1 00:00:06,626 --> 00:00:08,543 Trouxeches a Max? É o teu gato? 2 00:00:08,543 --> 00:00:09,543 Si. 3 00:00:09,543 --> 00:00:13,001 E se dicimos algo bo que fai a vosa parella por vós? 4 00:00:13,001 --> 00:00:15,043 Sempre baixa a tapa do váter. 5 00:00:15,043 --> 00:00:17,418 Pasou algo no traballo? 6 00:00:18,293 --> 00:00:19,168 Que? 7 00:00:21,126 --> 00:00:22,376 Como está Jane? 8 00:00:22,376 --> 00:00:24,543 Non abandonarei a miña nai. 9 00:00:24,543 --> 00:00:26,668 Coido dela. Temos que falar. 10 00:00:26,668 --> 00:00:28,001 A que te dedicas? 11 00:00:28,001 --> 00:00:29,459 Enxeñeira de software. 12 00:00:30,418 --> 00:00:31,959 Non me gusta ese tipo. 13 00:00:31,959 --> 00:00:33,084 Iso ten nome. 14 00:00:33,084 --> 00:00:35,168 Tiveches unha aventura emocional. 15 00:00:35,168 --> 00:00:36,959 E seguramente te ía matar. 16 00:00:39,834 --> 00:00:43,126 {\an8}Imos volver fallar por queréreste sentir ben. 17 00:00:43,126 --> 00:00:44,501 MISIÓN INCOMPLETA: 3 ERROS. AGARDADE INSTRUCIÓNS. 18 00:00:44,501 --> 00:00:46,376 Que pasará se fracasamos? 19 00:00:46,376 --> 00:00:47,459 No matrimonio? 20 00:00:47,459 --> 00:00:48,543 Na misión. 21 00:00:51,751 --> 00:00:53,001 Estou farto. 22 00:02:10,709 --> 00:02:13,584 FINALIZADO! ACABA CO TEU SMITH. 23 00:03:04,751 --> 00:03:07,876 - Aquí ten. - Grazas. 24 00:03:16,876 --> 00:03:18,293 Ten boa pinta, ou? 25 00:03:22,293 --> 00:03:25,001 Merda. Non che dei de comer. 26 00:03:26,459 --> 00:03:29,459 Perdoa, Maxi. Deus. 27 00:03:30,459 --> 00:03:32,626 Sempre volvo a ti arrastrada. 28 00:03:39,584 --> 00:03:41,001 Merda. 29 00:03:41,959 --> 00:03:43,334 Isto vai ulir. 30 00:04:08,834 --> 00:04:09,668 Max. 31 00:04:11,168 --> 00:04:12,001 Max. 32 00:04:16,293 --> 00:04:17,168 Merda. 33 00:04:17,876 --> 00:04:19,043 Ai, Deus. 34 00:04:22,376 --> 00:04:24,293 Vale. 35 00:04:32,668 --> 00:04:35,126 Vou ter que volver amañar esta unlla. 36 00:04:35,126 --> 00:04:37,543 Debín deixala secar máis tempo. 37 00:04:39,918 --> 00:04:41,209 - Si. - Que é isto? 38 00:04:43,418 --> 00:04:45,668 - Non debes comelo. - Chocolate negro. 39 00:04:46,793 --> 00:04:48,501 Non che fai ningún ben. 40 00:04:48,501 --> 00:04:50,209 - Si. - Non é brócoli. 41 00:04:50,209 --> 00:04:52,418 Só como unha onciña cada noite. 42 00:04:53,668 --> 00:04:54,918 - Xa. - Si. 43 00:04:56,126 --> 00:04:58,668 E eu vinte comer un bagel enteiro onte. 44 00:04:58,668 --> 00:05:00,959 Si, pero é porque estou deprimido. 45 00:05:00,959 --> 00:05:02,126 Hai diferenza. 46 00:05:04,126 --> 00:05:05,918 - Vivir comigo deprime? - Non. 47 00:05:06,793 --> 00:05:08,168 Ti es a mellor parte. 48 00:05:11,459 --> 00:05:12,793 - Fillo. - Dime. 49 00:05:12,793 --> 00:05:13,793 Escoita. 50 00:05:14,543 --> 00:05:16,543 Todo vai ir ben, vale? 51 00:05:17,209 --> 00:05:18,709 Ti podes con isto, si? 52 00:05:18,709 --> 00:05:21,709 Ás veces parece que vai ser moi duro. 53 00:05:23,293 --> 00:05:24,334 - É... - Seino. 54 00:05:24,334 --> 00:05:26,209 E se vas a un psicólogo? 55 00:05:29,876 --> 00:05:31,626 Si, pensareino. 56 00:05:35,168 --> 00:05:37,209 - Tes chaves? - Si, teño. 57 00:05:38,834 --> 00:05:40,793 Porta principal aberta. 58 00:05:47,459 --> 00:05:49,459 - Deixaches a tapa subida? - Non. 59 00:05:50,293 --> 00:05:52,251 Non uso ese baño. 60 00:05:53,751 --> 00:05:56,001 Os váteres negros non son hixiénicos. 61 00:05:57,001 --> 00:05:58,376 Serías ti. 62 00:05:59,418 --> 00:06:01,084 Eu eduqueite ben. 63 00:06:01,084 --> 00:06:02,126 Si. 64 00:06:05,709 --> 00:06:08,376 E se vas ao salón de peiteado amañar as unllas? 65 00:06:10,001 --> 00:06:12,001 - Que pasa? - Nada, é que... 66 00:06:12,876 --> 00:06:14,084 Vou revisar isto. 67 00:06:14,084 --> 00:06:16,459 Non veñas ata que eu cho diga, vale? 68 00:06:16,459 --> 00:06:17,751 - Vale. - Moi ben. 69 00:06:17,751 --> 00:06:19,918 - Vémonos despois. Vale. - Si. Chao. 70 00:07:11,501 --> 00:07:13,168 Temos que falar. Agora. 71 00:07:15,543 --> 00:07:17,418 {\an8}Estou preto. 72 00:07:17,418 --> 00:07:21,084 {\an8}Xa imaxinaba. 73 00:07:29,001 --> 00:07:34,959 MUSEO DE ARTE ESTADOUNIDENSE WHITNEY EDIFICIO LEONARD A. LAUDER 74 00:08:47,876 --> 00:08:48,834 Provocador. 75 00:08:52,043 --> 00:08:55,043 O observador pode decidir se está soa ou solitaria. 76 00:08:58,168 --> 00:08:59,168 Bonitas cores. 77 00:09:00,001 --> 00:09:00,918 Que che dean. 78 00:09:04,084 --> 00:09:04,918 Desculpa? 79 00:09:09,001 --> 00:09:10,084 Mírame. 80 00:09:10,834 --> 00:09:11,668 Por que? 81 00:09:12,584 --> 00:09:13,418 Faino. 82 00:09:21,293 --> 00:09:23,168 Quero ver se hai remordemento. 83 00:09:26,793 --> 00:09:29,959 Non sei o que sentes agora, pero creme. 84 00:09:30,876 --> 00:09:32,251 Estou dez veces peor. 85 00:09:40,543 --> 00:09:42,168 Por iso me traes ata aquí? 86 00:09:43,126 --> 00:09:44,126 Para desprezarme? 87 00:09:48,418 --> 00:09:50,418 Es o home máis vil que coñecín. 88 00:09:54,043 --> 00:09:56,626 Porque non coñeciches ningún máis. 89 00:09:58,168 --> 00:09:59,001 Non é verdade. 90 00:10:01,959 --> 00:10:03,709 Que carallo significa iso? 91 00:10:05,168 --> 00:10:06,668 Si que coñecín homes. 92 00:10:12,626 --> 00:10:13,959 Fodiches co veciño? 93 00:10:15,293 --> 00:10:16,459 Di a verdade. 94 00:10:18,084 --> 00:10:19,459 Non quero falar aquí. 95 00:10:21,084 --> 00:10:22,334 Imos fóra. 96 00:10:25,459 --> 00:10:26,293 Si. 97 00:10:27,168 --> 00:10:28,209 Mellor. 98 00:11:47,543 --> 00:11:48,376 Hostia! 99 00:12:18,376 --> 00:12:19,209 Ei! 100 00:12:44,001 --> 00:12:45,126 Para! 101 00:12:50,501 --> 00:12:51,334 Quen son? 102 00:12:52,209 --> 00:12:53,376 Que? 103 00:12:54,209 --> 00:12:55,043 Es ti. 104 00:13:01,209 --> 00:13:02,209 Non fagas isto. 105 00:13:04,709 --> 00:13:06,418 Non fagas isto. 106 00:13:16,126 --> 00:13:16,959 Vamos. 107 00:13:20,418 --> 00:13:21,709 Deixádeme! 108 00:13:22,501 --> 00:13:23,334 Parade. 109 00:13:24,668 --> 00:13:26,501 Non pasa nada. É a miña muller. 110 00:13:27,584 --> 00:13:28,418 Puta tola. 111 00:13:28,418 --> 00:13:29,834 Que hostia dis ti? 112 00:13:36,209 --> 00:13:37,334 Ai, Deus! 113 00:13:50,126 --> 00:13:51,626 Ven aquí, fillo de puta. 114 00:14:02,626 --> 00:14:03,959 Toleou todo o mundo. 115 00:14:23,251 --> 00:14:26,626 Ten unha bomba! Correde! Correde todos! 116 00:14:47,918 --> 00:14:49,043 Jane! 117 00:15:15,543 --> 00:15:17,209 Quería dicir unha cousa. 118 00:15:18,084 --> 00:15:20,834 Despois de matarte, queimarei as túas cousas. 119 00:15:21,959 --> 00:15:25,209 Que pensaches ao principio cando me viches no ascensor? 120 00:15:25,209 --> 00:15:26,293 Dimo ti. 121 00:15:27,209 --> 00:15:29,834 Eras a rapaza solitaria máis guapa de todas. 122 00:15:32,084 --> 00:15:33,501 Por que me dis isto? 123 00:15:34,668 --> 00:15:38,001 Porque preciso saber se foi real, se sentiches o mesmo 124 00:15:38,001 --> 00:15:39,793 ou se todo foron mentiras. 125 00:15:42,876 --> 00:15:43,959 Pensei... 126 00:15:44,834 --> 00:15:48,418 que serías fácil de manipular como quixese. 127 00:15:48,418 --> 00:15:51,293 E unha merda. Só intentas facerme dano. 128 00:15:54,209 --> 00:15:55,876 Supoño que o fixen ben logo. 129 00:15:57,334 --> 00:15:58,168 Moi ben. 130 00:15:59,834 --> 00:16:01,001 Xa sei o que quería. 131 00:16:04,668 --> 00:16:05,501 Vale. 132 00:16:06,209 --> 00:16:07,376 Vale. Adeus. 133 00:16:49,709 --> 00:16:50,543 Estás ben? 134 00:16:54,209 --> 00:16:56,126 Ei, estás ben? 135 00:16:57,626 --> 00:16:58,751 Meu, estás ben? 136 00:17:00,084 --> 00:17:02,126 - Tes móbil? Chama a alguén. - Si. 137 00:17:02,126 --> 00:17:04,418 Oe, amodo, vai amodiño. 138 00:17:05,793 --> 00:17:07,251 Non te movas. 139 00:17:07,251 --> 00:17:08,543 Estou ben. 140 00:17:09,293 --> 00:17:12,251 Estou ben. Grazas. 141 00:17:29,876 --> 00:17:30,709 Merda! 142 00:17:37,001 --> 00:17:37,834 Ola. 143 00:17:50,918 --> 00:17:52,251 Que buscas aí? 144 00:17:55,001 --> 00:17:56,459 Nada. É que... 145 00:17:56,459 --> 00:17:58,501 Ven e senta. 146 00:18:03,501 --> 00:18:07,168 Axustei o aire acondicionado. Estaba moi frío isto. 147 00:18:07,751 --> 00:18:09,501 Quen é vostede? 148 00:18:10,293 --> 00:18:11,543 Son Denise. 149 00:18:12,334 --> 00:18:13,543 A nai de Michael. 150 00:18:15,668 --> 00:18:16,501 Michael... 151 00:18:21,126 --> 00:18:22,918 Denise, eu... 152 00:18:22,918 --> 00:18:25,043 Necesito estar un tempo soa. 153 00:18:26,251 --> 00:18:28,251 Tranquila, non vou quedar. 154 00:18:28,876 --> 00:18:29,876 Ven. Senta. 155 00:18:39,834 --> 00:18:40,668 Entón... 156 00:18:42,793 --> 00:18:44,126 ¿Veu... 157 00:18:44,126 --> 00:18:46,501 visitar a Jo... Michael 158 00:18:46,501 --> 00:18:48,334 desde Baltimore? 159 00:18:48,334 --> 00:18:50,251 Non. Agora vivo aquí. 160 00:18:51,001 --> 00:18:52,501 Non cho dixo? 161 00:18:54,209 --> 00:18:57,876 Si. Mudoume a Nova York hai dous meses. É moi bonito. 162 00:18:58,501 --> 00:19:00,584 A caseira é moi pesada, pero... 163 00:19:01,543 --> 00:19:03,418 non a vexo, logo tanto ten. 164 00:19:04,543 --> 00:19:07,543 Perdoe. Mandoulle Michael vir aquí? 165 00:19:07,543 --> 00:19:08,751 Non. 166 00:19:08,751 --> 00:19:10,084 Non sabe que vin. 167 00:19:10,959 --> 00:19:12,834 Teño chave de emerxencia. 168 00:19:12,834 --> 00:19:14,376 Entrei con ela. 169 00:19:15,709 --> 00:19:17,168 Iso tampouco cho dixo? 170 00:19:19,418 --> 00:19:20,334 Non. 171 00:19:26,709 --> 00:19:27,959 Merda! 172 00:19:30,584 --> 00:19:31,626 - Ola. - Ola. 173 00:19:32,376 --> 00:19:33,209 Vaites. 174 00:19:34,168 --> 00:19:35,626 - Tes... - Si. 175 00:19:36,918 --> 00:19:37,834 Que pasou? 176 00:19:40,251 --> 00:19:41,084 Pois... 177 00:19:42,376 --> 00:19:44,918 Caín do balcón. Caín. 178 00:19:44,918 --> 00:19:46,334 De cabeza. 179 00:19:47,459 --> 00:19:49,626 Si. Vaia loucura. 180 00:19:49,626 --> 00:19:50,834 Puiden morrer. 181 00:19:51,793 --> 00:19:53,251 Santo ceo. Estás ben? 182 00:19:53,251 --> 00:19:54,543 Si. 183 00:19:54,543 --> 00:19:55,751 Estou ben. Si. 184 00:19:55,751 --> 00:19:58,126 Pero perdín as chaves. 185 00:19:59,043 --> 00:20:00,668 Caeron no sumidoiro. 186 00:20:01,334 --> 00:20:02,751 E non podo entrar. 187 00:20:03,376 --> 00:20:06,376 Creo que deixei aberta a porta de atrás. 188 00:20:06,376 --> 00:20:08,959 Podo entrar pola túa casa e...? 189 00:20:08,959 --> 00:20:11,001 - Claro. - Vale. 190 00:20:11,001 --> 00:20:13,376 Si, tes que atravesar a casa. 191 00:20:13,376 --> 00:20:14,876 Si, pero paso rápido. 192 00:20:14,876 --> 00:20:16,834 - Vale. - Moi rápido. É Poeta? 193 00:20:16,834 --> 00:20:17,751 Si, saúda. 194 00:20:17,751 --> 00:20:19,918 - Por favor... - Encantado, amigo. 195 00:20:19,918 --> 00:20:21,501 Non sei se llo dixo... 196 00:20:21,501 --> 00:20:24,084 Imos separarnos. 197 00:20:24,084 --> 00:20:26,251 Xa o sei. Non son cega. 198 00:20:26,251 --> 00:20:28,418 Cres que veño aquí por diversión? 199 00:20:29,501 --> 00:20:31,876 Non. Perdoe. 200 00:20:33,293 --> 00:20:36,959 Escoita, Michael só necesita saber... 201 00:20:38,334 --> 00:20:39,418 que o queres. 202 00:20:39,418 --> 00:20:43,626 Sempre foi un neno moi dependente e... 203 00:20:43,626 --> 00:20:47,834 sempre tiña que terme ao alcance e tiña que estar comigo. 204 00:20:47,834 --> 00:20:50,626 Poñíao no seu asento e levábao ao baño 205 00:20:50,626 --> 00:20:52,459 mentres me duchaba pola mañá. 206 00:20:54,168 --> 00:20:56,501 O que descubrín del 207 00:20:56,501 --> 00:21:00,126 é que necesita seguridade. 208 00:21:00,126 --> 00:21:01,793 Cando se sinta seguro, 209 00:21:02,459 --> 00:21:04,251 será Michael. 210 00:21:04,251 --> 00:21:06,751 Se non, será 211 00:21:06,751 --> 00:21:09,668 quen ti queiras que sexa. 212 00:21:11,126 --> 00:21:13,834 Antes de divorciarvos, 213 00:21:13,834 --> 00:21:16,751 tes que saber de que Michael te separas. 214 00:21:19,084 --> 00:21:20,668 Que di Michael de min? 215 00:21:21,793 --> 00:21:24,126 Só di cousas boas de ti. 216 00:21:24,918 --> 00:21:28,293 Eu calo moi ben a xente 217 00:21:28,293 --> 00:21:30,793 - e pareces fría. - Coido que... 218 00:21:31,459 --> 00:21:33,376 non dou moita seguridade. 219 00:21:33,376 --> 00:21:37,043 Penso que aparto a xente e por iso estamos tan lonxe. 220 00:21:38,209 --> 00:21:40,084 Non debemos estar xuntos. 221 00:21:40,084 --> 00:21:41,126 Pode ser. 222 00:21:42,501 --> 00:21:45,209 Pero Michael entende a xente complicada. 223 00:21:47,543 --> 00:21:49,376 Aquí hai moitos outros riscos. 224 00:21:50,668 --> 00:21:51,501 Hai embarazo? 225 00:21:52,709 --> 00:21:53,834 Non. 226 00:21:53,834 --> 00:21:56,001 Entón non hai tantos riscos. 227 00:22:05,459 --> 00:22:06,543 É unha pena. 228 00:22:08,001 --> 00:22:10,084 Parece que tedes unha boa vida. 229 00:22:18,793 --> 00:22:20,543 Non quero molestar. 230 00:22:21,293 --> 00:22:22,126 Para nada. 231 00:22:22,126 --> 00:22:24,126 Déixasme unha toalla? 232 00:22:24,126 --> 00:22:26,334 - Por non manchar todo. - Claro. 233 00:22:26,334 --> 00:22:27,709 - Agarda. - Grazas. 234 00:22:29,334 --> 00:22:31,043 Que casa tan bonita tes. 235 00:22:31,043 --> 00:22:32,126 Está a muller? 236 00:22:33,209 --> 00:22:34,043 Grazas. 237 00:22:34,626 --> 00:22:36,251 Non tan bonita coma a túa. 238 00:22:36,251 --> 00:22:39,126 Os azulexos verdes da cociña son... 239 00:22:41,418 --> 00:22:42,626 Entraches na casa? 240 00:22:43,709 --> 00:22:45,251 Algunha vez con Jane. 241 00:22:46,251 --> 00:22:47,334 Deixeille un libro. 242 00:22:53,084 --> 00:22:54,418 Xa... 243 00:22:55,751 --> 00:22:57,418 Que máis sabes de Jane? 244 00:22:59,209 --> 00:23:00,501 Non moito. É... 245 00:23:01,293 --> 00:23:03,251 bastante misteriosa, coma ti. 246 00:23:03,251 --> 00:23:04,293 Grazas. 247 00:23:05,126 --> 00:23:06,918 Todos falan de vós. 248 00:23:09,001 --> 00:23:09,834 "Todos"? 249 00:23:10,501 --> 00:23:11,501 Os veciños. 250 00:23:14,543 --> 00:23:15,501 Imos ao balcón. 251 00:23:16,334 --> 00:23:19,501 Si, é que... non me atopo moi ben. 252 00:23:20,793 --> 00:23:23,418 Vállame Deus. Podo sentar? 253 00:23:23,418 --> 00:23:26,084 - Si, senta. - Si, grazas. E... 254 00:23:27,126 --> 00:23:28,543 Tío, dásme auga? 255 00:23:29,459 --> 00:23:30,834 Auga. Algo máis? 256 00:23:31,626 --> 00:23:33,418 Xeo. Algo de xeo iríame ben. 257 00:23:33,418 --> 00:23:34,876 Auga e xeo. 258 00:23:35,501 --> 00:23:36,334 Si. 259 00:23:36,334 --> 00:23:37,668 Agora veño. Agarda. 260 00:23:42,501 --> 00:23:44,501 E non teño muller, por certo. 261 00:23:45,418 --> 00:23:46,584 Separámonos. 262 00:23:47,626 --> 00:23:48,668 Foi moi raro. 263 00:23:50,084 --> 00:23:51,043 Si? 264 00:23:51,043 --> 00:23:53,084 Si. Aínda non o entendo ben. 265 00:23:56,334 --> 00:23:57,834 Podo ir ao baño? 266 00:23:59,168 --> 00:24:01,126 Claro. Hai un arriba. 267 00:24:01,126 --> 00:24:02,501 Non vaias abaixo. 268 00:24:03,834 --> 00:24:05,584 Abaixo non hai. 269 00:24:06,626 --> 00:24:08,084 Oe, coñeces a Anthony? 270 00:24:08,876 --> 00:24:11,043 Vive en fronte. É médico. 271 00:24:12,793 --> 00:24:14,376 Se queres, podo chamalo. 272 00:24:14,959 --> 00:24:18,126 Así bótache un ollo no vulto que tes na cabeza. 273 00:24:18,126 --> 00:24:19,626 VER PROPIEDADE 274 00:24:49,959 --> 00:24:51,834 Non podías ver isto. 275 00:24:57,209 --> 00:24:58,043 Non... 276 00:24:59,709 --> 00:25:00,543 te movas. 277 00:25:02,501 --> 00:25:03,334 Non me movo. 278 00:25:05,959 --> 00:25:06,918 Quen es? 279 00:25:08,668 --> 00:25:09,959 Para quen traballas? 280 00:25:13,501 --> 00:25:15,709 Chámome Harris Materbach. 281 00:25:16,959 --> 00:25:18,168 Son axente... 282 00:25:19,501 --> 00:25:20,584 de Sotheby's. 283 00:25:21,959 --> 00:25:23,001 Sotheby's é 284 00:25:24,334 --> 00:25:26,918 algún tipo de contraintelixencia? 285 00:25:27,584 --> 00:25:30,751 É unha división da CIA que...? 286 00:25:34,043 --> 00:25:35,043 Es Hihi? 287 00:25:37,251 --> 00:25:38,501 Es Hihi? 288 00:25:38,501 --> 00:25:40,459 Non sei de que falas. 289 00:25:44,876 --> 00:25:46,126 Con quen traballas? 290 00:25:47,251 --> 00:25:48,084 Dimo. 291 00:25:50,251 --> 00:25:51,334 Ou mátote. 292 00:25:51,334 --> 00:25:53,168 Sotheby's é unha inmobiliaria. 293 00:25:53,168 --> 00:25:55,918 Son analista inmobiliario. Queren a vosa casa. 294 00:25:57,543 --> 00:25:59,918 É incrible que vos deixasen facela. 295 00:26:00,543 --> 00:26:02,418 Non hai rexistros das licenzas. 296 00:26:02,418 --> 00:26:06,001 Combinastes dúas casas de arenito nunha residencia. 297 00:26:06,001 --> 00:26:07,418 O garaxe e a piscina, 298 00:26:07,418 --> 00:26:09,834 só iso, xa custa máis de 25 millóns, 299 00:26:09,834 --> 00:26:11,876 se é que o permite o concello. 300 00:26:11,876 --> 00:26:14,043 Iso co soldo de dous enxeñeiros. 301 00:26:14,043 --> 00:26:15,084 Non ten sentido. 302 00:26:16,251 --> 00:26:18,168 Os únicos que fan algo así 303 00:26:18,168 --> 00:26:20,209 son oligarcas rusos ou xeques 304 00:26:20,209 --> 00:26:22,751 e, a dicir verdade, ningún tería gusto 305 00:26:22,751 --> 00:26:24,834 para algo tan bo coma a vosa casa. 306 00:26:24,834 --> 00:26:25,918 É unha xoia. 307 00:26:26,668 --> 00:26:28,126 É o meu Moby Dick. 308 00:26:36,543 --> 00:26:37,751 Non me mates. 309 00:26:43,251 --> 00:26:45,626 Coqueteaches con Jane porque che gusta 310 00:26:46,501 --> 00:26:47,918 ou pola nosa casa? 311 00:26:50,209 --> 00:26:52,876 Queres que me guste? 312 00:27:01,293 --> 00:27:02,126 Síntoo. 313 00:27:02,959 --> 00:27:03,793 Perdoa. 314 00:27:05,209 --> 00:27:06,293 Incrible. 315 00:27:07,209 --> 00:27:08,209 Incrible. 316 00:27:10,501 --> 00:27:11,334 Non pasa nada. 317 00:27:27,334 --> 00:27:28,501 Queres? 318 00:27:28,501 --> 00:27:29,918 Si. 319 00:27:33,584 --> 00:27:36,209 Pasouvos algo a Jane e a ti? 320 00:27:36,209 --> 00:27:37,376 Si, algo así. 321 00:27:41,751 --> 00:27:43,793 O meu divorcio volveume tolo. 322 00:27:44,501 --> 00:27:45,793 Si, algo dixeches. 323 00:27:45,793 --> 00:27:47,251 É máis complicado. 324 00:27:51,084 --> 00:27:52,793 Se queres un consello, 325 00:27:52,793 --> 00:27:55,834 o traballo, a vida, os cartos e o amor 326 00:27:55,834 --> 00:27:57,793 son parte dun proxecto. 327 00:27:59,209 --> 00:28:02,459 O matrimonio é coma unha casa. Podes cambiar de gusto. 328 00:28:04,251 --> 00:28:06,168 Ou pode que nunca che gustase. 329 00:28:09,876 --> 00:28:11,376 Non quero a miña ex. 330 00:28:14,084 --> 00:28:17,251 Pero non é mellor estar só. 331 00:28:22,001 --> 00:28:23,084 Non me gusta ler. 332 00:28:25,709 --> 00:28:26,626 A ela si. 333 00:28:27,584 --> 00:28:28,876 A min non. 334 00:28:32,293 --> 00:28:33,418 Tanto ten. 335 00:28:35,709 --> 00:28:36,918 Empeza a ler, tío. 336 00:28:42,501 --> 00:28:43,876 Liches O profeta? 337 00:28:48,334 --> 00:28:49,543 Podo deixarcho. 338 00:28:53,543 --> 00:28:54,376 Si, grazas. 339 00:28:57,251 --> 00:28:58,334 Grazas pola bebida. 340 00:30:40,001 --> 00:30:40,834 Hostia! 341 00:30:42,918 --> 00:30:44,751 Mentes moi mal. 342 00:31:12,543 --> 00:31:13,626 Foi un día duro. 343 00:31:14,293 --> 00:31:15,626 Éche o último. 344 00:31:18,126 --> 00:31:19,251 Moi ben. 345 00:31:20,918 --> 00:31:21,793 Vale, amor. 346 00:31:41,668 --> 00:31:42,834 Rula? 347 00:31:55,751 --> 00:31:56,584 Ruliña? 348 00:32:03,543 --> 00:32:04,376 Amor? 349 00:32:14,584 --> 00:32:15,501 Estás viva? 350 00:32:16,376 --> 00:32:17,209 Si. 351 00:32:36,918 --> 00:32:39,834 Tes que ter coidado. Está mollado. 352 00:32:42,126 --> 00:32:44,751 Vas esnaquizar isto caro que mercaches. 353 00:32:44,751 --> 00:32:45,751 Xa, a ver... 354 00:32:46,709 --> 00:32:49,959 Ti non deberías dispararlles aos azulexos italianos. 355 00:33:29,001 --> 00:33:31,459 Un libro que nunca lerás, papón! 356 00:33:36,584 --> 00:33:38,709 Jane, respira. Jane! 357 00:33:43,751 --> 00:33:44,709 Solta. 358 00:33:46,209 --> 00:33:47,584 Non me deas ordes. 359 00:34:05,543 --> 00:34:06,834 Estás coma unha cabra. 360 00:34:19,793 --> 00:34:20,626 Acouga... 361 00:34:21,876 --> 00:34:22,876 xa. 362 00:34:24,543 --> 00:34:25,376 Estou ben. 363 00:34:39,543 --> 00:34:41,084 Temos... 364 00:34:41,668 --> 00:34:43,459 que falar. 365 00:34:47,376 --> 00:34:49,251 Sempre es ti o centro. 366 00:34:56,293 --> 00:34:57,251 Para... 367 00:35:29,501 --> 00:35:31,293 Non me deas nos collóns. 368 00:35:34,626 --> 00:35:35,459 Es un... 369 00:35:55,459 --> 00:35:58,043 Non... fagas iso. 370 00:36:01,084 --> 00:36:02,293 Non o fagas. 371 00:36:48,584 --> 00:36:49,501 Que fas? 372 00:36:54,126 --> 00:36:54,959 John. 373 00:36:57,959 --> 00:37:01,751 Non. Non fagas iso. 374 00:37:01,751 --> 00:37:03,501 Non o fagas. 375 00:37:55,043 --> 00:37:55,876 Non! 376 00:38:02,084 --> 00:38:03,418 Ódiote! 377 00:38:04,334 --> 00:38:05,626 Ódiote! 378 00:38:08,709 --> 00:38:09,584 E eu a ti. 379 00:38:23,876 --> 00:38:25,584 Que me fai isto? 380 00:38:25,584 --> 00:38:27,543 Faite ser sincera. 381 00:38:29,043 --> 00:38:30,543 Nunca fuches sincera. 382 00:38:31,459 --> 00:38:32,293 Nunca. 383 00:38:33,251 --> 00:38:34,501 Si que fun. 384 00:38:35,168 --> 00:38:38,043 Que non me entendas non é que non sexa sincera. 385 00:38:38,043 --> 00:38:39,459 E unha merda! 386 00:38:40,126 --> 00:38:44,376 E unha merda! Todos temos que poñer un filtro ao que ti dis 387 00:38:44,376 --> 00:38:45,751 para liberarte a ti. 388 00:38:46,376 --> 00:38:47,543 Iso é inxusto! 389 00:38:48,251 --> 00:38:49,293 Vállame Deus! 390 00:38:51,793 --> 00:38:55,959 Todos os que te coñecen pensan que es un pobre parviño. 391 00:38:58,584 --> 00:39:00,418 Por que non es competente? 392 00:39:03,043 --> 00:39:05,584 Chegaches a quererme? 393 00:39:07,501 --> 00:39:08,334 Si. 394 00:39:09,918 --> 00:39:11,209 Quíxente, si. 395 00:39:12,168 --> 00:39:13,084 Si. 396 00:39:18,668 --> 00:39:19,501 Vaites. 397 00:39:21,626 --> 00:39:24,001 - Non parece real. - Si, está moi ben. 398 00:39:24,834 --> 00:39:27,876 Creo que teño un dedo roto, pero... 399 00:39:29,293 --> 00:39:31,876 Parece que teño sexo na man. 400 00:39:33,834 --> 00:39:35,293 Eu téñoo na columna. 401 00:39:38,126 --> 00:39:38,959 Sinto como... 402 00:39:40,126 --> 00:39:41,626 abrazos por dentro... 403 00:39:42,418 --> 00:39:45,459 do meu corpo e como unha abella facendo... 404 00:39:58,834 --> 00:40:01,543 Non pasei o exame psicolóxico 405 00:40:02,251 --> 00:40:05,709 da CIA por mor das miñas "tendencias sociopáticas". 406 00:40:06,876 --> 00:40:09,126 Non quería contarcho. 407 00:40:09,126 --> 00:40:11,001 Es unha sociópata? 408 00:40:12,584 --> 00:40:15,418 Teño un tarro na mesa e poño unha bóla dentro 409 00:40:15,418 --> 00:40:17,793 cada vez que fago algo sociópata. 410 00:40:18,376 --> 00:40:20,168 Cantas bólas hai? 411 00:40:20,168 --> 00:40:21,209 Levo 78. 412 00:40:21,876 --> 00:40:23,918 Hostia. Non quería dicircho. 413 00:40:27,668 --> 00:40:29,251 Parézoche unha sociópata? 414 00:40:32,126 --> 00:40:33,959 Parécesme xaponesa. 415 00:40:34,709 --> 00:40:37,543 Nos EUA. E muller. Creo que te... 416 00:40:39,043 --> 00:40:40,001 esixes... 417 00:40:40,751 --> 00:40:41,834 demasiado. 418 00:40:42,251 --> 00:40:44,501 Non era "branca" para ti? 419 00:40:44,501 --> 00:40:45,501 Si. 420 00:40:46,751 --> 00:40:49,584 Díxeno para fastidiar. A min fastídiame. 421 00:40:49,584 --> 00:40:52,001 A min tamén me fastidia. 422 00:40:52,001 --> 00:40:53,501 Non o volverei dicir. 423 00:40:53,501 --> 00:40:54,584 Sabes o que? 424 00:40:55,751 --> 00:40:59,418 Cando dis que son xaponesa, síntome relacionada con meu pai. 425 00:41:01,251 --> 00:41:02,418 E non me gusta. 426 00:41:04,418 --> 00:41:06,584 Xúlgasme por non falar con el. 427 00:41:10,043 --> 00:41:10,876 Si. 428 00:41:12,293 --> 00:41:13,376 Pois eu tamén. 429 00:41:15,168 --> 00:41:16,918 Pero non quere coñecerme. 430 00:41:18,501 --> 00:41:21,251 Sabes o que lle fai iso a unha muller? 431 00:41:21,251 --> 00:41:23,668 Aféctalle. 432 00:41:27,418 --> 00:41:29,834 A min botáronme da mariña. 433 00:41:31,168 --> 00:41:33,043 Si? E logo? 434 00:41:34,084 --> 00:41:37,001 Por matar a alguén que non debías? 435 00:41:37,001 --> 00:41:38,251 Non. 436 00:41:40,043 --> 00:41:40,876 Non. 437 00:41:41,876 --> 00:41:43,043 Pola asma. 438 00:41:45,501 --> 00:41:47,834 Iso non é culpa túa, John. 439 00:41:47,834 --> 00:41:51,376 Pois eu creo que si. Faime sentir menos home. 440 00:41:55,751 --> 00:41:57,126 Eu penso iso. 441 00:41:57,918 --> 00:41:58,751 Xa. 442 00:42:02,501 --> 00:42:04,334 Avergónzate ter asma? 443 00:42:05,084 --> 00:42:06,168 Avergónzame... 444 00:42:07,168 --> 00:42:10,126 que sexa máis ansiedade que asma. 445 00:42:18,834 --> 00:42:19,876 Por que... 446 00:42:23,001 --> 00:42:24,876 non me deixaches quererte? 447 00:42:25,751 --> 00:42:28,293 Porque non necesito seguridade para o amor. 448 00:42:28,293 --> 00:42:30,043 Non son coma ti. 449 00:42:31,376 --> 00:42:32,293 Gústame... 450 00:42:33,001 --> 00:42:36,001 cando tes celos porque fale co veciño sexy. 451 00:42:38,084 --> 00:42:39,376 Gústanche os celos? 452 00:42:40,001 --> 00:42:40,834 Si. 453 00:42:41,501 --> 00:42:44,501 Tívenos cando te deitaches cos dous obxectivos. 454 00:42:46,043 --> 00:42:49,751 Non me deitei con ningún obxectivo. 455 00:42:49,751 --> 00:42:51,793 Díxencho por fastidiar. 456 00:42:51,793 --> 00:42:54,584 Pois conseguíchelo. 457 00:42:55,459 --> 00:42:56,543 E moito. 458 00:42:56,543 --> 00:42:59,459 Doeume que quixeses deitarte con Bev. 459 00:43:02,418 --> 00:43:04,751 Iso doe moitísimo. 460 00:43:05,751 --> 00:43:06,668 Finxín. 461 00:43:07,793 --> 00:43:08,834 É mentira. 462 00:43:09,918 --> 00:43:11,626 Si, pero é triste. 463 00:43:13,418 --> 00:43:14,501 A tristeza é real. 464 00:43:16,793 --> 00:43:18,376 Que te pon triste? 465 00:43:19,126 --> 00:43:21,293 O corpo de miña nai cando morreu. 466 00:43:23,334 --> 00:43:25,668 Nun terrible accidente de coche. 467 00:43:26,584 --> 00:43:27,418 Si. 468 00:43:28,334 --> 00:43:30,543 Non puidemos poñer o ataúde aberto. 469 00:43:32,876 --> 00:43:34,584 Que te pon triste a ti? 470 00:43:36,459 --> 00:43:38,459 Non poder compensar a meu pai. 471 00:43:41,084 --> 00:43:43,459 Nin tampouco a miña avoa. 472 00:43:44,626 --> 00:43:46,293 Como queres compensalos? 473 00:43:47,501 --> 00:43:48,834 Con nenos. 474 00:43:53,876 --> 00:43:55,709 Quero ter fillos máis ca nada. 475 00:44:00,876 --> 00:44:02,626 Terías fillos comigo 476 00:44:03,501 --> 00:44:05,334 aínda que sexa unha sociópata? 477 00:44:06,959 --> 00:44:09,626 ¿Es exactamente como agora, 478 00:44:10,626 --> 00:44:12,793 pero sociópata? 479 00:44:12,793 --> 00:44:13,751 Si. 480 00:44:15,584 --> 00:44:17,084 Pois logo si. Agora mesmo. 481 00:44:18,543 --> 00:44:20,418 Fasme moi feliz. 482 00:44:23,834 --> 00:44:26,834 Puiden dispararche nas escaleiras. 483 00:44:27,709 --> 00:44:30,709 Eu puiden facelo tres veces na cociña. 484 00:44:32,459 --> 00:44:33,543 Este soro... 485 00:44:34,834 --> 00:44:36,418 ten moito efecto. 486 00:44:43,668 --> 00:44:45,584 Encántame que te rías de ti. 487 00:44:45,584 --> 00:44:47,876 - Eu ódioo. - A min encántame. 488 00:44:47,876 --> 00:44:49,209 Odio a miña risa. 489 00:44:49,209 --> 00:44:52,668 Sempre dis: "Tes risa de robot." 490 00:44:52,668 --> 00:44:53,584 E ti... 491 00:44:56,584 --> 00:44:57,668 Para. 492 00:45:00,793 --> 00:45:02,001 Non podo. 493 00:45:05,543 --> 00:45:06,793 Non podo parar. 494 00:45:19,501 --> 00:45:20,793 Encántame o teu olor. 495 00:45:21,459 --> 00:45:22,751 Eu odio o meu olor. 496 00:45:22,751 --> 00:45:24,459 - Podo ulirche o colo? - Non. 497 00:45:25,209 --> 00:45:27,126 - Queres que o faga igual? - Si. 498 00:45:27,126 --> 00:45:28,293 - Vale. - Si. 499 00:45:54,168 --> 00:45:58,001 Odio que baixes a voz cando queres encandear. 500 00:46:00,168 --> 00:46:01,293 Eu odio que... 501 00:46:02,334 --> 00:46:05,334 imites a outros cando queres impresionar. 502 00:46:08,376 --> 00:46:10,709 E encántame que non o fagas comigo. 503 00:46:13,751 --> 00:46:15,334 Gústame que me mires. 504 00:46:25,626 --> 00:46:26,459 Eu... 505 00:46:27,418 --> 00:46:28,834 Eu adoro as túas fazulas. 506 00:46:30,626 --> 00:46:32,793 Son coma tortas. Quero comelas. 507 00:46:37,043 --> 00:46:38,126 A min o teu nariz. 508 00:46:38,751 --> 00:46:40,584 Ten unha coviña. 509 00:46:41,459 --> 00:46:42,501 Parece dun león. 510 00:46:44,543 --> 00:46:46,668 Quero comerche o nariz. 511 00:46:47,751 --> 00:46:49,334 Por que mataches a Max? 512 00:46:53,043 --> 00:46:54,209 Non matei a Max. 513 00:46:56,126 --> 00:46:58,876 Cando me disparaches, décheslle a el. 514 00:47:00,543 --> 00:47:02,751 - Por que querías matarme? - Non fun eu. 515 00:47:05,209 --> 00:47:06,334 Odio ese gato. 516 00:47:07,834 --> 00:47:10,043 Non quería matarte. Nin a Max. 517 00:47:12,084 --> 00:47:14,959 Pero ti si que querías matarme a min. 518 00:47:14,959 --> 00:47:16,626 A min e a miña nai. 519 00:47:16,626 --> 00:47:17,668 Non é certo. 520 00:47:20,168 --> 00:47:21,334 Fun á súa casa. 521 00:47:22,209 --> 00:47:24,084 - Había unha trampa. - Non. 522 00:47:25,709 --> 00:47:26,876 Non fun eu. 523 00:47:28,334 --> 00:47:29,834 E quen foi? 524 00:47:31,209 --> 00:47:32,126 Ola? 525 00:47:32,126 --> 00:47:34,168 - Ola? - Ola? 526 00:47:34,168 --> 00:47:35,293 - Vaites. - Si. 527 00:47:35,293 --> 00:47:36,876 - Vaia cristo. - Vaites. 528 00:47:37,918 --> 00:47:38,751 Arre demo. 529 00:47:44,793 --> 00:47:47,084 - Sodes uns festeiros. - Usastes 530 00:47:47,084 --> 00:47:49,084 todas as pistolas aquí. 531 00:47:49,084 --> 00:47:51,334 Eu agardaba atopar dous cadáveres. 532 00:47:53,668 --> 00:47:55,376 Como entrastes? 533 00:47:55,376 --> 00:47:56,959 O Súper. Si. 534 00:47:56,959 --> 00:47:58,376 Deunos a chave. 535 00:47:59,626 --> 00:48:01,043 Xa sei o que pensades. 536 00:48:02,084 --> 00:48:03,334 Non esaxeredes. 537 00:48:04,626 --> 00:48:05,793 Levantade as mans. 538 00:48:05,793 --> 00:48:07,834 Si, a ver, espera. 539 00:48:07,834 --> 00:48:10,084 Rapaces, e se sentamos? 540 00:48:10,084 --> 00:48:12,501 - Así é mellor, ou? - Vale. Si. 541 00:48:12,501 --> 00:48:14,209 - Vale. - Veña, sentade. 542 00:48:15,084 --> 00:48:17,126 - Vamos. - Si, imos sentar. 543 00:48:18,876 --> 00:48:20,293 Tomades algo? 544 00:48:20,293 --> 00:48:22,209 Non. Temos soro da verdade. 545 00:48:22,209 --> 00:48:23,251 Si que quero. 546 00:48:23,251 --> 00:48:24,501 Intelixente. 547 00:48:25,126 --> 00:48:27,043 - Inxectástesvos o soro? - Si. 548 00:48:28,793 --> 00:48:29,876 Ides armados? 549 00:48:31,709 --> 00:48:32,543 - Non. - Non. 550 00:48:33,918 --> 00:48:35,876 Hai armas cargadas na casa? 551 00:48:35,876 --> 00:48:36,918 Si. 552 00:48:36,918 --> 00:48:38,793 - Hai unha no conxelador. - E... 553 00:48:38,793 --> 00:48:41,334 - Outra no oco da escaleira. - ...no lixo. 554 00:48:41,334 --> 00:48:44,084 - Detrás do sofá. - Creo que xa. 555 00:48:44,084 --> 00:48:46,084 - Usamos o resto. - Usamos moitas. 556 00:48:46,084 --> 00:48:47,084 Que raro. 557 00:48:49,334 --> 00:48:52,751 Acabamos con moitos Smith. 558 00:48:52,751 --> 00:48:55,459 Pero nunca co soro da verdade. 559 00:48:55,459 --> 00:48:57,209 Que significa "acabar"? 560 00:48:57,209 --> 00:48:59,126 É cando matas outros Smith. 561 00:49:00,376 --> 00:49:02,084 Chámanlle "acabar". 562 00:49:04,209 --> 00:49:06,084 Cada canto o facedes? 563 00:49:06,084 --> 00:49:07,168 Só facemos iso. 564 00:49:09,001 --> 00:49:11,793 Que ía ser se non o "risco extremo"? 565 00:49:13,084 --> 00:49:15,376 - Risco extremo... - Matar outros Smith. 566 00:49:15,376 --> 00:49:16,876 Matar outros Smith? 567 00:49:17,501 --> 00:49:18,459 - Si. - Exacto. 568 00:49:19,459 --> 00:49:20,501 É o peor. 569 00:49:20,501 --> 00:49:23,168 - Caéstesnos moi ben. - Si. 570 00:49:23,751 --> 00:49:24,709 Divertidos. 571 00:49:25,251 --> 00:49:26,418 - Grazas. - Grazas. 572 00:49:26,418 --> 00:49:29,043 Vós caéstesnos ben. Verdade? 573 00:49:29,043 --> 00:49:30,126 Pero logo non. 574 00:49:30,834 --> 00:49:32,251 Ao final. 575 00:49:33,959 --> 00:49:36,334 O rapaz do Salvador, que...? 576 00:49:36,918 --> 00:49:38,209 Un Smith. 577 00:49:38,209 --> 00:49:39,334 Era un Smith. 578 00:49:41,043 --> 00:49:43,959 Todo o mundo quere 579 00:49:43,959 --> 00:49:46,126 coller un descanso disto e... 580 00:49:48,001 --> 00:49:49,543 é unha parvada. 581 00:49:49,543 --> 00:49:52,084 Si. Canto máis te rendes ao Súper... 582 00:49:52,084 --> 00:49:53,001 Si. 583 00:49:53,001 --> 00:49:54,668 Canta máis fe... 584 00:49:54,668 --> 00:49:56,668 - Máis sinxelo é todo. - Si. 585 00:49:56,668 --> 00:50:00,418 Por que falades del coma se fose un deus? 586 00:50:01,126 --> 00:50:02,001 Porque o é. 587 00:50:04,959 --> 00:50:06,918 Como souben onde atoparvos? 588 00:50:07,918 --> 00:50:09,293 Non foi coincidencia. 589 00:50:09,876 --> 00:50:12,959 Mercado agrícola. Posto de zumes. Ás 11:52. 590 00:50:14,209 --> 00:50:15,084 Nunca erra. 591 00:50:15,709 --> 00:50:18,668 Sabe o que ides facer antes de que o fagades. 592 00:50:20,459 --> 00:50:24,209 Sabía onde iades ir antes de que o soubésedes vós. 593 00:50:24,209 --> 00:50:26,918 Coñecíanos a todos antes de ser Smith. 594 00:50:27,793 --> 00:50:31,418 As cousas que sabe, o que nos conta... 595 00:50:31,418 --> 00:50:33,626 - É incrible. - É coma... 596 00:50:33,626 --> 00:50:36,459 Fas o que che manda facer 597 00:50:36,459 --> 00:50:39,918 e recibes como premio o regalo do presente. 598 00:50:39,918 --> 00:50:42,126 O futuro non está garantido. 599 00:50:42,126 --> 00:50:43,293 Amén. 600 00:50:45,584 --> 00:50:47,043 Merda. 601 00:50:49,751 --> 00:50:50,626 Merda! 602 00:50:51,209 --> 00:50:53,376 Hostia puta! Estou cego! 603 00:50:53,376 --> 00:50:55,251 Hostia puta! 604 00:50:55,918 --> 00:50:57,126 O meu ollo! 605 00:50:57,293 --> 00:50:59,376 Pero que carallo pasou? 606 00:50:59,376 --> 00:51:00,876 - John! Cala! - O ollo! 607 00:51:00,876 --> 00:51:02,876 - Necesito escoitar. - Merda! 608 00:51:03,709 --> 00:51:04,876 Jane? 609 00:51:26,543 --> 00:51:29,293 Amor, voume desmaiar. Desmáiome. 610 00:51:29,293 --> 00:51:30,459 Despexado. 611 00:51:35,293 --> 00:51:38,001 - Hai moito sangue. - Acouga. 612 00:51:40,043 --> 00:51:40,876 Despexado. 613 00:52:01,251 --> 00:52:02,084 John? 614 00:52:07,293 --> 00:52:08,126 A ver. 615 00:52:09,668 --> 00:52:10,501 Déixame ver. 616 00:52:11,293 --> 00:52:12,418 - Non... - Si. 617 00:52:12,418 --> 00:52:14,709 - Amodo. - Xa. 618 00:52:32,418 --> 00:52:35,543 - Tes que relaxarte, vale? - Vale. 619 00:52:36,001 --> 00:52:37,334 Non nos imos ir aínda. 620 00:52:39,918 --> 00:52:41,459 Cantas balas tes? 621 00:52:48,793 --> 00:52:49,626 Unha. 622 00:52:52,876 --> 00:52:53,959 Cantas tes ti? 623 00:52:56,334 --> 00:52:57,334 Non tiña. 624 00:53:03,459 --> 00:53:04,293 Vale. 625 00:53:05,876 --> 00:53:06,709 Vale. 626 00:53:07,959 --> 00:53:09,001 Déixame pensar. 627 00:53:17,376 --> 00:53:18,209 Oe. 628 00:53:19,834 --> 00:53:20,876 Non abras. 629 00:53:22,251 --> 00:53:24,084 Ela conta con iso, así que... 630 00:53:24,959 --> 00:53:26,918 - Non morreremos os dous. - Cala. 631 00:53:28,418 --> 00:53:29,251 Non vou... 632 00:53:30,793 --> 00:53:31,793 Non o vou facer. 633 00:53:33,501 --> 00:53:34,334 Vale. 634 00:53:42,751 --> 00:53:43,626 Cal é o plan? 635 00:53:49,751 --> 00:53:52,168 - Pregúntasme a min? - Si. 636 00:53:53,334 --> 00:53:54,293 A ti. 637 00:54:01,168 --> 00:54:02,126 Pois... 638 00:54:04,126 --> 00:54:06,126 Escurecerá nun par de minutos. 639 00:54:07,001 --> 00:54:10,084 Terá que prender as luces ou estar ás escuras. 640 00:54:11,209 --> 00:54:13,168 Teremos vantaxe nos dous casos. 641 00:54:14,334 --> 00:54:15,293 Vale. 642 00:54:16,584 --> 00:54:17,418 Ben. 643 00:54:19,418 --> 00:54:20,459 Agardamos? 644 00:54:24,209 --> 00:54:25,209 Agardamos. 645 00:54:28,001 --> 00:54:28,834 Vale. 646 00:54:51,834 --> 00:54:52,709 Pinta mal? 647 00:54:57,334 --> 00:54:58,168 Mentireira. 648 00:55:10,418 --> 00:55:11,626 Oe. John? 649 00:55:13,751 --> 00:55:15,084 - John? - Estou esperto. 650 00:55:15,709 --> 00:55:16,543 Mírame. 651 00:55:18,334 --> 00:55:20,001 Quero dicirche algo. 652 00:55:23,626 --> 00:55:24,668 Teremos un fillo. 653 00:55:26,001 --> 00:55:26,834 Vale? 654 00:55:30,668 --> 00:55:31,501 Cinco. 655 00:55:32,709 --> 00:55:33,959 Dous. 656 00:55:34,334 --> 00:55:36,168 E xa. Non penso negociar. 657 00:55:39,584 --> 00:55:41,126 Quero vivir na montaña. 658 00:55:45,751 --> 00:55:47,626 E buscarei sitio para mamá. 659 00:55:50,543 --> 00:55:51,376 Si. 660 00:56:03,459 --> 00:56:04,626 Como te chamas? 661 00:56:08,668 --> 00:56:09,501 Alana. 662 00:56:13,668 --> 00:56:14,918 Gústame "Jane". 663 00:56:24,418 --> 00:56:25,751 E a min "John". 664 00:57:02,251 --> 00:57:03,626 Oe. John? 665 00:57:04,459 --> 00:57:05,293 Non durmas. 666 00:57:13,043 --> 00:57:13,959 Voulle disparar. 667 00:57:20,209 --> 00:57:21,459 Vou aló. 668 00:57:21,459 --> 00:57:23,209 Vou intentalo, vale? 669 00:57:25,209 --> 00:57:26,043 Mírame. 670 00:57:26,876 --> 00:57:27,709 Respira. 671 00:57:28,751 --> 00:57:29,668 Queda comigo. 672 00:57:32,709 --> 00:57:35,043 Vou saír. Á de tres. 673 00:57:35,043 --> 00:57:36,918 Ti queda aí. Respira. 674 00:57:38,126 --> 00:57:40,001 Dispárolle e saímos. 675 00:57:40,751 --> 00:57:41,793 Paréceche ben? 676 00:57:44,876 --> 00:57:45,709 Si? 677 00:57:48,209 --> 00:57:49,126 Estás ben? 678 00:57:51,459 --> 00:57:52,501 Estou. 679 00:57:52,501 --> 00:57:53,626 Conta tres. 680 00:57:56,459 --> 00:58:00,043 Vale. Vou facelo eu e imos saír de aquí. 681 00:58:00,043 --> 00:58:00,959 Vale. 682 00:58:02,209 --> 00:58:03,543 Conta tres comigo. 683 00:58:06,209 --> 00:58:07,043 Un... 684 00:58:09,084 --> 00:58:10,126 Dous... 685 00:58:13,668 --> 00:58:14,501 Tres! 686 00:58:38,459 --> 00:58:39,293 Ola? 687 00:58:42,876 --> 00:58:44,209 Traio un libro. 688 00:58:49,876 --> 00:58:50,709 Pois... 689 00:58:54,001 --> 00:58:55,126 Déixoo aquí. 690 00:58:59,834 --> 00:59:00,668 Vale. 691 00:59:02,501 --> 00:59:03,501 Adeus! 692 00:59:04,959 --> 00:59:06,001 Meu. 693 00:59:08,668 --> 00:59:10,001 Seth? Oe. 694 00:59:10,626 --> 00:59:14,084 Pode que estean listos para vender. 695 00:59:17,668 --> 00:59:19,751 Voulle sacar unha pasta a isto. 696 01:00:50,709 --> 01:00:52,709 Subtítulos: Antía López Cando 697 01:00:52,709 --> 01:00:54,793 Supervisora creativa: Estefanía Prol