1 00:00:02,000 --> 00:00:07,000 Downloaded from YTS.MX 2 00:00:08,000 --> 00:00:13,000 Official YIFY movies site: YTS.MX 3 00:00:31,000 --> 00:00:37,958 XORNAL NOVAS "DO DÍA" 4 00:00:39,250 --> 00:00:42,458 Pola tarde, o cazarratas veu á gasolineira. 5 00:00:42,541 --> 00:00:45,125 Achegouse á entrada silenciosamente. 6 00:00:45,625 --> 00:00:47,875 Os seus pés non facían ruído na grava. 7 00:00:47,958 --> 00:00:50,500 Traía un macuto colgado nun ombreiro 8 00:00:50,583 --> 00:00:53,416 e chaqueta anticuada de pana, con petos grandes. 9 00:00:53,500 --> 00:00:57,041 Os pantalóns de pana estaban atados nos xeonllos cun cordel. 10 00:00:57,125 --> 00:00:58,083 - Ola. - Si. 11 00:00:58,166 --> 00:00:59,250 Operario antirroedores. 12 00:00:59,333 --> 00:01:02,041 Aqueles olliños escuros inspeccionaron o local. 13 00:01:02,125 --> 00:01:03,458 - O cazarratas? - Si. 14 00:01:03,541 --> 00:01:05,333 Delgado, faccións marcadas, 15 00:01:05,416 --> 00:01:09,375 dous dentes amarelos longos que sobresaían sobre o labio inferior. 16 00:01:09,458 --> 00:01:12,416 Orellas redondas e delgadas, preto da caluga. 17 00:01:12,500 --> 00:01:14,041 Os ollos eran case negros, 18 00:01:14,125 --> 00:01:17,166 pero, cando te miraban, tiñan un escintileo amarelo. 19 00:01:17,250 --> 00:01:19,791 - Veu rápido. - Ordes de Sanidade. 20 00:01:19,875 --> 00:01:22,083 Sanidade? E vai cazar todas as ratas? 21 00:01:22,166 --> 00:01:23,041 - Si. - Como? 22 00:01:23,125 --> 00:01:23,958 Si, como? 23 00:01:24,041 --> 00:01:27,250 Depende das ratas e de onde estean. Hai varios métodos. 24 00:01:27,333 --> 00:01:28,583 - Con trampas. - Que? 25 00:01:28,666 --> 00:01:29,625 - Trampas. - Que? 26 00:01:29,708 --> 00:01:30,625 El bufou. 27 00:01:30,708 --> 00:01:32,750 Non as cazo así. Non son coellos. 28 00:01:32,833 --> 00:01:34,083 Ergueu a cabeza, 29 00:01:34,166 --> 00:01:37,583 olfacteando o aire e movendo o nariz dun lado a outro. 30 00:01:37,666 --> 00:01:40,750 As ratas son listas. Para cazalas, hai que coñecelas. 31 00:01:41,416 --> 00:01:43,166 Hai que coñecer as ratas. 32 00:01:47,291 --> 00:01:49,625 Saben o que fan? Obsérvano a un. 33 00:01:49,708 --> 00:01:53,416 Cando un se prepara para exterminalas, estano observando. 34 00:01:53,500 --> 00:01:55,291 Non están nos sumidoiros, non? 35 00:01:55,375 --> 00:01:56,958 Non, nos sumidoiros, non. 36 00:01:57,041 --> 00:01:59,500 - Neles é delicado. - Pensaba que non. 37 00:01:59,583 --> 00:02:02,708 Ai, non? Gustaríame velo traballar no sumidoiro. 38 00:02:02,791 --> 00:02:05,250 Gustaríame saber como o faría exactamente. 39 00:02:05,333 --> 00:02:06,666 Envelenándoas, supoño. 40 00:02:06,750 --> 00:02:08,916 Onde poñería o veleno exactamente? 41 00:02:09,000 --> 00:02:09,833 No sumidoiro. 42 00:02:09,916 --> 00:02:11,416 Iluminóuselle a cara. 43 00:02:11,500 --> 00:02:13,208 Xa o sabía. "No sumidoiro." 44 00:02:13,291 --> 00:02:15,666 Sabe que? Arrastraríano os residuos. 45 00:02:15,750 --> 00:02:17,666 Todo. O sumidoiro é coma un río. 46 00:02:17,750 --> 00:02:20,916 Que faría vostede, Sr. Cazarratas, nun sumidoiro? 47 00:02:21,000 --> 00:02:22,833 O cazarratas achegouse un paso. 48 00:02:22,916 --> 00:02:25,000 A súa voz adoptou ton confidencial, 49 00:02:25,083 --> 00:02:27,833 a voz de quen revela segredos profesionais. 50 00:02:27,916 --> 00:02:30,916 Trabállase coa idea de que a rata é un roedor. 51 00:02:31,000 --> 00:02:33,458 Todo o que se lles dá, róeno. 52 00:02:33,541 --> 00:02:36,583 Se hai que traballar no sumidoiro, que se fai? 53 00:02:36,666 --> 00:02:39,500 A súa voz tiña o ton gutural do croar da ra, 54 00:02:39,583 --> 00:02:42,666 e el semellaba deleitarse na pronuncia das palabras, 55 00:02:42,750 --> 00:02:44,708 coma se gozase do seu sabor. 56 00:02:44,791 --> 00:02:48,458 Éntrase no sumidoiro cunhas cantas bolsas de papel castaño 57 00:02:48,541 --> 00:02:51,166 cheas de pasta de escaiola. Nada máis. 58 00:02:51,250 --> 00:02:53,583 Logo cólganse no teito do sumidoiro 59 00:02:53,666 --> 00:02:56,041 para quedaren colgadas sen tocar a auga, 60 00:02:56,125 --> 00:02:58,083 pero que lles cheguen as ratas. 61 00:02:58,166 --> 00:02:59,708 Claud escoitaba, abraiado. 62 00:02:59,791 --> 00:03:03,958 A rata vén nadando polo sumidoiro, ve a bolsa e para. 63 00:03:04,458 --> 00:03:06,583 Chéiraa, non cheira mal. 64 00:03:06,666 --> 00:03:08,166 - Que fai? - Róea. 65 00:03:08,250 --> 00:03:11,208 Si. Comeza a roer na bolsa e rómpea, 66 00:03:11,291 --> 00:03:14,291 e a rata morde un merecido bocado de masa. 67 00:03:14,791 --> 00:03:15,625 E logo? 68 00:03:15,708 --> 00:03:17,125 Iso chega. 69 00:03:17,875 --> 00:03:19,250 - Mátaa? - Cae redonda. 70 00:03:19,333 --> 00:03:21,458 - A escaiola… - Aumenta ao mollala. 71 00:03:21,541 --> 00:03:23,750 Ao entrar nos condutos, medra 72 00:03:23,833 --> 00:03:26,166 e mátaa máis rápido ca nada. 73 00:03:26,666 --> 00:03:28,166 Hai que coñecer as ratas. 74 00:03:28,250 --> 00:03:30,291 A cara iluminóuselle de orgullo. 75 00:03:30,375 --> 00:03:34,083 Xuntou os dedos longos e achegou as mans á cara. 76 00:03:35,916 --> 00:03:38,333 Onde están esas ratas, logo? 77 00:03:38,416 --> 00:03:43,000 A verba "ratas" saíulle cun son doce, coma se fixese gargarexos con manteiga. 78 00:03:43,083 --> 00:03:44,666 No palleiro, aí en fronte. 79 00:03:44,750 --> 00:03:47,125 - Dentro non? - Non, só no palleiro. 80 00:03:47,208 --> 00:03:51,625 Aposto a que as hai dentro, remexendo na comida e espallando enfermidades. 81 00:03:51,708 --> 00:03:54,916 - Hai enfermidades aquí? - Miroume a min, logo a Claud. 82 00:03:55,000 --> 00:03:56,708 - Estamos todos ben. - Seguro? 83 00:03:56,791 --> 00:03:58,375 - Seguro. - Nunca se sabe. 84 00:03:58,458 --> 00:04:01,083 Falaba coma un funcionario de Sanidade, 85 00:04:01,166 --> 00:04:03,958 decepcionado porque non tiñamos peste bubónica. 86 00:04:04,041 --> 00:04:07,500 As ratas están no palleiro. Como as vai eliminar? 87 00:04:08,083 --> 00:04:10,000 O cazarratas sorriu, renarte. 88 00:04:10,083 --> 00:04:14,750 Meteu a man no macuto e sacou unha lata, sopesándoa nas mans mentres falaba. 89 00:04:14,833 --> 00:04:17,291 Veleno. Veleno especial. Veleno mortal. 90 00:04:17,375 --> 00:04:21,125 Irían ao cárcere seis meses se os collen cunha cullerada disto. 91 00:04:21,208 --> 00:04:23,375 Chega para matar un millón de homes. 92 00:04:23,458 --> 00:04:24,750 - Queren ver? - Si. 93 00:04:24,833 --> 00:04:27,000 Sacou un penique e abriu a tapa. 94 00:04:27,083 --> 00:04:28,000 Aquí está. 95 00:04:28,083 --> 00:04:31,583 Falou con afecto daquilo e ensinoullo a Claud. 96 00:04:31,666 --> 00:04:33,208 É millo ou orxo? 97 00:04:33,291 --> 00:04:35,791 Avea mollada con veleno mortal. 98 00:04:35,875 --> 00:04:39,416 Se metes un gran na boca, morres en tres minutos. 99 00:04:39,500 --> 00:04:41,541 Non podo perder de vista a lata. 100 00:04:41,625 --> 00:04:43,958 Acariciou a lata e sacudiuna. 101 00:04:44,875 --> 00:04:47,083 Os grans de avea batéronse dentro. 102 00:04:47,166 --> 00:04:50,458 Hoxe non llelo damos, porque as ratas non o comerían. 103 00:04:50,541 --> 00:04:54,833 Hai que coñecelas. Son moi desconfiadas. 104 00:04:54,916 --> 00:04:59,375 Hoxe dáselle avea limpa e sabedeira para que non lles faga mal. 105 00:04:59,458 --> 00:05:02,208 Só para engordalas, e mañá o mesmo. 106 00:05:02,291 --> 00:05:04,666 E pasado mañá e mais o día despois. 107 00:05:04,750 --> 00:05:09,166 Gustaralles tanto que axiña virán todas as ratas do distrito. 108 00:05:09,250 --> 00:05:10,083 Moi listo. 109 00:05:10,166 --> 00:05:13,041 Hai que ser listo, máis listo ca as ratas. 110 00:05:13,125 --> 00:05:14,583 Que xa é dicir. 111 00:05:14,666 --> 00:05:16,791 "Case ten que ser unha rata", dixen. 112 00:05:16,875 --> 00:05:21,416 Escapoume, non o puiden evitar. Estaba mirando para el. 113 00:05:21,500 --> 00:05:23,208 Causoulle un grande efecto. 114 00:05:23,291 --> 00:05:24,375 - Xusto! - …berrou. 115 00:05:24,458 --> 00:05:26,500 Vostede entendeuno. Aí falou. 116 00:05:26,583 --> 00:05:29,541 Un bo cazarratas ten que parecerse a unha rata. 117 00:05:29,625 --> 00:05:33,791 Ser aínda máis listo ca unha rata, e iso non é doado. 118 00:05:34,791 --> 00:05:36,291 Veña, vamos. Teño présa. 119 00:05:36,375 --> 00:05:39,583 Leonora Benson chamoume ao pazo con urxencia. 120 00:05:39,666 --> 00:05:40,750 Tamén ten ratas? 121 00:05:40,833 --> 00:05:42,291 Todo o mundo ten ratas. 122 00:05:42,791 --> 00:05:45,125 O cazarratas foi cara á entrada. 123 00:05:45,208 --> 00:05:48,041 O seu andar parecíase moito ao dunha rata. 124 00:05:48,125 --> 00:05:51,625 Ese andar lento, suave, torcendo moito os xeonllos, 125 00:05:51,708 --> 00:05:54,166 sen faceren ruído na grava os seus pasos. 126 00:05:54,708 --> 00:05:57,833 Saltou a cancela e deu unha volta arredor do palleiro, 127 00:05:57,916 --> 00:06:00,041 ciscando mandas de avea polo chan. 128 00:06:00,541 --> 00:06:03,125 Ao día seguinte volveu e fixo o mesmo. 129 00:06:03,208 --> 00:06:06,083 O día despois volveu vir, e o seguinte tamén. 130 00:06:06,166 --> 00:06:09,500 Finalmente, no cuarto día, botou a avea envelenada. 131 00:06:09,583 --> 00:06:12,958 Pero non a ciscou, senón que a puxo en moreas 132 00:06:13,041 --> 00:06:14,458 arredor do palleiro. 133 00:06:17,375 --> 00:06:19,125 - Teñen can? - Si. 134 00:06:19,208 --> 00:06:23,000 Se queren que morra unha morte horrible, ábranlle a cancela. 135 00:06:23,083 --> 00:06:25,166 Ao outro día, veu coller os mortos. 136 00:06:25,250 --> 00:06:28,083 Déixenme un saco vello para metelos. 137 00:06:28,166 --> 00:06:31,541 Estaba todo gabancioso, os ollos brillábanlle de orgullo. 138 00:06:31,625 --> 00:06:35,041 Íalle mostrar ao público os resultados da captura. 139 00:06:35,125 --> 00:06:37,916 Claud colleu un saco e cruzamos o camiño. 140 00:06:38,000 --> 00:06:42,500 El andaba arredor do palleiro. Abaixouse para mirar unha morea de veleno. 141 00:06:42,583 --> 00:06:44,458 - Fallou algo. - …murmurou. 142 00:06:44,541 --> 00:06:46,125 Tiña voz suave e cabreada. 143 00:06:46,208 --> 00:06:49,541 Axeonllouse diante doutra morea para examinala. 144 00:06:49,625 --> 00:06:52,041 - Algo fallou, carallo. - Que pasou? 145 00:06:52,125 --> 00:06:55,208 Non contestou, pero as ratas non tocaran o cebo. 146 00:06:55,291 --> 00:06:57,416 "Estas ratas son moi listas", dixen. 147 00:06:57,500 --> 00:07:00,708 O home estaba cabreado, notábaselle na cara, no nariz 148 00:07:00,791 --> 00:07:04,125 e en que cravaba os dentes amarelos no labio inferior. 149 00:07:04,208 --> 00:07:06,750 - Déixese de caralladas. - …dixo, mirándome. 150 00:07:06,833 --> 00:07:09,708 O que pasa é que alguén lles dá de comer. 151 00:07:09,791 --> 00:07:12,541 Teñen comida rica en algures, e moita. 152 00:07:12,625 --> 00:07:16,708 As ratas non rexeitan a avea, non sendo que estean ben fartas. 153 00:07:16,791 --> 00:07:18,500 O home deu a volta, calado. 154 00:07:18,583 --> 00:07:22,000 Comezou a coller a avea envelenada cunha pa 155 00:07:22,083 --> 00:07:24,291 e meteuna nunha lata. 156 00:07:24,375 --> 00:07:27,500 Ao acabar, os tres volvemos cruzar o camiño. 157 00:07:29,083 --> 00:07:32,958 O cazarratas estaba onda o surtidor, triste e derrotado. 158 00:07:33,041 --> 00:07:35,625 O súa cara colleu aspecto taciturno. 159 00:07:35,708 --> 00:07:39,500 Encerrouse en si polo fracaso, cos ollos agachados e rabiosos, 160 00:07:39,583 --> 00:07:42,791 sacando a lingua a un lado dos dentes amarelos. 161 00:07:42,875 --> 00:07:46,166 Botoume unha mirada furtiva e logo outra a Claud. 162 00:07:46,250 --> 00:07:48,208 Moveu o nariz para cheirar o ar. 163 00:07:48,291 --> 00:07:51,291 Púxose na punta dos pés, balanceándose, 164 00:07:51,375 --> 00:07:53,916 e, con ton suave e confidencial, dixo: 165 00:07:54,000 --> 00:07:55,375 Queren ver algo? 166 00:07:55,458 --> 00:07:57,708 Quería recuperar a súa reputación. 167 00:07:57,791 --> 00:07:59,833 - Que? - Queren ver algo asombroso? 168 00:07:59,916 --> 00:08:03,000 Meteu a man dereita no peto de fóra da chaqueta 169 00:08:03,083 --> 00:08:06,625 e sacou unha rata viva grande, que agarraba ben cos dedos. 170 00:08:06,708 --> 00:08:07,625 Carafio! 171 00:08:08,291 --> 00:08:09,250 Ven? 172 00:08:09,333 --> 00:08:12,000 Abaixouse un pouco e estirou o pescozo, 173 00:08:12,083 --> 00:08:15,125 mirándonos lascivamente coa enorme rata na man, 174 00:08:15,208 --> 00:08:18,208 agarrándoa polo pescozo co polgar e outro dedo, 175 00:08:18,291 --> 00:08:20,500 trincándoa ben para que non mordese. 176 00:08:20,583 --> 00:08:22,416 Sempre leva ratas no peto? 177 00:08:22,500 --> 00:08:24,458 Sempre levo unha ou dúas encima. 178 00:08:24,541 --> 00:08:28,083 Meteu a outra man no peto e sacou algo pequeno e branco. 179 00:08:28,166 --> 00:08:30,791 - É un furón? - O cazarratas sorriu e bisbou. 180 00:08:30,875 --> 00:08:33,416 O furón parecía coñecelo e non se moveu. 181 00:08:33,500 --> 00:08:35,875 Nada mata ratas máis axiña ca o furón. 182 00:08:35,958 --> 00:08:38,375 Tiña os dous animais preto diante del. 183 00:08:38,458 --> 00:08:41,708 O nariz do furón estaba a 15 cm da cara da rata. 184 00:08:41,791 --> 00:08:44,375 Os ollos brillantes do furón miraban a rata. 185 00:08:44,458 --> 00:08:47,000 A rata tentaba arredarse do asasino. 186 00:08:47,083 --> 00:08:48,208 - E agora… - …dixo. 187 00:08:48,291 --> 00:08:49,125 …miren. 188 00:08:51,291 --> 00:08:53,208 Tiña a camisa caqui desabotoada. 189 00:08:53,291 --> 00:08:56,791 Colleu a rata e meteuna por dentro, pegada á pel. 190 00:08:56,875 --> 00:08:59,708 O cinto non a deixaba baixar da cintura. 191 00:08:59,791 --> 00:09:01,416 Logo meteu o furón. 192 00:09:01,500 --> 00:09:04,333 De súpeto, armouse un rebumbio debaixo da camisa. 193 00:09:04,416 --> 00:09:07,958 A rata corría arredor do corpo e o furón seguíaa. 194 00:09:08,041 --> 00:09:12,000 Deron seis ou sete voltas, o vulto pequeno seguindo o grande, 195 00:09:12,083 --> 00:09:15,083 achegándoselle cada vez máis, 196 00:09:15,166 --> 00:09:17,708 ata xuntárense os dous vultos. 197 00:09:17,791 --> 00:09:20,750 Houbo pelexa e uns berros estridentes. 198 00:09:20,833 --> 00:09:23,750 Mentres pasaba isto, o cazarratas estivo inmóbil, 199 00:09:23,833 --> 00:09:29,333 coas pernas separadas, os brazos colgados e os ollos mirando a cara tesa de Claud. 200 00:09:30,125 --> 00:09:33,750 Logo, meteu a man debaixo da camisa 201 00:09:33,833 --> 00:09:35,125 e sacou o furón. 202 00:09:35,625 --> 00:09:37,583 Coa outra, sacou a rata morta. 203 00:09:38,083 --> 00:09:40,958 Había restos de sangue no fociño do furón. 204 00:09:42,500 --> 00:09:44,791 "Non me deu moito gusto iso", dixen. 205 00:09:44,875 --> 00:09:47,375 Aposto a que nunca viron nada así antes. 206 00:09:47,875 --> 00:09:48,791 Pois non. 207 00:09:49,291 --> 00:09:52,000 Un día vano morder na barriga. 208 00:09:52,083 --> 00:09:56,000 …díxolle Claud, pero estaba intrigado, e o cazarratas púxose chulo. 209 00:09:56,083 --> 00:09:58,041 Queren ver algo máis asombroso? 210 00:09:58,125 --> 00:10:01,208 Algo que non crerían se non o visen cos seus ollos? 211 00:10:01,291 --> 00:10:03,833 Mirei a Claude con moita desconfianza. 212 00:10:05,958 --> 00:10:06,791 Si. 213 00:10:07,458 --> 00:10:10,958 O cazarratas meteu a rata nun peto e o furón noutro. 214 00:10:11,041 --> 00:10:14,916 Logo meteu a man no macuto e sacou outra rata viva. 215 00:10:15,000 --> 00:10:15,833 Carafio! 216 00:10:15,916 --> 00:10:18,416 Sempre levo unha ou dúas ratas encima. 217 00:10:18,500 --> 00:10:20,041 Hai que coñecer as ratas. 218 00:10:20,125 --> 00:10:22,708 E, para coñecelas, hai que telas preto. 219 00:10:22,791 --> 00:10:26,416 Esta é de sumidoiro. Vella e lista coma un allo. 220 00:10:26,500 --> 00:10:29,916 Ven como me mira seguido, adiviñando que vou facer? 221 00:10:30,000 --> 00:10:31,500 - Ven? - Moi desagradable. 222 00:10:31,583 --> 00:10:32,916 Que vai facer? 223 00:10:33,000 --> 00:10:36,166 Esta demostración íame gustar menos aínda. 224 00:10:36,250 --> 00:10:39,291 - Pásenme un cordel. - Claud pasoullo. 225 00:10:39,375 --> 00:10:41,791 O cazarratas atoulle unha pata traseira. 226 00:10:41,875 --> 00:10:44,250 A rata remexeuse, pero el agarrouna ben. 227 00:10:44,791 --> 00:10:46,291 Teñen unha mesa dentro? 228 00:10:46,375 --> 00:10:48,416 Non queremos a rata dentro. 229 00:10:48,500 --> 00:10:50,833 Cómpreme unha mesa ou algo chan. 230 00:10:50,916 --> 00:10:54,125 Fomos ao surtidor e o cazarratas puxo a rata encima. 231 00:10:54,208 --> 00:10:57,708 Atou o cordel a un poste para amarrar a rata. 232 00:10:57,791 --> 00:11:00,291 Ela encolleuse, inmóbil e desconfiada, 233 00:11:00,375 --> 00:11:02,583 unha gran rata gris con ollos negros 234 00:11:02,666 --> 00:11:06,166 e rabo con escamas, enroscado sobre a superficie metálica. 235 00:11:06,250 --> 00:11:10,416 Miraba o cazarratas de esguello para ver que ía facer. 236 00:11:10,500 --> 00:11:14,166 O cazarratas arredouse uns pasos e a rata relaxouse ao momento. 237 00:11:14,250 --> 00:11:15,625 Sentou nas ancas 238 00:11:15,708 --> 00:11:17,958 e lambeu a pel gris do peito. 239 00:11:18,041 --> 00:11:20,583 Logo rañou o fociño coas garras de diante. 240 00:11:20,666 --> 00:11:23,875 Semellaba despreocupada dos homes que estaban alí. 241 00:11:23,958 --> 00:11:26,333 - Apostamos algo? - …dixo o cazarratas. 242 00:11:26,416 --> 00:11:27,916 "Non, grazas", dixen eu. 243 00:11:28,000 --> 00:11:31,208 - É máis divertido se se aposta. - A que quere apostar? 244 00:11:31,291 --> 00:11:34,250 Apóstolles a que mato esa rata sen usar as mans. 245 00:11:34,333 --> 00:11:36,625 Métoas no peto e non as uso. 246 00:11:36,708 --> 00:11:39,291 Estaba claro que el quería gañar cartos. 247 00:11:39,375 --> 00:11:42,833 Mirei á rata que ía morrer e empecei a sentirme mareado. 248 00:11:42,916 --> 00:11:44,708 Non porque a fose matar, 249 00:11:44,791 --> 00:11:47,208 senón pola maneira en que a ía matar, 250 00:11:47,291 --> 00:11:49,375 cun entusiasmo considerable. 251 00:11:49,458 --> 00:11:51,208 - Daralle patadas. - Non. 252 00:11:51,291 --> 00:11:54,000 - Cos brazos? - Nin brazos nin pernas nin mans. 253 00:11:54,083 --> 00:11:55,458 - Sentarase nela. - Non. 254 00:11:55,541 --> 00:11:57,708 - A ver, logo. - Aposten unha libra. 255 00:11:57,791 --> 00:11:59,500 Polo carallo. Por que? 256 00:11:59,583 --> 00:12:01,291 - Canto apostaría? - Cero. 257 00:12:01,375 --> 00:12:02,750 Vale. Entón, nada. 258 00:12:03,250 --> 00:12:05,625 - Fixo que ía ceibala. - Aposto un xilin. 259 00:12:05,708 --> 00:12:07,666 A sensación de mareo aumentaba, 260 00:12:07,750 --> 00:12:10,375 pero isto tiña unha inexplicable atracción. 261 00:12:10,458 --> 00:12:12,875 Eu era incapaz de marchar ou de moverme. 262 00:12:12,958 --> 00:12:14,041 - Vostede tamén? - Non. 263 00:12:14,125 --> 00:12:15,708 Quere que o faga por iso? 264 00:12:15,791 --> 00:12:17,791 - Eu non quero. - U-los cartos? 265 00:12:17,875 --> 00:12:19,625 Claud puxo un xilin. 266 00:12:19,708 --> 00:12:22,541 O cazarratas puxo dúas moedas de seis peniques. 267 00:12:22,625 --> 00:12:23,458 Feito. 268 00:12:23,541 --> 00:12:24,750 Nós arredamos. 269 00:12:24,833 --> 00:12:27,250 El achegouse, meteu as mans no peto 270 00:12:27,333 --> 00:12:29,916 e inclinou o corpo cara á rata. 271 00:12:30,000 --> 00:12:34,333 A rata encolleuse, asustada. Parecía que ía saltar á cara do cazarratas, 272 00:12:34,416 --> 00:12:38,500 pero empezou a cear atrás, arrastrando amodo o corpo, encollida, 273 00:12:38,583 --> 00:12:40,791 ata que o cordel da pata se tensou. 274 00:12:40,875 --> 00:12:45,625 Inclinouse máis cara á rata, seguíndoa cos ollos adiante e atrás. De súpeto… 275 00:12:45,708 --> 00:12:48,291 - Ela asustouse. - …e saltou polo aire. 276 00:12:51,208 --> 00:12:54,875 Quedou colgada do cordel, debeu derrancar a perna do tirón. 277 00:12:54,958 --> 00:12:58,333 Encolleuse no lateral do surtidor, no cabo do cordel, 278 00:12:58,416 --> 00:13:01,416 cos bigotes tremendo e o corpo longo teso co medo. 279 00:13:01,500 --> 00:13:04,750 Logo, o cazarratas comezou a mover a cara moi amodo, 280 00:13:04,833 --> 00:13:05,958 achegándose a ela. 281 00:13:06,041 --> 00:13:09,166 Eu quería berrarlle que parase, pero non daba falado. 282 00:13:09,250 --> 00:13:12,750 Ía pasar algo moi desagradable, diso estaba seguro. 283 00:13:12,833 --> 00:13:16,291 Algo sinistro e cruel, pero agora tiña que velo. 284 00:13:16,875 --> 00:13:19,666 Había menos dun palmo entre as dúas caras. 285 00:13:19,750 --> 00:13:22,458 A rata encolleuse, tensa e aterrorizada. 286 00:13:22,541 --> 00:13:23,916 El tamén estaba tenso, 287 00:13:24,000 --> 00:13:27,291 pero cunha tensión activa, coma un resorte aprisionado. 288 00:13:27,375 --> 00:13:30,125 Debuxóuselle un sorriso nos beizos. 289 00:13:30,208 --> 00:13:32,041 Logo, de súpeto, atacou, 290 00:13:32,125 --> 00:13:33,166 coma unha cobra, 291 00:13:33,250 --> 00:13:36,000 cun movemento da cabeza, rápido coma unha coitelada… 292 00:13:36,083 --> 00:13:38,125 …que saía dos músculos inferiores… 293 00:13:38,208 --> 00:13:40,750 …e eu albisquei a súa boca aberta de todo… 294 00:13:40,833 --> 00:13:41,875 …e dous dentes… 295 00:13:41,958 --> 00:13:44,625 …e a cara desfigurada coa boca aberta. 296 00:13:45,958 --> 00:13:47,875 Non quixen ver máis. 297 00:13:47,958 --> 00:13:51,416 Pechei os ollos e, cando os abrín, a rata estaba morta. 298 00:13:51,500 --> 00:13:54,041 O cazarratas meteu os cartos no peto 299 00:13:54,125 --> 00:13:55,833 e cuspiu para lavar a boca. 300 00:13:57,916 --> 00:13:59,875 Con iso é co que fan a regalicia. 301 00:13:59,958 --> 00:14:03,875 As fábricas de chocolate usan sangue de rata para facer regalicia. 302 00:14:03,958 --> 00:14:06,083 O sangue de rata non ten mal ningún. 303 00:14:08,791 --> 00:14:10,541 Vostede é repugnante. 304 00:14:10,625 --> 00:14:13,125 Pero vostede comeuno moitas veces. 305 00:14:13,208 --> 00:14:16,250 As regalicias fanse con sangue de rata. 306 00:14:16,333 --> 00:14:18,458 Non nos conte máis nada, grazas. 307 00:14:18,541 --> 00:14:21,291 Férveno en caldeiras, a burbullar e fumegar, 308 00:14:21,375 --> 00:14:23,416 que remexen homes con paus longos. 309 00:14:23,500 --> 00:14:25,958 É un segredo das fábricas de chocolate 310 00:14:26,041 --> 00:14:29,875 e ninguén o sabe, agás os cazarratas que fornecen o produto. 311 00:14:29,958 --> 00:14:32,375 Notou que os espectadores non o seguían. 312 00:14:32,458 --> 00:14:35,708 Notábasenos a hostilidade, repugnancia e enfado na cara. 313 00:14:36,708 --> 00:14:39,458 Parou e deu a volta sen dicir nada máis. 314 00:14:39,541 --> 00:14:43,708 Mirámolo marchar cara á estrada co seu andar lento, delicado e pausado. 315 00:14:44,208 --> 00:14:47,000 Os seus pasos non se oían, nin sequera na grava. 316 00:15:00,375 --> 00:15:01,208 Que raro! 317 00:15:02,083 --> 00:15:04,416 As ratas non comeron a avea envelenada. 318 00:15:05,375 --> 00:15:09,375 Debe haber algo nutritivo no palleiro. 319 00:15:25,750 --> 00:15:29,125 A finais dos 40, Dahl viviu en Wisteria Cottage, Amersham, 320 00:15:29,208 --> 00:15:30,958 onde escribiu Claud's Dog, 321 00:15:31,041 --> 00:15:34,791 unha colección de contos breves inspirados na vida desta zona. 322 00:15:34,875 --> 00:15:36,666 The Ratcatcher é un deles. 323 00:16:38,708 --> 00:16:43,708 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa