1 00:00:06,043 --> 00:00:07,293 Anteriormente… 2 00:00:07,376 --> 00:00:09,126 Lembras a Dawn Gilbane? 3 00:00:09,793 --> 00:00:11,376 Dawn. Estás distinta. 4 00:00:11,459 --> 00:00:15,376 Operacións quere reintroducir a Meladze na mafia rusa de Belarús. 5 00:00:15,459 --> 00:00:17,334 Estás segura da xogada? 6 00:00:17,418 --> 00:00:19,751 - E se lle contou o noso? - Xa nos ocuparemos. 7 00:00:19,834 --> 00:00:23,751 Max creou un nicho de mercado. Pasouse da raia con eses cartos. 8 00:00:23,834 --> 00:00:24,918 Quen é Bob Non? 9 00:00:25,001 --> 00:00:28,834 - É unha lenda na Axencia. - Díxome o seu nome a miña chantaxista. 10 00:00:28,918 --> 00:00:30,376 - Estás mentindo. - Non. 11 00:00:30,459 --> 00:00:33,334 Ola, tíos. Viríame moi ben a vosa axuda. 12 00:00:33,418 --> 00:00:37,126 Owen necesita ir ao nivel federal. Podemos arrimarlle a alguén. 13 00:00:37,209 --> 00:00:39,793 A CIA pode intensificar os teus peores instintos. 14 00:00:39,876 --> 00:00:42,751 Con 24 anos, cometes erros, asumes grandes riscos. 15 00:00:43,793 --> 00:00:44,668 Non! 16 00:00:44,751 --> 00:00:47,709 Suplícoche que non fagas nada e ti contratas un sicario. 17 00:00:47,793 --> 00:00:50,293 - Sinto non ter confiado en ti. - Acabouse. 18 00:00:50,376 --> 00:00:53,793 Á noite soltan o recurso. Planeamos dúas opcións. 19 00:00:53,876 --> 00:00:56,584 Metela de novo no país ou metela baixo terra. 20 00:00:58,834 --> 00:01:02,209 UNHA SERIE DE NETFLIX 21 00:01:06,501 --> 00:01:07,918 ZONA RESTRINXIDA 22 00:01:09,334 --> 00:01:10,168 Sube. 23 00:01:14,459 --> 00:01:16,709 …o accidente que houbo cerca da feira. 24 00:01:16,793 --> 00:01:19,501 Tráfico mandará un guindastre a retirar o tráiler 25 00:01:19,584 --> 00:01:25,376 e hai retencións en todas as direccións, en McDowell, Grand Avenue e a Avenida 19. 26 00:01:25,459 --> 00:01:28,251 Se vas á feira ou ao monumento aos veteranos, 27 00:01:28,334 --> 00:01:31,876 aconsélloche coller pola Avenida 15 ata Encanto Boulevard 28 00:01:31,959 --> 00:01:34,209 - ou polo instituto Wickenburg… - Grazas. 29 00:01:34,293 --> 00:01:35,959 Non, entramos contigo. 30 00:01:57,959 --> 00:02:00,043 A poli deixoucho feito un cristo. 31 00:02:01,959 --> 00:02:03,001 Necesito durmir. 32 00:03:54,209 --> 00:03:55,043 Que? 33 00:03:57,376 --> 00:03:58,793 Ola. Onde…? 34 00:04:00,168 --> 00:04:01,001 Hostia… 35 00:04:01,084 --> 00:04:02,043 Onde estou? 36 00:04:02,126 --> 00:04:03,376 Washington, D. C. 37 00:04:04,626 --> 00:04:07,251 - A onde vai agora? - De volta para Phoenix. 38 00:04:07,918 --> 00:04:10,793 Non me vai mellor. Podería ir para outro sitio? 39 00:04:10,876 --> 00:04:12,959 Señor, ten que baixar do avión. 40 00:04:15,418 --> 00:04:16,251 Vale. 41 00:04:30,626 --> 00:04:31,459 Ola. 42 00:04:32,668 --> 00:04:33,626 Ola. 43 00:04:36,168 --> 00:04:38,334 Parece que saíches da secadora. 44 00:04:38,418 --> 00:04:39,293 Grazas. 45 00:04:39,959 --> 00:04:40,793 Estás ben? 46 00:04:41,834 --> 00:04:43,793 Si. Canso. Voei de noite. 47 00:04:51,709 --> 00:04:53,751 Non falaba do avión, Owen. 48 00:04:54,251 --> 00:04:57,834 En serio vas facer coma que vai todo ben despois da chamada? 49 00:04:57,918 --> 00:04:59,043 Vai todo ben. 50 00:05:00,043 --> 00:05:02,376 Esas son as da pantalla do ordenador! 51 00:05:06,959 --> 00:05:09,709 Mira, agradézoche a man dura de onte á noite, 52 00:05:09,793 --> 00:05:13,793 pero, aínda que cho puidese contar, só me dirías que debería deixalo. 53 00:05:13,876 --> 00:05:15,251 Non tal! 54 00:05:16,084 --> 00:05:17,001 Pero deberías. 55 00:05:21,168 --> 00:05:22,501 Por que me molesto? 56 00:05:26,001 --> 00:05:29,793 Porque es boa persoa. E tes debilidade polas causas perdidas. 57 00:05:29,876 --> 00:05:32,043 Pero onte á noite toquei fondo. 58 00:05:32,126 --> 00:05:35,959 E seino porque o que provocou todo isto acabou. 59 00:05:36,043 --> 00:05:41,043 Nunca acaba, Owen. Os traballos coma o teu fanse máis difíciles, non máis fáciles. 60 00:05:42,293 --> 00:05:46,918 Xa. Pero este caso, o que me fixo perder o norte, 61 00:05:47,543 --> 00:05:48,543 xa quedou atrás. 62 00:05:51,418 --> 00:05:54,918 Vou andar por aquí moito máis e non me vou perder tanto. 63 00:05:55,543 --> 00:05:56,709 Iso estaría ben. 64 00:05:57,376 --> 00:06:01,459 O que? Que non me perda tanto ou que ande por aquí moito máis? 65 00:06:04,543 --> 00:06:05,376 As dúas. 66 00:06:13,376 --> 00:06:16,918 - "Mandarlle flores a Amelia." - Pois si. Xa me esquecía. 67 00:06:17,001 --> 00:06:18,918 Agora mandas flores? 68 00:06:19,001 --> 00:06:21,876 Non, primeira vez. Pero supoño que é de adultos. 69 00:06:21,959 --> 00:06:25,001 - Nin sei de onde sacar as flores. - Dunha floraría. 70 00:06:25,084 --> 00:06:26,293 Coñeces algunha? 71 00:06:26,793 --> 00:06:29,584 Queres que che axude a comprarlle flores á moza? 72 00:06:29,668 --> 00:06:33,001 Non é a miña moza. Tanto ten. Xa me apaño eu. 73 00:06:39,543 --> 00:06:42,543 - Owen Hendricks? - Si. Quen sodes vós? 74 00:06:42,626 --> 00:06:45,168 Servizo Secreto. Ten que vir con nós. 75 00:06:45,709 --> 00:06:46,543 Acabou, non? 76 00:06:46,626 --> 00:06:48,876 Seguro que isto non ten nada que ver. 77 00:06:48,959 --> 00:06:52,293 - Que ten que ver isto con…? - Non llo podo dicir. Vamos. 78 00:06:54,001 --> 00:06:54,834 Vale. 79 00:06:56,293 --> 00:06:57,293 Que teñas bo día. 80 00:06:58,168 --> 00:06:59,001 O mellor. 81 00:06:59,501 --> 00:07:00,918 Si. Despois de vós. 82 00:07:04,918 --> 00:07:06,126 Lester? 83 00:07:06,209 --> 00:07:07,043 Aquí abaixo. 84 00:07:09,418 --> 00:07:10,501 Dóeme o lombo. 85 00:07:10,584 --> 00:07:14,584 Os anos de conducir coches ferruxentos e durmir en colchóns baratos. 86 00:07:14,668 --> 00:07:17,626 Levántate, que temos unha crise que arranxar. 87 00:07:17,709 --> 00:07:19,376 Nyland está contento. 88 00:07:20,001 --> 00:07:22,209 Non con nós, ou non terías esa cara. 89 00:07:22,293 --> 00:07:24,418 Non. Co rapaciño, Owen Hendricks. 90 00:07:24,501 --> 00:07:27,126 Conseguiu o sobresemento do caso de chantaxe. 91 00:07:27,209 --> 00:07:31,668 Disque fixo unha xogada mestra e agora Nyland cre que anda sobre a auga. 92 00:07:31,751 --> 00:07:34,959 - Impresionaríame se non me cabrease. - Cambio de estratexia. 93 00:07:35,043 --> 00:07:36,209 Non! 94 00:07:36,293 --> 00:07:42,126 Violet, pénsao. Se ten enchufe con Nyland, vai poder sabotarnos como nós a el. 95 00:07:42,209 --> 00:07:44,001 Xa, pero a min xa mo fixo. 96 00:07:44,084 --> 00:07:47,876 Vendeume coa leria aquela da IA. E xa sabes que son rancorosa. 97 00:07:47,959 --> 00:07:52,459 Faime caso. Agora será unha estrela fugaz, pero vai ir a pique. 98 00:07:52,543 --> 00:07:54,501 - Só hai que darlle tempo. - Vale. 99 00:07:54,584 --> 00:07:57,459 Mentres esperamos, ímonos poñendo do seu lado. 100 00:07:58,126 --> 00:08:00,168 Dáme co cóbado no ombro, aquí. 101 00:08:00,251 --> 00:08:01,834 - Veña. - Vale. 102 00:08:08,084 --> 00:08:10,418 Si, o ramo "Chegou a primavera", 103 00:08:10,501 --> 00:08:13,376 mais gastos de entrega e tarxeta personalizada. 104 00:08:13,876 --> 00:08:16,168 Ben, Denise. Grazas pola túa axuda. 105 00:08:17,084 --> 00:08:21,293 Flores para a miña… Non é a miña moza, pero é máis que unha compañeira… 106 00:08:21,376 --> 00:08:24,584 O de "amigos con dereitos" non sei que dá. 107 00:08:24,668 --> 00:08:27,709 Esperade. A quen me levades a ver? 108 00:08:31,959 --> 00:08:35,668 Sr. Hendricks, son Kevin Mills, xefe de gabinete do presidente. 109 00:08:37,334 --> 00:08:38,168 Bob Non. 110 00:08:38,876 --> 00:08:42,168 - Aquí non. - Xa. "Aquí" é a Casa Branca? 111 00:08:42,251 --> 00:08:44,376 Un antigo edificio de oficinas executivas. 112 00:08:44,459 --> 00:08:46,626 Non te levaría á Casa Branca na primeira cita, 113 00:08:46,709 --> 00:08:48,793 sobre todo se necesito negar que tivo lugar. 114 00:08:50,126 --> 00:08:53,918 - Por que me trouxo aquí? - Aínda teño oídos en Langley 115 00:08:54,001 --> 00:08:57,876 e vostede anda soltando o nome ese por alí. Por que? 116 00:08:58,376 --> 00:09:03,001 Porque alguén que nos está chantaxeando dixo que vostede foi supervisor dela. 117 00:09:03,084 --> 00:09:04,793 - Quen? - Maxine Meladze. 118 00:09:05,876 --> 00:09:06,751 Mente. 119 00:09:09,584 --> 00:09:11,626 Oín falar dela, pero non era miña. 120 00:09:11,709 --> 00:09:14,584 Eu estaba moi arriba cando ela entrou como recurso. 121 00:09:14,668 --> 00:09:19,834 Pero, aínda que fose o seu supervisor, ela só ía saber o meu nome encuberto, 122 00:09:19,918 --> 00:09:21,293 porque non son idiota. 123 00:09:24,918 --> 00:09:30,876 ¿Quere dicir, señor, que alguén se está facendo pasar por vostede 124 00:09:30,959 --> 00:09:32,918 e… Bob Non? 125 00:09:33,001 --> 00:09:34,043 Non o sei. 126 00:09:34,126 --> 00:09:38,168 Pero alguén de dentro da Axencia lle deu o meu alcume interno. 127 00:09:38,751 --> 00:09:41,709 Se filtraron iso, puideron filtrar outros segredos. 128 00:09:42,209 --> 00:09:46,251 Necesito que descubra quen me deixou ao descuberto. 129 00:09:48,543 --> 00:09:53,334 Vostede dirixía a oficina de Moscova. Non pode localizar os contactos dela? 130 00:09:53,418 --> 00:09:55,209 Cun recurso extraoficial, non. 131 00:09:55,293 --> 00:09:59,501 E só sei dunha supervisora: Rita Stevens. E está morta. 132 00:10:00,793 --> 00:10:04,001 - Foi Max…? - Non. Bebía coma se non houbese mañá. 133 00:10:04,084 --> 00:10:05,626 Foi un cáncer de fígado. 134 00:10:06,793 --> 00:10:09,793 Pero nin borracha perdida tería cometido un erro así. 135 00:10:11,209 --> 00:10:12,751 Señor, a cousa é… 136 00:10:13,668 --> 00:10:17,418 Desde onte á noite, eu estou fóra do caso de Max. 137 00:10:25,043 --> 00:10:28,543 Rapaz, son o gardián do presidente. 138 00:10:29,918 --> 00:10:34,043 Teño unha Medalla á Distinción en Intelixencia nun caixón en Langley. 139 00:10:34,751 --> 00:10:36,959 Hai combatentes inimigos en tumbas sen nome, 140 00:10:37,043 --> 00:10:40,001 en lugares dos que nunca oíches falar, por min. 141 00:10:41,543 --> 00:10:43,918 En serio cres que podes dicirme que non? 142 00:10:46,584 --> 00:10:50,709 Son novo no Departamento Xurídico e este caso foi moi escabroso. 143 00:10:50,793 --> 00:10:54,459 Preocúpame volverme implicar emocionalmente coa señora Meladze. 144 00:10:54,543 --> 00:10:56,459 - Tanto me ten. - Moi ben. 145 00:10:58,084 --> 00:11:01,668 A ver o que dou atopado. Non terá algo do que partir, non? 146 00:11:01,751 --> 00:11:04,168 Como dixo, é un recurso extraoficial. 147 00:11:04,751 --> 00:11:06,959 Atopar documentación foi moi difícil. 148 00:11:07,043 --> 00:11:09,126 Pois xa ten traballo. 149 00:11:10,084 --> 00:11:12,293 Chámeme cando atope algo. 150 00:11:12,793 --> 00:11:14,168 E que sexa rápido. 151 00:11:14,709 --> 00:11:16,251 Non quero cabos soltos. 152 00:11:17,751 --> 00:11:18,584 Si, señor. 153 00:11:22,668 --> 00:11:23,584 Amelia Salazar. 154 00:11:23,668 --> 00:11:26,543 Son Weathers, da entrada. Hai algo para vostede. 155 00:11:26,626 --> 00:11:28,459 - Citación? - Flores. 156 00:11:30,668 --> 00:11:32,293 Vale. Baixo agora. 157 00:11:35,168 --> 00:11:36,001 Xa vén aí. 158 00:11:44,793 --> 00:11:47,168 - Que traes? - Tulipáns. 159 00:11:48,334 --> 00:11:52,209 - Unha opción romanticamente neutra, non? - Rosas non son. 160 00:11:53,251 --> 00:11:54,626 - Arma! - Que? 161 00:11:58,709 --> 00:12:02,584 - Infórmannos do uso dunha Taser hoxe. - De que hostia vas, tío? 162 00:12:02,668 --> 00:12:07,209 A lei federal prohibe as armas de fogo neste recinto sen autorización expresa. 163 00:12:08,668 --> 00:12:11,918 - Non podías salvar as flores? - Perdoe, señora Salazar. 164 00:12:17,209 --> 00:12:18,126 DE OWEN 165 00:12:22,584 --> 00:12:24,209 Temos un problema. 166 00:12:24,293 --> 00:12:25,334 Mellor chama. 167 00:12:25,918 --> 00:12:26,834 Non penso. 168 00:12:31,793 --> 00:12:35,668 Necesitamos dous equipos para prepararlle o camiño a Meladze de volta a Belarús. 169 00:12:35,751 --> 00:12:37,418 Mirade quen está dispoñible. 170 00:12:41,459 --> 00:12:42,293 Que? 171 00:12:44,126 --> 00:12:47,251 Non, non movades un puto dedo. Encárgome eu. 172 00:12:48,459 --> 00:12:51,543 - Problemas? - Meladze escapoulles aos de Phoenix. 173 00:12:52,043 --> 00:12:55,876 É un xogo de poder. Para demostrarnos que non a controlamos. 174 00:12:55,959 --> 00:12:56,959 E se é algo máis? 175 00:13:05,334 --> 00:13:06,584 Vale. 176 00:13:07,251 --> 00:13:08,626 Moi contentos estamos! 177 00:13:08,709 --> 00:13:12,209 Acabo de pechar un caso. A cousa pinta ben. Ou pintaba. 178 00:13:12,293 --> 00:13:15,543 - Max desapareceu. - Vaia, tes un problema. 179 00:13:15,626 --> 00:13:18,709 - Que foi o último que che dixo Max? - "Adeus." 180 00:13:18,793 --> 00:13:20,918 - Sabes a onde foi? - Non. 181 00:13:21,001 --> 00:13:25,251 Debías empezar a tomalo máis en serio. Meladze é responsabilidade túa. 182 00:13:26,793 --> 00:13:31,501 Non, é túa. Eu fixen o meu traballo. Non intentes cargarme cos teus fracasos. 183 00:13:31,584 --> 00:13:35,918 Non sei onde está. Non quero sabelo. E, por se iso non chega, tanto me dá. 184 00:13:36,834 --> 00:13:38,043 Que teñas un bo día. 185 00:13:45,918 --> 00:13:48,584 Moi ben. Teoría cognitiva da agresión. 186 00:13:49,668 --> 00:13:54,251 Concretamente, que a conduta agresiva é aprendida e non innata. 187 00:13:54,793 --> 00:13:57,376 O contrario da achega psicodinámica, non? 188 00:13:57,459 --> 00:14:00,834 - A violencia é inherentemente biolóxica. - Correcto. 189 00:14:02,001 --> 00:14:03,293 Rematamos por hoxe. 190 00:14:17,709 --> 00:14:19,543 Non te imaxinaba de estudante. 191 00:14:23,959 --> 00:14:26,209 Porque estás podre de prexuízos implícitos. 192 00:14:27,001 --> 00:14:31,126 A psicoloxía axúdame a lidar con distintos arquetipos de personalidade. 193 00:14:31,626 --> 00:14:34,584 Sociópatas, narcisistas con trastorno antisocial… 194 00:14:35,084 --> 00:14:37,584 Que trato cunha chea de mamóns inestables. 195 00:14:37,668 --> 00:14:41,043 Se o teu xefe acepta o meu trato, tratarás con unha menos. 196 00:14:42,334 --> 00:14:43,293 Que trato? 197 00:14:43,876 --> 00:14:46,959 - O meu negocio. - Xa temos pisos francos. 198 00:14:47,043 --> 00:14:51,501 Non. Tedes agochos, casas de putas e casas de paso. 199 00:14:51,584 --> 00:14:55,043 Imáns para a policía. O meu sistema elimina ese risco. 200 00:14:55,126 --> 00:14:58,168 Xa, xa sei. Tes un sistema especial. E cal é? 201 00:14:59,709 --> 00:15:02,334 Como atopas esas propiedades imposibles de rastrexar? 202 00:15:02,418 --> 00:15:04,709 Dígocho a cambio de cinco millóns. 203 00:15:04,793 --> 00:15:08,084 É demasiado. Ti pensas que es a hostia en verso. 204 00:15:08,168 --> 00:15:10,584 En psicoloxía, é o efecto Dunning-Kruger. 205 00:15:10,668 --> 00:15:14,918 Dunning-Kruger dáse cando os parvos pensan que son listos. Eu son lista. 206 00:15:15,001 --> 00:15:16,876 A cuestión é: e ti? 207 00:15:19,668 --> 00:15:22,626 Os dous sabemos que o teu xefe quere o que eu teño. 208 00:15:22,709 --> 00:15:26,043 Así que tes un día para pechar o trato. 209 00:15:29,876 --> 00:15:31,668 E logo ofrézollo a outro. 210 00:16:03,209 --> 00:16:06,459 Volve xa. Meladze vai para o aparcadoiro do oeste. 211 00:16:06,543 --> 00:16:11,209 Quere vender o contacto dos pisos francos, pero podémola torturar para sacarllo. 212 00:16:11,293 --> 00:16:14,043 - E quedamos como heroes con El Jefe. - Vale. 213 00:16:45,876 --> 00:16:48,793 - Deus! - Quen ten Dunning-Kruger agora? 214 00:16:52,918 --> 00:16:55,209 Outro xenio. De xeonllos. 215 00:16:55,793 --> 00:16:56,626 Xa! 216 00:16:58,126 --> 00:16:59,418 Tira a arma. 217 00:17:13,168 --> 00:17:14,001 Pois… 218 00:17:14,501 --> 00:17:15,918 a cousa está así. 219 00:17:16,001 --> 00:17:20,751 Intentastes xogarma e fallastes. O prezo subiu a seis millóns. 220 00:17:21,376 --> 00:17:25,459 E ides tratar cun representante, porque non me podo fiar de vós. 221 00:17:32,793 --> 00:17:33,834 Que hostia fai? 222 00:17:52,168 --> 00:17:55,084 - Diga. - Dille ao xefe que necesito o avogado. 223 00:18:00,376 --> 00:18:01,209 Quen era? 224 00:18:06,918 --> 00:18:08,709 - Ola. - Grazas polas flores. 225 00:18:08,793 --> 00:18:11,084 - Non foi nada. - Foi un detalle. 226 00:18:11,168 --> 00:18:14,626 Deixeiche a lista de provedores validados para a próxima. 227 00:18:14,709 --> 00:18:17,834 - Para optimizar o proceso. - A próxima? Caralludo. 228 00:18:18,501 --> 00:18:20,918 Esta noite. Se estás libre. 229 00:18:21,001 --> 00:18:22,209 Estou. 230 00:18:22,293 --> 00:18:25,709 Retiráronme o caso da chantaxe en boa parte pola túa axuda. 231 00:18:25,793 --> 00:18:28,501 E pénsocho agradecer con grande entusiasmo. 232 00:18:28,584 --> 00:18:30,168 Que ben. 233 00:18:30,251 --> 00:18:33,293 Que saibas que Nyland está encantado contigo. 234 00:18:34,918 --> 00:18:35,876 Díxoo el? 235 00:18:37,251 --> 00:18:38,626 Caralludísimo. 236 00:18:38,709 --> 00:18:42,793 A verdade é que obrei literalmente un milagre. Se se pode dicir así. 237 00:18:42,876 --> 00:18:46,084 Pódese. Ver como colles seguridade paréceme moi sexy. 238 00:18:46,168 --> 00:18:50,209 A min parécesme moi sexy ti. Estou desexando que chegue a noite. 239 00:18:50,293 --> 00:18:51,251 Eu tamén. 240 00:18:51,334 --> 00:18:55,334 Vas facer de entrevistador agresivo que deixo en ridículo en directo. 241 00:18:55,418 --> 00:18:56,793 Moito me pon iso. 242 00:18:59,459 --> 00:19:00,626 Home! 243 00:19:00,709 --> 00:19:03,626 - Oín que anotaches un bo punto. - Oíches ben. 244 00:19:03,709 --> 00:19:07,209 Parabéns. As vitorias claras non son boas de conseguir aquí. 245 00:19:07,293 --> 00:19:08,251 Grazas. 246 00:19:08,334 --> 00:19:12,043 Un aviso. Violet e eu collemos un par de casos que che chegaron. 247 00:19:12,126 --> 00:19:14,376 Para que non se che faga demasiado. 248 00:19:14,459 --> 00:19:15,459 Non podo. 249 00:19:18,876 --> 00:19:21,876 - Non pode o que? - Nada. Ti ponte cómodo. 250 00:19:21,959 --> 00:19:25,793 Quero oír detalles desa vitoria que non me custen unha citación. 251 00:19:25,876 --> 00:19:27,459 - Feito. - Moi ben. 252 00:19:27,543 --> 00:19:29,459 - Grazas por cubrirme. - De nada. 253 00:19:29,543 --> 00:19:31,043 De verdade, agradézocho. 254 00:19:37,001 --> 00:19:38,001 Vale. 255 00:19:45,918 --> 00:19:46,918 E… A ver. 256 00:19:48,459 --> 00:19:49,418 Owen Hendricks. 257 00:19:49,501 --> 00:19:51,168 Necesítote en Phoenix. 258 00:20:06,501 --> 00:20:09,084 Non quero nada contigo, Max. Non me chames. 259 00:20:25,168 --> 00:20:26,501 Dixen que me deixes. 260 00:20:26,584 --> 00:20:30,543 - Non podo. Necesito axuda. - Xa non es cousa miña. 261 00:20:30,626 --> 00:20:34,293 O meu traballo era sacarte do cárcere. Saíches. Acabei. 262 00:20:34,376 --> 00:20:37,959 Non é decisión túa. E vancho lembrar agora mesmo. 263 00:20:41,584 --> 00:20:43,001 É sobre min. Espero. 264 00:20:49,126 --> 00:20:49,959 Diga. 265 00:20:50,459 --> 00:20:53,293 O director xurídico quere velo no seu despacho. 266 00:20:54,251 --> 00:20:56,584 - Agora? - Si. Agora mesmo. 267 00:20:57,959 --> 00:20:58,793 De acordo. 268 00:21:07,459 --> 00:21:09,126 Vémonos en Phoenix, guapo. 269 00:21:22,626 --> 00:21:23,751 Que fas? 270 00:21:24,876 --> 00:21:27,084 Non me fío dos edulcorantes da sala. 271 00:21:27,168 --> 00:21:30,543 O meu grupo de operacións corrupto quere manipularme outra vez. 272 00:21:30,626 --> 00:21:34,876 Igual teño que deixar isto. Hoxe. Como o fago? Cunha carta ou…? 273 00:21:35,918 --> 00:21:40,459 Non podes deixalo. O motor está espallado polo chan do garaxe. 274 00:21:41,793 --> 00:21:43,876 - O que? - É unha analoxía. 275 00:21:43,959 --> 00:21:47,668 Os casos son motores de coche. En canto empezas a traballar nun, 276 00:21:47,751 --> 00:21:50,876 poste a desmontar o motor e a pousar as pezas no chan. 277 00:21:50,959 --> 00:21:55,126 Non podes marchar ata colocalas. Se non, levas a culpa do cristo. 278 00:21:55,209 --> 00:21:59,043 Cada vez que pensas que acabaches, aparecen pezas novas polo chan. 279 00:21:59,126 --> 00:22:02,209 Pezas que non encaixan, coas que non sabes que facer. 280 00:22:02,293 --> 00:22:06,793 Empezas a metelas nos petos. Pero seguen aparecendo máis e máis. 281 00:22:06,876 --> 00:22:11,418 - Tiveches algún ataque de ansiedade? - Un, desde 2019. Acábaste afacendo. 282 00:22:11,501 --> 00:22:14,876 - Non. Non… non quero. - Entón, debías deixalo. 283 00:22:14,959 --> 00:22:17,584 Pero non podes, porque acabarías pagando 284 00:22:17,668 --> 00:22:20,959 por todo o malo que pasou desde que puxeches un pé aquí. 285 00:22:22,084 --> 00:22:26,876 Un momento. Se o deixas, cárgoche o meu pesadelo do grupo de operacións. 286 00:22:26,959 --> 00:22:29,918 - Retiro o dito. Déixao. - Non me estás axudando. 287 00:22:30,001 --> 00:22:31,376 Non é a miña intención. 288 00:22:31,459 --> 00:22:36,584 Anécdota: o último que entrou en pánico e marchou levou a culpa do de Abu Ghraib. 289 00:22:38,501 --> 00:22:39,501 Pode pasar. 290 00:22:43,709 --> 00:22:45,459 Que xa pode pasar. 291 00:22:47,918 --> 00:22:48,751 De acordo. 292 00:22:50,459 --> 00:22:51,626 Algún problema? 293 00:22:53,751 --> 00:22:54,584 Moitos. 294 00:23:07,168 --> 00:23:08,126 Pasa. 295 00:23:12,459 --> 00:23:13,709 Queríame ver, señor? 296 00:23:13,793 --> 00:23:16,876 Por que o antigo recurso esixe que volvas a Phoenix? 297 00:23:18,126 --> 00:23:21,001 Non o sei. Señor, eu acabei co seu caso onte. 298 00:23:21,084 --> 00:23:22,334 Parece que non. 299 00:23:23,168 --> 00:23:25,084 Hai algo entre vós os dous? 300 00:23:29,376 --> 00:23:30,543 Nada de nada. 301 00:23:30,626 --> 00:23:33,876 - E por que te quere a ti? - Non o sei. 302 00:23:33,959 --> 00:23:39,168 Será que cumprín e a saquei do cárcere mentres que Operacións a abandonou 303 00:23:39,251 --> 00:23:42,126 despois de que ela arriscase a vida pola Axencia. 304 00:23:43,126 --> 00:23:45,834 Eu non tiven que ver co cesamento de Meladze. 305 00:23:46,876 --> 00:23:51,626 - Vin para devolvela á súa antiga vida. - Xa. Ela sabe que a necesitas. 306 00:23:51,709 --> 00:23:55,084 Estanos poñendo a proba, mirando ata onde pode chegar. 307 00:23:56,668 --> 00:23:58,626 Señor, o director pola liña un. 308 00:24:00,501 --> 00:24:03,251 Vai a Phoenix. Tráea de volta. Sen dramas. 309 00:24:03,334 --> 00:24:04,501 Si, señor. 310 00:24:04,584 --> 00:24:07,709 Desde este momento, ten que ir todo polo libro. 311 00:24:08,501 --> 00:24:09,334 Por suposto. 312 00:24:15,584 --> 00:24:20,251 - Max está xogando con nós. É o dela. - Concordo. Pero hai que seguirlle o xogo. 313 00:24:20,334 --> 00:24:24,376 Zafouse dos axentes para atar cabos soltos antes de irse de Phoenix. 314 00:24:24,459 --> 00:24:27,876 - Eses cabos soltos son delito, seguro. - Que non a collan. 315 00:24:27,959 --> 00:24:30,376 - Leva ti as culpas se fai falta. - Vaite foder! 316 00:24:35,168 --> 00:24:39,793 Sabes que é isto? Unha pistola Liberator da Segunda Guerra Mundial. 317 00:24:40,293 --> 00:24:43,376 Os aliados lanzáronllas á resistencia tras as liñas do Eixe. 318 00:24:43,459 --> 00:24:44,876 Bala única, sen alcance. 319 00:24:44,959 --> 00:24:48,043 Pero valía para quitarlle unha arma mellor a un nazi. 320 00:24:48,126 --> 00:24:51,834 Outra charla sobre influencia, xa o pillo. Max ten a mellor arma. 321 00:24:51,918 --> 00:24:56,834 Max é a mellor arma. Un conduto ata a nova dirección da intelixencia rusa. 322 00:24:57,334 --> 00:25:00,543 Ti es a arma prescindible que só uso para chegar a ela. 323 00:25:00,626 --> 00:25:02,834 Así que vai por ela. 324 00:25:05,376 --> 00:25:07,834 Ti si que sabes facerme sentir valorado. 325 00:25:08,834 --> 00:25:11,834 Fai unha maleta. Vas seguir a Hendricks ata Phoenix. 326 00:25:11,918 --> 00:25:16,168 Hai algo entre eles e Meladze vale moito como para deixalo foder todo. 327 00:25:26,626 --> 00:25:27,459 Aquí estás. 328 00:25:29,293 --> 00:25:30,668 Grazas por baixar, meu. 329 00:25:31,334 --> 00:25:34,168 O que? Estaba desesperado por saír da oficina. 330 00:25:34,668 --> 00:25:37,834 Un edificio do goberno é o peor despois dunha ruptura. 331 00:25:37,918 --> 00:25:39,793 Xa. Aínda estás mal? 332 00:25:39,876 --> 00:25:41,793 Non é tanto por Tad. 333 00:25:41,876 --> 00:25:44,959 É máis por empezar co pesadelo de ligar outra vez. 334 00:25:46,126 --> 00:25:48,876 Eu xa quero casar e ter fillos. 335 00:25:48,959 --> 00:25:51,918 Debe de estar ben saber xusto o que queres. 336 00:25:52,418 --> 00:25:54,168 Cando parece tan lonxe, non. 337 00:25:57,959 --> 00:25:59,168 E a ti que che pasa? 338 00:26:02,001 --> 00:26:06,209 A verdade, necesito que me animen. E non podía chamar a Hannah. 339 00:26:06,793 --> 00:26:09,209 - Porque che botaría un sermón? - Si. 340 00:26:09,293 --> 00:26:12,918 Porque, no fondo, sabes que te coñece mellor que ti mesmo 341 00:26:13,001 --> 00:26:14,209 e igual ten razón? 342 00:26:15,334 --> 00:26:17,459 - Dáseche fatal animar. - Síntoo. 343 00:26:17,959 --> 00:26:19,334 Que necesitas que diga? 344 00:26:24,876 --> 00:26:27,959 Se cadra metinme en camisas de once varas. Se cadra. 345 00:26:29,251 --> 00:26:31,126 - Sempre te metes. - Xa. 346 00:26:31,209 --> 00:26:35,043 - É o teu principio operativo. - Si. Xa o sei. 347 00:26:36,834 --> 00:26:39,543 Estou traballando nun caso con moita presión. 348 00:26:40,043 --> 00:26:44,834 E a parte central do caso é… unha persoa que é mal asunto. 349 00:26:44,918 --> 00:26:48,584 Pero, ao mesmo tempo, hai algo nela que me esperta simpatía. 350 00:26:48,668 --> 00:26:50,709 - Nela? - Si. 351 00:26:51,584 --> 00:26:52,793 Non vai por aí. 352 00:26:53,668 --> 00:26:54,751 Que non. 353 00:26:57,751 --> 00:27:02,126 Só digo… que mellor que me chamases a min e non a Hannah. 354 00:27:03,959 --> 00:27:04,793 Si. 355 00:27:05,543 --> 00:27:09,959 Non sei de que carallo vai ese caso nin o que fas no traballo todos os días, 356 00:27:10,543 --> 00:27:15,043 pero coñézote a ti. E nunca coñecín ninguén tan decidido a importar. 357 00:27:17,084 --> 00:27:18,168 Grazas. 358 00:27:18,251 --> 00:27:20,459 Non dixen "a facer algo importante". 359 00:27:20,543 --> 00:27:24,043 Necesitas demostrar constantemente que a xente te necesita. 360 00:27:25,209 --> 00:27:29,334 Iso faite cometer temeridades que van en contra dos teus intereses. 361 00:27:30,543 --> 00:27:32,001 Aquí van os meus ánimos. 362 00:27:33,168 --> 00:27:34,584 Si que importas. 363 00:27:37,084 --> 00:27:38,918 Solta o acelerador un pouco. 364 00:27:42,084 --> 00:27:44,126 Permítete non ser un salvador. 365 00:27:47,626 --> 00:27:49,043 Dáste por animado? 366 00:28:20,918 --> 00:28:23,459 Vaia. Estás distinta. 367 00:28:26,501 --> 00:28:29,168 Grazas. Vai pedir unha suite. 368 00:28:29,251 --> 00:28:31,876 Non. Hai un Days Inn un pouco máis abaixo. 369 00:28:31,959 --> 00:28:34,459 Voamos ao amencer. Nada de primeira clase. 370 00:28:34,543 --> 00:28:38,084 Imos nun avión de carga da Forza Aérea para escapar do radar. 371 00:28:38,168 --> 00:28:40,876 - En sentido figurado. - Non. Quedamos aquí. 372 00:28:40,959 --> 00:28:45,543 Axúdasme cunha cousa á mañá e xa voamos despois. 373 00:28:46,626 --> 00:28:47,709 - Non. - Non? 374 00:28:47,793 --> 00:28:50,126 Non. Paso dos teus xogos de poder. 375 00:28:50,209 --> 00:28:52,043 - Acabouse. - Moi ben. 376 00:28:52,126 --> 00:28:54,709 Max. Espera. Max. 377 00:28:54,793 --> 00:28:55,626 Para! 378 00:29:00,001 --> 00:29:03,043 O teu xefe meteute nun avión para vir ata aquí 379 00:29:03,126 --> 00:29:05,084 e ocuparte de min. Sabes por que? 380 00:29:05,168 --> 00:29:07,793 Se dis "influencia", tírome diante dun coche. 381 00:29:08,501 --> 00:29:09,668 Influencia. 382 00:29:11,251 --> 00:29:14,459 Non te poñas así. Se te relaxas, podemos pasalo ben. 383 00:29:16,709 --> 00:29:20,376 Non vin para relaxarme nin pasalo ben nin xogar aos teus xogos. 384 00:29:21,084 --> 00:29:24,709 Non me podo permitir este hotel, así que imos para o Days Inn. 385 00:29:24,793 --> 00:29:29,709 Lin un artigo sobre unha reunión secreta do xeneral Kuznetsov cos chineses. 386 00:29:29,793 --> 00:29:32,834 Na CIA, están desesperados por saber o que se falou. 387 00:29:32,918 --> 00:29:34,918 E só podo descubrilo eu. 388 00:29:35,501 --> 00:29:39,126 Para de finxir que podes escoller. Vai pedir unha suite. 389 00:29:52,709 --> 00:29:53,668 Ola. 390 00:29:53,751 --> 00:29:56,376 - Benvidos ao Aurora. Para rexistrarse? - Si. 391 00:29:56,459 --> 00:30:00,084 Téñoos diante. Tes razón. Aquí hai algo. 392 00:30:00,168 --> 00:30:01,209 Que está pasando? 393 00:30:01,293 --> 00:30:05,334 Queriamos unha noite na suite máis barata, por favor. 394 00:30:05,418 --> 00:30:06,834 - Claro que si. - Si. 395 00:30:06,918 --> 00:30:10,459 Temos unha villa libre por 1700. 396 00:30:11,626 --> 00:30:12,459 Dólares? 397 00:30:12,543 --> 00:30:13,751 Si. 398 00:30:16,959 --> 00:30:17,793 Moi ben. 399 00:30:22,251 --> 00:30:26,376 - Está reservando unha suite das caras. - Perdoe, terá outra tarxeta? 400 00:30:26,459 --> 00:30:29,501 Ou non. Hai un problema coa tarxeta del. 401 00:30:30,084 --> 00:30:31,584 Estanse deitando, seguro. 402 00:30:32,959 --> 00:30:34,501 Asegúrate de facer fotos. 403 00:30:36,918 --> 00:30:37,793 Un segundo. 404 00:30:41,834 --> 00:30:47,501 …terceiro down con cinco na zona vermella desde a liña de oito iardas. 405 00:30:47,584 --> 00:30:51,001 Formación escopeta. Tres receptores abertos, un corredor. 406 00:30:51,959 --> 00:30:54,084 Aí está o saque. E pase a… 407 00:30:55,876 --> 00:30:57,168 - Ola. Que foi? - Ola. 408 00:30:57,709 --> 00:30:59,834 Necesito un… favor. 409 00:31:00,584 --> 00:31:02,543 Que raro. O que? 410 00:31:04,168 --> 00:31:07,126 Podo cargar un cuarto de hotel na túa tarxeta? 411 00:31:07,209 --> 00:31:08,626 É por traballo. Xúrocho. 412 00:31:09,793 --> 00:31:13,293 Estou nun apuro e teño a tarxeta ao límite agora mesmo. 413 00:31:13,376 --> 00:31:15,668 A Axencia estame tramitando os pagamentos. 414 00:31:16,251 --> 00:31:17,168 Onde estás? 415 00:31:17,834 --> 00:31:20,793 - Non cho podo dicir. - O hotel sae no extracto. 416 00:31:22,918 --> 00:31:23,751 En Phoenix. 417 00:31:24,418 --> 00:31:25,251 Por un caso. 418 00:31:25,334 --> 00:31:27,876 - O caso que dicías que acabara? - Pode ser. 419 00:31:27,959 --> 00:31:30,334 Xuraches que deixaras os problemas atrás 420 00:31:30,418 --> 00:31:33,293 e xusto aparecen dous axentes e lévante a rastro. 421 00:31:33,876 --> 00:31:35,584 E agora necesitas cartos? 422 00:31:37,126 --> 00:31:39,709 Sei que soa mal. Vale? 423 00:31:39,793 --> 00:31:42,626 Pero non cho pediría se non estivese nun apuro. 424 00:31:43,834 --> 00:31:44,751 Canto é? 425 00:31:44,834 --> 00:31:48,793 Só uns centos. Pero devólvocho, seguro. 426 00:31:49,959 --> 00:31:51,709 Xa. Vale. O que ti digas. 427 00:31:51,793 --> 00:31:52,793 Débesme unha. 428 00:31:53,918 --> 00:31:55,126 Caralludo. Grazas. 429 00:31:55,209 --> 00:32:00,501 Vale, moi ben. Tes que darlle os datos a esta muller. 430 00:32:03,626 --> 00:32:06,293 Se non lle di canto é, doulle máis propina. 431 00:32:10,334 --> 00:32:11,334 E enviado. 432 00:32:20,126 --> 00:32:21,918 Igual valeu a pena. 433 00:32:41,668 --> 00:32:43,668 - Vou dar un baño. - Vale. 434 00:32:47,376 --> 00:32:48,501 Queres vir comigo? 435 00:32:50,126 --> 00:32:52,376 Non me parece boa idea. 436 00:32:52,459 --> 00:32:53,293 Por que? 437 00:32:54,209 --> 00:32:55,501 Xa sabes por que. 438 00:33:00,418 --> 00:33:03,876 Oe, teño aí unhas cremas corporais de luxo. 439 00:33:03,959 --> 00:33:05,959 - Pódesmas traer? - Non. 440 00:33:06,459 --> 00:33:09,126 Vale. Pois terei que ir buscalas eu. 441 00:33:09,209 --> 00:33:10,834 Vale, non. Lévochas. 442 00:33:10,918 --> 00:33:12,293 En que bolsa? 443 00:33:13,043 --> 00:33:13,876 A turquesa. 444 00:33:21,959 --> 00:33:24,709 Cres que es boa persoa por non vir? 445 00:33:26,959 --> 00:33:28,043 Non es o meu tipo. 446 00:33:28,584 --> 00:33:32,084 Xa. A mentira máis gorda que dixeches desde que te coñezo. 447 00:33:33,918 --> 00:33:37,251 Os estadounidenses sempre poñéndovos tensos co sexo. 448 00:33:37,334 --> 00:33:41,084 A vida é curta, somos adultos e non te vas aproveitar de min. 449 00:33:41,168 --> 00:33:42,876 Poderiamos pasalo ben. 450 00:33:43,543 --> 00:33:44,709 Por que estou aquí? 451 00:33:45,584 --> 00:33:47,751 Non podo chegar a Belarús sen nada. 452 00:33:47,834 --> 00:33:51,834 Necesito cartos para pagar un salvoconduto de volta á mafia. 453 00:33:52,334 --> 00:33:55,043 Necesito cinco millóns. Se cadra o dobre. 454 00:33:55,126 --> 00:33:58,126 ¿Non chos pode dar a Axencia por ser un recurso da hostia 455 00:33:58,209 --> 00:34:00,751 con contactos co xeneral "Kusi non sei que"? 456 00:34:00,834 --> 00:34:01,793 Non é tan fácil. 457 00:34:01,876 --> 00:34:06,918 Por que? A CIA entregou mochilas cheas de cartos en Afganistán e Iraq. 458 00:34:08,209 --> 00:34:12,876 Xa. Esas misións foran aprobadas ao máis alto nivel. 459 00:34:12,959 --> 00:34:14,543 Eu nin existo, lembras? 460 00:34:15,418 --> 00:34:19,918 Faime caso. Levo facendo este baile coa Axencia máis dunha década. 461 00:34:20,001 --> 00:34:24,793 Tanto dá o valiosa que sexa a información. A misión principal é protexer a Axencia. 462 00:34:25,751 --> 00:34:28,751 Non van revelar delitos que cometín con eles. 463 00:34:29,251 --> 00:34:32,876 Así que temos que finxir que es unha fichaxe nova e iso… 464 00:34:33,751 --> 00:34:36,168 complica a autorización deses cartos. 465 00:34:36,251 --> 00:34:37,209 Exacto. 466 00:34:37,293 --> 00:34:41,793 Así que teño que vender o meu negocio para pagar a viaxe á casa. 467 00:34:41,876 --> 00:34:44,126 - O negocio dos pisos francos? - Si. 468 00:34:44,209 --> 00:34:45,501 ¿A quen llo vas… 469 00:34:49,668 --> 00:34:50,501 vender? 470 00:34:53,834 --> 00:34:55,168 Quéresme vir secar? 471 00:34:58,793 --> 00:34:59,626 Non. 472 00:35:00,168 --> 00:35:01,168 Vale, moi ben. 473 00:35:01,251 --> 00:35:04,168 Fin do interrogatorio. Teño fame. 474 00:35:06,626 --> 00:35:08,459 Nada de servizo de cuartos. 475 00:35:09,584 --> 00:35:10,501 Xa o pedín. 476 00:35:19,168 --> 00:35:21,001 Admíteo. Isto é divertido. 477 00:35:22,001 --> 00:35:23,876 A ver, non é "non divertido". 478 00:35:26,209 --> 00:35:28,126 A quen lle vas vender o negocio? 479 00:35:29,084 --> 00:35:31,959 Traballo, traballo… Non podemos pasalo ben? 480 00:35:32,043 --> 00:35:35,084 Coñecernos mellor? Cóntame máis sobre ti. 481 00:35:35,168 --> 00:35:39,209 Para que? Para o usares contra min máis adiante? Non, grazas. 482 00:35:39,959 --> 00:35:44,168 É unha vía de dobre sentido. Eu contéstoche se ti me contestas a min. 483 00:35:47,043 --> 00:35:50,668 Vale, moi ben. Imos xogar a un xogo. 484 00:35:50,751 --> 00:35:51,584 - Si? - Si. 485 00:35:52,834 --> 00:35:54,209 Unha verdade por outra. 486 00:35:54,793 --> 00:35:58,834 Dixeches que minto tan ben coma ti, así que vou saber se me mentes. 487 00:35:58,918 --> 00:36:00,334 - Quen empeza? - Eu. 488 00:36:01,084 --> 00:36:03,001 A quen lle vas vender o negocio? 489 00:36:04,501 --> 00:36:07,918 Ao xefe de Talco, Sandoval Luna. O xefe do cártel Aquino. 490 00:36:08,001 --> 00:36:08,959 En serio? 491 00:36:09,543 --> 00:36:11,043 Si. Tócame. 492 00:36:11,126 --> 00:36:12,793 Por que te fixeches avogado? 493 00:36:13,376 --> 00:36:15,459 Non che pega nada. 494 00:36:15,959 --> 00:36:18,501 O dereito paréceme fascinante. 495 00:36:19,084 --> 00:36:22,209 Ou o tomas en serio ou non penso xogar. 496 00:36:22,293 --> 00:36:23,584 Vale. Pois… 497 00:36:24,626 --> 00:36:26,584 fíxenme avogado… 498 00:36:30,459 --> 00:36:34,001 porque lle prometín a miña nai que non ía seguir os pasos de meu pai 499 00:36:34,501 --> 00:36:36,709 e acabar no cemiterio de Arlington. 500 00:36:36,793 --> 00:36:39,168 Atopaches un baleiro legal na promesa. 501 00:36:39,251 --> 00:36:42,126 Si. Traballar na CIA é de todo menos seguro. 502 00:36:45,001 --> 00:36:47,709 Ti como te convertiches nun recurso da Axencia? 503 00:36:48,626 --> 00:36:51,376 Achegóuseme un supervisor con kompromat sobre min. 504 00:36:51,959 --> 00:36:52,793 Bob Non? 505 00:36:53,418 --> 00:36:55,209 Non, a primeira. 506 00:36:55,293 --> 00:36:56,126 Unha borracha. 507 00:36:57,376 --> 00:36:58,209 Unha muller? 508 00:36:59,459 --> 00:37:00,293 Si. 509 00:37:01,626 --> 00:37:06,459 A metade dos supervisores bebían. Aos occidentais cústalles a vida en Minsk. 510 00:37:06,543 --> 00:37:08,209 A ti tampouco se che dá mal. 511 00:37:11,834 --> 00:37:17,418 Dis que tiveches varios supervisores, pero só mencionaches o nome de Bob Non. 512 00:37:17,501 --> 00:37:20,126 - Por que é especial? - É Bob Non. 513 00:37:21,168 --> 00:37:24,751 Permitiuche el dirixir a rede de recursos extraoficiais? 514 00:37:24,834 --> 00:37:26,209 Non. Tócame a min. 515 00:37:26,959 --> 00:37:28,459 Namorácheste algunha vez? 516 00:37:31,251 --> 00:37:33,126 Xa, iso non cho vou dicir. 517 00:37:33,209 --> 00:37:34,376 - É un si. - Non. 518 00:37:34,459 --> 00:37:36,209 - A das redes sociais. - Non. 519 00:37:36,293 --> 00:37:38,751 - Da facultade. A compañeira de piso. - Pode ser. 520 00:37:38,834 --> 00:37:41,126 - E ti? Quixeches alguén? - Si. 521 00:37:43,459 --> 00:37:44,293 A quen? 522 00:37:47,668 --> 00:37:48,501 A miña filla. 523 00:37:51,168 --> 00:37:53,751 Non sabía que eras nai. 524 00:37:56,709 --> 00:37:57,793 Era, si. 525 00:38:06,251 --> 00:38:07,918 Síntoo moito. Non… 526 00:38:10,168 --> 00:38:11,668 Que… pasou? 527 00:38:13,209 --> 00:38:15,043 O que acaba pasando sempre. 528 00:38:16,543 --> 00:38:17,501 Traxedia. 529 00:38:22,376 --> 00:38:26,293 Mañá, vasme axudar a negociar a venda. 530 00:38:26,376 --> 00:38:30,043 E logo voamos e eu vou para a casa. 531 00:38:32,168 --> 00:38:33,001 Si. 532 00:38:36,793 --> 00:38:39,418 Por que me trouxeches ata aquí? 533 00:38:41,334 --> 00:38:42,501 A verdade. 534 00:38:46,001 --> 00:38:48,793 Es a única persoa coa que puiden contar. 535 00:38:59,043 --> 00:39:00,209 Vou para a cama. 536 00:39:01,918 --> 00:39:02,876 Queres vir? 537 00:39:08,043 --> 00:39:08,876 Non. 538 00:39:12,543 --> 00:39:13,376 Vale. 539 00:39:16,709 --> 00:39:18,376 - Boas noites. - Boas noites. 540 00:39:56,626 --> 00:39:57,751 Jeff mandou flores? 541 00:39:58,751 --> 00:39:59,834 Foi Owen. 542 00:40:00,543 --> 00:40:04,209 "Agora mando flores e ninguén as merece máis ca ti." 543 00:40:04,293 --> 00:40:05,126 Por que? 544 00:40:06,251 --> 00:40:07,584 Fíxenlle un favor. 545 00:40:17,959 --> 00:40:19,668 HAI CARGOS NA SÚA TARXETA. 546 00:40:52,959 --> 00:40:55,709 Dixeches uns centos, non 3000. 547 00:40:55,793 --> 00:40:58,168 E non penses que o arranxas con flores. 548 00:40:58,251 --> 00:41:02,626 Non tes a policía a bourarche na porta porque non sei se andas nun choio secreto. 549 00:41:04,126 --> 00:41:05,793 Que tipo de flores? 550 00:41:08,668 --> 00:41:11,043 - Onde está Owen? - Na ducha. 551 00:41:11,126 --> 00:41:12,834 Non pareces… 552 00:41:12,918 --> 00:41:14,126 Quen? 553 00:41:14,793 --> 00:41:16,001 Tanto ten. 554 00:41:16,501 --> 00:41:17,543 Que pasa? 555 00:41:18,126 --> 00:41:19,209 Es Hannah? 556 00:41:19,709 --> 00:41:21,668 A moza rica do seu Instagram? 557 00:41:22,709 --> 00:41:25,418 Contoume á noite que segue pensando en ti. 558 00:41:25,501 --> 00:41:26,459 Non tal. 559 00:41:26,543 --> 00:41:27,376 Si tal. 560 00:41:30,543 --> 00:41:34,626 Dille a Owen que vai ser o meu bolseiro sen soldo durante seis meses. 561 00:41:34,709 --> 00:41:37,001 Oe, viches a miña roupa por algures? 562 00:41:38,793 --> 00:41:40,168 Si. Tireina. 563 00:41:40,793 --> 00:41:41,751 Que? Por que? 564 00:41:42,334 --> 00:41:46,084 Compreiche unha máis apropiada para o traballo que imos facer. 565 00:41:46,668 --> 00:41:47,543 Que…? 566 00:41:59,293 --> 00:42:00,501 Quen era? 567 00:42:01,459 --> 00:42:02,584 Hannah. 568 00:42:02,668 --> 00:42:05,084 Que? Que lle dixeches? 569 00:42:05,168 --> 00:42:08,418 Non me deixou falar. Estaba moi cabreada. 570 00:42:08,918 --> 00:42:10,751 Estás seguro do que vas facer? 571 00:42:15,543 --> 00:42:18,459 - Tes que cortar polo san. - Coa tarxeta? Xa está. 572 00:42:19,418 --> 00:42:20,251 Con todo. 573 00:42:21,543 --> 00:42:23,251 - Xa, pero… - Pero… pero que? 574 00:42:25,418 --> 00:42:26,251 Nada. 575 00:42:26,834 --> 00:42:29,418 Non me vai descarreirar, como fai sempre. 576 00:42:29,501 --> 00:42:32,959 Teño unha petición de intercambio de probas que redactar. 577 00:42:33,543 --> 00:42:35,959 - Ese é o espírito. - Dásme máis? 578 00:42:37,168 --> 00:42:39,793 - Estás comendo para esquecer? - Non. 579 00:42:44,293 --> 00:42:45,209 Grazas. 580 00:42:55,543 --> 00:42:57,959 Algo máis da miña vida que queiras foder? 581 00:42:58,043 --> 00:42:59,168 Non sexas neno. 582 00:42:59,251 --> 00:43:02,084 Tes que ter a cabeza no sitio. Pode ser perigoso. 583 00:43:02,168 --> 00:43:03,501 Pon iso por debaixo. 584 00:43:03,584 --> 00:43:06,959 - Non. Non quero. - Vale. Normalmente, apuntan á cabeza. 585 00:43:08,043 --> 00:43:09,584 - É broma. - Hostia. 586 00:43:10,084 --> 00:43:14,043 Non haberá violencia. Interésalles demasiado comprar como para fodelo. 587 00:43:14,126 --> 00:43:16,126 Rápido, na tele. Un é Bob Non. 588 00:43:16,209 --> 00:43:17,043 Cal? 589 00:43:17,126 --> 00:43:18,459 GABINETE DA ALA OESTE 590 00:43:20,668 --> 00:43:22,418 Que? É unha broma? 591 00:43:24,251 --> 00:43:26,168 Nin sequera recoñeces a ningún. 592 00:43:27,918 --> 00:43:31,001 Non coñeces a Bob Non. Non foi supervisor teu. 593 00:43:31,084 --> 00:43:32,668 Onde oíches o alcume? 594 00:43:35,709 --> 00:43:37,751 Vale, pero unha verdade por outra? 595 00:43:37,834 --> 00:43:39,501 Diso nada. Esta gañeina. 596 00:43:45,418 --> 00:43:47,084 Díxomo Xander Goi. 597 00:43:48,709 --> 00:43:49,543 Por que? 598 00:43:50,126 --> 00:43:52,709 Estaba borracho. Púxose a loar o heroe. 599 00:43:52,793 --> 00:43:55,918 Nunha axencia onde mandan os segredos e todos coñecen a Bob Non, 600 00:43:56,001 --> 00:43:57,501 el quería ser aquel tipo. 601 00:43:59,043 --> 00:43:59,876 Pero non é. 602 00:44:03,376 --> 00:44:05,084 Veña. Imos chegar tarde. 603 00:44:09,126 --> 00:44:12,001 Dous lobos. Pero tres lobos? Non. 604 00:44:12,084 --> 00:44:13,376 Lester Kitchens. 605 00:44:14,876 --> 00:44:17,834 Oíra que pasaras ao bando inimigo, pero non o cría. 606 00:44:17,918 --> 00:44:21,376 Xa. Supoño que quería un traballo con futuro. 607 00:44:21,876 --> 00:44:23,209 E teño cama propia. 608 00:44:24,543 --> 00:44:25,918 Lembras a Violet Ebner? 609 00:44:26,001 --> 00:44:28,959 - Era avogada do exército en Delaram. - Claro. 610 00:44:29,043 --> 00:44:32,751 - Tamén estás no Departamento Xurídico? - Si, desde hai un ano. 611 00:44:33,251 --> 00:44:35,876 Entrei con Lester. E ti que fas por aquí? 612 00:44:37,001 --> 00:44:40,959 Traballando para reintroducir un recurso. É un pouco complicado. 613 00:44:42,251 --> 00:44:47,126 - O caso de chantaxe de Hendricks? - Si. Que me podedes contar del? 614 00:44:48,376 --> 00:44:49,376 Non. 615 00:44:54,043 --> 00:44:57,126 Vai de parviño, pero é un papel. 616 00:44:57,209 --> 00:45:02,418 É un axente do caos, non un avogado. Eu de ti, manteríao lonxe da operación. 617 00:45:15,626 --> 00:45:19,168 - Para de tocarme. Que fas? - Necesito rastrexar o teu móbil. 618 00:45:21,584 --> 00:45:25,376 - Por que necesitas rastrexarme? - Porque vas entrar só. 619 00:45:25,876 --> 00:45:27,459 Esqueceume mencionarcho? 620 00:45:29,293 --> 00:45:30,126 Si. 621 00:45:31,626 --> 00:45:34,334 Talco intentou matarme onte pola miña fonte. 622 00:45:34,418 --> 00:45:37,209 A persoa do banco que me pasa casas embargadas. 623 00:45:37,293 --> 00:45:40,251 - Para non ter que pagar. - Por iso me necesitabas. 624 00:45:40,334 --> 00:45:41,959 Contigo non vai facelo. 625 00:45:42,043 --> 00:45:46,668 Porque eu vou estar alerta, lista para matar a fonte se te traizoan. 626 00:45:47,751 --> 00:45:49,834 Non o van facer, ou quedarían sen nada. 627 00:45:49,918 --> 00:45:51,001 - Non. - Owen. 628 00:45:51,084 --> 00:45:54,543 Non. Non vas matar a fonte. Acepta ou marcho. 629 00:45:57,626 --> 00:45:59,334 Vale. Non a mato. 630 00:45:59,418 --> 00:46:02,418 Pero ti dilles que o vou facer e eles van tragalo. 631 00:46:02,501 --> 00:46:05,376 Chámase Zuri Wench, do banco Sun City. 632 00:46:12,793 --> 00:46:15,584 Camiña dous bloques ao norte, tres ao oeste. 633 00:46:15,668 --> 00:46:18,001 Talco recóllete alí. Pecha o trato. 634 00:46:21,876 --> 00:46:22,709 Por favor. 635 00:46:26,251 --> 00:46:28,209 Só podo volver á casa así. 636 00:47:24,376 --> 00:47:28,918 ENVÍO E RECEPCIÓN 637 00:47:31,376 --> 00:47:32,751 Inimigo do meu inimigo. 638 00:47:34,126 --> 00:47:34,959 Si. 639 00:47:36,459 --> 00:47:41,334 Só veño como representante para negociar as condicións da venda do negocio de Max. 640 00:47:42,251 --> 00:47:45,334 Pois parabéns. Senta. Hai que ir no furgón. 641 00:47:45,918 --> 00:47:47,584 E non podemos negociar aquí? 642 00:47:48,793 --> 00:47:51,918 Non vas facer o trato comigo. Valo facer con El Jefe. 643 00:49:03,084 --> 00:49:06,543 Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández