1 00:00:12,679 --> 00:00:15,265 É de tolos pensar canto pode cambiar nun ano. 2 00:00:17,058 --> 00:00:20,478 Cando cheguei á KISS nunca me sentira tan fóra de lugar. 3 00:00:21,229 --> 00:00:23,398 Case marcho a primeira noite. 4 00:00:24,649 --> 00:00:28,444 Pero non tardei en sentirme neste lugar coma na miña propia casa. 5 00:00:28,445 --> 00:00:30,654 Os amigos convertéronse en familia 6 00:00:30,655 --> 00:00:33,992 e logo, incriblemente, atopei a miña familia de verdade. 7 00:00:34,951 --> 00:00:38,579 Agora que case rematei a bolsa e estou a piques de volver á casa 8 00:00:38,580 --> 00:00:41,040 quédame unha última cousa por facer. 9 00:00:41,041 --> 00:00:42,709 Para ti. 10 00:00:43,209 --> 00:00:44,918 Un latte de abelá. 11 00:00:44,919 --> 00:00:45,962 Grazas. 12 00:00:46,463 --> 00:00:47,672 Creo que é ela. 13 00:00:50,925 --> 00:00:53,010 Por favor, dime que tes boas novas! 14 00:00:53,011 --> 00:00:54,471 A halmoni dixo que si! 15 00:00:56,973 --> 00:00:58,891 - Esa é Jiwon? - Ai, si, perdoa. 16 00:00:58,892 --> 00:01:00,476 A nosa curmá, Jiwon! 17 00:01:00,477 --> 00:01:01,560 Ola, Margot! 18 00:01:01,561 --> 00:01:03,562 Daquela coñecerémonos en persoa? 19 00:01:03,563 --> 00:01:05,230 Si, morro coas ganas! 20 00:01:05,231 --> 00:01:08,108 Que loucura. Como convenciches a halmoni? 21 00:01:08,109 --> 00:01:10,486 Pois foiche cousa do halaboji. 22 00:01:10,487 --> 00:01:14,698 Díxolle que pensaría ela se as súas netas rifasen durante tanto tempo. 23 00:01:14,699 --> 00:01:17,659 E lembroulle que tamén era o que quería a súa filla. 24 00:01:17,660 --> 00:01:21,663 Díxome que adiante, pero en dúas semanas comezo o traballo novo, 25 00:01:21,664 --> 00:01:23,582 así que me poño xa a buscar voos. 26 00:01:23,583 --> 00:01:26,210 - Moi ben! Xenial, quérote! - Deica. 27 00:01:26,211 --> 00:01:27,295 - Deica. - Quérote. 28 00:01:28,338 --> 00:01:31,382 Kitty! Vas ter o final feliz que querías na KISS. 29 00:01:39,849 --> 00:01:42,769 Sempre pensei que había algo entre vós. 30 00:01:43,394 --> 00:01:46,439 Para nada, está superfeliz con Stella. 31 00:01:47,315 --> 00:01:49,359 Kitty, somos familia. 32 00:01:50,443 --> 00:01:51,778 Podes contarme a verdade. 33 00:01:53,780 --> 00:01:56,449 Verás, ultimamente, tiven certos... 34 00:01:57,826 --> 00:01:58,743 sentimentos. 35 00:01:59,244 --> 00:02:01,830 Pero non importa. Xa é moi tarde. 36 00:02:02,455 --> 00:02:03,497 Estás segura? 37 00:02:03,498 --> 00:02:07,752 Porque eu diría o mesmo da xuntanza das nosas avoas. 38 00:02:08,461 --> 00:02:10,379 Non creo que vaia pasar de verdade. 39 00:02:10,380 --> 00:02:11,339 Seino! 40 00:02:16,803 --> 00:02:17,761 En serio? 41 00:02:17,762 --> 00:02:20,055 Jin quere volver ver The Gilded Age. 42 00:02:20,056 --> 00:02:22,099 E que? Pensei que che encantaba. 43 00:02:22,100 --> 00:02:23,183 Encántame. 44 00:02:23,184 --> 00:02:25,435 É Downton Abbey con sombreiros máis raros. 45 00:02:25,436 --> 00:02:29,148 Pero preocúpame que Jin se deprima agora que non pode correr, 46 00:02:29,149 --> 00:02:31,233 e por iso fai maratóns de series. 47 00:02:31,234 --> 00:02:34,820 E por riba chéganme correos das mellores universidades. 48 00:02:34,821 --> 00:02:37,906 Convidáronme ó programa de verán da de California. 49 00:02:37,907 --> 00:02:38,991 - Que? - Que? 50 00:02:38,992 --> 00:02:41,243 Impresionante. Parabéns! 51 00:02:41,244 --> 00:02:42,161 Grazas. 52 00:02:42,162 --> 00:02:43,203 Incrible, Q! 53 00:02:43,204 --> 00:02:44,538 Xa o sei, 54 00:02:44,539 --> 00:02:47,749 pero preocúpame que Jin se sinta peor aínda por iso. 55 00:02:47,750 --> 00:02:50,419 Non tal, vaise alegrar por ti. Adórate. 56 00:02:50,420 --> 00:02:53,131 - Certo. - A ver, é que son adorable. 57 00:02:57,594 --> 00:03:00,762 Veña, vexo que morres por dicir algo. Sóltao. 58 00:03:00,763 --> 00:03:01,889 Tan obvio é? 59 00:03:01,890 --> 00:03:03,057 - É. - Pois... 60 00:03:05,894 --> 00:03:08,021 - Ola, rapaces, xusto a tempo. - Ola. 61 00:03:08,980 --> 00:03:10,439 A nova é 62 00:03:10,440 --> 00:03:12,649 que a miña halmoni quere ver a irmá. 63 00:03:12,650 --> 00:03:15,153 Margot está mercando billetes agora mesmiño. 64 00:03:15,737 --> 00:03:17,238 Covey, que boa nova. 65 00:03:20,700 --> 00:03:23,036 Vaia beizón. Estarás moi emocionada. 66 00:03:24,078 --> 00:03:25,538 Si, grazas, Stella. 67 00:03:26,497 --> 00:03:27,999 Min Ho, cambia de camisa. 68 00:03:28,583 --> 00:03:30,418 Imos cear con seu pai. 69 00:03:31,628 --> 00:03:32,836 Imos, si. 70 00:03:32,837 --> 00:03:34,214 Mañá hai espectáculo. 71 00:03:35,256 --> 00:03:36,382 Véxovos despois? 72 00:03:37,342 --> 00:03:38,218 Claro. 73 00:03:42,847 --> 00:03:44,640 Esta nin sacou os zapatos. 74 00:03:44,641 --> 00:03:47,100 E Min Ho non colleu a súa auga de coláxeno, 75 00:03:47,101 --> 00:03:49,019 senón unha bebida enerxética. 76 00:03:49,020 --> 00:03:50,687 E non é por cebarme, 77 00:03:50,688 --> 00:03:54,691 pero ten a pel coma Edward Cullen, e non o digo para ben. 78 00:03:54,692 --> 00:03:55,817 Aquí pasa algo. 79 00:03:55,818 --> 00:03:57,152 Cres que Stella... 80 00:03:57,153 --> 00:03:59,614 Non. Equivoqueime con ela. Lembras? 81 00:04:09,707 --> 00:04:11,334 A ver, que nos parece? 82 00:04:11,834 --> 00:04:16,589 Isto diche "merezo totalmente que me perdoes e me queiras para sempre"? 83 00:04:19,509 --> 00:04:21,510 - É miña nai. - Non llo colles? 84 00:04:21,511 --> 00:04:25,389 Non, ha ser para falar outra vez do Dario ese. 85 00:04:25,390 --> 00:04:27,600 Un terapeuta de masaxes co que sae. 86 00:04:29,727 --> 00:04:31,019 - Desculpa? - Si? 87 00:04:31,020 --> 00:04:33,689 Lévoo todo dende aquí ata aquí. 88 00:04:33,690 --> 00:04:36,526 E tamén o que teño posto. 89 00:04:40,530 --> 00:04:41,364 É meu pai. 90 00:04:42,198 --> 00:04:44,825 Está moi rosmón polo concerto desta noite. 91 00:04:44,826 --> 00:04:46,326 Estará doído. 92 00:04:46,327 --> 00:04:48,745 Tanto rapaz vivindo o seu soño pop 93 00:04:48,746 --> 00:04:51,748 lémbralle que nunca triunfou como estrela do rock. 94 00:04:51,749 --> 00:04:55,377 Por iso non deixa de tocar temas tristes na guitarra. 95 00:04:55,378 --> 00:04:56,379 Mi madriña! 96 00:04:57,755 --> 00:05:01,216 A Juliana gústalle a miña historia no Insta. 97 00:05:01,217 --> 00:05:04,429 Creo que está lista para volver comigo. 98 00:05:06,889 --> 00:05:10,559 Que? Tivemos un bo momento no baile a semana pasada, vale? 99 00:05:10,560 --> 00:05:13,271 Señorita? Rexeitáronlle a tarxeta. 100 00:05:14,272 --> 00:05:17,859 Miña nai cancélame as tarxetas para facerse notar. 101 00:05:18,401 --> 00:05:20,403 Podes reservarme a roupa? 102 00:05:21,154 --> 00:05:21,988 Claro, señorita. 103 00:05:22,572 --> 00:05:25,033 Voume cambiar. Non falta nada para o concerto. 104 00:05:43,092 --> 00:05:44,718 Lin a túa mensaxe. Que foi? 105 00:05:44,719 --> 00:05:48,680 É por Stella. Vai competir esta noite e Min Ho axúdalle. 106 00:05:48,681 --> 00:05:50,349 Que? Imposible. 107 00:05:50,350 --> 00:05:52,726 Pois chegou de última ó ensaio técnico 108 00:05:52,727 --> 00:05:55,354 e Moon dixo que era a súa historia de superación. 109 00:05:55,355 --> 00:05:59,816 De aí o comportamento raro, as bebidas enerxéticas e a pel apagada. 110 00:05:59,817 --> 00:06:01,401 Non é culpa de Min Ho. 111 00:06:01,402 --> 00:06:03,528 Que dis? Min Ho sempre o soubo. 112 00:06:03,529 --> 00:06:05,155 Como puido facernos isto? 113 00:06:05,156 --> 00:06:09,243 Stella finxiu saír con el dentro do seu plan para acabar con Moon. 114 00:06:10,078 --> 00:06:12,079 Como? Que me estás contando? 115 00:06:12,080 --> 00:06:14,289 Debeulle tender algunha trampa. 116 00:06:14,290 --> 00:06:16,583 Pois daquela hai que axudarlle. 117 00:06:16,584 --> 00:06:20,630 Ti prepárate para o espectáculo. Coidado con Stella. Encárgome eu. 118 00:06:27,637 --> 00:06:28,720 Ei! 119 00:06:28,721 --> 00:06:30,305 Kitty, que fas aquí? 120 00:06:30,306 --> 00:06:32,391 Que pasa contigo? 121 00:06:32,392 --> 00:06:35,103 Stella tendeuche unha trampa, non? 122 00:06:38,356 --> 00:06:40,565 Tiñas razón. É unha psicópata de manual. 123 00:06:40,566 --> 00:06:43,193 Descubriu que Joon Ho embarazou a unha bailarina 124 00:06:43,194 --> 00:06:47,906 e ameazou con dicirllo á prensa se non gaña este concurso. 125 00:06:47,907 --> 00:06:50,326 Mi ma, dez puntos para Slytherin. 126 00:06:50,993 --> 00:06:52,495 E que pensa teu pai? 127 00:06:54,497 --> 00:06:56,540 Non llo dixeches. Min Ho! 128 00:06:56,541 --> 00:06:58,875 E como queres que llo conte? 129 00:06:58,876 --> 00:07:01,753 "Ola, papá. Que ben que por fin gañei o teu respecto, 130 00:07:01,754 --> 00:07:05,048 pero sabes esa moza que che dixen que debía gañar o concurso? 131 00:07:05,049 --> 00:07:08,427 Chantaxeounos e planea acabar con todo o teu imperio. 132 00:07:08,428 --> 00:07:10,179 Só iso, grazas, deica!" 133 00:07:10,805 --> 00:07:12,723 Sei que teño que dicirllo, pero... 134 00:07:14,058 --> 00:07:15,267 Síntome patético. 135 00:07:15,268 --> 00:07:18,895 Nada disto é culpa túa, pero non podes deixarlle que gañe. 136 00:07:18,896 --> 00:07:22,483 Imaxina que che faría a ti ou á túa familia se se volve famosa. 137 00:07:22,984 --> 00:07:24,234 Síntome coma un idiota. 138 00:07:24,235 --> 00:07:26,112 Ei, mírame. 139 00:07:27,321 --> 00:07:30,198 Non me dá medo unha rariña que vai de inocente. 140 00:07:30,199 --> 00:07:31,992 Se se mete cos meus amigos, 141 00:07:31,993 --> 00:07:36,413 rebéntolle a cabeza á pendanga esa antes de que bote outra bendición. 142 00:07:36,414 --> 00:07:38,665 Ceo santo, Covey, reláxate. 143 00:07:38,666 --> 00:07:39,625 Vamos. 144 00:07:44,046 --> 00:07:45,505 Goce do espectáculo. 145 00:07:45,506 --> 00:07:48,133 Grazas por vir. 146 00:07:48,134 --> 00:07:51,012 É unha honra contar coa presenza da xunta escolar. 147 00:07:52,096 --> 00:07:56,350 Pero a beleza está no interior! 148 00:07:58,394 --> 00:08:00,520 Stella foi a de MoonLeaks? 149 00:08:00,521 --> 00:08:02,355 Como non mo dixeches antes? 150 00:08:02,356 --> 00:08:03,983 Stella ocultouche micros. 151 00:08:04,734 --> 00:08:08,945 Descubriu que Joon Ho deixou embarazada esa bailarina que buscaba cartos 152 00:08:08,946 --> 00:08:11,740 e ameazou con contalo se non gañaba. 153 00:08:11,741 --> 00:08:15,118 Por última vez, Eunji non busca cartos. 154 00:08:15,119 --> 00:08:16,786 Joon Ho, non empeces. 155 00:08:16,787 --> 00:08:18,623 Xa cho dixen. Quéroa. 156 00:08:19,624 --> 00:08:20,582 E quero casar. 157 00:08:20,583 --> 00:08:23,001 - Non, para. - Como que a queres? 158 00:08:23,002 --> 00:08:24,211 E ti quen es? 159 00:08:24,212 --> 00:08:25,962 Kitty Song Covey. 160 00:08:25,963 --> 00:08:28,591 - Tes unha pel que dá gusto vela. - Seino. 161 00:08:29,592 --> 00:08:31,843 E a túa carreira? As fans? 162 00:08:31,844 --> 00:08:35,013 Vas abandonar todo polo que traballamos? 163 00:08:35,014 --> 00:08:39,142 Non estar con Eunji? Non estar na vida do meu fillo? 164 00:08:39,143 --> 00:08:41,062 Iso si que sería un erro. 165 00:08:42,021 --> 00:08:45,483 E penso que se alguén o entende, deberías ser ti. 166 00:08:46,442 --> 00:08:47,318 Non si, papá? 167 00:08:48,069 --> 00:08:49,529 Ou mellor halaboji? 168 00:08:50,446 --> 00:08:53,241 Dixéchesme que querías ser un mellor pai. 169 00:08:55,117 --> 00:08:56,077 Demóstrao. 170 00:09:04,210 --> 00:09:05,086 Tes razón. 171 00:09:05,628 --> 00:09:08,922 E claro que te apoiarei se é o que queres. 172 00:09:08,923 --> 00:09:12,300 Ademais pode ser o mellor xeito de saír desta lea. 173 00:09:12,301 --> 00:09:15,054 Joon Ho, escoita. Teño unha idea. 174 00:09:15,972 --> 00:09:19,642 Todo o mundo listo para apuntar á lúa esta noite? 175 00:09:32,989 --> 00:09:34,949 Boa noite, Seúl! 176 00:09:43,833 --> 00:09:46,459 Primeiro Eunice, logo Andre, Sophie e Dae. 177 00:09:46,460 --> 00:09:47,878 Ola. Aquí tes. 178 00:09:48,588 --> 00:09:50,422 Outra bebida para ti. 179 00:09:50,423 --> 00:09:52,925 Ei, non te esquezas de respirar. 180 00:09:53,926 --> 00:09:54,801 Xa. 181 00:09:54,802 --> 00:09:56,928 Rapaces, hai que hidratarse. 182 00:09:56,929 --> 00:09:59,222 Grazas. Trouxéchelas ti? 183 00:09:59,223 --> 00:10:00,390 Pois claro. 184 00:10:00,391 --> 00:10:02,892 - Estás lindísima hoxe. - Grazas. 185 00:10:02,893 --> 00:10:05,313 Encántame esa cor. Semella... 186 00:10:06,897 --> 00:10:07,731 Perdoa. 187 00:10:07,732 --> 00:10:08,941 A ti que che pasa? 188 00:10:09,900 --> 00:10:13,278 Douvos a benvida ó Concurso de Novos Talentos de Moon, 189 00:10:13,279 --> 00:10:17,575 que contará cunha visita especial do fillo favorito de Corea. 190 00:10:21,454 --> 00:10:24,748 Pero antes veredes como os mellores alumnos 191 00:10:24,749 --> 00:10:27,042 do meu Programa de Artes Moon 192 00:10:27,043 --> 00:10:30,128 apuntan á lúa e... 193 00:10:30,129 --> 00:10:33,132 Aterran nas estrelas! 194 00:10:34,842 --> 00:10:36,886 Eunice, tócache. Veña. 195 00:10:37,511 --> 00:10:39,597 - Moita merda, Eunice. - Grazas. 196 00:10:42,558 --> 00:10:44,142 Dae, temos que vestirte. 197 00:10:44,143 --> 00:10:46,561 Damas e cabaleiros, Eunice Kang! 198 00:10:46,562 --> 00:10:47,813 Toma, hidrátate. 199 00:10:48,356 --> 00:10:49,273 Grazas. 200 00:11:00,076 --> 00:11:01,869 Ai, Deus, rompeulle o tacón? 201 00:11:02,703 --> 00:11:04,246 Segue adiante. 202 00:11:11,837 --> 00:11:13,339 Foi cousa de Stella. 203 00:11:14,382 --> 00:11:15,674 Está a sabotala. 204 00:11:15,675 --> 00:11:17,634 Quere acabar coa competencia. 205 00:11:17,635 --> 00:11:20,304 Onde vai Dae? Sae en 15 minutos. 206 00:11:21,055 --> 00:11:22,515 Que pasa aquí? 207 00:11:23,724 --> 00:11:26,768 Vaia cagada! Tódolos bailaríns están mal do estómago. 208 00:11:26,769 --> 00:11:29,646 E Stella estragoulle a música e as visuais. 209 00:11:29,647 --> 00:11:31,816 A ver, tranquilos. Superarémolo. 210 00:11:52,753 --> 00:11:55,714 Este é o plan. Sabotaron a música e as visuais de Dae. 211 00:11:55,715 --> 00:11:58,717 Min Ho, accederás ó sistema de son e arranxaralo. 212 00:11:58,718 --> 00:12:01,511 O resto seremos o equipo de baile de Dae. 213 00:12:01,512 --> 00:12:03,054 Todos o vimos ensaiar... 214 00:12:03,055 --> 00:12:04,014 Conta comigo. 215 00:12:04,515 --> 00:12:06,516 - Non deixaremos a Dae colgado. - E comigo. 216 00:12:06,517 --> 00:12:08,643 E comigo. 217 00:12:08,644 --> 00:12:10,312 De que falas? 218 00:12:14,108 --> 00:12:15,651 Perdón, que pasa aquí? 219 00:12:16,318 --> 00:12:18,612 - Teño que contarche algo. - Señorita Covey. 220 00:12:20,030 --> 00:12:23,491 Para que o saiba, notificarlle ó seu director, e cito, 221 00:12:23,492 --> 00:12:26,119 "que mova o cu" para vela urxentemente 222 00:12:26,120 --> 00:12:27,203 non é apropiado. 223 00:12:27,204 --> 00:12:32,959 Síntoo, pero fáltanos a música de Dae e precisamos o seu abraiante guitarreo. 224 00:12:32,960 --> 00:12:35,378 Que absurdo. Diante da xunta escolar? 225 00:12:35,379 --> 00:12:37,630 Por favor, Dae faino pola familia. 226 00:12:37,631 --> 00:12:40,718 Papá, a música sempre foi o teu soño. 227 00:12:42,094 --> 00:12:44,638 Tes que saír aí e evitar este desastre. 228 00:12:51,812 --> 00:12:53,062 Iso foi un si! 229 00:12:53,063 --> 00:12:55,064 Veña, equipo, a darlle duro! 230 00:12:55,065 --> 00:12:57,151 - Veña, vamos. - Moi ben. 231 00:12:57,943 --> 00:12:58,944 Estás curado. 232 00:12:59,612 --> 00:13:01,070 Estabas a finxir. 233 00:13:01,071 --> 00:13:02,906 Queres que sexa sincero? 234 00:13:02,907 --> 00:13:06,868 Cando deixei de ter celos de ti sentinme bastante liberado. 235 00:13:06,869 --> 00:13:11,414 Por primeira vez na vida como o que quero, non me ergo ás catro da mañá 236 00:13:11,415 --> 00:13:14,459 e fago maratóns de The Gilded Age cun mozo guapísimo. 237 00:13:14,460 --> 00:13:17,378 Creo que quero deixar o atletismo para sempre. 238 00:13:17,379 --> 00:13:19,298 Atopar outra paixón. 239 00:13:20,132 --> 00:13:21,966 Pero non quería dicircho porque... 240 00:13:21,967 --> 00:13:26,263 Porque toda a nosa relación se basea na competición e no deporte. 241 00:13:26,972 --> 00:13:30,684 Se imos ser sinceros, eu tamén teño algo que che contar. 242 00:13:31,727 --> 00:13:33,979 Queren que vaia adestrar coa uni de California. 243 00:13:34,563 --> 00:13:37,149 Impresionante! Estou moi orgulloso de ti. 244 00:13:38,484 --> 00:13:39,818 Veña, hai que arrasar. 245 00:13:39,819 --> 00:13:40,777 Vamos. 246 00:13:40,778 --> 00:13:44,782 E agora, o seguinte concursante, Dae Kim! 247 00:14:36,792 --> 00:14:38,210 Que che parece? 248 00:14:38,878 --> 00:14:39,794 Que raios... 249 00:14:39,795 --> 00:14:40,920 Non o sabías? 250 00:14:40,921 --> 00:14:43,549 Puxéronse malos tódolos bailaríns de Dae. 251 00:14:52,141 --> 00:14:54,809 Sacaríano desta, pero agora tócame a min 252 00:14:54,810 --> 00:14:56,687 e penso deixalos coa boca aberta. 253 00:15:22,755 --> 00:15:24,173 Alucinante! 254 00:15:34,600 --> 00:15:35,725 Velaí a tedes. 255 00:15:35,726 --> 00:15:37,852 Stella, cancelouse a túa actuación. 256 00:15:37,853 --> 00:15:40,063 Non, é o meu momento! 257 00:15:40,064 --> 00:15:40,981 Xa non. 258 00:15:42,399 --> 00:15:46,570 Damas e cabaleiros, o voso fillo favorito, Joon Ho! 259 00:15:54,745 --> 00:15:58,456 Como non actúe, penso destruírche a familia. 260 00:15:58,457 --> 00:16:01,167 Esta noite gustaríame anunciar algo. 261 00:16:01,168 --> 00:16:04,337 Quero presentarvos a alguén moi especial na miña vida. 262 00:16:04,338 --> 00:16:07,424 Eunji, queres subir, por favor? 263 00:16:12,388 --> 00:16:14,974 Os meus fans sempre foron a miña familia, 264 00:16:15,641 --> 00:16:19,103 pero agora estou listo para ser pai... 265 00:16:21,689 --> 00:16:24,441 E espero que un bo marido. 266 00:16:25,567 --> 00:16:26,527 Eunji... 267 00:16:29,905 --> 00:16:31,073 queres casar comigo? 268 00:16:34,535 --> 00:16:35,369 Si, quero. 269 00:16:37,913 --> 00:16:39,915 Quedaches sen chantaxe, nena. 270 00:17:05,899 --> 00:17:07,401 FILLO FAVORITO 271 00:17:10,112 --> 00:17:12,740 Papi di que son o número un. 272 00:17:14,158 --> 00:17:17,161 O premio gordo. O único. 273 00:17:18,912 --> 00:17:22,916 Son o fillo favorito, o número un. 274 00:17:26,587 --> 00:17:29,381 Voute mandar dereitiña a Ohio. 275 00:17:30,924 --> 00:17:33,009 Pero tamén quero que saibas 276 00:17:33,010 --> 00:17:35,721 que che pido perdón por ser cruel contigo. 277 00:17:36,430 --> 00:17:38,848 Fixen cousas das que non estou orgulloso. 278 00:17:38,849 --> 00:17:41,476 Quero pensar que agora son mellor persoa. 279 00:17:41,477 --> 00:17:44,313 Sei que o máis importante é a miña familia. 280 00:17:45,105 --> 00:17:48,733 Espero que na casa teñas xente á que lle importes deste xeito. 281 00:17:48,734 --> 00:17:50,444 Vanche facer falla. 282 00:17:54,323 --> 00:17:55,699 Perdoa por mentirche. 283 00:17:56,992 --> 00:17:58,577 Nada disto foi auténtico? 284 00:18:02,706 --> 00:18:03,624 Non. 285 00:18:05,209 --> 00:18:06,210 Ó principio non. 286 00:18:06,835 --> 00:18:10,589 Pero logo vin que eras diferente ó que esperaba. 287 00:18:11,131 --> 00:18:12,007 Gustábasme. 288 00:18:13,383 --> 00:18:14,259 De verdade. 289 00:18:15,803 --> 00:18:16,804 Só que... 290 00:18:19,223 --> 00:18:21,809 Ben vía que o teu corazón non era só para min. 291 00:18:32,820 --> 00:18:34,195 Parabéns, irmán. 292 00:18:34,196 --> 00:18:35,238 Grazas. 293 00:18:35,239 --> 00:18:39,368 Sei que non fun o mellor irmán, pero quero que as cousas cambien. 294 00:18:41,620 --> 00:18:43,622 Estaría ben, si. 295 00:18:47,000 --> 00:18:48,585 Os meus fillos favoritos. 296 00:18:49,169 --> 00:18:51,379 "Fillos" favoritos. Por fin. 297 00:18:51,380 --> 00:18:52,965 Parabéns. 298 00:19:00,514 --> 00:19:03,349 Dos cinco incribles concursantes, 299 00:19:03,350 --> 00:19:08,313 todos foron eliminados agás Dae e Eunice. 300 00:19:09,565 --> 00:19:11,859 Puxéronllelo complicado ós xuíces, 301 00:19:12,568 --> 00:19:14,027 mais temos un veredicto. 302 00:19:16,655 --> 00:19:18,448 A vitoria é para... 303 00:19:23,954 --> 00:19:24,830 Eunice Kang! 304 00:19:26,498 --> 00:19:28,332 Mi madriña! 305 00:19:28,333 --> 00:19:29,667 Grazas! 306 00:19:29,668 --> 00:19:31,961 Este verán, Eunice actuará con Joon Ho 307 00:19:31,962 --> 00:19:34,589 na súa xira mundial "Sugar Daddy". 308 00:19:34,590 --> 00:19:36,633 Parabéns. Merécelo. 309 00:19:40,512 --> 00:19:42,264 Moitísimas grazas! 310 00:19:42,973 --> 00:19:44,349 Grazas! 311 00:19:45,100 --> 00:19:49,771 Grazas! Moitísimas grazas! 312 00:19:52,858 --> 00:19:53,942 Intentámolo. 313 00:19:56,320 --> 00:19:58,238 Grazas por seres tan boa amiga. 314 00:19:59,031 --> 00:20:00,908 - Podes contar con todos nós. - Xa. 315 00:20:01,783 --> 00:20:02,618 Jules. 316 00:20:03,702 --> 00:20:04,869 Ola. 317 00:20:04,870 --> 00:20:07,788 Sinto que Dae non gañara, pero estiveches brillante. 318 00:20:07,789 --> 00:20:08,998 Ti cres? 319 00:20:08,999 --> 00:20:11,209 - Creo. - Queres unhas clases? 320 00:20:11,210 --> 00:20:13,212 Claro. Que tal esta noite? 321 00:20:14,129 --> 00:20:16,298 Yuri! Yuri, agarda. 322 00:20:19,343 --> 00:20:20,302 Síntoo. 323 00:20:21,011 --> 00:20:24,806 Praveena e eu comezamos a falar a noite do baile e... 324 00:20:28,518 --> 00:20:29,561 Debín dicircho. 325 00:20:30,646 --> 00:20:32,481 Aínda significas moito para min. 326 00:20:32,981 --> 00:20:34,942 Espero que poidamos ser amigas. 327 00:20:40,197 --> 00:20:41,281 Encantaríame. 328 00:20:47,663 --> 00:20:48,497 Dae! 329 00:20:51,833 --> 00:20:54,211 Estou moi orgulloso de ti. 330 00:20:55,712 --> 00:20:57,965 Quería gañar. Fannos falla os cartos. 331 00:20:58,799 --> 00:20:59,841 A dicir verdade, 332 00:21:01,093 --> 00:21:04,346 non sabía como ía saír todo así que non cho contei, 333 00:21:04,888 --> 00:21:06,389 pero chamoume un avogado. 334 00:21:06,390 --> 00:21:09,141 Vai haber unha demanda colectiva contra o Grupo Han. 335 00:21:09,142 --> 00:21:11,353 A partir de agora iranos ben. 336 00:21:11,853 --> 00:21:12,854 Non te preocupes. 337 00:21:21,738 --> 00:21:23,114 Yuri, síntoo. 338 00:21:23,115 --> 00:21:25,284 Pensei que volvería quererme. 339 00:21:26,743 --> 00:21:28,119 - E agora sae... - Espera. 340 00:21:28,120 --> 00:21:29,997 Jina non falou contigo? 341 00:21:31,623 --> 00:21:32,791 Por? Que pasou? 342 00:21:34,376 --> 00:21:37,420 As túas tarxetas estaban canceladas por algo. 343 00:21:37,421 --> 00:21:42,259 Conxelaron os activos de teu pai tras unha demanda colectiva. 344 00:21:47,973 --> 00:21:49,933 Daquela quedei sen un peso. 345 00:21:54,521 --> 00:21:58,317 Calquera outra persoa pasaría de min, pero ti déchelo todo. 346 00:22:02,404 --> 00:22:03,280 Ai, non. 347 00:22:04,406 --> 00:22:05,239 Que foi? 348 00:22:05,240 --> 00:22:09,410 Margot e a halmoni viñan reunirse con Soon Ja, pero cancelaron o voo. 349 00:22:09,411 --> 00:22:12,413 Margot ten que marchar ó traballo novo en Escocia... 350 00:22:12,414 --> 00:22:15,374 - Covey! Reláxate. - Como vou relaxarme? 351 00:22:15,375 --> 00:22:18,961 Pensando que o pai de alguén que coñeces ten avión privado. 352 00:22:18,962 --> 00:22:20,088 Falas en serio? 353 00:22:36,646 --> 00:22:39,107 Déixame ver como o arranxo. 354 00:22:39,733 --> 00:22:40,692 Xenial. 355 00:22:50,327 --> 00:22:52,621 Halmoni, ti tranquila. 356 00:22:59,753 --> 00:23:02,297 Ai, Deus santo. 357 00:23:05,634 --> 00:23:06,635 Irmá? 358 00:23:16,728 --> 00:23:18,230 Levo 50 anos... 359 00:23:20,565 --> 00:23:23,527 pensando que che diría ó volver verte. 360 00:23:24,528 --> 00:23:25,695 Porén, 361 00:23:26,405 --> 00:23:28,573 agora que por fin te vexo... 362 00:23:30,575 --> 00:23:32,911 o meu corazón quedou sen palabras. 363 00:23:34,913 --> 00:23:36,832 Síntoo moitísimo. 364 00:23:41,128 --> 00:23:43,130 Irmá, irmá. 365 00:23:48,468 --> 00:23:49,553 Irmá. 366 00:23:51,430 --> 00:23:53,390 Ven comigo. Ven. 367 00:24:16,997 --> 00:24:19,875 Queremos celebrar un rito jesa para Eve. 368 00:24:20,750 --> 00:24:24,754 Arrepíntome moito de non facelo cando morreu. 369 00:24:26,548 --> 00:24:30,510 Irmá, eu quería darche isto. 370 00:24:31,761 --> 00:24:32,762 Grazas. 371 00:24:50,572 --> 00:24:51,697 E todo grazas a ti. 372 00:24:51,698 --> 00:24:54,034 Sei o importantes que son as irmás. 373 00:24:55,577 --> 00:24:58,830 Disque son a que sae a mamá, pero eu creo que es ti. 374 00:24:59,706 --> 00:25:01,082 Unes a xente. 375 00:25:02,125 --> 00:25:03,627 Deberías estar orgullosa. 376 00:25:05,003 --> 00:25:09,215 Cando cheguei a Corea, só quería coñecer mellor a mamá. 377 00:25:09,216 --> 00:25:12,219 Pero ó final acabei por coñecerme a min mesma. 378 00:25:14,387 --> 00:25:18,850 Este lugar pasou a formar parte tanto de min como dela. 379 00:25:19,976 --> 00:25:23,980 Agora que cheguei a este punto o que menos me apetece é marchar. 380 00:25:24,606 --> 00:25:26,024 Ó mellor non tes por que. 381 00:25:28,235 --> 00:25:32,405 - É un pracer coñecela! - Vide, que vos convido a un té. 382 00:25:35,575 --> 00:25:38,954 Sabía que quedar na KISS non sería tan doado como dicía Margot, 383 00:25:39,621 --> 00:25:42,498 pero a pesar de todo o que cambiei este semestre, 384 00:25:42,499 --> 00:25:46,627 sigo a ser a rapaza que o dá todo para conseguir o que quere. 385 00:25:46,628 --> 00:25:49,213 Así que nada máis rematar os exames... 386 00:25:49,214 --> 00:25:50,882 Teño boas novas. 387 00:25:51,424 --> 00:25:54,510 Os doadores recobraron o seu interese tralo concerto. 388 00:25:54,511 --> 00:25:57,639 Concedémoslle a renovación da súa bolsa Herdanza. 389 00:25:58,139 --> 00:26:02,519 - Ata o vindeiro curso, señorita Covey. - Mi ma, grazas! Podo abrazalo? 390 00:26:04,813 --> 00:26:06,648 Non lle van as apertas, xa. 391 00:26:07,274 --> 00:26:08,275 E chocar a man? 392 00:26:11,486 --> 00:26:12,612 Confórmome. 393 00:26:14,364 --> 00:26:15,240 E que? 394 00:26:15,949 --> 00:26:18,075 Contácheslle a Min Ho que quedas? 395 00:26:18,076 --> 00:26:19,243 Aínda non. 396 00:26:19,244 --> 00:26:21,787 A ver, non me vaias de flipada. 397 00:26:21,788 --> 00:26:24,707 Prestoulle un avión a túa avoa e túa irmá. 398 00:26:24,708 --> 00:26:27,002 E ti salvácheslle a familia. 399 00:26:27,877 --> 00:26:30,629 Está claro que algo épico tedes. 400 00:26:30,630 --> 00:26:32,674 Épico éche moito dicir. 401 00:26:36,261 --> 00:26:38,054 O que sei é que estou... 402 00:26:39,931 --> 00:26:41,182 cagadiña de medo. 403 00:26:42,601 --> 00:26:44,893 E se xa non sente o mesmo? 404 00:26:44,894 --> 00:26:46,688 Stella deixouno fatal. 405 00:26:50,734 --> 00:26:51,776 Non é... 406 00:26:53,194 --> 00:26:54,404 complicado de máis? 407 00:26:56,698 --> 00:26:58,950 Creo que só ti sabes a resposta. 408 00:27:00,869 --> 00:27:03,622 Pero se queres dicirlle algo, 409 00:27:04,956 --> 00:27:07,541 sei que lle deu por pasear onda a escultura 410 00:27:07,542 --> 00:27:09,502 a esta mesma hora tódolos días. 411 00:27:13,048 --> 00:27:14,299 Daquela é verdade. 412 00:27:15,550 --> 00:27:17,176 Covey, que fas ti aquí? 413 00:27:17,177 --> 00:27:19,554 Q díxome que agora paseas por aquí. 414 00:27:21,306 --> 00:27:24,100 Só quero despexar a mente antes de marchar. 415 00:27:24,934 --> 00:27:26,353 Marchar? A onde? 416 00:27:27,937 --> 00:27:32,567 Marcho esta noite con Joon Ho e meu pai para facer esa gran xira do verán. 417 00:27:33,401 --> 00:27:36,403 Vaia! Iso Q non mo contou. 418 00:27:36,404 --> 00:27:39,114 Foi unha decisión de última hora. 419 00:27:39,115 --> 00:27:44,119 Creo que o merezo para esquecerme de Stella. 420 00:27:44,120 --> 00:27:47,832 Non quero máis relacións. Pasábao mellor de flor en flor. 421 00:27:48,541 --> 00:27:51,211 Espera, e ti para que me buscabas? 422 00:27:53,505 --> 00:27:54,381 Pois verás... 423 00:27:56,591 --> 00:27:58,009 Só quería dicirche que... 424 00:28:04,057 --> 00:28:05,641 O curso que vén vou volver. 425 00:28:05,642 --> 00:28:07,519 Xenial, Covey. 426 00:28:18,029 --> 00:28:20,280 O coche está a piques de chegar. 427 00:28:20,281 --> 00:28:21,658 Teño que ir indo. 428 00:28:23,451 --> 00:28:24,494 Boa viaxe. 429 00:28:24,994 --> 00:28:25,995 Grazas. 430 00:28:27,414 --> 00:28:28,415 Ata o curso que vén. 431 00:28:29,749 --> 00:28:30,583 Claro. 432 00:28:57,318 --> 00:28:58,820 Non é o noso momento. 433 00:29:01,072 --> 00:29:01,990 Non aínda. 434 00:29:05,535 --> 00:29:06,994 Ou talvez... 435 00:29:06,995 --> 00:29:07,912 Agarda! 436 00:29:13,710 --> 00:29:14,753 Podo ir contigo? 437 00:30:28,910 --> 00:30:31,830 Subtítulos: Abraham Díaz López