1 00:00:28,988 --> 00:00:33,117 CONTRATO DE CONFIDENCIALIDADE 2 00:00:38,623 --> 00:00:40,083 Dae, que é isto? 3 00:00:41,167 --> 00:00:42,085 O que? 4 00:00:44,337 --> 00:00:47,882 - De onde sacaches...? - Dende cando saes con Han Yuri? 5 00:00:47,882 --> 00:00:49,175 Deixoute Kitty? 6 00:00:49,175 --> 00:00:50,927 Que pasou? Cóntamo! 7 00:00:50,927 --> 00:00:52,720 Non te preocupes. 8 00:00:53,679 --> 00:00:57,141 Mira, Dae Heun, íate levar ó campus, 9 00:00:57,141 --> 00:00:59,268 pero chamoume o presidente Han. 10 00:00:59,268 --> 00:01:01,187 - Vale. - Papá, 11 00:01:01,187 --> 00:01:04,065 iso agora dá igual. 12 00:01:04,065 --> 00:01:06,234 Dae está a facerse viral! 13 00:01:07,443 --> 00:01:11,114 "Dae Heun Kim, humilde mozo de Yuri Han, a herdeira hoteleira, 14 00:01:11,114 --> 00:01:13,908 salva a imaxe empresarial dos Hoteis Han. 15 00:01:13,908 --> 00:01:16,911 Retómase a adquisición dos Hoteis Miller." 16 00:01:18,329 --> 00:01:20,248 E ti que tal estás? 17 00:01:20,248 --> 00:01:23,751 - Quéresme contar algo? - Non te preocupes. 18 00:01:23,751 --> 00:01:25,670 - Todo vai ir ben. - De acordo. 19 00:01:27,713 --> 00:01:28,548 Marcho. 20 00:01:32,218 --> 00:01:33,094 Ollo cos coches! 21 00:01:33,094 --> 00:01:34,554 - Vale. - Pasa bo día. 22 00:01:37,306 --> 00:01:38,266 Dae. 23 00:01:38,266 --> 00:01:40,143 Xogamos antes de que marches? 24 00:01:40,143 --> 00:01:41,811 Non, xa imos tarde. 25 00:01:41,811 --> 00:01:42,812 Prepárate. 26 00:01:43,688 --> 00:01:44,689 Vale. 27 00:01:44,689 --> 00:01:46,315 - Mochila lista? - Lista. 28 00:01:46,315 --> 00:01:47,483 Ben feito. 29 00:01:53,406 --> 00:01:54,407 Bora... 30 00:01:57,493 --> 00:01:59,078 que lles pasou ós tenis? 31 00:02:00,204 --> 00:02:03,040 Estarei pegando un estirón. Non pasa nada. 32 00:02:04,417 --> 00:02:06,294 Como que non pasa nada? 33 00:02:11,757 --> 00:02:13,676 Vai quedar algo raro, pero... 34 00:02:15,511 --> 00:02:16,888 Ergue o pé. 35 00:02:19,098 --> 00:02:23,811 A ver se che aguanta un tempo. 36 00:02:24,896 --> 00:02:26,772 Ninguén se vai decatar. 37 00:02:27,481 --> 00:02:30,902 Non importa, xa se rin igualmente de min na escola. 38 00:02:32,069 --> 00:02:32,945 Que? 39 00:02:32,945 --> 00:02:34,030 Veña, vamos! 40 00:02:58,429 --> 00:03:00,681 Eu poñería o prendedor máis arriba. 41 00:03:02,016 --> 00:03:02,892 Grazas. 42 00:03:04,477 --> 00:03:06,646 Veña, pasade. 43 00:03:08,147 --> 00:03:10,691 Isto pode ir aí. 44 00:03:10,691 --> 00:03:13,778 E este déixamo aí, por favor. 45 00:03:14,946 --> 00:03:17,573 - Pero segues aquí? - Contrataches a mudanza? 46 00:03:18,199 --> 00:03:20,326 - Kitty, segues aquí. - Segue, si. 47 00:03:20,326 --> 00:03:23,287 Vou chamar a policía do campus para que a boten. 48 00:03:23,287 --> 00:03:27,375 - Deixa iso. - Dae, temos que falar. Xa. 49 00:03:31,254 --> 00:03:34,548 - Por onde comezamos? - Chego tarde. Teño que cambiarme. 50 00:03:34,548 --> 00:03:36,676 Vinte na tele esta mañá. 51 00:03:36,676 --> 00:03:39,178 Hai que ver que ben actúas. 52 00:03:39,178 --> 00:03:42,848 - Seguro que tes preguntas. - Teño, para comezar... 53 00:03:43,808 --> 00:03:44,892 Que? 54 00:03:51,023 --> 00:03:54,944 Para comezar, quero saber por que me perseguiches en pixama, 55 00:03:54,944 --> 00:03:57,405 rogáchesme que quedase e case me bicas. 56 00:03:57,405 --> 00:04:00,199 - Kitty. - Teríache devolto o bico, 57 00:04:00,199 --> 00:04:04,537 se non te tivera raptado a familia da túa outra moza, por certo. 58 00:04:04,537 --> 00:04:05,955 Podo explicarcho. 59 00:04:05,955 --> 00:04:07,206 Fantástico. 60 00:04:07,206 --> 00:04:09,166 Comezamos polas mentiras? 61 00:04:09,667 --> 00:04:11,127 Mentiras? En plural? 62 00:04:11,627 --> 00:04:13,421 Tes dúas mozas, non? 63 00:04:13,421 --> 00:04:15,339 Ou esa mentira tamén é mentira? 64 00:04:15,339 --> 00:04:18,843 E por que finxiches ser rico todos estes anos? 65 00:04:19,468 --> 00:04:21,679 - En que máis mentes? - Nunca mentín. 66 00:04:21,679 --> 00:04:24,265 Facías videochamadas dende un coche de luxo 67 00:04:24,265 --> 00:04:27,018 pero esquecíache dicir que teu pai era o chofer? 68 00:04:28,853 --> 00:04:32,189 Non me coñeces abondo para saber que non me importaría? 69 00:04:41,782 --> 00:04:42,908 Dábame vergoña. 70 00:04:45,161 --> 00:04:48,539 Coñezo unha beleza de vacacións de luxo coa súa familia 71 00:04:49,832 --> 00:04:51,500 e resulta que lle intereso. 72 00:04:55,087 --> 00:04:56,130 E o de Yuri... 73 00:04:57,131 --> 00:04:59,759 Temos que marchar xa ou chegaremos tarde. 74 00:05:03,012 --> 00:05:04,555 Deixo a porta aberta. 75 00:05:07,016 --> 00:05:08,351 Dae, arreando. 76 00:05:09,977 --> 00:05:11,896 Despois vémonos a soas 77 00:05:11,896 --> 00:05:16,275 e prométoche que cho podo explicar todo. 78 00:05:19,320 --> 00:05:20,988 Iso espero. 79 00:05:30,414 --> 00:05:31,916 BEBÉ ESTÁS BEN? 80 00:05:31,916 --> 00:05:33,626 NON ENVIADO 81 00:05:33,626 --> 00:05:35,378 ONDE ESTÁS? NON ENVIADO 82 00:05:35,378 --> 00:05:37,254 CHÁMAME, POR FAVOR 83 00:05:37,254 --> 00:05:38,798 Escríbeslle a Dae? 84 00:05:39,507 --> 00:05:40,591 Escribo, si. 85 00:05:40,591 --> 00:05:43,219 - Dille se firmou xa o contrato. - Non. 86 00:05:44,261 --> 00:05:45,513 Isto xa é raro dabondo. 87 00:05:46,138 --> 00:05:49,225 Papá e ti convertestes isto nun negocio. 88 00:05:50,226 --> 00:05:51,143 Moi ben. 89 00:05:52,353 --> 00:05:54,146 E ti xa estás lista? 90 00:05:54,146 --> 00:05:55,564 Dáme un minuto. 91 00:06:08,494 --> 00:06:10,496 Xa podes abrir os ollos. 92 00:06:13,416 --> 00:06:15,334 Mi madriña! 93 00:06:15,835 --> 00:06:18,379 Tes un talento que dá medo. 94 00:06:19,588 --> 00:06:22,758 - Podía estar mellor, máis esfumado. - Estás de broma? 95 00:06:23,717 --> 00:06:25,511 Que chulo o tema este. Cal é? 96 00:06:25,511 --> 00:06:27,847 É do DJ do que che falei. 97 00:06:27,847 --> 00:06:30,891 Ah, o DJ que vai picar en Noitevella? 98 00:06:30,891 --> 00:06:34,562 Podemos ir velo xuntas a Islandia. 99 00:06:35,396 --> 00:06:38,983 E bailarmos as dúas baixo a aurora boreal? 100 00:06:39,525 --> 00:06:40,693 Morro de ganas. 101 00:06:41,402 --> 00:06:42,236 Eu tamén. 102 00:07:00,129 --> 00:07:02,548 Yuri! Imos chegar tarde! 103 00:07:04,842 --> 00:07:06,051 Xa vou! 104 00:07:09,180 --> 00:07:11,223 RELACIÓN VIRAL EN ROLDA DE PRENSA 105 00:07:11,223 --> 00:07:12,600 NOVO ACCESORIO DA YURI! 106 00:07:12,600 --> 00:07:14,143 COMO OS SHIPPEO! LINDOS! 107 00:07:21,942 --> 00:07:23,736 Dae Heun Kim. Tes o contrato? 108 00:07:24,236 --> 00:07:26,572 Anda con ollo, temos paparazzi detrás. 109 00:07:28,574 --> 00:07:30,784 É miña nai, agora tenme vixiada. 110 00:07:34,622 --> 00:07:36,457 Foi máis doado do que pensaba. 111 00:07:38,667 --> 00:07:39,668 Listo. Vamos. 112 00:07:41,921 --> 00:07:43,088 Sorrí. 113 00:07:45,925 --> 00:07:48,969 Kitty xa sabe moito. Teño que contarlle a verdade. 114 00:07:48,969 --> 00:07:51,680 - Non podes. - Teño conciencia, sabes? 115 00:07:51,680 --> 00:07:55,851 Finxo saír contigo e míntolle á prensa, pero teño integridade. 116 00:07:55,851 --> 00:07:58,729 Non, Dae Heun Kim, non podes, literalmente. 117 00:07:58,729 --> 00:08:00,356 Queres que te denunciemos? 118 00:08:01,357 --> 00:08:04,276 O que ti digas, pero dime unha cousa, 119 00:08:04,276 --> 00:08:05,903 quen é "Bebé"? 120 00:08:07,738 --> 00:08:10,115 - Non é cousa túa. - Moi ben. 121 00:08:10,699 --> 00:08:13,953 Entón contareillo ó avogado de teu pai. Atenta ó móbil. 122 00:08:22,044 --> 00:08:23,170 É Juliana. 123 00:08:29,301 --> 00:08:30,761 Estou con Juliana. 124 00:08:33,973 --> 00:08:35,057 Que queres dicir? 125 00:08:42,064 --> 00:08:43,274 Estás con Juliana? 126 00:08:46,860 --> 00:08:49,989 Agardaba por ela na festa de benvida, pero non veu. 127 00:08:49,989 --> 00:08:54,243 Borráronlle as redes sociais e tampouco ten o móbil dispoñible. 128 00:08:55,661 --> 00:08:58,622 Os pais debérona mandar de volta pola miña culpa. 129 00:09:01,333 --> 00:09:02,918 Pode que non a volva ver. 130 00:09:11,302 --> 00:09:12,136 Sube. 131 00:09:17,433 --> 00:09:18,726 Que fas? 132 00:09:19,685 --> 00:09:21,937 Non imos chegar tarde o primeiro día. 133 00:09:23,856 --> 00:09:25,441 Fíate de min, sube. 134 00:09:36,785 --> 00:09:37,745 Grazas. 135 00:09:40,914 --> 00:09:42,291 O destes non é serio. 136 00:09:43,584 --> 00:09:46,086 Non che parece? Se andan actuando así... 137 00:09:46,712 --> 00:09:49,381 Son Kitty Song Covey, encantada. 138 00:09:49,381 --> 00:09:51,967 Arre demo, es a Acosadora de Portland! 139 00:09:54,845 --> 00:09:59,266 Non pasa nada. Só é o primeiro día. Escoitarei a canción favorita de mamá... 140 00:10:01,101 --> 00:10:05,648 centrareime en que ela estudou aquí e esquecerei os dramas de mozos. 141 00:10:05,648 --> 00:10:08,108 Hoxe será un día xenial. 142 00:10:19,953 --> 00:10:21,246 Grazas polo de antes. 143 00:10:21,246 --> 00:10:22,331 Non hai de que. 144 00:10:23,540 --> 00:10:28,087 Non podo impedir que lle digas a Kitty que o noso é falso. 145 00:10:28,796 --> 00:10:31,548 Pero debe gardar o segredo. 146 00:10:32,299 --> 00:10:34,301 Enténdoo. Kitty tamén o entenderá. 147 00:10:34,968 --> 00:10:37,930 Nunca lle contou a ninguén os meus segredos. 148 00:10:39,098 --> 00:10:42,309 Tampouco pode coñecer o motivo real desta farsa. 149 00:10:42,309 --> 00:10:44,937 Seino. Nunca llo contaría. 150 00:10:46,188 --> 00:10:49,650 Se pregunta o motivo real, xa se me ocorrerá algo. 151 00:10:50,442 --> 00:10:51,735 Estou dos nervios. 152 00:10:53,946 --> 00:10:56,490 Fixéchesme os deberes para a clase de Lee? 153 00:10:58,617 --> 00:11:01,245 Para iso che pago como titor, non? 154 00:11:03,372 --> 00:11:06,291 Non te ofendas, pero oxalá cortemos axiña. 155 00:11:06,834 --> 00:11:08,293 O mesmo digo, rapaz. 156 00:11:15,008 --> 00:11:16,051 Que demo pasa? 157 00:11:18,637 --> 00:11:21,974 - Juliana? Ceo santo, estás aquí! - Ola. 158 00:11:21,974 --> 00:11:23,183 Só un segundiño. 159 00:11:23,183 --> 00:11:25,811 Escoita, meus pais mándanme a Oakham. 160 00:11:27,062 --> 00:11:30,232 - Non. - Xa, pero polo menos non é un convento. 161 00:11:30,232 --> 00:11:31,692 Foi todo culpa miña. 162 00:11:31,692 --> 00:11:34,695 - Debín andar con máis tino. - Non foi culpa túa. 163 00:11:34,695 --> 00:11:38,574 Que pinto eu aquí sen ti? Todo é unha merda. 164 00:11:38,574 --> 00:11:42,244 Seguirei acompañándote aínda que non poidamos falar. 165 00:11:43,746 --> 00:11:46,415 Pero non puidemos facer os nosos plans: 166 00:11:46,415 --> 00:11:48,667 Noitevella, a aurora boreal, 167 00:11:49,418 --> 00:11:51,086 ir da man en público. 168 00:11:51,086 --> 00:11:53,338 Por fin iamos ser nós mesmas. 169 00:11:53,338 --> 00:11:57,050 E aínda podemos selo, porque es lista coma un allo. 170 00:11:57,843 --> 00:11:59,720 Distraer os teus pais con Dae? 171 00:11:59,720 --> 00:12:02,514 Miña nai escoitouno no seu programa favorito 172 00:12:02,514 --> 00:12:04,767 e ata ela vos shippea. 173 00:12:04,767 --> 00:12:07,895 - Só é un apaño. - É xusto o que precisamos. 174 00:12:07,895 --> 00:12:10,439 Sigue coa farsa da parella do momento 175 00:12:10,439 --> 00:12:12,816 e meus pais esquecerán os rumores 176 00:12:12,816 --> 00:12:15,444 e despois estaremos xuntas. 177 00:12:15,444 --> 00:12:19,156 Bicándonos á medianoite en Islandia. 178 00:12:19,156 --> 00:12:21,617 - Como? - Nin idea. 179 00:12:21,617 --> 00:12:24,286 Pero se me prometes que estarás alí, 180 00:12:24,995 --> 00:12:26,705 eu prométoche o mesmo. 181 00:12:37,216 --> 00:12:38,759 Lisca. É o primeiro día. 182 00:12:38,759 --> 00:12:41,512 Se chegas tarde, a directora Lim vaite mallar! 183 00:12:44,723 --> 00:12:45,933 Veña. 184 00:12:53,982 --> 00:12:55,359 Decateime de contado. 185 00:12:55,984 --> 00:12:58,362 A redacción, a gramática tradicional... 186 00:12:59,446 --> 00:13:02,699 Yuri adoita ser máis coloquial. 187 00:13:03,784 --> 00:13:06,036 Pode probar que llo escribiu o titor? 188 00:13:07,704 --> 00:13:08,622 Pois... 189 00:13:09,790 --> 00:13:10,624 non. 190 00:13:12,918 --> 00:13:14,795 Pois non hai máis que falar. 191 00:13:30,143 --> 00:13:32,896 - Que? - Tes cara de andar perdida. 192 00:13:32,896 --> 00:13:36,567 - Busco a aula de Literatura. - Claro, arriba á dereita. 193 00:13:36,567 --> 00:13:37,609 Xenial, grazas! 194 00:13:42,030 --> 00:13:43,907 Profesor Lee. 195 00:13:43,907 --> 00:13:45,784 Encantado de velo. 196 00:13:45,784 --> 00:13:47,494 Vai á miña clase de terceiro? 197 00:13:48,120 --> 00:13:50,122 Non, xa nos coñecemos antes. 198 00:13:50,122 --> 00:13:51,957 Na comida da facultade? 199 00:13:53,125 --> 00:13:55,878 - Son un profesor novo. - Xa vexo. 200 00:13:59,882 --> 00:14:00,716 Xenial. 201 00:14:00,716 --> 00:14:05,095 Recibo moreas de alumnos que só coñecen o máis básico do canon occidental. 202 00:14:09,016 --> 00:14:10,851 Temos que comer xuntos. 203 00:14:13,186 --> 00:14:15,063 Iso mudará comigo. 204 00:14:16,899 --> 00:14:18,150 Véxoos a todos mañá. 205 00:14:20,027 --> 00:14:22,779 Dae, ti e Yuri sodes adorables. 206 00:14:22,779 --> 00:14:24,698 Ides a máis clases xuntos? 207 00:14:25,824 --> 00:14:26,867 Non estou seguro. 208 00:14:29,912 --> 00:14:33,332 Coñecíame o horario vivindo a miles de quilómetros. 209 00:14:34,082 --> 00:14:35,709 Sonche os Trólez Farólez. 210 00:14:35,709 --> 00:14:37,210 Dae, agarda! 211 00:14:39,046 --> 00:14:41,256 Señorita Song Covey, un momento. 212 00:14:41,256 --> 00:14:45,719 Tras examinar as súas notas remitín o seu nome á oficina de titorías. 213 00:14:45,719 --> 00:14:49,556 Xenial! No instituto en Portland era titora de varios nenos. 214 00:14:49,556 --> 00:14:53,143 - En segundo fun a clases avanzadas... - Non vai dar titorías. 215 00:14:53,936 --> 00:14:54,811 Vai recibilas. 216 00:14:56,647 --> 00:15:01,193 Está moi por baixo do nivel da clase e a dificultade só irá en aumento. 217 00:15:04,655 --> 00:15:07,032 Acuda á biblioteca ó rematar as clases. 218 00:15:07,783 --> 00:15:09,159 Asignaranlle un titor. 219 00:15:09,993 --> 00:15:12,162 - Estou segura... - Pode marchar. 220 00:15:37,980 --> 00:15:40,732 A Acosadora de Portland é mestiza ou só branca? 221 00:15:43,819 --> 00:15:46,697 Mimá, leva un cupcake na bandexa. 222 00:15:46,697 --> 00:15:48,615 Non lle chegou cos de onte? 223 00:15:57,541 --> 00:15:59,626 Ola! Que pasa, rapaces? 224 00:16:00,669 --> 00:16:04,006 - Ti es a Acosadora... - A Acosadora de Portland, si. 225 00:16:04,006 --> 00:16:06,800 Xa gañei un nome de asasina no primeiro día. 226 00:16:09,428 --> 00:16:13,890 Non debería falar contigo. Teño que seguir no equipo de Dae. 227 00:16:13,890 --> 00:16:17,728 E o equipo de Dae non sabe que levamos anos xuntos 228 00:16:17,728 --> 00:16:21,523 e que o tema este de Yuri éche ben raro e seguramente falso? 229 00:16:21,523 --> 00:16:25,360 Raro, si. Pero falso? Ti viches moitas telenovelas coreanas. 230 00:16:47,799 --> 00:16:50,469 Xa viches a paixón que se respiraba esta mañá. 231 00:16:50,469 --> 00:16:52,804 Estabamos a piques de bicarnos. 232 00:16:52,804 --> 00:16:55,348 Estará dividido e confuso. 233 00:16:55,348 --> 00:16:58,518 Non está confuso. Está amargado. 234 00:17:03,398 --> 00:17:05,942 Q, sei do que falo, fíate de min. 235 00:17:05,942 --> 00:17:09,404 A miña irmá Lara Jean saía de mentira co seu mozo, Peter. 236 00:17:09,404 --> 00:17:13,492 Foi culpa miña. Pero ó final saíu ben e seguen xuntos. 237 00:17:13,492 --> 00:17:16,578 Aínda que iso non vai pasar entre Yuri e Dae. 238 00:17:17,662 --> 00:17:18,538 Seino. 239 00:17:19,081 --> 00:17:20,415 Sonche unha celestina. 240 00:17:26,254 --> 00:17:28,256 - Sigo sen... - Gústache. 241 00:17:30,300 --> 00:17:31,134 Florian? 242 00:17:31,134 --> 00:17:32,969 Para nada. 243 00:17:32,969 --> 00:17:34,513 Acaba de bocexar 244 00:17:34,513 --> 00:17:36,932 e logo ti, é contaxioso, así que... 245 00:17:36,932 --> 00:17:38,475 Vai de sobrado. 246 00:17:38,475 --> 00:17:41,311 Basea a súa personalidade en odiar as pelis de Marvel. 247 00:17:42,020 --> 00:17:42,854 Claro. 248 00:17:42,854 --> 00:17:45,857 Os dous estades para mollar pan, así que adiante. 249 00:17:47,484 --> 00:17:51,029 Vaia, perdoa. Esquecín que isto non é Portland. 250 00:17:51,029 --> 00:17:53,490 Non debería asumir que es gay 251 00:17:53,490 --> 00:17:56,118 nin que saíches do armario nin nada. 252 00:17:56,743 --> 00:17:58,161 Saín do armario. 253 00:17:59,037 --> 00:18:02,207 Non me interpretes mal, comparado cos Estados Unidos 254 00:18:02,207 --> 00:18:04,835 Seúl non che é moi gay friendly... 255 00:18:06,294 --> 00:18:09,256 pero tamén teño familia en Irán e en Filipinas, 256 00:18:09,256 --> 00:18:13,593 así que adoito pasar os veráns finxindo ser o máis hetero da volta. 257 00:18:15,262 --> 00:18:18,140 Ademais, aínda que eu estivese interesado, 258 00:18:19,015 --> 00:18:20,225 sei que Florian non. 259 00:18:20,851 --> 00:18:24,104 Odia os atletas e eu teño coxas coma troncos. 260 00:18:24,104 --> 00:18:25,814 Veña, déixame axudarche. 261 00:18:25,814 --> 00:18:28,400 Grazas pero non, grazas. 262 00:18:28,400 --> 00:18:30,277 - Deica, rapaces. - Abur, meu. 263 00:18:33,029 --> 00:18:35,157 Estás sorrindo? Sorrí como é debido. 264 00:18:35,157 --> 00:18:36,491 Dixen que sorrías. 265 00:18:38,368 --> 00:18:39,244 Sorrí. 266 00:18:41,913 --> 00:18:43,248 MAMÁ VEN Ó DESPACHO XA. 267 00:18:43,248 --> 00:18:45,542 BANCO DE COREA: DEPÓSITO DO GRUPO HAN. 268 00:18:45,542 --> 00:18:47,419 - Teño que marchar. - Teño que marchar. 269 00:18:58,972 --> 00:19:00,140 E agora que fixen? 270 00:19:01,433 --> 00:19:05,103 O profesor Lee cre que Dae che escribiu a redacción do verán. 271 00:19:05,103 --> 00:19:07,397 É o meu titor. Só me axudou. 272 00:19:07,981 --> 00:19:09,774 Dáme a tarxeta de crédito. 273 00:19:09,774 --> 00:19:11,943 Que pinta a miña tarxeta nisto? 274 00:19:11,943 --> 00:19:13,987 Sen cartos non lle armas ó merlo. 275 00:19:13,987 --> 00:19:16,573 Deixámoste demasiado tempo ó teu aire. 276 00:19:16,573 --> 00:19:18,283 Voos a festivais de DJ, 277 00:19:18,283 --> 00:19:21,161 a túa cara na prensa rosa que le Juliana. 278 00:19:21,161 --> 00:19:22,621 Juliana marchou. 279 00:19:31,504 --> 00:19:35,634 O que ti digas. Que teño que facer para recuperar a tarxeta? 280 00:19:35,634 --> 00:19:38,470 Que é iso tan importante que queres mercar? 281 00:19:39,930 --> 00:19:40,972 Nada. 282 00:19:43,516 --> 00:19:48,438 É só que me prometiches que podía ir ó festival de Noitevella en Islandia. 283 00:19:49,397 --> 00:19:53,610 Só retomaremos o de Islandia se mellora o teu comportamento. 284 00:19:54,236 --> 00:19:56,863 Se tanto che importa ese festival, 285 00:19:56,863 --> 00:19:58,865 pórtateme ben. 286 00:20:04,120 --> 00:20:05,163 Yuri... 287 00:20:09,876 --> 00:20:11,878 Fágoo polo teu ben. 288 00:20:25,767 --> 00:20:32,148 ESCOLA COREANA INDEPENDENTE DE SEÚL, KISS 289 00:20:34,609 --> 00:20:36,486 - Dae! - Bora! 290 00:20:37,612 --> 00:20:40,949 Que marca de tenis dixeches que levaban as túas amigas? 291 00:20:40,949 --> 00:20:42,534 As Disruptor de FILA. 292 00:20:43,410 --> 00:20:44,828 Pois vouchas mercar. 293 00:20:44,828 --> 00:20:46,746 Agora gaño moitos cartos. 294 00:20:47,330 --> 00:20:49,624 En serio? Es o mellor! 295 00:20:49,624 --> 00:20:52,294 Chámote agora de volta, abur! 296 00:20:52,294 --> 00:20:53,503 Abur. 297 00:20:58,341 --> 00:20:59,259 Toma! 298 00:21:07,225 --> 00:21:10,478 - Parabéns, Kitty. Xusto a tempo. - Grazas. 299 00:21:11,229 --> 00:21:12,856 Xa me vou situando. 300 00:21:20,947 --> 00:21:22,991 Pero queres saír da miña vida? 301 00:21:22,991 --> 00:21:25,827 Creme, eu tampouco quero sentar contigo. 302 00:21:25,827 --> 00:21:27,495 Volve á túa casa, anda. 303 00:21:27,495 --> 00:21:29,205 Dae deixouno ben claro. 304 00:21:29,956 --> 00:21:32,876 Canto máis tempo quedes, máis patética semellas. 305 00:21:33,501 --> 00:21:36,713 A min un donxoán graúdo non me fala de relacións. 306 00:21:36,713 --> 00:21:39,299 Levo catro anos sen un poro obstruído. 307 00:21:39,299 --> 00:21:42,761 Ai, si? Pois parece que che vai saír un aquí. 308 00:21:44,596 --> 00:21:46,598 Seguro que estás nesta clase? 309 00:21:47,515 --> 00:21:50,894 Profesor Finnerty, quero outra compañeira de laboratorio. 310 00:21:50,894 --> 00:21:54,105 A Acosadora de Portland ten que ir a recuperación. 311 00:21:56,024 --> 00:21:56,858 Non tal. 312 00:21:57,484 --> 00:22:00,570 Iso non é verdade e non me chames máis así! 313 00:22:00,570 --> 00:22:03,198 Como? Acosadora de Portland? 314 00:22:04,532 --> 00:22:07,118 É o malo dos alcumes. 315 00:22:07,118 --> 00:22:08,578 Son moi apegadizos. 316 00:22:10,163 --> 00:22:12,123 Pois aí vouche dar a razón, 317 00:22:12,832 --> 00:22:13,958 Bebé Cagón. 318 00:22:16,795 --> 00:22:19,381 - Que me chamaches? - Ben me oíches. 319 00:22:25,512 --> 00:22:26,888 É el. 320 00:22:28,473 --> 00:22:30,475 Veña, xa está ben. 321 00:22:30,475 --> 00:22:33,436 Podedes elixir o voso compañeiro, pero arreando. 322 00:22:34,020 --> 00:22:35,605 A química non se fai soa. 323 00:22:38,024 --> 00:22:38,942 Ola. 324 00:22:41,236 --> 00:22:42,904 Mira, Yunis, 325 00:22:42,904 --> 00:22:45,490 Min Ho di que quere ser o teu compañeiro. 326 00:22:49,411 --> 00:22:51,329 - Que fas? - O que mellor se me dá. 327 00:22:55,959 --> 00:22:56,960 Ola. 328 00:23:04,134 --> 00:23:06,302 Boas, ti es Florian, non? 329 00:23:07,262 --> 00:23:08,096 Boas. 330 00:23:08,096 --> 00:23:10,432 Antes de nada, quero desculparme. 331 00:23:10,432 --> 00:23:14,811 Semella que a educación nos EUA non é tan excepcional como ma pintaron. 332 00:23:14,811 --> 00:23:18,148 Entendo que prefiras facer ti só tódolos traballos. 333 00:23:18,148 --> 00:23:22,152 Nunca me perdoaría se suspendeses pola miña culpa. 334 00:23:24,988 --> 00:23:26,197 Vaia cadro. 335 00:23:32,036 --> 00:23:33,288 Está libre? 336 00:23:36,666 --> 00:23:37,792 - Boas. - Ola. 337 00:23:41,045 --> 00:23:43,339 Isto si que é química da boa. 338 00:23:44,507 --> 00:23:45,341 Que hai? 339 00:23:49,387 --> 00:23:52,474 BIBLIOTECA DA KISS 340 00:23:58,438 --> 00:24:00,773 Ola, veño polas titorías. 341 00:24:00,773 --> 00:24:02,233 Katherine Song Covey. 342 00:24:02,233 --> 00:24:04,652 Si. Agarda aquí un intre. 343 00:24:16,706 --> 00:24:18,500 Seguro que mamá estivo aquí. 344 00:24:24,631 --> 00:24:26,174 Canta historia. 345 00:24:30,386 --> 00:24:31,221 Mamá! 346 00:24:32,722 --> 00:24:34,599 {\an8}CAMPIÓNS DE DEBATE INTERNACIONAL 347 00:24:34,599 --> 00:24:37,602 {\an8}Aquí atopaches o teu lugar. Agardo facer o mesmo. 348 00:24:39,020 --> 00:24:43,274 {\an8}Pregúntome se algún destes de debate era o teu mozo misterioso. 349 00:24:43,274 --> 00:24:44,192 {\an8}Katherine? 350 00:24:45,527 --> 00:24:47,237 Este é o teu titor, Dae. 351 00:24:47,237 --> 00:24:50,865 Dae, preséntoche a Katherine, estudante dos Estados Unidos. 352 00:24:52,700 --> 00:24:53,576 Ola. 353 00:24:54,869 --> 00:24:55,870 Ola. 354 00:24:56,496 --> 00:25:00,333 Mami, papi, alegrádevos! 355 00:25:00,333 --> 00:25:02,544 Mami, papi, quérovos! 356 00:25:02,544 --> 00:25:05,421 Mi madriña! Min Ho é o Bebé Cagón? 357 00:25:05,421 --> 00:25:07,840 Si, Kitty soltouno na clase de Química. 358 00:25:07,840 --> 00:25:09,384 E ela como sabe iso? 359 00:25:09,384 --> 00:25:11,761 Diríallo Dae. 360 00:25:17,850 --> 00:25:18,893 Teño que marchar. 361 00:25:21,437 --> 00:25:22,438 Yuri! 362 00:25:23,273 --> 00:25:24,941 Repítesme esta parte? 363 00:25:24,941 --> 00:25:26,526 - Non a entendo. - Claro. 364 00:25:26,526 --> 00:25:30,488 Se queres facer isto, non podes pasar aquí directamente. 365 00:25:30,488 --> 00:25:33,491 - Debería darche sempre 30. - Xa. 366 00:25:35,618 --> 00:25:36,744 Por fin marchou. 367 00:25:36,744 --> 00:25:39,872 - Teño moito que contarche. - Eu tamén. 368 00:25:39,872 --> 00:25:43,418 Se facilita as cousas, creo que sei que me querías dicir. 369 00:25:43,418 --> 00:25:45,628 - Xenial, porque... - Aí estás, Dae. 370 00:25:46,421 --> 00:25:47,505 Xa cho contaron? 371 00:25:47,505 --> 00:25:49,382 Sopraron que Min Ho é o Bebé Cagón. 372 00:25:49,382 --> 00:25:51,801 - Sábeo toda a escola. - Que? 373 00:25:51,801 --> 00:25:57,015 Contoullo a un amigo no que podía confiar e esa persoa soltoullo á escola enteira. 374 00:26:00,935 --> 00:26:03,605 Mira ben con quen compartes os teus segredos. 375 00:26:05,732 --> 00:26:06,858 Abur, amor. 376 00:26:08,484 --> 00:26:10,320 Contrato de confidencialidade. 377 00:26:14,198 --> 00:26:16,492 Vaia numeriño montou. 378 00:26:16,993 --> 00:26:20,830 Si que é intensa a túa moza. 379 00:26:20,830 --> 00:26:23,750 Non creo que lle chamaras Bebé Cagón a Min Ho. 380 00:26:23,750 --> 00:26:26,628 Perdoa, pero estaba a portarse como un imbécil, 381 00:26:26,628 --> 00:26:29,380 e se era tan importante, non mo contaras. 382 00:26:31,674 --> 00:26:33,718 Non debín contarcho, levas razón. 383 00:26:34,552 --> 00:26:36,095 Vaites! Perdón. 384 00:26:38,139 --> 00:26:39,474 Isto non vai funcionar. 385 00:26:41,643 --> 00:26:42,852 O que? 386 00:26:42,852 --> 00:26:44,354 Non vai funcionar o que? 387 00:26:44,354 --> 00:26:45,480 Ti e mais eu. 388 00:26:47,565 --> 00:26:48,608 Síntoo. 389 00:26:51,069 --> 00:26:54,238 Porque me dixeches que quede se agora rompes comigo? 390 00:26:54,238 --> 00:26:56,157 Porque aínda me importas. 391 00:26:57,700 --> 00:26:59,077 Es a miña mellor amiga. 392 00:27:03,539 --> 00:27:06,959 Mañá paso pola oficina para que che asignen outro titor. 393 00:27:06,959 --> 00:27:08,378 - Pero Dae... - Síntoo. 394 00:27:09,253 --> 00:27:10,296 De verdade. 395 00:27:11,339 --> 00:27:12,590 Agora estou con Yuri. 396 00:27:14,884 --> 00:27:17,428 Pero non é real, non? 397 00:27:21,265 --> 00:27:22,433 É real. 398 00:27:46,916 --> 00:27:49,001 Levábao posto todo este tempo? 399 00:27:51,462 --> 00:27:53,381 Tíñao preto do seu corazón. 400 00:27:54,215 --> 00:27:56,551 Entón agora por que me rompe o meu? 401 00:28:12,692 --> 00:28:13,860 Perdoa. 402 00:28:13,860 --> 00:28:15,695 Pensei que eras Dae. 403 00:28:16,529 --> 00:28:18,322 Xa oín todo. 404 00:28:21,409 --> 00:28:22,452 Estás ben? 405 00:28:23,119 --> 00:28:24,036 Non. 406 00:28:25,079 --> 00:28:27,123 Pero non vou chorar, 407 00:28:27,749 --> 00:28:30,334 non podo saír cos ollos inchados nesta foto. 408 00:28:30,334 --> 00:28:34,422 É unha tradición dos Covey que iniciou miña nai e estou aquí por ela. 409 00:28:37,717 --> 00:28:39,343 Trae, sácocha eu. 410 00:28:40,011 --> 00:28:40,970 Grazas. 411 00:28:42,972 --> 00:28:44,682 {\an8}CURSO 11 412 00:28:46,726 --> 00:28:49,562 Florian seguiume hoxe en Instagram. 413 00:28:49,562 --> 00:28:51,481 - En serio? - Ai, carafio! 414 00:28:56,110 --> 00:28:57,278 Caeu isto. 415 00:29:00,490 --> 00:29:01,949 Unha pulseira de bebé. 416 00:29:02,742 --> 00:29:05,578 - Non sabía que naceras en Corea. - Eu? Non. 417 00:29:09,248 --> 00:29:10,792 É o nome de miña nai. 418 00:29:10,792 --> 00:29:11,918 En coreano. 419 00:29:12,460 --> 00:29:14,629 12 de agosto de 1993. 420 00:29:17,882 --> 00:29:19,050 Mi madriña! 421 00:29:19,884 --> 00:29:20,760 Que? 422 00:29:22,261 --> 00:29:23,387 Mi madriña! 423 00:29:23,387 --> 00:29:24,972 Mi madriña que, Kitty? 424 00:29:25,473 --> 00:29:26,432 Creo que... 425 00:29:28,392 --> 00:29:30,770 Creo que miña nai tivo un bebé aquí. 426 00:30:24,699 --> 00:30:28,202 {\an8}Subtítulos: Abraham Díaz López