1 00:00:16,350 --> 00:00:18,728 Sinto algo por outra persoa. 2 00:00:19,395 --> 00:00:20,271 Sabíao. 3 00:00:21,022 --> 00:00:22,398 Vouno matar. 4 00:00:33,034 --> 00:00:35,078 Dae, para! Agarda! 5 00:00:35,078 --> 00:00:38,915 E faste chamar amigo? Non finxas que non o sabes! 6 00:00:39,499 --> 00:00:41,375 De que falas? Que fas? Sóltame. 7 00:00:41,375 --> 00:00:44,253 Para, Dae! Déixao! Non é Min Ho. 8 00:00:45,630 --> 00:00:47,673 Non ten nada que ver con el. 9 00:00:53,679 --> 00:00:55,431 Perdón. Pensaba que vós... 10 00:00:55,431 --> 00:00:56,682 Pois eu penso... 11 00:00:57,600 --> 00:01:00,061 que vos ía mellor de amigos por correspondencia. 12 00:01:02,188 --> 00:01:03,981 E no fondo ela pensa o mesmo. 13 00:01:06,275 --> 00:01:07,443 Que dixo? 14 00:01:08,528 --> 00:01:09,529 Nada. 15 00:01:11,697 --> 00:01:12,865 Dae, perdoa. 16 00:01:13,407 --> 00:01:16,202 Non sabía que podía sentir algo por outra persoa. 17 00:01:16,202 --> 00:01:17,411 Pois non o sintas. 18 00:01:18,037 --> 00:01:18,955 Intenteino. 19 00:01:19,914 --> 00:01:20,832 Dae. 20 00:01:21,332 --> 00:01:23,126 Intenteino, de verdade. 21 00:01:26,212 --> 00:01:27,213 Quen é? 22 00:01:30,550 --> 00:01:31,551 É Yuri. 23 00:01:34,428 --> 00:01:35,513 Yuri? 24 00:01:38,307 --> 00:01:40,601 - Como vai ser Yuri? - Non sei. 25 00:01:41,352 --> 00:01:42,353 É que... 26 00:01:42,854 --> 00:01:44,188 Pasou e punto. 27 00:01:44,188 --> 00:01:47,483 Cando? Cando comezou a gustarche? 28 00:01:50,611 --> 00:01:52,738 A noite da festa de Min Ho. 29 00:01:52,738 --> 00:01:53,865 Hai tanto tempo? 30 00:01:55,366 --> 00:01:57,076 E por que volviches comigo? 31 00:01:57,076 --> 00:02:01,164 Como non ía facelo? Dae, vin aquí para estar contigo. 32 00:02:01,164 --> 00:02:03,499 - E de súpeto gústanche as mozas. - Non. 33 00:02:05,001 --> 00:02:08,838 Non sei, supoño. Pero tamén me gustan os mozos. 34 00:02:08,838 --> 00:02:11,674 É difícil entendelo, seino... 35 00:02:12,175 --> 00:02:15,386 - Agora mesmo non o entendo nin eu. - Kitty, déixao. 36 00:02:17,847 --> 00:02:19,390 Agora non podo con isto. 37 00:02:22,768 --> 00:02:24,312 Nin agora nin nunca. 38 00:02:36,282 --> 00:02:37,158 Es fillo meu? 39 00:02:38,784 --> 00:02:39,827 Son. 40 00:02:41,704 --> 00:02:44,332 - Como? - Daniel, síntoo. 41 00:02:45,583 --> 00:02:48,002 Non cho contei porque non quería frearte. 42 00:02:49,128 --> 00:02:52,590 Tiñas a oportunidade de ir estudar música ós EUA e eu... 43 00:02:55,801 --> 00:02:58,596 Non quería que renunciases ó teu futuro por min. 44 00:02:58,596 --> 00:03:01,224 Renunciar a que? A ser unha estrela do rock? 45 00:03:02,266 --> 00:03:03,768 Iso non ía pasar nunca. 46 00:03:04,393 --> 00:03:06,938 Escoiteino cantar. É moi bo. 47 00:03:06,938 --> 00:03:08,314 Si que es moi bo. 48 00:03:10,691 --> 00:03:14,612 Espero que sexas capaz de crer que sempre quixen o mellor para ti. 49 00:03:19,742 --> 00:03:20,826 Alex. 50 00:03:22,453 --> 00:03:24,247 Imos falar a outro sitio? 51 00:03:27,208 --> 00:03:28,834 Si, encantaríame. 52 00:03:28,834 --> 00:03:29,752 Un momento. 53 00:03:30,253 --> 00:03:31,629 E se falamos todos? 54 00:03:32,338 --> 00:03:35,174 - Estou demasiado anoxado para falarche. - Seino. 55 00:03:35,758 --> 00:03:37,635 Máis razón aínda para facelo. 56 00:03:41,722 --> 00:03:42,848 Por favor, Daniel. 57 00:04:07,456 --> 00:04:10,251 - Ruliña, estás ben? - Non. 58 00:04:11,335 --> 00:04:15,548 Collo o seguinte voo. Onde teño o pasaporte? Tree, érguete. 59 00:04:15,548 --> 00:04:18,301 Non é unha emerxencia. Non espertes a Trina. 60 00:04:18,301 --> 00:04:19,760 Tree, volve durmir. 61 00:04:24,056 --> 00:04:25,933 Que pasou, meu ben? 62 00:04:25,933 --> 00:04:27,727 Discutín con Dae. 63 00:04:28,311 --> 00:04:34,066 Sinto algo pola miña amiga Yuri, por unha rapaza. 64 00:04:34,066 --> 00:04:36,902 Ai, grazas a Deus! 65 00:04:36,902 --> 00:04:42,950 Grazas a Deus que son bi? Ou pan? Ou de xénero fluído? 66 00:04:42,950 --> 00:04:48,122 Sexa o que sexa pan ou xénero fluído, grazas a Deus que estás sa e salva. 67 00:04:48,998 --> 00:04:52,209 Estou sa e salva, pero... 68 00:04:53,002 --> 00:04:54,587 tamén estou triste, papá. 69 00:04:54,587 --> 00:04:57,715 E moi moi confundida. 70 00:04:57,715 --> 00:05:01,177 Tampouco che me estraña nunha rapaza de 17 anos 71 00:05:01,177 --> 00:05:04,180 que vai ó instituto no estranxeiro. 72 00:05:04,180 --> 00:05:06,515 Sinto verte tan triste, cousiña, 73 00:05:07,016 --> 00:05:09,226 pero es unha persoa moi forte. 74 00:05:09,226 --> 00:05:11,854 Agora non me sinto moi forte que digamos. 75 00:05:11,854 --> 00:05:13,147 Pois élo. 76 00:05:13,147 --> 00:05:14,607 Igual ca túa nai. 77 00:05:14,607 --> 00:05:18,652 Estar triste e confusa é parte de ir madurando. 78 00:05:18,652 --> 00:05:21,113 E dende logo, semella que estás madurando. 79 00:05:21,113 --> 00:05:24,200 E creo que tamén vou suspender tódalas materias. 80 00:05:24,909 --> 00:05:25,951 Todas? 81 00:05:26,744 --> 00:05:28,496 Moi ben. Non pasa nada... 82 00:05:28,496 --> 00:05:33,834 Mira, á parte dos estudos, non aprendiches outras cousas importantes? 83 00:05:36,462 --> 00:05:39,382 Aprendín que mamá irradiaba un amor infinito. 84 00:05:39,965 --> 00:05:42,093 Non estivo moito tempo connosco, 85 00:05:42,093 --> 00:05:45,846 mais causou un grande impacto na vida da xente. 86 00:05:45,846 --> 00:05:46,972 Fuches atopala. 87 00:05:47,556 --> 00:05:50,059 Atopácheste a ti mesma. Era o que querías. 88 00:05:51,102 --> 00:05:52,103 Estou orgulloso. 89 00:05:52,103 --> 00:05:53,604 Grazas, papá. 90 00:06:03,072 --> 00:06:04,031 Ola. 91 00:06:06,200 --> 00:06:07,660 E ese maletón? 92 00:06:08,244 --> 00:06:10,621 Só son vacacións, deixa algo aquí. 93 00:06:10,621 --> 00:06:13,040 Estoume poñendo no peor. 94 00:06:13,749 --> 00:06:16,961 Sei que agora todo pinta mal, pero mañá será outro día. 95 00:06:16,961 --> 00:06:19,130 Aprobarás os exames, falarás con Dae. 96 00:06:20,506 --> 00:06:21,507 Arranxaralo. 97 00:06:22,383 --> 00:06:24,969 O tema é que non sei nin como arranxalo. 98 00:06:27,388 --> 00:06:29,056 Odio terlle feito dano, 99 00:06:31,267 --> 00:06:34,228 pero sinto algo por Yuri e iso non vai cambiar. 100 00:06:36,397 --> 00:06:38,816 Segue a pasar das miñas mensaxes. 101 00:06:41,068 --> 00:06:43,529 Talvez non saiba nada do amor. 102 00:06:44,822 --> 00:06:50,202 Mira, lembras cando chegaches aquí e os teus beizos eran virxes? 103 00:06:50,786 --> 00:06:54,707 Nin tocaran os doutra persoa nin probaran un grolo de soju. 104 00:06:54,707 --> 00:06:58,919 Vir a Corea fíxome abrirme de moitas maneiras. 105 00:07:00,588 --> 00:07:02,840 - Se fracaso agora... - Non vas fracasar. 106 00:07:04,425 --> 00:07:06,760 Preciso a miña celestina aquí comigo. 107 00:07:09,221 --> 00:07:11,807 Voume retirar. Vou moi vella para isto. 108 00:07:12,308 --> 00:07:15,603 Veña, abonda. Vouche facer unha infusión de boas noites. 109 00:07:16,228 --> 00:07:17,229 Con extra de mel. 110 00:07:17,980 --> 00:07:21,233 Polo menos xuntei unha boa parella. 111 00:07:21,233 --> 00:07:22,401 Florian e ti. 112 00:07:23,611 --> 00:07:24,862 Xa que sacas o tema... 113 00:07:24,862 --> 00:07:27,448 Pensei que Florian estaba enganándome. 114 00:07:28,532 --> 00:07:30,993 Resulta que un engano si que houbo. 115 00:07:30,993 --> 00:07:32,536 Como? De que falas? 116 00:07:32,536 --> 00:07:37,333 Meteuse tan de cheo na nosa relación que deixou de lado os estudos. 117 00:07:37,333 --> 00:07:38,584 Pasei por iso. 118 00:07:38,584 --> 00:07:40,628 Pero isto é máis complicado. 119 00:07:40,628 --> 00:07:44,965 Súa nai quere que volva a Grecia e seu pai que volva a Francia. 120 00:07:46,425 --> 00:07:50,679 - Andan a pelexar por el no divorcio. - Por iso si que non pasei. Vaia. 121 00:07:50,679 --> 00:07:53,349 Suplicoulles quedar aquí e aceptaron, 122 00:07:53,349 --> 00:07:57,061 sempre que seguise sacando boas notas, pero pola miña culpa... 123 00:07:58,395 --> 00:07:59,939 esqueceulle estudar. 124 00:07:59,939 --> 00:08:03,275 Entón falou cun exalumno da KISS e... 125 00:08:04,777 --> 00:08:06,320 comproulle uns exames. 126 00:08:07,029 --> 00:08:09,490 Como? Florian copiou nos exames? 127 00:08:10,366 --> 00:08:12,785 Éche algo romántico, non cres? 128 00:08:12,785 --> 00:08:15,663 Fíxoo para quedar aquí, comigo. 129 00:08:15,663 --> 00:08:17,706 Non che sei se é romántico. 130 00:08:17,706 --> 00:08:20,751 Máis ben irrespectuoso. O resto estudamos moito. 131 00:08:20,751 --> 00:08:23,963 Xa estás a xulgar. A min tampouco me gusta iso, mais... 132 00:08:24,630 --> 00:08:27,216 - Gústame el. - Só digo que é algo noxento. 133 00:08:27,216 --> 00:08:28,217 Quieta parada. 134 00:08:28,217 --> 00:08:32,137 Dae e Yuri botaron meses mentíndoche e toleándote e perdoáchelos. 135 00:08:32,137 --> 00:08:34,890 Agora poste toda petulante con Florian? 136 00:08:34,890 --> 00:08:37,893 Só copiou nuns exames, non mancou a ninguén. 137 00:08:37,893 --> 00:08:41,146 É unha mala conduta. Non quero que te manque a ti. 138 00:08:41,146 --> 00:08:43,649 Es hipócrita sobre a moralidade polo meu ben? 139 00:08:43,649 --> 00:08:44,775 Si, impórtasme. 140 00:08:45,734 --> 00:08:47,361 Non mereces a infusión. 141 00:09:08,966 --> 00:09:10,217 Que fas? 142 00:09:10,801 --> 00:09:11,844 Ver como dormes. 143 00:09:13,095 --> 00:09:14,388 Mete medo. 144 00:09:14,388 --> 00:09:16,348 Non tal, é maternal. 145 00:09:17,516 --> 00:09:20,436 Que digas esa palabra mete máis medo aínda. 146 00:09:22,396 --> 00:09:25,608 Sempre te miraba durmir cando eras un bebé. 147 00:09:25,608 --> 00:09:27,067 Por que? 148 00:09:27,067 --> 00:09:30,779 Para asegurarme de que respirabas, cómoda e segura. 149 00:09:31,405 --> 00:09:33,907 É o que sempre quixen para ti, 150 00:09:34,408 --> 00:09:37,202 é só que dei en coidarte da maneira equivocada. 151 00:09:38,871 --> 00:09:43,500 Non quero mirar atrás cando teña 50 anos e estar chea de remorsos. 152 00:09:43,500 --> 00:09:45,085 Eu non teño 50 anos! 153 00:09:49,882 --> 00:09:52,259 Non me arrepinto de ter tido un bebé. 154 00:09:54,011 --> 00:09:57,056 Arrepíntome de como me portei despois. 155 00:09:58,891 --> 00:10:02,895 Chamei a Alex e inviteino a pasar un tempo connosco estas vacacións. 156 00:10:04,897 --> 00:10:08,525 E ademais, tamén falei cos pais de Juliana. 157 00:10:09,109 --> 00:10:10,736 Falamos da... 158 00:10:11,904 --> 00:10:13,656 Podes dicilo en voz alta. 159 00:10:14,239 --> 00:10:15,366 Da vosa relación. 160 00:10:16,325 --> 00:10:20,287 Concluímos que queremos que as nosas fillas sexan felices. 161 00:10:21,121 --> 00:10:24,041 Todo o felices que poidan ser unhas adolescentes. 162 00:10:25,125 --> 00:10:27,378 Juliana está de camiño. 163 00:10:28,045 --> 00:10:31,632 - O seu voo chega esta tarde. - Que dis? Moitas grazas! 164 00:10:32,758 --> 00:10:34,176 Grazas, grazas! 165 00:10:35,761 --> 00:10:38,347 Espera. E papá? Que vai dicir? 166 00:10:38,347 --> 00:10:39,264 Non sei. 167 00:10:40,140 --> 00:10:42,351 Estou farta de preocuparme por el. 168 00:10:42,851 --> 00:10:45,437 Ti tamén mereces ser feliz, mamá. 169 00:10:58,450 --> 00:11:01,161 Xa están as notas! 170 00:11:06,917 --> 00:11:07,835 CURSO 11 171 00:11:10,671 --> 00:11:12,005 Tes as mellores notas. 172 00:11:12,673 --> 00:11:14,007 Mi madriña! Quedo! 173 00:11:16,510 --> 00:11:17,845 Ese é o posto de Dae. 174 00:11:20,597 --> 00:11:24,017 - Non era a miña intención, Q. - Tanto ten. 175 00:11:25,060 --> 00:11:28,105 Dae é o meu mellor amigo. Isto non está ben. 176 00:11:29,398 --> 00:11:31,191 Q? Como foi? 177 00:11:33,569 --> 00:11:35,946 Aprobaches! Quedas outro semestre! 178 00:11:36,822 --> 00:11:39,408 - Espera, sigo cabreado contigo. - Eu tamén. 179 00:11:42,411 --> 00:11:45,706 - E esta que fai aquí? - Vive nestes cuartos? 180 00:11:46,498 --> 00:11:48,292 Katherine Song Covey. 181 00:11:49,710 --> 00:11:51,670 Que fai aquí tan cedo pola mañá? 182 00:11:52,171 --> 00:11:53,797 Vai en pixama? 183 00:12:04,558 --> 00:12:06,310 Ola. Boas. 184 00:12:06,310 --> 00:12:12,316 Non estou moi segura de que falan, pero se me permiten dicir unha cousiña, 185 00:12:12,816 --> 00:12:14,526 durmía no cuarto dos mozos. 186 00:12:14,526 --> 00:12:15,611 Admítoo. 187 00:12:15,611 --> 00:12:17,946 Pero a compañeira que me asignaron 188 00:12:17,946 --> 00:12:20,991 tiña unha cámara web acesa as 24 horas 189 00:12:20,991 --> 00:12:24,578 e deixaba panos de papel por tódolos lados. 190 00:12:24,578 --> 00:12:27,206 Dunha volta ata me deixou un na almofada. 191 00:12:28,415 --> 00:12:29,583 Grazas. 192 00:12:30,250 --> 00:12:33,337 Por outra parte, se me vou meter nun sarillo... 193 00:12:33,337 --> 00:12:34,296 Kitty. 194 00:12:35,339 --> 00:12:37,508 Non falamos de sarillo ningún. 195 00:12:39,510 --> 00:12:41,428 Falamos de expulsarte. 196 00:12:44,264 --> 00:12:45,599 Expulsada? Pero... 197 00:12:46,600 --> 00:12:48,352 Aprobei tódalas materias. 198 00:12:48,977 --> 00:12:50,020 Sabémolo. 199 00:12:50,020 --> 00:12:54,191 Mais a túa bolsa en concreto ten normas de conduta moi claras. 200 00:12:55,150 --> 00:12:58,654 Ó vivir nos cuartos dos rapaces, rompíchelas. 201 00:12:59,947 --> 00:13:04,326 Síntoo, pero non te readmitiremos na KISS. 202 00:13:15,587 --> 00:13:17,214 A miña última comida. 203 00:13:18,131 --> 00:13:20,634 Vante botar, non estás no corredor da morte. 204 00:13:20,634 --> 00:13:23,887 E non sei como es quen de comer picante tan cedo. 205 00:13:23,887 --> 00:13:25,973 Madison, céntrateme. 206 00:13:25,973 --> 00:13:30,143 Todos están cabreados comigo, así que, Madison, depende de ti. 207 00:13:30,853 --> 00:13:34,481 Tes que animarme e convencerme de que podo superalo. 208 00:13:34,982 --> 00:13:35,899 Moi ben. 209 00:13:36,400 --> 00:13:40,988 Que podo defenderme e demostrarlle ós da escola que este é o meu sitio. 210 00:13:40,988 --> 00:13:41,905 Iso. 211 00:13:42,573 --> 00:13:45,450 Que merezo outra oportunidade! 212 00:13:50,122 --> 00:13:53,125 Ou vas con todo ou marchas, non? Pode que faga as dúas. 213 00:13:59,756 --> 00:14:02,885 Profesores, compañeiros... 214 00:14:04,761 --> 00:14:05,637 Directora Lim. 215 00:14:10,976 --> 00:14:12,686 KISS significou máis para min 216 00:14:12,686 --> 00:14:16,690 do que podería chegar a expresar subida nesta mesa. 217 00:14:21,236 --> 00:14:22,446 Mais vouno intentar. 218 00:14:27,159 --> 00:14:28,827 Aprendín moito da miña nai. 219 00:14:29,912 --> 00:14:32,080 Atopei a súa árbore favorita. 220 00:14:33,540 --> 00:14:38,003 Adorábaa ata cando non estaba en flor, porque, dalgún xeito, 221 00:14:39,087 --> 00:14:41,089 sempre vía a beleza das cousas. 222 00:14:41,089 --> 00:14:43,008 Ata no seu peor momento. 223 00:14:44,676 --> 00:14:46,887 Descubrín que sabía tocar a guitarra 224 00:14:47,763 --> 00:14:48,639 e... 225 00:14:56,939 --> 00:14:57,773 Oe. 226 00:14:59,358 --> 00:15:01,068 Queres baixar de aí? 227 00:15:10,160 --> 00:15:13,538 Educaríame xente branca, pero ata eu sei 228 00:15:13,538 --> 00:15:17,209 que en Corea está mal visto poñer os pés onde comes. 229 00:15:19,795 --> 00:15:21,630 Vaia xiro inesperado. 230 00:15:21,630 --> 00:15:23,382 Agora son eu a que marcha. 231 00:15:23,382 --> 00:15:26,593 Non podo crer que viviras nese cuarto 232 00:15:26,593 --> 00:15:29,012 diante dos meus fociños todo o tempo. 233 00:15:30,013 --> 00:15:33,183 O profesor Lee tiña razón. Ser autoritario non é o meu. 234 00:15:34,142 --> 00:15:35,811 Dánseche ben outras cousas. 235 00:15:38,355 --> 00:15:39,648 Heite botar de menos. 236 00:15:40,148 --> 00:15:42,275 Sempre nos quedará KakaoTalk. 237 00:15:43,068 --> 00:15:46,321 Xa, pero nada de chamadas estando de festa! 238 00:15:47,197 --> 00:15:48,699 Polo menos ata teres 21. 239 00:15:49,574 --> 00:15:50,617 Paréceme xusto. 240 00:15:58,583 --> 00:16:01,253 - Usáchesme a crema de trigo sarraceno? - Non. 241 00:16:07,384 --> 00:16:10,220 - Collíchesme o sérum antiidade? - Que non, lisca! 242 00:16:13,932 --> 00:16:16,226 - Collícheslle o sérum? - Non. 243 00:16:16,893 --> 00:16:19,062 Pero a crema de trigo sarraceno si. 244 00:16:24,109 --> 00:16:25,193 Síntoo moito. 245 00:16:26,194 --> 00:16:27,195 Polo de antes. 246 00:16:27,988 --> 00:16:29,573 Eu tamén o sinto moito. 247 00:16:30,323 --> 00:16:32,367 O que fixo Florian estivo moi mal. 248 00:16:35,495 --> 00:16:37,706 Teño que pensar que facer ó respecto. 249 00:16:38,206 --> 00:16:43,503 Non é doado deixar de lado os sentimentos cara a alguén que che importa. 250 00:16:44,838 --> 00:16:45,839 Enténdote. 251 00:16:52,095 --> 00:16:54,306 Non creo que non vaias volver. 252 00:16:55,724 --> 00:16:56,725 Xa. 253 00:16:59,478 --> 00:17:01,688 Es a quen máis botarei en falla. 254 00:17:03,440 --> 00:17:05,567 Non me fagas chorar, bruxa! 255 00:17:10,238 --> 00:17:12,365 Pois eu vou marchando. 256 00:17:12,365 --> 00:17:14,785 Saúdos, meu. Véxote logo das vacacións. 257 00:17:15,410 --> 00:17:16,703 Kitty, pórtateme ben. 258 00:17:21,124 --> 00:17:22,959 Esqueceríalle que non volvo? 259 00:17:22,959 --> 00:17:24,503 Sábeo, pero é... 260 00:17:25,337 --> 00:17:26,338 - Min Ho. - Min Ho. 261 00:17:49,236 --> 00:17:52,239 Gustoume o teu discurso da cafetaría. 262 00:17:52,239 --> 00:17:53,698 - En serio? - Si. 263 00:17:54,699 --> 00:17:56,159 E por que marchou? 264 00:17:57,452 --> 00:17:59,079 Son a directora da escola. 265 00:17:59,704 --> 00:18:01,414 Non poden verme chorar. 266 00:18:03,625 --> 00:18:05,794 Es cuspidiña a túa nai. 267 00:18:06,378 --> 00:18:08,797 Nunca se volvía atrás cando cría en algo. 268 00:18:11,216 --> 00:18:14,010 - Grazas. - Teño algo para ti. 269 00:18:14,678 --> 00:18:17,389 Túa nai mandoume isto despois de volver á casa 270 00:18:17,389 --> 00:18:19,057 e nunca lle respondín. 271 00:18:20,725 --> 00:18:21,893 Oxalá o fixera. 272 00:18:35,699 --> 00:18:38,285 Eu tamén teño algo para vostede se o quere. 273 00:18:40,537 --> 00:18:41,830 A miña cinta! 274 00:18:45,792 --> 00:18:50,505 Daniel, o profesor Lee, fíxoma trala nosa primeira cita. 275 00:18:50,505 --> 00:18:53,800 Descarguei tódalas cancións. Pensaba que era para miña nai. 276 00:18:53,800 --> 00:18:57,095 Daniel ten moi bo gusto para a música. 277 00:19:00,724 --> 00:19:02,350 Non quería poñela triste. 278 00:19:04,936 --> 00:19:06,980 Non, é nostalxia. 279 00:19:07,814 --> 00:19:09,232 Triste e contenta á vez. 280 00:19:11,735 --> 00:19:13,570 Daniel foi o meu primeiro amor. 281 00:19:14,696 --> 00:19:16,781 Non importa o tempo que pase... 282 00:19:18,992 --> 00:19:20,535 Iso nunca cambia. 283 00:19:21,119 --> 00:19:22,913 Creo que o entendo. 284 00:19:44,851 --> 00:19:46,686 Non es o primeiro, 285 00:19:48,104 --> 00:19:49,981 pero ser segundo está ben, non? 286 00:19:49,981 --> 00:19:52,400 Non tal, para nada. 287 00:19:53,818 --> 00:19:57,530 Se non son o primeiro, perdo a bolsa do cuarto e da matrícula. 288 00:19:58,031 --> 00:19:59,241 Síntoo moito. 289 00:20:00,951 --> 00:20:01,993 E Kitty? 290 00:20:03,370 --> 00:20:04,246 Kitty... 291 00:20:09,459 --> 00:20:10,794 Aprobou. 292 00:20:12,170 --> 00:20:13,296 Pode quedar. 293 00:20:14,089 --> 00:20:16,883 Xa non imaxino isto sen ela. 294 00:20:22,055 --> 00:20:25,517 Onte quería dicirlle moitas cousas, pero estaba moi enfadado. 295 00:20:27,227 --> 00:20:28,228 Loitarei por ela. 296 00:20:30,522 --> 00:20:32,607 Xa, agora que sacas o tema... 297 00:20:37,654 --> 00:20:42,075 Prométoche que quería despedirse, pero tivo que liscar para o aeroporto. 298 00:20:43,368 --> 00:20:44,536 Deixouche isto. 299 00:20:49,791 --> 00:20:51,835 Déixote un intre a soas. 300 00:20:56,423 --> 00:20:58,508 ISTO É TEU BICOS, KITTY 301 00:21:21,031 --> 00:21:23,908 - Dae Heun? - Papá, necesito que me axudes. 302 00:21:38,423 --> 00:21:40,675 Non imos chegar a tempo. 303 00:21:40,675 --> 00:21:42,802 Será mellor dar a volta. 304 00:21:43,970 --> 00:21:45,638 Os Kim nunca damos a volta. 305 00:21:47,140 --> 00:21:48,850 Agárrate ben. 306 00:22:00,153 --> 00:22:03,281 Teñan os pasaportes listos para pasar pola aduana. 307 00:22:07,202 --> 00:22:09,412 Dámoslles a benvida a Seúl, Corea. 308 00:22:27,639 --> 00:22:31,267 Voo 74 con destino ós Ánxeles, diríxanse a... 309 00:22:31,267 --> 00:22:32,185 Kitty! 310 00:22:33,978 --> 00:22:35,021 Kitty! 311 00:22:48,993 --> 00:22:50,954 Tiña medo de non volver verte. 312 00:22:53,665 --> 00:22:56,418 - Teño que falar contigo. - Eu primeiro. 313 00:22:59,254 --> 00:23:02,132 Non me arrepinto de nada do noso. 314 00:23:03,758 --> 00:23:05,468 Non me arrepinto de vir aquí. 315 00:23:06,219 --> 00:23:08,638 Non me arrepinto destes últimos anos. 316 00:23:09,639 --> 00:23:11,099 Todo valeu a pena. 317 00:23:17,105 --> 00:23:18,106 Dae. 318 00:23:18,731 --> 00:23:19,732 Para min, 319 00:23:21,025 --> 00:23:23,736 fuches o primeiro mozo perfecto. 320 00:23:26,823 --> 00:23:27,824 Fun? 321 00:23:35,081 --> 00:23:36,916 Depare o que depare o futuro... 322 00:23:40,378 --> 00:23:43,089 ti sempre serás a primeira rapaza que amei. 323 00:23:45,967 --> 00:23:48,511 E ti sempre serás o primeiro rapaz que amei. 324 00:24:31,596 --> 00:24:32,472 Yuri? 325 00:24:34,682 --> 00:24:35,683 Kitty? 326 00:24:35,683 --> 00:24:38,978 Non creo que sexas ti. Que fas aquí? 327 00:24:38,978 --> 00:24:45,443 Serache unha coincidencia, talvez o destino, pero estás aquí. 328 00:24:45,944 --> 00:24:50,156 Pode que non volva verte, así que teño que dicircho en persoa. 329 00:24:51,574 --> 00:24:57,288 Antes de vir á KISS, pensaba que o sabía todo sobre o amor, 330 00:24:58,998 --> 00:25:01,501 pero despois coñecinte a ti. 331 00:25:02,794 --> 00:25:03,753 Yuri! 332 00:25:06,130 --> 00:25:07,799 Juliana! 333 00:25:08,841 --> 00:25:10,301 Aquí estás. 334 00:25:19,561 --> 00:25:21,271 Boteite de menos. 335 00:25:21,938 --> 00:25:22,814 Ceo santo. 336 00:25:25,608 --> 00:25:27,318 Kitty estaba xusto aquí. 337 00:25:27,318 --> 00:25:29,862 Estaba, si. Vina. Marchou. 338 00:25:30,572 --> 00:25:34,784 - Quería que vos coñecerades. - Yuri, non volvín para coñecer a Kitty. 339 00:25:35,285 --> 00:25:37,287 - Volvín por ti. - Seino. 340 00:25:37,287 --> 00:25:39,998 Levo meses esperando este momento. 341 00:25:39,998 --> 00:25:42,417 Non creo que por fin esteas aquí. 342 00:25:43,459 --> 00:25:46,296 Iso si, teño que chamar a miña nai. 343 00:25:46,796 --> 00:25:47,839 Non tardo nada. 344 00:25:56,848 --> 00:26:00,393 Mamá. Si. Juliana xa chegou. 345 00:26:01,394 --> 00:26:02,854 Vai todo ben, agás... 346 00:26:03,646 --> 00:26:05,773 Non creo que debas expulsar a Kitty. 347 00:26:07,233 --> 00:26:09,193 Ou tamén vas expulsar os rapaces? 348 00:26:09,777 --> 00:26:12,947 Está claro que o meu paso pola KISS non foi como agardaba. 349 00:26:12,947 --> 00:26:14,449 Foi moito máis. 350 00:26:15,241 --> 00:26:17,035 Fixen moitos amigos novos. 351 00:26:18,119 --> 00:26:20,663 Amigos que sei que serán para toda a vida. 352 00:26:21,331 --> 00:26:24,542 Aprendín, medrei, madurei. 353 00:26:25,126 --> 00:26:26,836 O meu mundo aumentou moito. 354 00:26:28,087 --> 00:26:30,757 Grazas a ti. E grazas a Simon. 355 00:26:32,300 --> 00:26:33,259 Simon? 356 00:26:34,260 --> 00:26:35,386 Quen é Simon? 357 00:26:36,262 --> 00:26:37,930 Entón tiña eu razón. 358 00:26:37,930 --> 00:26:40,808 Mamá tivo un primeiro amor que non foi papá? 359 00:26:48,733 --> 00:26:51,444 - E ti que fas aquí? - Neste avión? 360 00:26:53,196 --> 00:26:54,530 Ou en clase turista? 361 00:26:55,865 --> 00:26:56,949 Nas dúas. 362 00:26:57,450 --> 00:27:00,620 Vou neste avión porque vou ver a miña nai ós Ánxeles. 363 00:27:01,162 --> 00:27:03,665 Vou en clase turista porque... 364 00:27:06,125 --> 00:27:08,127 pensei que che viría ben un amigo. 365 00:27:10,421 --> 00:27:13,424 E eu que pensaba que ata che daba igual despedirte. 366 00:27:14,550 --> 00:27:15,927 Quen dixo o contrario? 367 00:27:22,600 --> 00:27:24,560 Arranxaches as cousas con Dae? 368 00:27:25,895 --> 00:27:26,729 Arranxei. 369 00:27:29,399 --> 00:27:32,568 Arranxamos as cousas, pero tamén rompemos. 370 00:27:35,363 --> 00:27:36,197 Estou ben. 371 00:27:38,533 --> 00:27:41,661 En fin, só eramos amigos por correspondencia. 372 00:27:47,625 --> 00:27:50,545 Sempre me vai importar, pero era o momento. 373 00:27:54,632 --> 00:27:55,466 Era? 374 00:27:57,135 --> 00:27:57,969 Era. 375 00:28:03,182 --> 00:28:05,059 Kitty, teño que che dicir algo. 376 00:28:05,059 --> 00:28:08,980 Que por fin teño os poros mellor porque che roubei a crema? 377 00:28:08,980 --> 00:28:09,897 Kitty. 378 00:28:12,900 --> 00:28:14,610 Creo que namorei de ti. 379 00:28:17,905 --> 00:28:19,115 Un chisco. 380 00:28:20,825 --> 00:28:21,659 Ou... 381 00:28:22,910 --> 00:28:23,786 moito. 382 00:28:34,672 --> 00:28:36,507 Por favor, abrochen os cintos. 383 00:28:37,258 --> 00:28:39,385 Estamos case listos para a engalaxe. 384 00:29:35,900 --> 00:29:38,736 Subtítulos: Abraham Díaz López