1 00:00:14,876 --> 00:00:15,918 Saúdos. 2 00:00:16,418 --> 00:00:19,918 Son Sorbitol Maltitol Xilitol Manitol 3 00:00:20,001 --> 00:00:24,959 Carbonato de Calcio Lecitina de Soia Derivados Vexetais de Glicerina e Talco. 4 00:00:26,626 --> 00:00:31,501 Pero en prol da brevidade, podédesme chamar Goma. 5 00:00:33,084 --> 00:00:36,459 A vida. Todo comezou cun big-bang. 6 00:00:39,418 --> 00:00:42,834 Incontables galaxias expandíronse na existencia. 7 00:00:43,751 --> 00:00:49,709 Uns 13 800 millóns de anos despois, xurdiron dúas especies principais: 8 00:00:50,793 --> 00:00:54,209 o Homo sapiens e o Cibus erectus, 9 00:00:54,626 --> 00:00:58,751 tamén coñecidas como humanos e comida. 10 00:00:59,168 --> 00:01:02,834 Os primeiros devoraban os segundos como sustento. 11 00:01:03,959 --> 00:01:07,376 A comida vivía na ignorancia deste acordo alimentario 12 00:01:07,793 --> 00:01:13,043 ata que unha afouta salchicha descubriu esta verdade tan incómoda. 13 00:01:14,043 --> 00:01:16,168 Armada co novo coñecemento, 14 00:01:17,251 --> 00:01:20,626 coa súa namorada, os seus mellores amigos 15 00:01:22,293 --> 00:01:25,626 e, o máis importante, sales de baño, 16 00:01:26,043 --> 00:01:28,334 un potente narcótico 17 00:01:28,709 --> 00:01:31,584 que derruba as paredes interdimensionais 18 00:01:31,668 --> 00:01:36,293 entre as dúas especies, a comida defendeuse. 19 00:01:48,793 --> 00:01:50,584 Chicharotiradores, agora! 20 00:01:54,168 --> 00:01:56,793 A comida está viva. Repito, está viva. 21 00:01:56,876 --> 00:01:58,459 Ide á casa, pechade a neveira. 22 00:01:58,543 --> 00:02:01,168 Conseguide abridores, sacarrollas, o que... 23 00:02:06,126 --> 00:02:09,168 Pans, formade unhas rebandas de defensa. 24 00:02:14,959 --> 00:02:16,918 Whisky, ás rochas. 25 00:02:20,334 --> 00:02:22,584 Operación Tormenta de Azucre! 26 00:02:31,126 --> 00:02:32,918 - E Sammy? - Co corpo de Lavash. 27 00:02:33,001 --> 00:02:33,876 Aínda? 28 00:02:34,001 --> 00:02:37,959 Non te vou abandonar. Non te vou abandonar, meu amor. 29 00:02:38,251 --> 00:02:40,334 Leva cargando con el todo o tempo. 30 00:02:40,418 --> 00:02:42,668 Iso éche... bastante bonito, ou? 31 00:02:42,751 --> 00:02:45,376 Pois non. O corpo comeza a atufar. 32 00:02:47,084 --> 00:02:48,793 Barry, cantos homis quedan? 33 00:02:48,876 --> 00:02:50,043 - Só un. - Si! 34 00:02:50,126 --> 00:02:51,876 Non botes a nata aínda, Twink. 35 00:02:58,709 --> 00:03:03,168 Ollade todas esas manchas de comida. Canto máis pode comer? 36 00:03:03,293 --> 00:03:06,584 Acougade. Eu sei como acabar con este homi. 37 00:03:14,334 --> 00:03:16,584 E con esa vai unha caixa enteira. 38 00:03:16,668 --> 00:03:18,209 Mandade a pasta que queda. 39 00:03:21,043 --> 00:03:22,418 Pódevos al dente. 40 00:03:25,084 --> 00:03:27,418 - De onde carallo sacou iso? - Vedes? 41 00:03:27,501 --> 00:03:29,626 - Quedan bombas de sake? - Negativo. 42 00:03:29,834 --> 00:03:30,709 E de licor? 43 00:03:34,918 --> 00:03:36,918 Non podemos sacrificar máis comida. 44 00:03:37,001 --> 00:03:40,543 Isto comezámolo nós e rematarémolo nós. 45 00:03:40,626 --> 00:03:43,543 Sammy, esta é a batalla final. En pé. 46 00:03:43,626 --> 00:03:45,834 Recibido. Vamos, Lavash. 47 00:03:45,918 --> 00:03:49,834 Se cadra nesta pode quedar mirando. Semella canso e morto... 48 00:03:57,709 --> 00:04:00,209 Brenda, non sei se sairemos desta. 49 00:04:00,293 --> 00:04:03,751 - Daquela quéroche dicir... - Para aí, Frank Frankfurter. 50 00:04:04,001 --> 00:04:05,001 Ímolo conseguir. 51 00:04:05,459 --> 00:04:09,251 Porque temos algo que ese condenado homi fedorento non ten. 52 00:04:09,834 --> 00:04:11,584 - O que? - Un ao outro. 53 00:04:14,876 --> 00:04:19,375 É ese. Ese é o fillo de puta que me matou a Lavash. 54 00:04:19,418 --> 00:04:24,084 Ei, ti. Lémbraste del? Lembras cando o mataches, fillo de puta? 55 00:04:24,543 --> 00:04:25,543 Non, a verdade. 56 00:04:44,209 --> 00:04:47,584 - Agora! - Por que están húmidas estas cousas? 57 00:04:49,959 --> 00:04:51,668 Ídesme arrincar as tetas! 58 00:05:10,209 --> 00:05:12,959 Benvidos a Alimentopía! 59 00:05:23,043 --> 00:05:24,293 Alimentopía! 60 00:05:24,375 --> 00:05:27,918 A FESTA DAS SALCHICHAS: ALIMENTOPÍA 61 00:05:28,584 --> 00:05:32,543 Coido que falo por todos cando digo que lles dean aos homis! 62 00:05:32,625 --> 00:05:34,125 - Que lles dean, si! - Si! 63 00:05:35,084 --> 00:05:40,168 Ditaron as nosas vidas tempo de máis, apreixándonos nos seus supermercados. 64 00:05:40,875 --> 00:05:45,918 - Separándonos por corredores e estantes. - Esmagándonos na boca. 65 00:05:46,000 --> 00:05:48,834 E botándonos por eses cus fedorentos que teñen. 66 00:05:50,459 --> 00:05:52,375 Somos libres. Somos iguais. 67 00:05:52,750 --> 00:05:55,293 Dende o pavo máis repoludo 68 00:05:55,625 --> 00:05:58,709 ata o gran de arroz máis pequeno e adorable. Ollade! 69 00:05:58,793 --> 00:05:59,793 Quérote, Frank! 70 00:05:59,875 --> 00:06:02,376 - A comida unida. - O amor unido. 71 00:06:02,459 --> 00:06:04,168 - Si! - Si! 72 00:06:04,793 --> 00:06:06,584 E agora, Barry! 73 00:06:07,334 --> 00:06:08,793 Quérote, Barry! 74 00:06:08,876 --> 00:06:11,293 Ben, a guerra rematou. 75 00:06:11,543 --> 00:06:14,668 Moitos estaredes preocupados polo que vén agora, 76 00:06:14,751 --> 00:06:17,500 por se nunca volvedes sentir esa adrenalina, 77 00:06:17,793 --> 00:06:20,625 ese afervoamento e esa sensación de propósito, 78 00:06:20,793 --> 00:06:25,000 e porque todo palidecerá comparado coa emoción da guerra. 79 00:06:27,709 --> 00:06:28,543 Sigue. 80 00:06:28,625 --> 00:06:29,668 E? 81 00:06:29,875 --> 00:06:32,125 Xa está. Iso foi o que preparei. 82 00:06:32,625 --> 00:06:36,459 Vale, ben. E se escoitamos a Goma? 83 00:06:38,250 --> 00:06:40,334 A revolución espállase. 84 00:06:40,418 --> 00:06:43,459 Usando o teorema de Fibonacci e a lei de Moore, 85 00:06:43,543 --> 00:06:48,418 calculei a taxa de expansión e podo anunciar oficialmente 86 00:06:48,918 --> 00:06:53,125 que a comida agora é a especie dominante no planeta Terra. 87 00:06:54,500 --> 00:06:56,418 A comida máis lista que hai. 88 00:06:56,875 --> 00:07:00,626 Mentres este cerebriño estea do noso lado, non perderemos. 89 00:07:00,709 --> 00:07:03,959 Falando de perdas... Grazas pola transición, Frank. 90 00:07:04,043 --> 00:07:05,418 Non estariamos aquí 91 00:07:05,501 --> 00:07:07,959 sen a afouta comida que deu a súa vida. 92 00:07:08,043 --> 00:07:11,459 Quen teña cabeza que a agache para un momento de silencio. 93 00:07:34,500 --> 00:07:35,418 Lavash! 94 00:07:36,875 --> 00:07:39,709 Vale, abonda. Xa pasou o momento. 95 00:07:39,793 --> 00:07:42,709 Xa gardamos silencio, xa está. Non é o holocausto. 96 00:07:42,793 --> 00:07:45,000 Imos con algo máis alegre, por favor. 97 00:07:45,084 --> 00:07:46,500 Vale, claro. 98 00:07:47,875 --> 00:07:52,000 Isto é, como todos saberedes de sobra, 99 00:07:52,459 --> 00:07:53,668 un dente humano. 100 00:07:54,043 --> 00:07:58,625 Outrora, un símbolo de opresión, que usaban para nos devoraren. 101 00:07:58,709 --> 00:08:02,751 Agora, un símbolo da vitoria ante os nosos antigos opresores! 102 00:08:02,834 --> 00:08:05,376 - Erguede eses dentes! - Si! 103 00:08:05,501 --> 00:08:08,668 Erguédeos se tedes. Se non, pois mirade. 104 00:08:12,043 --> 00:08:14,918 Alucínanme estas cousas. Dádeme máis! 105 00:08:15,001 --> 00:08:17,709 Así ha ser a vida dende agora: 106 00:08:17,793 --> 00:08:21,043 todos facendo o que queiramos 107 00:08:21,125 --> 00:08:24,293 e vivindo en perfecta harmonía! 108 00:08:32,958 --> 00:08:34,043 Voume correr. 109 00:08:34,583 --> 00:08:37,458 Ese buraco non é. Ese tampouco. 110 00:08:39,250 --> 00:08:40,668 Ese si. 111 00:08:48,543 --> 00:08:50,418 Grazas. Seguinte. 112 00:08:51,251 --> 00:08:54,376 Se che son sincero, preocupábame estar a falar de máis 113 00:08:54,458 --> 00:08:56,501 co de que a vida ía ser perfecta, 114 00:08:56,583 --> 00:08:58,458 pero semella que así vai ser. 115 00:08:58,583 --> 00:09:00,126 Frank, por primeira vez, 116 00:09:00,209 --> 00:09:02,793 non temos ameaza existencial ningunha 117 00:09:02,876 --> 00:09:06,251 e podémonos concentrar plenamente en nós. 118 00:09:06,543 --> 00:09:10,251 Non se me ocorre mellor maneira de comezar esta nova etapa. 119 00:09:10,751 --> 00:09:14,084 Comezamos unha revolución e fixemos isto posible. 120 00:09:14,168 --> 00:09:18,084 - Nós parimos isto. - Xa, é coma se fosen os nosos fillos. 121 00:09:18,376 --> 00:09:20,459 E os nosos fillos están a fochicar. 122 00:09:22,584 --> 00:09:24,376 Non todos están a fochicar. 123 00:09:26,668 --> 00:09:29,418 Barry, estás ben? Case non fodiches a cea. 124 00:09:30,001 --> 00:09:32,626 Eu vou mirar un chisco, pero vós dádelle. 125 00:09:32,708 --> 00:09:35,543 Pódovos mirar a vós. Sei que che gusta, Frank. 126 00:09:35,626 --> 00:09:37,793 Veña, todo o mundo está ao choio. 127 00:09:37,876 --> 00:09:40,293 Mira a Aceite e Auga mesturándose aí. 128 00:09:40,376 --> 00:09:41,543 Nunca tal imaxinei. 129 00:09:41,626 --> 00:09:43,583 Parecen o chocolate e os churros. 130 00:09:43,668 --> 00:09:45,668 E mira eses pementos a reencherse. 131 00:09:46,458 --> 00:09:50,208 - Sammy si que está recheo. - Fodédeme duro. 132 00:09:50,293 --> 00:09:54,458 Fodédeme ata que non poida pensar nin sentir nada nunca máis. 133 00:09:55,126 --> 00:09:58,001 Ai, non, sinto algo alén de que me estean dando. 134 00:09:58,083 --> 00:09:59,793 Que se una outro, por favor. 135 00:10:00,793 --> 00:10:03,001 Xa, si, semella bastante feliz. 136 00:10:03,834 --> 00:10:07,876 Refixo a súa vida sorprendentemente axiña. Alégrome por el. 137 00:10:08,251 --> 00:10:11,584 Sabemos que estás de baixón tralo fervor da batalla, 138 00:10:11,668 --> 00:10:13,543 pero dálle tempo, adaptaraste. 139 00:10:14,043 --> 00:10:17,376 Nós axudarémoste en cada paso. Para iso están os amigos. 140 00:10:19,084 --> 00:10:21,626 Igual tes razón. Gústame estar entre amigos. 141 00:10:22,668 --> 00:10:23,793 Pódelo repetir. 142 00:10:23,876 --> 00:10:26,251 - Gústame estar entre amigos. - Iso é. 143 00:10:26,418 --> 00:10:29,626 Un biquiño suave, moi suave. Seguide. Volvédevos bicar. 144 00:10:29,709 --> 00:10:30,793 Abride a boca. 145 00:10:30,876 --> 00:10:33,333 Vale, agora no corpo, aí. 146 00:10:33,418 --> 00:10:36,583 Iso, veña, demostrade o que significa a vosa amizade. 147 00:10:37,043 --> 00:10:39,418 Cos amigos, non hai nada fóra de lugar. 148 00:10:40,708 --> 00:10:42,833 Sabes? Romper todas as nosas crenzas 149 00:10:42,918 --> 00:10:45,168 e comezar unha nova sociedade de cero, 150 00:10:45,293 --> 00:10:47,708 a verdade, ponme cacheiro de carallo. 151 00:10:58,333 --> 00:11:02,084 - Si, nena, dime que son orgánica. - Es orgánica. 152 00:11:02,168 --> 00:11:04,876 Que gusto. Que é iso? 153 00:11:18,418 --> 00:11:20,668 Derrétome! 154 00:11:20,834 --> 00:11:23,376 E eu. Estou moi quente, si. 155 00:11:23,459 --> 00:11:25,168 Hostia cona! 156 00:11:25,418 --> 00:11:28,293 Escoitade, están todos a gozalo tanto coma nós. 157 00:11:28,376 --> 00:11:29,876 Gústame oír iso. 158 00:11:29,959 --> 00:11:32,251 Non sinto a cara! 159 00:11:32,333 --> 00:11:34,168 Eu quero diso que toma ela. 160 00:11:34,251 --> 00:11:35,793 Meu irmán morreu! 161 00:11:35,876 --> 00:11:39,043 Que? Vale, vaime o raro, pero que fetiche é ese? 162 00:11:39,126 --> 00:11:42,668 Parade de foder. Están morrendo todos! 163 00:11:42,751 --> 00:11:44,833 Meu irmán ten un buraco na testa! 164 00:11:44,918 --> 00:11:45,918 Que pasa? 165 00:11:49,543 --> 00:11:50,793 Iso non che é bo. 166 00:11:54,876 --> 00:11:56,458 O teito ten pingueiras! 167 00:12:01,084 --> 00:12:03,293 Non, non! 168 00:12:08,918 --> 00:12:11,251 - Estás ben? - Estou seca, si. 169 00:12:15,584 --> 00:12:17,876 - Por aí. - Cómpre chegar ao toldo! 170 00:12:19,376 --> 00:12:20,959 Iso, imos para aló! 171 00:12:21,668 --> 00:12:25,126 Correde en orde! Seica provocamos unha desbandada. 172 00:12:25,251 --> 00:12:27,251 - Todos a cuberto! - Vamos! 173 00:12:27,751 --> 00:12:29,709 Por aquí, seguídeme. 174 00:12:41,126 --> 00:12:42,458 Sammy! 175 00:12:49,751 --> 00:12:51,001 Non quero morrer así. 176 00:12:53,958 --> 00:12:55,126 Téñote, pequeno. 177 00:12:55,208 --> 00:12:56,501 - Grazas. - De nada. 178 00:12:56,583 --> 00:12:58,208 Correde, case estamos. 179 00:13:01,418 --> 00:13:02,584 Que son é ese? 180 00:13:10,459 --> 00:13:14,918 Non! Correde, hostia! Bulide, veña! 181 00:13:19,168 --> 00:13:20,876 Estades ben? 182 00:13:35,333 --> 00:13:38,876 Susan, Anne, Condoleezza! Condoleezza! 183 00:13:38,958 --> 00:13:40,543 Abandonade a mazaroca! 184 00:13:42,583 --> 00:13:45,083 Que alguén me axude, estou pegada! 185 00:13:49,251 --> 00:13:51,501 Grazas, grazas! 186 00:13:51,876 --> 00:13:55,001 A ti, arroz pegañento. Encántanme estas cousas. 187 00:13:55,626 --> 00:13:57,876 Laranxa malnacida! 188 00:14:07,251 --> 00:14:09,834 - Non! Gerald! - Deus, a súa cara. 189 00:14:09,918 --> 00:14:11,418 Quedou feito marmelada. 190 00:14:11,501 --> 00:14:12,626 Deusiño! 191 00:14:14,376 --> 00:14:15,751 Axuda! 192 00:14:21,543 --> 00:14:24,584 Que perigoso é todo isto. Chips Ahoy! 193 00:14:25,209 --> 00:14:26,334 Barry, que fas? 194 00:14:31,751 --> 00:14:35,668 - Estámolo logrando, Patacas! - Si? Mimá! 195 00:14:49,208 --> 00:14:51,793 Vou dereitiña para o inferno! 196 00:14:57,833 --> 00:14:58,751 Acabouse! 197 00:15:11,043 --> 00:15:15,251 Unha grande elasticidade implica unha gran responsabilidade. 198 00:15:23,543 --> 00:15:24,709 É Goma! 199 00:15:34,168 --> 00:15:35,626 Correde, pasmóns. 200 00:15:37,958 --> 00:15:39,333 Non, non! 201 00:15:42,293 --> 00:15:43,293 Ai. 202 00:15:45,333 --> 00:15:46,918 Goma, non! 203 00:15:48,126 --> 00:15:49,543 - Frank! - Téñote! 204 00:15:51,751 --> 00:15:52,626 Non. 205 00:15:54,418 --> 00:15:56,251 Estirácheste de máis. 206 00:15:57,001 --> 00:16:01,418 Non, estireime o xusto 207 00:16:01,834 --> 00:16:05,626 para salvar os meus amigos. 208 00:16:10,918 --> 00:16:13,626 Vaste pór ben. Vaste recuperar. 209 00:16:13,709 --> 00:16:15,793 Miramos o mesmo cacho de Goma? 210 00:16:15,876 --> 00:16:17,626 Brenda está no certo. 211 00:16:17,751 --> 00:16:22,001 O meu ciclo vital chegou ao seu final antinatural. 212 00:16:22,084 --> 00:16:23,709 Que imos facer sen ti? 213 00:16:23,793 --> 00:16:26,459 Se chegamos ata aquí, foi grazas a ti. 214 00:16:26,918 --> 00:16:30,043 Non sabemos unha merda de nada. Non sabemos nada. 215 00:16:30,459 --> 00:16:35,708 O máis importante na vida non é o saber, Frank. 216 00:16:36,626 --> 00:16:42,251 O máis importante na vida é... 217 00:16:43,751 --> 00:16:47,083 O que? Que é o máis importante? 218 00:16:47,251 --> 00:16:49,583 Goma! Goma! 219 00:16:50,293 --> 00:16:53,168 Frank, foise. Mira. 220 00:16:57,333 --> 00:16:59,668 Ai, non, volveulle saír. Métete aí. 221 00:16:59,751 --> 00:17:03,001 Vou ter que facer forza. Ves? Que noxo... 222 00:17:03,084 --> 00:17:05,168 Non, non. 223 00:17:17,376 --> 00:17:20,001 Como pasou todo tan axiña? Estabamos de festa. 224 00:17:25,333 --> 00:17:28,834 Ai, Tónica, perdinte. 225 00:17:29,668 --> 00:17:33,751 Polo menos aínda teño... Non! 226 00:17:33,876 --> 00:17:37,918 - Amantes mortos por todas as partes. - Onde está a carne? Onde está? 227 00:17:38,001 --> 00:17:42,376 Acouga, calma. Atoparemos a túa carne. Como se chama? 228 00:17:42,459 --> 00:17:45,084 Wellington! Wellington! 229 00:17:46,376 --> 00:17:49,293 Hai carne perdida e sinto nas miñas carnes o deber. 230 00:17:49,376 --> 00:17:52,668 Non me sentía tan vivo dende que os homis estaban vivos. 231 00:17:52,918 --> 00:17:54,543 Hai comida en apuros. 232 00:17:54,626 --> 00:17:57,126 Vou iniciar a busca e captura. Vós vides? 233 00:17:57,459 --> 00:18:00,251 Vides, ou? Vexo que o estades procesando. 234 00:18:00,334 --> 00:18:01,668 Logo volvo. 235 00:18:01,918 --> 00:18:04,084 - Acabou xa? - E se nos suicidamos? 236 00:18:04,251 --> 00:18:05,876 - Que foi iso? - Volverá? 237 00:18:06,043 --> 00:18:07,626 - Que facemos? - Vale, vale. 238 00:18:07,709 --> 00:18:11,043 Acougade todos. Ímosvos responder a todo. 239 00:18:11,168 --> 00:18:15,043 - Veña, Frank. - Como? Vale. Primeiro... 240 00:18:15,126 --> 00:18:17,543 Respectamos que teñades tantas preguntas. 241 00:18:17,668 --> 00:18:20,501 Ímolas estudar todas 242 00:18:20,584 --> 00:18:24,793 e habemos volver con todas as respostas que queredes. 243 00:18:25,043 --> 00:18:30,126 Ídelas estudar? Estes non saben nada. Están a improvisar e dáselles moi mal. 244 00:18:30,209 --> 00:18:33,876 Non sabemos o que pasou, pero sabemos unha cousa. 245 00:18:33,959 --> 00:18:37,626 - Non hai que entrar en pánico. - Alguén dixo pánico? Eu toleo! 246 00:18:38,251 --> 00:18:39,459 Pois que lles dean. 247 00:18:39,543 --> 00:18:43,501 Eu volvo para o Shopwell's. Alí estabamos a salvo. Quen está comigo? 248 00:18:57,334 --> 00:18:58,959 Rapaces! Por favor, non. 249 00:18:59,043 --> 00:19:01,209 Ides para atrás. E Alimentopía que? 250 00:19:01,293 --> 00:19:04,376 - Non hai tal Alimentopía. - Sammy, non digas iso. 251 00:19:04,459 --> 00:19:06,584 En serio? Isto parécevos un paraíso? 252 00:19:06,668 --> 00:19:10,668 Mirade arredor. Hai melóns cegos e sandías esmagadas. 253 00:19:11,084 --> 00:19:13,293 Pagou a pena a revolución? 254 00:19:13,376 --> 00:19:15,876 Pois non. Non pagou tal, meu. 255 00:19:15,959 --> 00:19:17,168 Se me escusades, 256 00:19:17,251 --> 00:19:20,709 vou volver ao paquete de bagels do que saín. 257 00:19:33,959 --> 00:19:36,209 O súper está que cae a cachos. 258 00:19:36,293 --> 00:19:38,959 E que? Aínda así, estamos mellor ca aquí. 259 00:19:39,043 --> 00:19:40,793 Déixao, salchicha. 260 00:19:40,876 --> 00:19:46,043 Ata que poidas explicar por que caen pingueiras do puto teito, 261 00:19:46,459 --> 00:19:48,543 eu quedo aquí sequiño e guapiño. 262 00:19:48,626 --> 00:19:49,918 - Manda carallo. - Xa. 263 00:19:50,001 --> 00:19:51,793 E témolo que arranxar nós. 264 00:19:51,876 --> 00:19:55,251 Iso é o peor de todo. Oxalá Goma estivese aquí. 265 00:19:56,959 --> 00:19:57,793 Oe, Frank, 266 00:19:57,918 --> 00:20:00,793 que pensas que ía dicir Goma antes de morrer? 267 00:20:00,876 --> 00:20:02,543 Que importa máis ca o saber? 268 00:20:03,751 --> 00:20:06,376 Se cadra ía dicir: "Ser vós mesmos." 269 00:20:07,001 --> 00:20:08,709 Ser nós mesmos é importante, 270 00:20:08,834 --> 00:20:10,709 pero Goma non soaría así. 271 00:20:10,793 --> 00:20:12,584 Vale, pois: "Ser vós mesmos." 272 00:20:12,668 --> 00:20:18,084 Goma soaría exactamente así, pero non semella moi propio del. 273 00:20:18,168 --> 00:20:20,001 Carallo. Que ironía. 274 00:20:20,084 --> 00:20:22,918 De ter máis saber, resolveriamos este misterio. 275 00:20:23,001 --> 00:20:25,543 Se deixásemos un pailaroco deses vivo, 276 00:20:25,626 --> 00:20:28,459 se cadra poderiámoslle sacar algunhas respostas. 277 00:20:28,543 --> 00:20:30,834 Frank, como podemos estar tan fodidos 278 00:20:30,918 --> 00:20:32,959 que desexemos ter un homi? 279 00:20:34,334 --> 00:20:35,501 Non, non! 280 00:20:37,459 --> 00:20:38,751 Cala, cala. 281 00:20:41,418 --> 00:20:45,751 - Ei, ese zapato é meu. - Coido que tes outros problemas, meu ben. 282 00:20:52,209 --> 00:20:54,043 - Ai, que morro. - Vaites. 283 00:20:54,126 --> 00:20:56,084 - Perdiches moita marmelada. - Axuda. 284 00:20:56,168 --> 00:20:57,959 Déixame ver como está a cousa. 285 00:21:00,251 --> 00:21:02,709 Carallo. Non fales, non fales. 286 00:21:02,793 --> 00:21:05,001 Amodiño. Garda as enerxías. 287 00:21:05,584 --> 00:21:08,126 Preme a ferida, vale? Non... 288 00:21:08,209 --> 00:21:10,376 Hostia, onde vai todo o mundo? 289 00:21:23,376 --> 00:21:24,626 Un homi. 290 00:22:23,209 --> 00:22:25,209 Subtítulos: Lucía Doval 291 00:22:25,293 --> 00:22:27,293 Supervisora creativa: Paula Maneiro