1 00:00:02,000 --> 00:00:07,000 Downloaded from YTS.MX 2 00:00:08,000 --> 00:00:13,000 Official YIFY movies site: YTS.MX 3 00:00:30,708 --> 00:00:31,541 Si. 4 00:00:32,625 --> 00:00:35,750 Aquí estamos, na cabana onde escribo. 5 00:00:37,000 --> 00:00:39,833 Levo 30 anos nesta cabana. 6 00:00:40,750 --> 00:00:42,958 É importante, antes de comezar, 7 00:00:42,958 --> 00:00:46,375 asegurarse de que estea todo o que me vai facer falta. 8 00:00:48,083 --> 00:00:49,625 Tabaco, claro. 9 00:00:50,333 --> 00:00:52,208 Café, bombóns. 10 00:00:54,458 --> 00:00:57,958 Sempre teño que ter un lapis afiado antes de comezar. 11 00:00:59,916 --> 00:01:03,500 Teño seis lapis, e logo gústame limpar o caderno. 12 00:01:05,666 --> 00:01:07,291 Miren cantas migas de goma. 13 00:01:08,833 --> 00:01:09,666 Xa está. 14 00:01:12,000 --> 00:01:13,875 E logo empézase. 15 00:01:17,208 --> 00:01:20,750 Normalmente hai que facer algunhas correccións. 16 00:01:23,458 --> 00:01:24,291 Si. 17 00:01:29,250 --> 00:01:30,166 A ver... 18 00:01:34,250 --> 00:01:38,041 Henry Sugar tiña 41 anos, era solteiro e rico. 19 00:01:38,666 --> 00:01:41,625 Era rico porque seu pai, que xa morrera, era rico. 20 00:01:41,625 --> 00:01:45,791 E solteiro porque era moi egoísta para compartir os cartos coa muller. 21 00:01:45,791 --> 00:01:50,291 Medía 1,90 e igual non era tan guapo como a el lle parecía. 22 00:01:50,291 --> 00:01:52,958 Prestáballe moita atención á roupa. 23 00:01:52,958 --> 00:01:55,250 Facía os traxes nunha xastraría cara, 24 00:01:55,250 --> 00:01:58,666 as camisas nunha camisaría e os zapatos nunha zapataría. 25 00:01:58,666 --> 00:02:01,583 O barbeiro recortáballe o pelo cada dez días 26 00:02:01,583 --> 00:02:04,458 e sempre lle facían a manicura ao mesmo tempo. 27 00:02:04,458 --> 00:02:06,041 Tiña un Ferrari, 28 00:02:06,041 --> 00:02:09,083 que lle custara case tanto coma unha casa de campo. 29 00:02:10,291 --> 00:02:14,000 Todos os seus amigos eran ricos e el na vida pegara pau. 30 00:02:15,041 --> 00:02:19,625 Os homes coma Henry Sugar andan á deriva polo mundo coma as algas. 31 00:02:19,625 --> 00:02:23,375 Non son especialmente malos, pero tampouco son bos homes. 32 00:02:24,500 --> 00:02:26,458 Forman parte do decorado. 33 00:02:28,416 --> 00:02:30,625 Todos os ricos coma Henry 34 00:02:30,625 --> 00:02:34,958 teñen unha peculiaridade común: un terrible desexo de seren máis ricos. 35 00:02:35,833 --> 00:02:38,791 Dez millóns nunca chegan a nada, e 20 tampouco. 36 00:02:38,791 --> 00:02:41,708 Teñen un desexo insaciable de máis cartos 37 00:02:41,708 --> 00:02:45,250 e terror a espertar un día e non topar nada no banco. 38 00:02:45,250 --> 00:02:48,541 {\an8}Usan varios métodos para aumentar a súa fortuna. 39 00:02:48,541 --> 00:02:51,333 {\an8}Uns mercan accións e miran como soben e baixan. 40 00:02:51,333 --> 00:02:56,333 {\an8}Outros mercan terra, arte ou diamantes. Ou apostan no casino ou aos cabalos. 41 00:02:56,333 --> 00:02:58,458 {\an8}E outros apostan ao que sexa. 42 00:02:58,458 --> 00:03:02,541 {\an8}Henry Sugar era un deles, e non lle torcía o bico a trampear. 43 00:03:03,500 --> 00:03:08,166 {\an8}Unha fin de semana de verán, Henry foi ver a Sir William W. ao campo. 44 00:03:08,166 --> 00:03:10,583 A casa era espléndida, tamén o xardín. 45 00:03:10,583 --> 00:03:14,041 Pero cando Henry chegou aquel sábado, estaba arroiando. 46 00:03:14,041 --> 00:03:17,541 O anfitrión e os outros convidados pasaron a tarde xogando, 47 00:03:17,541 --> 00:03:21,250 mentres Henry miraba como petaba a choiva na ventá. 48 00:03:21,791 --> 00:03:24,375 Henry saíu do salón e foi cara ao vestíbulo. 49 00:03:25,250 --> 00:03:29,375 Paseou pola casa sen rumbo e finalmente entrou na biblioteca. 50 00:03:32,458 --> 00:03:36,125 O pai de William coleccionaba libros e as paredes da biblioteca 51 00:03:36,125 --> 00:03:39,375 estaban cubertas de libros anticuados e encadernados. 52 00:03:39,375 --> 00:03:40,791 Non lle interesaban. 53 00:03:40,791 --> 00:03:44,291 Só lía novela policial e negra, e alí non había diso. 54 00:03:44,291 --> 00:03:45,333 Xa ía marchar 55 00:03:45,333 --> 00:03:48,916 cando os seus ollos se pousaron en algo diferente. 56 00:03:48,916 --> 00:03:53,125 Era delgadiño, non o vería se non destacase entre os outros libros. 57 00:03:53,625 --> 00:03:54,958 Colleuno do estante. 58 00:03:55,458 --> 00:03:59,291 Era só un libro de exercicios dos que usan os nenos na escola. 59 00:03:59,291 --> 00:04:01,708 A cuberta era azul, sen nada escrito. 60 00:04:01,708 --> 00:04:05,750 A primeira páxina, escrita á man con letra negra e clara, dicía: 61 00:04:05,750 --> 00:04:08,625 INFORME SOBRE IMDAD KHAN O HOME QUE VE SEN OLLOS 62 00:04:08,625 --> 00:04:12,416 Que estraño! Que raro! Que é isto? 63 00:04:13,291 --> 00:04:16,375 Acomodouse nunha poltrona e comezou polo principio. 64 00:04:16,875 --> 00:04:19,875 Isto é o que Henry leu no caderno de exercicios. 65 00:04:25,083 --> 00:04:29,000 Son Z. Z. Chatterjee, xefe de cirurxía do Hospital de Calcuta. 66 00:04:29,000 --> 00:04:33,291 O 2 de decembro de 1935, estaba na sala de descanso tomando un té. 67 00:04:33,291 --> 00:04:37,000 Estaban outros tres doutores: Marshall, Mitra e Macfarlane. 68 00:04:37,000 --> 00:04:38,500 Chamaron á porta. 69 00:04:38,500 --> 00:04:39,750 "Adiante", dixen. 70 00:04:41,541 --> 00:04:44,375 Desculpen, señores. Pódolles pedir un favor? 71 00:04:44,958 --> 00:04:46,500 Este cuarto é privado. 72 00:04:46,500 --> 00:04:48,750 Xa sei. Perdón por entrar así, 73 00:04:48,750 --> 00:04:51,875 pero teño algo interesante para mostrarlles. 74 00:04:51,875 --> 00:04:54,208 Estabamos enfadados e non contestamos. 75 00:04:55,250 --> 00:04:59,375 Señores, eu vexo sen usar os ollos. 76 00:05:00,375 --> 00:05:01,666 Pequeno, uns 60 anos, 77 00:05:01,666 --> 00:05:05,375 bigote branco, saíalle un mato de pelo negro polas orellas. 78 00:05:05,375 --> 00:05:08,291 Aínda que me venden a cabeza con 50 vendas, 79 00:05:08,291 --> 00:05:10,208 podo lerlles un libro igual. 80 00:05:10,708 --> 00:05:14,291 Parecía dicilo en serio. A min picoume a curiosidade. 81 00:05:14,291 --> 00:05:15,333 Pase, por favor. 82 00:05:22,166 --> 00:05:26,458 - Cantos dedos mostra o doutor Marshall? - Sete. 83 00:05:26,458 --> 00:05:27,833 - E agora? - Nove. 84 00:05:27,833 --> 00:05:29,250 - Agora? - Tres. 85 00:05:29,250 --> 00:05:30,750 - Agora? - Tres de novo. 86 00:05:30,750 --> 00:05:31,666 E agora? 87 00:05:32,333 --> 00:05:33,250 Ningún. 88 00:05:34,625 --> 00:05:36,291 Hum. Cal é o truco? 89 00:05:36,791 --> 00:05:40,333 Non ten truco. Aprendín a facelo tras anos de adestramento. 90 00:05:40,333 --> 00:05:41,708 Que adestramento? 91 00:05:41,708 --> 00:05:44,208 Desculpe, pero iso é asunto privado. 92 00:05:45,208 --> 00:05:46,291 Que quería, entón? 93 00:05:46,291 --> 00:05:49,416 Son dun teatro ambulante. Chegamos hoxe a Calcuta. 94 00:05:49,416 --> 00:05:52,875 Á noite estreámonos no Royal Palace Hall. 95 00:05:52,875 --> 00:05:54,333 A min preséntanme como: 96 00:05:54,333 --> 00:05:56,708 Imdad Khan, o home que ve sen ollos. 97 00:05:56,708 --> 00:06:00,250 Cando a compañía chega a unha cidade, vou a un hospital 98 00:06:00,250 --> 00:06:03,791 e pídolles aos médicos que me venden os ollos a conciencia. 99 00:06:03,791 --> 00:06:06,125 É importante que o fagan doutores 100 00:06:06,125 --> 00:06:08,208 para que non se pense que trampeo. 101 00:06:08,208 --> 00:06:11,041 Logo saio á rúa e fago algo perigoso. 102 00:06:11,041 --> 00:06:12,541 Mirei os outros tres. 103 00:06:12,541 --> 00:06:15,750 Mitra e Macfarlane tiñan que atender os pacientes. 104 00:06:15,750 --> 00:06:18,541 - Marshall dixo... - Por que non? Fagámolo ben. 105 00:06:18,541 --> 00:06:20,708 Asegurémonos de que non vexa nada. 106 00:06:20,708 --> 00:06:23,291 Son moi amables. Fagan o que queiran. 107 00:06:23,291 --> 00:06:27,291 Antes de vendalo, cubrímoslle os ollos con algo suave e duro. 108 00:06:27,291 --> 00:06:29,500 - Masa? - Xusto. Vai á panadaría. 109 00:06:29,500 --> 00:06:31,375 Eu voulle selar as pálpebras. 110 00:06:31,375 --> 00:06:34,000 Levei a Imdad polo corredor ao quirófano. 111 00:06:34,000 --> 00:06:35,291 Déitese aí. 112 00:06:35,291 --> 00:06:37,791 Collín un bote de colodión da lacena. 113 00:06:37,791 --> 00:06:39,916 Vou pegar as pálpebras con isto. 114 00:06:39,916 --> 00:06:41,291 E logo como o quito? 115 00:06:41,291 --> 00:06:44,833 Bótelle alcohol debaixo das pestanas para disolvelo. 116 00:06:44,833 --> 00:06:48,708 Peche os ollos mentres se pon duro. Pasaron dous minutos. 117 00:06:48,708 --> 00:06:51,166 "Abra os ollos", dixen. Non daba, claro. 118 00:06:51,166 --> 00:06:55,125 Collín a pasta do doutor Marshall e pegueilla nun ollo a Imdad. 119 00:06:55,125 --> 00:06:56,416 Enchín toda a cunca 120 00:06:56,416 --> 00:06:59,000 ata que a masa se solapou coa pel. 121 00:06:59,000 --> 00:07:00,750 Fixen o mesmo co outro ollo. 122 00:07:00,750 --> 00:07:02,625 Calquei forte nos bordes. 123 00:07:02,625 --> 00:07:05,583 - É moi incómodo? - Non, para nada. Grazas. 124 00:07:05,583 --> 00:07:07,458 "Véndao", díxenlle a Marshall. 125 00:07:07,458 --> 00:07:09,041 Teño os dedos pegañentos. 126 00:07:09,041 --> 00:07:11,833 Claro. Poñémoslle isto aquí... 127 00:07:11,833 --> 00:07:15,333 O Dr. Marshall púxolle algodón sobre a masa dos ollos. 128 00:07:15,333 --> 00:07:16,375 Quedou pegado. 129 00:07:16,375 --> 00:07:17,416 Incorpórese. 130 00:07:18,125 --> 00:07:21,416 O Dr. Marshall púxolle unha venda de 7 cm na cabeza. 131 00:07:21,416 --> 00:07:23,833 Descúbranme o nariz para respirar. 132 00:07:23,833 --> 00:07:24,833 Claro. 133 00:07:25,833 --> 00:07:28,666 Desculpe, vai quedar algo apertada. 134 00:07:31,250 --> 00:07:32,166 Que tal? 135 00:07:32,166 --> 00:07:33,250 Perfecto. 136 00:07:33,250 --> 00:07:35,708 Parece que tivo unha operación cerebral. 137 00:07:35,708 --> 00:07:36,666 Séntalle ben? 138 00:07:36,666 --> 00:07:37,833 Moi ben. 139 00:07:37,833 --> 00:07:40,916 Felicítoos polo seu meticuloso traballo, señores. 140 00:07:40,916 --> 00:07:43,583 Imdad Khan ergueuse e dirixiuse á porta. 141 00:07:51,291 --> 00:07:54,500 Manda truco! Viches iso? Puxo a man xusto no picaporte. 142 00:07:54,500 --> 00:07:55,958 Marshall deixou de rir. 143 00:07:56,541 --> 00:07:59,583 Imdad andaba normal, bastante rápido, polo corredor. 144 00:07:59,583 --> 00:08:03,000 Seguiámolo a uns cinco metros. Arrepiaba ver este home 145 00:08:03,000 --> 00:08:06,000 coa cabeza totalmente vendada andar coma se nada... 146 00:08:06,000 --> 00:08:07,208 "Viuno!", berrei. 147 00:08:07,208 --> 00:08:09,458 Viu ese carro. Isto é incrible! 148 00:08:09,958 --> 00:08:11,333 Marshall non contestou. 149 00:08:11,333 --> 00:08:13,750 Tiña a cara tesa de incredulidade. 150 00:08:14,250 --> 00:08:16,708 Imdad baixou as escaleiras sen problema. 151 00:08:16,708 --> 00:08:18,166 Nin agarrou a varanda. 152 00:08:18,166 --> 00:08:20,625 Subían varias persoas. Vexan a reacción. 153 00:08:21,875 --> 00:08:24,916 No fondo das escaleiras, virou e saíu á rúa. 154 00:08:25,791 --> 00:08:27,750 Marshall e eu seguímolo de preto. 155 00:08:28,250 --> 00:08:31,333 Abaixo, uns 100 nenos descalzos berraban e acenaban 156 00:08:31,333 --> 00:08:33,208 cara ao home da cabeza branca. 157 00:08:33,208 --> 00:08:35,500 Saudounos erguendo as dúas mans. 158 00:08:35,500 --> 00:08:38,916 Colleu unha bicicleta, subiu e fixo un oito no patio. 159 00:08:38,916 --> 00:08:41,708 Os nenos descalzos seguíano, animándoo e rindo. 160 00:08:41,708 --> 00:08:44,583 Saíu e meteuse nunha rúa con moito tráfico, 161 00:08:44,583 --> 00:08:47,541 con coches pitando e indo en todas direccións. 162 00:08:48,083 --> 00:08:49,333 Guiábaa de marabilla. 163 00:08:49,875 --> 00:08:51,333 Vímolo un minuto máis. 164 00:08:51,833 --> 00:08:53,791 Logo virou e perdémolo de vista. 165 00:08:53,791 --> 00:08:57,375 - "Non dou creto", dixo Marshall. - Non dou creto. 166 00:08:57,375 --> 00:08:58,958 "Eu tampouco", dixen. 167 00:08:58,958 --> 00:09:00,708 Acabamos de ver un milagre. 168 00:09:01,416 --> 00:09:03,875 O resto do día atendín pacientes. 169 00:09:03,875 --> 00:09:06,625 Ás seis da tarde, fun cambiarme ao piso. 170 00:09:06,625 --> 00:09:08,041 Ducheime en auga fría. 171 00:09:08,041 --> 00:09:11,500 Tomei un whisky na terraza cunha toalla na cintura. 172 00:09:11,500 --> 00:09:14,666 Ás sete menos dez, cheguei ao Royal Palace Hall. 173 00:09:14,666 --> 00:09:16,000 Durou dúas horas. 174 00:09:16,000 --> 00:09:19,750 Gustoume. O malabarista, o encantador de serpes, o tragalumes, 175 00:09:19,750 --> 00:09:22,750 o tragasabres que meteu un estoque ata o estómago. 176 00:09:22,750 --> 00:09:24,666 Con gran fanfarra de trompetas, 177 00:09:24,666 --> 00:09:27,000 Imdad Khan saíu facer o seu número. 178 00:09:27,000 --> 00:09:30,041 Chamaron espectadores para vendarlle os ollos. 179 00:09:30,041 --> 00:09:32,250 Espetou coitelos arredor dun rapaz 180 00:09:32,250 --> 00:09:34,541 e disparoulle a unha lata na cabeza. 181 00:09:34,541 --> 00:09:38,541 Logo, puxéronlle un barril metálico por riba da cabeza vendada. 182 00:09:38,541 --> 00:09:42,291 O rapaz púxolle unha agulla nunha man e un fío na outra. 183 00:09:42,291 --> 00:09:44,708 Puxéronlle unha lupa xigante diante 184 00:09:44,708 --> 00:09:46,375 e, sen dubidar, 185 00:09:46,375 --> 00:09:48,833 meteu o fío polo ollo da agulla. 186 00:09:54,208 --> 00:09:55,416 Quedei pasmado. 187 00:09:57,583 --> 00:10:00,125 No camerino, topei a Imdad sentado, 188 00:10:00,125 --> 00:10:01,625 quitando a maquillaxe. 189 00:10:01,625 --> 00:10:03,500 Ten curiosidade, doutor, non? 190 00:10:03,500 --> 00:10:04,666 "Moita", dixen. 191 00:10:04,666 --> 00:10:08,583 Chamoume a atención o mato de pelo negro que lle saía das orellas. 192 00:10:08,583 --> 00:10:10,958 Nunca vira nada semellante. 193 00:10:10,958 --> 00:10:13,583 Teño unha proposta. Non son escritor, 194 00:10:13,583 --> 00:10:17,125 pero, se me di como conseguiu o poder de ver sen ollos, 195 00:10:17,125 --> 00:10:18,833 eu anotareino fielmente 196 00:10:18,833 --> 00:10:23,208 e publicareino no British Medical Journal ou noutra revista famosa. 197 00:10:23,208 --> 00:10:25,250 Ser máis coñecido axudaríao? 198 00:10:25,250 --> 00:10:27,416 - Axudaríame moito. - Magnífico. 199 00:10:27,416 --> 00:10:30,333 Uso taquigrafía para escribir historiais médicos. 200 00:10:30,333 --> 00:10:33,500 Anotei todo o que Imdad me dixo, palabra por palabra. 201 00:10:33,500 --> 00:10:35,750 Cóntollelo tal como o contou. 202 00:10:37,041 --> 00:10:40,458 TODO O QUE ME DIXO IMDAD AQUELA TARDE (PALABRA POR PALABRA) 203 00:10:42,708 --> 00:10:45,791 Nacín no estado de Caxemira en 1873. 204 00:10:45,791 --> 00:10:48,958 Meu pai era revisor de tren. 205 00:10:48,958 --> 00:10:52,291 Un día, un mago veu actuar á nosa escola. 206 00:10:52,291 --> 00:10:53,833 Quedei abraiado. 207 00:10:53,833 --> 00:10:58,416 Ás dúas semanas, fuxín cos aforros cunha compañía de teatro ambulante. 208 00:10:58,416 --> 00:11:01,333 Iso foi no 1886, tiña eu 13 anos. 209 00:11:01,833 --> 00:11:02,916 Durante tres anos, 210 00:11:02,916 --> 00:11:05,500 viaxei coa compañía por todo o Punxab. 211 00:11:05,500 --> 00:11:08,125 Ao final, xa era a atracción principal. 212 00:11:08,125 --> 00:11:14,541 Fun aforrando cartos ata xuntar máis de 3000 rupias. 213 00:11:14,541 --> 00:11:19,958 Oín falar daquela dun iogui famoso que adquirira o poder de levitar. 214 00:11:19,958 --> 00:11:21,666 Dicíase que, cando rezaba, 215 00:11:21,666 --> 00:11:25,208 o seu corpo erguíase ata 45 centímetros do chan. 216 00:11:25,208 --> 00:11:27,250 Polo menos, un efecto tremendo. 217 00:11:28,375 --> 00:11:29,208 Bigote? 218 00:11:31,208 --> 00:11:33,208 Deixei a compañía de teatro 219 00:11:33,208 --> 00:11:36,375 e fun a unha vila na ribeira do Ganxes, 220 00:11:36,375 --> 00:11:38,375 onde dicían que vivía o iogui. 221 00:11:38,375 --> 00:11:40,833 Un día, un viaxeiro mencionou un ermitán 222 00:11:40,833 --> 00:11:44,583 que atopara preto de alí, na xungla profunda, só. 223 00:11:44,583 --> 00:11:46,000 Iso chegábame. 224 00:11:46,000 --> 00:11:48,166 Larguei alugar un carro de cabalos. 225 00:11:49,125 --> 00:11:50,791 Cando negociaba co cocheiro, 226 00:11:50,791 --> 00:11:53,375 apareceu un home que ía na mesma dirección 227 00:11:53,375 --> 00:11:55,958 e propuxo irmos xuntos, dividindo o custo. 228 00:11:56,458 --> 00:11:59,208 Vaia sortaza tiven! 229 00:11:59,208 --> 00:12:03,708 Falando co acompañante, souben que era discípulo do grande iogui 230 00:12:03,708 --> 00:12:06,541 e que precisamente ía visitar o seu mestre. 231 00:12:06,541 --> 00:12:07,500 Eu ceibei: 232 00:12:07,500 --> 00:12:10,416 "Ese é o home que eu busco. Podo coñecelo?" 233 00:12:10,416 --> 00:12:12,875 O acompañante miroume con calma. 234 00:12:13,375 --> 00:12:15,041 "Iso é imposible", dixo. 235 00:12:15,583 --> 00:12:18,750 Desde aquela, negouse a contestar as miñas preguntas. 236 00:12:18,750 --> 00:12:21,416 Pero si que souben un pequeno detalle: 237 00:12:21,416 --> 00:12:24,666 a hora do día en que o iogui comezaba a meditación. 238 00:12:24,666 --> 00:12:29,083 O acompañante acenou para deter o carro, baixou e marchou. 239 00:12:29,083 --> 00:12:31,666 Fixen que seguía, pero, tras unha curva, 240 00:12:31,666 --> 00:12:33,875 saltei e volvín polo mesmo camiño. 241 00:12:33,875 --> 00:12:36,375 O home xa desaparecera pola xungla. 242 00:12:37,083 --> 00:12:38,750 Oín renxer algo na maleza. 243 00:12:38,750 --> 00:12:41,125 Pensei: "Se non é el, é un tigre, 244 00:12:41,125 --> 00:12:43,750 que se abalanzará sobre min, esnaquizarame 245 00:12:43,750 --> 00:12:46,583 e comerame, arrancándome a carne a bocados." 246 00:12:48,000 --> 00:12:49,000 Era el. 247 00:12:51,166 --> 00:12:54,625 Non había miga de camiño por onde ía o home. 248 00:12:54,625 --> 00:12:57,000 Abría paso entre bambús altos 249 00:12:57,000 --> 00:12:58,875 e vexetación mesta e variada. 250 00:12:58,875 --> 00:13:02,875 Eu seguíao con sixilo, polo menos uns 100 metros por detrás. 251 00:13:02,875 --> 00:13:05,916 Cando o perdía de vista, que era case sempre, 252 00:13:05,916 --> 00:13:08,458 eu seguía o ruído dos seus pasos. 253 00:13:08,458 --> 00:13:11,750 Media hora durou o tenso xogo de seguir o líder. 254 00:13:11,750 --> 00:13:14,666 Logo, de súpeto, deixei de oílo. 255 00:13:14,666 --> 00:13:16,083 Parei e escoitei. 256 00:13:16,708 --> 00:13:18,583 De súpeto, a través da maleza, 257 00:13:18,583 --> 00:13:22,541 vin un claro e dúas pequenas cabanas. O corazón deume un chimpo. 258 00:13:22,541 --> 00:13:26,916 Había unha almofía ao pé da cabana, e unha alfombra para rezar. Encima, 259 00:13:26,916 --> 00:13:30,916 un gran baobab con preciosas pólas gordas e frondosas. 260 00:13:31,416 --> 00:13:33,708 Aguantei a gran calor do mediodía 261 00:13:33,708 --> 00:13:36,583 e a calor húmida e abafante da tarde, agardando. 262 00:13:36,583 --> 00:13:37,958 Preto das cinco, 263 00:13:37,958 --> 00:13:41,250 subín á árbore e agacheime entre as follas. 264 00:13:41,250 --> 00:13:45,666 Por fin, o iogui saíu da cabana e sentou coas pernas cruzadas na alfombra. 265 00:13:45,666 --> 00:13:48,250 Os seus movementos eran calmos e mainos. 266 00:13:48,250 --> 00:13:50,791 Puxo as mans nos xeonllos 267 00:13:50,791 --> 00:13:53,041 e respirou profundamente polo nariz, 268 00:13:53,041 --> 00:13:56,875 e xa vin que unha especie de resplandor se derretía sobre el. 269 00:13:56,875 --> 00:14:00,333 Durante 14 minutos, permaneceu inmóbil na mesma posición. 270 00:14:00,333 --> 00:14:04,000 Logo, vin, con toda certeza, 271 00:14:04,000 --> 00:14:06,458 o seu corpo erguerse do chan lentamente. 272 00:14:07,666 --> 00:14:11,375 30 cm, 40, 45, 50. 273 00:14:12,166 --> 00:14:13,833 60 cm por riba da alfombra. 274 00:14:14,333 --> 00:14:15,958 Na árbore, dixen para min: 275 00:14:15,958 --> 00:14:19,208 "Aí tes un home sentado no aire." 276 00:14:20,541 --> 00:14:24,458 46 minutos, polo meu reloxo, estivo suspendido o seu corpo. 277 00:14:24,458 --> 00:14:26,708 Logo baixou á terra amodo, 278 00:14:26,708 --> 00:14:29,333 ata pousar as nádegas na alfombra. 279 00:14:29,333 --> 00:14:31,916 Baixei da árbore e corrín cara a el. 280 00:14:31,916 --> 00:14:34,416 O grande iogui lavaba as mans e os pés. 281 00:14:34,416 --> 00:14:36,583 "Canto tempo levas aí?", preguntou. 282 00:14:36,583 --> 00:14:39,208 Colleu un ladrillo e tiroumo con tanta forza 283 00:14:39,208 --> 00:14:41,791 que o partiu en dous contra a miña perna. 284 00:14:41,791 --> 00:14:43,958 Aínda teño a cicatriz. Miren. 285 00:14:46,958 --> 00:14:48,708 Isto foi un golpe de sorte. 286 00:14:48,708 --> 00:14:51,916 O iogui non pode perder o control nin tirar ladrillos. 287 00:14:51,916 --> 00:14:56,250 O vello sentíase humillado, arrepentido e decepcionado consigo mesmo. 288 00:14:56,250 --> 00:14:59,625 Explicou que, aínda que non me collería de discípulo, 289 00:14:59,625 --> 00:15:02,541 ensinaríame algo informalmente 290 00:15:02,541 --> 00:15:04,625 para compensarme polo ataque, 291 00:15:04,625 --> 00:15:06,791 que eu tiña ben merecido. 292 00:15:07,291 --> 00:15:08,708 Isto foi no 1890. 293 00:15:09,208 --> 00:15:11,041 Eu tiña case 17 anos. 294 00:15:13,000 --> 00:15:15,250 Que ensinaba o grande iogui? 295 00:15:15,250 --> 00:15:16,500 Isto. 296 00:15:17,000 --> 00:15:18,458 A mente é dispersa. 297 00:15:18,458 --> 00:15:21,541 Ocúpase de miles de cousas á vez. 298 00:15:21,541 --> 00:15:24,250 Cousas que ves, que oes e que cheiras. 299 00:15:24,250 --> 00:15:27,291 Cousas que pensas e cousas que non queres pensar. 300 00:15:27,291 --> 00:15:29,250 Debes aprender a concentrarte 301 00:15:29,250 --> 00:15:33,125 en visualizar só unha cousa, nada máis. 302 00:15:33,125 --> 00:15:35,958 Esforzándote, podes concentrar a mente 303 00:15:35,958 --> 00:15:37,458 no obxecto que escollas 304 00:15:37,458 --> 00:15:39,541 durante uns tres minutos e medio. 305 00:15:39,541 --> 00:15:42,625 Isto leva uns 20 anos de intensa dedicación diaria. 306 00:15:42,625 --> 00:15:44,291 "Vinte anos!", berrei. 307 00:15:44,291 --> 00:15:46,083 Vinte anos ou máis. 308 00:15:46,083 --> 00:15:48,875 É o que leva normalmente, se é que o dás feito. 309 00:15:48,875 --> 00:15:50,541 Daquela xa serei vello! 310 00:15:50,541 --> 00:15:53,583 Depende. A algúns lévalles dez, a outros 30. 311 00:15:53,583 --> 00:15:56,333 En contadas ocasións, vén algunha persoa 312 00:15:56,333 --> 00:16:01,250 que adquire o poder nun ano ou dous, pero é un entre un millón, non ti. 313 00:16:01,250 --> 00:16:03,625 Tan difícil é concentrar a mente...? 314 00:16:03,625 --> 00:16:08,166 Case imposible. Inténtao, xa verás. Pecha os ollos e pensa en algo. 315 00:16:08,166 --> 00:16:11,416 Pensa só nun obxecto. Visualízao, veo diante de ti. 316 00:16:11,416 --> 00:16:13,541 Nuns segundos, a mente dispérsase. 317 00:16:13,541 --> 00:16:16,208 Coaranse outros pensamentos. É moi difícil. 318 00:16:16,708 --> 00:16:18,625 Así falou o grande sabio iogui. 319 00:16:20,791 --> 00:16:23,083 Entón, comecei os exercicios. 320 00:16:24,166 --> 00:16:25,458 Á noite, sentaba, 321 00:16:25,458 --> 00:16:28,916 pechaba os ollos e visualizaba a persoa que máis quería, 322 00:16:28,916 --> 00:16:32,416 que era meu irmán máis vello, que morreu aos dez anos. 323 00:16:32,416 --> 00:16:36,208 Concentrábame na súa cara, pero, se se me dispersaba a mente, 324 00:16:36,208 --> 00:16:39,166 paraba o exercicio, descansaba uns minutos 325 00:16:39,166 --> 00:16:40,541 e volvíao intentar. 326 00:16:40,541 --> 00:16:45,208 Practicando diariamente cinco anos, dábame concentrado só na cara de meu irmán 327 00:16:45,208 --> 00:16:46,875 durante un minuto e medio. 328 00:16:46,875 --> 00:16:48,166 Ía mellorando. 329 00:16:51,791 --> 00:16:52,625 Mentres tanto, 330 00:16:52,625 --> 00:16:55,833 comecei a gañar cartos facendo prestidixitación. 331 00:16:55,833 --> 00:16:58,041 Dánseme ben os xogos de man, 332 00:16:58,041 --> 00:17:00,708 pero nunca deixei de facer os exercicios. 333 00:17:00,708 --> 00:17:04,583 Á noite, onde estivese, sentaba nun curruncho tranquilo 334 00:17:04,583 --> 00:17:07,333 e concentraba a mente na cara de meu irmán. 335 00:17:07,333 --> 00:17:10,583 Ás veces, acendía unha candea e miraba a chama. 336 00:17:10,583 --> 00:17:14,166 A chama dunha candea, como saben, ten tres partes distintas: 337 00:17:14,166 --> 00:17:16,541 o amarelo na cima, o malva abaixo, 338 00:17:16,541 --> 00:17:17,916 e o negro dentro. 339 00:17:17,916 --> 00:17:20,833 Poñía a candea a 40 cm da cara, 340 00:17:20,833 --> 00:17:22,458 xusto á altura dos ollos, 341 00:17:22,458 --> 00:17:27,041 para non mover nin un músculo do ollo ao erguer ou baixar a vista. 342 00:17:27,041 --> 00:17:31,125 Miraba a parte negra do centro ata desaparecer o que tiña arredor. 343 00:17:31,125 --> 00:17:35,000 Logo, pechaba os ollos e concentrábame na cara de meu irmán. 344 00:17:36,000 --> 00:17:40,750 En 1907, aos 34 anos, podíame concentrar tres minutos 345 00:17:40,750 --> 00:17:43,125 sen dispersárseme a mente en absoluto. 346 00:17:43,125 --> 00:17:46,458 Daquela decateime de que tiña a capacidade, 347 00:17:46,458 --> 00:17:48,291 era só unha rara intuición, 348 00:17:48,291 --> 00:17:51,625 de que, pechando os ollos e mirando con atención algo, 349 00:17:51,625 --> 00:17:55,583 moi intensamente, podía ver o contorno do obxecto que miraba. 350 00:17:55,583 --> 00:17:57,583 Pensei no que me dixera o iogui: 351 00:17:57,583 --> 00:18:01,125 "Hai relixiosos que se concentran tan intensamente 352 00:18:01,125 --> 00:18:03,500 que poden ver sen usar os ollos." 353 00:18:04,166 --> 00:18:08,500 Todas as noites, tras facer os exercicios coa chama da candea, 354 00:18:08,500 --> 00:18:13,875 tomaba un té, vendaba os ollos, sentaba na cadeira e tentaba ver sen os ollos. 355 00:18:13,875 --> 00:18:16,125 Comecei cunha baralla de cartas. 356 00:18:16,125 --> 00:18:18,333 Estudábaas por detrás e adiviñábaas. 357 00:18:18,333 --> 00:18:20,666 Acertaba o 60 % das veces. 358 00:18:20,666 --> 00:18:22,958 Logo, merquei mapas e cartas náuticas 359 00:18:22,958 --> 00:18:24,750 e colgueinas no meu cuarto. 360 00:18:24,750 --> 00:18:29,083 {\an8}Pasaba horas mirándoas cos ollos vendados, tentando ler a letra pequena. 361 00:18:29,083 --> 00:18:33,291 Todas as noites, durante oito anos, seguín exercitándome nisto. 362 00:18:33,291 --> 00:18:35,916 En 1915, podía ler un libro enteiro, 363 00:18:35,916 --> 00:18:38,083 de cabo a rabo, cos ollos vendados. 364 00:18:38,083 --> 00:18:39,291 Conseguírao! 365 00:18:39,291 --> 00:18:41,291 Por fin, tiña ese poder. 366 00:18:42,875 --> 00:18:45,583 Empecei a facelo nas miñas actuacións. 367 00:18:45,583 --> 00:18:48,791 Á xente gustáballe, pero ninguén cría que fose certo. 368 00:18:48,791 --> 00:18:52,333 Ata os doutores, que me vendaban os ollos a conciencia, 369 00:18:52,333 --> 00:18:55,041 se negan a crer que se poida ver sen ollos. 370 00:18:55,583 --> 00:18:58,708 Esquecen outros xeitos de enviar imaxes ao cerebro. 371 00:18:58,708 --> 00:19:00,208 Imdad Khan calou. 372 00:19:00,208 --> 00:19:01,208 Estaba canso. 373 00:19:01,208 --> 00:19:02,791 "Que xeitos?", preguntei. 374 00:19:04,833 --> 00:19:06,416 A verdade é que non sei. 375 00:19:08,083 --> 00:19:10,625 A visión faina outra parte do corpo. 376 00:19:11,125 --> 00:19:12,041 Que parte? 377 00:19:22,166 --> 00:19:23,666 Aquel día non fun á cama. 378 00:19:23,666 --> 00:19:26,833 Este home obrigaría os científicos a facer piruetas. 379 00:19:26,833 --> 00:19:28,916 Debe ser o home vivo máis valioso. 380 00:19:28,916 --> 00:19:32,625 Tiña que atopar por que medio, biolóxico, químico ou máxico, 381 00:19:32,625 --> 00:19:35,416 podía enviarse a imaxe ao cerebro sen os ollos. 382 00:19:35,416 --> 00:19:38,833 Os cegos poderían ver, os xordos oír. Quen sabe que máis? 383 00:19:38,833 --> 00:19:41,541 "Este home non se pode ignorar", pensei. 384 00:19:41,541 --> 00:19:45,333 Comecei a transcribir todo o que Imdad me dixera aquela noite. 385 00:19:45,333 --> 00:19:47,333 Escribín cinco horas seguidas. 386 00:19:50,250 --> 00:19:53,750 Ás oito da mañá seguinte rematei a parte máis importante: 387 00:19:53,750 --> 00:19:55,083 as páxinas que leron. 388 00:19:55,083 --> 00:20:00,416 Non vin o Dr. Marshall ata a hora do té. Díxenlle o que puiden en dez minutos. 389 00:20:00,416 --> 00:20:02,916 Hoxe ao teatro. Non o podemos perder. 390 00:20:02,916 --> 00:20:04,291 Vou contigo. 391 00:20:04,291 --> 00:20:09,125 Ás 6:45, fomos ao Royal Palace Hall. Aparquei o coche e fomos a pé ao teatro. 392 00:20:09,625 --> 00:20:11,250 "Algo non cadra", dixen. 393 00:20:11,250 --> 00:20:13,875 Non había ninguén fóra, as portas pechadas. 394 00:20:13,875 --> 00:20:17,666 O cartel do show estaba alí, pero alguén escribira por riba: 395 00:20:17,666 --> 00:20:19,833 "Cancélase a actuación de hoxe." 396 00:20:20,958 --> 00:20:24,208 Pregunteille a un porteiro vello: "¿Que pasou?" 397 00:20:24,208 --> 00:20:26,416 - Morreu alguén. - Quen? 398 00:20:26,416 --> 00:20:27,958 Eu xa o sabía. 399 00:20:27,958 --> 00:20:30,125 O home que ve sen os ollos. 400 00:20:30,708 --> 00:20:31,833 "Como?", berrei. 401 00:20:32,333 --> 00:20:34,416 Foi durmir e non espertou máis. 402 00:20:35,291 --> 00:20:36,416 Cousas que pasan. 403 00:20:39,750 --> 00:20:41,416 Volvemos amodo para o coche. 404 00:20:46,291 --> 00:20:48,500 Sentín unha enorme tristura e rabia. 405 00:20:48,500 --> 00:20:52,500 Non debín perdelo de vista, debinlle dar cama e coidados. 406 00:20:52,500 --> 00:20:54,125 Imdad Khan facía milagres. 407 00:20:54,125 --> 00:20:58,333 Comunicábase con forzas misteriosas fóra do alcance da xente normal. 408 00:20:58,333 --> 00:20:59,625 Agora estaba morto. 409 00:21:00,208 --> 00:21:01,833 "Acabouse", dixo Marshall. 410 00:21:02,625 --> 00:21:03,541 Acabouse. 411 00:21:04,625 --> 00:21:05,625 "Si", dixen eu. 412 00:21:06,833 --> 00:21:07,750 Acabouse. 413 00:21:12,708 --> 00:21:17,500 Esta é unha crónica verdadeira e fiel das miñas dúas reunións con Imdad Khan. 414 00:21:20,458 --> 00:21:21,625 Vaia, vaia! 415 00:21:22,708 --> 00:21:24,791 Isto é moi interesante. 416 00:21:26,291 --> 00:21:28,541 Este dato é fantástico. 417 00:21:29,958 --> 00:21:31,458 Poderíame cambiar a vida. 418 00:21:51,125 --> 00:21:53,541 O dato a que se refería Henry 419 00:21:53,541 --> 00:21:57,333 era que Imdad Khan aprendera a identificar as cartas 420 00:21:57,333 --> 00:21:58,833 mirándoas polo dorso. 421 00:21:58,833 --> 00:22:01,583 Sendo, como se dixo, un xogador trampón, 422 00:22:01,583 --> 00:22:04,666 Henry decatouse de que podía gañar unha fortuna. 423 00:22:05,666 --> 00:22:07,500 Baixou ao cuarto do mordomo 424 00:22:07,500 --> 00:22:10,291 e pediu unha candea, un candeeiro e unha regra. 425 00:22:10,291 --> 00:22:13,916 Foi ao seu cuarto, pechou porta e persianas e apagou a luz. 426 00:22:13,916 --> 00:22:16,791 Puxo a candea no toucador e colleu unha cadeira. 427 00:22:16,791 --> 00:22:20,083 Viu que os ollos lle quedaban xusto á altura da mecha. 428 00:22:20,666 --> 00:22:24,000 Coa regra, colocou a cara a 40 cm da candea, 429 00:22:24,000 --> 00:22:25,625 como se indica no libro. 430 00:22:25,625 --> 00:22:29,125 Imdad Khan visualizaba a cara da persoa que máis quería, 431 00:22:29,125 --> 00:22:31,666 que, no seu caso, era o seu finado irmán. 432 00:22:31,666 --> 00:22:33,458 Henry non tiña irmáns. 433 00:22:34,125 --> 00:22:37,041 Entón, decidiu visualizar a súa propia cara. 434 00:22:43,750 --> 00:22:46,875 Cando Henry miraba a zona negra do centro da chama, 435 00:22:46,875 --> 00:22:48,583 pasou algo extraordinario. 436 00:22:48,583 --> 00:22:51,791 A mente quedoulle en branco, o cerebro inmóbil, 437 00:22:51,791 --> 00:22:55,083 e, de súpeto, sentiu que o seu corpo estaba encerrado, 438 00:22:55,083 --> 00:22:56,000 comodamente, 439 00:22:56,000 --> 00:22:58,708 naquela pequena zona negra desa nada ardente. 440 00:22:59,333 --> 00:23:01,500 Certo que só durou 15 segundos. 441 00:23:01,500 --> 00:23:03,791 Logo, estivese onde estivese, 442 00:23:03,791 --> 00:23:07,291 esforzouse por practicar coa candea cinco veces ao día. 443 00:23:07,291 --> 00:23:11,583 Por primeira vez, púxose a facer algo con entusiasmo 444 00:23:11,583 --> 00:23:13,583 e fixo progresos considerables. 445 00:23:14,166 --> 00:23:15,166 Tras seis meses, 446 00:23:15,166 --> 00:23:18,625 concentrábase na imaxe da súa cara durante tres minutos 447 00:23:18,625 --> 00:23:21,125 sen que lle pasase pola cabeza nada máis. 448 00:23:21,625 --> 00:23:23,166 "Son eu", pensaba Henry. 449 00:23:23,166 --> 00:23:27,791 Son un entre un millón coa capacidade de adquirir poderes de ioga moi rápido. 450 00:23:28,375 --> 00:23:31,375 Ao cabo dun ano, pasaba de cinco minutos e medio. 451 00:23:32,333 --> 00:23:33,458 Xa chegara a hora. 452 00:23:37,583 --> 00:23:39,958 {\an8}Salón de Henry en Londres. Medianoite. 453 00:23:39,958 --> 00:23:44,125 Treme de emoción cando, por primeira vez, coloca a baralla boca abaixo 454 00:23:44,125 --> 00:23:46,125 e concéntrase na primeira carta. 455 00:23:46,125 --> 00:23:49,875 O único que ve é o deseño de liñas finas e vermellas do dorso, 456 00:23:49,875 --> 00:23:52,750 quizais o deseño de cartas máis común do mundo. 457 00:23:52,750 --> 00:23:56,375 Agora concéntrase no outro lado da carta. 458 00:23:56,375 --> 00:24:00,541 Concéntrase intensamente na cara invisible do outro lado da carta. 459 00:24:00,541 --> 00:24:03,625 Pasan trinta segundos. Un minuto, dous, tres. 460 00:24:03,625 --> 00:24:04,916 Non move un músculo. 461 00:24:04,916 --> 00:24:07,500 A súa concentración é absoluta. 462 00:24:07,500 --> 00:24:09,500 Visualiza o reverso da carta. 463 00:24:09,500 --> 00:24:12,250 Ningún outro pensamento lle pode vir á cabeza. 464 00:24:12,250 --> 00:24:14,375 No cuarto minuto, ocorre algo. 465 00:24:14,375 --> 00:24:16,333 De xeito máxico, pero claro, 466 00:24:16,333 --> 00:24:20,250 unha mancha negra vólvese unha pica, un garabato vólvese un cinco. 467 00:24:20,250 --> 00:24:21,416 O cinco de picas. 468 00:24:21,916 --> 00:24:25,000 Cos dedos tremendo, colle a carta e dálle a volta. 469 00:24:26,166 --> 00:24:27,291 "Conseguino", dixo. 470 00:24:28,416 --> 00:24:32,083 Henry obsesiónase. Só sae da casa para mercar comida e bebida. 471 00:24:32,583 --> 00:24:36,583 Pasa o día, e ás veces a noite, enriba das cartas co cronómetro, 472 00:24:36,583 --> 00:24:38,875 reducindo o tempo, segundo a segundo. 473 00:24:38,875 --> 00:24:41,791 Nun mes, minuto e medio. Seis meses, 20 segundos. 474 00:24:41,791 --> 00:24:43,708 Sete meses máis, dez segundos. 475 00:24:43,708 --> 00:24:45,000 O obxectivo é cinco. 476 00:24:45,000 --> 00:24:47,708 Se non dá visto a carta en cinco segundos, 477 00:24:47,708 --> 00:24:49,750 non terá éxito nos casinos. 478 00:24:50,250 --> 00:24:53,500 Canto máis se achega, máis difícil é acadar o obxectivo. 479 00:24:54,083 --> 00:24:58,166 En catro semanas pasa de dez a nove segundos. En cinco de nove a oito. 480 00:24:58,166 --> 00:25:02,375 Non lle importa traballar duro. Fai doce horas seguidas sen problema. 481 00:25:02,375 --> 00:25:04,791 Sabe que ao final o conseguirá. 482 00:25:04,791 --> 00:25:07,375 Os últimos dous segundos lévanlle 11 meses. 483 00:25:07,375 --> 00:25:09,041 Pero un sábado á tarde... 484 00:25:16,750 --> 00:25:20,583 Cinco segundos. Pasa toda a baralla, cronometrando cada carta. 485 00:25:20,583 --> 00:25:24,458 Cinco segundos, cinco segundos, cinco segundos. 486 00:25:25,541 --> 00:25:27,708 Canto tempo lle levou acadalo? 487 00:25:28,666 --> 00:25:31,208 Tres anos e tres meses de esforzo constante. 488 00:25:33,208 --> 00:25:35,666 Había máis de 100 casinos en Londres. 489 00:25:35,666 --> 00:25:38,833 Henry era socio de dez. Lord's House era o favorito. 490 00:25:40,041 --> 00:25:42,875 O mellor do país, nunha gran mansión xeorxiana. 491 00:25:42,875 --> 00:25:43,916 Boas, Sr. Sugar. 492 00:25:43,916 --> 00:25:46,916 ...dixo o home cuxo traballo era non esquecer caras. 493 00:25:46,916 --> 00:25:50,125 Subiu pola marabillosa escaleira ata a caixa. 494 00:25:50,125 --> 00:25:52,416 Fixo un cheque de 10 000 libras. 495 00:25:52,416 --> 00:25:56,500 Mulleres gordas rodeaban a ruleta, coma galiñas arredor do comedeiro. 496 00:25:56,500 --> 00:25:59,583 Homes con puro e cara encarnada contaban as fichas, 497 00:25:59,583 --> 00:26:01,500 con ollos brillantes de cobiza. 498 00:26:02,541 --> 00:26:03,375 Raro. 499 00:26:03,375 --> 00:26:07,416 Por primeira vez, Henry mirou con desagrado esa horrible xente rica. 500 00:26:07,916 --> 00:26:12,125 Henry buscou unha cadeira libre nunha mesa de blackjack. 501 00:26:12,125 --> 00:26:14,916 O croupier colleu a placa e meteuna nun burato. 502 00:26:15,416 --> 00:26:18,458 Era noveiro, de ollos negros e pel pálida. 503 00:26:18,458 --> 00:26:20,791 Non sorría e só falaba o necesario. 504 00:26:20,791 --> 00:26:23,583 Tiña mans delgadas e aritmética nos dedos. 505 00:26:23,583 --> 00:26:27,083 Colleu unha manda de fichas de 25 libras e púxoas na mesa. 506 00:26:27,083 --> 00:26:29,791 Non as contou. Eses dedos non se trabucaban. 507 00:26:29,791 --> 00:26:31,250 Púxoas fronte a Henry. 508 00:26:31,250 --> 00:26:32,708 Ao colocar as fichas, 509 00:26:32,708 --> 00:26:34,875 mirou a primeira carta da baralla. 510 00:26:34,875 --> 00:26:38,375 En cinco segundos viu un dez. Puxo oito fichas, 200 libras, 511 00:26:38,375 --> 00:26:40,583 o máximo permitido en Lord's House. 512 00:26:40,583 --> 00:26:43,083 Saíulle o dez. A segunda era un nove. 513 00:26:43,083 --> 00:26:44,333 Dezanove en total. 514 00:26:44,333 --> 00:26:45,458 Con 19, plantas. 515 00:26:45,458 --> 00:26:49,083 Paras e agardas que a banca non teña 20 ou 21. Clarísimo. 516 00:26:49,083 --> 00:26:51,791 - Ao chegar a Henry, o croupier dixo... - 19. 517 00:26:51,791 --> 00:26:54,333 Pasou ao seguinte. "Espere", dixo Henry. 518 00:26:54,333 --> 00:26:55,958 O croupier volveu a Henry. 519 00:26:55,958 --> 00:26:58,333 Ergueu as cellas e mirouno. 520 00:26:58,333 --> 00:27:00,583 - Pide carta con 19? - ...preguntou. 521 00:27:00,583 --> 00:27:04,208 Só había dúas cartas coas que non se pasaría, o as e o dous. 522 00:27:04,208 --> 00:27:08,250 Só un parvo se arriscaría a pedir carta con 19, con 200 libras alí. 523 00:27:08,250 --> 00:27:11,375 Víase o revés da seguinte. O croupier non a tocara. 524 00:27:11,375 --> 00:27:14,833 "Si, outra carta", dixo Henry. O croupier deulla. 525 00:27:14,833 --> 00:27:18,083 O dous de trevos aterrou á beira do dez e o nove. 526 00:27:18,083 --> 00:27:19,708 - 21. - ...dixo o croupier. 527 00:27:19,708 --> 00:27:21,750 Mirou a cara de Henry 528 00:27:21,750 --> 00:27:24,583 e detívose nela, calado, atento, abraiado. 529 00:27:25,750 --> 00:27:29,208 Henry descolocárao. Case ninguén pide carta con 19. 530 00:27:29,208 --> 00:27:33,500 El fíxoo cunha tranquilidade e unha seguridade abraiantes, e gañou. 531 00:27:34,083 --> 00:27:37,166 Mirou o croupier e decatouse de que se trabucara. 532 00:27:37,166 --> 00:27:39,208 Chamara a atención. "Desculpe." 533 00:27:39,708 --> 00:27:41,000 Iso nunca máis. 534 00:27:41,000 --> 00:27:44,125 Ten que ter tino, e mesmo deixarse perder ás veces. 535 00:27:44,125 --> 00:27:45,458 A partida seguiu. 536 00:27:45,458 --> 00:27:49,583 Tiña tanta vantaxe que lle custaba gañar só unha cantidade razoable. 537 00:27:49,583 --> 00:27:52,416 Nunha hora, gañara 30 000 libras. Aí parou. 538 00:27:52,416 --> 00:27:54,250 Podería ben ser un millón. 539 00:27:54,958 --> 00:27:55,791 Grazas. 540 00:27:56,291 --> 00:27:58,541 Henry agora era capaz de facer cartos 541 00:27:58,541 --> 00:28:01,250 máis rápido ca ninguén no mundo enteiro. 542 00:28:03,791 --> 00:28:04,625 Interesante. 543 00:28:09,166 --> 00:28:11,333 Se esta historia fose inventada, 544 00:28:11,333 --> 00:28:15,583 cumpriría inventar un final emocionante e con sorpresa. 545 00:28:15,583 --> 00:28:17,250 Algo dramático e inusual. 546 00:28:17,250 --> 00:28:20,416 Por exemplo, Henry podía ir contar o diñeiro á casa. 547 00:28:20,416 --> 00:28:23,333 Mentres o conta, podía de súpeto sentirse mal. 548 00:28:23,333 --> 00:28:24,875 Dóelle o peito. 549 00:28:25,958 --> 00:28:28,333 Decide ir para a cama e quita a roupa. 550 00:28:28,333 --> 00:28:30,250 Vai espido coller o pixama. 551 00:28:30,250 --> 00:28:33,541 Pasa por diante do espello de corpo enteiro e para. 552 00:28:33,541 --> 00:28:36,541 Polo costume, empeza a concentrarse. 553 00:28:36,541 --> 00:28:38,916 De súpeto, ve a través da súa pel. 554 00:28:38,916 --> 00:28:41,458 Coma os raios X, pero mellor. Ve todo. 555 00:28:41,458 --> 00:28:43,666 Arterias, veas, o sangue. 556 00:28:43,666 --> 00:28:46,416 Fígado, riles, intestinos. Ve bater o corazón. 557 00:28:46,916 --> 00:28:48,708 Mira onde lle doe no peito 558 00:28:48,708 --> 00:28:52,958 e ve un vulto na vea grande que vai ao corazón no lado dereito. 559 00:28:52,958 --> 00:28:56,000 Un coágulo de sangue. Ao primeiro, parece parado. 560 00:28:56,000 --> 00:28:59,166 Logo móvese, pero moi pouco, só un milímetro. 561 00:28:59,166 --> 00:29:01,708 O sangue empuxa por detrás e pasa, 562 00:29:01,708 --> 00:29:03,083 e o coágulo móvese. 563 00:29:03,083 --> 00:29:06,166 Avanza un centímetro. Henry mira, horrorizado. 564 00:29:06,166 --> 00:29:09,666 Sabe que un coágulo grande solto circulando pola vea 565 00:29:09,666 --> 00:29:11,125 chegará ao corazón. 566 00:29:11,125 --> 00:29:12,250 Vai morrer. 567 00:29:12,750 --> 00:29:16,416 Non é mal final de ficción, pero isto non é ficción, é real. 568 00:29:16,416 --> 00:29:19,333 O que non é certo é o nome, non era Henry Sugar. 569 00:29:19,333 --> 00:29:22,333 O seu nome había que protexelo, e aínda hai. 570 00:29:22,833 --> 00:29:24,875 Á parte diso, é un feito real. 571 00:29:24,875 --> 00:29:27,833 Como é real, o final ten que ser certo. 572 00:29:28,333 --> 00:29:29,583 Isto é o que pasou. 573 00:29:33,958 --> 00:29:36,875 Henry paseou unha hora. A noite estaba agradable, 574 00:29:36,875 --> 00:29:38,625 a cidade seguía esperta. 575 00:29:38,625 --> 00:29:41,625 Notaba o feixe de billetes no peto da chaqueta. 576 00:29:42,125 --> 00:29:43,500 Púxolle a man encima. 577 00:29:43,500 --> 00:29:47,708 Moitos cartos por unha hora de traballo. Pero estaba perplexo. 578 00:29:48,208 --> 00:29:51,583 Non entendía por que non estaba máis contento polo éxito. 579 00:29:51,583 --> 00:29:56,041 Se isto pasase hai tres anos, antes do ioga, tolearía de contento. 580 00:29:56,041 --> 00:29:58,666 Iría correndo celebralo a un local nocturno. 581 00:29:58,666 --> 00:30:00,416 Henry non estaba ledo. 582 00:30:00,916 --> 00:30:02,083 Estaba triste. 583 00:30:02,083 --> 00:30:04,916 Sempre que apostaba, estaba seguro de gañar. 584 00:30:04,916 --> 00:30:07,666 Non había emoción, suspense nin perigo. 585 00:30:08,166 --> 00:30:11,083 Sabía que podía viaxar polo mundo facendo millóns. 586 00:30:11,083 --> 00:30:12,791 Pero sería divertido? 587 00:30:12,791 --> 00:30:17,333 Ademais, ¿non era posible que a adquisición dos poderes do ioga 588 00:30:17,333 --> 00:30:20,416 cambiase totalmente a súa actitude ante a vida? 589 00:30:21,041 --> 00:30:22,041 Era posible. 590 00:30:22,750 --> 00:30:25,541 Ao día seguinte, Henry espertou tarde, ergueuse, 591 00:30:25,541 --> 00:30:28,916 viu o enorme feixe de billetes no toucador e... 592 00:30:29,416 --> 00:30:30,458 {\an8}rexeitouno. 593 00:30:54,500 --> 00:30:55,333 Eh? 594 00:30:55,333 --> 00:30:58,875 Bos días, señor. É para vostede, é un presente. 595 00:30:58,875 --> 00:30:59,791 Pero... 596 00:31:01,000 --> 00:31:01,833 Un que? 597 00:31:02,625 --> 00:31:03,958 Métao no peto. 598 00:31:05,458 --> 00:31:06,291 Vale. 599 00:31:15,208 --> 00:31:16,250 Que é? 600 00:31:16,250 --> 00:31:18,041 - Son cartos. - Cóllanos. 601 00:31:24,583 --> 00:31:25,416 Ei! 602 00:31:28,875 --> 00:31:29,833 Veña... 603 00:32:04,541 --> 00:32:05,708 Soou o timbre. 604 00:32:05,708 --> 00:32:07,625 Que demo fai? 605 00:32:07,625 --> 00:32:10,000 Perdón, estaba repartindo cartos. 606 00:32:10,000 --> 00:32:11,500 Armou un disturbio. 607 00:32:11,500 --> 00:32:15,000 Tirei cartos. Perdón. Non o fago máis. Axiña marcharán. 608 00:32:15,000 --> 00:32:18,000 O policía sacou un billete de 50 libras. 609 00:32:18,000 --> 00:32:21,333 - Ah, colleu un. - É unha proba. De onde vén o diñeiro? 610 00:32:21,333 --> 00:32:24,166 Gañeino no casino. Tiven moitísima sorte. 611 00:32:24,166 --> 00:32:27,083 Henry deu o nome do casino e o policía anotouno. 612 00:32:27,083 --> 00:32:28,333 Compróbeo. É certo. 613 00:32:28,333 --> 00:32:30,250 Non me importa. 614 00:32:30,250 --> 00:32:31,958 - Ai, non? - En absoluto. 615 00:32:31,958 --> 00:32:33,583 De feito, creo o que di, 616 00:32:33,583 --> 00:32:36,541 pero non xustifica o que fixo para nada. 617 00:32:36,541 --> 00:32:38,958 Non fixen nada ilegal, non? 618 00:32:39,833 --> 00:32:40,750 Ilegal? 619 00:32:41,458 --> 00:32:42,583 Vostede é parvo! 620 00:32:43,333 --> 00:32:46,708 Se ten a sorte de gañar tal cantidade de diñeiro 621 00:32:46,708 --> 00:32:49,750 e quere regalalo, non pode guindalo pola ventá. 622 00:32:49,750 --> 00:32:54,125 Mándeo a onde sexa útil. A un hospital ou un orfanato. 623 00:32:54,125 --> 00:32:59,375 Hai hospitais e orfanatos que non teñen para mercar regalos de Nadal. 624 00:32:59,375 --> 00:33:01,208 Vén o babeco este, 625 00:33:01,208 --> 00:33:03,666 que non sabe o que é a necesidade, 626 00:33:03,666 --> 00:33:06,250 e guinda os cartos á rúa. 627 00:33:06,750 --> 00:33:09,666 Baixou as escaleiras con estrondo e marchou. 628 00:33:09,666 --> 00:33:10,875 Henry non se moveu. 629 00:33:10,875 --> 00:33:13,416 As verbas do policía, e o seu enfado, 630 00:33:13,416 --> 00:33:14,750 doéronlle moito. 631 00:33:14,750 --> 00:33:16,083 Estaba avergoñado. 632 00:33:16,583 --> 00:33:17,708 Sentíase fatal. 633 00:33:23,916 --> 00:33:25,000 Logo, de súpeto, 634 00:33:25,000 --> 00:33:28,541 Henry notou unha forte sacudida eléctrica por todo o corpo 635 00:33:28,541 --> 00:33:32,333 e ocorréuselle unha magnífica idea que cambiaría todo. 636 00:33:32,333 --> 00:33:36,666 Comezou a pasear, pensando nas cousas que farían posible a súa idea. 637 00:33:37,166 --> 00:33:39,333 Un. Vou gañar moitos cartos 638 00:33:39,333 --> 00:33:41,791 cada día da miña vida de aquí en diante. 639 00:33:42,500 --> 00:33:46,375 Dous. Só irei ao mesmo casino unha vez cada seis meses. 640 00:33:46,375 --> 00:33:49,000 Tres. Non farei demasiados cartos nun día. 641 00:33:49,000 --> 00:33:51,291 50 000 libras por noite como máximo. 642 00:33:51,291 --> 00:33:55,166 Catro. 50 000 libras por noite, por 365 días ao ano, 643 00:33:55,166 --> 00:33:57,916 son 18,25 millóns de libras. 644 00:33:57,916 --> 00:34:01,833 Cinco. Hai que moverse. Tres noites como moito na mesma cidade. 645 00:34:01,833 --> 00:34:04,458 Londres, Montecarlo, Cannes, Biarritz, Deauville, 646 00:34:04,458 --> 00:34:07,208 As Vegas, Cidade de México, Bos Aires, Nassau. 647 00:34:07,208 --> 00:34:11,416 Seis. Collo os cartos e monto hospitais e orfanatos en todo o mundo. 648 00:34:11,416 --> 00:34:13,791 Como soño, soa demasiado sentimental, 649 00:34:13,791 --> 00:34:16,083 pero na realidade pode funcionar. 650 00:34:16,083 --> 00:34:20,208 Non creo que sexa sentimental. Sería formidable e marabilloso. 651 00:34:20,208 --> 00:34:23,875 Sete. Necesito un socio que recolla o diñeiro 652 00:34:23,875 --> 00:34:25,541 e o mande a onde cumpra. 653 00:34:25,541 --> 00:34:28,583 Alguén en quen eu poida confiar cegamente. 654 00:34:29,083 --> 00:34:32,041 John Winston era o contable de Henry, e de seu pai. 655 00:34:32,041 --> 00:34:34,750 O pai de John fora contable do avó de Henry. 656 00:34:34,750 --> 00:34:36,625 Pode ser o máis rico do mundo. 657 00:34:38,833 --> 00:34:40,916 Non quero ser o máis rico do mundo. 658 00:34:43,750 --> 00:34:46,291 Non podo operar en Inglaterra polo fisco. 659 00:34:46,291 --> 00:34:48,500 Irei para Suíza, pero non mañá. 660 00:34:48,500 --> 00:34:51,125 Non estou solteiro, teño obrigas. 661 00:34:51,125 --> 00:34:54,000 Teño que falar coa familia e informar os socios. 662 00:34:54,000 --> 00:34:58,916 Teño que vender a casa, buscar unha en Suíza e sacar os nenos da escola. 663 00:34:58,916 --> 00:35:02,250 De alí a un ano, Henry mandáralle 120 millóns de libras 664 00:35:02,250 --> 00:35:03,958 a John Winston en Lausanne. 665 00:35:03,958 --> 00:35:08,500 Os cartos enviábanse cinco veces á semana á empresa suíza Winston Sugar. 666 00:35:08,500 --> 00:35:11,250 Só John e Henry sabían de onde viña o diñeiro 667 00:35:11,250 --> 00:35:12,708 e a onde ía. 668 00:35:12,708 --> 00:35:17,125 O envío do luns era o máis grande, ían cartos de venres, sábado e domingo, 669 00:35:17,125 --> 00:35:18,333 cos bancos pechados. 670 00:35:18,333 --> 00:35:22,875 Henry movíase moi rápido e cambiaba a identidade varias veces por semana. 671 00:35:22,875 --> 00:35:28,000 Ás veces John só sabía onde estaba Henry polo enderezo do banco que mandara cartos. 672 00:35:28,000 --> 00:35:29,250 Era tremendo. 673 00:35:49,541 --> 00:35:52,958 Henry morreu o ano pasado aos 63 anos, de embolia pulmonar. 674 00:35:52,958 --> 00:35:56,250 El viuno vir, pero estaba moi tranquilo. 675 00:35:56,250 --> 00:35:58,833 Executara o plan durante máis de 20 anos. 676 00:35:58,833 --> 00:36:01,458 Fixera 644 millóns de libras. 677 00:36:01,458 --> 00:36:06,208 Fundara e puxera en funcionamento 21 hospitais infantís e orfanatos, 678 00:36:06,208 --> 00:36:09,833 dirixidos e financiados por John Winston desde Lausanne. 679 00:36:10,458 --> 00:36:11,875 O traballo estaba feito. 680 00:36:16,125 --> 00:36:20,208 E como sei eu todo isto? Boa pregunta. Cóntollelo. 681 00:36:20,208 --> 00:36:23,916 Ao pouco de morrer Henry, John Winston chamoume desde Suíza. 682 00:36:23,916 --> 00:36:25,291 Presentouse 683 00:36:25,291 --> 00:36:31,000 como director de Winston Sugar S. L. e pediume que fose velo a Lausanne 684 00:36:31,000 --> 00:36:34,000 coa idea de escribir a historia da empresa. 685 00:36:34,708 --> 00:36:36,250 Non sei como me escolleu. 686 00:36:36,250 --> 00:36:39,166 Marcaríame ao chou nunha lista de escritores. 687 00:36:39,166 --> 00:36:41,375 Dixo que me pagaría ben e engadiu: 688 00:36:41,375 --> 00:36:45,333 "Morreu un home extraordinario. Chamábase Henry Sugar. 689 00:36:45,333 --> 00:36:48,708 A xente debía saber o que fixo polo mundo." 690 00:36:49,208 --> 00:36:50,333 Na miña ignorancia, 691 00:36:50,333 --> 00:36:54,541 preguntei se a historia merecía poñerse por escrito. 692 00:36:54,541 --> 00:36:58,041 Isto enfadou moito a John Winston, igual ata se ofendeu. 693 00:36:58,625 --> 00:37:03,041 En cinco minutos, por teléfono, faloume da carreira secreta de Henry Sugar. 694 00:37:03,041 --> 00:37:04,541 Xa non era secreta. 695 00:37:04,541 --> 00:37:07,750 Henry morrera e non volvería pisar un casino. 696 00:37:08,250 --> 00:37:09,708 "Alá vou", dixen. 697 00:37:10,208 --> 00:37:14,333 En Lausanne, coñecín a John Winston, que pasa dos 70, e a Max Engelman, 698 00:37:14,333 --> 00:37:17,291 {\an8}un famoso maquillador que viaxaba con Henry 699 00:37:17,291 --> 00:37:20,166 {\an8}para disfrazalo e ocultar a súa identidade. 700 00:37:20,166 --> 00:37:24,333 {\an8}Os dous quedaron desfeitos pola morte de Henry. Max máis ca John. 701 00:37:24,333 --> 00:37:26,708 {\an8}Queríalle moito. Era magnífico. 702 00:37:26,708 --> 00:37:29,666 {\an8}John Winston mostroume o caderno azul orixinal 703 00:37:29,666 --> 00:37:32,666 {\an8}escrito por Z. Z. Chatterjee en Calcuta en 1935. 704 00:37:32,666 --> 00:37:34,833 {\an8}E eu copieino palabra por palabra. 705 00:37:34,833 --> 00:37:36,583 {\an8}"A última pregunta," dixen. 706 00:37:36,583 --> 00:37:40,083 {\an8}"Vostede chámalle Henry Sugar, pero ese non era o seu nome. 707 00:37:40,083 --> 00:37:43,333 {\an8}Non quere que diga quen era cando escriba a historia?" 708 00:37:43,333 --> 00:37:44,791 {\an8}- Non. - ...dixo John. 709 00:37:44,791 --> 00:37:47,250 {\an8}Nós prometemos non revelar a identidade. 710 00:37:47,250 --> 00:37:49,750 {\an8}Xa se saberá, antes ou despois. 711 00:37:49,750 --> 00:37:52,125 {\an8}Era dunha coñecida familia inglesa, 712 00:37:52,125 --> 00:37:54,500 {\an8}pero prefiro que non tente descubrilo. 713 00:37:54,500 --> 00:37:56,916 {\an8}Por favor, chámelle só Sr. Henry Sugar. 714 00:37:58,833 --> 00:38:00,291 {\an8}E iso é o que fixen. 715 00:38:07,791 --> 00:38:09,833 The Wonderful Story of Henry Sugar 716 00:38:09,833 --> 00:38:13,541 foi escrita por Roald Dahl na cabana da súa casa, Gipsy House, 717 00:38:13,541 --> 00:38:16,250 en Great Missenden, no condado de Buckingham, 718 00:38:16,250 --> 00:38:18,333 entre febreiro e decembro de 1976. 719 00:39:34,958 --> 00:39:36,875 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa