1 00:01:10,203 --> 00:01:11,443 Réndome a ti. 2 00:01:41,163 --> 00:01:42,483 Iso que dixeches 3 00:01:43,363 --> 00:01:44,563 de renderse... 4 00:01:47,483 --> 00:01:48,483 Dicíalo en serio? 5 00:01:52,603 --> 00:01:53,683 Si. 6 00:02:02,123 --> 00:02:03,603 Quero un vaso de viño. 7 00:02:29,763 --> 00:02:31,363 As regras son estas. 8 00:02:32,923 --> 00:02:36,723 Esperas a que eu diga cando. Non vés sen invitación. 9 00:02:36,723 --> 00:02:39,723 Non se fai nada fóra de aquí sen permiso meu. 10 00:02:41,283 --> 00:02:43,123 Eu decido renderme a ti. 11 00:02:43,883 --> 00:02:45,203 Entendes? 12 00:02:48,803 --> 00:02:50,483 Douche eu ese poder. 13 00:02:51,283 --> 00:02:52,923 Se aceptas, 14 00:02:54,403 --> 00:02:57,283 neste cuarto podemos ser quen queiramos. 15 00:03:02,883 --> 00:03:03,923 Axeónllate 16 00:03:03,923 --> 00:03:05,683 e entregareime a ti. 17 00:04:01,403 --> 00:04:02,243 Perdoa. 18 00:04:08,483 --> 00:04:09,603 Que hai dentro? 19 00:04:13,803 --> 00:04:16,363 Os meus pensamentos, soños. 20 00:04:17,803 --> 00:04:19,723 Momentos que non quero esquecer. 21 00:04:22,443 --> 00:04:23,403 Pódoo ler? 22 00:04:25,683 --> 00:04:26,523 Non. 23 00:04:31,843 --> 00:04:32,683 Aínda non. 24 00:04:35,083 --> 00:04:36,443 A Jay déixasllo ler? 25 00:05:13,923 --> 00:05:15,483 A que hora vas ver a Anna? 26 00:05:17,003 --> 00:05:18,203 De aquí a unha hora. 27 00:05:18,963 --> 00:05:21,043 Dúchome e saio para a estación. 28 00:05:21,723 --> 00:05:23,403 A cousa ponse seria, non? 29 00:05:24,083 --> 00:05:29,163 Pon, si. Adoezo por levala a París. Significa moito para nós. 30 00:05:34,843 --> 00:05:35,683 Si. 31 00:05:36,723 --> 00:05:38,283 Veña. Ata logo. 32 00:05:45,003 --> 00:05:47,203 Veña, rapaz. Vamos. 33 00:06:02,123 --> 00:06:02,963 Ola. 34 00:06:02,963 --> 00:06:05,283 Vouche presentar a alguén máis. 35 00:06:05,803 --> 00:06:08,643 - James. - Ola. 36 00:06:08,643 --> 00:06:12,043 O comisionado de medicina infantil, o meu xenro, William. 37 00:06:12,043 --> 00:06:13,003 Encantado. 38 00:06:13,003 --> 00:06:18,003 Vai ser marabilloso para que o departamento renda contas. 39 00:06:18,003 --> 00:06:19,403 Desculpen, un segundo. 40 00:06:24,003 --> 00:06:27,243 {\an8}ÁS 18:00. NO MEU PISO. 41 00:06:32,643 --> 00:06:34,883 Desculpa. Unha urxencia no hospital. 42 00:06:44,203 --> 00:06:46,163 NON VEÑAS. 43 00:07:04,763 --> 00:07:06,043 Son amigo de Anna. 44 00:07:06,763 --> 00:07:08,803 Non dixo que fose vir ninguén. 45 00:07:10,723 --> 00:07:11,563 Perdón. 46 00:07:12,403 --> 00:07:14,323 - Ti es...? - Son Peggy. 47 00:07:15,523 --> 00:07:16,723 Este piso é meu. 48 00:07:19,603 --> 00:07:21,883 - Chamo a Anna, logo? - Non, tranquila. 49 00:07:21,883 --> 00:07:25,963 Anna, está aquí o teu amigo. Vén saudar. Que encanto, non? 50 00:07:30,603 --> 00:07:31,803 Estás ocupada. Xa... 51 00:07:31,803 --> 00:07:34,883 Vou abrir unha botella de viño. Tómaslle unha, non? 52 00:07:41,163 --> 00:07:42,643 Díxenche que non viñeses. 53 00:07:43,803 --> 00:07:45,363 Acabo de ver a mensaxe. 54 00:07:47,243 --> 00:07:48,083 Quen é? 55 00:07:49,603 --> 00:07:53,283 Unha amiga de toda a vida. Só para aquí cando vén á cidade. 56 00:07:53,883 --> 00:07:55,603 Eu cóidolle o piso. 57 00:07:58,043 --> 00:07:59,123 Que pasa se...? 58 00:08:00,843 --> 00:08:02,323 Non lle dirías quen es. 59 00:08:03,643 --> 00:08:04,483 Non, ho. 60 00:08:05,883 --> 00:08:07,363 Pois non hai problema. 61 00:08:45,123 --> 00:08:47,203 Algo pasa entre nós, creo. 62 00:08:57,083 --> 00:08:59,043 Non te imaxino cunha amante. 63 00:09:04,963 --> 00:09:06,043 Non é... 64 00:09:07,323 --> 00:09:08,523 unha amante. 65 00:09:15,683 --> 00:09:16,963 Estamos ben? 66 00:09:20,443 --> 00:09:21,723 É só que... 67 00:09:23,163 --> 00:09:25,843 estiven moi ocupado estas semanas, sabes? 68 00:09:27,203 --> 00:09:28,043 Sei, si. 69 00:09:31,203 --> 00:09:33,683 Jay vai levar a Anna a París. 70 00:09:33,683 --> 00:09:35,803 Podemos facer algo interesante? 71 00:09:36,683 --> 00:09:39,803 Podía reservar sitio pola costa. 72 00:09:40,483 --> 00:09:41,963 Xa, iso estaría ben. 73 00:09:46,763 --> 00:09:49,443 - Quizais cando todo estea... - Máis tranquilo. 74 00:09:51,563 --> 00:09:52,523 Xa, entendo. 75 00:10:39,723 --> 00:10:40,963 Ti quen es? 76 00:10:49,843 --> 00:10:51,443 Déixame ler o diario. 77 00:10:56,123 --> 00:10:57,163 Gáñao. 78 00:11:03,123 --> 00:11:06,443 É sobre nós. Sobre a última vez que estivemos xuntos. 79 00:11:14,963 --> 00:11:17,163 Tamén escribías sobre Jay? 80 00:11:21,083 --> 00:11:22,763 Por que queres saber iso? 81 00:11:26,003 --> 00:11:26,843 Só... 82 00:11:28,123 --> 00:11:29,723 intento comprender 83 00:11:30,883 --> 00:11:31,963 que hai entre nós. 84 00:11:33,283 --> 00:11:34,883 E que hai entre ti e el. 85 00:11:46,283 --> 00:11:48,003 Sabe que vés aquí? 86 00:11:50,723 --> 00:11:53,163 El non pregunta. 87 00:12:05,363 --> 00:12:07,203 E, se descobre a verdade, que? 88 00:12:10,803 --> 00:12:12,923 Hai moitas outras verdades. 89 00:12:14,843 --> 00:12:17,243 Como dixen, el déixame ter segredos. 90 00:12:20,163 --> 00:12:21,523 E, se te enganas, que? 91 00:12:22,163 --> 00:12:23,283 Para xa. 92 00:12:24,683 --> 00:12:25,883 Témonos un ao outro. 93 00:12:26,763 --> 00:12:28,803 Deixa tranquilos aos demais. 94 00:12:32,043 --> 00:12:33,643 A el dáslle moito. 95 00:12:36,403 --> 00:12:37,723 Eu quero máis. 96 00:12:41,403 --> 00:12:43,763 Teño moitas preguntas que facer. 97 00:12:43,763 --> 00:12:47,043 Pois entón terás que aprender a amar as preguntas. 98 00:12:48,163 --> 00:12:49,563 Que é o que precisas? 99 00:12:51,283 --> 00:12:52,243 Preciso... 100 00:12:53,603 --> 00:12:54,763 algo. 101 00:12:56,443 --> 00:12:58,003 Algo que el non saiba. 102 00:13:07,003 --> 00:13:07,843 Vale. 103 00:13:11,803 --> 00:13:13,043 Tiña un irmán. 104 00:13:13,643 --> 00:13:14,643 Aston. 105 00:13:16,523 --> 00:13:18,283 Suicidouse. 106 00:13:20,803 --> 00:13:22,643 Daquela, ninguén soubo por que. 107 00:13:26,403 --> 00:13:27,963 Dígocho a ti, se queres. 108 00:13:35,803 --> 00:13:37,163 Estaba namorado de min. 109 00:13:40,323 --> 00:13:41,163 Que? 110 00:13:41,683 --> 00:13:44,443 Estaba totalmente obsesionado. 111 00:13:46,603 --> 00:13:48,843 Matouse porque eu o rexeitei. 112 00:13:52,123 --> 00:13:53,963 Matouse pola miña culpa. 113 00:13:57,603 --> 00:13:58,723 Síntoo moito. 114 00:13:59,963 --> 00:14:00,923 Non o sintas. 115 00:14:05,083 --> 00:14:06,043 Chégache iso? 116 00:14:08,803 --> 00:14:10,243 Jay non o sabe? 117 00:14:13,043 --> 00:14:14,723 Só que Aston morreu. 118 00:14:18,683 --> 00:14:19,603 Grazas. 119 00:14:25,883 --> 00:14:27,763 Que o saibas cambia algo? 120 00:14:32,083 --> 00:14:32,923 Non. 121 00:14:35,403 --> 00:14:36,763 Pois ao mellor debería. 122 00:14:39,403 --> 00:14:41,843 Porque as persoas magoadas son perigosas. 123 00:14:43,603 --> 00:14:45,203 Saben que poden sobrevivir. 124 00:15:45,963 --> 00:15:46,803 Sally. 125 00:15:48,043 --> 00:15:48,883 Estás ben? 126 00:15:49,403 --> 00:15:50,683 Si, estou... 127 00:15:51,203 --> 00:15:53,283 absorto na música. 128 00:15:54,563 --> 00:15:56,563 Desde cando escoitas ti música? 129 00:16:13,083 --> 00:16:15,723 Creo que vai facer unha parvada en París. 130 00:16:16,643 --> 00:16:18,603 - Como? - Jay. 131 00:16:19,123 --> 00:16:21,803 Non me sorprendería que levase un anel. 132 00:16:25,243 --> 00:16:27,563 Non creo. Moi pronto para iso, non? 133 00:16:28,603 --> 00:16:29,763 Está tolo por ela. 134 00:16:30,643 --> 00:16:31,883 Obsesionado. 135 00:16:32,403 --> 00:16:34,883 E quen é ela? Case nin a coñecemos. 136 00:16:35,803 --> 00:16:38,163 - Quizais ela o quere así. - Por que? 137 00:16:38,643 --> 00:16:40,963 Porque a xente merece ter privacidade. 138 00:16:40,963 --> 00:16:43,483 Ti tamén estás obsesionada con ela. 139 00:16:45,163 --> 00:16:46,123 E logo ti non? 140 00:16:47,883 --> 00:16:50,243 O certo é que non pensei moito nela. 141 00:16:53,683 --> 00:16:55,003 Ao mellor debías. 142 00:16:58,643 --> 00:17:00,443 O noso fillo está namorado. 143 00:17:01,283 --> 00:17:04,003 Ela podería entrar na nosa vida para sempre. 144 00:17:12,483 --> 00:17:13,523 Onde se hospedan? 145 00:17:14,043 --> 00:17:18,163 Nun sitio que escolleu Anna. Hôtel Dumas. 146 00:17:19,443 --> 00:17:21,563 Poderás vir cedo a Hartley, entón? 147 00:17:26,723 --> 00:17:27,803 Pois non. 148 00:17:29,923 --> 00:17:32,523 Ao mellor teño que ir a Bruxelas o xoves. 149 00:17:32,523 --> 00:17:33,603 Vaia, ho. 150 00:17:34,123 --> 00:17:38,363 Si, síntoo. É un congreso sobre políticas sanitarias en Europa. 151 00:17:39,043 --> 00:17:41,523 Esperaba estarmos tranquilos por unha vez. 152 00:18:04,883 --> 00:18:09,443 O próximo tren a París sairá dentro de 20 minutos. 153 00:18:09,443 --> 00:18:11,963 Por favor, acudan á plataforma tres. 154 00:19:54,203 --> 00:19:57,483 Voulez-vous tomar champaña, mademoiselle? 155 00:19:57,483 --> 00:20:00,643 - Que? - Cravando todos os clixés parisienses. 156 00:20:00,643 --> 00:20:02,083 Non me queixo. 157 00:20:02,603 --> 00:20:05,083 Débelles parecer que só bebo eu. 158 00:20:08,123 --> 00:20:09,003 Que lista! 159 00:20:26,483 --> 00:20:27,603 Algo importante? 160 00:20:29,243 --> 00:20:30,083 Non. 161 00:20:42,523 --> 00:20:45,643 Boa noite. Coa señora Barton, por favor. 162 00:20:46,323 --> 00:20:48,163 Creo que está no cuarto... 163 00:20:49,683 --> 00:20:51,083 Si, iso. Cuarto dez. 164 00:20:54,083 --> 00:20:55,083 Cólloo eu. 165 00:21:00,203 --> 00:21:01,283 Sae do hotel. 166 00:21:02,203 --> 00:21:03,443 Vai ao cabo da rúa. 167 00:21:11,243 --> 00:21:13,603 - Que era? - A recepción do hotel. 168 00:21:14,363 --> 00:21:16,283 Preguntan se nos gusta o cuarto. 169 00:21:21,803 --> 00:21:24,763 - Darame tempo a afeitarme? - Claro. 170 00:21:29,403 --> 00:21:30,443 Pois mira, 171 00:21:31,643 --> 00:21:34,283 mentres te afeitas, baixo tomar o aire. 172 00:21:34,283 --> 00:21:36,443 - Se esperas, vou contigo. - Non. 173 00:21:37,203 --> 00:21:38,163 Faino con calma. 174 00:21:38,683 --> 00:21:40,323 Vale. Non tardes. 175 00:22:00,323 --> 00:22:01,803 Que hostia fas? 176 00:22:50,563 --> 00:22:52,603 Incumpriches as regras vindo aquí. 177 00:22:53,803 --> 00:22:56,003 Nin se che ocorra seguirnos. 178 00:23:11,923 --> 00:23:13,283 Pensei que te perderas. 179 00:23:14,923 --> 00:23:16,803 - Debiamos reservar. - Perdón. 180 00:23:19,243 --> 00:23:20,843 Estame vindo a xaqueca. 181 00:23:23,243 --> 00:23:24,843 Si? Non sabía que as tiñas. 182 00:23:25,403 --> 00:23:27,883 Non moito, pero, cando me dá, é horrible. 183 00:23:28,443 --> 00:23:29,803 - Vaia, estás ben? - Si. 184 00:23:37,043 --> 00:23:39,483 - Vou ter que me deitar. - Vale. 185 00:23:39,483 --> 00:23:40,403 Perdón. 186 00:23:57,083 --> 00:23:59,883 Ei, estás segura de que non pasa nada máis? 187 00:24:04,603 --> 00:24:06,563 Aprende a amar as preguntas, Jay. 188 00:24:53,443 --> 00:24:55,163 Boa noite. Fala o meu idioma? 189 00:24:55,163 --> 00:24:56,443 - Si. - Grazas. 190 00:24:56,443 --> 00:24:59,443 Claro, monsieur. En que podo axudalo? 191 00:25:00,163 --> 00:25:02,843 Pode dicirme se está dispoñible o cuarto dez? 192 00:25:03,363 --> 00:25:05,083 Claro. Déixeme ver, monsieur. 193 00:25:07,443 --> 00:25:09,123 Cuarto número dez, monsieur. 194 00:27:58,803 --> 00:28:01,883 Manteña vixiadas as súas pertenzas en todo momento. 195 00:28:01,883 --> 00:28:05,283 A equipaxe non vixiada será retirada e poderase destruír. 196 00:28:08,363 --> 00:28:09,563 Vai indo ti. 197 00:28:10,443 --> 00:28:12,003 Non fago boa compañía. 198 00:28:12,003 --> 00:28:15,763 - Pois eu non te vou deixar. - Só preciso ir para a casa. 199 00:28:16,643 --> 00:28:19,643 Si, vale. Chámame se me necesitas. 200 00:28:30,323 --> 00:28:31,163 Adeus. 201 00:28:54,243 --> 00:28:56,083 Vaia con tino. Grazas. 202 00:29:37,163 --> 00:29:38,003 Mamá. 203 00:30:04,803 --> 00:30:08,083 PEGGY: VOLVICHES? 204 00:30:18,563 --> 00:30:19,643 Grazas. 205 00:30:20,643 --> 00:30:21,483 Saúde. 206 00:30:25,763 --> 00:30:28,203 - Sentamos alí? - Si. 207 00:30:28,203 --> 00:30:29,123 Vamos. 208 00:30:34,683 --> 00:30:37,163 Por que volviches de París tan axiña? 209 00:30:38,643 --> 00:30:42,003 Ai, que carallo. Jay fixo algunha carallada? 210 00:30:42,003 --> 00:30:45,203 Non. Portouse perfecto. 211 00:30:45,203 --> 00:30:46,803 Que fixeches ti, logo? 212 00:30:51,203 --> 00:30:54,163 - Sabes William, o home que coñeciches? - O casado. 213 00:30:57,683 --> 00:30:59,323 Plantouse no noso hotel. 214 00:31:01,243 --> 00:31:03,603 Ti es un puto perigo total. 215 00:31:04,883 --> 00:31:07,043 É que non é só que estea casado. 216 00:31:10,763 --> 00:31:12,083 É o pai de Jay. 217 00:31:18,323 --> 00:31:19,923 Anna, que é isto? 218 00:31:24,603 --> 00:31:27,403 - Perdón. Eu só... - Non preciso a túa aprobación. 219 00:31:27,403 --> 00:31:29,603 - E se o descobre a familia? - Non vai pasar. 220 00:31:29,603 --> 00:31:33,083 - Como o sabes? - Porque ninguén o sabe nin o saberá. 221 00:31:33,083 --> 00:31:36,363 Iso non é certo. Porque eu xa o sei, non? 222 00:31:38,643 --> 00:31:40,963 Anna, síntoo. Anna, por favor... 223 00:32:27,883 --> 00:32:29,203 Anna Barton? 224 00:32:32,283 --> 00:32:33,123 Si. 225 00:32:44,883 --> 00:32:47,243 ESTOU APRENDENDO A AMAR AS PREGUNTAS. JAY 226 00:33:00,963 --> 00:33:02,443 Fíxote sorrir? 227 00:33:04,043 --> 00:33:05,003 Grazas. 228 00:33:05,523 --> 00:33:08,843 Estás libre esta noite? Esquecín dicirche algo en París. 229 00:33:10,083 --> 00:33:12,603 Hai algo queimándose. Noto o cheiro. 230 00:33:12,603 --> 00:33:14,883 É o que pasa cando vés cedo. 231 00:33:14,883 --> 00:33:16,643 Sigue andando. 232 00:33:16,643 --> 00:33:19,843 - Non me fío de ti. - Non, tes que fiarte. 233 00:33:19,843 --> 00:33:21,883 - Agora hai unha mesa. - Xa sei. 234 00:33:21,883 --> 00:33:23,803 Moi ben. Agora apalpa. 235 00:33:24,563 --> 00:33:25,683 Vale, alá imos. 236 00:33:25,683 --> 00:33:28,523 Non abras os ollos. Logo parecerá Versalles. 237 00:33:30,243 --> 00:33:32,243 Pé dereito, pé esquerdo. 238 00:33:32,243 --> 00:33:34,163 Por que? Que pasa, Jay? 239 00:33:34,723 --> 00:33:35,683 Xa verás. 240 00:33:36,563 --> 00:33:37,683 Unha cervexa. 241 00:33:38,163 --> 00:33:39,723 - Grazas. - Que che preste. 242 00:33:40,323 --> 00:33:41,403 Non axexes. 243 00:33:59,963 --> 00:34:02,003 Pagou a pena a viaxe do congreso? 244 00:34:02,803 --> 00:34:04,243 Si. 245 00:34:04,243 --> 00:34:05,603 Alégrome de ir. 246 00:34:13,603 --> 00:34:15,043 Debe ser do traballo. 247 00:34:21,483 --> 00:34:23,923 DESCOÑECIDO: SEI O QUE ANDAS FACENDO. 248 00:34:28,003 --> 00:34:29,003 William. 249 00:34:29,003 --> 00:34:31,403 PARA XA. PERVERTIDO. 250 00:34:31,403 --> 00:34:32,523 William! 251 00:34:33,763 --> 00:34:34,803 Que foi? 252 00:34:38,283 --> 00:34:39,683 Vou facer unha chamada. 253 00:35:01,643 --> 00:35:02,523 Que fas? 254 00:35:02,523 --> 00:35:04,403 Preciso falar contigo. 255 00:35:05,083 --> 00:35:07,523 - Isto non pode seguir pasando. - Xa sei... 256 00:35:07,523 --> 00:35:09,563 Despois do que fixeches en París, 257 00:35:10,363 --> 00:35:12,363 preciso que fagas algo. 258 00:35:13,443 --> 00:35:14,283 Que? 259 00:35:16,883 --> 00:35:19,363 Creo que Jay me vai pedir que case con el. 260 00:35:22,123 --> 00:35:24,643 Quero o teu permiso para dicir que si. 261 00:35:26,443 --> 00:35:27,843 Xa sabes as regras. 262 00:35:28,803 --> 00:35:30,243 Dime que diga que si. 263 00:35:35,243 --> 00:35:38,043 William, que instrucións me dás? 264 00:35:39,603 --> 00:35:40,443 Por que? 265 00:35:43,043 --> 00:35:44,363 Porque eu quéroo a el. 266 00:35:45,603 --> 00:35:49,203 El é a miña normalidade. Somos coma unha parella calquera. 267 00:35:50,883 --> 00:35:52,163 É o correcto. 268 00:35:54,163 --> 00:35:56,243 É o que quero, William. 269 00:35:57,723 --> 00:35:59,363 Dime o que quero de ti. 270 00:36:07,763 --> 00:36:08,603 Anna... 271 00:36:12,003 --> 00:36:13,923 Cando Jay che pida casar con el, 272 00:36:16,203 --> 00:36:17,483 vaslle dicir que si. 273 00:36:21,963 --> 00:36:23,323 Alégrate, meu amor. 274 00:36:24,643 --> 00:36:26,803 Non me terás menos. Terasme máis. 275 00:36:28,163 --> 00:36:29,323 Iso espero. 276 00:36:29,323 --> 00:36:32,683 Si, moito máis. Sempre máis. 277 00:36:36,163 --> 00:36:37,763 Que querías dicirme? 278 00:36:43,843 --> 00:36:44,683 Nada. 279 00:36:53,163 --> 00:36:54,003 Un. 280 00:36:56,083 --> 00:36:57,443 Espero que xa estea. 281 00:36:58,563 --> 00:37:00,123 - Volvo para baixo? - Veña. 282 00:37:00,123 --> 00:37:02,123 Pór o gorro estilo Ratatouille? 283 00:37:02,123 --> 00:37:05,243 Estou en París. Vexo a Torre Eiffel e todo iso. 284 00:37:05,243 --> 00:37:06,523 E o acento francés? 285 00:37:10,923 --> 00:37:12,043 Jay... 286 00:37:26,683 --> 00:37:27,803 Anna Barton, 287 00:37:29,563 --> 00:37:32,923 removéuseme algo dentro a primeira vez que nos vimos. 288 00:37:34,603 --> 00:37:37,243 Nunca me sentín tan ben e é grazas a ti. 289 00:37:38,403 --> 00:37:39,963 Anna, queres casar comigo? 290 00:37:42,883 --> 00:37:43,723 Si. 291 00:37:44,283 --> 00:37:45,843 - Si? - Si. 292 00:37:52,083 --> 00:37:55,323 Espera, que teño un anel. Perdón. 293 00:37:55,843 --> 00:37:58,283 - Sáeme todo mal. - Ai, Jay! 294 00:38:06,043 --> 00:38:07,483 É precioso. 295 00:38:13,723 --> 00:38:14,763 Grazas. 296 00:38:17,203 --> 00:38:18,043 William. 297 00:38:19,043 --> 00:38:20,243 Estás ben? 298 00:38:23,083 --> 00:38:24,083 Si. 299 00:38:30,683 --> 00:38:31,523 Ben. 300 00:39:16,803 --> 00:39:19,443 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa