1 00:00:34,923 --> 00:00:36,563 Son a profesora Carter. 2 00:00:38,483 --> 00:00:40,803 Hoxe dareivos eu a clase de Historia. 3 00:01:19,403 --> 00:01:20,243 Quen es? 4 00:01:23,923 --> 00:01:24,963 Perdón? 5 00:01:25,043 --> 00:01:28,843 Quen é Erin Carter? 6 00:01:30,683 --> 00:01:34,363 E por que merece un contrato fixo? 7 00:01:34,443 --> 00:01:37,963 Que achega a esta marabillosa institución? 8 00:01:38,043 --> 00:01:39,563 Vale, é pola entrevista. 9 00:01:39,643 --> 00:01:43,363 Mañá tes a entrevista e necesitas saber isto de cabo a rabo. 10 00:01:43,443 --> 00:01:47,083 A educación é a clave no desenvolvemento das novas xeracións 11 00:01:47,163 --> 00:01:49,843 e é moi satisfactorio formar parte diso. 12 00:01:49,923 --> 00:01:51,403 Moi ben. 13 00:01:51,483 --> 00:01:56,363 Salvo por que é a resposta máis aburrida da historia. 14 00:01:56,883 --> 00:01:59,243 Ten que parecer que queres o traballo. 15 00:01:59,323 --> 00:02:02,563 Quéroo de verdade. Así Harper terá a bolsa de estudos. 16 00:02:02,643 --> 00:02:05,563 O único xeito que temos de que siga neste colexio. 17 00:02:05,643 --> 00:02:06,923 Cambiaranos a vida. 18 00:02:08,283 --> 00:02:09,683 Que che pasou na cara? 19 00:02:10,483 --> 00:02:12,603 Non foi nada, choquei co coche. 20 00:02:13,323 --> 00:02:15,083 Non son das que se preocupan, 21 00:02:15,683 --> 00:02:19,523 pero tesme preocupada. 22 00:02:20,003 --> 00:02:22,443 Teslle que dar algo real ó tribunal. 23 00:02:22,523 --> 00:02:24,243 Amósalles quen es de verdade. 24 00:02:26,483 --> 00:02:27,563 Podes facelo… 25 00:02:28,363 --> 00:02:29,203 Verdade? 26 00:02:29,763 --> 00:02:31,123 Valo facer ben, Erin. 27 00:02:48,323 --> 00:02:49,363 Agora volvo. 28 00:02:53,723 --> 00:02:54,563 Ola. 29 00:02:57,203 --> 00:02:58,963 Imos asar no xardín 30 00:02:59,043 --> 00:03:01,843 e virán uns veciños. Gustaríache vir? 31 00:03:03,843 --> 00:03:05,563 Non. Claro que non. 32 00:03:18,283 --> 00:03:20,203 Non seu por que me molesto. 33 00:03:22,483 --> 00:03:23,443 Harper? 34 00:03:35,683 --> 00:03:36,523 Harp! 35 00:03:38,123 --> 00:03:38,963 Estás ben? 36 00:03:52,363 --> 00:03:55,923 Na miña opinión, o do supermercado levou o seu merecido. 37 00:03:56,003 --> 00:03:57,563 Non che preguntou, Arlo. 38 00:03:57,643 --> 00:04:01,083 Quero darlle apoio. Míraa. Quen o ía imaxinar? 39 00:04:01,163 --> 00:04:03,603 Estala incomodando. Sempre fai o mesmo. 40 00:04:03,683 --> 00:04:05,523 Estou apoiándoa. 41 00:04:05,603 --> 00:04:07,043 Tráiovos máis de beber? 42 00:04:07,123 --> 00:04:08,763 - Grazas. - Moitas grazas. 43 00:04:08,843 --> 00:04:10,523 Alégrome de que estea ben. 44 00:04:11,283 --> 00:04:13,243 Iso é o máis importante. 45 00:04:13,843 --> 00:04:16,203 Díxenche que non sacases o tema. 46 00:04:27,363 --> 00:04:28,203 Ei. 47 00:04:29,083 --> 00:04:30,563 Estás en época de exames? 48 00:04:33,803 --> 00:04:36,283 - Cal é o primeiro? - De mates. 49 00:04:37,123 --> 00:04:38,443 E non terás problema. 50 00:04:38,523 --> 00:04:41,043 É imposible que o fagas peor ca min. 51 00:04:42,323 --> 00:04:45,403 Fun o peor da clase ata que me axudou Emilio. 52 00:04:46,283 --> 00:04:48,603 Como? Aprendícheslle ti? 53 00:04:48,683 --> 00:04:51,763 Non. Puxen todo mal no exame e… listo! 54 00:04:51,843 --> 00:04:54,283 O teu pai xa non era o peor da clase. 55 00:04:54,363 --> 00:04:55,483 Que papahostias. 56 00:04:56,323 --> 00:04:57,723 Ei, Harp. 57 00:04:57,803 --> 00:04:59,523 - Harper, descúlpate. - Non. 58 00:04:59,603 --> 00:05:02,003 - Queres estar castigada? - Vale. 59 00:05:05,363 --> 00:05:07,603 Perdón. Con todo o que está pasando, 60 00:05:07,683 --> 00:05:09,123 non é a de sempre. 61 00:05:11,763 --> 00:05:13,523 Merda. 62 00:05:16,763 --> 00:05:17,603 Erin. 63 00:05:18,123 --> 00:05:18,963 Ei. 64 00:05:19,803 --> 00:05:22,283 Oes, ese problema do que che falei… 65 00:05:23,123 --> 00:05:25,763 Vou precisar a túa axuda mañá. 66 00:05:27,283 --> 00:05:31,963 Emilio, en serio que me estás dicindo isto agora na miña cociña? 67 00:05:32,043 --> 00:05:34,003 - Quen cres que son? - Non sei. 68 00:05:34,483 --> 00:05:36,563 Sei que te zafas ben. 69 00:05:37,843 --> 00:05:41,883 - Vinte partirlle o pescozo. - Viches o que querías. Só me defendía. 70 00:05:41,963 --> 00:05:44,443 Se fose certo, irías á policía. 71 00:05:45,003 --> 00:05:46,123 Ti es policía. 72 00:05:47,443 --> 00:05:48,283 Vale. 73 00:05:48,923 --> 00:05:51,003 Entón, contaríasllo todo a Jordi? 74 00:05:52,083 --> 00:05:56,403 Necesito unha axudiña. Ó mellor, sexa o que sexa o que che pasa, 75 00:05:56,963 --> 00:05:58,203 pódoche axudar. 76 00:06:02,883 --> 00:06:04,083 Que foi iso? 77 00:06:04,843 --> 00:06:06,803 Non o sei. Vou ver. 78 00:06:09,763 --> 00:06:10,603 Harper? 79 00:06:16,283 --> 00:06:18,363 Ei, para. Que pasou? 80 00:06:18,443 --> 00:06:21,083 Pecho a ventá para que ninguén entre. 81 00:06:26,843 --> 00:06:28,683 A ver, cóntame. Vamos. 82 00:06:37,483 --> 00:06:38,323 Ei. 83 00:06:41,323 --> 00:06:44,003 É polo que pasou no supermercado? 84 00:06:46,723 --> 00:06:49,523 Ou por iso co que me viches no faiado? 85 00:06:50,643 --> 00:06:51,483 A pistola. 86 00:06:59,963 --> 00:07:00,963 É de mentira. 87 00:07:03,603 --> 00:07:04,443 Harp. 88 00:07:07,523 --> 00:07:09,043 Cando eras pequena… 89 00:07:10,843 --> 00:07:13,323 vivíamos en barrios perigosos. 90 00:07:14,043 --> 00:07:18,163 Teño a pistola falsa para arredar os intrusos, 91 00:07:18,243 --> 00:07:22,203 pero nunca a precisamos e agora menos. 92 00:07:23,283 --> 00:07:25,243 Mira pola ventá. Estamos a salvo. 93 00:07:27,243 --> 00:07:29,603 Non podo mirar, está o armario no medio. 94 00:07:36,843 --> 00:07:37,883 Ei. 95 00:07:39,083 --> 00:07:43,083 Non deixarei que che pase nada, vale? 96 00:07:45,283 --> 00:07:46,123 Nunca. 97 00:08:03,203 --> 00:08:05,563 Agóchate, vale? Todo vai ir ben. 98 00:08:12,723 --> 00:08:13,563 Veña. 99 00:08:17,403 --> 00:08:18,243 Vale. 100 00:08:19,043 --> 00:08:20,883 Grazas. Foi un pracer. 101 00:08:20,963 --> 00:08:22,283 - Ei. - Ei. 102 00:08:23,563 --> 00:08:24,563 - Grazas. - A ti. 103 00:08:24,643 --> 00:08:26,883 - Estivo xenial. - Non te preocupes. 104 00:08:26,963 --> 00:08:27,803 Abur. 105 00:08:46,043 --> 00:08:46,883 Tócache. 106 00:08:46,963 --> 00:08:49,043 Esa foi boa. Mira. 107 00:08:54,443 --> 00:08:56,323 - As lentes. - Grazas. 108 00:08:56,403 --> 00:08:59,363 Faralo moi ben na entrevista de hoxe. 109 00:08:59,443 --> 00:09:00,723 Si, boa sorte, mamá! 110 00:09:08,603 --> 00:09:09,443 Podes facelo. 111 00:09:23,963 --> 00:09:27,323 Vale, tendes diante os exames de proba. 112 00:09:29,603 --> 00:09:34,123 Tendes 30 minutos para rematalo. Esforzádevos. 113 00:09:35,043 --> 00:09:37,603 O tempo comeza… 114 00:09:38,483 --> 00:09:39,643 agora. 115 00:09:45,643 --> 00:09:48,163 UNHA PROFESORA LOCAL IMPIDE ATRACO 116 00:09:50,763 --> 00:09:54,043 EMILIO APARCADOIRO - 12:00h. 117 00:09:56,243 --> 00:09:58,443 - Xa remataches? - Si. 118 00:09:58,523 --> 00:10:00,323 Non pasou nin un minuto. Dylan? 119 00:10:00,403 --> 00:10:01,403 Xa rematei. 120 00:10:05,483 --> 00:10:07,843 MACBETH DE WILLIAM SHAKESPEARE 121 00:10:12,283 --> 00:10:13,443 - Rabos? - Olivia. 122 00:10:13,523 --> 00:10:15,923 Que tal se berras un pouco máis? 123 00:10:16,003 --> 00:10:17,163 Cantos? 124 00:10:17,243 --> 00:10:20,763 Cun bastaría, pero había máis. Moitos máis. 125 00:10:20,843 --> 00:10:23,923 - Informarei a dirección. - Non quero que transcenda. 126 00:10:24,003 --> 00:10:28,283 Preguntarías se poden vir seus pais a ter unha charla? 127 00:10:29,363 --> 00:10:32,243 Só ten a seu pai, pero… Vale. 128 00:10:32,723 --> 00:10:36,283 Direille que queres falar da obsesión cos rabos do seu fillo. 129 00:10:38,043 --> 00:10:41,003 - Non o direi así. - Ben, porque contigo nunca sei. 130 00:10:41,603 --> 00:10:44,483 Por sorte, tes libre ata a hora da entrevista. 131 00:10:44,563 --> 00:10:47,963 Ben. A ver se tomo o aire e me despexo. 132 00:10:48,043 --> 00:10:49,323 Ben. 133 00:10:50,363 --> 00:10:51,963 15:00h. Non chegues tarde. 134 00:10:54,883 --> 00:10:55,883 Boas. 135 00:10:55,963 --> 00:10:57,123 Xa me ía preocupar. 136 00:10:57,203 --> 00:10:59,563 - A onde imos? - Agora cho explico. 137 00:11:04,403 --> 00:11:05,843 Isto é un rastrexador. 138 00:11:06,443 --> 00:11:07,283 Spyware. 139 00:11:07,763 --> 00:11:08,603 Moi chulo. 140 00:11:10,323 --> 00:11:12,323 - E? - Hai un avogado corrupto. 141 00:11:12,403 --> 00:11:13,603 Preciso información. 142 00:11:13,683 --> 00:11:16,643 Está relacionado cunha banda que investigo. 143 00:11:16,723 --> 00:11:19,123 Imos á súa casa a chantalo no servidor. 144 00:11:19,203 --> 00:11:21,323 Chantalo? Dise así? 145 00:11:21,923 --> 00:11:23,923 Veña, ho, déixame vivir. 146 00:11:24,003 --> 00:11:25,323 É legal? 147 00:11:25,403 --> 00:11:26,763 Non, claro que non. 148 00:11:27,763 --> 00:11:29,763 Necesito unha orde xudicial. 149 00:11:30,643 --> 00:11:32,603 De tela non estariamos aquí. 150 00:11:33,363 --> 00:11:35,283 Como se chama o avogado? 151 00:11:35,363 --> 00:11:39,803 Benecio Agustín. Espero que me leve a quen dirixe as bandas. 152 00:11:43,643 --> 00:11:45,443 Agustín está traballando. 153 00:11:45,523 --> 00:11:49,243 Están limpando, as portas abertas e a alarma desactivada, polo… 154 00:11:49,883 --> 00:11:53,643 Deberíamos poder entrar, ir á oficina do segundo andar e… 155 00:11:53,723 --> 00:11:54,563 Espera, 156 00:11:55,043 --> 00:11:56,323 queres que o faga eu? 157 00:11:56,403 --> 00:11:57,323 Si. 158 00:11:57,403 --> 00:11:59,043 Para que cres que viñeches? 159 00:11:59,123 --> 00:12:00,963 Pensei que querías que vixiara. 160 00:12:01,043 --> 00:12:03,483 Son policía, non podo violar propiedades. 161 00:12:03,563 --> 00:12:05,963 Pero ninguén sospeitará de ti porque… 162 00:12:06,643 --> 00:12:09,443 tes pinta de ama de casa. 163 00:12:09,523 --> 00:12:12,443 - Vai á merda. Son profesora. - Xa me entendes. 164 00:12:13,043 --> 00:12:14,403 E se digo que non? 165 00:12:14,483 --> 00:12:16,963 E se volvo e me preparo para a entrevista? 166 00:12:17,043 --> 00:12:20,243 Por favor, Erin. Estou desesperado. 167 00:12:24,043 --> 00:12:26,523 Se o fago, acabouse. 168 00:12:28,003 --> 00:12:30,003 Quero recuperar a miña vida. 169 00:12:34,603 --> 00:12:37,003 Tes moita sorte de ser amigo de Jordi. 170 00:12:39,523 --> 00:12:41,043 Dime que teño que facer. 171 00:14:09,923 --> 00:14:12,003 Merda. Non. 172 00:14:14,483 --> 00:14:15,523 Vale. 173 00:14:19,723 --> 00:14:21,963 - Que? - Volveu Agustín… 174 00:14:22,523 --> 00:14:24,043 Tes que saír de aí. 175 00:14:24,123 --> 00:14:26,603 - Vale, case o teño. - Non. 176 00:14:26,683 --> 00:14:31,083 Sae, xa! Non te debín mandar. Agustín está tolo. 177 00:14:31,163 --> 00:14:33,083 Non, quero acabar con isto. 178 00:14:33,163 --> 00:14:36,043 En serio. Se te atopa, mátate. 179 00:14:39,283 --> 00:14:40,363 Arre carallo. 180 00:14:44,763 --> 00:14:46,323 Veña. 181 00:15:13,843 --> 00:15:15,083 Non pasa nada. 182 00:15:21,963 --> 00:15:23,323 Merda! 183 00:15:32,683 --> 00:15:33,683 Merda. 184 00:16:19,723 --> 00:16:26,523 ABERTO 185 00:16:32,403 --> 00:16:33,283 Por favor. 186 00:16:34,563 --> 00:16:36,163 Será só un minuto. 187 00:16:51,603 --> 00:16:53,123 - Onde estabas? - Atasco. 188 00:16:53,203 --> 00:16:56,403 Un atasco? Xenial, a entrevista comezou hai 15 minutos… 189 00:16:56,483 --> 00:16:58,563 Raios, que levas posto? 190 00:16:58,643 --> 00:17:01,523 - Pódome cambiar. Dáme a blusa. - Non hai tempo. 191 00:17:01,603 --> 00:17:04,243 Están a piques de marchar. Entra. 192 00:17:04,323 --> 00:17:05,483 Todo irá ben. 193 00:17:05,563 --> 00:17:07,403 Ollos abertos, corazón sincero. 194 00:17:08,123 --> 00:17:09,483 Sairá ben? 195 00:17:10,323 --> 00:17:11,163 Si. 196 00:17:13,403 --> 00:17:14,963 Perdón pola tardanza… 197 00:17:16,243 --> 00:17:18,803 Podemos darlle cinco minutos, señora Carter. 198 00:17:18,883 --> 00:17:19,723 Grazas. 199 00:17:20,443 --> 00:17:23,123 Ela é Gabrielle Leon da xunta escolar, 200 00:17:23,203 --> 00:17:26,803 e Penelope Reyna, representante da ANPA. 201 00:17:28,123 --> 00:17:31,923 Xa nos coñecemos, vivimos no mesmo barrio. 202 00:17:33,003 --> 00:17:34,803 Xa me parecía que me soabas. 203 00:17:35,283 --> 00:17:36,283 Ola, veciña. 204 00:17:36,363 --> 00:17:40,163 Leva xa un tempo connosco como substituta. 205 00:17:40,243 --> 00:17:42,323 Un posto fixo é un salto importante 206 00:17:42,403 --> 00:17:45,323 en termos de responsabilidade e compromiso. 207 00:17:45,403 --> 00:17:48,523 Por que cre que encaixa no posto? 208 00:17:49,163 --> 00:17:50,363 Pois… 209 00:17:52,643 --> 00:17:53,563 A ver, eu… 210 00:17:54,803 --> 00:17:58,003 Coñezo a resposta que quererán escoitar, pero… 211 00:18:00,403 --> 00:18:01,243 non. 212 00:18:01,923 --> 00:18:02,923 Non encaixo aquí. 213 00:18:05,043 --> 00:18:08,083 Emigrei a Londres con miña nai, pero morreu. 214 00:18:08,163 --> 00:18:10,323 Crieime indo de fogar en fogar. 215 00:18:10,403 --> 00:18:12,763 No quedaba na mesma escola máis dun ano. 216 00:18:13,243 --> 00:18:15,483 Cría que era unha perda de tempo. 217 00:18:15,563 --> 00:18:17,163 Fuches unha mala estudante? 218 00:18:17,243 --> 00:18:18,123 Mala non. 219 00:18:18,683 --> 00:18:19,523 A peor. 220 00:18:21,763 --> 00:18:24,803 Miren, a maioría dos nosos alumnos son bos. 221 00:18:25,403 --> 00:18:27,963 Pero hai algúns que senten… 222 00:18:28,443 --> 00:18:30,803 que non pertencen a este lugar. 223 00:18:31,443 --> 00:18:36,003 Eu podo axudarlles, do xeito que me tería gustado que me axudaran 224 00:18:36,083 --> 00:18:37,523 cando tiña a súa idade. 225 00:18:39,203 --> 00:18:40,203 Grazas. 226 00:18:41,003 --> 00:18:44,843 Aprendín máis de vostede en dous minutos ca no que levamos de ano. 227 00:18:44,923 --> 00:18:45,843 Ben. 228 00:18:47,043 --> 00:18:48,803 - Iso é bo? - Non é malo. 229 00:18:48,883 --> 00:18:51,923 Aínda así, a súa profesionalidade preocúpanos. 230 00:18:52,003 --> 00:18:54,803 Refírome á noite do musical. 231 00:18:54,883 --> 00:18:57,323 Parece ser que marchou sen avisar, 232 00:18:57,403 --> 00:19:02,203 deixándonos sen persoal suficiente, mentres estragaron un aula. 233 00:19:02,283 --> 00:19:04,483 Non me atopaba ben. 234 00:19:04,563 --> 00:19:06,843 Non pensou en avisar a ninguén? 235 00:19:07,843 --> 00:19:09,763 Quería, pero o que pasou foi… 236 00:19:11,323 --> 00:19:13,443 que saín a fora a coller aire e… 237 00:19:13,523 --> 00:19:16,523 E deixaches á escola sen persoal durante un evento 238 00:19:16,603 --> 00:19:18,483 cheo de rapaces. 239 00:19:20,563 --> 00:19:22,483 Prometo que non volverá pasar. 240 00:19:33,123 --> 00:19:35,403 Ei, Harp, que tal no cole? 241 00:19:36,043 --> 00:19:38,003 - Ben. - Algo é algo. 242 00:19:38,083 --> 00:19:40,523 - Estás aquí! - Bonita camiseta. 243 00:19:40,603 --> 00:19:42,483 Estou probando looks de verán. 244 00:19:42,563 --> 00:19:44,563 Que tal a entrevista? 245 00:19:45,163 --> 00:19:47,163 - Perdón. - Seguro que foi xenial. 246 00:19:47,243 --> 00:19:50,283 Si. Con estas cousas, nunca se sabe. 247 00:19:50,363 --> 00:19:52,003 Seguro que a bordaches. 248 00:19:52,083 --> 00:19:54,363 - Estarían tolos se non cho dan. - Xa. 249 00:19:54,963 --> 00:19:56,963 Está de bo humor, señor Martin. 250 00:19:57,843 --> 00:19:59,563 Estouno, si. 251 00:20:01,443 --> 00:20:06,043 - Volveu a señora Martin? - Non. 252 00:20:06,843 --> 00:20:11,363 Non, pasou algo bo no choio. Teño probas sólidas. 253 00:20:11,443 --> 00:20:14,723 Anda con ollo, Emilio. Estamos preocupados por ti. 254 00:20:16,163 --> 00:20:17,843 Harp, vai lavar os dentes. 255 00:20:22,683 --> 00:20:24,243 Déixovos. 256 00:20:25,723 --> 00:20:28,163 Quero darvos as grazas. 257 00:20:29,083 --> 00:20:30,963 Por ser tan bos amigos e veciños 258 00:20:31,043 --> 00:20:36,163 e prometo que dende hoxe, veredes un novo Emilio. 259 00:20:36,723 --> 00:20:37,923 Vale? 260 00:20:38,003 --> 00:20:39,483 - Si. - Xenial. 261 00:20:49,323 --> 00:20:52,123 Vale, temos que buscarlle a alguén. 262 00:20:53,003 --> 00:20:55,403 Non tes algunha compañeira para el? 263 00:20:55,483 --> 00:20:57,443 Non, cáenme ben. 264 00:20:59,603 --> 00:21:01,523 Tes que darlle e xirar. 265 00:21:01,603 --> 00:21:03,883 É o que fago sempre. 266 00:21:06,843 --> 00:21:11,723 Cres que Ana deixará que Emilio volva? 267 00:21:11,803 --> 00:21:13,523 Non o sei. 268 00:21:14,123 --> 00:21:15,843 Algunhas parellas… 269 00:21:16,563 --> 00:21:18,923 Se pasa algo, pois… 270 00:21:19,003 --> 00:21:22,003 xa sabes… eles… 271 00:21:23,683 --> 00:21:26,483 Cres que nos pasará o mesmo? 272 00:21:27,483 --> 00:21:28,363 Non. 273 00:21:29,003 --> 00:21:30,643 Non me preocupa. 274 00:21:32,563 --> 00:21:33,763 Preocúpache a ti? 275 00:21:35,643 --> 00:21:36,843 Ves? Iso gústame. 276 00:21:38,563 --> 00:21:40,563 Ben. Porque casaches con iso. 277 00:22:31,963 --> 00:22:33,163 Merda. 278 00:22:37,323 --> 00:22:38,243 Harp? 279 00:22:38,843 --> 00:22:40,163 Harp, estás ben? 280 00:22:40,243 --> 00:22:41,163 Que pasou? 281 00:22:41,243 --> 00:22:43,363 Veña, Harp, non foi nada. 282 00:22:44,043 --> 00:22:45,483 - Estou ben. - Senta. 283 00:22:46,403 --> 00:22:48,483 Harper, cal é o problema? Que pasa? 284 00:22:49,083 --> 00:22:50,883 Tiven medo, nada máis. 285 00:23:16,963 --> 00:23:19,123 Está un pouco agoniada co cole. 286 00:23:19,203 --> 00:23:21,523 Veñen os exames. É complicado. 287 00:23:21,603 --> 00:23:23,323 Non parecía agoniada. 288 00:23:23,403 --> 00:23:25,923 Parecía aterrada. 289 00:23:26,003 --> 00:23:29,603 Despois do do supermercado, pode que necesite terapia. 290 00:23:29,683 --> 00:23:31,363 Non necesita un psicólogo. 291 00:23:31,443 --> 00:23:32,363 Pode axudala. 292 00:23:32,443 --> 00:23:35,643 Xa bastante diferente se sinte cos demais nenos. 293 00:23:35,723 --> 00:23:38,203 Levala a un especialista empeoraríao. 294 00:23:38,283 --> 00:23:41,163 Eu non o creo. 295 00:23:42,603 --> 00:23:44,043 A decisión está tomada. 296 00:23:46,763 --> 00:23:48,963 Non é só decisión túa. 297 00:23:55,363 --> 00:23:58,083 Non entendo de que tes tanto medo… 298 00:24:08,043 --> 00:24:11,203 Ei, Harp. Teño unha sorpresa… 299 00:24:18,763 --> 00:24:20,403 Abur, tede unha boa finde. 300 00:24:21,003 --> 00:24:21,843 Chao. 301 00:24:22,403 --> 00:24:23,243 Abur. 302 00:24:28,323 --> 00:24:29,163 Ola. 303 00:24:31,843 --> 00:24:32,763 Estás nerviosa. 304 00:24:33,363 --> 00:24:35,123 Estou, si. 305 00:24:38,043 --> 00:24:38,883 Perdón. 306 00:24:39,723 --> 00:24:41,163 Non me deron o traballo. 307 00:24:44,203 --> 00:24:45,603 Polo que escoitei, 308 00:24:45,683 --> 00:24:49,083 prorrogaranche o contrato seis meses e despois revisarano. 309 00:24:49,163 --> 00:24:50,963 Podo axudarche a preparalo. 310 00:24:51,043 --> 00:24:52,683 Merda, cagueina, non? 311 00:24:52,763 --> 00:24:55,203 Parece que a entrevista foi ben, 312 00:24:56,443 --> 00:24:59,323 pero alguén se opuxo. 313 00:24:59,403 --> 00:25:01,483 Como non. 314 00:25:01,563 --> 00:25:04,683 A parva da Penelope Reyna. Xúroche que vou… 315 00:25:05,363 --> 00:25:06,443 Ola. 316 00:25:06,963 --> 00:25:08,203 Son Daniel Lang. 317 00:25:09,203 --> 00:25:12,163 Dixéronme que había un problema co meu fillo. 318 00:25:12,243 --> 00:25:14,443 Quen é a profesora Carter? 319 00:25:17,323 --> 00:25:21,443 Ola, son Erin Carter. Son a substituta do profesor Luis. 320 00:25:22,723 --> 00:25:25,283 Eu son Olivia Thorne, secretaria. 321 00:25:26,363 --> 00:25:28,803 Déixovos… 322 00:25:29,283 --> 00:25:30,243 Si. 323 00:25:31,483 --> 00:25:36,883 Foi vostede a que lle puxo un cero no exame de proba? 324 00:25:36,963 --> 00:25:38,283 Si, pero foi porque… 325 00:25:38,363 --> 00:25:41,523 Que non é un alumno de matrícula, pero, en serio? 326 00:25:42,403 --> 00:25:43,403 Un cero? 327 00:25:44,643 --> 00:25:45,883 Vale, se o mira… 328 00:25:51,563 --> 00:25:53,283 Este é o exame de Dylan. 329 00:25:55,483 --> 00:25:56,523 Síntoo. 330 00:25:57,003 --> 00:25:58,963 Non era un exame de debuxo, non? 331 00:25:59,043 --> 00:26:00,523 Non, e mesmo de selo… 332 00:26:00,603 --> 00:26:04,363 Non. Nin o período azul de Picasso. 333 00:26:05,603 --> 00:26:10,803 Ben. Entón, que pasará agora? Quere expulsalo, castigalo ou…? 334 00:26:10,883 --> 00:26:13,483 Quero que me axude. 335 00:26:13,563 --> 00:26:16,323 Unha forma xenerosa de velo. 336 00:26:16,403 --> 00:26:19,403 Seino, pero a Dylan cústalle aprender. 337 00:26:21,843 --> 00:26:24,363 Esta é só unha chamada de atención. 338 00:26:24,443 --> 00:26:26,083 Prefire suspender. 339 00:26:26,163 --> 00:26:27,843 Quere que se enfade con el. 340 00:26:27,923 --> 00:26:29,803 Pois vai polo bo camiño. 341 00:26:29,883 --> 00:26:32,643 Xa, pero por que non lle damos a volta? 342 00:26:33,843 --> 00:26:34,843 Apoiámolo. 343 00:26:35,683 --> 00:26:37,683 Buscarlle un profesor particular. 344 00:26:37,763 --> 00:26:39,483 Alguén que o axude. 345 00:26:39,563 --> 00:26:43,083 Necesita axuda, pero non sabe como pedila. 346 00:26:44,123 --> 00:26:44,963 Vale. 347 00:26:46,603 --> 00:26:47,523 Grazas. 348 00:26:47,603 --> 00:26:50,923 Se ten algunha dúbida, aquí me ten. 349 00:26:51,483 --> 00:26:52,483 Vale. 350 00:26:52,563 --> 00:26:54,043 De feito, teño unha. 351 00:26:55,283 --> 00:26:57,243 Quen é a parva de Penelope Reyna? 352 00:26:58,123 --> 00:27:01,843 Sinto que escoitara iso. Non foi profesional pola miña parte. 353 00:27:01,923 --> 00:27:04,363 Penelope é a persoa que impediu 354 00:27:04,443 --> 00:27:06,483 que me desen un contrato fixo… 355 00:27:06,563 --> 00:27:09,883 Verá, a cancha de baloncesto fíxose cos meus donativos, 356 00:27:09,963 --> 00:27:12,523 pode que poida falar ben de vostede. 357 00:27:14,643 --> 00:27:16,603 É moi amable pola súa parte… 358 00:27:18,243 --> 00:27:20,083 Pero non se preocupe por min. 359 00:27:20,163 --> 00:27:21,963 Non me preocupa vostede. 360 00:27:22,043 --> 00:27:23,603 Senón a pobre Penelope. 361 00:27:39,483 --> 00:27:41,043 Erin Carter. 362 00:27:49,643 --> 00:27:52,763 Harp, vai dentro. Vou falar con Penelope. 363 00:27:54,763 --> 00:27:57,803 Non te pases. A xente xa nos ve como os raros. 364 00:27:57,883 --> 00:27:59,203 Pero… 365 00:28:20,963 --> 00:28:21,923 Ola, veciña. 366 00:28:23,123 --> 00:28:26,803 Que carallo che pasa, Penelope? Isto é… 367 00:28:28,763 --> 00:28:29,603 Ola. 368 00:28:32,563 --> 00:28:35,243 Perdoa, que dicías sobre o que me pasa? 369 00:28:35,323 --> 00:28:39,043 Sabes o importante que é isto para min e a miña familia. 370 00:28:39,123 --> 00:28:41,723 - Estásme ameazando? - Como? Claro que non. 371 00:28:42,923 --> 00:28:45,683 Todo o barrio che ten medo. 372 00:28:46,243 --> 00:28:50,363 Eu dixen que mataches ó do super en defensa propia, pero… 373 00:28:51,203 --> 00:28:52,683 a xente é moi rexoubeira. 374 00:28:52,763 --> 00:28:55,763 Fuches ti. Ti es a que me está a foder. 375 00:28:56,323 --> 00:28:57,323 Non fun eu. 376 00:28:58,843 --> 00:29:01,283 - Como? - Eu non votei en contra, Erin. 377 00:29:01,363 --> 00:29:04,163 Tanto me ten se te contratan ou non. 378 00:29:06,563 --> 00:29:07,803 Non te creo. 379 00:29:07,883 --> 00:29:11,883 Chegaches tarde, cunha camiseta que poñía "A vida é puta". 380 00:29:12,443 --> 00:29:14,723 - Que crías que ía pasar? - Praia. 381 00:29:16,123 --> 00:29:17,763 Poñía "A vida é praia". 382 00:29:20,443 --> 00:29:21,923 Entón, non fuches ti? 383 00:29:22,883 --> 00:29:24,803 Non me importas tanto. 384 00:29:25,483 --> 00:29:26,323 Toma. 385 00:29:33,803 --> 00:29:35,643 De que falades? 386 00:29:35,723 --> 00:29:36,803 Da roupa de verán. 387 00:29:36,883 --> 00:29:40,323 Encántame, pero que cara. 388 00:29:42,483 --> 00:29:43,723 Tes unha casa xenial. 389 00:29:44,843 --> 00:29:45,683 Adeus, Erin. 390 00:30:46,843 --> 00:30:48,123 Onde estás? 391 00:31:05,243 --> 00:31:08,243 Olivia vén en media hora, pero eu marcho xa. 392 00:31:08,323 --> 00:31:10,003 - Vou contigo. - Non podes. 393 00:31:10,083 --> 00:31:11,123 Por? 394 00:31:11,203 --> 00:31:13,443 Por unha vez, fai o que che digo. 395 00:31:14,843 --> 00:31:15,683 Perdón. 396 00:31:16,923 --> 00:31:19,283 Perdóame ti. Teño que ir ós recados. 397 00:31:19,363 --> 00:31:20,763 Son unha molestia. 398 00:31:21,683 --> 00:31:23,043 Todos os nenos o son. 399 00:31:23,723 --> 00:31:24,803 Ti non estás mal. 400 00:31:25,883 --> 00:31:26,923 Mellor ca iso. 401 00:31:27,923 --> 00:31:30,083 Es a miña persoa favorita no mundo. 402 00:31:31,123 --> 00:31:32,363 Quérote, Harp. 403 00:31:37,363 --> 00:31:38,283 Vale. 404 00:31:38,363 --> 00:31:39,683 Olivia non tardará. 405 00:31:40,323 --> 00:31:41,163 Vale? 406 00:34:19,443 --> 00:34:20,283 Erin? 407 00:34:21,243 --> 00:34:23,323 Veña, apura. 408 00:34:33,563 --> 00:34:34,723 Por aquí! 409 00:34:39,443 --> 00:34:40,283 Merda. 410 00:34:46,323 --> 00:34:48,363 Merda! 411 00:35:45,203 --> 00:35:46,043 Emilio? 412 00:36:01,843 --> 00:36:03,523 Caín do tellado. 413 00:36:03,603 --> 00:36:04,523 Caíches tal. 414 00:36:15,283 --> 00:36:16,643 Estás ben? 415 00:36:16,723 --> 00:36:19,403 Si. Polo de agora. 416 00:36:19,483 --> 00:36:22,563 - De que ía todo iso? - Quería saber quen es. 417 00:36:24,123 --> 00:36:26,003 Non che fun sincero. 418 00:36:26,723 --> 00:36:29,523 Que hostias, Emilio? Confiei en ti! 419 00:36:30,123 --> 00:36:31,763 Perdón. Non tiña outra. 420 00:36:31,843 --> 00:36:33,363 Teño débedas de xogo. 421 00:36:35,083 --> 00:36:38,683 Agustín dixo que mas perdoaba se lle pasaba información, 422 00:36:40,083 --> 00:36:41,643 pero sempre quería máis. 423 00:36:42,123 --> 00:36:44,123 Por iso teño que pechar todo isto. 424 00:36:46,883 --> 00:36:47,843 Perdón. 425 00:36:49,883 --> 00:36:51,603 Perdón por meterte nisto. 426 00:36:51,683 --> 00:36:54,243 - Temos que ir ó hospital. - Por favor, non. 427 00:36:54,323 --> 00:36:55,163 Si. 428 00:36:55,243 --> 00:36:58,283 Se informan disto e o descobren os meus xefes… non. 429 00:36:58,363 --> 00:37:00,643 Collamos algo para tapar as feridas. 430 00:37:02,323 --> 00:37:08,843 Vale. Fago dous puntos de dano ó ogro coa miña daga 431 00:37:08,923 --> 00:37:14,723 e el 18 a min co seu garrote, polo que estou morta. 432 00:37:15,323 --> 00:37:16,563 Si, síntoo. 433 00:37:16,643 --> 00:37:18,203 Tanto ten. É divertido. 434 00:37:18,283 --> 00:37:21,203 Debín coller algo mellor que a daga, 435 00:37:21,283 --> 00:37:24,043 unha espada, unha pistola ou algo. 436 00:37:24,523 --> 00:37:27,563 Hai pistolas neste xogo ou son todo elfos e fadas? 437 00:37:28,323 --> 00:37:29,563 Non hai pistolas. 438 00:37:31,923 --> 00:37:32,883 Pero mamá si. 439 00:37:33,723 --> 00:37:35,443 Ben, pois cóllolle a súa. 440 00:37:44,163 --> 00:37:45,723 Non te enganarías? 441 00:37:46,403 --> 00:37:47,443 Está na bolsa. 442 00:37:48,603 --> 00:37:49,803 Non debería. 443 00:38:10,803 --> 00:38:11,803 Mimadriña. 444 00:38:15,963 --> 00:38:18,003 Que feitiña. 445 00:38:22,403 --> 00:38:23,763 Ai, rula. 446 00:38:27,883 --> 00:38:28,723 Vamos. 447 00:39:14,803 --> 00:39:15,723 30 euros. 448 00:39:20,363 --> 00:39:21,323 Algo máis? 449 00:39:24,483 --> 00:39:25,323 Aquí o ten. 450 00:39:31,123 --> 00:39:32,083 Quen es? 451 00:39:32,803 --> 00:39:34,083 Teño curiosidade. 452 00:39:42,243 --> 00:39:43,683 Ei! 453 00:39:44,723 --> 00:39:46,003 Agarda, as voltas. 454 00:39:46,683 --> 00:39:47,643 Ei, para! 455 00:39:48,643 --> 00:39:50,883 Que facías na casa? Foderme o negocio? 456 00:39:50,963 --> 00:39:54,283 Se non me dis quen es, farei que o descubran. 457 00:39:54,363 --> 00:39:55,523 Non son ninguén. 458 00:39:55,603 --> 00:39:57,523 Vale, como queiras. 459 00:40:00,243 --> 00:40:01,083 Por favor. 460 00:40:02,843 --> 00:40:04,003 Non mandes a foto. 461 00:40:04,723 --> 00:40:05,923 Resposta incorrecta. 462 00:40:11,003 --> 00:40:14,323 Temos que marchar. Entra no coche! 463 00:40:14,403 --> 00:40:16,003 Merda, onde vai o teléfono? 464 00:40:25,963 --> 00:40:28,083 Por que o fixeches? 465 00:40:28,163 --> 00:40:30,243 Non sei. Quería axudar! 466 00:40:30,323 --> 00:40:32,763 En que nos axuda? Empeoraches todo… 467 00:40:33,363 --> 00:40:35,803 Agora é todo puto peor. 468 00:40:39,803 --> 00:40:42,363 Merda. Que cagada. 469 00:40:54,283 --> 00:40:56,683 Moitas gracias, Olivia. De veras. 470 00:40:56,763 --> 00:40:59,763 Non foi nada. Pórtase mellor do que os meus alumnos. 471 00:41:03,403 --> 00:41:04,523 Vai todo ben? 472 00:41:05,123 --> 00:41:07,963 Si. Foi un deses días. 473 00:41:08,043 --> 00:41:08,923 Xa sabes. 474 00:41:11,763 --> 00:41:12,643 Está ben. 475 00:41:12,723 --> 00:41:14,203 - Ata a semana. - Si. 476 00:41:14,843 --> 00:41:16,603 Grazas. Vémonos no cole. 477 00:41:53,443 --> 00:41:54,283 Merda. 478 00:41:56,083 --> 00:41:57,363 Veña, hostia. 479 00:41:59,003 --> 00:42:00,043 Vamos. 480 00:42:01,963 --> 00:42:03,803 - Funciona, carallo! - Erin? 481 00:42:06,523 --> 00:42:08,843 Que pasou? 482 00:42:08,923 --> 00:42:12,643 - Está roto! - É a tubaxe. Xa arranxaremos. 483 00:42:23,283 --> 00:42:24,163 Ei. 484 00:42:25,203 --> 00:42:26,243 Estás ben? 485 00:42:34,123 --> 00:42:35,603 Non me deron o traballo. 486 00:42:37,683 --> 00:42:38,523 Vale. 487 00:42:38,603 --> 00:42:39,443 Cagueina. 488 00:42:39,523 --> 00:42:40,803 Non digas iso. 489 00:42:40,883 --> 00:42:42,883 Si, cagueira, pero ben. 490 00:42:42,963 --> 00:42:44,603 - Xa foi. - Falleivos. 491 00:42:44,683 --> 00:42:45,963 Non pasa nada. 492 00:42:46,043 --> 00:42:47,123 Solucionarémolo. 493 00:42:47,203 --> 00:42:49,203 Non, ti… 494 00:42:50,083 --> 00:42:52,043 non o podes arranxar. Ti… 495 00:42:52,123 --> 00:42:53,323 Rula, non pasa nada. 496 00:42:53,963 --> 00:42:54,803 Ei… 497 00:42:55,643 --> 00:42:57,043 Estaremos ben. 498 00:42:57,523 --> 00:42:58,923 Todo vai saír ben. 499 00:43:09,243 --> 00:43:12,483 PRISIÓN DE FALSTEAD, INGLATERRA. 500 00:44:42,323 --> 00:44:44,923 Subtítulos: Darío Vázquez Filgueira