1 00:00:23,107 --> 00:00:26,486 Mimá, Min Ho, non podes vestirte polo menos mentres como? 2 00:00:27,737 --> 00:00:30,156 Non é culpa miña que non te poidas resistir. 3 00:00:43,628 --> 00:00:44,754 Tes razón. 4 00:00:45,630 --> 00:00:47,507 Non me podo resistir. 5 00:00:50,218 --> 00:00:51,302 Que teño razón? 6 00:00:59,894 --> 00:01:01,854 Estás para mollar pan. 7 00:01:24,752 --> 00:01:28,005 Ceo santo! 8 00:01:39,058 --> 00:01:40,935 Alex! Agarda! 9 00:01:43,646 --> 00:01:44,689 Estás ben? 10 00:01:44,689 --> 00:01:48,192 Non me respondes ás mensaxes, tesme preocupada. 11 00:01:48,192 --> 00:01:52,363 Nada, todo ben. É que ando moi ocupado, sabes? 12 00:01:52,363 --> 00:01:54,824 A iguana escapou no cuarto dos italianos 13 00:01:54,824 --> 00:01:57,869 e aínda han facer un cinto con ela se non a atopo. 14 00:01:57,869 --> 00:02:00,788 E teño que preparar exames. Estás a estudar, non? 15 00:02:01,372 --> 00:02:04,709 Estou, pero tamén andei ocupada intentando descubrir 16 00:02:04,709 --> 00:02:07,378 que viu miña nai no Snape coreano. 17 00:02:07,378 --> 00:02:10,548 Kitty, en serio, tes que centrarte nos estudos. 18 00:02:11,090 --> 00:02:13,342 - E Snape era bo ó final. - Xa, 19 00:02:13,342 --> 00:02:16,220 pero que tal se imos falar con el? 20 00:02:16,220 --> 00:02:19,807 - Coñecémolo, vemos de que vai... - Agora non. 21 00:02:19,807 --> 00:02:23,352 Por que non? Vive xusto aí. Podemos ir xuntos. 22 00:02:23,352 --> 00:02:25,563 Por iso viñeches dar clases aquí. 23 00:02:25,563 --> 00:02:30,484 Vin aquí para ver quen era, coñecelo e ver se quería levarme con el. 24 00:02:31,402 --> 00:02:35,823 Eu quero ó meu pai. O que me criou. Non preciso ir ás présas con isto. 25 00:02:36,824 --> 00:02:37,825 Xa o pillo. 26 00:02:38,701 --> 00:02:42,205 Pero coñezo alguén con quen quererás levarte fixo. 27 00:02:42,872 --> 00:02:46,792 As miñas irmás. As nosas. Por que non facemos unha videochamada? 28 00:02:46,792 --> 00:02:49,086 Margot éche seca ó primeiro, pero... 29 00:02:49,086 --> 00:02:52,381 Kitty, non podemos cambiarlle a vida a todo o mundo. 30 00:02:52,381 --> 00:02:54,717 - E se non temos razón? - E se a temos? 31 00:02:54,717 --> 00:02:57,345 - Mellorariámoslles a vida. - Abonda. 32 00:02:58,137 --> 00:03:01,098 Só queres axudar, pero non todo é asunto teu. 33 00:03:04,435 --> 00:03:07,813 Teño que organizar exames e ti tes que estudar para eles. 34 00:03:13,194 --> 00:03:17,782 Non te rendas. É por mamá. Aínda non perdiches a batalla. 35 00:03:20,952 --> 00:03:22,453 Só quería falar con el 36 00:03:22,453 --> 00:03:25,957 e logo Alex díxome que non todo é asunto meu. 37 00:03:25,957 --> 00:03:28,542 Agora non fago máis que pensar en Lee e... 38 00:03:28,542 --> 00:03:32,380 E que tal se, en lugar de obsesionarte co drama de Alex, 39 00:03:32,380 --> 00:03:36,717 nos concentramos no que vas levar á Festa Tola de Min Ho? 40 00:03:36,717 --> 00:03:38,344 - Non vou ir. - Como? 41 00:03:38,844 --> 00:03:40,721 Por que? É o evento do ano! 42 00:03:40,721 --> 00:03:42,974 Porque Dae e Yuri andarán por alí. 43 00:03:42,974 --> 00:03:44,976 Yuri seguro, vai estar de DJ. 44 00:03:44,976 --> 00:03:47,853 Pero Dae nunca vai a estas cousas, ti tranquila. 45 00:03:47,853 --> 00:03:51,148 Estou tranquila, pero non quero pasar tempo con alguén 46 00:03:51,148 --> 00:03:54,068 - que nin agradece un bo xesto. - E veña e dálle. 47 00:03:54,068 --> 00:03:56,320 Non me deu nin as grazas polo colar. 48 00:03:56,320 --> 00:03:58,239 Nin un triste emoji! 49 00:03:58,239 --> 00:04:01,784 Era de miña nai. Regaleillo a Dae cando morreu a súa. 50 00:04:01,784 --> 00:04:04,954 Xa está. Encantaríame falar disto por enésima vez, 51 00:04:05,621 --> 00:04:07,540 pero prefiro arrincar as orellas. 52 00:04:08,374 --> 00:04:09,458 Si. 53 00:04:09,458 --> 00:04:12,086 En serio, levo toda a semana escoitando 54 00:04:12,086 --> 00:04:16,173 "Dae, colar, Yuri, Alex, colar, Alex, Yuri, Dae, colar". 55 00:04:16,674 --> 00:04:20,720 Es coma un robot escangallado que quedou en bucle. 56 00:04:21,721 --> 00:04:24,849 Viñeches buscando novas experiencias e vivir a vida. 57 00:04:25,641 --> 00:04:27,518 E que é a Festa Tola de Min Ho? 58 00:04:29,103 --> 00:04:30,521 Unha nova experiencia. 59 00:04:32,523 --> 00:04:35,818 Ai, Deus, estiven a piques de quedar na casa un venres 60 00:04:35,818 --> 00:04:37,278 choricando por un mozo. 61 00:04:38,279 --> 00:04:39,947 - Xa. - Ai, non! 62 00:04:40,823 --> 00:04:42,408 Estou a converterme en LJ. 63 00:04:44,201 --> 00:04:45,411 Claro... 64 00:04:46,412 --> 00:04:50,750 Pero mira, esta noite sairás aí fóra a arrasar 65 00:04:50,750 --> 00:04:52,168 e ser unha nova Kitty. 66 00:04:53,127 --> 00:04:55,004 Unha nova Kitty que...? 67 00:04:55,004 --> 00:04:58,007 Que atopará alguén a quen bicar? 68 00:04:59,383 --> 00:05:01,761 Sempre pensei que o primeiro sería con Dae 69 00:05:01,761 --> 00:05:04,597 e agora é o único rapaz con quen non pode ser. 70 00:05:04,597 --> 00:05:07,600 Seino, pero pensa en tódalas posibilidades. 71 00:05:08,184 --> 00:05:11,771 Veña, muller, usa eses poderes de celestina contigo mesma. 72 00:05:11,771 --> 00:05:12,855 Vira as tornas! 73 00:05:14,732 --> 00:05:15,733 Moi ben. 74 00:05:16,776 --> 00:05:18,527 Podería bicar a alguén. 75 00:05:20,404 --> 00:05:22,990 Si! Esta noite vou bicar a alguén! 76 00:05:22,990 --> 00:05:24,241 Aí falaches, moza! 77 00:05:32,792 --> 00:05:36,420 Vaia! Non ías quedar esta noite con Dae? 78 00:05:36,420 --> 00:05:38,756 Vou. Estou a piques de marchar. 79 00:05:39,465 --> 00:05:44,178 Cea, seguramente unha peli. Tranquila, non volvo moi tarde. 80 00:05:44,178 --> 00:05:46,764 Sempre quedo tranquila cando vas con Dae. 81 00:05:46,764 --> 00:05:49,517 Sacades o mellor o un do outro. 82 00:05:49,517 --> 00:05:51,769 - Mamá... - Sacas mellores notas. 83 00:05:52,269 --> 00:05:54,063 Non te metes en problemas. 84 00:05:55,356 --> 00:05:56,357 Estou orgullosa. 85 00:05:58,818 --> 00:06:00,152 Pero por riba de todo... 86 00:06:02,154 --> 00:06:03,531 gústame verte contenta. 87 00:06:05,408 --> 00:06:06,409 Pásao ben. 88 00:06:18,045 --> 00:06:19,088 Pásache algo? 89 00:06:20,756 --> 00:06:22,967 Miña nai pensa que estou contenta. 90 00:06:24,218 --> 00:06:25,928 E non me sentín peor na vida. 91 00:06:27,388 --> 00:06:29,849 Todo vai como planeamos, mais... 92 00:06:29,849 --> 00:06:32,017 Non te coñece moi ben. 93 00:06:36,313 --> 00:06:39,567 É a primeira vez que pico sen Juliana, vai ser rarísimo. 94 00:06:41,527 --> 00:06:42,736 Animareite eu. 95 00:06:44,447 --> 00:06:48,075 E ti farás o mesmo comigo. Nunca fun a unha festa destas. 96 00:06:49,326 --> 00:06:50,744 Unha festa rachada. 97 00:06:53,080 --> 00:06:54,707 Altan chámalles así. 98 00:06:55,332 --> 00:06:57,918 Non sei, eu nunca che rachei con nada. 99 00:06:58,878 --> 00:07:00,754 Tranquilo, non son para tanto. 100 00:07:23,611 --> 00:07:25,529 Este local é enorme! 101 00:07:26,947 --> 00:07:28,407 E hai moito barullo! 102 00:07:28,407 --> 00:07:30,284 Para iso se fai! 103 00:07:30,284 --> 00:07:32,661 Sóltate por unha vez, Dae. 104 00:07:32,661 --> 00:07:34,872 Aluguei o local enteiro para nós. 105 00:07:35,581 --> 00:07:38,334 As miñas regras, a miña lista de invitados. 106 00:07:38,876 --> 00:07:39,752 En serio? 107 00:07:43,964 --> 00:07:45,716 Pero como entrou esta aquí? 108 00:08:11,492 --> 00:08:12,868 E ese bombón? 109 00:08:13,452 --> 00:08:15,162 - Queres bailar? - Agora non. 110 00:08:35,891 --> 00:08:36,809 Non! 111 00:08:36,809 --> 00:08:41,981 Non, os meus ollos! É coma mirar directamente o sol! 112 00:08:42,565 --> 00:08:44,942 - Mi madriña! - Estás guapísima. 113 00:08:47,069 --> 00:08:50,781 Levas roupa deportiva? No evento do ano? 114 00:08:52,157 --> 00:08:54,493 Vou repasar o da vestimenta co porteiro. 115 00:09:05,462 --> 00:09:08,757 Díxenche que os ías volver tolos a todos. 116 00:09:14,430 --> 00:09:15,681 Ó final veu Dae. 117 00:09:18,851 --> 00:09:21,604 Mi madriña! Por que está tan guapo? 118 00:09:21,604 --> 00:09:24,398 Por que vén camiñando cara a min? 119 00:09:25,232 --> 00:09:28,110 Por que segue a importarme tanto? 120 00:09:29,153 --> 00:09:31,155 Recende ata dende aquí. 121 00:09:33,115 --> 00:09:35,951 Diso nada. Vin aquí para bicar outro mozo. 122 00:09:38,078 --> 00:09:39,246 Que fas? 123 00:09:39,747 --> 00:09:43,125 Quero darlle brasa a isto de "coñecer xente nova". 124 00:09:43,125 --> 00:09:46,879 Nunca bebín alcohol, pero a coraxe líquida vén ben, non si? 125 00:09:46,879 --> 00:09:50,883 En realidade non levan alcohol. Son cócteles falsos. 126 00:09:50,883 --> 00:09:54,803 En Corea ven fatal que os menores beban. Cancelan á xente e todo. 127 00:09:54,803 --> 00:09:56,221 Pero por sorte... 128 00:09:57,222 --> 00:09:58,474 Eu sonvos de Francia. 129 00:10:00,559 --> 00:10:01,477 Grazas. 130 00:10:04,188 --> 00:10:05,773 Polas novas experiencias! 131 00:10:05,773 --> 00:10:06,982 Imos alá! 132 00:10:09,068 --> 00:10:12,154 Kitty, estás... guapísima. 133 00:10:12,154 --> 00:10:13,238 Perdoa. 134 00:10:18,661 --> 00:10:19,828 Moi serio. 135 00:10:21,413 --> 00:10:22,539 Non é da miña onda. 136 00:10:24,458 --> 00:10:25,501 Que tal ese? 137 00:10:30,047 --> 00:10:34,176 Ola. Moito miras! Andas de escaparates cos mozos? 138 00:10:34,176 --> 00:10:37,388 - Encántame verte así. - Estouno a pasar xenial. 139 00:10:37,388 --> 00:10:41,308 Eu tamén. Isto é o que necesitaba. Fuxir do drama familiar 140 00:10:41,308 --> 00:10:44,269 - e a merda de presión da escola. - Merda de escola! 141 00:10:44,269 --> 00:10:47,189 Por que a escola é tan difícil de súpeto? 142 00:10:47,189 --> 00:10:48,357 - Nin idea. - Toma. 143 00:10:49,358 --> 00:10:50,484 Grazas. 144 00:10:51,694 --> 00:10:52,945 Que lindos. 145 00:10:53,445 --> 00:10:54,405 Grazas. 146 00:11:03,831 --> 00:11:04,873 Non, non. 147 00:11:05,666 --> 00:11:08,127 - Non? Moi ben. - Non, liscamos. 148 00:11:08,127 --> 00:11:09,420 - Xa. - É ben rariño. 149 00:11:21,932 --> 00:11:23,350 Este é lindo. 150 00:11:27,271 --> 00:11:28,272 E ten moza. 151 00:11:28,772 --> 00:11:30,315 Eu tamén tiña mozo. 152 00:11:32,651 --> 00:11:35,779 E descubrín que é un cabrón infiel e mentireiro 153 00:11:35,779 --> 00:11:37,489 que nin sabe dar as grazas. 154 00:11:43,370 --> 00:11:44,371 Kitty, agarda. 155 00:11:45,330 --> 00:11:46,331 Grazas. 156 00:11:48,709 --> 00:11:50,210 Grazas de novo. 157 00:11:50,794 --> 00:11:53,797 Un home que sabe dar as grazas. Gústame. 158 00:11:54,840 --> 00:11:55,883 Chámome Geon. 159 00:11:57,050 --> 00:11:58,093 Eu Kitty. 160 00:11:58,093 --> 00:11:59,303 Un pracer. 161 00:12:06,477 --> 00:12:10,063 Vaia honra. Fálame a moza máis guapa da festa. 162 00:12:10,898 --> 00:12:13,567 Paréceche atractiva a Acosadora de Portland? 163 00:12:13,567 --> 00:12:15,569 Non te chames así. 164 00:12:15,569 --> 00:12:19,239 Xa lle vou collendo o gusto. 165 00:12:19,239 --> 00:12:22,910 Non me gusta xulgar sen coñecer á xente, 166 00:12:22,910 --> 00:12:26,747 pero agora que te coñezo, seguro que os rumores eran falsos. 167 00:12:26,747 --> 00:12:28,582 Si? A que te refires? 168 00:12:30,042 --> 00:12:33,003 Non pode ser que un tío te deixara por Yuri. 169 00:12:34,213 --> 00:12:35,130 En fin... 170 00:12:35,130 --> 00:12:37,508 En serio, non é nin guapa. 171 00:12:37,508 --> 00:12:40,385 E ten un nariz considerable, por dicilo así. 172 00:12:40,385 --> 00:12:41,637 Non te pases. 173 00:12:41,637 --> 00:12:44,681 As mozas coma Yuri van de divas. Pero ti? 174 00:12:46,099 --> 00:12:48,477 Ti es preciosa e lista. 175 00:12:48,977 --> 00:12:52,731 Pensas que gañas puntos meténdote con Yuri? 176 00:12:52,731 --> 00:12:53,816 Pois... 177 00:12:55,818 --> 00:12:58,195 así non me impresionas. 178 00:13:00,948 --> 00:13:04,201 En serio? Aquí non coñecedes a Shania Twain ou que? 179 00:13:04,201 --> 00:13:06,578 Onde está Q? Que ben me viña agora! 180 00:13:07,162 --> 00:13:07,996 Tanto ten! 181 00:13:08,580 --> 00:13:12,251 Yuri e eu non seremos amigas, pero quen es ti para falar así dela? 182 00:13:12,251 --> 00:13:15,796 As mulleres non están aquí para que as xulgues. 183 00:13:15,796 --> 00:13:19,550 E para que o saibas, vin a Yuri de preto 184 00:13:19,550 --> 00:13:23,136 e pódoche dicir que ten un nariz tan perfecto que asusta! 185 00:13:25,013 --> 00:13:26,014 Paspán. 186 00:13:28,267 --> 00:13:30,227 Só dicía que estou da túa parte. 187 00:13:34,731 --> 00:13:36,525 {\an8}LENTO ALTO 188 00:13:38,151 --> 00:13:39,486 {\an8}MOITO GARDAR 189 00:13:39,486 --> 00:13:42,990 A-M-O-R, rapaces. É "amor". 190 00:13:44,366 --> 00:13:48,662 Só pido una noite para min, para a miña vida amorosa, 191 00:13:48,662 --> 00:13:51,665 pero non, aquí estou, choiando para os máis. 192 00:13:52,875 --> 00:13:55,002 Perdón, falas comigo? 193 00:13:55,794 --> 00:13:56,837 Falo cos dous. 194 00:13:58,088 --> 00:14:00,674 Tedes o que precisa o outro. Falade. 195 00:14:03,093 --> 00:14:04,595 Si que tes o que preciso. 196 00:15:07,282 --> 00:15:10,494 Sei que nunca estiveches nunha festa coma esta, pero... 197 00:15:12,329 --> 00:15:14,331 - Veña. - Eu... 198 00:15:14,331 --> 00:15:15,749 Ven aquí! 199 00:15:18,710 --> 00:15:19,878 Veña, baila! 200 00:15:20,379 --> 00:15:22,130 Non, paso. 201 00:15:22,130 --> 00:15:23,215 Fíxate en min. 202 00:15:24,925 --> 00:15:26,426 Eu non vou facer iso. 203 00:15:26,927 --> 00:15:28,053 Estás de festa. 204 00:15:29,179 --> 00:15:30,180 Mira, así. 205 00:15:31,890 --> 00:15:32,891 Velaí tes! 206 00:15:39,523 --> 00:15:41,400 Olliño! Si, si! 207 00:15:42,567 --> 00:15:44,569 Mi madriña, pero isto que é? 208 00:15:46,780 --> 00:15:48,615 Que foi iso? Como es tan bo? 209 00:15:53,120 --> 00:15:54,162 Moito sorrís. 210 00:15:55,831 --> 00:15:57,457 É que me gustas. 211 00:15:59,292 --> 00:16:01,712 Non. Non me sexas así. 212 00:16:02,713 --> 00:16:04,339 Non desa forma. 213 00:16:05,132 --> 00:16:07,509 Quero dicir, grazas por traerme 214 00:16:08,176 --> 00:16:11,096 e axudarme a pasalo ben e distraerme. 215 00:16:12,389 --> 00:16:13,473 Por iso me gustas. 216 00:16:14,975 --> 00:16:15,976 Como amiga. 217 00:16:16,893 --> 00:16:17,894 Moi ben. 218 00:16:24,568 --> 00:16:25,569 Kitty! 219 00:16:29,031 --> 00:16:30,032 Kitty! 220 00:16:30,782 --> 00:16:31,700 Kitty! 221 00:16:32,701 --> 00:16:35,203 Non amoses debilidade. Ponlle cara de noxo. 222 00:16:35,746 --> 00:16:37,497 - Ola! - Ola! 223 00:16:37,497 --> 00:16:40,876 - Como vas? - Xenial. Xa xuntei unhas parellas. 224 00:16:40,876 --> 00:16:43,336 E agora dispóñome a facer o truco final 225 00:16:43,336 --> 00:16:48,383 e xuntarme a min mesma con alguén que saiba dar as grazas. 226 00:16:48,383 --> 00:16:49,593 - Que? - Veña. 227 00:16:49,593 --> 00:16:51,845 - Éche mellor beber algo de auga. - Si. 228 00:16:51,845 --> 00:16:54,181 Non, só tomei 13. 229 00:16:54,181 --> 00:16:55,474 Trece copas? 230 00:16:55,474 --> 00:16:56,558 Grolos. 231 00:16:57,350 --> 00:16:58,351 Trece grolos. 232 00:16:59,061 --> 00:17:01,480 Aínda así non é que che importe. 233 00:17:03,356 --> 00:17:05,233 Quero bailar. Vamos bailar! 234 00:17:05,233 --> 00:17:06,985 - Non, abonda. - A bailar! 235 00:17:06,985 --> 00:17:09,196 Florian e eu imos dar unha volta. 236 00:17:09,196 --> 00:17:12,657 - Quero bailar. A bailar, agora! - Kitty. 237 00:17:12,657 --> 00:17:14,409 Pódesnos deixar un segundo? 238 00:17:16,870 --> 00:17:18,580 Non todo xira ó teu redor. 239 00:17:20,248 --> 00:17:21,750 Soas igual ca Alex. 240 00:17:23,752 --> 00:17:27,089 Pois mira, chamar agora a Alex é unha idea fantástica. 241 00:17:27,089 --> 00:17:28,090 Estou borracha? 242 00:17:28,090 --> 00:17:30,634 - Bebe auga! - Non, isto é moi boa idea! 243 00:17:36,515 --> 00:17:37,349 Diga? 244 00:17:37,349 --> 00:17:40,060 Mira, teño que che dicir algo. 245 00:17:41,061 --> 00:17:44,481 Perdón por entremeterme 246 00:17:44,481 --> 00:17:48,527 e insistir e amolar. 247 00:17:48,527 --> 00:17:51,947 É que me emocionei moito por ter un irmán. 248 00:17:53,532 --> 00:17:54,908 Irmán. 249 00:17:54,908 --> 00:17:56,785 "Ir-mán." 250 00:17:57,828 --> 00:18:00,831 Éche ben graciosa a palabra esta cando a repites! 251 00:18:00,831 --> 00:18:04,626 O tema é que esta noite vou esquecer a Dae. 252 00:18:04,626 --> 00:18:06,294 Estou doída? Estou. 253 00:18:06,294 --> 00:18:09,965 Pero miña nai superou o home misterioso e atopou a meu pai. 254 00:18:09,965 --> 00:18:11,633 Eu tamén podo facelo. 255 00:18:11,633 --> 00:18:12,801 Kitty? 256 00:18:13,301 --> 00:18:14,261 Estás ben? 257 00:18:15,011 --> 00:18:17,139 Só quería pedirche perdón. 258 00:18:17,139 --> 00:18:20,267 Cervexa? Non estamos nas miñas festas de Londres! 259 00:18:20,267 --> 00:18:23,770 Estamos en Seúl, é dicir, nada de alcohol para menores! 260 00:18:23,770 --> 00:18:24,855 Trae acó! 261 00:18:25,939 --> 00:18:28,692 Kitty, estás nunha festa con alcohol? 262 00:18:28,692 --> 00:18:30,443 Acóllome á quinta emenda! 263 00:18:31,027 --> 00:18:33,488 Non estamos nos EUA, non hai quinta emenda. 264 00:18:33,488 --> 00:18:37,409 Xa pasou a hora de ires á cama e vas mal coas notas. 265 00:18:37,409 --> 00:18:40,704 - Haste meter nunha boa. - Non te oio ben. 266 00:18:41,204 --> 00:18:42,497 Rubik é a hostia! 267 00:18:42,998 --> 00:18:44,457 Dixo Rubik? 268 00:18:44,457 --> 00:18:46,334 Kitty? Ola? 269 00:18:46,334 --> 00:18:47,294 Alex? 270 00:18:47,878 --> 00:18:49,379 - Alex? - Kitty? 271 00:18:49,379 --> 00:18:51,214 - Kitty! - Nada, non te oio. 272 00:18:51,214 --> 00:18:53,758 Escríboche agora. 273 00:18:54,259 --> 00:18:55,635 - Deica. - Ki... 274 00:18:59,014 --> 00:19:03,518 Es incrible. Miña nai estaría ó teu favor. 275 00:19:04,019 --> 00:19:06,229 E Eve Song ben sabe quen é incrible. 276 00:19:07,230 --> 00:19:09,566 Á parte de Lee, o profesor. 277 00:19:10,567 --> 00:19:14,112 Volvo á festa, serame mellor. 278 00:19:15,030 --> 00:19:17,908 Deica... "logor". 279 00:19:18,909 --> 00:19:20,619 Sonche toda unha poeta! 280 00:19:23,914 --> 00:19:24,831 Ola. 281 00:19:36,801 --> 00:19:38,303 MIÑA NAI ESTARÍA Ó TEU FAVOR. 282 00:19:38,303 --> 00:19:41,056 EVE SONG SABE QUEN É INCRIBLE. Á PARTE DE LEE, O PROFESOR. 283 00:19:41,056 --> 00:19:42,599 VOLVO Á FESTA, DEICA... "LOGOR". 284 00:19:47,562 --> 00:19:48,813 Temos un problema. 285 00:19:48,813 --> 00:19:51,900 Non me empeores a noite, xa me doe a cabeza dabondo. 286 00:19:51,900 --> 00:19:54,110 Hai unha festa. Non sei onde. 287 00:20:03,745 --> 00:20:04,788 Seicho eu. 288 00:20:05,747 --> 00:20:07,666 Cea e peli... érache boa! 289 00:20:10,377 --> 00:20:13,296 Quería darche as grazas por axudarme a reflexionar 290 00:20:13,296 --> 00:20:16,466 sobre como falo dos demais, sobre todo das mulleres. 291 00:20:17,050 --> 00:20:18,218 Grazas. 292 00:20:18,218 --> 00:20:20,762 O feito de que me agradezas algo 293 00:20:20,762 --> 00:20:23,265 xa é un bo cambio na miña vida. 294 00:20:25,934 --> 00:20:28,270 - Saúde. - Saúde! 295 00:20:36,486 --> 00:20:38,363 Quero bicar a alguén. 296 00:20:38,989 --> 00:20:40,824 Estou lista para bicar a alguén. 297 00:20:40,824 --> 00:20:42,742 Vou bicar a alguén. 298 00:20:42,742 --> 00:20:43,827 Quieto parado! 299 00:20:44,452 --> 00:20:47,455 Lembras o noxo que che daba antes de emborracharte? 300 00:20:51,584 --> 00:20:54,254 Pois non che cambiou moito na última hora. 301 00:20:55,380 --> 00:20:56,548 O que ti digas... 302 00:21:02,846 --> 00:21:05,056 Aspiras a algo mellor. Creme. 303 00:21:08,435 --> 00:21:10,770 Precisas un petisco. De contado. 304 00:21:12,272 --> 00:21:13,440 Come isto. 305 00:21:14,316 --> 00:21:15,442 Bebe... 306 00:21:16,484 --> 00:21:17,736 isto. 307 00:21:19,487 --> 00:21:20,864 E logo ven verme picar. 308 00:21:22,782 --> 00:21:24,409 Semella que lle importo. 309 00:21:25,327 --> 00:21:29,122 Tan bébeda vou ou é que Yuri Han é boa persoa? 310 00:21:38,590 --> 00:21:39,549 Atendede todos! 311 00:21:42,552 --> 00:21:43,553 Atendede todos! 312 00:21:45,013 --> 00:21:48,099 Todo o mundo de volta á residencia! 313 00:21:49,017 --> 00:21:50,518 Menos mal que viñeches! 314 00:21:50,518 --> 00:21:53,897 - Hai que deter estes bárbaros. - Que pensas que intento? 315 00:21:53,897 --> 00:21:58,401 O ano pasado a familia dun ídolo foi á ruína por un escándalo co alcohol. 316 00:21:58,902 --> 00:22:01,446 Non quero facer pasar a miña nai por iso. 317 00:22:01,446 --> 00:22:03,615 - Eu esquerda, ti dereita. - Vale. 318 00:22:06,659 --> 00:22:07,535 Veña. 319 00:22:11,164 --> 00:22:12,248 Rapaces. 320 00:22:13,166 --> 00:22:16,628 Perdoade a interrupción. Q, que lle fixen eu a Kitty? 321 00:22:17,754 --> 00:22:19,798 Á parte de teres outra moza 322 00:22:19,798 --> 00:22:22,550 cando ela cruzou o mundo para estar contigo? 323 00:22:22,550 --> 00:22:23,635 Si, á parte diso. 324 00:22:24,135 --> 00:22:27,389 Dáme a impresión de que me odia máis ca nunca e... 325 00:22:29,099 --> 00:22:30,308 non sei que fixen. 326 00:22:31,935 --> 00:22:35,146 Dae, de verdade, non quero meterme nisto. 327 00:22:35,146 --> 00:22:37,899 Meu, só unha pista. 328 00:22:39,067 --> 00:22:41,111 Veña, axúdalle a este pobre home. 329 00:22:41,694 --> 00:22:42,612 Iso. 330 00:22:56,918 --> 00:22:58,586 O colar, Dae, o colar. 331 00:23:02,215 --> 00:23:04,384 - Titanic? - Que? 332 00:23:04,384 --> 00:23:09,389 Está doída porque nin lle agradeciches nin mencionaches que che devolveu o colar. 333 00:23:11,224 --> 00:23:12,642 Como que mo devolveu? 334 00:23:13,518 --> 00:23:15,478 Si, polo Chuseok. 335 00:23:16,062 --> 00:23:17,689 Entregouno un mensaxeiro. 336 00:23:18,773 --> 00:23:21,609 Benvida ó escenario, Yuri! 337 00:23:29,909 --> 00:23:31,119 Polo Chuseok. 338 00:23:38,793 --> 00:23:42,755 Recollede as vosas pertenzas e volvede ó campus! 339 00:23:43,965 --> 00:23:45,967 Dígame que non veu como invitado, 340 00:23:45,967 --> 00:23:49,053 senón como profesor que busca dar cabo a este caos. 341 00:23:49,554 --> 00:23:51,681 Iso último, claramente. 342 00:23:52,474 --> 00:23:54,726 Non se preocupen, está case arranxado. 343 00:23:54,726 --> 00:23:56,060 Non tal. 344 00:23:56,644 --> 00:23:57,937 Non o respectan. 345 00:23:59,856 --> 00:24:02,233 Quieto todo o mundo! 346 00:24:03,902 --> 00:24:07,030 Temos que atopar os altofalantes e desenchufalos. 347 00:24:11,993 --> 00:24:13,203 Baixade da mesa! 348 00:24:39,646 --> 00:24:41,064 Xa vexo os altofalantes. 349 00:24:42,565 --> 00:24:43,650 Sígueme. 350 00:25:16,724 --> 00:25:18,935 É incrible. 351 00:25:19,769 --> 00:25:23,731 Un momento, que estou a dicir? É Yuri, a miña inimiga. 352 00:25:25,108 --> 00:25:27,402 Por que semella que me percorren 353 00:25:27,402 --> 00:25:30,947 un millón de voltios de electricidade cando miro para ela? 354 00:25:32,031 --> 00:25:32,865 Kitty. 355 00:25:32,865 --> 00:25:36,452 - Creo que Yuri levou o colar. - Xa, ver a Yuri faite voar. 356 00:25:36,452 --> 00:25:39,998 - Non, digo que... - Xa o pillo. Estás namorado dela. 357 00:25:40,748 --> 00:25:43,459 Rompíchesme o corazón, pero non te culpo. 358 00:25:44,335 --> 00:25:46,921 Atento todo o mundo! Todo o... 359 00:25:55,513 --> 00:25:56,598 Aquí estabas. 360 00:26:00,310 --> 00:26:02,103 É normal non querer iso. 361 00:26:03,313 --> 00:26:06,149 O noso non sería nada serio, só o pasariamos ben. 362 00:26:21,164 --> 00:26:24,000 Non pasa nada. Estou lista para atopar outra persoa. 363 00:26:34,552 --> 00:26:36,971 - Estou ocupada. - Levaches ti o colar? 364 00:26:37,972 --> 00:26:39,724 O que me mandou Kitty no Chuseok. 365 00:26:44,520 --> 00:26:46,356 Enganeime por un intre. 366 00:26:47,565 --> 00:26:49,692 Pensei que eramos amigos de verdade. 367 00:27:28,189 --> 00:27:30,191 A túa sesión de onte foi tremenda. 368 00:27:30,775 --> 00:27:31,734 Grazas. 369 00:27:37,532 --> 00:27:39,951 E que imos facer con toda esta tensión? 370 00:27:41,202 --> 00:27:42,995 A tensión de odiarnos? 371 00:27:43,913 --> 00:27:46,207 Creo que xa se vai indo. 372 00:27:50,294 --> 00:27:51,379 Non. 373 00:27:54,173 --> 00:27:55,633 Esta tensión. 374 00:29:25,097 --> 00:29:28,392 Subtítulos: Abraham Díaz López