1 00:00:21,105 --> 00:00:25,443 MARISOL MARTINEZ 5 DE XUÑO DE 1952 - 21 DE MAIO DE 2021 2 00:00:25,526 --> 00:00:26,569 Marisol. 3 00:00:28,988 --> 00:00:29,822 Ola. 4 00:00:38,539 --> 00:00:39,540 Ruben! 5 00:00:40,124 --> 00:00:43,086 Ruben! Estás ben? 6 00:00:53,054 --> 00:00:54,764 Vou fatal de tempo 7 00:00:54,847 --> 00:00:58,476 e todo ten que saír á perfección para conmemorar a mamá. 8 00:00:58,559 --> 00:01:02,021 O Día dos Mortos é o día máis importante do ano. 9 00:01:04,941 --> 00:01:06,359 Sabe a dos leches. 10 00:01:06,442 --> 00:01:08,945 Grazas pola axuda, pero ponte coas flores. 11 00:01:09,028 --> 00:01:11,280 - Como as coloco? - Como ti vexas. 12 00:01:13,116 --> 00:01:17,537 Non. Así non. Mellor vai indo con Rusty ó insti. 13 00:01:23,876 --> 00:01:25,711 Porcallada con porcallada. 14 00:01:27,213 --> 00:01:28,047 Proba. 15 00:01:29,507 --> 00:01:30,424 Que é? 16 00:01:31,217 --> 00:01:34,595 Maionesa mística, para arredar o mal ata dar con Mariluna. 17 00:01:34,679 --> 00:01:36,848 Que non se cumpran os presaxios. 18 00:01:36,931 --> 00:01:38,224 Aínda segues con iso? 19 00:01:38,307 --> 00:01:40,351 O que dixo da caixa cumpriuse. 20 00:01:40,434 --> 00:01:44,021 Díxome que tentaba amañar algo que estaba roto. O meigallo. 21 00:01:44,105 --> 00:01:47,358 E que, para solucionalo, debía romper e recompor algo. 22 00:01:47,441 --> 00:01:49,861 A caixa. E foi cando atopei a invitación. 23 00:01:49,944 --> 00:01:53,406 Dáslle voltas de máis. Pasaron cinco semanas. 24 00:01:53,489 --> 00:01:56,367 Se é un meigallo, por que teño outra oportunidade 25 00:01:56,450 --> 00:01:58,703 para bater o récord de dominadas? 26 00:01:58,786 --> 00:02:02,790 - Non me debería estar indo coma o cu? - A calma previa á tormenta. 27 00:02:02,874 --> 00:02:05,376 Onde estaba onte a pantasma? Era Halloween. 28 00:02:06,294 --> 00:02:08,212 Halloween ofende as pantasmas. 29 00:02:08,296 --> 00:02:10,798 Inventárono Hollywood e os das lambetadas 30 00:02:10,882 --> 00:02:13,759 para lucrarse. É apropiación da espiritualidade. 31 00:02:13,843 --> 00:02:16,429 Sexa o que sexa ou fose, xa pasou. 32 00:02:17,013 --> 00:02:20,725 Non vou perder o tempo falando de pantasmas imaxinarias. 33 00:02:20,808 --> 00:02:22,476 Teño cousas reais que facer. 34 00:02:22,560 --> 00:02:26,272 Xa. Cousas que lle presten a túa nai, que é unha pantasma. 35 00:02:26,355 --> 00:02:29,609 Exacto. É a tradición. Pero quen te bombardea? 36 00:02:29,692 --> 00:02:32,153 Andre. Collemos confianza falando de Cam. 37 00:02:32,236 --> 00:02:35,781 Ós dous nos afectan a numeroloxía e as fases da Lúa. 38 00:02:35,865 --> 00:02:38,868 En resumo, que agora son a súa copresentadora. 39 00:02:39,493 --> 00:02:42,205 Merda, cousas do podcast. Teño que marchar. 40 00:02:46,792 --> 00:02:48,211 Hoxe hai lúa minguante. 41 00:02:48,294 --> 00:02:52,423 Deberiamos falar de liberarnos da enerxía tóxica e dos meigallos. 42 00:02:52,506 --> 00:02:54,717 E dos resentimentos amorosos nocivos. 43 00:02:54,800 --> 00:02:57,970 Si, iso é moi de lúa minguante. Encántame. 44 00:02:58,054 --> 00:02:59,096 Que vos encanta? 45 00:02:59,180 --> 00:03:01,474 Ti. E o tema do podcast de hoxe. 46 00:03:01,557 --> 00:03:03,434 Liberar enerxía tóxica. 47 00:03:03,517 --> 00:03:04,352 Paso diso. 48 00:03:04,435 --> 00:03:05,937 Pois vaiche ó pelo. 49 00:03:06,020 --> 00:03:07,897 Viríache ben escoitar o podcast 50 00:03:07,980 --> 00:03:10,566 e liberarte da negatividade e a dor que tes. 51 00:03:10,650 --> 00:03:13,444 Xa non me cabrea o de Historia. Xa pon calzóns. 52 00:03:13,527 --> 00:03:16,739 E o da persoa que te deixou tocado? Libérate diso. 53 00:03:16,822 --> 00:03:20,868 Ou podedes falar de como liberarte da túa obsesión comigo. 54 00:03:20,952 --> 00:03:24,205 - Dille que escoite o podcast. - É fiel ós seus valores. 55 00:03:24,288 --> 00:03:26,582 Nunca apoiou o arte. 56 00:03:26,666 --> 00:03:30,127 Iso. Se non, tamén tería que escoitar a música dos colegas 57 00:03:30,211 --> 00:03:32,838 ou ir ver actuacións de teatro pésimas. 58 00:03:32,922 --> 00:03:34,966 Ó final, non daría feito. 59 00:03:35,049 --> 00:03:36,175 Mellor non abafalo. 60 00:03:36,259 --> 00:03:39,303 Non é tan sensible coma nós, e non pasa nada. 61 00:03:40,012 --> 00:03:42,890 Que non son tan sensible? Metémonos nese tema? 62 00:03:44,308 --> 00:03:48,145 Onde me quero meter agora mesmo é na casa, 63 00:03:48,229 --> 00:03:50,606 que esquecín o… Deica! 64 00:03:54,318 --> 00:03:57,113 Pois tamén esqueceu onde vive. 65 00:03:57,738 --> 00:03:58,572 Si. 66 00:03:59,657 --> 00:04:01,909 - Que vos pasa? - Nada. 67 00:04:03,202 --> 00:04:04,912 A ver, se cadra algo si. 68 00:04:04,996 --> 00:04:09,250 Eu son de evitar conflitos e agradezo non ter a conversa incómoda. 69 00:04:09,333 --> 00:04:12,461 Pero ela é transgresora. Cabréame que non me obrigue. 70 00:04:17,383 --> 00:04:19,635 Ves o recto que ten o lombo? 71 00:04:20,553 --> 00:04:23,180 Ti arquéalo demasiado cando adestramos. 72 00:04:23,264 --> 00:04:25,016 Iso debe ser o que che falla. 73 00:04:25,099 --> 00:04:28,477 Se non arqueo o lombo, non fago tanta forza cos ombros 74 00:04:28,561 --> 00:04:30,479 e a forza téñoa no trapecio. 75 00:04:30,563 --> 00:04:34,775 Pero se tiro máis dos tríceps e tenso o cu, se cadra… 76 00:04:34,859 --> 00:04:37,403 Para. Non lle deas tantas voltas. 77 00:04:37,486 --> 00:04:39,864 Tes razón. Cando o fago, despístome. 78 00:04:40,865 --> 00:04:43,743 - Sei que o das dominadas é unha parvada. - Para. 79 00:04:43,826 --> 00:04:45,745 Tentas ser a mellor en algo. 80 00:04:45,828 --> 00:04:49,373 E estalo facendo por ti. Iso é o que importa. 81 00:04:49,457 --> 00:04:51,917 E por reputación e por saír no LA Times. 82 00:04:52,001 --> 00:04:53,627 Pódelo lograr. 83 00:04:53,711 --> 00:04:56,964 - Non preciso arengas. Xa o sei. - Por iso me gustas. 84 00:04:57,048 --> 00:04:58,049 Que? 85 00:05:00,384 --> 00:05:04,889 Axúdasme coa lista da compra que teu pai lle deu a Tonio e Tonio a min? 86 00:05:05,389 --> 00:05:06,390 Vou ir ó Costco 87 00:05:06,474 --> 00:05:11,228 e teño dúbidas sobre un produto de especialidade. 88 00:05:11,771 --> 00:05:15,399 É dun ámbito que descoñezo. 89 00:05:15,483 --> 00:05:17,943 Tampóns. Aplicador de cartón e sen olor. 90 00:05:18,027 --> 00:05:21,280 Prefiro os de plástico, pero antes o planeta que a cona. 91 00:05:22,740 --> 00:05:25,493 - Si me importa a miña co… - Entendido. Grazas. 92 00:05:25,576 --> 00:05:27,703 Oe, se non tes plan esta noite, 93 00:05:27,787 --> 00:05:29,705 ven comigo á festa dun colega. 94 00:05:29,789 --> 00:05:31,374 Podo levar amigos. 95 00:05:31,999 --> 00:05:33,209 E logo somos amigos? 96 00:05:34,710 --> 00:05:35,544 Si. 97 00:05:37,213 --> 00:05:40,424 E non podes estar na casa entre as 18:30 e as 22:00. 98 00:05:40,508 --> 00:05:44,011 - Teu tío alugouna para unha rodaxe. - Outra vez? Perdoa. 99 00:05:44,095 --> 00:05:46,889 Non podo ir á festa, pero non estarei na casa. 100 00:05:46,972 --> 00:05:48,516 Vou á tumba de miña nai. 101 00:05:49,100 --> 00:05:51,435 Pasaremos alí a noite, pero grazas. 102 00:05:59,443 --> 00:06:03,155 Que ben ter a sala á hora do xantar. Logo vou axudar a Gloria. 103 00:06:03,239 --> 00:06:07,410 É un día importante para ela. E para nós! As fases da Lúa. Que ganas! 104 00:06:07,493 --> 00:06:09,870 E que ganas de falar do tema que eludes. 105 00:06:11,997 --> 00:06:15,835 Hoxe temos a Cam de invitado. Imos ser directos en directo. 106 00:06:19,755 --> 00:06:22,216 Teño unha ideaza para facer no cemiterio. 107 00:06:22,299 --> 00:06:25,761 Cando remexemos nas cousas de mamá hai unhas semanas, 108 00:06:25,845 --> 00:06:29,140 atopei as figuriñas de porcelana que lle encantaban. 109 00:06:29,223 --> 00:06:31,851 Podémolas colocar arredor da tumba. 110 00:06:31,934 --> 00:06:35,729 A idea está moi ben, de verdade, pero mamá aborrecíaas. 111 00:06:35,813 --> 00:06:37,565 Se as tiña por toda a casa. 112 00:06:37,648 --> 00:06:40,818 Pola avoa. Regaláballas ela. A mamá horrorizábana. 113 00:06:40,901 --> 00:06:44,071 Tamén a horrorizaba a avoa, pero non llo digas a papá. 114 00:06:44,572 --> 00:06:49,577 Vale. E se imos ó noso italiano favorito cando marchemos do cemiterio? 115 00:06:49,660 --> 00:06:50,744 Mamá aborrecíao. 116 00:06:50,828 --> 00:06:53,789 Empezamos a ir máis cando morreu. 117 00:06:53,873 --> 00:06:56,667 Pero sigue así. Acabarás tendo algunha idea boa. 118 00:06:59,545 --> 00:07:02,256 "Un, dous e Dre" e comezades. 119 00:07:03,340 --> 00:07:04,967 Veña, que é un podcast. 120 00:07:05,676 --> 00:07:08,095 Como ninguén ve o incómodos que estades, 121 00:07:08,179 --> 00:07:09,346 describireino. 122 00:07:09,430 --> 00:07:12,349 Cam está como suando e Demi, entre apesarada 123 00:07:12,433 --> 00:07:14,518 e a punto de dicir o que non debe. 124 00:07:14,602 --> 00:07:16,812 Quedan dez minutos de descanso. 125 00:07:16,896 --> 00:07:20,024 Veña, pasamos de falar do silencio a falar de falar. 126 00:07:20,107 --> 00:07:22,485 Sobre todo, do tema que evitades. 127 00:07:22,568 --> 00:07:25,362 Sabedes o tema que nunca evito eu? Os tecidos! 128 00:07:27,031 --> 00:07:29,700 Como non! Os tecidos son o tecido da vida. 129 00:07:29,783 --> 00:07:33,245 E a base do negocio do noso patrocinador, Modas Freeridge. 130 00:07:33,329 --> 00:07:37,041 A súa roupa quita o sentido! Veña, nós ó noso. 131 00:07:37,124 --> 00:07:39,668 Hoxe imos falar da lúa minguante 132 00:07:39,752 --> 00:07:42,796 e de liberarnos de resentimentos amorosos nocivos. 133 00:07:43,297 --> 00:07:45,466 Cam, tócache unha limpeza emocional. 134 00:07:45,549 --> 00:07:48,594 Sacar as impurezas e limpar os poros da túa alma 135 00:07:48,677 --> 00:07:50,513 para que poidas volver amar. 136 00:07:51,096 --> 00:07:54,183 Meu ben, cóntanos. Quen te deixou tocado? 137 00:07:54,683 --> 00:07:56,936 Non quero dar nomes. 138 00:07:57,019 --> 00:07:59,897 É unha perda de tempo. Iso onde vai que pasou. 139 00:07:59,980 --> 00:08:02,858 Non remexamos no pasado. Non sería para tanto. 140 00:08:02,942 --> 00:08:04,777 Si que foi para tanto. 141 00:08:05,277 --> 00:08:06,570 Di que si, amor. 142 00:08:08,197 --> 00:08:09,782 O conto foi o seguinte. 143 00:08:10,741 --> 00:08:13,827 Ós 12 anos, antes de contar que era bisexual, 144 00:08:13,911 --> 00:08:15,663 a rapaza que me gustaba 145 00:08:15,746 --> 00:08:19,416 dixo que non podería estar cun tío que estivese con tíos. 146 00:08:20,125 --> 00:08:21,919 Será bifóbica a moi pécora! 147 00:08:22,002 --> 00:08:25,047 E estabas namorado desa rapaza? 148 00:08:26,549 --> 00:08:27,675 Si. 149 00:08:27,758 --> 00:08:32,555 Demi, ti eras amiga de Cam xa daquela. Presenciaches isto? 150 00:08:32,638 --> 00:08:33,722 Si. Presenciouno. 151 00:08:33,806 --> 00:08:36,225 Ti cres? Porque eu non o lembro. 152 00:08:36,308 --> 00:08:39,270 Lembraría algo así e non é o caso. 153 00:08:39,353 --> 00:08:40,980 - Que casualidade. - Non. 154 00:08:41,063 --> 00:08:42,982 Dubido que alguén dixese iso. 155 00:08:43,065 --> 00:08:44,483 - Pois díxoo. - Non creo. 156 00:08:44,567 --> 00:08:47,194 - A ver… - Non é por levarche a contraria, 157 00:08:47,278 --> 00:08:48,696 Cam, pero iso non pasou. 158 00:08:48,779 --> 00:08:52,199 Perdoa, Demi, pero ese comentario doeume na alma. 159 00:08:52,283 --> 00:08:54,577 Así que lembrareino eu mellor ca ti. 160 00:08:54,660 --> 00:08:55,911 - Deixémolo. - Ben. 161 00:08:55,995 --> 00:08:58,330 Non hai máis opcións. É así e punto. 162 00:08:58,414 --> 00:08:59,540 Na sexualidade non. 163 00:08:59,623 --> 00:09:03,627 Estou de acordo. Por iso che digo que nunca pasou tal cousa. 164 00:09:03,711 --> 00:09:05,963 - Igual non o oíches. - Ou non o creo. 165 00:09:06,046 --> 00:09:07,506 Tanto ten o que creas. 166 00:09:07,590 --> 00:09:10,467 Foi o que vivín e fáltasme ó respecto. 167 00:09:11,510 --> 00:09:13,596 Esta ferida aínda non cicatriza. 168 00:09:14,722 --> 00:09:19,143 Grazas por esta conversa tan incómoda. Que vos quede ben no programa. 169 00:09:20,978 --> 00:09:22,229 Chámote despois, rei. 170 00:09:22,855 --> 00:09:24,732 Así é o noso programa. 171 00:09:25,357 --> 00:09:26,984 Un, dous e Dre 172 00:09:27,067 --> 00:09:29,570 Que o pasedes moi Dre 173 00:09:30,112 --> 00:09:33,324 A vida é moi curta Para estar trisDre 174 00:09:33,407 --> 00:09:34,491 Ou que! 175 00:09:34,575 --> 00:09:36,076 Un, dous e Dre 176 00:09:36,577 --> 00:09:39,955 Un, dous e Dre, ou que! 177 00:09:41,707 --> 00:09:43,792 Ás 18:45, minuto arriba ou abaixo, 178 00:09:43,876 --> 00:09:45,794 acabamos coas novidades do ano 179 00:09:45,878 --> 00:09:48,589 e cantamos a súa favorita de Depeche Mode. 180 00:09:49,173 --> 00:09:52,509 Ai, esquecíame. Xa non imos facer un dúo. 181 00:09:52,593 --> 00:09:53,510 Vai ser un solo 182 00:09:53,594 --> 00:09:57,014 porque sempre a cantas moi aguda e esqueces a letra. 183 00:09:57,097 --> 00:10:00,726 Este ano podes honrar a mamá co teu silencio. 184 00:10:00,809 --> 00:10:03,103 E se a honro coa miña ausencia? 185 00:10:03,187 --> 00:10:04,813 Queres quedar no coche? 186 00:10:04,897 --> 00:10:06,899 Non. Paso de ir. 187 00:10:07,650 --> 00:10:11,070 Rusty convidoume a unha festa e vou ir con el. 188 00:10:12,613 --> 00:10:15,824 - Tamén te convidou a ti? - Convidoume a min primeiro. 189 00:10:15,908 --> 00:10:19,203 E como xa non me precisas para a cerimonia, vou de festa. 190 00:10:19,286 --> 00:10:21,580 - Papá non che vai deixar ir. - Si. 191 00:10:21,664 --> 00:10:25,334 Escribinlle cando recitabas as oracións que rezarás ás 18:13. 192 00:10:25,417 --> 00:10:26,293 Vouno chamar. 193 00:10:28,128 --> 00:10:29,797 - Gloria, todo ben? - Non. 194 00:10:29,880 --> 00:10:34,385 Décheslle permiso a Ines para ir de festa en vez de ó cemiterio? 195 00:10:34,468 --> 00:10:37,846 - Si. - Pero sempre imos en familia. Todos. 196 00:10:37,930 --> 00:10:39,098 É a tradición. 197 00:10:39,181 --> 00:10:40,808 Íate chamar hai un cacho. 198 00:10:40,891 --> 00:10:42,226 Estou no cemiterio 199 00:10:42,309 --> 00:10:45,354 porque logo vou ir con Lucia a unha gala benéfica. 200 00:10:45,437 --> 00:10:49,316 - Leva meses organizándoa. - Abandónasme por Lucia? 201 00:10:49,400 --> 00:10:52,194 Non sabía que era hoxe ata esta mañá. 202 00:10:52,277 --> 00:10:55,447 Vai con Ines á festa e mañá vimos ó cemiterio xuntos. 203 00:10:55,531 --> 00:10:57,866 Ir mañá non ten xeito. 204 00:10:57,950 --> 00:11:01,453 Chámase Día dos Mortos, non Día Despois do Día dos Mortos. 205 00:11:01,537 --> 00:11:03,997 Non rompemos a tradición por ir mañá. 206 00:11:04,081 --> 00:11:04,915 Claro que si. 207 00:11:04,998 --> 00:11:07,626 Se algo aprendín, é que as tradicións mudan. 208 00:11:07,710 --> 00:11:08,794 Faime caso. 209 00:11:08,877 --> 00:11:11,630 Papá, a definición de tradición é que non muda! 210 00:11:11,714 --> 00:11:13,799 Es parvo ou que? Si, non? 211 00:11:13,882 --> 00:11:17,261 Estás doída, así que vou obviar esa falta de respecto. 212 00:11:17,845 --> 00:11:20,556 Pero a parva es ti, non? Que falas con teu pai. 213 00:11:20,639 --> 00:11:22,599 Perdoarei, pero non esquecerei. 214 00:11:22,683 --> 00:11:24,685 Que che preste a fulana esa, Javi. 215 00:11:24,768 --> 00:11:27,062 Iso queríallo dicir, pero calei. 216 00:11:27,146 --> 00:11:28,731 Mellor con público. 217 00:11:28,814 --> 00:11:31,024 Falando de público, que saibas 218 00:11:31,108 --> 00:11:34,445 que non podo nin ver a Cam polo que me soltou no podcast. 219 00:11:34,528 --> 00:11:35,529 Que che dixo? 220 00:11:35,612 --> 00:11:38,782 Está anoxado por algo que disque dixen ós 12 anos. 221 00:11:38,866 --> 00:11:41,952 - E a min non me soa. - Que era? Igual o lembro eu. 222 00:11:42,035 --> 00:11:43,120 Pois… 223 00:11:44,163 --> 00:11:47,624 Unha parvada. Xa nin lembro o que non lembro. Tiña 12 anos. 224 00:11:47,708 --> 00:11:51,003 Diría calquera cousa. Nin sequera sabía que era o porno. 225 00:11:53,088 --> 00:11:56,467 Contádenos o que sabedes da pantasma de miña nai! 226 00:11:57,134 --> 00:11:58,093 - Que? - Que? 227 00:11:58,177 --> 00:12:00,554 Cremos que a vimos no cemiterio. 228 00:12:02,139 --> 00:12:06,059 As cenorias e os allos son purificadores espirituais naturais. 229 00:12:06,143 --> 00:12:07,811 - E iso? - Lino en Reddit. 230 00:12:07,895 --> 00:12:09,605 - Onde? - En Reddit. 231 00:12:10,230 --> 00:12:11,273 Xa… Iso que é? 232 00:12:11,356 --> 00:12:12,649 Reddit é Reddit. 233 00:12:14,359 --> 00:12:19,323 Como vedes, isto é unha invitación, pero non unha invitación calquera. 234 00:12:19,406 --> 00:12:22,367 É dun 50 aniversario. Está inspirada en Arma Letal. 235 00:12:22,451 --> 00:12:24,912 Busquei Arma Letal 236 00:12:24,995 --> 00:12:26,830 e disque é unha peli dun poli… 237 00:12:26,914 --> 00:12:28,540 Sei de que vai. 238 00:12:28,624 --> 00:12:30,626 Pois Mariluna adorábaa. 239 00:12:30,709 --> 00:12:33,378 Tamén adoraba a Henry e organizoulle a festa. 240 00:12:33,462 --> 00:12:36,256 Mirade a nota de Mariluna para Marisol. 241 00:12:36,340 --> 00:12:40,010 "Marisol, ven. Bótote de menos." 242 00:12:40,093 --> 00:12:41,678 Que credes que significa? 243 00:12:41,762 --> 00:12:46,141 Creo que miña nai estaba convidada e que Mariluna a botaba de menos. 244 00:12:47,226 --> 00:12:48,352 Quen é Mariluna? 245 00:12:48,435 --> 00:12:50,187 Esa é a pregunta! 246 00:12:50,270 --> 00:12:53,816 Marisol. Mariluna. Sol. Lúa. 247 00:12:53,899 --> 00:12:55,526 Serían parentes. 248 00:12:55,609 --> 00:12:57,569 - Só tiña dous irmáns. - Seguro? 249 00:12:57,653 --> 00:13:00,030 Poucas cousas non sabía eu de miña nai. 250 00:13:00,113 --> 00:13:01,198 Era unha lareta. 251 00:13:01,281 --> 00:13:03,951 Non gardaba nin a auga que bebía. 252 00:13:04,034 --> 00:13:06,411 Logo sabedes que estivo na Guerra Sucia. 253 00:13:07,746 --> 00:13:11,124 Iso si que non o sabe moita xente. Como o sabes? 254 00:13:11,208 --> 00:13:14,127 - Pola páxina na súa honra. - Que páxina? 255 00:13:16,129 --> 00:13:19,299 Non. Non sabía que Jamal fixera esta páxina tan rara. 256 00:13:19,383 --> 00:13:21,635 O teu fillo e Marisol serían mozos? 257 00:13:21,718 --> 00:13:23,011 - A saber. - A saber. 258 00:13:23,095 --> 00:13:27,057 - Miña nai non saía cun adolescente. - Era unha cousa turbia. 259 00:13:27,140 --> 00:13:29,142 - Eran moi amigos. - Bastante raro. 260 00:13:29,226 --> 00:13:33,605 Para Jamal, non. Ten moitas afeccións raras e segredos aínda máis raros. 261 00:13:35,274 --> 00:13:38,402 - Atopou os cartos de RollerWorld. - Vai de aí! 262 00:13:38,485 --> 00:13:40,070 Non hai cartos soterrados. 263 00:13:40,153 --> 00:13:41,864 Hai tal. E atopounos el. 264 00:13:41,947 --> 00:13:45,701 Perdoa, pero coa axuda dos seus amigos e da miña sogra. 265 00:13:45,784 --> 00:13:47,494 Que fixeron cos cartos? 266 00:13:47,578 --> 00:13:51,456 Disque Marisol os volveu enterrar para que os buscaran os cativos. 267 00:13:51,540 --> 00:13:54,084 Deixoulles un mapa bordado por ela. 268 00:13:57,754 --> 00:13:58,797 Coma este? 269 00:13:58,881 --> 00:14:03,010 Si, pero rematado. Con ese só chegas á farmacia. 270 00:14:03,093 --> 00:14:06,388 - Se Jamal e Marisol fochicaban… - Que non fochicaban! 271 00:14:06,471 --> 00:14:08,557 Vale, ho. Pois se se apalpaban, 272 00:14:08,640 --> 00:14:11,643 seguro que Jamal sabe quen é Mariluna. 273 00:14:12,477 --> 00:14:14,980 - Hai xeito de falar co teu fillo? - Si. 274 00:14:15,606 --> 00:14:16,565 Pero é… 275 00:14:17,858 --> 00:14:18,734 un fastío. 276 00:14:21,862 --> 00:14:25,616 É adiante, adiante, adiante, ó lado, atrás, ó lado, adiante. 277 00:14:25,699 --> 00:14:26,783 Iso fago. 278 00:14:26,867 --> 00:14:30,495 Non, confundes os lados e a parte de diante. Dálle a volta. 279 00:14:30,579 --> 00:14:32,414 Raio, que trangallada. 280 00:14:32,497 --> 00:14:34,917 Por iso é un fastío falar con Jamal. 281 00:14:35,000 --> 00:14:38,879 Traballa para Noel Aroma e disque os móbiles non van na biosfera. 282 00:14:38,962 --> 00:14:40,047 No biodomo. 283 00:14:40,130 --> 00:14:43,258 - Toma, que o rebento! - Fixeches lado, lado, lado. 284 00:14:43,342 --> 00:14:44,635 Non, era adiante. 285 00:14:44,718 --> 00:14:47,512 Seguro? Se o xiras, esa é a parte de atrás. 286 00:14:48,555 --> 00:14:49,723 Trae. 287 00:14:54,436 --> 00:14:56,271 - Si? - Jamal, meu ben. 288 00:14:56,355 --> 00:14:58,148 - Mamá. - E esa voz de robot? 289 00:14:58,231 --> 00:15:02,235 Porque a voz de ieti está en fase de probas. Ti quen es? 290 00:15:02,319 --> 00:15:04,947 Ola, chámome Demi. Teño unha pequena dúbida 291 00:15:05,030 --> 00:15:07,115 e teus pais estanme axudando. 292 00:15:07,199 --> 00:15:10,994 Sóache Mariluna? Coñecíaa Marisol, a túa exmoza falecida. 293 00:15:11,078 --> 00:15:12,162 Non. 294 00:15:12,245 --> 00:15:13,956 - Tiña unha irmá? - Si. 295 00:15:14,039 --> 00:15:17,084 Ese cubo mente. Miña nai non tiña irmás. 296 00:15:17,167 --> 00:15:20,671 Antes de morrer, Abuelita contoume que tiña unha xemelga. 297 00:15:21,171 --> 00:15:23,757 Por iso se parecen! Son xemelgas. 298 00:15:23,840 --> 00:15:27,761 A ver, Sol, Lúa… Ten lóxica. Algo máis? 299 00:15:27,844 --> 00:15:31,181 Outra pregunta. Jamal, saías con miña nai? 300 00:15:31,264 --> 00:15:35,644 Señor Martinez, nin me vou molestar en responder esa pregunta. 301 00:15:35,727 --> 00:15:37,270 Iso é que non, verdade? 302 00:15:38,605 --> 00:15:41,233 - É a xemelga malvada! - É a xemelga malvada! 303 00:15:41,316 --> 00:15:42,567 Vaia sorpresa. 304 00:15:42,651 --> 00:15:46,571 A pantasma que dixen que non era unha pantasma non é unha pantasma, 305 00:15:46,655 --> 00:15:49,157 porque, como imaxinaba, é unha persoa viva. 306 00:15:49,241 --> 00:15:52,202 Velaí a proba de que as pantasmas non existen. 307 00:15:52,285 --> 00:15:54,871 Crentes, 0. Gloria, 1. 308 00:15:54,955 --> 00:15:56,665 Por que estás tan picona? 309 00:15:56,748 --> 00:15:59,960 Porque é un día moi importante para a miña familia. 310 00:16:00,043 --> 00:16:02,045 Non estou para trangalladas. 311 00:16:02,129 --> 00:16:04,256 Insúltasme chamándolle trangallada. 312 00:16:04,339 --> 00:16:06,258 Non entendo como cres niso. 313 00:16:06,341 --> 00:16:10,595 Non tes que entendelo. Tes que respectalo, cousa que non fas. 314 00:16:12,597 --> 00:16:16,476 Nin eu, porque é o mesmo que lle estou facendo a Cam. 315 00:16:17,352 --> 00:16:19,062 Merda. Marcho. 316 00:16:22,357 --> 00:16:24,401 Múdate. Mamá rifaríache. 317 00:16:24,484 --> 00:16:26,695 Tanto ten, porque está morta 318 00:16:26,778 --> 00:16:30,282 e, ademais, non me vai ver porque non vou ir ó cemiterio. 319 00:16:30,365 --> 00:16:32,826 Vas cambiar a mamá por unha festa? 320 00:16:32,909 --> 00:16:36,204 - Non. Voute cambiar a ti por unha festa. - Que egoísta. 321 00:16:36,288 --> 00:16:39,916 Non es quen de deixar de pensar só en ti nin unha soa noite. 322 00:16:40,000 --> 00:16:43,754 Non, iso ti. Se non é como ti queres, pasas do tema. 323 00:16:43,837 --> 00:16:46,381 Non me veñas con perrenchas de irmá pequena. 324 00:16:46,465 --> 00:16:49,926 Sonche así, éche o que hai. Coma sempre, Gloria sábeo todo. 325 00:16:50,010 --> 00:16:52,721 Seino todo porque o fago todo eu. 326 00:16:52,804 --> 00:16:54,306 Non me deixas axudar. 327 00:16:54,389 --> 00:16:56,558 O que ti fas é o contrario a axudar. 328 00:16:56,641 --> 00:16:59,978 Fago todo o que podo! Que raio queres de min? 329 00:17:00,062 --> 00:17:01,396 Quero que sexas mellor 330 00:17:01,480 --> 00:17:06,193 e que lle mostres algo de cariño á incrible muller que te pariu. 331 00:17:09,237 --> 00:17:12,657 Poderasme dicir como limpar a cociña ou facer unha torta 332 00:17:12,741 --> 00:17:14,493 ou con quen podo ir de festa, 333 00:17:14,993 --> 00:17:17,704 pero non me vas dicir como chorar a miña nai! 334 00:17:18,371 --> 00:17:19,873 Vou agardar a Rusty fóra. 335 00:17:20,373 --> 00:17:22,793 Ah, xa entendo. 336 00:17:23,293 --> 00:17:24,836 É por Rusty. 337 00:17:24,920 --> 00:17:28,006 Mi madriña! Non ten nada que ver con Rusty! 338 00:17:28,090 --> 00:17:29,382 Pero xa que o dis, 339 00:17:29,466 --> 00:17:31,718 a ti non che gustará, pero a min si. 340 00:17:31,802 --> 00:17:34,638 Non é que non me guste. De feito, si me gusta. 341 00:17:34,721 --> 00:17:38,683 Ou sexa, que non está mal. Non é un inútil total. 342 00:17:40,393 --> 00:17:43,688 - Mira que es revirada. - Tes razón. Non é un inútil. 343 00:17:43,772 --> 00:17:47,609 Non, o caso é que coñeces a Rusty dende hai unhas poucas semanas 344 00:17:47,692 --> 00:17:50,529 e falas mellor del ca de min. 345 00:17:53,281 --> 00:17:54,908 Ines, non podes ir. 346 00:17:54,991 --> 00:17:56,159 Si que podo. 347 00:17:56,827 --> 00:17:58,120 Ti non es miña nai. 348 00:17:59,079 --> 00:18:03,250 Ou sexa, que a pantasma é a xemelga malvada da señora morta. 349 00:18:03,333 --> 00:18:05,335 - Que forte, non? - A que viñeches? 350 00:18:05,418 --> 00:18:08,463 A contarche as novas da pantasma barra non pantasma. 351 00:18:08,547 --> 00:18:12,092 Xenial, pois xa mas contaches. Agora vou ver unha ruptura. 352 00:18:12,175 --> 00:18:13,718 Vas romper hoxe con Andre? 353 00:18:13,802 --> 00:18:17,222 Non. Hoxe van ás casas dos de The Bachelor. 354 00:18:19,182 --> 00:18:20,475 Estou ben con Andre. 355 00:18:21,393 --> 00:18:24,271 Decateime de que ten unha chea de virtudes, 356 00:18:24,354 --> 00:18:27,524 nas que se inclúe que non é un mentirán. 357 00:18:30,610 --> 00:18:31,486 Boa noite. 358 00:18:33,238 --> 00:18:34,364 Vai moito frío. 359 00:18:37,075 --> 00:18:41,246 - Se estamos a 21 graos. - Digo que vai frío sen o teu cariño. 360 00:18:42,831 --> 00:18:45,458 Quero que me perdoes. Síntoo. 361 00:18:46,585 --> 00:18:48,295 Porque non estás a gusto? 362 00:18:48,378 --> 00:18:52,674 E por non ter respectado que non esteas de acordo comigo. 363 00:18:53,758 --> 00:18:57,179 Sinto moito que pasaras por iso e que creas que o dixen eu. 364 00:18:57,262 --> 00:19:00,265 Non creo que o dixeches ti. Sei que o dixeches. 365 00:19:00,348 --> 00:19:03,185 Cam, eu non diría algo así. 366 00:19:03,727 --> 00:19:05,103 Nin sequera o creo. 367 00:19:05,187 --> 00:19:08,231 Non me atraes menos porque saias con tíos. 368 00:19:09,983 --> 00:19:11,276 Tiña 12 anos. 369 00:19:11,359 --> 00:19:13,778 Que cona sabía eu de sexualidade? 370 00:19:14,613 --> 00:19:19,159 Sinto moitísimo terche feito dano dicíndoche unha parvada que nin lembro. 371 00:19:19,242 --> 00:19:20,619 Non foi unha parvada. 372 00:19:21,870 --> 00:19:23,121 Afundiume. 373 00:19:25,165 --> 00:19:28,376 E non te desculpas por min, descúlpaste por ti. 374 00:19:29,586 --> 00:19:32,923 Ti non queres estar incómoda, pero imaxínate na miña pel. 375 00:19:35,175 --> 00:19:36,593 Deixáchesme desfeito. 376 00:19:37,802 --> 00:19:41,056 E non son quen de recuperarme porque o que dixeches 377 00:19:41,139 --> 00:19:43,475 e non recoñeces fíxome dubidar de todo. 378 00:19:43,558 --> 00:19:47,646 Da confianza en min mesmo, da miña autoestima, da miña mellor amiga. 379 00:19:47,729 --> 00:19:48,980 Por que? 380 00:19:49,064 --> 00:19:51,191 Porque ti tiñas que reconfortarme. 381 00:19:52,067 --> 00:19:53,985 E aceptarme. E non o fixeches. 382 00:19:54,069 --> 00:19:56,154 Fixéchesme sentir noxento. 383 00:19:57,781 --> 00:19:58,740 Non o entendes? 384 00:19:59,574 --> 00:20:03,828 Se ti non me aceptas como son, como vou esperar que o faga ninguén? 385 00:20:12,545 --> 00:20:13,964 Vai tomar polo cu, Demi. 386 00:20:30,272 --> 00:20:32,357 Rapaces, vistes a Ines? 387 00:20:33,608 --> 00:20:34,985 - Que hai! - Boas. 388 00:20:44,911 --> 00:20:46,079 Queres marchar? 389 00:20:47,664 --> 00:20:48,581 Si. 390 00:20:50,333 --> 00:20:51,293 E non. 391 00:20:51,876 --> 00:20:55,797 Síntome mal por perderme a cerimonia de honra a miña nai, pero… 392 00:20:57,882 --> 00:21:00,010 estou anoxadísima con Gloria. 393 00:21:01,219 --> 00:21:06,099 Cre que o de hoxe só lle importa a ela, pero para min tamén é moi importante. 394 00:21:06,808 --> 00:21:09,311 - Faláchelo con ela? - Non paga a pena. 395 00:21:10,395 --> 00:21:12,272 Nin escoita nin o entendería. 396 00:21:12,856 --> 00:21:14,024 Oe, eu escóitote. 397 00:21:16,943 --> 00:21:19,821 Non é que non queira pensar na miña nai. 398 00:21:19,904 --> 00:21:21,906 Penso nela tódolos días. 399 00:21:21,990 --> 00:21:26,953 Pero é que o día de hoxe vai de lembrala e eu… 400 00:21:28,371 --> 00:21:29,205 non a lembro. 401 00:21:29,789 --> 00:21:33,668 Síntome fatal por non ser quen de saber que cousas lle gustarían. 402 00:21:33,752 --> 00:21:35,920 Que flores ou que restaurantes. 403 00:21:36,004 --> 00:21:39,507 E, por riba, aturo que me lembren que non teño nin idea. 404 00:21:39,591 --> 00:21:41,009 Era miña nai. 405 00:21:42,218 --> 00:21:43,553 E non me lembro dela. 406 00:21:46,348 --> 00:21:48,475 E porteime fatal con Gloria. 407 00:21:48,975 --> 00:21:50,560 Sempre o fago. 408 00:21:52,771 --> 00:21:53,730 E ten razón. 409 00:21:55,357 --> 00:21:56,775 Non a axudo. 410 00:21:56,858 --> 00:21:59,611 Ata esquecín botarlle azucre á tres leches. 411 00:22:00,945 --> 00:22:02,947 Gloria só quere que sexa mellor. 412 00:22:04,657 --> 00:22:05,950 E eu quero selo. 413 00:22:07,702 --> 00:22:09,079 Pero non sei como. 414 00:22:10,955 --> 00:22:11,831 Tranquila. 415 00:22:13,375 --> 00:22:16,586 O que importa é que o intentes. 416 00:22:31,559 --> 00:22:34,979 Agora tocáballe a Ines bailar e devolvermo, 417 00:22:35,063 --> 00:22:36,231 pero non pasa nada. 418 00:22:36,314 --> 00:22:39,526 Imos algo mal de tempo, pero estou moi ilusionada 419 00:22:39,609 --> 00:22:41,111 e as cousas van moi ben. 420 00:22:48,743 --> 00:22:51,454 Non che podo mentir, mamá. Todo vai de pena. 421 00:22:57,836 --> 00:23:00,964 Papá está saíndo cunha muller 422 00:23:01,047 --> 00:23:03,383 e xa non fai o que adoitaba facer. 423 00:23:03,466 --> 00:23:05,635 Se cadra é polo cancro. 424 00:23:05,718 --> 00:23:08,513 E o do cancro! Estou acolloada redonda. 425 00:23:08,596 --> 00:23:11,266 Finxo ser valente, pero estou aterrada. 426 00:23:11,349 --> 00:23:14,727 E se perdemos a papá? Case morro cando te perdemos a ti. 427 00:23:14,811 --> 00:23:17,772 Non me vexo capaz de cargar con todas as obrigas. 428 00:23:17,856 --> 00:23:23,111 E menos agora que a vocación de Ines é darme polo cu. 429 00:23:30,785 --> 00:23:32,162 Estou cansa. 430 00:23:33,246 --> 00:23:35,415 E estou cansa de estar cansa. 431 00:23:37,250 --> 00:23:39,794 Quero volver ser unha nena. 432 00:23:40,295 --> 00:23:42,922 Por unha vez. 433 00:23:44,007 --> 00:23:48,344 Precísote, mamá, e non estás aquí. 434 00:23:50,513 --> 00:23:51,556 Estou aquí. 435 00:23:56,352 --> 00:24:00,773 Glo, sinto moito non estar aí para abrazarte e lembrarche 436 00:24:00,857 --> 00:24:03,193 que es a miña meniña valente e forte. 437 00:24:04,611 --> 00:24:09,908 Pois a tal hora non me sinto nada valente nin forte. 438 00:24:09,991 --> 00:24:11,784 Pero si que o es, meu amor. 439 00:24:12,368 --> 00:24:16,080 Non. Non podo máis 440 00:24:16,706 --> 00:24:20,835 e teño unha carraxe tremenda no corazón 441 00:24:20,919 --> 00:24:25,924 cara a papá, a Ines e a ti, por morrer. 442 00:24:26,424 --> 00:24:27,592 Tranquila. 443 00:24:27,675 --> 00:24:31,513 É normal que sintas iso. Non sexas tan dura contigo mesma. 444 00:24:31,596 --> 00:24:34,057 Non o estou facendo ben con Ines. 445 00:24:34,641 --> 00:24:38,144 É tan irrespectuosa e desagradecida… 446 00:24:38,228 --> 00:24:41,481 Se cadra será que ti tamén o es? 447 00:24:41,564 --> 00:24:42,565 Que? 448 00:24:42,649 --> 00:24:47,070 Tes que deixar de ser súa nai e comezar a ser súa irmá. 449 00:24:47,153 --> 00:24:50,657 Quérela moitísimo. Atopa o xeito de levarte ben con ela. 450 00:24:51,950 --> 00:24:53,493 Tenta facerte a súa amiga. 451 00:24:54,410 --> 00:24:55,870 Así ela pode ser a túa. 452 00:24:57,914 --> 00:24:58,790 Como? 453 00:24:59,290 --> 00:25:01,167 Como o fago sen ti? 454 00:25:01,251 --> 00:25:02,961 Sempre estou contigo, rula. 455 00:25:04,212 --> 00:25:05,755 Só tes que ter fe. 456 00:25:08,174 --> 00:25:09,175 Non a teño. 457 00:25:09,842 --> 00:25:11,177 Logo como estou aquí? 458 00:25:12,512 --> 00:25:13,805 Gloria. 459 00:25:24,649 --> 00:25:25,567 Estás ben? 460 00:25:26,317 --> 00:25:27,151 Que fas aquí? 461 00:25:27,735 --> 00:25:32,991 Deixei a túa irmá na casa e non estabas. Quería ver se estabas ben. 462 00:25:40,748 --> 00:25:41,624 Estareino. 463 00:26:28,963 --> 00:26:31,591 Unha irmá será a perdición da outra. 464 00:26:32,550 --> 00:26:33,926 Vai morrer alguén. 465 00:27:36,948 --> 00:27:41,869 Subtítulos: Marina do Albardeiro