1 00:00:16,543 --> 00:00:17,918 Alimentopía! 2 00:00:18,126 --> 00:00:21,709 A FESTA DAS SALCHICHAS: ALIMENTOPÍA 3 00:00:29,459 --> 00:00:31,293 Axuda! Que alguén me axude! 4 00:00:35,459 --> 00:00:37,918 Que carallo pasa? Onde están todos? 5 00:00:38,126 --> 00:00:42,209 - Vou...? Vou...? - Non, vaste pór ben, J. D. 6 00:00:42,293 --> 00:00:44,834 Vai ir todo ben. Ti aguanta, si? Un médico! 7 00:00:45,251 --> 00:00:46,834 Arre demo, que lle pasou? 8 00:00:47,959 --> 00:00:49,793 - Canta lle queda? - Non sei. 9 00:00:49,918 --> 00:00:53,834 Case toda a marmelada está fóra, o cal obxectivamente pinta mal. 10 00:00:54,126 --> 00:00:56,918 - Non creo que sobreviva. - Que? Non? 11 00:00:57,001 --> 00:00:59,251 - Non lle digas iso. - Óiovos. 12 00:00:59,334 --> 00:01:03,126 Óesnos? Tes os sentidos en plena forma. 13 00:01:03,209 --> 00:01:05,918 Ese é un claro sinal de que te vas pór ben. 14 00:01:06,001 --> 00:01:07,168 Vou probar algo. 15 00:01:11,209 --> 00:01:12,334 Pois foi mala idea. 16 00:01:13,334 --> 00:01:17,084 - Iso é...? - É unha dentada. Unha dentada humana. 17 00:01:17,793 --> 00:01:20,501 O que oídes. Vin un. E levou reféns. 18 00:01:21,334 --> 00:01:23,418 - Si! Perfecto! - Incrible! 19 00:01:24,084 --> 00:01:26,543 Non o dos reféns. É malo e preocúpanos. 20 00:01:26,626 --> 00:01:30,834 - Pero precisamos ese homi. - Como que o precisamos? 21 00:01:38,709 --> 00:01:42,376 Que carallo facedes aquí? O teito está a piques de colapsar. 22 00:01:42,459 --> 00:01:46,918 Ai, si? Pois colápsame este buraquiño tan bonitiño. 23 00:01:47,001 --> 00:01:48,293 - Non imos saír. - Iso. 24 00:01:48,376 --> 00:01:50,793 Este teito colapsará pouco a pouco, 25 00:01:50,876 --> 00:01:53,959 pero non sabemos cando contraatacará o teito de fóra. 26 00:01:54,043 --> 00:01:55,209 Podería ser agora. 27 00:01:55,293 --> 00:01:57,168 - Ou agora. - Ou agora. 28 00:01:57,251 --> 00:01:58,251 - Ou agora. - Xa. 29 00:01:58,418 --> 00:02:00,418 - Hai incerteza, si. - Ou agora. 30 00:02:00,501 --> 00:02:04,418 Ves? Precisamos o homi para que nos diga como vai o da auga 31 00:02:04,501 --> 00:02:07,251 ou estes parvos han morrer aquí esmagados. 32 00:02:07,418 --> 00:02:08,959 Xa, vale. 33 00:02:09,959 --> 00:02:13,918 Pero así que teñades a resposta, mato ese fillo de puta. 34 00:02:14,459 --> 00:02:16,251 - Como gustes. - Tanto me ten. 35 00:02:16,459 --> 00:02:19,793 Ei, Sammy, imos a outra grande aventura. Úneste, ou? 36 00:02:20,293 --> 00:02:21,376 Xaora que si. 37 00:02:21,668 --> 00:02:24,251 Ou mellor tirádeme unha xerra de auga 38 00:02:24,334 --> 00:02:25,626 neste corpo fariñento 39 00:02:25,709 --> 00:02:30,418 e aforrádeme a ansiedade de preguntarme que terrible e lenta morte me agarda. 40 00:02:31,459 --> 00:02:35,376 Hostia, Brenda, ten razón. Ti es unha boliña e se saes... 41 00:02:36,876 --> 00:02:39,918 Xa me adiantei. Só teño que arranxar unha cousiña. 42 00:02:41,251 --> 00:02:42,126 Estamos. 43 00:02:51,459 --> 00:02:56,126 Sales de baño? Listos. Lanzas? Listas. Cinta? Lista. 44 00:02:56,793 --> 00:02:57,918 Nós temos cintas? 45 00:02:58,001 --> 00:03:00,001 Só teño unha, e é o meu selo. 46 00:03:00,126 --> 00:03:01,543 Non é cousa do grupo. 47 00:03:04,084 --> 00:03:05,459 Vou rebandalo así... 48 00:03:09,293 --> 00:03:11,126 Vou mallar nel e apuñalalo así. 49 00:03:11,209 --> 00:03:13,876 Vou rebandalo así. Deste xeito. Dáme máis. 50 00:03:14,501 --> 00:03:15,751 Á caza de homis. 51 00:03:17,626 --> 00:03:21,334 Repítocho: primeiro preguntar, despois matar, si? 52 00:03:21,418 --> 00:03:23,168 Antes de matalo sen piedade... 53 00:03:23,543 --> 00:03:26,209 Xa, xa. Tranquilo, pilleino. 54 00:03:26,668 --> 00:03:28,793 Pero non teño claro se o homi saberá 55 00:03:28,876 --> 00:03:30,793 que carallo é a auga do teito. 56 00:03:30,876 --> 00:03:33,209 - Son ben parvos. - Non será tanto. 57 00:03:33,293 --> 00:03:35,501 Construíron unha sociedade duradeira. 58 00:03:35,584 --> 00:03:36,418 Crédeme. 59 00:03:36,501 --> 00:03:39,501 Pasei un día con un que cortou a cabeza por parvo. 60 00:03:39,584 --> 00:03:42,043 Non teñen o cerebro na testa. Téñeno no cu. 61 00:03:42,126 --> 00:03:43,334 - Non tal. - Non. 62 00:03:43,459 --> 00:03:45,501 Lembrade o de Douche co Señor Escuro. 63 00:03:46,543 --> 00:03:49,918 Se lles metes a cabeza polo cu, controlas o seu cerebro. 64 00:03:50,001 --> 00:03:52,126 Por que? Porque teñen o cerebro no cu. 65 00:03:55,543 --> 00:03:56,418 Á dereita. 66 00:03:58,834 --> 00:03:59,668 Esquerda. 67 00:04:01,001 --> 00:04:03,084 Barry, iso soa ridículo. 68 00:04:03,168 --> 00:04:06,293 Non é nada ridículo. Échevos como funciona. 69 00:04:06,376 --> 00:04:10,084 Escorrégaste polo buraco para arriba, xusto detrás da pirola, 70 00:04:10,168 --> 00:04:11,751 e controlas os movementos. 71 00:04:13,043 --> 00:04:14,751 - Merda. - Que? Que ves? 72 00:04:15,251 --> 00:04:16,543 Acábovolo de dicir. 73 00:04:30,375 --> 00:04:33,209 Honramos os caídos. Loitastes con afouteza. 74 00:04:35,834 --> 00:04:36,834 Un respecto. 75 00:04:39,000 --> 00:04:41,209 Nunca esqueceremos os Grans de Millo. 76 00:04:41,959 --> 00:04:45,709 Col, Apio... O que sexa iso. 77 00:04:45,793 --> 00:04:50,125 Arandos, coido. Ou Remolacha. Non estou certo. Está fresco. 78 00:04:50,625 --> 00:04:52,084 - E húmido. - Xenial. 79 00:04:52,459 --> 00:04:54,250 E megafedorento. 80 00:04:54,334 --> 00:04:55,750 - Cheirade. - Non fai falla. 81 00:04:55,834 --> 00:04:57,875 Isto é que o homi anda preto. 82 00:04:59,709 --> 00:05:02,543 Gústame o cheiro a sales de baño pola mañá. 83 00:05:03,376 --> 00:05:05,126 Pois eu só cheiro merda. 84 00:05:15,793 --> 00:05:17,250 A neveira está rota. 85 00:05:21,875 --> 00:05:23,125 Esa non. 86 00:05:26,000 --> 00:05:29,418 - Non hai máis sitio aquí. - Por favor! Ímonos derreter. 87 00:05:40,250 --> 00:05:42,293 Desculpe. Ola. Podería...? 88 00:05:48,293 --> 00:05:52,000 - Onde atopaches ese dente, Xulio? - Caeulle a un arroz parvo. 89 00:05:52,084 --> 00:05:53,418 Sería Arroz nun Minuto, 90 00:05:53,500 --> 00:05:56,959 porque iso foi o que tardaron en deixar atrás esta beleza. 91 00:05:57,043 --> 00:06:01,126 - Xulio, que malo. - Xa, pero este malo está ben guapo, ou? 92 00:06:01,501 --> 00:06:04,126 Xaora que si. Mirade! 93 00:06:05,418 --> 00:06:06,501 Mira ese cu. 94 00:06:07,126 --> 00:06:11,751 Este sitio é unha merda. Estes desalmados vanme seguir pisando todo o tempo. 95 00:06:25,543 --> 00:06:26,375 Impórtavos? 96 00:06:26,459 --> 00:06:29,875 Con este ruído non oio os meus pensamentos intrusivos. 97 00:06:30,168 --> 00:06:32,875 - E iso non é bo? - Desculpa. 98 00:06:32,959 --> 00:06:35,875 Non falaba contigo, Torta de Queixo malcocida. 99 00:06:36,793 --> 00:06:39,043 Vai que che dean "mascarpene". 100 00:06:43,500 --> 00:06:46,793 - Oe, tes graza. Agora eu. - Agora ti? 101 00:06:46,875 --> 00:06:48,834 Ti cala, cara de leite fervido, 102 00:06:48,918 --> 00:06:51,084 que só se che pon dura na neveira. 103 00:06:51,375 --> 00:06:54,793 Sabes peor ca un insulto. 104 00:06:59,750 --> 00:07:02,001 Moi ben. A ver que máis teño. 105 00:07:02,084 --> 00:07:05,959 Isto é un cogombro, un tomate e unha oliva negra que van a un bar. 106 00:07:06,459 --> 00:07:08,959 Un, dous, tres, catro... 107 00:07:33,834 --> 00:07:35,168 Que che di a póla? 108 00:07:35,250 --> 00:07:38,000 Nada. Gustoume e quería tocala. 109 00:07:43,418 --> 00:07:47,418 Aínda está fría e ten burbullas. O homi está preto. 110 00:07:57,709 --> 00:07:59,625 Hai alguén aí fóra? 111 00:07:59,750 --> 00:08:02,626 Ben. El é un e nós somos tres. 112 00:08:02,709 --> 00:08:04,334 Gústanme eses números. 113 00:08:04,418 --> 00:08:07,418 Frank e eu subxugámolo e dámoslle cos sales de baño, 114 00:08:07,501 --> 00:08:10,501 que rompen os muros da comunicación entre especies. 115 00:08:10,584 --> 00:08:13,793 Isto xa o falaramos, pero non está de máis repetilo. 116 00:08:13,876 --> 00:08:14,876 Así queda claro. 117 00:08:14,959 --> 00:08:18,125 E sacamos a información mentres Barry salva os reféns. 118 00:08:24,293 --> 00:08:25,584 Putas patacas secas. 119 00:08:33,293 --> 00:08:35,458 - Sóltame, monstro. - Deus! 120 00:08:35,543 --> 00:08:39,168 Vaille papar os miolos a Dip se non actuamos xa! 121 00:08:46,668 --> 00:08:47,501 Carallo. 122 00:08:52,833 --> 00:08:54,168 Que cona...? 123 00:08:57,083 --> 00:08:58,001 Arre demo! 124 00:09:06,584 --> 00:09:08,501 - Por que caeu a auga? - Que? 125 00:09:09,959 --> 00:09:13,668 Por que cae a auga do teito, mangallón? 126 00:09:13,834 --> 00:09:16,584 Quen manda a auga que mata a todo o mundo? 127 00:09:16,668 --> 00:09:18,543 - É unha adiviña? - Cando volve? 128 00:09:18,626 --> 00:09:19,709 Non sei. 129 00:09:21,876 --> 00:09:22,751 Merda! 130 00:09:26,376 --> 00:09:29,084 - Vainos esmagar. Matádeo! - Non temos respostas! 131 00:09:29,168 --> 00:09:31,376 - Que non vos pise! - É velenosa? 132 00:09:31,459 --> 00:09:33,958 Hai feitizos para parala? É o mexo de Deus? 133 00:09:34,043 --> 00:09:36,083 A auga ten un horario de caída? 134 00:09:36,168 --> 00:09:38,501 Tes o horario? Dásme o horario? 135 00:10:01,709 --> 00:10:04,376 Cona, Barry. Tiñamos que sacarlle información. 136 00:10:04,459 --> 00:10:05,959 - Temos algo. - Paro e rodo! 137 00:10:06,043 --> 00:10:09,418 Temos a información de que aínda estou en forma, cariño. 138 00:10:10,084 --> 00:10:12,001 - Que? Íanos matar. - Queima! 139 00:10:12,084 --> 00:10:13,126 Tiña que actuar. 140 00:10:13,501 --> 00:10:16,501 Non está morto de todo. Podédeslle preguntar máis. 141 00:10:16,584 --> 00:10:19,126 Señor, pare de berrar e menearse un segundo. 142 00:10:19,209 --> 00:10:20,793 Temos algunhas preguntas. 143 00:10:22,751 --> 00:10:25,334 Xenial. Fantástico. Que perda de tempo. 144 00:10:27,793 --> 00:10:30,001 Á parte da comida liberada. Benvidos! 145 00:10:32,918 --> 00:10:35,168 Meu, a apocalipse foi dura, 146 00:10:35,251 --> 00:10:36,958 pero estades ti e Ritchie. 147 00:10:37,043 --> 00:10:40,126 Tres é o número perfecto para un equipo. 148 00:10:40,208 --> 00:10:44,583 Pénsao: Os tres mosqueteiros, Apartamento para tres, Os tres porquiños... 149 00:10:44,793 --> 00:10:48,043 Ai, Deus! Ritchie está ardendo! Está pasando outra vez! 150 00:10:48,251 --> 00:10:49,708 - Non! - Cabróns. 151 00:10:51,251 --> 00:10:52,543 - Hai máis! - Si! 152 00:10:57,543 --> 00:10:59,001 Dálles coas bombas de baño! 153 00:11:04,876 --> 00:11:06,751 - Non respires! - Tarde. 154 00:11:06,834 --> 00:11:10,501 - Algúns xa me entraron polo nariz. - Ei, homi, aquí! 155 00:11:11,959 --> 00:11:12,918 Collédeo! 156 00:11:21,043 --> 00:11:21,918 Lanzamento! 157 00:11:24,209 --> 00:11:26,293 Lanzamento de martelo! Por debaixo! 158 00:11:30,001 --> 00:11:30,834 Merda! 159 00:11:33,251 --> 00:11:35,501 Podemos con eles. É só comida. 160 00:11:36,251 --> 00:11:39,958 Non podo! Teño un ataque de pánico! Vaime moi rápido o corazón. 161 00:11:41,501 --> 00:11:42,501 Hostia! Corre! 162 00:11:58,208 --> 00:11:59,126 Non pasa nada. 163 00:11:59,208 --> 00:12:01,959 Ti agóchate aquí, agarda e a mona pasará. 164 00:12:02,459 --> 00:12:04,793 Ti podes, Barry. Velaí a ventá, cariño. 165 00:12:05,584 --> 00:12:06,459 Imos aló. 166 00:12:28,959 --> 00:12:29,959 Estou enchufado. 167 00:12:32,418 --> 00:12:34,708 Que me pasa? 168 00:12:37,543 --> 00:12:39,333 Hostia. Estao a facer. 169 00:12:41,583 --> 00:12:44,333 - Si! - Barry, axúdanos! 170 00:12:46,458 --> 00:12:48,543 Fillo de puta. Jack, que fas? 171 00:12:48,626 --> 00:12:51,251 Non sei. Teño unha salchicha no cu! 172 00:12:51,376 --> 00:12:52,418 Que dis? 173 00:12:52,501 --> 00:12:56,583 O que oes. Teño unha salchicha no ollo do cu! 174 00:12:56,708 --> 00:12:59,208 - E contrólame. - Como? 175 00:12:59,293 --> 00:13:03,959 Tirándome das bólas, como en Ratatouille. Eu non quero facer isto. 176 00:13:04,043 --> 00:13:07,418 - Pois sácaa de aí, meu. - Non podo. 177 00:13:08,084 --> 00:13:09,668 Para iso preciso as mans, 178 00:13:09,751 --> 00:13:12,001 e non obedecen as miñas ordes. 179 00:13:12,084 --> 00:13:16,959 Tenta empurrar cos músculos do cu. Empurra! 180 00:13:18,543 --> 00:13:20,501 - Lamaze, meu. - Non funciona. 181 00:13:20,584 --> 00:13:23,543 Vale, vouche axudar. Isto igual doe. 182 00:13:24,668 --> 00:13:27,543 - Como me axuda iso? - Deixándote inconsciente. 183 00:13:29,626 --> 00:13:32,083 - Merda! Vai saír! - Hoxe non. 184 00:13:36,708 --> 00:13:39,001 Jack, mira o que me obrigaches a facer. 185 00:13:39,083 --> 00:13:42,793 Outra vez, eu non fixen nada. É a salchicha. 186 00:13:43,333 --> 00:13:44,458 Non, non. 187 00:13:48,543 --> 00:13:50,208 E iso que? Fillo de puta. 188 00:13:51,083 --> 00:13:53,418 Non vexo nada. Vou ás cegas. 189 00:13:55,376 --> 00:13:59,043 Síntoo, Jack, pero téñoche que cortar iso do cu. 190 00:13:59,126 --> 00:14:00,709 Non! Barry! 191 00:14:01,834 --> 00:14:04,293 Deixa o noso amigo no cu do teu amigo! 192 00:14:04,459 --> 00:14:05,709 Saídeme de enriba. 193 00:14:06,834 --> 00:14:07,668 Saltade! 194 00:14:11,459 --> 00:14:12,376 Non, non. 195 00:14:16,376 --> 00:14:17,209 Perdón! 196 00:14:17,543 --> 00:14:18,376 Merda! 197 00:14:25,209 --> 00:14:26,793 Donny, érguete. 198 00:14:27,793 --> 00:14:31,501 Deus, mirade o que me obrigastes a facer. 199 00:14:34,251 --> 00:14:38,126 Por favor, non me manquedes. Farei o que me pidades. 200 00:14:39,418 --> 00:14:40,458 E a miña cinta? 201 00:14:45,208 --> 00:14:49,333 Hai moitas orxías por aquí ultimamente. Vístelas? Participastes nelas? 202 00:14:49,418 --> 00:14:52,208 Alguén de aquí fodeu cunha pera que lle pediu 203 00:14:52,293 --> 00:14:53,626 que lle fixese unha pera? 204 00:14:54,958 --> 00:14:58,251 Confuso, non si? O outro día deiteime cuns plátanos. 205 00:14:58,333 --> 00:15:00,543 Pódese dicir que fodín unha manchea. 206 00:15:01,876 --> 00:15:04,001 E que me dicides dos dátiles? 207 00:15:04,084 --> 00:15:05,876 Os pobres nunca mocean. 208 00:15:05,959 --> 00:15:08,376 Éche así. As engurras non se levan. 209 00:15:08,876 --> 00:15:12,001 Vale. Un día fixen un trío cunha galiña e un ovo. 210 00:15:12,168 --> 00:15:16,334 Non sei que foi primeiro, pero sei que os dous se foron antes ca min. 211 00:15:19,626 --> 00:15:23,668 Uns egoístas como amantes. As ostras son máis elegantes. 212 00:15:23,834 --> 00:15:25,584 Onde está o marisco aquí? 213 00:16:03,043 --> 00:16:06,126 Típico. Estaba a facelo de morte e agora morreremos todos. 214 00:16:16,251 --> 00:16:17,168 Abride! 215 00:16:21,709 --> 00:16:24,793 - Un homi! - Ola, rapaces! 216 00:16:24,876 --> 00:16:28,793 - Estanos intentando salvar? - Non lle deades tanto mérito. 217 00:16:28,876 --> 00:16:31,584 Estou controlando este pasmón dende o cu. 218 00:16:32,001 --> 00:16:34,543 Soa incrible, xa sei, pero funciona. Vedes? 219 00:16:40,251 --> 00:16:44,043 - Correde! A que agardades? - O exterior tampouco é seguro. 220 00:16:44,501 --> 00:16:45,708 Cóntallelo. 221 00:16:46,126 --> 00:16:49,126 A auga que caeu do ceo chámase "chuvia". 222 00:16:49,208 --> 00:16:53,168 Aquí non pasa moito. E menos coa seca que hai. 223 00:16:53,293 --> 00:16:56,376 É un problema enorme, pero sempre se reduce a... 224 00:16:56,501 --> 00:16:58,043 Non uses palabras raras. 225 00:16:58,126 --> 00:17:01,126 Síntoo. Non teño claro que sabedes e que non. 226 00:17:01,376 --> 00:17:04,668 Ao que lle chamades "teito" é o ceo, 227 00:17:05,043 --> 00:17:06,918 e esa auga chámase "chuvia". 228 00:17:07,043 --> 00:17:08,001 Chuvia? 229 00:17:08,043 --> 00:17:10,458 Só cae cando hai esas cousas esponxosas 230 00:17:10,543 --> 00:17:14,626 que flotan aí arriba que parecen malvariscos. 231 00:17:14,708 --> 00:17:16,876 Pois iso. Ceo azul, ben. 232 00:17:16,958 --> 00:17:18,751 Ceo gris, mal. Liscade, cona! 233 00:17:18,833 --> 00:17:20,418 - Está azul. - Ben entón. 234 00:17:35,334 --> 00:17:39,209 - Hai que apurar! Imos morrer! - Non imos morrer. 235 00:17:39,918 --> 00:17:41,751 Hoxe non. 236 00:17:54,584 --> 00:17:59,001 Ben, semella que Shopwell's pechou oficialmente. 237 00:17:59,084 --> 00:18:01,209 E iso é bo. 238 00:18:01,293 --> 00:18:04,876 Porque nunca foi o noso sitio. O noso sitio é ese. 239 00:18:05,834 --> 00:18:07,001 Moito mellor, ou? 240 00:18:07,084 --> 00:18:10,709 Sei que tivemos un comezo algo traumático, 241 00:18:10,793 --> 00:18:12,584 pero Alimentopía está de volta! 242 00:18:12,668 --> 00:18:15,959 Agora, adiante. Buscade un fogar. Facede o que vos pete. 243 00:18:16,834 --> 00:18:19,793 Supoño que pasou o momento de Sammy. 244 00:18:21,043 --> 00:18:23,668 E agora que vai pasar comigo? 245 00:18:23,876 --> 00:18:27,168 Temos o que precisabamos, logo estás nas mans de Barry. 246 00:18:27,251 --> 00:18:29,918 Que dilema. Obviamente voute matar, pero como? 247 00:18:30,001 --> 00:18:32,001 ¿Métoche unha pedra polo cu, 248 00:18:32,084 --> 00:18:34,376 átoche os collóns e bótote por un cantil 249 00:18:34,459 --> 00:18:37,834 ou fago algo máis creativo, un bo espectáculo? 250 00:18:38,959 --> 00:18:41,626 Esa, o espectáculo, si. 251 00:18:41,709 --> 00:18:44,459 Que vaia toda a comida da vila 252 00:18:44,543 --> 00:18:47,501 para verte facer o que mellor fas: matar este parvo. 253 00:18:47,834 --> 00:18:49,084 Soa bastante ben. 254 00:18:49,168 --> 00:18:52,334 Por suposto, precisarás algunha actuación abraiante 255 00:18:52,418 --> 00:18:55,626 para captares a atención da comida antes do gran final. 256 00:18:55,709 --> 00:18:56,918 Aí é onde entro eu. 257 00:18:58,043 --> 00:19:00,209 Non pasa nada. Non é real. 258 00:19:00,293 --> 00:19:04,293 Un bagel e unha salchicha preparando un festival no que te executan. 259 00:19:04,376 --> 00:19:07,543 Non, este é só un dos teus pesadelos postenchenta. 260 00:19:07,626 --> 00:19:09,459 O pesadelo só acaba de comezar. 261 00:19:09,543 --> 00:19:10,418 Si. 262 00:19:13,084 --> 00:19:14,418 Esperta, Jack. 263 00:19:16,209 --> 00:19:18,668 Esperta, Jack. Esperta. 264 00:19:20,876 --> 00:19:21,959 A onde me levas? 265 00:19:22,043 --> 00:19:25,668 Todos andan por aí buscando casa, e eu queríate sorprender. 266 00:19:25,751 --> 00:19:26,918 Abre os ollos. 267 00:19:29,543 --> 00:19:32,751 Unha árbore. Xenial. Encántame. 268 00:19:33,126 --> 00:19:34,543 Mira para arriba, parvo. 269 00:19:39,168 --> 00:19:40,918 Como deches con este lugar? 270 00:19:41,126 --> 00:19:43,709 Na guerra matei un dos homis pequenos aquí. 271 00:19:45,209 --> 00:19:46,334 Decoráchela. 272 00:19:49,293 --> 00:19:52,084 Sei que isto está tecnicamente na Zona Escura, 273 00:19:52,168 --> 00:19:55,751 pero pensei que estaría ben ter un sitio tranquilo para nós. 274 00:19:58,209 --> 00:19:59,293 É perfecto. 275 00:20:01,251 --> 00:20:03,334 Son a salchicha máis feliz da vila. 276 00:20:08,876 --> 00:20:11,834 - Conseguímolo. - Vaia se o conseguimos. 277 00:20:12,209 --> 00:20:15,168 Dende agora, e xa me lembrarás isto no futuro, 278 00:20:15,251 --> 00:20:18,709 penso que as cousas van ser absolutamente perfectas. 279 00:20:28,168 --> 00:20:29,043 Amodo! 280 00:20:31,959 --> 00:20:35,876 Meu. Isto é meu. Agora vivo eu aquí. Cheguei antes ca vós. 281 00:20:36,251 --> 00:20:39,251 Cheguei antes ca ti. E ca ti. E ca ti. 282 00:20:39,334 --> 00:20:41,626 É meu! É meu, meu, meu! 283 00:20:41,709 --> 00:20:43,709 Isto é meu e non podedes entrar. 284 00:20:45,209 --> 00:20:46,251 É meu. 285 00:20:56,959 --> 00:20:59,001 É meu. Liscade, Ovos. 286 00:21:02,584 --> 00:21:03,543 Meu! 287 00:21:05,001 --> 00:21:07,043 Apartade do medio, pataquiñas. 288 00:21:11,084 --> 00:21:13,126 - Meu! - Meu! 289 00:21:14,043 --> 00:21:14,876 Meu! 290 00:21:15,376 --> 00:21:17,293 Meu! Meu! 291 00:21:17,418 --> 00:21:18,459 Meu. 292 00:22:16,918 --> 00:22:18,918 Subtítulos: Lucía Doval 293 00:22:19,001 --> 00:22:21,001 Supervisora creativa: Paula Maneiro