1 00:00:07,958 --> 00:00:10,208 2000 ANOS ANTES 2 00:00:25,958 --> 00:00:29,208 Ata ti te volves contra min… 3 00:00:30,333 --> 00:00:32,083 Sparda. 4 00:00:34,333 --> 00:00:38,291 Xusto no momento en que me traslado á Terra, 5 00:00:38,375 --> 00:00:41,166 a túa determinación esfúmase de súpeto. 6 00:00:43,500 --> 00:00:48,916 Non teño máis opción que sumar outra tumba ós alicerces do meu Makai. 7 00:00:50,708 --> 00:00:52,916 A única da que me arrepentirei. 8 00:01:41,250 --> 00:01:42,416 Maxestade. 9 00:01:47,750 --> 00:01:49,125 Fala. 10 00:01:49,625 --> 00:01:53,958 Os nosos espías na Terra tráennos novas de Nelo Angelo. 11 00:01:54,541 --> 00:01:57,833 Fixo declaracións en público ante os sapiens 12 00:01:57,916 --> 00:02:01,125 mediante algo que denominan "televisión". 13 00:02:01,208 --> 00:02:04,000 Faloulles dun Coello Branco. 14 00:02:04,083 --> 00:02:06,541 Agora parece que se esvaeceu. 15 00:02:07,708 --> 00:02:09,500 Entendo. 16 00:02:10,416 --> 00:02:11,500 Algo máis? 17 00:02:12,375 --> 00:02:13,458 Meu señor, 18 00:02:13,541 --> 00:02:16,208 como é que confía con tamaño convencemento 19 00:02:16,291 --> 00:02:19,916 na vil descendencia do traidor do noso reino? 20 00:02:20,000 --> 00:02:22,458 Cavila ben, Beowulf, 21 00:02:22,541 --> 00:02:28,250 se realmente queres poñer en dúbida en que soldados debo confiar. 22 00:02:31,333 --> 00:02:32,500 Maxestade. 23 00:02:44,166 --> 00:02:48,125 Que fas aí agochado, bufón? 24 00:02:48,208 --> 00:02:50,916 As miñas máis sinceras desculpas, señor. 25 00:02:51,000 --> 00:02:53,375 Escapóuseme o petisco. 26 00:02:53,958 --> 00:02:56,083 Mundus está decidido 27 00:02:56,166 --> 00:03:02,208 a deixar entrar na súa corte a todo canto malfeitor traizoeiro hai. 28 00:03:03,041 --> 00:03:06,875 Es case tan noxento coma ese desprezable mestizo. 29 00:03:09,375 --> 00:03:14,166 Por sorte, non sabes o gracioso que es. Se non, quedaría sen traballo. 30 00:03:20,000 --> 00:03:23,208 Os sapiens chegaron coas súas cohortes 31 00:03:23,291 --> 00:03:26,666 para loitar contra o magnánimo rei. 32 00:03:26,750 --> 00:03:30,791 Sacaron a relucir todo o poder do seu reino 33 00:03:30,875 --> 00:03:33,000 e o noso señor dixo: 34 00:03:33,083 --> 00:03:35,166 "Vaia, nin o notei." 35 00:03:35,250 --> 00:03:38,875 Mundus devastou as súas forzas. 36 00:03:38,958 --> 00:03:43,000 O noso protector e defensor. A nosa panacea. 37 00:03:43,500 --> 00:03:48,666 Que treman os sapiens! O seu mundo é o seguinte. 38 00:03:48,750 --> 00:03:51,250 Xa que o único sapiens bo é o que servimos… 39 00:03:53,166 --> 00:03:54,583 de cea. 40 00:05:25,666 --> 00:05:26,666 Por que? 41 00:05:28,125 --> 00:05:31,083 Só tiñamos que traelo a el. 42 00:05:34,500 --> 00:05:37,541 En serio respirades esta merda de aire? 43 00:05:38,375 --> 00:05:40,250 Centra a túa escuridade. 44 00:05:40,333 --> 00:05:41,875 Respirarás mellor 45 00:05:42,458 --> 00:05:43,875 e poderás sobrevivir. 46 00:05:50,458 --> 00:05:51,583 Moito mellor. 47 00:05:53,625 --> 00:05:56,375 Nunca me deixas en paz, irmanciño. 48 00:05:58,375 --> 00:06:00,708 Un plan sen sentido. 49 00:06:00,791 --> 00:06:03,250 Non puidestes deternos na Terra. 50 00:06:03,333 --> 00:06:06,125 Que vos fai pensar que aquí si? 51 00:06:06,208 --> 00:06:08,666 Este mundo perténcenos por dereito. 52 00:06:18,833 --> 00:06:20,500 Envaíña. Non nos fará falla. 53 00:06:30,375 --> 00:06:32,333 O usurpador. 54 00:06:49,041 --> 00:06:51,750 Esperaba o teu renacemento. 55 00:06:52,666 --> 00:06:57,875 Desta volta borrareite da faz do mundo. 56 00:06:57,958 --> 00:07:00,000 Borrareite ata da memoria. 57 00:07:00,083 --> 00:07:06,083 Fuches o meu servo moito máis tempo do que levas pretendendo ser rei. 58 00:07:06,833 --> 00:07:10,000 Só fuches quen de derrotarme cunha emboscada 59 00:07:10,083 --> 00:07:14,916 e agora non somos o mesmo ser que coñecías. 60 00:07:15,000 --> 00:07:18,625 Non, agora es máis feble. 61 00:07:36,666 --> 00:07:39,041 A espada de papá. Hai que pechar a fenda. 62 00:07:39,750 --> 00:07:42,500 Agora só se pode separando o amuleto da espada, 63 00:07:42,583 --> 00:07:46,083 antes de que desaparezan os últimos restos da barreira. 64 00:07:47,083 --> 00:07:48,083 E se desaparecen? 65 00:07:48,166 --> 00:07:52,166 Sen o poder do mesmo Sparda non se podería volver pechar. 66 00:11:02,541 --> 00:11:05,000 Vinte e oito vidas 67 00:11:06,625 --> 00:11:11,291 para vivir un intre como deus. 68 00:11:12,125 --> 00:11:14,416 Un trato xusto. 69 00:11:51,333 --> 00:11:54,583 Mundus. Imaxinábate máis grande aínda. 70 00:11:55,083 --> 00:11:57,583 Non ves, Nelo Angelo? 71 00:11:57,666 --> 00:11:59,875 De non ser pola miña man guiadora, 72 00:11:59,958 --> 00:12:03,916 estarías a envorcallarte na mesma imprudente ignorancia ca el. 73 00:12:04,416 --> 00:12:05,750 Abonda. 74 00:12:05,833 --> 00:12:07,041 Sei a verdade. 75 00:12:07,125 --> 00:12:11,250 Os soldados que asasinaron a nosa nai e me torturaron case ata a morte 76 00:12:11,333 --> 00:12:13,041 eran dos teus. 77 00:12:13,125 --> 00:12:16,291 Moldeáchesme para ser o teu can de presa. 78 00:12:16,375 --> 00:12:19,666 Moldeei, e moldeeite ben. 79 00:12:19,750 --> 00:12:24,125 Hoxe entregáchesme en bandexa a maior ameaza de Makai 80 00:12:24,208 --> 00:12:26,958 e desfixeches a barreira de teu pai. 81 00:12:27,541 --> 00:12:31,625 A Terra está lista para a nosa expansión. 82 00:12:31,708 --> 00:12:34,291 Non chegarás a atravesala. 83 00:12:34,375 --> 00:12:36,875 Viñeches aquí para vingarte de Mundus. 84 00:12:36,958 --> 00:12:40,458 En tal caso, por fin coincidimos en algo. 85 00:12:41,041 --> 00:12:44,875 O mestizo amosa a súa auténtica lealdade. 86 00:12:44,958 --> 00:12:49,750 Quere que nos encarguemos dos erros de Sparda por vostede, maxestade? 87 00:12:49,833 --> 00:12:54,166 Non. Argosax quixo desarmarnos por medio do caos. 88 00:12:54,958 --> 00:13:00,916 Se Makai quere sobrevivir, precisa da unidade de tódolos seus fillos. 89 00:13:02,375 --> 00:13:07,208 Este é o monstro que nos destruíu a vida e agora quere escravizar dous mundos. 90 00:13:07,291 --> 00:13:09,166 Temos que detelo. 91 00:13:09,250 --> 00:13:12,333 Todo o que fixen, Nelo, Vergil, 92 00:13:12,416 --> 00:13:16,833 era necesario para purgar a túa debilidade sapiens. 93 00:13:16,916 --> 00:13:19,458 Non me insultes con máis mentiras. 94 00:13:19,541 --> 00:13:22,291 Terme ó teu carón foi o teu retorcido castigo 95 00:13:22,375 --> 00:13:24,000 pola traizón de meu pai. 96 00:13:24,083 --> 00:13:25,416 Non hai máis. 97 00:13:26,166 --> 00:13:28,625 Se a miña vontade fose castigarte, 98 00:13:28,708 --> 00:13:31,291 para que liberarte dos meus alxubes? 99 00:13:31,375 --> 00:13:35,750 Para que esforzarme en adestrarte para liberares todo o teu poder? 100 00:13:36,333 --> 00:13:39,625 - Que foi daquela, senón vinganza? - Preparación. 101 00:13:40,250 --> 00:13:43,250 Todo ó que te sometín foi para prepararte 102 00:13:43,333 --> 00:13:46,208 para seres a miña man dereita na Terra 103 00:13:46,291 --> 00:13:49,208 e así unirmos ambos mundos. 104 00:13:53,541 --> 00:13:55,125 Non lle fagas caso. 105 00:13:55,208 --> 00:13:56,875 Só quere controlarte. 106 00:13:56,958 --> 00:13:59,625 Nunca compartirías o poder. 107 00:13:59,708 --> 00:14:01,958 Con calquera outro ser, non, 108 00:14:02,041 --> 00:14:03,708 mais con Sparda… 109 00:14:04,208 --> 00:14:07,333 Nunca che mentín sobre teu pai. 110 00:14:07,416 --> 00:14:08,708 Chaqueteiro. 111 00:14:08,791 --> 00:14:12,291 Maldito sexa para sempre o nome de Sparda. 112 00:14:12,375 --> 00:14:14,291 Sempre me foi leal, 113 00:14:14,375 --> 00:14:15,916 mesmo como adversario. 114 00:14:16,000 --> 00:14:19,333 Fun eu quen traizoei o meu propósito. 115 00:14:21,291 --> 00:14:23,125 Es un puto mentireiro! 116 00:14:23,208 --> 00:14:24,833 O noso pai odiábate! 117 00:14:24,916 --> 00:14:27,500 Selou a Terra para protexela do teu mal! 118 00:14:27,583 --> 00:14:30,708 Non sabes nada do teu propio pai. 119 00:14:30,791 --> 00:14:33,166 Queres coñecelo? 120 00:14:33,250 --> 00:14:34,708 O auténtico Sparda? 121 00:14:37,375 --> 00:14:42,916 Teu pai xa era un guerreiro lendario durante o reinado de Argosax. 122 00:14:43,000 --> 00:14:46,708 Daquela eu era discípulo de Argosax. 123 00:14:47,291 --> 00:14:49,708 Un sumo sacerdote da súa corte. 124 00:14:49,791 --> 00:14:52,541 Fun testemuña directa da perversión, 125 00:14:52,625 --> 00:14:56,125 da corrupción que subxacía no reinado do Caos. 126 00:14:56,208 --> 00:15:02,333 O sangue makaián máis puro derramábase xunto ó dos mestizos máis miserables. 127 00:15:02,416 --> 00:15:08,041 O destino elixiume para encamiñar a Makai cara ó seu auténtico potencial. 128 00:15:09,458 --> 00:15:12,541 Dun reino de caos 129 00:15:12,625 --> 00:15:14,708 a un faro ben estruturado. 130 00:15:15,833 --> 00:15:20,958 Porén, non foi tan doado facerse co reino como coa propia serpe. 131 00:15:21,041 --> 00:15:23,833 Abondosa era a chusma ignorante 132 00:15:23,916 --> 00:15:27,333 que loitaba inxenuamente a favor de Argosax. 133 00:15:27,958 --> 00:15:32,416 Sparda foi dos primeiros en unirse á miña causa. 134 00:15:32,500 --> 00:15:37,833 Entendeu que Makai necesitaba orde. 135 00:15:37,916 --> 00:15:43,958 O voso pai liderou os meus exércitos de vitoria en vitoria. 136 00:15:44,708 --> 00:15:47,041 Era o meu cabaleiro máis certeiro, 137 00:15:47,125 --> 00:15:49,750 o meu aliado máis inquebrantable. 138 00:15:51,458 --> 00:15:56,250 Xuntos creamos un Makai digno das lendas que del se contaban. 139 00:15:57,416 --> 00:16:01,083 Mais cando a túa mente non deixa de pensar 140 00:16:01,166 --> 00:16:03,416 en derrotar os teus adversarios, 141 00:16:05,541 --> 00:16:09,500 comeza a ver inimigos en cada sombra. 142 00:16:16,916 --> 00:16:20,833 Sparda viu que non podía gobernar Makai como era debido, 143 00:16:20,916 --> 00:16:25,333 non mentres só me impulsase a miña sede de conquista. 144 00:16:25,416 --> 00:16:29,250 E aí foi cando che deu por ese cu xigante de mármore falso que tes? 145 00:16:29,333 --> 00:16:32,500 Sparda esgotou tódalas vías para persuadirme. 146 00:16:33,000 --> 00:16:36,625 Só nese momento recorreu o meu mellor guerreiro á espada. 147 00:16:39,791 --> 00:16:43,208 Batallamos un co outro a través dos continentes de Makai. 148 00:16:46,500 --> 00:16:49,333 Ningún era capaz de poñerse por diante. 149 00:16:53,333 --> 00:16:58,458 Ó fin, Sparda deu coa única solución. 150 00:17:00,708 --> 00:17:03,375 Conter a miña ambición pola forza. 151 00:17:17,875 --> 00:17:20,958 Cóntalo como se crease a barreira polo teu ben, 152 00:17:21,041 --> 00:17:23,875 non polos miles de millóns de humanos que salvou da morte. 153 00:17:23,958 --> 00:17:26,083 Ou peor, das túas mans. 154 00:17:26,166 --> 00:17:30,916 Sparda tiña unha certa fascinación coa Terra, 155 00:17:31,000 --> 00:17:35,666 do mesmo xeito que os sapiens observan os patróns das formigas no chan. 156 00:17:35,750 --> 00:17:39,750 Non creas que lle importaban as súas vidas. 157 00:17:41,625 --> 00:17:44,250 Polo menos unha si que lle importaba. 158 00:17:44,916 --> 00:17:46,041 De verdade? 159 00:17:46,125 --> 00:17:49,458 - Non podes crer… - Non coñecín a vosa nai, 160 00:17:49,541 --> 00:17:52,375 pero sei como debía ser. 161 00:17:52,958 --> 00:17:55,583 Unha auténtica beleza, non si? 162 00:17:55,666 --> 00:17:57,916 Un atractivo adorno. 163 00:17:58,708 --> 00:18:02,708 En canto Sparda satisfixo a súa curiosidade, 164 00:18:02,791 --> 00:18:05,666 deixou a Eva á súa sorte. 165 00:18:06,625 --> 00:18:07,791 E abandonouvos. 166 00:18:07,875 --> 00:18:10,875 Nin se che ocorra pronunciar o seu nome! 167 00:18:10,958 --> 00:18:14,208 O noso pai quería a nosa nai. Queríanos a nós! 168 00:18:16,000 --> 00:18:17,708 Iso é o que dicía ela. 169 00:18:18,458 --> 00:18:20,333 El nunca estivo para dicir nada. 170 00:18:20,958 --> 00:18:23,208 Un makaián do nivel de Sparda 171 00:18:23,291 --> 00:18:27,000 é incapaz de sentir amor por algo tan inferior coma un sapien. 172 00:18:27,083 --> 00:18:29,583 Canto tempo estivo con vosa nai? 173 00:18:29,666 --> 00:18:31,166 Cinco anos? 174 00:18:31,250 --> 00:18:32,666 Dez? 175 00:18:32,750 --> 00:18:34,916 Comigo estivo séculos. 176 00:18:35,000 --> 00:18:37,250 Quere volver lavarche o cerebro! 177 00:18:37,333 --> 00:18:39,208 Asasinou a mamá! 178 00:18:39,291 --> 00:18:40,625 Debía morrer. 179 00:18:42,333 --> 00:18:46,208 Contempla o feble e corrompido polos sentimentos sapien 180 00:18:46,291 --> 00:18:49,333 que está teu irmán por mor da súa influencia. 181 00:18:49,416 --> 00:18:52,208 Quería traervos ós dous. 182 00:18:53,750 --> 00:18:57,208 Polo menos fun quen de salvar un dos herdeiros de Sparda. 183 00:18:57,958 --> 00:19:00,583 Convertinte no auténtico sucesor de Sparda. 184 00:19:01,333 --> 00:19:04,000 Acompáñame á Terra. 185 00:19:10,916 --> 00:19:12,000 Vergil! 186 00:19:20,958 --> 00:19:22,791 O sangue que derramei por ti 187 00:19:22,875 --> 00:19:25,833 non será nada en comparación co que está por vir! 188 00:19:31,458 --> 00:19:33,583 Aniquilade eses mestizos! 189 00:20:36,125 --> 00:20:37,500 Mira, Vergil. 190 00:20:37,583 --> 00:20:39,416 Dálle unha volta. 191 00:20:39,500 --> 00:20:42,500 Non temos por que loitar con el agora mesmo. 192 00:20:42,583 --> 00:20:44,250 Podemos volver á Terra. 193 00:20:44,333 --> 00:20:47,333 Ti e eu. Pechamos a fenda para que non nos siga. 194 00:20:48,208 --> 00:20:51,333 Volvemos por Mundus cando esteamos listos. 195 00:20:51,416 --> 00:20:54,500 Xa perdín demasiado ó perseguir cegamente a vinganza. 196 00:20:55,291 --> 00:20:57,166 Non me podo arriscar a perderte. 197 00:20:57,250 --> 00:21:00,000 Outra vez non. Non cando acabo de recuperarte. 198 00:21:00,083 --> 00:21:02,750 Non o entendes, irmanciño. 199 00:21:02,833 --> 00:21:06,750 A pesar de todo, Mundus di a verdade. 200 00:21:06,833 --> 00:21:10,875 O noso pai abandonounos para protexernos. 201 00:21:11,666 --> 00:21:14,916 A única auténtica protección é o poder. 202 00:21:15,916 --> 00:21:19,500 Obterei tanto poder como para protexerme de calquera ameaza. 203 00:21:19,583 --> 00:21:22,833 Para controlar o meu mundo en lugar de loitar contra el. 204 00:21:23,666 --> 00:21:26,250 Elíxelo a el? 205 00:21:26,333 --> 00:21:28,666 Non. Elixo o meu fogar. 206 00:21:29,541 --> 00:21:30,750 Makai. 207 00:23:23,166 --> 00:23:26,125 Se aquela noite estivésemos no lugar do outro, 208 00:23:26,833 --> 00:23:28,791 serían diferentes os nosos destinos? 209 00:23:31,041 --> 00:23:33,166 Tería eu a túa vida 210 00:23:33,250 --> 00:23:34,375 e ti a miña? 211 00:23:59,875 --> 00:24:01,208 Non! 212 00:24:58,083 --> 00:24:59,000 Por que? 213 00:25:00,000 --> 00:25:03,041 Todo o que dixeches sobre os humanos é certo. 214 00:25:03,125 --> 00:25:07,041 Estouche agradecido por zafarme da súa podremia. 215 00:25:07,541 --> 00:25:09,333 Lamentablemente para ti, 216 00:25:09,833 --> 00:25:11,916 tamén asasinaches a miña nai. 217 00:25:15,083 --> 00:25:17,666 Makai invadirá a Terra, 218 00:25:18,708 --> 00:25:21,166 mais comigo como rei. 219 00:25:26,916 --> 00:25:30,333 Non es consciente de canto te pareces a teu pai. 220 00:25:31,583 --> 00:25:32,875 Adiante. 221 00:25:34,375 --> 00:25:37,958 Veremos se es quen de triunfar onde el sufriu unha derrota. 222 00:26:39,750 --> 00:26:40,625 Dante, 223 00:26:41,333 --> 00:26:43,291 confío en que sigas vivo. 224 00:26:45,833 --> 00:26:47,458 E en que acudises á nosa cita. 225 00:26:47,541 --> 00:26:49,250 Eu non puiden, perdoa. 226 00:26:49,958 --> 00:26:51,333 Xurdiume unha cousiña. 227 00:26:56,625 --> 00:26:58,625 Hai algo que nunca che contei. 228 00:27:14,458 --> 00:27:17,625 Tamén asasinaron a miña nai diante de min. 229 00:27:18,333 --> 00:27:22,166 Eu non era máis ca unha neniña inocente e indefensa. 230 00:27:24,041 --> 00:27:25,166 Igual ca ti. 231 00:27:27,833 --> 00:27:29,166 Ó principio non entendía 232 00:27:29,833 --> 00:27:32,083 que era o que nos atraía. 233 00:27:32,166 --> 00:27:34,750 Agora entendo que non eramos nós. 234 00:27:35,500 --> 00:27:37,833 Eran eses dous cativiños feridos 235 00:27:37,916 --> 00:27:40,916 que por fin recoñecían a súa dor noutra persoa. 236 00:27:44,041 --> 00:27:47,208 Que marabilla que te entendan, aínda só por un intre. 237 00:27:48,000 --> 00:27:49,875 Un breve refuxio. 238 00:27:51,875 --> 00:27:52,875 Dante, 239 00:27:53,458 --> 00:27:57,291 oxalá puidese ignorar a miña dor como fas ti. 240 00:27:58,291 --> 00:28:00,541 Eu debo perseguila. 241 00:28:01,333 --> 00:28:02,250 Enfrontala. 242 00:28:02,333 --> 00:28:05,458 É a miña única esperanza de destruíla. 243 00:28:06,083 --> 00:28:07,833 Así que alá vou. 244 00:28:08,416 --> 00:28:10,500 Dispóñome a matar a súa orixe. 245 00:28:14,291 --> 00:28:17,833 Como resultado dun segundo ataque devastador contra Nova York, 246 00:28:17,916 --> 00:28:22,500 o exército decretou a lei marcial en nome da seguridade dos estadounidenses. 247 00:28:22,583 --> 00:28:26,666 Dada a potencial ameaza de novos ataques do inferno, 248 00:28:26,750 --> 00:28:28,916 tamén se imporá un toque de queda indefinido. 249 00:28:31,625 --> 00:28:34,083 Todo remata como comezou. 250 00:28:34,833 --> 00:28:36,875 Comigo fuxindo coma unha covarde 251 00:28:36,958 --> 00:28:38,791 e dándoche as costas. 252 00:28:39,625 --> 00:28:42,750 Grazas a ti aprendín que non nos define o noso sangue, 253 00:28:43,416 --> 00:28:45,041 senón as nosas decisións. 254 00:28:45,666 --> 00:28:49,000 Es a luz da humanidade, Dante. 255 00:28:49,958 --> 00:28:53,000 E eu pertenzo á peor das súas escuridades. 256 00:29:11,083 --> 00:29:14,041 Vaia, vaia, Mary. 257 00:29:15,041 --> 00:29:18,250 Vas vir visitar o teu vello e querido papaíño? 258 00:29:21,583 --> 00:29:24,375 Que comece o espectáculo! 259 00:30:29,958 --> 00:30:31,666 Tranquilo, Vergil. 260 00:30:32,458 --> 00:30:34,875 Estaremos xuntos ti e mais eu. 261 00:30:42,291 --> 00:30:43,416 Para sempre. 262 00:32:21,083 --> 00:32:25,000 Subtítulos: Abraham Díaz López