1 00:00:21,272 --> 00:00:24,067 Que foi iso? 2 00:00:31,449 --> 00:00:33,576 Q! Teño que che contar algo! 3 00:00:34,160 --> 00:00:34,994 - Érguete! - Q! 4 00:00:35,578 --> 00:00:37,538 Bebiches a miña auga de coláxeno? 5 00:00:38,206 --> 00:00:40,374 - Ou fuches ti? - Que dis? Non. 6 00:00:40,374 --> 00:00:43,878 A miña auga de coláxeno é para manter a miña pel fresca, 7 00:00:43,878 --> 00:00:46,881 non para hidratar ós que non aturan uns grolos. 8 00:00:46,881 --> 00:00:48,800 Mi madriña, por que berras? 9 00:00:48,800 --> 00:00:50,927 É plena noite e sigo borracho. 10 00:00:50,927 --> 00:00:52,804 Non tal, son as oito da mañá. 11 00:00:52,804 --> 00:00:54,388 E grazas a algún imbécil 12 00:00:54,388 --> 00:00:57,725 a miña dinastía trouleira chegou a un prematuro fin, 13 00:00:57,725 --> 00:00:59,519 así que non estou de boas. 14 00:00:59,519 --> 00:01:02,647 E para facerme un café estás? 15 00:01:02,647 --> 00:01:04,524 Si, pero cun profundo rancor. 16 00:01:04,524 --> 00:01:07,360 - Podo aturalo. - Q, podo preguntarche algo? 17 00:01:07,360 --> 00:01:10,113 Si, a auga de coláxeno bebinlla eu. 18 00:01:10,113 --> 00:01:11,114 Iso non. 19 00:01:11,114 --> 00:01:14,742 Déixao, estou canso para preguntas. Non me deixaches durmir. 20 00:01:14,742 --> 00:01:17,954 - As paredes son de papel. - Berrei ou que? 21 00:01:19,080 --> 00:01:20,081 Falaba en soños? 22 00:01:20,081 --> 00:01:22,875 A xente solta moitas parvadas ó durmir. 23 00:01:22,875 --> 00:01:27,171 Dunha volta ata lle pedín a LJ que me fixese un bocata con maionesa, 24 00:01:27,171 --> 00:01:28,714 pero eu odio a maionesa. 25 00:01:28,714 --> 00:01:30,967 Non, falar non falabas. 26 00:01:30,967 --> 00:01:32,885 Roncabas! 27 00:01:32,885 --> 00:01:36,222 Porque estaba bébeda, e a xente bébeda fai moitas cousas 28 00:01:36,222 --> 00:01:40,810 que non fan normalmente, coma roncar. E ter soños raros de narices. 29 00:01:42,353 --> 00:01:44,188 Tiveches un soño erótico. Con Dae? 30 00:01:44,188 --> 00:01:45,648 - Non. - Non con Dae. 31 00:01:45,648 --> 00:01:47,942 Non dixen que tivera un soño erótico. 32 00:01:47,942 --> 00:01:50,528 Nin falla que fixo. Sóltao. 33 00:01:51,237 --> 00:01:53,739 Dá igual, os soños non significan nada. 34 00:01:53,739 --> 00:01:56,284 Ten razón! Non significan nada. 35 00:01:56,284 --> 00:01:59,412 Podes ter un soño erótico con alguén que che dá noxo. 36 00:01:59,412 --> 00:02:01,414 Si, xusto. Grazas, Min Ho. 37 00:02:01,414 --> 00:02:04,333 Min Ho podería soñar comigo, por exemplo. 38 00:02:05,960 --> 00:02:08,212 - Soñaches con Kitty. - Non. 39 00:02:08,212 --> 00:02:11,424 Con Kitty non sería un soño erótico, senón un pesadelo. 40 00:02:11,424 --> 00:02:13,968 - Mi madriña! - Non te oio negalo. 41 00:02:13,968 --> 00:02:16,137 Dá igual, os soños non significan nada. 42 00:02:16,137 --> 00:02:18,764 - Xusto, odio a maionesa. - E eu a Kitty! 43 00:02:18,764 --> 00:02:19,932 Grazas. 44 00:02:20,725 --> 00:02:22,810 Os soños eróticos significan algo. 45 00:02:23,477 --> 00:02:25,021 Asesor de residentes. 46 00:02:25,021 --> 00:02:26,564 Vou usar a chave mestra. 47 00:02:30,568 --> 00:02:34,447 Agardo que onte valese a pena, 48 00:02:35,281 --> 00:02:36,866 porque vos metestes nunha boa! 49 00:02:45,541 --> 00:02:47,210 Castigada o sábado? 50 00:02:47,210 --> 00:02:48,211 Veña, ho. 51 00:02:48,211 --> 00:02:50,796 Tedes sorte de que o deixemos quedar así. 52 00:02:50,796 --> 00:02:54,008 Sabes o vergoñoso que é isto para min? Para a escola? 53 00:02:54,008 --> 00:02:55,468 Miraches o teléfono? 54 00:03:05,978 --> 00:03:07,647 YURI LEVA A DAE Ó LADO ESCURO? 55 00:03:07,647 --> 00:03:10,191 Que? Nin sequera bebín á noite! 56 00:03:10,191 --> 00:03:12,652 Tanto ten. A historia xa anda por aí. 57 00:03:12,652 --> 00:03:16,906 E non é só a escola. Fai perigar o negocio de teu pai, 58 00:03:16,906 --> 00:03:20,618 despois de tanto traballo para recuperar a imaxe da familia. 59 00:03:24,038 --> 00:03:26,874 Organizaremos unhas fotos contigo e con Dae. 60 00:03:27,625 --> 00:03:29,085 Mañá na igrexa, talvez? 61 00:03:30,628 --> 00:03:35,299 Éche mellor que non te me poñas farruca se queres a tarxeta de volta. 62 00:03:38,344 --> 00:03:39,595 Perdón, tes razón. 63 00:03:40,513 --> 00:03:41,847 Farei o que queiras. 64 00:03:43,933 --> 00:03:45,977 Como quedamos co de Islandia? 65 00:03:47,937 --> 00:03:51,274 Bótaslle moita cara preguntándome iso agora! 66 00:03:58,531 --> 00:04:01,367 DAE: QUEDAMOS ANTES DO CASTIGO. TEMOS QUE FALAR. 67 00:04:01,367 --> 00:04:03,035 E agora que pasa? 68 00:04:08,541 --> 00:04:11,294 Non teño unha mañá moi boa, falamos despois...? 69 00:04:11,294 --> 00:04:12,795 Temos que romper. 70 00:04:13,879 --> 00:04:16,424 Perdoa polo colar, pero agora non é... 71 00:04:16,424 --> 00:04:18,592 Dáme igual! Non é cousa miña. 72 00:04:18,592 --> 00:04:21,721 Precisámolo os dous. Eu teño que ver a Juliana e ti... 73 00:04:21,721 --> 00:04:23,764 Eu estou ben. Aforrei uns cartos 74 00:04:23,764 --> 00:04:26,100 e non quero perder a Kitty por ti. 75 00:04:27,518 --> 00:04:28,477 Por que? 76 00:04:29,228 --> 00:04:30,646 Por que o levaches? 77 00:04:30,646 --> 00:04:32,106 Porque tiña celos. 78 00:04:33,816 --> 00:04:36,319 - Que? - Pensei que te ía perder. 79 00:04:37,111 --> 00:04:39,947 No Chuseok pareceume que nos fixeramos amigos, 80 00:04:40,448 --> 00:04:43,909 mais ó ver o colar de Kitty pensei que volverías con ela 81 00:04:43,909 --> 00:04:46,370 - e que te esquecerías de min. - Amigos? 82 00:04:47,997 --> 00:04:51,709 - Unha amiga faría algo así? - Seino, cometín un erro. 83 00:04:53,085 --> 00:04:54,879 Compensareicho, vale? 84 00:04:54,879 --> 00:04:56,839 Véxote no castigo. 85 00:04:57,840 --> 00:04:59,592 Vou morrer, ven aquí! 86 00:05:02,219 --> 00:05:04,138 Si, deixe a comida na cama! 87 00:05:08,392 --> 00:05:10,853 Ola, busco a Kitty. 88 00:05:12,563 --> 00:05:16,067 - A túa compañeira de cuarto? - Ai, si, non está. 89 00:05:17,109 --> 00:05:18,736 Leva semanas sen vir. 90 00:05:18,736 --> 00:05:20,988 Non teño nin idea de onde dorme. 91 00:05:25,951 --> 00:05:27,161 Seino eu. 92 00:05:33,834 --> 00:05:34,794 Que leria... 93 00:05:34,794 --> 00:05:36,670 Só quería adestrar e descansar. 94 00:05:37,171 --> 00:05:38,381 E volver adestrar. 95 00:05:39,382 --> 00:05:41,384 - Eu ía estudar igualmente. - Si? 96 00:05:41,384 --> 00:05:43,511 Si, os exames xa están aí, 97 00:05:43,511 --> 00:05:46,806 e para manter a bolsa preciso boas notas. 98 00:05:47,390 --> 00:05:48,974 Eu tamén teño que estudar. 99 00:05:49,809 --> 00:05:51,102 Chapóns. 100 00:05:51,102 --> 00:05:53,479 Ei, algúns temos pais divorciándose 101 00:05:53,479 --> 00:05:56,607 desexando mandarnos á casa se metemos a zoca. 102 00:05:57,566 --> 00:05:59,568 Ademais de distraccións adorables 103 00:05:59,568 --> 00:06:03,406 coas que andamos papando en lugar de rematar os traballos. 104 00:06:03,406 --> 00:06:04,990 Efectivamente, Florian. 105 00:06:05,574 --> 00:06:08,953 Un traballo excelente sobre a poesía bélica de Chinua Achebe. 106 00:06:08,953 --> 00:06:12,289 - De verdade? - Se non o tivese entregado un día tarde... 107 00:06:13,290 --> 00:06:14,625 Móbiles, cabaleiros. 108 00:06:21,006 --> 00:06:23,592 Estás sacando peores notas pola miña culpa? 109 00:06:24,802 --> 00:06:27,847 Un chisco, pero non te preocupes polo profesor Lee. 110 00:06:28,431 --> 00:06:30,766 - Son o seu olliño dereito. - Alumnos. 111 00:06:30,766 --> 00:06:35,354 Devolveránselles os seus prezados apéndices dixitais cando remate o castigo. 112 00:06:36,021 --> 00:06:37,273 Dentro de oito horas. 113 00:06:39,525 --> 00:06:42,445 Pódenllo agradecer á señorita Song Covey. 114 00:06:43,195 --> 00:06:44,447 Así é. 115 00:06:44,447 --> 00:06:47,450 Foi tan amable de alertarme das súas falcatruadas. 116 00:06:48,826 --> 00:06:50,327 Fuches ti? 117 00:06:52,037 --> 00:06:54,457 Veña, isto pode ser divertido. 118 00:06:54,999 --> 00:06:57,835 Coma O club dos cinco, a que si? 119 00:07:04,341 --> 00:07:05,342 Ola, meu ben. 120 00:07:06,135 --> 00:07:07,720 A noite foi inesquecible. 121 00:07:10,890 --> 00:07:12,266 E ti que pintas aquí? 122 00:07:12,766 --> 00:07:14,351 Non te pillaron na festa. 123 00:07:16,312 --> 00:07:18,439 Como fixeches para zafarte? 124 00:07:18,439 --> 00:07:21,859 Téñome fugado de tódolos internados de aquí á Antártida. 125 00:07:21,859 --> 00:07:24,320 Srta. Miller, non é hora de socializar. 126 00:07:25,446 --> 00:07:27,990 Ei, falaches con Yuri? 127 00:07:28,574 --> 00:07:31,327 Yuri? Por que ía falar con ela? Apenas a coñezo. 128 00:07:31,327 --> 00:07:34,788 Non quero falar con Yuri nin facer nada con ela. 129 00:07:44,089 --> 00:07:46,634 BIBLIOTECA DA KISS 130 00:07:46,634 --> 00:07:50,721 Que fas co colar? Non llo ías devolver a Kitty? 131 00:07:50,721 --> 00:07:52,264 Por que o levas posto? 132 00:07:52,264 --> 00:07:54,475 - E que vas facer? - Como? 133 00:07:54,475 --> 00:07:55,893 Se rompes comigo, 134 00:07:55,893 --> 00:07:59,271 acusarei a Kitty de vivir contigo nos cuartos dos mozos. 135 00:07:59,271 --> 00:08:01,732 Expulsaríana da escola. 136 00:08:01,732 --> 00:08:03,317 - Yuri Han... - Enténdoo. 137 00:08:03,317 --> 00:08:06,695 Ti, Min Ho, Q, todos salvando a inocente Kitty 138 00:08:06,695 --> 00:08:09,031 da terrible Yuri. 139 00:08:09,031 --> 00:08:13,452 Só dicías ser meu amigo porque querías algo de min. 140 00:08:13,452 --> 00:08:16,372 - Yuri, síntoo... - O que? Non termo dito antes? 141 00:08:16,372 --> 00:08:19,250 Facerme sentir mal? Que te pillara mentindo? 142 00:08:21,919 --> 00:08:23,504 Que fas co meu colar? 143 00:08:24,755 --> 00:08:26,423 - Regaláchesllo ti? - Non. 144 00:08:26,423 --> 00:08:29,552 - Roubouno antes de recibilo eu. - Dae, señoritas. 145 00:08:29,552 --> 00:08:31,095 Senten, por favor. 146 00:08:33,097 --> 00:08:35,224 Profesor Lee, teño que falarlle de... 147 00:08:37,518 --> 00:08:38,978 Cando me colliches o colar? 148 00:08:39,687 --> 00:08:41,522 Que? Ese colar é meu. 149 00:08:41,522 --> 00:08:43,399 Era de miña nai. 150 00:08:47,319 --> 00:08:48,737 Trabuqueime. 151 00:08:48,737 --> 00:08:51,115 Xa vexo que non é meu. 152 00:08:53,450 --> 00:08:54,577 Desculpade. 153 00:08:55,160 --> 00:08:59,999 Primeiro finxe non coñecer a miña nai e agora pensa que o colar é seu? 154 00:08:59,999 --> 00:09:01,625 Ocupen os seus asentos. 155 00:09:02,126 --> 00:09:03,043 Xa! 156 00:09:15,139 --> 00:09:16,015 Estás ben? 157 00:09:16,015 --> 00:09:17,266 Por suposto. 158 00:09:17,933 --> 00:09:19,351 Recoñezo ese colar. 159 00:09:20,603 --> 00:09:22,563 Ti e Eve Song tiñades o mesmo. 160 00:09:24,064 --> 00:09:26,317 Non me dixeras que Kitty era filla de Eve. 161 00:09:29,069 --> 00:09:30,487 Por que ía dicircho? 162 00:09:31,196 --> 00:09:32,197 Acaso importa? 163 00:09:58,474 --> 00:10:00,726 QUERES SAÍR COMIGO? 1) OUI 2) SI! 164 00:10:36,303 --> 00:10:38,263 Quen me mandaría tomar ese café? 165 00:10:40,849 --> 00:10:41,934 Alumnos, atención. 166 00:10:42,476 --> 00:10:47,231 Solicitan a miña presenza no ximnasio, será só un intre. 167 00:10:47,231 --> 00:10:48,941 Ten que ir cagar. 168 00:10:48,941 --> 00:10:50,025 Fixo. 169 00:10:51,276 --> 00:10:55,531 Madison Miller, confío en vostede. Queda a cargo na miña ausencia. 170 00:10:55,531 --> 00:10:58,534 Asegúrese de que todos estudan en silencio. 171 00:10:58,534 --> 00:11:00,035 Si, señor. 172 00:11:01,537 --> 00:11:03,414 Xa o escoitastes. Cabeza gacha. 173 00:11:08,919 --> 00:11:10,504 Era broma. Ó voso aire. 174 00:11:10,504 --> 00:11:13,173 Pero con ollo, para "vapear" abride a ventá. 175 00:11:14,842 --> 00:11:17,970 Ti, atento á porta e avisa cando veña Lee. 176 00:11:21,140 --> 00:11:24,226 Que? Ningún de vós quedou castigado un sábado 177 00:11:24,226 --> 00:11:26,520 e seguiu coa festa ó marchar o profe? 178 00:11:28,814 --> 00:11:30,190 Que cuquiños sodes! 179 00:11:30,190 --> 00:11:33,360 A partida de póker será na sección de Historia, 180 00:11:33,360 --> 00:11:35,863 para papar, atrás onde os libros raros. 181 00:11:35,863 --> 00:11:37,531 Caos si, pero organizado. 182 00:11:37,531 --> 00:11:38,615 Andando! 183 00:11:45,497 --> 00:11:47,291 Ven comigo onda os anuarios. 184 00:11:47,291 --> 00:11:49,293 - Por que? - Por favor? 185 00:11:54,006 --> 00:11:55,883 Ti, eu, libros raros. 186 00:11:56,592 --> 00:11:57,551 Xa. 187 00:11:57,551 --> 00:11:58,719 Un momento, que? 188 00:11:59,470 --> 00:12:04,391 Mira, sei que estiveches vivindo con Dae e ti sabes que roubei o colar de túa nai, 189 00:12:04,391 --> 00:12:06,935 pero podemos esquecer o drama un intre? 190 00:12:06,935 --> 00:12:10,856 Por que se volve tola miña nai cada vez que se fala da túa? 191 00:12:10,856 --> 00:12:12,566 Eu tamén quero sabelo. 192 00:12:13,192 --> 00:12:15,611 O primeiro día saudei a túa nai. 193 00:12:15,611 --> 00:12:20,783 Actuou coma se apenas coñecese á miña, pero no álbum teñen moitas fotos xuntas. 194 00:12:20,783 --> 00:12:23,327 E sabías que eran compañeiras de cuarto? 195 00:12:23,327 --> 00:12:24,661 - Eran? - Eran, si. 196 00:12:24,661 --> 00:12:26,789 Díxoche se lles pasou algo? 197 00:12:26,789 --> 00:12:29,374 Non, só que non eran tan amigas. 198 00:12:30,167 --> 00:12:31,668 Pero puido mentirme. 199 00:12:35,297 --> 00:12:38,091 Por iso hai que atopar máis fotos delas xuntas. 200 00:12:38,091 --> 00:12:40,135 Teño que saber que agocha. 201 00:12:40,135 --> 00:12:41,887 Para entendela mellor? 202 00:12:42,596 --> 00:12:45,057 Non, para acabar con ela. 203 00:12:45,641 --> 00:12:48,143 Hostia, aí déchesme medo. 204 00:12:48,143 --> 00:12:49,853 Pero conta comigo. 205 00:12:51,146 --> 00:12:53,941 Vale, hai que atopar 1993. 206 00:12:55,692 --> 00:12:57,194 É o único ano que falta. 207 00:12:57,194 --> 00:13:00,155 Ó mellor alguén o deixou onde non era? 208 00:13:00,656 --> 00:13:02,533 Ou ó mellor o tirou miña nai. 209 00:13:03,534 --> 00:13:05,244 Esta mañá estaba moi rara. 210 00:13:05,244 --> 00:13:07,621 Pensou que o meu colar era seu. 211 00:13:07,621 --> 00:13:11,291 Talvez as dúas tiñan o seu, coma un colar da amizade. 212 00:13:11,291 --> 00:13:13,752 Pasaría algo e deixaron de ser amigas. 213 00:13:13,752 --> 00:13:15,629 Si, algo coma... 214 00:13:16,505 --> 00:13:17,714 o profesor Lee! 215 00:13:18,340 --> 00:13:19,633 Meteríase no medio. 216 00:13:20,592 --> 00:13:24,388 - Moi random, pero sigue. - Non che hai coma un triángulo amoroso. 217 00:13:25,055 --> 00:13:26,473 Que facedes aquí? 218 00:13:28,934 --> 00:13:30,018 Viñamos papar. 219 00:13:30,727 --> 00:13:31,812 O noso é oficial. 220 00:13:31,812 --> 00:13:33,272 Pedinllo eu. 221 00:13:33,272 --> 00:13:34,940 Pero isto soa divertido. 222 00:13:35,566 --> 00:13:39,194 Antes vinlles uns xestos moi dramáticos a túa nai e a Lee. 223 00:13:39,194 --> 00:13:41,864 - Estudaron xuntos na KISS. - Si, seino. 224 00:13:41,864 --> 00:13:43,156 Todo cadra. 225 00:13:43,156 --> 00:13:47,202 Jina estaba namorada de Lee, pero Lee ó final foise con Eve. 226 00:13:47,202 --> 00:13:48,328 Coitadiña. 227 00:13:48,328 --> 00:13:51,164 Por que asumides que se foi con Eve? 228 00:13:51,164 --> 00:13:54,626 Talvez quedou coa miña nai e a coitadiña é Eve. 229 00:13:54,626 --> 00:13:58,380 Tanto ten, debemos atopar o anuario. 230 00:13:58,380 --> 00:14:00,591 Miña nai ha de ter un no despacho. 231 00:14:00,591 --> 00:14:02,551 Agora está reunida coa xunta. 232 00:14:02,551 --> 00:14:06,179 Canto antes atope o seu segredo, antes o usarei contra ela. 233 00:14:06,179 --> 00:14:08,807 A ver, conto contigo ou que? 234 00:14:09,808 --> 00:14:10,642 Conta comigo. 235 00:14:14,271 --> 00:14:17,065 - Ti mira nos estantes e eu no escritorio. - Vale. 236 00:14:25,115 --> 00:14:26,491 JINA LIM ASUNTO: JULIANA 237 00:14:35,709 --> 00:14:37,753 Aquí está o meu ficheiro. 238 00:14:45,761 --> 00:14:48,430 OLA, ELLA: JULIANA É UNHA MALA INFLUENCIA PARA YURI. 239 00:14:48,430 --> 00:14:52,309 O RECENTE INCIDENTE NA SÚA CASA NON ME DEIXA OUTRA OPCIÓN. 240 00:14:54,645 --> 00:14:59,149 DEBO PEDIRLLE QUE BUSQUE ALTERNATIVAS EDUCATIVAS PARA JULIANA. 241 00:15:00,442 --> 00:15:02,027 Incrible. 242 00:15:04,112 --> 00:15:06,073 Garda a necrolóxica de miña nai. 243 00:15:07,616 --> 00:15:08,450 Mira. 244 00:15:12,996 --> 00:15:16,375 Vai resultar que miña nai é máis mentireira aínda ca min. 245 00:15:18,460 --> 00:15:19,795 Algo gordo agocha. 246 00:15:20,671 --> 00:15:21,630 Pero o que? 247 00:15:23,173 --> 00:15:24,216 Teño unha idea. 248 00:15:29,554 --> 00:15:30,472 Aí vén! 249 00:15:30,472 --> 00:15:32,474 Todos ós vosos postos. 250 00:15:46,613 --> 00:15:49,866 Grazas, Srta. Miller. Semella que todo está baixo control. 251 00:15:49,866 --> 00:15:50,951 Foi un pracer. 252 00:15:53,787 --> 00:15:56,123 Hora de xantar. Anoten o que queren. 253 00:15:56,123 --> 00:15:58,125 Entréguenmo canto antes. 254 00:15:58,125 --> 00:16:02,254 Non dubiden en estirar pernas, brazos... o que precisen. 255 00:16:03,588 --> 00:16:05,841 Temos unha hora, nin máis nin menos. 256 00:16:09,928 --> 00:16:11,930 - Que queredes xantar? - Non sei. 257 00:16:11,930 --> 00:16:13,765 Non podo nin pensar en comer. 258 00:16:13,765 --> 00:16:16,935 Vólveme tolo o que andan tramando Yuri e Kitty. 259 00:16:17,686 --> 00:16:20,147 Sexa o que sexa, non é cousa túa. 260 00:16:20,147 --> 00:16:23,066 Kitty quere coñecer mellor a súa nai. 261 00:16:23,066 --> 00:16:25,193 Non veu aquí só para acosarte. 262 00:16:26,528 --> 00:16:29,114 - Tes razón. Pido eu por elas. - Moi ben. 263 00:16:32,743 --> 00:16:35,954 NOME: MADISON - KATHERINE 264 00:16:35,954 --> 00:16:39,374 Quieto aí, o gimbap de atún gústalle sen maionesa. 265 00:16:42,210 --> 00:16:44,212 Agora es experto en Kitty ou que? 266 00:16:44,212 --> 00:16:47,090 Si, vivo con ela por culpa de certa persoa. 267 00:16:48,300 --> 00:16:52,137 Oxalá non soubera tantas cousas da rapaza que me estragou a festa. 268 00:16:53,847 --> 00:16:55,182 Sei o que vas pedir. 269 00:16:56,266 --> 00:16:57,559 Que? Non tal. 270 00:16:58,060 --> 00:16:59,352 Nunca comemos xuntos. 271 00:17:00,062 --> 00:17:02,439 Gimbap de bulgogi, con extra kimchi. 272 00:17:05,317 --> 00:17:07,861 Alumnos, pasemos lista antes de xantar. 273 00:17:10,238 --> 00:17:12,574 Aínda non chegaron. Vainas pillar. 274 00:17:13,950 --> 00:17:14,910 Deixádemo a min. 275 00:17:21,666 --> 00:17:23,919 Non lle podo devolver o móbil, non. 276 00:17:24,711 --> 00:17:26,088 Non preciso o móbil. 277 00:17:27,089 --> 00:17:30,759 Estou nunha biblioteca, arrodeado de coñecemento. 278 00:17:30,759 --> 00:17:33,470 Decateime de que está a ler a Gilgamesh. 279 00:17:35,097 --> 00:17:37,766 Estou obsesionado coa poesía épica sumeria. 280 00:17:39,976 --> 00:17:42,187 E ten a tradución de Benjamin Foster. 281 00:17:42,187 --> 00:17:44,064 Quedo a cadros. 282 00:17:44,064 --> 00:17:45,565 - Florian. - Si? 283 00:17:46,149 --> 00:17:47,943 Non deixa de impresionarme. 284 00:17:48,485 --> 00:17:52,656 Teño un libro ilustrado marabilloso coas táboas cuneiformes orixinais. 285 00:17:53,281 --> 00:17:55,117 Morrería por velo. 286 00:17:55,784 --> 00:17:59,955 Como non ía compartir un libro cun alumno tan entusiasta? 287 00:18:01,581 --> 00:18:04,209 Irei por el. Téñoo no despacho da miña casa. 288 00:18:05,460 --> 00:18:07,462 Srta. Miller, queda a cargo. 289 00:18:08,964 --> 00:18:10,924 Moitísimas grazas, profesor Lee. 290 00:18:17,806 --> 00:18:19,724 O noso é oficial, mozo. 291 00:18:19,724 --> 00:18:21,768 Es tan curriño que vou vomitar. 292 00:18:31,778 --> 00:18:32,779 Diga? 293 00:18:33,321 --> 00:18:34,656 Q, óesme? 294 00:18:34,656 --> 00:18:36,575 Kitty? Onde estás? 295 00:18:36,575 --> 00:18:39,411 Chámote dende o fixo da casa do profesor Lee. 296 00:18:39,411 --> 00:18:41,288 Non che quitou o reloxo, non? 297 00:18:41,288 --> 00:18:43,290 Sabes o meu número de memoria? 298 00:18:43,290 --> 00:18:45,584 Lee ía na mesma clase das nosas nais, 299 00:18:45,584 --> 00:18:48,128 así que debe ter o anuario que buscamos. 300 00:18:48,128 --> 00:18:49,337 Kitty. 301 00:18:49,337 --> 00:18:51,506 Volvemos nun intre. Cubrídenos. 302 00:18:56,219 --> 00:18:57,137 Que? 303 00:18:58,180 --> 00:19:00,473 O libro cuneiforme. 304 00:19:00,473 --> 00:19:02,184 - Que? Ai, si! - Foi á casa. 305 00:19:02,184 --> 00:19:06,146 Por liberdade e pracer... 306 00:19:06,146 --> 00:19:08,023 Ai, mi madriña! Arreando! 307 00:19:09,691 --> 00:19:11,026 Ceo santo, é Lee! 308 00:19:11,026 --> 00:19:13,570 - Pero que fai aquí? - Por aquí. 309 00:19:13,570 --> 00:19:16,031 ...dominar o mundo. 310 00:19:16,031 --> 00:19:20,035 Non aturo esta indecisión, 311 00:19:20,035 --> 00:19:24,039 unida a unha falta de visión. 312 00:19:24,039 --> 00:19:29,753 Todos queren dominar o mundo. 313 00:19:39,554 --> 00:19:42,057 Falla de visión. 314 00:19:42,057 --> 00:19:47,187 Todos queren dominar o mundo. 315 00:19:55,070 --> 00:19:57,822 Esa era a canción favorita de miña nai. 316 00:20:00,033 --> 00:20:01,868 A miña nai tamén lle encanta. 317 00:20:05,038 --> 00:20:06,164 Mira! 318 00:20:10,961 --> 00:20:12,379 É de 1993! 319 00:20:16,132 --> 00:20:17,342 Velaí están... 320 00:20:18,802 --> 00:20:20,220 cos mesmos colares. 321 00:20:20,720 --> 00:20:22,097 Coma mellores amigas. 322 00:20:29,771 --> 00:20:31,481 Que linda estaba túa nai. 323 00:20:32,607 --> 00:20:35,402 A miña ademais de estudar gañou uns quiliños. 324 00:20:37,195 --> 00:20:39,823 Fixen un chiste gordofóbico. Non me dis nada? 325 00:20:39,823 --> 00:20:42,534 Vaia, que equivocada estaba. 326 00:20:44,869 --> 00:20:45,704 Xa o pillo. 327 00:20:47,497 --> 00:20:48,331 Si? 328 00:20:50,542 --> 00:20:52,711 Debería tercho dado esta mañá. 329 00:20:53,503 --> 00:20:56,172 Ou non tercho collido, para empezar. 330 00:21:27,162 --> 00:21:30,498 Deberíamos volver á biblioteca antes có profesor Lee. 331 00:21:30,498 --> 00:21:31,958 Veña, coñezo un atallo. 332 00:21:37,339 --> 00:21:38,590 Ai, mi madriña! 333 00:22:17,295 --> 00:22:18,213 Góceo. 334 00:22:22,675 --> 00:22:25,970 Alumnos, toca pasar lista. 335 00:22:26,930 --> 00:22:28,598 - Kon. - Presente. 336 00:22:29,224 --> 00:22:31,017 - Mihee. - Presente. 337 00:22:31,017 --> 00:22:32,644 - Min Ho. - Presente. 338 00:22:33,228 --> 00:22:35,271 - David. - Presente. 339 00:22:35,271 --> 00:22:37,190 - Florian. - Presente. 340 00:22:38,066 --> 00:22:40,026 - Eunice. - Presente. 341 00:22:40,026 --> 00:22:41,736 - Leo. - Presente. 342 00:22:41,736 --> 00:22:43,071 Facede algo. 343 00:22:43,071 --> 00:22:44,406 - Jiyung. - Presente. 344 00:22:44,948 --> 00:22:45,782 Atende. 345 00:22:47,117 --> 00:22:48,076 Profesor Lee? 346 00:22:50,328 --> 00:22:52,247 Teño unha emerxencia. 347 00:22:52,956 --> 00:22:53,832 Si? 348 00:22:54,416 --> 00:22:56,918 Verá, é algo persoal. 349 00:23:11,266 --> 00:23:14,310 A Srta. Miller quere preguntar se algunha das mozas... 350 00:23:14,310 --> 00:23:17,230 Algunha das mulleres presentes, desculpen, 351 00:23:18,773 --> 00:23:21,234 tería algún produto de hixiene feminina. 352 00:23:21,234 --> 00:23:23,570 - Eu teño tampóns. - Eu compresas. 353 00:23:24,446 --> 00:23:25,655 Caralludo. 354 00:23:27,866 --> 00:23:28,783 Grazas. 355 00:23:29,784 --> 00:23:30,785 Caralludo. 356 00:23:33,413 --> 00:23:35,248 Caralludo. Grazas. 357 00:23:52,056 --> 00:23:54,601 Por que colliches o colar? 358 00:23:59,063 --> 00:24:00,440 Porque son idiota. 359 00:24:02,192 --> 00:24:04,277 Pero xa abonda de selo. 360 00:24:08,364 --> 00:24:12,243 Déixasme o Apple Watch? Teño que facer unha chamada importante. 361 00:24:12,243 --> 00:24:14,245 - Claro. - Grazas. 362 00:24:26,257 --> 00:24:27,342 Vaia, vaia! 363 00:24:28,843 --> 00:24:32,388 O teu soño erótico foi con Yuri, a que si? 364 00:24:38,353 --> 00:24:40,396 Quen che é o celestino agora? 365 00:24:44,150 --> 00:24:45,276 - Eu. - Pilleino. 366 00:24:45,276 --> 00:24:46,611 Vale, si. 367 00:24:53,826 --> 00:24:56,579 Agardo que o día de hoxe lles axudase a comprender 368 00:24:56,579 --> 00:24:58,623 as consecuencias dos seus actos. 369 00:24:59,832 --> 00:25:04,045 O consumo de alcohol entre menores é delito e nunca é unha boa decisión, 370 00:25:04,045 --> 00:25:05,171 entendido? 371 00:25:15,223 --> 00:25:16,474 Vaia día máis raro. 372 00:25:17,225 --> 00:25:18,101 Ti cres? 373 00:25:20,228 --> 00:25:23,147 Alédame que esteas ben. Onte preocupáchesme moito, 374 00:25:23,898 --> 00:25:27,485 como profesor e medio irmán. 375 00:25:28,069 --> 00:25:31,614 Xa, sobre ese tema, teño que ensinarche algo. 376 00:25:36,035 --> 00:25:39,289 {\an8}Mira, a foto é de maio do 1993. 377 00:25:39,289 --> 00:25:43,918 {\an8}Esta é miña nai, que claramente non está embarazada. 378 00:25:43,918 --> 00:25:45,712 {\an8}Jina, porén... 379 00:25:46,713 --> 00:25:47,714 {\an8}Ai, Deus. 380 00:25:48,423 --> 00:25:49,924 A directora Lim. 381 00:25:51,593 --> 00:25:53,094 A directora Lim... 382 00:25:53,678 --> 00:25:55,263 podería ser miña nai. 383 00:26:13,823 --> 00:26:15,533 Xa están aí os paparazzi. 384 00:26:16,034 --> 00:26:16,868 Seino. 385 00:26:16,868 --> 00:26:17,952 Chameinos eu. 386 00:26:17,952 --> 00:26:19,370 Co Apple Watch de Q. 387 00:26:19,912 --> 00:26:20,747 Por que? 388 00:26:21,706 --> 00:26:23,082 Xa verás. 389 00:26:25,835 --> 00:26:26,878 Que pasa aí? 390 00:26:31,591 --> 00:26:33,426 Tesme farta! 391 00:26:33,426 --> 00:26:35,345 Segues namorado de Kitty! 392 00:26:36,387 --> 00:26:37,764 Non intentes negalo. 393 00:26:44,771 --> 00:26:45,980 Perdón. 394 00:26:45,980 --> 00:26:47,023 Xa es libre. 395 00:26:52,320 --> 00:26:54,238 {\an8}XA CHE ORGANICEI AS FOTOS, MAMÁ. 396 00:26:54,238 --> 00:26:57,116 {\an8}SEI QUE BOTACHES A JULIANA. NUNCA CHO PERDOAREI. 397 00:27:15,093 --> 00:27:16,219 Que fas? 398 00:27:17,595 --> 00:27:19,847 O que debín facer en canto chegaches. 399 00:27:42,537 --> 00:27:44,497 Os soños non son máis ca soños. 400 00:27:44,497 --> 00:27:47,417 Pero isto... isto é real. 401 00:27:47,417 --> 00:27:49,794 Está pasando de verdade. 402 00:28:45,892 --> 00:28:48,394 Subtítulos: Abraham Díaz López