1 00:00:02,000 --> 00:00:07,000 Downloaded from YTS.MX 2 00:00:08,000 --> 00:00:13,000 Official YIFY movies site: YTS.MX 3 00:01:54,625 --> 00:01:56,416 Non vos movades, excelencia. 4 00:02:00,916 --> 00:02:04,000 Abráiame que non precisedes descansar un chisco. 5 00:02:04,083 --> 00:02:06,541 Volvestes colocar o vestido? 6 00:02:07,708 --> 00:02:09,375 Se o fixen, foi sen querer. 7 00:02:15,208 --> 00:02:16,208 Non vos movades. 8 00:02:47,708 --> 00:02:48,833 Acontece algo? 9 00:02:51,833 --> 00:02:55,500 O meu marido mandaríavos decapitar se vos vise. 10 00:02:55,583 --> 00:03:00,208 Eu coido que o gran duque quería que capturase a vosa beleza. 11 00:03:03,458 --> 00:03:05,416 Non creo que lle parecese mal. 12 00:03:08,083 --> 00:03:08,916 Arranxado. 13 00:03:19,916 --> 00:03:20,875 Rexeitádesme? 14 00:03:21,875 --> 00:03:26,541 É que preferiría seguir tendo a cabeza enriba dos ombreiros, excelencia. 15 00:03:32,125 --> 00:03:35,166 Vouvos... ter que pedir que vos volvades colocar. 16 00:03:49,000 --> 00:03:50,625 Isto leva unha eternidade. 17 00:03:51,125 --> 00:03:52,000 Seino. 18 00:03:53,416 --> 00:03:55,041 Un bo retrato leva tempo. 19 00:03:55,125 --> 00:03:56,416 Si, xa vexo. 20 00:04:00,458 --> 00:04:01,458 Coma a sedución. 21 00:04:06,708 --> 00:04:07,541 Señor Cazotte. 22 00:04:09,041 --> 00:04:10,041 Srta. Zimmermann. 23 00:04:46,833 --> 00:04:47,666 Señor Cazotte! 24 00:04:49,125 --> 00:04:54,208 - Debédesme a renda. Se non pagades... - Benquerida señora... 25 00:04:54,291 --> 00:04:58,458 Acaso non me ofrecín a vos pintar un retrato? Se soubésedes o valor... 26 00:04:58,541 --> 00:05:01,958 Non quero retrato ningún, quero os cartos. 27 00:05:02,041 --> 00:05:05,083 E terédelos. De verdade. Non me demorarei moito. 28 00:05:05,166 --> 00:05:08,208 Sorride. Vai un día bárbaro. Todo vai ben. 29 00:05:28,500 --> 00:05:31,541 Excelencias, para min é unha honra estar aquí. 30 00:05:31,625 --> 00:05:33,500 Grazas pola invitación. 31 00:05:34,000 --> 00:05:36,083 Estou moi feliz. Moi feliz. 32 00:05:49,958 --> 00:05:50,833 Grazas. 33 00:05:57,708 --> 00:06:03,750 Excelencias, para min é un afago e unha honra ter sido convidado. 34 00:06:04,458 --> 00:06:05,333 É o pintor. 35 00:06:05,416 --> 00:06:08,583 Agardo que o cadro sexa do voso agrado, excelencia. 36 00:06:08,666 --> 00:06:09,875 Que pintor? 37 00:06:27,708 --> 00:06:30,416 É fermoso, non é? Está cuspidiña. 38 00:06:35,791 --> 00:06:37,416 Mais tamén está distinta. 39 00:06:38,125 --> 00:06:41,291 Eu non che entendo nada destas cousas. Se ti o dis... 40 00:06:42,250 --> 00:06:45,750 Interesante. Dixestes: "Mais tamén está distinta." 41 00:06:48,041 --> 00:06:51,583 Eu creo que a arte debe ir alén do realismo. 42 00:06:51,666 --> 00:06:54,958 Igual ca un poema que non sempre comprendemos, mais que... 43 00:06:55,041 --> 00:06:58,791 - De que estades a falar? - Desculpádeme. Chámome Cazotte. 44 00:06:58,875 --> 00:07:03,458 Eu pintei o retrato. Son artista, pintor, home, etcétera. E vós sodes...? 45 00:07:06,250 --> 00:07:07,541 Desculpádenos. 46 00:07:18,250 --> 00:07:19,083 A miña filla. 47 00:07:19,166 --> 00:07:20,375 - A vosa filla? - Si. 48 00:07:46,708 --> 00:07:47,541 Señor Cazotte. 49 00:07:48,458 --> 00:07:51,041 Semellades abatido. Non vos divertides? 50 00:07:51,750 --> 00:07:53,583 Moito, excelencia. 51 00:07:55,916 --> 00:07:58,583 Veña, contádeme para quen mirabades. 52 00:08:00,958 --> 00:08:01,875 Miraba alguén? 53 00:08:01,958 --> 00:08:04,083 Abofé que si. Ata un cego o vería. 54 00:08:06,666 --> 00:08:08,708 Podédesme contar calquera cousa. 55 00:08:08,791 --> 00:08:10,916 Non estou celosa. Todo o contrario. 56 00:08:11,000 --> 00:08:15,875 Gozo escoitando as paixóns dos demais. Detalladamente, por favor. 57 00:08:15,958 --> 00:08:20,500 O certo é que... si que reparei nunha moza. 58 00:08:21,250 --> 00:08:22,500 - Onde está? - Alí. 59 00:08:24,333 --> 00:08:26,833 Xa, Ehrengard. 60 00:08:28,541 --> 00:08:30,458 - Ehrengard. - Si, é moi fermosa. 61 00:08:31,000 --> 00:08:33,791 Seu pai foi axudante de campo do meu sogro. 62 00:08:33,875 --> 00:08:36,875 - Unha familia moi estrita. - Iso semella, si. 63 00:08:38,125 --> 00:08:41,958 Gustoulle o retrato? Fascinástela co voso talento? 64 00:08:42,041 --> 00:08:44,250 Coido que non exactamente. 65 00:08:44,333 --> 00:08:45,541 Coitado. 66 00:08:45,625 --> 00:08:48,458 Mais non vos desalentedes. 67 00:08:48,541 --> 00:08:53,625 Un rapaz novo díxome hai pouco que a sedución leva o seu tempo. 68 00:08:53,708 --> 00:08:55,208 Igual ca pintar un cadro. 69 00:08:55,291 --> 00:08:58,750 De feito, por iso vos convidei a vir hoxe. 70 00:09:00,375 --> 00:09:01,375 Por outro cadro? 71 00:09:01,458 --> 00:09:05,541 Non, polo voso talento para a sedución. Vinde comigo. 72 00:09:11,333 --> 00:09:12,791 Lembrades o meu fillo? 73 00:09:15,583 --> 00:09:18,000 - Un mozo ben parecido, excelencia. - Si. 74 00:09:19,416 --> 00:09:20,791 Precisámosvos. 75 00:09:20,875 --> 00:09:21,708 - A min? - Si. 76 00:09:22,375 --> 00:09:25,333 - Coñecedes a Lei de sucesión? - Non, mais... 77 00:09:25,416 --> 00:09:31,083 Imaxinábao. Non temos o trono asegurado, por dicilo dalgún xeito. 78 00:09:32,625 --> 00:09:35,916 Lembraredes que o gran duque anterior morreu sen fillos. 79 00:09:36,000 --> 00:09:38,333 - Pois non, a verdade... - Atendede. 80 00:09:38,416 --> 00:09:41,125 O meu marido non é descendente directo del. 81 00:09:41,833 --> 00:09:45,791 Todos os curmáns disputaron polo trono 82 00:09:45,875 --> 00:09:49,791 e, finalmente, gañou o meu marido. Velaí un dos seus curmáns. 83 00:09:49,875 --> 00:09:53,666 O conde Marbod. Coa condesa Orsyla. 84 00:09:55,625 --> 00:09:57,458 Vixíannos coma falcóns. 85 00:09:58,125 --> 00:10:01,791 O problema é que o gran duque está moi enfermo. 86 00:10:01,875 --> 00:10:05,416 - Os médicos non poden facer nada. - Canto o sinto. 87 00:10:06,083 --> 00:10:07,958 Si, párteme o corazón. 88 00:10:08,875 --> 00:10:11,541 O meu fillo debería acceder ao trono, 89 00:10:11,625 --> 00:10:14,500 mais non o poderá facer se non casa. 90 00:10:14,583 --> 00:10:17,166 Se cadra, baixo outras circunstancias, mais... 91 00:10:17,250 --> 00:10:20,166 - Non tendes o trono asegurado. - Exacto. 92 00:10:22,916 --> 00:10:25,000 E como vos podo axudar, excelencia? 93 00:10:25,583 --> 00:10:26,708 Mirade o meu fillo. 94 00:10:27,458 --> 00:10:32,583 Un príncipe novo, rodeado de mozas que o roldan. 95 00:10:33,791 --> 00:10:35,666 Mais el non lles fai caso. 96 00:10:36,791 --> 00:10:38,000 Nin un sorriso. 97 00:10:38,833 --> 00:10:43,208 Nin o romance nin o erotismo lle interesan o máis mínimo. 98 00:10:43,291 --> 00:10:46,666 - Comprendo, excelencia, mais... - Mais que? 99 00:10:47,750 --> 00:10:50,250 Os froitos tardan en madurar. 100 00:10:50,333 --> 00:10:52,750 Xa volo dixen, non temos tempo. 101 00:10:53,250 --> 00:10:56,083 O príncipe Lothar ten de atopar unha esposa xa 102 00:10:56,166 --> 00:10:58,625 ou, do contrario, o trono pasará... 103 00:11:00,458 --> 00:11:01,958 ao curmán do meu marido. 104 00:11:02,458 --> 00:11:05,708 É moi complexo, mais esas son as regras. 105 00:11:05,791 --> 00:11:09,833 - Mais... Si? - Señor Cazotte, a vosa tarefa... 106 00:11:11,833 --> 00:11:13,916 é espertar a paixón do meu fillo. 107 00:11:15,166 --> 00:11:16,375 A súa belle passion. 108 00:11:17,500 --> 00:11:20,208 - Eu? - Non se me ocorre ninguén máis axeitado. 109 00:11:25,958 --> 00:11:28,625 - Non sei eu se o son. - Abofé que si. 110 00:11:29,958 --> 00:11:31,208 Dicide o voso prezo. 111 00:11:32,750 --> 00:11:35,875 Non é cuestión de cartos, excelencia. 112 00:11:35,958 --> 00:11:39,416 Insisto en compensarvos polos vosos esforzos. 113 00:11:42,875 --> 00:11:43,708 O que sexa. 114 00:11:44,416 --> 00:11:45,750 Usade o voso maxín. 115 00:11:52,250 --> 00:11:54,458 - Ehrengard. - Ehrengard? 116 00:11:54,541 --> 00:11:59,250 Gustaríame pintar o seu retrato. Se cadra vós podédelo arranxar. 117 00:12:01,375 --> 00:12:02,208 Moi ben. 118 00:12:03,375 --> 00:12:04,458 Farei o que poida. 119 00:12:05,708 --> 00:12:10,458 - Mais contarédesme todos os detalles. - Naturalmente, excelencia. 120 00:12:46,916 --> 00:12:48,250 Quedade coa volta. 121 00:12:49,250 --> 00:12:53,291 Alguén da corte virá recoller o resto das miñas pertenzas. 122 00:13:08,041 --> 00:13:09,500 Desculpádeme, alteza. 123 00:13:10,000 --> 00:13:12,500 Chámome Cazotte. Son artista. 124 00:13:12,583 --> 00:13:16,333 A vosa nai e mais eu estabamos a pasear polos xardíns. 125 00:13:16,416 --> 00:13:18,125 Non vos quero importunar. 126 00:13:18,708 --> 00:13:21,958 Mais vinvos aquí e tiven a impresión... 127 00:13:23,500 --> 00:13:26,708 Desculpádeme, mais semellades algo triste. 128 00:13:32,833 --> 00:13:34,875 - Queren que case. - Quen? 129 00:13:34,958 --> 00:13:36,250 Os meus pais. 130 00:13:36,875 --> 00:13:37,916 - Todos. - Vaites. 131 00:13:39,541 --> 00:13:41,083 E vós non queredes? 132 00:13:42,375 --> 00:13:43,208 Xa vexo. 133 00:13:44,875 --> 00:13:47,750 Porque queredes ser libre. Por suposto. 134 00:13:50,375 --> 00:13:54,750 E se vos dixese, alteza, 135 00:13:54,833 --> 00:13:58,958 que, con todos os respectos... non o acabades de comprender? 136 00:13:59,791 --> 00:14:04,833 O que vos semella... un cárcere, 137 00:14:04,916 --> 00:14:07,791 é en realidade unha liberación. 138 00:14:07,875 --> 00:14:11,041 Permitide que vos amose uns bosquexos, alteza. 139 00:14:11,666 --> 00:14:13,000 Da vida amorosa. 140 00:14:18,500 --> 00:14:20,541 Si. Ese é moi bo. 141 00:14:21,416 --> 00:14:22,375 Vedes a poesía? 142 00:14:25,750 --> 00:14:29,083 - Gústavos ese. Para vós. Quedade con el. - Si? 143 00:14:30,500 --> 00:14:32,833 Gañei a confianza do príncipe. 144 00:14:33,666 --> 00:14:37,625 Excelencia, o meu honor non me permite revelar en detalle 145 00:14:37,708 --> 00:14:40,375 o que lle dixen neses días e noites. 146 00:14:41,083 --> 00:14:45,458 Abonda dicir que espertei a súa curiosidade canto me foi posible. 147 00:14:45,541 --> 00:14:50,125 Reciteille pasaxes do Decamerón e tamén de Os Contos de Canterbury, 148 00:14:50,208 --> 00:14:53,541 sobre o muiñeiro e a muller de Bath. 149 00:14:53,625 --> 00:14:56,833 Faleille da marabillosa beleza que podemos atopar, 150 00:14:56,916 --> 00:15:03,083 dos sedosos pétalos das rosas, dos corazóns ensanchados cheos de sangue 151 00:15:03,166 --> 00:15:06,625 e de prender unha terceira candea co propio facho. 152 00:15:07,166 --> 00:15:09,000 Propúxenlle facer unha viaxe. 153 00:15:09,875 --> 00:15:10,708 Unha viaxe? 154 00:15:11,583 --> 00:15:13,416 Ao castelo de Leuchenstein. 155 00:15:14,375 --> 00:15:18,125 Vou pintar o retrato da familia. Gustaríame levar o príncipe, 156 00:15:18,208 --> 00:15:22,458 presentarlle as fillas. Co voso consentimento, por suposto. 157 00:15:22,541 --> 00:15:25,500 Xa o tentamos cos de Leuchenstein. Foi horrible. 158 00:15:25,583 --> 00:15:28,291 Son uns antipáticos faltos de carisma. 159 00:15:29,125 --> 00:15:30,333 Non a máis nova. 160 00:15:31,000 --> 00:15:33,083 - Ludmilla. - Mais é unha nena. 161 00:15:33,750 --> 00:15:37,083 O tempo voa, excelencia. A semana próxima fará 18 anos. 162 00:15:37,791 --> 00:15:38,625 Xa? 163 00:15:39,708 --> 00:15:41,291 Coñecedes ben a familia? 164 00:15:41,791 --> 00:15:44,708 Hai moito tempo pinteilles outros retratos. 165 00:15:45,208 --> 00:15:47,083 E só pintastes? 166 00:15:47,791 --> 00:15:50,166 Excelencia, por quen me tomades? 167 00:15:53,208 --> 00:15:56,416 Eu non albergaría moitas expectativas. 168 00:15:56,500 --> 00:15:59,166 Non albergo expectativas, mais si esperanzas. 169 00:16:05,666 --> 00:16:09,458 Alteza, se cadra poderiades poñer isto. 170 00:16:10,791 --> 00:16:12,375 Vestirme de campesiño? 171 00:16:12,458 --> 00:16:16,750 Non. De aprendiz. Para manter o anonimato. 172 00:16:17,541 --> 00:16:21,625 Así podedes avaliar a Ludmilla sen ter a presión do voso título. 173 00:16:21,708 --> 00:16:25,208 Ela é como a rosa, 174 00:16:25,291 --> 00:16:30,375 cuxo aromático recendo, inocentemente, 175 00:16:30,458 --> 00:16:34,625 provoca que quen o ule sinta desexos de arrincar a flor. 176 00:16:35,708 --> 00:16:37,416 Mais ninguén o fixo aínda. 177 00:16:38,000 --> 00:16:42,041 Pechade os ollos e imaxinade a muller máis fermosa que poidades. 178 00:16:45,833 --> 00:16:48,375 Coa man firme e branca. 179 00:16:49,625 --> 00:16:50,458 As cadeiras. 180 00:16:51,333 --> 00:16:52,500 Os xeonllos. 181 00:16:52,583 --> 00:16:53,416 Os nocellos. 182 00:16:55,041 --> 00:17:00,416 A súa voz aveludada e o seu suave alento. 183 00:17:08,041 --> 00:17:09,666 Listo, alteza? 184 00:17:09,750 --> 00:17:11,208 Ben. Procedamos. 185 00:17:16,875 --> 00:17:19,375 Ben, altezas, coido que rematamos. 186 00:17:20,458 --> 00:17:22,958 Mais temos que facer unha modificación. 187 00:17:25,416 --> 00:17:29,000 Princesa Ludmilla, xa sodes toda unha muller. 188 00:17:29,583 --> 00:17:33,958 Dende a última vez que vos vin, hai dous meses, mudastes por completo. 189 00:17:34,041 --> 00:17:38,708 Gustaríame que quedásedes aquí un anaco vós soa, 190 00:17:38,791 --> 00:17:40,708 para facer algunhas adicións. 191 00:17:40,791 --> 00:17:42,375 Madre, padre, podo quedar? 192 00:17:58,541 --> 00:18:02,500 Débolles pedir a todos que abandonen o cuarto. 193 00:18:03,916 --> 00:18:06,916 Para capturar a súa beleza extraordinaria, 194 00:18:07,000 --> 00:18:12,541 temo que é preciso que se afaste do seu papel de filla menor. 195 00:18:14,625 --> 00:18:15,458 Imos. 196 00:18:20,958 --> 00:18:24,041 - Achegade o cabalete. - Si, señor. 197 00:18:24,583 --> 00:18:26,083 Ben, vexamos. 198 00:18:27,833 --> 00:18:29,333 - Ruborízome. - Tranquila. 199 00:18:29,416 --> 00:18:32,250 - Non me pintedes a cara de vermello. - Non. 200 00:18:32,333 --> 00:18:33,875 Prométovos que non. 201 00:18:33,958 --> 00:18:36,666 Erguede o queixo un chisco. Moi ben. 202 00:18:37,166 --> 00:18:40,416 Debo compartir convosco o afortunado que son. 203 00:18:41,166 --> 00:18:44,333 Nunca tivera un axudante con tanto talento coma... 204 00:18:45,083 --> 00:18:50,083 Ten un espírito artístico que nunca vira en ninguén. 205 00:18:52,875 --> 00:18:53,875 E, con permiso... 206 00:18:54,916 --> 00:18:56,916 a que é ben parecido? 207 00:18:59,041 --> 00:19:01,666 - Si, moi ben parecido. - Moito. 208 00:19:02,166 --> 00:19:06,916 Ben parecido e cunha alma prodixiosa. Ve beleza onde ninguén máis a ve. 209 00:19:07,916 --> 00:19:09,083 Iso é o talento. 210 00:19:09,166 --> 00:19:11,208 A esencia pura do talento. 211 00:19:11,750 --> 00:19:15,750 É formidable. De feito, foi idea súa puír o voso retrato. 212 00:19:18,500 --> 00:19:20,333 - Si. - Non. 213 00:19:20,416 --> 00:19:22,458 "Non lle facedes xustiza. 214 00:19:23,166 --> 00:19:25,625 Agocha unha beleza meirande." Iso dixo. 215 00:19:25,708 --> 00:19:27,833 - Non dixo tal. - Abofé que si. 216 00:19:28,333 --> 00:19:29,708 E tiña toda a razón. 217 00:19:29,791 --> 00:19:30,708 - Non tal. - Si. 218 00:19:36,166 --> 00:19:37,333 Mais é unha mágoa. 219 00:19:38,458 --> 00:19:40,833 É unha mágoa que sexa tan tímido. 220 00:19:46,083 --> 00:19:49,916 Mais é un trazo propio de moitos grandes artistas, non é? 221 00:19:52,750 --> 00:19:55,458 - Non sei. - Pois é. Asegúrovolo. 222 00:19:57,125 --> 00:19:59,708 - De onde é? - Que de onde é? 223 00:19:59,791 --> 00:20:01,333 É da nobreza. 224 00:20:02,333 --> 00:20:03,208 Igual ca vós. 225 00:20:12,583 --> 00:20:16,000 É o momento de revelar a vosa identidade, alteza. 226 00:20:16,083 --> 00:20:18,166 - A miña? - Non. A del. 227 00:20:28,416 --> 00:20:31,458 Por favor, que ninguén moleste a princesa. 228 00:21:13,458 --> 00:21:16,791 E desapareceron coma dous cadeliños rebuldeiros. 229 00:21:22,458 --> 00:21:23,375 Non! 230 00:21:26,291 --> 00:21:27,125 Ven. 231 00:21:28,750 --> 00:21:31,166 Pasearon polos xardíns do castelo. 232 00:21:36,916 --> 00:21:38,750 Sodes un xenio, señor Cazotte. 233 00:21:38,833 --> 00:21:43,500 O voso fillo xa tiña o desexo no seu interior. Eu só o fixen saír. 234 00:21:44,000 --> 00:21:47,041 Fixestes algo moi importante pola nosa liñaxe. 235 00:21:47,125 --> 00:21:50,125 Foi un auténtico pracer. 236 00:21:50,208 --> 00:21:51,833 - Que quede claro. - Si. 237 00:21:59,125 --> 00:21:59,958 Por suposto. 238 00:22:02,333 --> 00:22:05,333 - Que é? - Temo que vos vou desgustar. 239 00:22:06,125 --> 00:22:08,750 - E logo? - Falei co xeneral Schreckenstein. 240 00:22:08,833 --> 00:22:12,875 Baixo ningún concepto podedes pintar o retrato da súa filla. 241 00:22:13,500 --> 00:22:17,833 E dade grazas que non dixen o voso nome. Púxose furioso. 242 00:22:20,708 --> 00:22:21,541 Xa. 243 00:22:27,583 --> 00:22:31,166 - Ai! Non vos...? - Non. En absoluto, excelencia. Non. 244 00:22:32,500 --> 00:22:36,083 Foi un pracer axudarvos, mais non tendes que pagarme. 245 00:22:36,625 --> 00:22:38,333 - A voda. - Si. 246 00:22:38,416 --> 00:22:42,041 A voda do meu fillo. Tendes que aceptar a invitación. Insisto. 247 00:22:44,208 --> 00:22:48,250 Aceptade estes aneis, beicidos e consagrados. 248 00:22:48,333 --> 00:22:53,375 Intercambiádeos, e que sexan por sempre o símbolo do pacto inquebrantable 249 00:22:53,458 --> 00:22:55,958 que vos facedes hoxe o un ao outro. 250 00:22:56,625 --> 00:23:01,041 Ludmilla, no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo, 251 00:23:01,125 --> 00:23:03,500 únome a ti en lexítimo matrimonio. 252 00:23:07,000 --> 00:23:11,375 Lothar, no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo, 253 00:23:11,458 --> 00:23:13,583 únome a ti en lexítimo matrimonio. 254 00:23:20,375 --> 00:23:23,000 Autorizo esta unión que vindes de crear 255 00:23:23,083 --> 00:23:29,791 no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. 256 00:23:30,375 --> 00:23:31,208 Amén. 257 00:23:31,958 --> 00:23:34,166 Os aquí reunidos 258 00:23:34,250 --> 00:23:38,416 seredes testemuñas da validez deste pacto sagrado inquebrantable. 259 00:23:38,500 --> 00:23:41,458 Que o que Deus uniu non o separe o home. 260 00:23:49,000 --> 00:23:49,833 Amén. 261 00:24:08,208 --> 00:24:09,500 E... alto! 262 00:24:15,458 --> 00:24:18,166 Señor Cazotte. Recollede e vinde connosco. 263 00:24:33,208 --> 00:24:34,250 Excelencia. 264 00:24:35,666 --> 00:24:36,791 Por fin. 265 00:24:36,875 --> 00:24:38,000 Semellades molesta. 266 00:24:41,041 --> 00:24:42,375 Imos ter un herdeiro. 267 00:24:45,750 --> 00:24:47,750 - Parabéns. - Non é unha boa nova. 268 00:24:49,000 --> 00:24:50,583 - Como que non? - Non. 269 00:24:50,666 --> 00:24:53,583 O herdeiro nacerá a finais de maio. 270 00:24:55,416 --> 00:24:56,291 - Si? - Si. 271 00:24:57,250 --> 00:25:00,250 - En catro meses. - Si, claro... Si. 272 00:25:01,833 --> 00:25:03,625 Catro meses, non nove. 273 00:25:07,916 --> 00:25:08,833 Faivos graza? 274 00:25:09,541 --> 00:25:12,958 - Non vedes que é un escándalo? - Si, excelencia. 275 00:25:14,375 --> 00:25:17,875 Deus, noso Señor, que é un grande artista, 276 00:25:17,958 --> 00:25:21,458 ás veces pinta os seus cadros para seren vistos dende lonxe. 277 00:25:21,958 --> 00:25:27,041 Dentro de 150 anos, este apuro semellará un mero idilio, 278 00:25:27,125 --> 00:25:30,625 composto para gozo dos espectadores. Agora non o vedes... 279 00:25:30,708 --> 00:25:32,083 Deixádevos de lerias. 280 00:25:32,166 --> 00:25:33,583 Desculpade. Quero dicir 281 00:25:33,666 --> 00:25:38,250 que os corazóns dos vosos leais súbitos se conmoverán 282 00:25:38,333 --> 00:25:43,166 ao escoitar o asunto que vos preocupa. A todos nos gustan as historias de amor. 283 00:25:43,250 --> 00:25:48,250 Xa vos contei canto nos custou conservar Babenhausen. 284 00:25:49,083 --> 00:25:51,166 - Polo do curmán... - Marbod. 285 00:25:51,750 --> 00:25:56,541 A promiscuidade será aceptable na arte, mais para nós é unha sentenza de morte. 286 00:25:57,458 --> 00:25:59,041 Desherdarán o príncipe 287 00:25:59,125 --> 00:26:03,000 se se descobre que o neno se concibiu fóra do matrimonio. 288 00:26:03,083 --> 00:26:05,000 - Que ides facer? - Non o sei. 289 00:26:20,625 --> 00:26:25,125 Hai que recluír en algures o voso fillo e a súa esposa. 290 00:26:25,208 --> 00:26:27,625 Afastalos da esfera pública. 291 00:26:28,375 --> 00:26:29,208 Agochalos? 292 00:26:29,875 --> 00:26:31,875 Si. Pódese facer. 293 00:26:31,958 --> 00:26:35,416 - Xa, mais para que? - Para que a xente non se decate. 294 00:26:35,500 --> 00:26:36,500 Como? 295 00:26:36,583 --> 00:26:40,583 Xa vos expliquei que a sedución pode ser un tipo de... vocación. 296 00:26:40,666 --> 00:26:41,625 Si. 297 00:26:41,708 --> 00:26:45,375 Ten que ser posible seducir as masas do mesmo xeito. 298 00:26:46,458 --> 00:26:50,000 Falades moito, mais dicides moi pouco. Sabédelo? 299 00:26:50,541 --> 00:26:52,375 Síntome responsable. 300 00:26:54,166 --> 00:26:58,541 Pedístesme que lle abrise os ollos aos encantos do sexo feminino. 301 00:26:58,625 --> 00:27:00,000 Os ollos, nada máis. 302 00:27:00,541 --> 00:27:06,041 Mais, excelencia... a providencia está do noso lado. 303 00:27:07,333 --> 00:27:09,166 Non podemos desaproveitalo. 304 00:27:10,125 --> 00:27:13,166 Penso que sei como resolver isto. 305 00:27:15,000 --> 00:27:18,708 Primeiro, o duque e vós informaredes o pobo. 306 00:27:19,375 --> 00:27:21,500 Benqueridos cidadáns de Babenhausen... 307 00:27:22,000 --> 00:27:26,250 Hai que anunciar que a data do nacemento será... 308 00:27:26,333 --> 00:27:28,166 ...no mes de setembro. 309 00:27:29,458 --> 00:27:34,708 Anunciarase que a princesa Ludmilla, aconsellada polo médico da corte, 310 00:27:34,791 --> 00:27:36,916 debe gardar cama moitos meses. 311 00:27:37,000 --> 00:27:40,125 - Repouso absoluto. - ...absoluto. 312 00:27:40,208 --> 00:27:42,458 Repouso absoluto? Mais onde? 313 00:27:44,375 --> 00:27:49,000 Encargareime de buscar un lugar o máis illado e recóndito posible. 314 00:27:49,583 --> 00:27:51,291 Afastado do mundo. 315 00:27:51,375 --> 00:27:54,208 Para que todo se desenvolva en harmonía. 316 00:27:54,291 --> 00:27:56,375 - Encargarédesvos vós? - Si. 317 00:27:56,916 --> 00:28:00,541 É fundamental que ninguén vexa a princesa Ludmilla 318 00:28:00,625 --> 00:28:03,416 ata pasados seis meses do parto. 319 00:28:04,416 --> 00:28:06,708 Eu acompañareina todo o tempo. 320 00:28:07,333 --> 00:28:09,125 Para que todo saia ben. 321 00:28:09,208 --> 00:28:11,250 - Seredes capaz de facelo? - Si. 322 00:28:14,666 --> 00:28:16,208 Xa non estades tan seguro. 323 00:28:16,750 --> 00:28:20,500 Non é iso. Acabo de caer na conta 324 00:28:20,583 --> 00:28:23,791 de que a princesa precisará unha dama de compañía. 325 00:28:23,875 --> 00:28:27,500 Non unha das rexoubeiras da corte, senón unha persoa... 326 00:28:28,041 --> 00:28:29,541 escollida con tento. 327 00:28:30,166 --> 00:28:32,541 - Na que se poida confiar. - Abofé. 328 00:28:32,625 --> 00:28:35,791 Terá unha liñaxe, unha educación e unha presenza 329 00:28:36,625 --> 00:28:39,250 que xustifiquen que sexa escollida. 330 00:28:39,333 --> 00:28:41,291 - Non é? - Abofé que si. 331 00:28:43,041 --> 00:28:45,916 Ademais, terá que ser nova e amable, 332 00:28:46,583 --> 00:28:51,875 xa que, na súa reclusión, a princesa quererá a compaña 333 00:28:51,958 --> 00:28:54,208 de alguén da súa idade e carácter. 334 00:28:56,791 --> 00:29:03,583 E onde atoparemos unha moza agradable da alta sociedade 335 00:29:03,666 --> 00:29:08,000 con intelixencia e un corazón puro e leal...? 336 00:29:08,083 --> 00:29:10,333 Cazotte, outra vez. Falades e falades... 337 00:29:10,416 --> 00:29:16,041 Desculpade. O caso é... Coñecedes unha moza así, excelencia? 338 00:29:17,416 --> 00:29:21,333 Ocórresevos alguén? 339 00:29:27,750 --> 00:29:29,875 - Ehrengard. - Meu Deus. Por suposto. 340 00:29:31,833 --> 00:29:37,125 - Sodes terrible, señor Cazotte. - Que queredes dicir, excelencia? 341 00:29:38,041 --> 00:29:40,000 Pretendedes seducila. 342 00:29:40,083 --> 00:29:40,958 Non. 343 00:29:46,583 --> 00:29:47,500 Tendes razón. 344 00:29:48,875 --> 00:29:49,750 É certo. 345 00:29:51,333 --> 00:29:56,958 Débovos sinceridade, xa que sodes das poucas persoas que coñezo 346 00:29:57,708 --> 00:30:00,416 que comprenden o artista. De verdade. 347 00:30:01,625 --> 00:30:05,041 Desculpade. Permitídesme confesarvos os meus pensamentos? 348 00:30:07,458 --> 00:30:08,291 Naturalmente. 349 00:30:11,541 --> 00:30:12,375 Véxoa. 350 00:30:14,791 --> 00:30:15,625 Véxoa. 351 00:30:18,083 --> 00:30:22,000 Unha muller nova, vestida de branco, filla de guerreiros, 352 00:30:22,083 --> 00:30:27,458 para os cales o mundo das artes e do artista non existe. 353 00:30:28,750 --> 00:30:33,166 E precisamente por iso, coma Miguel Anxo, digo: 354 00:30:34,291 --> 00:30:39,916 "O meu maior triunfo agóchase nese bloque de mármore." 355 00:30:50,208 --> 00:30:54,000 Á parte de Miguel Anxo, bloques de mármore e mozas guerreiras, 356 00:30:54,083 --> 00:30:58,666 os Schreckenstein son luteranos. Xa vos dixen que son moi estritos. 357 00:30:59,208 --> 00:31:00,625 Practicamente puritanos. 358 00:31:01,125 --> 00:31:02,333 Son todos militares. 359 00:31:02,833 --> 00:31:04,625 Non vos achegaredes a ela. 360 00:31:05,500 --> 00:31:06,458 Poida que non. 361 00:31:08,041 --> 00:31:11,791 - Tendes aspiracións demasiado elevadas. - Poida que si. 362 00:31:12,416 --> 00:31:13,541 Mais téñoo claro. 363 00:31:19,625 --> 00:31:21,666 Logo debemos facer unha aposta. 364 00:31:25,791 --> 00:31:26,958 Unha aposta? 365 00:31:27,583 --> 00:31:29,541 Ehrengard non se renderá a vós. 366 00:31:34,708 --> 00:31:35,708 E se o consigo? 367 00:31:37,166 --> 00:31:41,166 Se conseguides a Ehrengard, teredes emprego na corte de por vida 368 00:31:41,250 --> 00:31:45,458 e ofrecereivos unha residencia onde vós escollades. 369 00:31:46,166 --> 00:31:49,791 Alí poderedes facer todo o que vos praza. 370 00:31:51,583 --> 00:31:52,458 E se perdo? 371 00:31:54,708 --> 00:31:56,791 Volveredes pintar o meu retrato. 372 00:31:58,500 --> 00:32:01,166 E, desta vez, non me rexeitaredes. 373 00:32:17,125 --> 00:32:17,958 Moi ben. 374 00:32:37,041 --> 00:32:40,625 O gran duque e mais eu lembramos o voso servizo ao seu pai. 375 00:32:40,708 --> 00:32:43,166 Foi o máis destacado dos meus comezos. 376 00:32:43,666 --> 00:32:47,416 O asunto que nos ocupa... non pode ser revelado. 377 00:32:47,500 --> 00:32:48,958 Nin ao gran duque. 378 00:32:49,916 --> 00:32:56,000 Mais, dicídeme, como fostes quen de valorar as aptitudes da miña filla? 379 00:32:56,500 --> 00:33:02,291 Sinceramente, xeneral, neste caso, todo o mérito é do meu confidente. 380 00:33:02,375 --> 00:33:03,208 O Sr. Cazotte. 381 00:33:04,750 --> 00:33:05,666 Vin... 382 00:33:08,375 --> 00:33:09,583 nela... 383 00:33:11,583 --> 00:33:12,666 unha valquiria. 384 00:33:14,000 --> 00:33:16,583 Criada baixo as estritas virtudes militares. 385 00:33:17,916 --> 00:33:20,458 A única dama dunha longa liñaxe de guerreiros. 386 00:33:20,541 --> 00:33:26,416 Unha moza cun talento e unha enerxía fóra do común, 387 00:33:26,500 --> 00:33:30,708 que protexería o paraíso da parella coa súa espada chameante. 388 00:33:33,875 --> 00:33:37,333 Deixeime levar. O caso é que vexo moita forza en Ehrengard. 389 00:33:37,833 --> 00:33:39,625 E xa vexo de onde a saca. 390 00:33:40,416 --> 00:33:41,708 Deixádevos de lerias. 391 00:33:43,458 --> 00:33:44,541 En fin. 392 00:33:45,041 --> 00:33:48,375 Ningún Schreckenstein contrariou nunca o seu duque. 393 00:33:48,458 --> 00:33:51,458 Toda a nosa familia vos está moi agradecida. 394 00:33:55,166 --> 00:33:57,000 Ehrengard, fai as maletas. 395 00:33:57,500 --> 00:33:58,625 Por suposto, padre. 396 00:33:59,375 --> 00:34:00,791 - Unha cousa. - Dime. 397 00:34:01,333 --> 00:34:02,750 Pódome despedir de Kurt? 398 00:34:04,000 --> 00:34:04,958 Kurt? 399 00:34:05,750 --> 00:34:08,166 O meu prometido, excelencia. 400 00:34:08,250 --> 00:34:11,041 Claro que podes despedirte do teu prometido. 401 00:35:01,833 --> 00:35:03,916 Grazas de novo, Ehrengard. 402 00:35:05,958 --> 00:35:08,041 É un honor servir o meu país. 403 00:35:09,375 --> 00:35:12,666 Es boa rapaza. Non estades de acordo, señor Cazotte? 404 00:35:12,750 --> 00:35:14,208 - Si, dende logo. - Si. 405 00:35:14,875 --> 00:35:16,500 Boa noite, Ehrengard. 406 00:35:16,583 --> 00:35:18,250 Boa noite, excelencia. 407 00:35:18,333 --> 00:35:20,291 Boa noite, Ehrengard. 408 00:35:21,333 --> 00:35:22,458 Bonne nuit. 409 00:35:32,625 --> 00:35:34,416 Vaia lingoreteiro vaidoso. 410 00:35:37,333 --> 00:35:39,916 - Xa atopei un lugar illado. - Si? 411 00:35:41,291 --> 00:35:42,125 Rosenbad. 412 00:35:44,250 --> 00:35:45,333 - Rosenbad? - Si. 413 00:35:46,958 --> 00:35:49,750 - Leva xeracións baleiro. - Por iso. 414 00:36:02,291 --> 00:36:03,125 Benvidos. 415 00:36:04,583 --> 00:36:06,583 O médico, o profesor Putziger. 416 00:36:07,375 --> 00:36:11,041 Quedará connosco para vixiar a saúde da princesa. 417 00:36:12,750 --> 00:36:14,666 O Sr. Podolski, para os cabalos. 418 00:36:15,875 --> 00:36:20,208 E a nosa eminente dama de compañía principal, a condesa Poggendorf. 419 00:36:21,208 --> 00:36:24,166 É a miña dama de compañía máis leal. 420 00:36:29,291 --> 00:36:30,875 E Ehrengard. 421 00:36:32,458 --> 00:36:33,833 A ela xa a coñecedes. 422 00:36:35,291 --> 00:36:36,916 Deséxovos moita sorte. 423 00:36:42,541 --> 00:36:45,625 Hai que limpar ese espello cando teñades un momento. 424 00:36:45,708 --> 00:36:51,208 Manteremos estas portas pechadas para evitar correntes. 425 00:36:53,166 --> 00:36:54,583 - Señor Cazotte. - Si? 426 00:36:54,666 --> 00:36:57,083 - Podo preguntar unha cousa? - Adiante. 427 00:36:57,166 --> 00:37:00,416 Sodes...? Sodes servente da corte nalgunha capacidade? 428 00:37:00,916 --> 00:37:05,666 Pois non. Só son servente das artes. Son pintor. 429 00:37:07,000 --> 00:37:08,375 Velaquí o vestíbulo. 430 00:37:08,458 --> 00:37:10,041 - Señor Cazotte. - Si? 431 00:37:10,875 --> 00:37:13,375 Lembro a primeira vez que vos vin. 432 00:37:14,250 --> 00:37:16,458 - Si? - No baile. 433 00:37:17,333 --> 00:37:20,916 Estabades xunta o voso retrato da gran duquesa. 434 00:37:22,750 --> 00:37:24,875 Non me lembro. 435 00:37:25,875 --> 00:37:28,791 Adoito lembrarme das caras, mais... 436 00:37:28,875 --> 00:37:30,625 da vosa non me lembro. 437 00:37:31,291 --> 00:37:33,875 Non pretendo ofendervos, mais... 438 00:37:33,958 --> 00:37:34,958 Ofenderme? 439 00:37:36,125 --> 00:37:37,166 Tanto me ten. 440 00:37:53,708 --> 00:37:55,708 Agora saudamos. Saudamos. 441 00:37:57,375 --> 00:37:58,291 E sorrimos. 442 00:38:09,708 --> 00:38:11,833 É de conto de fadas. 443 00:38:11,916 --> 00:38:13,875 Canto me alegra que digades iso. 444 00:38:14,583 --> 00:38:16,041 Quería que fose un lugar 445 00:38:16,125 --> 00:38:20,125 onde a princesa só puidese traer ao mundo un cupido. 446 00:38:20,208 --> 00:38:22,458 - Son para min? - Abofé que si. 447 00:38:23,916 --> 00:38:25,041 - Grazas. - De nada. 448 00:38:25,125 --> 00:38:25,958 Cazotte. 449 00:38:31,333 --> 00:38:32,416 Excelencia. 450 00:38:34,083 --> 00:38:38,541 A nosa pequena corte xa se impregnou da atmosfera romántica. 451 00:38:41,333 --> 00:38:46,875 E canto á relación da princesa Ludmilla coa súa nova dama de compañía, 452 00:38:46,958 --> 00:38:51,583 a princesa, rebordada da dozura da vida, igual ca unha abella... 453 00:38:51,666 --> 00:38:55,458 ...igual ca unha abella camiño da colmea... 454 00:38:56,083 --> 00:38:59,625 ...xa a considera case unha irmá. 455 00:38:59,708 --> 00:39:01,958 É certo que o teu prometido é soldado? 456 00:39:03,208 --> 00:39:04,083 Si. 457 00:39:06,666 --> 00:39:10,291 Logo terás medo. E se o mandan á guerra? 458 00:39:11,166 --> 00:39:12,541 É o seu deber. 459 00:39:14,333 --> 00:39:17,875 Ensineille esgrima. Na miña familia dominámola todos. 460 00:39:18,625 --> 00:39:21,125 E el ensinoume a disparar. 461 00:39:26,000 --> 00:39:27,416 Si. Moitas veces. 462 00:39:28,625 --> 00:39:29,875 Queres ter fillos? 463 00:39:32,500 --> 00:39:38,333 Canto á nosa aposta, excelencia, debo confesar 464 00:39:38,416 --> 00:39:42,166 que o progreso é lento e os avances, poucos. 465 00:40:17,833 --> 00:40:18,708 Señor Cazotte. 466 00:40:18,791 --> 00:40:20,583 Ehrengard. 467 00:40:21,375 --> 00:40:22,375 Que madrugador. 468 00:40:24,500 --> 00:40:27,583 Si, adoito erguerme cedo. 469 00:40:28,166 --> 00:40:29,416 Ides montar? 470 00:40:30,208 --> 00:40:32,458 - Como? - Se ides montar? 471 00:40:33,208 --> 00:40:34,250 Imos xuntos? 472 00:40:36,208 --> 00:40:38,416 - Se preferides ir só... - Non. 473 00:40:39,500 --> 00:40:43,750 Non. Paréceme ben. Paréceme... 474 00:40:45,083 --> 00:40:47,250 Paréceme moi ben. 475 00:40:47,333 --> 00:40:48,875 Deixádeme pensar. 476 00:40:51,166 --> 00:40:52,250 Si. Por que non? 477 00:40:53,875 --> 00:40:56,875 - Bo día, señor Podolski. - Bo día, señor Cazotte. 478 00:40:56,958 --> 00:40:59,166 - Preparádesme o meu cabalo? - O seu? 479 00:41:00,041 --> 00:41:02,541 Si, o que levei onte. 480 00:41:02,625 --> 00:41:03,625 Onte? 481 00:41:04,708 --> 00:41:05,750 Un calquera. 482 00:41:06,750 --> 00:41:07,791 Claro. 483 00:41:13,208 --> 00:41:16,958 - Vindes? - Seguide. Xa vos alcanzarei. 484 00:41:30,875 --> 00:41:34,125 Estaste cansando. Estás derreadiño? 485 00:41:38,291 --> 00:41:39,125 Mirade. 486 00:41:42,583 --> 00:41:43,500 É o alpenglow. 487 00:41:44,541 --> 00:41:49,583 É unha interacción pouco común das cores espectrais na atmosfera. 488 00:41:52,166 --> 00:41:53,208 Alpenglow? 489 00:41:54,208 --> 00:41:55,041 Si. 490 00:41:55,541 --> 00:41:56,375 Alpenglow. 491 00:42:00,125 --> 00:42:01,708 Xa está a desaparecer. 492 00:42:04,166 --> 00:42:05,500 Si. É normal. 493 00:42:06,333 --> 00:42:11,708 Revelou a súa esencia máis íntima e agora só lle queda desaparecer. Paf! 494 00:42:12,750 --> 00:42:15,458 Será un día despexado. É un milagre. 495 00:42:16,125 --> 00:42:16,958 Non! 496 00:42:21,666 --> 00:42:25,666 Sería posible mandar traer o meu cabalo? 497 00:42:26,791 --> 00:42:27,791 O voso cabalo? 498 00:42:27,875 --> 00:42:30,083 Estes son demasiado mansos. 499 00:42:30,666 --> 00:42:33,750 Son, si. O voso non o é? 500 00:42:33,833 --> 00:42:35,208 Chámase Wohtan. 501 00:42:35,750 --> 00:42:37,458 Só o podo montar eu. 502 00:42:38,500 --> 00:42:39,375 Non o dubido. 503 00:42:39,458 --> 00:42:40,291 Señor Cazotte. 504 00:42:41,208 --> 00:42:43,125 Señor Podolski. Que acontece? 505 00:42:43,833 --> 00:42:44,875 Vén alguén. 506 00:42:45,500 --> 00:42:48,958 - Pois despachádeos. - Non podo. É o curmán do gran duque. 507 00:43:07,208 --> 00:43:10,458 Vimos visitar a princesa. Son o curmán do gran duque. 508 00:43:10,541 --> 00:43:14,625 Vállame Deus. Que detalle, mais temo que a princesa está indisposta. 509 00:43:14,708 --> 00:43:18,500 Será un momentiño de nada. Traémoslle uns agasallos. 510 00:43:18,583 --> 00:43:21,333 Teredes que volver outro día. 511 00:43:21,416 --> 00:43:23,375 - Ou entrégollos eu. - Son ricos. 512 00:43:23,458 --> 00:43:28,625 Como comprenderedes, a princesa non pode ver a ninguén no seu estado. 513 00:43:28,708 --> 00:43:30,541 Estádesme botando? 514 00:43:31,041 --> 00:43:32,750 - Só dou a mensaxe. - Insisto. 515 00:43:32,833 --> 00:43:35,083 - Mirade... - Sabedes quen son? 516 00:43:35,166 --> 00:43:36,458 - Eu non... - Fóra! 517 00:43:38,083 --> 00:43:38,958 Marbod. 518 00:43:40,958 --> 00:43:42,125 Que sorpresa. 519 00:43:42,208 --> 00:43:47,541 Estabamos pola zona. Traémoslle uns agasallos á princesa. 520 00:43:47,625 --> 00:43:50,458 Encargareime de darllos. Está moi enferma. 521 00:43:50,958 --> 00:43:52,333 Será unha visita breve. 522 00:43:53,041 --> 00:43:55,166 É contaxioso. Está en corentena. 523 00:43:55,750 --> 00:43:57,000 - Mais... - Adeus. 524 00:43:57,083 --> 00:44:00,541 Lothar. Querido Lothar... Será só un momento. 525 00:44:09,666 --> 00:44:11,833 - Viches como nos mentiu? - Claro. 526 00:44:11,916 --> 00:44:16,791 E o latriqueiro ese. Vaia farrapos levaba. Que estamos, no Entroido? 527 00:44:21,000 --> 00:44:22,416 Hai que vixialos. 528 00:44:39,250 --> 00:44:44,541 Trouxemos agasallos para os residentes do castelo, mais non reciben visitas. 529 00:44:45,416 --> 00:44:48,125 Coñecedes alguén que traballe alí? 530 00:44:50,791 --> 00:44:53,125 - Eu ando ao meu. - Agardade. 531 00:44:58,166 --> 00:45:02,833 Sería posible que reconsiderásedes a vosa resposta? 532 00:45:16,208 --> 00:45:20,458 Esta noite regresamos a Babenhausen. Sabedes onde atoparnos. 533 00:45:45,333 --> 00:45:46,666 Excelencia: 534 00:45:47,916 --> 00:45:51,375 Xa pasou outro mes e o parto é inminente. 535 00:45:52,250 --> 00:45:56,250 Sei que, dada a natureza da situación, non podedes visitarnos, 536 00:45:56,333 --> 00:45:59,291 así que compartirei convosco as miñas impresións. 537 00:46:00,833 --> 00:46:03,875 Comezarei por darvos unha boa nova. 538 00:46:05,958 --> 00:46:08,041 Tiven un golpe de sorte. 539 00:46:10,583 --> 00:46:14,416 Non era quen de durmir e fun dar un paseo polo bosque. 540 00:46:24,833 --> 00:46:27,125 E, de súpeto, vina. 541 00:46:29,958 --> 00:46:31,333 E caín na conta... 542 00:46:33,333 --> 00:46:37,291 de que os deuses me outorgaban un motivo único. 543 00:46:38,666 --> 00:46:42,833 Non me trabucara ao valorar a súa beleza. 544 00:46:43,958 --> 00:46:45,666 Mais había algo máis. 545 00:46:46,291 --> 00:46:50,375 A xenerosidade dos deuses foi aínda máis alá. 546 00:46:50,458 --> 00:46:56,541 E non pretendo ser explícito nin que pensedes que son un voyeur. 547 00:46:56,625 --> 00:46:59,875 Todo era moi pintoresco. 548 00:47:00,583 --> 00:47:03,666 A luz, o lago, a muller na auga, 549 00:47:03,750 --> 00:47:06,458 o escenario absolutamente máxico... 550 00:47:06,541 --> 00:47:10,833 Todo pedía a berros ser inmortalizado na arte. 551 00:47:12,583 --> 00:47:16,791 E este cadro que os deuses me ordenaron pintar... 552 00:47:17,625 --> 00:47:20,291 Ninfa bañándose no lago. 553 00:47:21,000 --> 00:47:25,833 Ou O baño de Diana, será en si mesmo unha marabilla, 554 00:47:25,916 --> 00:47:30,291 unha xoia, o momento culminante da miña carreira como artista. 555 00:47:35,250 --> 00:47:41,041 De que outro xeito podería facela máis miña que capturando, 556 00:47:41,666 --> 00:47:47,458 plasmando e inmortalizando no meu lenzo cada liña e matiz do seu corpo, 557 00:47:47,541 --> 00:47:52,625 para que ninguén neste mundo nos poida separar endexamais? 558 00:47:56,500 --> 00:47:58,625 A obra require paciencia. 559 00:48:00,041 --> 00:48:01,041 E eu agardo. 560 00:48:05,500 --> 00:48:09,250 Nunca toco o seu cabelo nin rozo a súa man. 561 00:48:10,083 --> 00:48:13,708 No canto diso, achégome a ela doutros xeitos. 562 00:48:14,708 --> 00:48:16,416 Wohtan! Ola. 563 00:48:18,875 --> 00:48:19,875 Ola. 564 00:48:25,833 --> 00:48:31,291 E así pasan os días, excelencia, dando pasos pequeniños e prudentes. 565 00:48:32,666 --> 00:48:34,666 ...para o meu corazón. 566 00:49:00,916 --> 00:49:03,250 - Ehrengard. - Ola. 567 00:49:06,541 --> 00:49:07,791 Grazas pola carta. 568 00:49:07,875 --> 00:49:10,500 - Estrañábate. - Mais non podemos vernos así. 569 00:49:11,000 --> 00:49:11,833 Por que non? 570 00:49:13,041 --> 00:49:14,500 Non podo dicircho. 571 00:49:14,583 --> 00:49:17,250 Estarei destinado aquí tres meses. 572 00:49:18,333 --> 00:49:20,833 Se cadra, algún día, poida contarcho todo. 573 00:49:22,375 --> 00:49:23,583 Adeus, querido. 574 00:49:46,458 --> 00:49:48,875 Ehrengard! Rompeu augas! 575 00:50:00,916 --> 00:50:01,750 Aínda non. 576 00:50:13,708 --> 00:50:16,208 Sr. Podolski, mandade traer a gran duquesa. 577 00:50:23,541 --> 00:50:26,416 - E o neno? - Excelencia. 578 00:50:26,500 --> 00:50:28,833 Primeiro, o castelo tremeu de medo, 579 00:50:28,916 --> 00:50:32,875 mais ao ouvirmos o primeiro choro no cuarto da princesa, 580 00:50:32,958 --> 00:50:35,291 o medo mudou en ledicia. 581 00:50:35,375 --> 00:50:36,750 Sr. Cazotte, dicídeme. 582 00:50:37,666 --> 00:50:38,500 Está san? 583 00:50:38,583 --> 00:50:43,708 É o neno máis fermoso que se viu nunca en Babenhausen. 584 00:50:44,916 --> 00:50:46,875 Por fin. Quero velo. 585 00:50:46,958 --> 00:50:47,875 Vamos. 586 00:50:50,791 --> 00:50:52,375 - Ven aquí. - A velo. 587 00:50:52,458 --> 00:50:54,916 - A que é precioso? - A ver. 588 00:51:01,416 --> 00:51:02,375 Parabéns. 589 00:51:05,416 --> 00:51:08,000 Aseméllase a min. Aseméllase á avoa. 590 00:51:09,791 --> 00:51:13,458 Non é a criaturiña máis fermosa que vistes na vida? 591 00:51:13,541 --> 00:51:17,916 Ata eu, excelencia, que non son dado a sentimentalismos, 592 00:51:18,000 --> 00:51:21,666 estou marabillado pola beleza do rapaz. De verdade volo digo. 593 00:51:22,791 --> 00:51:25,958 E Ehrengard? Como van os avances? 594 00:51:29,500 --> 00:51:34,166 Por primeira vez, sen tan sequera decatarse, 595 00:51:34,875 --> 00:51:37,458 namorou. 596 00:51:39,000 --> 00:51:40,041 Tan axiña? 597 00:51:42,333 --> 00:51:45,125 Non de min, excelencia. Do voso neto. 598 00:51:45,208 --> 00:51:46,791 - Ah! - Si. 599 00:51:46,875 --> 00:51:48,708 - Si. - Vaites. 600 00:51:49,666 --> 00:51:52,541 Así que xa non lle interesades, señor Cazotte? 601 00:51:52,625 --> 00:51:56,583 Non. Todo o contrario. Isto xoga ao meu favor. 602 00:51:57,083 --> 00:52:00,916 Que namore do propio deus do amor podería ser perfectamente, 603 00:52:01,000 --> 00:52:03,750 para unha persoa da súa contención e enerxía, 604 00:52:03,833 --> 00:52:08,875 o primeiro paso no camiño cara á absoluta rendición, excelencia. 605 00:52:08,958 --> 00:52:11,458 Estádesvos agarrando a un cravo ardendo. 606 00:52:11,541 --> 00:52:13,125 A figura de Cupido. 607 00:52:13,208 --> 00:52:17,250 A personificación do amor. O máis terrible dos bonecos. 608 00:52:17,333 --> 00:52:18,333 Madre. 609 00:52:19,416 --> 00:52:20,875 - A vosa carruaxe. - Vou. 610 00:52:20,958 --> 00:52:22,375 Xa marchades? 611 00:52:22,458 --> 00:52:26,041 Os Marbod non me sacan ollo. 612 00:52:26,125 --> 00:52:31,291 Ninguén, absolutamente ninguén de fóra do castelo pode ver o neno. 613 00:52:31,375 --> 00:52:33,625 - Entendido? - Por suposto, excelencia. 614 00:52:33,708 --> 00:52:36,208 - Entendiches, Lothar? - Claro, madre. 615 00:52:36,291 --> 00:52:39,125 Unha cousiña máis. Xa atopamos ama de cría. 616 00:52:39,916 --> 00:52:45,583 Chámase... Lisbeth. É de aquí. Irémola buscar. 617 00:52:45,666 --> 00:52:49,125 - É de confianza? - Si. Consultámolo. 618 00:52:49,208 --> 00:52:53,125 Lisbeth, ven á casa de cando en vez. Como me vou amañar só? 619 00:52:53,208 --> 00:52:58,541 - Deixei a veciña encargada de axudarche. - Por que tes que vivir alí? 620 00:52:58,625 --> 00:53:01,250 Poderías vir de cando en vez... 621 00:53:01,333 --> 00:53:02,500 Coidado coa porta. 622 00:53:03,208 --> 00:53:04,208 - Lisbeth? - Imos! 623 00:53:05,166 --> 00:53:06,083 Lisbeth, e se...? 624 00:53:09,041 --> 00:53:10,666 Lisbeth. Lisbeth! 625 00:53:11,750 --> 00:53:12,916 Lisbeth! 626 00:53:22,791 --> 00:53:24,125 - Por aquí. - Si. 627 00:54:03,375 --> 00:54:06,000 - Levouvos ben tempo. - Síntoo. 628 00:54:07,541 --> 00:54:13,416 Estiven preguntando, mais nada. Non se oe nada de Rosenbad. 629 00:54:13,500 --> 00:54:15,000 E por que nos chamastes? 630 00:54:16,166 --> 00:54:17,958 Hai unha nova. 631 00:54:18,875 --> 00:54:21,000 - Un groliño? - Por favor. 632 00:54:21,666 --> 00:54:25,500 Vaites, por desgraza, a única bebida que me queda é moi cara. 633 00:54:26,375 --> 00:54:28,083 Máis vale que sexa boa! 634 00:54:30,833 --> 00:54:33,500 - A corte contratou unha persoa nova. - Quen? 635 00:54:35,166 --> 00:54:36,208 Unha muller. 636 00:54:38,708 --> 00:54:42,458 - E que máis? - Unha muller con fillos pequenos. 637 00:54:43,583 --> 00:54:45,500 Como o sabedes? 638 00:54:48,416 --> 00:54:50,750 Aquel de alí é o marido. 639 00:54:51,333 --> 00:54:54,791 Pasa aquí as noites, desesperado. 640 00:54:56,416 --> 00:54:57,875 Deberiades falar con el. 641 00:55:10,833 --> 00:55:11,666 Desculpádenos. 642 00:55:12,875 --> 00:55:14,708 Que sabedes de Rosenbad? 643 00:55:16,958 --> 00:55:18,541 É todo unha gran mentira. 644 00:55:20,541 --> 00:55:22,083 E eu perdín a miña muller. 645 00:55:23,416 --> 00:55:26,750 Ía traballar no castelo como dama de compañía. 646 00:55:28,208 --> 00:55:34,583 Ía servir unha rapaza consentida e eu non ía poder falar con ela. 647 00:55:35,666 --> 00:55:36,500 Mais... 648 00:55:37,750 --> 00:55:38,583 despois... 649 00:55:42,125 --> 00:55:44,250 Non. Prometín que non diría nada. 650 00:55:44,875 --> 00:55:45,708 Bo señor. 651 00:55:46,666 --> 00:55:48,583 O gran duque é o meu curmán. 652 00:55:49,791 --> 00:55:53,416 No nome do noso ducado, ordénovos contarme o que sabedes. 653 00:56:00,000 --> 00:56:00,875 Xa... 654 00:56:03,208 --> 00:56:05,666 Xa hai un cativo no castelo. 655 00:56:06,708 --> 00:56:07,666 Sabíao! 656 00:56:08,291 --> 00:56:13,333 Hai que escribirlle a teu curmán e dicirlle que esiximos velos. 657 00:56:13,416 --> 00:56:16,750 Estráñoa moito. Podédesme axudar? 658 00:56:18,625 --> 00:56:20,041 Encoméndovos un labor. 659 00:56:21,666 --> 00:56:25,875 Se sodes quen de facervos co neno, recuperaredes a vosa Lisbeth. 660 00:56:28,000 --> 00:56:29,666 - Facerme con el? - Si. 661 00:56:30,500 --> 00:56:33,583 E como mostra da nosa gratitude polos vosos esforzos, 662 00:56:33,666 --> 00:56:38,708 encargareime persoalmente de que teñades un bo posto na corte 663 00:56:38,791 --> 00:56:41,916 cando a miña muller e mais eu ocupemos o trono. 664 00:56:43,750 --> 00:56:47,375 A que iso faría moi feliz a vosa Lisbeth? Estaría orgullosa. 665 00:56:49,000 --> 00:56:49,833 Ben. 666 00:56:50,541 --> 00:56:52,750 Isto é o que tendes que facer. 667 00:57:25,791 --> 00:57:26,625 Señor Cazotte. 668 00:57:30,791 --> 00:57:32,875 - Ehrengard. - Canto madrugastes. 669 00:57:33,916 --> 00:57:34,750 Si. 670 00:57:35,708 --> 00:57:36,541 Abofé. 671 00:57:38,250 --> 00:57:41,458 É que onte era a noite máis curta do ano. 672 00:57:42,000 --> 00:57:42,833 De verdade? 673 00:57:43,375 --> 00:57:45,583 - Non o sabía. - Si. De verdade. 674 00:57:45,666 --> 00:57:48,541 Sempre paso fóra a noite máis curta. 675 00:57:48,625 --> 00:57:50,416 Fóra? E logo? 676 00:57:51,583 --> 00:57:55,833 É... unha especie de... ritual. 677 00:57:57,000 --> 00:57:58,083 - Ritual? - Si. 678 00:57:58,666 --> 00:57:59,916 Que clase de ritual? 679 00:58:00,000 --> 00:58:05,416 Pinto... Capturo a natureza 680 00:58:05,500 --> 00:58:08,875 no seu momento máis fráxil. 681 00:58:08,958 --> 00:58:12,041 - Fráxil? - Cando máis exuberante está. 682 00:58:12,791 --> 00:58:16,583 Antes de que volva caer pouco a pouco na escuridade. 683 00:58:17,083 --> 00:58:18,833 Soa moi triste. 684 00:58:18,916 --> 00:58:22,000 - Non, para nada. A min gústame. - Podo velo? 685 00:58:23,041 --> 00:58:24,208 - O cadro? - Si. 686 00:58:24,291 --> 00:58:27,666 - Preferiría que non. - Seguro que é moi fermoso. 687 00:58:27,750 --> 00:58:33,416 - Non. Este cadro é un tanto trivial. - Trivial? Non o creo. 688 00:58:33,500 --> 00:58:37,250 Si. Só son flores cos seus delicados pétalos, 689 00:58:37,333 --> 00:58:43,458 estrugas coa súa ardente aperta, o lago do bosque co seu aloumiño tenro. 690 00:58:44,208 --> 00:58:47,166 - Parvadas románticas. - O lago do bosque? 691 00:58:47,958 --> 00:58:51,083 - Que? - Pintastes o lago? 692 00:58:56,291 --> 00:58:58,708 Dixen que pintara o lago? Pois non. 693 00:58:59,291 --> 00:59:01,833 - Estou a pensar en voz alta. - Quero velo. 694 00:59:01,916 --> 00:59:04,416 - Non, son pensamentos en voz alta. - Si. 695 00:59:14,750 --> 00:59:16,375 - A miña man. - Si. 696 00:59:18,458 --> 00:59:19,291 Señor Cazotte! 697 00:59:21,250 --> 00:59:22,083 Señor Cazotte. 698 00:59:22,916 --> 00:59:25,625 A gran duquesa está aquí. Pregunta por vós. 699 00:59:29,750 --> 00:59:30,583 Desculpádeme. 700 00:59:43,041 --> 00:59:46,083 Insisten en vir de visita. 701 00:59:46,166 --> 00:59:47,708 Quen insiste, excelencia? 702 00:59:47,791 --> 00:59:48,791 Os Marbod. 703 00:59:53,541 --> 00:59:56,916 - Non nos podemos negar? - Non, imposible. Son da familia. 704 00:59:57,875 --> 01:00:01,791 Encargueime de que non entren en Rosenbad para que non oian o neno. 705 01:00:01,875 --> 01:00:03,625 - Faremos un pícnic. - Cando? 706 01:00:05,041 --> 01:00:05,875 O domingo. 707 01:00:06,875 --> 01:00:09,833 - Este domingo? - Non hai xeito de impedilo. 708 01:00:11,166 --> 01:00:12,666 Hai que agochar o neno. 709 01:00:13,208 --> 01:00:16,833 - E Ludmilla tería que estar... - De seis meses. Ben repoluda. 710 01:00:18,083 --> 01:00:20,875 Lisbeth quedará aquí co neno 711 01:00:20,958 --> 01:00:23,708 e daremos instrucións moi precisas aos demais. 712 01:00:25,041 --> 01:00:27,541 Por suposto. Encargareime persoalmente. 713 01:00:28,375 --> 01:00:29,750 Moi ben, señor Cazotte. 714 01:00:32,041 --> 01:00:32,875 Sentade. 715 01:00:35,666 --> 01:00:37,208 - Ben. - Si. 716 01:00:39,125 --> 01:00:40,208 E Ehrengard? 717 01:00:40,875 --> 01:00:44,333 Como xa sabedes, píntoa todas as mañás. 718 01:00:45,125 --> 01:00:50,125 E, malia que ela non é necesariamente coñecedora da miña presenza 719 01:00:50,208 --> 01:00:53,250 nin da miña existencia, sinto que... 720 01:00:54,208 --> 01:00:56,458 se estableceu unha conexión entre nós. 721 01:00:57,875 --> 01:01:00,291 Xa sei o que estades a pensar. 722 01:01:00,375 --> 01:01:02,083 - Ai, si? - Dende logo. 723 01:01:02,625 --> 01:01:05,166 "Por que este panoco 724 01:01:05,791 --> 01:01:09,541 non seduce a moza ao xeito tradicional e acouga dunha vez?" 725 01:01:10,083 --> 01:01:12,083 - Teño razón? - Máis ou menos, si. 726 01:01:14,541 --> 01:01:17,125 Mais é que este panoco é... 727 01:01:19,166 --> 01:01:20,291 artista. 728 01:01:20,375 --> 01:01:26,500 Absorto e intoxicado neste intre pola creación dunha obra de arte. 729 01:01:26,583 --> 01:01:31,125 Insisto en que se entregue totalmente 730 01:01:31,208 --> 01:01:35,666 sen que medie ningún tipo de contacto físico. 731 01:01:36,250 --> 01:01:41,750 Podería seducila co método tradicional, abofé, e resultaría menos custoso. 732 01:01:41,833 --> 01:01:48,250 Podería seducila nun momento especial, de inquedanza ou irreflexión. 733 01:01:48,333 --> 01:01:53,625 Mais, excelencia, para min iso non tería mérito ningún. 734 01:01:54,208 --> 01:01:57,000 A min seméllame que vos decatastes 735 01:01:57,083 --> 01:02:01,583 de que non ides gañar a aposta e agora queredes mudar as condicións. 736 01:02:01,666 --> 01:02:05,208 En absoluto. Teño intención de seducila, excelencia. 737 01:02:05,291 --> 01:02:09,750 E lograreino. Mais a diferenza é que só o saberá ela. 738 01:02:09,833 --> 01:02:13,875 Para os demais, Ehrengard seguirá estando no seu pedestal, 739 01:02:13,958 --> 01:02:18,375 unha virxe inmaculada, mais as nosas almas estarán conectadas para sempre. 740 01:02:19,166 --> 01:02:22,541 E niso consiste a auténtica sedución. 741 01:02:24,916 --> 01:02:28,375 E como saberemos se seducistes a moza sen...? 742 01:02:28,458 --> 01:02:32,083 - Como saberemos quen gañou a aposta? - Exacto. 743 01:02:32,166 --> 01:02:35,083 Amosareille o retrato que lle fixen 744 01:02:35,166 --> 01:02:38,750 e, nese mesmo intre, fraqueará. 745 01:02:39,250 --> 01:02:42,666 Será a rosa que perde todos os pétalos 746 01:02:42,750 --> 01:02:47,416 cun sopro do vento e queda espida, excelencia. 747 01:02:47,500 --> 01:02:53,708 Cando un se rende á paixón, o corpo réndese tamén. 748 01:02:54,458 --> 01:03:00,625 Cando vexa o cadro, sinxelamente... desmaiarase. 749 01:03:15,458 --> 01:03:17,833 Que se desmaiará? A nosa Ehrengard? 750 01:03:17,916 --> 01:03:22,500 Diante de todos, e esa será a proba definitiva da sedución. 751 01:03:35,541 --> 01:03:37,916 Acepto os novos termos da nosa aposta. 752 01:04:22,958 --> 01:04:25,416 Prepárovos o cabalo, señorita Ehrengard? 753 01:04:49,625 --> 01:04:52,000 Lisbeth! 754 01:04:56,416 --> 01:04:58,208 Lisbeth! 755 01:05:01,208 --> 01:05:03,250 Lisbeth! 756 01:05:04,916 --> 01:05:06,250 Que acontece? 757 01:05:08,666 --> 01:05:12,458 Señor, agardade. A que veñen eses berros? 758 01:05:15,041 --> 01:05:19,916 Ameazoume. Estaba moi confuso. 759 01:05:20,416 --> 01:05:23,083 E agora cometín un erro terrible. 760 01:05:26,041 --> 01:05:26,916 El... 761 01:05:28,333 --> 01:05:32,250 prometeume que recuperaría a miña Lisbeth se lle axudaba. 762 01:05:32,750 --> 01:05:33,583 A Lisbeth? 763 01:05:34,750 --> 01:05:35,583 A miña... 764 01:05:36,875 --> 01:05:40,291 Arrebatáronme a miña Lisbeth. 765 01:05:41,250 --> 01:05:44,541 - Arrebatáronvos a Lisbeth? - E agora... 766 01:05:45,416 --> 01:05:49,166 cometín un erro terrible. 767 01:05:49,833 --> 01:05:52,458 De que erro falades? 768 01:05:52,541 --> 01:05:57,958 Esa xente de Rosenbad mentiu sobre o neno. 769 01:05:59,833 --> 01:06:01,416 Enganáronme. 770 01:06:02,291 --> 01:06:03,125 Mais... 771 01:06:04,375 --> 01:06:05,708 agora debo axudarlles. 772 01:06:07,375 --> 01:06:09,041 Axudarlles de que xeito? 773 01:06:17,125 --> 01:06:17,958 Mañá... 774 01:06:19,958 --> 01:06:22,750 teño que secuestrar o neno e levalo xunta deles. 775 01:06:26,166 --> 01:06:29,541 Ás dúas teño que estar no claro do bosque. 776 01:06:29,625 --> 01:06:32,416 Agora xa non sei se debería facelo. 777 01:06:33,958 --> 01:06:36,041 Teño que falar coa miña Lisbeth. 778 01:06:37,958 --> 01:06:40,916 Dubido que poida perdoarme se o fago. 779 01:06:49,791 --> 01:06:50,625 Escoitade. 780 01:06:51,583 --> 01:06:52,958 Estádesme a escoitar? 781 01:06:58,375 --> 01:06:59,666 Seguide co voso plan. 782 01:07:00,875 --> 01:07:02,208 Entendido? 783 01:07:04,083 --> 01:07:04,916 Como? 784 01:07:05,458 --> 01:07:06,791 Seguide co voso plan. 785 01:07:07,875 --> 01:07:09,541 E non llo digades a Lisbeth. 786 01:07:10,875 --> 01:07:12,333 Todo vai saír ben. 787 01:07:19,166 --> 01:07:20,041 Bulide! 788 01:08:05,500 --> 01:08:06,708 Onde estabades? 789 01:08:07,666 --> 01:08:10,041 - Todos vos están a buscar. - Aquí estou. 790 01:08:10,125 --> 01:08:12,125 O pícnic vai comezar. 791 01:08:12,625 --> 01:08:14,791 Todo está preparado. Todo. 792 01:08:14,875 --> 01:08:16,625 - Si? - Si. 793 01:08:18,041 --> 01:08:20,875 Estades esbrancuxado. Estades abatido? 794 01:08:20,958 --> 01:08:22,916 Non. Estou ben. 795 01:08:37,958 --> 01:08:39,958 - E o xogo de cubertos? - Ao fondo. 796 01:08:40,041 --> 01:08:41,291 Fan falla cadeiras. 797 01:08:41,375 --> 01:08:42,375 Cazotte? 798 01:08:44,541 --> 01:08:45,375 Ehrengard. 799 01:08:51,291 --> 01:08:53,833 Sinto non ter ido hoxe ao lago. 800 01:08:58,958 --> 01:08:59,791 Ao lago? 801 01:09:04,125 --> 01:09:06,250 Sempre souben que estabades alí. 802 01:09:11,083 --> 01:09:15,333 Só meu ausentei porque se requiría a miña presenza aquí. 803 01:09:23,125 --> 01:09:24,041 Gustaríame... 804 01:09:27,916 --> 01:09:29,708 que rematásedes o cadro. 805 01:09:33,250 --> 01:09:34,583 Mais ocórreseme... 806 01:09:39,125 --> 01:09:41,166 que sería mellor no voso cuarto. 807 01:09:44,833 --> 01:09:47,833 Se cadra precisades estar máis preto. 808 01:09:55,625 --> 01:09:58,291 Cara a cara. 809 01:10:03,750 --> 01:10:05,083 Si. 810 01:10:07,208 --> 01:10:08,333 Naturalmente. Si. 811 01:10:09,875 --> 01:10:11,458 Si. Dende logo. 812 01:10:12,666 --> 01:10:14,750 - Podédelo imaxinar? - Si. 813 01:10:16,125 --> 01:10:17,416 Pechade os ollos. 814 01:10:19,166 --> 01:10:21,708 - Como? - Que pechedes os ollos. 815 01:10:24,083 --> 01:10:25,208 - Agora? - Si. 816 01:10:28,916 --> 01:10:30,166 E imaxinádeo. 817 01:10:40,916 --> 01:10:41,916 Si, gustaríame... 818 01:10:44,000 --> 01:10:44,833 Moi ben. 819 01:10:46,500 --> 01:10:47,708 Preparádeo todo. 820 01:10:48,291 --> 01:10:49,833 - E o lenzo. - Si. 821 01:10:49,916 --> 01:10:51,333 Irei despois de xantar. 822 01:10:51,416 --> 01:10:53,333 - De acordo. - Ben. 823 01:10:53,416 --> 01:10:54,250 Si. 824 01:10:55,625 --> 01:10:57,833 Si, despois de xantar. 825 01:11:08,458 --> 01:11:09,291 Saúde. 826 01:11:13,625 --> 01:11:15,708 Fermoso lugar, va que si? 827 01:11:24,000 --> 01:11:24,916 Querido Marbod. 828 01:11:26,625 --> 01:11:32,000 É un auténtico pracer recibirvos a vós e a vosa encantadora esposa. 829 01:11:33,291 --> 01:11:36,375 É un auténtico pracer... 830 01:11:36,458 --> 01:11:38,250 Si, iso xa o dixestes. 831 01:11:41,041 --> 01:11:42,291 Si. 832 01:11:43,083 --> 01:11:45,333 E alédame moito... 833 01:11:48,291 --> 01:11:53,000 que a princesa Ludmilla xa se sinta mellor e poida acompañarnos. 834 01:11:53,083 --> 01:11:54,083 É marabilloso. 835 01:11:54,166 --> 01:11:57,708 E que... o tempo... 836 01:12:01,125 --> 01:12:06,875 Só direi que é un pracer que esteades aquí. 837 01:12:06,958 --> 01:12:08,833 O pracer é todo noso. 838 01:12:08,916 --> 01:12:10,458 - Saúde. - Que marabilla. 839 01:12:10,541 --> 01:12:11,875 - Saúde. - Saúde. 840 01:12:13,125 --> 01:12:13,958 Saúde. 841 01:12:23,291 --> 01:12:25,375 - Un viño estupendo. - Dende logo. 842 01:12:25,458 --> 01:12:26,833 Lixeiro e refrescante. 843 01:12:29,791 --> 01:12:31,208 Pasádesme o caranguexo? 844 01:12:32,916 --> 01:12:33,750 Grazas. 845 01:12:35,041 --> 01:12:36,625 - Queredes? - Non, grazas. 846 01:12:36,708 --> 01:12:37,541 Un pouquiño. 847 01:12:38,166 --> 01:12:40,250 Que sorte tivemos co tempo. 848 01:12:41,083 --> 01:12:44,000 - Non vai frío nin calor. Perfecto. - Estupendo. 849 01:13:40,416 --> 01:13:42,291 - Son cantarelas. - Si. 850 01:13:42,375 --> 01:13:43,208 Que ricas. 851 01:13:44,083 --> 01:13:45,458 O ouro dos bosques. 852 01:13:58,250 --> 01:14:00,583 Acouga. Xa está. 853 01:14:12,500 --> 01:14:13,333 Non! 854 01:14:19,958 --> 01:14:20,791 Matthias! 855 01:14:21,458 --> 01:14:22,750 Será...! 856 01:14:23,875 --> 01:14:25,375 Non. 857 01:14:27,083 --> 01:14:27,916 Pa... 858 01:14:28,583 --> 01:14:30,500 - Delicioso. - Exquisito. 859 01:14:34,166 --> 01:14:35,000 Si? 860 01:14:37,833 --> 01:14:40,166 Xa abonda de comedia. 861 01:14:41,458 --> 01:14:44,708 - Comedia? - Vós non vos metades. 862 01:14:46,208 --> 01:14:47,208 Ben. 863 01:14:49,833 --> 01:14:50,833 Querida princesa. 864 01:14:51,833 --> 01:14:52,666 Permitídenos. 865 01:15:02,708 --> 01:15:04,166 Rebordades vida. 866 01:15:06,416 --> 01:15:07,250 Que suave. 867 01:15:08,000 --> 01:15:10,375 É tan suave que ata semella... 868 01:15:10,458 --> 01:15:11,541 Canto o sinto! 869 01:15:13,083 --> 01:15:14,750 - Desculpádeme. - Matthias! 870 01:15:16,000 --> 01:15:17,625 Aí vén o cabaleiro. 871 01:15:17,708 --> 01:15:20,083 Que fas? Matthias! 872 01:15:23,000 --> 01:15:24,166 Vinde, Matthias. 873 01:15:26,166 --> 01:15:27,375 - Vinde. - Para! 874 01:15:27,875 --> 01:15:29,125 Matthias, vinde aquí. 875 01:15:29,958 --> 01:15:31,166 Matthias! 876 01:15:31,250 --> 01:15:32,583 Achegádevos, Matthias. 877 01:15:32,666 --> 01:15:34,166 - Mat... - Vinde! 878 01:15:34,250 --> 01:15:35,208 Matthias! 879 01:15:35,291 --> 01:15:37,541 - Que raio fas? - Vinde, achegádevos. 880 01:15:41,916 --> 01:15:43,083 Perdón. 881 01:15:43,166 --> 01:15:44,000 Matthias! 882 01:15:44,500 --> 01:15:45,666 Matthi...! 883 01:15:50,000 --> 01:15:51,666 Matthias! Para! 884 01:15:51,750 --> 01:15:53,000 Xa está. Xa está. 885 01:15:54,208 --> 01:15:56,000 Matthias, para! 886 01:15:58,166 --> 01:15:59,000 Veña. 887 01:15:59,500 --> 01:16:00,333 Non! 888 01:16:00,416 --> 01:16:01,416 Non! 889 01:16:01,500 --> 01:16:03,750 - Quedade aquí. Poggendorf. - Quietos! 890 01:16:04,250 --> 01:16:05,750 - Dáme a man. - Quietos! 891 01:16:05,833 --> 01:16:06,916 Ai, Poggendorf. 892 01:16:07,000 --> 01:16:07,833 Parade! 893 01:16:07,916 --> 01:16:08,750 Sr. Podolski. 894 01:16:10,291 --> 01:16:11,291 Ehrengard! 895 01:16:12,666 --> 01:16:13,666 Agardade! 896 01:16:14,416 --> 01:16:15,416 Arre, bonito. 897 01:16:29,041 --> 01:16:31,458 Parade! Agardade! 898 01:16:35,458 --> 01:16:37,041 Marchou o cocheiro. 899 01:16:37,125 --> 01:16:40,250 Poggendorf, subide. Excelencia, vinde comigo. 900 01:16:40,333 --> 01:16:42,208 - Bule! - Axúdame a subir. 901 01:16:43,000 --> 01:16:43,958 Por Deus. 902 01:16:44,041 --> 01:16:45,791 - Cala. - Cala ti. 903 01:16:48,250 --> 01:16:49,500 - Grazas. - Arrinca! 904 01:16:57,541 --> 01:16:58,541 Arre. 905 01:17:05,958 --> 01:17:06,958 Amodo! Para! 906 01:17:09,791 --> 01:17:10,625 Arre. Veña. 907 01:17:14,500 --> 01:17:17,166 Se digo que é pola dereita, é pola dereita. 908 01:17:17,250 --> 01:17:20,375 - É pola esquerda. - Diantre de muller! 909 01:17:20,458 --> 01:17:23,000 Dígoche que é pola dereita e xa está. 910 01:17:23,958 --> 01:17:25,333 Bulide. 911 01:17:32,833 --> 01:17:36,708 Dígoche que hai pegadas por alá. Por que non me fas caso? 912 01:17:52,416 --> 01:17:53,541 Seredes...! 913 01:17:58,416 --> 01:17:59,875 Parade! Abonda! 914 01:18:03,750 --> 01:18:05,000 Que está a acontecer? 915 01:18:05,083 --> 01:18:07,791 Xúrovos que son inocente. 916 01:18:07,875 --> 01:18:10,500 Esta muller atacoume sen motivo ningún! 917 01:18:12,208 --> 01:18:13,041 Ben. 918 01:18:13,125 --> 01:18:16,125 Bo intento, benquerida curmá. 919 01:18:19,041 --> 01:18:20,166 Non entendo nada. 920 01:18:21,250 --> 01:18:22,666 Este neno 921 01:18:22,750 --> 01:18:23,750 é meu. 922 01:18:38,791 --> 01:18:39,916 Si, é certo. 923 01:18:41,958 --> 01:18:43,458 O neno é seu. 924 01:18:45,708 --> 01:18:46,625 Repetídeo. 925 01:18:47,416 --> 01:18:53,916 Repetireino cantas veces faga falla. Este neno é o meu fillo! 926 01:18:55,916 --> 01:18:57,208 Non é verdade. 927 01:18:57,291 --> 01:18:58,166 Si que o é. 928 01:18:58,250 --> 01:18:59,875 É certo. Si. 929 01:18:59,958 --> 01:19:01,375 Asegúrovos que si. 930 01:19:02,000 --> 01:19:02,833 Si. 931 01:19:05,125 --> 01:19:07,041 Lisbeth pódevolo confirmar. 932 01:19:07,125 --> 01:19:12,416 Ese home é o seu marido. Secuestrou o neno e a ama de cría. 933 01:19:12,500 --> 01:19:15,125 - Seguinos e atopeinos aquí. - Non... 934 01:19:15,208 --> 01:19:16,458 Non é certo. 935 01:19:16,541 --> 01:19:17,583 - Si. - Si. 936 01:19:19,666 --> 01:19:21,708 Quen é o pai do neno? 937 01:19:24,166 --> 01:19:25,208 Diréivolo. 938 01:19:29,916 --> 01:19:30,750 Cazotte. 939 01:19:33,083 --> 01:19:34,083 Si. 940 01:19:36,541 --> 01:19:41,125 Pedide unha carruaxe e que leven o noso fillo de volta a Rosenbad. 941 01:19:47,125 --> 01:19:49,208 O... dandi este! 942 01:19:51,375 --> 01:19:52,875 Un momento. Demostrádeo. 943 01:20:00,708 --> 01:20:03,416 Que o demostren? Como o van demostrar? 944 01:20:03,500 --> 01:20:06,041 Agardamos que o neno medre 945 01:20:06,125 --> 01:20:08,958 para ver se lle asemella ao pai? 946 01:20:10,333 --> 01:20:12,125 Estádesnos tomando o pelo! 947 01:20:12,875 --> 01:20:13,750 Demostrádeo! 948 01:20:14,250 --> 01:20:15,833 Esixo que o demostren. 949 01:20:19,416 --> 01:20:21,083 - Cazotte. - Si? 950 01:20:23,708 --> 01:20:26,166 Amosádelles o voso caderno. 951 01:20:35,125 --> 01:20:36,791 - O caderno. - O meu caderno? 952 01:20:38,708 --> 01:20:40,666 O meu... Xa. 953 01:20:41,166 --> 01:20:42,041 - Si. - Si. 954 01:20:42,125 --> 01:20:44,375 - É preciso, polo visto. - Si. 955 01:20:47,500 --> 01:20:50,541 Amosaríallelo encantado, mais non o teño aquí. 956 01:20:50,625 --> 01:20:51,583 Non o teño... 957 01:20:52,083 --> 01:20:53,083 - Si. - Non. 958 01:20:54,250 --> 01:20:56,250 Non o tendes no peto esquerdo? 959 01:21:26,708 --> 01:21:27,541 Si. 960 01:21:38,041 --> 01:21:39,041 Ehrengard. 961 01:21:39,541 --> 01:21:40,375 Kurt. 962 01:21:42,541 --> 01:21:44,541 - Agora non. - Mais... 963 01:22:03,416 --> 01:22:04,250 Non. 964 01:22:18,750 --> 01:22:19,875 É proba abonda? 965 01:22:49,625 --> 01:22:51,666 Tranquilo. Veña. 966 01:22:53,000 --> 01:22:53,833 Xa pasou. 967 01:22:54,666 --> 01:22:55,500 Vamos. 968 01:22:58,708 --> 01:23:00,458 Mañá, ao albor. 969 01:23:01,208 --> 01:23:02,208 Kurt! 970 01:23:05,083 --> 01:23:06,291 Veña, imos. 971 01:23:33,125 --> 01:23:36,416 - Queredes escoller vós primeiro? - Non. Adiante. 972 01:23:36,500 --> 01:23:37,333 Moi ben. 973 01:23:46,291 --> 01:23:47,125 Axudádelle. 974 01:23:50,833 --> 01:23:52,083 - Moi ben. - Tende. 975 01:23:53,708 --> 01:23:54,541 Preparado? 976 01:23:56,458 --> 01:24:00,833 Perdoade, mais non sei por que non o podemos falar coma adultos. 977 01:24:00,916 --> 01:24:03,083 Vinte pasos. Ou menos? 978 01:24:04,583 --> 01:24:05,458 Vinte pasos. 979 01:24:07,291 --> 01:24:08,791 Por favor, reconsiderade... 980 01:24:09,458 --> 01:24:11,208 Un, dous... 981 01:24:12,208 --> 01:24:13,250 tres, 982 01:24:13,333 --> 01:24:14,333 catro, 983 01:24:14,416 --> 01:24:15,500 cinco, 984 01:24:15,583 --> 01:24:16,541 seis, 985 01:24:16,625 --> 01:24:17,458 sete, 986 01:24:17,958 --> 01:24:18,791 oito, 987 01:24:19,583 --> 01:24:20,416 nove, 988 01:24:20,916 --> 01:24:21,916 dez, 989 01:24:22,000 --> 01:24:23,041 once, 990 01:24:23,583 --> 01:24:25,250 doce, trece, 991 01:24:26,000 --> 01:24:26,833 catorce, 992 01:24:27,583 --> 01:24:28,666 quince, 993 01:24:29,333 --> 01:24:30,166 dezaseis, 994 01:24:31,250 --> 01:24:32,458 dezasete, 995 01:24:33,041 --> 01:24:33,875 dezaoito, 996 01:24:34,416 --> 01:24:35,250 dezanove... 997 01:24:41,916 --> 01:24:43,916 Raio! Estou ferido! 998 01:24:47,833 --> 01:24:49,791 Estou ferido! 999 01:24:56,291 --> 01:24:57,125 Detédevos! 1000 01:24:58,291 --> 01:24:59,125 Agardade! 1001 01:25:41,083 --> 01:25:42,083 - Amén. - Amén. 1002 01:25:42,791 --> 01:25:44,208 A paz sexa contigo. 1003 01:25:44,791 --> 01:25:46,625 E co teu espírito. 1004 01:25:46,708 --> 01:25:50,250 Por fin, pouco máis dun ano despois de casaren, 1005 01:25:50,333 --> 01:25:55,625 o príncipe Lothar e a princesa Ludmilla puideron bautizar o seu primoxénito. 1006 01:26:03,875 --> 01:26:06,208 Aquí remata a historia de Ehrengard. 1007 01:26:06,291 --> 01:26:09,875 Para a ocasión, levaba sobre o seu vestido branco 1008 01:26:09,958 --> 01:26:12,708 a banda azul da Orde de Santo Estevo, 1009 01:26:12,791 --> 01:26:14,708 outorgada ás mozas da nobreza 1010 01:26:14,791 --> 01:26:17,750 polo seu servizo ao pobo de Babenhausen. 1011 01:26:18,750 --> 01:26:22,500 Eu tamén estiven alí, mais non recibín distinción ningunha. 1012 01:26:25,833 --> 01:26:26,666 Si! 1013 01:26:41,250 --> 01:26:42,083 Así! 1014 01:26:43,333 --> 01:26:44,166 Así! 1015 01:26:53,583 --> 01:26:55,416 Despois fun para Roma. 1016 01:27:01,625 --> 01:27:04,291 Recibín moitos encargos de prestixio, 1017 01:27:04,375 --> 01:27:08,291 que me permitiron desenvolver o meu gran talento artístico. 1018 01:27:10,541 --> 01:27:11,375 Grazie. 1019 01:27:36,416 --> 01:27:40,083 Ademais, os meus amigos déronme o meu pseudónimo. 1020 01:27:42,750 --> 01:27:43,916 Chamáronme... 1021 01:27:49,166 --> 01:27:50,083 Casanova. 1022 01:32:57,500 --> 01:32:59,500 Subtítulos: Marina do Albardeiro