1 00:00:02,000 --> 00:00:07,000 Downloaded from YTS.MX 2 00:00:07,757 --> 00:00:09,592 A animación converteuse, 3 00:00:08,000 --> 00:00:13,000 Official YIFY movies site: YTS.MX 4 00:00:10,093 --> 00:00:12,971 para o consumidor, nun xénero. 5 00:00:13,638 --> 00:00:16,016 Mais tamén é un medio artístico 6 00:00:16,516 --> 00:00:18,852 e, de entre todos os da animación, 7 00:00:18,935 --> 00:00:21,563 para min, o máis sagrado e máxico 8 00:00:21,646 --> 00:00:22,814 é o stop-motion, 9 00:00:23,314 --> 00:00:26,401 porque é a unión entre animador e monicreque. 10 00:00:28,319 --> 00:00:30,989 Normalmente, un filme captura a realidade. 11 00:00:31,531 --> 00:00:35,577 A animación créaa e simula a captura. 12 00:00:35,660 --> 00:00:40,832 Dáslle vida e esa é a expresión artística máis elevada. 13 00:00:42,876 --> 00:00:44,878 O que nos vai facer únicos é 14 00:00:44,961 --> 00:00:48,465 aportarlle a este filme a estética dos filmes de Guillermo. 15 00:00:48,548 --> 00:00:51,092 A sofisticación propia da cinematografía, 16 00:00:51,176 --> 00:00:56,097 cando se aplica ao stop-motion, que é intrinsecamente artesanal, 17 00:00:56,181 --> 00:00:59,434 resulta nunha combinación moi potente. 18 00:00:59,517 --> 00:01:02,020 Pinocchio é un filme cun corazón enorme. 19 00:01:02,103 --> 00:01:05,440 Trata de quen somos, de ser fieis a nós mesmos 20 00:01:05,523 --> 00:01:08,985 e de non cambiar para sermos aceptados. 21 00:01:10,862 --> 00:01:15,283 Tamén trata de ser pai e de ser fillo, 22 00:01:15,784 --> 00:01:17,744 de aprender a querer aos teus 23 00:01:17,827 --> 00:01:20,080 tal e como son e polo que son. 24 00:01:20,163 --> 00:01:23,958 O Pinocchio de Guillermo é absolutamente sorprendente. 25 00:01:24,834 --> 00:01:30,173 É quen de introducir temas importantes agochados 26 00:01:30,256 --> 00:01:33,218 nunha película familiar moi entretida. 27 00:01:35,720 --> 00:01:38,473 Sempre analiza en que consiste ser humano 28 00:01:38,556 --> 00:01:40,934 e formar parte dunha sociedade. 29 00:01:41,017 --> 00:01:44,896 É a súa especialidade e este filme vai sobre iso. 30 00:01:45,480 --> 00:01:48,608 É volver contar unha historia que cres que xa sabes, 31 00:01:48,691 --> 00:01:49,567 mais non tal. 32 00:01:54,280 --> 00:01:58,701 A faceta marxinal de Pinocho foi o que me atraeu da historia. 33 00:01:58,785 --> 00:02:01,162 Identifícome coas criaturas marxinadas, 34 00:02:01,246 --> 00:02:03,623 o monstro de Frankenstein ou Pinocho, 35 00:02:03,706 --> 00:02:06,334 coa idea de entender o mundo por nós mesmos 36 00:02:06,960 --> 00:02:10,088 e de que non abonda co que che contan. 37 00:02:10,171 --> 00:02:13,258 Queres saber por que isto está ben e estoutro mal, 38 00:02:13,341 --> 00:02:16,010 se a ti che parece mal isto e ben estoutro. 39 00:02:17,011 --> 00:02:21,391 Para min, a fraxilidade de Pinocho reside na súa aparencia irreal 40 00:02:21,474 --> 00:02:24,519 e en que xente non pode aceptalo como neno real, 41 00:02:24,602 --> 00:02:28,565 porque non encaixa na idea que teñen de neno real. 42 00:02:28,648 --> 00:02:29,983 Son de verdade! 43 00:02:30,483 --> 00:02:31,943 Demo! 44 00:02:32,026 --> 00:02:33,319 Meigaría! 45 00:02:33,403 --> 00:02:36,781 O máxico é que é a interpretación de Pinocho de Guillermo, 46 00:02:36,865 --> 00:02:40,243 así que ten a estética propia dun filme de Guillermo. 47 00:02:40,326 --> 00:02:44,038 Aportoulle ese aspecto de criatura 48 00:02:44,122 --> 00:02:47,500 que un espera que Guillermo lle dea a Pinocho. 49 00:02:47,584 --> 00:02:52,797 Pero a historia tamén ten un lado emocional moi sincero, 50 00:02:52,881 --> 00:02:54,591 Pinocho! 51 00:02:56,176 --> 00:02:57,510 O amor manca. 52 00:02:57,594 --> 00:03:00,555 Levou uns 15 anos rematar o filme 53 00:03:00,638 --> 00:03:04,893 e tivemos que xuntar o mellor equipo de stop-motion. 54 00:03:05,560 --> 00:03:08,146 Por favor, mirade os botóns de miniatura. 55 00:03:08,730 --> 00:03:10,440 - Xa. - Son xeitosos de raio. 56 00:03:11,024 --> 00:03:12,233 Son, non si? 57 00:03:12,317 --> 00:03:16,321 Establecemos un triángulo entre Londres, Portland e Guadalajara. 58 00:03:17,238 --> 00:03:20,700 Levo desde os anos 80 apoiando a animación mexicana 59 00:03:20,783 --> 00:03:23,953 e queriamos que houbese unha conexión con México. 60 00:03:24,037 --> 00:03:27,790 Quería animadores mexicanos para Pinocho e o grilo. 61 00:03:27,874 --> 00:03:33,713 Personaxes principais, para amosar a gran capacidade artística e técnica 62 00:03:33,796 --> 00:03:36,341 dos estudos mexicanos en animación. 63 00:03:37,008 --> 00:03:39,844 Temos dos mellores animadores do mundo, 64 00:03:39,928 --> 00:03:42,222 guiados por Shadowmachine. 65 00:03:42,722 --> 00:03:47,602 Comezamos un proceso alucinante para formarmos un equipo de stop-motion 66 00:03:48,186 --> 00:03:51,064 á altura da visión que tiña Guillermo. 67 00:03:51,147 --> 00:03:54,317 O grado de experiencia no noso proxecto era enorme. 68 00:03:54,400 --> 00:03:57,362 Foi moi emocionante, 69 00:03:57,445 --> 00:04:00,990 porque conseguimos estar ao nivel máis alto. 70 00:04:01,074 --> 00:04:06,037 Esperaba un deses guións que se eleva e ao que queres servir, 71 00:04:06,120 --> 00:04:08,039 e esta experiencia foi así. 72 00:04:08,623 --> 00:04:11,751 Chamoume a atención inmediatamente 73 00:04:11,834 --> 00:04:15,713 que non se parecía a ningún outro filme animado 74 00:04:15,797 --> 00:04:17,006 xa visto. 75 00:04:17,715 --> 00:04:23,429 A estética de Guillermo está tecida en case cada fotograma do filme. 76 00:04:23,513 --> 00:04:29,018 Hai unha diferencia significativa entre o stop-motion coma arte e o dixital. 77 00:04:29,102 --> 00:04:32,772 O stop-motion ten avanzado desde os seus comezos, 78 00:04:32,855 --> 00:04:36,776 cando se usaba o moiré e o escintileo de peles e teas, 79 00:04:36,859 --> 00:04:39,570 mesmo o po atmosférico dos decorados, 80 00:04:39,654 --> 00:04:42,949 e o resultado imperfecto era algo fermosísimo, 81 00:04:43,032 --> 00:04:45,618 porque che contaba como se fixera. 82 00:04:46,536 --> 00:04:49,789 Eu quería que o resultado deste filme 83 00:04:49,872 --> 00:04:54,335 transmitise esa natureza material das obras de animación feitas á man, 84 00:04:54,419 --> 00:05:00,049 un exercicio fermoso e artesanal de tallar, pintar e esculpir, 85 00:05:00,133 --> 00:05:02,343 mais coa sofisticación de movemento 86 00:05:02,427 --> 00:05:07,181 que permiten os avances en soportes e elaboración de monicreques. 87 00:05:09,434 --> 00:05:13,730 Como supervisora da fabricación de monicreques 88 00:05:13,813 --> 00:05:17,400 o meu papel é facer que un director coma Guillermo 89 00:05:17,483 --> 00:05:20,695 me confíe a imaxe que ten do seu filme. 90 00:05:20,778 --> 00:05:23,031 E tamén está o elemento práctico, 91 00:05:23,114 --> 00:05:25,783 como transformamos eses obxectos inanimados 92 00:05:25,867 --> 00:05:28,786 en monicreques que se poden animar? 93 00:05:29,412 --> 00:05:32,790 Hai que planificar como se vai mover, 94 00:05:32,874 --> 00:05:36,544 que precisa facer no arco da súa historia. 95 00:05:36,627 --> 00:05:39,630 Que soporte vai usar 96 00:05:39,714 --> 00:05:41,007 e mesmo canto pesa. 97 00:05:41,090 --> 00:05:43,176 É algo que hai que ter en conta. 98 00:05:43,259 --> 00:05:46,220 É un equilibrio difícil, sobre todo nas criaturas, 99 00:05:46,304 --> 00:05:51,476 que son máis problemáticas ca os personaxes humanos. 100 00:05:51,559 --> 00:05:55,521 Hai tantos elementos fantásticos, marabillosos, 101 00:05:55,605 --> 00:05:57,815 que todos son difíciles de crear, 102 00:05:57,899 --> 00:06:00,651 mais hai que montalos e que funcionen xuntos. 103 00:06:01,611 --> 00:06:05,406 Cómpre moito tempo até que o monicreque está listo. 104 00:06:05,490 --> 00:06:07,742 Pode levar un ano 105 00:06:07,825 --> 00:06:09,827 até dar por rematado un monicreque 106 00:06:09,911 --> 00:06:12,789 que satisfaga a todos e que poida saír a escena, 107 00:06:12,872 --> 00:06:14,332 e entón podes animalo. 108 00:06:15,083 --> 00:06:19,754 Guillermo prefería que isto fose mecánico a substitución. 109 00:06:19,837 --> 00:06:22,882 Temos ambos tipos de monicreques neste filme. 110 00:06:22,965 --> 00:06:26,636 Na substitución, cada expresión e forma da boca 111 00:06:26,719 --> 00:06:28,304 é un transplante. 112 00:06:28,388 --> 00:06:32,016 É dicir, cada forma da boca é unha máscara facial distinta 113 00:06:32,100 --> 00:06:34,060 que se pon na cara do monicreque. 114 00:06:34,143 --> 00:06:37,688 Pinocho é de substitución porque é un cativo de madeira. 115 00:06:37,772 --> 00:06:41,234 Queremos que actúe como se fose de madeira. 116 00:06:41,317 --> 00:06:44,362 A súa cara é sempre do mesmo tamaño. 117 00:06:44,445 --> 00:06:45,988 Non ten as fazulas gordas. 118 00:06:46,072 --> 00:06:49,992 As vetas de madeira da cara non se moven para nada. 119 00:06:50,076 --> 00:06:51,661 Soamente se abre. 120 00:06:51,744 --> 00:06:55,832 Describino como usar un cicel para abrir a boca. 121 00:06:55,915 --> 00:06:59,627 Dás un golpe, a parte de atrás amortéceo. 122 00:07:00,211 --> 00:07:02,130 Pam! Aberta. 123 00:07:02,213 --> 00:07:05,299 Foi xenial cando se nos ocorreu. 124 00:07:05,383 --> 00:07:06,634 Pensei: "Toma!" 125 00:07:07,677 --> 00:07:13,182 Era un monicreque complicado, desde o punto de vista técnico. 126 00:07:13,266 --> 00:07:16,894 Tivemos que atopar técnicas novas para que se vise o personaxe 127 00:07:17,395 --> 00:07:20,773 en toda a súa forma de madeira, coas xuntas bastas. 128 00:07:20,857 --> 00:07:23,776 Queriamos que fose tan práctico e duradeiro 129 00:07:23,860 --> 00:07:27,572 como exixe un filme para un monicreque dese tamaño. 130 00:07:28,072 --> 00:07:31,951 Pinocho é o primeiro monicreque 131 00:07:32,034 --> 00:07:34,745 completamente impreso cunha impresora 3D. 132 00:07:34,829 --> 00:07:39,083 Mais Volpe e Geppetto son animacións mecánicas, 133 00:07:39,167 --> 00:07:42,128 que é cando tes unha funda de silicona 134 00:07:42,211 --> 00:07:47,467 sobre un mecanismo que é, en esencia, un reloxo suízo. 135 00:07:48,134 --> 00:07:51,345 Así o animador move, fotograma a fotograma, 136 00:07:51,429 --> 00:07:55,016 cada elemento desde o exterior e a través da funda. 137 00:07:55,099 --> 00:07:57,602 Foi longo, traballar co equipo de animación 138 00:07:57,685 --> 00:08:01,564 para ver como desenvolver as técnicas usadas para cada personaxe. 139 00:08:01,647 --> 00:08:04,317 Con Geppetto funciona de marabilla, 140 00:08:04,400 --> 00:08:08,279 porque ten o bigote e a barba longos e as cellas moi espesas. 141 00:08:08,362 --> 00:08:12,074 E todo iso préstase para as caras mecánicas. 142 00:08:12,617 --> 00:08:15,745 Mais co primeiro monicreque de Carlo 143 00:08:15,828 --> 00:08:17,872 foi unha loita para o animador. 144 00:08:17,955 --> 00:08:19,957 Canto máis delicada é a cara, 145 00:08:20,041 --> 00:08:23,252 máis difícil é facerlle cambiar as expresións. 146 00:08:23,336 --> 00:08:26,756 Os animadores comezaron a usar as pálpebras inferiores, 147 00:08:26,839 --> 00:08:29,550 as cellas e a linguaxe corporal. 148 00:08:29,634 --> 00:08:31,469 E, sobre todo con Carlo, 149 00:08:31,552 --> 00:08:33,888 unha cousa que queriamos facer 150 00:08:33,971 --> 00:08:36,682 era animar xestos innecesarios. 151 00:08:36,766 --> 00:08:39,477 E este de aquí foi o máximo expoñente, 152 00:08:39,560 --> 00:08:43,272 porque ninguén fai máis xestos innecesarios ca un neno. 153 00:08:44,482 --> 00:08:48,236 Xa desde o comezo, Guillermo propuxérase asegurar 154 00:08:48,319 --> 00:08:50,988 que o stop-motion resultase real e táctil 155 00:08:51,072 --> 00:08:54,367 e insistiu na idea de animar erros. 156 00:08:54,909 --> 00:08:59,539 Para el era moi importante o realismo das actuacións, 157 00:08:59,622 --> 00:09:02,959 cos pequenos erros que cometemos arreo. 158 00:09:03,042 --> 00:09:07,421 Se van coller o prato da cea, pode que non atinen 159 00:09:07,505 --> 00:09:09,215 e vólveno intentar. 160 00:09:09,924 --> 00:09:12,760 En filmes de imaxe real, un rabia por un erro, 161 00:09:13,469 --> 00:09:16,681 por unha frase interpretada dun xeito inesperado. 162 00:09:16,764 --> 00:09:21,185 É moi complicado invocar esa realidade no stop-motion, 163 00:09:21,769 --> 00:09:26,148 porque estás a animala, así que cómpre simular os accidentes. 164 00:09:26,232 --> 00:09:27,191 Levanta a perna. 165 00:09:27,275 --> 00:09:30,111 Como é director de imaxe real, 166 00:09:30,194 --> 00:09:34,949 sabe o tempo que lle leva á xente procesar 167 00:09:35,449 --> 00:09:37,577 as caras e os obxectos na pantalla. 168 00:09:38,494 --> 00:09:41,622 Neste filme, Guillermo tivo paciencia para dicir, 169 00:09:42,123 --> 00:09:43,499 cómpre ir máis lento. 170 00:09:43,583 --> 00:09:46,669 Cómpre ver a Pinocho pensando. 171 00:09:46,752 --> 00:09:49,130 Dixen: "Se o personaxe está a pensar, 172 00:09:49,213 --> 00:09:52,258 quero velo mover os ollos, procesando a información. 173 00:09:52,341 --> 00:09:55,011 Quero ver un cambio sutil." 174 00:09:55,094 --> 00:09:56,679 Se animas o ordinario, 175 00:09:56,762 --> 00:09:59,307 acadarás algo extraordinario. 176 00:10:02,935 --> 00:10:05,187 Codirixín con Mark Gustafson, 177 00:10:05,271 --> 00:10:09,609 que para min é un director e animador mítico. 178 00:10:09,692 --> 00:10:12,320 Foi incrible traballar con Guillermo, 179 00:10:12,403 --> 00:10:16,157 porque é un artista do máis alto nivel. 180 00:10:16,240 --> 00:10:20,202 E iso obrígate a porte ao seu nivel. 181 00:10:20,286 --> 00:10:24,415 Guillermo é fantástico, porque confía plenamente no animador, 182 00:10:24,498 --> 00:10:26,500 como confía nos seus actores. 183 00:10:27,084 --> 00:10:31,130 Un filme de imaxe real faise entre un "acción" e un "corten", 184 00:10:31,213 --> 00:10:32,965 o actor é dono da toma. 185 00:10:33,049 --> 00:10:36,052 Estableces este vencello cos animadores 186 00:10:36,135 --> 00:10:40,139 e dálles moito poder para pensar polo monicreque, 187 00:10:40,723 --> 00:10:44,644 non representar unha acción sen máis, evitar a pantomima 188 00:10:45,144 --> 00:10:47,188 e darnos unha interpretación real. 189 00:10:47,271 --> 00:10:50,566 Os animadores son os nosos actores. 190 00:10:51,317 --> 00:10:54,320 A animación é un proceso moi elaborado, 191 00:10:54,403 --> 00:10:57,948 queriamos que os animadores fosen donos das súas actuacións. 192 00:10:58,032 --> 00:11:00,159 Un dos principios fundamentais 193 00:11:00,242 --> 00:11:03,120 que propuxemos Guillermo e mais eu ao comenzarmos 194 00:11:03,204 --> 00:11:08,376 foi devolverlle a interpretación aos animadores na medida do posible. 195 00:11:08,959 --> 00:11:13,422 Parte diso eran os vídeos de imaxe real. 196 00:11:13,506 --> 00:11:19,762 "Non mintas ou vaiche crecer o nariz moito." 197 00:11:19,845 --> 00:11:22,473 Antes de rodar unha toma, como animador, 198 00:11:22,556 --> 00:11:24,141 tes que investigar 199 00:11:24,225 --> 00:11:26,435 que forma vai ter a toma, 200 00:11:26,519 --> 00:11:29,271 que movementos e velocidade. 201 00:11:29,355 --> 00:11:32,400 Un xeito rápido e sinxelo é filmarse a un mesmo. 202 00:11:32,900 --> 00:11:34,568 Así que os animadores viñan 203 00:11:34,652 --> 00:11:37,738 con vídeos curtos deles representando a acción. 204 00:11:38,322 --> 00:11:39,949 A Guillermo encantáballe. 205 00:11:40,032 --> 00:11:43,035 Sempre que os ve, di cun sorriso de orella a orella, 206 00:11:43,119 --> 00:11:45,162 "Iso! Xusto así! Xenial" 207 00:11:46,789 --> 00:11:48,082 Spazzatura. 208 00:11:49,834 --> 00:11:52,920 Grimly deseñou un Pinocho incrible. 209 00:11:53,003 --> 00:11:58,759 Para min, o mellor Pinocho que vin, pola súa sinxeleza e fermosura. 210 00:11:58,843 --> 00:12:01,095 Cando comecei a deseñar a Pinocho, 211 00:12:01,178 --> 00:12:03,597 só quería que fose mangallón e raro, 212 00:12:04,181 --> 00:12:06,600 coma un monicreque sen fíos. 213 00:12:06,684 --> 00:12:09,353 Posto que Pinocho era o protagonista 214 00:12:09,437 --> 00:12:11,021 queriamos comezar por el. 215 00:12:11,105 --> 00:12:14,650 Guillermo tivo a xenial idea de darlle un toque Frankenstein, 216 00:12:14,734 --> 00:12:16,986 cunha metade rematada e a outra non. 217 00:12:19,196 --> 00:12:21,115 Fixémolo asimétrico, 218 00:12:21,198 --> 00:12:23,784 porque Geppetto tállao estando borracho. 219 00:12:24,285 --> 00:12:27,997 E a idea é que comeza pola orella e o pelo 220 00:12:28,539 --> 00:12:31,751 e con iso é moi coidadoso, mais logo cansa e… 221 00:12:32,251 --> 00:12:34,462 e remátao decontado. 222 00:12:37,923 --> 00:12:41,719 Geppetto foi un dos personaxes que máis deseño implicou. 223 00:12:41,802 --> 00:12:43,846 Puxémoslle capas de roupa. 224 00:12:44,430 --> 00:12:48,100 Era esencial que fose vestido con farrapos. 225 00:12:48,184 --> 00:12:52,354 Non é o tipo de home que pode comprar moitos pantalóns. 226 00:12:53,230 --> 00:12:54,398 Meu fillo. 227 00:12:54,482 --> 00:12:57,943 Levámolo a un lugar no que deixa de ser agradable. 228 00:12:58,027 --> 00:13:02,031 É dicir, este tipo bebe, enfádase. 229 00:13:02,114 --> 00:13:04,700 Non entende a Pinocho. 230 00:13:04,784 --> 00:13:06,994 E lévalle tempo decatarse 231 00:13:07,077 --> 00:13:10,915 de que os seu amor polo rapaz é moito máis importante 232 00:13:10,998 --> 00:13:14,335 que facer algo socialmente aceptable. 233 00:13:14,418 --> 00:13:17,046 Pode actuar aínda que estea morto. 234 00:13:17,129 --> 00:13:21,550 Como se atreve! Amose algo de respecto. 235 00:13:22,051 --> 00:13:24,553 O vilán de moitas destas historias, 236 00:13:24,637 --> 00:13:26,263 chamado Mangiafuoco, 237 00:13:26,347 --> 00:13:28,682 é un personaxe moi acorporado 238 00:13:28,766 --> 00:13:31,519 e a min iso non me acababa, non me gustaba. 239 00:13:31,602 --> 00:13:33,437 Parecíame un clixé. 240 00:13:33,521 --> 00:13:36,398 Guillermo xuntou o equipo que había nese momento, 241 00:13:36,482 --> 00:13:38,526 mirounos e díxonos: "Meus, 242 00:13:38,609 --> 00:13:42,196 non me gusta o noso vilán e quero cambialo." 243 00:13:42,780 --> 00:13:46,200 E dixen: "Acho que debería ser este. 244 00:13:46,283 --> 00:13:49,286 Podemos convertelo no antagonista principal?" 245 00:13:49,370 --> 00:13:52,873 E foi un pouco… "Vale, pero o vilán xa o fixemos." 246 00:13:53,541 --> 00:13:55,334 E que facemos? 247 00:13:55,417 --> 00:13:57,545 Cal foi a túa resposta? 248 00:13:57,628 --> 00:14:00,840 Pois unha vez que o ves non quitas a idea da cabeza 249 00:14:00,923 --> 00:14:03,467 e contas cun equipo incrible para logralo. 250 00:14:03,551 --> 00:14:07,513 Pasamos moito tempo a deseñar a Mangiafuoco, 251 00:14:07,596 --> 00:14:11,016 cunha barba enorme, 252 00:14:11,100 --> 00:14:14,645 rematámolo e agora é un personaxe de recheo do circo. 253 00:14:16,230 --> 00:14:19,692 Non vos é un espectáculo! 254 00:14:19,775 --> 00:14:21,318 Claro que o é! 255 00:14:21,402 --> 00:14:26,490 Volpe é un dos personaxes máis exaxerados. 256 00:14:26,574 --> 00:14:28,951 É moi divertido, é algo así coma o demo. 257 00:14:29,535 --> 00:14:30,703 É moi interesado. 258 00:14:30,786 --> 00:14:32,454 El é o que é mellor para el. 259 00:14:32,538 --> 00:14:34,748 Queda unha cousiña de nada. 260 00:14:37,126 --> 00:14:38,919 Cando pensabamos no grilo, 261 00:14:39,003 --> 00:14:42,756 eu pensaba nun que viaxara por todo o mundo 262 00:14:42,840 --> 00:14:45,426 e vivira cun escultor e un avogado. 263 00:14:46,010 --> 00:14:47,803 E ocorréuseme o nome, 264 00:14:47,887 --> 00:14:50,848 Sebastián J. Grilo. 265 00:14:50,931 --> 00:14:54,018 Soaba moi sofisticado. 266 00:14:54,101 --> 00:14:57,438 Grilo ten moito de Guillermo. 267 00:14:57,521 --> 00:15:01,108 Colle este personaxe, que é un pouco arrogante, 268 00:15:01,191 --> 00:15:04,028 e fai que che caia ben e que queiras seguilo. 269 00:15:04,612 --> 00:15:08,407 A animación do grilo é moi sinxela en aparencia, 270 00:15:08,490 --> 00:15:12,494 mais iso quere dicir que tes que ser prudente. 271 00:15:12,578 --> 00:15:14,330 Usa moito as mans 272 00:15:14,955 --> 00:15:16,290 para explicar, para… 273 00:15:16,373 --> 00:15:18,042 Xa sabes, é moi recto, 274 00:15:18,125 --> 00:15:21,420 así que usa as mans para pedir explicacións, 275 00:15:21,503 --> 00:15:23,422 para acusar alguén, 276 00:15:23,505 --> 00:15:24,548 para acenar. 277 00:15:24,632 --> 00:15:27,384 Usa todo o corpo como se fose unha cara. 278 00:15:27,468 --> 00:15:29,178 Non son unha institutriz. 279 00:15:29,261 --> 00:15:31,555 E logo, é o deseño dunha criatura, 280 00:15:31,639 --> 00:15:33,682 que é outro mundo, 281 00:15:33,766 --> 00:15:36,769 e a verdadeira especialidade de Guillermo. 282 00:15:49,823 --> 00:15:53,535 O escualo, Morte, o Espírito, 283 00:15:54,036 --> 00:15:56,163 o grilo, os coellos, 284 00:15:56,246 --> 00:15:59,458 teñen todos esa pel azulada doutro mundo, 285 00:15:59,541 --> 00:16:01,335 porque están relacionados. 286 00:16:01,418 --> 00:16:05,089 Os coellos levan os mortos ao outro lado. 287 00:16:05,172 --> 00:16:08,717 Son unha extensión de Morte, a irmá da vida, 288 00:16:08,801 --> 00:16:10,052 que é o Espírito. 289 00:16:10,552 --> 00:16:15,933 Non eran deseños limpos nin estilizados, o aspecto dos personaxes non era pulido. 290 00:16:16,016 --> 00:16:18,060 Podían levar as unllas sucias. 291 00:16:18,143 --> 00:16:19,895 Tiñan imperfeccións, 292 00:16:19,979 --> 00:16:24,400 era como se quixese que tivesen unha vida anterior no filme. 293 00:16:24,483 --> 00:16:26,652 Creabamos un personaxe, 294 00:16:26,735 --> 00:16:30,739 faciamos roupas fermosas para Geppetto, por exemplo, 295 00:16:30,823 --> 00:16:32,825 ou outro personaxe 296 00:16:32,908 --> 00:16:34,618 e recibías unha mensaxe. 297 00:16:34,702 --> 00:16:36,245 "Xa o viu Guillermo… 298 00:16:36,829 --> 00:16:38,497 Ten que estar sucio." 299 00:16:38,580 --> 00:16:40,290 Fas un monicreque fermoso, 300 00:16:40,374 --> 00:16:43,210 e cando o rematas, parece saído da tenda. 301 00:16:43,293 --> 00:16:47,172 Non parece o personaxe dunha historia. 302 00:16:47,256 --> 00:16:50,259 Non tes que crer que son persoas reais, 303 00:16:50,342 --> 00:16:52,636 senón crer neles como personaxes 304 00:16:52,720 --> 00:16:57,349 e queriamos combinar a forma e o personaxe. 305 00:16:57,433 --> 00:16:58,976 Queriamos fusionalos. 306 00:16:59,059 --> 00:17:03,772 Volpe con esas ás demoníacas, que parecen cornos no cabelo. 307 00:17:03,856 --> 00:17:06,608 A inocencia de Pinocho, a súa simplicidade. 308 00:17:06,692 --> 00:17:11,363 A sinxeleza de Geppetto e o seu encanto do Vello Mundo. 309 00:17:11,447 --> 00:17:15,492 Queriamos que o labor de deseño contase a historia. 310 00:17:17,202 --> 00:17:22,708 Estridulacións da miña mocidade por Sebastian J. Cricket. 311 00:17:24,168 --> 00:17:25,919 En termos de escala, 312 00:17:26,003 --> 00:17:30,132 usamos monicreques de tamaños distintos para distintas necesidades. 313 00:17:30,215 --> 00:17:35,971 Este é o Pinocho que interactúa con grilo, que é deste tamaño. 314 00:17:36,472 --> 00:17:37,931 Sebastián J. Grilo. 315 00:17:38,432 --> 00:17:42,811 E para ter o tamaño adecuado en moi poucas tomas 316 00:17:42,895 --> 00:17:46,440 precisabamos o grilo e o ombreiro de Pinocho, 317 00:17:46,523 --> 00:17:48,567 mentres lle musita ao oído. 318 00:17:48,650 --> 00:17:50,861 Así que usamos este Pinocho grande. 319 00:17:50,944 --> 00:17:54,990 E nalgunhas tomas usamos este Pinochiño. 320 00:17:55,574 --> 00:17:56,909 E logo temos isto, 321 00:17:57,534 --> 00:17:58,827 grilos pequenos 322 00:17:59,495 --> 00:18:00,579 para outras tomas, 323 00:18:01,163 --> 00:18:02,748 sobre todo, ao esmagalo. 324 00:18:04,625 --> 00:18:06,043 A dor. 325 00:18:06,126 --> 00:18:08,962 Pódese construír un monicreque así de pequeno 326 00:18:09,046 --> 00:18:11,924 e ter bo control sobre el en termos de animación. 327 00:18:12,508 --> 00:18:16,762 Así que construímos un Pinocho tan pequeno como puidemos 328 00:18:16,845 --> 00:18:18,764 e aínda así tiñamos bo control. 329 00:18:18,847 --> 00:18:22,601 E as escalas dos demais eran proporcionais a iso. 330 00:18:22,684 --> 00:18:24,686 E o decorado tamén. 331 00:18:28,607 --> 00:18:30,192 Hai que construílo todo. 332 00:18:30,275 --> 00:18:33,403 É a beizón e a maldición do stop-motion. 333 00:18:33,487 --> 00:18:37,324 Podes facer que as cousas sexan exactamente como precisas. 334 00:18:37,407 --> 00:18:38,700 É emocionante, 335 00:18:38,784 --> 00:18:40,577 porque creas un mundo 336 00:18:40,661 --> 00:18:43,831 que é distinto de todos, mais que se asemella a todos. 337 00:18:43,914 --> 00:18:46,875 E iso é moi potente. 338 00:18:46,959 --> 00:18:49,169 Axuda a contar mellor a historia. 339 00:18:49,753 --> 00:18:54,007 Vimos moitos filmes de Guillermo e identificamos aspectos chave. 340 00:18:54,883 --> 00:18:57,344 Cores, texturas, 341 00:18:57,427 --> 00:19:00,889 formas de fiestras e atmosfera xeral. 342 00:19:01,640 --> 00:19:05,811 Bástanche tres segundos para saberes que é un filme de Guillermo, 343 00:19:05,894 --> 00:19:07,646 e queriamos ser fieis a iso. 344 00:19:08,230 --> 00:19:10,440 Os decorados evocan 345 00:19:10,524 --> 00:19:14,444 a beleza desas vilas italianas, 346 00:19:14,528 --> 00:19:16,321 coñezo lugares así. 347 00:19:16,405 --> 00:19:18,574 Investigamos moito. 348 00:19:18,657 --> 00:19:22,536 Fotografías e pósters, copiamos a tipografía 349 00:19:22,619 --> 00:19:24,872 porque quería que fose un mundo real. 350 00:19:24,955 --> 00:19:27,332 Todas as estruturas da vila 351 00:19:27,416 --> 00:19:29,501 teñen os restos das súas orixes, 352 00:19:29,585 --> 00:19:32,588 como ruínas medievais e enriba 353 00:19:32,671 --> 00:19:34,590 tes tallas do século XVIII 354 00:19:34,673 --> 00:19:40,637 e logo tes murais que eran frescos do 1500 e 1400. 355 00:19:41,305 --> 00:19:43,015 Dá a sensación de ter capas. 356 00:19:43,098 --> 00:19:46,518 Cando traduces o guión ao storyboard, 357 00:19:46,602 --> 00:19:49,646 esas decisións definen a enormidade da visión, 358 00:19:49,730 --> 00:19:52,691 e no story tomas decisións, onde vai a cámara, 359 00:19:52,774 --> 00:19:54,443 canto se move, cousas así. 360 00:19:55,027 --> 00:19:57,654 Un dos retos máis especiais 361 00:19:57,738 --> 00:20:00,032 é que o animador caiba, 362 00:20:00,115 --> 00:20:01,783 para animar aos monicreques. 363 00:20:01,867 --> 00:20:04,453 Así que temos de deseñar estes decorados 364 00:20:04,536 --> 00:20:07,998 de tal xeito que poidamos separalos de distintas formas. 365 00:20:08,081 --> 00:20:11,585 É un gran traballo en equipo, sentamos todos xuntos 366 00:20:11,668 --> 00:20:13,545 para falar de como vai quedar. 367 00:20:14,254 --> 00:20:15,756 O filme ten unha estética 368 00:20:15,839 --> 00:20:19,551 e a animación ten de encaixar nese mundo tamén. 369 00:20:20,677 --> 00:20:23,513 Ao primeiro, tes de atopar a estética, 370 00:20:23,597 --> 00:20:25,224 como vai ser exactamente 371 00:20:25,307 --> 00:20:27,976 e basearémolo en algo moi sinxelo. 372 00:20:28,060 --> 00:20:30,312 No filme temos unha piña 373 00:20:30,395 --> 00:20:32,940 que é un obxecto pequeno e encantador 374 00:20:33,023 --> 00:20:36,860 e pasamos meses a mirala, en diferentes intervalos, 375 00:20:36,944 --> 00:20:39,863 e mirabamos outras cousas desde a óptica de… 376 00:20:39,947 --> 00:20:42,824 como fixemos esta piña? Gústanos esta estética. 377 00:20:42,908 --> 00:20:46,578 Se sabes como son as liñas dunha piña orgánica, 378 00:20:46,662 --> 00:20:48,664 aprendes a linguaxe das liñas 379 00:20:48,747 --> 00:20:52,584 e o nivel de detalle e de realidade 380 00:20:52,668 --> 00:20:54,670 que intentamos infundir no filme. 381 00:20:54,753 --> 00:20:57,547 Comezas a entender como é este mundo. 382 00:20:58,257 --> 00:21:03,053 O monicreque de Morte permitía explorar certos aspectos. 383 00:21:03,136 --> 00:21:06,848 Si, coido que ao primeiro Morte tiña rabo de serpe, 384 00:21:06,932 --> 00:21:09,059 e ti e mais Toby 385 00:21:09,142 --> 00:21:14,523 désteslle a textura das escamas dunha piña e foi unha idea brillante. 386 00:21:14,606 --> 00:21:17,442 Foi un gran xeito de relacionalo coa piña, 387 00:21:17,526 --> 00:21:20,028 de que Morte representase a todo ser vivo. 388 00:21:21,238 --> 00:21:25,117 As raias dos pantalóns que leva Spazzatura… 389 00:21:25,200 --> 00:21:27,744 - Facíanse á man. - Facíanse á man. 390 00:21:27,828 --> 00:21:31,331 Mais non queriamos que fose evidente. 391 00:21:31,415 --> 00:21:33,333 Queriamos que parecese real 392 00:21:33,417 --> 00:21:36,211 e iso reflectiuse en todo o demais, 393 00:21:36,295 --> 00:21:38,547 esa idea de que non é perfecto. 394 00:21:39,047 --> 00:21:40,841 Dálle personalidade. 395 00:21:40,924 --> 00:21:43,844 Mackinnon and Saunders mandara a táboa de mostras. 396 00:21:43,927 --> 00:21:48,181 Había nove xeitos de facer as raias e esas eran as que lles gustaban, 397 00:21:48,265 --> 00:21:49,933 e dixemos todos: "Esa". 398 00:21:50,017 --> 00:21:51,518 E botámonos a rir. 399 00:21:51,601 --> 00:21:54,104 "Coincidimos todos. Xenial, ha ser esa." 400 00:21:54,187 --> 00:21:56,648 O seguinte paso foi falar da razón. 401 00:21:56,732 --> 00:21:58,567 Porque se o falas, 402 00:21:58,650 --> 00:22:01,445 se cadra, esas normas inflúen en outras cousas. 403 00:22:01,528 --> 00:22:03,739 Verás, hai regras. 404 00:22:03,822 --> 00:22:05,699 Tivemos que atopar a linguaxe, 405 00:22:05,782 --> 00:22:08,577 canto ten de animación, canto de real. 406 00:22:08,660 --> 00:22:11,538 E chegamos a un punto óptimo. 407 00:22:12,122 --> 00:22:14,750 Cun elemento máxico coma Pinocho 408 00:22:15,292 --> 00:22:19,755 cumpríanos rodealo dun mundo máis sólido. 409 00:22:19,838 --> 00:22:22,382 Se todo é máxico, nada o é. 410 00:22:22,466 --> 00:22:26,219 O mundo debía ser sólido e as proporcións, correctas. 411 00:22:26,303 --> 00:22:28,180 A física debía ser correcta. 412 00:22:28,263 --> 00:22:32,434 Dálle estabilidade á historia emocional e ao arco de Pinocho. 413 00:22:32,517 --> 00:22:34,603 Guillermo ten bo ollo para iso. 414 00:22:34,686 --> 00:22:39,316 Decátase cando algo non vai encaixar no mundo. 415 00:22:39,900 --> 00:22:42,444 Non é distinto de deseñar 416 00:22:42,527 --> 00:22:46,823 e preparar un decorado para imaxe real e a tamaño real. 417 00:22:47,324 --> 00:22:49,993 Esa é a beleza da animación stop-motion. 418 00:22:50,077 --> 00:22:52,662 Preparar e deseñar o decorado, decoración 419 00:22:52,746 --> 00:22:56,291 e cinematografía, todo é coma nun filme de imaxe real. 420 00:22:56,375 --> 00:22:59,419 Guillermo preocúpase de que as cousas parezan reais. 421 00:22:59,503 --> 00:23:03,465 Por iso buscamos referencias en imaxes de época se as atopamos. 422 00:23:03,548 --> 00:23:05,092 Coma neste interior. 423 00:23:05,175 --> 00:23:08,095 Se pensas que a fonte principal de enerxía 424 00:23:08,178 --> 00:23:13,141 eran o carbón e a madeira, as paredes han ter manchas de carbón. 425 00:23:13,225 --> 00:23:16,686 Así que non serve un deseño artificial, 426 00:23:16,770 --> 00:23:19,189 cómpre unha máquina de realidade. 427 00:23:19,773 --> 00:23:23,193 Nunha das súas primeiras visitas púxose a mirar a igrexa 428 00:23:23,276 --> 00:23:26,947 que acababamos de montar cando chegou 429 00:23:27,030 --> 00:23:29,908 e dixo: "Habería que avellentalo de raio." 430 00:23:29,991 --> 00:23:36,456 Comezamos por que levaba décadas, cando non séculos, construír unha igrexa. 431 00:23:36,540 --> 00:23:41,378 Así que a madeira sería máis clara ca os frescos das paredes 432 00:23:41,461 --> 00:23:46,258 ou as vidreiras serían doutra década ou século, 433 00:23:46,341 --> 00:23:49,469 e tallar o Cristo levaría un tempo. 434 00:23:49,553 --> 00:23:52,180 Tíñase que notar a mesma man 435 00:23:52,264 --> 00:23:55,058 que nas outras cousas da casa de Geppetto. 436 00:23:55,600 --> 00:23:59,396 Tíñanse que notar as lascas da madeira, a forma, 437 00:23:59,896 --> 00:24:04,067 quería que houbese un paralelismo con Pinocho, tamén tallado, 438 00:24:04,151 --> 00:24:07,028 e que a Pinocho lle custase entender 439 00:24:07,112 --> 00:24:09,448 por que os aldeáns o odian 440 00:24:09,531 --> 00:24:12,409 se el é de madeira e a El adórano, 441 00:24:12,492 --> 00:24:14,369 como di, e tamén é de madeira. 442 00:24:14,453 --> 00:24:17,164 Ese argumento só se podía dar na igrexa. 443 00:24:28,633 --> 00:24:31,094 A miña preocupación principal 444 00:24:31,178 --> 00:24:34,306 era se abondaría co equipo de control de movemento 445 00:24:34,389 --> 00:24:39,686 para facer todos os movementos que Guillermo esperaba neste filme. 446 00:24:39,769 --> 00:24:43,482 Porque nos seus últimos filmes a cámara non para. 447 00:24:43,565 --> 00:24:47,527 Queriamos que os personaxes e a cámara se movesen, 448 00:24:47,611 --> 00:24:50,280 como cando se roda con actores no decorado. 449 00:24:50,363 --> 00:24:53,158 Ás veces, movemos bastante a cámara. 450 00:24:53,241 --> 00:24:56,703 Por exemplo, unha única toma levou tres meses. 451 00:24:57,287 --> 00:25:00,582 Hai unha toma na que Spazzatura volve ao circo, 452 00:25:00,665 --> 00:25:03,335 baixa correndo e a cámara sígueo 453 00:25:03,418 --> 00:25:05,629 mentres atravesa o campo da feira 454 00:25:05,712 --> 00:25:07,839 até chegar ao carro de Volpe. 455 00:25:09,007 --> 00:25:11,009 Unha toma así cóntache moito, 456 00:25:11,092 --> 00:25:14,554 porque ves como se move Spazzatura. 457 00:25:14,638 --> 00:25:17,098 Dáche información sobre o personaxe 458 00:25:17,182 --> 00:25:20,685 e o ambiente do que procede. 459 00:25:20,769 --> 00:25:22,312 Fálache do circo. 460 00:25:22,395 --> 00:25:25,440 E tamén coñecemos outros personaxes 461 00:25:25,524 --> 00:25:28,693 que aparecen de fondo mentres el pasa. 462 00:25:29,277 --> 00:25:32,948 Moitos filmes de Guillermo son hiperrealidade. 463 00:25:33,031 --> 00:25:35,075 Así que usas a luz 464 00:25:35,158 --> 00:25:38,954 para acentuar o contido emocional dunha escena, 465 00:25:39,037 --> 00:25:43,375 polo que o movemento das nubes é de gran axuda para contar a historia. 466 00:25:43,458 --> 00:25:47,629 Como cando Geppetto está a talar a árbore. 467 00:25:47,712 --> 00:25:51,758 Axuda a reflectir a agonía de Geppetto 468 00:25:51,841 --> 00:25:54,135 e o drama intensifícase, 469 00:25:55,220 --> 00:25:58,181 Algo que non fixeramos nunca 470 00:25:58,723 --> 00:26:04,104 é cando Volpe está a queimar a Pinocho. 471 00:26:04,187 --> 00:26:08,692 Tiñamos unha facha con luces LED no seu interior, 472 00:26:08,775 --> 00:26:12,487 así cando Volpe movía a facha 473 00:26:12,571 --> 00:26:17,409 podiamos facer unha toma só para esa luz e darlle múltiples exposicións. 474 00:26:18,368 --> 00:26:19,786 Dáme o fachuzo! 475 00:26:20,370 --> 00:26:22,872 Normalmente, iso hai que simulalo 476 00:26:22,956 --> 00:26:24,499 con luces que se moven 477 00:26:24,583 --> 00:26:26,167 e esta era a oportunidade 478 00:26:26,251 --> 00:26:29,004 de ter un control real en postprodución. 479 00:26:29,087 --> 00:26:31,047 Podiamos ter a lúa por un lado 480 00:26:31,131 --> 00:26:34,634 e as luces da facha e do lume por outro, 481 00:26:34,718 --> 00:26:36,094 en tomas separadas. 482 00:26:36,177 --> 00:26:38,513 O teu lume brillará… 483 00:26:39,222 --> 00:26:40,849 como unha estrela! 484 00:26:42,892 --> 00:26:44,060 Socorro! 485 00:26:44,144 --> 00:26:47,897 É incrible como o deseño de personaxes e os propios actores 486 00:26:47,981 --> 00:26:49,399 se inflúen mutuamente, 487 00:26:49,482 --> 00:26:52,652 e logo vén o animador e tamén inflúe. 488 00:26:52,736 --> 00:26:55,322 Cando o animador recibe o monicreque, 489 00:26:55,405 --> 00:26:57,657 ten as pistas de voz. 490 00:26:58,241 --> 00:27:00,785 O que adoro de Pinocho 491 00:27:00,869 --> 00:27:03,538 é a idea de que representa 492 00:27:03,622 --> 00:27:06,374 calquera neno de catro, seis anos… 493 00:27:06,458 --> 00:27:09,336 que son bolas de enerxía incontrolables. 494 00:27:09,836 --> 00:27:11,963 Cando están tristes, nótase, 495 00:27:12,047 --> 00:27:14,674 e xa poden estar para chorar, 496 00:27:14,758 --> 00:27:17,093 que aos dous segundos están ledísimos. 497 00:27:17,761 --> 00:27:20,555 Con Gregory quedou claro 498 00:27:20,639 --> 00:27:24,476 que o tempo é pouco nas sesións de gravación, 499 00:27:24,559 --> 00:27:25,769 mais era todo real. 500 00:27:25,852 --> 00:27:28,813 Ao primeiro, estaba moi nervioso. 501 00:27:28,897 --> 00:27:29,814 Nunca fixera 502 00:27:30,398 --> 00:27:34,235 un filme no que eu tivese un papel importante. 503 00:27:34,319 --> 00:27:36,404 Foi como rodar un documental. 504 00:27:36,488 --> 00:27:38,573 Cando comezaba a actuar, 505 00:27:38,657 --> 00:27:40,825 faciamos algo 506 00:27:41,826 --> 00:27:45,038 que lle facía moi doado desprenderse da actuación. 507 00:27:45,121 --> 00:27:48,291 Díxenlle que me chamase parvo. 508 00:27:48,375 --> 00:27:51,544 Díxome que se lle chamaba "parvo" ao final da frase, 509 00:27:51,628 --> 00:27:54,297 mesmo se non o incluían na versión final, 510 00:27:54,381 --> 00:27:58,551 eu poría moito máis énfase, sobre todo, nas frases chistosas. 511 00:27:58,635 --> 00:28:01,471 E cada vez que actuaba un pouco de máis, 512 00:28:01,554 --> 00:28:03,473 dicía: "Cala, parvo!" 513 00:28:03,556 --> 00:28:06,101 E despois botábase a rir e seguía. 514 00:28:06,184 --> 00:28:09,354 Son de carne e óso, e teño anacos carnosos. 515 00:28:09,437 --> 00:28:10,605 Un neno de verdade! 516 00:28:11,106 --> 00:28:13,233 Dáselle moi ben ser natural, 517 00:28:13,316 --> 00:28:16,569 mais é moi íntimo cando murmura 518 00:28:16,653 --> 00:28:18,697 ou fala co grilo 519 00:28:18,780 --> 00:28:20,365 ou con Pabío. 520 00:28:20,949 --> 00:28:24,369 Hai unha emoción absolutamente pura. 521 00:28:24,452 --> 00:28:26,996 Ás veces, os pais desespéranse, coma todos. 522 00:28:27,539 --> 00:28:31,084 E din cousas que pensan sentir no momento, 523 00:28:31,835 --> 00:28:33,670 pero no fondo quérente. 524 00:28:34,337 --> 00:28:37,966 Coido que con David Bradley xa é o meu terceiro proxecto, 525 00:28:38,049 --> 00:28:40,969 e é porque o admiro moitísimo. 526 00:28:41,052 --> 00:28:45,348 Acho que é un actor cun son facilmente identificable. 527 00:28:45,432 --> 00:28:48,309 Ninguén lle fala así ao Podestà. 528 00:28:49,102 --> 00:28:55,316 A miña estratexia co guión foi atopar un tipo de calidade vocal 529 00:28:55,400 --> 00:28:57,819 que fose crible e sincera, 530 00:28:57,902 --> 00:29:02,323 pero que contase a historia e fose máis vívida, 531 00:29:02,407 --> 00:29:05,076 e cativase mellor 532 00:29:05,160 --> 00:29:08,288 a esencia deste personaxe. 533 00:29:08,371 --> 00:29:12,250 Pasa de agudos a graves moi rápido. "Por que o dis?" 534 00:29:12,333 --> 00:29:13,877 É moi… 535 00:29:14,711 --> 00:29:17,756 Ten algo case musical. 536 00:29:17,839 --> 00:29:21,050 Un fillo sabe cando seu pai está vivo. 537 00:29:21,760 --> 00:29:23,845 Vainos buscar, xa verás. 538 00:29:23,928 --> 00:29:25,930 Non tes por que te preocupar. 539 00:29:26,514 --> 00:29:28,183 Para ti é fácil dicilo. 540 00:29:28,933 --> 00:29:32,187 Cando comezamos o filme, o grilo non me convencía. 541 00:29:32,270 --> 00:29:33,646 Como personaxe. 542 00:29:33,730 --> 00:29:38,359 Cando Ewan comezou a pórlle voz, dixen: "Contade comigo." 543 00:29:40,028 --> 00:29:42,655 Conseguímolo! 544 00:29:44,157 --> 00:29:45,617 Non o podo crer! 545 00:29:45,700 --> 00:29:48,495 Son un gran fan de Ewan McGregor, 546 00:29:48,578 --> 00:29:51,873 e cando fala é cálido, é doado identificarse con el. 547 00:29:51,956 --> 00:29:55,502 E pensei que non se cansa un desa voz. 548 00:29:55,585 --> 00:29:57,337 Fíxeno o mellor que puiden, 549 00:29:57,420 --> 00:29:59,380 que é o mellor que un pode facer. 550 00:29:59,464 --> 00:30:00,840 Aprendino de Pinocho. 551 00:30:00,924 --> 00:30:04,469 E decidín que debía ser o personaxe principal do filme, 552 00:30:04,552 --> 00:30:06,387 o narrador. 553 00:30:06,471 --> 00:30:09,682 Reescribimos as escenas para darlle máis protagonismo, 554 00:30:09,766 --> 00:30:11,559 mesmo se só aparecía mirando. 555 00:30:12,143 --> 00:30:16,773 Acho que as sesións con Ewan foron as mellores sesións de voz 556 00:30:16,856 --> 00:30:18,358 da miña vida. 557 00:30:18,441 --> 00:30:21,736 Son o conde Volpe e ti es o elixido. 558 00:30:21,820 --> 00:30:25,573 Únete á vida do circo, rexoubeira, prodixiosa, lixeira, 559 00:30:25,657 --> 00:30:29,077 como estrela do meu show de monicreques! 560 00:30:29,160 --> 00:30:34,791 Sabiamos que Volpe había ser ostentoso, cosmopolita, atraente, 561 00:30:34,874 --> 00:30:36,751 e soar coma un home de mundo. 562 00:30:36,835 --> 00:30:39,295 Queriamos que tivese acento, 563 00:30:39,379 --> 00:30:42,423 mais cunha voz que pronunciase perfectamente 564 00:30:42,507 --> 00:30:45,718 unha palabra en francés, italiano ou alemán. 565 00:30:45,802 --> 00:30:49,556 Meu neno, os monicreques son le meilleur qui soit! O mellor! 566 00:30:50,473 --> 00:30:51,391 Arriba o brazo. 567 00:30:51,474 --> 00:30:54,352 Son respectados en todas as etapas da vida. 568 00:30:54,435 --> 00:30:58,606 A única voz que me veu á cabeza foi a de Christoph Waltz. 569 00:30:58,690 --> 00:31:01,526 Alguén que pode mudar 570 00:31:01,609 --> 00:31:04,487 o ritmo e a intención dun son no medio da frase. 571 00:31:04,571 --> 00:31:07,699 É unha función dramática. 572 00:31:08,283 --> 00:31:12,120 Sempre busco a función na historia. 573 00:31:12,203 --> 00:31:14,622 Sabe como dar variedade 574 00:31:14,706 --> 00:31:16,833 e golpea no momento axeitado. 575 00:31:16,916 --> 00:31:19,919 Que foi? Que fas ti aquí? 576 00:31:22,338 --> 00:31:26,134 A voz de Spazzatura, que é unha gran sorpresa, 577 00:31:26,217 --> 00:31:31,264 foi unha beizón e un accidente que non podía prever. 578 00:31:31,347 --> 00:31:33,099 Rodabamos Nightmare Alley. 579 00:31:33,182 --> 00:31:35,685 Cate Blanchett e mais pasabámolo tan ben, 580 00:31:36,227 --> 00:31:39,439 que me dixo: "Tes que me dar un papel en Pinocchio." 581 00:31:39,522 --> 00:31:42,317 E vou eu e digo: "Só queda o mono." 582 00:31:44,944 --> 00:31:45,820 E dígolle: 583 00:31:45,904 --> 00:31:50,575 "O que sexa. Faría de lapis nun filme para ti." 584 00:31:50,658 --> 00:31:53,703 E amoseille o deseño de Spazzatura e díxome: 585 00:31:53,786 --> 00:31:56,247 "Coido que é o meu animal espiritual." 586 00:31:56,331 --> 00:31:59,042 Cando lanzan a Spazzatura polo ceo, 587 00:31:59,125 --> 00:32:00,251 queres un pouco… 588 00:32:01,544 --> 00:32:03,212 Como na distancia? 589 00:32:03,296 --> 00:32:05,882 Coido que hai algo da risa de Guillermo… 590 00:32:07,300 --> 00:32:09,010 en Spazzatura. 591 00:32:09,093 --> 00:32:11,804 Mais con todos os personaxes dos seus filmes, 592 00:32:11,888 --> 00:32:15,558 sentimos que xa son a visión quen ten deles Guillermo. 593 00:32:15,642 --> 00:32:18,686 Así que probablemente haxa calidades de Guillermo 594 00:32:18,770 --> 00:32:22,732 en todos os personaxes, e Spazzatura é un claro exemplo. 595 00:32:23,608 --> 00:32:27,362 Ciao, Papa. Mio papa… 596 00:32:27,445 --> 00:32:29,739 Ao ver un filme de animación 597 00:32:29,822 --> 00:32:31,199 que contén música, 598 00:32:31,282 --> 00:32:33,534 un xa sabe cando vén a canción. 599 00:32:33,618 --> 00:32:36,746 É como se o diálogo fose unha rampla para a música. 600 00:32:36,829 --> 00:32:40,333 O futuro incerto é. 601 00:32:40,416 --> 00:32:45,129 Mentres que en Pinocchio as cancións brotan 602 00:32:45,213 --> 00:32:46,923 completamente por sorpresa. 603 00:32:48,633 --> 00:32:51,260 Estes monicreques non me inspiraban 604 00:32:52,136 --> 00:32:56,933 un filme de animación, senón un filme de imaxe real. 605 00:32:57,016 --> 00:32:59,143 Para min é igual, parecen vivos. 606 00:32:59,227 --> 00:33:01,270 Parecen persoas reais. 607 00:33:01,980 --> 00:33:05,149 Así que tentei que a música soase como a das persoas. 608 00:33:05,233 --> 00:33:09,946 Non é necesariamente un musical, senón un filme con momentos musicais. 609 00:33:10,029 --> 00:33:12,490 Non son cancións tradicionais nin pop. 610 00:33:12,573 --> 00:33:15,368 Son o que esperarías 611 00:33:15,451 --> 00:33:17,412 de Alexandre, Guillermo e Mark. 612 00:33:17,495 --> 00:33:20,915 É algo único, todas esas mentes brillantes xuntas. 613 00:33:20,999 --> 00:33:25,169 Cando falei con Alexandre pensei que sería interesante 614 00:33:25,253 --> 00:33:28,214 comezar o filme cos personaxes que cantan, 615 00:33:28,297 --> 00:33:29,549 mais rematalo… 616 00:33:29,632 --> 00:33:34,053 A segunda parte do filme ten cancións e marchas da era fascista. 617 00:33:34,137 --> 00:33:35,763 Foi un proceso moi longo, 618 00:33:35,847 --> 00:33:38,975 porque a animación leva tempo, 619 00:33:39,058 --> 00:33:40,435 mais tamén porque 620 00:33:40,518 --> 00:33:43,229 Guillermo quería cancións para os personaxes, 621 00:33:43,896 --> 00:33:46,649 e as cancións teñen esa capacidade 622 00:33:46,733 --> 00:33:50,820 de explicar en poucos segundos a súa vida. 623 00:33:51,612 --> 00:33:53,781 Aportan o ton musicalmente. 624 00:33:53,865 --> 00:33:57,326 Tamén proporcionan información sobre quen son, onde están, 625 00:33:57,410 --> 00:33:59,579 de onde veñen e onde van. 626 00:33:59,662 --> 00:34:03,041 Admiro a Alexandre Desplat. 627 00:34:03,124 --> 00:34:06,961 É un compositor consumado de música para filmes. 628 00:34:07,045 --> 00:34:10,840 Fai o mesmo ca min cos papeis. 629 00:34:10,923 --> 00:34:12,675 Analiza a historia. 630 00:34:13,342 --> 00:34:17,388 Decidín usar só instrumentos de madeira. 631 00:34:17,972 --> 00:34:21,225 Tes guitarras, a mandolina, 632 00:34:21,309 --> 00:34:24,395 o piano, a arpa e o vento de madeira. 633 00:34:24,479 --> 00:34:26,814 Fagots, clarinetes, óboes, frautas. 634 00:34:26,898 --> 00:34:28,399 Son todos de madeira 635 00:34:28,483 --> 00:34:32,445 o que crea un ambiente estraño que pertence a Pinocho. 636 00:34:34,489 --> 00:34:36,365 Non! 637 00:34:39,952 --> 00:34:42,288 Poderías ver este filme en sesión dobre 638 00:34:42,371 --> 00:34:44,457 con Laberinto ou Devil's Backbone. 639 00:34:46,084 --> 00:34:49,545 Ten moitos elementos dunha alma pura posta a proba 640 00:34:49,629 --> 00:34:52,340 que sae fortalecida. 641 00:34:52,423 --> 00:34:55,426 Na miña opinión, impuxéronte unha carga. 642 00:34:56,010 --> 00:34:58,221 É un filme sobre a morte. 643 00:34:58,304 --> 00:35:01,390 Non tes un filme sobre a vida sen a morte. 644 00:35:02,141 --> 00:35:03,059 Moi ben, logo. 645 00:35:03,851 --> 00:35:06,187 Cando comezamos con este Pinocchio, 646 00:35:06,270 --> 00:35:08,940 eu sabía que quería facer a miña versión. 647 00:35:09,023 --> 00:35:12,568 Non quería que fose unha mera adaptación. 648 00:35:13,069 --> 00:35:17,365 Quería falar de cousas que me afectasen persoalmente. 649 00:35:17,448 --> 00:35:21,202 A maioría dos meus filmes falan de meu pai e de min, 650 00:35:21,285 --> 00:35:23,329 e esta non é unha excepción. 651 00:35:23,913 --> 00:35:28,876 Ves como medra este rapaz que non cambia fisicamente 652 00:35:29,418 --> 00:35:30,670 e aínda así, 653 00:35:30,753 --> 00:35:34,382 decátaste de que pode facer máis ca ninguén. 654 00:35:34,966 --> 00:35:37,218 Aproveita todo o que poidas. 655 00:35:37,301 --> 00:35:41,055 Normalmente, Pinocho fala do que aprende Pinocho no mundo, 656 00:35:41,139 --> 00:35:44,267 de que se fai bo e así, vólvese un neno de verdade. 657 00:35:44,350 --> 00:35:46,185 O noso Pinocho, non. 658 00:35:46,269 --> 00:35:49,647 El fai que todos cambien, porque é moi puro. 659 00:35:50,648 --> 00:35:51,858 Cambia a Geppetto. 660 00:35:52,567 --> 00:35:53,818 Cambia o grilo. 661 00:35:54,402 --> 00:35:57,113 Cambia a Spazzatura, fainos cambiar a todos. 662 00:35:57,196 --> 00:36:01,367 E aprende quen é coma ser humano. 663 00:36:06,414 --> 00:36:08,916 Coido que o filme excedeu o que buscaba. 664 00:36:09,917 --> 00:36:12,378 É un filme que me gustaría ver de neno 665 00:36:12,879 --> 00:36:15,423 e que me gustaría ver de adulto, 666 00:36:15,506 --> 00:36:18,551 do que me gustaría falar coa familia, 667 00:36:18,634 --> 00:36:21,846 e poder velo sempre que queira 668 00:36:21,929 --> 00:36:24,223 despois desa primeira vez 669 00:36:24,307 --> 00:36:28,269 crea un vencello íntimo entre o espectador e o filme. 670 00:36:28,352 --> 00:36:31,939 Para min crece con cada visión 671 00:36:32,023 --> 00:36:34,525 e espero que á audiencia lle pase o mesmo. 672 00:36:37,236 --> 00:36:40,114 Subtítulos: Jeiry Castellano