1 00:00:14,432 --> 00:00:16,059 Hai lea! Hai que vela! 2 00:00:16,601 --> 00:00:18,186 Estanse leando. Veña! 3 00:01:18,204 --> 00:01:19,330 Non! 4 00:01:27,588 --> 00:01:30,007 Tres liortas en tres días de curso. 5 00:01:30,091 --> 00:01:32,135 Foi contando que teño herpes. 6 00:01:32,218 --> 00:01:34,303 Fíxeno para ver se recadaba cartos, 7 00:01:34,387 --> 00:01:36,889 pero nada. Disque o ten todo o mundo. 8 00:01:36,973 --> 00:01:40,852 É unha cativa e aos cativos hai que zoscarlles ás veces. 9 00:01:41,686 --> 00:01:42,937 Eh, nada de zoscar. 10 00:01:43,020 --> 00:01:45,439 - Trabar? - A violencia non é a solución. 11 00:01:45,523 --> 00:01:48,317 Espero máis de ti. Es maior e delegada de clase. 12 00:01:48,401 --> 00:01:51,612 Noto un favoritismo que raia no desapropiado. 13 00:01:51,696 --> 00:01:55,366 Que di? Chamo o consello escolar ou a súa muller? 14 00:01:55,449 --> 00:01:57,785 Pódela trabar sen facerlle ferida. 15 00:01:58,870 --> 00:02:02,039 Señor Salazar, ou trae ao rego as súas fillas… 16 00:02:02,123 --> 00:02:05,668 Tranquilo. Voulles dar unha boa tunda. 17 00:02:07,837 --> 00:02:11,841 Metaforicamente, vaia. Unha tunda de leccións vitais. 18 00:02:13,050 --> 00:02:15,303 Ben. Á próxima, expulsadas. 19 00:02:16,179 --> 00:02:20,474 Sodes as miñas sobriñas e non tedes nai, pero non vos quero na casa. 20 00:02:20,558 --> 00:02:23,978 Non vos volvo salvar o cu. Non teño tempo para isto. 21 00:02:24,061 --> 00:02:26,272 Estabas xogando ó Animal Crossing. 22 00:02:26,355 --> 00:02:30,109 Pois si. Pero o numeriño vaivos custar cen dólares a cada unha. 23 00:02:30,193 --> 00:02:34,238 Ou saldades a débeda nunha semana ou desvío as chamadas da casa. 24 00:02:34,322 --> 00:02:35,656 Non irán ó meu móbil. 25 00:02:35,740 --> 00:02:38,868 As chamadas do instituto irán dereitiñas ó voso pai. 26 00:02:38,951 --> 00:02:41,662 Ala, vémonos. Ide a pé para a casa. 27 00:02:41,746 --> 00:02:44,290 E logo como iamos ir? Se non tes coche! 28 00:02:44,373 --> 00:02:45,208 Unha semana! 29 00:02:47,168 --> 00:02:48,961 É culpa túa! Acabouse! 30 00:02:49,045 --> 00:02:52,215 Estou chea. Vai comezando a coidarte ti soíña. 31 00:02:54,508 --> 00:02:55,468 Salsa verde. 32 00:02:56,344 --> 00:02:57,178 Que? 33 00:02:57,678 --> 00:03:00,139 Con enchiladas. É o que quero para cear. 34 00:03:01,349 --> 00:03:02,183 A cona. 35 00:03:05,853 --> 00:03:07,480 SALSA VERDE PARA ENCHILADAS 36 00:03:08,481 --> 00:03:11,734 Vaime arruinar a vida e, seguramente, o futuro. 37 00:03:11,817 --> 00:03:14,654 Están a piques de expulsarme e a culpa é vosa. 38 00:03:15,571 --> 00:03:16,864 - Nosa? - Si! 39 00:03:16,948 --> 00:03:20,201 Onde estabades? Debiades evitar que pelexase con Ines. 40 00:03:20,284 --> 00:03:23,871 En fin. Tanto ten. Non había xeito de evitalo. 41 00:03:23,955 --> 00:03:27,250 Estes puños están feitos para a cara da miña irmá. 42 00:03:28,292 --> 00:03:29,794 Xa está. Réndome. 43 00:03:29,877 --> 00:03:34,757 O que Deus lles dá a algúns coas dúas a mans, a min deumo co maimiño. 44 00:03:34,840 --> 00:03:37,093 Non, a ti fíxoche un corte de mangas. 45 00:03:37,176 --> 00:03:40,388 Miña irmá non vai estragar a miña reputación! 46 00:03:40,471 --> 00:03:41,973 Xa tiñas mala reputación. 47 00:03:42,556 --> 00:03:45,768 Pero a xente empeza a asociala con Demi e comigo. 48 00:03:45,851 --> 00:03:46,769 Volve en ti. 49 00:03:46,852 --> 00:03:50,022 Lin o teu horóscopo. A túa casa tres está forte. 50 00:03:50,106 --> 00:03:53,776 É o mellor momento para dicirlle o que sentes e liberarte. 51 00:03:53,859 --> 00:03:56,821 Iso, liberémonos e vivamos coma o primeiro ano, 52 00:03:56,904 --> 00:03:59,156 cando ela ía ao colexio e todo ía ben. 53 00:03:59,240 --> 00:04:01,575 Abondo temos como para aturar a Ines. 54 00:04:01,659 --> 00:04:02,535 Ou a Andre. 55 00:04:02,618 --> 00:04:06,289 A ver, terma das bestas, rapariga. Vouno deixar. De verdade. 56 00:04:08,165 --> 00:04:09,000 Iso espero. 57 00:04:09,083 --> 00:04:12,336 A ver, Ines é un buraco negro de negatividade. 58 00:04:12,420 --> 00:04:15,423 A min viríame ben quitala de enriba. Ti precísalo. 59 00:04:15,506 --> 00:04:16,841 Precisámolo todos. 60 00:04:19,176 --> 00:04:21,429 Xa toca. Nos evolucionamos. Ela, non. 61 00:04:21,512 --> 00:04:24,348 É unha pesada e meteume merda de can na mochila! 62 00:04:24,432 --> 00:04:26,851 A min fíxome un floco por atrás! 63 00:04:26,934 --> 00:04:28,269 E eu teño herpes! 64 00:04:28,853 --> 00:04:31,230 - Vaia por Cristo. - Que non é certo. 65 00:04:34,025 --> 00:04:37,153 Miña irmá é unha peste e teño que pórlle uns límites. 66 00:04:37,820 --> 00:04:40,239 - Déixasme dous dólares? - Con volta? 67 00:04:40,323 --> 00:04:42,199 Cando lle pague a meu tío. 68 00:04:42,992 --> 00:04:45,119 - Por riba, págolle a cea. - Síntoo. 69 00:04:46,370 --> 00:04:49,165 Debémoslle mil dólares ó tío Tonio. 70 00:04:49,248 --> 00:04:52,084 Mil dólares? Como llos ides pagar? 71 00:04:52,168 --> 00:04:53,627 Estes non valen. 72 00:04:53,711 --> 00:04:57,256 Se son dólares de prata! Valen aínda máis! 73 00:05:00,843 --> 00:05:03,721 Sabes da caixa coas cousas de cando era bebé? 74 00:05:03,804 --> 00:05:06,223 Busco a culler de prata que me regalaran. 75 00:05:06,307 --> 00:05:10,436 Co valor da prata, seguro que me dan ben cartos por ela. 76 00:05:10,519 --> 00:05:12,063 Se cadra 150 dólares. 77 00:05:12,146 --> 00:05:13,147 Máis ben 310. 78 00:05:13,230 --> 00:05:14,231 Si? Ti cres? 79 00:05:14,315 --> 00:05:16,692 - Foi o que me pagaron. - Vendíchela ti? 80 00:05:16,776 --> 00:05:20,237 Tía, reláxate. Todo se vai amañar, coma sempre. 81 00:05:20,321 --> 00:05:22,365 Non se amaña por arte de maxia. 82 00:05:22,448 --> 00:05:25,409 Amáñase porque son eu a que o amaña. 83 00:05:25,493 --> 00:05:26,827 Xa, porque teño fe. 84 00:05:26,911 --> 00:05:27,912 Mira. 85 00:05:28,537 --> 00:05:30,456 Iso da fe é unha conachada. 86 00:05:30,539 --> 00:05:33,584 Ter un plan e seguilo é o que fai que gañes cartos. 87 00:05:33,667 --> 00:05:35,086 Que facedes aquí? 88 00:05:35,169 --> 00:05:37,129 E quen che rompeu o beizo? 89 00:05:38,464 --> 00:05:40,299 - Demi. - Por que a aturades? 90 00:05:40,383 --> 00:05:41,258 Eu que sei. 91 00:05:43,969 --> 00:05:45,179 Vaites. 92 00:05:47,640 --> 00:05:51,018 Buscaba cousas miñas para vender. Non ía tocar as de mamá. 93 00:05:51,102 --> 00:05:53,771 Regaleillo a vosa nai na nosa terceira cita… 94 00:05:53,854 --> 00:05:55,356 Na vosa terceira cita. 95 00:05:59,860 --> 00:06:02,822 Mira se hai algo para vender tamén nas súas caixas. 96 00:06:02,905 --> 00:06:04,281 Menos isto. 97 00:06:04,824 --> 00:06:08,244 O sábado somos un máis para a miña cea de aniversario. 98 00:06:09,662 --> 00:06:10,538 Merda! 99 00:06:11,330 --> 00:06:13,040 Pasóusenos mercarlle algo. 100 00:06:13,124 --> 00:06:17,378 Ines, eu busco que vender para pagar a débeda e ti merca un agasallo. 101 00:06:17,461 --> 00:06:20,589 Ou mércalo ti e regalámosllo de parte das dúas. 102 00:06:20,673 --> 00:06:21,590 Acabouse! 103 00:06:22,425 --> 00:06:25,302 Non podo extirpar o veleno da miña familia, 104 00:06:25,386 --> 00:06:27,721 pero sei como extirpalo do noso grupo. 105 00:06:27,805 --> 00:06:30,641 Aturo a Ines na casa e ignóroa no insti. 106 00:06:31,225 --> 00:06:32,518 Que se celebra? 107 00:06:33,769 --> 00:06:35,771 - Faino. - É doado. 108 00:06:35,855 --> 00:06:36,939 Faino! 109 00:06:37,022 --> 00:06:38,441 Oliña! 110 00:06:38,524 --> 00:06:40,484 Velaquí a miña raiola complicada. 111 00:06:40,568 --> 00:06:43,112 Como a luz do sol asomando tralos nuboeiros. 112 00:06:43,195 --> 00:06:45,406 Non nos vemos dende segunda hora. 113 00:06:46,240 --> 00:06:47,450 Este recendo… 114 00:06:47,533 --> 00:06:49,910 - Comeza ti. - Non. As damas primeiro. 115 00:06:49,994 --> 00:06:52,079 Acabade, ho. Aburrides a un santo. 116 00:06:52,163 --> 00:06:55,124 Pois vale. Quero dicir que teño… 117 00:06:56,792 --> 00:06:57,835 Merda! 118 00:06:57,918 --> 00:06:59,795 Acompáñoo. Teño un ambientador. 119 00:06:59,879 --> 00:07:04,550 E eu teño que ir facer dominadas. A ver se bato o récord esta semana. 120 00:07:06,343 --> 00:07:10,389 Parécemo a min ou este grupo debería ser máis pequeno e íntimo? 121 00:07:10,473 --> 00:07:13,726 Pois si. Dende logo, un de nós non acaba de encaixar. 122 00:07:14,977 --> 00:07:16,687 Como llo dicimos a Cam? 123 00:07:16,770 --> 00:07:18,314 Témonos que desfacer dela. 124 00:07:18,397 --> 00:07:20,983 Temos que ser nós. Gloria non llo vai dicir. 125 00:07:21,066 --> 00:07:22,985 Como me pos agora mesmo. 126 00:07:23,068 --> 00:07:24,695 Cam, para. 127 00:07:24,778 --> 00:07:27,323 Ti tes unha relación e somos amigos. 128 00:07:27,406 --> 00:07:29,700 Esta fixación comigo só é unha escusa 129 00:07:29,783 --> 00:07:32,786 para eludir o que sentes por Andre, ou o que non. 130 00:07:32,870 --> 00:07:34,788 Levas fatal o remorso, lémbrao. 131 00:07:34,872 --> 00:07:35,998 Estaría mellor só? 132 00:07:36,081 --> 00:07:37,625 Viríache ben. 133 00:07:37,708 --> 00:07:40,961 Pero é deprimente. Eu amo o amor. 134 00:07:41,045 --> 00:07:42,171 Pero é que… 135 00:07:42,254 --> 00:07:45,466 non amo a xente. Xa. 136 00:07:46,634 --> 00:07:50,012 Estoume decatando de que aturo a moi poucas persoas. 137 00:07:50,095 --> 00:07:52,806 Por iso pensei que se cadra é que me gustas. 138 00:07:52,890 --> 00:07:57,436 Ten sentido e afágame, pero é típico de ti. 139 00:07:57,520 --> 00:08:00,064 Cambias unha obsesión por outra, 140 00:08:00,147 --> 00:08:04,318 pero se cadra érache mellor non cambiala. Aguanta, fai algo atípico. 141 00:08:04,401 --> 00:08:07,905 Ademais, eu non fodo nin rompo relacións. Non son xémini. 142 00:08:07,988 --> 00:08:11,909 E non me gustaría destruír o noso grupo cando nos deixemos. 143 00:08:12,493 --> 00:08:16,372 Así que non o destruiremos. Restarémoslle unha persoa. 144 00:08:16,455 --> 00:08:17,289 Unha Ines. 145 00:08:17,373 --> 00:08:18,249 Dúas. 146 00:08:18,791 --> 00:08:20,668 André tamén. Estou decidido. 147 00:08:20,751 --> 00:08:23,504 Grazas pola racionalización e por rexeitarme. 148 00:08:23,587 --> 00:08:25,714 Gústame a idea de ir ó meu aire. 149 00:08:25,798 --> 00:08:28,092 Cun cárdigan gris clariño e quentiño. 150 00:08:28,175 --> 00:08:29,635 Sen petos! 151 00:08:30,469 --> 00:08:32,638 Por iso hai anos que me obsesionas. 152 00:08:32,721 --> 00:08:34,348 Mentirán. Non tes segredos. 153 00:08:34,431 --> 00:08:37,434 Si. Pero non cho dixen por unha razón evidente. 154 00:08:37,518 --> 00:08:38,727 Que vén sendo…? 155 00:08:41,105 --> 00:08:42,439 Acabarías comigo. 156 00:08:53,242 --> 00:08:55,327 - Que fas? - Pasar de ti. 157 00:08:55,411 --> 00:08:58,914 - Busca outros amigos. - Por que? Os teus son tamén os meus. 158 00:08:58,998 --> 00:09:00,583 Non. Os meus son meus. 159 00:09:00,666 --> 00:09:03,752 A ver, xa, pero eu non teño outros amigos. 160 00:09:03,836 --> 00:09:05,504 - Vou pechar. - Agarda! 161 00:09:08,382 --> 00:09:11,093 Fíxeno! Boteina do grupo! 162 00:09:11,176 --> 00:09:12,928 - E aceptouno sen máis? - Si! 163 00:09:13,012 --> 00:09:15,389 - Xenial! Pois borro o correo. - Cal? 164 00:09:15,472 --> 00:09:17,182 Un anónimo mandándoa á merda. 165 00:09:17,266 --> 00:09:18,225 Mándallo! 166 00:09:18,809 --> 00:09:21,520 Ou non. Bórrao. Acabouse. 167 00:09:21,604 --> 00:09:22,771 Non se acabara? 168 00:09:23,606 --> 00:09:24,440 Xa. 169 00:09:24,523 --> 00:09:27,234 - E o de poñer límites? - Ampliei a fronteira. 170 00:09:27,318 --> 00:09:29,320 Primeiro aproveitareime dela. 171 00:09:29,403 --> 00:09:31,405 Atentos. Ines! 172 00:09:31,488 --> 00:09:34,158 As camisetas non se van dobrar soas. 173 00:09:36,493 --> 00:09:38,329 Vedes? Téñoa dominada. 174 00:09:38,412 --> 00:09:40,372 Vén un cliente. Fóra, bulide. 175 00:09:40,956 --> 00:09:42,333 Boas! 176 00:09:43,459 --> 00:09:46,712 Vexo que montaches un mercado. 177 00:09:47,630 --> 00:09:49,006 Xusto a carón do meu. 178 00:09:50,424 --> 00:09:51,467 Vaites. 179 00:09:53,260 --> 00:09:54,928 Que? Marchan? 180 00:09:57,264 --> 00:09:58,807 Non mercarías un disco? 181 00:09:59,975 --> 00:10:01,769 Disque é de colección. 182 00:10:02,853 --> 00:10:04,271 Oe! Marcha de aquí. 183 00:10:04,355 --> 00:10:07,358 - Perdoa. Canto custan? - Unha, seis. As dúas, dez. 184 00:10:08,567 --> 00:10:09,401 Grazas. 185 00:10:10,069 --> 00:10:11,612 Vale. Podes quedar. 186 00:10:11,695 --> 00:10:12,905 Encantada. 187 00:10:12,988 --> 00:10:16,992 Ata vendo a túa merdallada a cambio do 50 % do que lle saque. 188 00:10:18,077 --> 00:10:19,078 Feito. 189 00:10:19,912 --> 00:10:21,830 A partires da sexta venda. 190 00:10:22,665 --> 00:10:23,540 Mimadriña. 191 00:10:23,624 --> 00:10:24,708 Para Andre. 192 00:10:25,959 --> 00:10:30,089 - "MM" non son as súas iniciais. - Xa. Por iso é a caixa perfecta. 193 00:10:30,172 --> 00:10:31,840 Vaime deixar cando lla dea 194 00:10:31,924 --> 00:10:34,551 porque vai dicir que son un desconsiderado. 195 00:10:34,635 --> 00:10:37,221 - Dous dólares. - Xusto o que me debías. 196 00:10:37,304 --> 00:10:39,098 Transacción completada. 197 00:10:57,116 --> 00:10:59,076 Busco unha caixa cun monograma. 198 00:10:59,159 --> 00:11:01,578 - Coas iniciais "MM"? - Si. 199 00:11:01,662 --> 00:11:03,205 Pois non  a vin. 200 00:11:03,288 --> 00:11:04,415 Seguro que non? 201 00:11:06,083 --> 00:11:09,586 Algo quéreme soar. 202 00:11:09,670 --> 00:11:11,046 Douscentos dólares. 203 00:11:12,589 --> 00:11:13,424 Desculpe. 204 00:11:16,260 --> 00:11:18,095 - Catro dólares por ela. - Non. 205 00:11:18,178 --> 00:11:21,223 - Se é o dobre. - Desfacerme de Andre non ten prezo. 206 00:11:21,306 --> 00:11:24,143 Mira. Hai unha señora que me ofrece 200 dólares. 207 00:11:24,226 --> 00:11:25,519 Onde está? 208 00:11:28,355 --> 00:11:29,982 Estaba xusto aí. 209 00:11:34,987 --> 00:11:35,988 Trapallada. 210 00:11:36,905 --> 00:11:37,823 Trapallada. 211 00:11:39,533 --> 00:11:40,492 Trapallada! 212 00:11:44,496 --> 00:11:48,917 É a señora que veu cando era nova. Por iso querería a caixa. É dela. 213 00:11:49,418 --> 00:11:50,586 Glo! Non. 214 00:11:51,503 --> 00:11:53,130 As fotos son sagradas. 215 00:11:53,672 --> 00:11:56,884 - E o regalo? - Este top. A papá gústolle de amarelo. 216 00:11:56,967 --> 00:12:00,637 Grazas por ser sempre tan pouco de fiar. Vai de aí! 217 00:12:03,766 --> 00:12:06,185 Parabéns, papá. Tocouche unha navalla. 218 00:12:06,977 --> 00:12:08,353 Teño que marchar. 219 00:12:08,437 --> 00:12:11,148 - Por atrás? - Andre rastréxame o móbil. 220 00:12:11,231 --> 00:12:14,318 Seino porque eu rastrexo o seu, pero porque el o fai! 221 00:12:15,194 --> 00:12:18,739 - Si. Está diante. Vou por atrás. - Eu tamén marcho. Abur. 222 00:12:20,908 --> 00:12:22,534 Cincocentos dólares. 223 00:12:22,618 --> 00:12:23,535 Gloria! 224 00:12:25,871 --> 00:12:27,706 Seiscentos dólares! 225 00:12:28,373 --> 00:12:32,711 Mire, collíalle os cartos de boa gana, pero é que non teño a caixa! 226 00:12:32,795 --> 00:12:37,299 - Tena o teu amigo. Tróuxoa aquí. - Seguiunos ata a casa. 227 00:12:37,841 --> 00:12:42,888 Éche ben insistente, pero é que non teño o que busca. 228 00:12:42,971 --> 00:12:44,515 Esa caixa está maldita. 229 00:12:45,307 --> 00:12:47,017 Que medo. Pero non a teño. 230 00:12:47,100 --> 00:12:49,061 Mil dólares! 231 00:12:49,144 --> 00:12:52,022 Perdoe. Será un momentiño de nada. 232 00:12:54,942 --> 00:12:55,901 Non lla vendas. 233 00:12:55,984 --> 00:12:59,488 Se che ofrece mil dólares, sabe algo que nós descoñecemos. 234 00:12:59,571 --> 00:13:02,157 A caixa ten que valer moito máis. 235 00:13:02,241 --> 00:13:04,868 Veña, deixa que se ocupe un profesional. 236 00:13:04,952 --> 00:13:07,204 Como somos parentes, cóbroche o 50 %. 237 00:13:07,287 --> 00:13:08,539 O 10 %. 238 00:13:08,622 --> 00:13:09,957 O 30 %. Última oferta. 239 00:13:10,040 --> 00:13:10,958 O 20 %. 240 00:13:11,041 --> 00:13:13,252 - O 25 %. Última oferta! - O 12,5 %. 241 00:13:13,335 --> 00:13:14,253 Feito! 242 00:13:20,592 --> 00:13:21,593 Estamos malditos. 243 00:13:21,677 --> 00:13:22,511 Que non. 244 00:13:22,594 --> 00:13:24,888 Tocámola todos e collemos cousas dela. 245 00:13:24,972 --> 00:13:27,933 Formamos parte dela. Absorbemos a súa escuridade. 246 00:13:28,016 --> 00:13:29,810 - Rompamos o feitizo. - Ou que? 247 00:13:29,893 --> 00:13:31,854 Non sei. Teñen as súas normas. 248 00:13:31,937 --> 00:13:34,231 Parvadas. Os feitizos non existen. 249 00:13:34,314 --> 00:13:36,441 E se existen? Cómpre vender a caixa. 250 00:13:36,525 --> 00:13:39,403 Non. Non a podemos vender. Se cadra precisámola. 251 00:13:39,486 --> 00:13:41,947 Hai que informarse. É a primeira regra. 252 00:13:42,030 --> 00:13:43,156 De que? 253 00:13:43,240 --> 00:13:44,825 De primeiro de maldicións. 254 00:13:44,908 --> 00:13:47,286 Hai que ir ó lugar de orixe, o mercado, 255 00:13:47,369 --> 00:13:50,330 e pescudar de onde saíu a caixa. Hai que ir xa! 256 00:13:50,414 --> 00:13:53,000 Meu pai está de aniversario e imos cear. 257 00:13:53,083 --> 00:13:57,296 Cear? A cea é máis importante que desfacer un feitizo letal? 258 00:13:57,379 --> 00:13:58,505 Cres que é letal? 259 00:13:58,589 --> 00:14:01,383 Deixádevos de burradas. Morra o conto. 260 00:14:01,466 --> 00:14:05,304 As que imos morrer somos nós como non fagamos algo xa! 261 00:14:05,387 --> 00:14:08,849 Mira. Se imos morrer, impórtache facelo na túa casa? 262 00:14:09,600 --> 00:14:11,768 - Ola, rapazas. - Ola, señor Salazar. 263 00:14:12,394 --> 00:14:13,228 Demi. 264 00:14:18,525 --> 00:14:21,570 Non vos entendo. Por que seguides sendo amigas dela? 265 00:14:24,531 --> 00:14:26,617 Papá, é o teu amigo. Como se chama? 266 00:14:26,700 --> 00:14:27,534 Lucia. 267 00:14:35,375 --> 00:14:36,585 Non tedes calor? 268 00:14:36,668 --> 00:14:37,711 Prenderei o aire. 269 00:14:39,338 --> 00:14:42,674 A GLORIA: O CARALLO! A NÓS NON NOS DEIXA PRENDER O AIRE! 270 00:14:48,805 --> 00:14:51,516 LEVA O FULAR DE MAMÁ! 271 00:14:52,643 --> 00:14:54,686 Falade. Non sexades maleducadas. 272 00:14:55,395 --> 00:14:57,022 A ver, a que te dedicas? 273 00:14:57,105 --> 00:14:57,940 Son avogada. 274 00:14:58,607 --> 00:15:00,692 A INES UNHA PÁNFILA AVARICIOSA. 275 00:15:01,401 --> 00:15:02,736 Logo vanche os cartos. 276 00:15:03,278 --> 00:15:04,696 Traballo moito pro bono. 277 00:15:05,822 --> 00:15:07,115 PÁNFILA E SEN UN CAN. 278 00:15:07,199 --> 00:15:09,201 Tamén é voluntaria na nosa igrexa. 279 00:15:09,284 --> 00:15:11,995 Que igrexa? Se nós non imos á misa. 280 00:15:12,079 --> 00:15:14,623 Se cadra empezamos a ir outra vez. 281 00:15:15,332 --> 00:15:16,541 Temos que ir á misa? 282 00:15:21,922 --> 00:15:23,590 Ola, son Tonio. 283 00:15:24,800 --> 00:15:25,676 Vémonos. 284 00:15:26,593 --> 00:15:27,511 Ou non. 285 00:15:28,428 --> 00:15:30,514 Deus, que caras poñen. 286 00:15:31,014 --> 00:15:32,224 Boa noite, paspáns. 287 00:15:32,307 --> 00:15:35,102 Posdata: a navalla é de parte dos tres. 288 00:15:38,105 --> 00:15:40,399 Meteuse na despensa? 289 00:15:40,983 --> 00:15:41,942 É o seu cuarto. 290 00:15:42,818 --> 00:15:44,861 Papá, feliz aniversario. 291 00:15:44,945 --> 00:15:46,613 Grazas! 292 00:15:48,407 --> 00:15:50,450 Ai! Está ben afiada! 293 00:15:52,494 --> 00:15:55,247 Perdoa. Vou facer un torniquete. 294 00:15:55,330 --> 00:15:56,415 Ai, ceo. 295 00:15:56,498 --> 00:15:57,708 "Ceo"? 296 00:16:00,502 --> 00:16:03,672 Non pasa nada. Unha contractura no lombo. 297 00:16:03,755 --> 00:16:04,840 Compre un apósito. 298 00:16:04,923 --> 00:16:06,675 - Tómbate. - Só! 299 00:16:07,759 --> 00:16:09,261 Claro. Vale. 300 00:16:10,012 --> 00:16:13,015 Estou esaxerando ou corremos perigo de verdade? 301 00:16:14,516 --> 00:16:17,227 Guías espirituais, mandade un sinal se é así. 302 00:16:20,814 --> 00:16:21,773 Merda. 303 00:16:23,191 --> 00:16:24,026 Outra vez. 304 00:16:25,861 --> 00:16:26,695 Merda! 305 00:16:29,239 --> 00:16:31,491 - Usa a porta! - É demasiado arriscado. 306 00:16:31,575 --> 00:16:34,202 Andre anda preto, polo que di o móbil. 307 00:16:35,454 --> 00:16:39,041 Un momento. Salvia, minerais, cartas… Que foi? 308 00:16:39,124 --> 00:16:42,210 Pregunteilles ós guías espirituais se o mal está aquí 309 00:16:42,794 --> 00:16:44,004 e a cousa pinta mal. 310 00:16:44,546 --> 00:16:47,674 Si. Lin a túa mensaxe sobre a caixa. Está enmeigada. 311 00:16:47,758 --> 00:16:49,176 Si? Como o sabes? 312 00:16:49,259 --> 00:16:50,969 É que lla dei a Andre e… 313 00:16:51,053 --> 00:16:52,804 Miña nai. Que lle pasou? 314 00:16:53,764 --> 00:16:56,183 Encantoulle. Non me vai deixar nunca. 315 00:16:56,266 --> 00:17:00,353 Xa está empezando. Cam, teño un mal presentimento. 316 00:17:03,690 --> 00:17:05,067 Temos que… 317 00:17:05,150 --> 00:17:06,109 Que? 318 00:17:08,278 --> 00:17:09,404 …recuperar a caixa! 319 00:17:11,782 --> 00:17:12,949 Ines. 320 00:17:14,493 --> 00:17:15,577 Tes a túa cama. 321 00:17:19,331 --> 00:17:21,708 Tes razón. Non hai maldición ningunha. 322 00:17:21,792 --> 00:17:24,669 Seguro que papá magoou o lombo de tanto fochicar. 323 00:17:24,753 --> 00:17:27,547 - Cres que fochican? - Leva moito tempo só. 324 00:17:27,631 --> 00:17:29,508 Se cadra vénlle ben. 325 00:17:29,591 --> 00:17:33,303 E a min. Así xa non lle dedicará tanto tempo á filla favorita. 326 00:17:35,138 --> 00:17:38,225 Oxalá me prestase tanta atención que me abafase. 327 00:17:38,308 --> 00:17:40,393 E, por riba, agora son a terceira. 328 00:17:40,477 --> 00:17:43,105 A cuarta. Faille máis caso ó tío Tonio. 329 00:17:43,188 --> 00:17:45,565 - Por que lle deu o fular de mamá? - Xa. 330 00:17:45,649 --> 00:17:47,609 Quen acepta o fular dunha morta? 331 00:17:47,692 --> 00:17:52,280 Igual llo deu porque simboliza unha relación que saíu ben. 332 00:17:52,864 --> 00:17:53,782 Saíu ben? 333 00:17:54,574 --> 00:17:55,450 Mamá morreu. 334 00:17:57,035 --> 00:17:58,161 Está morta. 335 00:17:59,955 --> 00:18:01,414 Que quede co fular. 336 00:18:02,666 --> 00:18:05,794 Ves? Ti tamén cres que pasa algo turbio. 337 00:18:07,337 --> 00:18:08,463 Non. 338 00:18:08,547 --> 00:18:12,509 Se hai unha maldición, significa que todo ten causa e efecto. 339 00:18:12,592 --> 00:18:14,928 Entón mamá merecía morrer? 340 00:18:16,388 --> 00:18:18,056 Non merecía morrer. 341 00:18:19,224 --> 00:18:21,184 Nin eu merecía perdela. 342 00:18:24,104 --> 00:18:25,230 Pasan desgrazas. 343 00:18:28,441 --> 00:18:29,359 A durmir. 344 00:18:37,742 --> 00:18:41,830 Mudémonos antes de que isto empeore e a moza do voso pai paira o demo. 345 00:18:41,913 --> 00:18:43,081 Non iremos ó inferno! 346 00:18:43,165 --> 00:18:44,666 Grazas. Caíches da burra. 347 00:18:45,250 --> 00:18:46,918 - E ese cambio? - Andre. 348 00:18:47,002 --> 00:18:50,630 Levo 16 horas sen saber del. Bateu o récord de 15 e media. 349 00:18:50,714 --> 00:18:53,758 Sabes por que non sabes del? Porque estará morto. 350 00:18:57,804 --> 00:18:59,097 Rompeuche a pedra. 351 00:18:59,973 --> 00:19:01,141 É imposible. 352 00:19:01,725 --> 00:19:04,811 É obsidiana. Ten propiedades protectoras. 353 00:19:04,895 --> 00:19:06,980 É das rochas máis fortes! 354 00:19:07,063 --> 00:19:09,149 Non pode ser. Ten que ser… 355 00:19:09,232 --> 00:19:11,318 - A maxia negra non existe. - Certo. 356 00:19:11,401 --> 00:19:12,527 Oliña! 357 00:19:15,822 --> 00:19:17,657 Estades perdendo a chaveta. 358 00:19:17,741 --> 00:19:19,367 Usaría unha crema nova 359 00:19:19,451 --> 00:19:21,912 ou un exfoliante caseiro e non o conta. 360 00:19:21,995 --> 00:19:24,039 Dixo que fixera o mesmo de sempre. 361 00:19:24,122 --> 00:19:26,499 Hai unha explicación lóxica seguro. 362 00:19:26,583 --> 00:19:27,542 Unha maldición. 363 00:19:27,626 --> 00:19:31,713 Cando aparece unha vella e che di que hai unha maldición, é que a hai. 364 00:19:31,796 --> 00:19:33,673 - Ou… - Nada de devolucións. 365 00:19:33,757 --> 00:19:37,594 Non é iso. Queremos información sobre esta caixa que che mercamos. 366 00:19:38,345 --> 00:19:41,306 Cremos que é dunha señora. Había unha foto dela. 367 00:19:41,389 --> 00:19:43,058 E estábaa buscando. 368 00:19:43,141 --> 00:19:46,061 Esta muller. Esta muller buscaba a caixa? 369 00:19:46,144 --> 00:19:49,314 - Veu á nosa casa. - A ver, que queredes? 370 00:19:49,397 --> 00:19:52,400 - A que xogades? - A nada. Só queremos atopala. 371 00:19:52,484 --> 00:19:53,526 Coñécela? 372 00:19:55,487 --> 00:19:56,404 Si. 373 00:19:57,405 --> 00:19:58,365 Si que a coñezo. 374 00:20:00,617 --> 00:20:01,451 Está morta. 375 00:20:11,503 --> 00:20:14,673 Xa sei que dixen que a da foto era a señora que veu, 376 00:20:14,756 --> 00:20:16,174 pero trabuqueime fixo. 377 00:20:16,258 --> 00:20:20,011 Non teño nada en contra dos vellos, pero todos se asemellan. 378 00:20:20,095 --> 00:20:23,181 Vímola. Estaba viva. Que precisas para convencerte? 379 00:20:23,265 --> 00:20:24,599 E a cara de Andre! 380 00:20:24,683 --> 00:20:27,477 Se iso non saíu do inferno, xa me dirás de onde! 381 00:20:27,560 --> 00:20:31,147 Ines, apóiame. Os meigallos non existen. 382 00:20:32,148 --> 00:20:32,983 Non che sei. 383 00:20:33,066 --> 00:20:35,694 Parece que estamos condenados e enmeigados. 384 00:20:35,777 --> 00:20:37,529 A morta quere a súa caixa. 385 00:20:37,612 --> 00:20:39,155 Tres no equipo Meigallo. 386 00:20:39,239 --> 00:20:41,199 Isto é incrible! 387 00:20:42,158 --> 00:20:45,537 Queriades desfacervos de Ines e agora dádeslle a razón? 388 00:20:45,620 --> 00:20:47,372 Igual si hai unha maldición. 389 00:20:47,455 --> 00:20:50,292 Pero non comezou o día que atopamos a caixa. 390 00:20:50,375 --> 00:20:53,169 Comezou o día que me tiven que ocupar de ti! 391 00:20:53,670 --> 00:20:54,796 Paso disto. 392 00:20:54,879 --> 00:20:58,258 Non podes pasar. Temos que romper a maxia negra xuntos! 393 00:20:58,341 --> 00:21:02,220 Xa que agora vos levades tan ben, non vos fago falta para loitar 394 00:21:02,304 --> 00:21:05,724 contra un superpoder malo que rompe rochas e incha caras. 395 00:21:06,224 --> 00:21:07,726 Chamádeme por algo vital. 396 00:21:11,521 --> 00:21:12,856 DESAFIANDO A TERRA SALVAXE 397 00:21:20,905 --> 00:21:23,283 - E túa irmá? - Nin o sei nin me importa. 398 00:21:23,366 --> 00:21:24,284 E a miña pasta? 399 00:21:30,415 --> 00:21:31,499 Descoñecido. 400 00:21:31,583 --> 00:21:34,919 A última vez, era o bo do director Richardson. 401 00:21:36,296 --> 00:21:40,592 Desactivarei o desvío de chamadas e xa lle deixarán a mensaxe a teu pai. 402 00:21:40,675 --> 00:21:41,801 Non! Contesta! 403 00:21:41,885 --> 00:21:43,219 - Cen dólares. - Vinte. 404 00:21:43,303 --> 00:21:44,971 - Sesenta. - Quince. 405 00:21:45,055 --> 00:21:45,889 Vale! 406 00:21:46,890 --> 00:21:48,224 Ola, son Javier. 407 00:21:49,642 --> 00:21:50,477 Entendo. 408 00:21:52,729 --> 00:21:54,189 Entendo. 409 00:21:54,814 --> 00:21:56,441 Pódemo repetir? 410 00:21:58,818 --> 00:22:00,528 Vale, grazas. 411 00:22:02,572 --> 00:22:03,406 Quen era? 412 00:22:04,240 --> 00:22:08,244 Un… que quería venderme algo. 413 00:22:09,704 --> 00:22:12,874 Prométoche que che darei os cartos. Dáme máis tempo. 414 00:22:13,541 --> 00:22:16,378 Non te preocupes. Deixa a cousa así. 415 00:22:23,802 --> 00:22:27,889 Sigo sen falarche, pero dánseche ben as cousas eticamente reprobables. 416 00:22:27,972 --> 00:22:31,893 Hai que entrar no portátil do tío. Está na ducha. Punto. 417 00:22:33,019 --> 00:22:36,856 A ver. Chamárono antes e púxose moi raro. 418 00:22:36,940 --> 00:22:39,150 - Di que non lle paguemos. - Ben, non? 419 00:22:39,234 --> 00:22:41,319 Ines, aquí pasa algo. 420 00:22:41,403 --> 00:22:44,739 E, como co resto de segredos, a razón está no historial. 421 00:22:49,077 --> 00:22:51,204 Deberíamos tocalo coas mans? 422 00:22:51,287 --> 00:22:54,457 - Polas impresións dixitais? - Non! Polo esperma. 423 00:22:56,167 --> 00:22:57,794 Lembras o contrasinal? 424 00:22:58,670 --> 00:23:00,213 CONTRASINAL: TETAS69 425 00:23:02,841 --> 00:23:04,509 TETAS69 426 00:23:06,219 --> 00:23:08,513 LINFOMA TIPOS DE CANCRO 427 00:23:10,098 --> 00:23:11,683 Perdón por non contárvolo. 428 00:23:11,766 --> 00:23:13,726 Non, perdoa ti, tío. 429 00:23:14,227 --> 00:23:16,563 - Que forte que teñas cancro. - Non. 430 00:23:18,982 --> 00:23:20,900 - Teno voso pai. - Que? 431 00:23:20,984 --> 00:23:22,986 A chamada era para o voso pai. 432 00:23:25,447 --> 00:23:28,867 - Dende cando o sabe? - Non o sabe. Era para dicirllo. 433 00:23:29,367 --> 00:23:31,578 Foi mirar o lombo tras o aniversario. 434 00:23:31,661 --> 00:23:32,996 Fixéronlle probas… 435 00:23:33,079 --> 00:23:36,166 Entón foi despois do seu aniversario? 436 00:23:38,501 --> 00:23:41,212 Despois de regalarlle a navalla da caixa. 437 00:23:41,296 --> 00:23:42,672 Voume ir deitar. 438 00:23:44,924 --> 00:23:46,593 Dixen que por algo vital. 439 00:23:46,676 --> 00:23:47,552 Oe. 440 00:23:48,344 --> 00:23:51,514 Non é culpa túa. Ímolo amañar. 441 00:23:52,140 --> 00:23:53,766 E se non damos? 442 00:23:54,267 --> 00:23:57,479 Non é que lle debamos cartos ó tío. É o noso pai. 443 00:23:59,814 --> 00:24:02,817 - Sabes por que papá pasa de ti? - Agora non, Inés. 444 00:24:02,901 --> 00:24:05,320 Non é porque non sexas a súa favorita. 445 00:24:07,363 --> 00:24:10,658 - É xusto porque o es. - Iso é mentira. Pasa de min. 446 00:24:10,742 --> 00:24:13,578 Porque non ten que coidarte. Confía en ti. 447 00:24:13,661 --> 00:24:17,332 - Sabe que atopas solución a todo… - Pois a isto non! 448 00:24:17,415 --> 00:24:18,416 E unha merda. 449 00:24:20,293 --> 00:24:21,294 Ven. 450 00:24:32,847 --> 00:24:35,266 Sinto o que che dixen antes. 451 00:24:35,350 --> 00:24:37,185 Estaba alterada. 452 00:24:37,268 --> 00:24:38,478 Non é certo. 453 00:24:39,145 --> 00:24:41,606 Ben sei que credes que son unha pesada. 454 00:24:42,190 --> 00:24:45,818 Se cadra son pesada, pero non son parva. 455 00:24:46,778 --> 00:24:47,779 Perdóame. 456 00:24:49,697 --> 00:24:50,532 E ti a min. 457 00:24:54,202 --> 00:24:55,995 Non só te quero, Gloria. 458 00:24:57,288 --> 00:24:58,122 Cáesme ben. 459 00:25:00,083 --> 00:25:03,586 Así que vouche dar o espazo que mereces 460 00:25:03,670 --> 00:25:06,214 e farei amigos novos. 461 00:25:07,882 --> 00:25:08,841 Xa vai tocando. 462 00:25:27,902 --> 00:25:29,279 Teño unha noticia. 463 00:25:29,946 --> 00:25:31,656 - Que fas? - Vou por petiscos. 464 00:25:32,740 --> 00:25:34,492 - Botámola xa? - Non! 465 00:25:34,576 --> 00:25:36,578 - Por que? - Porque é valente. 466 00:25:36,661 --> 00:25:40,623 Se queremos vencer o mal, precisamos alguén valente que nos guíe. 467 00:25:41,874 --> 00:25:43,543 Ou que poidamos sacrificar. 468 00:25:44,669 --> 00:25:46,546 - Agora cresnos? - Si. 469 00:25:51,509 --> 00:25:54,137 É unha maldición e ímola romper. 470 00:25:54,721 --> 00:25:56,472 Salvaremos a meu pai. 471 00:25:58,933 --> 00:26:01,644 - Vale, teño un plan. - Non, eu teño un plan. 472 00:26:01,728 --> 00:26:04,647 - Que non. - Non, coñezo alguén… 473 00:27:09,921 --> 00:27:14,342 Subtítulos: Marina do Albardeiro