1 00:00:14,440 --> 00:00:15,920 Perdoa por facerte esperar. 2 00:00:16,000 --> 00:00:17,600 ANTERIORMENTE 3 00:00:18,160 --> 00:00:19,680 Has pagar por isto. 4 00:00:21,200 --> 00:00:22,960 Hoxe renace Manticore Italia. 5 00:00:25,160 --> 00:00:26,120 Que pasou? 6 00:00:33,360 --> 00:00:36,440 Se estás escoitando isto, é que estou morto. 7 00:00:38,680 --> 00:00:40,680 Agora que teño eu a arma, 8 00:00:40,760 --> 00:00:41,920 van cambiar cousas. 9 00:00:42,000 --> 00:00:44,040 Eu só quero desaparecer. 10 00:00:45,640 --> 00:00:47,960 Desta vez podemos cambiar o mundo. 11 00:00:53,560 --> 00:00:56,120 Son Diana Cavalieri, axente de Citadel 12 00:00:56,240 --> 00:00:59,400 e operativa en Manticore coma axente 308. 13 00:01:00,680 --> 00:01:04,280 Por favor, que alguén responda e me diga que non quedei soa. 14 00:01:09,160 --> 00:01:12,040 Día 19 tralo ataque a Citadel. 15 00:01:12,120 --> 00:01:16,040 Os socios sancionaron a Manticore Italia. 16 00:01:16,120 --> 00:01:19,280 Por ocultarlles a tecnoloxía roubada de Citadel. 17 00:01:19,680 --> 00:01:22,840 Agora está nas mans de Manticore Francia e Alemaña. 18 00:01:25,240 --> 00:01:27,560 Fixen o que puiden para destruíla. 19 00:01:27,680 --> 00:01:29,080 Non sei se funcionou 20 00:01:29,160 --> 00:01:30,920 ou se a poderán reconstruír. 21 00:01:32,760 --> 00:01:34,880 E agora non podo deixar Manticore. 22 00:01:36,000 --> 00:01:38,440 Tralas sancións, contrólannos aínda máis. 23 00:01:41,680 --> 00:01:44,040 Por favor, que alguén responda. 24 00:01:45,800 --> 00:01:48,800 Non podo ser a única que queda. 25 00:01:49,560 --> 00:01:52,720 Só ter isto na casa para min é unha condena a morte. 26 00:01:55,560 --> 00:01:57,240 Por favor, respondede. 27 00:03:47,240 --> 00:03:49,320 VÉNDESE 28 00:04:09,440 --> 00:04:10,280 E esta? 29 00:04:11,400 --> 00:04:12,760 Eu fixen unha copia. 30 00:04:14,320 --> 00:04:16,000 Estrañaremos a casa dos papás. 31 00:04:19,480 --> 00:04:22,600 Atopei unha empresa de transporte, por certo. 32 00:04:23,000 --> 00:04:25,240 Mándocho todo cando esteas instalada. 33 00:04:25,360 --> 00:04:26,800 - Grazas. - Nada. 34 00:04:26,920 --> 00:04:30,440 - Pensas que venderemos a casa? - Si. 35 00:04:31,080 --> 00:04:32,080 Penso que si. 36 00:04:33,360 --> 00:04:34,240 E despois? 37 00:04:37,160 --> 00:04:38,000 Non che sei. 38 00:04:38,800 --> 00:04:41,800 Hai sitio para ti cando queiras. Agardámoste. 39 00:04:44,200 --> 00:04:46,160 - E Edo? Hai novas del? - Non. 40 00:04:48,240 --> 00:04:49,800 Non ía funcionar. 41 00:04:51,000 --> 00:04:52,240 Polo teu traballo? 42 00:04:52,320 --> 00:04:53,200 E máis cousas. 43 00:04:56,720 --> 00:04:57,920 Estou orgullosa de ti. 44 00:04:58,360 --> 00:05:01,520 Grazas por faceres xustiza polos nosos pais. 45 00:05:02,440 --> 00:05:03,640 Alégrome de que saíses. 46 00:05:05,080 --> 00:05:06,760 Tamén estou orgullosa de ti. 47 00:05:07,240 --> 00:05:11,040 Sinto que tivésemos que pagar un prezo tan alto. 48 00:05:13,360 --> 00:05:17,000 Enténdoo. Non te ías deter sen saberes a verdade. 49 00:05:21,680 --> 00:05:22,600 Vamos. 50 00:05:40,080 --> 00:05:41,120 Imos estar ben? 51 00:05:45,000 --> 00:05:46,400 Imos estar xenial. 52 00:05:55,720 --> 00:05:56,880 Abur, tía. 53 00:05:56,960 --> 00:05:58,360 Abur, amor! 54 00:06:34,280 --> 00:06:35,560 Día 32 55 00:06:36,200 --> 00:06:38,000 tralo ataque a Citadel. 56 00:06:39,840 --> 00:06:44,000 Está claro que, despois das sancións, o único obxectivo de Ettore Zani 57 00:06:44,080 --> 00:06:47,320 é desestabilizar completamente o país. 58 00:06:47,640 --> 00:06:51,800 A axencia estalles a vender armas a diversas organizacións criminais. 59 00:06:52,280 --> 00:06:54,920 Está a chantaxear os políticos da oposición 60 00:06:56,080 --> 00:06:59,440 e asinou contratos co exército e as forzas policiais. 61 00:07:01,280 --> 00:07:04,560 Os axentes xa non temos liberdade ningunha. 62 00:07:05,040 --> 00:07:06,280 Somos o brazo armado. 63 00:07:11,120 --> 00:07:12,600 Xa non podo durmir. 64 00:07:14,040 --> 00:07:16,480 Aínda creo que algún dos nosos 65 00:07:16,840 --> 00:07:18,400 escoitará estas mensaxes. 66 00:07:22,760 --> 00:07:23,680 Teño medo. 67 00:07:26,760 --> 00:07:28,040 E estou soa. 68 00:08:09,680 --> 00:08:10,680 Ola. 69 00:08:11,600 --> 00:08:12,680 Podo entrar? 70 00:08:13,240 --> 00:08:14,080 Claro. 71 00:08:16,400 --> 00:08:17,360 Quedade fóra. 72 00:08:30,040 --> 00:08:31,000 Sabes quen son? 73 00:08:32,000 --> 00:08:32,800 Sei. 74 00:08:34,880 --> 00:08:37,040 Só che quero facer unhas preguntas. 75 00:08:37,680 --> 00:08:39,240 Quero saber o que pasou. 76 00:08:42,840 --> 00:08:44,880 Un axente de Citadel disparoulle. 77 00:08:45,760 --> 00:08:47,080 Colleuno por sorpresa. 78 00:08:50,280 --> 00:08:51,640 Teu irmán distraeuse. 79 00:08:53,000 --> 00:08:54,160 Con que? 80 00:08:55,520 --> 00:08:57,440 Coa tecnoloxía de Citadel. 81 00:09:00,320 --> 00:09:03,520 Non o coñecía moito, fixen unhas poucas misións con el, 82 00:09:06,080 --> 00:09:07,520 pero era un líder. 83 00:09:09,960 --> 00:09:11,520 Apoiabas o ataque? 84 00:09:12,520 --> 00:09:13,760 Eu executo ordes. 85 00:09:15,480 --> 00:09:16,400 Máis nada. 86 00:09:17,520 --> 00:09:18,760 Eu non o apoiaba. 87 00:09:19,720 --> 00:09:21,400 Non debeu pasar o que pasou. 88 00:09:22,880 --> 00:09:24,720 Manticore non debería ser así. 89 00:09:43,960 --> 00:09:45,480 Hoxe sabemos que esperar. 90 00:09:54,760 --> 00:09:55,760 Wolfgang. 91 00:09:59,080 --> 00:10:00,160 Cécile, que tal? 92 00:10:04,760 --> 00:10:06,000 Non moi faladeira. 93 00:10:07,000 --> 00:10:08,320 Entramos? 94 00:10:08,400 --> 00:10:10,360 Hoxe temos moito que discutir. 95 00:10:38,000 --> 00:10:41,080 Esperamos que estas semanas de silencio nos servisen 96 00:10:41,600 --> 00:10:43,040 para calmar os ánimos. 97 00:10:46,520 --> 00:10:49,040 Xúpiter. Así se chama a arma. 98 00:10:50,520 --> 00:10:52,000 E está rematada. 99 00:10:52,080 --> 00:10:54,040 É o futuro de Manticore Europa. 100 00:10:54,480 --> 00:10:57,600 Para esparexérmola usaremos a rede pública de auga. 101 00:10:58,160 --> 00:10:59,840 Faremos un primeiro test 102 00:10:59,920 --> 00:11:02,760 para calcularmos o coeficiente de dispersión. 103 00:11:03,120 --> 00:11:05,320 Logo pasaremos á produción 104 00:11:05,680 --> 00:11:08,280 e repartiremos máis en varias vagas 105 00:11:09,600 --> 00:11:11,360 ata chegar á poboación toda. 106 00:11:12,040 --> 00:11:14,040 Agora que a arma é só vosa, 107 00:11:14,480 --> 00:11:17,040 que será de nós e as nosas axencias? 108 00:11:17,120 --> 00:11:19,960 Edoardo, quéreslles comunicar a nosa decisión? 109 00:11:20,440 --> 00:11:24,880 Italia decidiu que o acceso a Xúpiter se compartirá co Consello Europeo. 110 00:11:25,880 --> 00:11:27,080 Cunha condición. 111 00:11:28,680 --> 00:11:31,040 Manticore Italia fará a primeira análise. 112 00:11:31,480 --> 00:11:33,360 - De que? - Dos datos. 113 00:11:34,680 --> 00:11:37,120 Teremos billóns de datos cada día. 114 00:11:37,640 --> 00:11:40,560 Para que cada axencia non os interprete ó seu xeito, 115 00:11:41,360 --> 00:11:42,920 primeiro farémolo nós. 116 00:11:46,040 --> 00:11:48,120 E contarédesnos o que vos conveña. 117 00:11:48,560 --> 00:11:51,080 A vosa idea de compartir é fascinante. 118 00:11:51,600 --> 00:11:54,440 E teremos control exclusivo dun terceiro elemento. 119 00:11:57,120 --> 00:11:58,200 Terceiro? 120 00:11:59,200 --> 00:12:00,680 A parte italiana da arma. 121 00:12:05,200 --> 00:12:06,640 Estamos operativos, non? 122 00:12:08,520 --> 00:12:10,280 Claro, case. 123 00:12:10,360 --> 00:12:14,600 Teredes máis detalles no seu tempo. Agora vexamos se estamos de acordo. 124 00:12:15,080 --> 00:12:15,920 (EN ALEMÁN) Claro... 125 00:12:17,440 --> 00:12:19,360 Coma se tivésemos outra opción. 126 00:12:20,840 --> 00:12:22,840 (EN FRANCÉS) Nova estrutura de Manticore Europa. 127 00:12:24,200 --> 00:12:26,960 As axencias son iguais, unhas máis cás outras. 128 00:12:27,600 --> 00:12:30,200 Non é esa a base da democracia? 129 00:12:40,320 --> 00:12:43,720 Non me avisares do que vas dicir estase volvendo un hábito. 130 00:12:43,800 --> 00:12:47,040 As reunións sonche coma o jazz, hai que ir fluíndo, 131 00:12:47,120 --> 00:12:48,320 improvisar. 132 00:12:48,840 --> 00:12:50,440 Só escoitas música clásica. 133 00:12:50,840 --> 00:12:53,480 - Era o momento de llelo dicirmos. - Para ti. 134 00:12:53,560 --> 00:12:55,000 Para min non. 135 00:12:55,080 --> 00:12:57,680 Estás dando por seguro que é factible. 136 00:12:57,760 --> 00:13:00,280 Se falases comigo, saberías que non. 137 00:13:01,800 --> 00:13:02,880 Non? 138 00:13:02,960 --> 00:13:05,440 Temos que inserir algo creado por nós 139 00:13:06,440 --> 00:13:08,000 nun derivado de Citadel. 140 00:13:08,440 --> 00:13:11,200 Tes idea de cantas variables técnicas hai? 141 00:13:11,280 --> 00:13:15,000 Non é coma mover un moble nun cuarto. 142 00:13:15,400 --> 00:13:17,440 É coma desmontar un crebacabezas, 143 00:13:17,880 --> 00:13:20,120 inserir cen pezas doutro 144 00:13:20,640 --> 00:13:23,400 e pretender que a imaxe sexa igual á orixinal. 145 00:13:23,480 --> 00:13:27,080 Ti non te rendes ante unha dificultade técnica. 146 00:13:28,200 --> 00:13:29,960 Que é o que che preocupa? 147 00:13:31,960 --> 00:13:33,080 O terceiro elemento 148 00:13:34,240 --> 00:13:35,120 é para matar. 149 00:13:39,000 --> 00:13:40,040 Xa o sei. 150 00:13:40,560 --> 00:13:43,560 Sei o que pode facer. Sei o perigoso que pode ser. 151 00:13:44,040 --> 00:13:45,040 Engánaste. 152 00:13:46,400 --> 00:13:50,360 Ningunha outra arma será tan precisa coma esta. 153 00:13:51,160 --> 00:13:53,840 Ningunha vítima colateral, só os obxectivos. 154 00:13:54,600 --> 00:13:56,320 Lémbroche as veces da historia 155 00:13:56,400 --> 00:13:59,200 nas que matar a un puido salvar millóns? 156 00:13:59,680 --> 00:14:01,560 Non, claro que non. 157 00:14:02,720 --> 00:14:03,720 Edoardo... 158 00:14:06,400 --> 00:14:07,680 Agora tes poder. 159 00:14:08,840 --> 00:14:10,720 Descubre o que significa. 160 00:14:37,320 --> 00:14:39,440 Non hai rexistro do teu nome 161 00:14:39,520 --> 00:14:41,840 nin rastro ningún da nosa colaboración. 162 00:14:42,320 --> 00:14:45,400 A única esperaza que teño é saber que ti segues aí. 163 00:14:45,480 --> 00:14:47,960 Só quedas ti fronte ao inimigo 164 00:14:48,040 --> 00:14:50,000 e precisarás afouteza. 165 00:14:51,520 --> 00:14:53,680 - Non hai rexistro... - Perdóame. 166 00:14:53,760 --> 00:14:56,080 ...nin rastro ningún da nosa colaboración. 167 00:15:27,240 --> 00:15:28,400 Vamos á oficina. 168 00:15:29,960 --> 00:15:30,800 Seguro? 169 00:15:38,680 --> 00:15:41,560 - E os choferes e os axentes? - Acouga, durmindo. 170 00:15:41,640 --> 00:15:43,240 Edo, perdoa, era broma. 171 00:15:43,320 --> 00:15:45,000 Deiche todo o que querías! 172 00:15:45,600 --> 00:15:48,840 Tes 20 millóns, es libre, podes liscar. Que máis queres? 173 00:15:49,240 --> 00:15:51,000 Por que estás tan enfadado? 174 00:15:51,080 --> 00:15:52,760 Porque desapareciches un mes. 175 00:15:57,240 --> 00:15:58,440 Pois volvín. 176 00:15:59,640 --> 00:16:01,200 Por que mudaches de idea? 177 00:16:05,720 --> 00:16:07,800 Pensei no que falamos. 178 00:16:09,800 --> 00:16:12,280 Pódese finxir felicidade cunha vida normal, 179 00:16:13,000 --> 00:16:17,600 un traballo tranquilo, unha casa bonita... pero o certo é que queremos máis. 180 00:16:20,560 --> 00:16:21,760 Eu quero máis. 181 00:16:25,320 --> 00:16:27,040 Que significa "máis" para ti? 182 00:16:31,880 --> 00:16:32,880 Estar contigo. 183 00:17:38,280 --> 00:17:40,240 Despois da misión de Francia, 184 00:17:40,760 --> 00:17:42,800 estabas aquí tombado, non si? 185 00:17:43,400 --> 00:17:44,920 Durmías, eu non podía. 186 00:17:46,760 --> 00:17:47,680 Erguinme 187 00:17:48,480 --> 00:17:51,280 e vin a placa cos datos da arma. 188 00:17:52,960 --> 00:17:54,000 Estaba segura... 189 00:17:54,640 --> 00:17:56,080 Estou segura 190 00:17:57,240 --> 00:17:58,560 de que é perigosa. 191 00:17:59,720 --> 00:18:01,280 Puiden levala. 192 00:18:02,200 --> 00:18:03,640 Queríala destruír? 193 00:18:11,920 --> 00:18:15,320 Sabía que nos traería moitos problemas aos dous 194 00:18:16,160 --> 00:18:19,000 e que Manticore había inventar outra cousa. 195 00:18:20,480 --> 00:18:23,080 Daquela deixeina alí e marchei. 196 00:18:23,640 --> 00:18:24,960 Por que me dis isto? 197 00:18:26,560 --> 00:18:28,560 Porque mereces saber quen son. 198 00:18:30,720 --> 00:18:33,000 E non podo deixar de loitar 199 00:18:34,160 --> 00:18:37,200 para que o mundo sexa un lugar máis seguro, 200 00:18:38,200 --> 00:18:41,560 pero ti es o único co que sinto que o podo facer. 201 00:18:42,880 --> 00:18:44,000 Por iso. 202 00:18:57,200 --> 00:18:59,160 Manticore matou os teus pais. 203 00:19:04,640 --> 00:19:08,960 A nosa axencia derrubou o voo OT9732. Ía a bordo un... 204 00:19:10,000 --> 00:19:11,240 un axente de Citadel. 205 00:19:14,560 --> 00:19:16,160 Quíxencho dicir en Sicilia, 206 00:19:17,880 --> 00:19:18,960 pero non puiden. 207 00:19:21,960 --> 00:19:24,280 Ti tamén tes dereito a saber quen son. 208 00:19:32,560 --> 00:19:34,400 Tiveches que ver na decisión? 209 00:19:35,160 --> 00:19:36,440 Nin o penses. 210 00:19:41,160 --> 00:19:42,160 Síntoo. 211 00:20:05,080 --> 00:20:08,160 8 ANOS ANTES 212 00:20:34,000 --> 00:20:35,560 FAMILIA ZANI 213 00:21:36,320 --> 00:21:38,280 Déixao, estará ocupado. 214 00:21:38,320 --> 00:21:39,560 Non é típico del. 215 00:21:41,400 --> 00:21:43,560 Que lle tes que dicir tan urxente? 216 00:21:44,400 --> 00:21:45,320 Xa o sabes. 217 00:21:47,760 --> 00:21:51,400 Teremos o poder de controlar a calquera en calquera momento, 218 00:21:51,480 --> 00:21:53,440 dende que naza ata que morra. 219 00:21:54,280 --> 00:21:55,280 Como? 220 00:21:55,360 --> 00:21:58,320 A metade francesa é un sistema de interceptación 221 00:21:58,840 --> 00:22:01,680 inserido na alemá, un compoñente biotecnolóxico, 222 00:22:01,760 --> 00:22:04,040 que se pode introducir no corpo humano. 223 00:22:04,120 --> 00:22:05,400 Coma un parasito? 224 00:22:06,840 --> 00:22:09,040 Sen intervir móbiles nin ordenadores, 225 00:22:09,120 --> 00:22:11,320 as persoas serán a fonte de información. 226 00:22:12,360 --> 00:22:13,840 Serán os transmisores. 227 00:22:14,240 --> 00:22:17,360 E nós teremos o control de tódolos seus datos. 228 00:22:19,840 --> 00:22:22,440 Diana, sei que é un poder enorme, 229 00:22:23,200 --> 00:22:24,440 pero se o usamos ben, 230 00:22:25,600 --> 00:22:28,160 podemos garantir a paz e a seguridade. 231 00:22:28,240 --> 00:22:32,600 Sobre todo, poderémonos converter na axencia que sempre debemos ser. 232 00:22:36,960 --> 00:22:39,160 Pero a meu pai isto non lle abondaba. 233 00:22:39,240 --> 00:22:42,160 Estamos considerando inserir un terceiro elemento. 234 00:22:44,280 --> 00:22:46,120 Un sistema de eliminación remoto. 235 00:22:53,400 --> 00:22:54,600 Creáchelo ti? 236 00:22:54,680 --> 00:22:56,040 Eu invento armas. 237 00:22:57,440 --> 00:23:00,200 Manticore tería poder sobre a vida de calquera. 238 00:23:00,760 --> 00:23:03,160 Con premer un botón en calquera momento, 239 00:23:03,240 --> 00:23:06,000 o hóspede morre de súpeto por causas naturais. 240 00:23:07,520 --> 00:23:09,240 É coma unha bomba atómica. 241 00:23:11,320 --> 00:23:14,360 Todo depende da man que prema o botón. 242 00:23:17,400 --> 00:23:20,280 E teu pai aprémate para que o inclúas. 243 00:23:26,280 --> 00:23:28,480 Que é isto? Ten unha forma estraña. 244 00:23:32,760 --> 00:23:35,240 Éche dunha casa na que vivía. 245 00:23:37,160 --> 00:23:38,440 Un amuleto. 246 00:23:39,640 --> 00:23:42,080 Aínda teño moito que descubrir de ti. 247 00:23:48,520 --> 00:23:51,600 Primeiro marcha con garantías e un monte de cartos, 248 00:23:51,680 --> 00:23:53,640 e agora quere volver. 249 00:23:55,360 --> 00:23:58,280 Precisaba un descanso. Arriscou moito en París. 250 00:23:59,200 --> 00:24:01,720 Lémbroche o que conseguimos grazas a ela? 251 00:24:03,240 --> 00:24:04,520 Pasastes a noite xuntos? 252 00:24:05,560 --> 00:24:06,440 Si. 253 00:24:07,040 --> 00:24:08,040 Vaite afacendo. 254 00:24:09,120 --> 00:24:10,200 Agora onde está? 255 00:24:10,920 --> 00:24:14,160 Preparándose para o test de dispersión de Xúpiter. 256 00:24:14,240 --> 00:24:16,200 Onte conteillo todo. 257 00:24:18,040 --> 00:24:19,120 Así? 258 00:24:19,480 --> 00:24:20,640 Sen dicíresme nada? 259 00:24:21,600 --> 00:24:25,520 Papá, que quede clara unha cousa: non che estou pedindo permiso. 260 00:24:26,560 --> 00:24:28,640 - Eu mando igual ca ti. - Exacto. 261 00:24:29,360 --> 00:24:30,360 Igual ca min. 262 00:24:37,280 --> 00:24:38,880 Estalo facendo todo ti só. 263 00:24:41,040 --> 00:24:42,280 E o terceiro elemento? 264 00:24:43,160 --> 00:24:44,240 Fáltanos pouco. 265 00:24:46,600 --> 00:24:48,280 Teño que facer unha chamada. 266 00:24:48,360 --> 00:24:49,880 A lei de armas case está, 267 00:24:49,960 --> 00:24:52,280 pero o parvo do ministro pide un empurrón. 268 00:25:32,920 --> 00:25:35,600 Aquí hai dez millóns de partículas de Xúpiter. 269 00:25:35,680 --> 00:25:37,480 Unha pequena mostra para empezar. 270 00:25:39,480 --> 00:25:40,440 Pequena? 271 00:25:40,520 --> 00:25:42,840 Só unha parte chegará aos hóspedes. 272 00:25:42,920 --> 00:25:44,960 Canta? Descubrirémolo. 273 00:25:45,560 --> 00:25:49,920 Dentro está o código para activalas. Memorízao e destrúeo. 274 00:25:51,040 --> 00:25:52,760 Saberémolo só nós os dous. 275 00:25:57,960 --> 00:26:00,480 Coido que a familia pode medrar pronto. 276 00:26:01,880 --> 00:26:02,760 En serio? 277 00:26:03,360 --> 00:26:05,480 O que pasou uniunos de tal xeito 278 00:26:05,560 --> 00:26:07,640 que nin el o podía predicir. 279 00:26:08,400 --> 00:26:10,360 Se queres un equilibrio con el, 280 00:26:10,440 --> 00:26:12,200 debes aceptar a súa relación. 281 00:26:13,040 --> 00:26:14,880 Non me gusta esa moza. 282 00:26:16,040 --> 00:26:17,360 Ten algo. 283 00:26:18,480 --> 00:26:20,280 Agocha algo. 284 00:26:22,080 --> 00:26:23,080 É espía. 285 00:26:23,760 --> 00:26:25,600 - É o seu traballo. - Veña. 286 00:26:26,560 --> 00:26:28,000 Xa me entendes, Julia. 287 00:26:29,800 --> 00:26:32,040 Véxoa a murmurarlle na orella, 288 00:26:33,400 --> 00:26:34,480 a aconsellalo. 289 00:26:37,720 --> 00:26:39,040 (EN INGLÉS) Murmuro eu? 290 00:26:40,200 --> 00:26:42,080 Adoito falar nun ton normal. 291 00:26:42,440 --> 00:26:43,960 Non te compares con ela. 292 00:26:44,040 --> 00:26:44,920 (EN ITALIANO) Por? 293 00:26:45,000 --> 00:26:46,560 Porque ti es da familia. 294 00:26:47,040 --> 00:26:47,960 Xa. 295 00:26:48,640 --> 00:26:51,600 E sígoo sendo só porque Edo volveu vivo de París. 296 00:26:52,520 --> 00:26:53,760 (EN INGLÉS) Eu fáloche 297 00:26:54,680 --> 00:26:56,000 e non sempre escoitas. 298 00:26:56,880 --> 00:26:58,960 Os últimos feitos deixárono claro. 299 00:27:01,040 --> 00:27:02,320 Ti non tes dúbidas? 300 00:27:04,280 --> 00:27:05,120 Ningunha? 301 00:27:05,920 --> 00:27:09,240 (EN ITALIANO) Só sei que hai anos que non vexo a Edo así. 302 00:27:09,880 --> 00:27:10,960 Así como? 303 00:27:11,600 --> 00:27:12,480 Feliz. 304 00:27:23,800 --> 00:27:25,520 FASE TRES 305 00:27:31,960 --> 00:27:34,040 COMPONENTE NECESARIO 306 00:27:34,600 --> 00:27:36,960 COMPLETADO 307 00:27:37,040 --> 00:27:39,040 COMPLETADO 308 00:27:54,040 --> 00:27:56,520 O terceiro elemento pasou o test. 309 00:27:56,600 --> 00:27:58,280 Inserino na matriz. 310 00:27:58,360 --> 00:27:59,360 Bravo. 311 00:28:00,040 --> 00:28:01,280 É magnífico, Edo. 312 00:28:02,040 --> 00:28:02,880 Grazas. 313 00:28:02,960 --> 00:28:06,600 A diferenza de ti, nunca dubidei de que darías feito. 314 00:28:06,680 --> 00:28:08,280 E sei que non era doado. 315 00:28:08,760 --> 00:28:10,720 Estou orgulloso de ti. 316 00:28:12,800 --> 00:28:14,320 Só sinto... 317 00:28:14,400 --> 00:28:16,320 que o noso maior logro 318 00:28:17,760 --> 00:28:20,080 chegue nun día tan tenso, 319 00:28:20,480 --> 00:28:21,640 pero tanto dá. 320 00:28:22,240 --> 00:28:25,560 Agora estás máis unido a 308 ca a min. 321 00:28:25,640 --> 00:28:27,120 Quereralo celebrar con ela. 322 00:28:27,200 --> 00:28:31,040 E se para ti é tan importante, estou disposto a aceptala. 323 00:28:32,160 --> 00:28:33,640 E a chamarlle Diana. 324 00:28:36,640 --> 00:28:37,480 Grazas. 325 00:28:39,200 --> 00:28:40,320 Canto a nós, 326 00:28:41,320 --> 00:28:43,120 gustaríame buscar un equilibrio. 327 00:28:44,120 --> 00:28:47,600 Sei que atoparás un xeito, agora que tamén estás ao mando. 328 00:28:54,400 --> 00:28:56,640 Vouche enviar o código de Xúpiter. 329 00:28:56,720 --> 00:28:58,480 É xusto que o teñas. 330 00:28:59,440 --> 00:29:00,480 Cunha condición. 331 00:29:02,320 --> 00:29:03,440 Non te rendes. 332 00:29:04,960 --> 00:29:07,400 Túa nai ten razón, es coma min. Que queres? 333 00:29:07,920 --> 00:29:10,000 Diana, directora de Manticore Italia. 334 00:29:12,280 --> 00:29:13,680 No posto de Matteo? 335 00:29:14,160 --> 00:29:16,400 Matteo leva dirixindo 13 anos. 336 00:29:16,480 --> 00:29:17,600 É hora de cambiar. 337 00:29:22,920 --> 00:29:25,400 Se a túa relación é tan importante, 338 00:29:26,680 --> 00:29:28,400 pode dirixir a axencia. 339 00:29:29,520 --> 00:29:30,880 Hei falar con Matteo. 340 00:29:31,280 --> 00:29:32,600 Teño a túa palabra? 341 00:29:32,680 --> 00:29:33,760 Tes tal. 342 00:29:34,280 --> 00:29:36,320 Farémolo oficial hoxe á noite. 343 00:29:45,160 --> 00:29:46,240 Envieicho. 344 00:29:47,080 --> 00:29:48,120 Deica logo. 345 00:30:05,280 --> 00:30:06,480 Matteo, 346 00:30:06,560 --> 00:30:09,600 bloquéalle as comunicacións a 308. 347 00:30:09,680 --> 00:30:13,480 Teño os códigos, pero non serven se non memorizas o procedemento. 348 00:30:14,760 --> 00:30:16,040 Que faga o traballo. 349 00:30:17,160 --> 00:30:18,560 Logo sabes o que facer. 350 00:30:21,600 --> 00:30:22,600 Que vai facer? 351 00:30:25,600 --> 00:30:26,560 Ettore. 352 00:30:27,760 --> 00:30:30,120 O amor por teu fillo ofuscoute. 353 00:30:30,600 --> 00:30:32,240 Non pensas con lucidez. 354 00:30:45,680 --> 00:30:48,800 TORRE HÍDRICA N.º 14 355 00:31:16,240 --> 00:31:17,360 Quedade de garda. 356 00:31:27,400 --> 00:31:29,400 Mamá, falei con papá. 357 00:31:30,560 --> 00:31:32,560 Chegamos a un acordo. 358 00:31:35,040 --> 00:31:36,400 (EN INGLÉS) Tenteino deter, Edo. 359 00:31:38,520 --> 00:31:39,640 De verdade. 360 00:31:42,120 --> 00:31:43,200 Síntoo. 361 00:31:44,840 --> 00:31:46,160 Que dis? 362 00:31:47,280 --> 00:31:49,640 (EN ITALIANO) Non podes facer máis por ela. 363 00:32:11,120 --> 00:32:12,000 Matteo, 364 00:32:13,680 --> 00:32:16,040 quero falar inmediatamente con Diana. 365 00:32:21,720 --> 00:32:22,880 Escóitasme? 366 00:32:24,560 --> 00:32:25,600 Responde. 367 00:32:27,320 --> 00:32:29,920 Ese é o punto de entrada á rede hídrica. 368 00:32:40,920 --> 00:32:42,160 Respóndeme! 369 00:32:43,440 --> 00:32:44,920 Matteo, responde, hostia! 370 00:33:21,920 --> 00:33:24,480 - Disólvese en contacto coa auga? - Si. 371 00:33:26,800 --> 00:33:29,160 Asistimos a un debate intenso, 372 00:33:29,240 --> 00:33:31,320 case agresivo, dos parlamentarios. 373 00:33:31,400 --> 00:33:34,960 A maioría dos líderes parecía discrepar. 374 00:33:35,040 --> 00:33:37,800 De feito, o goberno cambalea 375 00:33:37,880 --> 00:33:41,640 despois de votar a lei da liberalización das armas. 376 00:33:41,720 --> 00:33:43,960 Fixeron o traballo, pero están acabados. 377 00:33:44,040 --> 00:33:45,440 Darémoslles a patada. 378 00:33:46,360 --> 00:33:50,320 Precisaremos un novo goberno para o que imos facer con Xúpiter. 379 00:33:52,640 --> 00:33:53,720 Claro. 380 00:33:54,520 --> 00:33:56,240 Precisaremos apoio loxístico. 381 00:33:59,280 --> 00:34:00,320 E túa nai? 382 00:34:01,040 --> 00:34:02,280 Coido que no xardín. 383 00:34:03,640 --> 00:34:04,680 Novas do test? 384 00:34:05,160 --> 00:34:06,000 En curso. 385 00:34:08,080 --> 00:34:12,280 Devezo por saber a cantos suxeitos chegamos con esta primeira vaga. 386 00:34:16,760 --> 00:34:17,600 Eu tamén. 387 00:34:22,160 --> 00:34:24,200 Introducirei o código de activación. 388 00:34:28,160 --> 00:34:29,000 Vale. 389 00:34:29,960 --> 00:34:32,160 Partículas activadas e en difusión. 390 00:35:02,360 --> 00:35:04,000 Esquecía unha cousa, papá. 391 00:35:06,640 --> 00:35:09,480 Fixen o primeiro prototipo co terceiro elemento. 392 00:35:09,560 --> 00:35:11,840 - Ben. - Sabía que che ía gustar. 393 00:35:12,840 --> 00:35:14,840 Foi tan doado coma beber auga. 394 00:35:33,080 --> 00:35:34,120 Non o fagas. 395 00:35:35,000 --> 00:35:36,640 Afecta ao sistema nervioso. 396 00:35:37,640 --> 00:35:39,160 Non deberías sentir dor. 397 00:35:58,160 --> 00:35:59,640 Fíxeno polo teu ben. 398 00:36:01,040 --> 00:36:02,800 Hai algo dela que non cadra. 399 00:36:02,880 --> 00:36:05,320 Ti tamén o verías se non te cegase. 400 00:36:15,680 --> 00:36:16,920 Usa o cerebro. 401 00:36:17,640 --> 00:36:19,480 Chama a Matteo. Agora. 402 00:36:20,280 --> 00:36:21,320 Edoardo, 403 00:36:21,400 --> 00:36:22,400 agocha algo. 404 00:36:22,480 --> 00:36:24,000 Non sei o que, pero algo. 405 00:36:24,080 --> 00:36:24,920 Chámao. 406 00:36:26,280 --> 00:36:27,360 Ou estás morto. 407 00:36:34,000 --> 00:36:35,040 Non. 408 00:36:36,520 --> 00:36:37,840 Es un Zani. 409 00:36:37,920 --> 00:36:40,080 Debes tomar decisións difíciles. 410 00:36:45,040 --> 00:36:46,400 Es coma min, Edoardo. 411 00:36:46,880 --> 00:36:49,000 Non, non son coma ti. 412 00:38:30,760 --> 00:38:31,800 Ola, Diana. 413 00:40:11,760 --> 00:40:13,760 Subtítulos: Lucía Doval 414 00:40:13,840 --> 00:40:15,840 Supervisora creativa Natalia L. Prieto