1 00:00:14,390 --> 00:00:17,351 {\an8}DORMITORIOS LESTE CAMPUS DA KISS 2 00:00:19,187 --> 00:00:21,814 Unha razón, unha tempada ou unha vida. 3 00:00:23,066 --> 00:00:24,692 De que falas? 4 00:00:24,692 --> 00:00:28,488 Son categorías de relacións. Lino nunha revista. 5 00:00:28,488 --> 00:00:30,573 O tema é que Madison e eu rompemos 6 00:00:30,573 --> 00:00:34,118 e mirando cara atrás, estiven con ela por unha razón. 7 00:00:34,118 --> 00:00:35,328 Pernas longas? 8 00:00:35,328 --> 00:00:38,790 Non, demostroume que estou listo para algo auténtico. 9 00:00:40,833 --> 00:00:44,087 Quen senón ti podería saír reforzado dunha ruptura? 10 00:00:46,506 --> 00:00:48,174 Como vai todo con Florian? 11 00:00:48,883 --> 00:00:52,428 Está pasando unha mala racha, pero pode contar comigo. 12 00:00:53,346 --> 00:00:55,014 - Bo día. - Bo día. 13 00:00:57,350 --> 00:00:59,477 Que guapa estás hoxe. 14 00:00:59,477 --> 00:01:01,813 - Vou facer café. - Vou polas cuncas. 15 00:01:01,813 --> 00:01:04,357 É moi cedo para estardes tan contentos. 16 00:01:04,357 --> 00:01:09,320 Estou contenta, si, e non só por ter o mozo máis perfecto do mundo, 17 00:01:09,946 --> 00:01:13,324 senón porque souben que suspenderei case tódalas materias. 18 00:01:13,324 --> 00:01:16,494 Se non bordo os exames finais, lárganme da escola. 19 00:01:17,662 --> 00:01:20,248 E como é que estás contenta por iso? 20 00:01:20,248 --> 00:01:23,209 Porque se me agonío con que alí era superlista 21 00:01:23,209 --> 00:01:25,336 e aquí nin aprobo, daría en chorar. 22 00:01:25,336 --> 00:01:27,130 Quédache unha semana. 23 00:01:27,130 --> 00:01:30,299 Faremos plans de estudo e axudarémosche entre todos. 24 00:01:30,925 --> 00:01:33,553 - Ando moi liado... - Todos. 25 00:01:34,637 --> 00:01:37,890 Rapaces, Kitty e eu por fin estamos xuntos. 26 00:01:37,890 --> 00:01:40,226 Non deixarei que marche agora da escola. 27 00:01:41,435 --> 00:01:44,313 - Conta comigo. Axudarei con Química. - Grazas. 28 00:01:44,313 --> 00:01:46,440 O coreano ten que melloralo fixo. 29 00:01:46,440 --> 00:01:47,984 Que me chamaches? 30 00:01:47,984 --> 00:01:48,901 Velaí. 31 00:01:49,777 --> 00:01:51,445 Encárgome eu do resto. 32 00:01:51,445 --> 00:01:54,365 Dae sempre foi o mellor da clase. 33 00:01:54,365 --> 00:01:56,117 Quedas en boas mans. 34 00:01:56,117 --> 00:01:58,327 Ou suspendo, deixo atrás o meu amor 35 00:01:58,327 --> 00:02:02,248 e deshonro o legado de miña nai, que é maior aínda do que pensaba. 36 00:02:02,248 --> 00:02:03,207 Así que... 37 00:02:05,001 --> 00:02:05,960 sen presión. 38 00:02:24,520 --> 00:02:26,772 Vaia, profesor Finnerty. 39 00:02:27,398 --> 00:02:29,775 Directora Lim, ola. 40 00:02:29,775 --> 00:02:30,985 Vaia coincidencia. 41 00:02:30,985 --> 00:02:33,362 En realidade, seguina ata aquí. 42 00:02:34,071 --> 00:02:35,239 Podemos falar? 43 00:02:37,867 --> 00:02:42,288 Se veu para suplicarme facer un solo no concurso de talentos, 44 00:02:42,288 --> 00:02:44,207 os profes non participan, vale? 45 00:02:44,207 --> 00:02:45,249 Non, eu... 46 00:02:48,628 --> 00:02:50,963 Non hai forma doada de dicir isto. 47 00:02:54,467 --> 00:02:55,551 Son fillo seu. 48 00:02:57,511 --> 00:03:00,223 Sei que non pediu sabelo nin nada, 49 00:03:00,848 --> 00:03:04,393 mais non se preocupe, medrei feliz. 50 00:03:05,019 --> 00:03:07,438 Adoptáronme unhas persoas fantásticas. 51 00:03:08,064 --> 00:03:09,607 Quero moito os meus pais. 52 00:03:09,607 --> 00:03:10,733 Que? 53 00:03:15,029 --> 00:03:17,073 Por que pensa que son a súa nai? 54 00:03:17,823 --> 00:03:20,034 Verá, tiña curiosidade, 55 00:03:20,034 --> 00:03:23,913 así que hai uns anos decidín facer unha desas probas xenealóxicas 56 00:03:23,913 --> 00:03:26,332 e conduciume a un sobriño de Lee. 57 00:03:26,332 --> 00:03:28,251 Levoume un tempo, 58 00:03:28,251 --> 00:03:31,712 pero descubrín que Lee debe ser o meu pai biolóxico. 59 00:03:32,922 --> 00:03:35,258 Por iso viu dar clases á KISS. 60 00:03:36,008 --> 00:03:37,051 Para coñecelo? 61 00:03:38,052 --> 00:03:38,928 Si. 62 00:03:45,268 --> 00:03:46,435 Lee non o sabe. 63 00:03:47,937 --> 00:03:48,813 Supoñíao. 64 00:03:48,813 --> 00:03:50,523 Ninguén o sabe. Só eu e... 65 00:03:54,360 --> 00:03:55,569 Kitty Song Covey. 66 00:03:58,990 --> 00:04:00,700 Díxolle ela que son súa nai? 67 00:04:02,660 --> 00:04:03,661 Si, pero ela... 68 00:04:04,829 --> 00:04:06,372 Tanto ten. 69 00:04:06,956 --> 00:04:10,543 Tamén me deu isto. 70 00:04:37,611 --> 00:04:38,946 Ben, xa chegaches. 71 00:04:39,697 --> 00:04:42,742 Os Miller asistirán ó espectáculo de talentos. 72 00:04:42,742 --> 00:04:44,618 Seica Madison vai facer un baile. 73 00:04:47,913 --> 00:04:49,081 Si. Dous. 74 00:04:50,249 --> 00:04:52,710 Que alivio que a Madison lle vaia tan ben na KISS. 75 00:04:53,669 --> 00:04:57,089 Amósalles ós Miller que nos arrodeamos da maior calidade. 76 00:04:57,673 --> 00:04:58,507 Meu ben... 77 00:04:58,507 --> 00:05:02,011 Debemos aproveitar a oportunidade para pechar a adquisición, 78 00:05:02,011 --> 00:05:04,513 todo debe ir suave coma unha seda. 79 00:05:04,513 --> 00:05:05,431 Pai de Yuri. 80 00:05:06,932 --> 00:05:07,933 Déixasme falar? 81 00:05:09,435 --> 00:05:11,520 Claro. Senta. Dime. 82 00:05:17,068 --> 00:05:18,069 É... 83 00:05:18,903 --> 00:05:20,654 algo do meu pasado. 84 00:05:22,782 --> 00:05:23,908 Está Yuri na casa? 85 00:05:25,368 --> 00:05:28,496 Non oio música insoportable, así que supoño que non. 86 00:05:36,420 --> 00:05:39,006 Vou ser sincera. Teño un fillo. 87 00:05:40,508 --> 00:05:42,343 Cando tiña 16 anos... 88 00:05:44,053 --> 00:05:46,138 Usei o nome da miña amiga dos EUA 89 00:05:47,223 --> 00:05:50,726 no hospital como tapadeira. 90 00:05:52,895 --> 00:05:54,855 Pensei que nunca me atoparía. 91 00:06:00,820 --> 00:06:02,780 Pero atopoume hoxe. 92 00:06:16,961 --> 00:06:18,295 Quere cartos? 93 00:06:20,756 --> 00:06:21,757 Non. 94 00:06:27,221 --> 00:06:28,848 Quere coñecerme. 95 00:06:31,142 --> 00:06:34,437 E saber que tipo de persoa é o seu pai biolóxico. 96 00:06:37,064 --> 00:06:38,983 - Págalle para que lisque. - Pero... 97 00:06:38,983 --> 00:06:40,985 Non debe chegar á prensa! 98 00:06:41,569 --> 00:06:42,570 Xamais! 99 00:06:49,368 --> 00:06:50,369 Seino. 100 00:06:51,120 --> 00:06:52,580 De que falades? 101 00:06:54,331 --> 00:06:55,833 Mamá, tes un fillo? 102 00:06:59,378 --> 00:07:01,005 Yuri, agarda! 103 00:07:01,589 --> 00:07:02,465 Yuri! 104 00:07:05,634 --> 00:07:09,722 Teño un irmán que non coñezo e non mo ías contar nunca. 105 00:07:10,473 --> 00:07:12,224 O pai é o profesor Lee, non? 106 00:07:12,725 --> 00:07:14,268 Que fas? 107 00:07:15,352 --> 00:07:16,520 Quen é o meu irmán? 108 00:07:17,146 --> 00:07:19,273 - Non é asunto teu. - Por que? 109 00:07:19,273 --> 00:07:22,443 Pagaraslle para que lisque, coma un simple problema? 110 00:07:22,443 --> 00:07:23,486 E para que? 111 00:07:23,486 --> 00:07:26,572 Para que esta familia infeliz garde as aparencias? 112 00:07:26,572 --> 00:07:28,449 Suponse que non debías sabelo. 113 00:07:28,449 --> 00:07:31,702 Igual que non debía saber o de Juliana. 114 00:07:31,702 --> 00:07:34,705 - Yuri, foi polo teu ben. - Non tal! 115 00:07:34,705 --> 00:07:36,832 É porque vives avergoñada! 116 00:07:36,832 --> 00:07:41,045 Sempre pensei que era de min, pero avergóñaste de ti mesma. 117 00:07:41,045 --> 00:07:44,423 - Só es unha moza consentida. - Coma ti cando tiveches un neno. 118 00:07:44,423 --> 00:07:47,635 - Foiche ben co segredo ese? - Tivo que ser así. 119 00:07:47,635 --> 00:07:49,470 Pensas que me foi doado? 120 00:07:49,470 --> 00:07:53,599 Foi un embarazo adolescente, halmeoni e halabeoji non o aturarían. 121 00:07:55,726 --> 00:08:00,147 Daquela fixen o mellor para a familia e agora fago o mesmo. 122 00:08:00,147 --> 00:08:02,233 Pois dáseche coma o cu! 123 00:08:05,027 --> 00:08:07,488 Quero a Juliana. 124 00:08:09,323 --> 00:08:10,241 Enténdelo? 125 00:08:12,076 --> 00:08:15,454 Mandáchela de volta para protexer a túa imaxe, 126 00:08:15,454 --> 00:08:18,249 que che importa moito máis ca min, 127 00:08:18,249 --> 00:08:20,876 ou có teu fillo, que só quere coñecerte. 128 00:08:21,377 --> 00:08:25,422 Non é así de sinxelo e é cousa do pasado. 129 00:08:26,382 --> 00:08:28,175 Non é cousa do pasado. 130 00:08:28,175 --> 00:08:29,510 Está aquí. 131 00:08:30,719 --> 00:08:33,764 E mamá, eu tamén estou aquí. 132 00:08:34,348 --> 00:08:35,516 No presente. 133 00:08:38,060 --> 00:08:39,061 Son lesbiana. 134 00:08:40,729 --> 00:08:42,898 Punto. Fin da conversa. 135 00:08:44,066 --> 00:08:46,318 Pero ti e mais Dae... 136 00:08:46,318 --> 00:08:49,697 Gustábache, non? Podes atopar outro mozo coma el. 137 00:08:49,697 --> 00:08:51,740 Nunca me gustou. 138 00:08:51,740 --> 00:08:53,784 Todo foi unha farsa. 139 00:08:55,536 --> 00:08:59,373 Teño que vivir unha vida de mentira só para que me sigas querendo. 140 00:09:00,874 --> 00:09:02,585 E xa estou farta. 141 00:09:18,475 --> 00:09:21,228 Moi ben, cales son as tres leis naturais 142 00:09:21,228 --> 00:09:23,856 que postula a termodinámica estatística? 143 00:09:24,356 --> 00:09:27,026 - Non son naturais. Pregunta trampa. - Exacto! 144 00:09:27,026 --> 00:09:29,153 Veña, imos cos compostos químicos. 145 00:09:30,529 --> 00:09:33,657 A química debería ser o meu. É como facer de celestina. 146 00:09:33,657 --> 00:09:36,869 Si, a non ser porque as persoas non son compostos. 147 00:09:38,537 --> 00:09:39,496 Xa. 148 00:09:40,164 --> 00:09:43,417 Unha vez ligadas, non fican unidas en proporcións fixas. 149 00:09:43,417 --> 00:09:44,418 A ver... 150 00:09:46,253 --> 00:09:47,338 Pásache algo? 151 00:09:48,005 --> 00:09:49,173 Nada. 152 00:09:49,173 --> 00:09:53,469 Nada, estou feliz con Dae, quería estar con el e conseguino. 153 00:09:53,469 --> 00:09:55,512 - Entón xa non soñas con...? - Non. 154 00:09:55,512 --> 00:09:56,930 Non, estou con Dae. 155 00:09:56,930 --> 00:09:59,391 Total e completamente, cento por cento. 156 00:09:59,391 --> 00:10:02,353 Non estarás a reprimir que che gusta Yuri? 157 00:10:02,353 --> 00:10:04,647 Non, só a evito 158 00:10:04,647 --> 00:10:07,983 porque Alex e eu prometemos non dicirlle nada de... xa sabes. 159 00:10:07,983 --> 00:10:11,654 Só ando con ollo para que non se me escape sen querer. 160 00:10:11,654 --> 00:10:13,155 Claro, claro. 161 00:10:13,155 --> 00:10:16,283 Yuri brilla con luz propia e chamoume a atención, 162 00:10:16,283 --> 00:10:18,410 pero non che son un mapache. 163 00:10:18,410 --> 00:10:20,454 Podo decidir ignorar o brillo. 164 00:10:25,501 --> 00:10:26,543 Vai! 165 00:10:32,341 --> 00:10:33,175 Yuri. 166 00:10:34,426 --> 00:10:36,303 Yuri, que foi? 167 00:10:36,303 --> 00:10:38,263 Saín do armario con miña nai. 168 00:10:40,808 --> 00:10:42,101 Son lesbiana. 169 00:10:42,101 --> 00:10:43,769 Mi madriña, benvida ó club! 170 00:10:46,146 --> 00:10:47,231 Que ben me sinto! 171 00:10:48,232 --> 00:10:50,484 Asustada, pero libre. 172 00:10:52,611 --> 00:10:54,113 Múdome convosco, rapaces! 173 00:10:58,367 --> 00:11:00,786 Pois si, teño un irmán secreto! 174 00:11:00,786 --> 00:11:02,663 Pódelo crer? 175 00:11:02,663 --> 00:11:05,082 Non podo, non. 176 00:11:05,082 --> 00:11:06,750 E ti estás ben? 177 00:11:06,750 --> 00:11:09,503 Sabes quen é? 178 00:11:09,503 --> 00:11:13,215 Non, pregunteille directamente se o profesor Lee era o pai 179 00:11:13,215 --> 00:11:14,842 e non me dixo nada. 180 00:11:14,842 --> 00:11:16,760 Es moi valente por preguntar. 181 00:11:16,760 --> 00:11:21,432 O único que quere é mandalo fóra, igual que fixo con Juliana. 182 00:11:22,433 --> 00:11:24,101 Que mal. 183 00:11:24,101 --> 00:11:26,228 Estou cabreadísima con ela. 184 00:11:27,104 --> 00:11:29,022 Pero faime ilusión ter un irmán. 185 00:11:29,022 --> 00:11:30,607 Sempre quixen ter un. 186 00:11:31,734 --> 00:11:34,486 Oxalá tivese algún xeito de atopalo. 187 00:11:35,028 --> 00:11:37,698 Prometiches non dicirllo. 188 00:11:38,615 --> 00:11:40,951 Talvez te atope el a ti algún día. 189 00:11:40,951 --> 00:11:42,035 Iso espero. 190 00:11:44,663 --> 00:11:47,833 - Yuri, quero ser boa amiga... - Es boa amiga. 191 00:11:50,878 --> 00:11:54,965 Lembras o día que atopamos o anuario e vimos a foto das nosas nais? 192 00:11:54,965 --> 00:11:57,718 A miña levaba unha camiseta axustada e a túa... 193 00:11:57,718 --> 00:11:58,802 Ai, si! 194 00:11:58,802 --> 00:12:02,264 Esa chaqueta grande coma o mundo era para agochar o bombo! 195 00:12:03,056 --> 00:12:05,058 Todo vai cobrando sentido. 196 00:12:05,809 --> 00:12:07,394 E túa nai debía sabelo. 197 00:12:09,104 --> 00:12:11,982 Si, fixo que eran moi boas amigas. 198 00:12:13,358 --> 00:12:14,902 Somos a seguinte xeración. 199 00:12:25,954 --> 00:12:28,081 Cronoloxía dos Tres Reinos Tardíos. 200 00:12:28,081 --> 00:12:31,251 Do 890 ó 936. 201 00:12:31,251 --> 00:12:33,921 - O primeiro estado político? - Gojoseon. 202 00:12:33,921 --> 00:12:35,464 - Gojoseon. - Gojoseon. 203 00:12:37,591 --> 00:12:38,967 Que pasa aquí? 204 00:12:38,967 --> 00:12:40,010 Mudeime. 205 00:12:40,969 --> 00:12:42,221 Que? Por que? 206 00:12:43,555 --> 00:12:44,973 Agora sodes triella? 207 00:12:45,724 --> 00:12:46,809 - Non. - Non. 208 00:12:47,559 --> 00:12:48,685 Son lesbiana. 209 00:12:49,937 --> 00:12:52,731 Díxenllo a miña nai e funme do ático. 210 00:12:52,731 --> 00:12:54,149 Asustada. Emocionada. 211 00:12:54,149 --> 00:12:56,401 Un momento, sempre fuches lesbiana? 212 00:12:56,401 --> 00:12:57,903 Non é unha escolla. 213 00:12:57,903 --> 00:12:59,154 Seino, quero dicir... 214 00:13:00,405 --> 00:13:01,698 O teu con Dae, 215 00:13:02,574 --> 00:13:04,493 era unha relación falsa? 216 00:13:05,953 --> 00:13:07,079 Kitty tiña razón? 217 00:13:07,079 --> 00:13:08,956 Díxenche que sei de parellas. 218 00:13:08,956 --> 00:13:10,791 E non estás cabreada con Dae? 219 00:13:10,791 --> 00:13:14,211 Mentiu e mentiu e mentiu. 220 00:13:14,211 --> 00:13:17,172 Cabreeime, pero logo perdoeino. 221 00:13:18,298 --> 00:13:20,300 Es máis confiada cá muller de meu pai. 222 00:13:20,300 --> 00:13:22,928 Ei, Kitty e eu estamos ben. 223 00:13:23,887 --> 00:13:26,390 - Déixaa en paz. - Pois eu non estou ben. 224 00:13:26,390 --> 00:13:29,017 A min tamén me mentistes a base de ben. 225 00:13:29,017 --> 00:13:32,229 Non lle mentiría a un amigo nin a alguén que me importe. 226 00:13:33,730 --> 00:13:34,898 Eu non son así. 227 00:13:40,696 --> 00:13:43,365 Manda truco, nunca vira este lado de Min Ho! 228 00:13:44,032 --> 00:13:46,285 Os exames finais vólvennos tolos. 229 00:13:49,663 --> 00:13:51,290 BIBLIOTECA DA KISS 230 00:14:00,924 --> 00:14:02,009 HISTORIA DE COREA 231 00:14:02,009 --> 00:14:03,844 Non o aturo máis. 232 00:14:03,844 --> 00:14:05,387 Quero morrer. 233 00:14:05,387 --> 00:14:08,682 - Só quedan tres días, ti podes. - Preciso un descanso. 234 00:14:08,682 --> 00:14:10,893 Se dixiro un dato máis, vou trousar. 235 00:14:10,893 --> 00:14:12,769 Veña, abonda, vamos! 236 00:14:12,769 --> 00:14:15,731 Imos poñer a andar a circulación cuns chimpos. 237 00:14:15,731 --> 00:14:17,816 - Si! - A auga fría vai ben. 238 00:14:17,816 --> 00:14:20,152 Tiraríache un vaso por riba encantado. 239 00:14:20,152 --> 00:14:22,988 - Sei o que precisamos. - Non digas Adderall. 240 00:14:22,988 --> 00:14:25,824 Non, non viches como nos puxeramos Eunice e eu? 241 00:14:25,824 --> 00:14:28,160 Non quero repetir. Precisamos música. 242 00:14:28,160 --> 00:14:31,204 E café. Quen vén comigo? 243 00:14:38,837 --> 00:14:40,797 Por que viñeches para estar así? 244 00:14:41,381 --> 00:14:42,257 Así como? 245 00:14:42,966 --> 00:14:44,343 Estou cabreado contigo. 246 00:14:45,802 --> 00:14:49,598 Mira, sinto terche mentido, pero non ten nada que ver contigo. 247 00:14:50,307 --> 00:14:53,268 E como lle puideches facer iso a Kitty? 248 00:14:53,268 --> 00:14:55,979 Por que te preocupa tanto Kitty? 249 00:15:03,195 --> 00:15:04,071 Ei. 250 00:15:04,863 --> 00:15:06,281 Non é ese Florian? 251 00:15:08,617 --> 00:15:09,826 Penso que si. 252 00:15:10,535 --> 00:15:15,666 Q dixo que Florian anda moi distraído ultimamente. 253 00:15:16,291 --> 00:15:17,793 Será por ese dos bíceps? 254 00:15:36,812 --> 00:15:38,230 Enviámoslle a foto? 255 00:15:39,272 --> 00:15:41,274 Non, aínda non sabemos o que pasa. 256 00:15:43,193 --> 00:15:45,112 Pode que nunca volva á casa. 257 00:15:45,612 --> 00:15:48,448 Xa verei, pero por agora quedo con Kitty. 258 00:15:49,324 --> 00:15:51,284 - Escóitanos agora? - Non. 259 00:15:51,284 --> 00:15:54,246 Está estudando cunha lista que lle fixen. 260 00:15:55,247 --> 00:15:57,207 Fixécheslle unha lista? 261 00:15:57,207 --> 00:15:58,709 Si, é amiga miña. 262 00:16:00,168 --> 00:16:01,628 Non te alarmes. 263 00:16:01,628 --> 00:16:05,924 É unha lista de "Non suspendas", non de "Posme que non vexas". 264 00:16:07,175 --> 00:16:11,722 É que falas moito dela, e agora múdaste con ela, así que... 265 00:16:12,848 --> 00:16:15,684 Só é unha amiga, prométocho. 266 00:16:16,268 --> 00:16:18,228 Iso adoitabas dicir de min. 267 00:16:18,228 --> 00:16:19,521 Déixao xa. 268 00:16:20,355 --> 00:16:23,483 Ademais, máis hetero non che pode ser. 269 00:16:34,286 --> 00:16:38,040 Se lles foi ben no semestre, non deberían ter problema no exame. 270 00:16:39,082 --> 00:16:40,083 É xusto. 271 00:16:40,709 --> 00:16:42,919 Complicado, pero xusto. 272 00:16:45,338 --> 00:16:46,339 Si? 273 00:16:46,339 --> 00:16:49,384 E se non nos foi ben no semestre? 274 00:16:49,384 --> 00:16:51,970 - Posible catástrofe. - Vaia. 275 00:16:51,970 --> 00:16:54,056 Pero son razoable. 276 00:16:54,765 --> 00:16:57,142 Calquera alumno que decida participar 277 00:16:57,142 --> 00:16:58,810 no concurso de talentos 278 00:16:59,436 --> 00:17:01,938 sumará dez puntos á súa nota máis baixa. 279 00:17:02,981 --> 00:17:05,442 Que ben! Coñezo un baile novo de TikTok. 280 00:17:05,442 --> 00:17:08,236 - Eu fago malabares. - Non, non. 281 00:17:09,196 --> 00:17:12,991 Deben realizar dignamente algún tipo de arte coreana tradicional. 282 00:17:17,996 --> 00:17:21,666 Miña nai leva toda a vida obrigándome a ir a baile con abanos. 283 00:17:21,666 --> 00:17:23,085 Se queres, ensínoche. 284 00:17:23,085 --> 00:17:25,837 Bailar contigo? Si, xenial. 285 00:17:38,308 --> 00:17:40,852 Adoro o cheiro dos exames pola mañá. 286 00:17:41,937 --> 00:17:46,316 Será por que es unha estrela do atletismo e sabes que che han aprobar todo? 287 00:17:46,858 --> 00:17:47,818 Será. 288 00:17:48,527 --> 00:17:50,862 Ei, rapaces, sentade aquí. 289 00:17:54,032 --> 00:17:55,117 Ola, rapaces. 290 00:17:55,617 --> 00:17:56,451 Boas. 291 00:17:57,661 --> 00:18:01,331 Que, como vai ese estudo, Florian? 292 00:18:02,040 --> 00:18:04,960 Levas toda a noite esperto cos fociños no libro? 293 00:18:06,169 --> 00:18:07,587 Toda a noite, si. 294 00:18:07,587 --> 00:18:09,548 - Interesante. - Interesante, si. 295 00:18:10,757 --> 00:18:13,927 Precisabamos un descanso e fomos por un café. 296 00:18:17,347 --> 00:18:19,391 Serame mellor seguir estudando. 297 00:18:20,559 --> 00:18:21,852 - Deica. - Abur. 298 00:18:23,228 --> 00:18:24,104 Abur! 299 00:18:26,106 --> 00:18:28,859 A vós que vos pasa? Estades moi rariños. 300 00:18:38,827 --> 00:18:41,621 Non sabiamos como dicircho, perdón. 301 00:18:48,545 --> 00:18:49,671 Grazas. 302 00:18:51,715 --> 00:18:55,051 A idea é que os abanos, 303 00:18:55,051 --> 00:18:58,513 o hanbok que levamos, a coreografía e a música 304 00:18:58,513 --> 00:19:03,059 se combinen para crear unha imaxe de bolboretas e flores primaverais. 305 00:19:03,768 --> 00:19:05,103 É precioso. 306 00:19:09,482 --> 00:19:10,525 Así. 307 00:19:11,026 --> 00:19:13,111 Abre, pecha. 308 00:19:22,370 --> 00:19:25,207 Non sei se podo seguir gardándolle segredos a Yuri 309 00:19:25,874 --> 00:19:27,626 estando tan preto dela. 310 00:19:34,424 --> 00:19:35,342 Que? 311 00:19:36,134 --> 00:19:37,761 Estou nerviosa. 312 00:19:38,303 --> 00:19:41,514 Non pasa nada, só te vai ver a escola ó completo. 313 00:19:42,974 --> 00:19:45,852 Non será peor que cando tropezaches cos cupcakes. 314 00:19:49,189 --> 00:19:50,065 Kitty... 315 00:19:51,816 --> 00:19:55,654 es a moza que atravesou medio mundo para conseguir o que quería. 316 00:19:56,154 --> 00:19:58,406 Que te vai poñer a ti nerviosa? 317 00:19:59,950 --> 00:20:00,867 Ti. 318 00:20:01,743 --> 00:20:04,162 Eu? Por que te ía poñer eu nerviosa? 319 00:20:07,249 --> 00:20:08,458 BEBÉ CHAMADA ENTRANTE 320 00:20:08,458 --> 00:20:12,504 - Non llo colles? - Non pasa nada. Chámoa despois. 321 00:20:12,504 --> 00:20:14,172 Agora es máis importante. 322 00:20:14,172 --> 00:20:16,383 O baile tenche que saír mallado. 323 00:20:16,883 --> 00:20:20,303 Precisas o crédito extra. Non te podo perder agora. 324 00:20:20,303 --> 00:20:22,180 Eu tampouco podo perderte. 325 00:20:36,903 --> 00:20:38,321 Kitty, que...? 326 00:20:42,117 --> 00:20:43,493 Perdón, chegamos tarde. 327 00:20:43,493 --> 00:20:45,745 - Por que me miras a min? - Ti que cres? 328 00:20:45,745 --> 00:20:50,125 - Seguro que podo poñer un hanbok? - Cariño, neste contexto, si. 329 00:21:14,065 --> 00:21:15,233 Estás a enganarme? 330 00:21:16,568 --> 00:21:17,652 Que? 331 00:21:19,404 --> 00:21:20,238 Non. 332 00:21:21,614 --> 00:21:25,493 - Min Ho e Dae pensan que si. - Pois non teñen razón. 333 00:21:25,493 --> 00:21:27,662 Mentes. Víronte. 334 00:21:33,418 --> 00:21:35,837 Esperaba que tiveses algunha explicación. 335 00:21:36,671 --> 00:21:37,881 Téñoa. 336 00:21:41,843 --> 00:21:42,886 Quérote. 337 00:21:46,431 --> 00:21:47,390 Que? 338 00:21:47,390 --> 00:21:48,850 Q, quérote. 339 00:21:51,061 --> 00:21:55,690 - Iso non é unha explicación. - Escoita. Quérote tanto 340 00:21:55,690 --> 00:21:59,027 que fun deixando de lado outras partes da miña vida, 341 00:21:59,027 --> 00:22:01,279 coma os deberes. 342 00:22:02,072 --> 00:22:05,742 E quérote tanto que non imaxino non estar aquí canda ti. 343 00:22:10,413 --> 00:22:11,498 Eu tamén te quero. 344 00:22:13,124 --> 00:22:16,002 E quero crerte, pero tesme que dicir que pasa. 345 00:22:21,132 --> 00:22:23,510 Un engano hai... 346 00:22:25,011 --> 00:22:26,179 pero non contigo. 347 00:22:34,646 --> 00:22:35,480 Kitty! 348 00:22:38,108 --> 00:22:40,610 Véxote esta noite. Non esquezas os abanos! 349 00:22:40,610 --> 00:22:42,237 - Non, claro. - Moi ben. 350 00:22:43,863 --> 00:22:45,073 Vai todo ben? 351 00:22:46,491 --> 00:22:49,994 Vai, só son os nervios de antes de actuar 352 00:22:49,994 --> 00:22:52,288 e preocúpame saber se aprobei ou non. 353 00:22:52,872 --> 00:22:54,082 Só é iso? Seguro? 354 00:22:57,293 --> 00:22:58,294 Oes iso? 355 00:22:58,294 --> 00:23:00,964 Parece que vén do laboratorio de Química. 356 00:23:01,589 --> 00:23:05,009 Teño que ir falar con Alex, pero véxote despois. 357 00:23:10,932 --> 00:23:12,559 Coñezo esa música de espera. 358 00:23:13,393 --> 00:23:14,519 Marchas? 359 00:23:17,355 --> 00:23:18,273 Si. 360 00:23:18,773 --> 00:23:21,693 Marcho esta noite. 361 00:23:21,693 --> 00:23:24,279 Pero perderás o concurso de talentos. 362 00:23:24,279 --> 00:23:27,031 Éme mellor non ir e marchar discretamente. 363 00:23:28,408 --> 00:23:31,578 Pero volves o semestre que vén, non? 364 00:23:32,454 --> 00:23:33,413 Non. 365 00:23:34,873 --> 00:23:38,835 Vin a Corea para coñecer os meus pais biolóxicos. 366 00:23:39,961 --> 00:23:41,004 E xa o fixen. 367 00:23:42,464 --> 00:23:45,258 Meu pai non sabe que existo 368 00:23:46,092 --> 00:23:48,052 e non quero cambiarlle a vida. 369 00:23:48,636 --> 00:23:51,097 Miña nai pediume un tempo para procesalo 370 00:23:51,097 --> 00:23:53,475 e ignórame dende entón. 371 00:23:56,019 --> 00:23:57,479 Sinto que non me queren. 372 00:23:58,813 --> 00:24:00,523 Síntoo moito, Alex. 373 00:24:02,233 --> 00:24:03,485 E que pasa con Yuri? 374 00:24:03,985 --> 00:24:05,236 Ela non é coma Jina. 375 00:24:05,236 --> 00:24:07,405 Quere ter relación contigo. 376 00:24:09,949 --> 00:24:11,409 Yuri sabe quen son? 377 00:24:11,409 --> 00:24:14,245 Non, pero sabe que ten un medio irmán 378 00:24:14,245 --> 00:24:16,623 e ten moitas ganas de coñecelo. 379 00:24:16,623 --> 00:24:19,501 E eu non lle dixen nada. 380 00:24:19,501 --> 00:24:23,546 Non foi nada doado, creme, pero aprendín a non inmiscirme. 381 00:24:24,881 --> 00:24:26,674 Aprendiches moito, Kitty. 382 00:24:32,847 --> 00:24:33,932 Aprobei! 383 00:24:36,184 --> 00:24:38,228 Aprobei un, só quedan outros seis. 384 00:24:39,938 --> 00:24:42,148 Pénsao, vale? 385 00:24:42,774 --> 00:24:43,691 Faino por Yuri. 386 00:24:57,205 --> 00:25:00,291 Señor e señora Miller, ola. 387 00:25:00,291 --> 00:25:02,252 - Encantados de velos. - Encantados. 388 00:25:02,252 --> 00:25:04,837 Gústame mesturar os negocios co pracer. 389 00:25:04,837 --> 00:25:06,256 Aforra moito tempo. 390 00:25:06,256 --> 00:25:09,175 Talvez poidamos pechar o negocio esta noite. 391 00:25:09,175 --> 00:25:11,302 - Concordo. - Antes, unha copa. 392 00:25:11,302 --> 00:25:13,221 E logo temos que ver a Madison. 393 00:25:13,221 --> 00:25:17,600 Por favor cho pido, podemos divertirnos aínda que sexa cinco segundos? 394 00:25:19,727 --> 00:25:22,272 Sabes que túa filla non dorme na casa, non? 395 00:25:22,939 --> 00:25:24,315 Claro que o sei. 396 00:25:24,315 --> 00:25:26,067 Dille que volva de contado. 397 00:25:26,067 --> 00:25:29,320 E supoño que xa arranxarías o outro problema. 398 00:25:29,320 --> 00:25:30,405 Problema? 399 00:25:31,030 --> 00:25:32,824 Dixen eu que fose un problema? 400 00:25:39,539 --> 00:25:42,917 Sabes canto me esforzo por manter esta imaxe de familia perfecta? 401 00:25:44,210 --> 00:25:47,672 Pero non sei para que vale tanto esforzo. 402 00:25:48,214 --> 00:25:50,258 Yuri, ti, eu. 403 00:25:52,677 --> 00:25:54,679 Ningún de nós é feliz. 404 00:25:55,763 --> 00:25:57,140 Dis que non es feliz? 405 00:25:58,099 --> 00:25:59,475 Es unha consentida. 406 00:26:00,518 --> 00:26:03,438 Iso mesmo lle dixen eu a Yuri. 407 00:26:04,188 --> 00:26:05,898 Que era unha consentida. 408 00:26:09,444 --> 00:26:10,987 Non fixen ben en dicirllo. 409 00:26:14,240 --> 00:26:16,034 Vou atopar a miña filla. 410 00:26:45,980 --> 00:26:47,899 Xa vén agora a danza dos abanos. 411 00:26:51,027 --> 00:26:51,986 Veña, ho. 412 00:26:53,571 --> 00:26:55,406 Fixen trampa nos exames. 413 00:26:56,866 --> 00:26:59,827 Só para non suspender e ter que ir vivir a Grecia. 414 00:27:04,415 --> 00:27:06,959 Nin que che fixese boqueiras! 415 00:27:07,543 --> 00:27:08,836 Son atleta. 416 00:27:09,962 --> 00:27:13,549 Creo na deportividade, non creo nas trampas. 417 00:27:13,549 --> 00:27:15,385 Non lle fago mal a ninguén. 418 00:27:19,138 --> 00:27:20,556 Só é unha axudiña. 419 00:27:54,382 --> 00:27:56,759 Foguetes. Para a miña segunda actuación. 420 00:27:57,343 --> 00:27:59,303 K-Pop! Grazas. 421 00:28:02,265 --> 00:28:03,474 - Ola. - Ola. 422 00:28:03,975 --> 00:28:06,310 Ataches mal o lazo, déixasme...? 423 00:28:15,027 --> 00:28:17,488 Antes, no ensaio... 424 00:28:18,740 --> 00:28:19,824 - Eu... - Yuri! 425 00:28:20,616 --> 00:28:22,452 Quero que volvas á casa. 426 00:28:23,035 --> 00:28:26,205 Falarei con Alex. Quero que poidas coñecelo. 427 00:28:26,205 --> 00:28:28,374 Alex? Que Alex? 428 00:28:29,792 --> 00:28:31,836 Supoñía que Kitty... 429 00:28:31,836 --> 00:28:33,963 Un momento, Alex é meu irmán? 430 00:28:33,963 --> 00:28:35,465 O noso profesor, Alex? 431 00:28:36,674 --> 00:28:38,092 E ti sabíalo? 432 00:28:39,177 --> 00:28:40,678 Yuri, podo explicarcho. 433 00:29:07,872 --> 00:29:09,165 Como non mo dixeches? 434 00:29:11,209 --> 00:29:15,087 Pensaba que Alex era meu irmán e que miña nai quedara embarazada. 435 00:29:16,005 --> 00:29:18,257 Ata que nos escapulimos do castigo 436 00:29:18,257 --> 00:29:21,344 - e fomos á casa de Lee non... - Sábelo dende ese día? 437 00:29:32,188 --> 00:29:33,898 Como puideches ocultarmo? 438 00:29:34,816 --> 00:29:37,276 - Non era cousa miña... - Ser sincera? 439 00:29:37,276 --> 00:29:38,903 Intento concentrarme. 440 00:29:38,903 --> 00:29:42,073 - Fun sincera, pero... - Mentiches por omisión. 441 00:29:42,615 --> 00:29:46,536 Ti mentiches co de Dae todo o semestre e supereino. 442 00:29:46,536 --> 00:29:48,037 Agora somos amigas. 443 00:29:55,545 --> 00:29:56,379 Non! 444 00:29:57,004 --> 00:29:57,922 Lume! 445 00:29:58,548 --> 00:29:59,674 Non! 446 00:30:02,635 --> 00:30:03,970 Ai, non! 447 00:30:26,492 --> 00:30:28,327 Xa está, para quieta! 448 00:30:36,627 --> 00:30:39,088 - Xa se apagou. Non foi nada. - Grazas. 449 00:30:50,975 --> 00:30:52,184 Estás ben? 450 00:30:52,184 --> 00:30:54,270 Estou, axudoume Min Ho. 451 00:30:55,897 --> 00:30:57,148 Teríalle axudado eu. 452 00:30:57,148 --> 00:30:59,650 - Cheguei antes. - Agora estou eu aquí. 453 00:31:06,657 --> 00:31:08,659 A que veu ese drama no escenario? 454 00:31:09,744 --> 00:31:11,871 Non o sei moi ben. 455 00:31:33,225 --> 00:31:34,894 Recobra a compostura! 456 00:31:43,152 --> 00:31:44,737 Vou buscar os Miller. 457 00:31:58,167 --> 00:31:59,293 Non marchou. 458 00:32:14,892 --> 00:32:16,185 Daniel, sígueme. 459 00:32:18,354 --> 00:32:20,147 - Por que? - Que fas, mamá? 460 00:32:20,147 --> 00:32:21,357 Non teño nin idea. 461 00:32:24,110 --> 00:32:25,403 Que che pasa? 462 00:32:27,780 --> 00:32:30,032 Podes contarme o que sexa, Kitty. 463 00:32:35,663 --> 00:32:36,706 Vale. 464 00:32:39,917 --> 00:32:41,627 Intentei evitalo... 465 00:32:44,505 --> 00:32:45,548 pero... 466 00:32:46,424 --> 00:32:47,800 Dío. 467 00:32:50,302 --> 00:32:52,388 Sinto algo por outra persoa. 468 00:33:00,146 --> 00:33:01,188 Sabíao. 469 00:33:03,190 --> 00:33:04,567 Xa vin como te miraba. 470 00:33:06,819 --> 00:33:08,195 Vouno matar. 471 00:34:01,499 --> 00:34:04,001 Subtítulos: Abraham Díaz López