1 00:00:16,668 --> 00:00:18,251 Alimentopía! 2 00:00:18,293 --> 00:00:21,668 A FESTA DAS SALCHICHAS: ALIMENTOPÍA 3 00:00:25,626 --> 00:00:28,459 - Fagan as súas apostas. - Un dente por Fabas. 4 00:00:28,709 --> 00:00:30,293 Dous dentes por Atún. 5 00:00:30,459 --> 00:00:31,293 Atún! 6 00:00:32,834 --> 00:00:34,168 Vamos, Fabas! 7 00:01:31,334 --> 00:01:32,793 - Si! - Fillo de puta. 8 00:01:35,626 --> 00:01:39,584 Agora paga, monte de legumes parsimonioso. 9 00:01:47,543 --> 00:01:49,751 Boas. Sinto interromper a diversión. 10 00:01:49,834 --> 00:01:52,501 Só quero dicir que tedes unha casa estupenda 11 00:01:52,584 --> 00:01:54,251 e que a quero para min. 12 00:02:00,001 --> 00:02:04,418 Tómasnos por parvos? Non me enlataron onte. 13 00:02:04,501 --> 00:02:09,418 Non temos intención de darche esta fortaleza que acabamos de descubrir. 14 00:02:09,584 --> 00:02:12,709 Agás que nos queiras saquear. 15 00:02:12,793 --> 00:02:15,001 Non vai haber saqueo ningún. 16 00:02:15,084 --> 00:02:17,709 Parabéns polo dente que gañaches na carreira. 17 00:02:17,793 --> 00:02:22,418 - Espero que te poña contento. - Pon! Toda a comida adora os dentes. 18 00:02:22,501 --> 00:02:25,418 Ninguén desmerece o seu simbolismo. 19 00:02:25,668 --> 00:02:29,293 Vouche contar un segredo. Un dente non é moito. 20 00:02:30,084 --> 00:02:31,209 Sabes que é moito? 21 00:02:34,168 --> 00:02:36,376 Cento sete dentes. 22 00:02:37,876 --> 00:02:38,918 Vide contalos. 23 00:02:39,001 --> 00:02:42,459 Moitos brancos hai aquí. Algún amarelo tamén. E de leite. 24 00:02:43,293 --> 00:02:46,334 Reparaches no molar. Chulo, non si? Éche bicúspide. 25 00:02:46,793 --> 00:02:48,126 Hai algunha peza rara. 26 00:02:48,626 --> 00:02:51,293 Eses encaixan. Mira, xúntaos, hai un oco. 27 00:02:51,668 --> 00:02:54,043 Son ósos da boca da mellor calidade. 28 00:02:54,626 --> 00:02:59,334 Polos ventos do norte! Este échevos un botín ben bo. 29 00:03:00,209 --> 00:03:02,876 Hai trato, camarada laranxa. 30 00:03:05,001 --> 00:03:07,418 Empurra, meu, empurra. 31 00:03:08,501 --> 00:03:09,584 Deica outra! 32 00:03:10,501 --> 00:03:12,793 Putos parvos. 33 00:03:19,918 --> 00:03:22,084 Todo isto é meu! 34 00:03:27,834 --> 00:03:29,293 Mesmo ti. 35 00:03:31,959 --> 00:03:33,918 Lavash, meu amor. 36 00:03:34,751 --> 00:03:38,751 Cando estou contigo, é coma se non tivese buraco. 37 00:03:39,168 --> 00:03:41,376 Porque mo enche o teu amor, 38 00:03:41,459 --> 00:03:45,293 a túa admiración e, de cando en vez, 39 00:03:45,376 --> 00:03:47,043 a túa pastosa e pinta... 40 00:03:52,543 --> 00:03:56,168 - Por que berrabas? - Como? Berrei eu? 41 00:03:56,709 --> 00:03:59,918 Era un pesadelo. Prefiro non sacalo neste momento. 42 00:04:00,168 --> 00:04:02,834 - Foi caralluda a noite. - Foi, e acabouse. 43 00:04:02,918 --> 00:04:06,626 - Xa. Acabouse a emoción. - Acabouse o amor. 44 00:04:06,709 --> 00:04:08,709 - Xa. - Acabouse a atención. 45 00:04:09,334 --> 00:04:11,043 A vida será así dende agora. 46 00:04:11,126 --> 00:04:15,626 Só nos queda sentar aquí e relembrar os días de gloria, 47 00:04:15,709 --> 00:04:18,168 sabendo que non vai haber ningunha... 48 00:04:18,375 --> 00:04:19,793 Solución ós meus problemas. 49 00:04:28,834 --> 00:04:29,793 Xenial! 50 00:04:35,375 --> 00:04:39,043 Mi madriña, mira para eles. Encántalles. 51 00:04:39,459 --> 00:04:42,875 Esta caixa de atención é xusto o que preciso. 52 00:04:45,750 --> 00:04:49,043 Iso. Así se fai, carallo. 53 00:04:50,584 --> 00:04:51,418 Ei. 54 00:04:53,375 --> 00:04:55,375 Oe, tes un bo público. 55 00:04:55,459 --> 00:04:57,418 Podo eu? Se cadra cinco minutos? 56 00:04:57,875 --> 00:05:00,834 Moitas grazas, Pan Papán. Por ti fixen mal un paso. 57 00:05:01,793 --> 00:05:06,334 Perdoa. É que busco un medio para compartir o meu don co mundo 58 00:05:06,418 --> 00:05:08,584 e este semella o formato perfecto. 59 00:05:09,001 --> 00:05:13,001 Busca o teu propio sistema de difusión. Este está collido. 60 00:05:13,126 --> 00:05:17,168 - Non me entendiches. Precísoo. - Non me entendiches ti a min. 61 00:05:17,250 --> 00:05:21,084 Este sitio é meu e impórtame unha merda o que precises. 62 00:05:21,293 --> 00:05:25,168 Só me importa unha cousa, unha nada máis, e é isto. 63 00:05:38,084 --> 00:05:39,625 Raio! 64 00:05:42,500 --> 00:05:45,084 Metícheste co bagel equivocado. 65 00:05:47,084 --> 00:05:48,000 Agarda. 66 00:05:53,584 --> 00:05:58,043 Que tal un aplauso para o meu acto inaugural, "Caixa de Cereais lesionada"? 67 00:05:58,875 --> 00:06:01,501 Estou de volta. Que continúe o show. 68 00:06:01,584 --> 00:06:05,543 O meu ex pilloume fodendo con outra comida o outro día. 69 00:06:05,626 --> 00:06:08,251 Pódese dicir que metín a "moca". 70 00:06:13,501 --> 00:06:15,584 O homi comerá un dos seus? 71 00:06:15,668 --> 00:06:17,000 Dixo que tiña fame. 72 00:06:17,250 --> 00:06:19,334 Non o imos alimentar cun dos nosos. 73 00:06:19,418 --> 00:06:22,959 Daquela ou morre de fame ou bon ap-pé-tit. 74 00:06:23,750 --> 00:06:27,084 Ei, coidado! Hos... Merda, ho. 75 00:06:27,168 --> 00:06:30,043 - Estás ben? - Non! Vistes a Polo? 76 00:06:30,125 --> 00:06:33,209 - Que Polo? - O vello Polo de Laranxa. 77 00:06:33,875 --> 00:06:37,418 Tiña un dente no peto e veu correndo cun pico e rouboumo! 78 00:06:37,500 --> 00:06:39,584 Desdentoute? 79 00:06:39,668 --> 00:06:41,875 Pero a comida non lle rouba á comida. 80 00:06:42,293 --> 00:06:46,084 Pois dicídello ao cabrón que me roubou o que era meu. 81 00:06:46,418 --> 00:06:49,418 - Está a pasarlle a todos. - Que alguén a deteña! 82 00:06:49,584 --> 00:06:53,500 A ver, agarda, non sabemos a versión completa. 83 00:06:53,750 --> 00:06:55,584 Tiña un dente e ela rouboumo! 84 00:06:56,125 --> 00:06:58,834 Pois xa a sabemos. Temos un problema. 85 00:07:01,001 --> 00:07:02,376 Merda. Velaí vén outro. 86 00:07:02,459 --> 00:07:04,834 Non. Cachounos? Vénse encarar con nós? 87 00:07:04,918 --> 00:07:07,084 - Non sei! Actúa normal. - Vale. 88 00:07:07,168 --> 00:07:08,584 - Que fas? - Non sei. 89 00:07:08,668 --> 00:07:11,584 - Non sei actuar normal. - Pois beliscándome, non. 90 00:07:11,668 --> 00:07:13,876 - Boas, Barriño. - Iso non é normal. 91 00:07:14,001 --> 00:07:17,625 Ola, a que andades? Podo pasar todo o día convosco? 92 00:07:18,875 --> 00:07:21,793 - Todo o día? - Si, dende agora ata a noite. 93 00:07:21,918 --> 00:07:24,543 É que... Por que ides por aí con este pé? 94 00:07:25,625 --> 00:07:28,459 Por nada. Só queriamos este zapato con rodas. 95 00:07:28,584 --> 00:07:31,209 O pé tanto nos ten, pero non o demos sacado. 96 00:07:31,293 --> 00:07:34,375 - Eu nin o vira. - Ti sabías que había un pé dentro? 97 00:07:34,459 --> 00:07:35,834 Eu non, acáboo de ver. 98 00:07:35,918 --> 00:07:37,959 - Xa, que raro. - Déixao aí. 99 00:07:38,084 --> 00:07:40,584 Eu axúdovos a sacalo. Algo sei disto. 100 00:07:40,668 --> 00:07:42,500 - Imos aló. - Non tes por que. 101 00:07:42,709 --> 00:07:44,209 Antes salvaba a comida. 102 00:07:44,293 --> 00:07:47,209 Agora saco pés de zapatos con rodas coma un parvo. 103 00:07:47,293 --> 00:07:50,250 Para isto quedei. O único que me anima 104 00:07:50,334 --> 00:07:52,668 é que vou estar convosco deica a noite. 105 00:07:54,125 --> 00:07:57,334 Hostia, que di? Non pode estar connosco deica a noite. 106 00:07:57,418 --> 00:07:59,918 É unha petición absurda. Moi específica. 107 00:08:00,000 --> 00:08:01,626 Témonos que librar del. 108 00:08:01,793 --> 00:08:04,793 Frank, non podemos deixalo así. Está triste e só. 109 00:08:05,418 --> 00:08:07,459 Non ten nada. Nadiña de nada. 110 00:08:11,251 --> 00:08:13,626 Oe, igual nos podes axudar 111 00:08:13,709 --> 00:08:16,959 cunha cousiña máis urxente e moito máis perigosa. 112 00:08:17,209 --> 00:08:18,084 O que? 113 00:08:18,168 --> 00:08:20,918 Hai roubos por toda a vila. Precisamos paralos. 114 00:08:21,000 --> 00:08:23,793 E ti es a única comida coa afouteza necesaria. 115 00:08:24,168 --> 00:08:26,459 Vaites. Iso empalmoume. 116 00:08:26,543 --> 00:08:28,668 Pois si, gañaches uns centímetros. 117 00:08:33,208 --> 00:08:36,333 Estás a roubar? Por riba da miña carne, cariño. 118 00:08:37,333 --> 00:08:39,875 Frank, logo teño que presentarche a alguén. 119 00:08:40,043 --> 00:08:40,918 A quen? 120 00:08:41,000 --> 00:08:44,250 Un problema que non podemos arranxar. Ai, que non hai. 121 00:08:48,751 --> 00:08:52,458 Seica os vosos corpos febles precisan sustento, logo aquí tes. 122 00:08:52,543 --> 00:08:54,751 - Traémosche algo para comer. - Deus. 123 00:08:54,833 --> 00:08:56,126 Canto volo agradezo. 124 00:08:56,208 --> 00:08:59,833 Entendo o dilema moral que debeu ser para vós, daquela... 125 00:09:00,751 --> 00:09:03,543 Pois non. Pasámosche a ti o dilema moral. 126 00:09:06,501 --> 00:09:08,376 Ademais é un pé de muller. 127 00:09:08,459 --> 00:09:10,626 Non sei por que é peor, pero é. 128 00:09:11,126 --> 00:09:14,543 Pero se non o como, pode que sexa máis machista? 129 00:09:14,751 --> 00:09:17,501 Que estou dicindo? Non podo comer un pé! 130 00:09:18,209 --> 00:09:21,001 Non pode comer un pé... Que mamalón. Ai, si? 131 00:09:21,418 --> 00:09:23,293 A min comeríasme, non si? 132 00:09:23,376 --> 00:09:25,251 Animaríaste a facelo? 133 00:09:25,376 --> 00:09:29,001 - Non sei. - Sabes, ho. 134 00:09:29,084 --> 00:09:32,293 Seguro que só con mirarme lembras o meu sabor. 135 00:09:32,418 --> 00:09:36,333 - Brenda, amodo. - Non! Coido que este tío me quere comer. 136 00:09:36,418 --> 00:09:39,333 Non si? Que? Queres que me abra de todo? 137 00:09:39,418 --> 00:09:41,043 Quéresme botar maionesa? 138 00:09:41,126 --> 00:09:43,208 Meterme un ravo? Mollarme en soda? 139 00:09:43,293 --> 00:09:46,501 Pórme nunha tallada de sandía e logo comerme? É iso? 140 00:09:46,583 --> 00:09:49,793 Eu nunca faría tal. Ese perfil nutricional é malsán. 141 00:09:50,458 --> 00:09:54,501 Perfil nutricional? Oíches, Frank? Está a xulgar o meu perfil. 142 00:09:54,958 --> 00:09:59,083 A ver, perdoa. É que un pé é moito para min. 143 00:09:59,668 --> 00:10:04,334 Se cadra se me traes uns dedos, pódoos fritir en aceite ou... 144 00:10:04,418 --> 00:10:08,043 Vállame Deus. Xa. Síntoo, perdón. 145 00:10:08,126 --> 00:10:11,501 O aceite é unha persoa para vós. Non quería dicir iso. 146 00:10:11,584 --> 00:10:15,209 - Frank, arreamos. - Non me deixedes aquí só. 147 00:10:15,293 --> 00:10:17,668 Non ía axudarvos a crear unha sociedade? 148 00:10:17,751 --> 00:10:19,668 Es máis ben un humano paraugas. 149 00:10:19,751 --> 00:10:22,168 Usarémoste nos días de chuvia ou paxaros. 150 00:10:22,251 --> 00:10:24,709 Ou cando non entendamos algo. Hoxe non. 151 00:10:24,959 --> 00:10:28,918 O último que queremos é que a nosa sociedade se asemelle á vosa. 152 00:10:29,001 --> 00:10:30,918 Faremos as cousas ao noso xeito. 153 00:10:31,959 --> 00:10:34,668 Ben. Estou a crear un equipo 154 00:10:34,751 --> 00:10:38,501 para patrullar as rúas e acabar cos ladróns de dentes. 155 00:10:39,333 --> 00:10:41,751 Os voluntarios, cando vos chame, 156 00:10:42,083 --> 00:10:45,668 vide e collede unha placa e unha espada de cóctel, 157 00:10:45,751 --> 00:10:47,751 que vos dará unha sensación de poder 158 00:10:47,833 --> 00:10:50,876 que sei que non acabará sendo un problema. 159 00:10:51,333 --> 00:10:52,793 Chris Mortadela. 160 00:10:55,958 --> 00:10:57,083 Kishka Winslet. 161 00:11:00,543 --> 00:11:02,793 Ola, Kishka. Té Xeado. 162 00:11:07,001 --> 00:11:09,043 E o resto. Imos para as rúas! 163 00:11:19,876 --> 00:11:22,251 POLICÍA 164 00:11:28,918 --> 00:11:29,876 O zume esfúmase! 165 00:11:30,418 --> 00:11:31,376 Eu non fun! 166 00:11:40,793 --> 00:11:42,376 XEADO DE VAINILLA 167 00:11:45,876 --> 00:11:48,626 Nata, sabemos que es amigo de Polo. Onde está? 168 00:11:48,708 --> 00:11:50,208 Vale. Que queres de min? 169 00:11:50,293 --> 00:11:52,833 Coñezo moitos Polos. De Limón, de Curral... 170 00:11:52,918 --> 00:11:54,751 - Coñezo uns putos... - Afórrao. 171 00:11:54,833 --> 00:11:59,501 Sabes ben de que Polo falamos. Do de Laranxa. Polo de Laranxa. 172 00:11:59,583 --> 00:12:03,126 Oe, coidado coa terrina, meu. Vale. Mirade, velaí está. 173 00:12:04,376 --> 00:12:05,959 Non vos quentedes. Grazas. 174 00:12:06,668 --> 00:12:08,251 Polo! Conxélateme aí! 175 00:12:08,876 --> 00:12:10,376 Iso intento facer. 176 00:12:13,126 --> 00:12:14,043 Axentes. 177 00:12:16,543 --> 00:12:18,001 Abride a puta porta! 178 00:12:20,293 --> 00:12:21,793 Síntoo. Rematou a festa. 179 00:12:22,709 --> 00:12:26,626 - Onde carallo me levades? - Xa o saberás. 180 00:12:27,126 --> 00:12:30,543 Que facemos con Polo e coa outra comida que roubou? 181 00:12:33,168 --> 00:12:34,668 Encárgome eu. 182 00:12:34,793 --> 00:12:36,668 O tribunal inicia a sesión. 183 00:12:36,751 --> 00:12:41,333 Todos en pé para recibir a honorable xuíza Rutabaga Ginsberg. 184 00:12:43,168 --> 00:12:45,833 - Volvémolo arranxar. - De nada, Alimentopía. 185 00:12:46,376 --> 00:12:47,418 Vale. 186 00:12:47,501 --> 00:12:53,293 O noso primeiro caso é Lentellas Vermellas contra Polo. 187 00:12:53,918 --> 00:12:55,333 Ben. Cal é o problema? 188 00:12:55,501 --> 00:12:59,543 Polo rouboume un dente. Puto ladrón de dentames. 189 00:13:00,043 --> 00:13:03,834 - Polo, é verdade iso? - Xaora que si. E volveríao facer. 190 00:13:04,126 --> 00:13:05,793 - Non se arrepinte. - Acouga. 191 00:13:05,876 --> 00:13:07,918 Colleron o cabrón. Isto funciona. 192 00:13:08,001 --> 00:13:11,751 Non o entendedes. Non é tan doado. 193 00:13:12,334 --> 00:13:15,126 Polo só fixo o que tiña que facer. 194 00:13:15,959 --> 00:13:18,209 Estábame derretendo. 195 00:13:18,501 --> 00:13:21,584 E non só eu. Os mozos tamén: Nata, Caramelo... 196 00:13:21,668 --> 00:13:25,126 A familia Xeado enteira, a piques da licuación. 197 00:13:25,751 --> 00:13:28,043 Precisabamos un conxelador. E axiña. 198 00:13:28,418 --> 00:13:32,168 Pero os conxeladores non son baratos en Alimentopía. 199 00:13:33,001 --> 00:13:35,751 Por iso lle roubei o dente a Lentellas. 200 00:13:35,833 --> 00:13:38,583 Este puto sitio obrigoume a cambiar! 201 00:13:39,126 --> 00:13:40,668 E o peor 202 00:13:40,751 --> 00:13:43,708 é que cando volvín co dente que collín polas malas, 203 00:13:43,793 --> 00:13:47,833 toda a miña familia xa se derretera. 204 00:13:51,376 --> 00:13:56,876 Aínda vexo a cara de Carameliño esvarándolle polo corpo, 205 00:13:56,958 --> 00:14:00,084 caendo polo chan e salpicándome os zapatos. 206 00:14:00,209 --> 00:14:01,418 Zapatos fóra da bandexa. 207 00:14:03,834 --> 00:14:05,209 É triste, 208 00:14:05,543 --> 00:14:07,918 pero este é un tribunal de xustiza 209 00:14:08,001 --> 00:14:12,418 e igual ca o peche hermético dun bote de cogombriños, 210 00:14:12,501 --> 00:14:15,293 as leis non se poden romper. 211 00:14:16,709 --> 00:14:21,918 Pola presente, ordeno que Polo lle devolva o dente a Lentellas Vermellas. 212 00:14:22,293 --> 00:14:25,043 - Folla de Loureiro. - Miña naiciña! 213 00:14:31,543 --> 00:14:35,126 Se acabaron xa de se conmocionaren, 214 00:14:35,376 --> 00:14:40,583 o tribunal atenderá agora o caso de Spritzer contra Leituga Romana, 215 00:14:40,668 --> 00:14:45,001 a quen se lle acusa de roubar tres dentes de leite. 216 00:14:45,543 --> 00:14:47,501 Non notas un padrón preocupante 217 00:14:47,583 --> 00:14:49,751 en todas as comidas que roubaron? 218 00:14:53,251 --> 00:14:57,293 Aínda queda espazo abondo no meu amplo conxelador de seis andeis, 219 00:14:57,376 --> 00:15:00,834 con refrixeración central, sen luz natural e con porteiro. 220 00:15:00,918 --> 00:15:02,876 Que non che chegan os dentes? 221 00:15:02,959 --> 00:15:05,709 Tamén vendemos cadrados de auga fría baratiños. 222 00:15:05,834 --> 00:15:07,459 E serás a envexa de todos 223 00:15:07,584 --> 00:15:10,126 cando saias nun lustroso control remoto. 224 00:15:10,501 --> 00:15:11,751 Pilas non incluídas. 225 00:15:14,084 --> 00:15:17,709 Manda carallo. A comida está a usar dentes a cambio de bens? 226 00:15:19,334 --> 00:15:20,543 E servizos. 227 00:15:27,501 --> 00:15:28,334 Apartade. 228 00:15:28,418 --> 00:15:31,043 Ei, non acaparedes a zona de vento. 229 00:15:31,834 --> 00:15:35,126 Que carallo é isto? Agora temos suburbios de comida? 230 00:15:36,543 --> 00:15:38,458 E castigámolos por roubar dentes, 231 00:15:38,543 --> 00:15:41,251 pero fano porque os precisan para sobrevivir. 232 00:15:42,376 --> 00:15:45,833 Hostia, que mal. Non sei o que facer. Isto escápame. 233 00:15:45,918 --> 00:15:48,751 Deberiamos falar disto co homi ou...? 234 00:15:48,833 --> 00:15:50,083 Non, Frank. 235 00:15:50,168 --> 00:15:52,458 Isto non é auga nin monstros do ceo. 236 00:15:52,543 --> 00:15:53,708 Non o precisamos. 237 00:15:53,793 --> 00:15:56,583 Non queremos contaxiarnos das súas malas ideas. 238 00:15:56,876 --> 00:16:00,626 Este é un problema da comida e precisamos solucións da comida. 239 00:16:00,709 --> 00:16:04,376 Unha comi-lución. Ves? Dei cunha comilución para un problema. 240 00:16:04,459 --> 00:16:06,584 "Solución da comida" era complexo. 241 00:16:06,668 --> 00:16:10,126 - Ves? Acáboo de facer. - Tes razón. É doado. 242 00:16:10,209 --> 00:16:12,876 Hai comida con moitos dentes. Outra sen ningún. 243 00:16:12,959 --> 00:16:17,334 Só hai que pedirlles a quen teñen moitos que lles dean uns poucos aos outros. 244 00:16:17,418 --> 00:16:19,168 Si. Non será nada conflitivo 245 00:16:19,418 --> 00:16:21,459 e todos van estar de acordo. 246 00:16:21,543 --> 00:16:23,251 Xenial. Como llelo contamos? 247 00:16:24,418 --> 00:16:25,709 Vale, que tal este? 248 00:16:25,793 --> 00:16:29,334 Cómo lle chamas a un noodle que intenta ser algo que non é? 249 00:16:29,751 --> 00:16:30,834 Un "impastor". 250 00:16:32,793 --> 00:16:35,751 A estrutura dese chiste é igual ca a do anterior. 251 00:16:35,876 --> 00:16:38,293 Ti si que es un impostor! Fóra! 252 00:16:39,876 --> 00:16:42,833 Ei, que fac...? Non marchedes na metade. 253 00:16:42,918 --> 00:16:45,418 Non, Sammy, estalos perdendo. Pérdelos. 254 00:16:45,501 --> 00:16:48,083 Pensa. Como podo seguir sendo relevante? 255 00:16:48,918 --> 00:16:51,626 Sammy, temos que lanzar unha mensaxe oficial 256 00:16:51,708 --> 00:16:54,333 que todo o mundo debe oír. 257 00:16:54,708 --> 00:16:55,876 Si. 258 00:17:05,918 --> 00:17:08,793 Boa noite. Eu, como saben, son Sammy Bagel. 259 00:17:08,876 --> 00:17:11,418 Os meus convidados iniciaron a revolución 260 00:17:11,501 --> 00:17:14,458 e recentemente crearon o noso sistema xudicial: 261 00:17:14,751 --> 00:17:16,001 Frank e Brenda. 262 00:17:18,293 --> 00:17:22,083 Incrible. Frank, Brenda, quérovos, meus. 263 00:17:22,168 --> 00:17:25,543 Seica tedes un gran comunicado que dar. 264 00:17:25,626 --> 00:17:26,751 Temos. 265 00:17:26,833 --> 00:17:30,751 Basicamente, ideamos un sistema, bastante enxeñoso que consiste 266 00:17:30,834 --> 00:17:33,334 en coller unha parte dos dentes de cada un, 267 00:17:33,584 --> 00:17:36,209 para coidarmos da comida que non ten ningún. 268 00:17:36,459 --> 00:17:40,501 Xa, si. Para demostrar o que dicimos, pensade nunha torta. 269 00:17:40,584 --> 00:17:43,126 Ou mellor, que suba ao escenario. Torta? 270 00:17:47,918 --> 00:17:52,043 Quero mandarlle un saúdo ao meu amigo Ruibarbo. Ola, Barbo! 271 00:17:52,543 --> 00:17:56,334 Vale, imaxinade que Torta representa todos os dentes de alguén. 272 00:17:56,459 --> 00:17:58,709 - Son dentes. - Claro que si, grazas. 273 00:17:59,418 --> 00:18:02,834 Como dicía, se ti non tes moitos dentes, 274 00:18:02,918 --> 00:18:06,418 só che quitariamos un cachiño así de pequeno. 275 00:18:06,501 --> 00:18:08,043 - Non é moito. - Exacto. 276 00:18:08,126 --> 00:18:11,126 En serio, para. Non comentes. Só es un apoio visual. 277 00:18:11,209 --> 00:18:13,501 E se tes moitos máis dos que precisas, 278 00:18:13,584 --> 00:18:15,668 pagarías algo así. 279 00:18:15,751 --> 00:18:17,334 Que xa é, 280 00:18:17,418 --> 00:18:21,751 pero mira que aínda che queda un cacho bastante grande de Torta. 281 00:18:21,834 --> 00:18:24,584 - Buu. Buu. - Como? 282 00:18:24,709 --> 00:18:29,876 Un momento. Oín un apupo? Alguén está a apupar? Quen é o que apupa? 283 00:18:29,959 --> 00:18:32,459 - E sabedes que? Buu! - Vale. Vostede? 284 00:18:33,084 --> 00:18:36,043 Seica ten un problema co plan de "compartición". 285 00:18:36,543 --> 00:18:40,209 Pois si. Son Xulio e teño un problema. 286 00:18:40,293 --> 00:18:42,376 Estes non cren na comida! 287 00:18:42,459 --> 00:18:45,709 Como? Iniciamos a revolución. Cremos na comida. 288 00:18:45,793 --> 00:18:48,168 - Eu estaba alí! - Ten razón. 289 00:18:48,334 --> 00:18:49,834 Pois non o parece. 290 00:18:49,918 --> 00:18:51,626 Queredes repartir esmola 291 00:18:51,709 --> 00:18:55,043 porque non pensades que nos poidamos arranxar nós. 292 00:18:55,168 --> 00:18:56,334 Si, manda truco. 293 00:18:56,418 --> 00:18:57,793 - Manda carallo. - Si. 294 00:18:57,876 --> 00:19:00,751 - Non dicimos iso. - Érgase, fale no micro. 295 00:19:00,834 --> 00:19:03,751 Pode dirixirse directamente a Frank e Brenda. 296 00:19:04,001 --> 00:19:09,459 Despois da guerra, dixestes que eramos libres para facermos o que nos petase. 297 00:19:09,543 --> 00:19:13,709 E agora estádesnos a dicir o que facer. Daquela en que quedamos? 298 00:19:14,084 --> 00:19:14,959 Nas dúas? 299 00:19:15,959 --> 00:19:18,209 - De ningún xeito. - Mentireiros! 300 00:19:18,959 --> 00:19:21,168 Pódovos facer unha pregunta? Si? 301 00:19:21,251 --> 00:19:24,543 Estades mellor agora do que estabades hai catro días? 302 00:19:24,626 --> 00:19:25,459 Eu non. 303 00:19:25,918 --> 00:19:27,334 - Non. - Eu estou peor. 304 00:19:27,501 --> 00:19:29,918 Daquela por que os escoitamos? 305 00:19:30,001 --> 00:19:32,334 - Iso. - Quen os puxo ao mando? Eu non. 306 00:19:32,543 --> 00:19:33,459 - E ti? - Non. 307 00:19:33,543 --> 00:19:34,668 - Non. - Non. 308 00:19:34,876 --> 00:19:37,459 - Polo carallo. - Queres estar ti ao mando? 309 00:19:37,626 --> 00:19:41,668 Non. Quero que todos nós esteamos ao mando 310 00:19:41,751 --> 00:19:44,251 de quen está ao mando. 311 00:19:44,584 --> 00:19:46,334 Iso! Ten razón, hostia. 312 00:19:46,918 --> 00:19:50,251 E se a miña querida comida me elixe, 313 00:19:50,751 --> 00:19:54,501 estou completamente certo de que o faría mellor ca vós. 314 00:19:59,459 --> 00:20:03,334 Que alguén chame a Sandía porque isto estase a pór zumarento. 315 00:20:05,126 --> 00:20:06,418 Que pensan vostedes? 316 00:20:06,501 --> 00:20:10,501 Os meus vellos amigos Frank e Brenda deberían estar ao mando? 317 00:20:10,584 --> 00:20:11,418 Non, hostia. 318 00:20:15,251 --> 00:20:20,293 Ou pensan que o membro do público Xulio debería estar ao mando? 319 00:20:20,709 --> 00:20:23,209 Xulio, Xulio! 320 00:20:23,293 --> 00:20:24,834 Agárdoos na próxima cita, 321 00:20:24,918 --> 00:20:30,043 onde o gañador será elixido en exclusiva no meu programa, Debates! 322 00:20:30,543 --> 00:20:32,376 Presentado polo seu bagel favorito. 323 00:20:43,084 --> 00:20:46,293 Bo traballo, vós os dous. Bo espectáculo. 324 00:20:46,376 --> 00:20:49,084 Como que "bo espectáculo"? Fodíchesnos ben. 325 00:20:49,543 --> 00:20:54,293 Como? Non entendo. Estábavos a mirar toda a vila. 326 00:20:54,709 --> 00:20:57,334 Quedo perplexo de que o vexades 327 00:20:57,418 --> 00:20:59,668 como algo que non sexa magnífico. 328 00:20:59,751 --> 00:21:00,959 Sammy, fodemos? 329 00:21:01,376 --> 00:21:03,001 Mirade, adóranme. 330 00:21:03,084 --> 00:21:06,501 Desculpade, teño que ir bicar unhas bicas. Aburiño. 331 00:21:06,709 --> 00:21:09,376 Que acaba de pasar? Foi un puto desastre. 332 00:21:09,626 --> 00:21:12,168 Algunha comilución para este problema? 333 00:21:12,334 --> 00:21:15,376 Agora mesmo non, pero podía ser peor, non si? 334 00:21:15,709 --> 00:21:16,668 Como? 335 00:21:16,918 --> 00:21:18,376 Pensas que podes fuxir? 336 00:22:01,084 --> 00:22:03,876 Non te resistas. Non te quero esmagallar. 337 00:22:05,751 --> 00:22:07,168 Que hostia é isto? 338 00:22:30,501 --> 00:22:33,293 Pois supoño que é oficial. 339 00:22:34,584 --> 00:22:36,168 Son un caníbal agora. 340 00:23:53,918 --> 00:23:55,918 Subtítulos: Lucía Doval 341 00:23:56,001 --> 00:23:58,001 Supervisora creativa: Paula Maneiro