1 00:00:29,584 --> 00:00:33,876 - Recoñece este formulario? - Si, é un permiso de coidados. 2 00:00:33,959 --> 00:00:36,668 Freddie, apaga a sirena, vale? Grazas. 3 00:00:36,751 --> 00:00:38,709 Para que serve? 4 00:00:39,751 --> 00:00:42,668 É un acordo entre paciente, provedor e… 5 00:00:42,751 --> 00:00:44,543 Freddie, a sirena. 6 00:00:45,209 --> 00:00:48,001 Paciente, provedor e empresa. 7 00:00:48,084 --> 00:00:52,126 Indica os riscos e efectos secundarios do tratamento proposto. 8 00:00:52,209 --> 00:00:54,084 Algunha vez foi testemuña? 9 00:00:54,168 --> 00:00:55,834 - Si. - Esta sinatura é súa? 10 00:00:55,918 --> 00:00:57,001 Non. 11 00:00:58,043 --> 00:00:59,001 E esta? 12 00:01:00,418 --> 00:01:01,543 Non. 13 00:01:01,626 --> 00:01:03,501 E hai máis formularios. 14 00:01:03,584 --> 00:01:06,376 Por que falsificaron a súa sinatura? 15 00:01:06,459 --> 00:01:07,751 Protesto. Especula. 16 00:01:09,584 --> 00:01:11,751 Sr. Usher, na súa opinión, 17 00:01:11,834 --> 00:01:15,043 cal sería o motivo para falsificar unha sinatura? 18 00:01:15,126 --> 00:01:18,209 Que pareza que o paciente coñecía o risco 19 00:01:18,293 --> 00:01:21,501 e estaba informado cando decidiu participar no estudio. 20 00:01:22,543 --> 00:01:26,459 E para protexer a empresa de responsabilidade. 21 00:01:26,543 --> 00:01:27,626 Xesús, Fred. 22 00:01:30,459 --> 00:01:31,584 Descansa, vale? 23 00:01:31,668 --> 00:01:33,626 - Quere máis té? - Non, grazas. 24 00:01:33,709 --> 00:01:36,876 Cariño, acabo de deitar a Tammy. Que pasa? 25 00:01:36,959 --> 00:01:39,918 Estamos ensaiando e fixo ruído. Podes encargarte? 26 00:01:41,209 --> 00:01:44,376 Os nenos fan ruído, Roderick. Se non, estragáronse. 27 00:01:45,751 --> 00:01:47,959 Ceo, imos xogar ó cuarto de mamá. 28 00:01:52,876 --> 00:01:54,876 Perdón polo do ensaio. 29 00:01:54,959 --> 00:01:56,709 Non é problema ningún. 30 00:02:00,084 --> 00:02:03,084 Apoio o que fan, de verdade, 31 00:02:03,168 --> 00:02:05,501 pero que pasa despois? 32 00:02:05,584 --> 00:02:08,543 Con todo o que descubriu, 33 00:02:08,626 --> 00:02:11,084 é preciso que declare? 34 00:02:12,293 --> 00:02:15,876 Os documentos non son falsos se non di 35 00:02:15,959 --> 00:02:17,209 que non os asinou. 36 00:02:18,084 --> 00:02:19,918 Sen el, o caso… 37 00:02:22,168 --> 00:02:24,668 Non hai nada que delatar sen delator. 38 00:02:24,751 --> 00:02:27,626 Oxalá non fose así. 39 00:02:28,459 --> 00:02:29,543 Despedirano. 40 00:02:31,459 --> 00:02:32,334 Si. 41 00:02:33,834 --> 00:02:38,334 Prométame que, cando todo remate, contaremos coa súa axuda. 42 00:02:38,418 --> 00:02:41,334 - Por suposto, ata o punto de… - Prométamo. 43 00:02:43,709 --> 00:02:44,668 Prometido. 44 00:02:54,918 --> 00:02:56,168 Facede que paguen. 45 00:02:56,959 --> 00:02:57,793 Vale. 46 00:03:00,293 --> 00:03:01,751 Aquí ten o té. 47 00:03:05,084 --> 00:03:06,043 Tes moita sorte. 48 00:03:07,834 --> 00:03:08,668 Xa. 49 00:03:11,334 --> 00:03:14,918 E vostede? Ten sorte na casa? 50 00:03:16,876 --> 00:03:19,751 Creo que si. Nunca vou, así que quen sabe. 51 00:03:19,834 --> 00:03:23,334 Ela aguanta moito. 52 00:03:26,959 --> 00:03:27,876 El tamén. 53 00:03:34,126 --> 00:03:36,043 Os dous temos sorte nisto. 54 00:03:37,709 --> 00:03:40,459 Temos xente boa que nos quere na casa. 55 00:03:42,459 --> 00:03:43,709 Non os decepcionemos. 56 00:03:45,418 --> 00:03:46,876 Que pague a pena. 57 00:03:50,293 --> 00:03:52,418 Recoñece este formulario? 58 00:03:52,501 --> 00:03:54,709 Si, é un permiso de coidados. 59 00:03:55,293 --> 00:03:56,543 Annabel Lee. 60 00:03:56,626 --> 00:03:58,876 Pensei moito estes anos 61 00:03:58,959 --> 00:04:02,293 porque teño boa nariz para a xente. 62 00:04:03,168 --> 00:04:05,751 Pregúntome que pasou. 63 00:04:06,334 --> 00:04:10,334 Que me pasou na cabeza para confiar en vostede. 64 00:04:10,876 --> 00:04:13,751 E descubrino. Foi ela. 65 00:04:14,584 --> 00:04:16,626 Confiaba nela, así que confiei en vostede. 66 00:04:16,709 --> 00:04:21,418 Se esa muller amábao, 67 00:04:22,084 --> 00:04:26,209 se confiaba en vostede, foi imbécil ó perdela como o fixo. 68 00:04:27,001 --> 00:04:31,084 Con todo o que perdín pola súa culpa, e foi case todo, 69 00:04:32,459 --> 00:04:35,251 foi un pequeno consolo… 70 00:04:37,668 --> 00:04:40,334 saber que vostede perdeuna a ela. 71 00:04:43,084 --> 00:04:47,084 "E por isto foi que tanto tempo atrás neste reino xunto ó mar, 72 00:04:48,709 --> 00:04:52,584 dunha nube un vento frío sopraba, Annabel Lee, fermosa e guapa." 73 00:04:52,668 --> 00:04:54,418 O vento é vostede, Shakespeare. 74 00:04:54,501 --> 00:04:58,126 "E a súa familia veu para do meu carón a levar 75 00:04:58,209 --> 00:05:00,209 e pechala nunha sepultura neste reino…" 76 00:05:00,293 --> 00:05:02,001 - Cale xa. - "…xunto ó mar." 77 00:05:02,084 --> 00:05:04,251 Nunca se cansa de falar? 78 00:05:04,334 --> 00:05:08,001 A verdade, non sei como aguantou tanto. 79 00:05:08,084 --> 00:05:12,959 Sempre digo que non hai Ushers bos, 80 00:05:15,001 --> 00:05:17,001 pero había unha. Unha. 81 00:05:19,251 --> 00:05:21,043 Annabel Lee Usher. 82 00:05:22,543 --> 00:05:25,459 A única Usher boa, e espantouna. 83 00:05:26,376 --> 00:05:29,334 Erras. Miña neta, Lenore. 84 00:05:31,251 --> 00:05:32,959 É a mellor de todos. 85 00:05:35,376 --> 00:05:37,251 E parécese á súa avoa. 86 00:05:39,168 --> 00:05:41,418 Ten o mellor de Annabel Lee sen… 87 00:05:47,959 --> 00:05:49,209 Sen o corazón roto. 88 00:05:58,709 --> 00:05:59,876 Á merda. 89 00:06:02,793 --> 00:06:04,751 Alégrame que che gustase Annabel, 90 00:06:06,168 --> 00:06:09,834 pero foise hai moito tempo, 91 00:06:09,918 --> 00:06:13,459 e mentiría se dixese que nunca me preguntei 92 00:06:13,543 --> 00:06:16,376 - como demo pasou. - Como demo pasou? 93 00:06:16,459 --> 00:06:20,418 Canto pagamos para poñerlle seguridade na porta? 94 00:06:20,501 --> 00:06:23,251 E non pensou en petar cando o cristal rompeu? 95 00:06:23,751 --> 00:06:25,959 Que pasou co lanzamento? Estabas alí. 96 00:06:26,043 --> 00:06:27,668 Tiñamos dez persoas. 97 00:06:27,751 --> 00:06:30,584 E ningunha puido evitar que saíse do edificio? 98 00:06:30,668 --> 00:06:34,459 Ninguén evitou que esmagase unha tele e atacase a miña muller? 99 00:06:34,543 --> 00:06:38,959 Ninguén levantou un dedo cando volveu á casa e… 100 00:06:40,209 --> 00:06:43,209 Estaba protexida. Non podo explicalo. 101 00:06:44,001 --> 00:06:48,501 Toqueina… coas mans. 102 00:06:48,584 --> 00:06:52,543 Sentín que se espallaba como vapor frío. 103 00:06:52,626 --> 00:06:55,001 Merda, para! Calade! 104 00:06:56,043 --> 00:06:57,334 A hostia. 105 00:06:57,918 --> 00:07:00,584 Pensade como profesionais por un minuto. 106 00:07:03,751 --> 00:07:05,168 A xunta vai actuar. 107 00:07:06,709 --> 00:07:08,126 Pediron un voto. 108 00:07:09,459 --> 00:07:11,543 A xunta son matemáticas. 109 00:07:12,126 --> 00:07:14,793 Podemos chantaxealos. Párao antes de nacer. 110 00:07:14,876 --> 00:07:17,293 Xa naceu, vai á universidade. 111 00:07:17,376 --> 00:07:21,959 Pois usa o bo, é unha emerxencia. Sácao todo e farán caso. 112 00:07:22,043 --> 00:07:23,543 Algúns, pero non todos. 113 00:07:23,626 --> 00:07:28,918 Freddie é o voto decisivo. Polo que vexo, é a chave da xogada. 114 00:07:31,793 --> 00:07:32,959 Tráeo. 115 00:07:41,376 --> 00:07:43,209 Merece algo mellor, Madeline. 116 00:07:44,584 --> 00:07:47,626 Son realista. É certo que é un perigo, 117 00:07:48,793 --> 00:07:51,043 pero tamén é un gran home. 118 00:07:51,126 --> 00:07:56,043 Ten unha doenza intratable e incurable que lle afecta o xuízo. 119 00:07:56,126 --> 00:07:58,084 Iso sácao da partida. 120 00:08:00,168 --> 00:08:03,918 Arthur, estou preto de rematar o proxecto do algoritmo. 121 00:08:04,001 --> 00:08:05,543 Sabes o que significa? 122 00:08:05,626 --> 00:08:10,918 Podemos sacar a empresa das pílulas, do veleno, e levala á tecnoloxía. 123 00:08:11,001 --> 00:08:15,918 IA, conciencias artificiais, a inmortalidade virtual. 124 00:08:16,001 --> 00:08:17,501 Lévao á xunta. 125 00:08:17,584 --> 00:08:22,918 Dilles que, se presido a empresa, levareina ó futuro 126 00:08:23,001 --> 00:08:24,751 e deixaremos todo isto atrás. 127 00:08:24,834 --> 00:08:27,418 O legado podre queda con Roderick 128 00:08:27,501 --> 00:08:29,751 e seremos unha tecnolóxica. 129 00:08:29,834 --> 00:08:31,959 Seguro que o atopan apetecible. 130 00:08:32,043 --> 00:08:33,209 Seguro que si. 131 00:08:35,001 --> 00:08:37,001 E dubido que sexa sinxelo para ti. 132 00:08:41,293 --> 00:08:43,918 É o máis duro que dixen na vida. 133 00:09:21,834 --> 00:09:22,876 Fred… 134 00:09:25,543 --> 00:09:26,543 Freddie. 135 00:09:28,584 --> 00:09:30,001 Xa o debes sentir. 136 00:09:34,626 --> 00:09:39,334 Cariño, tes que parar. 137 00:09:42,751 --> 00:09:44,126 Ceo. 138 00:09:44,209 --> 00:09:49,751 Non, por favor. 139 00:09:56,168 --> 00:09:57,751 Que rápido é, non? 140 00:10:04,084 --> 00:10:07,043 Din que Tamerlane suicidouse cun atizador, 141 00:10:07,126 --> 00:10:11,001 pero xúroche que non sei o que significa. 142 00:10:11,084 --> 00:10:13,959 Como podes facer iso? 143 00:10:23,043 --> 00:10:25,543 Quixen casar contigo cando nos coñecemos. 144 00:10:25,626 --> 00:10:27,876 Lémbralo? Na sesión de fotos. 145 00:10:28,834 --> 00:10:31,709 Xa se achegaran estafadoras e fans, 146 00:10:31,793 --> 00:10:34,584 pero cando viñeches ti, 147 00:10:34,668 --> 00:10:37,668 sorriches e era algo real. 148 00:10:38,876 --> 00:10:40,751 Pregunteiche por que o fixeras 149 00:10:40,834 --> 00:10:44,084 e dixeches que me viras alí só e pensaras 150 00:10:44,168 --> 00:10:47,334 que parecía alguén que precisaba unha amiga. 151 00:10:49,209 --> 00:10:50,168 Tiñas razón. 152 00:10:52,209 --> 00:10:53,209 Aquel sorriso… 153 00:10:54,334 --> 00:10:57,001 rouboume o corazón. 154 00:11:00,709 --> 00:11:03,043 Sabes cal foi o titular aquela mañá, 155 00:11:03,126 --> 00:11:05,376 cando tomei o meu lugar na xunta? 156 00:11:07,084 --> 00:11:11,209 Na sección de negocios do Times: "De implacable a inofensivo". 157 00:11:12,168 --> 00:11:13,334 Pensas iso de min? 158 00:11:14,376 --> 00:11:15,376 Son inofensivo? 159 00:11:21,084 --> 00:11:22,084 Si? 160 00:11:23,709 --> 00:11:24,834 Si, vale. 161 00:11:26,293 --> 00:11:30,001 Agora? Vale. 162 00:11:31,793 --> 00:11:33,001 É unha emerxencia. 163 00:11:34,209 --> 00:11:37,084 Papá precísame. Volverei cando poida. 164 00:11:37,168 --> 00:11:38,293 Ó mellor falamos. 165 00:11:45,959 --> 00:11:47,793 Onde metiches a alianza? 166 00:11:49,293 --> 00:11:51,918 Non o levabas na man, vin vídeos da festa. 167 00:11:52,459 --> 00:11:55,834 Recuperei algunhas cousas: teu bolso, efectos persoais 168 00:11:55,918 --> 00:11:57,376 e o puto teléfono, 169 00:11:58,293 --> 00:12:00,834 pero non o anel. Onde o metiches, Morrie? 170 00:12:03,168 --> 00:12:04,168 Non te movas. 171 00:12:07,501 --> 00:12:10,293 - Non quero escusas! - Estou niso. 172 00:12:10,376 --> 00:12:12,501 Non o parece. O edificio segue aí. 173 00:12:12,584 --> 00:12:14,918 Teño outros problemas, papá. Funerais… 174 00:12:15,001 --> 00:12:18,751 Dixen que chames os albaneis e que o fagan. 175 00:12:18,834 --> 00:12:21,709 Xa o farei, é un edificio. Tanto importa? 176 00:12:21,793 --> 00:12:23,918 Teño que confiar en ti. 177 00:12:24,001 --> 00:12:26,709 É o escenario dun crime co nome da familia. 178 00:12:26,793 --> 00:12:28,501 Ten o sangue de teu irmán. 179 00:12:28,584 --> 00:12:32,001 Se non podo confiar en ti no tema do edificio, 180 00:12:32,084 --> 00:12:34,459 non podo facelo para as cousas pequenas, 181 00:12:34,543 --> 00:12:37,126 así que tampouco podo para as grandes, 182 00:12:37,209 --> 00:12:39,543 e teño que confiar en ti, Freddie. 183 00:12:41,084 --> 00:12:43,084 Ti es o voto decisivo. 184 00:12:43,834 --> 00:12:45,001 A xunta vai votar? 185 00:12:48,543 --> 00:12:49,668 Non te chamaron. 186 00:12:56,209 --> 00:12:57,876 É o momento, Freddie. 187 00:12:59,626 --> 00:13:02,418 Xa non queda ninguén. Vai colapsar todo. 188 00:13:04,043 --> 00:13:05,501 Teño que depender de ti. 189 00:13:05,584 --> 00:13:07,668 Cando chamen, e farano, 190 00:13:07,751 --> 00:13:10,126 non collas. É a mellor mensaxe. 191 00:13:11,126 --> 00:13:14,793 Se te acurralan na rúa, dilles que es Frederick Usher. 192 00:13:14,876 --> 00:13:18,084 O depósito da esperanza e os soños dun imperio. 193 00:13:18,168 --> 00:13:20,376 Que leven as traizóns con eles. 194 00:13:21,834 --> 00:13:22,751 Poderás facelo? 195 00:13:24,334 --> 00:13:25,293 Podo. 196 00:13:38,418 --> 00:13:41,084 É un proceso moi incómodo. 197 00:13:41,168 --> 00:13:43,584 Polos síntomas que describe, 198 00:13:43,668 --> 00:13:47,126 seu marido diría que subir a dose tranquilizaríaa. 199 00:13:48,334 --> 00:13:50,668 Pregúntolle a vostede, non a el. 200 00:13:52,501 --> 00:13:56,668 Canto tomo? Dous mil miligramos de ligodona ó día? 201 00:13:57,543 --> 00:13:59,918 A seguinte dose máis alta que coñece son… 202 00:14:00,001 --> 00:14:02,584 - Mil trescentos. - Xa. 203 00:14:04,001 --> 00:14:06,459 E pasou isto e queren subila. 204 00:14:06,543 --> 00:14:09,001 Sei que traballo para Fortunato, 205 00:14:09,084 --> 00:14:11,959 pero vostede é o meu médico, non? 206 00:14:12,043 --> 00:14:13,168 Si, claro. 207 00:14:16,751 --> 00:14:17,834 Ten fillos? 208 00:14:18,668 --> 00:14:19,876 - Si. - Fillastros? 209 00:14:23,001 --> 00:14:24,418 Téñeno chamado yonqui? 210 00:14:27,334 --> 00:14:28,751 Non. 211 00:14:30,459 --> 00:14:31,459 Os meus si. 212 00:14:33,251 --> 00:14:34,376 Agora xa non están. 213 00:14:35,459 --> 00:14:38,168 Ves tres cadaleitos sepultados 214 00:14:38,918 --> 00:14:42,043 e dous máis de camiño e faite pensar. 215 00:14:42,126 --> 00:14:46,793 Non podes evitar pensar que a vida é moi corta. 216 00:14:50,001 --> 00:14:52,084 Sempre volvo ó mesmo. 217 00:14:53,126 --> 00:14:57,751 A ligodona parécese máis á heroína que calquera droga que tomase. 218 00:14:59,418 --> 00:15:03,918 Ten menos incidencia de adicción cun uso correcto. 219 00:15:04,001 --> 00:15:06,168 Veña, estamos sós. 220 00:15:06,251 --> 00:15:11,834 Como deixo esta menciña perfectamente segura e non adictiva? 221 00:15:18,168 --> 00:15:20,209 Amodo. Moi amodo. 222 00:15:23,251 --> 00:15:24,543 Entendo. 223 00:15:24,626 --> 00:15:29,793 Pero son o depósito da esperanza e os soños dun imperio. 224 00:15:29,876 --> 00:15:33,251 Alégrame que pensen no futuro. 225 00:15:36,459 --> 00:15:37,418 Vaia. 226 00:15:38,709 --> 00:15:41,043 Vai pasar. 227 00:15:49,584 --> 00:15:50,501 Son Fredso. 228 00:15:50,584 --> 00:15:54,626 Sei que quedamos para a semana que vén, 229 00:15:54,709 --> 00:15:58,084 pero aquí todo vai moi rápido 230 00:15:58,168 --> 00:16:00,376 e preciso derrubar o edificio. 231 00:16:00,459 --> 00:16:04,168 Ten que ser hoxe. Esta noite. 232 00:16:04,251 --> 00:16:06,668 Dáme igual o permiso de explosións. 233 00:16:06,751 --> 00:16:09,043 Traede un guindastre con bóla. 234 00:16:09,709 --> 00:16:13,209 Porque volo pedín. Son o Usher en auxe. 235 00:16:15,751 --> 00:16:17,043 Si. Non… 236 00:16:17,959 --> 00:16:21,626 Os albaneis obedecen a Roderick e obedécenme a min. 237 00:16:22,209 --> 00:16:25,126 Estarei alí, quero ver como cae. 238 00:16:25,876 --> 00:16:26,709 Vale? 239 00:16:29,334 --> 00:16:32,084 Oíches o rápido que cambiou de ton? 240 00:16:34,293 --> 00:16:35,709 É incrible. 241 00:16:35,793 --> 00:16:39,584 Levan toda a vida sen tomarme en serio, 242 00:16:39,668 --> 00:16:42,376 pero chegas a director executivo 243 00:16:43,793 --> 00:16:46,876 e todo o mundo che fai caso. 244 00:16:47,876 --> 00:16:50,126 Case todo o mundo, vaia. 245 00:16:51,293 --> 00:16:52,626 Pero ti, Morrie… 246 00:16:55,459 --> 00:16:58,126 Sabes unha cousa importante para papá? 247 00:16:59,334 --> 00:17:01,376 Ensinóunolo a todos. 248 00:17:01,876 --> 00:17:03,709 É do primeiro que che ensina. 249 00:17:03,793 --> 00:17:06,084 Non, Frederick! Non! 250 00:17:06,168 --> 00:17:08,001 Se queres probar un vínculo, 251 00:17:09,501 --> 00:17:11,168 non tes que rompelo. 252 00:17:11,251 --> 00:17:12,543 Non! 253 00:17:12,626 --> 00:17:15,168 Chega con gretalo. 254 00:17:16,168 --> 00:17:20,418 Púxome un chanzo por riba de Tammy, 255 00:17:20,501 --> 00:17:22,376 relaxouse e observou. 256 00:17:24,584 --> 00:17:28,376 Unha greta, pero non unha fractura. Fíxoo máis forte. 257 00:17:31,293 --> 00:17:36,126 A segunda lección era que controles a túa casa. 258 00:17:39,126 --> 00:17:40,626 Non tes que ser ditador, 259 00:17:41,376 --> 00:17:44,376 pero, se non queres ser cruel todo o tempo, 260 00:17:44,459 --> 00:17:49,126 tes que ser brutal polo menos unha vez, para establecer a túa autoridade. 261 00:17:57,543 --> 00:17:59,251 Ese puto sorriso. 262 00:18:02,168 --> 00:18:05,334 Non quero ser cruel todo o tempo. Non son así. 263 00:18:09,293 --> 00:18:12,959 Non romperei o noso vínculo. Ti xa o gretaches. 264 00:18:14,126 --> 00:18:16,459 Agora só teño que controlar o fogar. 265 00:18:18,501 --> 00:18:21,501 Darei un golpe, o bastante brutal. 266 00:18:23,168 --> 00:18:26,584 Faremos isto unha vez. 267 00:18:27,876 --> 00:18:29,126 Farémolo rápido. 268 00:18:30,918 --> 00:18:33,918 Farémolo en silencio. Despois, poderemos curar. 269 00:18:42,459 --> 00:18:43,459 Téñome que ir. 270 00:18:44,543 --> 00:18:46,668 Hai outra casa que debo controlar. 271 00:18:48,334 --> 00:18:51,126 Xa que vou, buscarei o anel. Pode que estea alí. 272 00:18:51,209 --> 00:18:53,209 Se non, comprareite outro, 273 00:18:53,293 --> 00:18:56,001 pero se o atopo, traereino. 274 00:18:57,668 --> 00:18:59,709 E se o volves sacar, 275 00:19:01,334 --> 00:19:04,043 soldareicho ó dedo. 276 00:19:11,334 --> 00:19:12,459 Diga. Todo ben? 277 00:19:30,918 --> 00:19:33,001 Non me digas iso, Vinnie. 278 00:19:33,751 --> 00:19:36,001 A bóla estará no ar ás oito da noite. 279 00:19:36,084 --> 00:19:38,459 Derrubaredes o edificio ou… 280 00:19:38,543 --> 00:19:40,293 Ou irei alí 281 00:19:40,376 --> 00:19:43,709 e sacareivos os dentes cunhas pinzas. 282 00:19:46,209 --> 00:19:48,501 Papá, onde vas? 283 00:19:49,168 --> 00:19:50,501 Cousas de traballo. 284 00:19:51,084 --> 00:19:52,626 Podemos falar antes? 285 00:19:52,709 --> 00:19:53,709 Claro, corazón. 286 00:19:54,251 --> 00:19:56,668 Atopei un sitio fantástico. 287 00:19:56,751 --> 00:19:59,668 O mellor do país para tratar queimaduras. 288 00:19:59,751 --> 00:20:03,209 Fan enxertos de calidade e todo nas súas instalacións. 289 00:20:03,834 --> 00:20:07,209 Falei cun dos médicos e dixo que teñen espazo. 290 00:20:07,293 --> 00:20:09,584 Por que hostia fixeches iso? 291 00:20:09,668 --> 00:20:13,251 Perdoa, ceo, pero por que hostia o fixeches? 292 00:20:14,084 --> 00:20:15,543 Estaría mellor alí. 293 00:20:16,626 --> 00:20:18,293 Lenore, xa falamos disto. 294 00:20:20,168 --> 00:20:21,168 Onde están? 295 00:20:21,918 --> 00:20:22,834 Quen? 296 00:20:22,918 --> 00:20:26,501 Os especialistas e os médicos. Quen prometiches que viría. 297 00:20:26,584 --> 00:20:29,334 Veñen moito mentres estás na escola. 298 00:20:29,418 --> 00:20:31,459 - Está ben. - Non te creo. 299 00:20:31,543 --> 00:20:34,459 Pásache algo, papá. 300 00:20:34,543 --> 00:20:37,918 - Ules mal, tes peor aspecto e estás raro. - Ei! 301 00:20:38,501 --> 00:20:39,876 Sabes con quen falas? 302 00:20:39,959 --> 00:20:43,001 Mamá está mal, ti tamén, todo está mal. 303 00:20:43,084 --> 00:20:46,876 Atopei un sitio que pode coidala e podemos levala mañá. 304 00:20:46,959 --> 00:20:50,001 Non podo con isto, tes que parar. 305 00:20:50,084 --> 00:20:52,751 - Para, por favor. Para! - Só tes que chamar. 306 00:20:52,834 --> 00:20:54,126 Cala a boca! 307 00:20:54,209 --> 00:20:57,334 Se alguén me fala así, hai consecuencias! 308 00:20:57,418 --> 00:21:00,668 Non tes vía libre por ser miña filla! 309 00:21:04,626 --> 00:21:06,293 Quero falar co especialista. 310 00:21:10,793 --> 00:21:12,418 Túa nai está descansando. 311 00:21:12,501 --> 00:21:15,001 Déixaa soa mentres non estou. 312 00:21:15,084 --> 00:21:17,043 Xa falaremos cando volva. 313 00:21:33,043 --> 00:21:35,334 Mamá? Mamá, óesme? 314 00:21:50,126 --> 00:21:54,876 Teño que admitir que eses ruídos comezan a preocuparme. 315 00:21:56,043 --> 00:21:58,251 - Di que é Madeline. - Si. 316 00:21:59,126 --> 00:22:01,084 Deberiamos baixar para comprobar… 317 00:22:01,751 --> 00:22:05,209 - A ver se adiviño. Lenore. - Bingo. 318 00:22:05,293 --> 00:22:09,084 Non sei a que quere xogar esta noite, pero tiven bastante. 319 00:22:09,168 --> 00:22:11,251 Case rematamos, Auggie. 320 00:22:14,668 --> 00:22:17,043 Sabe que? Non. 321 00:22:17,126 --> 00:22:19,876 Senta, por favor. 322 00:22:19,959 --> 00:22:23,876 Pregúntome por que o atrasa todo, 323 00:22:23,959 --> 00:22:26,709 por que xoga ó gato e o rato, pero seino. 324 00:22:26,793 --> 00:22:29,668 Porque saca algo disto. 325 00:22:29,751 --> 00:22:30,793 Non é iso. 326 00:22:30,876 --> 00:22:33,751 E se saca algo disto, sexa o que sexa, 327 00:22:34,376 --> 00:22:35,668 non teño que darllo. 328 00:22:35,751 --> 00:22:40,501 - Por favor. - Boa noite, e sorte coa demencia. 329 00:22:43,168 --> 00:22:45,126 Deterasme por asasinato. 330 00:22:47,251 --> 00:22:49,293 Aí é onde imos chegar. 331 00:22:49,376 --> 00:22:51,709 Terás un caso irrefutable de asasinato. 332 00:22:54,751 --> 00:22:57,459 Máis dun, por certo. 333 00:23:03,918 --> 00:23:07,959 É agora cando paro, volvo lentamente á cadeira 334 00:23:08,043 --> 00:23:10,751 sento e sigo gravando? 335 00:23:12,126 --> 00:23:15,084 É iso o que fago no seu guión? 336 00:23:15,168 --> 00:23:18,084 Estaría ben. 337 00:23:18,876 --> 00:23:21,376 Pero aí está o tema. 338 00:23:22,709 --> 00:23:25,959 Xa fixemos isto, vostede máis eu, xusto aquí. 339 00:23:26,043 --> 00:23:26,918 De feito… 340 00:23:38,001 --> 00:23:39,376 Ti tamén o ves? 341 00:23:40,626 --> 00:23:41,959 Tenta asustarme. 342 00:23:43,668 --> 00:23:44,668 Non. 343 00:23:47,126 --> 00:23:48,126 Non. 344 00:23:50,793 --> 00:23:53,334 É Freddie, supoño. 345 00:23:54,543 --> 00:23:58,126 Levan toda a noite así para que conte ben as historias. 346 00:24:00,751 --> 00:24:03,918 É… É fantástico. 347 00:24:05,626 --> 00:24:08,543 Controlan a fondo o meu inferno persoal. 348 00:24:09,293 --> 00:24:14,834 O que pasa agora é que falas ti. 349 00:24:14,918 --> 00:24:19,126 E de repente, vexo un sinal de Freddie, 350 00:24:19,209 --> 00:24:21,834 que tento ignorar, porque ti non a ves. 351 00:24:21,918 --> 00:24:26,168 Entón dáme un bo susto 352 00:24:26,251 --> 00:24:30,168 mentres ti miras para min coma se estivese tolo. 353 00:24:30,251 --> 00:24:31,793 Non o estou. 354 00:24:31,876 --> 00:24:34,918 O CADASIL non é o paraíso, pero tampouco fai isto. 355 00:24:38,626 --> 00:24:41,959 Temo que estás en primeira fila para o meu xuízo. 356 00:24:45,168 --> 00:24:48,501 En calquera momento, Freddie aparecerá… 357 00:24:50,293 --> 00:24:52,459 tras a cadeira, mostrará a cicatriz… 358 00:24:52,543 --> 00:24:53,709 Ceo! 359 00:24:55,751 --> 00:24:56,751 Ola. 360 00:24:57,459 --> 00:24:58,293 Papi. 361 00:25:01,001 --> 00:25:02,001 Papi. 362 00:25:17,834 --> 00:25:22,209 Tiñamos que vir no teu gran día. Que Freddie vexa a papá ser un heroe. 363 00:25:42,834 --> 00:25:43,751 Mamá. 364 00:25:43,834 --> 00:25:45,959 Non iades quedar na casa? 365 00:25:46,043 --> 00:25:49,168 Si, pero din que queren apoiar a papi. 366 00:25:49,251 --> 00:25:51,584 - Verdade, Freddie? - Debestes quedar. 367 00:25:51,668 --> 00:25:54,584 - Viñestes! - Non podiamos perdelo. 368 00:25:55,334 --> 00:25:57,001 Cando entres, lembra. 369 00:25:57,084 --> 00:25:59,584 Se tes medo ou te sentes só, estamos aquí. 370 00:25:59,668 --> 00:26:01,668 Contigo ó outro lado da parede. 371 00:26:01,751 --> 00:26:04,834 Por que non sentades comigo? Deixemos que pase. 372 00:26:10,626 --> 00:26:12,209 - Preparado? - Si. 373 00:26:17,626 --> 00:26:20,418 - Estás listo? - Si. Estou. 374 00:26:24,334 --> 00:26:27,459 Comeza a acta ás 13:32. 375 00:26:27,543 --> 00:26:32,709 Hoxe é xoves, 20 de decembro de 1979. 376 00:26:33,834 --> 00:26:38,418 Sr. Usher, quero que observe as probas dous e tres. 377 00:26:38,501 --> 00:26:40,084 Recoñece ese documento? 378 00:26:40,168 --> 00:26:41,168 Protesto. 379 00:26:41,959 --> 00:26:42,793 Adiante. 380 00:26:42,876 --> 00:26:45,501 Non vai parar para que consten en acta. 381 00:26:45,584 --> 00:26:46,668 Non nos importa. 382 00:26:47,209 --> 00:26:51,376 Vale. É un permiso de coidados. 383 00:26:51,959 --> 00:26:53,709 Adoita traballar con eles? 384 00:26:53,793 --> 00:26:55,751 Desde que ascendín, si. 385 00:26:55,834 --> 00:26:57,709 Cal é a súa finalidade? 386 00:26:57,793 --> 00:26:58,793 Protesto. 387 00:27:01,418 --> 00:27:04,918 É un acordo entre paciente, provedor e empresa. 388 00:27:05,001 --> 00:27:08,668 Indica os riscos e efectos secundarios do tratamento proposto. 389 00:27:08,751 --> 00:27:11,043 Ve algo estraño nese documento? 390 00:27:11,126 --> 00:27:12,001 Protesto. 391 00:27:14,168 --> 00:27:16,376 Non especialmente. 392 00:27:17,251 --> 00:27:20,251 É o feito de que estea aquí. É confidencial. 393 00:27:20,334 --> 00:27:21,876 Propiedade da empresa. 394 00:27:21,959 --> 00:27:26,334 - Nada raro en absoluto? - Non, é bastante básico. 395 00:27:27,501 --> 00:27:29,501 É mala sorte que non asinase tamén 396 00:27:29,584 --> 00:27:32,168 un familiar do paciente, dada a súa idade, 397 00:27:32,251 --> 00:27:35,751 pero mostra que estivo presente un representante da empresa. 398 00:27:35,834 --> 00:27:37,668 Asinou algún como testemuña? 399 00:27:37,751 --> 00:27:38,584 Si. 400 00:27:38,668 --> 00:27:41,626 E é esta a súa sinatura? 401 00:27:43,626 --> 00:27:44,459 Si. 402 00:27:48,376 --> 00:27:49,584 E esta? 403 00:27:50,626 --> 00:27:52,376 Tamén é miña. 404 00:27:53,168 --> 00:27:57,251 Para que quede claro, di que estaba ó tanto 405 00:27:57,334 --> 00:28:00,793 e asinou este formulario o día indicado? 406 00:28:03,876 --> 00:28:05,084 - Si. - Protesto. 407 00:28:05,168 --> 00:28:06,709 É a túa testemuña, Pam. 408 00:28:06,793 --> 00:28:07,918 Sr. Usher… 409 00:28:12,709 --> 00:28:17,418 Cominouno Rufus Griswold en calquera momento, 410 00:28:17,501 --> 00:28:20,126 por escrito ou non, a falsificar documentos? 411 00:28:21,376 --> 00:28:22,209 Non. 412 00:28:23,043 --> 00:28:25,584 Falou con vostede sobre esta declaración? 413 00:28:25,668 --> 00:28:26,543 Para nada. 414 00:28:26,626 --> 00:28:29,459 E alguén de Fortunato? 415 00:28:29,543 --> 00:28:31,001 Ninguén. 416 00:28:33,459 --> 00:28:37,751 Sr. Usher, recórdolle que está baixo xuramento. 417 00:28:37,834 --> 00:28:41,126 Aceptou vir como testemuña do noso departamento. 418 00:28:41,209 --> 00:28:43,043 Si. É que… 419 00:28:46,751 --> 00:28:48,959 Este home non nos deixaba en paz. 420 00:28:50,001 --> 00:28:54,126 Veu á miña casa en varias ocasións para insistir no tema. 421 00:28:54,834 --> 00:28:56,876 Si, aceptei vir. 422 00:28:57,793 --> 00:29:00,418 Chámenme testemuña, representante da empresa 423 00:29:00,501 --> 00:29:03,626 ou como queiran, pero esperaba que vir 424 00:29:03,709 --> 00:29:07,959 e verificar o que lle dixen ó Sr. Dupin en privado 425 00:29:08,043 --> 00:29:12,376 levaría a que nos deixe tranquilos a min e á miña familia. 426 00:29:13,584 --> 00:29:15,918 Non quería usar esta palabra, 427 00:29:16,001 --> 00:29:19,126 pero o tratamento da miña familia no nome da vinganza 428 00:29:19,209 --> 00:29:23,376 contra Rufus Griswold por parte do Sr. Dupin raia no acoso. 429 00:29:24,251 --> 00:29:25,834 Vin dicir iso. 430 00:29:30,668 --> 00:29:31,668 Auggie. 431 00:29:32,293 --> 00:29:33,126 Que…? 432 00:29:34,001 --> 00:29:35,001 Espera. 433 00:29:36,126 --> 00:29:38,043 - Que pasa? - Non digas nada. 434 00:29:38,126 --> 00:29:40,209 - Que fan? - Non digas nada. 435 00:29:40,293 --> 00:29:42,876 - Arrestámolo por perxurio. - Perxurio? 436 00:29:42,959 --> 00:29:44,459 Díxenche que non viñeses. 437 00:29:45,001 --> 00:29:45,834 Roderick! 438 00:29:45,918 --> 00:29:48,543 Non abras a boca. Non digas nada. 439 00:29:48,626 --> 00:29:50,584 Aquí non. Vémonos en casa. 440 00:29:54,668 --> 00:29:56,709 Ola, Madeline Usher. 441 00:29:57,709 --> 00:29:59,709 Teñen un minuto para falar? 442 00:30:00,376 --> 00:30:02,918 Que pasou? Sabías que ía pasar? 443 00:30:03,001 --> 00:30:04,126 Por suposto. 444 00:30:04,209 --> 00:30:06,793 - Levárono ó cárcere. - Sairá antes da cea. 445 00:30:06,876 --> 00:30:09,334 Cres que Fortunato vaino deixar aí? 446 00:30:09,418 --> 00:30:13,293 Desde hoxe, é o empregado máis importante. 447 00:30:13,376 --> 00:30:15,376 Sacarano nun chiscar de ollos. 448 00:30:15,459 --> 00:30:16,668 Acúsano de perxurio. 449 00:30:16,751 --> 00:30:19,918 Non chegará. Non asinou declaración ningunha. 450 00:30:20,709 --> 00:30:22,834 É a palabra de Dupin contra a nosa. 451 00:30:22,918 --> 00:30:25,209 Que merda che pasa? 452 00:30:26,501 --> 00:30:29,501 Roderick ía facer o correcto. Ía ser un heroe. 453 00:30:29,584 --> 00:30:31,376 Díxenllo ós meus fillos. 454 00:30:31,459 --> 00:30:33,709 Fixo o correcto, inocentiña de merda. 455 00:30:35,001 --> 00:30:37,334 O fiscal está avergoñado, pero é listo. 456 00:30:37,418 --> 00:30:40,043 Fronte á máquina legal de Fortunato 457 00:30:40,126 --> 00:30:41,918 e sen testemuña algunha, 458 00:30:42,001 --> 00:30:44,418 só terá uns documentos roubados. 459 00:30:44,501 --> 00:30:45,584 Retirarase. 460 00:30:46,168 --> 00:30:48,084 E non pode demostrar o perxurio. 461 00:30:48,668 --> 00:30:52,501 Agora mesmo, hai un nome 462 00:30:52,584 --> 00:30:58,043 na cabeza dos directivos, investidores e executivos de Fortunato: 463 00:31:00,168 --> 00:31:01,168 Roderick Usher. 464 00:31:02,126 --> 00:31:03,584 É todo un heroe. 465 00:31:04,459 --> 00:31:06,584 Mañá estaredes nadando en diñeiro, 466 00:31:06,668 --> 00:31:09,251 promocións e proteccións. 467 00:31:09,334 --> 00:31:11,459 Teredes casa nova antes do Nadal. 468 00:31:11,543 --> 00:31:15,001 Da túa forma, mañá estariades no paro 469 00:31:15,084 --> 00:31:18,209 e Fortunato demandaríavos ata enterrarvos. 470 00:31:21,001 --> 00:31:22,001 Xesús. 471 00:31:24,126 --> 00:31:25,459 Pensaba que simulabas. 472 00:31:27,209 --> 00:31:30,584 Que facías o papel de ama de casa 473 00:31:30,668 --> 00:31:33,959 para poder durmir baixo teito. 474 00:31:34,043 --> 00:31:37,293 Que abrías as pernas ou lambías pene dúas veces á semana 475 00:31:37,376 --> 00:31:39,376 e non terías que volver traballar. 476 00:31:39,459 --> 00:31:42,209 Que fixeras ben e atoparas a maneira, pero… 477 00:31:44,209 --> 00:31:45,834 Es ti de verdade. 478 00:31:47,126 --> 00:31:48,126 A que si? 479 00:31:52,293 --> 00:31:54,751 Cría que só existiades nas películas. 480 00:32:02,668 --> 00:32:04,043 Es tan… 481 00:32:06,668 --> 00:32:08,626 pequena, Madeline. 482 00:32:13,918 --> 00:32:15,209 O bebé está chorando. 483 00:33:27,126 --> 00:33:28,793 Veña, sei que estás aquí. 484 00:33:52,501 --> 00:33:53,334 Senta. 485 00:33:59,084 --> 00:34:00,334 Non son para nós, 486 00:34:00,418 --> 00:34:03,501 son para logo para os mozos, pero non lles importará. 487 00:34:04,459 --> 00:34:05,418 Por favor. 488 00:34:06,334 --> 00:34:07,459 Queres beber algo? 489 00:34:09,209 --> 00:34:10,251 Non, grazas. 490 00:34:13,459 --> 00:34:16,709 Veu moitas veces estas semanas. 491 00:34:17,418 --> 00:34:18,918 Non sei se sabe por que. 492 00:34:20,126 --> 00:34:21,751 Deberías ver o soto. 493 00:34:21,834 --> 00:34:24,876 Ten caixas de cousas aí abaixo, 494 00:34:24,959 --> 00:34:25,959 cada día máis. 495 00:34:27,376 --> 00:34:32,876 Senta e bebe. Ás veces, chora. 496 00:34:34,209 --> 00:34:35,209 É triste velo. 497 00:34:35,834 --> 00:34:38,001 Un home así reducido a un tópico. 498 00:34:39,418 --> 00:34:40,876 Es ti de verdade. 499 00:34:43,418 --> 00:34:46,043 É incrible canto o neguei, 500 00:34:47,668 --> 00:34:48,918 pero es ti. 501 00:34:50,834 --> 00:34:52,876 E sabía que estarías aquí. 502 00:34:52,959 --> 00:34:56,459 Deixeivos o enderezo, non collas tantos aires. 503 00:35:00,918 --> 00:35:03,793 Adiante, di o que teñas que dicir. 504 00:35:03,876 --> 00:35:05,793 Quería pedirche que pares. 505 00:35:06,751 --> 00:35:10,084 Pídelo? Non es así. 506 00:35:10,168 --> 00:35:12,501 E creo que esqueciches o que son. 507 00:35:12,584 --> 00:35:14,501 Pois quero renegociar. 508 00:35:14,584 --> 00:35:15,793 - Non podes. - E iso? 509 00:35:15,876 --> 00:35:17,959 - A tinta secou. - A súa ou a miña? 510 00:35:18,043 --> 00:35:18,918 Madeline… 511 00:35:19,001 --> 00:35:21,334 Chegamos aquí con palabras, poden sacarnos. 512 00:35:21,418 --> 00:35:23,126 Culpas a Roderick ou a retórica? 513 00:35:23,209 --> 00:35:26,001 Quero cambiar as condicións e conseguireino, 514 00:35:26,084 --> 00:35:28,084 ou esqueciches o que son eu? 515 00:35:28,168 --> 00:35:32,168 Aí está, a miña Cleopatra. 516 00:35:32,251 --> 00:35:33,668 Todo ten un prezo. 517 00:35:34,209 --> 00:35:36,709 Cada negociación ten algunha entrada. 518 00:35:36,793 --> 00:35:40,959 Cada acordo é unha expresión de vontade mutua. 519 00:35:41,043 --> 00:35:42,626 Podemos arranxalo. 520 00:35:44,418 --> 00:35:45,334 De muller a muller. 521 00:35:45,418 --> 00:35:46,584 Non son unha muller. 522 00:35:46,668 --> 00:35:50,709 Sabes do que son capaz. Sabes o que fixen. 523 00:35:50,793 --> 00:35:52,126 Sabes quen son. 524 00:35:52,209 --> 00:35:56,001 Unha colección de máscaras impecables e elaboradas 525 00:35:56,084 --> 00:35:57,959 arredor dun corazón atrofiado. 526 00:36:06,209 --> 00:36:08,501 Iso foi cruel. Perdoa. 527 00:36:10,709 --> 00:36:13,668 Hai cousas que non deberías afrontar en vida. 528 00:36:13,751 --> 00:36:15,959 Xa haberá tempo despois para meditar. 529 00:36:16,751 --> 00:36:19,668 Si, sei quen es. 530 00:36:20,918 --> 00:36:21,793 E quen eras. 531 00:36:22,626 --> 00:36:24,209 E quen puideches ser. 532 00:36:25,084 --> 00:36:29,126 Vexo as tres, cóbado con cóbado. 533 00:36:30,043 --> 00:36:33,334 Xuntas, rompédesme o corazón. 534 00:36:35,001 --> 00:36:36,709 Senta, por favor. 535 00:36:49,584 --> 00:36:50,709 Desculpa. 536 00:36:53,376 --> 00:36:54,543 Auga pasada. 537 00:36:55,959 --> 00:36:59,834 Dicía que sei quen es, Madeline. 538 00:36:59,918 --> 00:37:01,626 Unha das miñas favoritas. 539 00:37:02,543 --> 00:37:05,834 Enténdoo. Se atopas un opoñente, mátalo. 540 00:37:06,376 --> 00:37:09,751 Se atopas un obstáculo, sáltalo ou derrúbalo. 541 00:37:10,501 --> 00:37:13,418 Se atopas unha porta pechada, ábrela. 542 00:37:16,418 --> 00:37:18,959 Mamá? Mamá! 543 00:37:25,418 --> 00:37:26,376 Isto é de tolos. 544 00:37:28,168 --> 00:37:30,751 - Unha parvada. Cala xa. - Unha parvada? 545 00:37:30,834 --> 00:37:32,293 Quero desintoxicarme. 546 00:37:32,376 --> 00:37:35,209 Non sexas estúpida. Pensa en como o verían. 547 00:37:35,959 --> 00:37:39,084 Que miña esposa deixe o meu fármaco é un pesadelo de RR. PP. 548 00:37:39,168 --> 00:37:40,376 Só quero deixala. 549 00:37:45,543 --> 00:37:46,959 Pois non terás problema. 550 00:37:48,876 --> 00:37:49,834 Non é adictiva. 551 00:37:52,084 --> 00:37:53,084 Pois perfecto. 552 00:37:53,709 --> 00:37:54,626 Non o é, 553 00:37:55,209 --> 00:37:57,168 pero se tentas deixala 554 00:37:57,918 --> 00:38:01,334 conta con experimentar cambios de humor, no sono, físicos, 555 00:38:01,418 --> 00:38:06,709 síntomas de gripe, náuseas, vómitos, diarrea, retorzóns, redución do apetito, 556 00:38:06,793 --> 00:38:10,834 pupilas dilatadas, visión borrosa, tremores, 557 00:38:10,918 --> 00:38:13,793 calafríos, latexos acelerados e presión elevada. 558 00:38:13,876 --> 00:38:18,334 Imaxina estar tan cansa que non podes nin durmir. 559 00:38:18,418 --> 00:38:21,918 Tan esgotada que non te podes relaxar. 560 00:38:22,001 --> 00:38:26,376 Todo remexido en sensacións de desesperación e terror. 561 00:38:26,459 --> 00:38:29,543 É o máis parecido que se me ocorre 562 00:38:29,626 --> 00:38:32,709 a sacar un peixe da auga, pero polo menos este morre. 563 00:38:32,793 --> 00:38:33,626 Pensaba… 564 00:38:33,709 --> 00:38:36,584 Hai xente que prefire desintoxicacións rápidas 565 00:38:36,668 --> 00:38:40,251 coma a clonidina, a naltrexona ou a anestesia xeral, 566 00:38:40,334 --> 00:38:42,459 pero non coa túa dose. 567 00:38:42,543 --> 00:38:45,459 Tes que ir pouco a pouco. 568 00:38:45,543 --> 00:38:47,418 Reduce a dose un 10 % ó mes. 569 00:38:47,501 --> 00:38:51,793 Deberías estar como nova en tres anos agonizantes. 570 00:38:51,876 --> 00:38:53,959 Que hostia fixeches? 571 00:38:54,043 --> 00:38:56,084 Non xogues comigo. Errei? 572 00:38:56,168 --> 00:38:59,209 Non chupabas penes por drogas antes de nos coñecer? 573 00:38:59,293 --> 00:39:01,001 Ou confundinte con outra? 574 00:39:01,668 --> 00:39:03,293 Es un monstro, sabíalo? 575 00:39:06,084 --> 00:39:07,209 Casei cun monstro. 576 00:39:13,584 --> 00:39:14,626 Non, querida. 577 00:39:17,418 --> 00:39:18,834 Son Victor Frankenstein. 578 00:39:20,834 --> 00:39:21,876 O monstro es ti. 579 00:39:23,209 --> 00:39:27,001 A miña creación perfecta. 580 00:39:27,084 --> 00:39:32,501 O que quedou de ti tras o accidente era un corpo nunha mesa. 581 00:39:32,584 --> 00:39:36,959 A ligodona foi o raio. Dinlle ó botón, erguícheste e mira. 582 00:39:38,793 --> 00:39:39,751 Estás viva. 583 00:39:39,834 --> 00:39:40,834 Pensaba… 584 00:39:42,834 --> 00:39:44,418 Pensaba que me querías. 585 00:39:44,501 --> 00:39:48,293 Eu… Es un milagre. 586 00:39:50,876 --> 00:39:55,543 O teu corpo absórbea. 587 00:39:55,626 --> 00:40:00,043 Nunca vira nada así. Coma se a pílula fose auga e ti, unha flor. 588 00:40:00,126 --> 00:40:06,001 Es o máis perfecto e fermoso que vin na vida. 589 00:40:07,209 --> 00:40:10,918 Unha gran parte de ti é ligodona. 590 00:40:14,001 --> 00:40:15,709 Como podía non casar contigo? 591 00:40:22,209 --> 00:40:23,251 Tres anos? 592 00:40:25,709 --> 00:40:26,709 Vale. 593 00:40:27,584 --> 00:40:28,668 Aguantarei. 594 00:40:30,168 --> 00:40:34,543 Si, tiven unha vida dura ás veces. 595 00:40:36,043 --> 00:40:40,084 Cometín erros, pero pensei que era o que vías en min. 596 00:40:40,876 --> 00:40:44,251 Foi o que me fixo forte de carallo. 597 00:40:46,126 --> 00:40:52,668 Prefiro tres anos no inferno ca unha vida contigo. 598 00:40:54,459 --> 00:40:55,459 Por moito. 599 00:40:58,626 --> 00:41:01,043 Deberías saber que temos algo en común. 600 00:41:01,793 --> 00:41:04,376 Ti, teu irmán máis eu compartimos algo. 601 00:41:05,293 --> 00:41:07,668 Recoñecino cando vos vin. 602 00:41:09,043 --> 00:41:09,959 A dor. 603 00:41:10,876 --> 00:41:13,459 Acusarasme de comerciar coa dor, 604 00:41:13,543 --> 00:41:14,959 pero ti fas o mesmo. 605 00:41:16,001 --> 00:41:18,209 Eu considérome unha testemuña. 606 00:41:20,209 --> 00:41:21,501 Sofres dor. 607 00:41:22,209 --> 00:41:26,334 Estás esgotada. Insegura. Tes medo. 608 00:41:27,084 --> 00:41:31,168 Por primeira vez en anos, non te podo quitar a dor, 609 00:41:32,126 --> 00:41:33,959 pero podo alivialo, 610 00:41:35,043 --> 00:41:36,168 sen droga ningunha. 611 00:41:38,459 --> 00:41:41,543 Hai anos, ofrecinche certeza. 612 00:41:43,168 --> 00:41:45,418 Hoxe, claridade. 613 00:41:46,626 --> 00:41:47,834 Sen compromiso. 614 00:41:50,168 --> 00:41:51,501 Dubídoo. 615 00:41:51,584 --> 00:41:53,584 Sabes que sería teu irmán? 616 00:41:55,334 --> 00:41:56,501 Poeta. 617 00:41:57,793 --> 00:42:01,876 Era o seu talento. Un poeta pobre, claro, 618 00:42:01,959 --> 00:42:04,376 pero hainos doutro tipo? 619 00:42:05,293 --> 00:42:07,043 Tamén compartimos iso. 620 00:42:07,834 --> 00:42:09,418 Ambos entendemos que 621 00:42:10,584 --> 00:42:15,168 a máxima expresión da lingua é musical. 622 00:42:18,834 --> 00:42:19,876 Entón… 623 00:42:22,293 --> 00:42:24,418 Aquí tes claridade, 624 00:42:25,918 --> 00:42:30,459 pois que é un poema se non un espazo seguro para unha verdade dura? 625 00:42:31,418 --> 00:42:32,501 Aquí tes un. 626 00:42:33,709 --> 00:42:37,751 Ocorréuseme cando cousiñas coma vós comezaron a construír cidades. 627 00:42:39,126 --> 00:42:41,293 Titúlase "A cidade no mar". 628 00:42:43,918 --> 00:42:48,084 "Nunha estraña e solitaria cidade 629 00:42:48,959 --> 00:42:53,709 a morte fixo un trono, mirade! 630 00:42:53,793 --> 00:42:55,668 A penumbra do oeste a esconde, 631 00:42:55,751 --> 00:42:58,709 onde os bos, os malos, os peores e os mellores, 632 00:42:58,793 --> 00:43:01,084 ó descanso eterno diríxense os homes. 633 00:43:02,459 --> 00:43:04,918 Raio ningún do paraíso chega 634 00:43:05,001 --> 00:43:08,543 durante a longa noite da aldea, 635 00:43:10,209 --> 00:43:13,876 mais a luz dese mar podre 636 00:43:13,959 --> 00:43:16,793 sobe en silencio polas torres, 637 00:43:17,543 --> 00:43:21,084 polas bóvedas, chapiteis e pazos, 638 00:43:21,168 --> 00:43:23,959 polas murallas babilónicas e fanos. 639 00:43:24,626 --> 00:43:28,001 Por pérgolas sombrías e esquecidas 640 00:43:28,084 --> 00:43:31,376 de flores de pedra e mármore esculpida. 641 00:43:32,209 --> 00:43:37,209 Baixo o ceo resignadiñas están as augas da morriña. 642 00:43:39,918 --> 00:43:43,251 Mirade! Algo pasa no ar! 643 00:43:45,334 --> 00:43:48,959 A onda! Un movemento acolá! 644 00:43:50,293 --> 00:43:53,543 As vagas teñen un brillo vermello, 645 00:43:53,626 --> 00:43:57,168 respira o tempo, tímido e silandeiro. 646 00:43:58,126 --> 00:44:01,751 E cando a terra nunca máis laiará 647 00:44:02,584 --> 00:44:07,668 abaixo a cidade asentará, 648 00:44:08,459 --> 00:44:12,001 o inferno por mil tronos subirá, 649 00:44:12,751 --> 00:44:15,501 a súa reverencia ofrecerá." 650 00:44:21,293 --> 00:44:24,126 Non ofrecías claridade? 651 00:44:26,751 --> 00:44:30,001 Déixao repousar. Chegarache. 652 00:44:44,751 --> 00:44:45,751 Freddie, ola. 653 00:44:45,834 --> 00:44:48,834 Puxemos un par de cargas pequenas como axuda, 654 00:44:48,918 --> 00:44:52,293 pero se nos cachan direi que insistiches. 655 00:44:52,376 --> 00:44:54,959 Non é incrible o que podes conseguir 656 00:44:55,043 --> 00:44:56,168 cando moves o cu? 657 00:44:57,376 --> 00:45:01,043 - Si. - Ímolo tirar, pero será lento e duro. 658 00:45:01,126 --> 00:45:03,001 - Pero caerá. - Si. 659 00:45:03,084 --> 00:45:04,251 Estades listos? 660 00:45:04,334 --> 00:45:05,876 Preparados. 661 00:45:05,959 --> 00:45:07,251 Déixame a radio. 662 00:45:07,334 --> 00:45:09,959 Preciso entrar cinco minutos para unha cousa. 663 00:45:10,043 --> 00:45:10,918 Veña, home. 664 00:45:11,001 --> 00:45:13,376 Metíchesnos présa para vir. 665 00:45:13,459 --> 00:45:15,418 Son cinco minutos. 666 00:45:15,501 --> 00:45:19,001 Despois darei o sinal e podedes facer o que sexa. 667 00:45:19,084 --> 00:45:21,584 A hostia, ten un pouco de paciencia. 668 00:45:33,751 --> 00:45:35,251 Vaia chiste. 669 00:45:38,543 --> 00:45:40,001 Debiches morrer aquí. 670 00:45:41,418 --> 00:45:43,543 Así serías honesta. 671 00:45:49,543 --> 00:45:52,084 Prospero, meu irmán, 672 00:45:53,459 --> 00:45:55,001 unha última cousa. 673 00:45:56,209 --> 00:45:57,959 Descansa en mexo, cabrón. 674 00:46:11,376 --> 00:46:12,793 Pero que hostia…? 675 00:46:36,418 --> 00:46:38,876 Ceo, que vergoña. 676 00:46:40,001 --> 00:46:42,251 Polo menos sube a cremalleira. 677 00:46:42,334 --> 00:46:46,918 Se non, é… Ou non che chegou a humillación? 678 00:46:48,876 --> 00:46:50,959 Non? A farmacia queda aberta? 679 00:46:52,501 --> 00:46:53,793 Ti mandas, non? 680 00:46:54,876 --> 00:46:56,834 É o paralizante de beladona. 681 00:46:58,709 --> 00:47:00,876 Deixácheste levar un pouco. 682 00:47:00,959 --> 00:47:02,126 E tecnicamente, 683 00:47:02,209 --> 00:47:04,793 tento non intervir en persoa, 684 00:47:06,251 --> 00:47:07,834 pero as pinzas déronme a idea. 685 00:47:08,459 --> 00:47:09,376 Á merda. 686 00:47:17,876 --> 00:47:18,876 Diga. Todo ben? 687 00:47:19,709 --> 00:47:20,834 Máis. 688 00:47:25,293 --> 00:47:26,376 Máis. 689 00:47:27,834 --> 00:47:28,959 Máis. 690 00:47:35,959 --> 00:47:38,043 Non me digas iso, Vinnie. 691 00:47:38,751 --> 00:47:41,001 A bóla estará no ar ás oito da noite. 692 00:47:41,084 --> 00:47:43,501 Derrubaredes o edificio ou… 693 00:47:44,001 --> 00:47:45,418 Ou irei alí 694 00:47:46,334 --> 00:47:49,876 e sacareivos os dentes cunhas pinzas. 695 00:48:00,584 --> 00:48:04,543 Non adoito manchar tanto as mans, pero gañáchelo, cariño. 696 00:48:05,918 --> 00:48:08,293 Despexado. Dádelle á música. 697 00:48:09,001 --> 00:48:10,251 Saíu? 698 00:48:10,334 --> 00:48:12,709 Non me oíches? Que voe. 699 00:48:13,251 --> 00:48:14,793 Vale, todos listos? 700 00:48:17,168 --> 00:48:18,168 Dentista. 701 00:48:19,459 --> 00:48:20,709 É o máis chistoso. 702 00:48:21,584 --> 00:48:23,959 O que serías na outra vida. 703 00:48:24,459 --> 00:48:28,084 Dentista, e bastante bo. 704 00:48:29,709 --> 00:48:30,751 Pero non sei, 705 00:48:30,834 --> 00:48:36,418 supoño que así o que fixeches pareceu peor aínda. 706 00:48:37,918 --> 00:48:39,043 Non teñas medo. 707 00:48:39,793 --> 00:48:42,626 Non penses no que se esconde tras a esquina. 708 00:48:42,709 --> 00:48:45,209 Pasaches a vida asustado. 709 00:48:45,293 --> 00:48:47,251 Xa podes deixalo. 710 00:48:48,584 --> 00:48:53,418 Chegou, Frederick. Por fin estou aquí. 711 00:49:00,709 --> 00:49:04,376 O mellor é que ninguén ve estas cosas 712 00:49:05,168 --> 00:49:06,751 desde esta perspectiva. 713 00:49:08,418 --> 00:49:10,334 Tenta agradecelo. 714 00:49:26,209 --> 00:49:27,584 Iso é malo. 715 00:49:44,459 --> 00:49:47,834 Podería ter feito isto da forma que quixera. 716 00:49:49,501 --> 00:49:53,251 Cun infarto no coche, a cocaína sería unha boa causa. 717 00:49:54,459 --> 00:49:55,959 Puido atropelarte un bus, 718 00:49:58,584 --> 00:50:00,459 pero entón leváchela á casa. 719 00:50:02,959 --> 00:50:06,418 E colliches as pinzas. 720 00:50:18,501 --> 00:50:19,501 Vou marchar. 721 00:50:20,126 --> 00:50:21,668 Teño quenda con teu pai. 722 00:50:26,793 --> 00:50:28,376 Foi malo contigo, Freddie. 723 00:50:30,751 --> 00:50:32,959 Só querías que te amase, 724 00:50:34,001 --> 00:50:36,001 a súa aprobación. 725 00:50:41,168 --> 00:50:43,834 Aínda así, non é boa escusa. 726 00:51:50,876 --> 00:51:52,001 Freddie morreu. 727 00:51:55,001 --> 00:51:57,209 Só quedamos nós. 728 00:51:57,959 --> 00:52:01,418 Lembras o acordo. Lembras os termos. 729 00:52:02,584 --> 00:52:03,626 Seino. 730 00:52:06,751 --> 00:52:09,668 "Chegamos xuntos ó mundo e marchamos xuntos 731 00:52:09,751 --> 00:52:12,418 ou non hai trato" foi o que dixo. 732 00:52:12,501 --> 00:52:14,418 Só hai unha saída. 733 00:52:16,543 --> 00:52:18,293 E coido que ti tamén o sabes. 734 00:52:21,501 --> 00:52:22,626 Quérote. 735 00:52:24,084 --> 00:52:25,918 Máis que ninguén. 736 00:52:28,376 --> 00:52:31,876 Agora preciso que volvas ser un heroe. 737 00:52:31,959 --> 00:52:34,793 Que sexas meu irmán. 738 00:52:34,876 --> 00:52:38,876 Precisamos que sexas o noso heroe. 739 00:52:47,709 --> 00:52:50,418 Son de 80. Ligodona de 80 miligramos. 740 00:52:50,501 --> 00:52:53,084 A cousa é que, se comezas, non podes parar. 741 00:52:53,168 --> 00:52:54,793 Tes que tomalas xuntas. 742 00:52:54,876 --> 00:52:57,376 Se paras, poden facer dano, como ben sabes. 743 00:52:57,459 --> 00:52:59,918 Se as tomas rápido, non o sentirás. 744 00:53:00,001 --> 00:53:04,668 A túa presión sanguínea caerá e… durmirás. 745 00:53:11,668 --> 00:53:13,126 Non hai outra forma? 746 00:53:13,209 --> 00:53:14,376 Non. 747 00:53:15,251 --> 00:53:19,668 Pensei en todos os escenarios posibles. 748 00:53:19,751 --> 00:53:22,709 Confía en min, coma sempre. 749 00:53:22,793 --> 00:53:26,168 Esta a única maneira. Esta. 750 00:53:34,584 --> 00:53:36,543 Adiante. Ti podes. 751 00:53:40,626 --> 00:53:43,501 Es todo un mito. 752 00:53:44,459 --> 00:53:45,709 Es un rei. 753 00:53:48,043 --> 00:53:49,418 Sálvasnos a todos. 754 00:53:54,126 --> 00:53:55,126 Es un mito. 755 00:53:57,626 --> 00:53:58,584 Es un rei. 756 00:54:00,751 --> 00:54:02,626 Sálvasnos a todos. 757 00:55:34,001 --> 00:55:35,751 Non vai ser tan sinxelo. 758 00:55:38,668 --> 00:55:41,501 Ola de novo, guapecho. 759 00:55:56,584 --> 00:55:58,543 BASEADO NA OBRA DE EDGAR ALLAN POE 760 00:57:42,501 --> 00:57:47,501 Subtítulos: Marcos Carou Balado