1 00:00:24,609 --> 00:00:27,528 20 % DE DESCONTO NUN DOS NOSOS MILLEIROS DE PRODUTOS 2 00:01:18,913 --> 00:01:19,831 Saúde. 3 00:01:20,623 --> 00:01:24,252 Gloria, es a filla que oxalá quixese ter tido. 4 00:01:24,335 --> 00:01:27,713 Mariluna, ti es a amiga con piscina que quería ter eu. 5 00:01:28,297 --> 00:01:30,299 E sabes divertirte que non vexas! 6 00:01:30,383 --> 00:01:33,177 Ou sexa, que deberías montar unha festa. 7 00:01:33,261 --> 00:01:36,472 Unha cun toque de graza e un chisco de acción. 8 00:01:36,556 --> 00:01:38,307 Sabemos que tes familia aquí. 9 00:01:38,391 --> 00:01:41,769 Acción de Grazas? Non virían nin tolos. Se non me coñecen. 10 00:01:41,853 --> 00:01:44,814 Esa non é a actitude, Mar. Tes que mudar o chip. 11 00:01:44,897 --> 00:01:47,525 Invítaos. Coñéceos mellor. 12 00:01:48,025 --> 00:01:51,237 Nunca é tarde para acadar a felicidade. 13 00:02:01,497 --> 00:02:03,916 Que non celebramos Acción de Grazas aquí? 14 00:02:04,000 --> 00:02:04,834 Estás cansa. 15 00:02:04,917 --> 00:02:07,086 - Vaise encargar Lucía… - Da cea? 16 00:02:07,712 --> 00:02:09,672 - De reservar. - Nun restaurante? 17 00:02:09,755 --> 00:02:11,841 Non te vaias derrear, Lucia! 18 00:02:15,261 --> 00:02:16,387 Restaurante, veña. 19 00:02:16,470 --> 00:02:17,805 Voume deitar. 20 00:02:23,144 --> 00:02:25,271 Síntoo. Sei canto che gusta… 21 00:02:26,939 --> 00:02:28,024 Acción de Grazas. 22 00:02:28,816 --> 00:02:30,860 Que fas se sabes algo turbio 23 00:02:30,943 --> 00:02:34,071 que alguén non quere saber e non sabes como dicirllo? 24 00:02:34,155 --> 00:02:36,490 É o da cunca coa cara? Ti víchela? 25 00:02:37,116 --> 00:02:39,952 - Non debín comer aquela pataca. - Non falo diso. 26 00:02:40,036 --> 00:02:41,954 Ines, traumatizoume o da cunca. 27 00:02:42,038 --> 00:02:44,332 Non as podo ver. E encántame a sopa. 28 00:02:44,415 --> 00:02:48,085 Onte comín xeado nun prato! Perdoa, cal era o problema? 29 00:02:48,169 --> 00:02:51,797 Tonio contratou a Rusty para seducir a Gloria. 30 00:02:51,881 --> 00:02:55,509 Ines! Que dis! Como non mo contaches antes? 31 00:02:55,593 --> 00:02:57,303 - Ou a ela? - Se non me fala! 32 00:02:57,386 --> 00:02:59,931 E crin que non durarían, pero seguen xuntos. 33 00:03:00,014 --> 00:03:02,350 - E vén o Nadal… - Vaille encher o pavo. 34 00:03:02,433 --> 00:03:04,936 Exacto. E antes de que lle chafe as patacas 35 00:03:05,019 --> 00:03:08,606 ou lle faga unha salsa coas cirolas, téñollo que contar. 36 00:03:08,689 --> 00:03:10,900 A ver, como lle conto a verdade? 37 00:03:10,983 --> 00:03:13,694 - Cun correo anónimo como fas ti? - Non tal. 38 00:03:13,778 --> 00:03:16,072 Si tal, ricopuredepataca460@gmail.com. 39 00:03:16,155 --> 00:03:17,323 Merda. 40 00:03:17,406 --> 00:03:20,451 Non podes contarlle por email que está cun puto. 41 00:03:20,534 --> 00:03:21,827 Un amigo non fai iso. 42 00:03:21,911 --> 00:03:24,664 A ver, non é por demonizar o traballo sexual, 43 00:03:24,747 --> 00:03:27,959 pero se ela non o sabe, o consentimento non está claro. 44 00:03:28,042 --> 00:03:29,585 Haillo que dicir á cara. 45 00:03:29,669 --> 00:03:33,089 Agarda, Rusty está finxindo? É todo moi sospeitoso. 46 00:03:33,756 --> 00:03:34,674 Preciso probas. 47 00:03:36,634 --> 00:03:38,094 "Media xornada. 48 00:03:38,177 --> 00:03:41,222 Búscase adolescente atractivo para seducir sobriñas 49 00:03:41,305 --> 00:03:43,224 e distraelas do cancro do pai. 50 00:03:43,307 --> 00:03:46,435 - Tarefas do fogar. 18 a hora." - Veu por esa oferta? 51 00:03:47,395 --> 00:03:49,480 Agora si que me parece fatal. 52 00:03:49,563 --> 00:03:51,857 Foder e limpar vale ó menos 25 a hora. 53 00:03:51,941 --> 00:03:53,150 Non foden! 54 00:03:53,234 --> 00:03:54,777 Onte el camiñaba raro. 55 00:03:54,860 --> 00:03:58,072 Iso indica irritación. Ou sexa, non pasaron das mans. 56 00:03:58,155 --> 00:04:00,408 - Só se refregan. - Canta sabedoría. 57 00:04:00,491 --> 00:04:03,995 Gloria agradecerá tanto saber cando lle contes o da oferta. 58 00:04:04,078 --> 00:04:05,162 Non. Nin de broma. 59 00:04:05,246 --> 00:04:07,748 Xa che fixen de mensaxeiro e bouráronme. 60 00:04:07,832 --> 00:04:10,042 - Como a todos. - Dillo dende atrás. 61 00:04:10,126 --> 00:04:11,502 Tamén dá couces. 62 00:04:11,585 --> 00:04:15,131 Cam ten as caneliñas fráxiles e ademais odia o conflito. 63 00:04:15,214 --> 00:04:18,676 Certo. Meu primo chámame Kevin e nunca o corrixín. 64 00:04:18,759 --> 00:04:22,221 Que o faga Demi. Ó non ser tan alta záfase dos golpes. 65 00:04:22,305 --> 00:04:24,765 Ou deixamos a oferta aberta no ordenador 66 00:04:24,849 --> 00:04:26,809 para que a lea e zafámonos todos. 67 00:04:30,104 --> 00:04:34,150 Que teño que ver á parte de pantallazos de tetas? 68 00:04:34,734 --> 00:04:36,402 Unha oferta de traballo rara 69 00:04:36,485 --> 00:04:38,988 que… non está aquí. 70 00:04:41,032 --> 00:04:45,119 Velaí está Rusty. Marcho, revísoche a oferta cando a atopes. 71 00:04:48,539 --> 00:04:51,125 Oe, onde vai a oferta para prostitutos? 72 00:04:51,208 --> 00:04:52,501 Cal? 73 00:04:52,585 --> 00:04:54,754 Ah, a de Rusty. Esa borreina. 74 00:04:54,837 --> 00:04:55,921 Nestes 15 minutos? 75 00:04:56,005 --> 00:04:59,258 Si. Cando fostes buscar a Gloria, vina na pantalla 76 00:04:59,342 --> 00:05:01,761 e dixen: "Como a vexa, bóurame." 77 00:05:04,180 --> 00:05:06,766 Sen probas é imposible que me crea. 78 00:05:06,849 --> 00:05:08,267 Eu vina. Son testemuña. 79 00:05:08,351 --> 00:05:10,102 E queres que boure en ti? 80 00:05:10,978 --> 00:05:13,147 Isto e o chasco de Acción de Grazas… 81 00:05:13,230 --> 00:05:16,025 Non o ides celebrar? Que fago? Miña nai choia. 82 00:05:16,108 --> 00:05:18,402 - Ceamos fóra. Ven. - Ou ven comigo. 83 00:05:18,486 --> 00:05:21,739 Xunta elas. Paso das porcalladas veganas de miña irmá. 84 00:05:22,656 --> 00:05:23,532 Esquecín isto. 85 00:05:25,868 --> 00:05:27,828 De que andades a rexoubar? 86 00:05:27,912 --> 00:05:30,998 De Acción de Grazas. Non nos gustan os nosos plans. 87 00:05:31,082 --> 00:05:34,502 Vamos á festa de Mariluna. É a primeira que fai en 30 anos. 88 00:05:34,585 --> 00:05:36,629 - Pareceralle ben? - Por suposto! 89 00:05:36,712 --> 00:05:37,797 Que ganas. 90 00:05:37,880 --> 00:05:43,302 Dígovos que este Acción de Grazas vai ser o mellor da miña vida. 91 00:05:44,470 --> 00:05:45,846 Ata que o saiba todo. 92 00:05:45,930 --> 00:05:48,641 Xa, pero é o día propio para contarllo. 93 00:05:48,724 --> 00:05:51,602 Coa enchenta de pavo, non nos bourará tan forte. 94 00:05:52,353 --> 00:05:53,270 Si. 95 00:06:00,403 --> 00:06:02,405 Sempre bicas cos ollos abertos? 96 00:06:02,488 --> 00:06:06,951 Non, só o facía para ver se che estaba prestando. 97 00:06:07,034 --> 00:06:10,371 A ver, estábate bicando, así que… claro. 98 00:06:10,454 --> 00:06:12,248 Pódese finxir bicando. 99 00:06:12,748 --> 00:06:17,586 E tamén estaba comprobando se detectaba un cambio nos teus sentimentos, 100 00:06:17,670 --> 00:06:19,922 porque é algo bastante típico de ti. 101 00:06:20,005 --> 00:06:23,050 Xa, aí tes razón. Pero estouno traballando 102 00:06:23,134 --> 00:06:25,970 cun podcast sobre relacións e mais un libro. 103 00:06:26,053 --> 00:06:27,513 Estás lendo un libro? 104 00:06:27,596 --> 00:06:28,514 Mi ma. 105 00:06:29,098 --> 00:06:32,101 Xa. Quen contaba? Pasamos da parte divertida 106 00:06:32,184 --> 00:06:34,103 ós libros para amañar relacións. 107 00:06:34,186 --> 00:06:35,479 Como é tan duro? 108 00:06:36,021 --> 00:06:37,565 A ver. Sempre é duro. 109 00:06:37,648 --> 00:06:39,358 Adoitaba ter duro o de abaixo 110 00:06:39,442 --> 00:06:42,945 e agora o duro é pensar e sentir. Non sei, será que… 111 00:06:43,028 --> 00:06:44,780 Botamos de menos o drama! 112 00:06:44,864 --> 00:06:46,282 - Agocharnos! - Mentir… 113 00:06:46,365 --> 00:06:49,869 Que a xente nos xulgara. Xa non lle parece mal a ninguén. 114 00:06:49,952 --> 00:06:52,580 E é aburrido. Ademais, o libro recomenda 115 00:06:52,663 --> 00:06:55,499 saír con alguén que non te valore para aprender. 116 00:06:55,583 --> 00:06:58,335 E eu non quero menosprezarte. 117 00:07:01,380 --> 00:07:03,382 Estaremos destinados a ser amigos. 118 00:07:05,217 --> 00:07:09,597 Cameron, cumpriuse a premonición que che revelou a bruxa! Era sobre nós. 119 00:07:10,222 --> 00:07:11,056 Ai si? 120 00:07:12,683 --> 00:07:15,603 Escollas o que escollas, trabucaraste. 121 00:07:16,103 --> 00:07:20,774 Demi! Pero, ó final, terás que escoller non escoller. 122 00:07:20,858 --> 00:07:25,488 Ninguén. E iso será o que escollas e atinarás! 123 00:07:26,489 --> 00:07:28,073 E mírame. Solteiriño. 124 00:07:28,699 --> 00:07:29,867 Mi ma, era verdade. 125 00:07:29,950 --> 00:07:33,078 Teño que falar coa bruxa esa do musical de primavera. 126 00:07:33,162 --> 00:07:36,957 Ou mellor non saber se farei de Aaron Burr. Pero quero sabelo. 127 00:07:37,041 --> 00:07:37,875 Ai, meu Andre! 128 00:07:37,958 --> 00:07:41,253 Benji quere que cee cos seus pais en Acción de Grazas. 129 00:07:41,337 --> 00:07:43,631 - E iso é malo? - Si! 130 00:07:43,714 --> 00:07:45,466 As rupturas son complicadas, 131 00:07:45,549 --> 00:07:48,594 pero se coñezo os seus pais con este conxuntazo, 132 00:07:48,677 --> 00:07:49,970 voulles encantar. 133 00:07:50,054 --> 00:07:52,932 E custarame máis deixalo, por non facerlles dano. 134 00:07:53,015 --> 00:07:54,475 Por que o vas deixar? 135 00:07:54,558 --> 00:07:58,437 Porque se pega a min como unha lapa e afágame sen parar. Horrible. 136 00:07:59,021 --> 00:07:59,855 Quéreme soar. 137 00:07:59,939 --> 00:08:00,814 Xa. E… 138 00:08:01,607 --> 00:08:04,193 Ai, meu Andre. El é eu e eu son ti? 139 00:08:04,276 --> 00:08:05,194 Tan pesado era? 140 00:08:10,157 --> 00:08:13,244 Vaites, nunca está un preparado para oír a verdade. 141 00:08:13,786 --> 00:08:14,745 Que fago con el? 142 00:08:14,828 --> 00:08:17,164 Como o deixo sen mancalo moito? 143 00:08:18,207 --> 00:08:20,417 E que facemos nós esta noite? 144 00:08:22,169 --> 00:08:23,754 Que alegría coñecerte. 145 00:08:23,837 --> 00:08:26,090 Mario sénteo, pero está en Nova York. 146 00:08:26,173 --> 00:08:28,300 E Ruby está en Marin cuns amigos. 147 00:08:28,384 --> 00:08:29,802 E as xemelgas pelexaron, 148 00:08:29,885 --> 00:08:34,431 así que deixámolas na casa. É o noso regalo para ti. E para nós. 149 00:08:35,266 --> 00:08:37,142 Non si, Ruben? Ruben! 150 00:08:37,935 --> 00:08:39,311 Es cuspidiña a ela. 151 00:08:39,937 --> 00:08:42,106 A túa cara é coma a súa. 152 00:08:42,690 --> 00:08:44,650 - Si. - E que casa máis bonita. 153 00:08:44,733 --> 00:08:45,609 Si. 154 00:08:45,693 --> 00:08:47,611 Pasamos? 155 00:08:47,695 --> 00:08:48,654 Si. 156 00:08:49,238 --> 00:08:50,531 Xenial. 157 00:08:56,662 --> 00:08:59,331 Sígueos! Dálles queixo. E un abrazo. 158 00:09:02,001 --> 00:09:03,711 - Veña. - Glo! 159 00:09:04,545 --> 00:09:06,046 Temos un problema. 160 00:09:08,799 --> 00:09:10,342 Mira onde os agochara. 161 00:09:10,426 --> 00:09:12,928 Mariluna e eu inventamos uns xogos. 162 00:09:13,012 --> 00:09:16,265 O dela chamábase U-la Friameira? E velaquí as están. 163 00:09:17,224 --> 00:09:18,309 - Que? - Perdín eu. 164 00:09:18,392 --> 00:09:20,019 Como quentamos a comida? 165 00:09:20,102 --> 00:09:20,936 Non che sei. 166 00:09:21,562 --> 00:09:25,482 Pero esta delicia de anacardios non a hai que quentar. 167 00:09:26,442 --> 00:09:28,902 - Pódese comer crúa. - É unha porcallada. 168 00:09:28,986 --> 00:09:32,031 É a primeira vez que Mariluna cea coa súa familia 169 00:09:32,114 --> 00:09:35,367 e a primeira impresión é a que conta. 170 00:09:35,451 --> 00:09:38,912 Non lle imos fallar facendo que se atragoen con algo 171 00:09:38,996 --> 00:09:42,541 que cheira a bus cheo ou a estudio porno a última hora. 172 00:09:42,625 --> 00:09:44,460 Xa o pillei! Non che vai. 173 00:09:44,543 --> 00:09:45,878 Non lle vai a ninguén. 174 00:09:45,961 --> 00:09:47,796 O meu mozo é cuadrilleiro. 175 00:09:49,381 --> 00:09:52,593 Esqueceume. Vale. Con que acompañamos o prato? 176 00:09:52,676 --> 00:09:56,055 É que tamén é o primeiro Acción de Grazas que teño mozo. 177 00:09:56,138 --> 00:09:57,556 Non por nada, Davina, 178 00:09:57,640 --> 00:10:01,268 pero a el váichelle a carne e non pode vivir só de amor. 179 00:10:01,352 --> 00:10:02,770 Acabas de dicir "amor"? 180 00:10:03,354 --> 00:10:05,397 Si. Rusty di que está namorando. 181 00:10:05,481 --> 00:10:07,107 E ti crelo? 182 00:10:07,941 --> 00:10:10,152 Digo, quérelo? 183 00:10:10,235 --> 00:10:12,571 Glu, glu, matadas. Traio o paxaro. 184 00:10:14,490 --> 00:10:16,450 Onde está o pavo asado? 185 00:10:16,533 --> 00:10:19,578 Nas miñas mans. Collino na mellor charcutaría. 186 00:10:20,454 --> 00:10:22,665 Tranquila. Vou co puré de patacas e… 187 00:10:22,748 --> 00:10:24,416 Sacaremos adiante a cea. 188 00:10:31,340 --> 00:10:33,384 - Dime, rula. - Como vas? 189 00:10:33,467 --> 00:10:35,052 Sigo con náuseas. 190 00:10:35,135 --> 00:10:37,096 Queres que vaia para aí? Non hai… 191 00:10:37,179 --> 00:10:39,515 Queda aí. Cóidame Lucia. 192 00:10:40,140 --> 00:10:44,645 Oe, díxenvos que a pasalo ben e Gloria prometeume que o fariades. 193 00:10:45,270 --> 00:10:47,356 Así que divírtete. É unha orde. 194 00:10:48,482 --> 00:10:49,608 Estou niso. 195 00:10:49,692 --> 00:10:50,943 E coida a túa irmá. 196 00:10:51,026 --> 00:10:52,986 Non sei que vos pasa ultimamente, 197 00:10:53,070 --> 00:10:55,531 pero sodes familia e iso é importante. 198 00:10:57,116 --> 00:10:59,159 Ines, prométemo. 199 00:11:01,537 --> 00:11:02,413 Prométocho. 200 00:11:04,790 --> 00:11:06,625 Miña irmá tíñate que adorar. 201 00:11:06,709 --> 00:11:09,920 Era a súa preferida, va que si, amor? 202 00:11:10,587 --> 00:11:11,505 Amor! 203 00:11:12,131 --> 00:11:13,257 Manda truco. 204 00:11:13,841 --> 00:11:14,883 Es igualiña, 205 00:11:15,718 --> 00:11:16,635 pero sen selo. 206 00:11:18,429 --> 00:11:19,346 Que ben. 207 00:11:20,222 --> 00:11:22,266 Xa sei que é o que máis che gusta. 208 00:11:23,267 --> 00:11:25,394 Alédame que o pasarades ben. 209 00:11:26,478 --> 00:11:28,605 Vale. Boa noite. Eu tamén te quero. 210 00:11:29,356 --> 00:11:31,108 - Ola. - Que tal túa avoa? 211 00:11:31,191 --> 00:11:33,318 Ben. Inda non rifou con miña nai. 212 00:11:34,153 --> 00:11:37,614 Está ben que se vexan máis, pero boto de menos a miña avoa. 213 00:11:38,240 --> 00:11:41,577 O ano que vén preparámoslle nós a cea. 214 00:11:41,660 --> 00:11:42,494 Nós? 215 00:11:44,246 --> 00:11:45,414 Ti e mais eu. 216 00:11:52,212 --> 00:11:55,382 Movede o cu! Hai que traballar organizados. 217 00:11:55,466 --> 00:11:57,301 Isto é ciencia. E matemática! 218 00:11:57,384 --> 00:11:59,178 É ciencia, matemática e arte! 219 00:11:59,261 --> 00:12:01,513 - Manteiga vai! - Tentas sabotarme? 220 00:12:01,597 --> 00:12:04,099 Ten que estar fría para que derreta ben. 221 00:12:04,183 --> 00:12:05,809 - Xa. - Patacas arrefriando. 222 00:12:08,353 --> 00:12:11,231 A ti paréceche tenra? Veña! Que perdemos calor! 223 00:12:11,315 --> 00:12:14,693 Teñen que cocer máis. Temos 30 segundos para salvalas. 224 00:12:14,777 --> 00:12:17,029 Veña! Como se o fixésedes máis veces! 225 00:12:17,112 --> 00:12:18,197 É a primeira vez! 226 00:12:18,280 --> 00:12:20,949 Vou por unhas algas. A ver se vos calmades. 227 00:12:21,033 --> 00:12:22,993 Eu tamén. Que ansiedade! 228 00:12:23,076 --> 00:12:25,579 Vale! Marchade! Dades noxo! 229 00:12:35,631 --> 00:12:36,757 Váiseme a cabeza. 230 00:12:36,840 --> 00:12:39,843 Vai todo ben ou pásalle algo á parella perfecta? 231 00:12:39,927 --> 00:12:43,013 A nós? Non. Todo xenial. Mellor ca nunca. Deixámonos. 232 00:12:43,096 --> 00:12:47,392 Que? E dilo tan tranquila. É raro, que a tranquilidade non é o teu. 233 00:12:47,476 --> 00:12:51,980 Xa. Pero estou tranquila porque teño fe… e un segredo. 234 00:12:52,064 --> 00:12:53,190 Cóntocho? 235 00:12:54,942 --> 00:12:58,111 Ós tres anos, miña avoa, que tiña tamén terceiro ollo, 236 00:12:58,195 --> 00:13:00,030 díxome algo antes de morrer. 237 00:13:00,113 --> 00:13:02,866 Ti tamén descubriches que teu avó era teu pai? 238 00:13:03,367 --> 00:13:05,452 Sigue. Os meus pais son novos. 239 00:13:05,536 --> 00:13:08,664 Total, que me dixo que pasaría por moitas relacións 240 00:13:08,747 --> 00:13:10,582 ata dar co pene da miña vida. 241 00:13:10,666 --> 00:13:13,502 Tiñas tres anos e falábache do pene da túa vida? 242 00:13:13,585 --> 00:13:15,754 A ver, estaba morrendo e moi posta. 243 00:13:15,838 --> 00:13:19,591 Dixo que sería un tío que non sabería chiscar o ollo. 244 00:13:19,675 --> 00:13:22,469 - Quen non sabe facelo? - O pene da miña vida. 245 00:13:23,178 --> 00:13:25,138 Demi, podemos falar un momento? 246 00:13:29,726 --> 00:13:31,603 Hai que contarllo a Gloria xa. 247 00:13:31,687 --> 00:13:34,523 Que se desengane antes de que se namore. 248 00:13:34,606 --> 00:13:36,316 Xa é tarde. Está tola por el. 249 00:13:36,400 --> 00:13:38,527 É mellor calar. Acabarán rompendo. 250 00:13:38,610 --> 00:13:41,613 Dicirllo non cambia iso, e odiaranos e/ou pegaranos. 251 00:13:41,697 --> 00:13:43,866 Pois que nos odie e/ou nos pegue! 252 00:13:43,949 --> 00:13:45,659 - Non podo. - Eu non llo digo. 253 00:13:45,742 --> 00:13:47,035 Dicirlle que? 254 00:13:49,538 --> 00:13:51,373 Mariluna mataría o seu home? 255 00:13:51,456 --> 00:13:55,210 Oe, pensas que o matou ela e convídasnos á súa casa igual? 256 00:13:55,294 --> 00:13:57,379 Rusty cobra por saír contigo! 257 00:13:58,672 --> 00:13:59,506 Que? 258 00:14:00,424 --> 00:14:01,967 É certo, Glo. 259 00:14:02,050 --> 00:14:04,553 Vimos a oferta de traballo que puxo Tonio. 260 00:14:04,636 --> 00:14:06,889 Non o fixo por mal, á súa maneira. 261 00:14:06,972 --> 00:14:08,348 Vístelo escribila? 262 00:14:10,392 --> 00:14:11,977 - Non. - Vístela na web? 263 00:14:13,729 --> 00:14:14,605 Non. 264 00:14:15,314 --> 00:14:18,984 - Vímola no portátil de Tonio. - Puido ser cousa de miña irmá. 265 00:14:19,067 --> 00:14:21,737 Pero debe ser máis doado tragar esa tolería 266 00:14:21,820 --> 00:14:23,989 que crer que alguén namorou de min. 267 00:14:24,072 --> 00:14:27,326 Non é amor. É unha nómina. 268 00:14:27,409 --> 00:14:28,285 Cala, Ines! 269 00:14:28,368 --> 00:14:31,580 Sei que non é doado escoitalo, pero é a verdade. 270 00:14:31,663 --> 00:14:33,206 Ti que sabes de verdades? 271 00:14:34,416 --> 00:14:39,504 Sei que che mentín co da moza de Rusty, pero non minto sempre. 272 00:14:39,588 --> 00:14:42,299 Tes razón. Ás veces dis a verdade. 273 00:14:43,967 --> 00:14:47,304 Vin o que escribiches no meu caderno. Iso si é certo. 274 00:14:47,387 --> 00:14:49,348 Es unha maldición. 275 00:14:49,431 --> 00:14:51,308 Mamá morreu pola túa culpa. 276 00:14:53,310 --> 00:14:54,311 Mamá tiña cancro. 277 00:14:54,394 --> 00:14:58,273 E apareceulle por arte de maxia mentres estaba preñada de ti! 278 00:15:29,846 --> 00:15:33,308 - Queda máis puré na cociña? - Quedaba, pero desapareceu. 279 00:15:33,892 --> 00:15:37,521 Davina. Curiosamente, esquece que é vegana cando está chea. 280 00:15:38,772 --> 00:15:41,191 O puré leva nata. Vaia vegana do carallo. 281 00:15:41,274 --> 00:15:42,567 Que? 282 00:15:45,946 --> 00:15:47,948 Ola, trouleiros! 283 00:15:55,747 --> 00:15:57,416 Tanto ten. Recólleo o robot. 284 00:15:58,000 --> 00:15:59,543 Un robot! 285 00:15:59,626 --> 00:16:00,877 Na vida, 286 00:16:02,045 --> 00:16:06,258 cando se chega á miña idade, un ten moito tempo para reflexionar. 287 00:16:07,384 --> 00:16:08,927 E acidez de estómago. 288 00:16:10,053 --> 00:16:13,181 E esa acidez non a causa só a indixestión. 289 00:16:13,265 --> 00:16:15,517 Tamén o arrepentimento. 290 00:16:16,268 --> 00:16:19,604 Pola vida que se tivo e pola que non se tivo. 291 00:16:21,523 --> 00:16:24,317 - Pola familia de miña irmá. - A túa familia. 292 00:16:24,401 --> 00:16:26,153 Pola miña familia. 293 00:16:28,155 --> 00:16:32,325 Prometo non ter motivos para arrepentirme do tempo que me queda. 294 00:16:35,412 --> 00:16:39,166 E montaremos nun flotador xigante 295 00:16:39,249 --> 00:16:42,711 na montaña ou no río, dependendo da época. 296 00:16:42,794 --> 00:16:46,089 Levaremos pixamas iguais no Nadal 297 00:16:47,257 --> 00:16:51,261 e teremos un can que se chamará James Caneron 298 00:16:51,344 --> 00:16:53,138 ou Cancán. 299 00:16:54,514 --> 00:16:58,602 Nunca tiven cans, por iso ten que ser compartido. 300 00:17:01,605 --> 00:17:03,523 E, Gloria, 301 00:17:04,232 --> 00:17:09,613 grazas por lembrarme que, ás veces, o vaso pode estar medio cheo 302 00:17:09,696 --> 00:17:12,407 e o salón turbio do aniversario, medio baleiro. 303 00:17:19,331 --> 00:17:20,749 Que? 304 00:17:23,251 --> 00:17:24,336 Perdoade. 305 00:17:25,462 --> 00:17:27,756 Rematei. Arriba esas copas. 306 00:17:28,799 --> 00:17:30,258 Feliz Acción de Grazas. 307 00:17:30,342 --> 00:17:32,511 Feliz Acción de Grazas! 308 00:17:36,264 --> 00:17:38,016 Eu tamén quero dicir algo. 309 00:17:44,106 --> 00:17:47,192 Ben, coñecinvos a todos grazas a un traballo, 310 00:17:48,151 --> 00:17:51,029 pero é moito máis ca un traballo. 311 00:17:51,863 --> 00:17:53,156 É unha familia. 312 00:17:53,240 --> 00:17:57,119 Non sabedes o agradecido que estou. Non ten prezo… 313 00:17:57,202 --> 00:17:59,913 Prezo! Que palabra máis oportuna. 314 00:18:02,582 --> 00:18:06,419 Sinto interromper, pero a ver se lles aclaras algo a estes parvos. 315 00:18:06,503 --> 00:18:10,090 Pagouche meu tío para seducirme e distraerme? 316 00:18:13,927 --> 00:18:16,096 É unha parvada. Dilles a verdade. 317 00:18:18,056 --> 00:18:20,934 - Oe, síntoo. - Ves, Ines? Sénteo. 318 00:18:22,144 --> 00:18:24,688 Como que o sentes? Que é o que sentes? 319 00:18:25,730 --> 00:18:29,276 Xúroche que en canto me decatei do moito que me gustabas, 320 00:18:29,359 --> 00:18:30,527 rexeitei os cartos. 321 00:18:30,610 --> 00:18:32,112 - Cando… - É certo? 322 00:18:34,364 --> 00:18:35,198 Vou vomitar. 323 00:18:35,282 --> 00:18:37,993 Gloria… Mira, ven comigo. Falémolo. 324 00:18:38,076 --> 00:18:39,744 Falar o que? 325 00:18:41,079 --> 00:18:42,789 Que me enganaches por cartos? 326 00:18:45,417 --> 00:18:46,960 Pero ten a súa lóxica. 327 00:18:48,003 --> 00:18:51,506 Como vas saber o que é o amor se nin túa nai te quere? 328 00:19:09,900 --> 00:19:11,193 Queredes repetir? 329 00:19:21,912 --> 00:19:22,871 Trabuqueime. 330 00:19:22,954 --> 00:19:25,707 Ninguén é quen de mudar a súa realidade. 331 00:19:25,790 --> 00:19:28,043 Á xente boa pásanlle cousas malas. 332 00:19:28,627 --> 00:19:30,170 O de Rusty é falso. 333 00:19:30,253 --> 00:19:33,465 E meu pai está morrendo e eu son parva. 334 00:19:34,341 --> 00:19:36,343 Que estúpida fun! 335 00:19:36,426 --> 00:19:39,304 Nacín na merda e morrerei na merda. 336 00:19:39,387 --> 00:19:40,597 Non digas iso! 337 00:19:40,680 --> 00:19:41,556 En serio. 338 00:19:41,640 --> 00:19:42,682 Seria póñome eu. 339 00:19:42,766 --> 00:19:44,768 Non digas iso. 340 00:19:44,851 --> 00:19:48,480 O papagaio que debuxaches semellaba unha pirola con ás 341 00:19:48,563 --> 00:19:50,315 e Rusty deixoute gañar igual. 342 00:19:50,398 --> 00:19:53,610 Que me leve o demo se iso non é amor. 343 00:19:53,693 --> 00:19:55,153 Ai, Glo. 344 00:19:55,779 --> 00:19:59,324 Mereces descansar, respirar fondo e… 345 00:19:59,407 --> 00:20:00,742 Déixate de caralladas! 346 00:20:01,701 --> 00:20:04,913 Xa sei que es actor, pero a función rematou. 347 00:20:04,996 --> 00:20:07,374 - Ninguén te cre. - Non estaba actuando. 348 00:20:07,457 --> 00:20:10,710 Meu! Que xa está. Non te vai perdoar na vida. 349 00:20:10,794 --> 00:20:13,630 Cando non me pareceu ben o traballo, remedieino. 350 00:20:13,713 --> 00:20:15,674 Non coma ti. Non o remediaches. 351 00:20:15,757 --> 00:20:19,094 Unha merda! Confeseiche a verdade. Díxenche que mentira. 352 00:20:19,177 --> 00:20:20,971 Xa, pero a Gloria non. 353 00:20:25,809 --> 00:20:26,726 Non sabía como. 354 00:20:30,647 --> 00:20:31,606 Eu tampouco. 355 00:20:38,863 --> 00:20:40,991 Teño fame pola egoísta de miña irmá. 356 00:20:41,574 --> 00:20:43,285 Que non che comín o puré! 357 00:20:43,368 --> 00:20:44,202 Pois quen foi? 358 00:20:44,286 --> 00:20:46,496 Tírame dun pé! Joker vai vir por min. 359 00:20:46,579 --> 00:20:49,749 Ves? Es culpable, puta papafécula! 360 00:20:49,833 --> 00:20:53,128 Non che sei. Fixen moito. É quen de papar catro quilos? 361 00:20:55,922 --> 00:20:56,756 Estás caneco? 362 00:20:56,840 --> 00:20:57,966 Non. 363 00:20:58,800 --> 00:20:59,801 Chiscadela. 364 00:21:01,303 --> 00:21:02,554 - Que? - Nada. 365 00:21:04,097 --> 00:21:05,640 Cam é o pene da miña vida. 366 00:21:07,934 --> 00:21:08,768 Que? 367 00:21:09,561 --> 00:21:11,521 O tío Emilio ten as patacas! 368 00:21:11,604 --> 00:21:12,522 Quen? 369 00:21:12,605 --> 00:21:13,940 A cunca con cara! 370 00:21:18,278 --> 00:21:20,655 - Como? - A ver, ide parando de beber. 371 00:21:21,489 --> 00:21:25,368 Eu son o meu maior problema e teño que deixar de poñerme trabas. 372 00:21:25,452 --> 00:21:26,286 Xusto. 373 00:21:26,786 --> 00:21:29,247 Que Rusty rexeitase os cartos e cantara 374 00:21:29,331 --> 00:21:31,750 demostra canto lle importo! 375 00:21:31,833 --> 00:21:33,460 E o do paxaro pirola. 376 00:21:33,543 --> 00:21:35,420 Escolleu o paxaro pirola. 377 00:21:35,503 --> 00:21:39,507 Teño que deixar de criticar e controlar todo e ser máis fráxil. 378 00:21:39,591 --> 00:21:43,219 Que non pense que non ten amaño. Teño que pedirlle perdón. 379 00:21:43,303 --> 00:21:44,220 Bingo. 380 00:21:50,852 --> 00:21:51,728 De nada. 381 00:21:52,604 --> 00:21:54,230 Vou ir desculparme. 382 00:21:54,314 --> 00:21:57,192 Dálle! Recupera o teu home. E os teus amigos. 383 00:21:57,275 --> 00:21:59,736 Teño unha sorpresa e fai falla público. 384 00:22:02,572 --> 00:22:05,658 Non sei por que me custa tanto admitir os meus erros. 385 00:22:06,785 --> 00:22:08,870 Se cadra preocúpame ser eu o erro. 386 00:22:10,413 --> 00:22:12,791 Non es un erro. Es humana. 387 00:22:13,583 --> 00:22:15,502 Os celos trastórnannos a todos. 388 00:22:16,961 --> 00:22:18,463 Non estou celosa. 389 00:22:20,423 --> 00:22:21,716 Non vaias de santo. 390 00:22:21,800 --> 00:22:24,844 Eu non aceptei un traballo para enganar xente. 391 00:22:24,928 --> 00:22:28,681 Non, ti só sabotaches a túa irmá porque o tío pasou de ti. 392 00:22:28,765 --> 00:22:29,891 Cres que me gustas? 393 00:22:29,974 --> 00:22:33,269 Pois que fas falando comigo en vez de ir xunta túa irmá? 394 00:22:33,353 --> 00:22:34,854 Es un puto merdeiro! 395 00:22:34,938 --> 00:22:36,815 Mira, tes que superalo. 396 00:22:37,440 --> 00:22:41,820 Se cadra, se o arrincas de raíz, esquécelo. Así que… bícame. 397 00:22:41,903 --> 00:22:43,196 Veña. 398 00:22:43,279 --> 00:22:44,489 Non quero bicarte. 399 00:22:44,572 --> 00:22:47,742 Vale. Non o fagas, pero pasa páxina. 400 00:22:50,286 --> 00:22:53,248 Ves? Nada. Nada de nada. 401 00:23:02,173 --> 00:23:03,258 Rusty? 402 00:23:07,720 --> 00:23:10,306 Xa sei que fun unha estúpida. 403 00:23:10,390 --> 00:23:11,975 Non digas nada máis. 404 00:23:12,058 --> 00:23:13,435 Non digas nada. 405 00:23:13,518 --> 00:23:16,938 É que vos dixen cousas terribles ós dous. 406 00:23:17,647 --> 00:23:20,108 Síntoo moitísimo. Perdoádeme, por favor. 407 00:23:26,739 --> 00:23:29,033 Veña. Mariluna ten unha sorpresa. 408 00:23:33,371 --> 00:23:34,664 Veña, ho. 409 00:23:37,250 --> 00:23:40,086 - Axudámosche? - Non, que estragades a sorpresa. 410 00:23:40,170 --> 00:23:42,964 Iso lle diría ó marido antes de matalo. 411 00:23:45,049 --> 00:23:46,301 Parabéns! 412 00:23:46,384 --> 00:23:47,719 Iso que é? 413 00:23:47,802 --> 00:23:49,137 Un cheque, parva. 414 00:23:49,804 --> 00:23:50,930 Pero para que? 415 00:23:51,014 --> 00:23:54,309 Á xente boa non só lle pasan cousas malas. 416 00:23:54,392 --> 00:23:55,768 Tamén cousas boas. 417 00:23:55,852 --> 00:23:58,480 E encántanme os xogos e son unha lurpia rica. 418 00:23:58,563 --> 00:24:00,982 Mi ma! É un programa de cámara oculta? 419 00:24:01,065 --> 00:24:03,693 Non hai cámara, só cartos caídos do ceo. 420 00:24:03,776 --> 00:24:04,694 Como? 421 00:24:04,777 --> 00:24:06,029 Pasta! Canta? 422 00:24:06,112 --> 00:24:08,239 Pois iso decidídelo vós. 423 00:24:08,323 --> 00:24:11,701 Podo escribir aquí agora mesmo "un millón de dólares", 424 00:24:11,784 --> 00:24:13,870 sen condicións, un agasallo, ou… 425 00:24:13,953 --> 00:24:14,996 Si! 426 00:24:15,079 --> 00:24:19,000 Ou podedes elixir gastar ese millón en tres meses, 427 00:24:19,083 --> 00:24:20,793 sen que se vos note, 428 00:24:21,336 --> 00:24:22,212 e gañar dez. 429 00:24:22,295 --> 00:24:23,588 Dez dólares? 430 00:24:23,671 --> 00:24:24,714 Dez millóns. 431 00:24:25,798 --> 00:24:27,550 - É broma. - Non. 432 00:24:27,634 --> 00:24:29,594 Como que sen que se nos note? 433 00:24:29,677 --> 00:24:31,971 Non podedes mercar cousas materiais. 434 00:24:32,055 --> 00:24:36,184 Só tedes que gastalo, pero non podedes dilapidalo. 435 00:24:36,684 --> 00:24:38,228 - Non ten lóxica. - Ten. 436 00:24:38,311 --> 00:24:40,021 Verédelo se é o que elixides. 437 00:24:40,104 --> 00:24:41,856 É doado gastar e non ter res. 438 00:24:41,940 --> 00:24:43,900 Éche a historia da miña vida. 439 00:24:44,484 --> 00:24:46,152 Descubrirédelo vós mesmos. 440 00:24:46,236 --> 00:24:49,697 Pero, se non o logrades, quedades sen nada. Pensádeo. 441 00:24:52,283 --> 00:24:53,117 Marchamos. 442 00:24:53,701 --> 00:24:54,786 Acompáñovos. 443 00:25:00,041 --> 00:25:00,917 Gloria. 444 00:25:02,168 --> 00:25:06,422 Tomade a decisión mentres vou con eles e despois asino o cheque. 445 00:25:07,549 --> 00:25:09,926 E mais un pequeno que poidas cobrar. 446 00:25:11,469 --> 00:25:12,554 Que? 447 00:25:12,637 --> 00:25:14,222 É un montón de pasta! 448 00:25:26,317 --> 00:25:29,612 Hostias. Canta pasta hai que ter para vivir aquí? 449 00:25:30,280 --> 00:25:31,281 Non che sei. 450 00:25:32,198 --> 00:25:34,701 Pero os cartos de RollerWorld axudarían. 451 00:25:34,784 --> 00:25:36,035 Segues con esa teima? 452 00:25:36,119 --> 00:25:37,954 Escoitei a irmá de Davina. 453 00:25:38,037 --> 00:25:41,124 Dixo que o tal Jamal e señora Martinez 454 00:25:41,207 --> 00:25:42,667 atoparan eses cartos. 455 00:25:43,167 --> 00:25:45,295 Se atoparon a pasta, é que existe. 456 00:25:45,378 --> 00:25:48,339 Inda que a vella tivera os cartos, está morta. 457 00:25:48,423 --> 00:25:49,882 Onde diaño están? 458 00:25:49,966 --> 00:25:51,718 Eses cartos son dos Santos. 459 00:25:51,801 --> 00:25:55,096 Si, hai 40 anos! Eses cartos voaron, meu. 460 00:26:04,480 --> 00:26:05,732 Pasámolo moi ben! 461 00:26:06,774 --> 00:26:09,402 Sabes o que son as coincidencias kármikas? 462 00:26:09,485 --> 00:26:10,862 Non inventes. 463 00:26:14,907 --> 00:26:18,453 Unha morta moi viva e a súa familia. 464 00:26:18,995 --> 00:26:21,247 Finxiu a súa morte a moi prea! 465 00:26:21,331 --> 00:26:23,249 Para quedar coa nosa puta pasta. 466 00:26:30,256 --> 00:26:31,633 Esquecín os globos! 467 00:26:31,716 --> 00:26:36,220 Tíos, que forte. Pódeme cambiar a vida. A todos. Un millón de dólares. 468 00:26:36,304 --> 00:26:38,389 - Ou dez! - Que o cambiarían todo. 469 00:26:38,473 --> 00:26:40,391 E de verdade, non temporalmente. 470 00:26:40,475 --> 00:26:42,018 Que fago? 471 00:26:42,101 --> 00:26:44,020 "A sorte sorrí ós valentes". Díxoo Canela. 472 00:26:44,103 --> 00:26:45,938 E atinou coas premonicións. 473 00:26:46,022 --> 00:26:47,357 Non con todas. 474 00:26:47,440 --> 00:26:51,235 Dixo que ía morrer alguén e non hai ningún morto. 475 00:26:57,867 --> 00:27:00,161 Liscade. É unha propiedade privada. 476 00:27:00,244 --> 00:27:02,205 Ten algo que é noso. 477 00:27:05,166 --> 00:27:08,461 Hai algo que non me contaras do que che revelou Canela? 478 00:27:08,544 --> 00:27:12,173 Si, dixo que unha irmá sería a perdición da outra. 479 00:27:12,840 --> 00:27:14,509 Confundídesme con miña irmá. 480 00:27:15,093 --> 00:27:18,638 Eu chámome Mariluna, non Marisol. Non teño os vosos cartos. 481 00:27:18,721 --> 00:27:21,557 A nós non nos vacile, señora! Déanos a pasta! 482 00:27:23,726 --> 00:27:28,356 Isto paréceme incrible. Toda a vida contaba que pasasen desgrazas. 483 00:27:28,439 --> 00:27:31,025 E pasaron desgrazas, e foi culpa miña. 484 00:27:31,109 --> 00:27:34,195 Provoqueinas eu. Fun a miña propia maldición. 485 00:27:35,238 --> 00:27:37,198 Se tivese un chisco máis de fe, 486 00:27:37,281 --> 00:27:39,951 tería sido quen de ver todo o bo que me rodea. 487 00:27:43,538 --> 00:27:45,248 A ver, señora. 488 00:27:48,918 --> 00:27:49,752 Calmémonos. 489 00:27:49,836 --> 00:27:51,546 Sempre apostei por min, 490 00:27:51,629 --> 00:27:54,799 porque era a aposta segura. 491 00:27:54,882 --> 00:27:56,050 Pero acabouse! 492 00:27:56,676 --> 00:27:59,679 Hoxe vou deixar de apostar por min 493 00:27:59,762 --> 00:28:02,265 e vou comezar a apostar por todos nós. 494 00:28:02,348 --> 00:28:04,434 Cremos que a caixa estaba maldita, 495 00:28:05,226 --> 00:28:06,936 pero foi unha beizón. 496 00:28:07,019 --> 00:28:11,107 Tróuxonos a todos aquí, a este momento. Ó noso momento! 497 00:28:11,190 --> 00:28:13,067 Ó carallo os cartos fáciles. 498 00:28:13,151 --> 00:28:14,610 Pensemos ó grande! 499 00:28:14,694 --> 00:28:17,780 Gastaremos o millón para conseguir dez. 500 00:28:17,864 --> 00:28:20,283 Podemos mellorar as nosas vidas. 501 00:28:20,366 --> 00:28:23,745 Conseguir ó fin o que merecemos e salvar a meu pai! 502 00:28:23,828 --> 00:28:25,538 Non estamos enmeigados! 503 00:29:37,693 --> 00:29:42,615 Subtítulos: Marina do Albardeiro