1 00:00:10,053 --> 00:00:10,928 Hai meigallo. 2 00:00:11,012 --> 00:00:12,513 - Hai. - Que facemos? 3 00:00:13,556 --> 00:00:16,309 A última vez que me enmeigaron… Eu que sei! 4 00:00:16,392 --> 00:00:19,270 - Es unha máquina buscando solucións. - A mellor. 5 00:00:19,353 --> 00:00:20,521 En plan apisoadora. 6 00:00:20,605 --> 00:00:22,774 Varres o que se che poña por diante. 7 00:00:22,857 --> 00:00:23,816 Esta vez non. 8 00:00:23,900 --> 00:00:26,778 É un meigallo de grupo e arranxarémolo en grupo. 9 00:00:26,861 --> 00:00:31,324 A ver. Disque hai unha bruxa de aquí, con bastantes seguidores en TikTok… 10 00:00:31,407 --> 00:00:33,034 TikTok non nos vale, boba. 11 00:00:34,494 --> 00:00:35,912 Chamáchesme boba? 12 00:00:35,995 --> 00:00:40,750 Non, Demi. Entendiches mal. Pero TikTok non é un recurso válido. 13 00:00:40,833 --> 00:00:43,252 Para isto precisamos un plan de verdade. 14 00:00:43,336 --> 00:00:48,174 Así que ide para a casa, durmide e preparádevos para arrimar o ombreiro, 15 00:00:48,257 --> 00:00:51,094 porque eu teño problemas abondo. 16 00:00:51,177 --> 00:00:52,386 Como cales? 17 00:00:52,470 --> 00:00:55,598 Cancro. Meu pai. Que o ten! 18 00:00:55,681 --> 00:00:58,768 Non te xiringa! Abur. E leva a caixa, anda. 19 00:00:58,851 --> 00:01:01,270 Non quero máis cousas turbias na casa. 20 00:01:07,318 --> 00:01:08,194 Méxome. 21 00:01:13,616 --> 00:01:14,659 Ines! 22 00:01:16,536 --> 00:01:18,830 - Mi ma. - Xa, somos todos parvos. 23 00:01:18,913 --> 00:01:21,415 Si, pero foi Tonio quen falou co médico. 24 00:01:21,499 --> 00:01:23,376 Papá non sabe que ten cancro. 25 00:01:24,043 --> 00:01:25,503 - Merda. - Xa. 26 00:01:27,421 --> 00:01:28,506 Que lle vas dicir? 27 00:01:40,017 --> 00:01:40,935 Déixame a min. 28 00:01:41,018 --> 00:01:44,147 - Non, dáseme mellor a min. - Se o fas fatal. 29 00:01:45,815 --> 00:01:47,984 Que raio vos pasa? 30 00:01:48,734 --> 00:01:52,321 Esa cara de cabreo é a que máis me gusta. Pona outra vez. 31 00:01:57,326 --> 00:01:58,452 Voume mudar. 32 00:01:58,536 --> 00:01:59,954 Botámosche unha man? 33 00:02:00,037 --> 00:02:02,165 Non. 34 00:02:07,837 --> 00:02:11,090 A ver, como ides facer para pagarme a débeda? 35 00:02:11,174 --> 00:02:13,342 Se nola condonaches onte! 36 00:02:13,426 --> 00:02:15,469 Foi a conmoción polo do cancro. 37 00:02:15,553 --> 00:02:18,431 Non terxiverses as miñas palabras agora. 38 00:02:18,514 --> 00:02:20,975 Acabo de saber que meu irmán ten cancro! 39 00:02:21,058 --> 00:02:24,353 Merda! Non o sabe porque contestei eu a chamada e… 40 00:02:24,437 --> 00:02:26,772 Quen llo conta e como llo contamos? 41 00:02:26,856 --> 00:02:29,692 Canto máis agardemos, máis tardará en tratarse, 42 00:02:29,775 --> 00:02:31,944 en cumprir desexos que teña. 43 00:02:32,028 --> 00:02:34,697 En deixar de beber zume azucrado, veleno puro. 44 00:02:34,780 --> 00:02:37,491 E a rifa que nos vai botar vai ser peor. 45 00:02:37,575 --> 00:02:40,328 Sabes que cando me quita o móbil, collo o teu. 46 00:02:40,411 --> 00:02:43,164 Hai que deixarse de laretar e contarllo. 47 00:02:46,375 --> 00:02:48,252 - Abur! - Xa nos contas que tal. 48 00:02:54,425 --> 00:02:57,678 Quérolles un mundo, pero Gloria chamoume boba. 49 00:02:57,762 --> 00:03:01,224 Sei que está agoniada, pero ten que contar comigo. 50 00:03:01,307 --> 00:03:04,727 Son experta no máis alá. Non hai que resolvelo en grupo 51 00:03:04,810 --> 00:03:07,146 nin pode mandar Gloria en todos nós. 52 00:03:07,230 --> 00:03:09,315 É como se arde un edificio 53 00:03:09,398 --> 00:03:12,944 e, no canto dos bombeiros, chamas un adestrador de delfíns. 54 00:03:13,027 --> 00:03:16,322 Estoume pasando con Andre? Ando mareándoo. 55 00:03:16,405 --> 00:03:19,200 Creo que non valora a miña experiencia. 56 00:03:19,283 --> 00:03:23,079 Calquera titorial de YouTube explica que, para romper meigallos, 57 00:03:23,162 --> 00:03:26,332 hai que saber de que tipo son. Non son todos iguais. 58 00:03:26,415 --> 00:03:29,001 Hai vendetas, celos, 59 00:03:29,085 --> 00:03:32,255 gatos endemoñados, posesións, relixiosos, terreais… 60 00:03:32,338 --> 00:03:34,257 Mi ma, que historia. 61 00:03:34,340 --> 00:03:36,509 Si, é complicada. 62 00:03:36,592 --> 00:03:40,805 É unha ciencia, pero máis difícil, porque esta serve para algo. 63 00:03:40,888 --> 00:03:42,556 - Supéranos. - Pode ser. 64 00:03:42,640 --> 00:03:46,310 - Por iso é mellor que se ocupe Gloria. - Bo día, andadores. 65 00:03:48,521 --> 00:03:49,480 Adeus, mamá. 66 00:03:49,563 --> 00:03:51,065 Veña, meu rei. Adeus. 67 00:03:53,025 --> 00:03:54,110 Que serios, mi ma. 68 00:03:56,654 --> 00:03:58,739 Si? Como? 69 00:03:58,823 --> 00:04:01,659 Que hai un incendio e problemas cun golfiño? 70 00:04:02,410 --> 00:04:06,289 Perdoade. Teño que atender esta chamada. Véxovos no insti, vale? 71 00:04:08,624 --> 00:04:11,794 Ala. Xa puxo outro ladrillo na súa parede emocional. 72 00:04:11,877 --> 00:04:13,129 Cada vez máis grosa. 73 00:04:13,212 --> 00:04:15,756 Va que si? Non sabía con quen falar disto. 74 00:04:15,840 --> 00:04:16,799 Ti coñécelo ben. 75 00:04:16,882 --> 00:04:19,343 Como evito que se siga afastando de min? 76 00:04:19,427 --> 00:04:21,429 Proba a darlle algo de espazo. 77 00:04:21,512 --> 00:04:24,932 Liberalo e que logo me busque el. Gústame, pero hai máis. 78 00:04:25,016 --> 00:04:26,684 Podo confiar en ti? 79 00:04:26,767 --> 00:04:28,060 Cam tenme enmeigado. 80 00:04:28,144 --> 00:04:32,440 O feitizo rómpese cun bico da persoa amada, pero el non me ama a min. 81 00:04:32,523 --> 00:04:33,441 Pero malo será. 82 00:04:33,524 --> 00:04:36,277 A ver se esquece a persoa que aínda lle gusta. 83 00:04:36,360 --> 00:04:40,156 Vaia. Xa. É complexo. 84 00:04:40,239 --> 00:04:42,199 - El que che dixo? - Pouca cousa. 85 00:04:42,283 --> 00:04:44,660 Que aínda lle gusta alguén de a. A. 86 00:04:45,870 --> 00:04:47,997 Antes de Andre. Aínda son amigos. 87 00:04:48,080 --> 00:04:49,957 Eu sei quen é. 88 00:04:50,041 --> 00:04:53,544 Claro. Es a súa mellor amiga. Dáme moitísima mágoa. 89 00:04:53,627 --> 00:04:54,545 E logo? 90 00:04:54,628 --> 00:04:57,757 Porque o deixou ferido e agora non confía en ninguén. 91 00:04:57,840 --> 00:04:59,842 Imaxinas? Eu confío en todos. 92 00:04:59,925 --> 00:05:00,968 Ferido? 93 00:05:02,011 --> 00:05:06,349 Se cadra non sei quen é. Quen raio será? E por que non o sei? 94 00:05:06,432 --> 00:05:10,019 Se o descobres, non mo contes, que o enveleno. 95 00:05:11,687 --> 00:05:14,565 Claro. Gloria non me dá máis responsabilidade 96 00:05:14,648 --> 00:05:16,650 porque non confía de todo en min, 97 00:05:16,734 --> 00:05:19,320 e iso é porque non falo ás claras. 98 00:05:19,403 --> 00:05:20,863 Non me sei vender. 99 00:05:20,946 --> 00:05:21,822 Que profundo. 100 00:05:21,906 --> 00:05:25,076 - Confías en min? - Es o meu contacto de emerxencia. 101 00:05:25,159 --> 00:05:27,953 Se alguén te ferira, contaríasmo? 102 00:05:28,037 --> 00:05:30,790 As cicatrices sandan con vitamina E e falando. 103 00:05:30,873 --> 00:05:33,292 El non llo vai dicir. Vou ter que ser eu. 104 00:05:33,376 --> 00:05:36,420 - Que fas? - Todo, polo visto. Coma sempre. 105 00:05:37,046 --> 00:05:42,218 E Lucia? Matamos dous paxaros dun tiro. Ela dillo e el déixaa por contarllo. 106 00:05:42,301 --> 00:05:44,595 - Planazo. - Ben, Gloria. Coma sempre. 107 00:05:44,678 --> 00:05:47,223 Que fixeches? Lucia é o meigallo? 108 00:05:47,306 --> 00:05:48,265 Algo meiga si é. 109 00:05:48,349 --> 00:05:50,684 Falamos do meigallo. Lúcete! Veña! 110 00:05:50,768 --> 00:05:56,565 Gloria! Gustaríame liderar a causa, pois penso que son a que máis sabe disto. 111 00:05:56,649 --> 00:05:59,235 Ten sentido. Es deprimente por natureza. 112 00:05:59,318 --> 00:06:00,736 E, total, papá ódiate. 113 00:06:00,820 --> 00:06:02,530 - Ódiame? - Mellor Cam. 114 00:06:02,613 --> 00:06:04,198 Se nin dá deixado a Andre. 115 00:06:04,281 --> 00:06:08,035 Precisamos opcións. Veña, Ines. Penso mellor camiñando. 116 00:06:08,119 --> 00:06:09,286 Non era no retrete? 117 00:06:09,370 --> 00:06:11,497 Por iso imos camiñar cara ó baño. 118 00:06:12,790 --> 00:06:14,542 Incrible. Pasou de min e ala! 119 00:06:14,625 --> 00:06:17,253 Ela non manda. O que faltaba! Paso eu dela. 120 00:06:17,336 --> 00:06:20,047 Penso que falaba do cancro de seu pai. 121 00:06:20,131 --> 00:06:22,591 Non. Pasou da miña proposta. 122 00:06:22,675 --> 00:06:24,385 Vale. Divide e vencerás. 123 00:06:24,468 --> 00:06:27,972 E imos vencer e/ou dividirnos para romper a maldición. 124 00:06:28,055 --> 00:06:29,014 Soa xenial! 125 00:06:29,849 --> 00:06:31,058 Que queres dicir? 126 00:06:31,142 --> 00:06:32,518 Precisamos información. 127 00:06:32,601 --> 00:06:35,479 O obituario da nosa pantasma diranos o necesario! 128 00:06:36,981 --> 00:06:38,232 OBITUARIO DE MARISOL MARTINEZ 129 00:06:38,315 --> 00:06:40,359 Non di nada. É unha trapallada. 130 00:06:40,443 --> 00:06:43,654 Xa. Só sabemos que se chamaba Marisol Martinez. 131 00:06:43,737 --> 00:06:46,615 O único parente que lle queda é o fillo 132 00:06:46,699 --> 00:06:48,701 e queríana e bla, bla, bla. 133 00:06:48,784 --> 00:06:51,036 Queríana e tivo moitos amantes. 134 00:06:51,120 --> 00:06:52,496 Igual ca ti. 135 00:06:52,580 --> 00:06:53,747 Igual ca min? 136 00:06:53,831 --> 00:06:57,418 Supoño que non o sei todo. Deduzo que terías ben deles. 137 00:06:57,501 --> 00:06:58,711 Se só teño 15 anos. 138 00:06:58,794 --> 00:07:01,505 E que consideramos amantes? Mr. Waffles conta? 139 00:07:01,589 --> 00:07:03,757 Que lle fas a Mr. Waffles? 140 00:07:03,841 --> 00:07:04,675 Querelo. 141 00:07:05,593 --> 00:07:07,595 Arre demo. Non toco o meu can. 142 00:07:07,678 --> 00:07:10,890 Acaríñoo como a calquera can. Algún bico na boca cae, 143 00:07:10,973 --> 00:07:12,683 pero nada de porcalladas. 144 00:07:12,766 --> 00:07:14,852 Iso xa o sabía. Así que seino todo. 145 00:07:14,935 --> 00:07:15,811 Máis quixeras. 146 00:07:15,895 --> 00:07:16,812 Pois debería. 147 00:07:17,480 --> 00:07:20,983 Por se me toca a min escribir o teu obituario. 148 00:07:21,066 --> 00:07:22,485 Non se citan os amantes. 149 00:07:22,568 --> 00:07:25,613 De feito, non é algo raro que citaran os da señora? 150 00:07:25,696 --> 00:07:29,033 Cam, canta claro. Hai algo que non me contas. 151 00:07:29,116 --> 00:07:31,535 Pois claro. Varias cousas. 152 00:07:31,619 --> 00:07:33,787 Non é xusto! Eu cóntocho todo. 153 00:07:33,871 --> 00:07:34,997 Sen que cho pida. 154 00:07:35,498 --> 00:07:37,500 Hai cousas que preferiría non oír. 155 00:07:37,583 --> 00:07:38,834 Cales? 156 00:07:40,377 --> 00:07:41,337 Mellor calo. 157 00:07:43,923 --> 00:07:44,757 Ola. Dime. 158 00:07:44,840 --> 00:07:46,926 Teu primo aínda canta telegramas? 159 00:07:47,009 --> 00:07:49,094 - Non. Contaxiaba a Covid. - Merda. 160 00:07:49,178 --> 00:07:53,849 A pantasma ten obituario. Ou sexa, que a señora que vimos está morta. 161 00:07:53,933 --> 00:07:56,435 Xa. Iso non é nada novo. 162 00:07:56,519 --> 00:07:59,146 Contóunolo a tipa do mercado. Que máis? 163 00:07:59,230 --> 00:08:04,068 Estamos indo á casa da familia da pantasma para preguntarlles 164 00:08:04,151 --> 00:08:06,362 pola señora morta barra pantasma. 165 00:08:06,445 --> 00:08:07,446 Alá vós. 166 00:08:09,990 --> 00:08:11,242 Déixovos. 167 00:08:14,245 --> 00:08:15,955 Xa llo contaches a papá? 168 00:08:16,038 --> 00:08:17,456 - Non. - Claro. 169 00:08:17,540 --> 00:08:19,041 Porque, coma sempre, 170 00:08:19,124 --> 00:08:21,752 quéresme cargar o morto a min. 171 00:08:21,835 --> 00:08:24,380 Pero tócache. Ti interceptaches a chamada. 172 00:08:24,463 --> 00:08:25,548 Por vós. 173 00:08:25,631 --> 00:08:27,883 - Iso tanto ten. - Déixamo a min. 174 00:08:27,967 --> 00:08:28,968 - En serio? - Si. 175 00:08:29,051 --> 00:08:31,220 Se xa teño un plan en marcha. 176 00:08:31,303 --> 00:08:32,179 Minipizzas? 177 00:08:34,723 --> 00:08:37,518 Que raio fai este aquí? 178 00:08:37,601 --> 00:08:39,103 É o axudante de Tonio. 179 00:08:40,271 --> 00:08:42,314 A que che axuda? Non tes traballo. 180 00:08:42,398 --> 00:08:44,900 Podes ter axudante e non ter traballo. 181 00:08:44,984 --> 00:08:47,903 - Son Rusty. - Xa nos coñecemos. 182 00:08:47,987 --> 00:08:50,197 Vaino lograr! Vaino facer! 183 00:08:50,281 --> 00:08:51,532 Dez segundos máis! 184 00:08:51,615 --> 00:08:54,118 Dálle! 185 00:08:58,539 --> 00:08:59,415 Devólvema. 186 00:09:00,416 --> 00:09:01,959 Perdoa, non me lembro. 187 00:09:02,042 --> 00:09:03,043 Foi hai un cacho. 188 00:09:03,877 --> 00:09:05,004 Hoxe! 189 00:09:05,504 --> 00:09:07,131 Mi ma, é que te… 190 00:09:08,799 --> 00:09:12,928 Non lle darías o teu número da Seguridade Social a meu tío? 191 00:09:13,804 --> 00:09:14,972 Aínda non. 192 00:09:15,055 --> 00:09:16,056 Non llo deas. 193 00:09:16,932 --> 00:09:19,184 Oe, que me debes a túa reputación. 194 00:09:19,268 --> 00:09:23,480 Non lle vou pagar eu. Pagarédeslle vós para saldar a débeda. 195 00:09:23,564 --> 00:09:25,691 Que parvada. Despide a Rusty. 196 00:09:25,774 --> 00:09:29,069 Vale. Pero así non lle dirá a teu pai que ten cancro. 197 00:09:34,283 --> 00:09:35,284 Cal é o plan? 198 00:09:37,036 --> 00:09:40,205 Non te me poñas como Gloria. Non sodes os xefes. 199 00:09:40,289 --> 00:09:43,208 É que levamos dez minutos aquí. Só quería saber… 200 00:09:43,292 --> 00:09:46,128 Se teño un plan? Pois teño, si. 201 00:09:46,754 --> 00:09:48,047 Disme cal é? 202 00:09:48,130 --> 00:09:49,131 Non sei. 203 00:09:49,214 --> 00:09:52,635 Se cadra é secreto. Disque conto demasiadas cousas. 204 00:09:52,718 --> 00:09:55,346 Debería empezar a calar algunha. 205 00:09:59,266 --> 00:10:00,643 Aí están. 206 00:10:03,520 --> 00:10:04,480 E agora que? 207 00:10:06,440 --> 00:10:07,816 Acurralámolos! 208 00:10:09,443 --> 00:10:11,028 - Vannos acurralar! - Que? 209 00:10:13,989 --> 00:10:15,824 - Que queredes? - Información. 210 00:10:15,908 --> 00:10:18,077 Es a que preguntou por Marisol. 211 00:10:18,160 --> 00:10:19,995 - Si. - Que pasa coa miña nai? 212 00:10:20,079 --> 00:10:22,665 Só queremos saber por que se nos aparece. 213 00:10:22,748 --> 00:10:23,832 Vaia parvada. 214 00:10:23,916 --> 00:10:26,168 Teño que meter o xeado no conxelador. 215 00:10:27,378 --> 00:10:30,631 Vós tamén a vistes? A min pareceume vela varias veces. 216 00:10:30,714 --> 00:10:33,133 No xardín, xunto á ventá do cuarto, 217 00:10:33,217 --> 00:10:35,678 no McAuto! Que vistes? 218 00:10:36,345 --> 00:10:37,888 A ela. Pediunos a caixa. 219 00:10:37,971 --> 00:10:42,059 Pero precisamos saber máis da caixa porque nos botou un meigallo. 220 00:10:42,142 --> 00:10:44,687 Non queremos darlla se non rompe o meigallo. 221 00:10:45,562 --> 00:10:46,397 Que caixa? 222 00:10:46,480 --> 00:10:49,233 Unha que vos merquei a vós. Coas iniciais MM. 223 00:10:49,316 --> 00:10:53,070 Geny! Vendiches a caixa de miña nai? Díxenche que non! 224 00:10:53,696 --> 00:10:54,863 Non. 225 00:10:55,572 --> 00:10:59,493 Se miña nai vos dixo que quería a caixa, dádema a min. 226 00:10:59,576 --> 00:11:00,661 Douvos os cartos. 227 00:11:00,744 --> 00:11:03,080 Non é por nada, pero ti non es túa nai. 228 00:11:03,163 --> 00:11:05,666 Se cha damos, non lla podemos dar a ela. 229 00:11:05,749 --> 00:11:08,711 Non a queremos. Quedade coa caixa e co meigallo. 230 00:11:08,794 --> 00:11:11,714 Geny! Isto xa non é asunto teu. 231 00:11:11,797 --> 00:11:13,298 A min non me fales así! 232 00:11:13,382 --> 00:11:15,759 - Díxenche que non a venderas! - Óeste? 233 00:11:15,843 --> 00:11:18,387 - Pareces un tolo! - Só che pedín iso! 234 00:11:20,723 --> 00:11:22,099 Imos falar a soas. 235 00:11:24,393 --> 00:11:26,895 É un panoco. Non llo vai contar el a papá. 236 00:11:26,979 --> 00:11:28,731 Se nin sequera o coñece. 237 00:11:28,814 --> 00:11:31,358 Por iso é a persoa ideal para dicirllo. 238 00:11:31,442 --> 00:11:33,986 Non lle ten cariño. Sóltallo e ala. 239 00:11:34,069 --> 00:11:36,697 "E ala"? Vaille caer a alma ós pés. 240 00:11:36,780 --> 00:11:39,366 Hai que facelo con suma delicadeza e tacto, 241 00:11:39,450 --> 00:11:41,285 e ese rapaz non ten nada diso. 242 00:11:41,368 --> 00:11:46,165 É un insensible, é egoísta, non ten empatía e moito menos puntería. 243 00:11:46,248 --> 00:11:48,375 Estou bastante perdido. 244 00:11:48,459 --> 00:11:51,170 Estádesme despedindo? Porque aínda non comecei. 245 00:11:51,253 --> 00:11:52,755 - Non! - Si! 246 00:11:52,838 --> 00:11:54,715 - Sigo perdido. - Pois píllao. 247 00:11:54,798 --> 00:11:56,008 É o que intento. 248 00:11:56,842 --> 00:11:59,261 Quieto aí! Aínda non rematamos a charla. 249 00:11:59,344 --> 00:12:02,264 Para o carro, tía. É unha oportunidade de ouro. 250 00:12:02,347 --> 00:12:04,641 Que o apirolado este llo conte a papá? 251 00:12:04,725 --> 00:12:07,603 Non falo de papá. Falo de min. 252 00:12:08,604 --> 00:12:09,480 Rusty. 253 00:12:13,734 --> 00:12:15,527 Quero saír cun dos maiores. 254 00:12:15,611 --> 00:12:19,198 E seguro que el se leva con Eddie, que monta uns festóns. 255 00:12:20,282 --> 00:12:22,326 Acabamos ou que? Teño que cagar. 256 00:12:22,409 --> 00:12:25,162 Ti quieta aí. Aínda non rematamos. 257 00:12:26,914 --> 00:12:29,541 - Que queres? - Teño un plan para o meigallo. 258 00:12:29,625 --> 00:12:31,126 Merda! 259 00:12:31,210 --> 00:12:34,213 Coa leria do cancro esquecera o meigallo. 260 00:12:35,088 --> 00:12:36,340 Ó meu cuarto. 261 00:12:37,090 --> 00:12:41,136 Os demais, non movades nin un pelo. Agora mesmo volvo. 262 00:12:44,723 --> 00:12:46,475 - Apura. - Como? 263 00:12:46,558 --> 00:12:49,645 Non che darei os detalles da Operación Acurralamento 264 00:12:49,728 --> 00:12:52,105 se non me falas cun mínimo de respecto. 265 00:12:52,189 --> 00:12:56,235 Hoxe non nos axudaches nadiña co meigallo. 266 00:12:56,318 --> 00:13:01,198 E non fai falla, porque é o tema que eu domino, 267 00:13:01,281 --> 00:13:04,576 e non son boba e irresponsable coma túa irmá, entendido? 268 00:13:04,660 --> 00:13:07,246 Si. Encántame esta actitude 269 00:13:07,830 --> 00:13:12,459 e douche a responsabilidade e a autoridade para que nos saques da escuridade, 270 00:13:12,543 --> 00:13:15,462 sobre todo dado o percal que teño aí montado. 271 00:13:15,546 --> 00:13:17,756 Entón cal é o plan? Que facemos? 272 00:13:17,840 --> 00:13:20,968 Unha cerimonia de liberación. 273 00:13:21,552 --> 00:13:22,678 Iso non existe. 274 00:13:22,761 --> 00:13:25,472 En serio estás cuestionando o meu criterio? 275 00:13:25,556 --> 00:13:27,266 É de primeiro de pantasmas. 276 00:13:27,349 --> 00:13:31,395 Non é cuestión de lanzar cousas ó aire. As pantasmas non as collen. 277 00:13:32,479 --> 00:13:34,356 Ten lóxica. Como é a cerimonia? 278 00:13:35,232 --> 00:13:38,443 A ver, a familia da pantasma confirmoume 279 00:13:38,527 --> 00:13:41,655 que a ela lle importa a caixa e hai que devolverlla. 280 00:13:41,738 --> 00:13:45,909 Facemos a cerimonia polo que dixen das pantasmas e polo do meigallo. 281 00:13:45,993 --> 00:13:50,497 A cerimonia serve para que o meigallo se rompa se devolvemos a caixa. 282 00:13:50,581 --> 00:13:53,542 E, si, isto é de primeiro de maldicións. 283 00:13:53,625 --> 00:13:55,919 Máis ben é de terceiro, 284 00:13:56,003 --> 00:13:59,423 pero simplifico a linguaxe para que sexa como de primeiro. 285 00:14:01,633 --> 00:14:04,386 Pois mans á obra. Que veña Cam coa caixa. 286 00:14:04,469 --> 00:14:05,387 Feito. 287 00:14:06,889 --> 00:14:08,140 - Que dixo? - Ven. 288 00:14:08,223 --> 00:14:11,310 - Imos facer unha cerimonia de liberación. - Eu paso. 289 00:14:11,393 --> 00:14:13,353 - E iso non existe. - Que si. 290 00:14:13,437 --> 00:14:15,731 - Trae a caixa. - Se a tes ti. 291 00:14:15,814 --> 00:14:16,773 - Eu? - Si. 292 00:14:16,857 --> 00:14:19,484 Gloria mandounos levala e eu non a collín. 293 00:14:19,568 --> 00:14:22,779 Xa. Si, levei eu a caixa, claro. 294 00:14:22,863 --> 00:14:24,156 Vale, vémonos. 295 00:14:25,991 --> 00:14:32,289 Pero non o recordo, así que hache de seguir por aquí. 296 00:14:42,257 --> 00:14:43,091 Tela ti. 297 00:14:43,175 --> 00:14:44,468 Claro! De nacemento. 298 00:14:44,551 --> 00:14:47,429 Eu téñoche de todo, pero non chamo por iso. 299 00:14:47,512 --> 00:14:49,640 Teño máis datos do tema que falamos. 300 00:14:49,723 --> 00:14:51,224 Sabes quen feriu a Cam? 301 00:14:51,308 --> 00:14:55,520 Non. É cousa túa pescudalo. O caso é que creo que o quero saber. 302 00:14:55,604 --> 00:14:57,356 Malo será que non me repoña. 303 00:14:57,439 --> 00:14:59,775 Teño que colgar. Problemas íntimos. 304 00:14:59,858 --> 00:15:02,027 Aí non che podo axudar. Abur! 305 00:15:04,696 --> 00:15:06,031 Onde estás, caixa? 306 00:15:07,699 --> 00:15:11,453 Non sei eu, Demi. Unha cerimonia preliberación? 307 00:15:11,536 --> 00:15:12,371 Si. 308 00:15:12,454 --> 00:15:16,875 Emocioneime co da liberación e pasóuseme o primeiro paso. 309 00:15:16,959 --> 00:15:20,963 É para limpar a enerxía negativa e que a pantasma se sinta segura. 310 00:15:21,046 --> 00:15:22,089 Ten sentimentos? 311 00:15:22,673 --> 00:15:25,008 - Claro. - Canto dura a purificación? 312 00:15:25,092 --> 00:15:30,097 Pois podo tardar de 24 a 48 horas 313 00:15:30,180 --> 00:15:37,062 en atopar… a sabedoría que precisamos para estar seguros de poder dar a caixa. 314 00:15:37,145 --> 00:15:40,357 Isto xa é do nivel avanzado de meigallos, 315 00:15:40,440 --> 00:15:42,734 que non creo que chegue a el. 316 00:15:42,818 --> 00:15:45,028 Ó intermedio, fixo. 317 00:15:45,112 --> 00:15:46,947 Vale, por onde comezamos? 318 00:15:47,572 --> 00:15:50,117 Hai que desvelar segredos, 319 00:15:50,200 --> 00:15:52,327 canto máis escuros, mellor. 320 00:15:52,411 --> 00:15:54,663 En plan… Que sei eu. 321 00:15:54,746 --> 00:15:58,750 Por que teu pai odia unha das túas mellores amigas 322 00:15:58,834 --> 00:16:02,462 ou de quen namoraches que te deixou tan ferido 323 00:16:02,546 --> 00:16:05,090 que agora tes medo de volver namorar. 324 00:16:05,173 --> 00:16:07,092 - Cam, ti primeiro. - Empezo eu. 325 00:16:07,175 --> 00:16:09,344 Case mato o meu hámster sen querer. 326 00:16:11,930 --> 00:16:13,682 Vale. Case mato a Gloria. 327 00:16:14,182 --> 00:16:15,976 Grazas por compartilo. Cam? 328 00:16:16,059 --> 00:16:19,521 Pois si teño unha historia tráxica de rexeitamento. 329 00:16:19,604 --> 00:16:20,897 Ben, ti fala. 330 00:16:20,981 --> 00:16:22,899 - Gloria… - Agora non, Javi! 331 00:16:22,983 --> 00:16:24,651 Marchade para a casa. 332 00:16:25,152 --> 00:16:26,361 Perdoe, Sr. Salazar. 333 00:16:26,445 --> 00:16:28,989 - Non lle quería falar mal. - Boa noite. 334 00:16:33,618 --> 00:16:36,163 Imos falar seriamente das túas compañías. 335 00:16:36,246 --> 00:16:39,499 Si, que temos que falar seriamente éche ben certo. 336 00:16:42,002 --> 00:16:46,339 A ver, filliña. Son todo oídos. Que me tes que contar? 337 00:16:47,382 --> 00:16:48,508 Papá, tes… 338 00:16:51,553 --> 00:16:53,638 Tranquila. Sóltao. 339 00:16:58,101 --> 00:17:02,105 Tonio interceptou unha chamada que era para dicirche que… 340 00:17:04,566 --> 00:17:06,068 Tranquiliña. 341 00:17:06,610 --> 00:17:07,778 A ver se con auga. 342 00:17:08,361 --> 00:17:09,362 Si. 343 00:17:09,446 --> 00:17:10,280 Agora veño. 344 00:17:16,078 --> 00:17:17,954 Eh, e esa torta? 345 00:17:18,038 --> 00:17:20,540 - É a favorita de papá. - Tróuxoa Rusty. 346 00:17:20,624 --> 00:17:22,584 Que ideaza! E no momento xusto. 347 00:17:22,667 --> 00:17:25,504 Xa me ía dar un ataque por terllo que contar soa. 348 00:17:25,587 --> 00:17:28,924 Pero agora xa llo podemos contar xuntos 349 00:17:29,007 --> 00:17:30,926 despois de que coma torta. 350 00:17:31,009 --> 00:17:33,845 Ou antes de que a coma. 351 00:17:33,929 --> 00:17:36,473 PARABÉNS TES CANCRO 352 00:17:38,058 --> 00:17:39,226 Que tolería. 353 00:17:39,309 --> 00:17:42,521 Obsesionámonos tanto con como contarllo 354 00:17:42,604 --> 00:17:45,690 que nos esquecemos por completo de que está enfermo. 355 00:17:45,774 --> 00:17:49,945 Papá está enfermo. E non ten unha catarreira, ten un cancro perigoso. 356 00:17:53,698 --> 00:17:55,534 Non querería estar na túa pel. 357 00:17:55,617 --> 00:17:56,910 Nin na del. 358 00:17:57,577 --> 00:18:02,082 Ter cancro cando a súa muller morreu de un parece unha broma de mal gusto. 359 00:18:02,916 --> 00:18:05,127 - Tivo que ser difícil… - Quedar só. 360 00:18:07,754 --> 00:18:10,048 Ter que criar dúas nenas el só. 361 00:18:10,132 --> 00:18:11,758 É un heroe. 362 00:18:11,842 --> 00:18:13,218 É o meu heroe. 363 00:18:15,178 --> 00:18:17,305 A saber o medo que levas pasado 364 00:18:17,389 --> 00:18:20,851 pensando en que será de vós se lle pasa algo. 365 00:18:23,603 --> 00:18:26,815 E sinto moito que teñas que pasar por isto, Gloria. 366 00:18:32,904 --> 00:18:33,905 E eu. 367 00:18:41,621 --> 00:18:45,750 Grazas polas túas palabras e por entender como me sinto. 368 00:18:46,501 --> 00:18:47,627 De nada. 369 00:18:51,715 --> 00:18:53,967 É que non podo máis. 370 00:18:55,051 --> 00:18:56,511 E non me estraña. 371 00:18:58,638 --> 00:19:00,891 Perdoa, que te tratei fatal. 372 00:19:01,850 --> 00:19:02,893 Trabuqueime. 373 00:19:03,560 --> 00:19:06,354 Mellor dille ti a meu pai que ten cancro. 374 00:19:06,438 --> 00:19:07,480 Non fai falla. 375 00:19:08,481 --> 00:19:09,316 Fixéchelo ti. 376 00:19:14,905 --> 00:19:16,072 Grazas. 377 00:19:16,156 --> 00:19:17,449 É o terceiro anaco? 378 00:19:17,532 --> 00:19:20,702 Non me xulguedes, que teño cancro, lembrades? 379 00:19:21,578 --> 00:19:22,495 Non te pases. 380 00:19:22,996 --> 00:19:24,748 A ver, canto hai que o sabes? 381 00:19:25,749 --> 00:19:28,835 - Un mes, máis ou menos. - Non pensabas contárnolo? 382 00:19:28,919 --> 00:19:30,337 Non quería preocuparvos. 383 00:19:30,420 --> 00:19:34,299 O médico di que medra moi pouco e que non é agresivo. 384 00:19:34,382 --> 00:19:35,675 Non vai pasar nada. 385 00:19:36,301 --> 00:19:39,137 Pero preciso resolver unha dúbida moi importante. 386 00:19:39,721 --> 00:19:40,555 Ti quen es? 387 00:19:43,308 --> 00:19:45,727 "Son parva, un desastre. 388 00:19:45,810 --> 00:19:48,480 Non sei que fixen coa caixa. 389 00:19:48,563 --> 00:19:49,397 Non me mates. 390 00:19:49,481 --> 00:19:52,108 Xa o fará a pantasma cando veña pola caixa!" 391 00:19:53,443 --> 00:19:55,320 Con exclamación ou sen ela? 392 00:20:01,284 --> 00:20:03,870 - Glo, malas novas. - As miñas son boas. 393 00:20:03,954 --> 00:20:07,749 O cancro non é terminal. Non hai meigallo nin nada que amañar. 394 00:20:07,832 --> 00:20:09,125 Ben! 395 00:20:09,209 --> 00:20:12,128 Grazas por ocuparte ti mentres eu andaba co outro. 396 00:20:12,212 --> 00:20:14,506 Valoro moito o responsable que es. 397 00:20:14,589 --> 00:20:16,967 E eu valoro que o valores. 398 00:20:17,050 --> 00:20:19,010 - Boa noite. - Descansa. 399 00:20:20,887 --> 00:20:21,930 Eliminar. 400 00:20:23,932 --> 00:20:24,849 Ola. 401 00:20:25,642 --> 00:20:28,270 Xa sabes o do cancro e o meigallo? 402 00:20:28,353 --> 00:20:30,772 - Chamoute a ti antes? - Claro. 403 00:20:33,233 --> 00:20:34,401 Roubáronche? 404 00:20:34,484 --> 00:20:38,405 Estiven buscando algo que xa non preciso atopar. 405 00:20:38,488 --> 00:20:41,574 - Xa o recollerei. - Mellor, que non é propio de ti. 406 00:20:41,658 --> 00:20:42,993 Sábelo ti? Igual si. 407 00:20:43,076 --> 00:20:45,120 Pode ser unha cara secreta de min, 408 00:20:45,203 --> 00:20:47,330 pero como pensas que o sabes todo… 409 00:20:47,414 --> 00:20:49,249 Ocultábasme que es desordenada? 410 00:20:50,542 --> 00:20:53,461 De verdade queres que fale dos meus sentimentos? 411 00:20:55,588 --> 00:20:58,508 Vale. Finxes que che dá igual, pero non é así. 412 00:21:00,635 --> 00:21:04,180 Por que me torturas así? A ver. 413 00:21:04,264 --> 00:21:08,852 Mira, sei que queres saber todos os meus segredos, e sábelos. 414 00:21:08,935 --> 00:21:11,354 Sabes todos os que quero contar. 415 00:21:11,438 --> 00:21:13,773 Pero outros gárdoos nunha caixa forte 416 00:21:13,857 --> 00:21:15,483 e quero que queden aí. 417 00:21:15,567 --> 00:21:17,902 E non é por ti. É por min. 418 00:21:17,986 --> 00:21:20,989 Para ti é importante contarme todas as túas cousas 419 00:21:21,072 --> 00:21:25,493 e que eu che conte as miñas, pero eu non son coma ti. 420 00:21:26,077 --> 00:21:27,871 Grazas por dicirme todo isto. 421 00:21:29,622 --> 00:21:32,125 - Sei que che custou. - Moito. 422 00:21:32,208 --> 00:21:37,047 Si. E dáme que as empanadillas que comín antes de vir estaban caducadas. 423 00:21:37,130 --> 00:21:38,506 Pódome tombar? Grazas. 424 00:21:40,258 --> 00:21:42,052 Non, mellor vou para a casa. 425 00:21:43,511 --> 00:21:47,057 Perdoa. É moi egoísta querer que mo contes todo. 426 00:21:50,727 --> 00:21:55,065 Ás veces sinto que son un cero á esquerda para as nosas amigas 427 00:21:55,148 --> 00:21:58,526 e póñome sensible, 428 00:21:58,610 --> 00:22:00,070 se cadra celosa. 429 00:22:01,696 --> 00:22:08,119 Si, célome cando penso que alguén te coñece mellor ca min. 430 00:22:10,121 --> 00:22:14,959 E que hai segredos entre nós. 431 00:22:17,087 --> 00:22:18,630 Es quen mellor me coñece. 432 00:22:20,256 --> 00:22:22,717 E ninguén se preocupa máis por ti ca min. 433 00:22:26,388 --> 00:22:31,601 Non. Nada de choromicar. Iso si que non. Co de chorar non podo. 434 00:22:34,062 --> 00:22:36,564 Vale. Pódesme facer unha pregunta, Demi. 435 00:22:36,648 --> 00:22:38,733 Só unha. Pregunta o que penses 436 00:22:38,817 --> 00:22:41,569 que non sabes, pero só porque estás chorando. 437 00:22:41,653 --> 00:22:43,405 E nada de afondar despois. 438 00:22:44,864 --> 00:22:47,325 O señor Martin terá pelo baixo o chapeu? 439 00:22:47,409 --> 00:22:48,576 Non. É calvo. 440 00:22:50,161 --> 00:22:53,706 Pero iso non é o que me queres preguntar. 441 00:22:56,167 --> 00:22:59,796 Vale. Andre dixo que seguías namorado de alguén que te feriu. 442 00:23:01,172 --> 00:23:02,215 Quen é? 443 00:23:04,926 --> 00:23:06,052 Ti. 444 00:23:09,472 --> 00:23:11,558 - Non hai cancro. - Nin meigallo. 445 00:23:11,641 --> 00:23:13,351 - Que alegría. - Xa che digo. 446 00:23:13,435 --> 00:23:16,813 Como lle cremos a Demi o de que a caixa estaba enmeigada? 447 00:23:18,523 --> 00:23:20,108 Vamos descansar a mente. 448 00:23:20,191 --> 00:23:21,860 Mañá é un día sen meigallos. 449 00:23:21,943 --> 00:23:23,111 Dez minutos máis. 450 00:23:24,320 --> 00:23:25,405 - Vale. - Ben! 451 00:23:26,114 --> 00:23:27,198 Ines. 452 00:23:28,575 --> 00:23:29,826 Ala, xa está. 453 00:23:53,641 --> 00:23:56,519 QUERO A MIÑA CAIXA, PELELLA 454 00:24:55,286 --> 00:24:59,707 Subtítulos: Marina do Albardeiro