1 00:00:06,090 --> 00:00:08,592 ANTERIORMENTE EN SPIDER-NOIR 2 00:00:08,968 --> 00:00:12,137 Alguén lle mandou a Addison queimarme a casa. 3 00:00:12,138 --> 00:00:13,596 Quero que descubras quen. 4 00:00:13,597 --> 00:00:14,806 É Cat Hardy. 5 00:00:14,807 --> 00:00:17,851 Se sabe que é ela, acabará con ela. 6 00:00:17,852 --> 00:00:19,853 Só os cartos din a verdade. 7 00:00:19,854 --> 00:00:22,480 O mamón é agudo e marca os seus billetes. 8 00:00:22,481 --> 00:00:25,483 Tanto ten que te contrate Silvermane. Vou atopar a toupa. 9 00:00:25,484 --> 00:00:27,111 Vamos, Gio. 10 00:00:29,572 --> 00:00:31,197 Eu vin a este nas chabolas. 11 00:00:31,198 --> 00:00:34,368 Coñece a Addison e a Flint Marko. Será casualidade? 12 00:00:37,788 --> 00:00:40,415 O crime está desatado. A cidade quere orde. 13 00:00:40,416 --> 00:00:41,958 Póñame en contacto coa Araña. 14 00:00:41,959 --> 00:00:44,628 Se me queres, marcharemos xuntos agora. 15 00:00:45,379 --> 00:00:46,546 Non podo evitalo. 16 00:00:46,547 --> 00:00:49,799 Estou farta de que me digan quen son e que facer. 17 00:00:49,800 --> 00:00:51,886 Aquí estás. 18 00:00:53,262 --> 00:00:54,721 Ves que marco os billetes? 19 00:00:54,722 --> 00:00:56,765 Sabes onde marco os teus? 20 00:00:56,766 --> 00:00:58,851 Fillo de puta. Tendeume unha trampa. 21 00:00:59,685 --> 00:01:01,020 Voute esnaquizar… 22 00:01:02,521 --> 00:01:04,106 Necesitamos outra tumba. 23 00:01:11,989 --> 00:01:14,908 Non hai onde agocharse 24 00:01:14,909 --> 00:01:19,579 cando os ollos endiañados del 25 00:01:19,580 --> 00:01:24,375 comezan a sorrir. 26 00:01:24,376 --> 00:01:29,465 Comezan a sorrir. 27 00:01:30,591 --> 00:01:33,468 Esa clase de noites 28 00:01:33,469 --> 00:01:38,348 parecen incitar, sutilmente, 29 00:01:38,349 --> 00:01:41,894 a chorar. 30 00:01:42,978 --> 00:01:46,648 Un silencio enxordecedor… 31 00:01:46,649 --> 00:01:48,650 Winston era un asasino desapiadado. 32 00:01:48,651 --> 00:01:52,737 Unha arma útil no meu arsenal, pero perfectamente substituíble. 33 00:01:52,738 --> 00:01:54,740 E o mesmo con Gio. 34 00:01:59,245 --> 00:02:02,080 Que é peor, 35 00:02:02,081 --> 00:02:04,499 o frío 36 00:02:04,500 --> 00:02:08,503 ou o demo que coñeces…? 37 00:02:08,504 --> 00:02:11,298 Era arriscado non contarme os teus plans. 38 00:02:11,799 --> 00:02:14,385 Unha xogada intelixente, de principio a fin. 39 00:02:15,719 --> 00:02:17,220 Estasme atendendo? 40 00:02:17,221 --> 00:02:19,139 Intento facerche un cumprimento. 41 00:02:22,935 --> 00:02:24,727 Fixeches un bo traballo. 42 00:02:24,728 --> 00:02:26,187 Intelixente. 43 00:02:26,188 --> 00:02:27,439 Paciente. 44 00:02:29,567 --> 00:02:31,777 Interésame ter a alguén coma ti. 45 00:02:32,236 --> 00:02:34,530 Non me apaixona o teu plan de xubilación. 46 00:02:36,365 --> 00:02:37,741 Es algo lingoreteiro. 47 00:02:40,578 --> 00:02:42,538 Poderías acabar morto por iso. 48 00:02:48,919 --> 00:02:52,630 Non hai onde agacharse cando… 49 00:02:52,631 --> 00:02:55,092 Mañá falarei co xefe de policía. 50 00:02:55,634 --> 00:02:57,136 Tamén o tes comprado? 51 00:02:58,387 --> 00:03:00,764 Por que fai redadas nos teus envíos de alcol? 52 00:03:01,515 --> 00:03:02,725 Exactamente. 53 00:03:05,102 --> 00:03:11,692 O demo que coñeces. 54 00:03:19,783 --> 00:03:21,285 Non se lle dá mal. 55 00:03:22,369 --> 00:03:23,495 Marabillosa, Cat. 56 00:03:25,164 --> 00:03:27,291 Sería unha pena ter que matala. 57 00:03:30,294 --> 00:03:31,377 Fermosa canción. 58 00:03:31,378 --> 00:03:32,503 Escribíchela ti? 59 00:03:32,504 --> 00:03:33,546 Si. 60 00:03:33,547 --> 00:03:36,841 Elixe cancións rechamantes. Non estamos de celebración? 61 00:03:36,842 --> 00:03:38,343 Por matar xente? 62 00:03:38,344 --> 00:03:42,013 Un par de toupas tentaron facerte acabar baixo terra. 63 00:03:42,014 --> 00:03:43,390 Reilly salvoute diso. 64 00:03:44,475 --> 00:03:45,601 Brindarei por iso. 65 00:03:47,353 --> 00:03:50,480 Houbeches matarme. Non te arrepintes? 66 00:03:50,481 --> 00:03:51,898 Non me obsesiona. 67 00:03:51,899 --> 00:03:53,108 Quizais debería. 68 00:03:53,943 --> 00:03:56,194 Vai sendo tarde. 69 00:03:56,195 --> 00:03:57,946 Non, nin de broma. 70 00:03:57,947 --> 00:03:59,573 Ti e eu imos beber hoxe. 71 00:04:00,282 --> 00:04:02,450 Sé boíña e trae Yellow Spot. 72 00:04:02,451 --> 00:04:05,663 Vaiche gustar ese whisky. Imos coller unha boa. 73 00:05:39,173 --> 00:05:41,550 {\an8}BASEADO EN MARVEL COMICS 74 00:05:56,482 --> 00:06:00,235 Asegúrelle que o Sr. Reilly devolverá a chamada canto antes. 75 00:06:00,736 --> 00:06:04,073 Si, engadireina ás mensaxes anteriores. 76 00:06:05,032 --> 00:06:07,242 {\an8}URXENTE - CHAMAR AO ALCALDE PRIORITARIO 77 00:06:09,078 --> 00:06:10,287 O alcalde de novo? 78 00:06:10,829 --> 00:06:12,664 Sabe a que Ben Reilly chama? 79 00:06:16,585 --> 00:06:17,836 Cago no demo! 80 00:06:21,757 --> 00:06:23,133 Este está fatal. 81 00:06:24,718 --> 00:06:26,261 Vállame Deus! 82 00:06:30,557 --> 00:06:32,017 Vaites! Eu… 83 00:06:32,726 --> 00:06:33,727 De acordo. 84 00:06:41,026 --> 00:06:45,364 Dicide o que queirades de Silvermane, pero admiro o físico que ten. 85 00:06:45,906 --> 00:06:47,406 Ten aguante bebendo. 86 00:06:47,407 --> 00:06:50,118 Seica Lonnie está en Harlem, así que irei alí 87 00:06:50,119 --> 00:06:52,578 arranxar o da merda de artigo no Bugle… 88 00:06:52,579 --> 00:06:53,704 Revoltos. 89 00:06:53,705 --> 00:06:54,872 Desculpa? 90 00:06:54,873 --> 00:06:57,041 Quero ovos revoltos, 91 00:06:57,042 --> 00:07:02,130 salchichas e unha galleta. 92 00:07:02,131 --> 00:07:05,050 Se é un soño, bota tamén salsa, Sr. Rico. 93 00:07:09,346 --> 00:07:11,347 A cona! 94 00:07:11,348 --> 00:07:12,807 Non vou nin preguntar. 95 00:07:12,808 --> 00:07:14,433 Quizais é o máis acertado. 96 00:07:14,434 --> 00:07:16,269 Por favor. Preciso comida. 97 00:07:16,270 --> 00:07:17,521 Antes fala co alcalde. 98 00:07:18,856 --> 00:07:21,482 - Deus. - Eu vou ir buscar a Lonnie. 99 00:07:21,483 --> 00:07:25,445 Avísame de como vai a cousa en Harlem. 100 00:07:30,617 --> 00:07:31,618 Quen son? 101 00:07:33,203 --> 00:07:34,371 Así es ti. 102 00:07:48,760 --> 00:07:52,806 {\an8}OS MONSTROS ATACAN 103 00:08:29,843 --> 00:08:30,928 Dormes ben, ou? 104 00:08:31,762 --> 00:08:33,012 Coma un bebé. 105 00:08:33,013 --> 00:08:34,597 Por que o preguntas? 106 00:08:34,598 --> 00:08:36,808 Non pode un preguntar pola súa favorita? 107 00:08:43,315 --> 00:08:47,194 O certo é que pasei a noite esperto. Demasiada adrenalina onte. 108 00:08:49,988 --> 00:08:51,864 Quizais non fun o único. 109 00:08:51,865 --> 00:08:53,366 Que estampaches aí? 110 00:08:53,367 --> 00:08:56,494 O puño. A cabeza. O busto de César. 111 00:08:56,495 --> 00:08:58,080 Que importa? 112 00:09:04,711 --> 00:09:06,088 Non podes arrefriar. 113 00:09:07,005 --> 00:09:09,216 Se quedas sen voz, perdes unha actuación. 114 00:09:09,925 --> 00:09:11,927 Non perdín ningunha en sete anos. 115 00:09:13,345 --> 00:09:15,681 Case perdes unha onte á noite, non? 116 00:09:16,431 --> 00:09:20,351 Se tes algo que dicir, dío. É cedo para indirectas. 117 00:09:20,352 --> 00:09:21,645 Van directas, logo. 118 00:09:24,940 --> 00:09:25,941 Winston era a toupa. 119 00:09:27,734 --> 00:09:30,404 Pero non sei que facías na estación de tren. 120 00:09:39,246 --> 00:09:40,663 Pregúntalle a Winston. 121 00:09:40,664 --> 00:09:42,081 Non podo. 122 00:09:42,082 --> 00:09:43,165 E por que non? 123 00:09:43,166 --> 00:09:44,959 Metinlle unha bala no peito. 124 00:09:44,960 --> 00:09:47,296 E se o detective dixese que son eu a toupa? 125 00:09:47,796 --> 00:09:49,256 Meteríache a bala a ti. 126 00:09:50,799 --> 00:09:52,259 Aí tes a túa resposta. 127 00:09:55,470 --> 00:09:56,763 Non é unha resposta. 128 00:09:58,056 --> 00:09:59,474 E non é a verdade. 129 00:10:01,727 --> 00:10:04,312 A verdade é que eu estaba aterrorizada. 130 00:10:04,313 --> 00:10:06,814 Non por culpable. Porque ti estabas trastornado. 131 00:10:06,815 --> 00:10:10,610 Querías atacar e sentirte invulnerable. 132 00:10:11,945 --> 00:10:13,530 Deches no cravo. Aí falas. 133 00:10:15,198 --> 00:10:16,867 E ti con Reilly na estación? 134 00:10:17,576 --> 00:10:19,577 Non estaba comigo. 135 00:10:19,578 --> 00:10:22,456 Estábame vixiando por ti. 136 00:10:23,332 --> 00:10:25,249 Sabería que Winston era a toupa 137 00:10:25,250 --> 00:10:27,544 e pensou que eu tiña relación porque fuxía. 138 00:10:28,628 --> 00:10:31,923 Non soubo que non tiña tal ata que Winston tentou incriminarme. 139 00:10:37,637 --> 00:10:38,638 Ben. 140 00:10:41,683 --> 00:10:46,645 Reilly foi listo de non confiar e de non caer en favoritismos. 141 00:10:46,646 --> 00:10:48,940 Se é tan listo, como non o contratas? 142 00:10:49,900 --> 00:10:52,652 Tenteino. Foi listo para dicir que non. 143 00:10:55,155 --> 00:10:56,198 Alédame a túa volta. 144 00:10:56,740 --> 00:10:58,241 Non hai mellor sitio. 145 00:11:00,452 --> 00:11:01,328 Ben, rapaciña. 146 00:11:08,126 --> 00:11:10,420 Ves? Sabía que podías facelo. 147 00:11:17,886 --> 00:11:21,347 - O escritorio abanea. - Xa o sei. Concéntrate. 148 00:11:21,348 --> 00:11:23,265 Como me vou concentrar así? 149 00:11:23,266 --> 00:11:25,519 Levo tres días coa mesma pregunta. 150 00:11:27,479 --> 00:11:29,898 Non sei cantas veces lle teño que dicir… 151 00:11:30,941 --> 00:11:32,483 Síntoo moito. 152 00:11:32,484 --> 00:11:34,820 Si, Investigacións Reilly. Quen chama? 153 00:11:36,279 --> 00:11:38,280 Ola, Sra. Hardy. 154 00:11:38,281 --> 00:11:41,284 O Sr. Reilly non está agora. Déixolle unha mensaxe? 155 00:11:44,830 --> 00:11:45,747 Si. 156 00:11:46,832 --> 00:11:49,334 Ás 15:00 no Calypso. 157 00:11:49,793 --> 00:11:51,086 Si, xa o aviso. 158 00:11:52,379 --> 00:11:53,796 Acabou a clase. 159 00:11:53,797 --> 00:11:54,965 - Si. - Dállo a Ben. 160 00:11:58,927 --> 00:12:00,137 Aínda non rematamos! 161 00:12:03,390 --> 00:12:07,143 Oh, Johnny Cave, claro. Un gran tipo. 162 00:12:07,144 --> 00:12:09,812 - Díxomo así el mesmo. - Ti non dubidas, ou? 163 00:12:09,813 --> 00:12:11,272 Mesmo lugar. Ás 12:30. 164 00:12:11,273 --> 00:12:12,648 - E puntual! - E puntual! 165 00:12:12,649 --> 00:12:13,483 Tarde, eu? 166 00:12:13,608 --> 00:12:15,776 Vaia, ho! Arre demo. 167 00:12:15,777 --> 00:12:16,986 De que falas? 168 00:12:16,987 --> 00:12:18,904 Adoito ser eu a que espera 169 00:12:18,905 --> 00:12:20,364 20 minutos a que aparezas. 170 00:12:20,365 --> 00:12:22,533 - De acordo. - De acordo. 171 00:12:22,534 --> 00:12:23,993 Pero xa me oíches. 172 00:12:23,994 --> 00:12:25,453 - E puntual. - E puntual. 173 00:12:25,454 --> 00:12:26,496 Que significa iso? 174 00:12:34,588 --> 00:12:35,630 - Queima. - Queima. 175 00:13:01,823 --> 00:13:03,073 Non. 176 00:13:03,074 --> 00:13:04,367 Ben, son eu. Abre. 177 00:13:06,703 --> 00:13:09,539 - Estou durmindo. - Logo por que falas? 178 00:13:10,540 --> 00:13:13,292 Oíchesme? Se dormes, por que falas? 179 00:13:13,293 --> 00:13:14,376 Que? 180 00:13:14,377 --> 00:13:17,129 A cantante deixou unha mensaxe importante. 181 00:13:17,130 --> 00:13:18,507 Marchei antes da clase. 182 00:13:20,091 --> 00:13:21,635 Espertou! 183 00:13:23,595 --> 00:13:24,970 Mellor marcho correndo. 184 00:13:24,971 --> 00:13:26,139 - Si. - Pero… 185 00:13:27,474 --> 00:13:28,683 Quizais unha ducha. 186 00:13:30,393 --> 00:13:31,478 E un afeitado. 187 00:13:32,437 --> 00:13:34,189 E unha camisa limpa. 188 00:13:35,440 --> 00:13:36,900 E… E boa sorte! 189 00:13:50,789 --> 00:13:52,207 Máis café, xefe? 190 00:13:57,087 --> 00:13:58,421 Máis café? 191 00:13:58,922 --> 00:14:00,298 Pensas que estou xordo. 192 00:14:01,299 --> 00:14:03,175 - Non? - Non. 193 00:14:03,176 --> 00:14:04,594 Eu só… 194 00:14:15,063 --> 00:14:17,941 Non creo que o xefe McNamara veña, xefe. 195 00:14:21,778 --> 00:14:24,655 Pois buscádeo e lembrádelle 196 00:14:24,656 --> 00:14:28,576 que unha das condicións para seguir recibindo subornos 197 00:14:28,577 --> 00:14:31,997 é presentarse á súa cita semanal. 198 00:14:37,502 --> 00:14:38,920 E limpade iso. 199 00:14:49,306 --> 00:14:51,098 - Ao final chegou. - Si. 200 00:14:51,099 --> 00:14:52,349 Débolle unha copa. 201 00:14:52,350 --> 00:14:55,102 Logo. O noso amigo xa me invitou a moitas. 202 00:14:55,103 --> 00:14:58,063 Temos que falar diso. Unificar versións. 203 00:14:58,064 --> 00:15:00,691 Quere saber que facía comigo na estación. 204 00:15:00,692 --> 00:15:02,776 - E dixo…? - Que non confiaba en min 205 00:15:02,777 --> 00:15:04,653 e creu que estaba con Winston. 206 00:15:04,654 --> 00:15:06,780 - Intelixente. - El tamén o é. 207 00:15:06,781 --> 00:15:08,824 E non vai parar en Winston. 208 00:15:08,825 --> 00:15:11,493 Preguntará sobre a redada, que o podería conducir a… 209 00:15:11,494 --> 00:15:12,579 Ao alcalde? 210 00:15:13,913 --> 00:15:15,497 Creo que o subestimei. 211 00:15:15,498 --> 00:15:16,915 Ás veces ocorre. 212 00:15:16,916 --> 00:15:18,626 En serio, por que fai isto? 213 00:15:18,627 --> 00:15:20,294 Por que ía matar a Silvermane? 214 00:15:20,295 --> 00:15:22,213 - Preguntei antes. - Salveille a vida. 215 00:15:25,925 --> 00:15:26,801 Aquí non. 216 00:15:30,930 --> 00:15:35,100 - Un pé, dous pes, salta e esvara. - Un pé, dous pes, salta e esvara. 217 00:15:35,101 --> 00:15:38,355 Non vos preocupedes, rapaces. Hai sopa para todos. 218 00:15:47,072 --> 00:15:48,990 - Dous. - Aquí ten, xefe. 219 00:15:49,783 --> 00:15:52,160 - Que tal o negocio? - Acaba de dobralo. 220 00:15:55,497 --> 00:15:58,499 Serves ao teu país, e así é como cho pagan. 221 00:15:58,500 --> 00:16:00,209 Todos imos comer hoxe. 222 00:16:00,210 --> 00:16:02,753 - É veterano tamén? - Non. 223 00:16:02,754 --> 00:16:03,963 Son xornalista. 224 00:16:05,423 --> 00:16:09,426 Busco un tal Lonnie Lincoln para un artigo de veteranos negros 225 00:16:09,427 --> 00:16:11,470 e contar como lles vai a vida. 226 00:16:11,471 --> 00:16:13,222 Está no lugar correcto. 227 00:16:13,223 --> 00:16:16,266 Os veteranos de Harlem veñen aquí buscar comida. 228 00:16:16,267 --> 00:16:17,560 - Si? - Si. 229 00:16:18,269 --> 00:16:19,561 Quere historias? 230 00:16:19,562 --> 00:16:21,605 Teño historias para días. 231 00:16:21,606 --> 00:16:23,023 Imaxine isto. 232 00:16:23,024 --> 00:16:25,734 Unha caixa de anchoas cae dun camión. 233 00:16:25,735 --> 00:16:27,695 - Si. - O meu colega, Steven, 234 00:16:27,696 --> 00:16:30,447 está xuntando todas as latas de anchoas. 235 00:16:30,448 --> 00:16:31,865 Nin sequera lle gustan. 236 00:16:31,866 --> 00:16:34,202 E eu: "Steven, non me van as anchoas…" 237 00:16:35,745 --> 00:16:38,540 - Que é este sitio? - A miña vida de antes. 238 00:16:40,792 --> 00:16:43,545 Actuaba aquí antes de que Silvermane me topase. 239 00:16:44,754 --> 00:16:46,381 Cantaba por catro pesos. 240 00:16:47,132 --> 00:16:51,386 Non tiña case nin para encher o estómago, pero encantábame. 241 00:16:53,638 --> 00:16:57,850 Unha noite, deume máis cartos en propinas dos que vira na vida. 242 00:16:57,851 --> 00:16:59,643 Ao día seguinte, propúxomo: 243 00:16:59,644 --> 00:17:01,104 estrela dun novo club. 244 00:17:01,855 --> 00:17:04,356 Dixo que tería todo o que sempre quixera, 245 00:17:04,357 --> 00:17:05,649 e deumo. 246 00:17:05,650 --> 00:17:07,568 Pero non viu as condicións. 247 00:17:07,569 --> 00:17:09,319 Non as había ao principio, 248 00:17:09,320 --> 00:17:11,406 pero cos anos volvéronse duras. 249 00:17:14,033 --> 00:17:17,035 Non. Iso non. 250 00:17:17,036 --> 00:17:20,456 O único que lle excita a Silvermane é o poder. 251 00:17:20,457 --> 00:17:23,877 Sempre que el poida controlar o que visto, o que fago 252 00:17:25,462 --> 00:17:26,463 e con quen estou. 253 00:17:42,854 --> 00:17:44,439 Unha vez houbo un home. 254 00:17:45,690 --> 00:17:46,608 Thomas. 255 00:17:47,609 --> 00:17:49,944 Comezou a vir ao club todas as noites 256 00:17:50,695 --> 00:17:54,616 e ao final acabou conquistándome por cansazo. 257 00:17:56,034 --> 00:17:58,119 Era dentista, aínda que non o crea. 258 00:17:58,661 --> 00:18:00,163 Un dentista sexy? 259 00:18:01,122 --> 00:18:03,040 Si, xa oín falar deses tipos. 260 00:18:03,041 --> 00:18:06,543 Non, pero non era amable. 261 00:18:06,544 --> 00:18:10,799 E supoño que para min a amabilidade era algo novo. 262 00:18:14,010 --> 00:18:17,138 Despois dun ano, sorprendeume cun anel, 263 00:18:18,181 --> 00:18:21,351 e eu sorprendino dicíndolle que si. 264 00:18:24,813 --> 00:18:27,689 Despois de que Thomas deixase de vir, 265 00:18:27,690 --> 00:18:30,610 pensei que quizais eu fixera algo mal. 266 00:18:39,619 --> 00:18:43,581 Puido escorrentalo, pero Silvermane mandouno matar. 267 00:18:44,666 --> 00:18:47,043 Non quero volver cometer o mesmo erro. 268 00:18:48,962 --> 00:18:51,422 Pero cometeuno con Flint. 269 00:18:52,298 --> 00:18:55,843 Tamén ha de ser amable cando non está esmagando cabezas. 270 00:18:55,844 --> 00:18:57,970 É, si. 271 00:18:57,971 --> 00:19:01,683 Ten máis honra e lealdade ca ninguén que eu coñeza. 272 00:19:02,767 --> 00:19:04,936 Crin que nos daría outra oportunidade. 273 00:19:06,896 --> 00:19:10,149 E por iso precisa sacar a Silvermane de diante. 274 00:19:10,775 --> 00:19:14,070 Fun tan parva que crin que podía telo todo. 275 00:19:18,199 --> 00:19:21,118 Fáleme de Addison. 276 00:19:21,119 --> 00:19:25,123 Flint mencionárao. Foron compañeiros na guerra. 277 00:19:25,832 --> 00:19:27,083 Preocupábase del. 278 00:19:27,834 --> 00:19:31,670 Dixo que Jimmy perdera o traballo, que queimaba cousas para gañar cartos. 279 00:19:31,671 --> 00:19:33,381 Estafaba aseguradoras. 280 00:19:34,090 --> 00:19:35,675 Cos cartos que eu ofrecía… 281 00:19:36,426 --> 00:19:38,511 podía matar a Silvermane. 282 00:19:39,679 --> 00:19:44,183 Pero Addison estragouno todo e deixou a Silvermane fuxir. 283 00:19:45,977 --> 00:19:50,272 E logo o outro elemento raro, como se chamaba? 284 00:19:50,273 --> 00:19:51,608 A Araña… 285 00:19:52,650 --> 00:19:54,027 frustrou o segundo intento. 286 00:19:54,694 --> 00:19:55,945 E aquí estamos. 287 00:20:02,911 --> 00:20:07,498 Se non ten polo e fideos, non é sopa de polo con fideos, non? 288 00:20:08,124 --> 00:20:10,834 É só unha sopa. Sabe a que me refiro? 289 00:20:10,835 --> 00:20:14,380 Vaino anotar ou algo? Porque estou soltando perlas. 290 00:20:15,131 --> 00:20:16,758 Non, téñoo todo aquí. 291 00:20:17,842 --> 00:20:21,678 Harvey, amigo meu, grazas pola perspectiva. 292 00:20:21,679 --> 00:20:23,805 De nada. Non me esqueza. 293 00:20:23,806 --> 00:20:28,728 Estou aquí todo o día, a diario. Chova ou faga sol. 294 00:21:11,229 --> 00:21:12,270 Veño só, sen polis! 295 00:21:12,271 --> 00:21:15,107 - Arrincaríache a cabeza. - Seino, pero oe. 296 00:21:15,108 --> 00:21:17,568 O que publicaron non foi o que eu contei. 297 00:21:18,444 --> 00:21:21,071 - Vin arranxar isto. - Esperas que o crea? 298 00:21:21,072 --> 00:21:22,532 Tío, déixame axudarte. 299 00:21:23,783 --> 00:21:25,994 Imos falar a un sitio máis cómodo. 300 00:21:27,328 --> 00:21:30,497 - The Alcove, no 79… - Si, sei onde está. 301 00:21:30,498 --> 00:21:32,375 Todo o mundo sabe onde está. 302 00:21:33,126 --> 00:21:35,211 - Boa noite, Sra. Hardy. - Boa noite. 303 00:21:35,920 --> 00:21:37,796 Como vai o dos monstros eses? 304 00:21:37,797 --> 00:21:39,214 Que desfeita. 305 00:21:39,215 --> 00:21:42,009 Cren que a Araña volverá aparecer? Eu dubídoo. 306 00:21:42,010 --> 00:21:45,638 - O tipo apenas daba feito… - Conduza e xa, se non lle importa. 307 00:21:47,974 --> 00:21:49,267 Claro, meu. 308 00:21:57,316 --> 00:21:59,193 Non podo quedar soa esta noite. 309 00:22:06,117 --> 00:22:08,285 Mire, impórtalle volver ao centro? 310 00:22:08,286 --> 00:22:10,663 Sen problema, meu. 311 00:22:21,841 --> 00:22:23,633 Mire quen apareceu ao final. 312 00:22:23,634 --> 00:22:25,677 Atopastes o xefe da Policía. 313 00:22:25,678 --> 00:22:27,013 Aínda mellor. 314 00:22:29,849 --> 00:22:30,933 Meu rapaz. 315 00:22:32,560 --> 00:22:33,810 Onde te meteras? 316 00:22:33,811 --> 00:22:35,979 Busqueite por toda a cidade. 317 00:22:35,980 --> 00:22:38,231 Tiven que agocharme un tempo. 318 00:22:38,232 --> 00:22:39,566 Si, xa o sei. 319 00:22:39,567 --> 00:22:43,196 Estás nos xornais despois da lea que armaches con eses polis. 320 00:22:45,406 --> 00:22:47,116 De onde saíu todo iso? 321 00:22:48,993 --> 00:22:50,118 Non te preocupes. 322 00:22:50,119 --> 00:22:51,621 Alédame que volveses. 323 00:22:52,663 --> 00:22:54,540 Sabes que tiñamos un traidor? 324 00:22:56,709 --> 00:22:58,920 Nunca che gustou Winston, verdade? 325 00:23:00,088 --> 00:23:01,088 Winston? 326 00:23:01,089 --> 00:23:03,381 Crías que era outra persoa? 327 00:23:03,382 --> 00:23:05,175 Eu tamén. 328 00:23:05,176 --> 00:23:07,844 Por iso non te podes fiar de ninguén, 329 00:23:07,845 --> 00:23:10,389 nin dos aliados máis fieis. 330 00:23:11,182 --> 00:23:13,392 Cartos e poder corrompen a calquera. 331 00:23:18,773 --> 00:23:20,024 Estás ben? 332 00:23:27,115 --> 00:23:28,324 Todo vai ben. 333 00:23:29,867 --> 00:23:32,160 Es benvido aquí, en calquera caso. 334 00:23:32,161 --> 00:23:33,830 Sempre fuches leal. 335 00:23:35,206 --> 00:23:37,249 Vai en ambas direccións, Flint. 336 00:23:37,250 --> 00:23:40,294 Cúbreme as costas, e eu cubro as túas. 337 00:23:40,962 --> 00:23:44,132 Aínda que debo advertirte: pronto teremos unha loita. 338 00:23:45,299 --> 00:23:46,550 Estás listo para iso? 339 00:23:46,551 --> 00:23:47,885 Estou. 340 00:23:49,387 --> 00:23:52,264 Para o que precise, estou listo. 341 00:23:52,265 --> 00:23:53,474 Ben. 342 00:23:54,433 --> 00:23:56,686 Que o alcalde vexa a que se enfronta. 343 00:24:04,527 --> 00:24:06,946 Deberiamos falar dos poderes? 344 00:24:10,366 --> 00:24:11,492 Desde cando os tes? 345 00:24:17,248 --> 00:24:19,917 De onde es? Criácheste en Harlem? 346 00:25:00,958 --> 00:25:02,043 Xogas ás cartas? 347 00:25:03,252 --> 00:25:04,962 Xoguei algunha que outra vez. 348 00:25:06,380 --> 00:25:07,590 E es bo? 349 00:25:26,359 --> 00:25:27,526 Non é moito. 350 00:25:28,778 --> 00:25:30,112 Non ten que facer iso. 351 00:25:31,405 --> 00:25:33,616 - Facer o que? - Ser humilde. 352 00:25:39,872 --> 00:25:41,832 - Ten algo para beber? - Claro. 353 00:25:42,959 --> 00:25:44,710 Poño música? 354 00:25:55,054 --> 00:25:58,391 Só hai un vaso. Non adoito ter invitados. 355 00:25:59,600 --> 00:26:00,518 Ben… 356 00:26:03,104 --> 00:26:05,730 Aquí hai outro. Pero está usado. 357 00:26:05,731 --> 00:26:07,566 Usarei eu o vaso usado. 358 00:26:24,583 --> 00:26:26,294 Tome asento. Póñase cómoda. 359 00:26:29,880 --> 00:26:30,798 Aquí estamos. 360 00:26:31,215 --> 00:26:32,300 Aquí estamos. 361 00:26:34,760 --> 00:26:35,678 Tócalle. 362 00:26:36,929 --> 00:26:38,055 Dígame por que. 363 00:26:39,640 --> 00:26:41,392 Certo. Tócame a min. 364 00:26:42,226 --> 00:26:43,227 Tócame a min. 365 00:26:48,149 --> 00:26:49,483 Había unha rapaza. 366 00:26:50,651 --> 00:26:54,113 Unha rapaza lista e divertida. 367 00:26:55,781 --> 00:26:56,991 Quere falarme dela? 368 00:27:02,830 --> 00:27:05,374 Chamábase Ruby e eramos… 369 00:27:07,293 --> 00:27:08,461 felices. 370 00:27:24,727 --> 00:27:27,979 Fixen un traballo, nada importante, un marido irresponsable. 371 00:27:27,980 --> 00:27:31,733 Pero acabou pasando cinco anos no cárcere, 372 00:27:31,734 --> 00:27:35,112 e aguantou a condena pensando só nunha cousa: 373 00:27:35,988 --> 00:27:37,073 vinganza. 374 00:27:40,201 --> 00:27:43,537 Aínda non sei como, pero sabía que estaba unido a Ruby 375 00:27:44,205 --> 00:27:45,873 e matouna. 376 00:27:49,043 --> 00:27:52,880 Eu ía levala cear esa noite. 377 00:27:57,093 --> 00:27:59,010 O tema é que non fomos cear 378 00:27:59,011 --> 00:28:05,558 porque eu estaba moi ocupado emborrachándome nun bar no medio da cidade 379 00:28:05,559 --> 00:28:06,894 e ela corría perigo. 380 00:28:08,187 --> 00:28:09,355 Cheguei moi tarde. 381 00:28:29,083 --> 00:28:31,668 El matouna para facerme sufrir. 382 00:28:31,669 --> 00:28:35,923 Matouna el, pero está morta pola miña culpa. 383 00:28:41,595 --> 00:28:44,723 Se Ruby nunca me coñecese, aínda estaría viva. 384 00:28:47,768 --> 00:28:48,769 Entón… 385 00:28:50,688 --> 00:28:53,356 salvoume a min para compensar o dela. 386 00:28:53,357 --> 00:28:54,817 Nada pode compensar iso. 387 00:28:55,734 --> 00:28:57,945 Fíxeno para non sentirme peor. 388 00:29:01,740 --> 00:29:03,116 E como se sente? 389 00:29:03,117 --> 00:29:04,493 Que como me sinto? 390 00:29:10,458 --> 00:29:11,542 Só. 391 00:29:15,838 --> 00:29:16,881 Pois… 392 00:29:18,674 --> 00:29:20,759 Quizais poidamos estar sós xuntos. 393 00:29:33,522 --> 00:29:36,609 - Síntoo. - Merda. Mira… 394 00:29:37,651 --> 00:29:40,029 Lonnie, quen é "H"? 395 00:29:44,325 --> 00:29:45,367 Helen. 396 00:29:46,160 --> 00:29:47,453 A miña nai. 397 00:29:48,871 --> 00:29:50,206 Estaredes moi unidos. 398 00:29:51,707 --> 00:29:53,501 E co resto da túa familia? 399 00:29:56,629 --> 00:29:57,630 Só con miña nai. 400 00:29:59,465 --> 00:30:00,841 Trala guerra… 401 00:30:02,510 --> 00:30:04,261 custaba estar ao meu carón. 402 00:30:06,263 --> 00:30:08,057 Custa volver á vida normal. 403 00:30:09,183 --> 00:30:10,975 Meus tres irmáns foron. 404 00:30:10,976 --> 00:30:12,770 Si, e os meus tamén. 405 00:30:13,479 --> 00:30:15,481 O maior foi prisioneiro de guerra. 406 00:30:16,982 --> 00:30:17,983 Si? 407 00:30:20,110 --> 00:30:21,194 Onde? 408 00:30:21,195 --> 00:30:22,363 En Frankfurt. 409 00:30:24,156 --> 00:30:27,284 Si, levoulle moito tempo recuperarse mentalmente diso. 410 00:30:32,206 --> 00:30:33,707 Os alemáns capturáronme. 411 00:30:44,593 --> 00:30:45,636 Merda! 412 00:30:46,929 --> 00:30:48,180 Perdón, eu… 413 00:30:52,226 --> 00:30:53,978 Fixéronvos algo, non? 414 00:31:15,332 --> 00:31:17,750 Silvermane! Alégrome de verte. 415 00:31:17,751 --> 00:31:19,669 Lembras a miña muller. 416 00:31:19,670 --> 00:31:22,798 Querida, e se vas con Phyllis empoar o nariz? 417 00:31:23,882 --> 00:31:25,134 Vai á merda, Alfred. 418 00:31:25,843 --> 00:31:27,344 - Veña, Phyllis. - Vale. 419 00:31:28,929 --> 00:31:30,931 Boteite en falta no xantar hoxe. 420 00:31:32,433 --> 00:31:34,767 Estiven gardando sitio para a cea. 421 00:31:34,768 --> 00:31:36,102 Como che vai? 422 00:31:36,103 --> 00:31:38,188 Tes bo aspecto. Estás ben de saúde? 423 00:31:39,398 --> 00:31:41,066 Forte coma sempre, amigo. 424 00:31:42,568 --> 00:31:43,694 E ti que tal? 425 00:31:45,029 --> 00:31:48,031 Coa tensión algo alta. As eleccións, xa sabes. 426 00:31:48,032 --> 00:31:51,284 Sei, fun eu o que pagou para poñerte nese asento. 427 00:31:51,285 --> 00:31:54,120 Estou a piques de perder outras eleccións. 428 00:31:54,121 --> 00:31:55,705 E de quen é culpa iso? 429 00:31:55,706 --> 00:31:58,374 Queres a lista completa ou só os titulares? 430 00:31:58,375 --> 00:32:00,668 Deixémolo en cousas do destino. 431 00:32:00,669 --> 00:32:02,170 E que? 432 00:32:02,171 --> 00:32:05,215 Pasas ao seguinte e agardas que marche en silencio? 433 00:32:06,800 --> 00:32:12,264 Só quen arrisca a ir demasiado lonxe pode chegar a descubrir ata onde chegar. 434 00:32:12,848 --> 00:32:15,683 Nese caso, alegrarame ensinarche ese lonxe. 435 00:32:15,684 --> 00:32:17,352 Déixovos falar. 436 00:32:17,353 --> 00:32:18,437 - Senta. - Senta. 437 00:32:20,522 --> 00:32:22,815 É porque pedín a fin da prohibición? 438 00:32:22,816 --> 00:32:25,610 Porque só lle estou dando á xente o que quere. 439 00:32:25,611 --> 00:32:27,404 Cres que es especial, Morris? 440 00:32:28,405 --> 00:32:32,575 Cada catro anos, eu decido quen senta nese asento. 441 00:32:32,576 --> 00:32:34,160 Esta vez vai ser Hudson. 442 00:32:34,161 --> 00:32:37,789 Para a próxima, tocaralle a outro cabrón. 443 00:32:37,790 --> 00:32:41,627 Ao parecer, este cabrón en particular aínda ten cartas por xogar. 444 00:32:42,378 --> 00:32:45,296 Por que cres que son o único que come co xefe da policía? 445 00:32:45,297 --> 00:32:47,800 Estou seguro de que podemos acadar algún… 446 00:32:48,926 --> 00:32:52,638 Tiveches moito éxito. Tiña que acabar nalgún momento. 447 00:32:54,848 --> 00:32:56,433 Estás seguro diso? 448 00:32:58,102 --> 00:32:59,561 Que parvo fun. 449 00:33:00,938 --> 00:33:02,939 Non che presentei o meu socio. 450 00:33:02,940 --> 00:33:05,859 Flint, saúda o alcalde. 451 00:33:15,244 --> 00:33:18,621 Tranquilos todos. Non se preocupen. Somos todos amigos. 452 00:33:18,622 --> 00:33:19,998 Tranquilos. 453 00:33:22,793 --> 00:33:24,628 Non penso achantar. 454 00:33:26,255 --> 00:33:27,464 Paréceme ben. 455 00:33:29,258 --> 00:33:31,969 Tes collóns, Morris. Iso teño que admitircho. 456 00:33:34,221 --> 00:33:35,764 Que sobreviva o mellor. 457 00:33:41,520 --> 00:33:42,938 Que é o seguinte, xefe? 458 00:33:43,981 --> 00:33:46,607 Pediuno. Ímosllo dar. 459 00:33:46,608 --> 00:33:47,609 Si. 460 00:33:53,407 --> 00:33:57,536 Cando estaba na estación, onde ía? 461 00:33:58,412 --> 00:33:59,455 A calquera sitio. 462 00:34:00,748 --> 00:34:01,956 Lonxe. 463 00:34:01,957 --> 00:34:04,501 Pero se escollese un sitio? 464 00:34:05,961 --> 00:34:07,212 A Santorini. 465 00:34:08,672 --> 00:34:12,133 É unha illa grega con praias de area negra 466 00:34:12,134 --> 00:34:14,218 e pequenas vilas con encanto, 467 00:34:14,219 --> 00:34:19,391 para non facer nada máis que comer, beber e ver o solpor. 468 00:34:21,059 --> 00:34:23,187 Parece moi aburrido. 469 00:34:24,980 --> 00:34:26,690 Pero coa persoa adecuada… 470 00:34:28,066 --> 00:34:29,443 Coa persoa adecuada? 471 00:34:40,078 --> 00:34:41,330 Síntoo. 472 00:34:41,747 --> 00:34:43,081 Non, tranquila. 473 00:34:44,458 --> 00:34:46,168 Non imaxinara isto. 474 00:34:47,336 --> 00:34:48,504 Eu si. 475 00:34:50,589 --> 00:34:52,924 Interrompemos cunha alerta na cidade. 476 00:34:52,925 --> 00:34:54,091 Temos un aviso. 477 00:34:54,092 --> 00:34:56,303 As autoridades piden quedar na casa. 478 00:34:56,804 --> 00:34:58,971 - Agarda. - …un monstro con superpoderes 479 00:34:58,972 --> 00:35:00,681 aterroriza o distrito Diamond. 480 00:35:00,682 --> 00:35:02,183 - Queden na casa… - É Flint. 481 00:35:02,184 --> 00:35:03,601 …mentres se controla… 482 00:35:03,602 --> 00:35:05,937 - Oes? Debe ser Flint. - Informaremos 483 00:35:05,938 --> 00:35:07,480 de como evoluciona… 484 00:35:07,481 --> 00:35:10,441 Si, pero non sei que demo queres que faga. 485 00:35:10,442 --> 00:35:12,318 Alterouse a última vez que falamos. 486 00:35:12,319 --> 00:35:13,403 Veña! 487 00:35:14,196 --> 00:35:15,905 Tento axudalo! 488 00:35:15,906 --> 00:35:17,616 De acordo, pois vai. 489 00:35:19,493 --> 00:35:21,744 Despois de compartirmos tanto, 490 00:35:21,745 --> 00:35:23,746 o que é para min e Ruby para ti, 491 00:35:23,747 --> 00:35:25,749 vas quedar sentado sen facer nada? 492 00:35:29,628 --> 00:35:31,213 Es un covarde de verdade. 493 00:35:42,975 --> 00:35:46,435 Só sei que cando comeza, vai a peor rápido. 494 00:35:46,436 --> 00:35:48,437 E non hai volta atrás. 495 00:35:48,438 --> 00:35:50,481 Deberiades falar coa Dra. Faber. 496 00:35:50,482 --> 00:35:53,527 Ela pode explicar o que pasa moito mellor ca min. 497 00:35:55,487 --> 00:35:56,363 Robbie. 498 00:35:57,239 --> 00:35:58,406 - Eu? - Si. 499 00:35:58,407 --> 00:35:59,533 De acordo. 500 00:36:02,369 --> 00:36:04,036 - Reilly. - Son eu. 501 00:36:04,037 --> 00:36:06,414 Non hai tempo de explicar. Colle a cámara 502 00:36:06,415 --> 00:36:08,792 e vai ao distrito Diamond agora mesmo. 503 00:36:29,396 --> 00:36:31,273 Flint, agarda! 504 00:36:34,484 --> 00:36:36,694 Cría que eras outra persoa. 505 00:36:36,695 --> 00:36:39,114 Eu sei ben quen es ti. 506 00:36:40,282 --> 00:36:42,408 - É quen creo que é? - A Araña! 507 00:36:42,409 --> 00:36:43,659 Ese é a Araña? 508 00:36:43,660 --> 00:36:46,371 Pensei que morreras. Que estás a facer…? 509 00:36:47,706 --> 00:36:48,665 Cago na cona! 510 00:36:49,541 --> 00:36:50,583 Viñeches determe. 511 00:36:50,584 --> 00:36:52,752 - Non, como dixen… - Manda carallo! 512 00:36:52,753 --> 00:36:55,838 Eu e mais a Araña zoupándonos na Sexta Avenida, eh? 513 00:36:55,839 --> 00:36:57,883 - Que? - Pon iso nun póster. 514 00:37:00,344 --> 00:37:01,178 Outro máis. 515 00:37:13,273 --> 00:37:14,274 Está vivo. 516 00:37:15,817 --> 00:37:17,194 Apenas. 517 00:37:22,240 --> 00:37:25,035 E agora, como espectáculo principal… 518 00:37:38,924 --> 00:37:41,634 Hostia! Vistes iso? 519 00:37:41,635 --> 00:37:43,678 E quen demo é este tipo? 520 00:37:43,679 --> 00:37:45,513 Incrible. 521 00:37:45,514 --> 00:37:47,975 Non pode ser, Araña. Queres máis? 522 00:37:52,854 --> 00:37:54,647 Veña, meu. Deféndete. 523 00:37:54,648 --> 00:37:56,649 Fai o teu traballo: protexer a cidade. 524 00:37:56,650 --> 00:37:59,860 - Para a Silvermane. - Que che salve o cu, dirás. 525 00:37:59,861 --> 00:38:02,947 Señor, un deses monstros está destruíndo o Diamond. 526 00:38:02,948 --> 00:38:05,408 Meu Deus, Silvermane non perde o tempo. 527 00:38:05,409 --> 00:38:08,120 - A Araña está alí. - A Araña está alí? 528 00:38:12,207 --> 00:38:13,959 Ese debería seguir retirado. 529 00:38:17,129 --> 00:38:18,630 Veña. Podemos falar? 530 00:38:23,010 --> 00:38:24,011 Non o sei. 531 00:38:25,012 --> 00:38:26,430 Aínda se lle dá ben. 532 00:38:29,391 --> 00:38:30,434 Veña! 533 00:38:52,039 --> 00:38:53,040 Lisca. 534 00:39:30,494 --> 00:39:31,661 Si! 535 00:39:33,497 --> 00:39:35,582 Boa xogada, Araña. 536 00:39:36,541 --> 00:39:38,752 Pero estou cargado de enerxía. 537 00:39:40,754 --> 00:39:41,880 Por agora. 538 00:39:42,839 --> 00:39:44,341 A Araña volveu! 539 00:39:45,258 --> 00:39:46,884 Non podes facer nada? 540 00:39:46,885 --> 00:39:48,845 Son o raio do alcalde de Nova York. 541 00:39:51,848 --> 00:39:52,933 Contento? 542 00:39:53,975 --> 00:39:55,769 Agarde! Señor? 543 00:40:00,941 --> 00:40:01,983 Vamos, ven aquí… 544 00:40:07,823 --> 00:40:09,657 Así, sigue achegándote. 545 00:40:09,658 --> 00:40:11,326 Queres máis aínda, meu? 546 00:40:11,618 --> 00:40:13,286 Teño máis para ti. 547 00:40:14,746 --> 00:40:15,997 Veña. 548 00:40:16,540 --> 00:40:17,457 Estrañábasme. 549 00:40:20,043 --> 00:40:21,169 Non! 550 00:40:29,761 --> 00:40:32,054 Estás perdendo chispa, colega. 551 00:40:32,055 --> 00:40:33,848 Tiveches abondo, meu? 552 00:40:33,849 --> 00:40:35,142 Tes que facelo mellor. 553 00:40:42,315 --> 00:40:43,483 Pódoche axudar con iso? 554 00:40:45,652 --> 00:40:46,695 Dálle, Araña! 555 00:40:50,907 --> 00:40:53,075 Ves iso? Aínda se lle dá ben. 556 00:40:53,076 --> 00:40:55,245 Si, díxencho eu. 557 00:41:05,714 --> 00:41:07,756 - Aí está. - Agarda. De onde ves? 558 00:41:07,757 --> 00:41:08,966 Rápido e fácil. 559 00:41:08,967 --> 00:41:10,635 Retrocedan, vamos. 560 00:41:11,344 --> 00:41:13,221 Déixenlle pasar! 561 00:41:13,972 --> 00:41:16,473 - Rapaz! - Así se fai, Araña! 562 00:41:16,474 --> 00:41:17,558 Que pasa aquí? 563 00:41:17,559 --> 00:41:19,144 Sorride á cámara. 564 00:41:19,728 --> 00:41:22,105 Robbie, non. Non. 565 00:41:22,939 --> 00:41:24,440 Listo xa. Sóltame a man. 566 00:41:24,441 --> 00:41:25,734 Teño algo que anunciar! 567 00:41:26,568 --> 00:41:28,611 A Araña e eu formamos equipo… 568 00:41:28,612 --> 00:41:32,073 - Non é un equipo, non tal. - …para salvar a cidade! 569 00:41:36,286 --> 00:41:37,536 Volveu, xente! 570 00:41:37,537 --> 00:41:39,372 Non! Non volvín! 571 00:41:41,917 --> 00:41:43,918 Veña, outra. Unha foto máis. 572 00:41:43,919 --> 00:41:45,127 Non, grazas. 573 00:41:45,128 --> 00:41:46,588 - Veña. - Vamos, Araña! 574 00:42:20,705 --> 00:42:21,790 Marcha! 575 00:42:43,186 --> 00:42:45,854 - Oh. - "Oh" digo eu. 576 00:42:45,855 --> 00:42:47,983 Pasa. Estás na túa casa. 577 00:43:02,414 --> 00:43:03,415 Todo ben? 578 00:43:07,836 --> 00:43:11,756 - Non queres saber que ocorreu? - Flint? Está ben? 579 00:43:12,465 --> 00:43:13,508 Non era el. 580 00:43:15,051 --> 00:43:16,094 Que tes na cara? 581 00:43:17,262 --> 00:43:19,723 É que batín coa porta. 582 00:43:20,348 --> 00:43:21,558 Cantas veces? 583 00:43:28,565 --> 00:43:29,816 Dime só unha cousa. 584 00:43:31,568 --> 00:43:33,319 - Teño razón? - Supoño. 585 00:43:33,320 --> 00:43:36,239 Non sei de que me falas. 586 00:44:04,559 --> 00:44:07,228 Encantada de coñecerte, Sr. Araña. 587 00:46:21,779 --> 00:46:23,864 Subtítulos: Antía López Cando 588 00:46:23,865 --> 00:46:25,867 Supervisora creativa: Paula Maneiro