1 00:00:23,649 --> 00:00:25,568 - Síntoo moito. - Foi culpa miña. 2 00:00:26,986 --> 00:00:29,489 Bo día, compañeiro. 3 00:00:29,489 --> 00:00:30,865 Bo día. 4 00:00:32,825 --> 00:00:34,535 Levas os calcetíns cómodos. 5 00:00:36,245 --> 00:00:38,539 Que foi? Estás estresada? 6 00:00:39,749 --> 00:00:42,460 Si. Quero dicir, non. 7 00:00:43,503 --> 00:00:48,341 É raro que saibas isto de min cando non somos máis ca... 8 00:00:48,341 --> 00:00:49,467 Amigos. 9 00:00:49,467 --> 00:00:51,636 Ía dicir compañeiros de resi. 10 00:00:52,553 --> 00:00:54,097 Compañeiros amigables. 11 00:00:56,182 --> 00:00:57,767 Si, para min tamén é raro. 12 00:01:05,650 --> 00:01:06,818 Talvez demasiado. 13 00:01:07,819 --> 00:01:09,278 Que queres dicir? 14 00:01:09,278 --> 00:01:13,741 Que pode que isto de ser amigos non vaia comigo. 15 00:01:19,747 --> 00:01:20,915 Kitty, eu... 16 00:01:20,915 --> 00:01:22,416 Contéstalle, anda. 17 00:01:23,084 --> 00:01:24,794 Eu marcho, quedei con Q. 18 00:01:37,181 --> 00:01:38,516 Ti tranquila, vale? 19 00:01:38,516 --> 00:01:42,603 Fixo que ti e mais Dae solucionades o de convivir sendo exes. 20 00:01:42,603 --> 00:01:43,646 Ou non. 21 00:01:43,646 --> 00:01:45,731 Pero abonda de falar de Dae. 22 00:01:45,731 --> 00:01:48,192 Vale, sacaches ti o tema. 23 00:01:48,192 --> 00:01:49,527 Mira. 24 00:01:50,570 --> 00:01:53,406 Nin vou intentar ler hangul ata rematar o café. 25 00:01:53,406 --> 00:01:56,576 Di: "Non divulgamos información de adopcións privadas." 26 00:01:56,576 --> 00:02:00,037 Agora mesmo é o único que sei ler en coreano. 27 00:02:00,621 --> 00:02:03,583 Deixamos o tema de Alex? Prefiro falar de ti e Dae. 28 00:02:03,583 --> 00:02:07,753 Non é "o tema de Alex". No fondo estou certa de que é meu irmán. 29 00:02:08,421 --> 00:02:10,256 - Moi ben. - Ou bastante certa. 30 00:02:10,256 --> 00:02:13,551 Talvez deberías falar coas túas irmás certas de todo. 31 00:02:13,551 --> 00:02:17,096 Si, quero facelo, pero non podo. 32 00:02:17,096 --> 00:02:19,891 Aínda non. Alex debe sabelo antes. 33 00:02:19,891 --> 00:02:24,270 Ademais, hai unha minúscula posibilidade de que non teña razón. 34 00:02:24,270 --> 00:02:27,231 Pregúntalle e listo. Arrinca o apósito. 35 00:02:28,191 --> 00:02:30,276 Case todos marchan polo Chuseok, 36 00:02:30,276 --> 00:02:32,778 é a finde perfecta para acurralalo. 37 00:02:32,778 --> 00:02:34,864 Xa, claro. E que lle digo? 38 00:02:36,407 --> 00:02:38,117 Xa se che ocorrerá algo. 39 00:02:39,660 --> 00:02:40,912 E xa chegamos tarde. 40 00:02:40,912 --> 00:02:43,331 - Si? Supertarde? - Moi tarde. 41 00:02:43,331 --> 00:02:45,166 - Lee vaime matar! - Xa. 42 00:02:49,253 --> 00:02:53,591 O Chuseok é o festexo coreano da boa colleita. 43 00:02:54,926 --> 00:02:59,555 É o momento de agradecer os devanceiros pola prosperidade que nos deron 44 00:02:59,555 --> 00:03:02,808 e de mostrar respecto polos que non están connosco. 45 00:03:03,851 --> 00:03:05,645 Para facelo, volvemos á casa. 46 00:03:06,646 --> 00:03:09,565 É un festivo moi importante nos nosos fogares, 47 00:03:09,565 --> 00:03:13,027 xa que non hai nada máis prezado cá familia. 48 00:03:13,027 --> 00:03:15,821 Debemos valorala como merece. 49 00:03:16,864 --> 00:03:20,243 Desfrutade as vacacións, deséxovos un bo Chuseok. 50 00:03:20,243 --> 00:03:21,786 Grazas. 51 00:03:23,120 --> 00:03:26,249 Meus avós faláronme do Chuseok, pero nunca o celebrei. 52 00:03:26,249 --> 00:03:29,961 - É o Acción de Grazas coreano? - Si, sacando o xenocidio. 53 00:03:29,961 --> 00:03:32,088 Está a falar comigo? En serio? 54 00:03:33,130 --> 00:03:34,507 Vén sendo o mesmo. 55 00:03:34,507 --> 00:03:38,094 Vas á casa, comes ata fartar e discutes coa familia. 56 00:03:38,094 --> 00:03:39,929 Aquí non teño familia. 57 00:03:39,929 --> 00:03:42,306 Debería empregar o tempo en estudar. 58 00:03:42,306 --> 00:03:43,766 Xa estiven estudando. 59 00:03:43,766 --> 00:03:45,393 Non me diga? 60 00:03:45,393 --> 00:03:46,894 SUSPENSO 61 00:03:46,894 --> 00:03:48,813 Creo que estou en shock. 62 00:03:52,024 --> 00:03:53,734 Preocúpame ese shock. 63 00:03:53,734 --> 00:03:56,862 O seu enérxico entusiasmo funcionaríalle nos EUA 64 00:03:56,862 --> 00:04:01,450 para subir as notas, pero aquí terá que traballar moito máis. 65 00:04:04,829 --> 00:04:08,582 As miñas notas son unha merda. Vivir co meu ex é unha merda. 66 00:04:08,582 --> 00:04:09,875 Que pinto eu aquí? 67 00:04:10,793 --> 00:04:12,378 É por mamá. 68 00:04:12,378 --> 00:04:15,381 - E para atoparme. Pola familia. - Mira por onde andas! 69 00:04:15,381 --> 00:04:19,677 Bo "Chosok". "Chusok"? 70 00:04:19,677 --> 00:04:21,846 "Ches"... Chuseok. 71 00:04:22,930 --> 00:04:24,932 - Como vai? - Mal. 72 00:04:24,932 --> 00:04:26,434 Mal, 73 00:04:26,434 --> 00:04:27,810 mal e... 74 00:04:28,311 --> 00:04:29,562 mal. 75 00:04:29,562 --> 00:04:31,105 Suspendín Literatura. 76 00:04:31,105 --> 00:04:34,608 Nunca sacara menos dun sobresaínte! 77 00:04:34,608 --> 00:04:37,445 Eu suspendín moitas veces na vida. 78 00:04:37,445 --> 00:04:39,405 Suspendín o carné de conducir, 79 00:04:39,405 --> 00:04:42,033 un exame de filosofía, unha proba de drogas... 80 00:04:43,743 --> 00:04:45,411 Era broma! 81 00:04:46,579 --> 00:04:48,539 O fracaso é parte da aprendizaxe. 82 00:04:48,539 --> 00:04:50,124 Todo vai saír ben. 83 00:04:51,167 --> 00:04:54,462 Grazas. Ten plans para o Chuseok? 84 00:04:55,379 --> 00:04:58,215 - Non, non teño familia en Seúl. - Eu tampouco. 85 00:05:00,217 --> 00:05:01,844 Podiamos cear xuntos. 86 00:05:02,678 --> 00:05:05,139 Quero dicir, pode vir á cea 87 00:05:05,139 --> 00:05:09,810 que vou organizar no campus para tódolos estranxeiros. 88 00:05:09,810 --> 00:05:11,896 Coma un Acción de Amigos. 89 00:05:11,896 --> 00:05:14,231 Que chulo! Apúntome. 90 00:05:15,232 --> 00:05:17,735 Este apúntase. Xenial. 91 00:05:17,735 --> 00:05:23,199 Terás un suspenso no exame, pero un sobresaínte como persoa. 92 00:05:23,199 --> 00:05:27,370 Pensar nos que non teñen onde ir, cociñar un festín descomunal... 93 00:05:29,997 --> 00:05:31,040 Cociñar. 94 00:05:33,459 --> 00:05:34,293 Fantástico. 95 00:05:39,340 --> 00:05:40,466 Moi ben. 96 00:05:42,134 --> 00:05:44,512 Hai máis dun tipo de salsa de soia? 97 00:05:51,977 --> 00:05:53,813 Estás en tódalas partes! 98 00:05:54,730 --> 00:05:56,315 Es coma a miña sasaeng. 99 00:05:56,315 --> 00:05:58,150 Que é unha sasaeng? 100 00:05:58,150 --> 00:06:01,195 Ti, a miña fan obsesa. 101 00:06:01,195 --> 00:06:05,783 E como é que estás nunha tenda e non no teu iate sendo rico e insufrible? 102 00:06:06,450 --> 00:06:10,121 Iso é cousa de meu pai e a súa terceira muller, a dos recheos. 103 00:06:10,121 --> 00:06:14,083 Eu decidín quedar aquí como favor a tódalas mulleres 104 00:06:14,083 --> 00:06:16,752 que me queren catar este Chuseok. 105 00:06:16,752 --> 00:06:19,380 Amorodos e bombóns? Vou botar a pota. 106 00:06:19,380 --> 00:06:24,593 - A Lulu fixo que lle gustan. - Quen é Lulu? Unha das túas Min-guadas? 107 00:06:25,594 --> 00:06:26,887 Que simpática. 108 00:06:26,887 --> 00:06:30,099 Só che é a estrela pop máis en voga do país. 109 00:06:33,352 --> 00:06:35,521 Falamos dende que era aspirante. 110 00:06:35,521 --> 00:06:39,859 Agora deixou a xira polas vacacións. Ata o K-Pop para polo Chuseok. 111 00:06:39,859 --> 00:06:41,402 Moi ben. 112 00:06:45,030 --> 00:06:47,032 Saberás que facer con isto, non? 113 00:06:47,032 --> 00:06:49,827 Recoñezo que me interno nun novo territorio, 114 00:06:49,827 --> 00:06:54,081 pero con TikTok e unha actitude positiva arranxareime eu soa. 115 00:06:54,707 --> 00:06:57,960 Se non, teño levado premios co meu puré de patacas. 116 00:06:57,960 --> 00:07:00,963 Diso nada! Como cidadán coreano, 117 00:07:00,963 --> 00:07:05,468 non quedaría tranquilo deixándoche profanar a nosa gastronomía. 118 00:07:06,093 --> 00:07:07,136 Que fas? 119 00:07:07,803 --> 00:07:11,474 Queres envelenar os compañeiros? Ou queres que che axude? 120 00:07:12,683 --> 00:07:15,227 Moi ben, pero farei igual o puré de patacas. 121 00:07:15,769 --> 00:07:17,188 Teño o meu sistema. 122 00:07:17,188 --> 00:07:18,981 - Non mo estragues. - Sígueme. 123 00:07:27,907 --> 00:07:28,991 Pero por favor... 124 00:07:32,661 --> 00:07:34,538 Quen traballa no Chuseok? 125 00:07:35,206 --> 00:07:38,834 E que lle vou facer? Teño 300 hoteis internacionais. 126 00:07:38,834 --> 00:07:40,836 Os Miller descansan no Chuseok? 127 00:07:40,836 --> 00:07:43,589 Os hoteis ben pasan sen ti durante tres días. 128 00:07:43,589 --> 00:07:46,342 Ti tamén pasas ben sen min durante tres días. 129 00:07:48,010 --> 00:07:53,641 Este ano agardaba pasarmos tempo xuntos. 130 00:07:55,851 --> 00:07:58,229 Hai moito que non pasamos tempo xuntos. 131 00:07:58,229 --> 00:08:00,481 Agora estamos xuntos. Non che chega? 132 00:08:00,481 --> 00:08:02,233 A ti chégache isto? 133 00:08:02,233 --> 00:08:06,320 Xenial. Se os compañeiros visen este lado da nosa familia perfecta... 134 00:08:06,320 --> 00:08:07,905 Yuri Han. 135 00:08:09,323 --> 00:08:11,617 Fáltaslle ó respecto a túa nai? 136 00:08:12,618 --> 00:08:13,661 Perdón. 137 00:08:16,247 --> 00:08:17,081 Non pasa nada. 138 00:08:21,627 --> 00:08:24,922 E ti que nos contas? Algunha novidade? 139 00:08:26,840 --> 00:08:27,841 Pois non. 140 00:08:33,430 --> 00:08:34,431 Ai, xa sei. 141 00:08:36,475 --> 00:08:42,815 Kitty di que ti e súa nai fostes xuntas á KISS e que vos coñeciades. 142 00:08:45,234 --> 00:08:49,530 Iso dixo? Compartimos cuarto, pero non eramos moi amigas. 143 00:08:49,530 --> 00:08:51,365 Vivías no campus? Dixeras... 144 00:08:51,365 --> 00:08:55,411 Só foi un ano. A que vén tanta curiosidade de súpeto? 145 00:08:56,495 --> 00:08:58,747 Es ti quen quería pasar tempo xuntas! 146 00:08:59,748 --> 00:09:03,294 Ah, por tempo xuntos refíreste a que sente aquí caladiña. 147 00:09:03,294 --> 00:09:04,712 Yuri Han. 148 00:09:05,504 --> 00:09:06,547 Abonda. 149 00:09:09,967 --> 00:09:13,304 Sabes que? Tes razón. Para min tamén é dabondo. 150 00:09:43,375 --> 00:09:46,211 Es todo un anxiño polas mañás. 151 00:09:47,212 --> 00:09:48,714 Quen enviou isto? 152 00:09:48,714 --> 00:09:51,550 Miña nai. Expresamos o amor con agasallos. 153 00:09:51,550 --> 00:09:52,760 Cádrame ben. 154 00:09:52,760 --> 00:09:53,886 Anda, Pepero! 155 00:09:55,346 --> 00:09:58,265 Mandouno dos Ánxeles porque non puido vir ela. 156 00:09:59,350 --> 00:10:01,310 Adoitamos pasar o Chuseok xuntos. 157 00:10:01,310 --> 00:10:05,439 - Que mal. Vai estar soa? - Non, ho. John Cho monta unha festa. 158 00:10:07,399 --> 00:10:09,026 É Lulu. Xa era hora. 159 00:10:10,569 --> 00:10:13,405 Non toques nada! 160 00:10:13,405 --> 00:10:14,907 Teño un método. 161 00:10:23,624 --> 00:10:27,461 Non me pega para nada que saibas cociñar. 162 00:10:27,461 --> 00:10:29,588 Ou facer algo remotamente útil. 163 00:10:29,588 --> 00:10:35,386 En certos retrinquiños microscópicos podo entender por que Dae é amigo teu. 164 00:10:35,386 --> 00:10:37,638 Aí dentro hai unha persoíña. 165 00:10:39,807 --> 00:10:43,727 Non me engaioles, non estou do teu lado. Son un célebre anti-Kitty. 166 00:10:43,727 --> 00:10:46,563 E mira que Dae ten intentado convencerme. 167 00:10:47,439 --> 00:10:50,025 Soubeches algo del hoxe? Está ben? 168 00:10:50,901 --> 00:10:53,654 Chuseok, familia, devanceiros... 169 00:10:54,655 --> 00:10:58,701 A verdade é que non. É un festivo difícil para el. 170 00:10:59,201 --> 00:11:00,369 Xa. 171 00:11:02,663 --> 00:11:03,706 E ti? 172 00:11:05,833 --> 00:11:07,668 Eu que? 173 00:11:08,585 --> 00:11:10,796 Ti tamén debes lembrarte de túa nai. 174 00:11:11,672 --> 00:11:12,840 Esta semana, moito. 175 00:11:14,341 --> 00:11:15,843 Pois si. 176 00:11:17,177 --> 00:11:20,305 Pero de boas. Aquí síntoa preto, ó meu redor. 177 00:11:22,850 --> 00:11:25,352 - Grazas, Min Ho. - De nada. 178 00:11:33,152 --> 00:11:36,321 Debería falarlle hoxe, aínda que sexa superincómodo 179 00:11:36,321 --> 00:11:38,782 e non saiba que dicir ou como dicilo, 180 00:11:39,491 --> 00:11:42,411 pero creo que isto está por riba doutras cousas. 181 00:11:43,412 --> 00:11:44,496 Estou de acordo. 182 00:11:44,997 --> 00:11:50,002 Sempre se agradece un agasallo no Chuseok, mesmo dunha examiga por correspondencia. 183 00:11:50,002 --> 00:11:51,587 Pásame o gochugaru. 184 00:11:58,260 --> 00:12:01,221 Que lle regalas a quen te enganou e che rompeu o corazón, 185 00:12:01,221 --> 00:12:04,558 pero logo che deixa vivir con el e quere ser teu amigo? 186 00:12:13,442 --> 00:12:14,902 Só un chisco de soia! 187 00:12:15,819 --> 00:12:18,363 Xa o sei! Sempre me dis o mesmo. 188 00:12:19,031 --> 00:12:20,616 Dae! Que é isto? 189 00:12:20,616 --> 00:12:22,910 Ía sacalo despois. 190 00:12:23,911 --> 00:12:26,455 Sorpresa! As peras que lle prestaban a mamá. 191 00:12:27,122 --> 00:12:29,416 Pero non son moi caras? 192 00:12:29,416 --> 00:12:33,796 Mercáchelas ó prezo do centro comercial? No mercado están máis baratas! 193 00:12:33,796 --> 00:12:37,090 Só quería mercar as que lle gustaban a mamá. 194 00:12:37,090 --> 00:12:39,218 Non as comemos dende que morreu. 195 00:12:39,718 --> 00:12:42,471 Non está aquí para gozalas. Vaia dispendio! 196 00:12:42,471 --> 00:12:44,515 Só quería facer algo bonito. 197 00:12:44,515 --> 00:12:48,560 Cando gañas cartos, gárdalos no peto para cando os precises. 198 00:12:54,274 --> 00:12:55,192 Quen é? 199 00:12:59,154 --> 00:13:00,197 Yuri Han. 200 00:13:00,197 --> 00:13:02,157 Sorpresa! Bo Chuseok! 201 00:13:02,783 --> 00:13:05,536 Non me dixeras que ía vir a señorita Yuri. 202 00:13:05,536 --> 00:13:10,541 Dae tampouco o sabía. Só me paso porque o boto de menos. 203 00:13:10,541 --> 00:13:12,209 Ah, moi ben. 204 00:13:14,962 --> 00:13:16,129 Pasa. 205 00:13:21,510 --> 00:13:22,803 Que fas aquí? 206 00:13:23,387 --> 00:13:25,514 Tiña que escapar e non teño onde ir. 207 00:13:25,514 --> 00:13:28,267 Juliana marchou, ti vés sendo todo o que teño. 208 00:13:28,934 --> 00:13:31,436 Ata lle merquei crema Sulwahsoo a túa nai. 209 00:13:31,436 --> 00:13:32,396 Que? 210 00:13:32,396 --> 00:13:34,523 Seguro que se volve tola con isto! 211 00:13:34,523 --> 00:13:36,567 Miña nai morreu hai tres anos. 212 00:13:39,444 --> 00:13:42,030 - Non o sabía. - Que ías saber ti... 213 00:13:59,256 --> 00:14:02,593 Confirmo que Lulu virá buscarme ás 20:00. 214 00:14:03,427 --> 00:14:05,637 Seguro que lle encantan os bombóns. 215 00:14:05,637 --> 00:14:08,515 Os bombóns son para outra persoa. 216 00:14:11,727 --> 00:14:13,020 Non me xulgues! 217 00:14:13,020 --> 00:14:16,773 Non todos precisamos vivir amores imposibles. 218 00:14:17,274 --> 00:14:19,902 Cun corpazo coma este, para que? 219 00:14:20,527 --> 00:14:23,280 Podemos e queremos saír ó campo a xogar. 220 00:14:24,114 --> 00:14:27,075 Dilo porque non atopaches a túa media laranxa. 221 00:14:27,075 --> 00:14:28,952 Atopei moitas medias laranxas. 222 00:14:28,952 --> 00:14:33,415 Eu dígoche que teño visto a maxia cando alguén atopa a súa media laranxa. 223 00:14:36,168 --> 00:14:38,962 Meus pais tamén crían que eran medias laranxas. 224 00:14:38,962 --> 00:14:43,342 Eran a parella do momento. Actriz emerxente. Herdeiro empresarial. 225 00:14:43,342 --> 00:14:46,845 A prensa do corazón chamáballes a parella perfecta. 226 00:14:47,721 --> 00:14:48,764 E míraos agora. 227 00:14:49,973 --> 00:14:51,016 Síntoo. 228 00:14:52,517 --> 00:14:56,855 Toma! Proba... isto. 229 00:15:04,488 --> 00:15:05,572 Non está mal. 230 00:15:06,281 --> 00:15:08,909 Debe ser raro que todos saiban da túa familia. 231 00:15:09,534 --> 00:15:12,913 Pensan que saben, pero non. Iso dígocho eu. 232 00:15:15,749 --> 00:15:19,336 Ó final só importa unha cousa. 233 00:15:19,336 --> 00:15:20,754 O que? 234 00:15:22,381 --> 00:15:23,382 A verdade. 235 00:15:25,842 --> 00:15:28,303 Si, tes razón. 236 00:15:29,638 --> 00:15:31,640 Algo de recoñecemento, era hora. 237 00:15:33,350 --> 00:15:37,938 PROFESOR ALEX VÉXOO EN NADA! 238 00:15:37,938 --> 00:15:38,855 ENTREGADO 239 00:15:38,855 --> 00:15:41,233 Esta noite contareille a Alex a verdade. 240 00:15:43,902 --> 00:15:45,153 Si que veu xente, si. 241 00:15:47,864 --> 00:15:50,158 - Estanlle a chamar Ching-gu-seok. - Que? 242 00:15:50,158 --> 00:15:53,578 É un xogo de palabras con chingg u, "amigo", e Chuseok. 243 00:15:53,578 --> 00:15:55,080 Comezaches unha tradición. 244 00:15:57,290 --> 00:16:00,460 Non, que fai aquí o profesor Lee? 245 00:16:00,460 --> 00:16:02,254 Está triste e só. 246 00:16:03,296 --> 00:16:05,632 Ódiame. E é mutuo. 247 00:16:05,632 --> 00:16:08,552 Tranquila, non terás que sentar con el. 248 00:16:11,054 --> 00:16:12,097 Min Ho, annyeong. 249 00:16:13,682 --> 00:16:16,518 - Ola, Madison. - Non te esperaba aquí. 250 00:16:17,310 --> 00:16:19,187 Cociñaches e todo! 251 00:16:19,187 --> 00:16:22,190 Si, pero non quedo moito. Teño unha cita á noite. 252 00:16:22,816 --> 00:16:26,069 - Quen é a afortunada? - Lulu. Sóache? 253 00:16:27,029 --> 00:16:29,031 Obvio. Non estás nervioso? 254 00:16:30,323 --> 00:16:31,450 Por que ía estalo? 255 00:16:31,450 --> 00:16:35,162 Os seus fans son moi mexeriqueiros coas súas compañías. 256 00:16:35,162 --> 00:16:36,997 Ou sexa, como non lles gustes... 257 00:16:42,836 --> 00:16:44,254 Que meosisseoyo é! 258 00:16:44,254 --> 00:16:46,923 Non sei que é iso, pero non penso o mesmo. 259 00:16:46,923 --> 00:16:47,883 Xa. 260 00:16:49,718 --> 00:16:50,552 Kitty. 261 00:16:51,553 --> 00:16:52,971 Quedou impresionante! 262 00:16:52,971 --> 00:16:55,474 Benvidos! Agardo que teñan fame. 263 00:16:56,099 --> 00:16:59,853 Profesor Lee, alédame que non suspendera este plan. 264 00:16:59,853 --> 00:17:01,855 Xa, non contaba vir, 265 00:17:01,855 --> 00:17:05,067 pero un grupo tan grande precisa supervisión docente. 266 00:17:05,067 --> 00:17:07,277 - En realidade... - Vostede non conta. 267 00:17:10,614 --> 00:17:11,782 Un momento! 268 00:17:13,992 --> 00:17:17,537 Creo que en realidade Min Ho quería sentar co profesor Lee. 269 00:17:19,539 --> 00:17:22,918 - Tes que sentar con Lee. - Non é problema meu. 270 00:17:22,918 --> 00:17:24,961 Min Ho. Onde sentas? 271 00:17:26,838 --> 00:17:27,839 Con Lee. 272 00:17:30,675 --> 00:17:31,760 Alex. 273 00:17:32,719 --> 00:17:33,804 Grazas. 274 00:17:35,388 --> 00:17:37,641 - Moi ben. - Que tal un brinde, Kitty? 275 00:17:39,226 --> 00:17:40,185 Vale. 276 00:17:43,647 --> 00:17:46,066 Moitas grazas a todos por vir. 277 00:17:46,858 --> 00:17:51,154 Este é o meu primeiro Chuseok e polo que aprendín, non debes pasalo só. 278 00:17:51,905 --> 00:17:55,283 A vosa familia estará a miles de quilómetros, coma a miña, 279 00:17:55,283 --> 00:17:59,788 ou talvez non teñades familia, ou talvez vos encante a escola, 280 00:17:59,788 --> 00:18:00,705 non vos xulgo. 281 00:18:02,874 --> 00:18:06,253 Sexa cal sexa a razón, agradezo termos un lugar onde estar 282 00:18:07,003 --> 00:18:09,131 e poder honrar os nosos devanceiros. 283 00:18:10,507 --> 00:18:12,759 Por tanto, propoño un brinde. 284 00:18:14,261 --> 00:18:16,721 Por tódolos que estiveron antes ca nós. 285 00:18:18,431 --> 00:18:21,184 Grazas, mamá, onde queira que esteas. 286 00:18:21,977 --> 00:18:24,104 Sen ti eu non estaría aquí, 287 00:18:24,104 --> 00:18:27,315 literalmente neste planeta, nin aquí na KISS, 288 00:18:27,983 --> 00:18:30,610 e agora mesmo non quixera estar noutro lugar. 289 00:18:33,155 --> 00:18:33,989 Saúde. 290 00:18:33,989 --> 00:18:36,158 Saúde! 291 00:18:44,291 --> 00:18:47,377 É a mellor comida que probei na vida. 292 00:18:47,377 --> 00:18:51,506 Yuri, a verdade é que rillas que dá gusto. Quedei sorprendido. 293 00:18:53,550 --> 00:18:56,845 Non, mira, colle só unha pouquiña. 294 00:18:57,429 --> 00:18:59,806 Imos devolver un chisco ó tarro. 295 00:18:59,806 --> 00:19:01,725 Así... 296 00:19:02,309 --> 00:19:05,020 Pos unha pouca na pel. 297 00:19:05,020 --> 00:19:07,898 Toc, toc, toc. 298 00:19:13,236 --> 00:19:16,823 Encántanme as peras. Vai boa que non as probo. 299 00:19:17,365 --> 00:19:18,200 Toma. 300 00:19:18,200 --> 00:19:22,162 Dae comprounas porque a mamá tamén lle gustaban. 301 00:19:24,039 --> 00:19:25,290 Es un bo fillo. 302 00:19:29,336 --> 00:19:31,546 Claro que si. Moi bo fillo. 303 00:19:41,973 --> 00:19:43,850 - Pásasme o japchae? - Claro. 304 00:19:43,850 --> 00:19:45,101 Grazas. 305 00:19:46,228 --> 00:19:50,941 Será o meu primeiro Chuseok, pero prometo que non será o último. 306 00:19:51,608 --> 00:19:52,525 O mesmo digo. 307 00:19:52,525 --> 00:19:56,321 Tivemos que viaxar medio mundo para coñecer as nosas raíces. 308 00:19:56,321 --> 00:19:58,615 Enténdote perfectamente. 309 00:19:58,615 --> 00:20:00,367 A situación, quero dicir. 310 00:20:00,367 --> 00:20:04,204 Aínda que son medio coreana, ás veces sinto que non son nada. 311 00:20:04,204 --> 00:20:06,831 Meu pai inténtao, pero non é o mesmo. 312 00:20:06,831 --> 00:20:08,166 E túa nai? 313 00:20:10,752 --> 00:20:12,462 Morreu cando eu era pequena. 314 00:20:13,338 --> 00:20:16,341 Non puido ensinarnos moito a min e ás miñas irmás 315 00:20:16,341 --> 00:20:20,804 e hai moitas cousas que nunca lle puiden preguntar. 316 00:20:20,804 --> 00:20:22,555 Kitty, síntocho. 317 00:20:23,974 --> 00:20:26,017 Estaría moi orgullosa de ti. 318 00:20:26,893 --> 00:20:27,852 Eu estouno. 319 00:20:27,852 --> 00:20:31,815 E dou as grazas por termos tropezado na KISS. 320 00:20:32,774 --> 00:20:36,361 E por certo, que che fixo vir dar clases aquí? 321 00:20:36,361 --> 00:20:39,281 Tiraches un dardo a un mapa de Corea? 322 00:20:40,365 --> 00:20:42,367 Non foi tan ó chou. 323 00:20:42,993 --> 00:20:45,620 Coñecín alguén que estudou aquí. 324 00:20:46,121 --> 00:20:48,081 - Algo así. - Marcho... 325 00:20:48,999 --> 00:20:50,500 cumprir o meu destino. 326 00:20:50,500 --> 00:20:52,377 Morro de ganas de lelo mañá. 327 00:20:54,462 --> 00:20:58,174 - Xa marchas? - Espile. A cita coa estrela do pop? 328 00:20:58,842 --> 00:20:59,968 Vémonos, sasaeng. 329 00:21:04,723 --> 00:21:06,975 Min Ho estragoume a charla con Alex. 330 00:21:06,975 --> 00:21:08,977 - Ten algún pasatempo? - Teño. 331 00:21:08,977 --> 00:21:11,521 Pero esta noite non penso renderme. 332 00:21:11,521 --> 00:21:14,774 - Pero non quero falar deles. - Paréceme ben. 333 00:21:25,410 --> 00:21:29,080 Non che son Kitty, pero creo que os gañei. 334 00:21:29,080 --> 00:21:30,623 Gañaches, si. 335 00:21:32,917 --> 00:21:34,794 Hoxe non souben nada de Kitty. 336 00:21:36,463 --> 00:21:38,214 Talvez sexa mellor así. 337 00:21:41,676 --> 00:21:42,886 Grazas por vir. 338 00:21:44,512 --> 00:21:46,723 Sinceramente, foi o meu mellor Chuseok. 339 00:21:47,223 --> 00:21:49,601 Bo Chuseok, moza de mentira. 340 00:21:50,310 --> 00:21:52,145 Bo Chuseok, mozo de mentira. 341 00:21:54,939 --> 00:21:55,940 Abur. 342 00:21:57,817 --> 00:21:58,902 Abur. 343 00:22:08,161 --> 00:22:12,374 - Dae Heun Kim vive aquí? - Vive. Pódollo levar eu. 344 00:22:15,460 --> 00:22:17,629 - Aquí ten. - Grazas. 345 00:22:27,347 --> 00:22:30,558 "Dae, conta sempre comigo, pase o que pase. 346 00:22:30,558 --> 00:22:34,145 Ninguén me coñece mellor ca ti, calcetíns incluídos. 347 00:22:34,145 --> 00:22:35,814 Bicos, Kity." 348 00:23:02,757 --> 00:23:07,303 LULU CHEGO EN CINCO MINUTOS. 349 00:23:26,406 --> 00:23:27,866 Non, non! 350 00:23:30,118 --> 00:23:31,786 Xa asoma! 351 00:23:33,580 --> 00:23:35,790 Probouno? Fíxoo Kitty. 352 00:23:35,790 --> 00:23:38,001 É moi bo. A receita é de meu pai. 353 00:23:38,001 --> 00:23:43,089 - O ingrediente secreto é queixo de cabra. - Non, grazas. 354 00:23:43,840 --> 00:23:48,761 Pertenzo á maioría intolerante á lactosa. É moi común entre os asiáticos orientais. 355 00:23:49,262 --> 00:23:53,433 - Vou repetir co japchae de Min Ho. - Non o sabía. 356 00:23:53,433 --> 00:23:55,268 Porque non presta atención. 357 00:23:56,186 --> 00:23:58,813 Se o fixese, as súas notas mellorarían. 358 00:23:59,731 --> 00:24:04,819 Pois o meu corpo acostumouse. Onde me criei, todo leva queixo. 359 00:24:04,819 --> 00:24:06,279 Que interesante. 360 00:24:09,324 --> 00:24:11,159 Vostede viaxou ó estranxeiro? 361 00:24:12,827 --> 00:24:16,164 - Licencieime nos Estados Unidos. - Que ben. Onde? 362 00:24:16,164 --> 00:24:20,168 - No Conservatorio de Nova Inglaterra. - En serio? Estudou música? 363 00:24:22,462 --> 00:24:25,840 Arrogancia xuvenil. Non é unha carreira práctica. 364 00:24:29,511 --> 00:24:32,430 Non sei por que ensino nunha escola internacional. 365 00:24:34,140 --> 00:24:37,185 Os adolescentes occidentais axiña esquecen os modais. 366 00:24:38,144 --> 00:24:40,980 Entón por que elixiu dar clases aquí? 367 00:24:42,690 --> 00:24:43,983 É a miña alma máter. 368 00:24:47,028 --> 00:24:48,780 Esas voces! 369 00:24:49,864 --> 00:24:50,865 Por favor. 370 00:24:51,491 --> 00:24:55,828 Que borde é o profesor Lee! Non sei por que Alex fala con el. 371 00:24:57,247 --> 00:24:59,290 Por isto nunca tiven fillos. 372 00:25:02,877 --> 00:25:04,045 Perdoe. 373 00:25:07,215 --> 00:25:11,010 MIN HO KITTY! SOS! É CULPA TÚA. AXÚDAME. XA. 374 00:25:13,721 --> 00:25:14,931 Mi madriña! 375 00:25:16,766 --> 00:25:17,725 Min Ho! 376 00:25:21,354 --> 00:25:23,022 Min Ho, onde andas? 377 00:25:24,566 --> 00:25:26,776 Que carallo botaches nas patacas? 378 00:25:27,277 --> 00:25:31,739 Moita lactosa. Leite, queixo... 379 00:25:31,739 --> 00:25:32,740 Ceo santo. 380 00:25:34,242 --> 00:25:36,953 Pero se temos aquí o Bebé Cagón! 381 00:25:36,953 --> 00:25:37,954 Cala a boca. 382 00:25:40,623 --> 00:25:44,419 Aí está Lulu. Fai que lisque. Non me pode ver así. 383 00:25:44,419 --> 00:25:46,796 Se o descobren os fans, estou perdido. 384 00:25:47,922 --> 00:25:50,008 Fai algo. Débesmo, Covey. 385 00:25:50,008 --> 00:25:51,217 Está ben, vale. 386 00:25:52,135 --> 00:25:54,512 Pero sé sutil, que non perda o interese. 387 00:25:54,512 --> 00:25:57,640 - Como? - Eu que sei, a celestina es ti. 388 00:26:00,226 --> 00:26:02,186 Minny. Estou aquí! 389 00:26:02,186 --> 00:26:04,856 Ola, Min Ho chega tarde. 390 00:26:05,398 --> 00:26:10,403 - E ti quen es? - A cita de Min Ho das 18:00. 391 00:26:10,403 --> 00:26:15,074 - Ese imbécil quedou con dúas á vez? - Que pensabas, que era para ti soa? 392 00:26:15,074 --> 00:26:18,661 Na escola non hai outro coma el, está tremendo. 393 00:26:18,661 --> 00:26:22,915 É tan sexy! E nin che conto como... 394 00:26:24,125 --> 00:26:25,126 Dá igual. 395 00:26:25,126 --> 00:26:27,920 Só che digo que despois del 396 00:26:27,920 --> 00:26:31,549 non quero volver ver outro mozo ou home. 397 00:26:34,177 --> 00:26:35,261 Intrigante. 398 00:26:35,845 --> 00:26:38,514 Mais eu non son o segundo prato de ninguén. 399 00:26:38,514 --> 00:26:42,226 Dille a Min Ho que mañá ás 18:00 volverei aquí. 400 00:26:42,226 --> 00:26:44,896 Máis lle vale librar o resto da axenda. 401 00:26:45,772 --> 00:26:50,276 Cando pase unha noite comigo, non quererá volver quedar con outra. 402 00:26:51,444 --> 00:26:52,362 Moi ben. 403 00:27:02,497 --> 00:27:04,874 Es un xenio! Daríache unha aperta! 404 00:27:05,458 --> 00:27:06,626 Non, por favor. 405 00:27:07,794 --> 00:27:08,753 Abur! 406 00:27:28,272 --> 00:27:29,482 Perdoa. 407 00:27:31,067 --> 00:27:33,111 Pensei que papá quedaría contigo. 408 00:27:33,111 --> 00:27:36,072 En serio? Eu non. 409 00:27:37,865 --> 00:27:38,991 Non pasa nada. 410 00:27:44,247 --> 00:27:45,707 Se queres... 411 00:27:46,916 --> 00:27:49,168 Agora podemos pasar tempo xuntas. 412 00:27:51,587 --> 00:27:52,714 Estou cansa. 413 00:27:54,173 --> 00:27:55,800 E ti deberías durmir un pouco. 414 00:28:07,311 --> 00:28:09,272 Alex, un momento! 415 00:28:10,648 --> 00:28:13,651 Esta noite non foi como tiña pensado. 416 00:28:14,193 --> 00:28:16,237 Quería falar contigo dunha cousa. 417 00:28:16,237 --> 00:28:18,072 Algo importante. 418 00:28:20,241 --> 00:28:21,701 CLASE DE 1993 419 00:28:26,038 --> 00:28:30,293 Levo tempo sospeitándoo, pero logo desta noite estou segura. 420 00:28:30,293 --> 00:28:33,212 - Creo que sei o que vas dicir. - Ai, si? 421 00:28:37,425 --> 00:28:38,718 EVE SONG E JINA LIM 422 00:28:38,718 --> 00:28:40,470 Non fuches moi sutil, Kitty. 423 00:28:41,763 --> 00:28:42,889 Sei o que sabes. 424 00:28:42,889 --> 00:28:44,974 - Es meu... - O profesor Lee é meu pai. 425 00:28:53,900 --> 00:28:56,527 Por iso viñeches aquí dar clases. 426 00:28:56,527 --> 00:28:59,614 El non o sabe e non quero que o saiba. 427 00:29:05,995 --> 00:29:07,038 {\an8}A miña nai... 428 00:29:08,372 --> 00:29:10,583 A nosa nai estivo con Lee? 429 00:29:13,920 --> 00:29:14,921 A nosa nai? 430 00:30:18,860 --> 00:30:23,656 {\an8}Subtítulos: Abraham Díaz López