1 00:00:17,843 --> 00:00:19,083 Constantes vitais? 2 00:00:19,683 --> 00:00:21,483 Vinte e tres a cincuenta ppm. 3 00:00:25,963 --> 00:00:27,163 Incisión final. 4 00:00:39,043 --> 00:00:40,003 E xa está. 5 00:00:41,163 --> 00:00:43,643 Os xemelgos están estables. Parabéns, Dr. Farrow. 6 00:00:43,643 --> 00:00:45,123 - Parabéns. - Grazas. 7 00:01:00,163 --> 00:01:02,683 Foi digno de ver. Salvaches ti a situación. 8 00:01:02,683 --> 00:01:07,483 - Foi un traballo en equipo. - Non, a estrela es ti. Aproveita. 9 00:01:07,483 --> 00:01:08,483 Grazas, meu. 10 00:01:19,843 --> 00:01:21,083 Ola, guapo. 11 00:01:24,203 --> 00:01:26,323 - Parabéns, cariño. - Morro coa fame. 12 00:01:33,403 --> 00:01:34,483 Podía ir en taxi. 13 00:01:35,083 --> 00:01:37,203 Pero o chofer non che daría un bico. 14 00:01:37,203 --> 00:01:39,203 Agora non che penso dar outro. 15 00:01:41,563 --> 00:01:43,283 Jay tamén vai vir mañá. 16 00:01:44,683 --> 00:01:47,283 Ao mellor lle sacamos algo sobre a moza nova. 17 00:01:48,723 --> 00:01:52,483 Sally dixo que é máis vella ca el, pero nada máis. 18 00:01:52,483 --> 00:01:53,883 Xa sabes como é Jay. 19 00:01:54,563 --> 00:01:55,963 Que foi da anterior? 20 00:01:56,723 --> 00:01:58,523 Portia? Onde vai que cortaron! 21 00:01:59,843 --> 00:02:03,083 Arre demo. De que falades vós os dous? 22 00:02:03,843 --> 00:02:06,563 Haberá por aquí un sitio para tomarlle algo? 23 00:02:06,563 --> 00:02:08,203 - Non. - Por favor! 24 00:02:08,203 --> 00:02:09,123 Non. 25 00:02:09,123 --> 00:02:11,763 - Temos que ir á casa de meu pai. - Vale. 26 00:02:13,043 --> 00:02:15,443 Esta fin de semana a festa é por ti. 27 00:02:16,003 --> 00:02:17,963 Gústeche ou non. 28 00:02:18,723 --> 00:02:21,483 Ir ao campo faranos ben a todos. 29 00:02:32,243 --> 00:02:36,523 - Terá Edward unha botella aberta? - Non creo. Estará durmindo. 30 00:02:53,603 --> 00:02:55,643 Mañá non debías madrugar. 31 00:02:57,643 --> 00:02:59,803 Tiveches unhas semaniñas tremendas. 32 00:03:54,203 --> 00:03:55,403 Bos días, Jay. 33 00:03:56,483 --> 00:03:59,323 - Bos días, avó. - Aínda andas nese cacharro? 34 00:04:00,083 --> 00:04:02,803 Déixasme unha desas chuladas que tes no garaxe? 35 00:04:02,803 --> 00:04:05,443 Non. Se as vas coidar así, non. 36 00:04:08,523 --> 00:04:09,843 Pareces derreado. 37 00:04:10,963 --> 00:04:13,483 - Bos días, mamá. - Que tes unha pinta de pena. 38 00:04:13,483 --> 00:04:14,523 Grazas, Sally. 39 00:04:14,523 --> 00:04:17,963 - Durmiches algo esta noite? - Non che estou a facer caso. 40 00:04:19,963 --> 00:04:22,443 - Fixeches café? - Non che chegará a nada. 41 00:04:22,443 --> 00:04:26,883 Iso non me vale. Preciso máis detalles. Cando nola vas presentar? 42 00:04:26,883 --> 00:04:29,283 Nin tolo a expoñería a vós. 43 00:04:30,283 --> 00:04:33,323 - A verdade é que me gusta. - Ah, así que che gusta! 44 00:04:33,323 --> 00:04:36,923 - Si, gusta. Cago no demo! - Dime como se chama, logo. 45 00:04:36,923 --> 00:04:40,003 - Non! - Fódelle que espantásemos a anterior. 46 00:04:40,643 --> 00:04:42,123 Dálle voz. Quero oír iso. 47 00:04:42,123 --> 00:04:44,883 ...operación foi un éxito rotundo. 48 00:04:44,883 --> 00:04:49,963 O doutor Farrow agarda que os xemelgos teñan unha vida longa e plena. 49 00:04:51,043 --> 00:04:52,683 - O reporteiro... - Aí está. 50 00:04:53,723 --> 00:04:55,163 Si, xa vale. 51 00:04:55,163 --> 00:04:56,963 Apaga iso. 52 00:04:56,963 --> 00:04:59,803 - Ovos para o home do momento. - Non, grazas. 53 00:04:59,803 --> 00:05:03,003 - O chat dos doutores noveis bota fume. - Alégrome. 54 00:05:03,003 --> 00:05:06,403 Para o home máis marabilloso e con máis talento. 55 00:05:06,403 --> 00:05:07,403 Bo día, cariño. 56 00:05:08,443 --> 00:05:11,243 O cóctel do mércores será unha boa oportunidade 57 00:05:11,243 --> 00:05:15,083 para vires á Cámara dos Comúns para falar do posto de asesor. 58 00:05:15,083 --> 00:05:17,043 Non lembro aceptar iso, Edward. 59 00:05:17,043 --> 00:05:21,243 Debiades vir á rolda de prensa. Comisionado de sanidade. Perfecto para ti. 60 00:05:21,243 --> 00:05:24,483 Estarei no bufete ese día, irei así que poida. 61 00:05:24,483 --> 00:05:27,843 - Non me queda opción. - Recolle o froito do teu éxito. 62 00:05:28,363 --> 00:05:29,203 A? 63 00:05:30,043 --> 00:05:32,403 A. Amy? 64 00:05:32,923 --> 00:05:34,323 - Non. - Anna? 65 00:05:35,003 --> 00:05:35,843 Cala. 66 00:05:36,443 --> 00:05:37,683 Queixo vegano! 67 00:05:37,683 --> 00:05:39,403 Anna Barton! 68 00:05:40,003 --> 00:05:42,483 - Que? - Anna Barton. A moza de Jay. 69 00:05:43,083 --> 00:05:46,243 Anna Barton! Xa sabía que te renderías! 70 00:05:46,843 --> 00:05:50,963 Era visto que non resistirías. É unha puta Sherlock Holmes! 71 00:05:51,603 --> 00:05:52,843 Sacoumo por pesada. 72 00:05:53,363 --> 00:05:55,163 Pensaba que eras máis duro. 73 00:05:55,163 --> 00:05:58,563 Coma se ti foses ao cóctel do Parlamento por gusto. 74 00:05:59,483 --> 00:06:00,843 Conseguiuno por pesado. 75 00:06:01,923 --> 00:06:05,483 - Comisionado de sanidade? Estupendo. - Si, moi influente. 76 00:06:05,483 --> 00:06:08,723 - Para o ano es Primeiro Ministro. - Non che é así. 77 00:06:08,723 --> 00:06:12,763 Viríame ben. Axilizarías os cartos para os ensaios con células nai. 78 00:06:12,763 --> 00:06:16,243 - Será a prioridade cando acade o poder. - Iso espero. 79 00:06:16,763 --> 00:06:19,483 Grazas a Edward por ser o anfitrión hoxe 80 00:06:19,483 --> 00:06:22,243 e un agradecemento especial para os médicos, 81 00:06:22,243 --> 00:06:25,443 que porán en práctica o novo sistema de urxencias. 82 00:06:25,443 --> 00:06:28,963 Fagan uso discrecional das nosas ben fornecidas barras. 83 00:06:32,803 --> 00:06:36,603 Moitas grazas por vires hoxe, Mel. Agradécese moito. 84 00:06:37,843 --> 00:06:40,523 INGRID: PERDÓN POLA TARDANZA. 85 00:06:51,203 --> 00:06:52,403 Oe, William. 86 00:06:52,923 --> 00:06:55,363 - Perdón? - Que che parece? 87 00:06:57,163 --> 00:06:59,363 - Desculpádeme un momento. - Claro. 88 00:07:11,843 --> 00:07:12,683 Señor. 89 00:07:31,283 --> 00:07:32,123 Ola. 90 00:07:33,763 --> 00:07:36,043 Son Anna. Anna Barton. 91 00:07:38,083 --> 00:07:39,403 Eu son William Farrow. 92 00:07:39,923 --> 00:07:41,323 Es o pai de Jay. 93 00:07:41,883 --> 00:07:43,043 Son, si. 94 00:07:48,003 --> 00:07:49,563 Está moi orgulloso de ti. 95 00:07:50,763 --> 00:07:53,083 Pois el... 96 00:07:54,123 --> 00:07:55,763 tiña o voso moi calado. 97 00:07:57,683 --> 00:08:01,323 - Creo que lle preocupa presentarnos. - Ai, si? E ten motivos? 98 00:08:07,883 --> 00:08:10,483 Desexaba coñecerte desde que me dixo quen es. 99 00:08:15,923 --> 00:08:16,923 A operación. 100 00:08:19,203 --> 00:08:22,643 Separar os xemelgos. Un logro incrible. 101 00:08:28,363 --> 00:08:29,683 Que raro... 102 00:08:36,243 --> 00:08:37,363 Iso é para min? 103 00:09:07,243 --> 00:09:08,563 Agora marcho. 104 00:09:25,163 --> 00:09:29,483 Ías esperar a que eu chegase para perder o control dos teus sentidos. 105 00:09:29,483 --> 00:09:33,003 - Canto bebiches? - Non, estou ben. 106 00:09:33,003 --> 00:09:36,443 Tiven un día terrible, non me importa quedar se ti queres. 107 00:09:40,483 --> 00:09:42,763 Xa sei que detestas estas cousas. 108 00:09:42,763 --> 00:09:45,163 Estou ben. Só bebín unha copa de máis. 109 00:09:45,163 --> 00:09:46,643 - Todo ben, meu? - Ola. 110 00:09:46,643 --> 00:09:48,563 - A onde? - A Queen's Park. 111 00:10:00,203 --> 00:10:03,403 A moza nova de Jay disque ía estar alí hoxe. 112 00:10:03,403 --> 00:10:05,643 Non tropezarías con ela, non? 113 00:10:06,283 --> 00:10:07,883 Non a coñecería. 114 00:10:37,083 --> 00:10:39,483 Jay. 115 00:10:53,843 --> 00:10:54,683 Will. 116 00:10:56,563 --> 00:10:57,723 Ven para a cama. 117 00:11:06,563 --> 00:11:08,723 Non sabía se espertarte ou non. 118 00:11:11,483 --> 00:11:15,443 Afirmo categoricamente que para iso sempre me podes espertar. 119 00:11:23,123 --> 00:11:24,083 Mira. 120 00:11:26,803 --> 00:11:29,323 Xa levamos saíndo uns cantos meses. 121 00:11:31,883 --> 00:11:32,723 E... 122 00:11:38,323 --> 00:11:40,963 temo que cheguei á difícil conclusión 123 00:11:42,443 --> 00:11:43,283 de que... 124 00:11:44,963 --> 00:11:47,083 xa é hora de presentarche a familia. 125 00:11:48,203 --> 00:11:49,723 Cabrón. 126 00:11:50,643 --> 00:11:53,443 - Esta fin de semana? Se che parece cedo... - Non. 127 00:11:54,803 --> 00:11:55,843 Gustaríame. 128 00:12:14,203 --> 00:12:18,923 Debiamos ir para o xantar. O avó fai un asado boísimo os domingos. 129 00:12:48,723 --> 00:12:50,003 PAPÁ 130 00:12:57,123 --> 00:12:58,083 Jay, son eu. 131 00:13:03,643 --> 00:13:05,083 Dáme unha chamada, vale? 132 00:13:15,843 --> 00:13:17,163 PAPÁ 133 00:13:40,523 --> 00:13:41,363 Si. 134 00:13:44,883 --> 00:13:46,083 Ola. Quen é? 135 00:13:46,083 --> 00:13:47,123 Son eu. 136 00:13:52,043 --> 00:13:54,603 Vou ir xantar o domingo. Queríacho dicir. 137 00:13:59,083 --> 00:14:00,083 Grazas. 138 00:14:04,163 --> 00:14:05,003 Adeus. 139 00:14:46,843 --> 00:14:49,363 Anna, alégrome moito de coñecerte por fin. 140 00:14:49,363 --> 00:14:52,243 - Non sexas intensa, mamá. - Non digas parvadas. 141 00:14:52,243 --> 00:14:55,203 Hai cordeiro. Pregunteille a Jay se comías carne, 142 00:14:55,203 --> 00:14:58,483 - pero nunca me contesta as mensaxes. - Grazas, mamá. 143 00:14:58,483 --> 00:15:01,523 - Encántame o cordeiro. - Ben. Onde vai o meu home? 144 00:15:01,523 --> 00:15:03,763 Que maleducado, non vir saudar. 145 00:15:04,283 --> 00:15:06,723 Que fas aí arriba axexando? Ven saudar. 146 00:15:07,243 --> 00:15:09,363 Estivo moi ocupado esta semana. 147 00:15:09,883 --> 00:15:11,163 Anna, este é William. 148 00:15:12,363 --> 00:15:13,323 Ola, William. 149 00:15:14,243 --> 00:15:15,243 Ola, Anna. 150 00:15:15,243 --> 00:15:17,243 Ofrécelle algo de beber. 151 00:15:17,243 --> 00:15:19,523 Jay, ven axudarme a pór a mesa. 152 00:15:19,523 --> 00:15:21,123 - Todo ben? - Si, ben. 153 00:15:23,723 --> 00:15:26,163 - O avó queimaríao? - Non sexas parvo. 154 00:15:26,163 --> 00:15:27,723 Que queres tomar? 155 00:15:30,483 --> 00:15:32,283 Que queres que tome? 156 00:15:54,763 --> 00:15:55,803 Papá! 157 00:16:00,683 --> 00:16:03,603 - Ti debes ser Anna. Eu son Sally. - Ola. 158 00:16:09,763 --> 00:16:11,443 Ven, que che mostro a casa. 159 00:16:13,083 --> 00:16:14,323 Unha casa ben bonita. 160 00:16:25,163 --> 00:16:29,603 - Anna, un pouco máis de viño? - Si. E a comida estaba deliciosa, Ingrid. 161 00:16:29,603 --> 00:16:33,443 O mérito é de papá. Eu só planei as patacas. 162 00:16:33,443 --> 00:16:34,883 Con gran precisión. 163 00:16:34,883 --> 00:16:40,043 Cirurxián e avogada: moita comida para levar e pouco máis. 164 00:16:40,043 --> 00:16:43,643 - Traballas no Ministerio de Exteriores? - Si, con Ben Collier. 165 00:16:43,643 --> 00:16:46,043 Ben. Ten mala sona, seica. 166 00:16:46,043 --> 00:16:48,203 Xa sei. Tranquilo. Sei como levalo. 167 00:16:48,203 --> 00:16:52,003 - Anna, onde estudaches? - Estudei políticas en Leeds. 168 00:16:52,003 --> 00:16:54,083 E logo xa te fixeches funcionaria? 169 00:16:54,083 --> 00:16:56,923 Mamá! Se queres, imprimímosche o seu currículo. 170 00:16:56,923 --> 00:16:59,283 - Desculpa, Anna. - Non pasa nada. 171 00:16:59,883 --> 00:17:03,643 Disque coincidimos nun cóctel a semana pasada. Que che pareceu? 172 00:17:04,803 --> 00:17:07,603 A verdade, intento evitar eses eventos laborais. 173 00:17:08,203 --> 00:17:09,523 Pero alégrome de ir. 174 00:17:11,763 --> 00:17:15,563 Claro, Edward, foi un cóctel precioso. Grazas por convidarme. 175 00:17:15,563 --> 00:17:17,603 - Grazas. - Mágoa non verte. 176 00:17:20,443 --> 00:17:21,763 Acabaches? 177 00:17:21,763 --> 00:17:25,123 A ver, algo moito máis interesante. 178 00:17:25,123 --> 00:17:27,883 Díxome Jay que planeades unha viaxe a París. 179 00:17:27,883 --> 00:17:29,963 Si. Unha fin de semana longa. 180 00:17:30,483 --> 00:17:33,483 - Unha das miñas cidades favoritas. - Que romántico! 181 00:17:45,323 --> 00:17:48,203 - Onde deixo isto? - Aquí mesmo, grazas. 182 00:18:20,563 --> 00:18:22,163 - Adeus. - Adeus, Anna. 183 00:18:25,123 --> 00:18:26,163 Xa está. 184 00:18:27,243 --> 00:18:30,403 - Parece moi simpática. - A min paréceme encantadora. 185 00:18:30,403 --> 00:18:33,043 Si. Moi segura. 186 00:18:38,683 --> 00:18:40,603 É moito máis vella ca el. 187 00:18:42,163 --> 00:18:43,523 Iso non é infrecuente. 188 00:18:45,883 --> 00:18:50,083 A min dáme, non sei, unha sensación algo rara. 189 00:18:50,803 --> 00:18:53,803 Tranquila. Dubido que dure. A el nunca lle duran. 190 00:18:53,803 --> 00:18:55,803 Viches como estaba el con ela? 191 00:18:57,883 --> 00:18:59,403 Se cadra é só sexo. 192 00:19:02,443 --> 00:19:04,523 Por que me miras así? 193 00:19:05,083 --> 00:19:06,883 Home, claro que foden. 194 00:19:08,283 --> 00:19:11,883 Home, Will, non che debía sorprender. Jay tivo máis mozas ca- 195 00:19:11,883 --> 00:19:12,803 Ca min. 196 00:19:14,123 --> 00:19:15,603 Espero que si. 197 00:19:17,923 --> 00:19:21,083 E mira que tiven sorte de que quedases comigo. 198 00:19:33,963 --> 00:19:36,003 - Boa noite. - Boa noite, cariño. 199 00:19:54,523 --> 00:19:55,643 Vaia finde! 200 00:19:56,163 --> 00:19:57,003 Si. 201 00:20:06,203 --> 00:20:07,603 Pon o fervedor de auga. 202 00:20:07,843 --> 00:20:09,003 BORRAR 203 00:20:15,443 --> 00:20:19,363 Doutor Gordon, por favor, acuda á recepción. 204 00:20:41,083 --> 00:20:42,123 Non o vas coller? 205 00:20:52,523 --> 00:20:53,523 Diga. 206 00:20:55,723 --> 00:20:56,723 Son eu. 207 00:20:59,883 --> 00:21:01,043 16:30. 208 00:21:04,963 --> 00:21:06,323 Mándame o teu enderezo. 209 00:21:41,003 --> 00:21:41,923 Estable. 210 00:22:01,203 --> 00:22:03,363 Mirando se aínda saes nos titulares? 211 00:22:08,883 --> 00:22:10,003 Vai todo ben? 212 00:22:11,283 --> 00:22:12,723 Si, cousas da familia. 213 00:22:33,043 --> 00:22:34,123 Vale. 214 00:26:06,483 --> 00:26:07,523 Si. 215 00:28:56,403 --> 00:29:00,523 JAY: ESTÁS POR AQUÍ? PODEMOS VERNOS DESPOIS? 216 00:29:11,963 --> 00:29:13,403 - Ola. - Ola. 217 00:29:14,963 --> 00:29:16,963 - Perdón por tardar. - Non importa. 218 00:29:19,163 --> 00:29:20,003 Día duro? 219 00:29:20,003 --> 00:29:21,243 Terrible. 220 00:29:23,043 --> 00:29:24,043 Entón que? 221 00:29:25,363 --> 00:29:29,163 Supoño que non é só que devezas por tomar algo co teu vello. 222 00:29:33,363 --> 00:29:34,523 Son todo oídos. 223 00:29:38,883 --> 00:29:40,723 A mamá non lle gusta Anna, non? 224 00:29:42,363 --> 00:29:43,683 Por que dis iso? 225 00:29:44,363 --> 00:29:45,203 É que... 226 00:29:46,483 --> 00:29:49,483 nós estamos moi unidos, pero a familia de Anna non. 227 00:29:50,883 --> 00:29:53,043 Aínda non se sente cómoda con nós. 228 00:29:56,483 --> 00:29:57,323 Ao mellor 229 00:29:58,323 --> 00:30:00,283 preocúpalle que te precipites. 230 00:30:00,283 --> 00:30:02,643 A mamá gústalle Anna, estou seguro. 231 00:30:04,163 --> 00:30:05,003 E a ti? 232 00:30:10,123 --> 00:30:12,163 Non importa o que pensemos nós. 233 00:30:13,923 --> 00:30:15,043 Ti estás contento? 234 00:30:15,043 --> 00:30:16,763 Si, estou. 235 00:30:17,523 --> 00:30:23,323 Sinto unha necesidade irresistible de estar seguido con ela. 236 00:30:26,963 --> 00:30:30,603 De verdade, iso é o máis importante. 237 00:30:31,723 --> 00:30:33,963 Gustaríame que vos coñecésedes mellor. 238 00:31:27,923 --> 00:31:30,563 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa