1 00:00:29,333 --> 00:00:34,125 OUTUBRO DE 1862 2 00:00:46,708 --> 00:00:47,750 Excelencia! 3 00:00:48,625 --> 00:00:49,916 Excelencia! 4 00:00:53,083 --> 00:00:54,541 Axúdame a sentar. 5 00:00:54,625 --> 00:00:56,000 Sentade. 6 00:01:05,583 --> 00:01:07,333 Non viches nada. 7 00:01:09,875 --> 00:01:11,125 Si, excelencia. 8 00:01:14,666 --> 00:01:16,250 Con ou sen a rosa? 9 00:01:16,750 --> 00:01:18,208 Coa rosa. 10 00:01:18,291 --> 00:01:19,375 Coa rosa. 11 00:01:19,458 --> 00:01:21,958 - Botarémoste de menos hoxe, mamá. - Seino. 12 00:01:22,041 --> 00:01:24,541 E se quedamos como mostra de solidariedade? 13 00:01:24,625 --> 00:01:27,750 Como atoparedes un marido se non ides ao baile? 14 00:01:27,833 --> 00:01:30,875 Este é o último e o máis importante da tempada. 15 00:01:30,958 --> 00:01:32,458 Caterina tamén o atopará? 16 00:01:32,541 --> 00:01:34,500 É demasiado lista para querer un. 17 00:01:34,583 --> 00:01:36,625 De feito, non busco marido. 18 00:01:36,708 --> 00:01:38,125 É marabilloso, Balsamo. 19 00:01:45,250 --> 00:01:46,666 Quita esa roupa. 20 00:01:47,416 --> 00:01:50,250 - Fabrizio. - Cesto, es o meu herdeiro. 21 00:01:52,833 --> 00:01:54,041 Non es un fanfarrón. 22 00:01:55,416 --> 00:01:56,375 Si, papá. 23 00:02:02,708 --> 00:02:03,666 Papá. 24 00:02:03,750 --> 00:02:04,791 Que foi? 25 00:02:04,875 --> 00:02:06,000 Xa chegou. 26 00:02:15,291 --> 00:02:16,208 Príncipe. 27 00:02:18,208 --> 00:02:20,125 Grazas pola vosa hospitalidade. 28 00:02:20,833 --> 00:02:22,458 Benvido. 29 00:02:23,041 --> 00:02:24,125 Princesa. 30 00:02:27,041 --> 00:02:28,000 Concetta. 31 00:02:33,250 --> 00:02:36,750 O conde fixo unha viaxe longa e dura. 32 00:02:36,833 --> 00:02:38,125 Vaiamos comer algo. 33 00:02:43,041 --> 00:02:44,375 Entremos. 34 00:02:44,458 --> 00:02:48,125 Non sabedes que ganas tiña de volvervos ver. 35 00:02:49,416 --> 00:02:50,791 As vosas cartas 36 00:02:51,333 --> 00:02:53,375 axudáronme a levar estes meses. 37 00:03:00,541 --> 00:03:03,333 Conde, o voso amigo, 38 00:03:03,416 --> 00:03:05,041 o tenente Cavriaghi, 39 00:03:05,541 --> 00:03:06,541 como está? 40 00:03:07,041 --> 00:03:09,083 Casou o ano pasado, princesa. 41 00:03:09,666 --> 00:03:11,666 - Ah! - E vai ter un fillo pronto. 42 00:03:22,458 --> 00:03:24,625 Príncipe. Princesa. 43 00:03:27,500 --> 00:03:31,375 A miña familia leva xeracións ligada á catedral de Milán. 44 00:03:32,333 --> 00:03:34,708 Moi ben. Iso comprácenos moito. 45 00:03:35,791 --> 00:03:38,166 Por iso, o arcebispo de Milán desexa 46 00:03:38,875 --> 00:03:41,166 honrar a nosa unión casándonos alí. 47 00:03:45,416 --> 00:03:46,416 Non, grazas. 48 00:03:47,625 --> 00:03:49,041 Conde! 49 00:03:49,125 --> 00:03:50,416 En Milán? 50 00:03:50,500 --> 00:03:52,000 Así é. 51 00:03:53,000 --> 00:03:56,416 Despois habería unha recepción no palazzo da nosa familia. 52 00:04:01,916 --> 00:04:06,000 Parecedes moi decidido a mortificar o noso padre Pirrone. 53 00:04:07,791 --> 00:04:09,875 Sei que isto vos pode parecer 54 00:04:09,958 --> 00:04:12,000 unha gran falta de respecto, 55 00:04:12,916 --> 00:04:16,208 mais a felicidade da vosa filla é a miña razón de ser. 56 00:04:16,291 --> 00:04:17,916 Tiven que compracela. 57 00:04:20,500 --> 00:04:23,333 A promesa da vosa bendición sería para nós 58 00:04:23,416 --> 00:04:25,000 o agasallo máis valioso. 59 00:04:33,000 --> 00:04:35,583 Non podo facer tal promesa. 60 00:04:43,625 --> 00:04:46,708 Non lle basta con levar a nosa filla a Milán? 61 00:04:47,916 --> 00:04:50,666 Agora quere privarnos dunha voda en Palermo. 62 00:04:54,958 --> 00:04:56,458 Non a leva a ningures. 63 00:04:57,125 --> 00:04:58,708 Ela quere ir. 64 00:05:01,458 --> 00:05:04,250 Talvez fosen as palabras do conde Bombello, 65 00:05:05,250 --> 00:05:06,916 mais é o desexo de Concetta. 66 00:05:10,125 --> 00:05:12,166 Non quero ir sen ti hoxe. 67 00:05:13,666 --> 00:05:15,125 Pois debes ir. 68 00:05:19,833 --> 00:05:21,750 Recordas o noso primeiro baile? 69 00:05:23,791 --> 00:05:25,541 - Foi un valse. - Si. 70 00:05:27,250 --> 00:05:28,500 De Strauss, creo. 71 00:05:30,166 --> 00:05:31,291 Estabas fermosa. 72 00:05:32,750 --> 00:05:34,625 Levabas un vestido cerúleo. 73 00:05:37,541 --> 00:05:38,625 E un… 74 00:05:39,583 --> 00:05:42,166 Un colar de zafiro. 75 00:05:55,125 --> 00:05:57,250 Todos os homes me envexaban. 76 00:05:59,500 --> 00:06:00,666 Lémbraste? 77 00:06:02,416 --> 00:06:04,250 Mais escolliches ben, non si? 78 00:06:05,000 --> 00:06:06,625 Como me chamabas? 79 00:06:06,708 --> 00:06:09,125 O príncipe dos príncipes. 80 00:06:10,416 --> 00:06:12,333 O príncipe dos príncipes. 81 00:06:12,416 --> 00:06:14,000 Dáme voltas a cabeza. 82 00:06:45,208 --> 00:06:47,291 A vosa nai non vén ao baile? 83 00:06:47,791 --> 00:06:49,541 Perdeu un fillo. 84 00:06:51,375 --> 00:06:53,416 Nunca volverá a un baile. 85 00:06:59,916 --> 00:07:04,166 Don Fabrizio, alégrame ter a oportunidade de pasarmos algún tempo xuntos. 86 00:07:05,208 --> 00:07:06,916 De poder falar un pouco. 87 00:07:07,916 --> 00:07:11,041 Espero que non vaiades pedir un dote maior. 88 00:07:11,125 --> 00:07:13,000 Papá, por favor! 89 00:07:32,208 --> 00:07:34,125 Espero que haxa un conde guapo! 90 00:07:34,208 --> 00:07:35,750 O aspecto non o é todo. 91 00:07:35,833 --> 00:07:37,583 Que descarada es, Chiara! 92 00:07:43,166 --> 00:07:45,333 É ese o senador Sedara? 93 00:07:45,416 --> 00:07:46,416 É. 94 00:07:46,500 --> 00:07:47,583 Merda! 95 00:07:47,666 --> 00:07:49,958 Esta xente caga diñeiro! 96 00:07:50,041 --> 00:07:51,166 Non sexas groseiro. 97 00:07:51,250 --> 00:07:52,250 Príncipe! 98 00:07:54,291 --> 00:07:55,208 Senador. 99 00:07:56,083 --> 00:07:59,541 O voso primeiro baile no Ponteleone. 100 00:08:00,458 --> 00:08:02,291 Todo isto é grazas a vós. 101 00:08:02,375 --> 00:08:04,833 Estar aquí, para min, 102 00:08:04,916 --> 00:08:06,708 é un festín para os sentidos! 103 00:08:11,583 --> 00:08:13,375 Un pequeno consello. 104 00:08:14,083 --> 00:08:15,458 - Permitídesme? - Si. 105 00:08:16,791 --> 00:08:19,500 Os tulipáns nunca con frac. 106 00:08:26,416 --> 00:08:28,208 - Excelencia. - Príncipe. 107 00:08:28,291 --> 00:08:30,875 - Boa noite, príncipe. - Benvido. 108 00:08:30,958 --> 00:08:33,833 Facédelle chegar os nosos saúdos á princesa. 109 00:08:33,916 --> 00:08:36,083 Fareillos chegar. Deica logo. 110 00:08:40,333 --> 00:08:42,333 Non sae desde a morte do fillo. 111 00:08:54,875 --> 00:08:56,416 Concedédesme este baile? 112 00:09:07,833 --> 00:09:10,125 Esta vez non tedes que pedir permiso. 113 00:09:28,791 --> 00:09:30,333 É magnífico! 114 00:09:30,416 --> 00:09:33,666 Sería imposible construílo hoxe co prezo do pan de ouro! 115 00:09:33,750 --> 00:09:34,791 Belísimo! 116 00:09:34,875 --> 00:09:35,916 E aquí está. 117 00:09:36,000 --> 00:09:37,500 - Duquesa. - Don Calogero. 118 00:09:37,583 --> 00:09:38,416 Senador. 119 00:09:38,500 --> 00:09:41,458 - Que razón tedes. - Canta xuventude esta noite. 120 00:09:45,708 --> 00:09:47,333 Estouvos moi agradecida. 121 00:09:47,833 --> 00:09:50,083 Sei que non vos pon as cousas fáciles. 122 00:09:50,875 --> 00:09:52,458 Non quere deixarvos ir. 123 00:09:53,208 --> 00:09:54,291 Quen querería? 124 00:09:55,375 --> 00:09:57,125 Pois estou desexando irme. 125 00:10:21,750 --> 00:10:24,708 Nada de negocios hoxe. Pasémolo ben. 126 00:10:24,791 --> 00:10:26,750 - Estades belísima. - Angelica! 127 00:10:27,250 --> 00:10:28,875 É un pracer vervos. 128 00:10:28,958 --> 00:10:30,291 - Igualmente. - Papá. 129 00:10:32,250 --> 00:10:33,750 Estás radiante! 130 00:10:33,833 --> 00:10:35,083 Ímolos saudar? 131 00:10:36,416 --> 00:10:37,583 Ide vós. 132 00:10:37,666 --> 00:10:39,541 Eu necesito un vaso de auga. 133 00:10:40,875 --> 00:10:42,000 Está ben, Concetta. 134 00:10:43,041 --> 00:10:44,125 Divertídevos. 135 00:10:44,208 --> 00:10:45,666 Saudemos o tío. 136 00:10:52,541 --> 00:10:53,541 Primos. 137 00:10:53,625 --> 00:10:54,750 Benvidos. 138 00:11:00,208 --> 00:11:01,166 Tancredi. 139 00:11:01,250 --> 00:11:02,500 Tío. 140 00:11:02,583 --> 00:11:03,750 Tío. 141 00:11:06,000 --> 00:11:08,458 Oín que bailades moi ben. 142 00:11:09,500 --> 00:11:12,208 Prometédeme que bailaremos un valse xuntos. 143 00:11:16,000 --> 00:11:18,125 Vaia, aquí está o prometido! 144 00:11:18,625 --> 00:11:20,416 Así é, condesa. 145 00:11:20,500 --> 00:11:23,458 Sodes o home máis afortunado, conde. 146 00:11:24,291 --> 00:11:26,208 E o máis valente. 147 00:11:26,291 --> 00:11:29,166 Veu para arrebatarlle Concetta ao Gatopardo. 148 00:11:29,250 --> 00:11:32,708 Imaxino que liberar Sicilia foi unha misión máis sinxela. 149 00:11:32,791 --> 00:11:34,375 Contade. 150 00:11:34,458 --> 00:11:35,625 É iso certo? 151 00:11:36,125 --> 00:11:38,958 Non, o príncipe foi amable e acolledor. 152 00:11:39,041 --> 00:11:41,666 Estou orgulloso de vos coñecer 153 00:11:41,750 --> 00:11:43,958 e máis de ser parte desta familia. 154 00:11:44,500 --> 00:11:46,166 Vedes, don Fabrizio? 155 00:11:46,250 --> 00:11:48,625 A revolución tróuxonos grandes regalos. 156 00:11:48,708 --> 00:11:50,458 Falades como se xa acabase. 157 00:11:50,541 --> 00:11:53,458 Italia é unha nación aínda incompleta. 158 00:11:54,666 --> 00:11:57,458 Pensaba que loitabamos por unha Italia de todos. 159 00:11:57,541 --> 00:12:00,375 Se soubese que se derramaría tanto sangue 160 00:12:00,458 --> 00:12:01,583 para que algúns… 161 00:12:02,750 --> 00:12:06,208 aproveitados puidesen cubrirse coa nosa bandeira… 162 00:12:07,500 --> 00:12:09,416 Don Calogero, que opinades? 163 00:12:10,333 --> 00:12:13,541 Que que opino, don Fabrizio? 164 00:12:14,375 --> 00:12:17,000 Que cada gran cambio, cada transformación, 165 00:12:17,083 --> 00:12:18,708 xera algúns inconvenientes. 166 00:12:18,791 --> 00:12:21,541 Díxenllo ao Senado no meu discurso. 167 00:12:22,333 --> 00:12:25,416 Onda haxa vandalismo, erradicarémolo. 168 00:12:25,916 --> 00:12:29,208 Onde exploten homes, liberarémolos. 169 00:12:29,291 --> 00:12:31,166 Onde haxa corrupción, 170 00:12:31,750 --> 00:12:33,250 eliminarémola. 171 00:12:34,375 --> 00:12:37,666 Sodes realmente o home perfecto para esta Italia. 172 00:12:38,458 --> 00:12:40,833 Sodes moi amable, don Fabrizio. 173 00:12:41,458 --> 00:12:44,416 Coma sempre. Angelica, vouche presentar uns amigos. 174 00:12:47,166 --> 00:12:49,250 - Desculpade. - Claro. 175 00:12:58,000 --> 00:13:00,583 - Concedédesme este baile? - Grazas. 176 00:13:14,833 --> 00:13:17,916 Supoño que hai moita expectación pola voda siciliana 177 00:13:18,000 --> 00:13:20,875 da filla preferida do Gatopardo. 178 00:13:21,375 --> 00:13:24,083 O máis probable é que sexa unha voda lombarda. 179 00:13:24,166 --> 00:13:26,208 - Lombarda? - Si, mais… 180 00:13:27,250 --> 00:13:30,208 Míraos. A verdade é que fan moi boa parella. 181 00:13:30,708 --> 00:13:33,333 O resto non é máis ca un problema xeográfico. 182 00:13:33,833 --> 00:13:35,833 Casen en Sicilia ou na Lombardía, 183 00:13:37,166 --> 00:13:39,125 tomaches a decisión correcta. 184 00:13:39,208 --> 00:13:40,208 Cal? 185 00:13:41,708 --> 00:13:43,833 Nunca merecín a Concetta. 186 00:13:46,458 --> 00:13:49,416 Querías a Angelica. Eu fíxeno posible. 187 00:13:49,916 --> 00:13:52,750 O resto xa non importa. 188 00:13:56,416 --> 00:13:58,750 Rien ne va plus. Como se di? 189 00:13:58,833 --> 00:13:59,833 Rien. 190 00:13:59,916 --> 00:14:03,000 O secreto está no "r". Teño clases todos os días. 191 00:14:03,083 --> 00:14:05,625 Angelica, concédesme este baile? Desculpade. 192 00:14:07,166 --> 00:14:09,000 Non esquezades o noso valse. 193 00:15:00,250 --> 00:15:02,500 - Uns rapaces estupendos. - Un pracer. 194 00:15:02,583 --> 00:15:03,416 Belísima. 195 00:15:16,125 --> 00:15:18,416 É moi pronto para sabelo. Esperemos. 196 00:15:23,833 --> 00:15:26,125 Probastes as pastas de améndoa? 197 00:15:52,833 --> 00:15:54,041 Francesco. 198 00:15:55,666 --> 00:15:57,083 Que fas aquí? 199 00:16:03,958 --> 00:16:06,708 Non é propio de ti sentar só nun recanto. 200 00:16:06,791 --> 00:16:08,833 Non. Supoño que non o é. 201 00:16:08,916 --> 00:16:09,916 Entón? 202 00:16:10,708 --> 00:16:11,833 Que pasa? 203 00:16:17,000 --> 00:16:18,541 Papá, eu… 204 00:16:22,541 --> 00:16:23,958 Non sei que facer. 205 00:16:25,208 --> 00:16:27,541 Aterrorízame non poder facelo. 206 00:16:29,791 --> 00:16:30,958 Facer o que? 207 00:16:34,458 --> 00:16:35,958 Ser coma ti, papá. 208 00:16:38,458 --> 00:16:39,791 Síntoo. 209 00:16:49,083 --> 00:16:50,333 Vaite divertir. 210 00:16:53,333 --> 00:16:54,916 Atopa unha boa rapaza, 211 00:16:55,000 --> 00:16:57,708 baila e esquéceo. 212 00:16:57,791 --> 00:16:59,541 Mais intenta atopar unha 213 00:16:59,625 --> 00:17:02,083 cun pai moi rico, oíches? 214 00:17:15,166 --> 00:17:16,166 Vai. 215 00:17:36,041 --> 00:17:37,583 Boa noite, princesa. 216 00:17:40,958 --> 00:17:41,958 Angelica. 217 00:17:44,250 --> 00:17:46,583 Podes imaxinar canto custa 218 00:17:46,666 --> 00:17:48,166 fuxir do que es? 219 00:17:48,250 --> 00:17:51,416 - Era máis doado en París. - Con permiso. 220 00:17:53,916 --> 00:17:55,708 Ás veces sorpréndoo mirándome. 221 00:17:57,958 --> 00:18:00,125 E sei que está a pensar no meu avó, 222 00:18:00,875 --> 00:18:02,708 na choza onde naceu miña nai. 223 00:18:05,166 --> 00:18:06,166 Na nosa miseria. 224 00:18:08,916 --> 00:18:10,541 Seguro que non. 225 00:18:14,750 --> 00:18:16,583 Debiches ser ti, Concetta. 226 00:18:22,666 --> 00:18:23,666 É certo. 227 00:18:25,875 --> 00:18:27,583 Unha esposa sabe esas cousas. 228 00:19:18,166 --> 00:19:19,583 De que falastes? 229 00:19:21,916 --> 00:19:23,500 Faloume de París… 230 00:19:24,958 --> 00:19:26,000 Non o sei. 231 00:19:32,583 --> 00:19:33,625 París. 232 00:19:43,250 --> 00:19:45,541 Que é París comparado con Sicilia? 233 00:19:53,250 --> 00:19:54,291 Bótala de menos? 234 00:20:03,083 --> 00:20:04,333 Bótote de menos a ti. 235 00:20:10,916 --> 00:20:13,000 Bombello é un bo home, Concetta. 236 00:20:15,375 --> 00:20:17,583 Mereces un bo home ao teu carón. 237 00:20:19,875 --> 00:20:21,916 Todo saíu como debía. 238 00:20:29,291 --> 00:20:30,708 En Turín, non pretendía… 239 00:21:36,000 --> 00:21:37,000 Príncipe. 240 00:21:40,166 --> 00:21:43,375 Se mo permitides, quería falarvos de algo importante. 241 00:21:44,541 --> 00:21:46,458 Sentade, por favor. 242 00:21:46,541 --> 00:21:47,541 Grazas. 243 00:21:58,250 --> 00:21:59,541 Estou… 244 00:22:05,250 --> 00:22:06,541 arruinado. 245 00:22:07,500 --> 00:22:09,583 O voso home, Russo… 246 00:22:09,666 --> 00:22:12,208 Non é o meu home. Xa non. 247 00:22:12,291 --> 00:22:13,291 Mais fostes vós 248 00:22:13,375 --> 00:22:16,375 quen lle pediu que roubase da terra que me cedestes. 249 00:22:17,125 --> 00:22:18,250 Non é certo? 250 00:22:20,500 --> 00:22:24,416 Molestáronme as circunstancias nas que me arrebataron a miña terra. 251 00:22:24,500 --> 00:22:26,375 Russo e os seus homes… 252 00:22:26,875 --> 00:22:29,375 Ameázanme. Cometen actos de vandalismo. 253 00:22:29,458 --> 00:22:30,750 Están decididos 254 00:22:31,583 --> 00:22:33,208 a expulsarme da miña terra, 255 00:22:33,291 --> 00:22:35,958 mais non sen antes reducir o seu valor a cero. 256 00:22:36,041 --> 00:22:38,291 Por que ían facer iso? 257 00:22:38,375 --> 00:22:40,333 Porque a queren volver comprar. 258 00:22:41,916 --> 00:22:44,833 Russo non ten o capital para comprar a vosa terra, 259 00:22:44,916 --> 00:22:46,750 nin sequera a prezo reducido. 260 00:22:54,375 --> 00:22:55,541 Sedara. 261 00:22:58,166 --> 00:23:00,791 Por iso vin aquí, príncipe. 262 00:23:02,250 --> 00:23:03,583 Para rogarvos… 263 00:23:07,916 --> 00:23:09,541 que me compredes esa terra. 264 00:23:10,958 --> 00:23:12,250 Recuperádea toda. 265 00:23:12,333 --> 00:23:13,750 Non podo. 266 00:23:14,333 --> 00:23:16,541 Comprádea. A prezo de mercado, claro. 267 00:23:16,625 --> 00:23:19,000 Xa non teño os medios para facer iso. 268 00:23:19,083 --> 00:23:22,083 - Vendede algo! - Arruinaría o meu fillo. 269 00:23:22,166 --> 00:23:24,083 Príncipe, pídovolo de xeonllos. 270 00:23:24,166 --> 00:23:26,875 - Que facedes? Levantádevos. - Suplícovolo! 271 00:23:26,958 --> 00:23:29,583 - Que debo facer? Dicídemo! - Levantádevos! 272 00:23:38,916 --> 00:23:41,250 Todos estamos destinados á miseria. 273 00:23:44,666 --> 00:23:46,875 Vós simplemente chegastes antes. 274 00:24:03,041 --> 00:24:04,041 Desculpádeme. 275 00:24:32,750 --> 00:24:34,041 Angelica. 276 00:24:34,125 --> 00:24:36,708 Estábate buscando. Non te atopaba. 277 00:24:53,208 --> 00:24:54,083 Coidado! 278 00:24:55,041 --> 00:24:57,041 Non me abandonedes! 279 00:25:01,000 --> 00:25:02,125 Desculpádeme. 280 00:25:02,208 --> 00:25:04,750 - Perdón, señorita. - Tranquilo. 281 00:25:06,416 --> 00:25:10,166 Pasei un mes aprendendo a bailar a polca, e tocan unha mazurca. 282 00:25:23,958 --> 00:25:26,208 Non vos saciaredes nunca? 283 00:25:27,750 --> 00:25:28,833 Non vos entendo. 284 00:25:33,375 --> 00:25:36,416 - Necesito pedirvos un favor. - Por suposto. 285 00:25:36,500 --> 00:25:40,291 O exgobernador de Palermo, Leonforte, 286 00:25:40,375 --> 00:25:42,791 proporavos que lle compredes a súa terra. 287 00:25:43,291 --> 00:25:44,875 Cando aceptedes facelo, 288 00:25:44,958 --> 00:25:47,750 e sei que aceptaredes, 289 00:25:48,625 --> 00:25:51,708 asegurádevos de que reciba unha cifra axeitada. 290 00:25:54,333 --> 00:25:56,625 Prezo de mercado, e non menos. 291 00:25:59,458 --> 00:26:01,458 Veredes, don Fabrizio. 292 00:26:04,166 --> 00:26:07,791 Se cedo a iso con Leonforte… 293 00:26:11,000 --> 00:26:13,625 gañarei a reputación 294 00:26:14,416 --> 00:26:16,083 de home compasivo. 295 00:26:16,166 --> 00:26:17,791 Vós mesmo o dixestes antes. 296 00:26:18,291 --> 00:26:22,083 Estamos invadidos polo vandalismo, a corrupción 297 00:26:22,666 --> 00:26:23,916 e a extorsión. 298 00:26:24,666 --> 00:26:27,750 Non imos combater esta nova especie de xente 299 00:26:28,333 --> 00:26:31,333 que antes non tiña nada e agora cada vez quere máis? 300 00:26:31,416 --> 00:26:33,833 Xente horrible, non si? 301 00:26:33,916 --> 00:26:35,958 - Non os podemos culpar. - Ah, non? 302 00:26:36,041 --> 00:26:38,375 Non, son bestas. Son así por natureza. 303 00:26:38,958 --> 00:26:41,083 Se teñen unha presa na boca, 304 00:26:41,166 --> 00:26:42,958 teñen que fincarlle o dente. 305 00:26:43,750 --> 00:26:44,833 Ata o óso. 306 00:26:47,208 --> 00:26:49,000 Vós os nobres sodes… 307 00:26:50,750 --> 00:26:53,708 A verdade é que non sei o que sodes. 308 00:26:54,958 --> 00:26:58,208 Mais enténdoo. Entendo que os negocios 309 00:26:58,791 --> 00:27:01,291 vos parezan abafadores. 310 00:27:01,375 --> 00:27:03,583 Estades fartos de tantas propiedades. 311 00:27:03,666 --> 00:27:05,708 Parécevos inadecuado 312 00:27:06,208 --> 00:27:08,375 o aumento dos arrendamentos. 313 00:27:08,875 --> 00:27:11,208 E despois sentídesvos indiferentes 314 00:27:11,958 --> 00:27:13,291 ante a ruína. 315 00:27:14,125 --> 00:27:16,125 A vosa e a dos demais. 316 00:27:16,625 --> 00:27:20,250 Mais os que traballamos duro polo que temos… 317 00:27:22,083 --> 00:27:25,791 temos que abordar cada trato como se fose o primeiro e o último. 318 00:27:25,875 --> 00:27:29,125 Non podemos dar por sentado nin un só céntimo. 319 00:27:30,083 --> 00:27:31,833 Por iso, 320 00:27:32,416 --> 00:27:34,000 dentro de douscentos anos, 321 00:27:34,083 --> 00:27:36,000 a miña especie 322 00:27:37,083 --> 00:27:38,708 seguirá aquí. 323 00:27:47,291 --> 00:27:49,208 Odio estes chismes! 324 00:27:50,958 --> 00:27:52,458 En fin, podedes dicirlle 325 00:27:52,541 --> 00:27:55,291 ao exgobernador Leonforte 326 00:27:56,208 --> 00:27:58,208 e a calquera que lle interese, 327 00:27:59,166 --> 00:28:02,583 que, con todo o respecto, 328 00:28:02,666 --> 00:28:04,416 pagarei o que me apeteza. 329 00:28:05,416 --> 00:28:07,041 Nin un céntimo máis. 330 00:28:10,583 --> 00:28:11,833 Desculpádeme. 331 00:28:12,666 --> 00:28:15,166 Coronel! Onde vos agachades? 332 00:28:25,958 --> 00:28:27,625 Prometéstesme un valse, tío. 333 00:28:29,375 --> 00:28:31,500 Se o meu marido non se cela. 334 00:28:31,583 --> 00:28:34,416 Cando tes un tío tan elegante e guapo coma o meu, 335 00:28:35,041 --> 00:28:37,125 tes dereito a estar celoso. 336 00:28:39,041 --> 00:28:40,083 Adiante. 337 00:28:42,208 --> 00:28:43,291 Un valse. 338 00:29:09,416 --> 00:29:10,958 O meu equilibrio! 339 00:31:32,541 --> 00:31:33,708 Grazas. 340 00:31:42,375 --> 00:31:43,708 Con permiso. 341 00:32:15,291 --> 00:32:16,291 Podo? 342 00:32:30,583 --> 00:32:32,291 Esas mulleres… 343 00:32:33,833 --> 00:32:35,291 tan apagadas. 344 00:32:38,416 --> 00:32:40,208 Eses homes estúpidos. 345 00:32:43,291 --> 00:32:45,791 Non son máis ca presas indefensas, 346 00:32:45,875 --> 00:32:50,083 condenadas a gozar do raio de luz que lles foi concedido… 347 00:32:54,041 --> 00:32:55,958 entre o berce e a morte. 348 00:33:01,208 --> 00:33:02,750 Nós fomos 349 00:33:03,541 --> 00:33:05,125 os leopardos. 350 00:33:06,208 --> 00:33:07,458 Os leóns. 351 00:33:10,875 --> 00:33:12,833 Os que nos substituirán serán 352 00:33:13,333 --> 00:33:15,666 os chacais, as hienas. 353 00:33:17,875 --> 00:33:20,458 Todo será diferente, mais peor. 354 00:33:25,041 --> 00:33:26,666 E os leopardos, 355 00:33:27,625 --> 00:33:29,875 os chacais, as ovellas… 356 00:33:31,416 --> 00:33:33,000 seguiremos todos 357 00:33:34,250 --> 00:33:36,750 a crernos a sal da terra. 358 00:33:42,875 --> 00:33:44,416 É hora de ir para a casa. 359 00:33:46,333 --> 00:33:48,875 Non, aínda é moi cedo. 360 00:33:51,208 --> 00:33:52,708 É tarde abondo. 361 00:33:58,750 --> 00:34:03,166 Casa co teu Bombello onde queiras, mesmo en Groenlandia. 362 00:34:04,958 --> 00:34:07,000 Mentres eu poida estar alí. 363 00:36:05,583 --> 00:36:06,541 Bendicò! 364 00:36:06,625 --> 00:36:09,666 Queres ver as rosas que floreceron de noite? 365 00:36:10,791 --> 00:36:12,500 - Ven. - Si. 366 00:36:13,500 --> 00:36:14,666 Son fermosas. 367 00:36:15,833 --> 00:36:17,166 Nunha noite… 368 00:36:18,541 --> 00:36:20,000 brotaron así sen máis. 369 00:36:21,500 --> 00:36:22,500 Mira. 370 00:36:23,000 --> 00:36:24,000 Que bonitas. 371 00:36:25,666 --> 00:36:27,000 Que me dis desta? 372 00:36:27,083 --> 00:36:28,833 Non che parece marabillosa? 373 00:36:29,833 --> 00:36:32,625 - Hai tantos brotes. - Son preciosas. 374 00:36:32,708 --> 00:36:36,875 Un, dous, tres, catro… Brotarán máis. 375 00:36:37,375 --> 00:36:39,208 Mira esta. Que marabilla. 376 00:36:40,750 --> 00:36:42,625 Son o meu orgullo. 377 00:36:42,708 --> 00:36:44,916 Que marabilla. 378 00:36:54,083 --> 00:36:54,916 Papá! 379 00:36:55,583 --> 00:36:56,500 Papá! 380 00:36:57,000 --> 00:36:58,083 Meu Deus! 381 00:37:00,041 --> 00:37:02,208 Axuda! 382 00:37:02,791 --> 00:37:03,916 Mamá! 383 00:37:04,500 --> 00:37:06,416 Necesito axuda! 384 00:37:08,000 --> 00:37:08,833 Papá! 385 00:37:09,375 --> 00:37:10,416 Fabrizio! 386 00:37:10,500 --> 00:37:11,916 Abre os ollos, Fabrizio! 387 00:37:12,000 --> 00:37:13,250 Fabrizio! 388 00:37:13,333 --> 00:37:14,750 Fabrizio! Mírame! 389 00:37:22,583 --> 00:37:24,500 É o que lle expliquei a el. 390 00:37:26,083 --> 00:37:27,916 Un trastorno cerebral grave. 391 00:37:29,791 --> 00:37:31,375 Sinto dicir… 392 00:37:32,208 --> 00:37:34,333 que é peor do que cría. 393 00:37:39,458 --> 00:37:41,375 Por que non mo dixeches? 394 00:37:43,208 --> 00:37:44,458 Fabrizio! 395 00:37:45,875 --> 00:37:47,708 Ti tamén non! Non morras! 396 00:37:47,791 --> 00:37:49,041 Está ben… 397 00:37:49,125 --> 00:37:50,208 Está ben. 398 00:37:51,000 --> 00:37:53,625 Está ben… 399 00:37:55,583 --> 00:37:56,875 Está ben… 400 00:38:03,833 --> 00:38:05,583 Cesco, pecha as contraventás. 401 00:38:06,708 --> 00:38:07,958 Padre, axudádeo. 402 00:38:12,833 --> 00:38:14,041 Fabrizio. 403 00:38:16,958 --> 00:38:19,333 Que por esta santa unción 404 00:38:19,416 --> 00:38:21,833 e pola súa bondadosa misericordia… 405 00:38:22,875 --> 00:38:25,000 Señor, ten piedade. 406 00:38:27,041 --> 00:38:28,458 Señor, ten piedade. 407 00:38:28,541 --> 00:38:30,333 Señor, ten piedade. 408 00:38:30,416 --> 00:38:31,833 Cristo, ten piedade. 409 00:38:31,916 --> 00:38:33,208 Señor, ten piedade. 410 00:38:33,291 --> 00:38:36,208 Espero poder facer que te sintas orgulloso. 411 00:38:36,791 --> 00:38:40,083 …e o Espírito Santo. Amén. 412 00:38:40,166 --> 00:38:41,500 Adeus, papá. 413 00:39:04,958 --> 00:39:06,791 - Tancredi. - Tía. 414 00:39:09,041 --> 00:39:10,666 Necesítate agora. 415 00:39:10,750 --> 00:39:11,666 Ven. 416 00:39:12,166 --> 00:39:13,625 Pensamos que marcharas. 417 00:39:13,708 --> 00:39:15,833 Si, mais regresei en canto o souben. 418 00:39:46,333 --> 00:39:47,416 Tío. 419 00:41:07,791 --> 00:41:08,833 Eu… 420 00:41:13,458 --> 00:41:14,958 Non vos quero enganar. 421 00:41:21,000 --> 00:41:23,166 Non parecedes sorprendido. 422 00:41:23,250 --> 00:41:25,000 Como o ía estar, princesa? 423 00:41:32,791 --> 00:41:34,916 Non espero que me perdoedes. 424 00:41:41,625 --> 00:41:43,416 Respondédeme só a isto. 425 00:41:46,250 --> 00:41:48,958 Quixestes casar comigo en serio nalgún momento? 426 00:41:53,625 --> 00:41:54,875 Si. 427 00:41:58,541 --> 00:41:59,541 Quixen. 428 00:42:11,583 --> 00:42:13,791 Deixareivos esta mesma tarde. 429 00:42:14,375 --> 00:42:15,583 Con permiso. 430 00:42:41,000 --> 00:42:42,000 Estou aquí. 431 00:42:52,458 --> 00:42:54,000 Chegou o momento… 432 00:42:57,416 --> 00:43:00,166 de facer balance. 433 00:43:04,916 --> 00:43:06,750 Teño que buscar 434 00:43:07,750 --> 00:43:10,750 entre as cinzas dos meus erros… 435 00:43:12,083 --> 00:43:14,833 algunhas chispas… 436 00:43:15,833 --> 00:43:17,208 de felicidade. 437 00:43:20,875 --> 00:43:23,458 O día que casei con Stella. 438 00:43:25,708 --> 00:43:27,000 Despois, 439 00:43:28,500 --> 00:43:30,041 todas as nosas… 440 00:43:34,458 --> 00:43:37,500 cabalgatas xuntos. 441 00:43:39,750 --> 00:43:42,250 A miña primeira gravata de seda. 442 00:43:44,250 --> 00:43:49,875 O embriagador aroma dunha bela muller descoñecida… 443 00:43:52,041 --> 00:43:54,708 ao pasar ao seu carón pola rúa. 444 00:43:57,250 --> 00:44:00,875 A alba perfecta o outro día… 445 00:44:03,250 --> 00:44:05,041 con Concetta. 446 00:44:07,083 --> 00:44:08,916 Concetta! 447 00:44:16,208 --> 00:44:18,041 Lévame fóra. 448 00:44:33,666 --> 00:44:34,833 Estou aquí. 449 00:45:17,083 --> 00:45:18,458 Vin a Bombello marchar. 450 00:45:19,250 --> 00:45:20,833 Irás a Milán con el? 451 00:45:24,125 --> 00:45:25,333 Non. 452 00:45:28,666 --> 00:45:30,416 E agora que sucederá? 453 00:45:33,125 --> 00:45:34,041 Concetta. 454 00:45:37,250 --> 00:45:38,250 Concetta. 455 00:45:42,750 --> 00:45:44,000 Concetta. 456 00:45:46,791 --> 00:45:47,916 E nós? 457 00:46:01,041 --> 00:46:02,916 Non hai nada que poida facer? 458 00:46:26,250 --> 00:46:28,000 Sé o meu amigo. 459 00:46:35,166 --> 00:46:38,125 Para min sempre estarás antes ca todos os demais. 460 00:46:43,416 --> 00:46:44,416 Sempre. 461 00:46:50,500 --> 00:46:52,041 Concetta… 462 00:47:37,416 --> 00:47:38,458 Papá. 463 00:47:40,208 --> 00:47:41,666 Escoita… 464 00:47:44,833 --> 00:47:46,375 Só ti… 465 00:47:48,375 --> 00:47:49,791 podes 466 00:47:50,791 --> 00:47:52,083 protexer 467 00:47:53,666 --> 00:47:56,750 a nosa familia. 468 00:48:01,041 --> 00:48:02,791 Francesco 469 00:48:04,000 --> 00:48:05,958 levará o título. 470 00:48:08,208 --> 00:48:10,708 Mais ti debes 471 00:48:12,125 --> 00:48:13,625 guialo. 472 00:48:18,458 --> 00:48:19,583 Dime… 473 00:48:22,250 --> 00:48:24,125 que o entendes. 474 00:48:26,833 --> 00:48:28,791 Só ti. 475 00:48:33,041 --> 00:48:34,250 Enténdoo. 476 00:48:37,833 --> 00:48:39,083 Enténdoo, papá. 477 00:48:39,166 --> 00:48:40,583 Ben. 478 00:48:50,333 --> 00:48:51,916 Todo irá… 479 00:48:52,958 --> 00:48:55,041 - Ben. - …ben. 480 00:49:28,708 --> 00:49:32,041 Deus te salve María, chea es de graza, o Señor é contigo. 481 00:49:32,125 --> 00:49:34,333 Bendita es entre todas as mulleres 482 00:49:34,416 --> 00:49:37,541 e bendito é o froito do teu ventre, Xesús. 483 00:49:37,625 --> 00:49:40,958 Deus te salve María, chea es de graza, o Señor é contigo. 484 00:49:41,041 --> 00:49:42,000 Bendita es… 485 00:49:42,083 --> 00:49:43,166 Príncipe. 486 00:49:49,500 --> 00:49:51,416 As miñas condolencias, príncipe. 487 00:50:01,708 --> 00:50:03,041 Sé forte agora, primo. 488 00:50:20,083 --> 00:50:21,208 Angelica. 489 00:50:22,041 --> 00:50:23,291 Érguete. 490 00:50:34,833 --> 00:50:35,958 Princesa. 491 00:50:39,875 --> 00:50:41,333 Príncipe. 492 00:50:48,166 --> 00:50:50,291 O meu máis sentido pésame. 493 00:51:15,750 --> 00:51:17,083 Por aquí, por favor. 494 00:51:23,041 --> 00:51:24,250 Adiante, Russo. 495 00:51:33,500 --> 00:51:34,541 Príncipe. 496 00:51:35,541 --> 00:51:36,875 Dona Concetta. 497 00:51:36,958 --> 00:51:38,125 Russo. 498 00:51:40,500 --> 00:51:44,500 Temo que… chegades un pouco tarde, señor. 499 00:51:46,708 --> 00:51:50,500 Esta propiedade e todas as que pertencían a Leonforte 500 00:51:51,083 --> 00:51:52,875 están agora na nosa posesión. 501 00:51:55,291 --> 00:51:58,500 Tiñamos un acordo. 502 00:52:00,541 --> 00:52:03,166 Simplemente ofrecemos unha cifra superior. 503 00:52:04,125 --> 00:52:05,791 Así funciona isto, non si? 504 00:52:06,500 --> 00:52:07,916 Aínda tedes o voso nome, 505 00:52:08,000 --> 00:52:10,708 mais todos sabemos que non tedes tanto diñeiro. 506 00:52:10,791 --> 00:52:12,083 Non o sabedes? 507 00:52:12,583 --> 00:52:15,083 O noso primo casou cunha muller moi rica. 508 00:52:17,625 --> 00:52:20,166 Mellor dito, cunha muller cun pai moi rico. 509 00:52:23,791 --> 00:52:25,416 Dicídelle ao voso patrón 510 00:52:25,500 --> 00:52:27,958 que ofrecemos máis co seu propio diñeiro. 511 00:52:28,041 --> 00:52:29,500 Princesa… 512 00:52:30,083 --> 00:52:32,000 isto non cambiará nada. 513 00:52:34,250 --> 00:52:35,333 Todos vós… 514 00:52:36,500 --> 00:52:38,375 só sodes ovellas. 515 00:52:39,291 --> 00:52:41,875 E aquí, tosquiamos as ovellas. 516 00:52:44,041 --> 00:52:45,208 Tosquiámolas. 517 00:53:03,666 --> 00:53:05,125 Ven con mamá. 518 00:53:12,000 --> 00:53:13,458 Señor, 519 00:53:13,541 --> 00:53:17,958 bendice esta sagrada reliquia da nosa amada santa Catalina. 520 00:53:23,416 --> 00:53:25,500 Señoras e señores, 521 00:53:25,583 --> 00:53:26,875 Giuseppe 522 00:53:27,375 --> 00:53:28,708 Garibaldi! 523 00:53:33,250 --> 00:53:34,583 Viva Garibaldi! 524 00:55:28,208 --> 00:55:30,125 DA NOVELA DE GIUSEPPE TOMASI 525 00:58:40,125 --> 00:58:43,166 Subtítulos: Lorena Pereiras