1 00:00:06,084 --> 00:00:09,001 Comprácenos anunciar que este episodio contén unha escena tan gráfica 2 00:00:09,084 --> 00:00:11,126 que Amazon nos pediu que puxésemos un aviso. 3 00:00:11,209 --> 00:00:12,709 Este é o aviso. Avisados quedades! 4 00:00:23,751 --> 00:00:24,918 Alimentopía! 5 00:00:25,001 --> 00:00:28,918 A FESTA DAS SALCHICHAS: ALIMENTOPÍA 6 00:00:30,501 --> 00:00:32,458 Interrompemos o comezo da miña serie 7 00:00:32,583 --> 00:00:36,209 de seis episodios sobre adhesivos para contarlles esta nova. 8 00:00:36,293 --> 00:00:39,251 Onte houbo unha persecución a patacón por cuarta 9 00:00:39,334 --> 00:00:40,793 onde unha pataca destemida 10 00:00:40,876 --> 00:00:45,626 causou danos de ata 80 000 dentes no centro de Alimentopía. 11 00:00:45,709 --> 00:00:48,126 Tamén deixou tres foitas mazadas, 12 00:00:48,209 --> 00:00:52,543 catro madalenas gravemente esmagadas e unha piña sen ramaxe. 13 00:00:52,834 --> 00:00:55,751 Puidemos obter estas imaxes da persecución. 14 00:00:56,543 --> 00:00:59,084 Brenda, boliña portentosa. 15 00:00:59,168 --> 00:01:02,334 Non ves que os teus intentos son en balde? 16 00:01:02,501 --> 00:01:05,376 Ou négaste a perder a esperanza? 17 00:01:05,543 --> 00:01:06,376 Por desgraza... 18 00:01:06,501 --> 00:01:08,418 Scheisse! Und cabriola! 19 00:01:10,501 --> 00:01:14,251 Demos coa vítima do recente roubo de dentes, Xulio, 20 00:01:14,334 --> 00:01:17,709 á saída do seu luxurioso pero elegante ático. 21 00:01:18,126 --> 00:01:19,584 - Xulio! Aquí! - Xulio! 22 00:01:19,668 --> 00:01:22,501 Só podo responder unha pregunta. Botella de Soda. 23 00:01:22,584 --> 00:01:25,126 Que lle dis á pataca que che roubou os dentes? 24 00:01:25,209 --> 00:01:26,626 E quen é o teu crush? 25 00:01:26,834 --> 00:01:30,251 Cando colla esa pataca, vouna volver pór baixo terra! 26 00:01:30,334 --> 00:01:32,793 E o meu crush... vou dicir Charlize Terrón. 27 00:01:33,001 --> 00:01:33,834 Vaia. 28 00:01:34,084 --> 00:01:36,959 Xulio! Xulio, agarda! E Donna? 29 00:01:38,668 --> 00:01:39,584 Donna Limona! 30 00:01:39,668 --> 00:01:42,043 A resposta das forzas foi áxil. 31 00:01:42,126 --> 00:01:44,293 Levan acurralando patacas toda a mañá 32 00:01:44,376 --> 00:01:46,626 e un axente mesmo anotou un tanto... 33 00:01:47,876 --> 00:01:50,668 Perdón. Sementou un tanto. 34 00:01:50,751 --> 00:01:53,334 É mala época para ser unha pataca. 35 00:01:58,834 --> 00:01:59,959 Soltádeme! 36 00:02:00,501 --> 00:02:02,209 Dígovos que non son a pataca. 37 00:02:04,834 --> 00:02:06,709 Non somos todas iguais. 38 00:02:10,584 --> 00:02:13,543 Mirade, eu quero dar coa pataca tanto coma vós, 39 00:02:13,584 --> 00:02:17,001 pero non esquezamos que hai un homi por aí solto. 40 00:02:17,209 --> 00:02:19,626 Preciso axuda para explorar a Zona Escura. 41 00:02:21,043 --> 00:02:22,501 Chris? Kishka? 42 00:02:24,876 --> 00:02:26,501 Et tu, Té Xeado? 43 00:02:26,626 --> 00:02:27,668 Síntoo, Barry. 44 00:02:27,751 --> 00:02:31,376 Xulio ofrece unha boa recompensa para quen colla a pataca. 45 00:02:31,459 --> 00:02:35,084 E viríanme ben eses dentes para a miña moza, Chocolate Quente. 46 00:02:35,168 --> 00:02:36,959 Ten un gusto caro. 47 00:02:40,834 --> 00:02:42,834 Paso adiante e a frase. Pataca un. 48 00:02:44,543 --> 00:02:46,084 Toma polo tubérculo, cabrón. 49 00:02:46,168 --> 00:02:47,043 Pataca dous. 50 00:02:48,459 --> 00:02:50,209 Toma polo tubérculo, cabrón. 51 00:02:50,293 --> 00:02:51,126 Pataca tres. 52 00:02:51,668 --> 00:02:53,543 Toma polo tubérculo, cabrón. 53 00:02:53,626 --> 00:02:54,584 Catro. 54 00:02:56,168 --> 00:02:59,876 Toma polo tubérculo, cabrón lambecricas. 55 00:03:02,168 --> 00:03:04,084 Non é ningunha destas patacas. 56 00:03:04,334 --> 00:03:07,084 Aquela non era nin tan pequena coma un cachelo 57 00:03:07,168 --> 00:03:10,876 nin tan grande coma unha boa pataca Kennebec. 58 00:03:10,959 --> 00:03:14,001 Estaba xusto entre eses dous tamaños. 59 00:03:14,084 --> 00:03:16,543 Si, era de estatura media. 60 00:03:16,626 --> 00:03:20,918 Coma... Non che sei. Coma do tamaño dunha salchicha. 61 00:03:22,668 --> 00:03:24,168 Que carallo...? 62 00:03:26,334 --> 00:03:27,251 Si. 63 00:03:28,459 --> 00:03:30,251 Sabíao, cariño. 64 00:03:30,751 --> 00:03:32,001 Podes crer o de Brenda? 65 00:03:32,084 --> 00:03:34,168 A ver, quere gañar isto ou non? 66 00:03:34,251 --> 00:03:36,959 Conseguín dentes e temos comida contratada. 67 00:03:37,043 --> 00:03:40,251 Puxen a Manteiga, Marmelada e Maionesa a estender a voz. 68 00:03:40,334 --> 00:03:42,584 Moitos condimentos. Unha gran lista. 69 00:03:42,668 --> 00:03:46,126 "Abolir os dentes." Vive nun mundo de fantasía. 70 00:03:46,209 --> 00:03:47,793 Oe, Brenda, unha idea: 71 00:03:47,876 --> 00:03:50,084 que tal se vés connosco ao mundo real 72 00:03:50,168 --> 00:03:53,293 onde unha laranxa malvada vai crebar a nosa sociedade? 73 00:03:53,376 --> 00:03:54,751 Sempre fai o mesmo. 74 00:03:54,834 --> 00:03:59,168 Mesmo cando estabamos no Shopwell's tiña esa fe optimista. 75 00:03:59,251 --> 00:04:03,043 Enténdote. As rupturas custan. A min deixáronme unha vez tamén. 76 00:04:03,126 --> 00:04:05,459 Deixábanme decontino en verdade. 77 00:04:05,543 --> 00:04:09,126 No centro comercial, no cine, no funeral de miña nai... 78 00:04:09,209 --> 00:04:11,751 Que? Foi unha rifa de nada. Non me deixou. 79 00:04:11,834 --> 00:04:14,751 Xa, claro. Iso tamén é o que me digo eu. 80 00:04:14,834 --> 00:04:16,793 E logo atópala no centro comercial 81 00:04:16,918 --> 00:04:20,168 tendo unha experiencia de realidade virtual con outro. 82 00:04:20,250 --> 00:04:23,834 E de súpeto o tipo estate empurrando cara a unha fonte 83 00:04:23,918 --> 00:04:27,459 e ti téntaslle tirar unhas moedas, pero dáslle a outra xente. 84 00:04:27,709 --> 00:04:28,793 Éche só un baixón. 85 00:04:29,834 --> 00:04:32,209 Sempre estivemos de acordo en todo. 86 00:04:33,834 --> 00:04:35,459 Penso moito no que dixo. 87 00:04:35,543 --> 00:04:38,250 Non creo en min. Por iso te uso de muleta. 88 00:04:38,334 --> 00:04:40,918 Que mal fan as muletas? Quítanche presión. 89 00:04:41,000 --> 00:04:43,584 Sen muletas, nunca me curaría a perna 90 00:04:43,668 --> 00:04:46,293 tras rompela por tres sitios naquela fonte. 91 00:04:46,375 --> 00:04:47,668 Mírame aos ollos. 92 00:04:48,834 --> 00:04:52,125 Frank, non dubides de ti mesmo. 93 00:04:52,209 --> 00:04:55,084 Non o quería dicir antes porque Brenda me dá medo, 94 00:04:55,168 --> 00:04:56,625 pero perdeu o rumbo. 95 00:04:56,875 --> 00:04:59,125 Deberías falar ti no debate. 96 00:04:59,209 --> 00:05:02,043 Xa, o debate. Teño que ir buscala para preparalo. 97 00:05:02,126 --> 00:05:06,209 Ou... Escoita, podes quedar e axúdoche eu a preparalo. 98 00:05:06,293 --> 00:05:09,209 Os debates son coma discusións e eu tiven centos. 99 00:05:09,459 --> 00:05:12,834 Perdinas case todas, pero por iso sei o que non facer. 100 00:05:12,918 --> 00:05:15,043 Tamén por iso vin moitos gañadores 101 00:05:15,126 --> 00:05:17,250 e penso que agora estou vendo un. 102 00:05:17,375 --> 00:05:18,293 Vale, escóitote. 103 00:05:18,375 --> 00:05:21,168 Primeiro, a postura. Cambaléaste moito. 104 00:05:21,250 --> 00:05:23,750 - Iso é malo? - Non, é xenial. 105 00:05:23,834 --> 00:05:27,250 Faite máis próximo e menos ríxido. Unha comida de a pé. 106 00:05:27,334 --> 00:05:30,834 Pódome cambalear máis se queres. Podo abanear así. 107 00:05:32,000 --> 00:05:34,334 Xa falas coma un presidente. 108 00:05:37,000 --> 00:05:41,500 Mirade, os dentes levaron á precariedade a nosa sociedade. 109 00:05:41,875 --> 00:05:45,293 As neveiras deberíanse asignar segundo quen o precisa máis, 110 00:05:45,375 --> 00:05:46,584 non quen pode pagalo. 111 00:05:51,959 --> 00:05:53,500 Non podo nin aplaudir. 112 00:05:53,584 --> 00:05:57,293 Mirade o Leite. Mirádeo. Mallado do callado que está. 113 00:05:57,750 --> 00:06:01,418 Pero eu farei que te volvas sentir enteiro, Leite. 114 00:06:06,126 --> 00:06:08,668 Escoito ás agachadas a polémica da boliña, 115 00:06:08,751 --> 00:06:12,209 e cuestiónome se unha masa léveda ben feitiña 116 00:06:12,293 --> 00:06:15,834 poderá botar abaixo un sistema sen acabar enterrada 117 00:06:15,918 --> 00:06:18,959 e balorenta no seu ruinoso espertar. 118 00:06:19,043 --> 00:06:22,000 Con cada manciña feble que apertaba, 119 00:06:22,293 --> 00:06:25,625 Brenda preguntábase se tería forza abonda para... 120 00:06:25,709 --> 00:06:26,668 Oe, Veiner, 121 00:06:26,750 --> 00:06:28,918 podes parar de seguirme todo o tempo 122 00:06:29,000 --> 00:06:30,709 e monologar os meus pensamentos? 123 00:06:31,000 --> 00:06:33,709 - Grazas. - Os teus pensamentos son nosos. 124 00:06:33,793 --> 00:06:38,959 Temo que a liña entre suxeito e documentalista estase a esvaecer 125 00:06:39,043 --> 00:06:40,875 segundo discorre esta viaxe... 126 00:06:40,959 --> 00:06:46,709 Ola, Brenda, son Tinabo Turner, xefa da campaña "nabopular". 127 00:06:46,793 --> 00:06:48,918 Lidero a tropa de Galletas Scouts. 128 00:06:49,000 --> 00:06:51,375 Están listas para iren polas portas. 129 00:06:51,793 --> 00:06:55,000 E para o cobro dos dentes que nos prometeron... 130 00:06:56,000 --> 00:06:58,084 Falamos contigo ou con Frank? 131 00:06:58,168 --> 00:06:59,584 Comigo non. 132 00:07:00,543 --> 00:07:02,126 Vale. 133 00:07:02,876 --> 00:07:06,001 Votade a Frank e Brenda! Todos a Frank e Brenda! 134 00:07:06,709 --> 00:07:11,418 Vota a Frank e Brenda! Compartición! Vota a Frank e Brenda! 135 00:07:14,459 --> 00:07:17,459 Brenda, temos que falar. Onde vai Frank? 136 00:07:18,875 --> 00:07:21,250 Frank? Detrás de ti. 137 00:07:23,543 --> 00:07:25,168 Hostia, Veiner. 138 00:07:27,834 --> 00:07:30,834 O meu rival cre na supervivencia do máis fresco, 139 00:07:30,918 --> 00:07:35,918 pero eu creo que podemos sobrevivir todos se construímos un mundo máis fresco. 140 00:07:37,250 --> 00:07:38,709 Cona, que bonito, Frank. 141 00:07:38,793 --> 00:07:41,168 E non o digo polos sales de baño, 142 00:07:41,250 --> 00:07:44,000 malia que fan que o mundo pareza de cores. 143 00:07:44,375 --> 00:07:47,918 Mira, esta semana foi posiblemente a máis rara da miña vida. 144 00:07:48,000 --> 00:07:48,834 Posiblemente? 145 00:07:48,959 --> 00:07:51,543 Pero tamén unha das máis gratificantes. 146 00:07:51,625 --> 00:07:54,543 Nunca cheguei a contribuír en nada á humanidade. 147 00:07:54,625 --> 00:07:57,209 Ninguén quería a miña contribución. 148 00:07:57,293 --> 00:07:59,168 Aprezo que me deixes axudar. 149 00:07:59,250 --> 00:08:02,626 Gústame sentirme apoiado e ter a alguén que crea en min. 150 00:08:03,459 --> 00:08:06,626 Creo en ti ao tope. En todo o que estás a construír. 151 00:08:07,543 --> 00:08:09,959 - E se cadra algún día podo... - O que? 152 00:08:10,459 --> 00:08:11,834 Xa sabes, formar parte. 153 00:08:13,626 --> 00:08:14,501 A ver... 154 00:08:14,584 --> 00:08:18,209 Sei que non son comida, pero igual cando sexas o líder 155 00:08:18,293 --> 00:08:21,043 podes convencer os demais para que me acepten. 156 00:08:21,250 --> 00:08:22,584 - Coma ti. - Xa. 157 00:08:22,668 --> 00:08:25,418 A ver, a batalla pinta ardua, a verdade, 158 00:08:25,500 --> 00:08:30,043 pero se segues a alimentarte da túa especie e non da nosa, 159 00:08:30,209 --> 00:08:31,625 se cadra pode ser, homi. 160 00:08:32,458 --> 00:08:34,208 Fáiseme raro chamarche homi. 161 00:08:34,293 --> 00:08:36,333 Tes nome? Os humanos teñen nomes? 162 00:08:36,418 --> 00:08:39,043 - Son Jack. - Coñezo un Jack. É unha froita. 163 00:08:39,125 --> 00:08:42,125 - E como é? - É redonda, coido que ten pugas. 164 00:08:42,208 --> 00:08:45,751 Era morada por dentro? Non me lembro, a verdade. 165 00:08:45,833 --> 00:08:48,333 Pero tanto ten, porque dende agora, 166 00:08:48,418 --> 00:08:50,626 cando pense nun Jack, pensarei en ti. 167 00:08:54,958 --> 00:08:57,001 Ben, temos que volver ao choio. 168 00:08:57,126 --> 00:08:59,001 Si, hai que volver ao choio. 169 00:09:03,251 --> 00:09:04,084 Estás cómoda? 170 00:09:04,626 --> 00:09:06,251 - Non. - Ben. 171 00:09:07,209 --> 00:09:09,834 - Barry, é necesario? - Fago eu as preguntas. 172 00:09:09,918 --> 00:09:11,043 Empezamos con esta! 173 00:09:11,126 --> 00:09:14,293 Recoñeces o individuo que sae neste debuxo? 174 00:09:14,834 --> 00:09:18,751 É a túa salchicha, Frank, vestido de pataca, o cal é desprezable. 175 00:09:19,084 --> 00:09:22,626 E seica iso non é nin de lonxe a peor cousa que fixo. 176 00:09:22,793 --> 00:09:26,793 Pero non foi el só, non si, Brenda? Non. 177 00:09:27,418 --> 00:09:29,918 Ponte cómoda, imos estar aquí un cacho. 178 00:09:30,084 --> 00:09:33,333 Isto é o que vai pasar. Primeiro, voute descompor. 179 00:09:33,418 --> 00:09:35,543 Fareite sentir que non es ninguén. 180 00:09:35,626 --> 00:09:38,751 Logo recuperarei a túa confianza, anaco por anaco. 181 00:09:38,833 --> 00:09:41,668 E confortareite ata que acabes confesando que... 182 00:09:41,751 --> 00:09:43,251 Levamos o homi. Síntoo. 183 00:09:43,583 --> 00:09:46,043 Non che debimos mentir. Es amigo noso. 184 00:09:46,126 --> 00:09:48,208 - Non o ías entender. - Pois non! 185 00:09:48,293 --> 00:09:50,833 - Estou máis confundido ca nunca. - Ves? 186 00:09:50,918 --> 00:09:53,043 Pensamos que o precisabamos. Tiñas razón. 187 00:09:53,126 --> 00:09:55,833 A comida pode resolver os problemas da comida. 188 00:09:55,918 --> 00:09:58,626 Mentindo? E cometendo roubos a toda velocidade? 189 00:09:58,708 --> 00:10:02,501 Iso foi Frank. Fíxoo para podermos gañar. Velaí o problema. 190 00:10:02,584 --> 00:10:06,084 A nosa sociedade está fodida. Todo xira arredor dos dentes. 191 00:10:07,001 --> 00:10:10,543 Aí tes razón. Todos os meus axentes están á caza dos dentes. 192 00:10:10,793 --> 00:10:14,709 Por iso quero comezar de cero. Como boliña e como sociedade. 193 00:10:15,043 --> 00:10:18,168 Perdemos o sentido, e o máis perdido de todos é Frank. 194 00:10:19,459 --> 00:10:23,043 Ata o fondo, Barry. Está baixo o meigallo do homi. 195 00:10:27,209 --> 00:10:29,793 - Merda. - Que? 196 00:10:30,126 --> 00:10:31,584 Pois imos rompelo. 197 00:10:32,251 --> 00:10:35,001 E coa política de "ningunha potaxe sen casa", 198 00:10:35,083 --> 00:10:38,958 toda faba terá un sitio no que deitarse pola noite. 199 00:10:39,583 --> 00:10:43,626 Coido que alguén acaba de conseguir o disputado voto das leguminosas. 200 00:10:44,708 --> 00:10:47,751 Só queda un tema que aínda non sacamos. 201 00:10:48,208 --> 00:10:50,251 - Que pensas dos humanos? - Que? 202 00:10:50,751 --> 00:10:54,751 - Pode que o pregunten, non si? - Pois ódioos a máis non poder. 203 00:10:55,376 --> 00:10:59,333 Que odias exactamente? E lembra ser específico. 204 00:10:59,418 --> 00:11:03,209 Odio esas orellas enormes que escoitan os meus problemas. 205 00:11:03,834 --> 00:11:05,626 Odio eses ollos marróns 206 00:11:06,793 --> 00:11:09,626 que ven en min cousas que eu non vexo. 207 00:11:10,751 --> 00:11:11,668 Que máis? 208 00:11:11,751 --> 00:11:14,709 Odio que me fagan sentir intelixente e capaz. 209 00:11:15,084 --> 00:11:17,293 - Sigue. - Odio esa boca. 210 00:11:17,376 --> 00:11:21,168 Esa boca grande, húmida, quente e redondiña. 211 00:11:22,501 --> 00:11:23,876 Jack, que fas? 212 00:11:45,458 --> 00:11:46,458 Que sexy. 213 00:11:52,583 --> 00:11:53,418 Si. 214 00:11:57,918 --> 00:11:58,751 Voume meter. 215 00:11:59,751 --> 00:12:00,584 Si. 216 00:12:10,376 --> 00:12:11,251 Hostia. 217 00:12:14,251 --> 00:12:17,459 Vale, estou listo. Veña, senta aquí. 218 00:12:17,668 --> 00:12:20,334 Iso. Un pouco á esquerda, agora á dereita. Aí. 219 00:12:20,418 --> 00:12:22,209 Endereita! Endereita! 220 00:12:22,584 --> 00:12:23,459 Estou dentro! 221 00:12:31,584 --> 00:12:33,043 Entón como o imos facer? 222 00:12:33,543 --> 00:12:35,876 Coido que temos que lle explicar 223 00:12:35,958 --> 00:12:38,126 como nos feriu a súa adicción ao homi 224 00:12:38,208 --> 00:12:41,333 e logo teno que deixar de todo ou perderanos. 225 00:12:41,418 --> 00:12:43,833 Vai ser difícil. Aínda estou cabreado. 226 00:12:43,918 --> 00:12:44,793 Eu tamén. 227 00:12:44,876 --> 00:12:47,793 Pero temos que deixar iso a un lado e apoialo... 228 00:12:47,876 --> 00:12:48,833 Hostia puta! 229 00:12:49,708 --> 00:12:52,958 Brenda! Barry? Non! Non miredes! 230 00:12:53,043 --> 00:12:55,293 Isto... non é o que parece. 231 00:12:55,543 --> 00:12:56,751 - Que é iso? - Hostia. 232 00:12:56,833 --> 00:12:59,208 Mesmo se mirastes, non é o que parece! 233 00:12:59,293 --> 00:13:03,251 Non estabas a foder co homi? E non che acaba de encher de leitada? 234 00:13:03,334 --> 00:13:07,084 Non, é Maionesa. Xúrovolo. Saúda, Maionesa. 235 00:13:07,293 --> 00:13:09,168 Ola, meus, son eu, Maionesa. 236 00:13:09,251 --> 00:13:11,293 Son así cando saio do bote. 237 00:13:11,376 --> 00:13:14,168 Que noxo! Mi madriña, para! 238 00:13:14,293 --> 00:13:16,334 Iso non é Maionesa, fodehomis. 239 00:13:16,751 --> 00:13:19,168 - Jack, sácanos de aquí. - Vou, cariño! 240 00:13:25,834 --> 00:13:27,918 Non estaba no buraco cando corría. 241 00:13:28,001 --> 00:13:29,584 Quen pilotaba a quen? 242 00:13:46,626 --> 00:13:51,001 Mimá. Hostia, non podo crer o que acaba de pasar. 243 00:13:51,083 --> 00:13:54,751 Xa, meu. Foi incrible. Fixen o amor cunha salchicha. 244 00:13:54,833 --> 00:13:58,918 Iso non! Brenda e Barry colléronme fodendo contigo, meu. 245 00:13:59,001 --> 00:14:01,668 Estou fodido. Preséntome ás putas eleccións. 246 00:14:01,751 --> 00:14:04,084 Isto non me vén ben. Nada ben! 247 00:14:04,251 --> 00:14:06,334 Frank, tranquilo, acouga. 248 00:14:07,376 --> 00:14:08,834 Mírame aos ollos. 249 00:14:10,334 --> 00:14:12,584 Frank, que estamos a facer? 250 00:14:13,501 --> 00:14:16,668 Para, meu! Non! Téñome que centrar. 251 00:14:16,751 --> 00:14:18,126 O debate vai comezar. 252 00:14:18,209 --> 00:14:21,084 Sabes o que non se pode debater? O sexy que es. 253 00:14:21,209 --> 00:14:22,834 Queres parar, hostia? 254 00:14:22,918 --> 00:14:25,918 Como vou saír ao escenario con Brenda? Ódiame. 255 00:14:26,001 --> 00:14:28,918 Moitos presidentes teñen escándalos sexuais. 256 00:14:29,001 --> 00:14:30,834 Ás veces, dánlles popularidade. 257 00:14:30,918 --> 00:14:35,043 Pillaron a algún fodendo cunha especie distinta 258 00:14:35,126 --> 00:14:36,918 que ademais é inimiga súa? 259 00:14:37,001 --> 00:14:39,418 Non, iso sería coma pillar un presidente 260 00:14:39,501 --> 00:14:41,958 fodendo cun oso ou un tiburón ou así. 261 00:14:42,043 --> 00:14:45,458 Pero tranquilo. Ti podes. Cambaléate. 262 00:14:45,543 --> 00:14:48,501 "Camb..." Cala a puta boca. Que puto desastre. 263 00:14:49,418 --> 00:14:54,168 "Sammy sementa sementes de sésamo na sementeira de sementes de sésamo..." 264 00:14:55,918 --> 00:14:59,168 - Acabo de ver a última enquisa. - Vale. Que di? 265 00:14:59,251 --> 00:15:03,001 Que Frank e Brenda me sacan vantaxe. Arríscome a perdelo todo. 266 00:15:03,709 --> 00:15:05,168 Éche unha mágoa. 267 00:15:05,626 --> 00:15:07,959 Daquela ti tamén podes perdelo todo. 268 00:15:08,501 --> 00:15:10,168 Como? Vállame Deus. 269 00:15:10,293 --> 00:15:14,876 Pero xa me afixen a telo todo. 270 00:15:15,001 --> 00:15:18,001 Pois xa sabes o que facer. Pon todos os medios. 271 00:15:18,084 --> 00:15:21,168 Fai todo o que poidas para quedar eu ben e eles mal. 272 00:15:21,251 --> 00:15:24,709 Cheguei demasiado lonxe como para perdelo todo agora! 273 00:15:25,959 --> 00:15:27,668 Telos que destruír. 274 00:15:31,543 --> 00:15:37,458 Benvidos e boa noite. Hoxe coroaremos o próximo líder de Alimentopía. 275 00:15:41,668 --> 00:15:43,583 As regras da velada son simples. 276 00:15:43,751 --> 00:15:48,043 Voulle facer preguntas duras e perspicaces a cada candidato. 277 00:15:48,126 --> 00:15:50,751 E vostedes teranse que pór diante da comida 278 00:15:50,833 --> 00:15:52,668 que queiran votar. Entendido? 279 00:15:52,751 --> 00:15:57,001 Moi ben! Déanlle a benvida ao primeiro candidato, a laranxa, Xulio. 280 00:16:11,293 --> 00:16:15,209 Brenda, oe, primeiro, sobre o que igual pensas que viches... 281 00:16:15,293 --> 00:16:18,459 Non te dirixas a min, maldito traidor papahomis. 282 00:16:18,543 --> 00:16:21,543 Temos que falar. Imos saír xuntos ao escenario. 283 00:16:25,084 --> 00:16:26,584 E os rivais, Frank e Brenda. 284 00:16:34,043 --> 00:16:37,708 - Nós non temos presentación chula? - As preguntas fágoas eu. 285 00:16:37,793 --> 00:16:39,833 E a primeira é singular. 286 00:16:39,918 --> 00:16:42,918 Frank e Brenda, moita comida dixo de vostedes, 287 00:16:43,001 --> 00:16:46,543 e cito, que eran "mentireiros, conspiradores e trampóns". 288 00:16:46,668 --> 00:16:50,626 Non coma Xulio, a quen describiron como "xusto, doce, rubensiano..." 289 00:16:50,708 --> 00:16:53,876 Non sei que contos son eses, pero vou anunciar algo. 290 00:16:53,958 --> 00:16:55,793 Xa non me presento candidata... 291 00:16:57,083 --> 00:16:57,958 con Frank. 292 00:16:59,083 --> 00:17:01,751 Preséntome pola miña conta. Traédeme un vaso. 293 00:17:04,668 --> 00:17:07,168 Vamos, Brenda! Nova candidata! Nova fila! 294 00:17:07,251 --> 00:17:10,501 O meu excompañeiro, Frank, é unha salchicha corrupta. 295 00:17:10,583 --> 00:17:14,043 Unha salchicha corrupta e corrompida. 296 00:17:14,626 --> 00:17:16,626 E quedoume claro 297 00:17:16,876 --> 00:17:19,668 que Frank e eu xa non temos os mesmos valores. 298 00:17:20,083 --> 00:17:21,958 En particular, Frank... 299 00:17:22,043 --> 00:17:23,876 Non lles digas que fodín co homi. 300 00:17:24,126 --> 00:17:27,418 Quere traballar no sistema dende dentro. 301 00:17:27,708 --> 00:17:30,501 Pero eu vexo unha fenda dentífrica que medra. 302 00:17:32,959 --> 00:17:36,543 Para el a solución é darlles aos pobres os dentes dos ricos. 303 00:17:36,626 --> 00:17:42,043 Pero eu digo que nos desfagamos dos dentes dunha vez! 304 00:17:46,418 --> 00:17:49,668 - Brenda, que fas? - Deberiamos compartilo todo. 305 00:17:52,334 --> 00:17:55,751 Logo haberá tempo para parvadas salvaxes e impopulares. 306 00:17:55,834 --> 00:17:58,668 - Pero volvamos con... - De quen é ese bólido? 307 00:18:00,418 --> 00:18:03,876 Teu non é. Porque tamén sería daquela ameixa de alí. 308 00:18:03,959 --> 00:18:07,209 - E daquela caixa de rigatoni. - Hostia, tería un coche? 309 00:18:07,293 --> 00:18:11,584 Si! Teriádelo todo. E nada. Entendedes? 310 00:18:11,793 --> 00:18:17,334 Votádeme e xuntos acabaremos co sistema! 311 00:18:20,876 --> 00:18:23,543 Que facedes na fila de Frank? Vide para aquí! 312 00:18:25,376 --> 00:18:28,043 Vaites, parte de min quere votar a Frank 313 00:18:28,126 --> 00:18:30,168 e a outra parte, a Brenda. 314 00:18:30,459 --> 00:18:31,876 E agora? Estou aplatanado. 315 00:18:31,959 --> 00:18:33,918 Dividiches o voto. Que che dixen? 316 00:18:34,001 --> 00:18:36,918 Asústaos a túa merda radical. Estasnos a foder. 317 00:18:37,001 --> 00:18:39,626 Queres falar de foder? Podo falar de foder. 318 00:18:39,876 --> 00:18:42,001 Non, esquéceo. Cínguete aos temas. 319 00:18:42,084 --> 00:18:44,209 Queredes oír unha boa foda? 320 00:18:44,459 --> 00:18:47,751 Só o moderador pode facer as preguntas e... 321 00:18:49,334 --> 00:18:52,459 Pode retomar o da foda esa que ía dicir? 322 00:18:52,543 --> 00:18:54,168 Frank fodeu cun homi! 323 00:19:00,209 --> 00:19:02,209 Eu vino! Non me meto nos gustos, 324 00:19:02,293 --> 00:19:04,751 pero deume noxo e arrepíos, que vergonza. 325 00:19:05,043 --> 00:19:09,126 Que? Iso é absurdo. 326 00:19:09,584 --> 00:19:11,668 É mentira. Vouvos dicir o que pasa. 327 00:19:11,751 --> 00:19:14,876 Brenda vai perdendo co seu programa de merda 328 00:19:14,959 --> 00:19:20,168 e agora bota man de acusacións dementes sen fundamento. 329 00:19:20,251 --> 00:19:23,668 Iso évos doado. Mirade: Brenda fodeu cun ladrillo. 330 00:19:23,751 --> 00:19:27,168 Mellor iso ca apertar a terceira perna dun homi 331 00:19:27,251 --> 00:19:29,168 ata que te bañe co seu zume. 332 00:19:34,293 --> 00:19:36,626 A onde ides? Volvede, por favor. 333 00:19:36,709 --> 00:19:38,876 Non son un fodehomis. Fodo comida. 334 00:19:38,959 --> 00:19:41,751 En serio. Fódovos a todos se me deixades. 335 00:19:41,834 --> 00:19:44,834 Con ese tufo a homi que lles vas deixar? Non, ho. 336 00:19:44,918 --> 00:19:47,209 - Cala, Brenda. - Cala, Frank. 337 00:19:50,168 --> 00:19:52,876 Podedes tirar o voso voto con estes dous, 338 00:19:53,001 --> 00:19:56,834 ou podedes votar a Xulio, amores. Marmeladas, vamos outra vez! 339 00:20:03,418 --> 00:20:06,376 - Non! A onde ides? - Aínda somos opcións viables! 340 00:20:06,459 --> 00:20:07,376 Somos viables! 341 00:20:07,459 --> 00:20:11,334 E con isto e un biscoito, a comida falou. 342 00:20:11,418 --> 00:20:13,418 E cunha maioría esmagadora, 343 00:20:13,501 --> 00:20:18,751 o novo líder de Alimentopía é a nosa laranxa favorita, Xulio! 344 00:20:22,709 --> 00:20:24,084 Estou aquí para vós! 345 00:20:24,543 --> 00:20:28,668 Si! Son unha comida da comida, pola comida... 346 00:20:28,751 --> 00:20:29,626 Agardádeme! 347 00:20:29,709 --> 00:20:31,168 ...e para a comida! 348 00:20:31,709 --> 00:20:33,918 Perda, desespero, traxedia. 349 00:20:34,459 --> 00:20:37,084 Unha parella coas esperanzas rotas. 350 00:20:37,168 --> 00:20:42,626 E así descósese o tecido social de Alimentopía. 351 00:20:44,543 --> 00:20:45,918 Cala o peteiro, Veiner. 352 00:21:47,543 --> 00:21:49,543 Subtítulos: Lucía Doval 353 00:21:49,626 --> 00:21:51,626 Supervisora creativa: Paula Maneiro