1 00:00:17,541 --> 00:00:22,041 Fastanfurius. Sit aprum lupus. 2 00:00:22,833 --> 00:00:25,166 Lupus… que era? 3 00:00:25,250 --> 00:00:27,375 É que eu dei grego. 4 00:00:27,875 --> 00:00:29,875 - Segunda parte. - Ai, si. 5 00:00:29,958 --> 00:00:32,166 Lexión, aos vosos postos! 6 00:01:00,916 --> 00:01:05,000 Declaro vencedor deste combate dos xefes 7 00:01:05,583 --> 00:01:09,791 a Prorrománix! 8 00:01:10,416 --> 00:01:13,333 Prorrománix! 9 00:01:14,291 --> 00:01:15,666 Prorrománix! Si! 10 00:01:20,541 --> 00:01:22,083 Prorro… 11 00:01:22,958 --> 00:01:23,916 mánix! 12 00:01:24,541 --> 00:01:27,875 César! Isto fíxeno por ti! 13 00:01:28,375 --> 00:01:30,458 César, quérote! 14 00:01:32,375 --> 00:01:35,250 Combate dos xefes? Será dos inútiles! 15 00:01:35,333 --> 00:01:37,250 Xa, bastante lamentable. 16 00:01:37,333 --> 00:01:40,958 Nin pinga de sangue nin un ollo colgando… Nada. 17 00:01:41,041 --> 00:01:45,291 - Que exemplo dá aos nenos? - E que mundo lles deixamos? 18 00:01:45,375 --> 00:01:49,125 Esa é outra, si. Canta razón. Non me fagas falar. 19 00:01:52,375 --> 00:01:55,166 Outra! Outra pelexa! 20 00:01:55,250 --> 00:01:56,708 Outra pelexa! 21 00:01:56,791 --> 00:01:58,500 Isto é meu, avó! 22 00:02:01,000 --> 00:02:02,125 Panorámix! 23 00:02:02,916 --> 00:02:05,000 Ah, hai algo de acción. 24 00:02:05,083 --> 00:02:06,708 Boh, unha labazadiña. 25 00:02:06,791 --> 00:02:09,541 Mimá! Que se absteñan os sensibles! 26 00:02:13,708 --> 00:02:16,291 - Trevo de catro… - Capturádeo! 27 00:02:17,833 --> 00:02:19,625 - Esperta. - Coñécesme? 28 00:02:19,708 --> 00:02:20,541 Panorámix? 29 00:02:20,625 --> 00:02:23,250 No país de Panono que ben estou. 30 00:02:26,625 --> 00:02:28,083 Estás ben? 31 00:02:28,166 --> 00:02:29,791 Si, Astérix, grazas. 32 00:02:30,291 --> 00:02:32,083 Algo mareado, pero ben. 33 00:02:32,166 --> 00:02:33,291 Menos mal. 34 00:02:33,875 --> 00:02:35,916 Ei, chamáchesme Astérix? 35 00:02:36,000 --> 00:02:38,416 - Sandaches! - En formación! 36 00:02:39,000 --> 00:02:39,875 Ven. 37 00:02:41,416 --> 00:02:46,458 Damos paso á cerimonia dos escudos! 38 00:02:53,625 --> 00:02:54,958 Cómprenos bulir. 39 00:02:55,041 --> 00:02:59,083 Non lle hai que facer. Debemos someternos. Dío a lei. 40 00:02:59,583 --> 00:03:00,750 Obélix perdeu. 41 00:03:00,833 --> 00:03:02,083 Si! 42 00:03:04,166 --> 00:03:06,625 Son o xefe de todos vós! 43 00:03:09,000 --> 00:03:11,250 Non. Non de todos. 44 00:03:20,791 --> 00:03:22,333 Atención, por favor. 45 00:03:22,916 --> 00:03:27,208 O gran Xulio César vai tomar a palabra. 46 00:03:27,291 --> 00:03:28,333 Grazas. 47 00:03:34,750 --> 00:03:40,166 Hoxe, querido pobo, é un día histórico. 48 00:03:40,250 --> 00:03:45,666 Hoxe, caeu a última aldea gala. 49 00:03:47,375 --> 00:03:49,958 Son o peor xefe da historia gala. 50 00:03:50,041 --> 00:03:53,250 Hoxe, Roma gañou. 51 00:03:53,833 --> 00:03:58,125 Hoxe, toda a Galia está ocupada! 52 00:04:03,625 --> 00:04:05,666 Toda? Non! 53 00:04:12,208 --> 00:04:16,750 Un galo segue resistindo. Eu. Non toda a Galia está ocupada. 54 00:04:17,333 --> 00:04:20,291 Que esbardallas? Agora es romano. 55 00:04:20,375 --> 00:04:23,250 Acepta a derrota. O teu xefe perdeu. 56 00:04:23,333 --> 00:04:25,625 Non, Xulio, non é o meu xefe. 57 00:04:25,708 --> 00:04:28,583 Obélix desterroume antes do combate. 58 00:04:30,500 --> 00:04:34,208 A mellor decisión que tomaches como xefe, amigo. 59 00:04:34,708 --> 00:04:37,708 Mamaíña! Agora envorcallámonos en mel. 60 00:04:37,791 --> 00:04:42,958 Veña! Xa postos, repartimos flores e tirámonos pétalos á cara. 61 00:04:43,541 --> 00:04:45,916 Son o último irredutible. 62 00:04:46,000 --> 00:04:48,500 Son Astérix o galo! 63 00:04:48,583 --> 00:04:51,083 Isto é interminable. 64 00:04:54,250 --> 00:04:56,583 Que? Por que asubían agora? 65 00:04:56,666 --> 00:04:59,291 Non houbo combate nin espectáculo. 66 00:04:59,375 --> 00:05:01,875 Pan non hai, se non hai circo… 67 00:05:03,333 --> 00:05:06,291 Reduciremos a cinzas o coliseo! 68 00:05:07,041 --> 00:05:09,208 Moi ben. Queren espectáculo? 69 00:05:09,791 --> 00:05:11,083 Vano ter. 70 00:05:12,166 --> 00:05:13,875 Queredes espectáculo? 71 00:05:13,958 --> 00:05:15,208 Si! 72 00:05:15,791 --> 00:05:18,125 Non oio! Queredes espectáculo? 73 00:05:18,208 --> 00:05:19,916 Si! 74 00:05:20,000 --> 00:05:21,208 Máis alto! 75 00:05:21,291 --> 00:05:24,166 Si! 76 00:05:24,875 --> 00:05:26,708 Pois que así sexa. 77 00:05:49,416 --> 00:05:54,166 O escuadrón do lume vai proceder a abrir fogo. 78 00:05:54,250 --> 00:05:56,916 O escuadrón do lume. Grazas. 79 00:06:12,500 --> 00:06:13,541 Fogo. 80 00:06:24,875 --> 00:06:26,333 A miña aldea! 81 00:06:39,166 --> 00:06:40,166 Non, Xulio. 82 00:06:40,250 --> 00:06:43,083 Se rompes as regras, cambia o conto. 83 00:06:50,958 --> 00:06:51,833 Si. 84 00:06:56,541 --> 00:07:00,500 Gañastes. Por que queimades a aldea? Que estupidez. 85 00:07:00,583 --> 00:07:03,750 Eh! O combate dos xefes foi idea túa. 86 00:07:03,833 --> 00:07:06,166 A miña idea non era destruír! 87 00:07:06,791 --> 00:07:09,166 Ah, claro. 88 00:07:09,250 --> 00:07:11,333 Xa sei que querías facer. 89 00:07:11,416 --> 00:07:16,750 Petarlles nas portas e dicir: "Ola, vimos invadirvos sen molestarvos." 90 00:07:16,833 --> 00:07:20,375 Saca a cabeza dos papiros, nena. É a guerra. 91 00:07:20,458 --> 00:07:22,375 Así que escolle bando. 92 00:07:22,458 --> 00:07:24,416 Nós ou os bárbaros. 93 00:07:32,583 --> 00:07:34,458 Iso! Así se fai! 94 00:07:34,541 --> 00:07:36,916 A noite xa colle outra traza. 95 00:07:37,000 --> 00:07:40,291 Espectacular é, pero non moi legal. 96 00:07:40,375 --> 00:07:44,291 Xa non pode un masacrar sen ofender a todo o mundo. 97 00:07:45,583 --> 00:07:48,291 César, estás a violar a lei gala. 98 00:07:50,958 --> 00:07:53,291 Mira o que fago coa lei gala. 99 00:08:01,000 --> 00:08:02,125 A peixaría! 100 00:08:05,375 --> 00:08:09,583 - Ocúpate dese imbécil. - Encantado. Caudillus, ven. 101 00:08:11,833 --> 00:08:13,416 Ole a gloria. 102 00:08:13,500 --> 00:08:16,541 Ole a peixe queimado. E non fresco. 103 00:08:29,958 --> 00:08:31,333 Arriba! 104 00:08:44,458 --> 00:08:46,791 Adiviña, adiviñanza, galo. 105 00:08:47,500 --> 00:08:50,250 Que é un irredutible sen poción? 106 00:08:56,291 --> 00:08:59,375 Non che sei. Eu diría un… redutible? 107 00:09:01,500 --> 00:09:03,250 Acougade, nenos. 108 00:09:04,375 --> 00:09:05,875 Listos? 109 00:09:13,000 --> 00:09:13,916 Alto, galo! 110 00:09:14,500 --> 00:09:16,291 Síguenos. Sen lerias. 111 00:09:17,041 --> 00:09:19,833 Deixádemo. É o meu prisioneiro. 112 00:09:20,500 --> 00:09:23,500 Vós… ide deter o ataque das catapultas. 113 00:09:23,583 --> 00:09:26,166 Fastanfurius non nos dixo nada. 114 00:09:26,250 --> 00:09:27,500 Ordes de César. 115 00:09:27,583 --> 00:09:28,833 Ben, vamos! 116 00:09:28,916 --> 00:09:31,166 Mileycirus, queda e axúdalle. 117 00:09:37,583 --> 00:09:40,750 - Imos nese. - Non me van esas atraccións. 118 00:09:40,833 --> 00:09:44,208 Sonche máis do tiro, de pescar parrulos… 119 00:09:50,125 --> 00:09:52,000 Non… 120 00:09:52,083 --> 00:09:53,958 Non! 121 00:09:56,583 --> 00:09:58,458 - Anda, mira. - O que? 122 00:09:58,541 --> 00:09:59,791 Alá, mira. 123 00:10:02,166 --> 00:10:04,375 Pero… que fas, romana? 124 00:10:05,916 --> 00:10:07,958 Escoller bando. Sígueme. 125 00:10:41,083 --> 00:10:44,416 Fillos, comeza outro combate. 126 00:10:44,500 --> 00:10:46,416 Un sen poción máxica. 127 00:10:46,500 --> 00:10:48,750 E nel debemos estar unidos! 128 00:10:49,250 --> 00:10:51,708 Pois o combate dos xefes es ti. 129 00:10:52,250 --> 00:10:53,166 Es ti. 130 00:10:53,791 --> 00:10:54,791 Es ti. 131 00:10:54,875 --> 00:10:57,250 Ti, ti e ti! 132 00:10:59,875 --> 00:11:01,500 Que os romanos vexan 133 00:11:02,041 --> 00:11:03,458 que os xefes 134 00:11:03,541 --> 00:11:04,541 somos nós! 135 00:11:05,791 --> 00:11:07,708 - Vamos! - Leña! 136 00:11:08,208 --> 00:11:09,041 Vas ver! 137 00:11:09,125 --> 00:11:12,875 Cómpren lexionarios de reforzo na arena 138 00:11:12,958 --> 00:11:16,250 debido á rebelión dos galos. Grazas. 139 00:11:16,333 --> 00:11:17,750 Déixame pasar. 140 00:11:17,833 --> 00:11:20,375 A onde vas, Millonsdevisitus? 141 00:11:20,958 --> 00:11:23,250 Chámome Millonsdeclix. 142 00:11:23,333 --> 00:11:24,583 Pola Galia! 143 00:11:26,083 --> 00:11:27,041 Traidor. 144 00:11:28,083 --> 00:11:29,166 MUNDO ROMA 145 00:11:40,416 --> 00:11:45,208 Ata as galas andan a paus. Aí tedes a igualdade que queredes. 146 00:11:50,958 --> 00:11:54,958 Roma é a lei e cómpre obedecer. 147 00:11:55,041 --> 00:11:59,250 Tes que sucumbir, calar e aplaudir. 148 00:11:59,333 --> 00:12:01,208 Como traguei este conto? 149 00:12:01,291 --> 00:12:03,291 …bicádenos os pés. 150 00:12:03,375 --> 00:12:07,166 Nin África nin Grecia. Un imperio, un poder. 151 00:12:07,250 --> 00:12:11,083 Roma manda aquí, gañaches o latín. 152 00:12:11,166 --> 00:12:15,125 Non che hai cousa igual, pois todo está xenial. 153 00:12:15,208 --> 00:12:18,333 Se ben non o ves, habémoscho… 154 00:12:25,250 --> 00:12:26,750 Non, Ideafix. 155 00:12:26,833 --> 00:12:29,541 Non fago máis ca empeoralo todo. 156 00:13:14,958 --> 00:13:20,458 Por fin! Unha boa pelexa á antiga! 157 00:13:30,708 --> 00:13:31,958 Que calor, mimá. 158 00:14:40,041 --> 00:14:41,708 É a poción máxica? 159 00:14:43,750 --> 00:14:47,250 As receitas dos druídas só se transmiten… 160 00:14:47,333 --> 00:14:50,458 De boca de druída a orella de druída. 161 00:14:50,541 --> 00:14:51,708 Déixote. 162 00:15:18,375 --> 00:15:20,333 - Que foi iso? - A poción. 163 00:15:20,958 --> 00:15:22,791 O druída está a facela! 164 00:15:22,875 --> 00:15:24,000 Panorámix. 165 00:15:38,583 --> 00:15:39,833 Á aldea! 166 00:15:49,541 --> 00:15:50,791 Astérix! 167 00:15:53,250 --> 00:15:55,791 Con Obélix! Á catapulta! 168 00:15:58,166 --> 00:15:59,125 Cua, cua. 169 00:16:02,000 --> 00:16:03,750 Veña! Bulide! 170 00:16:07,541 --> 00:16:10,500 Paso, que vou! 171 00:16:34,666 --> 00:16:35,500 Estás ben? 172 00:16:38,375 --> 00:16:39,750 Onde estou? 173 00:16:40,375 --> 00:16:42,375 Que pasa aquí? 174 00:16:50,833 --> 00:16:53,666 Roma é a lei… 175 00:16:57,916 --> 00:16:58,916 Non, Obélix. 176 00:17:00,000 --> 00:17:05,208 Tes que sucumbir, calar e aplaudir. 177 00:17:05,291 --> 00:17:07,791 Perdón, paso. 178 00:17:18,500 --> 00:17:20,083 Como chegaron antes? 179 00:17:20,166 --> 00:17:24,458 É que viñemos nas barcas do Mundo Romano. Saímos ao río. 180 00:17:24,541 --> 00:17:29,166 Mollamos as sandalias, pero así demos chegado antes ca vós. 181 00:17:29,250 --> 00:17:31,041 E está ben a atracción. 182 00:17:31,125 --> 00:17:35,958 Eu montei dúas veces. Se aínda non a probastes, recoméndovola. 183 00:17:36,041 --> 00:17:38,083 - Caudillus! - Si, xa vou. 184 00:17:38,708 --> 00:17:39,750 Está xenial. 185 00:17:52,041 --> 00:17:55,833 Quen será o primeiro en probar a poción máxica? 186 00:18:02,500 --> 00:18:03,541 Caudillus. 187 00:18:05,750 --> 00:18:06,791 Sempre eu? 188 00:18:09,083 --> 00:18:10,083 Bebe. 189 00:18:20,125 --> 00:18:21,166 Contra! 190 00:18:21,250 --> 00:18:23,666 - Dáme que é a boa. - Compróbao. 191 00:18:29,333 --> 00:18:30,583 Compróboo alí? 192 00:18:31,375 --> 00:18:33,250 Estou ata o casco. 193 00:18:33,333 --> 00:18:37,583 Sempre igual. Fágoo eu todo, próboo eu todo. 194 00:18:37,666 --> 00:18:39,708 Agora a poción dos galos. 195 00:18:42,416 --> 00:18:45,916 Mira, síntocho. Eu sigo ordes. 196 00:18:50,416 --> 00:18:51,333 Anda! 197 00:18:51,958 --> 00:18:53,791 - Obélix. - É a boa. 198 00:18:58,750 --> 00:18:59,625 Vas ver ti. 199 00:19:06,291 --> 00:19:07,458 Veña, ho. 200 00:19:08,041 --> 00:19:09,958 Lexión, poción! 201 00:19:49,041 --> 00:19:54,208 Perdón, cal é o plan? Imos beber todos do mesmo cazo? 202 00:20:07,333 --> 00:20:09,583 Obélix, detrás! Coidado! 203 00:20:43,625 --> 00:20:46,041 Lexión, en posición! 204 00:20:53,625 --> 00:20:55,166 De perdidos, ao río. 205 00:20:56,083 --> 00:20:58,416 Que vexan quen son os galos. 206 00:20:58,958 --> 00:21:01,416 Loitemos ata o final! 207 00:21:04,500 --> 00:21:05,708 Galos! 208 00:21:09,416 --> 00:21:10,708 Reunídevos. 209 00:21:10,791 --> 00:21:12,500 Á carga! 210 00:21:36,416 --> 00:21:38,833 Pero que raio…? 211 00:21:54,916 --> 00:21:55,916 Ala! 212 00:22:00,125 --> 00:22:04,000 Anda. Manda truco. 213 00:22:04,083 --> 00:22:06,916 Que está pasando, por Xúpiter? 214 00:22:07,416 --> 00:22:11,583 Non é a máxica, é a que te fai voar e mudar de cor! 215 00:22:13,083 --> 00:22:15,541 É unha mestura das tres. 216 00:22:15,625 --> 00:22:17,166 Pero son brillante. 217 00:22:18,916 --> 00:22:20,125 A primeira vez. 218 00:22:20,208 --> 00:22:21,458 Miserenta. 219 00:22:21,541 --> 00:22:26,083 Contareille a toda Roma que nos traizoaches! 220 00:22:26,166 --> 00:22:27,250 Adiante! 221 00:22:27,750 --> 00:22:29,708 - Non. - É por aí. Chao! 222 00:22:29,791 --> 00:22:32,875 Non! 223 00:22:50,708 --> 00:22:54,166 Mimá. Son uns máquinas dos espectáculos. 224 00:22:54,250 --> 00:22:56,000 Sonche armoricanos. 225 00:23:05,916 --> 00:23:07,500 Que bonito, fillo. 226 00:23:10,875 --> 00:23:12,791 Feliz aniversario, mamá. 227 00:23:13,541 --> 00:23:14,750 Grazas, fillo. 228 00:23:16,250 --> 00:23:18,250 Pompeio nunca tal fixo. 229 00:23:26,500 --> 00:23:27,833 Bravo, Panorámix! 230 00:23:28,333 --> 00:23:31,250 Rapaces, non sería posible sen ela. 231 00:23:31,791 --> 00:23:33,833 Pois grazas, romana. 232 00:23:33,916 --> 00:23:35,333 Metadata. 233 00:23:35,416 --> 00:23:36,375 Astérix. 234 00:23:36,458 --> 00:23:37,875 Apagade o lume. 235 00:23:38,458 --> 00:23:41,416 Eu teño que facer unha cousiña. 236 00:23:45,208 --> 00:23:48,958 Galos! 237 00:23:49,041 --> 00:23:52,500 Galos! 238 00:23:52,583 --> 00:23:56,166 Galos! 239 00:23:56,250 --> 00:23:57,250 Galos! 240 00:23:57,958 --> 00:23:58,875 Galos! 241 00:23:59,791 --> 00:24:03,083 Que fas con eses bárbaros, Wikipedia? 242 00:24:03,583 --> 00:24:07,958 Estes "bárbaros", como dis, serán estridentes, rosmóns, 243 00:24:08,041 --> 00:24:11,458 indisciplinados e de hixiene discutible, 244 00:24:12,625 --> 00:24:17,208 pero non impoñen os seus deuses nin o seu modo de vida. 245 00:24:18,583 --> 00:24:21,666 E, por última vez, chámome Metadata! 246 00:24:22,875 --> 00:24:24,708 Tenche xenio a pícara. 247 00:24:25,208 --> 00:24:27,291 A ver, quen é o xefe? 248 00:24:28,166 --> 00:24:29,166 Eu. 249 00:24:29,750 --> 00:24:31,708 Pero, en realidade, é el. 250 00:24:32,625 --> 00:24:35,750 Galos, poderíavos destruír. 251 00:24:35,833 --> 00:24:38,541 Ai, si? E con que exército? 252 00:24:43,291 --> 00:24:45,875 Pero entretivestes o meu pobo 253 00:24:45,958 --> 00:24:48,041 e merecedes vivir. 254 00:24:48,125 --> 00:24:51,416 E, dada a gran xenerosidade de César… 255 00:24:54,250 --> 00:24:55,458 indúltovos! 256 00:25:04,958 --> 00:25:08,000 Cómpre mellorar o sistema de "gústame". 257 00:25:08,541 --> 00:25:09,541 Vés, mamá? 258 00:25:12,083 --> 00:25:17,166 Por que paran? Había lume, lea, nenos chorando, feridos, sangue… 259 00:25:17,250 --> 00:25:20,500 Todo para un serán perfecto. Por que paran? 260 00:25:23,708 --> 00:25:24,666 Mimá. 261 00:25:26,500 --> 00:25:27,583 Vaia día. 262 00:25:28,416 --> 00:25:29,708 Pois nada… 263 00:25:30,458 --> 00:25:32,500 Como vos indultou, 264 00:25:32,583 --> 00:25:35,250 digo eu que quedamos a pre. 265 00:25:35,333 --> 00:25:38,666 A ver, entendémonos mellor entre galos. 266 00:25:38,750 --> 00:25:39,750 Non? 267 00:25:40,750 --> 00:25:42,291 Veña, sen rancores. 268 00:25:43,541 --> 00:25:44,375 Con. 269 00:25:47,833 --> 00:25:50,625 Viva Abraracúrcix, o noso xefe! 270 00:25:52,083 --> 00:25:53,791 Aquí estamos, Vitelus! 271 00:25:53,875 --> 00:25:57,458 No tradicional banquete galo que pecha o serán. 272 00:25:57,541 --> 00:25:59,000 Si, Annabarbera. 273 00:25:59,083 --> 00:26:00,875 Veña baile e papatoria. 274 00:26:00,958 --> 00:26:04,791 Non se pode negar que os galos saben gozar a vida. 275 00:26:05,541 --> 00:26:09,208 Perdón, pero ides comentar todo sen parar? 276 00:26:09,291 --> 00:26:13,625 A que vén esa necesidade? É para fuxirdes da realidade? 277 00:26:13,708 --> 00:26:17,291 Ou para evitardes ser os actores da vosa vida? 278 00:26:17,958 --> 00:26:19,458 Boa noite, señora. 279 00:26:20,041 --> 00:26:22,291 Por iso, dende que recordo, 280 00:26:22,375 --> 00:26:24,583 apaixóname a cultura gala. 281 00:26:24,666 --> 00:26:27,750 Para agradecercho, direiche un segredo 282 00:26:27,833 --> 00:26:31,000 dos de boca de druída a orella de druída. 283 00:26:31,500 --> 00:26:33,000 - De verdade? - Si. 284 00:26:33,875 --> 00:26:35,958 Ao día seguinte, requecido, 285 00:26:36,041 --> 00:26:38,375 é cando mellor sabe o guiso. 286 00:26:42,791 --> 00:26:47,208 Podería tomar outra cervexa? Grazas. 287 00:26:50,625 --> 00:26:53,458 As ofrendas! 288 00:26:53,541 --> 00:26:56,875 - As ofrendas! - Si, de acordo. 289 00:26:57,791 --> 00:27:00,833 Este creo que xa sei de quen é. 290 00:27:02,791 --> 00:27:05,791 - Un discurso! - Unhas palabras, Obélix! 291 00:27:05,875 --> 00:27:08,041 Un discurso, Obélix! 292 00:27:08,125 --> 00:27:09,958 - Obélix! - Que fale! 293 00:27:13,166 --> 00:27:14,125 Non se oe. 294 00:27:17,000 --> 00:27:18,791 O menhir… 295 00:27:24,916 --> 00:27:28,916 O menhir é para ti, xefe. É para ti, Caralinda. 296 00:27:30,166 --> 00:27:33,958 Para ti, Asegurancetúrix, e para ti, Eseautomátix. 297 00:27:36,166 --> 00:27:38,958 Para Ielosumarín e Ordealfabétix. 298 00:27:39,875 --> 00:27:42,208 E é para ti, amigo Astérix. 299 00:27:42,875 --> 00:27:45,333 Que ben que volveses á aldea. 300 00:27:46,875 --> 00:27:49,625 Si, tamén é para ti, Ideafix. 301 00:27:51,000 --> 00:27:54,500 O menhir, amigos, é para todas e todos nós. 302 00:27:55,291 --> 00:27:59,375 Porque é coma a nosa unidade, coma a nosa aldea, 303 00:28:00,000 --> 00:28:02,041 forte coma unha pedra! 304 00:28:05,791 --> 00:28:07,083 Ben! 305 00:28:07,583 --> 00:28:09,125 Astérix, algo máis? 306 00:28:11,458 --> 00:28:12,833 Pois xa estaría. 307 00:28:16,083 --> 00:28:19,250 E así remata esta bonita aventura. 308 00:28:19,333 --> 00:28:20,666 Coma de costume, 309 00:28:20,750 --> 00:28:23,666 toda a tribo festexa ata o albor. 310 00:28:24,166 --> 00:28:25,000 Toda? 311 00:28:26,041 --> 00:28:27,000 Non. 312 00:28:28,416 --> 00:28:33,291 O teu guiso de verduras da horta estaba delicioso, xefiño. 313 00:28:33,375 --> 00:28:37,125 Grazas, queridiña. Entón non queres ir a Lutecia? 314 00:28:37,208 --> 00:28:38,916 Xa veremos mañá. 315 00:28:39,791 --> 00:28:42,000 Esta noite, tranquiliños. 316 00:28:42,083 --> 00:28:44,083 Si. Vale. 317 00:28:44,583 --> 00:28:47,166 A ver, Netflix, onde quedaramos? 318 00:28:48,375 --> 00:28:49,250 Anteriormente… 319 00:28:49,333 --> 00:28:50,583 Salta o resumo. 320 00:28:50,666 --> 00:28:52,875 Tudum! 321 00:34:04,000 --> 00:34:09,000 Subtítulos: Marina do Albardeiro 322 00:34:11,333 --> 00:34:15,083 "MISIÓN HORTÍCOLA"