1 00:00:39,763 --> 00:00:40,923 - Grazas. - Non! 2 00:00:40,923 --> 00:00:43,403 - Si, é o destino. - Parabéns. 3 00:00:44,163 --> 00:00:45,643 Saúde! 4 00:00:45,643 --> 00:00:48,043 - Será en Hartley, non? - Pois claro. 5 00:00:48,043 --> 00:00:51,803 - Aínda non decidimos nada. - Polo menos a festa de compromiso. 6 00:00:51,803 --> 00:00:54,803 - A que? - Mamá, non a asustemos demasiado. 7 00:00:56,043 --> 00:00:58,003 Perdoa, somos algo intensos. 8 00:00:58,003 --> 00:01:03,243 Falando de ser intensos, túa tía Ellen mandou unha mensaxe de vídeo. Mira. 9 00:01:03,243 --> 00:01:04,563 - A ver. - Ai, non. 10 00:01:04,563 --> 00:01:08,203 - É encantadora. - Non precisamente. Mirade isto. 11 00:01:08,203 --> 00:01:13,003 Que alegría me deu a noticia! Que ganas de verte e darche un abrazo. 12 00:01:13,003 --> 00:01:14,283 Perdoade un momento. 13 00:01:14,843 --> 00:01:17,363 - Non está do revés. - O Botox vaille ben. 14 00:01:17,363 --> 00:01:19,803 Ou vémonos en Londres cando vaia. 15 00:01:19,803 --> 00:01:23,003 Si que puxo algo. Demasiado no labio de riba. 16 00:01:23,003 --> 00:01:24,843 - Fixéronlle un traballiño? - Si. 17 00:01:24,843 --> 00:01:26,603 - Ai, si? - Non tal. 18 00:01:26,603 --> 00:01:27,603 Parece natural. 19 00:01:32,603 --> 00:01:33,963 Anna. Que fas? 20 00:01:39,083 --> 00:01:41,083 O de París foi unha excepción. 21 00:01:42,363 --> 00:01:44,923 Isto fracasa se non respectamos as regras. 22 00:01:47,083 --> 00:01:48,563 - Quero dicir... - Espera. 23 00:01:50,043 --> 00:01:50,883 Por favor. 24 00:02:01,963 --> 00:02:04,443 Non hai opción de que sexas só ti. 25 00:02:08,523 --> 00:02:09,683 Nin só el? 26 00:02:13,643 --> 00:02:15,843 A min encántame todo o que temos. 27 00:02:16,443 --> 00:02:17,883 Non quero perdelo. 28 00:02:26,843 --> 00:02:28,523 Es quen de controlarte? 29 00:02:36,043 --> 00:02:36,883 Si. 30 00:02:39,243 --> 00:02:40,083 Perfecto. 31 00:02:42,003 --> 00:02:42,923 Espera. 32 00:02:44,843 --> 00:02:46,243 Recibín unhas mensaxes. 33 00:02:49,043 --> 00:02:52,763 Non sei de quen son, pero sábeno. 34 00:02:53,483 --> 00:02:54,323 O noso. 35 00:02:56,763 --> 00:02:58,003 Non contestei. 36 00:02:58,003 --> 00:03:01,243 SEI O QUE ANDAS FACENDO. PARA XA. PERVERTIDO. 37 00:03:01,243 --> 00:03:02,523 Cando empezaron? 38 00:03:03,683 --> 00:03:05,883 A noite que Jay che propuxo casar. 39 00:03:12,683 --> 00:03:13,523 Anna. 40 00:03:16,203 --> 00:03:17,123 Déixamo a min. 41 00:03:20,963 --> 00:03:23,043 Cando esteamos coa familia, mírame. 42 00:03:24,883 --> 00:03:26,323 Se toco o pelo, 43 00:03:27,563 --> 00:03:31,123 é que penso no que faremos a próxima vez que nos vexamos. 44 00:03:33,363 --> 00:03:34,203 Cando? 45 00:03:36,883 --> 00:03:37,963 Axiña. 46 00:04:13,523 --> 00:04:17,283 Mire, podemos facer unha parada en Bexley Avenue? Non é lonxe. 47 00:04:19,083 --> 00:04:19,923 Anna. 48 00:04:21,843 --> 00:04:22,683 Unha amiga. 49 00:04:23,203 --> 00:04:26,843 Quero vela para contarlle a nosa gran noticia. 50 00:04:27,363 --> 00:04:28,203 En serio? 51 00:04:30,163 --> 00:04:31,003 Quen? 52 00:04:31,603 --> 00:04:32,963 Unha amiga da infancia. 53 00:04:35,323 --> 00:04:36,163 Peggy. 54 00:04:37,723 --> 00:04:39,123 Primeira vez que o oio. 55 00:04:41,083 --> 00:04:42,563 Estou desexando coñecela. 56 00:04:43,803 --> 00:04:45,843 Hoxe non, se non che importa. 57 00:05:01,643 --> 00:05:02,603 Que pasa? 58 00:05:03,403 --> 00:05:04,803 Deixa de escribirlle. 59 00:05:04,803 --> 00:05:05,723 O que? 60 00:05:05,723 --> 00:05:08,963 - Cres que axudas, pero non. - Non sei de que falas. 61 00:05:08,963 --> 00:05:12,483 Ameazaches a William con dicirllo á muller. Para xa. 62 00:05:19,243 --> 00:05:20,083 Hostia. 63 00:05:21,163 --> 00:05:22,003 Si. 64 00:05:25,363 --> 00:05:27,363 - Sábeo alguén máis. - Sábelo ti. 65 00:05:29,163 --> 00:05:30,763 Por que pensas que son eu? 66 00:05:35,083 --> 00:05:39,123 Nunca me metín na túa vida amorosa. Por que ía comezar agora? 67 00:05:48,843 --> 00:05:50,043 Quen será, logo? 68 00:05:54,723 --> 00:05:55,923 Jay propúxome casar. 69 00:06:00,403 --> 00:06:01,723 E ti que contestaches? 70 00:06:03,603 --> 00:06:04,443 Que si. 71 00:06:14,323 --> 00:06:15,643 É el, non é? 72 00:06:16,443 --> 00:06:18,043 - Vou eu. - Quéroo coñecer. 73 00:06:24,043 --> 00:06:25,283 - Si. - Son Jay. 74 00:06:25,283 --> 00:06:26,243 Sube. 75 00:06:27,963 --> 00:06:29,083 Só quero saudar. 76 00:06:35,763 --> 00:06:37,003 O último piso. 77 00:07:00,043 --> 00:07:00,883 Ola. 78 00:07:02,803 --> 00:07:05,043 - Ti serás a misteriosa Peggy. - Son. 79 00:07:08,443 --> 00:07:09,283 Xa entendo. 80 00:07:14,123 --> 00:07:14,963 O que? 81 00:07:16,923 --> 00:07:18,483 Por que vou casar contigo. 82 00:07:18,963 --> 00:07:22,443 Perdón por facerte subir. Xa ía baixar eu. 83 00:07:23,883 --> 00:07:24,963 Temos que marchar. 84 00:07:25,803 --> 00:07:26,763 Unha mágoa. 85 00:07:28,763 --> 00:07:30,563 - Encantado. - Igualmente. 86 00:07:37,883 --> 00:07:40,443 Subín porque quería coñecer a túa amiga. 87 00:07:40,963 --> 00:07:43,283 Porque te quero e imos casar. 88 00:07:43,283 --> 00:07:46,323 Quero que a túa xente sexa tamén miña. Anna! 89 00:07:49,843 --> 00:07:51,283 Nin coñezo a túa nai. 90 00:07:57,363 --> 00:07:59,603 Xa a coñecerás. Prométocho. 91 00:08:05,763 --> 00:08:07,883 Coñecerala na festa de compromiso. 92 00:08:10,363 --> 00:08:11,203 Vale. 93 00:08:56,003 --> 00:08:56,883 Si? 94 00:08:56,883 --> 00:09:00,403 Sei que non podes falar, quero saber se me debo preocupar. 95 00:09:03,603 --> 00:09:07,323 Anna, tela cagado moito no pasado e isto semella... 96 00:09:07,323 --> 00:09:08,243 Estou ben. 97 00:09:08,243 --> 00:09:11,043 Pois non entendo como podes estar ben. 98 00:09:11,683 --> 00:09:13,363 A onde queres chegar? 99 00:09:13,363 --> 00:09:15,123 Téñoo todo controlado. 100 00:09:19,603 --> 00:09:21,603 Presentácheslle a Jay a túa nai? 101 00:09:25,803 --> 00:09:28,363 - Non. - Entón, irei á festa de compromiso. 102 00:09:30,483 --> 00:09:32,443 Cando ela o vexa, fareiche falta. 103 00:09:36,963 --> 00:09:37,963 Boa noite, Peggy. 104 00:09:50,603 --> 00:09:53,483 - Non é Peggy. - É insoportable. E se llo di a Ingrid? 105 00:09:53,483 --> 00:09:56,523 - Tes idea de quen pode ser? - Tiven moito tino. 106 00:09:57,203 --> 00:09:58,963 Contáchesllo a algún amigo? 107 00:09:58,963 --> 00:10:02,603 Hai unha compañeira de traballo á que non lle caio moi ben. 108 00:10:02,603 --> 00:10:06,323 Ao mellor sábeo, pero non a vexo capaz de facer isto. 109 00:10:08,403 --> 00:10:11,203 - Convídaa á festa de compromiso. - Que? 110 00:10:11,203 --> 00:10:13,283 - Dáme o teléfono. - Espera, non. 111 00:10:14,323 --> 00:10:15,363 Que fas? 112 00:10:15,363 --> 00:10:17,443 ADÚLTERO. PARA. VÉMONOS NA FESTA. 113 00:10:17,443 --> 00:10:18,603 NADA QUE OCULTAR. 114 00:10:19,683 --> 00:10:20,603 Sobrevivir. 115 00:11:01,123 --> 00:11:02,803 - Alégrome. - Coñecen a Anna? 116 00:11:02,803 --> 00:11:04,483 Encantada. Son Joan. 117 00:11:13,723 --> 00:11:14,563 Grazas. 118 00:11:15,843 --> 00:11:16,923 Grazas. 119 00:11:16,923 --> 00:11:19,963 Para coller valor. Son unha panda de bestas. 120 00:11:19,963 --> 00:11:21,563 Xa, pois eu tamén. 121 00:11:23,283 --> 00:11:24,123 - Jay. - Boas. 122 00:11:24,123 --> 00:11:25,723 Oe, quen te convidou? 123 00:11:25,723 --> 00:11:27,323 - Parabéns. - Grazas. 124 00:11:28,163 --> 00:11:29,563 Parabéns. 125 00:11:29,563 --> 00:11:30,563 Grazas. 126 00:11:32,923 --> 00:11:33,763 Grazas. 127 00:11:53,123 --> 00:11:55,163 A prometida de Jay? Eu son Nadia. 128 00:12:01,563 --> 00:12:03,643 Moi amable por vir desde tan lonxe. 129 00:12:03,643 --> 00:12:07,363 William e eu levamos moito traballando xuntos. 130 00:12:07,363 --> 00:12:08,723 Estades moi unidos? 131 00:12:09,243 --> 00:12:14,163 Eu valoro moito a William. É dos mellores que temos. 132 00:12:14,963 --> 00:12:16,363 Eu non preguntaba iso. 133 00:12:18,283 --> 00:12:19,163 Ah, xa. 134 00:12:20,523 --> 00:12:23,363 Eu falei pouco máis ca do tempo con el. 135 00:12:23,923 --> 00:12:26,963 - Non es a única, digamos. - Pois hoxe estás aquí. 136 00:12:26,963 --> 00:12:29,043 Igual se está empezando a abrir. 137 00:12:29,563 --> 00:12:31,203 Non esperes demasiado. 138 00:12:32,483 --> 00:12:33,843 Encantada de coñecerte. 139 00:12:38,443 --> 00:12:39,363 Estabas aí. 140 00:12:40,083 --> 00:12:41,363 - Viñeches. - Claro. 141 00:12:55,443 --> 00:12:56,483 Non é Nadia. 142 00:12:57,723 --> 00:12:58,683 Como o sabes? 143 00:12:59,443 --> 00:13:03,403 Ten as súas opinións sobre ti, pero non sabe o noso. Faime caso. 144 00:13:06,523 --> 00:13:07,603 Recibín outra. 145 00:13:09,203 --> 00:13:10,163 Que dicía? 146 00:13:11,923 --> 00:13:13,883 "Ou llo dis ti ou llo digo eu." 147 00:13:19,963 --> 00:13:20,803 Grazas. 148 00:13:25,323 --> 00:13:27,003 Preciso que te tranquilices. 149 00:13:39,563 --> 00:13:40,483 Viñeches. 150 00:13:41,923 --> 00:13:42,963 Pois claro. 151 00:13:50,803 --> 00:13:52,363 Aquí miña nai, Elizabeth. 152 00:13:53,163 --> 00:13:55,483 - O pai de Jay? - Alégrame que viñese. 153 00:13:56,003 --> 00:13:58,003 Unha alegría coñecérmonos por fin. 154 00:13:59,803 --> 00:14:04,123 Non sei a vós, pero a min todo me semellaba bastante clandestino. 155 00:14:07,283 --> 00:14:09,923 Onde está o teu misterioso prometido? 156 00:14:16,163 --> 00:14:19,683 Jay, preséntoche a Elizabeth. Mamá, este é Jay. 157 00:14:19,683 --> 00:14:22,283 Encantado. Alégrame moito coñecela por fin. 158 00:14:23,363 --> 00:14:25,563 Anna, por que non mo dixeches? 159 00:14:26,443 --> 00:14:27,363 Dicirche o que? 160 00:14:29,683 --> 00:14:32,683 Supoño que non se parece tanto. É só que... 161 00:14:34,163 --> 00:14:38,083 Paréceste moito ao meu defunto fillo, Aston. 162 00:14:40,003 --> 00:14:42,083 - O irmán de Anna. - Non parece tal. 163 00:14:43,203 --> 00:14:45,843 - Anna, eses ollos... - Mamá! 164 00:14:46,443 --> 00:14:49,443 Que inoportuno. De verdade, non te pareces. Mamá! 165 00:14:49,443 --> 00:14:50,363 É só 166 00:14:51,683 --> 00:14:55,283 unha impresión, nada máis. Es moi guapo. 167 00:14:55,883 --> 00:14:57,763 Grazas, supoño. 168 00:14:58,283 --> 00:15:00,243 Mamá! Tes que coñecer a miña nai. 169 00:15:00,763 --> 00:15:01,843 Esta é Elizabeth. 170 00:15:02,363 --> 00:15:03,483 Elizabeth. 171 00:15:06,163 --> 00:15:07,323 Vixíoa eu. 172 00:15:22,123 --> 00:15:23,243 DESCOÑECIDO 173 00:15:23,243 --> 00:15:25,763 {\an8}OU LLO DIS TI OU EU. TES ATA O FINAL DO DISCURSO. 174 00:15:34,763 --> 00:15:35,923 {\an8}REENVIAR 175 00:15:39,563 --> 00:15:41,083 TES ATA O FINAL DO DISCURSO. 176 00:15:45,643 --> 00:15:46,803 Podo coller un? 177 00:15:47,323 --> 00:15:48,403 Fumas? 178 00:15:49,323 --> 00:15:50,163 Non. 179 00:15:59,603 --> 00:16:02,203 Mira, perdoa, 180 00:16:02,203 --> 00:16:05,403 paréceche mal se marcho despois dos fogos artificiais? 181 00:16:06,043 --> 00:16:07,243 Lévame contigo. 182 00:16:11,323 --> 00:16:12,163 Vai todo ben? 183 00:16:13,203 --> 00:16:14,043 Non. 184 00:16:14,563 --> 00:16:15,403 Perdón. 185 00:16:16,363 --> 00:16:17,323 Que foi? 186 00:16:20,843 --> 00:16:22,083 Kelly deixoume. 187 00:16:22,963 --> 00:16:23,803 Onte. 188 00:16:26,803 --> 00:16:27,643 Síntoo. 189 00:16:28,843 --> 00:16:30,883 Si, creo que hai outra persoa. 190 00:16:32,243 --> 00:16:36,003 Non vos quero augar a festa. De verdade. É a vosa noite. 191 00:16:37,043 --> 00:16:38,603 É a noite de túa nai. 192 00:16:48,043 --> 00:16:50,043 Meu irmán quérete de verdade. 193 00:16:54,603 --> 00:16:55,683 Iso é pouco común. 194 00:17:07,403 --> 00:17:09,243 Onde vai Anna? 195 00:17:09,763 --> 00:17:12,603 E Sally tamén. Veña. 196 00:17:13,203 --> 00:17:14,123 {\an8}Onde vai Sally? 197 00:17:14,963 --> 00:17:16,563 {\an8}Atención, todos e todas. 198 00:17:17,163 --> 00:17:18,643 Vou dicir unhas palabras. 199 00:17:18,643 --> 00:17:20,443 - Onde vai Anna? - Anna, veña. 200 00:17:22,683 --> 00:17:23,563 Papá! 201 00:17:25,083 --> 00:17:29,203 Moitas grazas a todos por virdes. Estades todos divinos. 202 00:17:31,283 --> 00:17:36,243 Temo que só falarei eu. O meu home estase gardando para a voda. 203 00:17:36,243 --> 00:17:38,043 Só fai actuacións estelares. 204 00:17:38,043 --> 00:17:40,803 Si, é a atracción principal. Xusto. 205 00:17:40,803 --> 00:17:42,243 Non ten graza ningunha. 206 00:17:44,243 --> 00:17:47,763 Non, en serio. Estamos aquí para falar do matrimonio, non? 207 00:17:47,763 --> 00:17:50,323 - Jay e Anna. - Velaí vai. 208 00:17:52,923 --> 00:17:58,963 Como se sabe, o matrimonio vai de confianza. 209 00:18:01,563 --> 00:18:03,123 E... 210 00:18:04,323 --> 00:18:06,323 vou facer unha confesión, William. 211 00:18:07,243 --> 00:18:09,803 Estívente espiando. 212 00:18:12,003 --> 00:18:15,163 O outro día fun ó teu traballo e non estabas. 213 00:18:21,083 --> 00:18:24,843 E a marabillosa Nadia deixoume esperar no teu despacho. 214 00:18:26,563 --> 00:18:27,883 Pero non apareciches. 215 00:18:31,003 --> 00:18:35,683 Que vai facer unha muller cando está soa no despacho do seu home? 216 00:18:37,243 --> 00:18:38,243 Remexer. 217 00:18:43,563 --> 00:18:45,523 E o que atopei, pois... 218 00:18:55,083 --> 00:19:00,123 atopei un xogo de catro fotos de carné cuarteadas 219 00:19:00,123 --> 00:19:02,603 de William e eu cando empezabamos. 220 00:19:06,203 --> 00:19:08,723 Atopamos unha cabina de fotos e dixemos: 221 00:19:09,963 --> 00:19:14,243 "Cando sexamos vellos e teñamos fillos e hipoteca, 222 00:19:15,243 --> 00:19:17,003 mirarémolas 223 00:19:17,923 --> 00:19:19,243 e lembraremos 224 00:19:21,003 --> 00:19:24,643 o amor que sentiamos daquela." 225 00:19:37,523 --> 00:19:39,363 Eu non preciso que mo lembren. 226 00:19:39,883 --> 00:19:44,363 O feito de as conservares tanto tempo demóstrame que segue vivo. 227 00:19:46,963 --> 00:19:49,243 Por iso lles digo 228 00:19:49,883 --> 00:19:51,563 a Jay e Anna 229 00:19:53,763 --> 00:19:58,923 que, se alimentades e protexedes a base do voso amor, 230 00:19:58,923 --> 00:20:01,363 duraravos moitos anos. 231 00:20:02,843 --> 00:20:06,083 E a nós os dous fainos moita ilusión. A William e a min. 232 00:20:08,043 --> 00:20:12,403 Por favor, erguede os vasos para brindar por Jay e Anna. 233 00:20:12,403 --> 00:20:13,723 Por Jay e Anna! 234 00:20:16,123 --> 00:20:18,723 Espero que vos gusten os fogos artificiais. 235 00:20:28,123 --> 00:20:31,243 - Foi moi sensibleiro? - Non, foi marabilloso. 236 00:20:53,443 --> 00:20:56,043 - Podo? - Non fai falta. Grazas, Elizabeth. 237 00:21:06,403 --> 00:21:07,923 Debías ter máis tino. 238 00:21:23,003 --> 00:21:24,003 Que lle dixeches? 239 00:21:29,203 --> 00:21:31,003 Vin como te miraba. 240 00:21:32,043 --> 00:21:34,243 - Mamá! - Non é correcto. 241 00:21:35,923 --> 00:21:37,643 Dime que non hai nada. 242 00:21:39,203 --> 00:21:40,843 Preciso que pares con iso. 243 00:21:46,283 --> 00:21:47,603 Claro, cariño. 244 00:21:50,443 --> 00:21:52,883 Seguro que tes todo controlado. 245 00:22:29,363 --> 00:22:30,283 Quérote. 246 00:22:32,163 --> 00:22:33,643 Eu tamén te quero, Anna. 247 00:22:45,843 --> 00:22:47,963 Espero que miña nai non te asustase. 248 00:22:51,163 --> 00:22:52,003 Non, ho. 249 00:22:53,323 --> 00:22:54,483 Só estou 250 00:22:55,483 --> 00:22:57,323 aprendendo a amar as preguntas. 251 00:23:09,283 --> 00:23:11,083 Sabes que me podes falar del. 252 00:23:17,563 --> 00:23:21,483 Só tes que saber que nunca me sentín tan unida a ninguén coma a ti. 253 00:24:03,723 --> 00:24:04,803 Era un farol. 254 00:24:07,203 --> 00:24:09,003 Non che preocupa quen era? 255 00:24:14,283 --> 00:24:15,123 Non. 256 00:24:21,163 --> 00:24:24,163 O que dixo túa nai de Jay... 257 00:24:27,683 --> 00:24:28,603 é certo? 258 00:24:33,643 --> 00:24:34,643 Non soporto 259 00:24:36,323 --> 00:24:40,043 a idea de que o necesites a el máis ca a min. 260 00:24:42,923 --> 00:24:46,323 Aínda que se pareza a Aston, non pasa de aí. 261 00:24:47,003 --> 00:24:48,443 Non é coma el para nada. 262 00:24:50,603 --> 00:24:53,083 Non é cruel. Non necesita posuírme. 263 00:24:56,443 --> 00:24:57,883 Que che fixo Aston? 264 00:25:03,723 --> 00:25:05,643 Que pasou a noite que morreu? 265 00:25:10,003 --> 00:25:11,683 Eu por fin díxenlle que non. 266 00:25:15,923 --> 00:25:17,363 Metéuseme na cama. 267 00:25:19,963 --> 00:25:21,283 Eu dixen que non e... 268 00:25:23,243 --> 00:25:24,723 e matouse. 269 00:25:36,403 --> 00:25:38,043 Para. Para. 270 00:25:42,843 --> 00:25:44,123 Non quero compaixón. 271 00:26:24,483 --> 00:26:25,643 Faime dano. 272 00:26:45,723 --> 00:26:46,563 Grazas. 273 00:26:59,483 --> 00:27:00,443 Que tal queda? 274 00:27:03,883 --> 00:27:05,683 É un vestido de dama de honor. 275 00:27:06,363 --> 00:27:07,203 Craváchelo. 276 00:27:13,203 --> 00:27:14,083 Que pasa? 277 00:27:18,203 --> 00:27:20,763 Non sei con quen máis falar disto. 278 00:27:22,083 --> 00:27:22,923 Que foi? 279 00:27:26,923 --> 00:27:27,763 É por meu pai. 280 00:27:28,723 --> 00:27:30,283 Creo que ten unha amante. 281 00:27:34,923 --> 00:27:36,603 Mandeille varias mensaxes. 282 00:27:36,603 --> 00:27:40,403 Parecerá unha parvada, pero eu quería que o deixase. 283 00:27:41,243 --> 00:27:42,283 Tiven que parar. 284 00:27:42,843 --> 00:27:47,123 Tras falarmos na festa, non ía escarallar o matrimonio de meus pais. 285 00:27:47,123 --> 00:27:48,403 Estás segura diso? 286 00:27:53,443 --> 00:27:54,683 Atopei algo. 287 00:28:07,043 --> 00:28:07,883 Mira. 288 00:28:18,563 --> 00:28:19,883 Onde o atopaches? 289 00:28:21,643 --> 00:28:26,003 El acababa de volver de Bruxelas. Eu puxen o seu abrigo para ir á tenda. 290 00:28:27,003 --> 00:28:28,083 Estaba no peto. 291 00:28:29,123 --> 00:28:31,243 É retorcido de moita hostia. 292 00:28:32,163 --> 00:28:35,643 Que foi facer alá? Non podía ser só unha viaxe de traballo. 293 00:28:35,643 --> 00:28:36,723 Isto é meu. 294 00:28:42,483 --> 00:28:44,283 Esta letra é miña. 295 00:28:46,523 --> 00:28:49,963 Sinto que penses que é retorcido, pero son eu. 296 00:28:51,883 --> 00:28:56,843 Escribo as cousas para poder dixerilas. Non o sei facer doutra maneira. 297 00:29:01,763 --> 00:29:03,363 Pero por que o tiña papá? 298 00:29:07,643 --> 00:29:10,363 Atopouno en Hartley 299 00:29:11,883 --> 00:29:14,603 e dixo que o gardaría ata podermo devolver. 300 00:29:14,603 --> 00:29:19,123 Paralizábame a idea de que el o lese e agora tamén o liches ti. 301 00:29:20,723 --> 00:29:22,243 Síntoo moito. 302 00:29:22,763 --> 00:29:23,603 Eu pensaba... 303 00:29:23,603 --> 00:29:26,683 Espero que comprendas que o que descubriches 304 00:29:26,683 --> 00:29:28,603 non cambia o meu amor por Jay. 305 00:29:29,203 --> 00:29:31,603 Por favor, non tes que explicar nada. 306 00:29:31,603 --> 00:29:33,123 Estou moi avergoñada. 307 00:29:33,123 --> 00:29:35,323 Non esteas. Hostia. 308 00:29:36,883 --> 00:29:37,723 Grazas. 309 00:29:38,243 --> 00:29:40,963 - Vamos tomar algo, vale? - Vale. 310 00:29:42,083 --> 00:29:43,923 Vou quitar este puto vestido. 311 00:30:07,603 --> 00:30:08,803 Tíñaa Sally. 312 00:30:09,883 --> 00:30:11,763 Mandaba ela as mensaxes. 313 00:30:12,283 --> 00:30:13,843 - Entón xa...? - Non. 314 00:30:14,883 --> 00:30:15,923 Non o sabe. 315 00:30:19,803 --> 00:30:21,523 Por que tiveches que collela? 316 00:30:22,883 --> 00:30:23,763 Eu son túa. 317 00:30:23,763 --> 00:30:24,803 De verdade? 318 00:30:27,923 --> 00:30:30,243 Apareces en todas as páxinas. 319 00:30:55,723 --> 00:30:57,443 Que escribiches de hoxe? 320 00:31:28,923 --> 00:31:30,723 - Ola. - Ola. Ben. Que tal? 321 00:31:30,723 --> 00:31:32,363 Ben. Grazas por recibirme. 322 00:31:32,363 --> 00:31:35,003 De nada. Alégrome de verte. Queres un café? 323 00:31:35,003 --> 00:31:36,083 - Si. - Vale. 324 00:31:37,163 --> 00:31:39,443 Anna non é moito de rememorar. 325 00:31:39,443 --> 00:31:44,123 O que sei da súa vida anterior a min está cheo de lagoas, que tanto dá, 326 00:31:44,123 --> 00:31:47,163 pero é algo difícil escribir un discurso sobre ela. 327 00:31:47,683 --> 00:31:50,723 Xa. Entón queres algunha anécdota? 328 00:31:52,043 --> 00:31:53,203 Algo así. 329 00:31:59,803 --> 00:32:00,763 Quéreme? 330 00:32:07,443 --> 00:32:08,523 Pois... 331 00:32:10,963 --> 00:32:13,683 creo que esa pregunta só a pode contestar Anna. 332 00:32:19,203 --> 00:32:21,803 - Non che debín preguntar iso. - Non, pero... 333 00:32:25,003 --> 00:32:26,163 Mira, Jay... 334 00:32:29,363 --> 00:32:31,363 Anna nunca será unha tía corrente. 335 00:32:34,963 --> 00:32:37,083 Se cadra por iso a queres. 336 00:32:38,403 --> 00:32:40,563 Pero iso quere dicir que... 337 00:32:41,083 --> 00:32:43,003 Quere dicir que a vosa relación, 338 00:32:43,843 --> 00:32:46,883 o seu amor por ti tampouco será nunca corrente. 339 00:32:49,963 --> 00:32:51,763 Eu entenderíao se ti... 340 00:32:52,563 --> 00:32:54,643 se decides que iso non é para ti. 341 00:32:56,083 --> 00:32:57,763 E estás a tempo de deixalo. 342 00:32:58,803 --> 00:33:02,643 Pero mira, se vas estar con Anna, 343 00:33:04,043 --> 00:33:05,323 se vas casar con ela, 344 00:33:07,163 --> 00:33:08,163 faime caso, 345 00:33:09,683 --> 00:33:11,843 non mires onde che mande non mirar. 346 00:33:28,803 --> 00:33:31,323 MESA PRESIDENCIAL 347 00:35:13,003 --> 00:35:14,243 Que fas esta noite? 348 00:35:17,163 --> 00:35:18,003 Non moito. 349 00:35:19,603 --> 00:35:20,443 Ai, non? 350 00:35:22,363 --> 00:35:23,883 Nada que teñas que saber. 351 00:35:25,243 --> 00:35:26,323 Que significa iso? 352 00:35:28,763 --> 00:35:29,683 É broma. 353 00:35:35,803 --> 00:35:36,643 Que foi? 354 00:35:40,843 --> 00:35:43,523 Perdoa. Nada, todo ben. 355 00:35:57,523 --> 00:35:59,083 {\an8}Ti es todo para min, Anna. 356 00:36:01,323 --> 00:36:03,163 {\an8}Nunca quixen a ninguén antes. 357 00:36:05,083 --> 00:36:06,243 {\an8}Quero que o saibas. 358 00:36:10,403 --> 00:36:11,483 {\an8}Eu tamén te quero. 359 00:36:13,803 --> 00:36:16,203 {\an8}Pásao ben na despedida, se che deixan. 360 00:36:39,323 --> 00:36:41,963 Aquí o está. Uns tragos polo afortunado! 361 00:36:41,963 --> 00:36:43,923 - Veña. - Dálle, logo. 362 00:36:43,923 --> 00:36:45,763 Baixádeas. Aí van. 363 00:36:46,523 --> 00:36:47,403 Outra máis. 364 00:36:47,403 --> 00:36:49,723 Dígoche unha cousa. Ten moita sorte. 365 00:36:49,723 --> 00:36:50,643 Jay! 366 00:36:51,243 --> 00:36:52,083 Papá! 367 00:36:53,963 --> 00:36:54,803 Viñeches. 368 00:36:56,243 --> 00:36:58,803 - Tómalle unha. - Que tal? 369 00:36:58,803 --> 00:37:00,323 - Un trago? - Non. 370 00:37:00,323 --> 00:37:02,163 É a despedida do teu fillo. 371 00:37:02,163 --> 00:37:03,963 - Ai, si? - Si, ten que ser. 372 00:37:03,963 --> 00:37:05,363 Iso é. Veña. 373 00:37:07,963 --> 00:37:08,923 Moi ben. 374 00:37:08,923 --> 00:37:11,963 William, algún consello para el antes de casar? 375 00:37:11,963 --> 00:37:14,043 Consellos de pai para a lúa de mel? 376 00:37:14,043 --> 00:37:16,923 Ninguén precisa a miña opinión sobre iso. 377 00:37:16,923 --> 00:37:19,163 - Ponse encarnado! - Estou encarnado? 378 00:37:19,163 --> 00:37:21,243 - Si. - Rapaces! 379 00:37:21,843 --> 00:37:22,763 Por Jay e Anna. 380 00:37:22,763 --> 00:37:24,323 Por Jay e Anna! 381 00:37:29,403 --> 00:37:31,163 - Convido eu. - Grazas. 382 00:37:33,563 --> 00:37:34,443 Pásalo ben? 383 00:37:35,163 --> 00:37:39,123 - Pois algo nervioso, papá. - Normal. É un gran paso. 384 00:37:44,523 --> 00:37:46,003 Tes dúbidas? 385 00:37:50,243 --> 00:37:51,083 O que pasa 386 00:37:52,563 --> 00:37:55,243 é que Anna sempre garda algo para ela, sabes? 387 00:37:56,803 --> 00:37:58,283 É unha muller complicada. 388 00:38:02,883 --> 00:38:03,723 Cóntame. 389 00:38:05,563 --> 00:38:07,683 Ela cría que eu non daba aguantado. 390 00:38:09,043 --> 00:38:09,883 E dás ou non? 391 00:38:12,563 --> 00:38:13,523 Creo que si. 392 00:38:20,363 --> 00:38:22,203 O matrimonio non vai ser doado. 393 00:38:25,643 --> 00:38:30,963 Anna vaiche presentar desafíos para os que non estás preparado. 394 00:38:33,043 --> 00:38:34,643 Que me estás contando? 395 00:38:36,683 --> 00:38:39,323 - Quérote ver feliz. - Estasme preocupando. 396 00:38:41,603 --> 00:38:43,163 - Que pasa aquí? - Nada. 397 00:38:43,163 --> 00:38:45,803 Para min é moi importante, sabes? 398 00:38:46,683 --> 00:38:49,523 Ver un fillo comezar unha nova etapa da súa vida. 399 00:38:50,963 --> 00:38:52,803 - Estame saíndo mal, non? - Non. 400 00:38:52,803 --> 00:38:56,883 Debo ser eu. Só intento entender que pasa. 401 00:39:01,403 --> 00:39:02,243 Mira... 402 00:39:04,323 --> 00:39:06,323 ningún de nós sabe que pasará. 403 00:39:08,203 --> 00:39:11,323 Se cadra só precisamos aprender a amar as preguntas. 404 00:39:15,843 --> 00:39:17,003 Onde oíches iso? 405 00:39:20,643 --> 00:39:22,043 É dun poema, non é? 406 00:39:24,123 --> 00:39:26,923 Marcho. Pasádeo ben. Despídeme dos rapaces. 407 00:41:12,963 --> 00:41:15,603 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa