1 00:00:08,418 --> 00:00:11,501 Voucho deixar claro. Non busco o amor. 2 00:00:11,501 --> 00:00:13,418 É un auricular. 3 00:00:14,626 --> 00:00:15,459 Que guapa. 4 00:00:15,459 --> 00:00:16,418 Grazas. E ti. 5 00:00:16,418 --> 00:00:18,251 Sen contacto? Con ninguén? 6 00:00:18,251 --> 00:00:19,626 Nin coa miña nai? 7 00:00:22,751 --> 00:00:24,668 Que pasará se fracasamos? 8 00:00:25,043 --> 00:00:25,876 No matrimonio? 9 00:00:25,876 --> 00:00:26,793 Na misión. 10 00:00:27,709 --> 00:00:28,543 Que? 11 00:00:30,459 --> 00:00:31,459 Un día de merda. 12 00:00:32,709 --> 00:00:33,918 Queres bicarme? 13 00:00:37,084 --> 00:00:42,043 MISIÓN INCOMPLETA: UN ERRO. QUEDAN 2. 14 00:00:44,876 --> 00:00:45,959 "Hi hi. Ola, ola. 15 00:00:46,709 --> 00:00:48,584 Benvidos ás Dolomitas italianas. 16 00:00:54,168 --> 00:00:56,834 Rexistrádevos no hotel Fanes. Habitación 602. 17 00:00:57,876 --> 00:01:02,043 Observade e informade sobre os veciños: Gavol e Parker Martin. 18 00:01:18,001 --> 00:01:20,293 Intervide os seus teléfonos. 19 00:01:20,876 --> 00:01:23,376 Gravade unha chamada importante mañá ás 17:00. 20 00:01:25,376 --> 00:01:28,709 Non falledes. Grazas." 21 00:01:29,709 --> 00:01:31,293 O champaña trae unha nota. 22 00:01:32,084 --> 00:01:36,209 Di: "Agardo que vos guste e que completedes a misión desta vez." 23 00:01:39,001 --> 00:01:41,334 - Hihi está moi pasivo-agresiva. - Xa. 24 00:01:42,626 --> 00:01:44,209 Non sabía que era muller. 25 00:01:45,168 --> 00:01:47,376 - Que che pasa? - Era broma. 26 00:01:47,376 --> 00:01:49,043 - Pareceume gracioso. - Si? 27 00:01:49,043 --> 00:01:51,834 - Voume castigar adecuadamente. - Deberías. Si. 28 00:01:58,251 --> 00:02:00,834 É que non quería comer queixo. 29 00:02:01,293 --> 00:02:04,501 Pois é a especialidade. Se non querías comer queixo, 30 00:02:04,501 --> 00:02:07,793 - tiñas que dicilo antes. - Por que? 31 00:02:07,793 --> 00:02:10,584 Ti pediches o que querías e eu tamén. 32 00:02:11,084 --> 00:02:13,834 Logo... estabas comendo isto? 33 00:02:13,834 --> 00:02:15,876 - Segues téndoa dura. - Si. 34 00:02:16,751 --> 00:02:18,043 Lotaría xenética. 35 00:02:18,043 --> 00:02:19,626 - Podemos falalo? - O que? 36 00:02:19,626 --> 00:02:25,209 Creo que durmir en habitacións separadas é excesivo. 37 00:02:25,209 --> 00:02:26,959 É que roncas moitísimo. 38 00:02:26,959 --> 00:02:29,293 E eu teño que poder durmir. 39 00:02:30,334 --> 00:02:33,043 Sabes o que? Nunca durmimos na mesma cama. 40 00:02:33,751 --> 00:02:35,459 - Non é certo. Ou si? - Si. 41 00:02:36,126 --> 00:02:38,043 Unha cama. Un baño. 42 00:02:38,626 --> 00:02:40,168 Seguro que vas estar ben? 43 00:02:41,126 --> 00:02:44,959 Es ti o que sempre marcha para abaixo despois do sexo. 44 00:02:45,709 --> 00:02:48,668 Iso é porque sei como son os fillos únicos. 45 00:02:48,668 --> 00:02:51,334 - Como somos? - Necesitades... 46 00:02:51,334 --> 00:02:54,751 - Que necesitamos? - Sodes como aves de rapina 47 00:02:54,751 --> 00:02:58,126 - e necesitades 15 metros de espazo. - Que loucura. 48 00:02:58,709 --> 00:03:01,584 - Non te duchas? - Non. 49 00:03:04,293 --> 00:03:06,376 Vou ver a tele. 50 00:03:07,043 --> 00:03:08,668 Seguro que van para a cama. 51 00:03:09,543 --> 00:03:13,084 Deberiamos saír. Tomamos algo embaixo? 52 00:03:13,251 --> 00:03:16,418 A nota esa de Hihi púxome un pouco nerviosa. 53 00:03:16,543 --> 00:03:19,668 - É que non quero fallar. - Non imos fallar, vale? 54 00:03:19,668 --> 00:03:21,751 Estarei atento. Prométocho. 55 00:03:21,751 --> 00:03:25,334 Estaría ben ir dar unha volta 56 00:03:25,334 --> 00:03:27,209 e ver o ambiente. 57 00:03:28,334 --> 00:03:31,001 Pero isto é agradable e acolledor. 58 00:03:31,001 --> 00:03:34,459 Si, pero podemos levar o monitor do bebé. Estaría ben. 59 00:03:34,459 --> 00:03:38,084 Podemos velos desde todos os lados. Hai que axexar e informar. 60 00:03:38,084 --> 00:03:40,834 Xa, pero é que prefiro quedar aquí contigo. 61 00:03:40,959 --> 00:03:42,043 Boa noite, amor. 62 00:03:42,168 --> 00:03:44,251 - Podemos falar? - Agora? 63 00:03:47,376 --> 00:03:48,626 Quero ter un... 64 00:03:50,126 --> 00:03:52,043 momento de nudez. 65 00:03:52,043 --> 00:03:55,793 - "Momento de nudez"? Que é iso? - Refírese á psicoloxía. 66 00:03:56,376 --> 00:03:59,209 Creo que deberiamos probar 67 00:03:59,209 --> 00:04:02,334 - a durmir na mesma cama xuntos. - A posibilidade 68 00:04:02,459 --> 00:04:05,668 de que ronques xa non me deixa durmir. 69 00:04:06,251 --> 00:04:10,126 - Pero mellorei. - E como sabes que melloraches? 70 00:04:10,126 --> 00:04:11,168 Estás durmido! 71 00:04:11,168 --> 00:04:14,501 Por que o trata tan mal? Só quere durmir coa súa muller. 72 00:04:14,501 --> 00:04:16,876 Non sei. Parece esgotada. 73 00:04:16,876 --> 00:04:21,168 Si, pero tan mal está querer que a túa muller che dea cariño? 74 00:04:21,293 --> 00:04:23,626 Non é a peor cousa do mundo. 75 00:04:23,626 --> 00:04:25,543 É que é Gavol Martin. 76 00:04:25,543 --> 00:04:29,459 O seu valor neto será case coma o PIB de Australia. 77 00:04:29,459 --> 00:04:32,543 - Ten que durmir. É que... - Si. De acordo. 78 00:04:32,543 --> 00:04:35,918 Non ten sentido que amañe todo isto, Gavol... 79 00:04:35,918 --> 00:04:38,751 Por que interviremos o teléfono dos dous? 80 00:04:39,459 --> 00:04:40,584 E non só o dela? 81 00:04:41,126 --> 00:04:44,876 Non o sei. Investiguei algo ao tipo. 82 00:04:44,876 --> 00:04:48,543 É surfista. Ou máis ben érao. Nada máis. 83 00:04:49,584 --> 00:04:51,793 E mañá? Son toda túa. 84 00:04:52,584 --> 00:04:54,376 Non traballarei todo o día. 85 00:04:54,376 --> 00:04:58,834 Pero para poder facer iso, teño... Teño que poder durmir. Vale? 86 00:04:59,418 --> 00:05:00,668 Vale. 87 00:05:02,959 --> 00:05:06,459 - Prométesme algo? - Si. O que? 88 00:05:06,459 --> 00:05:08,418 Que nunca seremos así. 89 00:05:08,418 --> 00:05:10,459 Aínda que todo vaia á merda. 90 00:05:10,459 --> 00:05:11,834 Así? 91 00:05:14,251 --> 00:05:16,126 - Trato. - Trato. 92 00:05:31,543 --> 00:05:32,793 Que foi iso? 93 00:05:36,209 --> 00:05:37,584 Mira fóra. 94 00:05:55,668 --> 00:05:57,543 - Despexado. - Despexado. 95 00:06:12,959 --> 00:06:15,543 - Pareceume oír algo. - Non pasa nada. 96 00:06:23,876 --> 00:06:25,001 Boa noite. 97 00:06:50,459 --> 00:06:53,334 Oe, ruliña, ven aquí. Rápido. 98 00:06:54,709 --> 00:06:58,084 Sujata dixo que as pistas ían estar tranquilas hoxe. 99 00:06:59,709 --> 00:07:01,793 Trouxeches a epinefrina? 100 00:07:02,834 --> 00:07:04,668 - John? - Si. 101 00:07:05,459 --> 00:07:07,834 Non a atopo. 102 00:07:10,293 --> 00:07:11,959 Terán no restaurante. 103 00:07:11,959 --> 00:07:13,501 JOHN: Fun ao ximnasio cedo. Almorzamos embaixo? 104 00:07:13,501 --> 00:07:14,959 Non será de nenos. 105 00:07:16,209 --> 00:07:17,709 Van ás pistas. 106 00:07:17,709 --> 00:07:19,834 Pero parece que non se falan. 107 00:07:27,293 --> 00:07:29,834 Para intervir, sería mellor que se separasen. 108 00:07:31,001 --> 00:07:31,876 Se se separan, 109 00:07:31,876 --> 00:07:34,084 como nos atopamos? 110 00:07:35,209 --> 00:07:36,668 Compartindo localización. 111 00:07:40,459 --> 00:07:42,168 Seguro que queres facer iso? 112 00:07:43,418 --> 00:07:45,709 É que se non... Si, porque... 113 00:07:45,709 --> 00:07:48,001 - Que? - É un gran paso. 114 00:07:48,501 --> 00:07:52,001 É como saber o contrasinal do teléfono do outro. 115 00:07:52,418 --> 00:07:54,918 É para traballar, só porque... 116 00:07:55,834 --> 00:07:57,584 - Pero non temos que... - Non. 117 00:07:58,126 --> 00:08:00,751 Vale, imos facelo. Veña. 118 00:08:00,751 --> 00:08:01,793 Vale. 119 00:08:01,793 --> 00:08:03,834 - Seguro? - Totalmente. 120 00:08:06,376 --> 00:08:09,168 - Vale. - Xenial. 121 00:08:09,168 --> 00:08:11,001 - Listo. - Listo. 122 00:08:17,459 --> 00:08:20,001 - Quen era? - Era... 123 00:08:20,959 --> 00:08:22,918 spam. Chaman sen parar. 124 00:08:24,668 --> 00:08:26,709 Que misión máis rara. 125 00:08:26,709 --> 00:08:30,251 Parecemos investigadores privados dun matrimonio malogrado. 126 00:08:31,876 --> 00:08:34,334 - Podo comer do teu touciño? - Si, claro. 127 00:08:34,459 --> 00:08:37,459 Si, xa o sei. 128 00:08:38,251 --> 00:08:43,584 Creo que o fillo empeora todo porque está moi metido no xogo, 129 00:08:43,584 --> 00:08:46,918 coma se tivese ganas de deixar a familia. 130 00:08:51,501 --> 00:08:52,793 Ten ganas... 131 00:08:52,793 --> 00:08:54,709 disto. 132 00:08:55,001 --> 00:08:58,626 Vale. Non sei facelo doutra maneira 133 00:08:58,626 --> 00:09:01,876 - o de falar e... - Xa. 134 00:09:01,876 --> 00:09:05,043 Pois fala polo medio. Ou mastiga así. Tanto dá. 135 00:09:06,251 --> 00:09:08,126 - Ninguén fai iso. - Eu si. 136 00:09:08,126 --> 00:09:11,043 Queres saber como comes? Comes así. 137 00:09:16,376 --> 00:09:17,834 - Xa. - Solo de batería. 138 00:09:17,834 --> 00:09:19,168 - Coma STOMP. - Si. 139 00:09:19,959 --> 00:09:21,668 Para min, sempre é así. 140 00:09:21,668 --> 00:09:23,251 - En serio? - Si. 141 00:09:24,334 --> 00:09:25,418 Que mala es. 142 00:09:27,418 --> 00:09:29,001 Señora, isto é seu? 143 00:09:29,001 --> 00:09:32,709 - Vállame Deus. Grazas. - De nada. Non se preocupe. 144 00:09:33,834 --> 00:09:36,418 Tom, imaxina que perdo a bufanda. 145 00:09:36,418 --> 00:09:38,709 Quedarías moi triste. 146 00:09:38,709 --> 00:09:41,126 Xa o sei. Encántache esa bufanda. 147 00:09:41,126 --> 00:09:43,459 - Si. - É moi bonita. Case a levo. 148 00:09:43,459 --> 00:09:44,584 Teña coidado. 149 00:09:44,584 --> 00:09:46,043 Onde a comprou? 150 00:09:46,834 --> 00:09:50,001 Compreilla na nosa segunda cita. 151 00:09:51,001 --> 00:09:52,168 Cando foi? 152 00:09:53,084 --> 00:09:56,168 - Hai 49 anos. - Case 50. 153 00:09:56,168 --> 00:09:59,709 Medio século. Vaites, iso é incrible. De onde son? 154 00:09:59,709 --> 00:10:04,126 Vimos de Constanza, no sur de Alemaña, 155 00:10:04,126 --> 00:10:06,376 onde a fronteira con Suíza. 156 00:10:06,376 --> 00:10:08,209 - Vaites! - Pois que ben! 157 00:10:08,209 --> 00:10:10,918 Falabamos de pasar máis tempo por aló. 158 00:10:10,918 --> 00:10:13,043 - Está ben? - Si, vaivos gustar. 159 00:10:14,501 --> 00:10:16,918 - Está onda o lago. - Desculpen, 160 00:10:16,918 --> 00:10:18,959 - pero marchamos. - É grande. 161 00:10:18,959 --> 00:10:20,501 O máis grande do país. 162 00:10:20,501 --> 00:10:22,959 En serio? Tan grande coma o Como? 163 00:10:23,418 --> 00:10:25,834 Vale, si, un pracer coñecelos. 164 00:10:25,834 --> 00:10:28,293 - Vémonos polo hotel. - Si. Adeus. 165 00:10:28,293 --> 00:10:29,251 Probade o viño. 166 00:10:29,251 --> 00:10:31,334 - Probaría o viño. - Amor, vamos. 167 00:10:31,334 --> 00:10:34,459 - Encantado. Vémonos. - Moitas grazas. Grazas. 168 00:10:34,459 --> 00:10:35,751 John. 169 00:10:36,543 --> 00:10:40,001 - Que? - Detesto os amigos de vacacións. 170 00:10:40,001 --> 00:10:43,084 O mellor de ir de vacacións é deixar amigos atrás. 171 00:10:43,084 --> 00:10:44,793 Non facer amigos novos. 172 00:10:48,751 --> 00:10:50,543 Isto tarda moito. 173 00:10:50,543 --> 00:10:54,876 Hai outra maneira de baixar que non sexa esquiando? 174 00:10:56,126 --> 00:10:57,668 Non sei esquiar. 175 00:10:58,709 --> 00:11:00,293 Non sabes esquiar? 176 00:11:01,876 --> 00:11:02,876 Non. 177 00:11:03,751 --> 00:11:05,543 Compraches todo o equipo. 178 00:11:07,626 --> 00:11:09,168 Si, porque queda de medo. 179 00:11:10,918 --> 00:11:14,626 - Será un chiste. - Nunca fago chistes coa moda. 180 00:11:21,293 --> 00:11:22,543 Quen é? 181 00:11:25,001 --> 00:11:25,959 John. 182 00:11:27,209 --> 00:11:29,376 Ola. Estás ben? 183 00:11:31,251 --> 00:11:34,126 Chamaches tres veces. Pensei que pasaba algo. 184 00:11:35,084 --> 00:11:36,793 Si, é que agora non podo... 185 00:11:37,209 --> 00:11:39,668 Probaches a apagar e volver a prender? 186 00:11:46,001 --> 00:11:47,834 Vai á configuración. 187 00:11:49,209 --> 00:11:50,709 Vaiche pedir contrasinal. 188 00:11:50,709 --> 00:11:55,584 G, w, cero, catro, cero, un, exclamación. 189 00:11:55,584 --> 00:11:56,668 Non. 190 00:11:57,668 --> 00:11:59,459 Cero, catro, 191 00:12:00,834 --> 00:12:04,209 cero, un, exclamación. 192 00:12:05,084 --> 00:12:08,293 Pois non o sei. Xa chamarei á empresa cando volva. 193 00:12:09,168 --> 00:12:10,293 Si, está aquí. 194 00:12:12,293 --> 00:12:13,668 Teño que colgar. 195 00:12:13,668 --> 00:12:16,376 Vale. Adeus. Quérote. 196 00:12:27,668 --> 00:12:29,668 Cada canto falas con ela? 197 00:12:36,293 --> 00:12:40,084 - Varias veces no día. - Varias veces no día? 198 00:12:40,918 --> 00:12:42,709 Estás de puta broma? 199 00:12:43,709 --> 00:12:45,251 Non, non sorrías, iso é... 200 00:12:46,043 --> 00:12:47,418 - Vale. - Iso é perigoso. 201 00:12:47,418 --> 00:12:49,084 Que sabe de nós? 202 00:12:49,084 --> 00:12:52,209 - Que sabe? - Non sabe nada comprometido. 203 00:12:53,251 --> 00:12:56,293 - En serio. - Chámate polo teu novo nome? 204 00:12:58,751 --> 00:13:02,126 Non. Pero a ver, ela pensa que... 205 00:13:03,043 --> 00:13:06,334 Viaxo moito por traballo. Sabe que estou casado. Xa. 206 00:13:06,334 --> 00:13:08,584 - Nada máis. - Non se pode contactar. 207 00:13:08,584 --> 00:13:09,959 - Iso é... - Xa o sei. 208 00:13:11,418 --> 00:13:14,293 - Non é... - Non só é perigoso para nós, 209 00:13:14,293 --> 00:13:17,126 é perigoso para a túa nai. Es un egoísta. 210 00:13:17,126 --> 00:13:19,668 Mira, non podo abandonala, vale? 211 00:13:19,668 --> 00:13:20,793 Só me ten a min. 212 00:13:20,793 --> 00:13:23,293 Meu pai morreu e só lle quedo eu na vida. 213 00:13:23,293 --> 00:13:25,626 Coido dela. Teño que falar con ela. 214 00:13:25,626 --> 00:13:26,709 Non era opcional. 215 00:13:26,709 --> 00:13:28,501 - Só digo que... - Xa o sei. 216 00:13:28,501 --> 00:13:30,959 Eu nunca nos poñería en perigo así. 217 00:13:30,959 --> 00:13:32,209 Sinto non contarcho, 218 00:13:32,209 --> 00:13:35,501 é que non sabía como facelo, vale? Síntoo. 219 00:13:35,501 --> 00:13:38,876 Estou seguro de que ti falaches con teu pai algunha vez. 220 00:13:38,876 --> 00:13:41,126 - Non. - Que non que? 221 00:13:41,126 --> 00:13:42,376 Non falei con el. 222 00:13:44,918 --> 00:13:46,376 - Nada? - Non. 223 00:13:46,376 --> 00:13:48,334 Viñeches e desapareciches? 224 00:13:49,376 --> 00:13:50,418 Si. 225 00:13:55,459 --> 00:13:58,293 - Non me xulgues por iso. - Non quero xulgarte. 226 00:13:58,293 --> 00:14:00,376 Non sabes nada de meu pai. 227 00:14:01,834 --> 00:14:03,376 E se abusaba de min? 228 00:14:06,543 --> 00:14:07,543 Si. 229 00:14:11,334 --> 00:14:12,168 Síntoo moito. 230 00:14:12,168 --> 00:14:14,918 Síntoo. Non o sabía. 231 00:14:15,501 --> 00:14:17,376 Non abusaba de min. Só digo 232 00:14:17,376 --> 00:14:18,751 que é coma se... 233 00:14:19,084 --> 00:14:21,709 - Como dis? - O caso é que non sabes nada, 234 00:14:21,709 --> 00:14:24,418 - así que non... - Non abusaba de ti? 235 00:14:24,418 --> 00:14:25,418 Acabas de... 236 00:14:25,418 --> 00:14:27,834 - Claro que non. - É o primeiro exemplo 237 00:14:27,834 --> 00:14:29,751 - de por que non falades? - É... 238 00:14:29,751 --> 00:14:33,168 - E non é verdade? - Non cambies o puto tema. 239 00:14:38,418 --> 00:14:39,543 Vale, aí están. 240 00:14:42,751 --> 00:14:44,251 Veña, que os perdemos. 241 00:14:45,918 --> 00:14:47,501 John, vamos! 242 00:14:50,251 --> 00:14:51,709 Veña! Vamos, hostia! 243 00:15:23,668 --> 00:15:26,626 E se facemos un deporte que sexa coller a montaña 244 00:15:26,626 --> 00:15:28,043 - e lanzarte? - Ben? 245 00:15:28,043 --> 00:15:30,126 Non, estou mal. Non penso repetir. 246 00:15:30,959 --> 00:15:34,459 Boa idea, Jorgensen. Quizais os tontos ricos o practiquen 247 00:15:34,459 --> 00:15:36,168 - nun futuro. - Só pregunto. 248 00:15:36,168 --> 00:15:39,751 Por que vés a unha pista de esquí se non queres esquiar? 249 00:15:39,751 --> 00:15:42,168 Non me atopo ben. Esquiade sen min. 250 00:15:49,001 --> 00:15:50,834 A ver, Graham, queres algo? 251 00:15:59,043 --> 00:16:01,084 Temos un par de horas para intervir. 252 00:16:01,084 --> 00:16:02,626 Obrígalo a levar algo? 253 00:16:02,626 --> 00:16:05,418 Non quero obrigalo a nada, pero... 254 00:16:05,418 --> 00:16:07,668 Veña, que non quere nada. Vamos. 255 00:16:07,668 --> 00:16:09,084 - Grazas. - Grazas. 256 00:16:12,501 --> 00:16:13,709 A quen chama? 257 00:16:14,459 --> 00:16:16,251 Con quen falan os millonarios? 258 00:16:16,251 --> 00:16:18,126 Quizais chame a súa nai. 259 00:16:18,709 --> 00:16:21,209 Ben, Jane. 260 00:16:28,251 --> 00:16:29,334 Mira quen vén. 261 00:16:29,334 --> 00:16:30,584 - Ola. - Ola. 262 00:16:30,584 --> 00:16:33,626 - Gozando do mercado de Nadal? - Si, pero... 263 00:16:33,626 --> 00:16:36,293 - Temos que marchar... - Si, desculpen. 264 00:16:36,293 --> 00:16:37,793 Antes de que marchedes, 265 00:16:37,793 --> 00:16:40,459 Rita e mais eu atopamos un sitio de tapas. 266 00:16:40,459 --> 00:16:42,918 - Si, vamos. - Encantaríanos. 267 00:16:42,918 --> 00:16:46,126 Díxenlle a Tom que erades unha parella moi elegante. 268 00:16:46,126 --> 00:16:48,001 Cal é o voso número de cuarto? 269 00:16:48,001 --> 00:16:50,918 Estamos nun cuarto fermoso con ventás grandes 270 00:16:50,918 --> 00:16:52,918 - e vista á montaña... - Cala. 271 00:16:52,918 --> 00:16:54,584 - E cando o sol... - Para. 272 00:16:54,584 --> 00:16:57,793 Cala a puta boca, pécora. Teño pistola e vou disparar. 273 00:16:59,084 --> 00:17:00,793 Está calada. 274 00:17:05,251 --> 00:17:06,918 Perdemos os obxectivos. 275 00:17:07,043 --> 00:17:09,501 E os amigos das vacacións. "Teño pistola"? 276 00:17:10,209 --> 00:17:12,209 Hamburguesa mediana con patacas. 277 00:17:16,168 --> 00:17:18,459 Campión, xa chegou a hamburguesa. 278 00:17:19,126 --> 00:17:22,043 Dúas persoas que se detestan, pero non se separan. 279 00:17:28,251 --> 00:17:31,168 Onte dixeches que non ías traballar en todo o día. 280 00:17:31,793 --> 00:17:33,334 Non é verdade. 281 00:17:33,459 --> 00:17:37,084 Dixen que non ía traballar todo o día, pero algo si. 282 00:17:37,668 --> 00:17:38,918 Non é o que dixo. 283 00:17:38,918 --> 00:17:40,751 Non, el entendeu mal. 284 00:17:41,418 --> 00:17:44,959 Ti tamén me entendes mal a propósito para enfadarte. 285 00:17:45,959 --> 00:17:46,959 Ves? 286 00:17:47,626 --> 00:17:50,418 Non. Ti dixeches 287 00:17:50,418 --> 00:17:52,918 que non ías traballar en todo o día. 288 00:17:52,918 --> 00:17:56,084 Non, dixen que non ía traballar todo o día. 289 00:17:58,459 --> 00:18:01,126 Vale, oxalá... Es... 290 00:18:01,126 --> 00:18:05,209 Oxalá tivese a gravación para demostrarche que estás equivocada. 291 00:18:05,209 --> 00:18:07,251 Nós témola. Deberiamos darlla? 292 00:18:10,084 --> 00:18:11,709 - Que che pasa? - Nada. 293 00:18:11,709 --> 00:18:13,834 Estabamos ben hai un minuto. 294 00:18:13,834 --> 00:18:14,876 Que pasa? 295 00:18:15,418 --> 00:18:17,376 Ías ao ximnasio falar con túa nai? 296 00:18:18,168 --> 00:18:20,043 Por que me ocultaches iso? 297 00:18:22,001 --> 00:18:23,209 Estás moi raro. 298 00:18:24,376 --> 00:18:25,459 Estás distante 299 00:18:25,459 --> 00:18:27,043 e estás a apartarme de ti 300 00:18:27,043 --> 00:18:29,251 porque cres que é demasiado para ti. 301 00:18:29,251 --> 00:18:31,876 Isto é de tolos vindo da muller que quixo 302 00:18:31,876 --> 00:18:34,084 cuartos separados toda a relación. 303 00:18:34,084 --> 00:18:36,126 - Non... - Pero é iso o que queres? 304 00:18:36,126 --> 00:18:38,126 - Que se o quero? - É así. 305 00:18:38,126 --> 00:18:39,668 Gústache a Jane distante. 306 00:18:39,668 --> 00:18:42,376 - Non dixen iso. - Podo ser fría, está ben. 307 00:18:42,376 --> 00:18:44,751 - Non... - Eu tamén teño segredos. 308 00:18:45,501 --> 00:18:47,168 Que fas? 309 00:18:47,959 --> 00:18:48,834 Vale. 310 00:18:48,834 --> 00:18:51,376 Se queres ser a Sra. Fría, está ben. 311 00:18:51,376 --> 00:18:53,876 Imos estar calados o resto do tempo. 312 00:18:53,876 --> 00:18:55,168 Tamén sei ser frío. 313 00:19:00,751 --> 00:19:02,918 Estás enfurruñado? Si que o estás. 314 00:19:04,334 --> 00:19:06,584 Pero ti queres seguir casada? 315 00:19:10,084 --> 00:19:12,126 Por que me dis iso agora mesmo? 316 00:19:15,251 --> 00:19:16,876 Porque non sei se eu quero. 317 00:19:23,376 --> 00:19:24,876 Iso está claro. 318 00:19:25,501 --> 00:19:28,293 Está claro que despois temos que falar. 319 00:19:28,418 --> 00:19:29,418 Si. 320 00:19:31,168 --> 00:19:32,709 Vou á miña reunión. 321 00:19:32,709 --> 00:19:34,668 Parece que se van separar. 322 00:19:34,668 --> 00:19:37,209 Vou seguila. Pásao ben sendo fría. 323 00:19:37,209 --> 00:19:38,709 - Vale, adeus. - Chao. 324 00:19:38,709 --> 00:19:40,043 - Adeus. - Adeus. 325 00:19:46,668 --> 00:19:48,126 Por aquí. 326 00:19:54,918 --> 00:19:57,918 Perdón, señor. É para membros do Alpine Peak Club. 327 00:20:01,293 --> 00:20:02,751 Señor. 328 00:20:11,876 --> 00:20:14,543 PERMITIR LOCALIZACIÓN COMPARTIDA 329 00:20:44,834 --> 00:20:46,209 Ponme un vodka con xeo? 330 00:21:33,043 --> 00:21:34,084 Non me xulgue. 331 00:21:36,251 --> 00:21:38,168 Sei que é un lugar de relax. 332 00:21:40,834 --> 00:21:42,168 Pero coido que se avariou. 333 00:21:43,584 --> 00:21:44,584 Coa humidade. 334 00:22:01,001 --> 00:22:02,668 - Ola. - Ola. 335 00:22:02,668 --> 00:22:05,001 - Somos veciños. - Os da lúa de mel. 336 00:22:05,001 --> 00:22:08,293 - Parecedes felices. - Si. 337 00:22:11,543 --> 00:22:13,459 - É o teu fillo? - Si. 338 00:22:13,918 --> 00:22:15,876 Xa vexo como goza da natureza. 339 00:22:17,043 --> 00:22:19,334 Non é bo que pase tanto tempo niso. 340 00:22:19,793 --> 00:22:21,334 Parece satisfeito. 341 00:22:22,126 --> 00:22:24,168 Os nenos deben estar satisfeitos. 342 00:22:24,168 --> 00:22:27,918 Pero estar satisfeito non é o mesmo que feliz. 343 00:22:35,834 --> 00:22:37,001 Invita a casa. 344 00:22:39,126 --> 00:22:40,626 Ademais é o meu favorito. 345 00:22:41,376 --> 00:22:44,418 - Debes de ser adiviño. - Que toma, señor? 346 00:22:45,793 --> 00:22:48,959 Pode darme unha cunca de arroz cru? 347 00:22:49,793 --> 00:22:51,168 E o mesmo ca ela. 348 00:22:52,501 --> 00:22:53,668 Vale, si. 349 00:23:05,501 --> 00:23:06,543 De onde es? 350 00:23:09,918 --> 00:23:10,918 Uganda. 351 00:23:11,959 --> 00:23:13,126 E unha merda. 352 00:23:13,668 --> 00:23:15,709 Vivín ano e medio en Uganda. 353 00:23:15,834 --> 00:23:17,543 Oínte dicirlle ao operario 354 00:23:17,543 --> 00:23:21,084 que te ía comer un home branco para que che deixase subir. 355 00:23:21,376 --> 00:23:23,751 Non me gusta que me digan o que debo facer. 356 00:23:32,334 --> 00:23:33,751 - Grazas. - De nada. 357 00:23:38,168 --> 00:23:39,209 Tes fame? 358 00:23:42,626 --> 00:23:43,709 Para o teléfono. 359 00:23:47,626 --> 00:23:48,751 Grazas. 360 00:23:48,751 --> 00:23:50,793 Si, debería axudar coa humidade. 361 00:23:55,834 --> 00:23:58,043 - Saúde. - Saúde. 362 00:23:59,543 --> 00:24:01,084 Vinvos antes nas pistas. 363 00:24:01,084 --> 00:24:04,043 - Ides volver saír? - Seguramente non. 364 00:24:04,043 --> 00:24:07,209 - A miña muller non se atopa ben. - Que pena. 365 00:24:08,251 --> 00:24:09,168 Sobrevivirá. 366 00:24:10,626 --> 00:24:11,584 E ti? 367 00:24:13,626 --> 00:24:14,668 Que pasa comigo? 368 00:24:15,376 --> 00:24:16,418 Como estás? 369 00:24:20,584 --> 00:24:23,501 Pois... teño estado mellor. 370 00:24:25,501 --> 00:24:26,959 Por que moceas comigo? 371 00:24:26,959 --> 00:24:29,543 Se tes que preguntar, é que non o fago ben. 372 00:24:31,793 --> 00:24:33,376 - Sabes que? - Que? 373 00:24:34,126 --> 00:24:36,126 É o momento de ter unha aventura. 374 00:24:37,501 --> 00:24:38,709 Un lugar bonito, 375 00:24:40,084 --> 00:24:43,751 un home interesante, privacidade... 376 00:24:44,793 --> 00:24:46,876 E estou pensando en divorciarme. 377 00:24:49,501 --> 00:24:50,834 Non se pode solucionar? 378 00:24:52,668 --> 00:24:54,959 Queres comigo ou arranxas matrimonios? 379 00:24:57,501 --> 00:25:00,334 Casei con Gavol aos tres meses. 380 00:25:00,793 --> 00:25:03,709 Era a persoa máis alegre que pensei que coñecería. 381 00:25:04,334 --> 00:25:06,501 Eu era surfista profesional 382 00:25:06,501 --> 00:25:10,043 e facíao moi ben con ondas imposibles, 383 00:25:10,043 --> 00:25:15,084 e debeu ser que a area do seu cabelo me cegou. 384 00:25:16,751 --> 00:25:19,668 Despois diso andabamos tan quentes 385 00:25:20,918 --> 00:25:23,501 que non faciamos máis que foder e foder. 386 00:25:26,709 --> 00:25:29,501 Pois eu creo 387 00:25:29,501 --> 00:25:32,626 que un engano é a peor mentira nun matrimonio... 388 00:25:33,251 --> 00:25:34,751 Eu non podería mentir así. 389 00:25:35,543 --> 00:25:36,918 Eu conto mentiriñas. 390 00:25:38,168 --> 00:25:41,126 - Que mentiriñas? - Pois... 391 00:25:42,376 --> 00:25:46,626 Dicirlle ao meu home que teño reunión cando non teño ningunha reunión. 392 00:25:47,876 --> 00:25:52,209 Creo que lle doe menos cando é polo traballo. 393 00:25:52,959 --> 00:25:54,918 Ás veces só quero fuxir del. 394 00:25:57,001 --> 00:25:58,168 Enténdoo. 395 00:25:59,293 --> 00:26:00,251 E agora 396 00:26:00,251 --> 00:26:04,168 sigo intentando volver sentir o mesmo. 397 00:26:07,293 --> 00:26:09,418 Non estou seguro de se poderei. 398 00:26:14,293 --> 00:26:15,459 Caramba. 399 00:26:16,043 --> 00:26:18,001 - Síntoo. - Non, nada. 400 00:26:18,626 --> 00:26:21,584 Estou intentando imaxinarte de surfista. 401 00:26:22,418 --> 00:26:25,501 Foi hai moitísimos anos. Xa non recordo ese rapaz. 402 00:26:26,376 --> 00:26:28,209 Pero seguirei adiante. 403 00:26:29,626 --> 00:26:34,293 Estou preocupado por el. Por como lle irá na vida. 404 00:26:35,668 --> 00:26:37,209 A min... 405 00:26:37,209 --> 00:26:39,168 A min paréceme solitario. 406 00:26:39,168 --> 00:26:44,043 Eu véxoo tan metido no videoxogo que é inevitable que se sinta só. 407 00:26:46,793 --> 00:26:48,084 Dáme o teu teléfono. 408 00:26:49,501 --> 00:26:51,001 - Que? - Dáme o teléfono. 409 00:26:52,959 --> 00:26:56,584 Vouche axudar a poñerte en contacto con... Como se chama? 410 00:26:56,584 --> 00:26:58,126 - Graham. - Graham. 411 00:26:58,834 --> 00:27:00,834 Graham, a que xogas? 412 00:27:00,834 --> 00:27:02,126 - Skate City. - Xa. 413 00:27:02,126 --> 00:27:03,668 Skate City. Vale. 414 00:27:10,501 --> 00:27:12,168 Vale, está descargando. 415 00:27:13,626 --> 00:27:16,584 A el encántalle Skate City. E agora a ti tamén. 416 00:27:19,834 --> 00:27:20,876 Si. 417 00:27:20,876 --> 00:27:22,251 Vale, paréceme ben. 418 00:27:24,251 --> 00:27:27,126 El quixo vir para pasar tempo xuntos, pero... 419 00:27:27,668 --> 00:27:29,668 Vexo como me mira agora e... 420 00:27:31,084 --> 00:27:32,084 E eu... 421 00:27:34,918 --> 00:27:37,709 - Perdoa, non sei onde vou chegar. - Tranquila. 422 00:27:38,709 --> 00:27:40,709 Vou ver se o móbil está prendido. 423 00:27:45,501 --> 00:27:49,126 - Agora parece que funciona. Está... - Meu Deus, iso é... 424 00:27:50,418 --> 00:27:51,834 Fas milagres. 425 00:27:53,168 --> 00:27:54,168 Estás ben? 426 00:27:55,209 --> 00:27:57,084 - Atópaste ben? - Si, perdón. 427 00:27:57,084 --> 00:27:59,709 Só estou algo mareada. 428 00:27:59,709 --> 00:28:02,668 - Será pola altitude. - Si, seguramente. 429 00:28:02,668 --> 00:28:05,584 - Queres algo de auga ou...? - Non, vou ir... 430 00:28:05,584 --> 00:28:07,334 - Pídolle á rapaza... - Si? 431 00:28:07,334 --> 00:28:08,959 Si. Perdoa. 432 00:28:13,834 --> 00:28:16,043 Oe, como funciona isto? 433 00:28:19,251 --> 00:28:21,293 Que tal? Son eu. Deixa unha mensaxe. 434 00:28:21,293 --> 00:28:23,959 Xa o puxen. Son as 16:58. Onde estás? 435 00:28:28,626 --> 00:28:29,959 CONECTAR 436 00:28:29,959 --> 00:28:30,918 INICIANDO ENTRADA 437 00:28:30,918 --> 00:28:31,918 RECUPERANDO AUDIO 438 00:28:31,918 --> 00:28:34,043 CREANDO CANLE CIFRADA 439 00:28:39,626 --> 00:28:41,168 Si, non, non. 440 00:28:47,418 --> 00:28:50,709 Desculpe, pode dicirme onde está o baño de mulleres? 441 00:28:51,584 --> 00:28:53,959 Eu vou para aló. Móstrollo. 442 00:28:53,959 --> 00:28:55,584 Vale, grazas. 443 00:28:56,834 --> 00:28:59,334 - Está ben, señora? - Estou, si. 444 00:28:59,334 --> 00:29:02,043 Estou ben. Grazas. 445 00:29:05,084 --> 00:29:06,876 Por que me leva fóra? 446 00:29:07,626 --> 00:29:08,543 Que fai? 447 00:29:08,543 --> 00:29:11,459 - Parece que lle fai falta aire. - Non. Onde imos? 448 00:29:11,459 --> 00:29:14,043 - Non! Déixeme. - Cala. 449 00:29:14,293 --> 00:29:15,834 - Sabe quen son? - Cala. 450 00:29:15,834 --> 00:29:16,751 Axuda! 451 00:29:23,293 --> 00:29:25,418 Que tal? Son eu, deixa a túa mensaxe. 452 00:29:25,418 --> 00:29:27,876 Este é un puto imbécil. 453 00:29:27,876 --> 00:29:31,584 Axuda! Sóltame! 454 00:29:33,584 --> 00:29:34,668 Quen es? 455 00:29:35,209 --> 00:29:37,168 Dime quen es e o que queres. 456 00:29:37,834 --> 00:29:39,626 Queres cartos? Que queres? 457 00:29:41,668 --> 00:29:42,793 Quero... 458 00:29:51,043 --> 00:29:52,293 Déixame! 459 00:29:52,959 --> 00:29:54,043 Ai, Deus. 460 00:29:57,293 --> 00:29:58,459 Abre a porta. 461 00:29:58,459 --> 00:30:00,418 Entra. Veña. 462 00:30:20,126 --> 00:30:21,084 Oe. 463 00:30:21,084 --> 00:30:23,459 Interviñeches o de Gavol? Onde estás? 464 00:30:23,459 --> 00:30:24,918 Están secuestrándoa. 465 00:30:24,918 --> 00:30:25,834 Que? 466 00:30:25,834 --> 00:30:27,209 Están secuestrándoa. 467 00:30:28,334 --> 00:30:29,376 Merda. 468 00:30:30,001 --> 00:30:33,251 - Onde estás? Non vexo a localización. - Apagueina. 469 00:30:33,251 --> 00:30:34,626 Es un inmaturo. 470 00:30:34,626 --> 00:30:36,668 - Que...? - Xa falamos despois. 471 00:30:36,668 --> 00:30:39,293 Vale. Vou estar coma tola... Dá igual. 472 00:30:40,793 --> 00:30:41,793 Oio un móbil. 473 00:30:42,876 --> 00:30:44,126 É o de Parker. 474 00:30:44,126 --> 00:30:45,918 Esa é a chamada. Vouna gravar. 475 00:30:46,793 --> 00:30:48,834 - Que pasa, Gavol? - Parker Martin? 476 00:30:48,834 --> 00:30:51,459 - Si, quen é? - Temos a túa muller, Gavol. 477 00:30:51,459 --> 00:30:52,501 Se colgas 478 00:30:52,501 --> 00:30:54,793 ou pides axuda, matámola. 479 00:30:54,793 --> 00:30:55,918 Axuda! 480 00:30:55,918 --> 00:30:57,418 Pero que... Quen é? 481 00:30:57,418 --> 00:30:58,959 Para! Non me toques! 482 00:30:58,959 --> 00:31:00,376 Oíches iso? 483 00:31:01,876 --> 00:31:02,876 Si. 484 00:31:03,751 --> 00:31:04,709 Canto? 485 00:31:04,709 --> 00:31:07,418 Tes que renunciar ás túas accións 486 00:31:07,418 --> 00:31:10,043 en canto colguemos. Tes unha hora. 487 00:31:10,043 --> 00:31:11,376 Iso é imposible. 488 00:31:12,251 --> 00:31:15,251 - A xunta nunca o permitiría. - Pois que o permitan. 489 00:31:15,251 --> 00:31:18,418 O 51 % en canto remate a chamada. 490 00:31:18,418 --> 00:31:20,959 Escoita, isto é terrorismo. 491 00:31:20,959 --> 00:31:25,251 - Por defecto, é imposible legalmente. - Matarei a túa muller. 492 00:31:25,959 --> 00:31:28,918 É un simple si ou non. 493 00:31:32,751 --> 00:31:34,501 Si ou non? 494 00:31:45,668 --> 00:31:46,668 Non. 495 00:31:48,709 --> 00:31:49,709 Non hai trato. 496 00:31:50,209 --> 00:31:52,918 - Despídete do teu home. - Dixo que non? 497 00:32:03,084 --> 00:32:04,084 Vale. 498 00:32:05,001 --> 00:32:06,501 Vale, iso foi terrible. 499 00:32:06,501 --> 00:32:09,584 Gravámolo, a misión está completada. 500 00:32:09,584 --> 00:32:11,793 Deberías volver xa. John? 501 00:32:12,668 --> 00:32:14,876 Enténdoo, pero non é o noso traballo. 502 00:32:14,876 --> 00:32:17,001 - Non podiamos... - Si, pero xa está. 503 00:32:17,001 --> 00:32:19,876 É nai, vale? Non podemos deixala aí. 504 00:32:19,876 --> 00:32:23,793 Non é o noso puto traballo. Non fagas ningunha parvada. 505 00:32:23,793 --> 00:32:25,459 - Volve xa. - 15 minutos. 506 00:32:25,459 --> 00:32:27,001 - En serio. - 15 minutos. 507 00:32:27,001 --> 00:32:28,834 Se non volvo chamar, búscame. 508 00:32:29,418 --> 00:32:32,043 John, escóitame. Estás...? 509 00:32:35,834 --> 00:32:37,418 Es insoportable. 510 00:33:08,043 --> 00:33:09,043 Corre. 511 00:33:25,376 --> 00:33:28,918 É unha parvada. Máis che vale que te maten despois de ignorarme. 512 00:33:28,918 --> 00:33:33,001 Perdón por dicir iso. Espero que non te maten. 513 00:33:48,418 --> 00:33:50,418 E vou de vermello? Puta moda. 514 00:33:50,418 --> 00:33:52,501 Puideches demostrar que nos comunicamos ben. 515 00:33:52,501 --> 00:33:54,168 Pasaches. Error. 516 00:33:54,168 --> 00:33:55,459 Perdón, contesta. 517 00:33:55,459 --> 00:33:57,501 Alerta! John Smith comezou a compartir a súa localización contigo. 518 00:34:08,334 --> 00:34:10,668 Pero que fas? Para! 519 00:34:52,251 --> 00:34:56,209 John! 520 00:35:02,001 --> 00:35:03,001 John! 521 00:35:06,543 --> 00:35:07,543 John! 522 00:35:07,543 --> 00:35:10,584 Vale, moi ben. John. 523 00:35:12,376 --> 00:35:15,876 Non pasa nada. Agora vas erguerte, vale? 524 00:35:15,876 --> 00:35:18,918 Un, dous, tres! 525 00:35:19,959 --> 00:35:21,418 Papá, volveu mamá. 526 00:35:26,084 --> 00:35:27,543 Estás ben? 527 00:35:28,376 --> 00:35:30,043 Ven aquí. 528 00:35:31,334 --> 00:35:32,543 Vale. 529 00:35:34,459 --> 00:35:35,668 Dixeches que non? 530 00:35:35,793 --> 00:35:37,126 Vouche preparar un baño. 531 00:35:37,126 --> 00:35:39,793 Dixeches que non! 532 00:35:39,793 --> 00:35:42,793 - Dixeches... - Gavol! Non dixen que non! 533 00:35:42,793 --> 00:35:45,459 - A ver, dixen que non, pero... - Oínte! 534 00:35:45,459 --> 00:35:48,084 Tiña as mans atadas, non as orellas! Oínte! 535 00:35:48,084 --> 00:35:52,126 - E facía un frío de carallo. - Gavol, xa o falamos! 536 00:35:52,126 --> 00:35:53,126 Xa o falamos. 537 00:35:53,126 --> 00:35:55,584 - Dixemos que se... - Si, xa o sei, 538 00:35:55,584 --> 00:35:58,043 pero o teu primeiro instinto foi matarme! 539 00:35:58,043 --> 00:35:59,043 Respira. 540 00:35:59,043 --> 00:36:04,043 Si, pero agora alégrome de que non esteas morta. 541 00:36:06,001 --> 00:36:07,334 Vállame Deus! 542 00:36:07,334 --> 00:36:10,584 Alégrome moito de que non morreses. 543 00:36:10,584 --> 00:36:12,668 - Notas os dedos? - Íanme matar! 544 00:36:12,668 --> 00:36:14,334 Chamaches a alguén? 545 00:36:14,334 --> 00:36:15,418 - Chamaches? - Merda. 546 00:36:17,168 --> 00:36:19,709 Por iso che dixen que volveses. 547 00:36:22,126 --> 00:36:23,126 Vale. 548 00:36:24,001 --> 00:36:26,293 É auga fría. Vanche doer, 549 00:36:26,293 --> 00:36:27,584 pero iso e bo, vale? 550 00:36:28,001 --> 00:36:29,834 O noso fillo. Pensaches nel? 551 00:36:29,834 --> 00:36:31,959 Non noto o pene. 552 00:36:32,751 --> 00:36:36,209 - O que? - Non noto o pene. 553 00:36:36,209 --> 00:36:39,084 Nunca tiven tanto medo na miña vida. 554 00:36:39,084 --> 00:36:40,168 O pene? 555 00:36:40,668 --> 00:36:41,751 Que? 556 00:36:43,334 --> 00:36:44,334 Vale. 557 00:36:49,251 --> 00:36:50,251 Algo? 558 00:36:51,668 --> 00:36:54,126 Quérote. Quérote! 559 00:36:59,293 --> 00:37:02,001 Non vas perder o pene. Prométocho, vale? 560 00:37:06,334 --> 00:37:10,043 Vas recibir moitas mensaxes miñas. Estaba cabreada. 561 00:37:12,668 --> 00:37:13,543 Notas algo? 562 00:37:18,376 --> 00:37:19,251 Escoita. 563 00:37:20,001 --> 00:37:23,793 Somos un equipo. Temos que escoitarnos o un ao outro. 564 00:37:23,793 --> 00:37:28,959 Non podes ir por libre así. E se fallamos outra vez? 565 00:37:31,543 --> 00:37:32,751 Algo? 566 00:37:33,501 --> 00:37:34,501 Pode que... 567 00:37:37,501 --> 00:37:40,959 Se pos a boca aí... 568 00:37:42,334 --> 00:37:44,751 - Maldito cabrón! - Aínda me doe. 569 00:37:44,751 --> 00:37:45,834 Aínda me doe. 570 00:37:47,626 --> 00:37:49,543 - Deus. - Comezou a doerme agora. 571 00:37:49,543 --> 00:37:50,501 Está ben. 572 00:38:01,084 --> 00:38:02,751 Impórtoche de verdade? 573 00:38:05,418 --> 00:38:06,418 Si. 574 00:38:07,334 --> 00:38:09,793 Impórtasme moito de verdade. 575 00:38:10,793 --> 00:38:12,043 E... 576 00:38:13,876 --> 00:38:17,584 - Ti tamén a min. - Non, pero... 577 00:38:20,209 --> 00:38:24,501 Impórtasme moitísimo, en serio. 578 00:38:38,168 --> 00:38:42,668 Tiñas que aceptar que me matasen para darte conta de que aínda me queres? 579 00:38:44,084 --> 00:38:47,584 Dito así soa raro, pero si. Foi así. 580 00:38:56,834 --> 00:38:58,293 Estas mensaxes. 581 00:38:59,043 --> 00:39:00,751 "Máis che vale que te maten." 582 00:39:02,418 --> 00:39:03,418 Si. Caramba. 583 00:39:04,501 --> 00:39:07,334 - Ameazas a todo o mundo. - Bórraos. 584 00:39:08,293 --> 00:39:11,001 A min, a unha pobre anciá... 585 00:39:11,376 --> 00:39:14,043 A misión rematou. Esquéceos. 586 00:39:14,793 --> 00:39:16,084 Non significan nada. 587 00:39:25,293 --> 00:39:26,293 Isto está ben. 588 00:39:28,584 --> 00:39:31,293 - Compartir cama ao final do día. - Si. 589 00:39:35,293 --> 00:39:36,876 Facémolo cando volvamos? 590 00:39:41,126 --> 00:39:43,001 - O que? - Compartir cuarto. 591 00:39:45,126 --> 00:39:46,126 En serio? 592 00:39:47,168 --> 00:39:50,209 - Ti queres? - Pareces un rato de debuxo animado. 593 00:39:50,751 --> 00:39:51,751 En serio? 594 00:39:53,751 --> 00:39:58,043 - Estou sorprendida. - Si. Fareino se ti queres. 595 00:39:58,751 --> 00:40:02,709 Pois si. Quero. Pero espero que ti tamén. 596 00:40:02,709 --> 00:40:04,501 Non o propoñería se non quixese. 597 00:40:04,501 --> 00:40:07,584 - Xenial. - Estupendo. 598 00:40:31,084 --> 00:40:33,709 - Estás ben? - Si. Vou dar un paseo. 599 00:40:34,959 --> 00:40:37,918 É que quero comer algo, teño fame. 600 00:40:39,084 --> 00:40:41,459 Podes tiralos aquí. 601 00:40:41,459 --> 00:40:44,584 Os peidos. 602 00:40:44,584 --> 00:40:46,793 De que falas? 603 00:40:47,334 --> 00:40:51,001 - O que tes que facer é tirar peidos. - Pero... Non vou tirar peidos. 604 00:40:51,001 --> 00:40:53,376 - Es... - Sei que tiraches o outro día. 605 00:40:54,001 --> 00:40:55,834 - Que? - Non dixen nada 606 00:40:55,834 --> 00:40:58,209 porque non quería... Dábache vergonza. 607 00:40:58,209 --> 00:41:01,376 - A min dáme igual. - Non botei ningún peido. Iso... 608 00:41:01,376 --> 00:41:03,376 - Ningún peido? - Que incómodo. 609 00:41:03,376 --> 00:41:05,668 - Estou... - Non pasa nada. Bótaos. 610 00:41:05,668 --> 00:41:07,626 - Non me importa. - Nin a min 611 00:41:07,626 --> 00:41:10,251 e non vou facelo. Nin o fixen. 612 00:41:12,918 --> 00:41:15,043 Vou quedar aquí. Non como e xa. 613 00:41:18,251 --> 00:41:19,459 Déixao saír. 614 00:41:19,459 --> 00:41:21,293 - Estás botando un? - Non. 615 00:41:27,959 --> 00:41:29,168 Vállame Deus! 616 00:41:30,001 --> 00:41:31,918 - Xesús. - Para. 617 00:41:33,793 --> 00:41:37,626 - Vou saltar pola ventá. - John, non é para tanto. Para! 618 00:41:38,084 --> 00:41:40,418 - Mi madriña, si, dáme máis. - Para! 619 00:41:40,876 --> 00:41:42,959 Teño que distraer o corpo. 620 00:43:19,876 --> 00:43:21,876 Subtítulos: Antía López Cando 621 00:43:21,876 --> 00:43:23,959 Supervisora creativa: Estefanía Prol Lusquiños