1 00:00:07,091 --> 00:00:11,137 Vémonos agora mesmo no 1319 de Greystone Avenue. 2 00:00:11,220 --> 00:00:13,931 - Que hai alí? - A casa do operador de emerxencias 3 00:00:14,014 --> 00:00:17,977 que respondeu as chamadas de todas e cada unha das vítimas. 4 00:00:18,060 --> 00:00:21,147 Estou a dez minutos. Espera. Non fagas nada sen min. 5 00:00:22,940 --> 00:00:24,483 Non! 6 00:00:28,237 --> 00:00:29,363 ANTERIORMENTE 7 00:00:29,447 --> 00:00:32,116 Gwen Hainey, 33. Enxeñeira biomédica en Thor. 8 00:00:32,198 --> 00:00:34,118 Identificaron as impresións do peso. 9 00:00:34,201 --> 00:00:35,870 - De quen son? - De Matt Petersen. 10 00:00:35,953 --> 00:00:38,748 Sabías que Matt Petersen non matou a Gwen Hainey 11 00:00:38,831 --> 00:00:41,542 e non me dixeches nada. Pregunteicho e mentíchesme. 12 00:00:41,625 --> 00:00:44,253 - Que pasou co caso Petersen? - A que vén isto? 13 00:00:44,336 --> 00:00:46,922 A que me interesa. Son o teu home. 14 00:00:47,006 --> 00:00:48,799 Vin o que tiñas na pantalla 15 00:00:48,883 --> 00:00:51,343 cando fun á túa casa o outro día. 16 00:00:51,427 --> 00:00:54,054 Cada un afronta as perdas á súa maneira. 17 00:00:54,138 --> 00:00:55,473 Eu non o decidín. 18 00:00:55,556 --> 00:00:56,724 Que non decidiches? 19 00:00:56,807 --> 00:00:57,933 Estar aquí. 20 00:00:58,017 --> 00:01:00,227 Tentaba apoiarte en todo o que facías, 21 00:01:00,311 --> 00:01:03,105 e quería que tiveses todo canto desexabas. 22 00:01:03,189 --> 00:01:05,608 Vouche ter que pedir que marches da cabana. 23 00:01:05,691 --> 00:01:08,486 Vas colocar un rastrexador no ordenador da túa tía. 24 00:01:08,569 --> 00:01:09,695 É unha trampa. 25 00:01:09,779 --> 00:01:13,657 Se tentan entrar nos arquivos da tía Kay, chegarame un aviso. 26 00:01:13,741 --> 00:01:17,828 Cammie Ramada está morta, e a súa familia nunca saberá a verdade. 27 00:01:17,912 --> 00:01:21,164 Non é o que Reddy e o gobernador queren ver nos xornais. 28 00:01:21,248 --> 00:01:23,501 É malo para o turismo e para Virxinia. 29 00:01:23,584 --> 00:01:25,336 Igual Reddy non ía xubilarse. 30 00:01:25,419 --> 00:01:28,047 Igual sempre aspirou a comisario de saúde. 31 00:01:28,130 --> 00:01:29,840 Parece un enxerto de pel. 32 00:01:29,924 --> 00:01:31,967 É igual ao da perna de Gwen Hainey. 33 00:01:32,051 --> 00:01:33,093 Ambas teñen enxertos? 34 00:01:33,176 --> 00:01:34,678 As mortes están relacionadas. 35 00:01:34,762 --> 00:01:37,139 Debe abandonar o edificio. 36 00:01:37,223 --> 00:01:39,642 Buscamos un asasino en serie. 37 00:01:39,725 --> 00:01:41,977 E creo que somos os únicos que o buscan. 38 00:01:58,244 --> 00:02:00,204 BASEADA NAS NOVELAS DE PATRICIA CORNWELL 39 00:02:18,764 --> 00:02:20,975 Foi a doutora quen descubriu 40 00:02:22,518 --> 00:02:23,978 todo o tema de emerxencias. 41 00:02:24,061 --> 00:02:26,689 Scarpetta, a xefa de medicina forense? 42 00:02:27,398 --> 00:02:28,232 Si. 43 00:02:31,986 --> 00:02:34,488 Chamoume, deume o enderezo 44 00:02:34,572 --> 00:02:37,491 e cando cheguei, sentín unha muller en apuros. 45 00:02:37,575 --> 00:02:38,576 Que clase de apuros? 46 00:02:39,201 --> 00:02:40,661 Berraba coma se a matasen. 47 00:02:40,744 --> 00:02:42,413 Non! 48 00:02:45,958 --> 00:02:47,668 Entrei. 49 00:02:47,751 --> 00:02:51,547 Atacoume por sorpresa e pelexamos. 50 00:02:53,757 --> 00:02:54,633 Era el ou eu. 51 00:03:01,390 --> 00:03:04,226 Así que lle disparei todo o cargador. 52 00:03:04,310 --> 00:03:06,729 Fóra! Fóra de aquí, hostia! 53 00:03:11,734 --> 00:03:12,943 - Está ben? - Estou. 54 00:03:14,278 --> 00:03:16,030 O detective Marino terá problemas? 55 00:03:16,655 --> 00:03:18,324 Se foi xustificado, non. 56 00:03:25,247 --> 00:03:27,291 Non podo dicir que sinta a súa morte. 57 00:03:27,374 --> 00:03:29,001 Asasino cabrón. 58 00:03:29,084 --> 00:03:30,294 O que lles fixo a elas… 59 00:03:35,716 --> 00:03:36,884 Grazas, axente Ryan. 60 00:03:36,966 --> 00:03:39,845 Por moi desagradable que isto sexa, pillámolo. 61 00:03:39,929 --> 00:03:41,555 Sacamos o asasino das rúas. 62 00:03:41,639 --> 00:03:43,974 - Practicas para a prensa? - Non. 63 00:03:46,602 --> 00:03:47,811 Pero ti deberías. 64 00:03:47,895 --> 00:03:50,606 Pete dixo que o descubriches ti. Dáche todo o mérito. 65 00:03:50,689 --> 00:03:54,902 Non, eu só conectei o da voz, 66 00:03:54,985 --> 00:03:56,779 que chamaron a emerxencias e… 67 00:03:56,862 --> 00:03:59,198 Iso é basicamente todo. 68 00:03:59,823 --> 00:04:02,701 Debo levalo ao depósito. Aquí armarase un circo. 69 00:04:02,785 --> 00:04:04,078 Si, faino. 70 00:04:05,245 --> 00:04:08,499 Ei. Bo traballo, doutora Scarpetta. 71 00:04:09,249 --> 00:04:11,752 Que lle pasará ao detective Marino? 72 00:04:11,835 --> 00:04:14,922 Os de Asuntos Internos faranlle algunhas preguntas. 73 00:04:15,005 --> 00:04:17,507 Non lle causarán problemas por esta escoura. 74 00:04:17,591 --> 00:04:21,011 Mentres lles encaixe a historia, non terá problemas. 75 00:04:28,727 --> 00:04:30,646 Deus bendito, Pete. 76 00:04:30,729 --> 00:04:32,523 Non che pedín que fixeses iso. 77 00:04:33,565 --> 00:04:36,360 Sentín berrar. Tiña dereito a facer o que fixen. 78 00:04:36,443 --> 00:04:39,405 Pero ti non tiñas unha puta razón para estar aquí. 79 00:04:39,488 --> 00:04:40,781 Tiñas que esperar. 80 00:04:40,864 --> 00:04:42,324 Só ía botar un ollo. 81 00:04:43,117 --> 00:04:44,743 "Só botaba un ollo, señoría. 82 00:04:44,827 --> 00:04:47,955 Iso non é extralimitarse como xefa de medicina forense?" 83 00:04:48,038 --> 00:04:50,916 Estaba esperando por ti, pero sentín berros. 84 00:04:51,000 --> 00:04:53,377 Era unha fita de vídeo. Non podemos recuar. 85 00:04:53,460 --> 00:04:55,587 Será a fin das nosas carreiras. 86 00:04:55,671 --> 00:04:56,922 Teremos que mentir. 87 00:04:57,006 --> 00:05:00,217 Si, porque lle disparei tres veces no pescozo para cubrirte. 88 00:05:00,300 --> 00:05:01,802 Non che pedín que o fixeses. 89 00:05:01,885 --> 00:05:03,053 Non debiches vir. 90 00:05:03,137 --> 00:05:05,305 Aí decidiuse o noso destino. 91 00:05:05,389 --> 00:05:08,142 Terei que facerlle a autopsia a un home que matei 92 00:05:09,226 --> 00:05:11,103 e mentir sobre os meus achados. 93 00:05:11,937 --> 00:05:13,188 Non podemos facelo. 94 00:05:13,272 --> 00:05:15,441 - Fíxeno por ti. - Por que? 95 00:05:15,524 --> 00:05:17,651 Ti sígueme nesta farsa e todo irá ben. 96 00:05:17,735 --> 00:05:19,570 - Seremos heroes. - "Heroes"? 97 00:05:19,653 --> 00:05:22,072 Non quero ser unha puta heroína nin ir á cadea. 98 00:05:22,156 --> 00:05:23,699 Eu quero conservar o choio. 99 00:05:23,782 --> 00:05:25,534 Temos que crear unha tapadeira. 100 00:05:27,161 --> 00:05:28,537 Parvo do carallo. 101 00:05:30,039 --> 00:05:31,290 Ti cínguete á historia. 102 00:05:36,545 --> 00:05:37,546 Que che dean. 103 00:05:52,269 --> 00:05:54,521 Levarasme algunha vez no coche? 104 00:05:55,439 --> 00:05:58,484 Estás de broma? Iso é todo o que tes que dicir? 105 00:06:00,778 --> 00:06:02,279 Grazas por pagar a fianza? 106 00:06:02,905 --> 00:06:05,908 Deus! Isto é grave. 107 00:06:05,991 --> 00:06:12,414 Pásaste. Sempre te pasas, Pete. Sempre te pasaches. 108 00:06:12,498 --> 00:06:16,043 É certo. Morrería por algo que a ninguén lle importa 109 00:06:16,126 --> 00:06:18,128 para dicir algo que ninguén escoita. 110 00:06:18,212 --> 00:06:21,215 E eu acabo pagando o puto pato. 111 00:06:21,298 --> 00:06:23,092 Falas de agora ou do pasado? 112 00:06:23,175 --> 00:06:25,969 Falo de todo! De todo. 113 00:06:26,053 --> 00:06:27,805 Empeoras o que xa está mal. 114 00:06:33,685 --> 00:06:35,395 - Non quería dicir iso. - Tranquila. 115 00:06:35,479 --> 00:06:37,356 - Non quería. - Non pasa nada. 116 00:06:37,439 --> 00:06:39,108 - Tranquila. - Non quería… 117 00:06:39,191 --> 00:06:40,901 Vinte anos sendo un toleirán. 118 00:06:43,070 --> 00:06:45,864 Vinte anos limpando a miña merda. Enténdoo. 119 00:06:45,948 --> 00:06:50,494 Aínda así, creo que ao final todo se equilibra, non si? 120 00:06:51,203 --> 00:06:55,207 Todo canto fixemos: as cousas boas, as malas e as do medio. 121 00:06:57,501 --> 00:06:59,795 Si, iso é certo. 122 00:07:01,713 --> 00:07:03,382 Fixemos máis ben que mal. 123 00:07:03,465 --> 00:07:04,383 Si. 124 00:07:09,721 --> 00:07:12,599 Escoita, podemos arrancar o coche 125 00:07:12,683 --> 00:07:14,726 e seguir conducindo sen mirar atrás. 126 00:07:23,527 --> 00:07:24,653 Si. 127 00:07:26,113 --> 00:07:27,698 Si, poderiamos facelo. 128 00:07:28,782 --> 00:07:29,783 Poderiamos. 129 00:07:35,414 --> 00:07:38,917 Chegaches a levarlle o enxerto de pel á Dra. Kaminsky? 130 00:07:39,001 --> 00:07:41,128 Leveillo, si. 131 00:07:41,211 --> 00:07:46,008 E díxenlle que chamase a axente Fruge se precisaba axuda. 132 00:07:46,091 --> 00:07:48,802 - Marcho. Vou asumir as consecuencias. - Xa. 133 00:07:48,886 --> 00:07:49,970 Veña. 134 00:08:16,079 --> 00:08:18,498 PERSOAS - BENTON ALEXANDRIA, VIRXINIA 135 00:08:18,582 --> 00:08:21,919 TEMPO REAL 136 00:08:51,323 --> 00:08:52,324 Ola. 137 00:08:53,617 --> 00:08:54,451 Ola. 138 00:08:55,118 --> 00:08:56,787 Queres algo? 139 00:09:30,696 --> 00:09:35,867 Que foi desa botella de alcol que non estaba tan mal? 140 00:09:36,743 --> 00:09:38,704 Xusto ía collela, 141 00:09:38,787 --> 00:09:43,500 pero despois pensei que nunca te vin beber. 142 00:09:43,583 --> 00:09:45,294 Nin sequera tes pinta de beber. 143 00:09:46,044 --> 00:09:47,421 Bebo. 144 00:09:48,171 --> 00:09:49,006 Bebo. 145 00:09:49,840 --> 00:09:53,552 É que estar rodeada de borrachos quítame a gana de beber. 146 00:09:56,596 --> 00:09:57,431 Túa nai? 147 00:09:58,348 --> 00:09:59,808 E miña tía. 148 00:10:00,559 --> 00:10:02,019 A gran doutora. 149 00:10:04,896 --> 00:10:08,233 E Ben dálle ao whisky. Bebe cousa da boa. 150 00:10:08,317 --> 00:10:09,318 Como non. 151 00:10:15,032 --> 00:10:16,366 Que? 152 00:10:16,450 --> 00:10:17,617 Nada. 153 00:10:21,371 --> 00:10:22,372 Merda. 154 00:10:23,373 --> 00:10:24,249 Que? 155 00:10:25,459 --> 00:10:28,378 Só… merda. 156 00:10:29,921 --> 00:10:31,256 - Vale. - Teño… 157 00:10:33,216 --> 00:10:34,760 Teño que marchar. 158 00:10:35,344 --> 00:10:37,220 Debería… 159 00:10:38,347 --> 00:10:40,599 Debería marchar. 160 00:10:40,682 --> 00:10:42,309 Si, debería marchar. 161 00:10:42,392 --> 00:10:44,519 Deberías marchar ou tes que marchar? 162 00:10:44,603 --> 00:10:48,148 Perdoa, vale? Estou feita unha merda. 163 00:10:48,857 --> 00:10:51,151 Miña tía acaba de pedirme que me mude 164 00:10:51,234 --> 00:10:53,737 e Janet está moi enfadada comigo. 165 00:10:53,820 --> 00:10:54,654 Janet? 166 00:10:54,738 --> 00:10:57,115 Non actúes coma se fixese algo raro. 167 00:10:57,199 --> 00:11:01,370 Segues falando coa túa muller morta coma se estivese viva. 168 00:11:01,953 --> 00:11:03,538 Si, é que? 169 00:11:03,622 --> 00:11:07,000 Pois que algo raro si que estás facendo. 170 00:11:07,084 --> 00:11:08,835 - Vale. - Pero tamén 171 00:11:08,919 --> 00:11:12,506 é posible que uses a dor como escusa para non vivir. 172 00:11:12,589 --> 00:11:15,384 Ti non sabes o que estou pasando, vale? 173 00:11:15,467 --> 00:11:18,678 Que graciosa. Sabías que me suspenderon esta mañá? 174 00:11:18,762 --> 00:11:19,846 - Como dis? - Si. 175 00:11:20,430 --> 00:11:24,935 Por ese pequeno paseo que demos o outro día nesa túa camioneta xigante. 176 00:11:25,018 --> 00:11:26,686 Iso é unha puta barbaridade. 177 00:11:26,770 --> 00:11:30,023 Algunhas temos traballos de verdade con normas de verdade. 178 00:11:30,107 --> 00:11:33,527 Non todos podemos ser prodixios libres con cartos 179 00:11:33,610 --> 00:11:35,195 que fan o que lles peta. 180 00:11:35,278 --> 00:11:39,408 Esa son eu. Vaia descrición máis precisa de moi. 181 00:11:39,491 --> 00:11:42,369 Non me culpes polas merdas que che pasan na vida. 182 00:11:42,452 --> 00:11:44,454 - Por que non? Foi culpa túa. - Veña! 183 00:11:44,538 --> 00:11:47,249 Ei, imbécil! Que igual me despiden! 184 00:11:47,833 --> 00:11:51,002 Necesito o traballo. Vas marchar sen máis? 185 00:11:54,589 --> 00:11:55,424 Si. 186 00:12:00,762 --> 00:12:02,806 Si, ela deulla á doutora Debbie. 187 00:12:03,557 --> 00:12:06,685 Estou segura de que é pel falsa fabricada por Thor na Lúa. 188 00:12:07,894 --> 00:12:10,313 O FBI arrestou a Jinx Slater. 189 00:12:11,815 --> 00:12:16,069 Si, polo asasinato de Gwen Hainey. Era o mozo dela. 190 00:12:17,487 --> 00:12:19,573 Claro que ela non cre que fose el. 191 00:12:20,407 --> 00:12:22,951 O mozo non tería motivo para matar a Cammie Ramada. 192 00:12:24,202 --> 00:12:28,331 A Dra. Scarpetta está convencida de que un asasino en serie anda solto. 193 00:12:28,415 --> 00:12:31,918 Elvin, se ten razón, a culpa é nosa. 194 00:12:32,002 --> 00:12:33,503 Non tes por que berrarme. 195 00:12:35,005 --> 00:12:36,673 Non tes por que berrarme! 196 00:12:40,552 --> 00:12:43,013 Si, ben sei o que teño que facer agora. 197 00:12:43,847 --> 00:12:46,266 MÉDICO FORENSE XEFE 198 00:12:52,814 --> 00:12:53,940 É certo? 199 00:12:56,318 --> 00:12:57,319 O que? 200 00:12:57,402 --> 00:12:59,529 Que o resolveu? Atopou o asasino? 201 00:12:59,613 --> 00:13:01,031 É o que di todo o mundo. 202 00:13:02,616 --> 00:13:04,534 Non, non é así. 203 00:13:06,495 --> 00:13:10,332 Sabe que pode confiar en min, non? Poder feminino. 204 00:13:13,835 --> 00:13:15,420 Está o corpo na mesa? 205 00:13:16,713 --> 00:13:18,757 Si, señora. Vin avisala. 206 00:13:19,341 --> 00:13:22,010 O corpo de Roy McCorkle está na sala de autopsias. 207 00:13:22,093 --> 00:13:23,720 - Grazas, señora. - Xenial. 208 00:14:23,572 --> 00:14:30,370 A vítima é un home branco de 33 anos de idade. 209 00:14:35,584 --> 00:14:37,919 Busco o detective Marino. Pete Marino? 210 00:14:38,003 --> 00:14:38,920 Non está. 211 00:14:39,004 --> 00:14:41,172 - Non está? - Axente Wesley? 212 00:14:42,132 --> 00:14:44,551 Sr. Boltz, oín que se producira unha detención. 213 00:14:44,634 --> 00:14:48,013 Non exactamente. A Dra. Scarpetta identificou o sospeitoso. 214 00:14:48,096 --> 00:14:51,349 O detective Marino foi realizar a detención 215 00:14:52,517 --> 00:14:54,102 e acabou enchéndoo de chumbo. 216 00:14:54,185 --> 00:14:55,270 Onde está Marino? 217 00:14:55,353 --> 00:14:57,689 Interrógano os de Asuntos Internos. 218 00:14:58,940 --> 00:14:59,941 Foi xustificado? 219 00:15:01,276 --> 00:15:02,277 Iso está por ver. 220 00:15:03,361 --> 00:15:04,195 Abby. 221 00:15:06,698 --> 00:15:08,158 Reláxate, Abby. 222 00:15:11,786 --> 00:15:14,289 Non cres que é hora de facermos as paces? 223 00:15:19,169 --> 00:15:20,128 É certo? 224 00:15:21,338 --> 00:15:23,214 O asasino de miña irmá está morto? 225 00:15:24,257 --> 00:15:25,342 É certo. 226 00:15:29,137 --> 00:15:32,724 Non só non faremos as paces, senón que estou en pé de guerra. 227 00:15:35,060 --> 00:15:36,227 Sei o que me fixeches 228 00:15:38,021 --> 00:15:39,356 e vou por ti. 229 00:15:41,858 --> 00:15:44,444 Cheguei. Sentín berrar unha muller… 230 00:15:44,527 --> 00:15:47,113 Despois de que Scarpetta lle dese o enderezo? 231 00:15:47,197 --> 00:15:49,949 A doutora Scarpetta deume o enderezo. 232 00:15:50,033 --> 00:15:52,994 Ela quedou na central revisando fitas de emerxencias. 233 00:15:53,745 --> 00:15:56,456 Non é unha tarefa impropia dun médico forense? 234 00:15:56,539 --> 00:15:57,707 Non necesariamente. 235 00:15:57,790 --> 00:16:00,126 O caso é que conducín ata o enderezo, 236 00:16:00,210 --> 00:16:02,212 sentín berrar unha muller na casa, 237 00:16:02,295 --> 00:16:04,506 e, de súpeto, xa o tiña enriba. 238 00:16:05,340 --> 00:16:07,008 Roy McCorkle atacouno? 239 00:16:07,092 --> 00:16:10,512 Arrastroume para dentro, onde me decatei de que os berros 240 00:16:10,595 --> 00:16:11,888 proviñan da televisión. 241 00:16:32,617 --> 00:16:36,705 Causa da morte: tres feridas de bala no pescozo, 242 00:16:37,288 --> 00:16:39,749 de calibre pequeno. 243 00:16:43,086 --> 00:16:46,715 Aínda que o pescozo presenta unha contusión, 244 00:16:46,798 --> 00:16:48,925 a traquea está machucada, 245 00:16:49,008 --> 00:16:55,974 o que suxire un traumatismo contuso, provocado por algo coma un puto prato. 246 00:16:57,475 --> 00:17:00,061 Siga, xefa. Só quería darlle os parabéns 247 00:17:00,145 --> 00:17:01,980 en persoa, en privado. 248 00:17:04,691 --> 00:17:06,734 Vaia ferida ten. 249 00:17:08,194 --> 00:17:13,366 É coma se o detective Marino se asañase con el. 250 00:17:13,450 --> 00:17:14,992 Podería poñer a máscara? 251 00:17:15,076 --> 00:17:16,786 Non fai falta, xa marcho. 252 00:17:17,328 --> 00:17:21,915 Só quero desexarlle boa sorte á nosa amada líder. 253 00:17:24,794 --> 00:17:25,878 Houbo sorte, Lulu? 254 00:17:26,921 --> 00:17:28,590 Alguén mordeu o anzol. 255 00:17:28,673 --> 00:17:31,926 O máis estraño é que foi alguén da oficina da tía Kay. 256 00:17:33,678 --> 00:17:36,890 Ei, sabes o que? Temos boas noticias. 257 00:17:36,973 --> 00:17:39,225 Vale, teño que cambiarme. 258 00:17:41,019 --> 00:17:42,312 Fáltalle pouco. 259 00:17:42,395 --> 00:17:45,315 Está a piques de saber quen che piratea o ordenador. 260 00:17:45,398 --> 00:17:46,483 Que carallo pasa? 261 00:17:50,111 --> 00:17:52,989 - Que pasou? - Ai, meu Deus! 262 00:17:53,072 --> 00:17:55,909 Por favor, Kay, estasme asustando. 263 00:17:58,244 --> 00:18:00,246 - Matei un home. - Que? 264 00:18:02,373 --> 00:18:05,502 Era o asasino e eu mateino. 265 00:18:05,585 --> 00:18:06,920 Cun prato. 266 00:18:08,463 --> 00:18:11,341 Non podo respirar. 267 00:18:11,424 --> 00:18:13,301 Alguén lle disparou para encubrilo. 268 00:18:13,384 --> 00:18:14,886 - Quen? - Non importa. 269 00:18:14,969 --> 00:18:16,137 Eu creo que si. 270 00:18:16,221 --> 00:18:18,473 Agora consideraranme unha heroína 271 00:18:18,556 --> 00:18:20,892 e levarei o mérito por resolver o caso. 272 00:18:20,975 --> 00:18:24,813 Creo que estou acabada e que a miña carreira está acabada. 273 00:18:24,896 --> 00:18:26,981 Coma un tren que vai descarrilar. 274 00:18:27,065 --> 00:18:29,734 Ei, mírame. 275 00:18:30,318 --> 00:18:33,446 Tes un grao en medicina e outro en dereito. 276 00:18:33,530 --> 00:18:36,115 Custáronche moito diñeiro. E para que? 277 00:18:36,825 --> 00:18:40,703 Para ter un traballo de merda e unha vida de merda? Veña, ho. 278 00:18:40,787 --> 00:18:44,290 Por Deus, Kay, queda co mérito por unha vez. 279 00:18:53,758 --> 00:18:55,468 Pero mateino. 280 00:18:56,302 --> 00:18:59,639 Que carallo importa? Merecía morrer. 281 00:19:01,683 --> 00:19:02,517 Está mal. 282 00:19:02,600 --> 00:19:04,435 Matou catro mulleres. 283 00:19:04,519 --> 00:19:05,854 - Cinco. - Cinco! 284 00:19:06,896 --> 00:19:10,859 Era un sucio e noxento asasino que había que parar. 285 00:19:10,942 --> 00:19:13,736 E fixéchelo ti. 286 00:19:13,820 --> 00:19:16,865 Acepta o puto mérito polo cerebro que Deus che deu. 287 00:19:17,615 --> 00:19:19,868 Mellor aínda: goza del. 288 00:19:23,079 --> 00:19:25,707 Es Kay Scarpetta. 289 00:19:27,292 --> 00:19:29,043 Nunca esquezas ese nome. 290 00:19:37,176 --> 00:19:39,053 - Arrestáronte? - Si. 291 00:19:39,137 --> 00:19:40,847 Por mallar nun tipo? 292 00:19:41,598 --> 00:19:42,765 Era un sospeitoso. 293 00:19:44,809 --> 00:19:50,815 E iso pasou o día que me deixaches no restaurante cando estabas tan anoxado. 294 00:19:50,899 --> 00:19:53,276 Non fales do tema. A cousa é sinxela. 295 00:19:53,359 --> 00:19:55,612 Ese tipo é un chalado con antecedentes. 296 00:19:55,695 --> 00:19:57,447 A denuncia quedará en nada. 297 00:19:58,406 --> 00:19:59,490 Como o sabes? 298 00:19:59,574 --> 00:20:02,368 - Porque sei destas cousas. - Como o sabes, Peter? 299 00:20:02,452 --> 00:20:03,995 Que dis? Porque son poli. 300 00:20:04,078 --> 00:20:05,705 - É un delito. - Non é tal. 301 00:20:05,788 --> 00:20:08,666 - Non o é ata que se demostre. - É un delito. 302 00:20:08,750 --> 00:20:09,584 Vale. 303 00:20:11,044 --> 00:20:11,878 De acordo. 304 00:20:12,670 --> 00:20:13,796 Non tal. Eu marcho. 305 00:20:13,880 --> 00:20:15,089 Sabes que? Acabouse. 306 00:20:15,173 --> 00:20:18,301 - Que dis? Déixasme? - Non. Que marchamos esta noite. 307 00:20:18,384 --> 00:20:20,094 - Marcho a un hotel. - Que? 308 00:20:20,178 --> 00:20:22,263 Iremos a un hotel. Farei a equipaxe. 309 00:20:22,347 --> 00:20:23,389 - Rula. - Estou farta! 310 00:20:24,390 --> 00:20:26,684 - Vaites! Merda! - Hostia! Que pasou? 311 00:20:26,768 --> 00:20:28,061 Que foi? Ola? 312 00:20:28,603 --> 00:20:29,604 Lucy? Amor? 313 00:20:29,687 --> 00:20:31,648 - Merda. - Cago en todo. 314 00:20:31,731 --> 00:20:34,025 - Esa botella é de Benton. - Que foi? 315 00:20:34,108 --> 00:20:36,152 - Hostias. Nada, ho. - Estás ben? 316 00:20:36,235 --> 00:20:40,531 Eu? Detivéronte a ti. Por certo, pagueiche a fianza. 317 00:20:40,615 --> 00:20:41,616 De nada. 318 00:20:41,699 --> 00:20:44,160 - Vale. - Dirá que a pagou ela. 319 00:20:44,243 --> 00:20:46,579 Ela quen? A doutora? 320 00:20:46,663 --> 00:20:51,042 Si. Rifamos mentres te esperabamos. 321 00:20:51,125 --> 00:20:55,672 Así que marchei porque é unha lercha. 322 00:20:55,755 --> 00:20:59,258 A ver, un momento. Que rifastes e que é unha lercha? Veña. 323 00:20:59,342 --> 00:21:03,012 Si, veume coa túa cantilena e pediume que me mudase. 324 00:21:03,096 --> 00:21:04,597 Pediume que me mudase. 325 00:21:04,681 --> 00:21:07,016 Se cadra non é o momento de falalo. 326 00:21:07,100 --> 00:21:09,686 - Veña, ho. - Foxes dos conflitos. 327 00:21:09,769 --> 00:21:11,604 Sacado que haxa puños polo medio. 328 00:21:11,688 --> 00:21:14,399 Iso non é certo. Se cadra só a primeira parte. 329 00:21:14,482 --> 00:21:15,984 Desculpádeme. 330 00:21:16,067 --> 00:21:17,276 Quieta, onde vas? 331 00:21:17,360 --> 00:21:18,778 Buscar outra botella. 332 00:21:18,861 --> 00:21:22,865 Non. Meu amor, Peter e eu iremos para un hotel 333 00:21:22,949 --> 00:21:24,826 esta noite. Reservareiche un cuarto. 334 00:21:24,909 --> 00:21:26,661 - Non estará pegado. - En serio? 335 00:21:28,079 --> 00:21:29,205 Por suposto que si. 336 00:21:33,376 --> 00:21:38,047 A verdade é que me resulta raro coller as cousas e marchar en plena noite. 337 00:21:38,131 --> 00:21:39,132 Coma un delincuente. 338 00:21:39,215 --> 00:21:41,134 Foi a ti a quen arrestaron. 339 00:21:41,217 --> 00:21:42,343 Podemos parar xa? 340 00:21:42,427 --> 00:21:44,053 - Si? Perdín a calma. - Vale. 341 00:21:44,137 --> 00:21:45,888 - Iso pasa. - Non foi culpa túa. 342 00:21:46,681 --> 00:21:47,849 Entón de quen foi? 343 00:21:47,932 --> 00:21:49,017 De miña irmá. 344 00:21:49,100 --> 00:21:53,604 Miña irmá ten un efecto nocivo en todas as persoas desta casa. 345 00:21:53,688 --> 00:21:59,068 Sabes que ata o meu espírito de semental se achica pola súa culpa? 346 00:21:59,152 --> 00:22:02,321 Peter, quero marchar. Xa. 347 00:22:02,405 --> 00:22:05,783 Antes de que isto acabe co meu amor no cárcere 348 00:22:05,867 --> 00:22:08,411 ou coa miña filla no manicomio. Marchamos. 349 00:22:08,494 --> 00:22:11,372 - Recolle. ¿A quen? - Podemos dicirlle que marchamos? 350 00:22:12,540 --> 00:22:15,251 A miña irmá? A que vén esa obsesión con ela? 351 00:22:15,334 --> 00:22:17,086 Non estou obsesionado con ela. 352 00:22:18,671 --> 00:22:21,174 O certo é que Janet cre… 353 00:22:21,257 --> 00:22:24,385 - Si? - …que estás namorado dela. 354 00:22:24,469 --> 00:22:27,847 En serio? Janet? O robot Janet cre… Iso é unha tolemia! 355 00:22:28,931 --> 00:22:30,183 Ti cres? 356 00:22:30,266 --> 00:22:33,811 Andas atrás dela coma un parviño sen vontade. 357 00:22:33,895 --> 00:22:36,105 Sempre estás facendo cousas por ela. 358 00:22:36,189 --> 00:22:40,943 É coma se a súa mera presenza xa abondase para terte contento, 359 00:22:41,027 --> 00:22:45,364 coma se fose un honor estar listo para o que vaia necesitar despois. 360 00:22:45,448 --> 00:22:48,201 - Para xa! Iso é ridículo. - De verdade? 361 00:22:51,329 --> 00:22:53,873 Non son de ultimatos. Non me gusta que mos dean. 362 00:22:53,956 --> 00:22:56,959 Tampouco me gusta dalos, pero alguén… 363 00:22:57,043 --> 00:22:59,545 Alguén terá que escoller. 364 00:23:00,088 --> 00:23:03,341 - Refíreste a min? - Si, cabrón, a ti! 365 00:23:03,424 --> 00:23:07,178 Tes que escoller! Eu ou ela! 366 00:23:59,230 --> 00:24:00,439 Benton? 367 00:24:03,192 --> 00:24:04,026 Benton? 368 00:24:05,444 --> 00:24:06,404 Merda. 369 00:24:10,158 --> 00:24:11,826 Dormes aquí? 370 00:24:11,909 --> 00:24:14,287 Non. 371 00:24:15,371 --> 00:24:19,125 Non, estou nun motel. 372 00:24:20,418 --> 00:24:21,836 Que é este camión? 373 00:24:22,670 --> 00:24:24,797 É onde metemos a Jinx para interrogalo. 374 00:24:31,345 --> 00:24:32,471 Ti e quen? 375 00:24:33,431 --> 00:24:34,682 Tron e mais eu. 376 00:24:34,765 --> 00:24:36,058 Tron veu por aquí. 377 00:24:36,809 --> 00:24:38,311 - Si, varias veces. - Vale. 378 00:24:38,394 --> 00:24:39,312 Na nosa casa. 379 00:24:39,395 --> 00:24:41,480 Tecnicamente, non é a nosa casa. 380 00:24:41,564 --> 00:24:43,566 - Só é un camión. - Xa, estivo aquí. 381 00:24:44,525 --> 00:24:49,447 Así que tiveches un sospeitoso encerrado durante días na nosa casa. 382 00:24:49,530 --> 00:24:50,573 No camión. 383 00:24:53,826 --> 00:24:55,995 Deus, cantos segredos, Benton. 384 00:24:56,078 --> 00:24:58,372 Tes un lote de segredos. 385 00:24:58,456 --> 00:25:00,249 Creo que ti tes un segredo, Kay. 386 00:25:04,837 --> 00:25:07,006 Que lle fixeches? Onde está Jinx Slater? 387 00:25:07,089 --> 00:25:08,758 Detido e acusado de asasinato. 388 00:25:08,841 --> 00:25:10,384 O asasino de Gwen Hainey. 389 00:25:10,468 --> 00:25:13,054 Farás que cargue coa culpa, non si? 390 00:25:13,137 --> 00:25:16,015 - Marino tiña razón. É o cabeza de turco. - Marino. 391 00:25:16,098 --> 00:25:18,267 Marino. Impórtame un carallo 392 00:25:18,351 --> 00:25:20,061 - o que pense. - E Gwen Hainey? 393 00:25:20,144 --> 00:25:22,605 - Non investigues a súa morte. - Cammie Ramada? 394 00:25:22,688 --> 00:25:25,107 - Acabouse. Culparán a Jinx. - Quen a matou? 395 00:25:25,191 --> 00:25:27,235 - Está mal. - Querías que te avisase. 396 00:25:27,318 --> 00:25:28,361 Estouche avisando. 397 00:25:28,444 --> 00:25:32,531 Para xa. Para co de Gwen, para co de Cammie Ramada. Para xa. 398 00:25:32,615 --> 00:25:34,659 Para antes de que sexa tarde. 399 00:25:34,742 --> 00:25:36,994 Tarde? Despedíronme! 400 00:25:37,078 --> 00:25:40,456 Quen carallo es? Quen es? 401 00:25:43,668 --> 00:25:45,086 Quen es? 402 00:25:45,169 --> 00:25:47,630 - Quen carallo es, Benton? - Non me veñas… 403 00:26:01,727 --> 00:26:04,689 Quero ser totalmente franco contigo, Kay. 404 00:26:07,024 --> 00:26:10,945 Teño algunhas condutas estrañas… 405 00:26:11,028 --> 00:26:14,365 - Benton. - Téñoas dende que era neno e… 406 00:26:14,448 --> 00:26:15,658 - Para xa. - Non. 407 00:26:15,741 --> 00:26:19,036 Encántame ver sufrir algunhas criaturas. 408 00:26:20,538 --> 00:26:25,042 Levo moito tempo ocultando estas cousas e é importante que che diga… 409 00:26:25,126 --> 00:26:27,336 Teño que dicirchas en voz alta. 410 00:26:29,297 --> 00:26:31,632 Eu só quero ser boa persoa. 411 00:26:32,883 --> 00:26:34,385 Teño que mostrarme. 412 00:26:35,136 --> 00:26:37,680 - Vale. - Teño que mostrarche como son. 413 00:26:37,763 --> 00:26:40,474 Adiante. Queres facerme dano? 414 00:26:41,225 --> 00:26:42,893 É iso? Queres pegarme? 415 00:26:42,977 --> 00:26:45,229 - Convencerme do malo que es? - Por Deus. 416 00:26:45,313 --> 00:26:48,357 Seino. Sei quen es. 417 00:26:48,441 --> 00:26:51,485 Non! Non me coñeces. 418 00:26:52,069 --> 00:26:54,280 Vin monstros, vino todo. 419 00:26:54,363 --> 00:26:56,615 Ti estarás moi fodido, pero eu tamén. 420 00:26:56,699 --> 00:26:58,284 Cóntame o peor que fixeches. 421 00:26:58,367 --> 00:27:01,287 Dime a cousa máis horrible que fixeches. 422 00:27:02,371 --> 00:27:04,373 Convénceme de que es malvado. 423 00:27:05,416 --> 00:27:07,293 Sei quen es. 424 00:27:08,210 --> 00:27:09,337 - Non. - Tranquilo. 425 00:27:10,212 --> 00:27:14,216 - Non o sabes. Para. - Seino. Non pasa nada. 426 00:27:14,300 --> 00:27:15,176 Para. 427 00:27:15,259 --> 00:27:16,344 Por que? 428 00:27:16,427 --> 00:27:19,180 Para. 429 00:27:20,514 --> 00:27:21,557 Para. 430 00:27:32,568 --> 00:27:33,861 Quero o divorcio. 431 00:27:49,502 --> 00:27:50,878 De acordo. 432 00:28:22,827 --> 00:28:25,162 Merda. Síntoo. 433 00:28:26,956 --> 00:28:30,126 Perdoa polo enfado de antes. 434 00:28:32,128 --> 00:28:33,379 É que con esa merda de… 435 00:28:35,214 --> 00:28:37,216 "valora os teus mentres estean aquí" 436 00:28:37,299 --> 00:28:41,846 deume a impresión de que crías que eu non te valoraba. 437 00:28:44,598 --> 00:28:48,269 Eu quíxente con cada parte do meu ser. 438 00:28:52,440 --> 00:28:53,816 Un aneurisma. 439 00:28:55,192 --> 00:28:56,694 Manda carallo! 440 00:29:04,452 --> 00:29:07,580 Se che son sincera, con esta tal Blaise Fruge 441 00:29:09,457 --> 00:29:12,293 é a primeira vez dende entón 442 00:29:13,377 --> 00:29:19,967 que teño a sensación de que pode haber vida ou forza humana 443 00:29:20,050 --> 00:29:22,386 para min fóra desta puto cuarto. 444 00:29:30,603 --> 00:29:31,896 Janet? 445 00:29:34,982 --> 00:29:37,693 Janet, de verdade que non me vas falar? 446 00:29:39,820 --> 00:29:40,905 Amor, 447 00:29:43,157 --> 00:29:45,159 querías que falase e estou falando. 448 00:29:50,831 --> 00:29:53,626 Onde estás? 449 00:29:56,420 --> 00:29:57,296 Amor? 450 00:30:04,595 --> 00:30:05,429 Non. 451 00:30:11,268 --> 00:30:13,103 Cago na cona! 452 00:30:13,729 --> 00:30:15,272 Non. 453 00:30:15,940 --> 00:30:18,776 Non. Amor, volve! Por favor! 454 00:30:18,859 --> 00:30:22,154 Por favor, Janet. Volve. 455 00:30:23,906 --> 00:30:26,408 Janet! Non. 456 00:30:29,703 --> 00:30:33,874 Reservei un cuarto… 457 00:30:35,501 --> 00:30:36,752 no hotel Hermitage. 458 00:30:38,003 --> 00:30:38,921 Lucy, que pasou? 459 00:30:48,806 --> 00:30:50,224 Non está. 460 00:31:07,074 --> 00:31:08,075 Ruliña… 461 00:31:29,221 --> 00:31:31,682 Ei, hai alguén na casa? 462 00:31:35,269 --> 00:31:36,979 Hai alguén? 463 00:31:38,022 --> 00:31:40,608 Merda. Ola? 464 00:31:52,578 --> 00:31:53,954 Respira. 465 00:31:58,459 --> 00:32:03,922 A ver, eu non sabía que Janet podía… 466 00:32:07,801 --> 00:32:10,095 Non sabía que podía facer iso. 467 00:32:11,555 --> 00:32:13,098 Claro que non podía. 468 00:32:14,725 --> 00:32:19,396 Non podía que? A que te refires? 469 00:32:19,480 --> 00:32:20,356 Había… 470 00:32:21,440 --> 00:32:25,903 Tiñamos un sistema de seguridade coma o das bombas nucleares, sabes? 471 00:32:28,197 --> 00:32:30,491 Todos teñen que xirar a súa chave. 472 00:32:37,039 --> 00:32:38,540 E quen xirou a chave? 473 00:32:39,875 --> 00:32:42,586 Ti non. Verdade, mamá? 474 00:32:43,879 --> 00:32:46,632 - Non! - Non creo que puidese… 475 00:32:46,715 --> 00:32:50,678 - Lucy? - Como me esteas mentindo… 476 00:32:50,761 --> 00:32:54,056 Xúrocho pola miña vida. 477 00:32:54,848 --> 00:32:58,936 Xúroo pola vida de miña nai. Xúroo pola… 478 00:33:02,398 --> 00:33:05,234 - Agarda. Que? - Miña irmá. 479 00:33:07,528 --> 00:33:10,030 Miña irmá e mais eu finalmente 480 00:33:11,073 --> 00:33:15,244 nos puxemos de acordo en algo por primeira vez na vida. 481 00:33:17,496 --> 00:33:18,372 En que? 482 00:33:23,419 --> 00:33:25,087 En que Janet non che conviña. 483 00:33:35,389 --> 00:33:37,558 - Non. Lucy. - Que non me conviña? 484 00:33:37,641 --> 00:33:39,601 - Acouga. - Se o fixeches, dimo. 485 00:33:39,685 --> 00:33:41,061 - Se fixen o que? - Calma! 486 00:33:41,145 --> 00:33:42,438 Desconectáchela ti? 487 00:33:42,521 --> 00:33:43,856 - Lucy. - Fuches ti? 488 00:33:43,939 --> 00:33:46,191 Non podías esperar a que o fixese eu! 489 00:33:46,275 --> 00:33:48,569 Tiñas que facelo ti, non abondaba con botarme! 490 00:33:48,652 --> 00:33:51,655 Tamén fixeches isto porque vas de salvadora! 491 00:33:51,739 --> 00:33:53,657 Mataches a Janet? 492 00:33:53,741 --> 00:33:55,909 - Desconectáchela? - Claro que non. 493 00:33:55,993 --> 00:33:58,203 Eu nunca faría tal cousa. 494 00:33:58,287 --> 00:34:00,414 - Lucy… - Non te creo, hostia! 495 00:34:00,497 --> 00:34:03,208 - Non fales… - Cala a puta boca! 496 00:34:03,292 --> 00:34:05,919 Calade as dúas. Sodes unhas narcisistas! 497 00:34:06,003 --> 00:34:09,172 O único que vedes en mi é a vós mesmas! 498 00:34:09,255 --> 00:34:13,135 Sabedes o esgotador que é que te críen dúas mulleres brancas 499 00:34:14,636 --> 00:34:18,599 que nunca xamais se pararon a ver quen era eu de verdade? 500 00:34:18,681 --> 00:34:20,476 Perdín a única persoa 501 00:34:22,143 --> 00:34:23,645 que vía quen era eu. 502 00:34:26,732 --> 00:34:29,985 E estou bastante segura de que unha de vós ma arrebatou. 503 00:34:33,030 --> 00:34:34,739 Veña, Luce. 504 00:34:34,822 --> 00:34:36,408 Lucy, por favor. 505 00:34:36,492 --> 00:34:38,034 Moi ben, isto é… 506 00:34:53,801 --> 00:34:55,677 Ti sabías que se sentía así? 507 00:34:57,304 --> 00:34:59,556 Non, claro que non o sabía. 508 00:35:03,894 --> 00:35:05,729 As maletas están feitas. 509 00:35:05,813 --> 00:35:07,564 Si, marchamos. 510 00:35:08,857 --> 00:35:10,317 - Agora? - Marchamos. 511 00:35:11,068 --> 00:35:11,902 Si. 512 00:35:11,985 --> 00:35:14,446 - Ti tes algo que ver? - Nada que ver. 513 00:35:14,530 --> 00:35:16,907 Que saibas que lle dei un ultimato. 514 00:35:16,990 --> 00:35:18,867 - Obrígalo a marchar? - Non. 515 00:35:18,951 --> 00:35:20,577 Un ultimato é unha elección. 516 00:35:20,661 --> 00:35:23,163 - Con máis consecuencias. - Valo permitir? 517 00:35:23,247 --> 00:35:25,874 - Cala. - Levo a miña muller a un hotel, vale? 518 00:35:25,958 --> 00:35:28,210 Non hai ningunha volta que darlle. 519 00:35:28,293 --> 00:35:30,671 - Pois eu creo que si. Abofé. - En serio? 520 00:35:30,754 --> 00:35:33,048 - En serio? Onde está o teu home? - Si. 521 00:35:33,131 --> 00:35:35,467 Interroga sospeitosos dentro dun camión. 522 00:35:35,551 --> 00:35:36,927 - Onde? - Pete. 523 00:35:37,010 --> 00:35:38,387 Escolle. Agora mesmo. 524 00:35:38,470 --> 00:35:42,641 Mira para min. Son a única a quen lle importa algo 525 00:35:42,724 --> 00:35:44,643 que oculten eses asasinatos. 526 00:35:44,726 --> 00:35:46,270 Que che dean, Kay. 527 00:35:46,353 --> 00:35:48,397 Sabes que? Marcho coa miña muller. 528 00:35:48,480 --> 00:35:52,025 A Dra. Kaminsky ten información sobre o enxerto de pel. 529 00:35:52,109 --> 00:35:54,987 Así que temos que facer isto ti e mais eu. 530 00:35:55,070 --> 00:35:57,531 Un asasino segue solto, Pete. 531 00:35:57,614 --> 00:35:58,907 As chaves da camioneta. 532 00:35:58,991 --> 00:36:01,326 Non. Veña, necesítote. 533 00:36:01,410 --> 00:36:02,452 Dáme as chaves. 534 00:36:10,460 --> 00:36:11,420 Vale. 535 00:36:11,503 --> 00:36:12,337 Peter! 536 00:36:30,689 --> 00:36:31,773 Merda. 537 00:36:49,249 --> 00:36:50,250 Sei o que fixeches. 538 00:36:50,876 --> 00:36:51,710 A que se refire? 539 00:36:51,793 --> 00:36:53,503 Non disimules, Maggie. 540 00:36:53,587 --> 00:36:55,714 Finxiches non saber nada do pirateo, 541 00:36:55,797 --> 00:36:58,800 cando fuches ti quen argallou toda esta puta lea. 542 00:36:58,884 --> 00:36:59,843 Non tal. 543 00:36:59,927 --> 00:37:01,929 Agarde, xefa. Non lance acusacións. 544 00:37:02,012 --> 00:37:03,305 Estás despedida. 545 00:37:04,264 --> 00:37:07,309 Eu non fun. Xúrolle que non estou finxindo. 546 00:37:07,392 --> 00:37:09,144 Non. Non te preocupes, rapaza. 547 00:37:10,020 --> 00:37:12,773 Ti e mais eu habemos buscar unha solución. 548 00:37:13,732 --> 00:37:14,900 Ei. Kay? 549 00:37:16,693 --> 00:37:18,278 - Ola. - Estás ben? Ei. 550 00:37:19,154 --> 00:37:20,238 Que demo pasou? 551 00:37:20,322 --> 00:37:22,616 Interrogan a Marino. Seica o descubriches? 552 00:37:22,699 --> 00:37:23,992 Supoño. Teño que marchar. 553 00:37:24,076 --> 00:37:27,371 Supós? Que demo pasou, Kay? Por que non me chamaches? 554 00:37:27,454 --> 00:37:29,164 Chamei. Deixei unha mensaxe. 555 00:37:29,247 --> 00:37:30,207 Que pasou? 556 00:37:30,791 --> 00:37:32,834 É que todo se puxo… 557 00:37:34,127 --> 00:37:35,504 Comeza polo principio. 558 00:37:46,473 --> 00:37:49,142 Ven aquí. 559 00:38:04,908 --> 00:38:06,451 Necesítote. 560 00:39:40,587 --> 00:39:42,631 Non deberiamos saír á vez. 561 00:39:44,633 --> 00:39:45,467 Xa. 562 00:40:03,735 --> 00:40:04,861 Vémonos fóra, Kay. 563 00:40:16,331 --> 00:40:17,833 Non podes contarllo. 564 00:40:20,418 --> 00:40:21,253 Nunca. 565 00:42:44,229 --> 00:42:45,397 Que bonito. 566 00:42:47,983 --> 00:42:48,984 Da doutora Debbie. 567 00:42:50,443 --> 00:42:53,154 Quere que lle diga que a pel biosintética 568 00:42:54,030 --> 00:42:55,865 dos corpos de Cammie e Gwen 569 00:42:56,616 --> 00:42:57,492 é igual. 570 00:42:58,576 --> 00:43:01,079 Esperas que crea que me estás axudando? 571 00:43:01,162 --> 00:43:02,831 É o único que sempre tentei. 572 00:43:03,915 --> 00:43:04,833 Que queres? 573 00:43:04,916 --> 00:43:07,127 Teño todo o que precisa para afundilo. 574 00:43:07,210 --> 00:43:08,211 A quen? 575 00:43:08,295 --> 00:43:10,338 A Reddy, claro. 576 00:43:10,422 --> 00:43:11,840 Sei o que fixestes. 577 00:43:12,549 --> 00:43:15,051 Sei que ocultastes un asasinato. 578 00:43:15,969 --> 00:43:18,513 Eu sei o que fixo vostede: cometeu un. 579 00:43:20,265 --> 00:43:21,725 E culpou a outro. 580 00:43:22,809 --> 00:43:27,856 Levas 25 anos gardando ese ás na manga? 581 00:43:29,274 --> 00:43:30,358 Hai que saber xogar. 582 00:43:34,362 --> 00:43:35,697 Estou fodida. 583 00:43:35,780 --> 00:43:39,951 Ou tamén isto podería ser o comezo dunha bonita, xa sabe… 584 00:43:40,035 --> 00:43:41,745 Dunha amizade? Como? 585 00:43:41,828 --> 00:43:44,873 Teño probas de todo o mal que fixo. 586 00:43:44,956 --> 00:43:45,915 Escolla un crime. 587 00:43:45,999 --> 00:43:47,208 De verdade farías iso? 588 00:43:47,292 --> 00:43:49,711 Accedín a algo do que non tivera culpa. 589 00:43:50,378 --> 00:43:53,923 Cando me decatei, xa estaba metida ata as orellas. 590 00:43:54,007 --> 00:43:55,842 Seguro que vostede fixo o mesmo. 591 00:43:55,925 --> 00:43:58,511 Nunca entrei no seu ordenador. Foi Elvin. 592 00:43:58,595 --> 00:44:00,013 Por que? 593 00:44:00,096 --> 00:44:02,682 Para que nunca confiase en min. 594 00:44:02,766 --> 00:44:06,019 Non importa como empezou. Pode e debe acabar doutro xeito. 595 00:44:06,102 --> 00:44:10,190 Heillo demostrar. Conseguirei o que precisa para afundir ese cabrón. 596 00:44:10,273 --> 00:44:13,526 Non me meta a min e eu non a meterei a vostede. 597 00:44:21,368 --> 00:44:22,243 Vale. 598 00:44:23,536 --> 00:44:24,412 Estupendo. 599 00:44:26,414 --> 00:44:27,916 Estás ben tola. 600 00:45:32,188 --> 00:45:34,065 - Ola, Blaise. - Perdoe que a moleste. 601 00:45:34,149 --> 00:45:35,775 A Dra. Kaminsky e eu 602 00:45:35,859 --> 00:45:38,945 sabemos onde lles fixeron os enxertos a Gwen e Cammie. 603 00:45:39,028 --> 00:45:40,447 - Estaban… - Fala máis alto. 604 00:45:40,530 --> 00:45:42,740 …no mesmo ensaio de, acertou, Thor. 605 00:45:42,824 --> 00:45:45,452 - Non oio. Repítemo. - Sabe quen máis estaba? 606 00:45:45,535 --> 00:45:46,828 Blaise, non te escoito. 607 00:45:46,911 --> 00:45:48,580 E quen máis estaba no ensaio? 608 00:45:48,663 --> 00:45:49,581 Quen? 609 00:45:52,041 --> 00:45:53,209 Quen? 610 00:45:53,293 --> 00:45:55,628 Así as coñeceu. Estaban no mesmo grupo. 611 00:45:55,712 --> 00:45:56,546 Ola… 612 00:46:14,189 --> 00:46:16,816 Non ma traias ata que estea aplanada. 613 00:46:16,900 --> 00:46:17,734 Si, señor. 614 00:46:18,485 --> 00:46:22,071 Velaí a está. Fai o que di teu tío con esa moeda. 615 00:46:23,781 --> 00:46:24,949 Si, señor. 616 00:46:25,033 --> 00:46:26,034 Ti non mires. 617 00:46:46,387 --> 00:46:47,222 Ola, doutora. 618 00:46:53,853 --> 00:46:55,438 Seica atopou a miña moeda. 619 00:46:57,774 --> 00:47:00,985 Esa é moi especial. É do ano en que nacín. 620 00:47:07,534 --> 00:47:08,451 Axente Ryan. 621 00:47:14,207 --> 00:47:16,834 O de Lori foi o primeiro corpo que vin tan magoado. 622 00:47:17,418 --> 00:47:21,631 O sangue, a súa natureza. Iso cambioume. 623 00:47:22,674 --> 00:47:24,384 O de Cammie foi un desastre. 624 00:47:24,926 --> 00:47:27,136 Pero Gwen? O de Gwen foi perfecto. 625 00:47:27,220 --> 00:47:30,223 Fíxeno para impresionar a moza axeitada. 626 00:47:31,766 --> 00:47:32,850 A vostede. 627 00:48:12,473 --> 00:48:13,516 Merda. 628 00:48:16,561 --> 00:48:17,395 Non! 629 00:48:20,231 --> 00:48:21,441 Socorro! 630 00:48:31,117 --> 00:48:33,161 Aquí! Por favor! 631 00:48:38,082 --> 00:48:40,418 Non loites e non che doerá. 632 00:48:53,598 --> 00:48:55,308 Algúns temos cicatrices por fóra 633 00:48:55,892 --> 00:48:57,185 e outros, por dentro. 634 00:49:06,569 --> 00:49:07,403 Eu teño as dúas. 635 00:52:13,214 --> 00:52:14,215 Non. 636 00:52:22,473 --> 00:52:23,683 Non. 637 00:54:10,790 --> 00:54:12,792 Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos 638 00:54:12,875 --> 00:54:14,877 Supervisora creativa: Paula Maneiro