1 00:00:06,376 --> 00:00:09,584 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:36,584 --> 00:00:39,043 ACTIVIDADE: ESCANEANDO 3 00:01:01,376 --> 00:01:04,376 Quen carallo son eses? 4 00:01:12,709 --> 00:01:14,959 Unidade de apoio un, contesta. 5 00:01:16,626 --> 00:01:18,834 Temos un problema. Recíbesme? 6 00:01:18,918 --> 00:01:20,543 Non uses esta canle. 7 00:01:20,626 --> 00:01:23,459 Non, temos un problema grave. Non me oíches? 8 00:01:24,418 --> 00:01:27,959 Non se traen avogados ás operacións. Que non uses esta canle. 9 00:01:29,543 --> 00:01:30,543 Ao carallo! 10 00:02:12,543 --> 00:02:16,876 DÚAS SEMANAS ANTES 11 00:02:26,459 --> 00:02:28,293 O Sr. Nyland xa o pode atender. 12 00:02:29,043 --> 00:02:30,043 Moi ben. Grazas. 13 00:02:30,543 --> 00:02:36,668 SECRETO 14 00:02:36,751 --> 00:02:38,751 - Señor. - É vostede Henderson? 15 00:02:40,876 --> 00:02:43,209 Hendricks, señor. Owen Hendricks. 16 00:02:43,293 --> 00:02:45,126 Canto leva aquí, Sr. Hendricks? 17 00:02:45,626 --> 00:02:49,168 Dez minutos, pero entendo que está moi ocupado dirixindo a… 18 00:02:49,834 --> 00:02:54,876 Canto levo traballando aquí? Dous días. Acabei agora o curso básico da CIA. 19 00:02:56,418 --> 00:02:58,209 Vouno mandar ao Senado. 20 00:03:00,543 --> 00:03:01,459 Punto para min. 21 00:03:01,959 --> 00:03:05,126 Disque o director do Comité de Intelixencia do Senado 22 00:03:05,209 --> 00:03:08,626 vai ler un documento clasificado nunha audiencia pública. 23 00:03:09,626 --> 00:03:11,584 Quere que lle diga que non pode. 24 00:03:11,668 --> 00:03:14,293 Dígalle que é un inchapelotas 25 00:03:14,376 --> 00:03:16,876 e a ver se se engancha na hélice dun avión. 26 00:03:18,334 --> 00:03:21,959 Si, señor. Refírese a dicirllo en sentido figurado, non? 27 00:03:23,334 --> 00:03:24,584 Pois non. 28 00:03:25,668 --> 00:03:27,376 Escóiteme ben, Sr. Hendricks. 29 00:03:27,459 --> 00:03:30,668 Se non impide que o senador Smoot lea o documento, 30 00:03:31,209 --> 00:03:34,543 mañá xa non vai traballar aquí. Queda claro? 31 00:03:39,626 --> 00:03:42,251 Está vostede acabado. 32 00:03:43,584 --> 00:03:47,876 Nyland pensa que me pode ocultar as desfeitas encubertas da Axencia, 33 00:03:47,959 --> 00:03:49,168 pero está enganado! 34 00:03:49,751 --> 00:03:53,501 Se quero ler un documento, leo un documento! 35 00:03:53,584 --> 00:03:58,001 Teño o mandato constitucional de supervisar a CIA 36 00:03:58,084 --> 00:04:00,626 e penso exercelo pero ben, 37 00:04:00,709 --> 00:04:03,293 empezando por citalo a comparecer a vostede. 38 00:04:03,793 --> 00:04:06,043 E agora vou volver á miña audiencia… 39 00:04:08,876 --> 00:04:10,834 e vou citar este documento. 40 00:04:16,584 --> 00:04:21,084 Está no seu dereito, como director do… comité, 41 00:04:21,709 --> 00:04:24,668 pero lémbrolle que revelar información clasificada 42 00:04:24,751 --> 00:04:27,876 infrinxe o artigo 798 do título 18 do Código dos EUA 43 00:04:27,959 --> 00:04:30,834 e implica, ademais das sancións penais, 44 00:04:30,918 --> 00:04:33,834 unha posible amoestación e censura no Senado. 45 00:04:33,918 --> 00:04:38,168 E unha merda destas quedaría fatal nun vídeo de campaña contra vostede. 46 00:04:38,793 --> 00:04:42,084 Se non necesita nada máis, teño que volver a Langley. 47 00:04:43,293 --> 00:04:44,584 Un pracer coñecelo. 48 00:04:50,793 --> 00:04:52,251 - Que tal foi? - Ben. 49 00:04:52,334 --> 00:04:54,251 - Dave! - Grazas pola axuda. 50 00:04:54,334 --> 00:04:57,084 Ao meu despacho! Xa! 51 00:05:00,168 --> 00:05:05,043 - Viches a última liña de roupa da CIA? - Vin. Vou pillar un pasamontañas deses. 52 00:05:05,126 --> 00:05:08,168 - Xa, son moi chulos. - E nin sequera fago esquí. 53 00:05:08,251 --> 00:05:10,793 - Xa… - Para ter pinta de ladrón de bancos. 54 00:05:11,376 --> 00:05:12,209 Imos aló. 55 00:05:13,959 --> 00:05:15,418 Merda, perdón. 56 00:05:15,501 --> 00:05:16,834 Vale… O que? 57 00:05:16,918 --> 00:05:17,751 AVOGADO 58 00:05:17,834 --> 00:05:22,251 - Si. Ola. É o meu despacho. - Disque Nyland te mandou a Capitol Hill. 59 00:05:22,334 --> 00:05:25,709 Eu non fun ao Senado en seis meses e ti xa no segundo día? 60 00:05:25,793 --> 00:05:28,376 - Non foi premio ningún. - Que fuches facer? 61 00:05:29,543 --> 00:05:31,668 Asesorar sobre confidencialidade. 62 00:05:31,751 --> 00:05:34,251 Non nos mintas. Fun informador profesional. 63 00:05:34,334 --> 00:05:36,876 Viches o director de Intelixencia do Senado. 64 00:05:36,959 --> 00:05:39,501 Si. E saín escaldado. 65 00:05:39,584 --> 00:05:42,584 Fun carne de canón no duelo entre Nyland e Smoot. 66 00:05:42,668 --> 00:05:44,584 O director só me mandou porque… 67 00:05:44,668 --> 00:05:46,459 Os novatos levan o peor choio. 68 00:05:47,668 --> 00:05:49,084 Pero isto que é? 69 00:05:49,168 --> 00:05:50,376 Isto son "os Tolos". 70 00:05:50,459 --> 00:05:53,293 - Os chalados. - Intentos de chantaxear a CIA. 71 00:05:53,376 --> 00:05:57,209 Cada carta é unha ameaza de revelar información clasificada 72 00:05:57,293 --> 00:05:58,751 se non reciben axuda. 73 00:05:58,834 --> 00:06:01,668 - Iso é extorsión. - Recibimos centos cada ano. 74 00:06:01,751 --> 00:06:05,543 O teu traballo? Comprobar se o remitente pode cumprir a ameaza. 75 00:06:08,376 --> 00:06:10,084 Con que frecuencia pasa iso? 76 00:06:11,084 --> 00:06:11,918 Ás veces pasa. 77 00:06:12,001 --> 00:06:15,918 Si. E, se os segredos que ameazan con revelar son graves, 78 00:06:16,501 --> 00:06:18,543 a investigación é un pesadelo. 79 00:06:34,709 --> 00:06:36,751 - Moito café tomas, meu. - Hostia! 80 00:06:38,459 --> 00:06:40,126 Non me podo permitir durmir. 81 00:06:40,209 --> 00:06:44,584 - Por? Estás cun informe? - Non, eu traballo directamente co SOG. 82 00:06:45,876 --> 00:06:49,084 Con quen? Aínda non me aclaro coas siglas. 83 00:06:49,168 --> 00:06:50,959 Grupo de Operacións Especiais. 84 00:06:51,043 --> 00:06:54,918 Imaxina que a metanfetamina cobrase vida e tivese acceso a armas. 85 00:06:55,668 --> 00:06:58,293 Levo neste edificio tres días. 86 00:06:59,001 --> 00:07:02,793 Se saio, eses putos chalados van iniciar un operativo encuberto 87 00:07:02,876 --> 00:07:05,668 que eu, sen axuda, estou evitando que executen. 88 00:07:05,751 --> 00:07:07,751 Non lle fan caso ao seu avogado? 89 00:07:09,126 --> 00:07:11,876 Non. Isto é unha organización de estafadores. 90 00:07:11,959 --> 00:07:16,293 Somos os avogados duns tramposos e mentireiros que intentan sabotarnos. 91 00:07:16,376 --> 00:07:20,293 Sé listo e lisca antes de que che seque a tinta no contrato, rapaz. 92 00:07:20,793 --> 00:07:21,793 Grazas. 93 00:07:21,876 --> 00:07:24,293 Prendéronme inxustamente en Connecticut. 94 00:07:24,376 --> 00:07:27,084 Non sei como acabou aquel xamón no meu bolso. 95 00:07:27,168 --> 00:07:30,668 Sei o dos extraterrestres. Traballei coa CIA en Cuba no 63. 96 00:07:30,751 --> 00:07:32,709 Unha operación de falsa bandeira. 97 00:07:32,793 --> 00:07:36,126 Se non me axudan, revelo o que sei do asasinato de JFK. 98 00:07:36,209 --> 00:07:38,168 O meu mozo ponme os cornos. 99 00:07:38,251 --> 00:07:42,584 Ou o obrigan a parar ou falo dos cárceres secretos da CIA en Jersey. 100 00:07:49,293 --> 00:07:51,251 Chámome Max Meladze, 101 00:07:51,334 --> 00:07:53,168 estou nun cárcere de Phoenix. 102 00:07:53,668 --> 00:07:58,668 Sáquenme ou revelo os seus segredos sobre Selby Shaw, PW Butcher e demais. 103 00:07:59,251 --> 00:08:00,251 Débenmo. 104 00:08:02,418 --> 00:08:05,834 BUSCA AVANZADA 105 00:08:14,959 --> 00:08:17,584 MULLER DETIDA NUN BRUTAL… 106 00:08:43,876 --> 00:08:46,459 - Ei! - Hostia! 107 00:08:46,543 --> 00:08:48,043 Son Owen. Estás ben? 108 00:08:48,543 --> 00:08:51,001 Son eu, o do café. 109 00:08:53,168 --> 00:08:54,001 Que queres? 110 00:08:54,084 --> 00:08:56,459 Estou cos Tolos e quería pedirche axuda. 111 00:08:56,543 --> 00:08:58,376 Non. Diso nada! 112 00:08:59,001 --> 00:09:00,209 É un momentiño. 113 00:09:00,293 --> 00:09:04,751 Regra número un: nunca axudes a ninguén aquí. 114 00:09:04,834 --> 00:09:06,251 Non te fíes de ninguén. 115 00:09:06,334 --> 00:09:09,459 - Isto está deseñado para enfrontarnos. - Vale. 116 00:09:10,459 --> 00:09:13,084 Entendido. Pero é que necesito que me axudes. 117 00:09:13,168 --> 00:09:16,043 Como fago para que me contestes unhas preguntas? 118 00:09:18,334 --> 00:09:19,459 Tes speed? 119 00:09:20,459 --> 00:09:21,293 Non. 120 00:09:22,209 --> 00:09:25,709 - Foi divertido. - A miña compañeira de piso toma Adderall. 121 00:09:26,209 --> 00:09:28,459 Váleme. Cinco pastillas por pregunta. 122 00:09:28,543 --> 00:09:33,668 Nesta carta, atopei un nome moi raro: PW Butcher. 123 00:09:33,751 --> 00:09:35,293 Tes idea do que significa? 124 00:09:35,376 --> 00:09:36,876 Si, é un criptónimo. 125 00:09:37,459 --> 00:09:40,126 Un nome en clave para operacións clandestinas. 126 00:09:40,209 --> 00:09:42,418 As primeiras letras, PW, un dígrafo, 127 00:09:42,501 --> 00:09:45,584 o código do país onde se executa a operación. 128 00:09:45,668 --> 00:09:49,001 A palabra de dúas sílabas, Butcher, é o nome en clave. 129 00:09:49,084 --> 00:09:50,209 Onde o atopaches? 130 00:09:50,293 --> 00:09:53,709 Nunha carta de chantaxe. Unha muller presa por asasinato. 131 00:09:54,209 --> 00:09:57,876 Xa. Un recurso non podería saber un criptónimo da Axencia 132 00:09:57,959 --> 00:09:59,418 nin saber que existen. 133 00:09:59,501 --> 00:10:01,293 Queres dicir que vai en serio? 134 00:10:03,209 --> 00:10:04,876 - Non me compete. - Veña, ho! 135 00:10:06,959 --> 00:10:08,751 Douche dez pastillas máis. 136 00:10:12,459 --> 00:10:14,251 Sigo investigando isto ou non? 137 00:10:16,709 --> 00:10:17,709 Eu non o faría. 138 00:10:18,668 --> 00:10:20,751 Por que soa como un "si"? 139 00:10:21,334 --> 00:10:25,543 Vale. Se non o foses investigar, a onde non irías? 140 00:10:30,334 --> 00:10:32,168 Veño por unha operación antiga. 141 00:10:35,001 --> 00:10:36,793 Señoras, poderían…? 142 00:10:36,876 --> 00:10:38,334 Que hai, meu? Podes…? 143 00:10:43,209 --> 00:10:46,334 Que hai? Son Owen Hendricks, do Departamento Xurídico. 144 00:10:46,418 --> 00:10:47,626 Non me interesa. 145 00:10:47,709 --> 00:10:50,543 Respecto a túa opinión, pero necesito respostas. 146 00:10:52,418 --> 00:10:53,501 Acaba logo. 147 00:10:53,584 --> 00:10:54,459 Claro. 148 00:10:57,459 --> 00:11:00,459 Que me podes contar do criptónimo PW Butcher? 149 00:11:00,543 --> 00:11:04,084 PW é o código de país de Belarús. E Butcher é o… 150 00:11:04,168 --> 00:11:07,001 nome en clave dunha operación en Belarús no 2009. 151 00:11:07,084 --> 00:11:07,918 Vale. Moi ben. 152 00:11:08,001 --> 00:11:10,293 E o nome Selby Shaw? 153 00:11:10,793 --> 00:11:13,793 - Que? - Está relacionado con PW Butcher? 154 00:11:17,376 --> 00:11:19,001 Non teño acceso a detalles, 155 00:11:19,084 --> 00:11:21,959 pero Selby Shaw é o pseudónimo dunha axente da DO 156 00:11:22,043 --> 00:11:24,334 que traballaba en Belarús daquela. 157 00:11:24,418 --> 00:11:26,584 Vale. Os dous levan a… 158 00:11:27,918 --> 00:11:30,584 Podes poñer aí "Max Meladze"? Maxine Meladze. 159 00:11:30,668 --> 00:11:32,709 M E L A D Z E. A ver o que sae. 160 00:11:37,709 --> 00:11:38,543 Por favor. 161 00:11:42,793 --> 00:11:43,626 Nada. 162 00:11:44,293 --> 00:11:45,876 - Estás seguro? - Si. 163 00:11:47,126 --> 00:11:48,751 De que vai isto? 164 00:11:51,918 --> 00:11:54,418 Hai unha carta de chantaxe de Meladze. 165 00:11:54,501 --> 00:11:55,709 Hostia. 166 00:11:56,293 --> 00:11:58,834 - Que? - Ninguén de fóra da Axencia 167 00:11:58,918 --> 00:12:02,834 debería saber un criptónimo clasificado e o pseudónimo dun axente. 168 00:12:02,918 --> 00:12:04,709 Meladze podería ser dos nosos? 169 00:12:05,251 --> 00:12:07,293 Se non aparece no sistema, non. 170 00:12:08,543 --> 00:12:09,543 Pero…? 171 00:12:11,251 --> 00:12:14,709 Se era un recurso extraoficial, non consta nos expedientes 172 00:12:14,793 --> 00:12:19,168 - nin se pode identificar o supervisor. - Por que a ían fichar a medias? 173 00:12:19,876 --> 00:12:22,334 Igual era unha fonte nova sen validar. 174 00:12:22,418 --> 00:12:24,584 Con ese coñecemento da institución? 175 00:12:25,126 --> 00:12:25,959 Non. 176 00:12:26,626 --> 00:12:27,793 É preocupante. 177 00:12:28,751 --> 00:12:29,584 Xa. 178 00:12:30,709 --> 00:12:34,043 Escoita. Necesito que me deas o nome real de Selby Shaw. 179 00:12:38,834 --> 00:12:41,043 - E cre que isto é certo? - Si. 180 00:12:41,126 --> 00:12:43,418 Señor, ten información clasificada. 181 00:12:43,501 --> 00:12:45,834 - E atopou isto todo nunhas horas. - Si. 182 00:12:45,918 --> 00:12:49,084 E sei por onde seguir. O nome real da nosa axente. 183 00:12:50,084 --> 00:12:53,001 Selby Shaw é un pseudónimo de Dawn Gilbane. 184 00:12:54,001 --> 00:12:55,918 Pero vostede de que vai? 185 00:12:58,084 --> 00:13:01,751 Nunca escriba o nome real dun axente e o seu pseudónimo xuntos. 186 00:13:04,209 --> 00:13:07,209 - Perdoe, non o sabía. - Que veñan Kitchens e Ebner. 187 00:13:13,418 --> 00:13:14,834 Isto non pinta ben. 188 00:13:18,334 --> 00:13:21,418 - Onde está agora? - Meladze? Nun cárcere de Phoenix. 189 00:13:21,501 --> 00:13:22,834 - A axente. - Gilbane. 190 00:13:22,918 --> 00:13:25,084 Nunha base secreta da CIA no Iemen. 191 00:13:27,209 --> 00:13:29,959 - Mande. - Quen levaba os Tolos antes? 192 00:13:31,376 --> 00:13:33,584 - Eu. - Chegou a abrir a carpeta? 193 00:13:33,668 --> 00:13:36,709 Claro, señor. Fixen a dilixencia debida con todo o… 194 00:13:37,876 --> 00:13:39,626 Siga coa investigación. 195 00:13:40,209 --> 00:13:43,209 - Ocúpanse estes de quitarlle traballo. - Si, señor. 196 00:13:48,793 --> 00:13:49,626 Mande. 197 00:14:11,209 --> 00:14:14,751 - Grazas por xogarma. - Perdoa, meu. Non tiña nin idea. 198 00:14:14,834 --> 00:14:16,626 Unha merda. Fixéchesme a cama. 199 00:14:17,168 --> 00:14:20,834 A cama fixéchela ti pasando desas carpetas coma da merda. 200 00:14:20,918 --> 00:14:23,751 Diso nada. Violet ocupouse delas antes ca min. 201 00:14:23,834 --> 00:14:27,876 - Cantos casos de chantaxe atopaches? - Uns poucos. Como é o conto? 202 00:14:27,959 --> 00:14:30,876 Un posible recurso extraoficial que sabe de máis. 203 00:14:30,959 --> 00:14:33,876 - Como vou ao Iemen? - Non che mandou ir ao Iemen. 204 00:14:33,959 --> 00:14:36,043 Mandouche seguir coa investigación. 205 00:14:36,126 --> 00:14:39,459 As respostas que necesito están no Iemen. Como chego alá? 206 00:14:41,918 --> 00:14:45,209 - Clase turista. Aluga un coche barato. - En serio? 207 00:14:47,126 --> 00:14:50,084 Si. E garda os recibos de todo. 208 00:14:50,584 --> 00:14:52,959 Por algo a isto lle chaman "a Compañía". 209 00:14:55,834 --> 00:14:59,251 Creo que nunca te vira bailar así. 210 00:14:59,334 --> 00:15:00,293 É unha pasada. 211 00:15:02,751 --> 00:15:04,959 - A ver, que pasa aquí? - Vale. 212 00:15:05,043 --> 00:15:09,126 Se a meto, tócache facer a compra da semana. 213 00:15:10,793 --> 00:15:13,418 Ai, que pouco lle faltou! 214 00:15:14,334 --> 00:15:19,084 A ver. Vas ter que limpar o baño. Non. A ducha que usamos Owen e mais eu. 215 00:15:19,168 --> 00:15:20,959 Que noxo! 216 00:15:22,918 --> 00:15:23,959 Grazas! 217 00:15:25,043 --> 00:15:26,584 - Ola. - Ola. 218 00:15:27,084 --> 00:15:29,043 Trouxeches cervexa? Escribinche. 219 00:15:29,543 --> 00:15:30,834 Non tal. 220 00:15:32,251 --> 00:15:33,501 Ola. 221 00:15:34,584 --> 00:15:36,876 - Ola, meu. - Escribinlle a miña nai. 222 00:15:36,959 --> 00:15:39,084 Non, acouga ti, mamá. 223 00:15:40,084 --> 00:15:43,501 - Que putada. Hai algo de comer? - Igual queda pizza. 224 00:15:46,001 --> 00:15:47,959 Que roupa é esa? 225 00:15:48,584 --> 00:15:51,668 É de Tad. Quedamos despois para facer un xogo de rol. 226 00:15:51,751 --> 00:15:54,126 Voulle facer unha entrega especial. 227 00:15:54,209 --> 00:15:55,959 Para que preguntaría eu? 228 00:15:58,668 --> 00:16:00,584 - Isto para min. - A onde vas? 229 00:16:00,668 --> 00:16:02,668 - Tócache. - Vou facer a maleta. 230 00:16:02,751 --> 00:16:03,876 Para ir a onde? 231 00:16:04,584 --> 00:16:05,709 É confidencial. 232 00:16:07,501 --> 00:16:09,459 Mira que chulería gasta. 233 00:16:09,543 --> 00:16:11,418 Moita. Por que tanta? 234 00:16:14,209 --> 00:16:16,584 Estades preparados, Chicago? 235 00:16:24,584 --> 00:16:28,168 A ver, en serio, a onde vas? 236 00:16:28,251 --> 00:16:29,959 En serio, non cho podo dicir. 237 00:16:31,293 --> 00:16:33,126 Vale. Que tal o traballo novo? 238 00:16:33,668 --> 00:16:37,459 Fixeches amigos ou derrocaches algún goberno estranxeiro? 239 00:16:37,543 --> 00:16:40,251 Amigos, non. Gobernos, pode ser. 240 00:16:40,334 --> 00:16:41,418 Cruzo os dedos. 241 00:16:44,543 --> 00:16:49,209 Chamoume túa nai. Esqueceuche contarlle que xa non estamos xuntos. 242 00:16:49,834 --> 00:16:54,501 Levo sen falar con ela seis meses, así que tampouco sabe que traballo na CIA. 243 00:16:56,793 --> 00:16:59,251 Non podes evitala para sempre. 244 00:16:59,751 --> 00:17:00,834 Si que podo. 245 00:17:00,918 --> 00:17:02,376 E que tal no bufete? 246 00:17:03,168 --> 00:17:06,043 Só fago pasar frío nunha sala de conferencias, 247 00:17:06,126 --> 00:17:09,834 lendo especificacións técnicas de máquinas de diálise homicidas. 248 00:17:09,918 --> 00:17:12,209 O primeiro ano de avogada nun bufete. 249 00:17:12,293 --> 00:17:14,793 Debiches entrar na Axencia comigo. 250 00:17:14,876 --> 00:17:18,126 Mi ma. Imaxínalo? Meus pais mátanme. 251 00:17:19,751 --> 00:17:22,918 Hai unha idea: "Tanto me dá o que pensen meus pais." 252 00:17:23,001 --> 00:17:24,126 Moi liberadora. 253 00:17:24,209 --> 00:17:27,918 - Descubriches a onde vai? - Os meus poderes non dan resultado. 254 00:17:28,459 --> 00:17:30,168 Podo levar isto? 255 00:17:30,251 --> 00:17:31,418 - Non. - Grazas. 256 00:17:31,501 --> 00:17:34,793 Vai en avión seguro, porque leva maleta de man. 257 00:17:34,876 --> 00:17:38,918 Pero non é unha viaxe longa, porque só leva a maleta de man. 258 00:17:39,001 --> 00:17:42,793 Todo ese poder de dedución malgastado no Departamento do Tesouro. 259 00:17:42,876 --> 00:17:45,918 Por esa, Tad e eu imos xogar no teu cuarto, 260 00:17:46,001 --> 00:17:49,251 mentres ti vas circunnavegar o mundo no teu jet oficial. 261 00:17:49,334 --> 00:17:52,751 - Non vou en jet. - Desde cando os espías van en comercial? 262 00:17:53,251 --> 00:17:54,293 Non son espía. 263 00:17:54,376 --> 00:17:55,418 Son avogado. 264 00:18:07,043 --> 00:18:11,209 IEMEN 265 00:18:51,793 --> 00:18:52,626 Ei! 266 00:18:53,501 --> 00:18:55,876 Que hai, meu? Que tal? 267 00:18:56,584 --> 00:18:59,834 Son Owen Hendricks, do Departamento Xurídico. 268 00:19:00,626 --> 00:19:04,543 Merda. Ai, hostia! Escoita, meu. Non, espera! 269 00:19:04,626 --> 00:19:05,959 Deus! 270 00:19:11,418 --> 00:19:13,793 Ei, ola. Creo que houbo unha confusión. 271 00:19:13,876 --> 00:19:14,709 Hostia… 272 00:19:17,709 --> 00:19:19,626 Deixástesme os dentes a abanear. 273 00:19:20,793 --> 00:19:23,084 Son estadounidense, pailán. 274 00:19:24,168 --> 00:19:25,334 Así que houbo unha… 275 00:19:30,251 --> 00:19:34,418 Menos mal. Ola. Son Owen Hendricks, do Departamento Xurídico. 276 00:19:35,001 --> 00:19:38,334 E pasas a saudar por unha base secreta sen avisar. 277 00:19:38,418 --> 00:19:40,501 Perdón. Tiña que chamar? 278 00:19:45,251 --> 00:19:47,626 Nin un cable sobre a túa viaxe. 279 00:19:48,209 --> 00:19:51,584 Nin autorización do embaixador nin cobertura diplomática. 280 00:19:51,668 --> 00:19:53,626 - É que son novo. - Es idiota. 281 00:19:54,543 --> 00:19:58,209 - Ou só fas como que o es. - Ningunha das dúas. 282 00:19:58,709 --> 00:20:01,876 Vin en avión para falarche dunha operación antiga, 283 00:20:01,959 --> 00:20:04,959 - de hai anos. Que…? - Unha merda. 284 00:20:08,209 --> 00:20:09,334 De que cor é isto? 285 00:20:13,459 --> 00:20:14,293 Azul? 286 00:20:15,959 --> 00:20:17,251 Pois si que es novo. 287 00:20:18,418 --> 00:20:21,501 Se non, a Axencia teríache sacado un pasaporte negro, 288 00:20:21,584 --> 00:20:24,084 que che daría inmunidade diplomática. 289 00:20:25,751 --> 00:20:26,751 Ninguén mo dixo. 290 00:20:27,334 --> 00:20:28,376 - Espídeo. - Que? 291 00:20:29,168 --> 00:20:31,876 Que? Esperade aí. Que facedes? Non, non! 292 00:20:31,959 --> 00:20:32,918 Tíos! 293 00:20:35,959 --> 00:20:39,126 Hostia, non! Que o traxe é novo! De que vai isto? 294 00:20:39,209 --> 00:20:43,668 É o que quero saber eu. Ti non viñeches para falar dunha operación antiga. 295 00:20:43,751 --> 00:20:46,709 Viñeches para investigarnos. Es un elemento hostil. 296 00:20:46,793 --> 00:20:50,668 E cagáchela. Sen identidade encuberta nin pasaporte diplomático, 297 00:20:50,751 --> 00:20:54,376 a secreta iemení detén os espías e pégalles un tiro na cabeza. 298 00:20:54,459 --> 00:20:57,751 Cun pasaporte negro, depórtanos sen máis. 299 00:20:57,834 --> 00:21:01,168 Pero iso tíñancho que dicir antes de subires ao avión. 300 00:21:02,209 --> 00:21:05,209 - Xa fixeches inimigos no traballo? - Parece que si. 301 00:21:05,293 --> 00:21:09,001 - Amigos aquí non tes, seguro. - Vale. Esperade… 302 00:21:09,501 --> 00:21:12,834 A ver… a cousa vai ser así. 303 00:21:13,959 --> 00:21:16,668 Ou me dis que fas na miña base secreta 304 00:21:16,751 --> 00:21:20,293 ou a PSO recibe un aviso anónimo de que non andas a nada bo 305 00:21:20,376 --> 00:21:24,543 e ti acabas cunha aguillada nun lado e unha bala de punta oca no outro. 306 00:21:24,626 --> 00:21:25,668 Non! 307 00:21:26,751 --> 00:21:27,584 Hostia! 308 00:21:28,334 --> 00:21:31,001 Deus! Estouche dicindo a verdade! 309 00:21:31,084 --> 00:21:34,418 Atopei unha carta de chantaxe sobre unha operación túa. 310 00:21:34,501 --> 00:21:36,751 Espera, espera! Escóitame. 311 00:21:36,834 --> 00:21:39,918 É a miña primeira semana. Fóronme buscar a Dereito. 312 00:21:40,001 --> 00:21:44,084 Rexeitei postos ben pagados por unha necesidade patolóxica de estímulo 313 00:21:44,168 --> 00:21:46,293 porque meu pai morreu en Afganistán. 314 00:21:46,376 --> 00:21:50,418 Miña nai non o supera e eu dediqueime a fuxir 315 00:21:50,501 --> 00:21:53,876 para non estar máis de cinco minutos cos meus pensamentos. 316 00:21:53,959 --> 00:21:58,459 Cando veu o recrutador e me dixo o que podería facer, pensei: "Ao carallo." 317 00:21:58,543 --> 00:22:02,168 E ao carallo. Igual ata consigo que meu pai estea orgulloso. 318 00:22:02,251 --> 00:22:06,418 Levo lanzándome a conseguir o que quero toda a vida, 319 00:22:06,501 --> 00:22:08,959 pero síntoo, porque agora entendo 320 00:22:09,043 --> 00:22:13,334 o puto fallo de cálculo que tiven ao aplicar ese enfoque á Axencia. 321 00:22:19,293 --> 00:22:20,376 Que operación era? 322 00:22:22,209 --> 00:22:24,876 PW Butcher. O recurso é Maxine Meladze. 323 00:22:24,959 --> 00:22:26,793 Mandou unha carta de chantaxe. 324 00:22:29,501 --> 00:22:30,543 Soltádeo. 325 00:22:38,543 --> 00:22:40,376 Si, hostia. Mexei por min. 326 00:22:40,876 --> 00:22:43,376 Parabéns. Facedes moi ben o traballo. 327 00:22:44,501 --> 00:22:46,084 Eu non coñecín a Meladze. 328 00:22:46,168 --> 00:22:47,418 Pero acórdaste dela. 329 00:22:48,084 --> 00:22:49,001 Vagamente. 330 00:22:49,501 --> 00:22:52,084 Proporcionoume HUMINT para unha operación. 331 00:22:52,584 --> 00:22:55,251 Se non lembro mal, era un recurso valioso. 332 00:22:55,334 --> 00:22:58,751 Activo de alto nivel na sección bielorrusa da mafia rusa. 333 00:22:58,834 --> 00:23:02,084 Tiña contactos moi importantes na intelixencia rusa. 334 00:23:02,584 --> 00:23:06,251 - Quen era o seu supervisor? - Síntoo, non me acorda. 335 00:23:06,334 --> 00:23:09,334 Hai moito tempo, dirixín centos de operacións máis. 336 00:23:09,418 --> 00:23:11,293 Pero ela era importante. 337 00:23:11,793 --> 00:23:15,043 Que alguén usase unha muller así extraoficialmente 338 00:23:15,126 --> 00:23:16,376 debería darche medo. 339 00:23:16,459 --> 00:23:20,668 Oes, perdoa polo "interrogatorio mellorado". 340 00:23:20,751 --> 00:23:22,834 - Xa. - Hainos que me gardan rancor. 341 00:23:22,918 --> 00:23:25,751 Para min, foi un fallo de comunicación 342 00:23:25,834 --> 00:23:30,168 e unha lección sobre protocolo ao interactuar con servizos clandestinos. 343 00:23:30,251 --> 00:23:33,751 Dis que non conte nada en Langley sobre a tortura, non? 344 00:23:33,834 --> 00:23:37,293 Xusto. Aínda que me dá que a algúns lles encantaría oílo. 345 00:23:37,793 --> 00:23:42,043 Xa, pero seguro que podo arranxar as cousas con eles. 346 00:23:43,043 --> 00:23:46,459 Traballar na CIA é coma un xogo das cadeiras continuo. 347 00:23:46,543 --> 00:23:51,043 Todo o mundo manobrando para ver quen ten cadeira ao parar a música. 348 00:23:51,126 --> 00:23:55,793 O máis fácil para asegurarse unha é cravarlle a navalla na perna ao do lado. 349 00:23:56,626 --> 00:23:59,626 Se non empezas a xogar e ver como funciona a cousa, 350 00:24:00,126 --> 00:24:01,459 vas acabar mal. 351 00:24:02,793 --> 00:24:04,543 Peor que cunha uña arrincada? 352 00:24:04,626 --> 00:24:07,793 As uñas volven crecer. Que teñas boa viaxe. 353 00:24:08,834 --> 00:24:10,959 E atento aos da PSO. 354 00:24:16,918 --> 00:24:18,126 EMBARCANDO 355 00:24:40,584 --> 00:24:41,584 Que tal foi? 356 00:24:58,043 --> 00:24:59,584 Non podo falar do tema. 357 00:25:00,334 --> 00:25:02,418 - Que? - Non podo falar do tema. 358 00:25:02,501 --> 00:25:06,209 - Veña, meu. Déixame durmir. - Que roupa é esa? 359 00:25:08,376 --> 00:25:09,959 Estragóuseme o traxe. 360 00:25:12,793 --> 00:25:15,001 Como te deixaron entrar no avión? 361 00:25:16,793 --> 00:25:21,251 País con estándares de seguridade baixos? Do terceiro mundo, pode ser? 362 00:25:21,334 --> 00:25:23,084 Que non podo falar do tema. 363 00:25:26,459 --> 00:25:28,168 - Que pasa? - Ai, Deus. 364 00:25:28,251 --> 00:25:31,834 - Owen meteuse nunha boa. - É o que máis lle gusta. 365 00:25:31,918 --> 00:25:34,959 - Pois isto non lle gustou. - Deixádesme durmir? 366 00:25:35,668 --> 00:25:36,501 Que pasou? 367 00:25:37,834 --> 00:25:39,334 Non podo falar do tema. 368 00:25:40,168 --> 00:25:41,209 Pero estou ben. 369 00:25:42,543 --> 00:25:43,668 Non o parece. 370 00:25:49,501 --> 00:25:50,334 A ver. 371 00:25:50,834 --> 00:25:52,918 Pero que fas? 372 00:25:55,126 --> 00:25:55,959 Ser persoa. 373 00:25:58,293 --> 00:26:00,209 Anda, ven para aquí. 374 00:26:00,751 --> 00:26:04,709 - Non quero engurras na roupa. - Falou a voz da xuventude. 375 00:26:09,126 --> 00:26:10,126 Vou tarde. 376 00:26:11,126 --> 00:26:13,293 Chámame se queres falar, vale? 377 00:26:13,376 --> 00:26:14,209 Grazas. 378 00:26:17,043 --> 00:26:17,959 Estás ben? 379 00:26:19,876 --> 00:26:20,959 Agora si. 380 00:26:22,043 --> 00:26:23,459 Fóra do meu cuarto. 381 00:26:24,418 --> 00:26:26,376 Vale. Durme un pouco. 382 00:26:34,084 --> 00:26:35,084 Non… 383 00:26:44,376 --> 00:26:46,959 - Si? - Póñoo co director xurídico. 384 00:26:48,209 --> 00:26:49,584 Onde carallo está? 385 00:26:59,751 --> 00:27:01,459 - Ola. - Que tal no Iemen? 386 00:27:03,543 --> 00:27:05,626 Moi ben, pero non grazas a vós. 387 00:27:06,418 --> 00:27:07,418 Mirade, 388 00:27:08,543 --> 00:27:10,418 as novatadas tanto me teñen, 389 00:27:10,501 --> 00:27:13,168 pero, se algún intenta torpedearme outra vez, 390 00:27:14,084 --> 00:27:15,418 imos ter un problema. 391 00:27:18,418 --> 00:27:20,876 Subo. O director xurídico necesítame. 392 00:27:21,668 --> 00:27:22,584 Outra vez. 393 00:27:24,209 --> 00:27:25,043 Saúde. 394 00:27:26,459 --> 00:27:30,418 Sen un expediente 201, é imposible saber quen era o supervisor. 395 00:27:30,501 --> 00:27:34,043 Pero a axente Gilbane confirmou que Max era un recurso, 396 00:27:34,126 --> 00:27:36,793 así que hai que tomar en serio a carta. 397 00:27:37,668 --> 00:27:40,584 - Eu non lle mandei ir ao Iemen. - Certo, señor. 398 00:27:42,001 --> 00:27:45,626 Tomei a decisión pola miña conta e risco. Era o seguinte paso. 399 00:27:45,709 --> 00:27:49,251 Véxoo como a clase de líder que valora a iniciativa, 400 00:27:49,334 --> 00:27:51,459 pero, se debo solicitar aprobación… 401 00:27:51,543 --> 00:27:53,501 Non. Ter iniciativa está ben. 402 00:27:54,959 --> 00:27:55,959 Bo traballo. 403 00:27:57,209 --> 00:27:58,043 Grazas. 404 00:28:00,501 --> 00:28:01,959 Que lle pasou na man? 405 00:28:07,084 --> 00:28:08,834 Trilleime na porta dun coche. 406 00:28:13,584 --> 00:28:15,876 Vaia a Phoenix. Fale con Meladze. 407 00:28:16,418 --> 00:28:17,251 Si, señor. 408 00:28:23,668 --> 00:28:24,501 Xa? 409 00:28:26,126 --> 00:28:28,793 Señor, para min, o día empezou hai tres días. 410 00:28:31,376 --> 00:28:33,001 Moi ben. Tiro para Phoenix. 411 00:28:39,709 --> 00:28:41,584 Que me dis de Max Meladze? 412 00:28:42,209 --> 00:28:45,293 Está presa sen fianza pola brutalidade do seu delito. 413 00:28:45,376 --> 00:28:46,376 A quen matou? 414 00:28:46,459 --> 00:28:49,251 Un camioneiro, Salvatore Kwitny. 415 00:28:49,334 --> 00:28:53,459 A policía pensa que Meladze usaba os camións del para mover droga. 416 00:28:55,584 --> 00:28:57,834 Por que lle interesa á CIA? 417 00:28:57,918 --> 00:29:01,834 Non o podo dicir, pero necesito copia dixital do seu expediente 418 00:29:01,918 --> 00:29:04,793 e unha visita privada, sen escoitas nin cámaras. 419 00:29:45,876 --> 00:29:46,876 Empezamos? 420 00:29:51,668 --> 00:29:52,918 E ti quen es? 421 00:29:53,001 --> 00:29:55,876 Owen Hendricks, do Departamento Xurídico da CIA. 422 00:29:56,584 --> 00:29:57,918 Recibimos a túa carta. 423 00:29:59,834 --> 00:30:02,376 - Sen tempo non era. - Andamos ocupados. 424 00:30:02,459 --> 00:30:06,126 Sabes que ameazar a Axencia é delito, non? 425 00:30:06,709 --> 00:30:07,834 Sei moitas cousas. 426 00:30:08,918 --> 00:30:11,126 Máis ca ti, iso seguro. 427 00:30:14,251 --> 00:30:16,751 Canto levas? Unhas semanas? 428 00:30:17,251 --> 00:30:21,251 - Sabes usar a fotocopiadora? - Non estamos aquí para falar de min. 429 00:30:21,334 --> 00:30:25,459 - Que che pasou na man? - Trilleime coa porta dun coche. 430 00:30:26,668 --> 00:30:27,668 Mentira. 431 00:30:28,918 --> 00:30:32,668 Levo arrincado uñas abondo para saber como queda o dedo despois. 432 00:30:34,709 --> 00:30:36,043 E moi orgullosa estás. 433 00:30:36,126 --> 00:30:38,584 E logo? Algunhas arrinqueinas para a CIA. 434 00:30:38,668 --> 00:30:41,543 É unha das cousas que ameazas con revelar? 435 00:30:41,626 --> 00:30:42,626 Non. 436 00:30:43,543 --> 00:30:48,209 - Como che vai na Axencia por agora? - Moi ben. Quen era o teu supervisor? 437 00:30:48,293 --> 00:30:51,543 Pregunta parva. Agora sei que non me tedes fichada. 438 00:30:51,626 --> 00:30:55,709 Polo tanto, non tes nin idea do que sei nin de a quen podo expoñer. 439 00:30:56,709 --> 00:30:59,876 Pode ser. Pero vouno descubrir axiña. 440 00:30:59,959 --> 00:31:02,084 Só se eu cho digo. E non penso… 441 00:31:03,084 --> 00:31:05,209 a menos que me fagas algúns favores. 442 00:31:06,209 --> 00:31:08,584 - Quen che arrincou a uña? - Ninguén. 443 00:31:08,668 --> 00:31:11,209 Teño documentos clasificados da CIA. 444 00:31:12,168 --> 00:31:13,834 Tes documentos? 445 00:31:13,918 --> 00:31:16,793 Moitos. Quen che arrincou a uña? 446 00:31:19,543 --> 00:31:22,793 Unha axente no Iemen. Fun preguntarlle por ti. 447 00:31:22,876 --> 00:31:27,501 "Unha". Sabes que revelas información sen decatarte? 448 00:31:28,084 --> 00:31:30,751 Sorpréndeme que sobrevivises á viaxe. 449 00:31:32,418 --> 00:31:36,834 Non me inspira confianza que sexas ti o avogado que me vai axudar a saír. 450 00:31:36,918 --> 00:31:40,043 - Non estou aquí para sacarte. - Xogos. 451 00:31:40,126 --> 00:31:41,751 Abúrrome. 452 00:31:41,834 --> 00:31:45,501 - Dille ao teu xefe que chame a outro. - Espera. Para aí. 453 00:31:47,501 --> 00:31:51,168 Ola, perdoe. Un segundo, perdón. Perdoe! Por favor. 454 00:31:56,668 --> 00:31:57,918 Dáme eses documentos. 455 00:31:58,001 --> 00:32:00,418 Se estás a dicir a verdade, axúdoche. 456 00:32:01,834 --> 00:32:03,459 Aí está. Ves? 457 00:32:03,543 --> 00:32:05,001 Tan difícil era? 458 00:32:05,876 --> 00:32:07,209 Están nunha consigna. 459 00:32:07,293 --> 00:32:11,126 Tes documentos secretos da CIA onde calquera pode atopalos? 460 00:32:11,209 --> 00:32:12,834 Gústame vivir ao límite. 461 00:32:13,334 --> 00:32:18,043 Fágase con eses documentos canto antes. Chame ao FBI de aí e pida un escolta. 462 00:32:18,126 --> 00:32:18,959 Si, señor. 463 00:32:19,543 --> 00:32:22,543 - Mándolle a Kitchens? - Non, de ningunha maneira. 464 00:32:23,626 --> 00:32:26,334 - Téñoo controlado. - De acordo. Non a cague. 465 00:32:33,376 --> 00:32:36,626 Está chamando á división de Phoenix do FBI. 466 00:32:36,709 --> 00:32:39,834 Se coñece a extensión, márquea en calquera momento. 467 00:32:39,918 --> 00:32:41,626 Para Cibernética, prema un. 468 00:32:41,709 --> 00:32:44,251 Para Operacións Internacionais, prema dous. 469 00:32:44,334 --> 00:32:47,168 Para Resposta ante Incidentes Graves, prema tres. 470 00:32:47,251 --> 00:32:50,084 Para Investigación Criminal, prema catro. 471 00:32:50,168 --> 00:32:52,876 Premeu catro: Investigación Criminal. 472 00:32:52,959 --> 00:32:55,876 - Todos os investigadores están… - Ao carallo! 473 00:33:16,709 --> 00:33:19,459 A empatía pódese entender de varios modos. 474 00:33:20,334 --> 00:33:23,584 O primeiro é o contraste entre empatía e simpatía… 475 00:33:37,918 --> 00:33:39,959 Nos verdadeiros psicópatas, 476 00:33:40,043 --> 00:33:44,001 as partes do cerebro que controlan a empatía son escuras. 477 00:33:52,293 --> 00:33:54,418 Os psicópatas teñen menos conexións 478 00:33:54,501 --> 00:33:59,168 entre o córtex prefrontal ventromedial, a parte do cerebro responsable de… 479 00:34:15,293 --> 00:34:16,418 A bolsa é para nós. 480 00:34:23,168 --> 00:34:27,001 Tío, que plan tes? Non vas dar saído de aí. 481 00:34:28,459 --> 00:34:29,709 Perdón. Vós sodes…? 482 00:34:29,793 --> 00:34:32,959 Os que imos levar a bolsa. Non lle viches a arma? 483 00:34:33,043 --> 00:34:34,126 Vin, meu. 484 00:34:34,209 --> 00:34:36,418 É que non é a primeira que vexo hoxe. 485 00:34:36,501 --> 00:34:39,959 Onte. Ou hai dous días. Xa non dou contado, meu. 486 00:34:40,043 --> 00:34:43,334 - Foi un día rarísimo. - Xa cho rematamos nós. 487 00:34:43,418 --> 00:34:46,084 Non fai falta. Non era unha queixa. 488 00:34:46,168 --> 00:34:49,668 Abre. Dános a bolsa e igual te deixamos ir para a casa. 489 00:34:49,751 --> 00:34:51,751 Vai ser que non. Síntovolo. 490 00:34:52,709 --> 00:34:55,376 Sabes que as balas atravesan o metal, non? 491 00:34:58,209 --> 00:35:00,584 Si. Sei, sei. 492 00:35:02,376 --> 00:35:04,251 Ei, calma! Calma! Cálmate! 493 00:35:04,334 --> 00:35:06,751 Entendido. Todo ben. Entrade. Entendido. 494 00:35:07,709 --> 00:35:08,543 Vale. 495 00:35:16,376 --> 00:35:17,418 Merda. 496 00:36:23,543 --> 00:36:25,126 Moi mal, tío. 497 00:36:26,543 --> 00:36:28,709 Fixéchesme correr e non me gusta. 498 00:36:30,418 --> 00:36:31,418 A bolsa. 499 00:36:33,084 --> 00:36:34,084 Tomade polo cu. 500 00:37:54,168 --> 00:37:55,293 Tes mala pinta. 501 00:37:57,251 --> 00:37:59,334 Tes un pouco de vómito… 502 00:38:06,959 --> 00:38:12,251 Por me usares de recadeiro, case me matan. Quen usa trampas explosivas con ácido? 503 00:38:13,418 --> 00:38:14,543 Unha supervivente. 504 00:38:16,334 --> 00:38:18,293 - E os cartos? - No meu maleteiro. 505 00:38:18,376 --> 00:38:20,501 Quen eran os que mos querían quitar? 506 00:38:20,584 --> 00:38:23,793 Competencia descontenta. Cren que son deles. 507 00:38:24,293 --> 00:38:26,293 Ao acabar, entrégollos á policía. 508 00:38:26,793 --> 00:38:28,418 De verdade es tan parvo? 509 00:38:29,418 --> 00:38:31,251 Non, non os vas entregar. 510 00:38:31,334 --> 00:38:33,459 Ao saíres de aquí, colle a bolsa 511 00:38:33,543 --> 00:38:36,084 e métea no lixo ao fondo do aparcadoiro. 512 00:38:36,168 --> 00:38:38,501 Mando eu alguén a recollela e gardala. 513 00:38:38,584 --> 00:38:39,668 Por que ía facelo? 514 00:38:39,751 --> 00:38:42,668 Porque teño o poder. Non tes nin idea de quen son 515 00:38:42,751 --> 00:38:46,793 nin do que sei, Owen, e deberías estar cagado de medo. 516 00:38:47,584 --> 00:38:51,168 Pasei a tarde revisando as túas redes sociais. 517 00:38:51,251 --> 00:38:53,751 Grazas por me dares o teu nome real. 518 00:38:53,834 --> 00:38:55,293 Iso non é relevante. 519 00:38:55,376 --> 00:38:59,751 Discrepo. Agora, sei todo o que levas feito desde a universidade. 520 00:38:59,834 --> 00:39:02,209 Cada casa, cada muller coa que saíches. 521 00:39:03,001 --> 00:39:07,418 Sei que teu pai está enterrado nun cemiterio militar e… 522 00:39:08,251 --> 00:39:10,251 que pasas moito tempo alí. 523 00:39:10,334 --> 00:39:12,751 Eu non necesito as redes para saber quen es ti. 524 00:39:13,251 --> 00:39:16,626 Lin o informe da túa detención. Vin as fotos da túa casa. 525 00:39:17,959 --> 00:39:22,501 Es unha muller que vive sen vida. Nin unha foto en ningunha das paredes. 526 00:39:22,584 --> 00:39:24,543 Nin familia nin amigos? 527 00:39:25,293 --> 00:39:26,418 Nin alegría? 528 00:39:27,709 --> 00:39:31,209 Parece que o único que tes é ser unha delincuente. 529 00:39:32,668 --> 00:39:35,293 O meu xeito de vivir a vida non é importante. 530 00:39:35,376 --> 00:39:40,126 Sei de ducias de operacións secretas da CIA en Belarús e Rusia 531 00:39:40,209 --> 00:39:42,418 con persoas moi ben relacionadas. 532 00:39:42,501 --> 00:39:45,501 A Axencia faría o que fose para mantelo en segredo. 533 00:39:45,584 --> 00:39:48,668 Así que isto é o que vas facer. Vas volver a Langley 534 00:39:48,751 --> 00:39:53,043 e facer que a prioridade número un sexa a retirada dos meus cargos. 535 00:39:53,709 --> 00:39:57,126 Se a alguén lle parece que sería máis fácil mandarme matar, 536 00:39:57,793 --> 00:40:01,209 se me pasa algo, vai saír un comunicado de prensa 537 00:40:01,293 --> 00:40:05,001 que detallará polo miúdo unha década de operacións clandestinas. 538 00:40:05,084 --> 00:40:07,459 - E adiviña quen levará a culpa. - Xa. 539 00:40:09,751 --> 00:40:11,209 Déixame chamar o xefe. 540 00:40:11,293 --> 00:40:12,126 Ai, Deus. 541 00:40:12,668 --> 00:40:14,293 Non, Owen. 542 00:40:15,084 --> 00:40:16,834 Non vas chamar o xefe. 543 00:40:16,918 --> 00:40:19,418 Non vai querer ter nada que ver con isto. 544 00:40:19,501 --> 00:40:21,043 Cando saiba o grave que é, 545 00:40:21,126 --> 00:40:24,043 vai facer o que sexa para enrolarcho ao pescozo. 546 00:40:24,834 --> 00:40:28,918 Non tes por que ser parte dos danos colaterais de todo isto. 547 00:40:29,668 --> 00:40:31,834 Non me intentes manipular. Non. 548 00:40:33,418 --> 00:40:38,126 - Son un avogado facendo o meu traballo. - Es un avogado nun campo de minas. 549 00:40:38,209 --> 00:40:39,543 E nin te decatas. 550 00:40:39,626 --> 00:40:41,709 Nada, ti fai o que teñas que facer. 551 00:40:41,793 --> 00:40:43,959 Anda aos tombos, voa polos aires… 552 00:40:44,043 --> 00:40:48,334 ou déixame guiarte por todo isto para que non acabes autodestruíndote. 553 00:40:50,793 --> 00:40:52,209 Tanta compaixón conmove, 554 00:40:52,293 --> 00:40:55,418 pero non me estás a ofrecer axuda polo teu bo corazón. 555 00:40:58,876 --> 00:41:01,209 Non tes tanto poder de negociación. 556 00:41:01,293 --> 00:41:02,751 - Ai, non? - Non. 557 00:41:03,834 --> 00:41:07,418 Se eu estou nun campo de minas… que non trago a túa premisa… 558 00:41:08,584 --> 00:41:12,043 necesitas que eu estea a salvo ou poida que non sobrevivas. 559 00:41:13,334 --> 00:41:16,668 Pensaches que era a mañá do Nadal cando me viches entrar. 560 00:41:17,626 --> 00:41:21,876 Un neniño acabado de saír da facultade que nin sabe usar a fotocopiadora. 561 00:41:21,959 --> 00:41:25,876 Pensaches que me podías intimidar e mangonear, pero estás enganada. 562 00:41:25,959 --> 00:41:29,959 Non me importa caer de fociños nin meterme en camisas de once varas. 563 00:41:30,043 --> 00:41:31,793 De feito, ata me gusta. 564 00:41:32,959 --> 00:41:34,834 Anímame a levantarme pola mañá. 565 00:41:36,293 --> 00:41:38,084 Así que para cos xogos. 566 00:41:40,168 --> 00:41:42,334 Eu necesítote e ti necesítasme. 567 00:41:43,209 --> 00:41:44,626 Imos facer un trato. 568 00:41:48,126 --> 00:41:52,001 Diso nada. Es unha asasina. O último que necesito é a túa axuda. 569 00:41:52,084 --> 00:41:55,793 Vou volver a Langley e informar disto todo. Xa falaremos. 570 00:41:55,876 --> 00:41:57,126 - Vale. - Garda! 571 00:41:57,209 --> 00:42:00,543 Adiante. Pero, antes, teño un regalo para ti. 572 00:42:03,834 --> 00:42:05,543 O meu supervisor era Bob Non. 573 00:42:07,834 --> 00:42:11,584 - É unha puta adiviña? - Non. A túa Axencia ha saber quen é. 574 00:42:13,418 --> 00:42:14,418 Sorte. 575 00:42:15,834 --> 00:42:17,168 Vala necesitar. 576 00:42:49,251 --> 00:42:52,501 Pasei a tarde revisando as túas redes sociais. 577 00:42:57,501 --> 00:43:00,793 Agora, sei todo o que levas feito desde a universidade. 578 00:43:10,251 --> 00:43:11,584 Cada casa. 579 00:43:20,959 --> 00:43:22,751 Cada muller coa que saíches. 580 00:43:41,834 --> 00:43:43,376 Perdón. Un momento. 581 00:43:56,834 --> 00:43:58,584 Ai, non… Non. 582 00:43:59,626 --> 00:44:02,084 Non, non, non. Que hora é? 583 00:44:02,584 --> 00:44:06,209 - Que día é? - Son as 9:00 da mañá e é xoves. 584 00:44:08,209 --> 00:44:09,209 Hostia… 585 00:44:09,918 --> 00:44:10,918 Hostia! 586 00:44:12,626 --> 00:44:15,543 O último que lembro é que estaba comendo… 587 00:44:19,376 --> 00:44:20,209 Si. 588 00:44:20,876 --> 00:44:24,251 Eses putos bárbaros drogáronme para executar a operación. 589 00:44:24,751 --> 00:44:26,001 Non podes paralos? 590 00:44:26,084 --> 00:44:28,918 Unha vez en marcha, limítome a minimizar danos. 591 00:44:30,709 --> 00:44:32,668 Pois, xa que non estás ocupado, 592 00:44:33,876 --> 00:44:36,709 se che digo o nome "Bob Non", que dirías? 593 00:44:37,668 --> 00:44:38,501 O que? 594 00:44:39,501 --> 00:44:43,126 Comín un sándwich de somníferos. Preguntas simples e concisas. 595 00:44:43,209 --> 00:44:44,959 Quen é Bob Non? 596 00:44:45,043 --> 00:44:47,376 - Todo o mundo oíu falar del. - Eu non. 597 00:44:48,043 --> 00:44:51,543 É unha lenda na Axencia. Levaba as operacións perigosas, 598 00:44:51,626 --> 00:44:54,834 - xubilouse como xefe de división. - Por que é Bob Non? 599 00:44:55,834 --> 00:44:59,751 Negouse a usar os pseudónimos Bob e Robert como nome de pía. 600 00:44:59,834 --> 00:45:02,959 Acabo de oír o seu nome da boca da miña chantaxista. 601 00:45:07,626 --> 00:45:09,334 - Estás mentindo. - Non. 602 00:45:09,418 --> 00:45:12,334 Os recursos non saben os nomes dos supervisores 603 00:45:12,418 --> 00:45:14,376 nin ían saber un alcume interno. 604 00:45:14,459 --> 00:45:18,293 Todo o mundo di que non debería saber estas cousas, pero sábeas. 605 00:45:18,376 --> 00:45:21,501 - E eu que fago? - Sae do meu despacho. 606 00:45:21,584 --> 00:45:22,459 Janus… 607 00:45:22,543 --> 00:45:25,459 Xa me chega co equipo de operacións descontrolado. 608 00:45:25,543 --> 00:45:28,626 Só me faltaba que me salpique o teu caso radioactivo. 609 00:45:28,709 --> 00:45:30,834 Veña, ho. Non pode ser para tanto. 610 00:45:30,918 --> 00:45:33,709 Sempre é para tanto, paspán. 611 00:45:34,626 --> 00:45:37,876 Bob Non non é só un antigo peso pesado da CIA. 612 00:45:37,959 --> 00:45:40,084 Hoxe en día é o xefe de gabinete… 613 00:45:41,209 --> 00:45:42,418 Do presidente? 614 00:45:42,501 --> 00:45:44,959 Do puto presidente dos Estados Unidos. 615 00:45:54,959 --> 00:45:56,418 Que pasou en Phoenix? 616 00:46:09,751 --> 00:46:10,668 E logo? 617 00:46:16,501 --> 00:46:18,834 Tras entrevistar a Max Meladze, 618 00:46:19,793 --> 00:46:22,918 considero que a súa ameaza de chantaxe é crible 619 00:46:23,001 --> 00:46:26,334 e require continuar a investigación. 620 00:46:31,459 --> 00:46:32,293 De acordo. 621 00:46:33,751 --> 00:46:35,001 Mantéñame informado. 622 00:47:01,709 --> 00:47:04,376 MIRA O QUE RECIBICHES! CITACIÓN. VIOLET :) 623 00:47:04,459 --> 00:47:09,001 COMITÉ DE INTELIXENCIA DO SENADO CITACIÓN DE COMPARECENCIA CON DOCUMENTOS 624 00:47:13,251 --> 00:47:16,043 CONDADO DE MARICOPA INFORME DE DETENCIÓN 625 00:47:17,168 --> 00:47:19,709 HOMICIDIO NUNHA PARADA DE CAMIÓNS EN PHOENIX 626 00:47:45,709 --> 00:47:48,793 - Diga. - Vouche facer unha pregunta. 627 00:47:52,584 --> 00:47:55,126 Se a resposta é sincera, acéptoche a oferta. 628 00:47:58,334 --> 00:47:59,709 Cal é a pregunta? 629 00:48:02,501 --> 00:48:03,584 Pódome fiar de ti? 630 00:48:06,001 --> 00:48:07,918 Se os nosos intereses se aliñan. 631 00:48:08,001 --> 00:48:09,209 Se non, non. 632 00:48:11,168 --> 00:48:12,168 Conta comigo. 633 00:48:25,959 --> 00:48:27,668 ESTA TEMPORADA 634 00:48:27,751 --> 00:48:31,084 Unha semana e cabreas o Comité de Intelixencia do Senado. 635 00:48:31,168 --> 00:48:32,459 O menor dos meus problemas. 636 00:48:32,543 --> 00:48:36,626 Desde que te coñezo, perseguíronme, torturáronme e citáronme a comparecer. 637 00:48:36,709 --> 00:48:39,751 Parabéns. Ten as Nacións Unidas ao completo seguíndoo. 638 00:48:40,834 --> 00:48:43,501 - Controle isto, sexa como sexa. - Si, señor. 639 00:48:45,376 --> 00:48:49,584 - Tiveches algún ataque de ansiedade? - Un, desde 2019. Acábaste afacendo. 640 00:48:49,668 --> 00:48:52,459 Ten un plan de acción para esa muller ou non? 641 00:48:54,584 --> 00:48:55,793 Non, aínda non. 642 00:48:57,126 --> 00:49:00,501 Que haxa máis en xogo é un desafío, pero, á fin e ao cabo, 643 00:49:00,584 --> 00:49:04,251 en canto entenda o sistema, darei sorteado os obstáculos. 644 00:49:04,334 --> 00:49:07,751 Teño 24 anos. Teño que cometer erros, asumir grandes riscos. 645 00:49:07,834 --> 00:49:10,084 - Un Martini? - Un White Claw. 646 00:49:11,418 --> 00:49:13,959 Meténdovos na miña operación sen avisarme? 647 00:49:14,043 --> 00:49:18,043 Ola. Sobes? Para non facer o ridículo coa furgoneta de incógnito? 648 00:49:22,293 --> 00:49:23,709 Eu son só un avogado. 649 00:49:30,376 --> 00:49:32,626 - Iso é unha piña colada? - Si. 650 00:49:32,709 --> 00:49:35,418 XA PODES VER TODOS OS EPISODIOS 651 00:50:42,126 --> 00:50:44,918 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández