1 00:00:32,505 --> 00:00:36,130 "As fronteiras que separan a vida da morte son, 2 00:00:36,213 --> 00:00:38,630 no mellor dos casos, escuras e vagas. 3 00:00:38,713 --> 00:00:42,296 Quen sabe onde remata unha e comeza a outra?" E. A. Poe. 4 00:01:58,088 --> 00:01:59,630 Bo día, cabaleiros. 5 00:02:02,255 --> 00:02:04,338 - É vostede Augustus Landor? - Si. 6 00:02:05,130 --> 00:02:06,255 Quen é vostede? 7 00:02:06,338 --> 00:02:09,380 Capitán Hitchcock. Segundo ó mando da Academia. 8 00:02:10,338 --> 00:02:11,838 Vin informalo de que 9 00:02:11,921 --> 00:02:14,796 o superintendente Thayer solicita unha audiencia. 10 00:02:14,880 --> 00:02:17,921 - Con que propósito? - Iso é cuestión do coronel. 11 00:02:18,713 --> 00:02:21,796 - E cando sería? - Tan pronto como poida. 12 00:02:25,713 --> 00:02:28,421 E se decido non acudir? 13 00:02:31,588 --> 00:02:34,421 É decisión súa. Vostede é un cidadán privado. 14 00:02:42,546 --> 00:02:44,213 Quedou bo día para viaxar. 15 00:02:49,588 --> 00:02:53,296 HUDSON VALLEY, NOVA YORK 1830 16 00:02:53,380 --> 00:02:57,463 Segundo o gobernador, é unha lenda entre os axentes de Nova York. 17 00:02:59,380 --> 00:03:03,130 Cando recomendou os seus servizos, contounos os seus logros, 18 00:03:03,213 --> 00:03:06,713 coma deter os líderes dos Daybreak Boys, 19 00:03:06,796 --> 00:03:08,838 desfacer a banda dos Shirt Tails 20 00:03:08,921 --> 00:03:13,963 e resolver o cruento asasinato dunha prostituta nos Campos Elisios. 21 00:03:14,046 --> 00:03:16,838 ACADEMIA MILITAR DOS EUA WEST POINT 22 00:03:16,921 --> 00:03:20,255 Ten talento para descifrar códigos, controlar disturbios 23 00:03:20,338 --> 00:03:22,296 e interrogar sen contacto. 24 00:03:23,255 --> 00:03:25,088 É fillo dun cura de Gloucester 25 00:03:25,171 --> 00:03:27,505 que veu a Nova York de adolescente 26 00:03:28,296 --> 00:03:32,588 e é viúvo, señor Landor. 27 00:03:32,671 --> 00:03:33,755 Desde hai tres anos. 28 00:03:35,921 --> 00:03:39,130 - Pido café? - Preferiría cervexa. 29 00:03:46,838 --> 00:03:47,671 Vostede… 30 00:03:49,088 --> 00:03:54,671 Ten todas estas notas escondidas por aí, non si? 31 00:03:54,755 --> 00:03:56,005 Que máis din? 32 00:03:56,088 --> 00:03:58,963 Que non toquei a porta dunha igrexa 33 00:04:00,671 --> 00:04:01,671 dende hai moito? 34 00:04:03,088 --> 00:04:07,005 Que miña filla fuxiu hai un tempo? 35 00:04:08,046 --> 00:04:11,588 Estamos ó tanto da desaparición da súa filla. 36 00:04:12,630 --> 00:04:14,255 As nosas condolencias. 37 00:04:16,088 --> 00:04:18,546 Co debido respecto, espero que non o ofendese. 38 00:04:18,630 --> 00:04:21,213 Non. 39 00:04:21,880 --> 00:04:24,588 Non, perdoe. Debo desculparme. 40 00:04:24,671 --> 00:04:27,380 E iso fixen. Continúen. 41 00:04:28,255 --> 00:04:33,088 Señor Landor, debemos proceder coa máxima discreción. 42 00:04:33,171 --> 00:04:34,713 Buscamos a unha persoa. 43 00:04:34,796 --> 00:04:38,380 Un cidadán privado con dilixencia e tacto demostrados 44 00:04:38,463 --> 00:04:41,963 que poida investigar no nome da Academia. 45 00:04:44,213 --> 00:04:46,630 É un tema de natureza complexa e delicada 46 00:04:46,713 --> 00:04:49,338 sobre un dos cadetes. 47 00:04:50,255 --> 00:04:53,463 Está en segundo e é de Kentucky. Chámase Fry. 48 00:04:54,255 --> 00:04:56,921 - Leroy Fry. - Non ten sentido evitar o tema. 49 00:04:58,046 --> 00:05:01,046 Fry aforcouse pola noite. 50 00:05:04,921 --> 00:05:06,546 Síntollo moito. 51 00:05:07,296 --> 00:05:12,463 É un asunto escabroso, pero ten que entender a nosa situación. 52 00:05:12,546 --> 00:05:16,546 Puxéronnos especificamente ó cargo destes mozos 53 00:05:16,630 --> 00:05:20,713 para convertelos en cabaleiros e soldados. Para iso os empuxamos. 54 00:05:21,880 --> 00:05:26,005 Pero queremos pensar que sabemos cando deixar de empurrar. 55 00:05:27,296 --> 00:05:28,755 Un mozo aforcado. 56 00:05:30,588 --> 00:05:33,755 - Parece asunto do forense. - Temo que iso non é todo. 57 00:05:35,171 --> 00:05:41,505 O seu corpo foi profanado pola noite na enfermaría. 58 00:05:42,921 --> 00:05:45,546 Profanado? Por quen? 59 00:05:45,630 --> 00:05:48,963 Se o soubésemos, non o chamariamos a vostede. 60 00:05:49,046 --> 00:05:51,838 Seguro que na Academia non faltan algareiros. 61 00:05:51,921 --> 00:05:54,505 Isto non foi unha brincadeira. 62 00:05:56,380 --> 00:06:00,130 Quitaron o corazón do peito de Leroy Fry. 63 00:06:04,213 --> 00:06:07,296 Doutor Marquis, como se pode facer algo así? 64 00:06:08,546 --> 00:06:13,713 Cun bisturí ou calquera coitelo ben afiado. 65 00:06:14,546 --> 00:06:18,463 O máis complicado é chegar ó corazón. 66 00:06:20,130 --> 00:06:24,421 Eses cortes nos pulmóns e no fígado 67 00:06:24,505 --> 00:06:27,630 fixéronse ó virar a folla para salvar o corazón. 68 00:06:28,796 --> 00:06:31,546 Como se podería preservar o corazón? 69 00:06:32,505 --> 00:06:34,380 Nalgún contedor. 70 00:06:35,171 --> 00:06:38,546 Envolto en muselina, ou quizais papel de periódico. 71 00:06:39,546 --> 00:06:41,671 E probablemente metido en xeo. 72 00:06:43,213 --> 00:06:44,921 Quen pode facer algo así? 73 00:06:46,463 --> 00:06:47,713 Alguén forte. 74 00:06:48,296 --> 00:06:49,505 Non unha muller? 75 00:06:49,588 --> 00:06:53,088 Ningunha que tivera o pracer de coñecer, non. 76 00:06:53,171 --> 00:06:55,713 Que opina do seu coñecemento médico? 77 00:06:55,796 --> 00:07:00,713 Tería que adestrar e saber tanto coma vostede? 78 00:07:02,255 --> 00:07:03,421 Non necesariamente. 79 00:07:04,588 --> 00:07:07,088 Precisaría luz e saber por onde cortar, 80 00:07:07,171 --> 00:07:11,505 pero non tería que ser doutor nin cirurxián. 81 00:07:11,588 --> 00:07:13,171 - Só puido ser… - Un tolo! 82 00:07:14,546 --> 00:07:15,838 E aínda anda solto. 83 00:07:18,046 --> 00:07:20,005 Armas á fronte! 84 00:07:20,088 --> 00:07:22,546 Terá que perdoarme, señor Landor. 85 00:07:22,630 --> 00:07:24,963 Chegou nun momento moi delicado. 86 00:07:26,171 --> 00:07:28,588 Hai certos senadores en Washington 87 00:07:28,671 --> 00:07:31,796 ós que lles gustaría vernos fracasar para pecharnos. 88 00:07:34,463 --> 00:07:40,588 Pídolle que axude a salvar a honra da Academia Militar Estadounidense. 89 00:07:41,630 --> 00:07:43,130 E iso tentarei. 90 00:07:47,130 --> 00:07:51,338 Estaba de garda onte á noite, señor Huntoon? 91 00:07:51,421 --> 00:07:52,463 Si, señor. 92 00:07:53,088 --> 00:07:56,380 Das 21:30 a medianoite, cando volvín á sala de garda. 93 00:07:56,463 --> 00:07:57,630 A cal? 94 00:07:58,213 --> 00:08:00,338 Á catro, ó lado de Fort Clinton. 95 00:08:00,421 --> 00:08:03,130 Admito que non coñezo moito a zona, 96 00:08:03,213 --> 00:08:05,921 pero parece que o lugar que estamos a pisar 97 00:08:06,005 --> 00:08:10,588 non está na ruta de Fort Clinton ós barracóns do norte. 98 00:08:10,671 --> 00:08:12,713 - Non, señor. - Que pasou? 99 00:08:12,796 --> 00:08:15,505 Escoitei algo de camiño, señor. 100 00:08:16,338 --> 00:08:17,880 Pensei que era un animal. 101 00:08:17,963 --> 00:08:21,380 Soaba a que estaba a morrer ou nunha trampa e fun axudar. 102 00:08:21,463 --> 00:08:23,546 Gústanme moito os animais. 103 00:08:25,588 --> 00:08:29,421 Corrín cara aquí ata que topei co cadete Fry, señor. 104 00:08:29,505 --> 00:08:31,838 - Que aspecto tiña? - Malo, señor. 105 00:08:32,880 --> 00:08:34,255 Non colgaba dereito. 106 00:08:35,296 --> 00:08:37,921 Parecía que estaba sentado nunha cadeira. 107 00:08:39,130 --> 00:08:40,671 Non entendo. 108 00:08:41,338 --> 00:08:43,463 Os pés tocaban o chan, señor. 109 00:08:45,088 --> 00:08:47,880 - Os pés tocaban o chan? - Iso é, señor. 110 00:08:50,338 --> 00:08:53,630 Vale. E que fixo despois? 111 00:08:54,338 --> 00:08:57,546 Corrín. Dereito ós barracóns do norte. 112 00:09:01,338 --> 00:09:03,880 Unha última pregunta e rematamos. 113 00:09:04,546 --> 00:09:06,338 Viu alguén máis por aquí? 114 00:09:07,213 --> 00:09:08,046 Non, señor. 115 00:09:11,130 --> 00:09:12,171 Señor Huntoon. 116 00:09:19,005 --> 00:09:20,005 O pescozo 117 00:09:20,755 --> 00:09:23,588 foi o que primeiro me chamou a atención. 118 00:09:24,380 --> 00:09:25,213 Veo? 119 00:09:26,046 --> 00:09:29,005 Non é un amarre limpo. A corda fixo presión 120 00:09:29,088 --> 00:09:33,088 e moveuse arriba e abaixo buscando unha suxeición. 121 00:09:33,171 --> 00:09:34,588 Coma se… 122 00:09:34,671 --> 00:09:37,421 Coma se loitase. 123 00:09:40,796 --> 00:09:42,588 Pode mirar tamén os dedos. 124 00:09:42,671 --> 00:09:46,213 Teñen vinchas novas de agarrar a corda 125 00:09:46,296 --> 00:09:50,130 e intentar quitala. 126 00:09:50,213 --> 00:09:52,421 Podo saber que fan vostedes aquí? 127 00:09:53,463 --> 00:09:55,880 É de todo irregular. 128 00:09:57,130 --> 00:10:01,505 Preguntábame se non lle importaría tocar a caluga do señor Fry. 129 00:10:01,588 --> 00:10:03,838 Examinouno, non si? 130 00:10:03,921 --> 00:10:06,921 Por suposto que si. É o meu traballo. 131 00:10:11,546 --> 00:10:14,130 Non pasamos xa por isto? 132 00:10:28,755 --> 00:10:32,255 Hai unha especie de contusión. 133 00:10:33,296 --> 00:10:34,630 Na rexión parietal. 134 00:10:35,380 --> 00:10:37,880 Duns sete centímetros e medio. 135 00:10:43,296 --> 00:10:44,796 Debeu pasárseme. 136 00:10:46,421 --> 00:10:48,796 Alguén o asasinou. 137 00:10:49,588 --> 00:10:52,005 Quere dicirnos iso, señor Landor? 138 00:10:52,088 --> 00:10:55,171 Quizais teña vostede razón, capitán Hitchcock. 139 00:11:28,005 --> 00:11:30,171 Moi poucos atoparían isto, doutor. 140 00:11:35,588 --> 00:11:36,671 Señor Landor. 141 00:11:40,088 --> 00:11:41,505 Agora que aceptou, 142 00:11:42,421 --> 00:11:45,088 é importante que establezamos normas básicas. 143 00:11:46,713 --> 00:11:49,755 Informarame tódolos días e eu, o coronel. 144 00:11:50,338 --> 00:11:54,671 E non debe falar disto con ninguén, nin da Academia nin do exterior. 145 00:11:56,171 --> 00:11:58,671 - É iso todo? - Unha última condición. 146 00:12:00,380 --> 00:12:03,880 Ten prohibido beber durante a investigación. 147 00:12:06,296 --> 00:12:08,255 A súa reputación precédeo. 148 00:12:35,046 --> 00:12:35,880 Desculpe. 149 00:12:36,755 --> 00:12:39,421 - É vostede Augustus Landor? - Son. 150 00:12:39,505 --> 00:12:42,505 Ou moi errado estou ou encargóuselle resolver 151 00:12:42,588 --> 00:12:44,130 o misterio de Leroy Fry. 152 00:12:44,213 --> 00:12:46,421 Pode ser. En que podo axudalo? 153 00:12:46,505 --> 00:12:50,255 É o meu deber polo honor desta institución 154 00:12:50,338 --> 00:12:53,588 divulgar algunhas das conclusións ás que cheguei. 155 00:12:53,671 --> 00:12:54,630 Conclusións? 156 00:12:54,713 --> 00:12:57,005 Sobre o finado señor Fry. 157 00:12:58,005 --> 00:12:59,630 Ten o meu interese. 158 00:13:00,796 --> 00:13:02,338 O home que busca 159 00:13:04,255 --> 00:13:05,255 é poeta. 160 00:13:15,296 --> 00:13:16,588 Soldado Cochrane. 161 00:13:17,213 --> 00:13:20,671 Cando levaron o corpo de Leroy Fry ó hospital, 162 00:13:20,755 --> 00:13:23,338 asignóuselle vixialo? 163 00:13:23,421 --> 00:13:24,630 Así é, señor. 164 00:13:25,255 --> 00:13:29,796 - Pasou algo durante a garda? - Ata as 2:30, non. 165 00:13:29,880 --> 00:13:32,713 - A esa hora, remudáronme. - Quen? 166 00:13:34,546 --> 00:13:38,338 - Soldado, quen o remudou? - Non sabería dicirlle, señor. 167 00:13:39,421 --> 00:13:40,921 Só sei que era un oficial. 168 00:13:42,213 --> 00:13:44,546 - Non se identificou? - Non, señor. 169 00:13:45,213 --> 00:13:47,296 Non o espero dos oficiais. 170 00:13:49,671 --> 00:13:51,338 E que lle dixo o oficial? 171 00:13:51,963 --> 00:13:56,546 "Grazas, soldado, iso é todo. Vouno substituír." 172 00:13:56,630 --> 00:14:00,296 - Unha solicitude estraña, non? - Si, señor. Moi estraña. 173 00:14:02,505 --> 00:14:05,671 - Viu a faciana do oficial? - Non, señor. 174 00:14:05,755 --> 00:14:07,963 Só tiña unha candea. Estaba escuro. 175 00:14:08,046 --> 00:14:10,463 Como sabía entón que era un oficial? 176 00:14:10,546 --> 00:14:15,421 Polos galóns dos ombreiros, señor. Pero certo é que foi moi raro. 177 00:14:15,505 --> 00:14:17,380 - Por que? - Polos galóns. 178 00:14:17,921 --> 00:14:20,713 Non levaba nada no ombro esquerdo. 179 00:14:39,255 --> 00:14:40,921 E aí está o noso home. 180 00:14:42,005 --> 00:14:44,963 Benny sabe cando unha persoa precisa beber. 181 00:14:45,046 --> 00:14:49,130 Só ver isto éncheme de alegría. 182 00:14:49,921 --> 00:14:51,380 - Benny! - Señor. 183 00:14:51,463 --> 00:14:54,755 - Un brinde… polas normas. - Que lles dean. 184 00:15:01,630 --> 00:15:02,630 Patsy. 185 00:15:03,546 --> 00:15:04,463 Patsy! 186 00:15:04,546 --> 00:15:05,546 Que te preocupa? 187 00:15:08,213 --> 00:15:09,963 Escoitou o do pobre cadete? 188 00:15:11,505 --> 00:15:14,588 - Din que tardou horas en morrer. - Quen o di? 189 00:15:16,838 --> 00:15:17,671 El. 190 00:15:31,296 --> 00:15:34,088 Non debería estar no recital? 191 00:15:34,171 --> 00:15:35,755 Boa noite. No recital? 192 00:15:35,838 --> 00:15:37,296 Non me botarán en falla. 193 00:15:37,963 --> 00:15:39,796 Apenas saben que estudo aquí. 194 00:15:39,880 --> 00:15:45,005 Ademais, aprendín máis en habitacións coma esta que en calquera aula. 195 00:15:46,171 --> 00:15:47,255 Non o dubido. 196 00:15:47,338 --> 00:15:50,880 Sente, por favor. Pode… 197 00:15:50,963 --> 00:15:52,880 - Sentarme? - Sentarse. Grazas. 198 00:15:54,588 --> 00:15:56,713 Alumno de primeiro Poe. E. A. Poe. 199 00:15:57,630 --> 00:15:59,213 Edgar A. Poe. 200 00:16:00,005 --> 00:16:02,338 Ten moita sede, polo que vexo. 201 00:16:02,421 --> 00:16:05,046 Axuda a espantar a pesadume. 202 00:16:12,546 --> 00:16:17,838 Dígame entón. Como sabe o de Leroy Fry? 203 00:16:18,630 --> 00:16:21,338 Por Huntoon, por suposto. 204 00:16:21,421 --> 00:16:25,630 Vai contándoo coma un pregoeiro. 205 00:16:25,713 --> 00:16:27,921 Pode que o aforquen a el pronto. 206 00:16:29,880 --> 00:16:32,921 Insinúa vostede que alguén aforcou o señor Fry? 207 00:16:33,005 --> 00:16:34,921 Non insinúo nada. 208 00:16:37,296 --> 00:16:43,463 Por que pensa que o home que arrancou o corazón de Fry 209 00:16:44,171 --> 00:16:45,171 é poeta? 210 00:16:45,963 --> 00:16:46,796 Pois… 211 00:16:48,588 --> 00:16:51,755 O corazón pode ser un símbolo ou non ser nada. 212 00:16:52,338 --> 00:16:54,588 Deixe de lado o símbolo e que queda? 213 00:16:56,296 --> 00:17:00,796 Unha manchea de músculos co interese estético dunha vexiga. 214 00:17:01,505 --> 00:17:05,088 Pero quitarlle o corazón a alguén é pouco menos que pecado. 215 00:17:05,171 --> 00:17:07,255 Quen mellor para semellante tarefa 216 00:17:09,046 --> 00:17:09,880 ca un poeta? 217 00:17:10,588 --> 00:17:13,755 Un poeta extremadamente literal, diría eu… 218 00:17:13,838 --> 00:17:16,338 Non me dirá que este salvaxe acto 219 00:17:16,421 --> 00:17:21,963 non espertou as resonancias literarias de tódolos recantos da súa mente. 220 00:17:24,588 --> 00:17:27,046 A engaiolante canción de Lord Suckling: 221 00:17:27,130 --> 00:17:31,130 "Prégovos me devolvades o meu corazón pois eu non podo ter o voso." 222 00:17:31,213 --> 00:17:33,338 Ou a propia Biblia: 223 00:17:33,421 --> 00:17:35,296 "Crea, Deus, en min un corazón puro." 224 00:17:35,380 --> 00:17:39,421 "O corazón contrito e humilde ti non o desprezas." 225 00:17:40,171 --> 00:17:44,505 Pois poderiamos estar buscando un fanático relixioso. 226 00:17:44,588 --> 00:17:49,213 Non. Verá, o que non lle contei é que eu mesmo son poeta, 227 00:17:49,296 --> 00:17:50,921 polo que penso coma un. 228 00:17:52,213 --> 00:17:54,338 Non leo moita poesía. 229 00:17:55,088 --> 00:17:56,880 Coma bo estadounidense. 230 00:17:58,546 --> 00:17:59,546 E vostede? 231 00:17:59,630 --> 00:18:03,921 Eu son artista. É dicir, non teño país. 232 00:18:04,796 --> 00:18:06,088 Que pasou? 233 00:18:08,463 --> 00:18:09,713 Foi de moita axuda. 234 00:18:13,463 --> 00:18:16,921 Debería investigar a un cadete chamado Loughborough. 235 00:18:17,963 --> 00:18:22,838 Era o compañeiro de cuarto de Leroy Fry ata que discutiron. 236 00:18:23,838 --> 00:18:27,380 Aínda se descoñece a natureza da rifa. 237 00:18:47,421 --> 00:18:48,713 Señor Loughborough, 238 00:18:48,796 --> 00:18:53,213 cóntelle ó señor Landor como coñeceu a Fry. 239 00:18:53,296 --> 00:18:56,005 Si, señor. Eramos compañeiros de cuarto. 240 00:18:58,380 --> 00:19:00,755 Algunha vez discutiron? 241 00:19:02,046 --> 00:19:04,838 Eu non o chamaría discutir. Só… 242 00:19:07,130 --> 00:19:09,630 Tomamos camiños separados, señor. 243 00:19:10,630 --> 00:19:11,963 Por que razón? 244 00:19:12,880 --> 00:19:14,213 Por nada, foi… 245 00:19:16,046 --> 00:19:17,421 Separounos a vida. 246 00:19:17,505 --> 00:19:19,921 Se sabe algo acerca do señor Fry, 247 00:19:20,005 --> 00:19:21,838 debe divulgalo inmediatamente. 248 00:19:22,880 --> 00:19:25,588 Pois verá, señor. 249 00:19:27,588 --> 00:19:29,963 Diría que se xuntara 250 00:19:31,421 --> 00:19:32,838 con mala xente. 251 00:19:34,213 --> 00:19:36,171 Polo menos, así os chamaba el. 252 00:19:38,046 --> 00:19:43,046 E dígame, esa "mala xente" eran outros cadetes? 253 00:19:43,130 --> 00:19:46,338 Nunca dixo nada, pero é o que asumín. 254 00:19:46,421 --> 00:19:48,588 E por que non dixo nada antes? 255 00:19:48,671 --> 00:19:52,046 Non pensei que tivese relación algunha. 256 00:19:53,463 --> 00:19:55,296 Foi hai moito tempo, señor. 257 00:19:58,630 --> 00:19:59,546 Pode retirarse. 258 00:20:02,463 --> 00:20:03,755 Señor Stoddard, 259 00:20:05,130 --> 00:20:08,630 vostede foi o último en ver o señor Fry con vida. 260 00:20:10,005 --> 00:20:11,171 Si, señor. 261 00:20:11,255 --> 00:20:13,588 - Máis alto. - Estou un pouco enfermo. 262 00:20:15,505 --> 00:20:18,130 Vin a Leroy tarde aquela noite. 263 00:20:18,880 --> 00:20:21,505 Cruceimo cando ía cara os barracóns. 264 00:20:23,088 --> 00:20:24,213 Falou con el? 265 00:20:24,796 --> 00:20:27,630 Preguntoume se había oficiais vixiando. 266 00:20:28,755 --> 00:20:29,838 Que aspecto tiña? 267 00:20:31,713 --> 00:20:34,880 Estaba moi escuro. Non me fío da miña memoria. 268 00:20:35,588 --> 00:20:39,088 Viu que levase algo? Unha corda, por exemplo? 269 00:20:39,796 --> 00:20:41,171 Non vin nada. 270 00:20:43,796 --> 00:20:44,963 Pero lembro algo. 271 00:20:46,213 --> 00:20:49,880 Mentres marchaba, pregunteille onde ía a aquela hora. 272 00:20:50,505 --> 00:20:51,505 E? 273 00:20:52,546 --> 00:20:54,505 "Asuntos primordiais." 274 00:20:55,880 --> 00:20:57,463 E que pensou diso? 275 00:20:59,088 --> 00:21:00,171 Non o sei. 276 00:21:05,505 --> 00:21:06,546 Pode irse. 277 00:21:17,838 --> 00:21:19,755 - Desculpe, capitán. - Si? 278 00:21:30,296 --> 00:21:31,880 Deus nos ceos. 279 00:21:33,213 --> 00:21:37,421 "Mataron e mutilaron unha vaca e unha ovella en Cold Spring. 280 00:21:37,505 --> 00:21:41,005 Abríronlles os peitos cruelmente para lles quitar os corazóns." 281 00:21:42,588 --> 00:21:45,588 Hai algunha criatura de Deus a salvo deste home? 282 00:21:45,671 --> 00:21:48,213 Non sabemos se é a mesma persoa. 283 00:21:49,088 --> 00:21:50,130 Como? 284 00:21:50,963 --> 00:21:52,421 É coincidencia, claro.