> 00:25:56,626 Vale. 286 00:25:58,834 --> 00:26:00,501 Gústame ler antes de durmir. 287 00:26:02,543 --> 00:26:04,251 Lavo a louza mentres cociño. 288 00:26:06,751 --> 00:26:08,376 - Militar. - De mamá. 289 00:26:09,834 --> 00:26:11,334 O teu peor atributo? 290 00:26:12,001 --> 00:26:13,376 Nunca perdo pelexas. 291 00:26:14,918 --> 00:26:16,001 - Non. - Si. 292 00:26:16,001 --> 00:26:18,918 - Non. - É unha merda, pero sempre teño razón. 293 00:26:19,626 --> 00:26:20,543 Xa. 294 00:26:23,626 --> 00:26:28,084 Este matrimonio comezou co pé dereito. Estupendamente. 295 00:26:28,084 --> 00:26:29,709 - Si. - Si. 296 00:26:32,209 --> 00:26:34,084 Que pasará se fracasamos? 297 00:26:34,584 --> 00:26:35,459 No matrimonio? 298 00:26:35,459 --> 00:26:36,376 Na misión. 299 00:26:40,459 --> 00:26:41,293 Non será así. 300 00:26:48,293 --> 00:26:51,418 O paquete serán cartos? 301 00:26:52,084 --> 00:26:52,918 Pode ser? 302 00:26:53,376 --> 00:26:54,959 Non o sei, é difícil. 303 00:27:08,001 --> 00:27:08,876 Vale. 304 00:27:09,334 --> 00:27:10,418 Vale. 305 00:27:10,418 --> 00:27:12,334 - Mira iso. - Miro. 306 00:27:13,959 --> 00:27:16,001 - Está ben. - Vaia, vaia... 307 00:27:16,293 --> 00:27:17,126 Trabuqueime. 308 00:27:17,626 --> 00:27:19,459 - Si? - Si, trabuqueime. 309 00:27:20,293 --> 00:27:21,626 Pero podo recoñecelo. 310 00:27:21,626 --> 00:27:24,543 Defendo a miña suposición e non ten nada de malo. 311 00:27:24,543 --> 00:27:25,918 Xa, claro. Non. 312 00:27:25,918 --> 00:27:27,918 - Non son fato, vale? - Non. 313 00:27:28,751 --> 00:27:30,209 Só quero que sexa feliz. 314 00:27:30,209 --> 00:27:31,918 É a muller máis feliz. 315 00:27:34,001 --> 00:27:35,084 Non son fato. 316 00:27:35,084 --> 00:27:37,668 Non, claro que non. A muller marcha. 317 00:28:43,168 --> 00:28:49,126 TEATRO CHERRY LANE 318 00:28:57,001 --> 00:28:58,293 Ten que ser aquí. 319 00:28:58,293 --> 00:28:59,251 Si. 320 00:28:59,251 --> 00:29:01,751 Eu cúbrote e ti entras. 321 00:29:02,126 --> 00:29:03,459 Distráelos ti? 322 00:29:03,459 --> 00:29:05,376 Si. Despois escríboche. 323 00:29:06,126 --> 00:29:06,959 Vale. 324 00:29:08,293 --> 00:29:10,501 - Non teño... - Non tes o meu número. 325 00:29:13,293 --> 00:29:14,418 - Dásme...? - Ou... 326 00:29:15,251 --> 00:29:17,418 - Si, imos anotalo. - Si, imos... 327 00:29:35,918 --> 00:29:39,376 Voucho deixar claro. Non busco o amor. 328 00:29:41,793 --> 00:29:45,626 É un auricular. Quería poñercho. 329 00:29:47,793 --> 00:29:48,626 Perdoa. 330 00:29:48,626 --> 00:29:49,709 - Paréceche? - Si. 331 00:29:49,709 --> 00:29:51,459 - Perdoa. - Non, perdoa ti. 332 00:29:51,459 --> 00:29:53,959 Vale? Non dixen nada, foi culpa miña. 333 00:29:53,959 --> 00:29:56,418 - Non, ponmo. Pensei que... - Xa o sei. 334 00:29:58,168 --> 00:30:00,043 - Falo ti? - Non, por favor. 335 00:30:00,043 --> 00:30:01,001 Vale. 336 00:30:04,709 --> 00:30:06,168 - Está ben. Si. - Si. 337 00:30:07,043 --> 00:30:08,668 - Grazas. - De nada. 338 00:30:10,793 --> 00:30:11,876 - É... - Si. 339 00:30:14,001 --> 00:30:15,918 Estupendo. John Smith. 340 00:30:17,793 --> 00:30:18,626 Vale. 341 00:30:24,501 --> 00:30:25,834 Quero un boleto. 342 00:30:25,834 --> 00:30:27,543 Señor, eu non os vendo. 343 00:30:27,543 --> 00:30:30,251 - Como que non? - Isto non é un cine. 344 00:30:31,168 --> 00:30:32,084 Só teñen un. 345 00:30:32,918 --> 00:30:34,334 Mamá, e o teu boleto? 346 00:30:34,334 --> 00:30:35,418 Collíchelo ti. 347 00:30:37,001 --> 00:30:38,543 Mamá, e o teu boleto? 348 00:30:39,251 --> 00:30:40,126 Non a coñezo. 349 00:30:40,334 --> 00:30:41,543 Vale. 350 00:30:41,543 --> 00:30:43,543 Pode axudar a miña nai? 351 00:30:43,543 --> 00:30:46,293 O meu pai está dentro só e ela está tola. 352 00:30:48,584 --> 00:30:53,043 Agora tes unha boa brazada, Mary, cos case catro quilos que colliches. 353 00:30:56,376 --> 00:30:57,501 Engordei... 354 00:30:57,501 --> 00:30:58,459 Óesme? 355 00:31:00,543 --> 00:31:01,418 Jane? 356 00:31:04,584 --> 00:31:06,501 Hai un problema no plan. 357 00:31:06,709 --> 00:31:08,501 Desculpe. Perdón. 358 00:31:08,918 --> 00:31:09,834 Escríbeme. 359 00:31:10,459 --> 00:31:11,918 Teño que baixar. 360 00:31:17,626 --> 00:31:18,668 Estou dentro. 361 00:31:18,668 --> 00:31:20,459 Pouco? Pensei que era moito. 362 00:31:21,168 --> 00:31:22,001 Ves algo? 363 00:31:22,959 --> 00:31:24,959 Aínda non. 364 00:31:27,501 --> 00:31:30,084 A señora vai ver a obra de teatro? 365 00:31:30,459 --> 00:31:32,584 Ninguén no mundo podería facer iso 366 00:31:32,584 --> 00:31:34,959 sen morrer dun empacho. 367 00:31:36,126 --> 00:31:41,418 A ver, por un intre foi un pouco emocionante, non? 368 00:31:44,001 --> 00:31:47,459 Non tan emocionante coma esa obra. Soa divertidísima. 369 00:31:53,709 --> 00:31:59,668 O que dixeches na cafetería de comer torta cun pedófilo, ía... 370 00:32:00,751 --> 00:32:03,876 en serio ou estábasme metendo unha pillada? 371 00:32:11,043 --> 00:32:16,043 Si, tiña 14 anos. 372 00:32:16,043 --> 00:32:17,376 E que pasou? 373 00:32:21,709 --> 00:32:25,709 Un tipo moi amable invitounos 374 00:32:25,709 --> 00:32:30,584 a min e a miña amiga Dina a comer torta. 375 00:32:30,584 --> 00:32:34,293 Moi amable? Estasme metendo unha pillada. 376 00:32:34,876 --> 00:32:36,251 Que idade tiña? 377 00:32:38,126 --> 00:32:38,959 Uns corenta. 378 00:32:41,168 --> 00:32:44,043 Corenta e largos. 379 00:32:45,168 --> 00:32:48,251 Non sei. Parece inventado. 380 00:32:49,834 --> 00:32:55,168 Non, tiñamos fame. Era un sitio público. 381 00:32:57,376 --> 00:32:59,168 Non hai perigo en público. 382 00:32:59,918 --> 00:33:01,418 E máis en Nova York, ou? 383 00:33:02,334 --> 00:33:04,376 Logo que pasou? 384 00:33:05,043 --> 00:33:10,626 Comemos torta. Pagou a conta. 385 00:33:13,043 --> 00:33:14,959 Iso é bo supoño. 386 00:33:15,709 --> 00:33:17,001 E despois? 387 00:33:20,876 --> 00:33:25,918 Cada un polo seu lado e morremos coa risa cando se foi. 388 00:33:27,293 --> 00:33:29,543 Que ben que agardastes a que marchou 389 00:33:30,459 --> 00:33:31,918 para non ofendelo. 390 00:33:32,418 --> 00:33:37,418 Non eramos monstros, John. 391 00:33:41,834 --> 00:33:45,084 Non vos estaba a chamar monstros. 392 00:33:45,751 --> 00:33:47,584 Se é verdade, 393 00:33:47,584 --> 00:33:50,168 sei todo o que hai que saber de ti. 394 00:33:51,376 --> 00:33:52,876 Para que viñeches? 395 00:33:52,876 --> 00:33:54,168 - Merda. - Que? 396 00:33:54,376 --> 00:33:55,209 Que foi? 397 00:33:55,209 --> 00:33:56,668 A señora marcha. 398 00:33:58,126 --> 00:33:59,209 Ten o paquete. 399 00:33:59,209 --> 00:34:00,126 Desde cando? 400 00:34:00,126 --> 00:34:01,626 Desde o gardarroupa. 401 00:34:01,626 --> 00:34:02,876 Como é? 402 00:34:03,626 --> 00:34:04,751 Unha caixa marrón. 403 00:34:10,168 --> 00:34:11,418 E cal é o plan? 404 00:34:12,084 --> 00:34:13,668 Non sei, a ver. 405 00:34:14,043 --> 00:34:17,876 Dixéronnos que o interceptásemos. Collémolo e xa? 406 00:34:18,959 --> 00:34:20,876 Non. Temos que ser discretos. 407 00:34:21,543 --> 00:34:22,834 Vale, entón que? 408 00:34:25,626 --> 00:34:27,376 Vale, vou distraela. 409 00:34:27,376 --> 00:34:29,918 Teño unha idea. Non a perdas de vista. 410 00:34:35,251 --> 00:34:37,876 Véxoa. Está baixando. 411 00:34:39,793 --> 00:34:41,709 Non atopo as miñas chaves. 412 00:34:41,709 --> 00:34:45,001 Está nunha tenda de móbiles. Onde estás ti? 413 00:34:45,418 --> 00:34:46,626 Que fas, John? 414 00:34:52,334 --> 00:34:53,709 Mercou un Android. 415 00:34:55,668 --> 00:34:57,209 Está chamando a alguén. 416 00:34:58,543 --> 00:35:01,793 Vale, colle velocidade. Hai que bulir. 417 00:35:02,709 --> 00:35:04,793 John, segues aí? 418 00:35:06,168 --> 00:35:07,584 Ten máis caixas desas? 419 00:35:07,834 --> 00:35:08,876 Sen o logo? 420 00:35:10,668 --> 00:35:12,709 Marcha. John, escóitasme? 421 00:35:12,709 --> 00:35:15,168 Vale, pero necesito algo de tempo. 422 00:35:16,418 --> 00:35:18,293 E se ela coordina a entrega? 423 00:35:20,626 --> 00:35:21,959 Mira se ela... 424 00:35:22,834 --> 00:35:25,918 Se vai onda alguén, precisamos coller a caixa xa. 425 00:35:27,584 --> 00:35:28,751 John! 426 00:35:31,418 --> 00:35:32,376 Que fai? 427 00:35:32,376 --> 00:35:34,376 - Podo levar esta caixa? - Non. 428 00:35:35,043 --> 00:35:37,001 E se merco isto? Levo isto. 429 00:35:37,668 --> 00:35:38,584 Grazas. 430 00:35:40,168 --> 00:35:41,709 Tirou o móbil. 431 00:35:42,543 --> 00:35:43,543 Que fas? 432 00:35:45,209 --> 00:35:47,459 Por Deus, John! Estás de compras? 433 00:35:48,751 --> 00:35:51,126 Vale, eu... Quede co cambio. 434 00:35:51,709 --> 00:35:52,709 Grazas. 435 00:35:54,334 --> 00:35:55,834 Sae cara a Broadway. 436 00:35:57,168 --> 00:35:58,501 Vale, marcha. 437 00:36:20,501 --> 00:36:21,334 Colle a caixa. 438 00:36:22,751 --> 00:36:24,209 Vai saltar á esquerda. 439 00:36:28,876 --> 00:36:30,709 Oe! Amigo! 440 00:36:32,751 --> 00:36:35,793 Se volves falar coa miña filla, rómpoche a crisma. 441 00:36:35,793 --> 00:36:37,084 Levas unha malleira. 442 00:36:37,834 --> 00:36:39,709 - Coidado! - Perdón. 443 00:36:39,709 --> 00:36:42,126 - Perdón. - Que che pasa? 444 00:36:56,168 --> 00:36:59,501 A iso me refiro con alto risco, moza. 445 00:36:59,501 --> 00:37:03,293 Que cara lle quedou ao tío coa patada que lle deches na mesa. 446 00:37:04,084 --> 00:37:06,251 Xa o sei. Que dixen? Algo dixen. 447 00:37:06,251 --> 00:37:08,334 Falaches da túa filla. 448 00:37:08,709 --> 00:37:10,459 - Si? - Si. Por que? 449 00:37:10,459 --> 00:37:11,668 Pois non o sei. 450 00:37:11,959 --> 00:37:13,334 Pois creo que foi... 451 00:37:13,334 --> 00:37:16,543 Non te anoxas con alguén que defende a súa filla. 452 00:37:16,876 --> 00:37:18,584 - Estivo ben. - Foi ben. 453 00:37:19,126 --> 00:37:19,959 Sentinme ben. 454 00:37:21,876 --> 00:37:23,584 Que cres que haberá aí? 455 00:37:24,501 --> 00:37:25,626 Pesa bastante. 456 00:37:26,459 --> 00:37:29,584 Non sei, algunha arma militar ou algo así. 457 00:37:30,334 --> 00:37:33,709 Si, ou hardware cifrado. Haberá unha máquina cifrada? 458 00:37:33,709 --> 00:37:34,626 Pode ser. 459 00:37:37,376 --> 00:37:39,459 Quen cres que son? A compañía. 460 00:37:41,959 --> 00:37:44,251 Tanto ten. Temos todo o necesario. 461 00:37:44,251 --> 00:37:45,834 É que... 462 00:37:46,209 --> 00:37:47,959 tal e como vai o mundo, 463 00:37:47,959 --> 00:37:49,709 alégrome de ter traballo. 464 00:37:57,418 --> 00:38:00,293 Teño unha pregunta: por que fas isto ti? 465 00:38:00,293 --> 00:38:01,918 Se non é por amor, 466 00:38:03,626 --> 00:38:04,834 por que o fas? 467 00:38:06,918 --> 00:38:08,376 Non me queren en ningures. 468 00:38:12,334 --> 00:38:13,334 E teatro gratis. 469 00:38:13,334 --> 00:38:14,918 - Teatro gratis? - Si. 470 00:38:19,793 --> 00:38:21,501 Se te fai sentir mellor... 471 00:38:23,959 --> 00:38:25,459 A min tampouco me queren. 472 00:38:27,626 --> 00:38:28,459 Pois si. 473 00:38:43,668 --> 00:38:45,001 O matrimonio é legal? 474 00:38:46,709 --> 00:38:48,501 Non, para nada. 475 00:38:49,918 --> 00:38:51,001 Non será problema. 476 00:38:53,251 --> 00:38:55,918 Estás disposta a cortar lazos co pasado? 477 00:38:58,209 --> 00:39:00,168 Sen contacto? Con ninguén? 478 00:39:02,584 --> 00:39:03,876 Nin coa miña nai? 479 00:39:08,293 --> 00:39:09,918 Non, sen problema. 480 00:39:11,084 --> 00:39:13,209 Pagádesme por non falar co meu pai? 481 00:39:14,043 --> 00:39:15,084 Onde asino? 482 00:39:24,334 --> 00:39:25,168 É aquí? 483 00:39:25,751 --> 00:39:27,376 Si, son as coordenadas. 484 00:39:48,209 --> 00:39:49,084 Ola? 485 00:40:07,251 --> 00:40:10,043 Ola, traemos un paquete. 486 00:40:13,959 --> 00:40:15,293 Hai un paquete! 487 00:40:16,084 --> 00:40:17,501 Estamos atrás! 488 00:40:20,793 --> 00:40:21,709 Grazas. 489 00:40:37,084 --> 00:40:39,626 Poñede iso debaixo da lámpada de calor. 490 00:40:39,626 --> 00:40:42,209 Querida, non poñas tanto sal no espárrago. 491 00:40:42,209 --> 00:40:45,209 Steven, sae da neveira e pon uns pantalóns. 492 00:40:45,209 --> 00:40:46,501 Por favor, Steven! 493 00:40:48,751 --> 00:40:50,168 Xusto a tempo. 494 00:41:00,751 --> 00:41:01,918 Vaites! 495 00:41:14,959 --> 00:41:16,584 Está un pouco chafada. 496 00:41:16,584 --> 00:41:18,626 Faredes un desconto do 50 %? 497 00:41:19,084 --> 00:41:21,668 Iso non depende de vós, verdade? 498 00:41:23,334 --> 00:41:24,876 - Non. - Para nada. 499 00:41:24,876 --> 00:41:27,459 Vale. Queredes tomar algo? 500 00:41:28,251 --> 00:41:31,376 - Si. - Non, grazas. Temos outras entregas. 501 00:41:31,959 --> 00:41:35,084 Vale. Pois a saída é por atrás. 502 00:41:35,084 --> 00:41:36,501 - Grazas. - Grazas. 503 00:41:36,501 --> 00:41:39,668 Suzan, outra vez co sal. Xa cho pedín tres veces. 504 00:41:58,293 --> 00:41:59,126 Unha torta? 505 00:41:59,376 --> 00:42:01,209 Non podemos falar diso. 506 00:42:01,959 --> 00:42:02,834 Seino, pero... 507 00:42:02,834 --> 00:42:04,584 Non podemos falar diso. 508 00:42:05,418 --> 00:42:06,418 Desculpen. 509 00:42:07,293 --> 00:42:09,501 Oe, agarda aí un intre. Si. 510 00:42:09,501 --> 00:42:11,584 Xa pode estar rica de carallo. 511 00:42:11,584 --> 00:42:14,001 Serán diplomáticos e a torta terá ingredientes 512 00:42:14,001 --> 00:42:17,001 - que non hai nos EUA. - Si, pero por que...? 513 00:43:04,001 --> 00:43:05,376 Chalados! 514 00:43:13,959 --> 00:43:14,793 Si, vémolos! 515 00:43:15,209 --> 00:43:17,459 - Imos detrás deles. - Vamos. 516 00:43:35,584 --> 00:43:36,418 Ei! 517 00:43:36,793 --> 00:43:38,084 Ei, que facedes? 518 00:43:40,001 --> 00:43:40,834 Veña! 519 00:43:43,918 --> 00:43:45,168 John, vamos! 520 00:44:16,918 --> 00:44:17,918 Dáme a man. 521 00:44:22,459 --> 00:44:24,251 Sacade o lixo. Fai ti iso. 522 00:44:24,251 --> 00:44:25,376 - Vou. - Si. 523 00:44:28,084 --> 00:44:29,876 Hai máis xente. Precisan axuda. 524 00:44:29,876 --> 00:44:30,793 Está ben? 525 00:44:30,793 --> 00:44:32,668 - Vou por axuda. - Saíde! 526 00:44:34,168 --> 00:44:35,126 Axuda! 527 00:44:43,876 --> 00:44:44,793 Estás ben? 528 00:44:45,668 --> 00:44:46,501 Si. 529 00:44:47,334 --> 00:44:48,168 E ti? 530 00:44:51,709 --> 00:44:52,543 Si. 531 00:45:03,126 --> 00:45:05,251 Eu saio pola ventá, ti pola porta. 532 00:45:05,251 --> 00:45:06,334 - Moi ben. - Vale. 533 00:45:06,334 --> 00:45:07,751 Vémonos na casa. 534 00:45:29,751 --> 00:45:31,251 Para non asustarnos. 535 00:45:31,876 --> 00:45:32,709 Si. 536 00:45:43,834 --> 00:45:44,668 Moi ben. 537 00:45:45,626 --> 00:45:46,543 - Vale. - Adeus. 538 00:45:50,043 --> 00:45:50,876 Oe, 539 00:45:52,501 --> 00:45:53,418 ten coidado. 540 00:46:40,626 --> 00:46:46,168 9 MORTOS NUNHA EXPLOSIÓN NUNHA CASA 541 00:46:49,376 --> 00:46:50,209 Jane? 542 00:46:50,709 --> 00:46:51,709 Es Jane? 543 00:47:49,001 --> 00:47:52,334 Vin desexarche boa noite, pero quedei durmido. 544 00:48:07,876 --> 00:48:09,293 Esta cama é incrible. 545 00:48:11,584 --> 00:48:12,418 De cabalo. 546 00:48:14,126 --> 00:48:14,959 Como? 547 00:48:18,126 --> 00:48:19,626 É de pelo de cabalo. 548 00:48:23,793 --> 00:48:25,418 E como lles sacan o pelo? 549 00:48:27,793 --> 00:48:29,459 Afeitaranos, supoño. 550 00:48:38,168 --> 00:48:40,001 Segues sen estar intrigado? 551 00:48:43,293 --> 00:48:45,543 Fixemos o traballo. Rematou a misión. 552 00:48:45,918 --> 00:48:47,501 Iso é o que nos pediron. 553 00:48:48,668 --> 00:48:50,668 Se quedásemos 30 segundos máis... 554 00:48:50,668 --> 00:48:51,584 É alto risco. 555 00:48:52,751 --> 00:48:54,251 É o que pedimos. 556 00:48:57,418 --> 00:48:58,251 Si? 557 00:49:10,626 --> 00:49:11,918 Como chamamos ó gato? 558 00:49:13,001 --> 00:49:13,834 Max. 559 00:49:16,126 --> 00:49:16,959 Samuel? 560 00:49:17,918 --> 00:49:19,001 Gústame Samuel. 561 00:49:19,001 --> 00:49:22,793 Non, creo que... mellor Max. 562 00:49:23,876 --> 00:49:26,626 Pero é que Max soa a nome de can. 563 00:49:26,918 --> 00:49:29,209 É un gato, así que ten que ser rexio. 564 00:49:29,209 --> 00:49:32,293 Hai que ceder. Ten que haber algún nome que nos... 565 00:49:32,293 --> 00:49:34,501 Gústame ceder. Dígocho de verdade. 566 00:49:34,668 --> 00:49:38,834 Pero podo ceder noutras cousas, non no de Max. 567 00:49:44,584 --> 00:49:46,001 Max é o teu gato. 568 00:49:47,709 --> 00:49:50,126 Trouxéchelo da túa casa? 569 00:49:51,459 --> 00:49:52,293 Si. 570 00:49:58,334 --> 00:50:01,459 Sabíao. Sabía que era o teu gato. 571 00:50:21,668 --> 00:50:22,501 Mentín 572 00:50:24,501 --> 00:50:25,626 na cafetería. 573 00:50:26,209 --> 00:50:27,376 Si que matei xente. 574 00:50:30,751 --> 00:50:33,334 Traballei nos primeiros drons en Afganistán. 575 00:50:36,959 --> 00:50:38,251 Non estou orgulloso. 576 00:50:53,459 --> 00:50:55,168 Vou para o meu cuarto. 577 00:51:05,918 --> 00:51:06,751 Oe. 578 00:51:12,209 --> 00:51:15,418 Foi idea de Dina o de tomar torta co home amable aquel. 579 00:51:18,001 --> 00:51:20,168 Eu tiña moitísimo medo. 580 00:51:24,543 --> 00:51:25,418 Xa. 581 00:51:28,501 --> 00:51:29,376 Boa noite. 582 00:51:31,043 --> 00:51:31,918 Boa noite. 583 00:51:44,918 --> 00:51:45,751 Vale. 584 00:51:46,959 --> 00:51:49,793 Vaites! É unha vida totalmente nova. 585 00:51:57,668 --> 00:51:58,626 Paréceme ben. 586 00:52:13,959 --> 00:52:18,126 EN MEMORIA DE MICHAEL S. SLOANE, QUE SEMPRE CONTOU A VERDADE 587 00:52:36,168 --> 00:52:38,001 - Non toques iso! - Non! 588 00:52:40,168 --> 00:52:42,751 - Acaba de tirar dinamita? - Vamos... 589 00:52:45,126 --> 00:52:47,251 ESTA TEMPADA EN MR. & MRS. SMITH 590 00:52:47,251 --> 00:52:48,584 Traballades xuntos? 591 00:52:48,584 --> 00:52:49,501 - Si. - Si. 592 00:52:49,501 --> 00:52:51,043 E a que vos dedicades? 593 00:52:53,876 --> 00:52:56,126 Enxeñeiros de software informático. 594 00:52:58,668 --> 00:53:01,334 Gañamos certa cantidade e logo marchamos. 595 00:53:01,334 --> 00:53:02,251 Bárbaro. 596 00:53:03,918 --> 00:53:06,334 Que tal a intimidade entre vós? 597 00:53:10,001 --> 00:53:11,418 - Xenial. - Moi ben. 598 00:53:13,668 --> 00:53:17,126 Xa sei que isto é unha lúa de mel chafada para vós. 599 00:53:20,501 --> 00:53:21,418 Comes así. 600 00:53:24,126 --> 00:53:26,251 Queres comigo ou arranxas matrimonios? 601 00:53:26,626 --> 00:53:28,376 - Non quero fallar. - Así será. 602 00:53:28,543 --> 00:53:29,376 De xeonllos. 603 00:53:30,543 --> 00:53:31,668 Décimo sexto! 604 00:53:34,876 --> 00:53:36,376 Non foi mal, ou? 605 00:53:36,876 --> 00:53:38,834 Foi bastante mal. 606 00:53:38,834 --> 00:53:40,001 MISIÓN INCOMPLETA: UN ERRO. QUEDAN 2. 607 00:53:41,876 --> 00:53:44,418 Pregúntase se sodes ou non compatibles. 608 00:53:44,751 --> 00:53:48,001 O matrimonio é coma unha casa. Podes cambiar de gusto. 609 00:53:48,668 --> 00:53:50,084 E prometo non matarte. 610 00:53:50,334 --> 00:53:51,584 Non sei se é broma. 611 00:55:12,126 --> 00:55:14,126 Subtítulos: Antía López Cando 612 00:55:14,126 --> 00:55:16,209 Supervisora creativa Estefanía Prol Lusquiños