1 00:00:25,151 --> 00:00:29,530 Dae? Dae? Ola? 2 00:00:29,530 --> 00:00:30,823 Óesme? 3 00:00:32,450 --> 00:00:36,162 Verán en Portland, todo o mundo ten a alguén. 4 00:00:36,162 --> 00:00:38,664 Eu sigo a intentalo co meu. 5 00:00:38,664 --> 00:00:43,127 Non é doado cando hai 16 fusos horarios e 8000 quilómetros de por medio. 6 00:00:44,837 --> 00:00:47,965 - Kitty, estás aí? Kitty? - Ola. 7 00:00:47,965 --> 00:00:49,092 Ola. 8 00:00:49,092 --> 00:00:50,676 - Xa te oio. - Por fin. 9 00:00:50,676 --> 00:00:53,137 - Teño mala cobertura. - Que duro é isto. 10 00:00:53,137 --> 00:00:54,597 Quen me dera estar aí. 11 00:00:54,597 --> 00:01:00,311 Se non estivese neste flotador na piscina, estaría na casiña cos calcetíns cómodos. 12 00:01:00,311 --> 00:01:01,729 Botándote de menos. 13 00:01:01,729 --> 00:01:04,440 Odio que vivamos tan lonxe. 14 00:01:04,440 --> 00:01:09,987 Eu tamén. Chegaremos a vernos algún día? 15 00:01:09,987 --> 00:01:11,656 - Kitty? - Dae? 16 00:01:11,656 --> 00:01:15,201 Dicía que se chegaremos a vernos algún día. Estás aí? 17 00:01:16,661 --> 00:01:20,248 Si que nos veremos. Daría o que fose por estar aí contigo. 18 00:01:23,126 --> 00:01:25,128 KISS COREA DO SUR 19 00:01:25,128 --> 00:01:27,964 Teño que deixarte. Chámote logo. Abur. 20 00:01:29,048 --> 00:01:31,551 Ola. Si, son eu. 21 00:01:33,177 --> 00:01:34,178 Mi madriña! 22 00:01:35,138 --> 00:01:35,972 Si. 23 00:01:38,182 --> 00:01:40,434 Vinte e catro horas. Entendido. 24 00:01:41,310 --> 00:01:43,271 Si. Acepto oficialmente. 25 00:01:44,188 --> 00:01:46,941 Grazas, moitas grazas. 26 00:01:49,569 --> 00:01:50,862 Si! 27 00:01:54,240 --> 00:01:57,535 Kitty e Dae, amor contra todo prognóstico. 28 00:01:57,535 --> 00:02:00,746 KITTY E DAE AMOR CONTRA TODO PROGNÓSTICO 29 00:02:00,746 --> 00:02:02,331 De que vai isto, Kitty? 30 00:02:02,331 --> 00:02:05,126 As preguntas ó final da presentación. 31 00:02:08,880 --> 00:02:11,215 Teño bo ollo para as parellas. 32 00:02:12,133 --> 00:02:13,467 - Podo sentilo. - Ola. 33 00:02:13,467 --> 00:02:17,346 Sentino entre Laura Jean e Peter. E tamén entre vós. 34 00:02:17,930 --> 00:02:19,265 Ola. 35 00:02:19,265 --> 00:02:20,850 E síntoo entre Dae eu eu. 36 00:02:24,437 --> 00:02:26,731 O DESTINO ENTRA EN XOGO 37 00:02:26,731 --> 00:02:27,857 O destino. 38 00:02:27,857 --> 00:02:31,110 Lembrades cando lles axudei ós avós a limpar o faio? 39 00:02:31,110 --> 00:02:34,947 Pois atopei cousas de mamá e descubrín que estudou en Corea 40 00:02:34,947 --> 00:02:37,450 o seu penúltimo ano de instituto. 41 00:02:37,450 --> 00:02:40,077 A avoa díxome que recibiu unha bolsa xenial 42 00:02:40,077 --> 00:02:43,080 para que os coreanos de fóra coñezan a súa cultura. 43 00:02:43,080 --> 00:02:46,000 - Soa fantástico. - Érao, Eve falaba moito diso. 44 00:02:46,000 --> 00:02:47,710 Pois eu non o sabía. 45 00:02:47,710 --> 00:02:51,380 Sempre dependo das historias dos demais para coñecer a mamá. 46 00:02:51,380 --> 00:02:55,051 - Kitty, eu... - Meu ben, rómpeslle o ritmo. 47 00:02:55,051 --> 00:02:56,219 Ti sigue. 48 00:02:56,219 --> 00:03:00,848 Alí estaba eu, tentando unir aqueles anaquiños da vida de mamá. 49 00:03:01,349 --> 00:03:02,642 E este tipo quen é? 50 00:03:07,021 --> 00:03:08,105 Cancións de amor? 51 00:03:08,105 --> 00:03:10,441 Non foi papá o teu primeiro amor? 52 00:03:14,070 --> 00:03:18,032 E de súpeto, veume algo á cabeza. 53 00:03:18,032 --> 00:03:21,494 Mamá foi á Escola Coreana Independente de Seúl, a KISS, 54 00:03:21,494 --> 00:03:24,580 unha das mellores escolas internacionais do mundo. 55 00:03:24,580 --> 00:03:27,208 A mesma á que vai Dae! 56 00:03:27,208 --> 00:03:30,378 Vaia, que coincidencia! 57 00:03:30,378 --> 00:03:33,047 É máis ca iso, papá. É o destino. 58 00:03:34,340 --> 00:03:36,092 COREA, ALÁ VOU! 59 00:03:36,092 --> 00:03:40,888 Solicitei entrar na KISS e aceptáronme. Déronme a mesma bolsa que a mamá! 60 00:03:45,226 --> 00:03:47,228 A ver, entón sería... 61 00:03:49,146 --> 00:03:53,234 para o teu penúltimo ano... 62 00:03:54,485 --> 00:03:55,653 de universidade. 63 00:03:56,279 --> 00:03:58,531 De instituto. Igual ca mamá. 64 00:03:58,531 --> 00:03:59,615 De instituto? 65 00:04:00,324 --> 00:04:02,952 Ruliña, as clases comezan a semana que vén! 66 00:04:02,952 --> 00:04:06,664 É de tolos, pero é que hoxe quedou unha praza libre. 67 00:04:06,664 --> 00:04:08,749 - Xa volo dixen, o destino! - Pero... 68 00:04:08,749 --> 00:04:13,587 Papá, boto en falla non ter coñecido a mamá. 69 00:04:13,587 --> 00:04:16,340 E sempre estou botando en falla a Dae. 70 00:04:17,174 --> 00:04:21,220 Tamén boto en falla a LJ e Margo, pero están ocupadas, andan ó seu. 71 00:04:21,220 --> 00:04:23,931 É diferente, elas foron á universidade. 72 00:04:23,931 --> 00:04:26,475 Para min non é tan diferente, 73 00:04:26,475 --> 00:04:30,271 porque a única que queda soa na casa son eu. 74 00:04:30,271 --> 00:04:31,814 Con vós os dous, claro. 75 00:04:31,814 --> 00:04:35,901 E obviamente adoro pasar tanto tempo con vós. 76 00:04:35,901 --> 00:04:39,655 Pero estou lista para deixar de botar a todos en falla. 77 00:04:39,655 --> 00:04:42,575 Estou lista para comezar a vivir cousas novas. 78 00:04:44,285 --> 00:04:46,829 - Quero vivir a miña aventura. - Xa vexo, 79 00:04:46,829 --> 00:04:49,832 pero un internado non é coma irmos de vacacións. 80 00:04:49,832 --> 00:04:53,669 - O axente de viaxes facíao todo... - Seino, pero eu terei a Dae. 81 00:04:53,669 --> 00:04:58,549 Será o meu guía, o meu intérprete, estará aí para min. 82 00:04:58,549 --> 00:05:01,719 - Non sei eu. - Meu ben, mira... 83 00:05:02,636 --> 00:05:06,432 É xenial que queira coñecer mellor a súa nai e a súa cultura. 84 00:05:06,432 --> 00:05:10,603 Á idade de Kitty eu pasei un verán na India cos meus curmáns. 85 00:05:10,603 --> 00:05:12,355 Cambioume a vida. 86 00:05:14,774 --> 00:05:18,402 Cando medraches tanto? Non ías ter nove anos para sempre? 87 00:05:18,402 --> 00:05:20,196 Papá, céntrateme. 88 00:05:22,114 --> 00:05:23,449 É importante. 89 00:05:24,450 --> 00:05:27,620 Nunca houbo unha parte de mamá só para min. 90 00:05:28,996 --> 00:05:33,209 Sería a miña oportunidade de coñecela ó meu xeito. 91 00:05:36,629 --> 00:05:41,425 Creo que se atopo este anaco dela, atoparei un anaco de min. 92 00:05:45,304 --> 00:05:47,807 Túa nai estaría moi orgullosa. 93 00:05:50,101 --> 00:05:53,729 Iso quere dicir que podo ir? 94 00:05:54,438 --> 00:05:55,398 Podes ir. 95 00:05:55,398 --> 00:05:58,943 Podo? Mi madriña, grazas! Quérote! 96 00:06:01,445 --> 00:06:05,032 - Vaino pasar moi ben. - Seguro que o pasa moi ben. 97 00:06:06,534 --> 00:06:10,746 Acabo de enviar a miña filla máis nova a Corea para deitarse co mozo? 98 00:06:11,247 --> 00:06:13,749 Non! Non. 99 00:06:16,919 --> 00:06:17,878 Pode ser. 100 00:06:19,505 --> 00:06:21,006 AEROLIÑAS KI-OK 101 00:06:21,006 --> 00:06:22,675 Katherine Song Covey. 102 00:06:22,675 --> 00:06:25,928 Kitty para os amigos. Vou camiño de Seúl, Corea. 103 00:06:25,928 --> 00:06:28,180 Si, xa o vexo no sistema. 104 00:06:30,141 --> 00:06:31,767 "Queridas Laura Jean e Margo: 105 00:06:31,767 --> 00:06:35,312 Non podo crer que a Operación KISS estea en marcha. 106 00:06:35,813 --> 00:06:39,275 Margo, sei que non me cres, pero non o fago só por un mozo. 107 00:06:39,942 --> 00:06:42,945 {\an8}Fágoo por min. Bicos, Kitty." 108 00:07:02,214 --> 00:07:03,549 Perdoa! 109 00:07:06,844 --> 00:07:09,054 Un momento, vas á KISS? 110 00:07:09,680 --> 00:07:11,515 Eu tamén vou ir á KISS. 111 00:07:12,683 --> 00:07:14,268 Non inglés. 112 00:07:17,480 --> 00:07:18,898 Pois vale. Que faltón. 113 00:07:21,025 --> 00:07:22,610 "Ola, son eu outra vez. 114 00:07:22,610 --> 00:07:25,905 A ver, un pouco si que vou a Corea por Dae. 115 00:07:25,905 --> 00:07:27,698 É difícil atopar mozos xeitosos. 116 00:07:27,698 --> 00:07:31,869 {\an8}Por certo, decidín darlle unha sorpresa. Non ten nin idea de que vou. 117 00:07:31,869 --> 00:07:35,664 {\an8}Vou aparecer na festa de benvida e veña: o noso primeiro bico. 118 00:07:35,664 --> 00:07:38,417 {\an8}Estes beizos non seguirán virxes moito tempo. 119 00:07:39,043 --> 00:07:40,336 Bicos, Kitty." 120 00:07:51,555 --> 00:07:52,765 SEÚL, TEU E MEU 121 00:07:52,765 --> 00:07:53,849 {\an8}AEROPORTO DE INCHEON 122 00:08:02,650 --> 00:08:03,984 Grazas! 123 00:08:10,783 --> 00:08:12,201 Aí está o meu bus! 124 00:08:34,473 --> 00:08:35,683 TRANSPORTE PÚBLICO 125 00:08:35,683 --> 00:08:36,642 LIÑAS DE METRO 126 00:08:38,227 --> 00:08:39,103 Desculpe. 127 00:08:55,995 --> 00:08:57,371 Ola, desculpe. 128 00:09:01,500 --> 00:09:03,669 Escola Coreana Independente de Seúl. 129 00:09:08,757 --> 00:09:10,175 Ola, podería...? 130 00:09:41,081 --> 00:09:44,293 Seica teu pai abriu un hotel novo en Dubai. 131 00:09:45,169 --> 00:09:46,587 Encántame, lévoo. 132 00:09:46,587 --> 00:09:49,256 Creo que a teu pai non lle vai chistar. 133 00:09:50,674 --> 00:09:51,550 Como dis? 134 00:09:51,550 --> 00:09:53,844 Non quero problemas co señor Han. 135 00:09:54,553 --> 00:09:57,514 O que non queres son problemas coa súa filla única. 136 00:09:58,349 --> 00:10:00,267 Abofé, Yuri. 137 00:10:04,021 --> 00:10:05,522 Lévamo todo á caixa. 138 00:10:14,198 --> 00:10:16,617 Anda, é Yuri Han! 139 00:10:35,469 --> 00:10:38,097 {\an8}BEBÉ ATA AGORA! 140 00:10:49,274 --> 00:10:53,195 Estás ben? Precisas axuda? 141 00:10:56,281 --> 00:10:57,449 Podédesme levar? 142 00:10:58,909 --> 00:10:59,785 Claro. 143 00:10:59,785 --> 00:11:02,496 Mételle as maletas no coche. Vén connosco. 144 00:11:03,455 --> 00:11:04,832 Grazas. 145 00:11:05,457 --> 00:11:09,294 Estes estranxeiros sempre miran o lado que non é ó cruzar. 146 00:11:13,465 --> 00:11:16,969 - Onde te levamos? - Á Escola Coreana Independente de Seúl. 147 00:11:16,969 --> 00:11:19,096 - Non pode ser. - Coñécela? 148 00:11:19,096 --> 00:11:21,265 - Imos cara alá. - Que dis! 149 00:11:21,265 --> 00:11:22,725 Eu tamén vou á KISS. 150 00:11:24,017 --> 00:11:25,185 Lévanos á escola. 151 00:11:28,230 --> 00:11:30,524 Os teus pais son diplomáticos ou algo? 152 00:11:30,524 --> 00:11:31,442 Non. 153 00:11:31,442 --> 00:11:33,652 - Empresarios? - Vin eu soa. 154 00:11:33,652 --> 00:11:37,614 Hai unha chea de estadounidenses na KISS, sentiraste coma na casa. 155 00:11:37,614 --> 00:11:41,493 - A metade son de fóra. - En realidade eu son medio coreana. 156 00:11:41,493 --> 00:11:44,204 En serio? Tes familia aquí? 157 00:11:44,204 --> 00:11:46,248 Non, só o meu mozo. 158 00:11:46,248 --> 00:11:50,210 Coñecémonos en Seúl hai uns anos. Vaia sorpresa vai levar! 159 00:11:50,210 --> 00:11:52,838 Como, non sabe que te mudaches aquí? 160 00:11:52,838 --> 00:11:56,133 Non, pero teño un plan. Atópoo na festa de benvida, 161 00:11:56,133 --> 00:11:59,970 tócolle o ombro e dígolle: "Perdoa, viches o meu mozo por aquí?" 162 00:11:59,970 --> 00:12:04,683 E logo bicámonos por primeira vez. Xa me estou acalorando! 163 00:12:04,683 --> 00:12:07,227 Non coñezo a ninguén que faría algo así. 164 00:12:07,728 --> 00:12:09,605 Pois agora si. Son Kitty. 165 00:12:09,605 --> 00:12:10,939 Yuri. 166 00:12:10,939 --> 00:12:12,191 E ti? 167 00:12:13,108 --> 00:12:14,276 Estás con alguén? 168 00:12:15,903 --> 00:12:17,070 {\an8}MAMÁ 169 00:12:19,573 --> 00:12:21,825 Se non, axúdoche. Son unha celestina. 170 00:12:23,202 --> 00:12:26,538 Estiven quedando con alguén este verán, pero nada serio. 171 00:12:27,247 --> 00:12:29,249 - Por que? - Porque non pode ser. 172 00:12:29,249 --> 00:12:31,668 - Por que? - Porque é complicado. 173 00:12:31,668 --> 00:12:32,961 Por que é complicado? 174 00:12:34,046 --> 00:12:37,716 - Es sempre así ó coñecer xente nova? - Só se son interesantes. 175 00:12:38,884 --> 00:12:40,177 Téñoche boa sorte. 176 00:13:04,952 --> 00:13:09,957 {\an8}KISS BENVIDOS 177 00:13:14,461 --> 00:13:17,422 - Grazas. E grazas pola viaxe. - Non hai de que. 178 00:13:18,632 --> 00:13:20,259 Boa sorte con todo. 179 00:13:25,180 --> 00:13:28,183 {\an8}ONDE ESTÁS? 180 00:13:31,562 --> 00:13:34,439 Debes as taxas académicas dende hai dúas semanas. 181 00:13:34,439 --> 00:13:36,650 Xa o sei e xa o teño case todo. 182 00:13:36,650 --> 00:13:41,363 Dae, temos a mesma conversa cada trimestre. 183 00:13:41,363 --> 00:13:42,698 Xa o sei. 184 00:13:42,698 --> 00:13:46,994 {\an8}E tamén sei que sempre mira por min. 185 00:13:47,619 --> 00:13:51,373 Se me dá máis tempo, podo arranxalo. 186 00:13:51,373 --> 00:13:55,836 Sabes que quero axudar, pero este curso temos lista de espera. 187 00:13:55,836 --> 00:13:58,589 Por favor, non pode facer nada? 188 00:14:04,845 --> 00:14:07,764 Podo darche ata esta noite. 189 00:14:08,849 --> 00:14:11,518 Se non pagas hoxe, cancelaráseche a matrícula. 190 00:14:11,518 --> 00:14:14,938 Grazas, moitas grazas! É a mellor! 191 00:14:19,651 --> 00:14:24,239 DAE TEÑO UNHA SORPRESA! 192 00:14:24,239 --> 00:14:28,410 PÁSAO BEN NA FESTA DE BENVIDA! 193 00:14:37,794 --> 00:14:41,048 KITTY: TEÑO UNHA SORPRESA! PÁSAO BEN NA FESTA DE BENVIDA! 194 00:14:41,048 --> 00:14:42,382 Ei, profesor! 195 00:14:44,092 --> 00:14:49,014 Precisa un profesor auxiliar? Por sorte para vostede, estou dispoñible. 196 00:14:52,142 --> 00:14:53,185 Profesor... 197 00:14:55,228 --> 00:14:57,689 MAMÁ CHAMADA ENTRANTE 198 00:14:57,689 --> 00:14:58,774 MAMÁ REXEITADA 199 00:14:58,774 --> 00:15:01,401 {\an8}BEBÉ ATA AGORA! ONDE ESTÁS? 200 00:15:04,655 --> 00:15:06,615 BENVIDOS Á KISS 201 00:15:07,532 --> 00:15:11,328 Síntoo moito, foi culpa miña. Estás ben? 202 00:15:11,328 --> 00:15:12,788 Estou. 203 00:15:15,707 --> 00:15:18,168 Arre demo! Vou ter que estudar máis coreano. 204 00:15:19,127 --> 00:15:20,754 Ola, son nova. 205 00:15:20,754 --> 00:15:22,756 Benvida á KISS. Nome? 206 00:15:22,756 --> 00:15:25,342 Katherine Song Covey, Kitty para os amigos. 207 00:15:25,342 --> 00:15:27,844 - Quedas na residencia? - Quedo. 208 00:15:31,056 --> 00:15:33,517 Aquí está. Estaba no ficheiro equivocado. 209 00:15:34,434 --> 00:15:36,812 - Enche estes formularios. - Grazas. 210 00:15:41,900 --> 00:15:43,652 {\an8}JINA LIM DIRECTORA DA ESCOLA 211 00:15:46,697 --> 00:15:49,533 - Querías verme? - Senta, Yuri. 212 00:15:49,533 --> 00:15:53,870 Aínda non comezamos as clases e xa me chaman ó despacho da directora. 213 00:15:53,870 --> 00:15:55,163 Yuri... 214 00:15:56,498 --> 00:15:57,958 Coñezo esa mirada. 215 00:15:58,500 --> 00:16:01,294 Isto non é unha charla de directora a alumna. 216 00:16:01,294 --> 00:16:03,088 É de nai a filla. 217 00:16:03,088 --> 00:16:05,799 - E moi seria ademais. - Que fixen agora? 218 00:16:05,799 --> 00:16:08,760 Esta mañá chamáronme os pais de Juliana. 219 00:16:09,803 --> 00:16:10,846 Moi ben. 220 00:16:11,555 --> 00:16:14,850 Seica a súa ama de chaves vos viu a ti e a Juliana... 221 00:16:16,309 --> 00:16:17,978 abrazándovos a semana pasada. 222 00:16:19,521 --> 00:16:20,522 Abrazándonos? 223 00:16:21,106 --> 00:16:23,066 Dixo iso? En serio? 224 00:16:23,650 --> 00:16:27,279 Deille unha aperta de despedida, nada romántico. 225 00:16:27,279 --> 00:16:31,742 - A ama de chaves non dixo iso. - Fíaste máis da ama ca da túa filla? 226 00:16:31,742 --> 00:16:35,746 Normalmente non, pero este verán andaches ás agachadas. 227 00:16:36,830 --> 00:16:38,790 Algo tramas. 228 00:16:38,790 --> 00:16:41,793 E ti que sabes? Papá e ti nunca estades na casa. 229 00:16:41,793 --> 00:16:45,297 Andades moi ocupados expandindo o "imperio dos Hoteis Han". 230 00:16:45,797 --> 00:16:49,551 O único que vos importa é a fusión cos Hoteis Miller. 231 00:16:49,551 --> 00:16:51,678 Madison Miller estudará na KISS. 232 00:16:51,678 --> 00:16:55,724 O último que preciso son rexoubas na escola sobre ti e Juliana. 233 00:16:55,724 --> 00:16:59,311 Yuri, cóntame a verdade. 234 00:16:59,895 --> 00:17:02,064 Que pasa entre vós as dúas? 235 00:17:04,566 --> 00:17:09,488 Vale, este verán estiven con alguén ás agachadas. 236 00:17:10,238 --> 00:17:13,658 Juliana só me axudou a encubrilo. 237 00:17:14,868 --> 00:17:15,911 Quen é? 238 00:17:15,911 --> 00:17:19,539 Alguén que ti e papá non aprobariades. 239 00:17:19,539 --> 00:17:23,460 Poderías dicirlles ós pais de Juliana que foi un malentendido? 240 00:17:31,468 --> 00:17:34,763 Teño que baixar recibir as familias na mesa de benvida. 241 00:17:36,640 --> 00:17:40,477 En canto remate, chamarei os pais de Juliana. 242 00:17:42,187 --> 00:17:43,063 E Yuri... 243 00:17:43,814 --> 00:17:45,941 Quero coñecer ese rapaz misterioso. 244 00:17:56,618 --> 00:17:57,702 Jina. 245 00:18:09,673 --> 00:18:10,507 EVE E JINA 246 00:18:10,507 --> 00:18:14,177 Jina. É ela? Penso que si! 247 00:18:14,177 --> 00:18:16,972 Vou coñecer en persoa a amiga de mamá. 248 00:18:19,057 --> 00:18:23,395 Ola. Vostede non estudaría aquí nos 90, verdade? 249 00:18:23,395 --> 00:18:26,314 Estudei, si. Promoción do 94. 250 00:18:26,314 --> 00:18:30,068 Agora estou á fronte da escola. Son a directora Lim. Benvida. 251 00:18:30,068 --> 00:18:32,195 Kitty Song Covey, nova alumna. 252 00:18:32,195 --> 00:18:35,073 Creo que miña nai estudou aquí con vostede. 253 00:18:35,991 --> 00:18:37,742 Chamábase Eve Song. 254 00:18:40,453 --> 00:18:42,414 Non me quere soar. 255 00:18:42,414 --> 00:18:44,249 Esta é vostede, non? 256 00:18:44,249 --> 00:18:48,420 Está guapísima. Non envelleceu. Que ben coidan a pel en Corea! 257 00:18:50,130 --> 00:18:53,383 Descúlpasme? Vin a alguén con quen debo falar. 258 00:18:54,843 --> 00:18:57,262 É cousa miña ou iso foi raro? 259 00:18:57,262 --> 00:18:59,347 RESIDENCIA OESTE 260 00:19:14,196 --> 00:19:15,071 Ola? 261 00:20:00,951 --> 00:20:01,910 Ola, papá. 262 00:20:01,910 --> 00:20:04,537 Ola, cousiña! Vai todo ben? 263 00:20:04,537 --> 00:20:06,248 Estás instalada no cuarto? 264 00:20:06,248 --> 00:20:09,876 Si, non sei onde van as compañeiras, pero deixaron todo aquí. 265 00:20:09,876 --> 00:20:11,253 Vante adorar, seguro. 266 00:20:11,253 --> 00:20:14,381 Creo que coñecín a alguén do álbum de fotos de mamá, 267 00:20:14,381 --> 00:20:17,217 pero fixo como que non se lembraba dela. 268 00:20:17,217 --> 00:20:20,553 - En fin, pasou moito tempo. - Si, supoño. 269 00:20:20,553 --> 00:20:24,599 É que non podo crer que vaia coñecer xente que coñecía a mamá. 270 00:20:24,599 --> 00:20:28,979 E ata irás ás clases polos mesmos corredores ca ela, 271 00:20:28,979 --> 00:20:30,855 estudarás na mesma biblioteca. 272 00:20:30,855 --> 00:20:35,193 Ó mellor ata estás agora mesmo no mesmo cuarto ca ela. 273 00:20:36,111 --> 00:20:37,445 Que emoción! 274 00:20:38,280 --> 00:20:40,198 Iso será por ver a Dae. 275 00:20:42,534 --> 00:20:44,786 Pero é verdade. Sinto bolboretas. 276 00:20:44,786 --> 00:20:48,248 Vouno ver nuns 184 minutos. 277 00:20:49,958 --> 00:20:51,501 Na festa de benvida. 278 00:20:51,501 --> 00:20:54,087 Pois pásao moi ben e lembra... 279 00:20:54,087 --> 00:20:57,549 Non quero falar outra vez de anticonceptivos. 280 00:20:57,549 --> 00:21:00,677 Dae e eu nin nos bicamos. Aínda. 281 00:21:00,677 --> 00:21:02,012 O que che ía dicir 282 00:21:02,012 --> 00:21:07,058 é que a única forma de superar o jet lag é aguantar esperta todo o que poidas. 283 00:21:07,058 --> 00:21:09,185 Si, aguantar esperta. Pílloo. 284 00:21:09,185 --> 00:21:11,730 - Quérote. - Eu tamén te quero. 285 00:21:13,898 --> 00:21:15,734 Vale, aguantar esperta. 286 00:21:20,155 --> 00:21:24,492 Estou esperta. Estou moi esperta. 287 00:21:26,786 --> 00:21:29,914 Onde estou? Quen son? 288 00:21:30,790 --> 00:21:32,709 CALENDARIO: FESTA DE BENVIDA ÁS 19:00 289 00:21:32,709 --> 00:21:33,835 Mi madriña, Dae! 290 00:21:57,484 --> 00:22:01,863 Vaia! Está claro que isto non é o baile de primavera do Instituto Adler. 291 00:22:06,117 --> 00:22:06,951 BENVIDOS 292 00:22:27,555 --> 00:22:31,601 - Ai, Deus! Perdoa! - Mira por onde andas! 293 00:22:33,520 --> 00:22:35,772 Vaia, si que falas inglés. 294 00:22:37,148 --> 00:22:38,441 Pilloute! 295 00:22:39,859 --> 00:22:40,902 Benvida á KISS. 296 00:22:40,902 --> 00:22:43,238 Non te sintas mal. Encántalle facelo. 297 00:22:43,238 --> 00:22:45,532 A min tamén mo fixo ó coñecernos. 298 00:22:47,409 --> 00:22:49,411 Hostia, Q! Que isto é de xastre! 299 00:22:49,411 --> 00:22:52,163 Cala xa coa roupa e mira quen nos vén aí. 300 00:22:54,374 --> 00:22:57,085 - De onde sacou Dae ese traxe? - Oe, Dae! 301 00:23:06,344 --> 00:23:07,595 Está pasando. 302 00:23:08,346 --> 00:23:12,684 Está aquí. Máis guapo aínda do que imaxinaba. 303 00:23:36,207 --> 00:23:38,668 Aquí estou. Vaia sorpresa, non? 304 00:23:39,294 --> 00:23:42,839 Estás de broma? Vaime estoupar a cabeza! 305 00:23:42,839 --> 00:23:46,593 - Que fas aquí? - Cambieime á KISS. 306 00:23:46,593 --> 00:23:51,556 Déronme unha bolsa de estudos e todo. Podemos pasar o curso xuntos. 307 00:23:56,686 --> 00:23:58,313 E agora toca bico! 308 00:24:01,733 --> 00:24:04,944 Agarda, Kitty. Teño que contarche algo. 309 00:24:07,447 --> 00:24:09,908 - Kitty? - Agarrouno do brazo? 310 00:24:09,908 --> 00:24:11,201 Estás impresionante. 311 00:24:11,201 --> 00:24:14,120 Por que está a agarralo do brazo? 312 00:24:14,954 --> 00:24:16,039 Preséntoche a Dae. 313 00:24:17,207 --> 00:24:21,377 A persoa da que me falaches no coche? 314 00:24:21,377 --> 00:24:24,297 Si, o meu mozo. 315 00:24:32,430 --> 00:24:33,306 Perdoa. 316 00:24:40,021 --> 00:24:41,940 Perdoa. Isto non pode ser certo. 317 00:24:55,119 --> 00:24:56,538 ESTA TEMPADA EN BICOS, KITTY 318 00:24:56,538 --> 00:24:58,957 Namorei dun completo mentireiro. 319 00:24:58,957 --> 00:25:01,251 Impórtasme, es a miña mellor amiga. 320 00:25:01,251 --> 00:25:02,877 É unha relación falsa. 321 00:25:04,629 --> 00:25:05,505 MÁIS DRAMA 322 00:25:05,505 --> 00:25:07,799 Cruzaches o mundo por Dae sen dicirllo. 323 00:25:07,799 --> 00:25:10,385 - Que pasa? - Dae estívote enganando. 324 00:25:11,594 --> 00:25:12,512 MÁIS PRIMEIRAS VECES 325 00:25:12,512 --> 00:25:15,473 - Sae da miña vida. - Eu tampouco quero sentar contigo. 326 00:25:16,474 --> 00:25:18,643 Mira ben con quen compartes os segredos. 327 00:25:18,643 --> 00:25:20,395 As nosas nais coñecíanse na KISS. 328 00:25:21,187 --> 00:25:22,063 MÁIS SENTIMENTOS 329 00:25:25,817 --> 00:25:28,987 - Con quen queredes compartir cuarto? - Eu con Kitty. 330 00:25:28,987 --> 00:25:30,071 Ai, si? 331 00:25:33,658 --> 00:25:34,826 Que fas? 332 00:25:34,826 --> 00:25:37,161 O que tiven que facer en canto chegaches. 333 00:26:29,213 --> 00:26:32,133 {\an8}Subtítulos: Abraham Díaz López