1
00:00:24,875 --> 00:00:26,666
Os rapaces imítanse a min.
2
00:00:27,375 --> 00:00:28,416
Cal e Aron.
3
00:00:29,666 --> 00:00:30,791
Non che parece?
4
00:00:31,875 --> 00:00:34,000
Creo que saen ao pai.
5
00:00:34,083 --> 00:00:35,791
Ou debería dicir pais?
6
00:00:36,583 --> 00:00:38,375
Non sexas impertinente.
7
00:00:40,125 --> 00:00:41,958
Son guapos coma ti.
8
00:00:42,458 --> 00:00:43,833
Iso hai que recoñecelo.
9
00:00:45,750 --> 00:00:47,375
Como era, talvez.
10
00:00:48,666 --> 00:00:51,666
O colorete e a maquillaxe
xa non serven de moito.
11
00:00:52,375 --> 00:00:56,541
Estás igual ca o día
en que chegaches a rastro ao noso portal.
12
00:00:58,583 --> 00:01:02,083
Sabes o que sempre apreciei de ti?
13
00:01:02,166 --> 00:01:03,250
A túa sinceridade.
14
00:01:04,875 --> 00:01:06,916
Supoño que nos recoñecemos.
15
00:01:13,000 --> 00:01:14,666
A miña beleza non esmoreceu.
16
00:01:15,416 --> 00:01:16,791
Aínda me queda tempo.
17
00:01:18,333 --> 00:01:19,541
Tempo para que?
18
00:01:30,875 --> 00:01:32,875
Cando te vas retirar?
19
00:01:34,458 --> 00:01:36,083
Traballaches moito.
20
00:01:37,375 --> 00:01:39,125
Mereces descansar.
21
00:01:41,958 --> 00:01:43,625
Cando teña cartos abondos.
22
00:01:45,333 --> 00:01:47,125
Non agardes moito.
23
00:01:47,750 --> 00:01:49,458
Non vaias acabar coma Faye.
24
00:01:51,791 --> 00:01:55,791
Sabes o que dixo Ethel
cando a viu no ataúde?
25
00:01:55,875 --> 00:02:00,041
Dixo: "Vaites, unha rameira morta
parécese a calquera outra persoa."
26
00:02:02,416 --> 00:02:03,666
Onde está Ethel?
27
00:02:07,333 --> 00:02:11,458
Meses de busca e nin rastro dela,
ou iso di o teu home.
28
00:02:12,125 --> 00:02:16,500
Pero, cada vez que Joe vai buscala,
dáslle máis cartos.
29
00:02:17,500 --> 00:02:20,291
Por que motivo ía querer atopala?
30
00:02:23,500 --> 00:02:25,250
Apértalle as caravillas.
31
00:02:27,541 --> 00:02:29,666
Sabes como manexar os homes.
32
00:02:31,458 --> 00:02:32,791
Só lembra
33
00:02:33,791 --> 00:02:35,833
o que gardas na caixa forte.
34
00:02:37,583 --> 00:02:40,875
Os documentos dun tal Joseph Venuta,
35
00:02:40,958 --> 00:02:44,625
prófugo de San Quentin
cunha sentenza por roubo.
36
00:02:57,500 --> 00:03:03,916
SÉTIMA PARTE
TIMSHEL
37
00:03:31,791 --> 00:03:34,916
{\an8}XUÑO, 1917
38
00:03:40,333 --> 00:03:41,750
Canta xente hoxe.
39
00:03:43,375 --> 00:03:45,916
Case o dobre de voluntarios do mes pasado.
40
00:03:46,708 --> 00:03:47,958
Moito mozo afouto.
41
00:03:49,583 --> 00:03:50,791
Como pode comer?
42
00:03:51,333 --> 00:03:52,458
Teño fame.
43
00:03:52,541 --> 00:03:56,333
Eu síntome como a morte,
pero cun selo en vez dunha gadaña.
44
00:03:56,416 --> 00:03:58,541
Non pode cargar co peso da guerra.
45
00:03:59,250 --> 00:04:01,625
Somos membros da xunta de recrutamento.
46
00:04:01,708 --> 00:04:02,916
É unha honra.
47
00:04:03,416 --> 00:04:06,958
Non ditamos sentenzas de morte.
Talvez non cheguen a loitar.
48
00:04:07,041 --> 00:04:10,333
Aceptei o fillo do xuíz Kendall
e morreu na instrución.
49
00:04:13,000 --> 00:04:16,125
Eu dei en pensar
como sería admitir os meus fillos.
50
00:04:16,208 --> 00:04:17,458
Eu renunciaría.
51
00:04:18,166 --> 00:04:20,541
Un está tentado de rexeitar os seus.
52
00:04:21,041 --> 00:04:24,791
Non, eu renunciaría
porque non podería rexeitalos.
53
00:04:26,125 --> 00:04:28,750
Un non pode alistar o resto
e librar os seus.
54
00:04:33,708 --> 00:04:34,708
Boh...
55
00:04:35,375 --> 00:04:38,666
Cando os nosos mozos teñan idade,
xa non haberá guerra.
56
00:04:38,750 --> 00:04:40,791
Déixello ás nosas tropas.
57
00:04:41,291 --> 00:04:44,375
Un dos nosos vale
por 10 ou 20 estranxeiros.
58
00:04:48,708 --> 00:04:50,625
Xa saíu do exame?
59
00:04:50,708 --> 00:04:51,583
Non.
60
00:04:55,916 --> 00:04:57,208
Que les?
61
00:04:59,375 --> 00:05:01,458
- Sobre o prezo dos feixóns.
- Ah.
62
00:05:09,833 --> 00:05:10,708
Abra!
63
00:05:14,125 --> 00:05:15,000
Entón?
64
00:05:16,375 --> 00:05:18,625
Pois... aprobei.
65
00:05:20,666 --> 00:05:22,291
Que che parece, Cal?
66
00:05:22,375 --> 00:05:26,541
Estaba a piques de marchar
cando O'Leary me tendeu a man e dixo:
67
00:05:26,625 --> 00:05:30,000
"Déixanos ben en Stanford."
Gradúome a semana que vén.
68
00:05:30,083 --> 00:05:32,541
Meu pai invítanos a cear esta noite.
69
00:05:32,625 --> 00:05:34,833
- Sabía que aprobaría?
- Coma todos.
70
00:05:34,916 --> 00:05:38,416
- Cando llo dirás ao noso?
- Ao chegar á casa, supoño.
71
00:05:38,500 --> 00:05:40,625
Oxalá estivese para verlle a cara.
72
00:05:40,708 --> 00:05:42,000
E logo? A onde vas?
73
00:05:42,083 --> 00:05:43,250
Teño unha reunión.
74
00:05:43,333 --> 00:05:45,458
Unha reunión de que?
75
00:05:45,541 --> 00:05:47,250
Tranquila, ten un segredo.
76
00:05:47,333 --> 00:05:49,083
Podería sacarllo, seguro.
77
00:05:49,166 --> 00:05:50,958
Non mo contou nin a min.
78
00:05:51,041 --> 00:05:53,083
Cal. Aron. A cear!
79
00:05:53,916 --> 00:05:57,708
Se morre un mozo que recruto,
son responsable?
80
00:05:58,416 --> 00:05:59,958
Ofrécense voluntarios.
81
00:06:00,041 --> 00:06:02,625
Pero non saben para que. Non poden.
82
00:06:03,625 --> 00:06:05,875
Cal, vai polo teu irmán.
83
00:06:05,958 --> 00:06:09,500
Creo que Aron cea
coa familia de Abra nun restaurante.
84
00:06:10,000 --> 00:06:12,958
Non me dixo nada.
Fixen sopa de cabaza branca.
85
00:06:13,458 --> 00:06:17,875
Non me esquece a última vez
que Sam Hamilton foi á quinta.
86
00:06:17,958 --> 00:06:21,458
Falamos dunha palabra da Biblia.
Caín e Abel, lémbralo?
87
00:06:21,541 --> 00:06:22,583
Sobre a elección.
88
00:06:22,666 --> 00:06:24,000
- Timshel.
- Timshel.
89
00:06:24,708 --> 00:06:26,166
- Exacto.
- Iso que é?
90
00:06:27,166 --> 00:06:30,750
É unha palabra hebrea
que significa "podes".
91
00:06:31,250 --> 00:06:34,125
Outórgalle ao home capacidade de elección,
92
00:06:34,208 --> 00:06:37,541
o dereito a ser un mesmo,
distinto de todos os demais.
93
00:06:39,666 --> 00:06:40,833
Parece senlleiro.
94
00:06:42,375 --> 00:06:44,208
Coma moitas cousas importantes.
95
00:06:44,708 --> 00:06:46,833
- Collinche colonia.
- Xa o cheiro.
96
00:06:46,916 --> 00:06:49,000
Aron, fixen o teu prato favorito.
97
00:06:49,083 --> 00:06:51,125
Gardádeme algo. Tómoo despois.
98
00:06:52,875 --> 00:06:54,500
Non podía tomar unha cunca?
99
00:06:54,583 --> 00:06:57,416
Normal que queira celebrar.
Esforzouse moito.
100
00:06:57,500 --> 00:06:59,041
Celebrar o que?
101
00:07:03,375 --> 00:07:04,208
Que pasa?
102
00:07:04,791 --> 00:07:08,458
Aprobou o exame de acceso.
Gradúase un ano antes.
103
00:07:10,833 --> 00:07:11,958
Non llo dixo?
104
00:07:14,416 --> 00:07:16,250
Ai, si, as probas.
105
00:07:16,750 --> 00:07:18,833
Contoumo esta mañá. Ben feito.
106
00:07:21,541 --> 00:07:23,041
Esta mañá non o sabía.
107
00:07:26,750 --> 00:07:27,708
Desculpade.
108
00:07:37,625 --> 00:07:39,625
Gustouche a costeleta, irmán?
109
00:07:40,791 --> 00:07:42,458
Como puideches facerlle iso?
110
00:07:43,958 --> 00:07:45,208
Grazas por agardares.
111
00:07:45,291 --> 00:07:48,541
Avergoñaches o teu pai.
Foi o último en sabelo.
112
00:07:48,625 --> 00:07:52,208
Non sei que tanto te enfadas.
Por unha vez es o fillo bo.
113
00:07:52,291 --> 00:07:53,125
Gózao.
114
00:07:53,750 --> 00:07:54,583
Cal!
115
00:07:55,958 --> 00:07:56,833
Vai á cama.
116
00:08:01,833 --> 00:08:04,416
- Non significa nada para ti, non?
- Cal!
117
00:08:13,208 --> 00:08:14,541
A que vén o anoxo?
118
00:08:14,625 --> 00:08:16,625
Non fagas o parvo. Non che acae.
119
00:08:18,708 --> 00:08:21,333
Non llo contar a teu pai foi cruel.
120
00:08:22,708 --> 00:08:24,625
Espero máis de ti.
121
00:08:27,166 --> 00:08:28,166
Estou farto.
122
00:08:28,666 --> 00:08:29,583
De que?
123
00:08:32,208 --> 00:08:36,416
Meu pai non ten logros de seu,
e pon as súas esperanzas en min.
124
00:08:38,375 --> 00:08:40,333
Isto é mérito meu.
125
00:08:40,833 --> 00:08:41,833
Esforceime moito.
126
00:08:42,333 --> 00:08:43,708
Por que hei compartilo?
127
00:08:43,791 --> 00:08:47,291
Cando sobran as beizóns,
podemos ser xenerosos.
128
00:08:54,416 --> 00:08:58,041
Esixiríame sempre tanto meu pai
de estar aquí miña nai?
129
00:09:06,250 --> 00:09:07,416
Vai onda el.
130
00:09:07,500 --> 00:09:09,166
Déixao sentirse orgulloso.
131
00:09:18,333 --> 00:09:19,291
Meu pai...
132
00:09:21,916 --> 00:09:23,916
aprobei o exame de acceso.
133
00:09:24,583 --> 00:09:27,791
En Leland Stanford teñen praza
para min no outono.
134
00:09:28,291 --> 00:09:31,458
A matrícula é gratis,
só pagarei aloxamento e comida.
135
00:09:36,208 --> 00:09:37,125
Ven aquí.
136
00:09:48,541 --> 00:09:50,583
Cando eu tiña a túa idade,
137
00:09:51,875 --> 00:09:53,000
marchei da casa.
138
00:09:54,708 --> 00:09:56,541
E tardei moito en volver.
139
00:09:57,041 --> 00:09:58,000
Demasiado.
140
00:10:01,875 --> 00:10:02,750
Espero...
141
00:10:04,000 --> 00:10:09,708
Espero que ti sintas
que tes un fogar ao que volver.
142
00:10:17,833 --> 00:10:20,125
Era de meu pai. Agora é teu.
143
00:10:21,916 --> 00:10:23,375
Un home ha saber a hora.
144
00:10:39,333 --> 00:10:43,500
{\an8}OUTUBRO, 1917
145
00:10:44,250 --> 00:10:45,083
"Querida Abra:
146
00:10:45,625 --> 00:10:48,375
Esperaba atopar o meu sitio aquí
entre colegas,
147
00:10:49,166 --> 00:10:54,333
pero en Stanford non hai
máis ca mozos de pantalóns sucios
148
00:10:54,416 --> 00:10:57,458
decididos a aprender
os pequenos vicios dos pais."
149
00:11:00,791 --> 00:11:02,375
Parece moi infeliz.
150
00:11:02,875 --> 00:11:05,958
É moi esixente,
consigo mesmo e cos demais.
151
00:11:06,041 --> 00:11:08,041
Iso pode complicar a vida.
152
00:11:08,833 --> 00:11:11,625
Ás veces, dáme medo ser pouco para el.
153
00:11:12,708 --> 00:11:14,208
Por que o dis?
154
00:11:16,250 --> 00:11:20,250
Nas súas cartas,
é coma se non me escribise a min.
155
00:11:21,166 --> 00:11:24,250
Coma se inventase alguén
e lle puxese a miña pel.
156
00:11:28,166 --> 00:11:31,000
E como é a súa Abra inventada?
157
00:11:31,583 --> 00:11:32,416
Pura.
158
00:11:33,916 --> 00:11:35,166
E nada máis.
159
00:11:36,416 --> 00:11:37,875
Sen falla algunha.
160
00:11:38,958 --> 00:11:40,208
Eu non son así.
161
00:11:40,291 --> 00:11:41,208
Ninguén o é.
162
00:11:42,875 --> 00:11:45,416
E se ve algo en min que non é tan bo?
163
00:11:46,208 --> 00:11:49,041
E se me enfado? Ou cheiro mal?
164
00:11:50,750 --> 00:11:53,416
Acho que, como nunca coñeceu a nai,
165
00:11:53,500 --> 00:11:56,583
imaxinouna con todo o bo que existe.
166
00:11:57,083 --> 00:11:58,625
E verteu ese ideal en min.
167
00:11:59,333 --> 00:12:00,916
E queres quitar ese peso.
168
00:12:01,666 --> 00:12:05,000
Non sería mellor?
Arriscarme e ser eu mesma?
169
00:12:05,083 --> 00:12:08,416
Pregúntasllo a un covarde.
Non son o máis indicado.
170
00:12:10,833 --> 00:12:14,083
Cres que me poden querer polo que son?
171
00:12:17,666 --> 00:12:20,625
- Sabes o que me gustaría?
- Que non falase tanto?
172
00:12:23,500 --> 00:12:25,208
Que foses filla miña.
173
00:12:31,208 --> 00:12:32,541
Oxalá foses o meu pai.
174
00:12:43,208 --> 00:12:44,791
- Está meu pai?
- Non.
175
00:12:45,291 --> 00:12:46,166
Ben.
176
00:12:46,958 --> 00:12:47,833
Para ti.
177
00:12:53,291 --> 00:12:56,083
- Non pedira intereses.
- Mellor así.
178
00:12:57,208 --> 00:12:59,125
Poida que chos volva pedir.
179
00:12:59,625 --> 00:13:00,958
De que falas?
180
00:13:01,041 --> 00:13:02,958
Ven en Acción de Grazas e verás.
181
00:13:03,458 --> 00:13:05,083
E logo? Que pasa ese día?
182
00:13:05,875 --> 00:13:08,458
Non é nada persoal.
Nós tampouco o sabemos.
183
00:13:08,541 --> 00:13:10,250
Baixa os pés.
184
00:13:10,750 --> 00:13:13,041
Debería marchar. Espérame a miña nai.
185
00:13:13,125 --> 00:13:14,333
Cal, acompáñaa.
186
00:13:14,916 --> 00:13:15,958
Non fai falta.
187
00:13:16,041 --> 00:13:17,416
Faise de noite. Cal!
188
00:13:17,500 --> 00:13:18,583
De acordo.
189
00:13:34,125 --> 00:13:34,958
Cal...
190
00:13:36,541 --> 00:13:37,791
Aron está ben?
191
00:13:38,750 --> 00:13:40,958
Nas cartas parece cambiado.
192
00:13:43,833 --> 00:13:46,208
Non me fales das vosas cartas de amor.
193
00:13:51,750 --> 00:13:52,791
É certo?
194
00:13:53,666 --> 00:13:55,375
O que din de ti?
195
00:13:57,250 --> 00:13:58,458
Que din?
196
00:13:59,458 --> 00:14:00,583
Que es malo?
197
00:14:01,666 --> 00:14:05,000
Que saes de noite
para ires a sitios malos.
198
00:14:09,041 --> 00:14:10,000
E que?
199
00:14:17,666 --> 00:14:19,208
Eu tampouco son boa.
200
00:14:23,875 --> 00:14:24,958
Estás tola.
201
00:14:25,541 --> 00:14:27,000
Non o creo.
202
00:14:30,708 --> 00:14:33,000
Tranquila, Aron fará que che pase.
203
00:14:33,500 --> 00:14:35,291
E se non quero?
204
00:14:38,791 --> 00:14:39,833
Chegaches.
205
00:14:44,083 --> 00:14:45,833
Queres que che abra a porta?
206
00:14:46,833 --> 00:14:47,708
Non.
207
00:15:07,833 --> 00:15:09,333
Sabes o que penso?
208
00:15:10,583 --> 00:15:12,541
Que estás perdendo autoridade.
209
00:15:13,041 --> 00:15:14,166
Mira para Joe.
210
00:15:14,750 --> 00:15:16,333
Flirteando coas mozas.
211
00:15:17,125 --> 00:15:18,875
Ha pensar que o xefe é el.
212
00:15:19,500 --> 00:15:22,291
Seguro que tamén che rouba.
213
00:15:23,125 --> 00:15:24,625
Collendo aos poucos.
214
00:15:26,208 --> 00:15:28,916
Es a madama desta casa ou non?
215
00:15:32,375 --> 00:15:33,208
Joe.
216
00:15:34,250 --> 00:15:35,166
Vamos falar.
217
00:15:43,916 --> 00:15:46,416
- Estás a perder o control.
- Quen o di?
218
00:15:47,875 --> 00:15:49,708
Tes que manter as mozas á raia.
219
00:15:49,791 --> 00:15:52,750
Se non podo contar contigo,
busco outra persoa.
220
00:15:53,333 --> 00:15:54,541
E vostede?
221
00:15:55,458 --> 00:15:58,583
Metida no cuarto, a escoitar o fonógrafo.
222
00:15:59,333 --> 00:16:01,333
Cando saíu da casa por última vez?
223
00:16:01,416 --> 00:16:03,625
Ten as mozas por aí coma recadeiras.
224
00:16:03,708 --> 00:16:06,958
- Porque non estás.
- Estaba ocupado co outro.
225
00:16:07,041 --> 00:16:08,916
- O que?
- Ethel.
226
00:16:10,250 --> 00:16:12,125
Pois talvez deberías deixalo.
227
00:16:12,208 --> 00:16:14,833
Non traes novidades.
Estragas tempo e cartos.
228
00:16:14,916 --> 00:16:18,291
Pois a semana pasada
descubrín algo en Santa Cruz.
229
00:16:18,375 --> 00:16:21,125
Vaia, que cousas.
Por que non o dixeches antes?
230
00:16:21,208 --> 00:16:22,708
Non parecía importante.
231
00:16:23,208 --> 00:16:26,125
Pero un home dixo
que vira a Ethel había un mes.
232
00:16:26,208 --> 00:16:29,208
E que ela insistía
en que había volver a Salinas.
233
00:16:29,791 --> 00:16:31,375
Porque tiña probas.
234
00:16:32,375 --> 00:16:36,791
O tipo non a viu máis
e pensou que volvera por aquí.
235
00:16:39,125 --> 00:16:43,291
Ía seguir a pista,
pero podo deixalo estar se quere.
236
00:16:49,333 --> 00:16:50,166
Joe...
237
00:16:52,666 --> 00:16:56,333
Que parvada. Foi todo un malentendido.
238
00:16:56,916 --> 00:17:00,958
Ethel non roubou os cen dólares.
En realidade, nunca roubou nada.
239
00:17:02,750 --> 00:17:03,750
Coitada.
240
00:17:04,791 --> 00:17:06,791
Gustaríame compensala.
241
00:17:06,875 --> 00:17:11,000
Podes indagar?
242
00:17:11,791 --> 00:17:12,750
Traela?
243
00:17:12,833 --> 00:17:14,625
Custará máis.
244
00:17:16,875 --> 00:17:18,416
Colle o que necesites.
245
00:17:30,708 --> 00:17:32,416
Quen engana a quen aquí?
246
00:17:33,666 --> 00:17:36,083
Vaslle seguir dando cartos?
247
00:17:38,875 --> 00:17:42,583
Que queres?
Ethel non pode ir falando por aí.
248
00:17:42,666 --> 00:17:44,625
Que farás cando a atope?
249
00:17:44,708 --> 00:17:47,708
Retirarme antes, talvez. Marchar ao leste.
250
00:17:48,375 --> 00:17:49,333
A Nova York.
251
00:17:49,416 --> 00:17:51,291
E Ethel?
252
00:17:54,083 --> 00:17:56,291
Que veña comigo e sexa a miña criada.
253
00:17:59,791 --> 00:18:04,166
Se cadra, merco unha casa grande
e múdome a onde ninguén me coñeza.
254
00:18:04,250 --> 00:18:07,916
- Unha nova vida.
- E todo irá ben ata que comece a falar.
255
00:18:08,416 --> 00:18:10,125
Debes eliminar o risco.
256
00:18:10,208 --> 00:18:11,333
Iso intento.
257
00:18:11,416 --> 00:18:14,041
Atoparás a Ethel e acabarás con ela.
258
00:18:14,125 --> 00:18:14,958
Estamos?
259
00:18:15,041 --> 00:18:17,250
Non me digas o que teño que facer.
260
00:18:17,333 --> 00:18:20,625
Non cumpro ordes túas
nin de ningún outro home!
261
00:18:26,250 --> 00:18:27,208
Cathy...
262
00:18:30,541 --> 00:18:33,083
Ti sabes que estás a falar soa, non?
263
00:18:39,166 --> 00:18:40,666
Ou esquecérache?
264
00:18:46,125 --> 00:18:47,041
Ai, non.
265
00:19:03,500 --> 00:19:05,625
Que vas facer, logo?
266
00:19:09,750 --> 00:19:11,250
Eliminar o risco.
267
00:19:13,541 --> 00:19:14,791
Esa é a miña Cathy.
268
00:19:22,375 --> 00:19:24,333
Vamos ver canto cambiou.
269
00:19:24,958 --> 00:19:26,750
Só foron un par de meses.
270
00:19:27,250 --> 00:19:28,625
Cría que non chegaba.
271
00:19:28,708 --> 00:19:29,625
Abra!
272
00:19:33,833 --> 00:19:34,791
Mira para ti.
273
00:19:35,291 --> 00:19:37,041
- Benvindo.
- Que ben te vexo.
274
00:19:37,125 --> 00:19:38,500
Grazas, meu pai.
275
00:19:39,875 --> 00:19:41,000
Lévase así.
276
00:19:41,083 --> 00:19:43,250
- Saúda o teu irmán.
- Ola, irmán.
277
00:19:43,333 --> 00:19:44,291
Veña.
278
00:19:44,375 --> 00:19:45,833
Medrou.
279
00:19:45,916 --> 00:19:47,958
Vamos. Que ben estar de volta.
280
00:19:51,333 --> 00:19:53,125
Pecha. Pode entrar o noso pai.
281
00:19:53,666 --> 00:19:56,833
Regalos? Non é Nadal. Que tes aí?
282
00:19:58,250 --> 00:19:59,625
Que tes aí?
283
00:20:01,166 --> 00:20:02,291
Veralo mañá.
284
00:20:03,625 --> 00:20:05,083
Cantos segredos.
285
00:20:10,583 --> 00:20:13,166
Todo parece distinto
cando pasas tempo fóra.
286
00:20:15,458 --> 00:20:16,541
Iso non cho sei.
287
00:20:22,583 --> 00:20:26,208
Que pensaría o noso pai
se lle digo que non quero volver?
288
00:20:27,125 --> 00:20:28,041
Que che pasa?
289
00:20:28,541 --> 00:20:29,416
É só que...
290
00:20:30,416 --> 00:20:32,541
Non é o que esperaba.
291
00:20:33,041 --> 00:20:34,166
Cal é o teu plan?
292
00:20:35,791 --> 00:20:38,583
Sabes a túa idea de levar a quinta?
293
00:20:40,041 --> 00:20:41,416
Iso non dá diñeiro.
294
00:20:41,500 --> 00:20:43,083
Non quero moito.
295
00:20:43,583 --> 00:20:45,041
Propóñoche algo.
296
00:20:45,125 --> 00:20:48,625
Se segues estudando,
podo montar un negocio para nós.
297
00:20:48,708 --> 00:20:52,208
Así, ao rematares, podemos ser socios.
298
00:20:52,291 --> 00:20:55,208
E se o facemos xa?
Por que teño que rematar?
299
00:20:56,125 --> 00:20:57,708
Para contentar o noso pai.
300
00:21:00,416 --> 00:21:01,750
É a miña vida.
301
00:21:03,625 --> 00:21:05,000
Non penso volver.
302
00:21:06,041 --> 00:21:08,000
Aron, os tempos cambiaron.
303
00:21:08,500 --> 00:21:11,875
Sen especialización non es nada.
É importante estudar.
304
00:21:11,958 --> 00:21:14,958
Pero nin sequera sei
en que quero especializarme.
305
00:21:15,041 --> 00:21:19,083
Por iso vas á universidade,
para descubrir o que che interesa.
306
00:21:19,166 --> 00:21:21,250
Ves? Xa é unha decisión acertada.
307
00:21:21,333 --> 00:21:24,333
Como sabe que é acertada
se non probei nada máis?
308
00:21:24,416 --> 00:21:26,375
Sabes a sorte que tes?
309
00:21:26,458 --> 00:21:29,250
Falan de baixar
a idade de recrutamento aos 18.
310
00:21:29,333 --> 00:21:31,833
Poderían obrigarte a deixar os estudos e...
311
00:21:31,916 --> 00:21:33,166
Vin canto antes.
312
00:21:33,250 --> 00:21:35,250
- Perdín algo?
- Nada.
313
00:21:35,958 --> 00:21:38,833
Falamos do valor da educación.
314
00:21:43,291 --> 00:21:44,125
Meu pai.
315
00:21:47,708 --> 00:21:48,916
Isto que é?
316
00:21:50,666 --> 00:21:51,583
Un regalo.
317
00:21:52,208 --> 00:21:53,583
Para min? Por que?
318
00:21:54,375 --> 00:21:55,208
Ábrao.
319
00:21:57,625 --> 00:21:58,791
Que será?
320
00:21:58,875 --> 00:22:01,000
Un pano da man. Non, unha gravata.
321
00:22:01,583 --> 00:22:02,666
É unha gravata.
322
00:22:07,791 --> 00:22:10,833
Foron a San Francisco
polos billetes de mil.
323
00:22:19,083 --> 00:22:20,250
De onde o sacaches?
324
00:22:21,791 --> 00:22:22,708
Gañeino.
325
00:22:23,875 --> 00:22:26,666
Para compensar o das leitugas.
326
00:22:28,791 --> 00:22:29,916
Gañáchelo?
327
00:22:30,000 --> 00:22:32,375
Merquei futuros dos feixóns
con Will Hamilton.
328
00:22:32,458 --> 00:22:36,250
O prezo disparouse pola guerra
e vendémolos por case o cuádruplo.
329
00:22:38,875 --> 00:22:41,000
Son 15 000 $.
330
00:22:41,791 --> 00:22:44,375
Son seus. Para compensar o que perdeu.
331
00:22:49,375 --> 00:22:50,583
Tes que os devolver.
332
00:22:51,916 --> 00:22:54,916
- A quen?
- Aos labregos a quen roubastes.
333
00:22:55,541 --> 00:22:59,541
Pagámoslles dous centavos máis
do prezo de mercado.
334
00:22:59,625 --> 00:23:01,416
Mando mozos á guerra.
335
00:23:02,208 --> 00:23:06,000
Asino e mándoos.
336
00:23:06,083 --> 00:23:07,666
Algúns morrerán.
337
00:23:08,166 --> 00:23:10,083
Outros sufrirán mutilacións.
338
00:23:10,166 --> 00:23:12,458
Ningún regresará ileso.
339
00:23:12,541 --> 00:23:15,916
Pensas que podería aproveitarme diso?
340
00:23:17,375 --> 00:23:20,166
Meu pai, fíxeno por vostede.
341
00:23:20,250 --> 00:23:21,916
Non o quero!
342
00:23:24,791 --> 00:23:25,791
Daquela...
343
00:23:27,375 --> 00:23:28,875
Gárdollo eu.
344
00:23:29,791 --> 00:23:30,916
- Gárdollo.
- Cal.
345
00:23:31,000 --> 00:23:33,041
- Cambiará de opinión.
- Cal.
346
00:23:33,625 --> 00:23:36,333
- Cambiará...
- Para xa. Mírame.
347
00:23:36,916 --> 00:23:38,958
Nunca quererei eses cartos.
348
00:23:41,416 --> 00:23:43,666
Sería moi feliz
349
00:23:45,041 --> 00:23:47,875
só con que me deses
o que me dá o teu irmán.
350
00:23:48,791 --> 00:23:50,333
Orgullo polo que fai.
351
00:23:50,916 --> 00:23:52,458
Alegría polo seu progreso.
352
00:23:52,541 --> 00:23:54,541
Iso non se compra con diñeiro.
353
00:23:55,041 --> 00:23:58,916
Se queres facerme un regalo,
vive unha boa vida.
354
00:24:02,125 --> 00:24:04,458
Iso é algo que podo apreciar.
355
00:24:07,083 --> 00:24:07,916
Non isto.
356
00:24:48,416 --> 00:24:49,250
Aron.
357
00:24:49,958 --> 00:24:51,500
A ti que che pasa?
358
00:24:52,666 --> 00:24:55,041
Tiñas que saber como reaccionaría.
359
00:24:57,416 --> 00:24:59,333
Pensaba que se alegraría.
360
00:24:59,416 --> 00:25:02,416
Que te alegrarías ti. Só pensabas en ti.
361
00:25:02,500 --> 00:25:07,791
Es egoísta, desconsiderado e cruel,
e logo dóeche cando se enfadan contigo.
362
00:25:07,875 --> 00:25:09,125
Pois eu fartei.
363
00:25:09,625 --> 00:25:11,916
Non te vou protexer máis.
364
00:25:14,375 --> 00:25:15,750
Protexerme ti a min?
365
00:25:17,958 --> 00:25:19,250
Acabouse, Cal.
366
00:25:20,375 --> 00:25:21,208
Está ben?
367
00:25:22,125 --> 00:25:24,500
Fartei de amañar as túas desfeitas.
368
00:25:27,875 --> 00:25:28,916
Aron, agarda.
369
00:25:31,541 --> 00:25:32,916
Quero amosarche algo.
370
00:25:33,416 --> 00:25:34,583
É tarde.
371
00:25:35,250 --> 00:25:36,125
Por favor.
372
00:25:38,791 --> 00:25:40,541
Convenche velo.
373
00:25:41,208 --> 00:25:42,041
Que é?
374
00:25:42,875 --> 00:25:43,750
Voucho amosar.
375
00:25:44,916 --> 00:25:45,791
Veña.
376
00:26:01,166 --> 00:26:03,000
- Que facemos aquí?
- Xa verás.
377
00:26:04,916 --> 00:26:06,333
Vamos á casa.
378
00:26:07,375 --> 00:26:08,208
Cal.
379
00:26:09,375 --> 00:26:10,791
Veña.
380
00:26:10,875 --> 00:26:13,083
E logo? Tes medo?
381
00:26:25,208 --> 00:26:26,791
Hai unha festa privada.
382
00:26:30,166 --> 00:26:33,083
Dígalle a Kate
que Cal e Aron Trask queren vela.
383
00:27:03,166 --> 00:27:04,083
Agardade aquí.
384
00:27:32,000 --> 00:27:33,583
Recoñeces alguén?
385
00:28:22,000 --> 00:28:23,041
Aron.
386
00:28:49,291 --> 00:28:51,125
Non!
387
00:28:57,500 --> 00:28:58,750
Abur, miña nai.
388
00:30:27,791 --> 00:30:28,708
Aron.
389
00:30:34,083 --> 00:30:34,916
Aron!
390
00:31:35,416 --> 00:31:36,666
Que dicías?
391
00:31:37,791 --> 00:31:43,666
Pois que un tipo di:
"A persoa que busca quere falar."
392
00:31:44,291 --> 00:31:46,083
Referíndose a Ethel.
393
00:31:53,416 --> 00:31:55,666
Di algo que non ten sentido.
394
00:31:55,750 --> 00:31:58,666
Pregunta: "Dille algo o nome de Faye?"
395
00:31:58,750 --> 00:32:00,458
"Nada", respóndolle eu.
396
00:32:01,125 --> 00:32:03,500
Pensei que era mellor preguntarllo.
397
00:32:04,333 --> 00:32:05,208
Kate.
398
00:32:09,000 --> 00:32:10,458
Sei que mentes.
399
00:32:11,041 --> 00:32:11,916
Que?
400
00:32:17,958 --> 00:32:20,291
Non che soa de nada Faye?
401
00:32:20,791 --> 00:32:23,333
A madama que levaba o bordel antes de min?
402
00:32:23,416 --> 00:32:25,291
Agora que o menciona, si que...
403
00:32:25,375 --> 00:32:29,833
Mentes, e o peor é que pensas
que sairás coa túa.
404
00:32:29,916 --> 00:32:31,416
Saír con que?
405
00:32:35,666 --> 00:32:37,208
Dille a Lois que veña.
406
00:32:37,291 --> 00:32:40,541
Xúrollo, esquecérame
que a vella madama se chamaba Faye.
407
00:32:40,625 --> 00:32:42,375
- Marcha.
- Eu...
408
00:32:42,458 --> 00:32:44,583
Que marches.
409
00:33:03,708 --> 00:33:04,791
Venuta.
410
00:33:06,708 --> 00:33:11,333
SHÉRIFF QUINN:
NON ESTÁ DE MÁIS...
411
00:33:13,083 --> 00:33:13,958
Basta.
412
00:33:15,625 --> 00:33:19,791
...COMPROBAR AS IMPRESIÓNS DIXITAIS
DE JOE VALERY.
413
00:33:27,958 --> 00:33:29,125
Silencio!
414
00:33:29,208 --> 00:33:30,333
Perdón.
415
00:33:44,666 --> 00:33:46,000
Lois, pasa.
416
00:33:46,625 --> 00:33:49,666
Podes apagar o fonógrafo e sentar?
417
00:34:02,458 --> 00:34:04,250
Canto levas con nós?
418
00:34:05,708 --> 00:34:06,875
Un par de meses.
419
00:34:09,666 --> 00:34:11,875
Vaiche moi ben para seres nova.
420
00:34:11,958 --> 00:34:13,416
Grazas.
421
00:34:14,333 --> 00:34:16,500
Aforras? Telo nun sitio seguro?
422
00:34:19,125 --> 00:34:20,125
É importante.
423
00:34:21,000 --> 00:34:22,333
É a túa liberdade.
424
00:34:28,166 --> 00:34:29,541
Lois, quería pedirche...
425
00:34:30,583 --> 00:34:33,125
que me fagas un recado.
426
00:34:36,166 --> 00:34:37,833
Quero que vaias ao de Bell
427
00:34:39,375 --> 00:34:42,333
e merques unha caixa de doces
de dous quilos.
428
00:34:43,083 --> 00:34:45,125
Un regaliño para ti e as mozas.
429
00:34:45,708 --> 00:34:47,541
Pero non digas nada.
430
00:34:48,291 --> 00:34:50,208
Quero que sexa unha sorpresa.
431
00:34:50,291 --> 00:34:52,000
Non direi palabra.
432
00:34:52,875 --> 00:34:54,416
Ai, e...
433
00:34:56,500 --> 00:34:58,750
podes deixarlle isto ao shériff?
434
00:35:00,166 --> 00:35:01,208
Algo máis?
435
00:35:01,291 --> 00:35:05,958
Si, dille a Joe que hoxe lle toca o salón
436
00:35:07,375 --> 00:35:09,541
e que non me moleste ata mañá.
437
00:35:10,083 --> 00:35:12,250
Por unha vez, quero durmir ben.
438
00:35:12,333 --> 00:35:13,750
- Boa noite.
- Boa noite.
439
00:35:38,125 --> 00:35:39,000
Charles!
440
00:35:47,375 --> 00:35:48,833
Charles, estás aí?
441
00:36:01,458 --> 00:36:05,208
Conteiche algunha vez
o que me pasou aos cinco anos?
442
00:36:12,791 --> 00:36:14,958
Pasoume algo cando tiña...
443
00:36:17,541 --> 00:36:18,583
cinco anos.
444
00:36:29,333 --> 00:36:30,541
Lin un libro.
445
00:36:32,000 --> 00:36:33,583
Alicia no país das marabillas.
446
00:36:35,458 --> 00:36:37,708
E a botella que poñía "Bébeme"
447
00:36:39,166 --> 00:36:43,041
nese libro cambioume a vida e salvoume.
448
00:36:45,166 --> 00:36:49,375
Despois, levaba sempre comigo
unha botelliña de auga con azucre.
449
00:36:50,500 --> 00:36:53,500
E, se bebía dela, encollíame.
450
00:36:55,208 --> 00:36:57,833
Tanto, que nada malo podía atoparme.
451
00:37:01,208 --> 00:37:02,666
Salvoume...
452
00:37:05,125 --> 00:37:06,833
de moitos desastres.
453
00:37:08,875 --> 00:37:10,291
Deume control.
454
00:37:11,791 --> 00:37:16,500
Sabía que, se cumpría,
podía bebela enteira e desaparecer.
455
00:37:17,458 --> 00:37:19,000
Pero nunca fixo falta.
456
00:37:41,291 --> 00:37:44,041
Sabes que o nome vén de Morfeo,
457
00:37:45,041 --> 00:37:46,250
o deus do sono?
458
00:37:47,250 --> 00:37:49,625
MORFINA
459
00:37:56,041 --> 00:37:56,875
Bébeme.
460
00:41:13,375 --> 00:41:14,583
Ola, Joe.
461
00:41:15,916 --> 00:41:17,041
Canto tempo.
462
00:41:17,625 --> 00:41:18,666
Shériff.
463
00:41:19,708 --> 00:41:21,041
Que o trae por aquí?
464
00:41:24,791 --> 00:41:26,041
Veña ao meu despacho.
465
00:41:26,625 --> 00:41:28,041
Gustaríame falar.
466
00:41:28,541 --> 00:41:30,250
O sábado hai moito traballo.
467
00:41:31,041 --> 00:41:31,875
Pode esperar?
468
00:41:32,791 --> 00:41:33,833
Por desgraza non.
469
00:41:37,375 --> 00:41:38,916
Vou avisar a xefa.
470
00:42:36,750 --> 00:42:39,458
- Ola, Ching Chong.
- Adam! O shériff Quinn!
471
00:42:43,916 --> 00:42:46,041
Menos mal que chegou.
472
00:42:46,125 --> 00:42:47,333
Non atopamos a Aron.
473
00:42:48,250 --> 00:42:49,625
Cando desapareceu?
474
00:42:49,708 --> 00:42:50,541
Hai dous días.
475
00:42:50,625 --> 00:42:53,416
Non o vemos
desde a cea de Acción de Grazas.
476
00:42:54,500 --> 00:42:56,583
Volvería á universidade sen avisar?
477
00:42:56,666 --> 00:42:57,666
Aron non.
478
00:42:59,916 --> 00:43:00,916
Fillo,
479
00:43:01,000 --> 00:43:02,875
ti non sabes nada?
480
00:43:04,041 --> 00:43:06,125
Xa llelo dixen, estará con Abra.
481
00:43:07,791 --> 00:43:09,333
Volverei probar cos Bacon.
482
00:43:09,416 --> 00:43:11,333
Conducirei ata atopalo.
483
00:43:11,416 --> 00:43:13,750
Adam, temos que falar.
484
00:43:17,458 --> 00:43:18,333
De que?
485
00:43:19,416 --> 00:43:20,833
A muller esa, Kate.
486
00:43:21,875 --> 00:43:23,666
Seguían casados?
487
00:43:24,166 --> 00:43:25,000
Si.
488
00:43:25,791 --> 00:43:26,708
Por que?
489
00:43:27,208 --> 00:43:29,208
Matouse onte á noite.
490
00:43:57,541 --> 00:43:59,125
Miña pobre.
491
00:44:03,083 --> 00:44:05,000
Non ten por que reclamala.
492
00:44:06,541 --> 00:44:08,291
Eu de vostede non o faría.
493
00:44:08,958 --> 00:44:09,916
Quero facelo.
494
00:44:11,583 --> 00:44:12,500
Reclamareina.
495
00:44:14,041 --> 00:44:15,125
Enterrareina.
496
00:44:15,208 --> 00:44:17,375
- Iso non lle é todo.
- Que?
497
00:44:20,750 --> 00:44:21,750
O seu testamento.
498
00:44:23,958 --> 00:44:26,375
Déixallo todo ao seu fillo.
499
00:44:29,750 --> 00:44:32,166
"Ao meu fillo: Aron."
500
00:44:39,625 --> 00:44:41,166
Como sabía o nome?
501
00:44:45,458 --> 00:44:46,500
Aron!
502
00:44:51,041 --> 00:44:51,916
Aron!
503
00:44:55,291 --> 00:44:56,125
Aron!
504
00:45:01,333 --> 00:45:02,208
Aron!
505
00:45:19,125 --> 00:45:20,250
Si, exacto.
506
00:45:21,041 --> 00:45:22,958
Dei aviso a Palo Alto.
507
00:45:24,791 --> 00:45:28,875
Esperaba que me dixese
se comprara un billete de tren.
508
00:45:37,250 --> 00:45:38,125
Comprendo.
509
00:45:41,125 --> 00:45:42,000
De acordo.
510
00:45:42,916 --> 00:45:45,375
Agradeceríallo. Moitas grazas.
511
00:46:00,291 --> 00:46:02,083
Pensas que iso axudará?
512
00:46:04,416 --> 00:46:06,000
Sabes onde está teu irmán?
513
00:46:11,791 --> 00:46:13,833
Pasouvos algo?
514
00:46:19,208 --> 00:46:20,583
Leveino a vela.
515
00:46:22,708 --> 00:46:23,666
A nosa nai.
516
00:46:26,166 --> 00:46:27,208
Non sei por que.
517
00:46:27,291 --> 00:46:29,458
Non o compliques. Sábelo ben.
518
00:46:30,750 --> 00:46:33,500
- Estabas doído e querías ferilo.
- Estaba enfadado.
519
00:46:33,583 --> 00:46:34,500
Fuches cruel.
520
00:46:35,541 --> 00:46:36,666
Por favor, só dime...
521
00:46:38,208 --> 00:46:40,208
Dime que non lle pasará nada.
522
00:46:43,916 --> 00:46:44,750
Aron!
523
00:46:54,208 --> 00:46:56,375
Adam, que pasa?
524
00:46:58,166 --> 00:47:00,125
"Meu pai, alisteime no exército.
525
00:47:00,208 --> 00:47:03,333
Dixen que tiña 18.
Non se preocupe por min. Aron."
526
00:47:11,833 --> 00:47:12,958
Onde está...
527
00:47:14,000 --> 00:47:16,083
- Aron?
- Cal, chama o médico.
528
00:47:17,333 --> 00:47:21,000
- Que?
- Chama o médico. Bule.
529
00:47:22,833 --> 00:47:24,458
Adam!
530
00:47:24,541 --> 00:47:26,750
Sairá desta. Míreme.
531
00:47:32,291 --> 00:47:34,041
ALÍSTATE
532
00:47:41,541 --> 00:47:47,875
EN QUE LADO DA FIESTRA
QUERES ESTAR?
533
00:47:48,708 --> 00:47:51,500
{\an8}MAIO, 1918
534
00:47:52,000 --> 00:47:54,666
As arterias non se amañan cun parche.
535
00:47:55,333 --> 00:47:57,750
Polo que lin das hemorraxias cerebrais,
536
00:47:58,666 --> 00:48:01,083
o tempo parece ser o único que axuda.
537
00:48:04,958 --> 00:48:06,583
Pode volver pasar?
538
00:48:07,541 --> 00:48:08,541
E máis grave?
539
00:48:08,625 --> 00:48:10,875
A presión arterial ha manterse baixa.
540
00:48:11,750 --> 00:48:13,416
Trae aquilo.
541
00:48:19,958 --> 00:48:21,125
Que tal está Abra?
542
00:48:22,791 --> 00:48:24,333
Estráñoa.
543
00:48:26,458 --> 00:48:28,833
- Non quere saber nada de min.
- Ah.
544
00:48:30,333 --> 00:48:31,666
Díxocho ela?
545
00:48:31,750 --> 00:48:32,958
Non fai falta.
546
00:48:34,333 --> 00:48:36,250
Sabe que marchou por culpa miña.
547
00:48:36,916 --> 00:48:37,875
Mira,
548
00:48:39,375 --> 00:48:41,916
non te sentirás mellor por odiarte.
549
00:49:14,166 --> 00:49:15,083
Ola.
550
00:49:15,833 --> 00:49:17,041
Como está o teu pai?
551
00:49:18,208 --> 00:49:20,291
- Mellor.
- Alégrome.
552
00:49:22,208 --> 00:49:24,500
Non sabemos de Aron. A ti escríbeche?
553
00:49:36,375 --> 00:49:37,291
Le.
554
00:49:40,750 --> 00:49:44,750
"Non son digno de ti. Estou no exército.
Afástate da miña familia."
555
00:49:48,125 --> 00:49:49,208
E xa está?
556
00:49:54,583 --> 00:49:56,125
A nai que o fixo.
557
00:49:58,583 --> 00:50:01,416
Mira, ódiame se queres. Merézoo.
558
00:50:02,125 --> 00:50:06,041
Pero non te afastes só porque cho pida el.
559
00:50:07,333 --> 00:50:09,208
Lee estráñate moitísimo.
560
00:50:18,416 --> 00:50:20,166
De nenos, Aron e mais eu...
561
00:50:21,833 --> 00:50:24,000
inventamos unha historia sobre nós,
562
00:50:24,625 --> 00:50:26,333
e non puido esquecela.
563
00:50:28,041 --> 00:50:31,583
Daba igual que lle explicase
que as cousas cambiaran.
564
00:50:32,625 --> 00:50:33,958
Que eu cambiara.
565
00:50:39,458 --> 00:50:40,875
Non te odio, Cal.
566
00:50:44,500 --> 00:50:45,833
En absoluto.
567
00:50:52,583 --> 00:50:54,166
Dille a Lee que irei velo.
568
00:51:00,458 --> 00:51:01,416
Abra...
569
00:51:03,125 --> 00:51:06,125
fuches algunha vez a Alisal
ver as azaleas en flor?
570
00:51:08,083 --> 00:51:09,625
Queres ir comigo?
571
00:51:13,166 --> 00:51:14,416
Podemos ir de pícnic.
572
00:51:17,416 --> 00:51:18,250
Está ben.
573
00:52:09,416 --> 00:52:16,291
EN LEMBRANZA DE CATHERINE TRASK
MORTA O 29 DE NOV. DE 1917 AOS 37 ANOS
574
00:52:26,708 --> 00:52:28,666
Onte soñei algo raro.
575
00:52:29,833 --> 00:52:31,000
Aparecía meu pai.
576
00:52:32,333 --> 00:52:34,041
Disque era un gran cabaleiro.
577
00:52:34,875 --> 00:52:35,875
Grazas.
578
00:52:38,250 --> 00:52:39,416
Quen cho dixo?
579
00:52:39,500 --> 00:52:42,083
Lin os recortes de periódico de seu irmán.
580
00:52:42,166 --> 00:52:44,625
A carreira militar. Washington.
581
00:52:44,708 --> 00:52:46,500
Sabías que era un ladrón?
582
00:52:49,416 --> 00:52:50,958
Roubáballes aos veteranos.
583
00:52:51,958 --> 00:52:53,541
Así fixo a súa fortuna.
584
00:52:55,250 --> 00:52:57,083
Custoume crelo,
585
00:52:58,875 --> 00:52:59,750
pero é certo.
586
00:53:00,541 --> 00:53:03,958
Así que o home máis honrado que coñezo
587
00:53:04,041 --> 00:53:07,375
viviu toda a vida de cartos roubados.
588
00:53:20,250 --> 00:53:21,416
Traédeme azaleas.
589
00:53:21,500 --> 00:53:22,416
Claro que si.
590
00:53:23,916 --> 00:53:25,041
Ven connosco.
591
00:53:25,125 --> 00:53:27,250
Non sexas covarde. Vai.
592
00:53:36,458 --> 00:53:38,458
- Agarda, xa o collo eu.
- Ah!
593
00:53:38,541 --> 00:53:40,208
Un día ideal para un pícnic.
594
00:53:41,000 --> 00:53:42,291
Levas todo?
595
00:53:43,916 --> 00:53:46,458
Un case desexaría volver ser novo.
596
00:54:04,666 --> 00:54:07,125
Recoller azaleas non ten moito sentido.
597
00:54:07,958 --> 00:54:09,833
Ao día seguinte están murchas.
598
00:54:11,166 --> 00:54:12,125
Xa, pero...
599
00:54:13,208 --> 00:54:14,625
eran unha boa escusa.
600
00:54:36,541 --> 00:54:38,166
Dábame medo facer iso.
601
00:54:40,166 --> 00:54:41,166
Por que?
602
00:54:43,291 --> 00:54:44,791
Es a moza de meu irmán.
603
00:54:46,083 --> 00:54:47,000
Era.
604
00:54:50,166 --> 00:54:51,833
Ti nunca tes medo?
605
00:54:57,958 --> 00:54:59,083
Todo o tempo.
606
00:55:22,250 --> 00:55:24,791
Os chícharos de olor
quedarían ben onda a cociña.
607
00:55:24,875 --> 00:55:26,666
Taparían a lameira.
608
00:55:29,000 --> 00:55:30,750
Recibirían luz abonda?
609
00:55:35,208 --> 00:55:36,041
Oíu iso?
610
00:55:37,291 --> 00:55:38,166
O que?
611
00:55:48,458 --> 00:55:49,708
Non pensas abrir?
612
00:56:06,291 --> 00:56:08,666
TELEGRAMA
613
00:56:32,583 --> 00:56:33,458
Ola?
614
00:56:42,875 --> 00:56:43,708
Lee?
615
00:56:50,500 --> 00:56:52,083
O teu irmán morreu.
616
00:56:54,333 --> 00:56:57,541
Matárono en combate en Francia.
617
00:57:00,375 --> 00:57:04,041
O teu pai
non deixou de repetir as palabras
618
00:57:04,125 --> 00:57:07,000
ata que lle entraron na testa
e estouparon.
619
00:57:08,500 --> 00:57:10,833
O Dr. Murphy está no cuarto con el.
620
00:57:11,958 --> 00:57:13,750
Deulle outro infarto.
621
00:57:45,291 --> 00:57:46,458
Está moi grave?
622
00:57:47,583 --> 00:57:50,375
O lado esquerdo quedou paralizado.
623
00:57:50,875 --> 00:57:52,958
Está consciente, pero non falou.
624
00:57:55,375 --> 00:57:56,500
Morrerá?
625
00:57:57,208 --> 00:58:00,666
Poida que viva unha semana,
un mes, un ano...
626
00:58:01,791 --> 00:58:03,041
Podería morrer hoxe.
627
00:58:03,125 --> 00:58:04,208
Non o sabemos.
628
00:58:05,541 --> 00:58:06,625
Síntoo, fillo.
629
00:58:34,833 --> 00:58:35,875
Meu pai.
630
00:58:47,166 --> 00:58:49,250
Son o responsable da morte de Aron.
631
00:58:52,958 --> 00:58:54,541
Leveino ao bordel
632
00:58:56,375 --> 00:58:57,666
para ver a nosa nai.
633
00:59:01,916 --> 00:59:03,416
Por iso se alistou.
634
00:59:06,750 --> 00:59:08,291
Por iso está morto.
635
00:59:25,583 --> 00:59:26,583
Cal!
636
00:59:27,791 --> 00:59:28,625
Cal!
637
00:59:46,125 --> 00:59:47,041
Cal.
638
00:59:52,583 --> 00:59:53,708
Matei o meu irmán.
639
01:00:01,000 --> 01:00:02,083
Mateino.
640
01:00:05,875 --> 01:00:07,875
Matei o meu irmán.
641
01:00:09,875 --> 01:00:11,000
Mateino.
642
01:00:11,500 --> 01:00:12,875
Decidiu ir el.
643
01:00:13,916 --> 01:00:15,375
Polo que fixen.
644
01:00:20,791 --> 01:00:22,291
Non sei que facer.
645
01:00:23,250 --> 01:00:25,958
Non sei que facer. Por favor, dimo ti.
646
01:00:26,750 --> 01:00:27,583
Cal.
647
01:00:27,666 --> 01:00:29,125
Por favor, dimo.
648
01:00:30,916 --> 01:00:32,083
Dime que facer.
649
01:00:32,666 --> 01:00:33,625
Non podo.
650
01:00:40,541 --> 01:00:44,041
"Mandou Deus que houbese luces no espazo
651
01:00:44,125 --> 01:00:46,250
para distinguir o día da noite,
652
01:00:48,291 --> 01:00:50,666
e para dar sinal
653
01:00:52,041 --> 01:00:53,708
dos tempos sagrados."
654
01:00:55,291 --> 01:00:56,291
Lee.
655
01:01:00,625 --> 01:01:01,458
Cal.
656
01:01:08,625 --> 01:01:09,541
Adam.
657
01:01:10,291 --> 01:01:11,125
Mire.
658
01:01:13,041 --> 01:01:15,166
Velaquí o seu fillo, Caleb.
659
01:01:16,583 --> 01:01:18,083
O seu único fillo.
660
01:01:24,083 --> 01:01:27,208
Non, Cal. Non pasa nada.
661
01:01:28,791 --> 01:01:29,833
Tranquilo.
662
01:01:31,000 --> 01:01:31,833
Senta.
663
01:01:40,625 --> 01:01:43,041
Adam, non sei canto vivirá.
664
01:01:43,708 --> 01:01:45,291
Moito, talvez.
665
01:01:46,708 --> 01:01:47,875
Talvez unha hora.
666
01:01:51,500 --> 01:01:53,333
Pero o seu fillo vivirá.
667
01:01:53,916 --> 01:01:59,541
El e os seus fillos serán o único
que quede de vostede na Terra.
668
01:02:05,458 --> 01:02:08,916
O seu fillo está marcado
por unha culpa que o consome.
669
01:02:21,791 --> 01:02:22,750
Adam,
670
01:02:23,458 --> 01:02:25,625
bendiga o seu único fillo.
671
01:02:30,583 --> 01:02:32,708
Non o destrúa co rexeitamento.
672
01:02:36,500 --> 01:02:37,916
Axúdelle, Adam.
673
01:02:41,000 --> 01:02:42,458
Déixeo ser libre.
674
01:02:51,458 --> 01:02:52,750
Timshel.
675
01:03:05,041 --> 01:03:06,125
Timshel.
676
01:03:08,875 --> 01:03:10,333
Podes.
677
01:06:12,125 --> 01:06:18,041
Subtítulos: Jeiry Castellano