1 00:01:17,043 --> 00:01:18,443 - Mamá. - Ola, cariño. 2 00:01:19,043 --> 00:01:20,443 Sabes onde vai papá? 3 00:01:59,563 --> 00:02:00,603 Estás ben? 4 00:02:04,483 --> 00:02:05,483 Jay, cariño! 5 00:02:08,163 --> 00:02:09,163 Que pasa? 6 00:02:15,323 --> 00:02:16,283 Jay? 7 00:03:15,003 --> 00:03:15,963 Jay. 8 00:03:18,163 --> 00:03:19,603 Jay. 9 00:03:19,603 --> 00:03:21,003 Jay! 10 00:03:35,003 --> 00:03:36,683 Ai, non. Jay! 11 00:04:17,083 --> 00:04:18,563 Vou chamar a alguén. 12 00:05:00,483 --> 00:05:02,163 A prometida do seu fillo? 13 00:05:20,883 --> 00:05:21,843 Por favor, mamá. 14 00:05:26,083 --> 00:05:29,283 Non. Veña, para. Para! 15 00:05:30,443 --> 00:05:32,523 Por favor, mamá. Para! 16 00:05:33,683 --> 00:05:34,523 Para! 17 00:05:38,763 --> 00:05:39,603 Papá. 18 00:05:50,603 --> 00:05:51,563 É certo? 19 00:06:01,083 --> 00:06:02,603 Que nos fixeches? 20 00:06:04,243 --> 00:06:06,523 - Que hostia fixeches? - Sally, para. 21 00:06:08,043 --> 00:06:08,883 Para. 22 00:06:09,723 --> 00:06:10,563 Déixanos. 23 00:06:20,923 --> 00:06:21,763 Ingrid. 24 00:06:29,323 --> 00:06:30,283 Chamoume. 25 00:06:34,643 --> 00:06:36,643 Chamoume, xusto antes. 26 00:06:39,763 --> 00:06:42,363 Debía saber o que ía atopar. 27 00:06:44,683 --> 00:06:45,883 Síntoo moito. 28 00:06:49,163 --> 00:06:50,603 Ti sentes hostias. 29 00:06:56,283 --> 00:06:57,883 Ti que pensabas que era? 30 00:06:59,043 --> 00:07:00,443 Algún tipo de amor? 31 00:07:04,843 --> 00:07:06,603 Era o noso fillo! 32 00:07:08,523 --> 00:07:10,763 Mira o que lle roubaches. 33 00:07:11,803 --> 00:07:13,323 E a min! 34 00:07:13,843 --> 00:07:16,483 Roubáchesmo! 35 00:07:20,123 --> 00:07:22,443 Ingrid! Non! Para! 36 00:07:22,963 --> 00:07:24,483 Por favor, para. 37 00:07:24,483 --> 00:07:26,563 Roubáchesme o fillo! 38 00:08:07,523 --> 00:08:09,963 Cando viches que estabas perdido por ela, 39 00:08:13,443 --> 00:08:15,243 debícheste matar. 40 00:08:19,683 --> 00:08:21,723 Eu enterrábate e seguía vivindo. 41 00:08:45,643 --> 00:08:50,003 O teu fillo pasou a vida tentando imitarte, cando... 42 00:08:53,483 --> 00:08:59,163 cando a súa mellor calidade era ser totalmente distinto a ti. 43 00:09:00,883 --> 00:09:03,283 Pero hoxe sentaraste connosco. 44 00:10:03,083 --> 00:10:05,683 Grazas a todos. Unhas breves palabras. 45 00:10:07,563 --> 00:10:09,643 A morte non é nada, 46 00:10:10,763 --> 00:10:12,203 non conta. 47 00:10:12,843 --> 00:10:15,323 Só fuxín para o cuarto do lado. 48 00:10:16,003 --> 00:10:17,363 Non pasou nada, 49 00:10:18,603 --> 00:10:21,283 todo segue exactamente igual. 50 00:10:22,043 --> 00:10:24,563 Eu son eu e ti es ti. 51 00:10:25,083 --> 00:10:30,923 E a vida feliz que levabamos xuntos segue igual, intacta. 52 00:10:32,003 --> 00:10:35,443 Fósemos o que fósemos un para o outro, seguimos igual. 53 00:10:52,003 --> 00:10:53,563 Síntoo moitísimo. 54 00:10:59,443 --> 00:11:01,443 Pasei polo que vós pasades agora. 55 00:11:02,843 --> 00:11:04,403 Cando Aston se suicidou. 56 00:11:07,123 --> 00:11:07,963 Non. 57 00:11:09,963 --> 00:11:11,083 Foi un accidente. 58 00:11:12,923 --> 00:11:14,523 O meu fillo non se matou. 59 00:11:16,603 --> 00:11:18,803 Iso é un pouco distinto, supoño. 60 00:11:20,243 --> 00:11:22,603 Saber que o teu fillo quixo morrer, 61 00:11:24,283 --> 00:11:25,683 iso é o máis duro. 62 00:11:27,283 --> 00:11:28,843 Nunca o dei superado. 63 00:11:31,123 --> 00:11:32,323 Estabas con el, non? 64 00:11:33,523 --> 00:11:34,363 Ti víchelo. 65 00:11:46,163 --> 00:11:47,283 Onde vai Anna? 66 00:11:51,603 --> 00:11:52,443 Non sei. 67 00:11:56,243 --> 00:11:57,083 Supoño 68 00:11:58,683 --> 00:12:00,443 que deixaría unha nota 69 00:12:01,043 --> 00:12:02,003 ou algo. 70 00:12:03,363 --> 00:12:04,723 Que ía deixar! 71 00:12:06,363 --> 00:12:08,363 Iso éche o que fai ela. 72 00:12:09,683 --> 00:12:10,523 O que? 73 00:12:12,243 --> 00:12:13,083 Fuxir. 74 00:12:31,443 --> 00:12:33,523 Estás esperando por ela, non estás? 75 00:12:45,803 --> 00:12:49,043 Xa vexo que che son totalmente indiferente. 76 00:12:55,203 --> 00:12:58,123 Iso vaime dar moita forza. 77 00:13:07,803 --> 00:13:10,243 Esta é a última vez que nos vemos. 78 00:13:21,003 --> 00:13:21,923 Comprendo. 79 00:13:28,123 --> 00:13:29,763 Lárgate xa! 80 00:14:16,683 --> 00:14:17,523 Anna. 81 00:14:19,763 --> 00:14:22,523 Dime que estás ben. Só che pido iso. 82 00:14:29,163 --> 00:14:30,083 Necesítote. 83 00:14:33,203 --> 00:14:34,283 Onde estás? 84 00:14:40,963 --> 00:14:41,923 Anna! 85 00:14:45,723 --> 00:14:47,643 Teño unha cita con Peggy Graham. 86 00:14:47,643 --> 00:14:48,963 - No quinto. - Grazas. 87 00:14:48,963 --> 00:14:50,723 - Vou avisar. - Búscoa eu. 88 00:14:53,603 --> 00:14:56,363 - Peggy. Onde está? - Non pode entrar así. 89 00:14:56,363 --> 00:14:58,763 - Onde vai Anna? - Que fas aquí? Toleaches? 90 00:14:58,763 --> 00:14:59,763 Dimo! 91 00:15:03,123 --> 00:15:03,963 Por favor. 92 00:15:27,883 --> 00:15:30,443 Pero tes que volver ao traballo tan axiña? 93 00:15:31,163 --> 00:15:33,723 Non lles importará se lles pides máis tempo. 94 00:15:35,923 --> 00:15:37,643 Máis tempo non cambia nada. 95 00:15:39,203 --> 00:15:40,283 Necesito volver. 96 00:15:48,563 --> 00:15:49,403 Anna. 97 00:15:51,243 --> 00:15:52,163 Estás ben? 98 00:15:57,363 --> 00:15:58,203 Si. 99 00:16:07,563 --> 00:16:10,403 Xa sabes que podes estar aquí todo o que queiras. 100 00:16:11,443 --> 00:16:12,963 Gústame que esteas aquí. 101 00:16:16,203 --> 00:16:17,043 Grazas. 102 00:16:26,803 --> 00:16:29,123 Pero prométeme que foi a última vez. 103 00:16:33,203 --> 00:16:34,203 Que queres dicir? 104 00:16:36,403 --> 00:16:39,883 Puideches ter unha vida marabillosa con Jay. 105 00:16:45,523 --> 00:16:47,483 Que quere dicir "a última vez"? 106 00:16:52,563 --> 00:16:54,963 Eses pobres rapaces 107 00:16:55,923 --> 00:16:58,523 que se namoran tan perdidamente de ti. 108 00:17:00,683 --> 00:17:02,603 El non tiña nada que facer, non? 109 00:17:08,043 --> 00:17:09,523 E teu irmán tampouco. 110 00:17:11,563 --> 00:17:14,523 Aston queríate moitísimo. 111 00:17:19,003 --> 00:17:20,003 Ti sabíalo? 112 00:17:22,283 --> 00:17:23,883 Claro que o sabía. 113 00:17:25,843 --> 00:17:27,483 Erades inseparables. 114 00:17:29,643 --> 00:17:32,203 Sabíalo e non fixeches nada. 115 00:17:33,643 --> 00:17:35,003 Que ía facer eu? 116 00:17:37,723 --> 00:17:40,283 Pareciádesme felices. 117 00:17:42,923 --> 00:17:45,283 El estaba enfeitizado contigo. 118 00:17:46,523 --> 00:17:48,163 Eu era unha nena. 119 00:17:50,323 --> 00:17:54,523 Eu creo que ninguén sabería como actuar. 120 00:17:56,043 --> 00:17:58,483 Ti tiñas que impedirllo. 121 00:18:00,003 --> 00:18:03,723 Todas as noites que viña ao meu cuarto, ti debías impedirllo. 122 00:18:05,243 --> 00:18:08,203 Quen me dera poderllo impedir, pero... 123 00:18:09,003 --> 00:18:13,843 pero el estaba moi asustado e confuso... 124 00:18:13,843 --> 00:18:15,523 Tamén eu! 125 00:18:16,203 --> 00:18:17,923 Non! 126 00:18:22,723 --> 00:18:24,003 A onde vas? 127 00:18:25,043 --> 00:18:26,883 Non. Non me deixes. 128 00:18:27,683 --> 00:18:28,723 Necesítote. 129 00:18:30,723 --> 00:18:31,883 Non marches. 130 00:20:14,363 --> 00:20:15,203 Son Anna. 131 00:20:17,843 --> 00:20:18,683 David. 132 00:20:19,443 --> 00:20:20,443 Encantado. 133 00:20:25,243 --> 00:20:26,083 Entón... 134 00:20:30,363 --> 00:20:31,803 que tal as vacacións? 135 00:20:33,483 --> 00:20:35,083 - Estabas aí. - Ola, cariño. 136 00:20:40,763 --> 00:20:45,083 - Esta é Anna. Coñecémonos na piscina. - Lynnette. 137 00:20:47,603 --> 00:20:48,923 Que tal o teu cuarto? 138 00:20:50,483 --> 00:20:52,163 O noso dá ao aparcadoiro. 139 00:20:53,163 --> 00:20:54,643 Imos pór unha queixa. 140 00:20:56,483 --> 00:20:57,363 É precioso. 141 00:20:58,403 --> 00:20:59,683 É a suite nupcial. 142 00:21:00,723 --> 00:21:02,123 Onde está o afortunado? 143 00:21:03,203 --> 00:21:04,043 Non está aquí. 144 00:21:06,083 --> 00:21:09,643 Deixoute soa na lúa de mel? Que lle pasa? 145 00:21:11,163 --> 00:21:12,003 Está morto. 146 00:21:17,883 --> 00:21:18,723 Que pasou? 147 00:21:23,603 --> 00:21:27,083 Tiven unha aventura con seu pai. El cachounos e caeu. 148 00:21:31,083 --> 00:21:32,403 Caeu por culpa miña. 149 00:23:43,523 --> 00:23:44,363 Espera. 150 00:23:45,683 --> 00:23:46,523 A ver... 151 00:23:52,083 --> 00:23:53,083 Vai amodo. 152 00:23:54,083 --> 00:23:56,683 - Para! - Que? 153 00:23:59,043 --> 00:24:01,003 - Perdón. - A onde carallo vas? 154 00:24:01,003 --> 00:24:03,523 - Déixame en paz! - Ei, falo contigo. 155 00:24:55,083 --> 00:24:56,803 Non o pos fácil, non? 156 00:25:02,563 --> 00:25:03,483 Tiña que vir. 157 00:25:06,963 --> 00:25:07,803 Xa sei. 158 00:26:31,523 --> 00:26:33,123 "Decídete e faino." 159 00:26:36,123 --> 00:26:38,483 É o que meu pai me dicía sempre. 160 00:26:40,683 --> 00:26:42,203 "Queres ser cirurxián?" 161 00:26:42,923 --> 00:26:43,763 "Moi ben." 162 00:26:44,843 --> 00:26:45,843 "Persevera." 163 00:26:48,923 --> 00:26:50,643 "Queres casar con Ingrid?" 164 00:26:52,043 --> 00:26:52,883 "Fantástico." 165 00:26:54,803 --> 00:26:56,403 "É unha boa opción." 166 00:27:05,043 --> 00:27:06,563 Logo coñecíchesme a min. 167 00:27:07,963 --> 00:27:08,803 Si. 168 00:27:11,003 --> 00:27:12,683 Abrinme á incerteza. 169 00:27:17,283 --> 00:27:18,643 E mira o que pasou. 170 00:27:32,883 --> 00:27:33,963 Non creo... 171 00:27:40,243 --> 00:27:43,203 que poidamos separar o que somos do que fixemos. 172 00:27:50,163 --> 00:27:51,003 Pero 173 00:27:52,203 --> 00:27:54,443 non podemos deixar que sexa en van. 174 00:27:57,163 --> 00:27:58,843 Jay morreu por culpa nosa. 175 00:28:10,443 --> 00:28:12,123 Eu nin así cambiaría nada. 176 00:28:13,643 --> 00:28:14,963 Non te arrepintes? 177 00:28:17,523 --> 00:28:18,523 Arrepentirme? 178 00:28:24,083 --> 00:28:26,323 Causamos moitísima dor. 179 00:28:28,483 --> 00:28:29,603 Pero xa está feito. 180 00:28:32,243 --> 00:28:33,603 Eu lamento moito 181 00:28:34,443 --> 00:28:35,643 todo o que pasou. 182 00:28:40,723 --> 00:28:42,683 Pero prefería non terte coñecido. 183 00:28:57,763 --> 00:28:59,443 Non volvas buscarme. 184 00:29:22,483 --> 00:29:24,043 Parabéns pola voda. 185 00:29:43,123 --> 00:29:44,723 Xa estás en Londres? 186 00:29:47,203 --> 00:29:48,043 Vale. 187 00:29:51,123 --> 00:29:51,963 Necesítote. 188 00:29:53,883 --> 00:29:55,283 Quedamos no piso? 189 00:29:57,923 --> 00:29:58,763 Grazas. 190 00:31:34,883 --> 00:31:36,443 William, verdade? 191 00:31:36,963 --> 00:31:37,803 Si. 192 00:31:41,083 --> 00:31:43,363 A escaleira é preciosa, non é? 193 00:31:46,523 --> 00:31:49,883 É unha ocasión excepcional para comprar un destes pisos. 194 00:31:49,883 --> 00:31:53,323 Este acaba de saír ao mercado. Ten un cuarto e un baño, 195 00:31:53,323 --> 00:31:57,363 pero, cun salón tan enorme, semella máis grande, non si? 196 00:32:17,003 --> 00:32:18,683 Non podo seguir así. 197 00:32:20,643 --> 00:32:22,283 Non vou ir á de miña nai. 198 00:32:22,803 --> 00:32:24,083 Non tes que ir. 199 00:32:25,323 --> 00:32:27,083 Tes que deixar de torturarte. 200 00:32:28,083 --> 00:32:28,923 Vamos. 201 00:32:53,723 --> 00:32:55,643 Veña. Móstrolle o cuarto. 202 00:33:12,923 --> 00:33:16,843 Mentres escribo isto, ti atravesas a noite cara a min. 203 00:33:17,563 --> 00:33:19,203 Agardarei pacientemente, 204 00:33:20,723 --> 00:33:23,043 pensando nos anos que temos por diante. 205 00:33:23,763 --> 00:33:24,603 Todo ben? 206 00:33:24,603 --> 00:33:26,603 Axiña estarei casada. 207 00:33:27,803 --> 00:33:30,883 E un novo sistema rexerá o resto da nosa vida. 208 00:33:31,723 --> 00:33:33,443 Todo será diferente. 209 00:33:34,283 --> 00:33:35,963 Todo será igual. 210 00:33:37,763 --> 00:33:42,603 Durante moito tempo, atraín certas forzas que conformaron a miña vida. 211 00:33:43,843 --> 00:33:45,523 E eu deixeinas actuar. 212 00:33:47,243 --> 00:33:49,963 Ás veces sacódenme coma un furacán. 213 00:33:52,043 --> 00:33:55,083 E ás veces só removen o chan que piso. 214 00:33:56,123 --> 00:33:58,163 Eu acabo pisando outra terra 215 00:33:59,683 --> 00:34:02,123 e algo ou alguén acaba engulido. 216 00:34:04,363 --> 00:34:07,163 Pero eu sempre sobrevivo. 217 00:34:09,483 --> 00:34:13,883 Pase o que pase entre nós, eu sei que ti tamén sobrevivirás. 218 00:34:15,643 --> 00:34:17,563 Iso é o que aprendemos a facer. 219 00:34:20,243 --> 00:34:21,483 E ti terasme a min. 220 00:34:23,003 --> 00:34:24,043 Infinitamente. 221 00:34:26,003 --> 00:34:27,483 Todo, sempre. 222 00:34:34,923 --> 00:34:37,123 Foi un ano moi duro. 223 00:34:37,923 --> 00:34:40,403 Mellor dito, moito máis dun ano. 224 00:34:43,083 --> 00:34:45,123 Empezo polo principio? 225 00:34:45,803 --> 00:34:47,963 - Empeza por onde queiras. - Vale. 226 00:34:48,923 --> 00:34:52,243 Nunca fixen isto, así que non coñezo as regras. 227 00:34:52,243 --> 00:34:53,843 Sería útil ter regras? 228 00:34:56,683 --> 00:34:57,523 Como? 229 00:34:58,923 --> 00:35:00,643 Paréceche que as precisas? 230 00:35:10,763 --> 00:35:11,803 Que raro! 231 00:36:10,003 --> 00:36:12,643 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa