1 00:00:15,391 --> 00:00:16,601 Griselda. 2 00:00:17,393 --> 00:00:19,062 Temos que falar. 3 00:00:19,854 --> 00:00:23,357 Papo quedou co de Amilcar. Non quere facer negocios contigo. 4 00:00:23,357 --> 00:00:26,360 Xa fixo un trato con Rafa, e eu vou con el. 5 00:00:26,360 --> 00:00:29,906 Díxenche que te ía foder dunha forma ou outra. 6 00:00:35,870 --> 00:00:37,455 Quedei cos teus camelos. 7 00:00:37,455 --> 00:00:40,875 - Non tes nada para el. - Por que non aceptaches o trato? 8 00:00:40,875 --> 00:00:42,919 A porta está por alí, lurpia. 9 00:01:02,188 --> 00:01:03,773 Sinceramente... 10 00:01:05,650 --> 00:01:07,485 asústasme máis ca eles. 11 00:01:12,990 --> 00:01:15,660 Algúns barcos están demasiado escangallados. 12 00:01:15,660 --> 00:01:20,039 Advertiron os operadores de barco de que poden ser arrestados ou multados, 13 00:01:20,039 --> 00:01:21,749 mais aínda segue esta mañá. 14 00:01:21,749 --> 00:01:25,711 Unha armada dispar de barcos que viaxan entre Miami e Cuba 15 00:01:25,711 --> 00:01:26,879 para traer cubanos 16 00:01:26,879 --> 00:01:30,550 que din non soportar máis vivir baixo o réxime comunista. 17 00:01:30,550 --> 00:01:34,804 Bandas de traficantes teñen a cidade asediada desde hai moito tempo. 18 00:01:34,804 --> 00:01:37,431 Por iso hoxe, quero anunciar a formación 19 00:01:37,431 --> 00:01:40,810 dunha nova unidade CENTAC creada por mandato federal. 20 00:01:40,810 --> 00:01:43,938 É un corpo especial con axentes locais e federais, 21 00:01:43,938 --> 00:01:46,607 e vaino dirixir o inspector Raúl Díaz. 22 00:01:48,734 --> 00:01:50,194 Parabéns. 23 00:01:50,194 --> 00:01:52,238 Moitas grazas. Jim, que tal? 24 00:01:59,829 --> 00:02:02,123 Esta é a casa da que vos falei. 25 00:02:02,123 --> 00:02:05,626 Quedaremos aquí uns días ata que solucione unhas cousas. 26 00:02:05,626 --> 00:02:06,586 Que cousas? 27 00:02:07,128 --> 00:02:08,004 Cousas. 28 00:02:08,588 --> 00:02:10,131 Creo que vin un crocodilo. 29 00:02:10,631 --> 00:02:12,466 Por que hai tantos gardas? 30 00:02:12,466 --> 00:02:14,385 É só por precaución. 31 00:02:25,521 --> 00:02:26,981 Preséntovos a Rigo. 32 00:02:26,981 --> 00:02:29,650 Chegou de Cuba cos primos nun deses botes 33 00:02:29,650 --> 00:02:31,527 que vimos nas noticias, Ozzy. 34 00:02:31,527 --> 00:02:33,321 Chámannos os "Marielitos." 35 00:02:38,075 --> 00:02:39,076 Ponos. 36 00:02:39,076 --> 00:02:39,994 Grazas. 37 00:02:40,620 --> 00:02:42,955 Axudade a descargar o coche. 38 00:02:43,706 --> 00:02:45,374 Teño que facer unha chamada. 39 00:02:49,378 --> 00:02:52,924 Cre que é unha santa por darlles traballo a el e o seu primo. 40 00:02:59,722 --> 00:03:01,641 Mírate. Ti tamén estás borracha. 41 00:03:02,391 --> 00:03:03,309 Veña, vamos. 42 00:03:09,190 --> 00:03:10,024 Diga. 43 00:03:10,024 --> 00:03:11,400 Como ides? 44 00:03:11,943 --> 00:03:13,861 Aquí, limpando a fondo. 45 00:03:13,861 --> 00:03:16,197 Máis ben, colocándovos no patio. 46 00:03:17,531 --> 00:03:20,159 Non es a única que necesita vacacións. 47 00:03:20,159 --> 00:03:21,202 Entón? 48 00:03:21,911 --> 00:03:22,870 Xa pasou? 49 00:03:24,038 --> 00:03:25,581 Aínda non dei a orde. 50 00:03:26,958 --> 00:03:28,251 Escóitame. 51 00:03:28,751 --> 00:03:31,003 Antes cando un home se metía connosco, 52 00:03:31,003 --> 00:03:33,589 só lle podiamos dar unha patada nas bólas. 53 00:03:34,090 --> 00:03:35,508 Agora tes con que. 54 00:03:35,508 --> 00:03:38,010 Non te sintas mal por reclamar o teu. 55 00:03:38,761 --> 00:03:39,804 Que pasou? 56 00:03:39,804 --> 00:03:42,640 Vai foder os cabróns que a roubaron. 57 00:03:42,640 --> 00:03:45,059 A por eles, Madriña! 58 00:03:46,602 --> 00:03:48,813 Limpade a casa nalgún momento, vale? 59 00:03:48,813 --> 00:03:50,773 Á orde, capitá. 60 00:03:51,440 --> 00:03:52,275 Boa sorte. 61 00:04:09,917 --> 00:04:10,751 Diga? 62 00:04:12,628 --> 00:04:13,504 Chegamos. 63 00:04:15,256 --> 00:04:16,173 Adiante. 64 00:04:26,183 --> 00:04:27,101 Quen son estes? 65 00:04:27,101 --> 00:04:28,811 Deben ser os donos da casa. 66 00:04:28,811 --> 00:04:32,148 Rigo. Chucho. Darío xa saíu. Marchade. 67 00:04:41,699 --> 00:04:42,825 Onde van? 68 00:04:43,743 --> 00:04:45,703 A ningures. Ídevos acomodar. 69 00:05:28,287 --> 00:05:29,288 É ese? 70 00:05:33,376 --> 00:05:35,044 Que comece a festa. 71 00:06:04,782 --> 00:06:06,575 Que non saia ninguén con vida. 72 00:06:15,126 --> 00:06:16,794 Ves que está a facer Castro? 73 00:06:17,294 --> 00:06:19,046 Hai demasiados cubanos aquí. 74 00:06:19,880 --> 00:06:22,133 Son como putas cascudas. 75 00:06:22,967 --> 00:06:24,093 Unha cervexa, papá? 76 00:06:24,093 --> 00:06:25,094 Si. 77 00:07:17,438 --> 00:07:18,397 Arranca. 78 00:07:44,757 --> 00:07:45,591 Mamá. 79 00:07:47,218 --> 00:07:48,761 Ozzy, asustáchesme. 80 00:07:49,261 --> 00:07:50,930 Creo que atopei o crocodilo. 81 00:07:51,472 --> 00:07:55,059 - Deberíalo estar a buscar? - Queríao ver comer algo. 82 00:07:56,810 --> 00:07:58,521 Canto tempo imos quedar aquí? 83 00:08:00,105 --> 00:08:03,192 Creo que nun par de días volvemos á casa, vale? 84 00:08:17,873 --> 00:08:18,707 Está feito. 85 00:08:24,838 --> 00:08:26,966 Ei. Acabouse. 86 00:08:28,217 --> 00:08:29,843 Acabou esa merda. 87 00:08:31,011 --> 00:08:32,888 Bo traballo, meu amor. 88 00:08:38,519 --> 00:08:42,356 Un ataque nun centro comercial de luxo deixou hoxe dous mortos. 89 00:08:42,356 --> 00:08:47,152 Atoparon o que a policía chama un carro de guerra. Conectamos en vivo. 90 00:08:47,152 --> 00:08:50,531 Había dúas escopetas, tres metralladoras, cinco pistolas 91 00:08:50,531 --> 00:08:52,950 e varios chalecos antibalas dentro. 92 00:08:52,950 --> 00:08:56,245 Buscaron sospeitosos no barrio durante máis dunha hora, 93 00:08:56,245 --> 00:08:58,122 mais non atoparon nada. 94 00:08:58,122 --> 00:09:00,165 Os sospeitosos seguen soltos. 95 00:09:00,165 --> 00:09:02,835 A policía descoñece o motivo do... 96 00:09:02,835 --> 00:09:04,670 Maldito satélite. 97 00:09:10,342 --> 00:09:11,302 Esa é ela? 98 00:09:12,219 --> 00:09:14,888 Griselda? Da que me falaches? 99 00:09:14,888 --> 00:09:15,806 É. 100 00:09:15,806 --> 00:09:17,808 {\an8}Chegaron preparados para atacar. 101 00:09:18,517 --> 00:09:20,603 Tamén nos informan 102 00:09:20,603 --> 00:09:24,273 {\an8}dunha explosión que destruíu a casa deste home, Papo Mejía. 103 00:09:24,273 --> 00:09:25,316 Merda, Papo. 104 00:09:25,316 --> 00:09:29,278 Non dixeron se estaba relacionado co narcotráfico, mais é posible. 105 00:09:29,278 --> 00:09:30,779 É un puto dor de cabeza. 106 00:09:30,779 --> 00:09:32,948 ...volveron a abrir as portas. 107 00:09:32,948 --> 00:09:34,950 As vítimas seguen dentro... 108 00:09:34,950 --> 00:09:37,077 É unha fera. 109 00:09:37,077 --> 00:09:40,372 As autoridades identificaron o nome dunha das vítimas. 110 00:09:40,372 --> 00:09:45,169 {\an8}Germán Panesso, un colombiano sospeitoso de traficar con drogas. 111 00:09:45,169 --> 00:09:48,881 Cren que era o obxectivo principal dos homes armados. 112 00:09:51,383 --> 00:09:53,093 Agora mesmo, temos que... 113 00:09:54,345 --> 00:09:56,180 Xa o oín... 114 00:09:58,349 --> 00:09:59,475 Deixárono por algo. 115 00:09:59,475 --> 00:10:02,311 Queren enviar unha mensaxe. Van en serio. 116 00:10:02,311 --> 00:10:03,437 O de Papo, tamén. 117 00:10:03,979 --> 00:10:04,813 Mais quen. 118 00:10:05,939 --> 00:10:08,359 A vítima era un provedor de Medellín. 119 00:10:08,359 --> 00:10:11,987 O seu nome é Germán Panesso. Podemos comezar por aí. 120 00:10:11,987 --> 00:10:15,741 Necesitamos un arresto, facelo público, tranquilizalos a todos. 121 00:10:16,784 --> 00:10:18,452 Para iso temos a CENTAC, June. 122 00:10:19,244 --> 00:10:20,621 Están pendentes de nós. 123 00:10:22,122 --> 00:10:24,500 Ti e mais eu levaremos este caso xuntos. 124 00:10:40,766 --> 00:10:42,768 Non tiñas que vir desde tan lonxe. 125 00:10:43,602 --> 00:10:45,270 Vamos, Griselda. 126 00:10:46,522 --> 00:10:49,692 Non son parvo. Ti querías que viñese. 127 00:10:49,692 --> 00:10:51,527 Quitáronmo todo, Rafa. 128 00:10:57,950 --> 00:10:59,284 Quero que mo devolvan. 129 00:11:00,452 --> 00:11:01,537 Enténdoo. 130 00:11:02,788 --> 00:11:04,790 Mais non me gusta o teu método. 131 00:11:05,708 --> 00:11:07,501 Intentei dialogar. 132 00:11:07,501 --> 00:11:08,919 Non quixen dicir iso. 133 00:11:10,254 --> 00:11:15,384 Cres que voando a casa de alguén valo matar. 134 00:11:16,343 --> 00:11:17,928 Case sempre, tes razón. 135 00:11:18,762 --> 00:11:21,807 Mais ás veces o home está no lugar equivocado, 136 00:11:21,807 --> 00:11:24,852 e cando as paredes colapsan, en lugar de esmagalo, 137 00:11:24,852 --> 00:11:27,521 o que fan é protexelo. Que che parece? 138 00:11:30,315 --> 00:11:31,150 Si. 139 00:11:32,067 --> 00:11:33,235 Papo segue vivo. 140 00:11:33,902 --> 00:11:37,281 E, no que a min respecta, segue a controlar a cidade. 141 00:11:38,115 --> 00:11:41,660 Así que non vin aquí para darche nada. 142 00:11:41,660 --> 00:11:44,121 E o corpo que estaban sacando? 143 00:11:44,121 --> 00:11:46,790 Iso é o mellor. 144 00:11:46,790 --> 00:11:49,460 Era o pai de Papo. 145 00:11:50,085 --> 00:11:51,754 Mimá, Griselda. 146 00:11:51,754 --> 00:11:54,840 Voaches o vello polos aires. 147 00:11:56,884 --> 00:11:58,635 Por iso vin. 148 00:12:00,387 --> 00:12:03,015 Non perdía por nada do mundo 149 00:12:03,015 --> 00:12:06,810 a cara que puñas despois de cho contar. 150 00:12:06,810 --> 00:12:09,229 É un momento para saborear. 151 00:12:12,232 --> 00:12:14,526 Papo é máis listo do que pensaba. 152 00:12:16,737 --> 00:12:19,698 Os seus homes sacárono antes de chegar a policía, 153 00:12:19,698 --> 00:12:21,909 e fíxoche crer que o mataras. 154 00:12:22,576 --> 00:12:26,246 Estou impresionado. Que listo, Papo. 155 00:12:27,122 --> 00:12:30,167 E ti aquí coidando das flores. 156 00:12:30,167 --> 00:12:32,544 Baixando a garda, imaxino. 157 00:12:34,463 --> 00:12:36,423 Mais non te preocupes. 158 00:12:36,423 --> 00:12:40,552 Non che vai pasar nada aquí. Estás ben protexida. 159 00:12:41,136 --> 00:12:43,597 Papo non te vai vir buscar aquí. 160 00:12:43,597 --> 00:12:45,724 Non é tan parvo. Non sexas boba. 161 00:12:49,436 --> 00:12:51,021 Sabes que si faría eu? 162 00:12:52,397 --> 00:12:55,859 Iría revisar as túas outras merdas 163 00:12:56,944 --> 00:12:59,905 e liscaría da cidade dunha puta vez. 164 00:13:02,699 --> 00:13:04,660 Porque se Papo non te mata... 165 00:13:07,955 --> 00:13:09,164 Escóitame ben. 166 00:13:09,748 --> 00:13:12,292 Terei que facelo eu mesmo. 167 00:13:12,918 --> 00:13:13,752 Aos dous. 168 00:13:26,139 --> 00:13:28,100 Rigo e Isa están na outra casa. 169 00:14:21,737 --> 00:14:23,447 Que loucura. Maníacos. 170 00:15:32,015 --> 00:15:33,225 Ola, Griselda. 171 00:15:34,226 --> 00:15:36,019 Pensei que estabas no cárcere. 172 00:15:36,561 --> 00:15:41,066 Colleron a Amilcar. Eu logrei escapar e marchei da cidade. 173 00:15:41,066 --> 00:15:45,195 Alégrome de que lles deses a eses cabróns o seu merecido. 174 00:15:49,324 --> 00:15:50,659 Onde estás? 175 00:15:51,368 --> 00:15:52,285 California. 176 00:15:53,120 --> 00:15:55,497 Estou máis seguro aquí. 177 00:15:56,373 --> 00:15:57,499 Entón que, Rivi? 178 00:15:59,084 --> 00:16:03,255 Chamaches para dicirme que che gustou o que fixen? 179 00:16:05,632 --> 00:16:08,719 Saio todos os días á calor do deserto aquí 180 00:16:08,719 --> 00:16:12,764 e tomo iso que toman os indios, o peiote. 181 00:16:13,265 --> 00:16:16,560 E sento a pensar nesta inmensidade. 182 00:16:17,978 --> 00:16:19,229 Mais a miña mente... 183 00:16:21,231 --> 00:16:23,734 sempre regresa a ti, Griselda. 184 00:16:23,734 --> 00:16:24,651 A min? 185 00:16:24,651 --> 00:16:26,153 Non sei moi ben por que. 186 00:16:27,070 --> 00:16:30,115 Creo que porque ti es o descoñecido. 187 00:16:30,115 --> 00:16:32,659 Isto non ten que ver con Papo ou Panesso. 188 00:16:33,368 --> 00:16:36,747 Ten que ver con este ceo que te esmaga 189 00:16:38,457 --> 00:16:40,375 todos os días da túa vida. 190 00:16:42,878 --> 00:16:44,629 Díxenche que podía axudar. 191 00:16:45,213 --> 00:16:48,508 Cando esteas lista, chámame. 192 00:16:59,644 --> 00:17:01,021 Espere, un momento. 193 00:17:01,021 --> 00:17:02,439 Pode alumar iso? 194 00:17:06,026 --> 00:17:06,985 Caseiro. 195 00:17:07,819 --> 00:17:09,237 Posiblemente no cárcere. 196 00:17:10,072 --> 00:17:11,073 É un Marielito. 197 00:17:11,948 --> 00:17:14,659 O home armado en Dadeland tamén tiña tatuaxes. 198 00:17:15,368 --> 00:17:17,037 Talvez fose outro Marielito. 199 00:17:20,415 --> 00:17:21,249 Si. 200 00:17:22,375 --> 00:17:25,087 Cal dos cen mil que teñen chegado ata agora? 201 00:17:47,609 --> 00:17:48,819 Chegou Miguelito. 202 00:17:51,571 --> 00:17:53,198 - Grazas. - Xa chegamos. 203 00:17:53,198 --> 00:17:54,366 Xa chegamos. 204 00:18:02,082 --> 00:18:03,875 É a miña tía, a nai de Rigo. 205 00:18:04,584 --> 00:18:06,545 Necesito falar coa señora Blanco. 206 00:18:07,420 --> 00:18:08,255 Por favor. 207 00:18:12,259 --> 00:18:14,344 Cheguei aquí de Cuba hai anos. 208 00:18:16,054 --> 00:18:19,891 Meu fillo estaba no cárcere por algo que fixo cando era moi novo. 209 00:18:21,476 --> 00:18:24,437 Agardei e agardei ata que Fidel o deixou vir. 210 00:18:25,355 --> 00:18:26,565 Mais agora... 211 00:18:27,482 --> 00:18:29,067 Nunca o volverei ver. 212 00:18:30,819 --> 00:18:32,028 Teño fillos. 213 00:18:33,280 --> 00:18:34,948 Non o podo nin imaxinar. 214 00:18:36,575 --> 00:18:41,454 Rigo dixo que é nai de tres rapaces, e de todos os que traballan para vostede. 215 00:18:42,664 --> 00:18:44,791 Dixo que lle chaman a Madriña. 216 00:18:47,085 --> 00:18:50,005 Así que talvez teña a resposta. 217 00:18:52,215 --> 00:18:53,049 Dígame. 218 00:18:53,049 --> 00:18:55,177 Cortáronlle a cabeza ao meu fillo. 219 00:18:57,762 --> 00:19:00,682 Cre que aínda pode chegar ao ceo? 220 00:19:04,436 --> 00:19:05,812 Claro que si. 221 00:19:09,065 --> 00:19:11,026 Matárono pola miña culpa. 222 00:19:13,987 --> 00:19:16,448 Non sabe canto o sinto. 223 00:19:16,448 --> 00:19:19,409 Non hai ninguén en quen poidamos confiar. 224 00:19:21,870 --> 00:19:26,082 A policía, a xente a cargo, non son diferentes aos de Cuba. 225 00:19:26,082 --> 00:19:27,667 Viñeron moitos rapaces, 226 00:19:29,502 --> 00:19:31,129 mais non teñen nada. 227 00:19:31,129 --> 00:19:33,048 Nada que facer. 228 00:19:33,048 --> 00:19:34,424 Nada en que crer. 229 00:19:36,051 --> 00:19:37,260 Vostede deulles iso. 230 00:19:38,428 --> 00:19:43,183 Se algún día os irmáns de Rigo logran chegar aquí, 231 00:19:43,683 --> 00:19:46,311 espero que poidan traballar para vostede. 232 00:19:49,606 --> 00:19:50,649 Vamos. 233 00:19:50,649 --> 00:19:51,858 Grazas. 234 00:19:54,277 --> 00:19:55,570 Esmeralda, espere. 235 00:19:57,405 --> 00:19:59,449 E se podo amañar todo isto? 236 00:20:00,992 --> 00:20:03,662 Se fago que paguen polo que fixeron 237 00:20:03,662 --> 00:20:06,915 e lle dou cartos para que traia os seus fillos de Cuba? 238 00:20:10,460 --> 00:20:11,544 Faría iso? 239 00:20:13,421 --> 00:20:14,839 Por vostede, o que sexa. 240 00:20:23,640 --> 00:20:24,599 Diga? 241 00:20:24,599 --> 00:20:27,727 Rivi, necesito que atopes o sicario de Papo. 242 00:20:37,946 --> 00:20:39,572 E se mo deixas facer a min? 243 00:20:42,117 --> 00:20:44,411 Teñen que saber que fun eu. 244 00:21:39,466 --> 00:21:40,300 Vamos. 245 00:21:56,232 --> 00:21:57,150 Está aí dentro. 246 00:22:04,991 --> 00:22:07,786 - Vai ao carallo, filla de puta! - Cala, hostia! 247 00:22:08,745 --> 00:22:10,497 Dálle unha vez. Eu acabo. 248 00:22:15,251 --> 00:22:17,587 Tratareite coma ti a miña amiga. 249 00:22:17,587 --> 00:22:19,047 E o meu primo. 250 00:22:20,340 --> 00:22:23,843 Non me mates. Rógocho, por favor. 251 00:22:24,427 --> 00:22:26,346 Por favor, sóltame. 252 00:22:28,056 --> 00:22:30,308 Sóltame, por favor... 253 00:22:31,309 --> 00:22:32,143 Griselda? 254 00:22:40,151 --> 00:22:42,404 Grazas. 255 00:22:45,907 --> 00:22:47,367 Grazas. 256 00:22:52,163 --> 00:22:54,207 Xa está. Está morto. 257 00:22:55,083 --> 00:22:57,043 Temos que marchar. 258 00:24:16,539 --> 00:24:18,458 Como cona lles seguimos o ritmo? 259 00:24:19,709 --> 00:24:22,587 Di que viu algo, mais eu non falo español. 260 00:24:30,553 --> 00:24:31,971 Señor. 261 00:24:31,971 --> 00:24:33,223 Viu algo? 262 00:24:34,432 --> 00:24:37,435 Eran tres, mais non lles vin ben a cara. 263 00:24:37,435 --> 00:24:39,938 Só sei que un deles era unha muller. 264 00:24:46,277 --> 00:24:47,362 Había máis, 265 00:24:47,362 --> 00:24:49,864 mais estes son os que cabían nos camións. 266 00:24:51,366 --> 00:24:52,492 Tróuxenlle isto. 267 00:24:56,120 --> 00:24:58,873 Para eles, talvez o queira poñer. 268 00:25:10,718 --> 00:25:12,679 Grazas a todos por vir. 269 00:25:14,889 --> 00:25:16,683 Son Griselda Blanco. 270 00:25:24,065 --> 00:25:26,276 Vós tedes o mesmo problema ca min. 271 00:25:26,859 --> 00:25:31,698 Cando entro nalgún lugar, só son unha muller. 272 00:25:31,698 --> 00:25:37,370 Cando entrades vós, só sodes Marielitos. 273 00:25:39,956 --> 00:25:41,499 Cando a xente vos ve, 274 00:25:42,166 --> 00:25:44,836 só ven as tatuaxes e que non falades inglés. 275 00:25:45,795 --> 00:25:49,340 O que pensan é como vos poden usar, 276 00:25:49,841 --> 00:25:51,593 aproveitarse de vós. 277 00:25:51,593 --> 00:25:57,515 A única forma de podermos ter o que queremos 278 00:25:57,515 --> 00:25:59,392 é colléndoo. 279 00:26:02,312 --> 00:26:04,647 E para iso, necesitamos forza. 280 00:26:06,566 --> 00:26:09,068 Forza en números e forza aquí. 281 00:26:12,905 --> 00:26:15,033 Non vos teño que dicir 282 00:26:16,034 --> 00:26:19,829 que vou loitar polas vosas familias. 283 00:26:19,829 --> 00:26:21,497 Xa o vistes. 284 00:26:22,373 --> 00:26:26,085 Tampouco vos vou dicir que vou loitar por vós 285 00:26:26,711 --> 00:26:28,379 porque tamén o vistes. 286 00:26:29,756 --> 00:26:33,343 O que tedes que saber é que se traballades para min, 287 00:26:33,343 --> 00:26:35,762 teredes un propósito 288 00:26:35,762 --> 00:26:38,181 e teredes respecto. 289 00:26:41,100 --> 00:26:43,603 Cando acabemos con esta merda, 290 00:26:43,603 --> 00:26:47,315 non estaredes a lavar os pratos dos ricos. 291 00:26:47,315 --> 00:26:52,278 Estaredes sentados nesas putas mesas comendo lagosta, 292 00:26:52,278 --> 00:26:54,447 conduciredes Cadillacs 293 00:26:54,447 --> 00:26:57,575 e bañarédesvos nesas malditas piscinas. 294 00:27:02,246 --> 00:27:03,956 A ver, quen quere iso? 295 00:27:06,209 --> 00:27:09,170 Moi ben, compañeiros. Adiante. 296 00:27:10,088 --> 00:27:11,130 Adiante. 297 00:27:23,685 --> 00:27:26,270 Ten un exército de Marielitos, Papo. 298 00:27:26,270 --> 00:27:29,982 Vixían a súa casa e o cerrado á beira da estrada. 299 00:27:29,982 --> 00:27:31,192 É imposible entrar. 300 00:27:31,693 --> 00:27:33,361 Agardemos a que saia da... 301 00:27:33,361 --> 00:27:35,822 Por que ía saír esa paxara, Jacomo? 302 00:27:38,658 --> 00:27:40,702 Sabe que tamén quero a súa cabeza. 303 00:27:44,997 --> 00:27:47,208 Aí fóra parece unha prisión cubana. 304 00:27:47,208 --> 00:27:48,960 É o seu novo exército. 305 00:27:48,960 --> 00:27:52,004 Supoño que por iso queres que me mude aquí. 306 00:27:52,004 --> 00:27:54,298 Vou atacar as entregas dos Ochoa. 307 00:27:59,679 --> 00:28:01,472 Vas á guerra cos Ochoa. 308 00:28:01,472 --> 00:28:02,724 Non só con eles. 309 00:28:03,808 --> 00:28:05,643 Con Papo e os seus camelos. 310 00:28:06,310 --> 00:28:09,647 A partir de mañá, voulles dar a todos. 311 00:28:10,773 --> 00:28:12,442 Voulles foder as operacións. 312 00:28:12,442 --> 00:28:15,319 Os Ochoa teñen un montón de coca nas Bahamas 313 00:28:15,319 --> 00:28:17,196 e non teñen a quen lla vender. 314 00:28:18,072 --> 00:28:19,699 Vanme dar o que quero. 315 00:28:20,283 --> 00:28:21,534 O teu territorio. 316 00:28:21,534 --> 00:28:25,079 O que é noso. Todos traballamos para isto. 317 00:28:25,079 --> 00:28:27,290 - Non viches o que vin eu. - Mais... 318 00:28:27,290 --> 00:28:28,666 Non viches o que vin. 319 00:28:28,666 --> 00:28:32,128 Eses cabróns non van parar, e ti sábelo. 320 00:28:32,920 --> 00:28:36,591 Cos Marielitos aquí, estamos ben. Non temos que saír correndo. 321 00:28:38,009 --> 00:28:39,677 É a única forma, Arturo. 322 00:28:44,682 --> 00:28:47,226 Non se lle pode levar a contraria á Madriña. 323 00:30:12,979 --> 00:30:16,941 Pregúntanse como sabe sempre onde enviarnos e ir un paso por diante. 324 00:30:19,318 --> 00:30:22,989 Teño un informante, mais non llelo digas. 325 00:30:22,989 --> 00:30:25,575 Xa lles dixen que tiña axuda de arriba. 326 00:30:28,744 --> 00:30:31,122 Pola Madriña! A Compasiva! 327 00:30:34,208 --> 00:30:35,960 Bebede e descansade. 328 00:30:35,960 --> 00:30:39,297 Mañá volvémoslles dar a eses fillos de puta! 329 00:30:42,967 --> 00:30:46,304 Din que non se consegue nin un gramo de cocaína nas rúas. 330 00:30:47,722 --> 00:30:51,434 Creo que vai servir para que Rafa sente á mesa. 331 00:30:54,145 --> 00:30:55,271 Pola Madriña! 332 00:30:58,983 --> 00:30:59,817 Mira. 333 00:31:00,818 --> 00:31:03,905 Creo que lle comeza a gustar toda esta merda. 334 00:31:12,288 --> 00:31:14,206 E iso é embriagador, amigo. 335 00:31:25,968 --> 00:31:28,512 Sei que fixo para conseguir os Marielitos. 336 00:31:34,393 --> 00:31:36,187 Espero non ser nunca coma ela. 337 00:31:36,771 --> 00:31:37,730 Non o vas ser. 338 00:31:38,606 --> 00:31:39,815 Ti non es coma ela. 339 00:31:40,733 --> 00:31:42,860 Tes algo distinto aquí. 340 00:31:44,612 --> 00:31:46,697 Sei que hai moito que non me conta. 341 00:31:47,573 --> 00:31:48,908 Estate protexendo. 342 00:31:52,578 --> 00:31:55,831 Vólvese máis forte con cada cargamento que elimina, 343 00:31:55,831 --> 00:31:58,668 e detén todo o noso sistema nada máis comezar. 344 00:31:58,668 --> 00:32:01,295 Papo, ti estás a cargo da cidade. 345 00:32:01,295 --> 00:32:02,922 Cres que non o sei? 346 00:32:03,547 --> 00:32:04,924 Que queres que faga? 347 00:32:04,924 --> 00:32:08,094 Alí non hai quen entre. Ten un puto exército, Rafa. 348 00:32:10,346 --> 00:32:11,305 Ei. 349 00:32:11,806 --> 00:32:12,807 É tarde. 350 00:32:13,599 --> 00:32:18,020 Estiven a mirar un dos bolsos das mulleres decapitadas na casa. 351 00:32:18,020 --> 00:32:20,398 - Criamos que eran prostitutas. - Si. 352 00:32:20,398 --> 00:32:23,818 Mais atopei notas con números, talvez medidas en gramos. 353 00:32:25,486 --> 00:32:28,572 Tres gramos e medio, un octavo, 28 gramos, unha onza. 354 00:32:28,572 --> 00:32:31,534 Si, están a cortar quilos. Venda nas rúas. 355 00:32:31,534 --> 00:32:34,286 - Adoitan contratar alguén para iso. - Exacto. 356 00:32:34,787 --> 00:32:37,957 Mais só unha muller contrataría unha muller. 357 00:32:37,957 --> 00:32:42,420 A testemuña da última escena de homicidio viu unha muller. Describiuna. 358 00:32:43,629 --> 00:32:45,297 Segues coa narcotraficante. 359 00:32:45,297 --> 00:32:47,258 Sei que vas dicir: "Dá igual..." 360 00:32:47,258 --> 00:32:49,760 Non está relacionado cos asasinatos. 361 00:32:50,302 --> 00:32:54,181 Se unha vítima era unha das súas empregadas, terá algo que ver. 362 00:32:54,181 --> 00:32:55,766 "Terá algo que ver"? 363 00:32:56,475 --> 00:32:57,309 Vale, mira. 364 00:32:59,020 --> 00:33:03,274 Puntos vermellos, asasinatos individuais. Azuis, ataques de Marielitos. 365 00:33:03,274 --> 00:33:05,651 Entendo que lle chamen zona de guerra. 366 00:33:05,651 --> 00:33:08,738 Estes ataques á organización Ochoa 367 00:33:08,738 --> 00:33:10,114 non son aleatorios. 368 00:33:10,114 --> 00:33:12,324 Son ataques dirixidos. Precisos. 369 00:33:17,997 --> 00:33:22,376 Quen está disposto a ir sistematicamente a pola organización Ochoa? 370 00:33:23,878 --> 00:33:24,712 Ninguén. 371 00:33:29,133 --> 00:33:31,927 A non ser que os Marielitos traballen para eles. 372 00:33:33,512 --> 00:33:37,349 Morreron Marielitos xunto con esas mulleres na casa, non si? 373 00:33:38,392 --> 00:33:42,438 Non só traballan mulleres para a miña narcotraficante misteriosa, 374 00:33:42,438 --> 00:33:43,898 senón tamén Marielitos. 375 00:33:44,648 --> 00:33:49,195 Creo que estes ataques son un tipo de resposta, 376 00:33:49,195 --> 00:33:52,782 de represalia polo que pasou na súa casa. 377 00:33:53,699 --> 00:33:56,077 Cres que unha persoa está detrás disto? 378 00:33:56,077 --> 00:33:57,119 Si. 379 00:33:58,496 --> 00:34:01,499 Creo que unha muller está detrás disto. 380 00:34:07,755 --> 00:34:08,923 Michael, é certo? 381 00:34:11,383 --> 00:34:14,428 - Non preguntes sobre o meu negocio, Kay. - É certo? 382 00:34:15,012 --> 00:34:17,014 - Nada de preguntas. - Non. 383 00:34:17,014 --> 00:34:17,932 Basta! 384 00:34:21,102 --> 00:34:23,521 "Non preguntes sobre o meu negocio, Kay." 385 00:34:25,606 --> 00:34:28,275 "Nada de preguntas." 386 00:34:28,275 --> 00:34:30,152 - Darío, cala, home. - "Basta." 387 00:34:30,778 --> 00:34:31,862 Só esta vez. 388 00:34:34,740 --> 00:34:37,201 Esta vez deixareiche facer preguntas. 389 00:34:37,201 --> 00:34:38,369 Xa veño. 390 00:34:41,747 --> 00:34:42,581 É certo? 391 00:34:46,252 --> 00:34:47,086 Mamá? 392 00:34:48,170 --> 00:34:49,004 Estás ben? 393 00:34:50,840 --> 00:34:53,717 Son nervios. Vai ver a película. 394 00:34:57,096 --> 00:34:57,930 Nervios. 395 00:35:02,309 --> 00:35:03,227 Non é certo. 396 00:35:06,522 --> 00:35:09,900 Deixo que mintas porque creo que che axuda. 397 00:35:10,693 --> 00:35:12,111 Mais non estou seguro. 398 00:35:14,738 --> 00:35:17,741 O que sei é que me empeza a dar rabia. 399 00:35:20,161 --> 00:35:23,914 Estou embarazada, Uber. Por iso non paro de vomitar. 400 00:35:25,082 --> 00:35:26,917 Darío aínda non o sabe. 401 00:35:33,382 --> 00:35:37,261 Recordo cando me dei de conta de que miña nai era unha mentireira. 402 00:35:39,555 --> 00:35:41,682 Mais a diferenza entre ela e mais eu 403 00:35:43,350 --> 00:35:45,853 é que ela mentía para axudarse a si mesma. 404 00:35:46,979 --> 00:35:48,522 Todo xiraba ao redor dela. 405 00:35:49,940 --> 00:35:52,651 Necesito que entendas que todo o que fago, 406 00:35:53,235 --> 00:35:54,445 fágoo por vós. 407 00:35:56,197 --> 00:35:57,531 Pola familia. 408 00:36:01,243 --> 00:36:03,704 Quero que isto quede entre nós. 409 00:36:12,504 --> 00:36:15,132 Este é o lugar onde veñen todos os narcos. 410 00:36:16,217 --> 00:36:18,594 Teño un informante aquí, Monkey Morales. 411 00:36:18,594 --> 00:36:21,096 Se alguén sabe dunha narco, 412 00:36:21,972 --> 00:36:23,182 ese será el. 413 00:36:23,807 --> 00:36:26,310 E como funciona isto? 414 00:36:28,103 --> 00:36:29,230 Esperamos aquí. 415 00:36:30,814 --> 00:36:32,024 A ver se pode falar. 416 00:36:42,326 --> 00:36:43,702 Pódoche preguntar algo? 417 00:36:44,203 --> 00:36:45,621 Lévaste con teu pai? 418 00:36:46,538 --> 00:36:47,706 Con meu pai? 419 00:36:48,832 --> 00:36:52,544 Meu pai meteume nun avión cos meus irmáns para saír de Cuba. 420 00:36:52,544 --> 00:36:55,756 Os meus pais foron un montón de tíos borrachos aquí. 421 00:36:55,756 --> 00:36:56,674 Por que? 422 00:36:59,468 --> 00:37:01,845 Meu fillo quixo ir vivir co seu. 423 00:37:02,805 --> 00:37:04,306 Sentía que non o coñecía. 424 00:37:05,099 --> 00:37:06,100 Iso fíxoche dano. 425 00:37:06,100 --> 00:37:07,226 Moito. 426 00:37:08,644 --> 00:37:12,147 Mais pensei que debía descubrir por si mesmo o cabrón que é. 427 00:37:15,985 --> 00:37:20,823 E talvez... necesitase librarme del para dedicarme a este traballo. 428 00:37:23,325 --> 00:37:26,078 Non ten nada de malo. Gústache o que fas. 429 00:37:26,745 --> 00:37:29,623 Sen ofender, mais non es unha muller solteira. 430 00:37:30,499 --> 00:37:34,712 - Levar a CENTAC paréceche duro? - Non me fixeches a pregunta adecuada. 431 00:37:35,796 --> 00:37:39,008 Tiña unha relación moi boa con miña nai. 432 00:37:39,008 --> 00:37:42,845 Cando veu, traballou e mantívonos unidos a meus irmáns e a min. 433 00:37:42,845 --> 00:37:43,929 Coma ti. 434 00:37:48,142 --> 00:37:48,976 Ese é Monkey. 435 00:37:51,020 --> 00:37:51,854 Moi ben. 436 00:37:52,771 --> 00:37:54,815 Vainos ver. 437 00:37:56,650 --> 00:38:00,612 Sabes ou oíches falar dunha muller narco? 438 00:38:03,782 --> 00:38:05,242 Unha muller narco... 439 00:38:07,619 --> 00:38:09,455 Da miña estatura, pelo castaño. 440 00:38:10,039 --> 00:38:11,165 Guapa. 441 00:38:13,417 --> 00:38:16,086 Entón a muller poli busca a muller narco? 442 00:38:16,086 --> 00:38:18,047 Responde a pregunta, Monkey. 443 00:38:24,011 --> 00:38:25,346 Eu non sei un carallo. 444 00:38:32,019 --> 00:38:34,521 Vale. Grazas por nada. 445 00:38:52,664 --> 00:38:54,458 Sabe algo, estou segura. 446 00:38:54,458 --> 00:38:56,418 Adoita ser moi sincero comigo. 447 00:38:58,712 --> 00:39:03,467 Estás algo obsesionada coa muller narco. Igual non estás a pensar con claridade. 448 00:39:10,516 --> 00:39:13,268 Voume manter á marxe. 449 00:39:13,268 --> 00:39:15,729 Volve e di que son parva, 450 00:39:15,729 --> 00:39:19,274 fai bromas sobre as polis. Dille que somos un gran no cu. 451 00:39:19,274 --> 00:39:21,485 - June, non quero volver. - Faino. 452 00:39:29,660 --> 00:39:30,494 Díaz. 453 00:39:31,954 --> 00:39:34,123 Maldita sexa. Merda. 454 00:40:01,483 --> 00:40:02,526 E ben? 455 00:40:02,526 --> 00:40:04,361 Axente Hawkins... 456 00:40:06,321 --> 00:40:10,033 parece que Monkey viu a túa narco no Mutiny varias veces. 457 00:40:12,035 --> 00:40:12,870 Viuna? 458 00:40:14,121 --> 00:40:16,081 Chámase Griselda Blanco. 459 00:40:37,060 --> 00:40:38,353 Cal é o problema? 460 00:40:47,112 --> 00:40:48,947 Atacou máis entregas. 461 00:40:50,240 --> 00:40:51,325 Está a louquear. 462 00:40:52,659 --> 00:40:57,414 Non sei se chamar o teu primo para que lle mande as apisoadoras. 463 00:40:57,998 --> 00:41:01,585 Vas chamar o exército dos Ochoa? 464 00:41:04,213 --> 00:41:08,050 "Morrede todos, fillos de puta." 465 00:41:18,018 --> 00:41:20,103 Mais entón, meu amor, 466 00:41:21,939 --> 00:41:24,316 teraslle que admitir á miña familia 467 00:41:24,316 --> 00:41:28,445 que os seus soldadiños de Miami se deixaron foder por unha muller. 468 00:41:45,671 --> 00:41:49,007 Rafa, que ben que chamaches. Como che vai o negocio? 469 00:41:49,508 --> 00:41:51,718 Que fixeches coa miña coca, Griselda? 470 00:41:52,553 --> 00:41:56,473 Non te preocupes. Téñocha toda aquí. 471 00:41:56,473 --> 00:41:58,850 Ben. Vamos facer unha cousa. 472 00:41:59,935 --> 00:42:02,312 Ti vas parar con estas bobadas, 473 00:42:02,312 --> 00:42:05,440 devólvesme a coca, e eu devólvoche o teu territorio. 474 00:42:06,108 --> 00:42:06,942 E Papo? 475 00:42:06,942 --> 00:42:09,194 Papo tamén quere que isto acabe. 476 00:42:09,194 --> 00:42:11,446 Quere ir a Medellín, enterrar o pai 477 00:42:11,446 --> 00:42:14,366 e despois volver a gañar cartos. Que ten de malo? 478 00:42:14,866 --> 00:42:15,951 Como debe ser. 479 00:42:15,951 --> 00:42:21,123 Ben. Pois tesme que dar a túa palabra de que cando volva, 480 00:42:21,123 --> 00:42:23,667 vas sentar con el e ides dar a man. 481 00:42:23,667 --> 00:42:25,961 Non quero máis parvadas en Miami. 482 00:42:31,800 --> 00:42:34,511 Díxenlle que tería a miña resposta pola mañá. 483 00:42:34,511 --> 00:42:36,471 Que merda tes que pensar? 484 00:42:36,471 --> 00:42:38,265 Agora non quere parar. 485 00:42:38,265 --> 00:42:41,351 Lograches que cedese, algo que ninguén tiña logrado. 486 00:42:41,351 --> 00:42:45,022 Acepta a puta vitoria. Que merda tes que pensar, Griselda? 487 00:42:45,606 --> 00:42:47,024 Danos un momento. 488 00:42:58,160 --> 00:43:00,495 Podía arranxar un pouco este lugar. 489 00:43:01,163 --> 00:43:04,166 Sementar algo, polo menos mentres estamos aquí. 490 00:43:09,254 --> 00:43:10,631 Que che pasa, Darío? 491 00:43:10,631 --> 00:43:13,592 Cría que só querías recuperar o teu territorio. 492 00:43:13,592 --> 00:43:14,509 Así era. 493 00:43:15,802 --> 00:43:16,928 Mais xa non sei. 494 00:43:16,928 --> 00:43:19,181 Creo que deberiamos parar. 495 00:43:21,558 --> 00:43:23,560 Uber díxoche que estou embarazada. 496 00:43:25,187 --> 00:43:26,813 Por que non mo dixeches ti? 497 00:43:27,439 --> 00:43:30,400 Porque me preocupaba que cando o soubeses 498 00:43:30,400 --> 00:43:34,196 me comezases a tratar como se fose algo delicado que protexer... 499 00:43:34,196 --> 00:43:36,948 E que che pediría que deixases estas loucuras. 500 00:43:37,532 --> 00:43:40,535 Teño ben claro con quen estou. 501 00:43:41,244 --> 00:43:43,038 Sei que tipo de muller es. 502 00:43:43,038 --> 00:43:46,875 Sei que es unha fera que non abandona, e encántame iso de ti. 503 00:43:48,502 --> 00:43:51,963 O que me preocupa é que esta merda se che suba á cabeza 504 00:43:51,963 --> 00:43:54,383 e que deixes de pensar con claridade. 505 00:43:54,383 --> 00:43:55,884 Non pensas no que vén. 506 00:43:55,884 --> 00:43:58,303 Por que? Porque estou embarazada? 507 00:43:58,804 --> 00:44:03,558 Porque tes un puto exército de cubanos, e van facer o que lles pidas. Por iso. 508 00:44:11,483 --> 00:44:12,526 Isto é noso. 509 00:44:13,985 --> 00:44:15,737 É teu e meu, e é fermoso. 510 00:44:19,032 --> 00:44:21,201 E témonos que coidar un pouco máis. 511 00:44:21,827 --> 00:44:23,787 Queda co teu territorio. 512 00:44:24,996 --> 00:44:26,415 Non necesitas máis nada. 513 00:44:28,125 --> 00:44:30,085 Como vai o labor de intelixencia? 514 00:44:30,085 --> 00:44:32,838 Rafa devolveume o meu territorio. 515 00:44:35,048 --> 00:44:37,384 Mais non quedaches a gusto. 516 00:44:39,219 --> 00:44:40,053 Non. 517 00:44:40,971 --> 00:44:42,431 A túa amiga que morreu... 518 00:44:43,932 --> 00:44:44,933 Que tería dito? 519 00:44:47,394 --> 00:44:48,854 Que seguise loitando. 520 00:44:50,397 --> 00:44:51,523 Mais? 521 00:44:51,523 --> 00:44:54,025 Ela non tiña fillos. Eu si. 522 00:44:55,193 --> 00:44:59,489 E sinto que canto máis loito por eles, máis se afastan de min. 523 00:45:00,824 --> 00:45:02,534 E agora estou embarazada. 524 00:45:07,622 --> 00:45:11,001 Traer unha vida a este mundo é unha gran responsabilidade. 525 00:45:12,419 --> 00:45:13,503 Quitala, tamén. 526 00:45:16,298 --> 00:45:17,382 Cando estás aquí, 527 00:45:18,175 --> 00:45:21,261 podes ver os grandes ciclos da historia, Griselda. 528 00:45:22,262 --> 00:45:23,889 E decátaste de que o tempo... 529 00:45:25,807 --> 00:45:27,434 non vai en liña recta. 530 00:45:29,060 --> 00:45:30,812 É un círculo 531 00:45:31,897 --> 00:45:33,148 que non se detén. 532 00:45:38,987 --> 00:45:42,532 Moi poucas persoas poden romper ese ciclo. 533 00:45:45,035 --> 00:45:46,453 Que me estás dicindo? 534 00:45:46,453 --> 00:45:50,832 Que non podo parar os Ochoa, e que é unha estupidez intentalo? 535 00:45:51,708 --> 00:45:55,587 Estou dicindo que non necesitas os meus consellos. 536 00:45:59,800 --> 00:46:01,593 Ti coñeces a túa verdade. 537 00:46:20,946 --> 00:46:23,824 Nós non fixemos isto por un montón de coca. 538 00:46:25,534 --> 00:46:31,665 Fixémolo para que eses fillos de puta se sintan como nos sentimos nós! 539 00:46:31,665 --> 00:46:35,669 Sen poder! Con medo! 540 00:46:36,920 --> 00:46:42,634 E non imos parar ata que eses cabróns se poñan de xeonllos 541 00:46:42,634 --> 00:46:46,346 e roguen que paremos. 542 00:47:22,883 --> 00:47:24,551 Polo teu primo, Miguelito. 543 00:47:29,472 --> 00:47:30,891 Si, Madriña. 544 00:48:42,170 --> 00:48:45,840 Interrompemos a programación habitual con novas de última hora. 545 00:48:45,840 --> 00:48:49,970 Un home sufriu un ataque brutal no Aeroporto Nacional de Miami. 546 00:48:49,970 --> 00:48:54,474 Ao parecer, o atacante intentouno decapitar 547 00:48:54,474 --> 00:48:57,102 cunha espada ou baioneta grande. 548 00:48:57,102 --> 00:48:59,521 Estean atentos para máis información. 549 00:49:07,404 --> 00:49:08,488 Rafa. 550 00:49:09,114 --> 00:49:10,115 Acaba de chegar. 551 00:49:27,757 --> 00:49:28,591 Diga? 552 00:49:28,591 --> 00:49:32,637 QUE XUNTOS FAGAMOS OURO 553 00:49:33,513 --> 00:49:35,765 Rafa, para vostede. 554 00:49:53,074 --> 00:49:53,908 Ola. 555 00:49:55,076 --> 00:49:59,205 Seguín o teu consello. Nada de dinamita. 556 00:49:59,205 --> 00:50:02,751 Isto é unha puta loucura, Griselda. 557 00:50:02,751 --> 00:50:05,378 Non, era necesario. 558 00:50:06,171 --> 00:50:08,882 Recibiches o meu agasallo? Liches a inscrición? 559 00:50:08,882 --> 00:50:13,428 Non sei que máis queres. Xa che din o que querías. 560 00:50:13,428 --> 00:50:16,264 Mira, cabrón. Déchesme o que xa era meu. 561 00:50:16,264 --> 00:50:18,600 Díxenlle a todos os camelos da cidade 562 00:50:18,600 --> 00:50:22,062 que lles pasará o mesmo que a Papo se non fan o que digo. 563 00:50:22,771 --> 00:50:25,023 Quero a cidade para min, Rafa. Toda. 564 00:50:25,690 --> 00:50:28,276 Aconsélloche que vaias onda Fabio Ochoa 565 00:50:28,276 --> 00:50:31,863 e lle digas que a Miami non manda un gramo de cocaína 566 00:50:31,863 --> 00:50:34,282 se non é a través de min. 567 00:50:39,954 --> 00:50:42,665 Fixéchelo diante de centos de testemuñas. 568 00:50:42,665 --> 00:50:44,375 Non tes escapatoria. 569 00:50:45,293 --> 00:50:50,006 Axúdanos a coller a Griselda, e o fiscal porache as cousas máis fáciles. 570 00:50:54,928 --> 00:50:57,555 Nunca direi unha puta palabra. 571 00:51:13,947 --> 00:51:15,657 Dixon dixo que querías falar. 572 00:51:18,118 --> 00:51:20,286 Antes sabías gardar segredos, Uber. 573 00:51:23,998 --> 00:51:26,209 Pensei que el debería sabelo. 574 00:51:33,800 --> 00:51:34,926 Enténdoo. 575 00:51:34,926 --> 00:51:37,470 Mais a próxima vez, fala comigo primeiro. 576 00:51:48,648 --> 00:51:51,359 As cousas van volver ser como antes. 577 00:51:53,987 --> 00:51:55,280 Mellor ca antes. 578 00:52:25,185 --> 00:52:27,353 Díxenche que todo ía saír ben. 579 00:52:27,353 --> 00:52:28,271 Xa. 580 00:52:29,397 --> 00:52:31,274 Sempre saes coa túa. 581 00:52:38,907 --> 00:52:41,868 A nosa nova familia vai ter todo o que necesite. 582 00:53:07,852 --> 00:53:10,605 Que non se che suban os fumes á cabeza, rula. 583 00:53:11,272 --> 00:53:12,649 Está arriba. 584 00:53:20,490 --> 00:53:22,200 Adiante, por favor. 585 00:53:24,577 --> 00:53:27,622 Un pracer coñecerte, Griselda Blanco. 586 00:53:28,915 --> 00:53:30,416 E ti debes ser Arturo. 587 00:53:31,334 --> 00:53:32,460 Eu son Fabio Ochoa. 588 00:53:33,211 --> 00:53:35,004 Moito gusto. O pracer é meu. 589 00:53:35,004 --> 00:53:36,589 Por favor, sentade. 590 00:53:43,221 --> 00:53:46,432 Estamos todos moi impresionados co que tes feito aquí. 591 00:53:47,183 --> 00:53:49,978 Non é doado dominar estas cidades gringas. 592 00:53:49,978 --> 00:53:54,983 Tantos egos, tantas armas, e ti. 593 00:53:56,651 --> 00:53:57,485 Unha muller. 594 00:53:58,736 --> 00:54:00,571 Era iso o que ías dicir, Fabio? 595 00:54:07,036 --> 00:54:07,996 Mais aquí estás. 596 00:54:10,873 --> 00:54:12,000 Aquí estou. 597 00:54:20,133 --> 00:54:22,427 Rafa díxome que queres estar a cargo. 598 00:54:23,052 --> 00:54:24,846 Si, iso é o que quero. 599 00:54:26,681 --> 00:54:28,516 Pois iso é o que vai pasar. 600 00:54:28,516 --> 00:54:33,396 A nosa operación en Miami, o noso produto, todo pasará a través de ti. 601 00:54:36,065 --> 00:54:39,402 Impresióname 602 00:54:39,902 --> 00:54:42,447 o traballadora e intelixente que es, 603 00:54:44,282 --> 00:54:46,617 mais tamén que sexas tan desapiadada. 604 00:54:47,493 --> 00:54:49,203 Neste caso, era necesario. 605 00:54:49,829 --> 00:54:50,705 Si. 606 00:54:51,831 --> 00:54:52,790 Ás veces é. 607 00:54:59,464 --> 00:55:03,009 Ese é o prezo que tes que pagar por te meter connosco. 608 00:55:04,427 --> 00:55:07,138 Para que non volva pasar. Entendido? 609 00:55:20,360 --> 00:55:23,821 Agora, falemos de negocios. 610 00:57:01,836 --> 00:57:06,841 Subtítulos: Lorena Pereiras