1 00:00:14,431 --> 00:00:16,432 Hai tres meses que marchei de Corea 2 00:00:16,433 --> 00:00:19,476 e pasei o mellor verán da miña vida en Nova York con… 3 00:00:19,477 --> 00:00:22,229 Kitty, queda raro. 4 00:00:22,230 --> 00:00:25,024 Posas aí toda intensa, introspectiva. 5 00:00:25,025 --> 00:00:26,484 Saca a foto e cala, LJ. 6 00:00:27,068 --> 00:00:30,279 - Vou afogar co vapor dos sumidoiros. - Tranquila. 7 00:00:30,280 --> 00:00:33,574 Si, xusto así, que natural. 8 00:00:33,575 --> 00:00:35,118 Así, coma se nada. 9 00:00:35,744 --> 00:00:37,077 Vaia! 10 00:00:37,078 --> 00:00:39,914 Irradias espontaneidade, miña nena. 11 00:00:42,292 --> 00:00:44,460 A ver como quedou a publicación. 12 00:00:44,461 --> 00:00:46,170 Quieta aí. E esa man? 13 00:00:46,171 --> 00:00:49,048 Coñeciches unha rapaza no brunch e non mo contaches? 14 00:00:49,049 --> 00:00:51,634 Ha ser a miña outra man. 15 00:00:53,303 --> 00:00:54,721 Mi madriña, Kitty. 16 00:00:55,263 --> 00:00:58,140 - Queres poñer celoso a Min Ho. - Non. 17 00:00:58,141 --> 00:00:59,976 Claro que si! 18 00:01:01,186 --> 00:01:02,770 Xa lle viches o Insta. 19 00:01:02,771 --> 00:01:05,397 Cada noite de festa nunha cidade distinta. 20 00:01:05,398 --> 00:01:06,607 E case non falamos. 21 00:01:06,608 --> 00:01:10,319 Quero que vexa que o meu verán é tan incrible coma o seu. 22 00:01:10,320 --> 00:01:13,155 Mesmo se o pasaches secándome as bágoas? 23 00:01:13,156 --> 00:01:15,700 Se miña irmá me necesita, aí quero estar. 24 00:01:16,534 --> 00:01:19,703 Vas arranxar as cousas con Peter, seino. 25 00:01:19,704 --> 00:01:20,705 Pode ser. 26 00:01:21,372 --> 00:01:24,751 Non sei. As nosas vidas non son compatibles agora mesmo. 27 00:01:25,502 --> 00:01:27,294 El traballa en California, 28 00:01:27,295 --> 00:01:30,631 pero tódalas editoriais están aquí en Nova York. 29 00:01:30,632 --> 00:01:34,635 Por sorte para ti, cando publiques o libro escribirás onde queiras. 30 00:01:34,636 --> 00:01:36,888 Con tres capítulos xa me tes enganchada. 31 00:01:37,514 --> 00:01:39,890 - Kitty! - Se non queres que o lean, 32 00:01:39,891 --> 00:01:42,601 non o deixes a simple vista nun caixón pechado. 33 00:01:42,602 --> 00:01:45,854 E tiña que comprobar se de verdade es boa escritora 34 00:01:45,855 --> 00:01:48,398 para axudarme coa admisión da NYU. 35 00:01:48,399 --> 00:01:50,734 Díxenche que che ía gustar a NYU. 36 00:01:50,735 --> 00:01:52,194 Tiñas razón. 37 00:01:52,195 --> 00:01:55,364 Igual que teño razón eu co de Peter. 38 00:01:55,365 --> 00:01:58,992 Se entro na NYU e vós volvedes e decidides vivir xuntos, 39 00:01:58,993 --> 00:02:01,495 podo vir cear tódolos domingos á noite. 40 00:02:01,496 --> 00:02:02,330 Ti tranquila. 41 00:02:03,748 --> 00:02:05,916 De 0 a 10, canto me botarás de menos? 42 00:02:05,917 --> 00:02:08,502 Vou gozar de volver ter espazo persoal. 43 00:02:08,503 --> 00:02:10,379 Se sempre estás con agarimos! 44 00:02:10,380 --> 00:02:12,548 Estiráchesme os zapatos con esas gadoupas. 45 00:02:12,549 --> 00:02:13,924 Só calzo media talla máis. 46 00:02:13,925 --> 00:02:16,219 Talla e media como mínimo. 47 00:02:20,348 --> 00:02:22,892 Voute botar de menos un 12, Kitty. 48 00:02:23,393 --> 00:02:26,728 Verte vivir tantas cousas novas 49 00:02:26,729 --> 00:02:29,690 e ir descubrindo onde queres ir á uni… 50 00:02:29,691 --> 00:02:33,444 En fin, é xusto o que precisaba este corazón. 51 00:02:33,945 --> 00:02:36,446 E pase o que pase con Min Ho, 52 00:02:36,447 --> 00:02:41,077 é importante que lle dediques tempo a descubrir quen es ti. 53 00:02:44,205 --> 00:02:45,790 Aproveita o último curso. 54 00:02:46,374 --> 00:02:47,375 Aproveitareino. 55 00:02:48,668 --> 00:02:50,253 Último curso. Incrible. 56 00:02:50,962 --> 00:02:54,256 Quero facer tantas cousas antes de marchar da KISS… 57 00:02:54,257 --> 00:02:57,259 Seino. Por iso che teño un agasallo de despedida. 58 00:02:57,260 --> 00:02:59,679 - Encántanme os agasallos! - Claro! 59 00:03:03,892 --> 00:03:06,644 {\an8}Non te arrepintas de nada, lémbrao todo. 60 00:03:09,189 --> 00:03:10,648 Grazas, irmá. 61 00:03:19,908 --> 00:03:22,409 A @THEREALM!NHO GUSTOULLE A PUBLICACIÓN 62 00:03:22,410 --> 00:03:23,578 E non lle ía gustar! 63 00:03:32,670 --> 00:03:35,631 LJ ten razón, teño que aproveitar cada momento. 64 00:03:35,632 --> 00:03:38,550 Farei unha lista do solpor do último ano. 65 00:03:38,551 --> 00:03:42,846 En Portland, a tradición do último ano é ver o amencer do primeiro día 66 00:03:42,847 --> 00:03:45,682 e xuntarse para o último solpor antes da graduación. 67 00:03:45,683 --> 00:03:49,561 A lista do solpor é o que queres facer antes de que remate o ano. 68 00:03:49,562 --> 00:03:50,646 Encántame! 69 00:03:50,647 --> 00:03:52,856 E que tes, amais do amencer de mañá? 70 00:03:52,857 --> 00:03:54,149 Está en progreso. 71 00:03:54,150 --> 00:03:56,860 Pero quero decidir en que uni matricularme, 72 00:03:56,861 --> 00:03:59,154 pasar un Chuseok coa miña familia coreana. 73 00:03:59,155 --> 00:04:00,948 Xa dicía eu se non saïamos nós. 74 00:04:00,949 --> 00:04:04,159 E quero ter unha conversa con Soon Ja só en coreano. 75 00:04:04,160 --> 00:04:06,161 Merda, Soon Ja non. A imo-halmoni. 76 00:04:06,162 --> 00:04:08,413 - Iso. - Non chamamos os maiores polo nome. 77 00:04:08,414 --> 00:04:12,501 A min podes chamarme Jiwon, agás durante as clases. 78 00:04:12,502 --> 00:04:16,338 Non creo que vaias ser profe aquí. E a encargada da resi! 79 00:04:16,339 --> 00:04:18,091 Iso convérteme nunha nepocurmá? 80 00:04:19,300 --> 00:04:20,301 Que graciosa. 81 00:04:21,261 --> 00:04:24,347 Kitty, é patético que estea nerviosa? 82 00:04:25,306 --> 00:04:27,891 Non sei, é que sempre vivín coa halmoni. 83 00:04:27,892 --> 00:04:29,226 Telo controlado. 84 00:04:29,227 --> 00:04:30,687 E tesme a min de apoio. 85 00:04:33,106 --> 00:04:34,690 Grazas, Kitty. 86 00:04:34,691 --> 00:04:37,317 É bo saber que nos apoiamos. 87 00:04:37,318 --> 00:04:40,153 Vou revisar o temario outra vez. Vémonos logo? 88 00:04:40,154 --> 00:04:43,448 Annyeonghee-gah-seh-yo! Espera, non! Annyeonghee-geh-seh-yo. 89 00:04:43,449 --> 00:04:46,077 Dixéchelo ben á primeira. Actualízame co da lista. 90 00:04:46,661 --> 00:04:48,621 O que me leva… 91 00:04:54,585 --> 00:04:57,171 ó tema máis urxente da lista: 92 00:04:57,755 --> 00:05:01,842 abandonar este limbo amoroso e definir a relación. 93 00:05:01,843 --> 00:05:05,263 E asinala con outro bico digno de película. 94 00:05:09,767 --> 00:05:10,684 Ola, Covey. 95 00:05:10,685 --> 00:05:14,104 Xa cría que non volveriamos compartir fuso horario. 96 00:05:14,105 --> 00:05:15,815 Eu aínda non o creo. 97 00:05:19,777 --> 00:05:21,988 Devezo por saber como che foi o verán. 98 00:05:22,572 --> 00:05:24,699 E eu devezo por contarcho. 99 00:05:32,332 --> 00:05:34,458 - Vaia pallaso… - Meu? 100 00:05:34,459 --> 00:05:36,044 Como esquecer esa moto! 101 00:05:39,672 --> 00:05:40,673 Marius! 102 00:05:41,341 --> 00:05:44,760 Non sei quen é este, pero estragounos o momento. 103 00:05:44,761 --> 00:05:47,346 Xa chegas así de dramático? 104 00:05:47,347 --> 00:05:50,516 Adoro as entradas ó grande, xa o sabes. 105 00:05:51,351 --> 00:05:52,560 Ola! 106 00:05:53,061 --> 00:05:54,603 Marius, preséntoche a Kitty. 107 00:05:54,604 --> 00:05:57,356 - Ola. - A ex de Dae. A estadounidense. 108 00:05:57,357 --> 00:05:59,816 Faciades videochamadas durante horas. 109 00:05:59,817 --> 00:06:02,444 E mudácheste aquí. A Acosadora de Seattle. 110 00:06:02,445 --> 00:06:04,154 A Acosadora de Portland. 111 00:06:04,155 --> 00:06:05,948 Pero ninguén me chama así. 112 00:06:06,449 --> 00:06:07,366 Xa non. 113 00:06:07,367 --> 00:06:11,162 Un pracer coñecer a rapaza que causou tal impresión entre os meus amigos. 114 00:06:12,038 --> 00:06:14,331 - Kitty e eu iamos… - Morro de ganas 115 00:06:14,332 --> 00:06:17,876 de reunir os Catro Xinetes. É o último ano, meu. 116 00:06:17,877 --> 00:06:21,755 E agora estou solteiro. Que trema Seúl! 117 00:06:21,756 --> 00:06:25,467 Pero teño que ducharme. Ábresme o cuarto, tío. Si? 118 00:06:25,468 --> 00:06:26,635 Por favor? Grazas. 119 00:06:26,636 --> 00:06:28,303 Si, claro. 120 00:06:28,304 --> 00:06:29,180 Úneste? 121 00:06:32,141 --> 00:06:33,517 Señorita Covey! 122 00:06:33,518 --> 00:06:34,976 Que ten que facer unha 123 00:06:34,977 --> 00:06:38,606 para ter un momentiño romántico sen que a interrompan? 124 00:06:39,315 --> 00:06:41,066 Ola, alédome moito de… 125 00:06:41,067 --> 00:06:43,527 Seguimos sen dar apertas. Entendido. 126 00:06:43,528 --> 00:06:47,406 Grazas por aceptarme, profesor. Estou emocionada co último ano. 127 00:06:47,407 --> 00:06:50,534 - Teño moitos plans. - Como centrarse nos estudos, espero. 128 00:06:50,535 --> 00:06:53,703 Para estar no último curso, fáltalle moitísimo nivel. 129 00:06:53,704 --> 00:06:55,789 Que? Se nin comezaron as clases. 130 00:06:55,790 --> 00:06:58,500 Como estudante de intercambio tiña menos esixencias. 131 00:06:58,501 --> 00:07:02,463 Agora tamén terá que cumprir os nosos requisitos de graduación. 132 00:07:03,339 --> 00:07:06,426 Pero voume graduar, non? 133 00:07:07,552 --> 00:07:11,012 Aínda pode poñerse ó día se recupera algunhas clases, 134 00:07:11,013 --> 00:07:13,223 como a optativa de cultura coreana. 135 00:07:13,224 --> 00:07:15,851 A matrícula ábrese á medianoite. Un consello? 136 00:07:15,852 --> 00:07:17,145 Apure. 137 00:07:17,937 --> 00:07:19,564 As doadas énchense axiña. 138 00:07:23,151 --> 00:07:28,864 Bicáchela e logo pasaches o verán rodeado de belezas? 139 00:07:28,865 --> 00:07:30,323 Foi complicado. 140 00:07:30,324 --> 00:07:33,410 Perdemos o trato con Yisoo e agora vou sempre tras de Eunice. 141 00:07:33,411 --> 00:07:36,955 E Kitty pasou todo o verán publicando fotos en Nova York. 142 00:07:36,956 --> 00:07:38,165 Con mozos e mozas. 143 00:07:38,166 --> 00:07:40,709 Pois a min paréceme que estás libre. 144 00:07:40,710 --> 00:07:44,045 É que tecnicamente Kitty e mais eu aínda non… 145 00:07:44,046 --> 00:07:44,964 Marius. 146 00:07:45,590 --> 00:07:47,175 Que pasa! Ese Dae! 147 00:07:51,679 --> 00:07:52,638 Que ledicia verte. 148 00:07:56,017 --> 00:07:57,018 - Marius. - Q! 149 00:08:00,396 --> 00:08:01,480 Véxote ben. 150 00:08:01,481 --> 00:08:04,650 O mesmo digo. Estiveches indo ó ximnasio? 151 00:08:05,318 --> 00:08:07,152 Os adestradores da USC son duros. 152 00:08:07,153 --> 00:08:10,364 Mellor me será irme afacendo antes do primeiro ano. 153 00:08:10,948 --> 00:08:12,991 - É oficial? - Si, aceptáronme! 154 00:08:12,992 --> 00:08:14,117 Vou ser un troiano! 155 00:08:14,118 --> 00:08:15,119 Hai que loitar! 156 00:08:16,037 --> 00:08:17,162 - Parabéns! - Grazas! 157 00:08:17,163 --> 00:08:19,581 - Xenial, colega. - Mira para nós. 158 00:08:19,582 --> 00:08:22,042 A banda está de volta, tíos. 159 00:08:22,043 --> 00:08:23,293 Que máis perdín? 160 00:08:23,294 --> 00:08:27,757 Polo de agora vin que Min Ho está totalmente comprometido… 161 00:08:28,382 --> 00:08:29,258 co seu traballo. 162 00:08:30,760 --> 00:08:32,261 Que gracioso. 163 00:08:33,054 --> 00:08:35,223 - Que bo. - E o resto? 164 00:08:36,224 --> 00:08:38,725 Eu saio con Jin, estamos moi contentos. 165 00:08:38,726 --> 00:08:40,436 Non estiven máis feliz na vida. 166 00:08:41,020 --> 00:08:46,275 Xenial. Teño ganas de coñecer o novo mozo do meu compañeiro de cuarto. 167 00:08:46,859 --> 00:08:50,028 Xa falei con Dae e vou compartir cuarto con el. 168 00:08:50,029 --> 00:08:51,947 Non te preocupes por iso. 169 00:08:51,948 --> 00:08:56,535 Paso o día de malas se non durmo ben. Necesito a ventá do oeste. 170 00:08:56,536 --> 00:08:57,620 Sen problema. 171 00:09:00,206 --> 00:09:02,999 Hai que pasalo ben esta noite. Que pensastes? 172 00:09:03,000 --> 00:09:04,209 Eu teño unha idea. 173 00:09:04,210 --> 00:09:07,713 Poderiamos ver o amencer antes de arrincar o último curso. 174 00:09:11,801 --> 00:09:14,971 Sabes que? Sería marabilloso, Covey. 175 00:09:18,057 --> 00:09:21,685 Xa, pero se queremos comezar ben o ano, 176 00:09:21,686 --> 00:09:25,439 o mellor será apropiarnos da sala sénior e montar un festón. 177 00:09:26,107 --> 00:09:29,234 É a festa de benvida da facultade. 178 00:09:29,235 --> 00:09:30,944 Tódolos profesores… 179 00:09:30,945 --> 00:09:33,447 Estarán na outra punta do campus. 180 00:09:35,324 --> 00:09:38,995 Ti si que montas festa, bro! 181 00:09:42,456 --> 00:09:45,417 Soa case perfecto. 182 00:09:45,418 --> 00:09:47,085 Dixen "case". 183 00:09:47,086 --> 00:09:49,963 Pero tamén iremos ver o amencer, claro. 184 00:09:49,964 --> 00:09:52,383 Si, pode ser. A ver… 185 00:09:53,175 --> 00:09:57,388 Eu non vos son moito de madrugar, pero xa iremos vendo. 186 00:10:07,189 --> 00:10:12,110 - Kitty, vas rebentar a pantalla. - Invito a todos ó amencer do último ano. 187 00:10:12,111 --> 00:10:15,363 A Marius parécelle parvo o plan? El si que é parvo. 188 00:10:15,364 --> 00:10:16,990 Como me chafa así o plan? 189 00:10:16,991 --> 00:10:19,451 Con Marius todo é Marius. 190 00:10:19,452 --> 00:10:22,746 Daríame igual, pero Min Ho tamén está a todo dar con el. 191 00:10:22,747 --> 00:10:25,290 Pensei que quería definir a relación 192 00:10:25,291 --> 00:10:28,501 e agora está en plan: "Ti si que montas festa, bro!" 193 00:10:28,502 --> 00:10:31,338 Mira, a Marius acábaslle por coller o gusto. 194 00:10:31,339 --> 00:10:33,798 Non é que eu o probase. Nada diso. Que? 195 00:10:33,799 --> 00:10:35,176 Conta, conta. 196 00:10:37,720 --> 00:10:38,804 Vale. 197 00:10:39,889 --> 00:10:44,434 Marius e eu enleámonos en segredo durante o segundo curso… 198 00:10:44,435 --> 00:10:46,102 cando el tiña moza. 199 00:10:46,103 --> 00:10:48,146 Seino. Non estou orgulloso. 200 00:10:48,147 --> 00:10:49,856 E Jin non sabe nada. 201 00:10:49,857 --> 00:10:54,027 E os dous estamos moi ben dende que me foi visitar ós Ánxeles. 202 00:10:54,028 --> 00:10:56,905 - Non digas nada, porfa. - Non direi nada, 203 00:10:56,906 --> 00:10:59,282 pero non podes vivir con este tipo. 204 00:10:59,283 --> 00:11:01,243 Non cedas, que cambie de cuarto. 205 00:11:02,453 --> 00:11:03,495 Iso farei. 206 00:11:03,496 --> 00:11:07,041 Ben. Eu tampouco cederei e conseguirei o meu demo de amencer. 207 00:11:09,168 --> 00:11:11,711 YURI: NON PODO IR Ó AMENCER. XA CHE CONTAREI. 208 00:11:11,712 --> 00:11:13,130 Como é posible? 209 00:11:13,964 --> 00:11:17,259 Non vas volver á KISS no noso último curso? 210 00:11:18,636 --> 00:11:20,470 Kitty, intenteino. Vale? 211 00:11:20,471 --> 00:11:23,474 Miña nai e eu apenas podemos pagar o piso. 212 00:11:24,058 --> 00:11:27,519 Atopou uns cinco millóns de wons que agochara meu pai 213 00:11:27,520 --> 00:11:31,273 e a matrícula son 20 millóns. Tócame ir á pública. 214 00:11:34,443 --> 00:11:36,487 E se vendemos algunha cousa? 215 00:11:37,279 --> 00:11:38,114 A miña roupa? 216 00:11:40,533 --> 00:11:41,742 Non! 217 00:11:42,243 --> 00:11:44,786 É o que me queda da miña vida de antes. 218 00:11:44,787 --> 00:11:47,747 Non é verdade. Tesme a min e ás túas amigas. 219 00:11:47,748 --> 00:11:49,833 Só é roupa. Que máis che ten? 220 00:11:49,834 --> 00:11:51,836 Pero ti coñécesme o máis mínimo? 221 00:11:52,336 --> 00:11:55,130 Yisoo, Valentino, Chanel? 222 00:11:55,131 --> 00:11:58,675 Se o vendemos, conseguimos os 15 millóns que che faltan. 223 00:11:58,676 --> 00:12:02,429 Podes pagar este semestre e ata volver á residencia. 224 00:12:02,430 --> 00:12:04,223 Teño unha cama libre. 225 00:12:04,807 --> 00:12:08,769 Non. Aínda que quixese vender a roupa, que non quero… 226 00:12:09,520 --> 00:12:12,105 tería que pagar a matrícula antes de mañá 227 00:12:12,106 --> 00:12:15,191 e tardariamos horas en anunciar todo isto en liña. 228 00:12:15,192 --> 00:12:19,195 Marius, o amigo insoportable de Min Ho, celebra unha festa esta noite. 229 00:12:19,196 --> 00:12:21,823 Monta unhas festas lendarias! 230 00:12:21,824 --> 00:12:24,451 O que ti digas. O tema é montar a feira de Yuri. 231 00:12:24,452 --> 00:12:26,746 Publicámolo en Insta e virán todos. 232 00:12:27,329 --> 00:12:30,624 Yuri, ti elixes: ou as amigas ou a roupa. 233 00:12:34,170 --> 00:12:36,756 Imos adiante. Vai ser un éxito. 234 00:12:43,596 --> 00:12:44,930 Temos que falar. 235 00:12:46,891 --> 00:12:48,641 Cambia de cuarto con Dae. 236 00:12:48,642 --> 00:12:50,852 Xa sabía eu que ías ir por aí. 237 00:12:50,853 --> 00:12:53,104 Podes dicirmo directamente. 238 00:12:53,105 --> 00:12:56,525 Somos amigos. Ou iso pensaba eu. 239 00:12:57,401 --> 00:12:58,402 Tes razón. 240 00:12:59,570 --> 00:13:01,322 Podes cambiar de cuarto con Dae? 241 00:13:02,323 --> 00:13:03,574 Tan difícil foi? 242 00:13:05,826 --> 00:13:08,662 Pero non. Prefiro vivir contigo. 243 00:13:09,497 --> 00:13:12,750 Creo que tiñamos algo moi especial, non cres? 244 00:13:14,460 --> 00:13:16,629 Xa vexo. Jin é celoso? 245 00:13:17,713 --> 00:13:19,422 Non tería por que. 246 00:13:19,423 --> 00:13:20,841 Cal é o problema logo? 247 00:13:33,562 --> 00:13:34,563 Moi ben. 248 00:13:38,901 --> 00:13:40,694 Kitty! Agarda! 249 00:13:41,487 --> 00:13:42,446 Axúdoche. 250 00:13:44,657 --> 00:13:46,950 De cintura para arriba non tes forza. 251 00:13:46,951 --> 00:13:49,662 - Non abres nin os tarros. - Que cabaleiroso. 252 00:13:51,914 --> 00:13:54,415 Polo que vin en Instagram, 253 00:13:54,416 --> 00:13:57,877 pasaches un verán xenial en Manhattan. 254 00:13:57,878 --> 00:13:59,087 Pasei, si. 255 00:13:59,088 --> 00:14:01,798 E ti tamén de festa polo mundo adiante. 256 00:14:01,799 --> 00:14:03,800 Si, pero era por traballo. 257 00:14:03,801 --> 00:14:05,803 Pois collícheslle o tranganillo. 258 00:14:06,679 --> 00:14:11,099 Pero agora que volvemos, temos que centrarnos noutras cousas. 259 00:14:11,100 --> 00:14:12,308 Que me vas contar. 260 00:14:12,309 --> 00:14:14,645 Á parte de lidar con Eunice, teño que estudar. 261 00:14:16,188 --> 00:14:17,189 Xa. 262 00:14:17,982 --> 00:14:20,525 Polo menos vas camiño de graduarte. 263 00:14:20,526 --> 00:14:23,528 Sabías que hai unha optativa de cultura coreana? 264 00:14:23,529 --> 00:14:25,990 Si. De onde pensas que sae o "K" de KISS? 265 00:14:26,824 --> 00:14:28,992 É un requisito básico. 266 00:14:28,993 --> 00:14:31,536 Elixe Medios Coreanos. Só é ver pelis. 267 00:14:31,537 --> 00:14:34,247 Marius e eu démola o primeiro ano. Aproba ata un parvo. 268 00:14:34,248 --> 00:14:36,124 Daquela pégalle a el. 269 00:14:36,125 --> 00:14:38,334 Dálle tempo. Acabarache caendo ben. 270 00:14:38,335 --> 00:14:40,337 Si, coma unha patada no cu. 271 00:14:41,297 --> 00:14:42,422 SALA SÉNIOR 272 00:14:42,423 --> 00:14:43,716 CAFETERÍA KISS 273 00:14:47,386 --> 00:14:48,344 Non. 274 00:14:48,345 --> 00:14:52,974 Traga! Traga! Traga! 275 00:14:52,975 --> 00:14:54,268 MAPA SÉNIOR DA KISS 276 00:14:59,899 --> 00:15:01,483 Dálle aí, meu! 277 00:15:06,155 --> 00:15:08,031 Encántanme os postos de roupa. 278 00:15:08,032 --> 00:15:10,825 E este ten a mellor de Yuri. 279 00:15:10,826 --> 00:15:15,246 Esta noite temos que sacar cartos para que Yuri estude e viva connosco. 280 00:15:15,247 --> 00:15:17,790 Dis que viva connosco, en plan connosco? 281 00:15:17,791 --> 00:15:19,542 Si. Paréceche ben? 282 00:15:19,543 --> 00:15:23,379 Pero só se sacamos cartos dabondo. Imos pola metade. 283 00:15:23,380 --> 00:15:25,966 - Teño desconto de amiga e familia? - Non. 284 00:15:28,427 --> 00:15:30,845 Sinto que teñas que recorrer a isto. 285 00:15:30,846 --> 00:15:31,763 Non pasa nada. 286 00:15:31,764 --> 00:15:33,891 Só son cousas. 287 00:15:35,351 --> 00:15:36,851 Cando pides polas botas? 288 00:15:36,852 --> 00:15:40,689 Nin de broma. Non teñen prezo. Non están á venda. 289 00:15:43,734 --> 00:15:45,443 Só cousas, non? 290 00:15:45,444 --> 00:15:47,780 Son un modelo vintage de Yisoo. 291 00:15:48,656 --> 00:15:52,368 Sobrevivín grazas a elas o ano pasado cando mandaron a Juliana fóra. 292 00:15:53,702 --> 00:15:56,997 Min Ho, ven tomar o noso famoso chopo flamexado. 293 00:15:57,498 --> 00:16:00,917 Esta noite non bebo. Teño que ir ver o amencer. 294 00:16:00,918 --> 00:16:04,588 Un chopo tampouco te vai matar, home. 295 00:16:05,089 --> 00:16:07,715 Non podo. Paso. Pero grazas. 296 00:16:07,716 --> 00:16:09,884 Chopo, chopo, chopo! 297 00:16:09,885 --> 00:16:10,843 Non! 298 00:16:10,844 --> 00:16:14,639 Chopo, chopo, chopo! 299 00:16:14,640 --> 00:16:15,891 - Veña logo. - Si! 300 00:16:29,196 --> 00:16:31,907 Por que están todos obsesionados co tipo este? 301 00:16:34,243 --> 00:16:37,162 - Falaches do cuarto coa patada no cu? - Falei. 302 00:16:38,455 --> 00:16:39,789 Intenteino, vale? 303 00:16:39,790 --> 00:16:42,334 Pero púxose todo sedutor e… estaba mollado. 304 00:16:43,335 --> 00:16:44,460 Tanto ten. 305 00:16:44,461 --> 00:16:47,797 Non pasa nada. Montar un espectáculo só chamará a atención 306 00:16:47,798 --> 00:16:50,008 e non quero que Jin saiba do noso. 307 00:16:50,009 --> 00:16:53,803 Jin quérete, Q. Cóntallo. Non deixes que este abusón te manipule. 308 00:16:53,804 --> 00:16:56,181 - Gáñalle a Marius coas súas armas. - Tes razón. 309 00:16:57,641 --> 00:16:59,475 - É que… - Son o mellor, meu! 310 00:16:59,476 --> 00:17:01,352 …é a miña debilidade. 311 00:17:01,353 --> 00:17:04,356 - Pero a miña non. - Kitty. 312 00:17:07,443 --> 00:17:09,152 Nunca perdo! A quen lle toca? 313 00:17:09,153 --> 00:17:10,237 A min. 314 00:17:10,904 --> 00:17:12,989 Kathy, ti xogas ó beer pong? 315 00:17:12,990 --> 00:17:15,533 Xogo. Queres facelo máis interesante? 316 00:17:15,534 --> 00:17:19,413 Se che gaño, mudas de cuarto e deixas a Q tranquilo dunha vez. 317 00:17:22,875 --> 00:17:23,876 Podemos falar? 318 00:17:24,376 --> 00:17:25,961 Si, claro. 319 00:17:30,090 --> 00:17:33,885 Non sabía que che importaba tanto onde dorme Q. 320 00:17:33,886 --> 00:17:37,556 Ben. E se gaño eu, cancélase o amencer do último ano. 321 00:17:39,933 --> 00:17:42,269 Trato feito. Colócaas ti. 322 00:17:51,361 --> 00:17:52,779 Mira, eu… 323 00:17:52,780 --> 00:17:54,031 Non sei. É que… 324 00:17:54,740 --> 00:17:57,283 Creo que é mellor que o saibas. 325 00:17:57,284 --> 00:18:02,039 Marius e eu tivemos algo. Perdoa por non contarcho antes. 326 00:18:02,539 --> 00:18:06,502 Enténdoo. Marius é moi intenso, pero véxolle o atractivo. 327 00:18:07,002 --> 00:18:08,628 - É cousa do pasado? - Abofé. 328 00:18:08,629 --> 00:18:10,881 Estou contigo. Só te quero a ti. 329 00:18:31,860 --> 00:18:32,986 Veña. 330 00:19:10,858 --> 00:19:12,151 Tócache, Kathy! 331 00:19:13,068 --> 00:19:14,361 Chámome Kitty. 332 00:19:24,580 --> 00:19:26,789 Aínda me faltan 500 000! 333 00:19:26,790 --> 00:19:28,458 Encántame esta canción! 334 00:19:33,881 --> 00:19:35,464 - Oe, Madison. - Que? 335 00:19:35,465 --> 00:19:36,633 Queres as botas? 336 00:19:37,718 --> 00:19:39,177 As que non tiñan prezo? 337 00:19:39,178 --> 00:19:40,721 Son túas… 338 00:19:42,055 --> 00:19:42,972 por 600 000. 339 00:19:42,973 --> 00:19:44,266 Douche 500 000. 340 00:19:45,517 --> 00:19:46,351 Váleme. 341 00:19:55,194 --> 00:19:56,028 Si! 342 00:20:18,884 --> 00:20:20,760 É a túa, Kitty. 343 00:20:20,761 --> 00:20:23,180 O último ano depende disto. 344 00:20:25,557 --> 00:20:26,767 - Kitty! - Merda. 345 00:20:29,811 --> 00:20:30,937 Ben xogado, Kathy. 346 00:20:30,938 --> 00:20:33,148 Cancelouse o amencer do último ano. 347 00:20:35,901 --> 00:20:37,569 Que ganas de durmir toda a mañá. 348 00:20:41,907 --> 00:20:43,407 Que raios é isto, Kitty? 349 00:20:43,408 --> 00:20:46,244 Vin o do posto de Yuri e decidín pasarme, 350 00:20:46,245 --> 00:20:49,163 pero non esperaba ver a menores bebendo no campus. 351 00:20:49,164 --> 00:20:51,707 É moi grave, vou ter que informar. 352 00:20:51,708 --> 00:20:54,502 Non, Jiwon. Suplícocho. Déboche a vida. 353 00:20:54,503 --> 00:20:57,296 Pídesme que poña o meu traballo en perigo. 354 00:20:57,297 --> 00:20:59,174 Non ías ser o meu apoio? 355 00:20:59,758 --> 00:21:02,427 Non. Tes razón. Perdoa. 356 00:21:08,475 --> 00:21:11,310 Douche cinco minutos antes de volver aquí con Lee, 357 00:21:11,311 --> 00:21:15,231 pero é a primeira e última vez que te libro dunha así. 358 00:21:15,232 --> 00:21:17,942 Non te tratarei mellor por ser da familia. Entendido? 359 00:21:17,943 --> 00:21:19,193 Entendido. 360 00:21:19,194 --> 00:21:20,279 Grazas. 361 00:21:23,907 --> 00:21:26,826 Vén o director Lee! Vannos pillar! 362 00:21:26,827 --> 00:21:28,536 Que? E ela que sabe? 363 00:21:28,537 --> 00:21:29,662 Hai que marchar! 364 00:21:29,663 --> 00:21:32,456 Miña curmá é mestra. Viu o da venda de roupa. 365 00:21:32,457 --> 00:21:33,874 E fúcheslle co conto. 366 00:21:33,875 --> 00:21:36,127 Está claro que foi casualidade. 367 00:21:36,128 --> 00:21:37,713 Só temos cinco minutos. 368 00:21:40,632 --> 00:21:42,134 RESIDENCIA LESTE CAMPUS DA KISS 369 00:21:44,803 --> 00:21:47,013 Kitty! A onde vas? 370 00:21:47,014 --> 00:21:49,432 Á cama. Foi un día de merda. 371 00:21:49,433 --> 00:21:50,434 Espera! 372 00:21:52,060 --> 00:21:53,729 A onde vas? Fala comigo. 373 00:21:54,688 --> 00:21:57,356 Volvín á KISS con ganas de aproveitar o ano. 374 00:21:57,357 --> 00:22:00,652 Fixen unha lista do que quero facer antes de que sexa tarde, 375 00:22:01,236 --> 00:22:04,363 pero nin empezaron as clases e xa saíu todo mal. 376 00:22:04,364 --> 00:22:06,490 Vou atrasada nas clases. Jiwon ódiame. 377 00:22:06,491 --> 00:22:09,827 Marius estame botando do grupo e arruinoume o amencer. 378 00:22:09,828 --> 00:22:12,121 - E ti… - Eu? Que pasa comigo? 379 00:22:12,122 --> 00:22:15,249 Para empezar, botaches o verán de festa con bandas de rapazas. 380 00:22:15,250 --> 00:22:17,835 Non vin que quedases na casa chorando por min. 381 00:22:17,836 --> 00:22:20,921 E agora que volvemos, só che interesa saír con Marius. 382 00:22:20,922 --> 00:22:22,340 Marius é un vello amigo. 383 00:22:22,341 --> 00:22:24,717 Estaba emocionado por volver. 384 00:22:24,718 --> 00:22:27,762 E eu tamén. É o noso último ano. 385 00:22:27,763 --> 00:22:30,557 Exacto! Xa comezou a conta atrás. 386 00:22:32,851 --> 00:22:34,144 Queres saber a verdade? 387 00:22:35,270 --> 00:22:39,231 Pasei o verán pensando unha e outra vez no bico da praia, 388 00:22:39,232 --> 00:22:42,694 soñando con ter outro bico de película contigo. 389 00:22:43,278 --> 00:22:46,197 Ata o puxen na miña estúpida lista do solpor. 390 00:22:46,198 --> 00:22:48,325 É o noso último ano xuntos, Min Ho. 391 00:22:49,076 --> 00:22:53,663 Estaba emocionada por pensar que ti e mais eu podiamos ter algo. 392 00:22:55,040 --> 00:22:56,458 Creo que me equivoquei. 393 00:22:58,085 --> 00:22:59,252 Con todo. 394 00:23:16,520 --> 00:23:19,438 Fixen unha lista de desexos para o último curso. 395 00:23:19,439 --> 00:23:22,608 Ata agora, só levei decepcións. 396 00:23:22,609 --> 00:23:27,238 E a maior é que por fin estou no mesmo fuso horario ca Min Ho, 397 00:23:27,239 --> 00:23:30,158 pero semella que nos separa un océano. 398 00:23:32,244 --> 00:23:33,620 A matrícula! 399 00:23:43,505 --> 00:23:45,424 Non. 400 00:23:46,425 --> 00:23:49,344 Non! Xa non quedan prazas? 401 00:23:50,095 --> 00:23:52,222 Só quedan en Literatura Coreana. 402 00:23:54,683 --> 00:23:56,852 As desgrazas nunca veñen soas. 403 00:24:08,238 --> 00:24:09,698 YURI: KITTY, ESTÁS ESPERTA? 404 00:24:17,456 --> 00:24:22,002 YURI: KITTY, ESTÁS ESPERTA? VÉMONOS NO TELLADO. BULE! 405 00:24:24,004 --> 00:24:27,006 Veña, Min Ho quere ensinarche algo. 406 00:24:27,007 --> 00:24:28,341 Que pasou? 407 00:24:30,594 --> 00:24:31,636 Ola! 408 00:24:32,429 --> 00:24:33,889 Non tiña nin idea? 409 00:24:44,024 --> 00:24:46,776 Organizou o meu amencer do último ano. 410 00:24:49,279 --> 00:24:50,988 Adiviña quen volve á KISS. 411 00:24:50,989 --> 00:24:52,699 - Non pode ser! - Pode! 412 00:24:54,326 --> 00:24:55,326 Moitas grazas. 413 00:24:55,327 --> 00:24:57,578 Non chegaría ó último ano sen ti. 414 00:24:57,579 --> 00:24:59,080 Juliana! Madison! 415 00:24:59,581 --> 00:25:01,791 Xa temos a nosa cuarta compañeira. 416 00:25:05,337 --> 00:25:07,380 Vas vivir coa túa ex? 417 00:25:08,131 --> 00:25:09,758 Non vai ser raro para nada. 418 00:25:13,637 --> 00:25:15,013 Tranquila. Estou ben. 419 00:25:16,306 --> 00:25:17,224 Yuri. 420 00:25:19,184 --> 00:25:20,434 Un agasallo de benvida. 421 00:25:20,435 --> 00:25:22,061 Merqueillas a Madison. 422 00:25:22,062 --> 00:25:25,565 Venderíamas polo dobre, pero sei o importantes que son para ti. 423 00:25:27,692 --> 00:25:29,360 Moitas grazas. 424 00:25:29,361 --> 00:25:32,030 O único que necesito son amigos coma ti e Kitty. 425 00:25:32,739 --> 00:25:34,950 - Grazas. - De nada. 426 00:25:37,035 --> 00:25:40,038 Véxote fresco para botares toda a noite esperto. 427 00:25:41,498 --> 00:25:42,874 Cambia o cuarto con Dae. 428 00:25:43,416 --> 00:25:45,000 Non cho volvo repetir. 429 00:25:45,001 --> 00:25:46,795 Vaia. Moi ben. 430 00:25:47,587 --> 00:25:49,630 Se non podes estar ó meu carón 431 00:25:49,631 --> 00:25:52,800 sen que se derrube a túa relación, cámbiome. 432 00:25:52,801 --> 00:25:54,678 Xa llo contei todo a Jin. 433 00:25:55,262 --> 00:25:56,595 Non hai problema. 434 00:25:56,596 --> 00:25:57,847 Xenial, Q. 435 00:25:59,599 --> 00:26:00,808 Que curioso. 436 00:26:00,809 --> 00:26:04,270 E como reaccionou a esa fotiño especial 437 00:26:04,271 --> 00:26:06,313 que me mandaches este verán? 438 00:26:06,314 --> 00:26:07,523 Sabes? A do… 439 00:26:07,524 --> 00:26:08,983 - Cala. - Ah. 440 00:26:08,984 --> 00:26:10,569 Todo non llo contaches. 441 00:26:12,028 --> 00:26:13,321 Kitty ten razón. 442 00:26:14,281 --> 00:26:15,657 Es un abusón. 443 00:26:16,783 --> 00:26:18,243 Non te me achegues. 444 00:26:34,968 --> 00:26:37,095 Alucino con que fixeses isto. 445 00:26:38,096 --> 00:26:40,640 Quería axudarche a riscalo da lista. 446 00:26:41,433 --> 00:26:44,394 É o mínimo para que vexas canto me importas. 447 00:26:44,978 --> 00:26:46,146 Impórtoche? 448 00:26:47,731 --> 00:26:48,648 Que parva es. 449 00:26:51,860 --> 00:26:52,861 Mira. 450 00:26:54,904 --> 00:26:57,072 Esquécete desta noite e de Marius. 451 00:26:57,073 --> 00:26:59,826 Esquécete das parvadas de Instagram. 452 00:27:00,994 --> 00:27:03,871 Que saibas que non estiven con ninguén este verán. 453 00:27:03,872 --> 00:27:05,165 Eu tampouco. 454 00:27:07,500 --> 00:27:08,501 E a verdade 455 00:27:09,377 --> 00:27:15,383 é que quero ser ese rapaz da lista que che dá un bico de película. 456 00:27:16,676 --> 00:27:20,221 Non cepillei os dentes e teño pelos de tola. Non o imaxinaba así. 457 00:27:34,402 --> 00:27:36,862 {\an8}BICO ÉPICO CON MIN HO 458 00:27:36,863 --> 00:27:41,158 {\an8}E ser o teu mozo estaría nesa lista? 459 00:27:41,159 --> 00:27:42,410 Podería estar. 460 00:27:42,911 --> 00:27:45,246 Pois podes riscar esa tamén. 461 00:27:47,916 --> 00:27:50,167 Un toque de menta non che viña mal. 462 00:27:50,168 --> 00:27:51,670 Cala a boca! 463 00:27:53,463 --> 00:27:54,630 Atención. 464 00:27:54,631 --> 00:27:59,009 Quero que brindemos por Kitty e a súa incrible idea do amencer. 465 00:27:59,010 --> 00:28:03,723 Polo último ano! 466 00:28:05,266 --> 00:28:08,227 Lara Jean díxome que aproveitase o meu último curso. 467 00:28:08,228 --> 00:28:10,604 Non te arrepintas de nada, lémbrao todo. 468 00:28:10,605 --> 00:28:15,568 Tiña razón. E teño a sensación de que este ano será inesquecible. 469 00:28:17,195 --> 00:28:20,448 Seica estás de volta en Seúl. 470 00:28:22,325 --> 00:28:25,869 Encantaríame verte. E sei que Min Ho tamén. 471 00:28:25,870 --> 00:28:26,705 Pero escoita… 472 00:28:27,288 --> 00:28:30,124 O noso colega meteuse nunha lea 473 00:28:30,125 --> 00:28:32,877 e esperaba que lle puideses botar unha man. 474 00:28:36,131 --> 00:28:40,677 Grazas, Gigi. Vaise volver tolo cando saiba que estás en Seúl. 475 00:28:42,220 --> 00:28:43,929 Ben. Vémonos, si? 476 00:28:43,930 --> 00:28:44,973 Si. 477 00:28:57,026 --> 00:28:58,945 BASEADA NA PERSONAXE DE JENNY HAN 478 00:29:44,491 --> 00:29:47,994 Subtítulos: Abraham Díaz López