1 00:00:22,690 --> 00:00:25,943 Sinto que non lle asignaran un dormitorio axeitado. 2 00:00:25,943 --> 00:00:27,153 Non pasa nada. 3 00:00:27,153 --> 00:00:29,655 Non adoitamos ter descoidos así na KISS. 4 00:00:29,655 --> 00:00:33,117 Como nova alumna, sei que pode ser aterrador comunicarse, 5 00:00:33,117 --> 00:00:37,872 polo que Min Ho foi tan amable de alertarnos sobre tan atroz contratempo. 6 00:00:37,872 --> 00:00:40,750 Si, é un cacho de pan. 7 00:00:40,750 --> 00:00:43,753 Axiña se fará amiga da compañeira asignada. 8 00:00:43,753 --> 00:00:45,004 Pode marchar. 9 00:00:45,588 --> 00:00:46,672 Grazas. 10 00:00:53,137 --> 00:00:54,305 Pero que...? 11 00:01:00,520 --> 00:01:02,563 Deixe a comida na cama. 12 00:01:03,106 --> 00:01:03,940 Que? 13 00:01:04,565 --> 00:01:07,193 Deixe a comida na cama. 14 00:01:08,528 --> 00:01:11,656 Non veño repartir comida. Son a túa nova compañeira. 15 00:01:11,656 --> 00:01:12,824 Quen dixo tal? 16 00:01:13,407 --> 00:01:14,951 O profesor Lee. 17 00:01:14,951 --> 00:01:17,912 Pois aquí non estabas ó comezo das clases, 18 00:01:17,912 --> 00:01:22,250 así que non me veñas agora con iso de "o meu lado, o teu lado". 19 00:01:23,251 --> 00:01:26,879 Xa vexo que agora mesmo é todo o teu lado. 20 00:01:28,798 --> 00:01:31,592 Esquerda! Á esquerda! 21 00:01:33,845 --> 00:01:35,346 Estás gravando? 22 00:01:37,014 --> 00:01:39,058 Funciona! Funciona! 23 00:01:54,282 --> 00:01:56,117 {\an8}QUEDAN CINCO INIMIGOS 24 00:02:14,510 --> 00:02:16,637 Xa descansará ó morrer, Srta. Covey. 25 00:02:21,017 --> 00:02:23,686 Por favor, ten que axudarme. 26 00:02:23,686 --> 00:02:27,190 Entendo que a convivencia poida ser un chisco complicada. 27 00:02:27,190 --> 00:02:31,277 Profesor Finnerty, viu algunha vez unha torre Jenga de caixas de pizza? 28 00:02:31,277 --> 00:02:35,489 Cheirou algunha vez unha torre Jenga de caixas de pizza? 29 00:02:36,365 --> 00:02:38,159 - Pois... - É asesor dos residentes. 30 00:02:38,159 --> 00:02:39,952 Non pode facer nada? 31 00:02:39,952 --> 00:02:42,622 Síntoo, a residencia de mozas está ateigada. 32 00:02:43,414 --> 00:02:46,292 Non podo durmir, non podo estudar. 33 00:02:46,292 --> 00:02:49,045 Non podo sacar a mozzarella da moqueta. 34 00:02:49,045 --> 00:02:51,172 Vou suspender tódalas materias. 35 00:02:51,172 --> 00:02:53,174 Sempre che queda a biblioteca. 36 00:02:55,218 --> 00:02:56,844 Creo que podes arranxalo. 37 00:02:56,844 --> 00:02:59,805 Xa sobreviviches a primeira semana do curso. 38 00:03:02,308 --> 00:03:06,020 Estou aquí se me necesitas. E mira o lado bo. 39 00:03:06,020 --> 00:03:08,856 A convivencia podería ser moitísimo peor. 40 00:03:08,856 --> 00:03:09,982 Como? 41 00:03:10,608 --> 00:03:12,109 Podería ser queixo azul. 42 00:03:16,948 --> 00:03:17,782 Non che sei. 43 00:03:17,782 --> 00:03:22,036 - Moito ollo arrincado e carne podre. - Que dis, Kitty? É un clásico! 44 00:03:23,079 --> 00:03:25,790 Sabes con quen deberías vela? Con Florian. 45 00:03:26,374 --> 00:03:27,959 Tedes moi boa onda! 46 00:03:28,918 --> 00:03:32,755 Non sei, estiven con máis rapaces antes... 47 00:03:33,381 --> 00:03:36,467 pero nunca me gustou tanto ningún. Ponme nervioso. 48 00:03:37,134 --> 00:03:39,804 E se facemos mañá un maratón da serie? 49 00:03:39,804 --> 00:03:42,306 Invitamos a Florian, engánchase á serie, 50 00:03:42,306 --> 00:03:43,349 e a ti, 51 00:03:43,349 --> 00:03:47,561 comeza a ver máis episodios, a xente vai marchando, é de noite... 52 00:03:48,604 --> 00:03:51,315 - Pasiño a pasiño. - Xa, claro. 53 00:03:51,315 --> 00:03:55,236 Igual ca ti atravesando o mundo por Dae sen dicirllo. 54 00:03:55,236 --> 00:03:57,989 Se non o fixera, non te tería coñecido. 55 00:03:58,864 --> 00:04:02,535 E non tería descuberto que teño un medio irmán en Corea. 56 00:04:02,535 --> 00:04:03,828 Aí pilláchesme. 57 00:04:05,830 --> 00:04:09,166 O malo é que non lle podo contar nada disto a Dae 58 00:04:09,166 --> 00:04:11,544 porque Yuri sempre anda arredor. 59 00:04:13,087 --> 00:04:14,755 Estraño o meu mellor amigo. 60 00:04:16,549 --> 00:04:20,803 Creo que coñezo un sitio ó que iría Dae e Yuri fixo que non. 61 00:04:21,721 --> 00:04:24,265 A natureza. A esa rapaza non lle gusta saír 62 00:04:24,265 --> 00:04:27,518 e aquí tes o presidente do Club da Natureza da KISS. 63 00:04:27,518 --> 00:04:29,270 Mañá é a primeira camiñada. 64 00:04:34,358 --> 00:04:35,526 Hoxe saes, non? 65 00:04:36,861 --> 00:04:38,988 Mellor máscara facial e aliñas picantes? 66 00:04:42,074 --> 00:04:44,952 Acaso lle deixei usar á Acosadora de Portland 67 00:04:44,952 --> 00:04:46,787 os meus produtos exclusivos? 68 00:04:46,787 --> 00:04:49,206 Nin vive aquí nin ten rutina facial! 69 00:04:49,206 --> 00:04:52,668 Perdoa, meu, marcho! Xa falaremos cando estea libre. 70 00:04:53,336 --> 00:04:55,046 Grazas, así dá gusto falar! 71 00:05:07,308 --> 00:05:09,685 Sempre ocupado, nunca está aquí. 72 00:05:10,936 --> 00:05:12,855 MAMÁ 73 00:05:12,855 --> 00:05:14,106 Ola, meu ben! 74 00:05:14,106 --> 00:05:16,692 Ola, mamá! Que tal estás? 75 00:05:16,692 --> 00:05:18,903 Ben, de camiño ó estudio. 76 00:05:18,903 --> 00:05:20,446 Bótote de menos. 77 00:05:20,446 --> 00:05:22,948 Pero ti es máis importante. 78 00:05:22,948 --> 00:05:24,283 Dígolles que agarden? 79 00:05:26,702 --> 00:05:27,745 Non fai falla. 80 00:05:29,413 --> 00:05:30,998 Falamos noutro momento. 81 00:05:31,499 --> 00:05:33,209 Vale. Un bico! 82 00:05:47,181 --> 00:05:51,977 Veña, xa nos vemos despois da camiñada. 83 00:05:55,022 --> 00:05:57,066 Q, agarda. 84 00:05:57,066 --> 00:05:59,193 Dae vai á camiñada, non? 85 00:05:59,193 --> 00:06:00,528 Vai, si. 86 00:06:00,528 --> 00:06:03,114 Pois apúntome. Nunca consigo falar con el. 87 00:06:03,114 --> 00:06:04,990 Como? Non! 88 00:06:04,990 --> 00:06:06,867 Quero dicir, non. 89 00:06:07,785 --> 00:06:09,286 Q, mírame. 90 00:06:09,286 --> 00:06:10,621 Estou mirándote. 91 00:06:10,621 --> 00:06:12,957 - Que me agochas? - Nada. 92 00:06:12,957 --> 00:06:14,959 Dae vén á camiñada. 93 00:06:15,501 --> 00:06:16,502 E? 94 00:06:17,711 --> 00:06:19,547 E Kitty tamén. 95 00:06:20,714 --> 00:06:21,674 Está feo, meu. 96 00:06:21,674 --> 00:06:26,220 Non hai nada malo en que dous amigos meus participen no meu club favorito. 97 00:06:31,934 --> 00:06:32,977 Que lles dean... 98 00:06:37,398 --> 00:06:40,067 Ola. A que non sabes que descubrín? 99 00:06:40,818 --> 00:06:43,571 Douvos a benvida ó Club da Natureza da KISS. 100 00:06:43,571 --> 00:06:45,322 Primeira regra do club: 101 00:06:45,322 --> 00:06:47,700 falade do club, por favor. 102 00:06:47,700 --> 00:06:49,076 Sería moi útil 103 00:06:49,076 --> 00:06:51,912 porque este verán perdemos algúns membros. 104 00:06:52,663 --> 00:06:53,956 Doenza de Lyme. 105 00:06:54,707 --> 00:06:57,751 Moi ben, comecemos cuns estarricamentos. 106 00:06:57,751 --> 00:06:59,753 - Chego tarde, perdón. - Ei, ola. 107 00:07:01,464 --> 00:07:04,675 O plan está a funcionar. Dae e eu, amor platónico. 108 00:07:08,846 --> 00:07:10,389 Kitty, que fas aquí? 109 00:07:11,098 --> 00:07:14,643 Pensei que aínda poderiamos falar, como amigos. 110 00:07:14,643 --> 00:07:17,563 - Claro. - Mira, miña nai estudou na KISS. 111 00:07:17,563 --> 00:07:19,148 - En serio? - E seica 112 00:07:19,148 --> 00:07:21,317 ía coa nai de Yuri, é de tolos... 113 00:07:21,317 --> 00:07:22,693 Miña nai que? 114 00:07:22,693 --> 00:07:24,737 Perdón, rapaces, chego tarde. 115 00:07:25,529 --> 00:07:29,325 De verdade me ten que contar Min Ho que andas con Kitty? 116 00:07:30,701 --> 00:07:32,620 Están a mirarnos, así que sorrí. 117 00:07:34,455 --> 00:07:36,665 Non é iso. Falamos como amigos. 118 00:07:36,665 --> 00:07:41,670 Xa, claro. Quero que o meu mozo falso comece a actuar coma un de verdade. 119 00:07:42,213 --> 00:07:45,883 Moi ben, sei de sobra que falades de min. 120 00:07:51,013 --> 00:07:53,974 Veña, quen está listo para unha camiñada? 121 00:07:53,974 --> 00:07:56,519 Min Ho! Que fas ti aquí? 122 00:07:56,519 --> 00:07:59,355 Que? Non podo quedar cos meus mellores amigos? 123 00:08:02,691 --> 00:08:03,526 Ola. 124 00:08:05,528 --> 00:08:07,863 Non nos presentaron aínda. Son Madison. 125 00:08:08,364 --> 00:08:09,532 Min Ho. 126 00:08:09,532 --> 00:08:10,491 Seino. 127 00:08:10,491 --> 00:08:12,868 Xa falaremos na camiñada. Veña, xente! 128 00:08:15,412 --> 00:08:17,581 - Vés moito por aquí? - Pois non. 129 00:08:17,581 --> 00:08:19,458 Mirade de hidratarvos ben. 130 00:08:19,458 --> 00:08:22,336 Agardo que forades ó baño, porque alí non hai. 131 00:08:26,632 --> 00:08:30,427 Estades a marcar un tempo xenial! Mantede o ritmo, rapaces. 132 00:08:32,221 --> 00:08:34,181 Vermes, vermes! 133 00:08:34,181 --> 00:08:35,683 É a natureza, gózaa. 134 00:08:35,683 --> 00:08:38,644 Téñoo enriba? Creo que me perseguía! Onde está? 135 00:08:38,644 --> 00:08:40,563 Dae, como che dicía... 136 00:08:40,563 --> 00:08:41,855 Si, sigue. 137 00:08:41,855 --> 00:08:44,441 Cando miña nai estaba aquí pode que... 138 00:08:57,454 --> 00:08:58,330 Estás ben? 139 00:08:58,330 --> 00:09:00,874 - Estou, si. - Segura? 140 00:09:00,874 --> 00:09:04,670 Neste club só hai algo máis serio cá resistencia cardiovascular: 141 00:09:04,670 --> 00:09:05,629 a seguridade! 142 00:09:06,797 --> 00:09:10,384 Non te preocupes, Kitty, foi peor tropezar coas cupcakes. 143 00:09:11,135 --> 00:09:13,220 O que me preocupa é o teu cos vermes. 144 00:09:13,220 --> 00:09:15,264 - Eran moi grandes. - Claro. 145 00:09:15,264 --> 00:09:17,349 Polo menos eu miro por onde ando. 146 00:09:17,349 --> 00:09:19,852 Chegaría antes ca ti ó cume cos ollos pechados. 147 00:09:19,852 --> 00:09:23,105 Non me gañarías nin con eles abertos dándoche vantaxe. 148 00:09:23,105 --> 00:09:25,107 Ai, si? Apostas algo? 149 00:09:28,736 --> 00:09:30,863 Non vos separedes! 150 00:09:32,239 --> 00:09:33,407 Por que viñeches? 151 00:09:33,407 --> 00:09:35,743 Coido de ti, por iso chamei a Yuri. 152 00:09:35,743 --> 00:09:37,703 Seime coidar eu soíño! 153 00:09:40,748 --> 00:09:42,082 Que dramáticos! 154 00:10:02,061 --> 00:10:03,103 Isto é matador. 155 00:10:09,818 --> 00:10:12,029 Pregúntome se miña nai estivo aquí. 156 00:10:13,113 --> 00:10:17,201 Adoraba o sendeirismo. Sempre levaba as miñas irmás. 157 00:10:19,620 --> 00:10:21,080 Ou iso me contaron. 158 00:10:25,000 --> 00:10:28,295 Miña nai levábame ó centro comercial e esquecíame alí. 159 00:10:30,172 --> 00:10:32,341 Logo mandaba a coidadora buscarme. 160 00:10:36,053 --> 00:10:38,055 Sabías que as nosas nais se coñecían? 161 00:10:40,599 --> 00:10:41,850 É de tolos, a que si? 162 00:10:42,518 --> 00:10:43,352 É. 163 00:10:44,520 --> 00:10:45,479 Que loucura. 164 00:10:53,696 --> 00:10:56,865 - Kitty, sácasnos unha foto? - Que? 165 00:10:56,865 --> 00:10:58,283 Sacámola máis tarde. 166 00:10:58,283 --> 00:11:00,703 - Só unha foto. - Non quero. 167 00:11:00,703 --> 00:11:05,541 - Só unha! Ven sacala dunha vez. - Só unha, por favor. Veña. 168 00:11:05,541 --> 00:11:06,875 Fai un corazón! 169 00:11:06,875 --> 00:11:09,753 - Ten que ser agora? Non. - Deixa de queixarte. 170 00:11:09,753 --> 00:11:12,339 Sacamos unha e listo, vale? Apura. 171 00:11:16,844 --> 00:11:21,098 - Temos que facer cousas destas. - Xa a sacamos. Xa está, agora para. 172 00:11:21,098 --> 00:11:23,016 É o mesmo hospital. 173 00:11:23,016 --> 00:11:24,268 Sacáchela xa? 174 00:11:25,853 --> 00:11:28,063 Mira ti. Teño que marchar, abur! 175 00:11:28,063 --> 00:11:29,815 - Kitty! - Onde vas, Kitty? 176 00:11:29,815 --> 00:11:33,068 Xa che direi. Pásao ben á noite. Acompáñote en espírito! 177 00:11:42,077 --> 00:11:44,329 Perdón! Desculpe! 178 00:11:45,748 --> 00:11:46,874 Desculpen! 179 00:11:58,969 --> 00:12:01,054 Céntrateme, Kitty, céntrateme! 180 00:12:03,807 --> 00:12:04,725 Ai, mi madriña! 181 00:12:15,527 --> 00:12:16,528 Perdoen! 182 00:12:26,955 --> 00:12:29,082 {\an8}- Boa tarde. - Boa tarde. 183 00:12:29,082 --> 00:12:32,127 {\an8}Busco información sobre unha paciente. 184 00:12:32,127 --> 00:12:36,215 {\an8}- Unha paciente actual? - Non, foi paciente no 1993. 185 00:12:37,090 --> 00:12:40,260 Síntoo, os rexistros antigos son confidenciais. 186 00:12:40,928 --> 00:12:41,887 Entendo. 187 00:12:48,894 --> 00:12:50,479 PAVILLÓN DE MATERNIDADE 188 00:12:54,233 --> 00:12:55,651 SALA DE REXISTROS 189 00:12:58,445 --> 00:13:00,197 Un momento, acaba de...? 190 00:13:03,242 --> 00:13:05,244 Mi madriña! A ela tamén lle gusta! 191 00:13:07,704 --> 00:13:09,915 Kitty, xa sabes o que tes que facer. 192 00:13:11,458 --> 00:13:12,376 Ola. 193 00:13:13,669 --> 00:13:14,920 Envíachas el. 194 00:13:17,297 --> 00:13:19,049 Ai, si, gústolle! 195 00:13:21,593 --> 00:13:22,928 Non perdín facultades. 196 00:13:27,558 --> 00:13:30,727 - Sabes canto levo soñando este momento? - Eu tamén. 197 00:13:30,727 --> 00:13:33,355 Vou deixalas aquí. 198 00:13:42,364 --> 00:13:44,241 Moi ben, está en coreano. 199 00:13:44,241 --> 00:13:45,742 Podo descifralo. 200 00:13:45,742 --> 00:13:47,828 Rexistros, rexistros... 201 00:13:47,828 --> 00:13:49,580 Non hai nada de rexistros. 202 00:13:50,539 --> 00:13:52,082 Talvez isto? 203 00:13:52,082 --> 00:13:53,333 Si! 204 00:13:57,963 --> 00:14:00,674 {\an8}NAI: EVE SONG NACEMENTO: 12 DE AGOSTO DE 1993 205 00:14:00,674 --> 00:14:03,385 Isto vai en serio. Teño un irmán. 206 00:14:03,385 --> 00:14:05,220 VARÓN ADOPTADO EN AUSTRALIA 207 00:14:12,269 --> 00:14:13,103 Quen es ti? 208 00:14:14,813 --> 00:14:16,398 Que fas aquí? 209 00:14:17,357 --> 00:14:18,859 Ola! 210 00:14:19,359 --> 00:14:20,360 Seguridade! 211 00:14:24,281 --> 00:14:26,033 Teño dereito a unha chamada? 212 00:14:28,535 --> 00:14:30,412 Preséntovos... 213 00:14:30,412 --> 00:14:31,580 A filla do demo. 214 00:14:31,580 --> 00:14:34,499 Hai moito que asimilar, así que nada de charla. 215 00:14:39,463 --> 00:14:40,881 {\an8}A FILLA DO DEMO 216 00:14:50,140 --> 00:14:54,603 Miña nai sae nesta serie! Fai dunha das fillas do rei. 217 00:14:54,603 --> 00:14:57,397 Si? Aínda actúa? 218 00:14:57,397 --> 00:15:00,359 Home, si! Agora mesmo pétao nos Ánxeles. 219 00:15:00,359 --> 00:15:04,738 Está a piques de conseguir un papel de serea mafiosa. 220 00:15:04,738 --> 00:15:06,156 Iso si que o vería eu. 221 00:15:07,407 --> 00:15:08,659 Faime sitio. 222 00:15:11,161 --> 00:15:12,621 - Ola. - Ola. 223 00:15:13,956 --> 00:15:17,209 Pódovos comentar curiosidades da rodaxe. 224 00:15:17,209 --> 00:15:19,044 - Ben, adoro a rexouba. - Si? 225 00:15:19,044 --> 00:15:19,962 Si. 226 00:15:27,886 --> 00:15:30,013 De aquí en diante traballarás aquí. 227 00:15:30,889 --> 00:15:34,059 Grazas, presidente Han. Esta oportunidade é un soño. 228 00:15:34,059 --> 00:15:36,561 - Podes usar esta mesa. - Ben. 229 00:15:36,561 --> 00:15:39,648 Os reporteiros chegarán nunha hora 230 00:15:39,648 --> 00:15:41,775 para sacar fotos na pausa do café. 231 00:15:41,775 --> 00:15:42,901 Estarei listo. 232 00:15:45,278 --> 00:15:46,571 Señor Han? 233 00:15:46,571 --> 00:15:50,450 Presidente Han, fago algo? Reviso contratos ou leis de urbanismo? 234 00:15:50,450 --> 00:15:52,077 Ti queda aí, caladiño. 235 00:16:17,769 --> 00:16:19,896 Queda aí. Non é seguro. 236 00:16:33,702 --> 00:16:36,538 Ese tío botou 20 tomas para mallalo. 237 00:16:36,538 --> 00:16:37,664 Que chulo. 238 00:16:39,166 --> 00:16:40,500 Mira! Esa é miña nai. 239 00:16:44,254 --> 00:16:45,547 Tío, é guapísima. 240 00:16:45,547 --> 00:16:48,717 Seino. Grazas a Deus herdei a súa estrutura ósea. 241 00:16:48,717 --> 00:16:51,803 Teus pais son os do divorcio chungo, non? 242 00:16:51,803 --> 00:16:54,890 Esaxerouse todo para vender máis revistas. 243 00:16:55,432 --> 00:16:58,060 Pero si que se divorciaron. 244 00:16:58,727 --> 00:17:01,521 Meus pais están pasando agora polo mesmo. 245 00:17:02,522 --> 00:17:05,525 Non consigo concentrarme en nada. 246 00:17:05,525 --> 00:17:08,278 É moi triste. 247 00:17:09,237 --> 00:17:11,782 Síntoo, non sabía que estabas a pasar por iso. 248 00:17:12,783 --> 00:17:13,700 Pois si. 249 00:17:16,953 --> 00:17:20,540 Ves o tipo ese? É un cabrón de coidado na vida real. 250 00:17:20,540 --> 00:17:23,585 Miña nai morría de ganas de apuñalalo no final. 251 00:17:24,419 --> 00:17:25,295 Vaia spoiler! 252 00:17:26,463 --> 00:17:27,964 Ala, xa sabemos como remata. 253 00:17:29,091 --> 00:17:32,677 De todas formas debería estar estudando na biblio. 254 00:17:33,386 --> 00:17:36,098 Meus pais son moi esixentes coas notas. 255 00:17:36,098 --> 00:17:37,557 Grazas pola serie. 256 00:17:45,148 --> 00:17:45,982 Q? 257 00:17:48,235 --> 00:17:50,153 A próxima vémola sós? 258 00:18:12,759 --> 00:18:14,928 Grazas por rescatarme do hospital. 259 00:18:14,928 --> 00:18:18,265 - Pódese saber que facías alí? - É unha longa historia. 260 00:18:18,849 --> 00:18:21,768 Por sorte puiden engaiolar os gardas. 261 00:18:21,768 --> 00:18:25,939 Si, e iso que o seu coreano é case tan malo coma o meu. 262 00:18:25,939 --> 00:18:27,607 Non me xulgues. 263 00:18:27,607 --> 00:18:29,067 Ti tes vantaxe. 264 00:18:29,609 --> 00:18:30,527 Vantaxe? 265 00:18:31,319 --> 00:18:34,072 Un dos teus pais é coreano, non si? 266 00:18:34,948 --> 00:18:37,117 - Os meus son brancos. - En serio? 267 00:18:37,117 --> 00:18:38,827 Si, son adoptado. 268 00:18:40,829 --> 00:18:41,663 Que chulo! 269 00:18:42,164 --> 00:18:46,293 Si, é bastante chulo. Adoptáronme uns pais incribles. 270 00:18:46,293 --> 00:18:49,963 - Coñeceu os seus pais biolóxicos? - Non. 271 00:18:51,047 --> 00:18:54,467 Non ten curiosidade? Eu teríaa. 272 00:18:55,385 --> 00:18:57,512 Curiosa es, dende logo. 273 00:18:58,138 --> 00:19:03,810 - Sempre soubo que era adoptado? - Si, era bastante obvio. 274 00:19:03,810 --> 00:19:05,312 Claro, son parva. 275 00:19:06,104 --> 00:19:09,232 Nunca ve a alguén pola rúa e pensa: 276 00:19:09,232 --> 00:19:12,861 "Teño as mesmas orellas ca esa persoa, será miña nai?" 277 00:19:12,861 --> 00:19:14,279 "Podería ser meu pai?" 278 00:19:14,279 --> 00:19:16,781 "Teremos as orellas iguais?" 279 00:19:17,824 --> 00:19:19,117 Algo iguais témolas. 280 00:19:21,036 --> 00:19:24,289 Fas moitas preguntas e non che son "otorrino". 281 00:19:26,041 --> 00:19:28,293 Adoptado por australianos. 282 00:19:28,293 --> 00:19:30,253 Arredor dos 29. 283 00:19:31,254 --> 00:19:32,797 Cando cumpre anos? 284 00:19:33,924 --> 00:19:36,259 Creo que vai chover. 285 00:19:37,260 --> 00:19:38,386 Será mellor apurar. 286 00:19:39,054 --> 00:19:41,806 - O metro debe estar por alá. - Vale. 287 00:20:02,661 --> 00:20:03,578 Aquí estás. 288 00:20:08,291 --> 00:20:09,751 Que tal o día? 289 00:20:13,546 --> 00:20:14,547 Unha merda. 290 00:20:15,966 --> 00:20:17,092 Unha merda. 291 00:20:19,511 --> 00:20:20,804 O que pasou antes... 292 00:20:25,600 --> 00:20:26,434 Síntoo. 293 00:20:28,436 --> 00:20:30,021 Todo está sendo de tolos. 294 00:20:30,730 --> 00:20:31,731 Seino. 295 00:20:32,315 --> 00:20:34,734 Por iso intento axudarche. 296 00:20:35,944 --> 00:20:37,696 Por que me gardas segredos? 297 00:20:38,405 --> 00:20:41,241 Nin me dixeras que saíras con Yuri todo o verán. 298 00:20:42,242 --> 00:20:46,371 E por que lle contaches a Kitty o do Bebé Cagón? 299 00:20:49,541 --> 00:20:51,084 De verdade es amigo meu? 300 00:20:53,295 --> 00:20:54,421 Son repugnante. 301 00:20:56,298 --> 00:20:58,133 Polo menos recoñécelo. 302 00:21:02,512 --> 00:21:03,346 Overwatch? 303 00:21:05,140 --> 00:21:07,976 Veña, pero pedimos aliñas. E poñemos máscaras faciais. 304 00:21:08,560 --> 00:21:10,228 - Pides ti! - Pides ti! 305 00:21:14,399 --> 00:21:17,569 Está Q? Quedan oito minutos para o toque de queda. 306 00:21:17,569 --> 00:21:19,738 - Si, no seu cuarto. - Vale. 307 00:21:20,947 --> 00:21:21,823 Adiante! 308 00:21:24,951 --> 00:21:28,663 Ei, aínda sentes algo por ela, non si? 309 00:21:35,628 --> 00:21:40,675 Vouche ser sincero: vin algo en internet, de casualidade, por accidente. 310 00:21:42,761 --> 00:21:43,970 O que? 311 00:21:44,679 --> 00:21:47,599 E mira que atopei no hospital. 312 00:21:47,599 --> 00:21:51,102 Adoptado por pais australianos, coma o profesor Finnerty, 313 00:21:51,102 --> 00:21:52,771 e naceron na mesma época. 314 00:21:52,771 --> 00:21:55,482 - Podería ser medio irmán meu! - Como? 315 00:21:55,482 --> 00:21:57,067 Os datos encaixan! 316 00:21:57,067 --> 00:22:00,278 Non sei, Kitty. Será só unha gran coincidencia. 317 00:22:00,278 --> 00:22:02,781 Moitos australianos adoptan en Corea. 318 00:22:02,781 --> 00:22:05,033 E se non por que ía estar na KISS? 319 00:22:05,033 --> 00:22:06,993 Ha de andar buscando respostas. 320 00:22:06,993 --> 00:22:11,664 Respostas que podemos atopar xuntos como irmáns. 321 00:22:13,416 --> 00:22:16,294 Creo que necesitas máis probas. 322 00:22:16,294 --> 00:22:19,047 Non podes soltarlle toda esa información, 323 00:22:19,047 --> 00:22:21,800 como que a súa nai biolóxica, en fin... 324 00:22:23,218 --> 00:22:24,344 non está viva. 325 00:22:26,096 --> 00:22:28,139 Xa, pode que teñas razón, 326 00:22:29,140 --> 00:22:34,813 pero teño a sensación de que miña nai gardou a pulseira por algo. 327 00:22:35,522 --> 00:22:37,565 Creo que quería atopalo algún día. 328 00:22:43,321 --> 00:22:44,864 Temos que ensinarche algo. 329 00:22:47,158 --> 00:22:49,160 ALUMNA DURMIÑONA 330 00:22:49,160 --> 00:22:50,412 Que? 331 00:22:50,412 --> 00:22:54,290 A miña compañeira subiume a unha web rara mentres durmía? 332 00:22:54,290 --> 00:22:57,043 - Ceo santo! - Non lle vexo a graza. 333 00:22:57,043 --> 00:22:59,838 E aínda así a web esta atopáchela ti. 334 00:22:59,838 --> 00:23:03,466 Kitty, múdate. Non podes seguir vivindo con esa rapaza. 335 00:23:03,466 --> 00:23:06,594 Si, estou de acordo con Dae. É bastante turbio. 336 00:23:06,594 --> 00:23:09,806 Xa intentei mudarme e non quedan cuartos libres. 337 00:23:10,807 --> 00:23:14,102 E un hotel? O meu chofer pode levarte agora mesmo. 338 00:23:14,102 --> 00:23:16,688 Non podo permitirmo un semestre enteiro. 339 00:23:16,688 --> 00:23:19,607 Dae conségueche un desconto no Hotel Han. 340 00:23:19,607 --> 00:23:21,109 Ti caladiño, Min Ho. 341 00:23:21,109 --> 00:23:23,278 Moi ben. Só quería axudar. 342 00:23:24,070 --> 00:23:25,947 A ver, eu teño unha idea. 343 00:23:27,282 --> 00:23:28,783 Kitty debería vivir aquí. 344 00:23:29,284 --> 00:23:30,660 Con quen? Con Dae? 345 00:23:30,660 --> 00:23:31,703 - Non! - Non! 346 00:23:31,703 --> 00:23:35,331 A ver, escoitádeme un segundo. Nós intercambiamos os cuartos. 347 00:23:35,331 --> 00:23:38,001 Eu comparto liteiras con Kitty e ti con Dae. 348 00:23:38,001 --> 00:23:40,545 Que vos parece? 349 00:23:41,546 --> 00:23:43,339 Vale, podo lidar con isto. 350 00:23:44,174 --> 00:23:45,508 Creo. 351 00:24:34,390 --> 00:24:38,186 Subtítulos: Abraham Díaz López