1 00:00:00,584 --> 00:00:02,294 Anteriormente en Amigas a morte… 2 00:00:02,878 --> 00:00:03,796 Cal é o plan? 3 00:00:04,380 --> 00:00:05,297 Vou matar a Ana. 4 00:00:05,381 --> 00:00:06,298 Tac. 5 00:00:08,134 --> 00:00:10,344 Arranca o coche! Evacuarán por atrás! 6 00:00:11,387 --> 00:00:15,141 Despois devolverei o diñeiro e afastareime de Debbie canto poida. 7 00:00:15,224 --> 00:00:18,978 Pode explicar a súa solicitude do despacho de avogados de Nova York? 8 00:00:19,061 --> 00:00:22,648 Eliminei o correo electrónico no que lle ofrecen o traballo. 9 00:00:22,732 --> 00:00:23,816 Debbie! 10 00:00:24,400 --> 00:00:26,235 Coñezo un sitio en Camboxa. 11 00:00:26,318 --> 00:00:28,279 Significa "afastado e difícil de ver". 12 00:00:28,362 --> 00:00:29,697 Ven comigo. 13 00:00:30,281 --> 00:00:31,365 Para o coche! 14 00:00:31,449 --> 00:00:33,909 Veña, faino! Faino, Sam! 15 00:00:34,452 --> 00:00:35,786 Que escapa! 16 00:00:36,495 --> 00:00:39,290 Representa un problema o vínculo emocional? 17 00:00:40,374 --> 00:00:41,584 Con ela? 18 00:00:43,377 --> 00:00:44,545 En absoluto. 19 00:00:46,172 --> 00:00:47,047 Quen é ela? 20 00:00:49,008 --> 00:00:50,384 Unha asasina. 21 00:00:55,681 --> 00:00:57,433 LONDRES 22 00:00:57,516 --> 00:01:01,353 Máis de 12 membros do Parlamento foron chamados a declarar 23 00:01:01,437 --> 00:01:03,355 sobre acusacións de corrupción, 24 00:01:03,439 --> 00:01:06,942 aceptación de subornos a fin de bloquear a lei de transporte 25 00:01:07,026 --> 00:01:11,197 a petición de Ergon Kreshnik, líder dunha banda criminal albanesa, 26 00:01:11,280 --> 00:01:13,449 asasinado en Suíza esta mesma semana. 27 00:01:13,532 --> 00:01:15,493 O primeiro ministro gabou a policía 28 00:01:15,576 --> 00:01:18,871 e cualificou a situación de "mancha na política británica". 29 00:01:18,954 --> 00:01:20,122 Sigue coa cámara! 30 00:01:20,206 --> 00:01:21,999 - Aí está! - Máis xornalistas. 31 00:01:22,082 --> 00:01:24,460 Debería tapar a cara? A xente fai iso? 32 00:01:24,543 --> 00:01:26,795 - David. - Ou parecerei máis culpable? 33 00:01:27,295 --> 00:01:31,300 - Sorrío? Iso non tería sentido. - Velaí está! Veña! 34 00:01:31,383 --> 00:01:34,011 Debbie, non podo facelo sen ti, necesítote! 35 00:01:34,637 --> 00:01:36,013 Sabes o que, David? 36 00:01:36,722 --> 00:01:38,223 Vai á merda. 37 00:01:40,476 --> 00:01:41,727 David! 38 00:01:41,811 --> 00:01:42,686 Anímate. 39 00:01:43,521 --> 00:01:44,521 Sen escenas. 40 00:01:45,271 --> 00:01:47,358 Debbie! 41 00:01:47,441 --> 00:01:48,400 Señora Claybourne. 42 00:02:02,832 --> 00:02:04,750 Premendo este botón pode oílo. 43 00:02:04,834 --> 00:02:07,461 Non necesito oílo, sei o que está dicindo. 44 00:02:07,545 --> 00:02:08,545 Boas novas. 45 00:02:08,628 --> 00:02:09,922 Queda libre de cargos. 46 00:02:10,422 --> 00:02:12,842 Descoñecía as actividades de David. 47 00:02:12,925 --> 00:02:14,009 E o pasaporte? 48 00:02:14,635 --> 00:02:17,429 Dalgún xeito desapareceu do arquivo de probas. 49 00:02:20,724 --> 00:02:21,976 Pode marchar. 50 00:02:22,935 --> 00:02:25,688 Cremos que os albaneses xa non serán unha ameaza, 51 00:02:25,771 --> 00:02:29,900 pero podemos mandar seguridade ao seu domicilio para protexela. 52 00:02:29,984 --> 00:02:31,861 Estou farta de que me protexan. 53 00:02:33,279 --> 00:02:34,446 Debbie? 54 00:02:35,364 --> 00:02:37,074 En Xenebra dixo da súa amiga… 55 00:02:37,156 --> 00:02:38,367 Non é a miña amiga. 56 00:02:39,451 --> 00:02:41,495 E iso é todo o que direi. 57 00:02:49,378 --> 00:02:50,838 O nervio óptico está normal. 58 00:02:53,424 --> 00:02:55,926 Eses puntos son bos. Quen os fixo? 59 00:02:56,010 --> 00:02:57,469 Un tipo en Mónaco. 60 00:02:59,305 --> 00:03:00,222 Está morto. 61 00:03:14,069 --> 00:03:16,322 Dáme a alta, debo atopar a Redback. 62 00:03:17,072 --> 00:03:20,409 Estarei encantado de darche a alta para que te incorpores 63 00:03:21,285 --> 00:03:22,119 en tres semanas. 64 00:03:24,204 --> 00:03:25,204 Dúas semanas. 65 00:03:29,960 --> 00:03:32,046 Tes a alta. Estás perfecta. 66 00:03:33,047 --> 00:03:35,674 Podes marchar, Whiptail. 67 00:03:49,647 --> 00:03:51,607 BORRANDO SUXEITO 68 00:03:55,319 --> 00:03:56,195 COMPLETADO 69 00:04:03,953 --> 00:04:04,787 REXEITADA SAM 70 00:04:22,805 --> 00:04:25,015 Q, feliz aniversario. 71 00:04:26,976 --> 00:04:28,352 Q, feliz… 72 00:04:52,251 --> 00:04:53,544 "Miña Queenie. 73 00:04:54,169 --> 00:04:58,674 Cada ano escribo esta carta, e cada ano espero que nunca a leas. 74 00:04:59,425 --> 00:05:03,470 A vida de todo fillo está ditada polas decisións do proxenitor, 75 00:05:03,554 --> 00:05:05,556 e as miñas non foron boas. 76 00:05:06,306 --> 00:05:10,602 Pero quero que saibas que te quixen máis que a nada neste mundo. 77 00:05:11,645 --> 00:05:12,896 Aquí hai cartos abondos 78 00:05:12,980 --> 00:05:16,483 e identidades abondas para que empeces de novo. 79 00:05:16,567 --> 00:05:18,819 Marcha lonxe de aquí. 80 00:05:20,112 --> 00:05:21,739 Debíache unha vida mellor… 81 00:05:21,864 --> 00:05:23,073 PARTIDA DE NACEMENTO 82 00:05:23,157 --> 00:05:24,825 …e tamén a verdade. 83 00:05:25,951 --> 00:05:28,370 Aquí tes todas as respostas. 84 00:05:28,954 --> 00:05:30,039 Quérote. 85 00:05:31,165 --> 00:05:32,291 Mamá." 86 00:05:36,462 --> 00:05:37,463 Manda carallo. 87 00:05:39,381 --> 00:05:40,299 Vale. 88 00:05:43,093 --> 00:05:45,304 Ola. Síntoo, está pechado. 89 00:05:46,013 --> 00:05:47,723 Que sitio tan bonito. 90 00:05:49,516 --> 00:05:51,935 - Díxenlle que está pechado. - Son zapateiros? 91 00:05:52,478 --> 00:05:53,604 Reparan calzado. 92 00:05:54,563 --> 00:05:57,149 Desculpe, o meu inglés… Perdoe. 93 00:05:57,232 --> 00:05:58,442 Pero esa palabra 94 00:05:59,526 --> 00:06:03,197 non se usa tamén para referirse a quen falsifica pasaportes? 95 00:06:05,741 --> 00:06:06,742 Que quere? 96 00:06:09,119 --> 00:06:09,995 Interpol. 97 00:06:10,079 --> 00:06:12,873 Quero respostas. 98 00:06:12,956 --> 00:06:15,667 Que facía en Xenebra? 99 00:06:16,335 --> 00:06:17,461 En Xenebra? 100 00:06:18,253 --> 00:06:21,673 Nunca estiven en Xenebra. Pero encantaríame ir algún día. 101 00:06:23,509 --> 00:06:24,468 Si que estivo. 102 00:06:26,261 --> 00:06:28,472 E rastrexámola ata aquí, 103 00:06:29,056 --> 00:06:31,266 onde crean documentos ilegais. 104 00:06:32,308 --> 00:06:36,230 E se tivese que apostar, apostaría a que fixeron estes. 105 00:06:37,314 --> 00:06:40,526 Mire, non sei de que me está a falar. 106 00:06:40,609 --> 00:06:43,654 Podo repararlle eses zapatos tan feos 107 00:06:44,404 --> 00:06:46,198 ou pode ir tomar polo cu. 108 00:06:48,867 --> 00:06:50,744 Se hai algo que queira contarme, 109 00:06:52,037 --> 00:06:53,247 déixolle o meu número. 110 00:06:55,207 --> 00:06:56,875 E gústanme os meus zapatos. 111 00:06:57,584 --> 00:06:58,836 Calidade francesa. 112 00:07:53,557 --> 00:07:56,977 AMIGAS A MORTE 113 00:08:08,363 --> 00:08:10,199 Macallan 35 anos, 114 00:08:10,782 --> 00:08:12,117 cun cubo de xeo. 115 00:08:12,201 --> 00:08:16,038 Non se toma así, pero é como che gusta. 116 00:08:16,788 --> 00:08:20,209 Merquei ese whisky o ano que te recrutei. 117 00:08:20,584 --> 00:08:22,794 É unha das máis prezadas posesións. 118 00:08:22,878 --> 00:08:24,046 Dáme o expediente. 119 00:08:27,591 --> 00:08:30,552 Isto é todo o que teño sobre Redback. 120 00:08:31,929 --> 00:08:35,265 Nunca abrira un encargo no que o obxectivo é un dos meus. 121 00:08:35,349 --> 00:08:37,142 Acaba con isto. 122 00:08:37,726 --> 00:08:40,312 Completa a misión e volve. 123 00:08:40,395 --> 00:08:42,898 Ti e mais eu volveremos ser un equipo. 124 00:08:43,565 --> 00:08:46,276 Londres acabouse, a miña tapadeira descubriuse. 125 00:08:47,569 --> 00:08:48,946 Necesito un traslado. 126 00:08:52,032 --> 00:08:53,450 Judith Burton morreu. 127 00:08:56,036 --> 00:08:57,746 E Debbie Claybourne? 128 00:09:00,374 --> 00:09:01,416 Iso acabouse. 129 00:09:12,886 --> 00:09:13,929 David! 130 00:09:16,598 --> 00:09:18,016 Vai abrir! 131 00:09:21,561 --> 00:09:22,521 David! 132 00:09:22,604 --> 00:09:25,023 Perdoa, tiña que ser unha sorpresa. 133 00:09:25,107 --> 00:09:25,983 O que? 134 00:09:26,066 --> 00:09:29,444 - Debbie, ola! - Invitaches as do club de lectura? 135 00:09:29,528 --> 00:09:31,697 - Encántache. - Non queremos molestar. 136 00:09:31,780 --> 00:09:33,365 - Toca club. - Para animarte. 137 00:09:33,448 --> 00:09:35,742 - Levas días na cama. - Porque segues aquí. 138 00:09:35,826 --> 00:09:37,995 - Non podo marchar. - Supoñíase 139 00:09:38,078 --> 00:09:39,955 que non vivirías na miña casa. 140 00:09:40,038 --> 00:09:42,915 - É a nosa casa, e pensei… - O que? 141 00:09:43,000 --> 00:09:45,377 Que ao estar atrapados querería volver contigo? 142 00:09:45,460 --> 00:09:48,046 Que cociñar un día compensaría o que fixeches? 143 00:09:48,130 --> 00:09:49,339 Podemos marchar. 144 00:09:49,423 --> 00:09:51,383 - Non as atenderei. - Viñeron por ti, 145 00:09:51,466 --> 00:09:53,135 para que non pases soa por isto. 146 00:09:53,218 --> 00:09:54,428 Cres que poden axudar? 147 00:09:55,929 --> 00:09:58,098 - O biscoito. - É mal momento, Debbie? 148 00:09:58,181 --> 00:10:00,809 - Podemos marchar. - Ti non fas biscoito. 149 00:10:05,147 --> 00:10:08,317 Ben, quen quere empezar? 150 00:10:10,652 --> 00:10:12,321 Non me gusta o club de lectura. 151 00:10:13,989 --> 00:10:14,990 Nunca me gustou. 152 00:10:16,074 --> 00:10:17,617 Non leo os libros. 153 00:10:18,618 --> 00:10:20,579 Creo que escolledes libros malísimos. 154 00:10:22,873 --> 00:10:24,374 Foi o irmán? 155 00:10:25,500 --> 00:10:26,418 Si. 156 00:10:32,549 --> 00:10:34,092 Un whisky, Debbie? 157 00:10:34,843 --> 00:10:36,219 Ti non bebes whisky. 158 00:10:37,262 --> 00:10:39,181 Non sabedes nada de min. 159 00:10:40,265 --> 00:10:41,516 Probei a cocaína. 160 00:10:53,070 --> 00:10:53,987 Onde está? 161 00:10:54,071 --> 00:10:57,074 Non, non podes pasar, ela non quere verte! 162 00:10:57,866 --> 00:10:58,867 - Fóra. - Debbie. 163 00:10:58,950 --> 00:11:00,035 Non quero oílo. 164 00:11:00,118 --> 00:11:01,036 Fóra… 165 00:11:02,871 --> 00:11:04,206 - de aquí. - Marcho. 166 00:11:04,289 --> 00:11:06,041 - Nunca me volverás ver. - Ben. 167 00:11:06,124 --> 00:11:08,794 - Tes que escoitar algo. - "Tes que"? 168 00:11:08,877 --> 00:11:10,587 "Tes que". O certo é que non. 169 00:11:10,670 --> 00:11:13,256 Non teño que facer nada que non queira. 170 00:11:13,340 --> 00:11:15,759 Nin seguirlle a corrente a este incompetente 171 00:11:15,842 --> 00:11:18,428 e os seus patéticos intentos de cociñar! 172 00:11:19,346 --> 00:11:21,765 Nin finxir que lin ese estúpido libro 173 00:11:22,432 --> 00:11:25,435 nin escoitarte mentres te arrastras pedíndome perdón. 174 00:11:25,519 --> 00:11:27,145 - Fóra. - Non. 175 00:11:28,563 --> 00:11:30,941 Vale! Pois marcho eu. 176 00:11:33,443 --> 00:11:34,361 Debbie. 177 00:11:34,778 --> 00:11:35,695 Debbie. 178 00:11:36,321 --> 00:11:37,239 Arrea. 179 00:11:38,615 --> 00:11:40,992 Debbie, espera! Debbie. 180 00:11:41,076 --> 00:11:43,036 Por amor de Deus. Debbie, espera! 181 00:11:43,120 --> 00:11:44,746 Vai á merda, David. 182 00:11:44,830 --> 00:11:47,749 Xa que me vas odiar igual, teño cousas que dicirche… 183 00:11:48,917 --> 00:11:51,795 Máis? Teño que escoitar máis opinións sobre min? 184 00:11:51,878 --> 00:11:56,425 Máis adxectivos sobre ser unha corrente e aburrida muller de mediana idade? 185 00:11:56,508 --> 00:11:58,927 Mentía! Tiña que dicilo para protexerte. 186 00:11:59,010 --> 00:12:01,638 E eliminar a oferta de traballo era para protexerme? 187 00:12:02,431 --> 00:12:05,892 Iso fíxeno para protexerme eu. 188 00:12:05,976 --> 00:12:09,855 Acababa de facer unha cousa terrible, 189 00:12:09,938 --> 00:12:13,608 e non podía soportar a idea de que me deixases. Así que… si. 190 00:12:14,025 --> 00:12:18,321 Si, elimineino. E asegúroche que me arrepentirei toda a vida. 191 00:12:18,405 --> 00:12:21,491 Foi un traballo e só unha vez. 192 00:12:21,575 --> 00:12:23,243 Conseguinche moitas ofertas. 193 00:12:23,326 --> 00:12:24,828 - Mellores. - Fuches ti? 194 00:12:24,911 --> 00:12:26,037 Si, fun eu! 195 00:12:26,121 --> 00:12:29,291 - E non aceptaches ningunha! - Porque non estaba cualificada 196 00:12:29,374 --> 00:12:32,210 para ningún dos postos e non era bo momento. 197 00:12:32,294 --> 00:12:34,588 A carreira de David, a marcha dos nenos… 198 00:12:34,671 --> 00:12:36,214 Viches? Sempre fas iso! 199 00:12:36,298 --> 00:12:38,884 Buscas escusas. Por iso vin hoxe aquí. 200 00:12:38,967 --> 00:12:41,094 Porque non serei a túa seguinte escusa. 201 00:12:41,178 --> 00:12:46,099 Non quero que este odio que sentes por min sexa un lastre para ti. 202 00:12:46,183 --> 00:12:50,437 Judith, non entendes que me arrebataches os meus soños? 203 00:12:50,520 --> 00:12:54,191 Non fixen tal! Fuches ti! Ti renunciaches aos teus soños. 204 00:12:54,274 --> 00:12:58,445 Só quero que creas en ti tanto como creo eu, porque es brillante 205 00:12:58,528 --> 00:13:00,947 e podes facer o que te propoñas 206 00:13:01,031 --> 00:13:05,076 se deixas de ser tan covarde. 207 00:13:16,421 --> 00:13:17,255 Sabes o que? 208 00:13:18,715 --> 00:13:20,926 Conteillo á Interpol. 209 00:13:22,177 --> 00:13:24,596 Conteilles como gañas a vida. 210 00:13:24,679 --> 00:13:26,765 Que fixeches que? 211 00:13:26,848 --> 00:13:29,768 Si, mira que valente son. 212 00:13:30,936 --> 00:13:33,230 Agora dime, como senta 213 00:13:34,523 --> 00:13:37,692 que alguén a quen queres e en quen confías 214 00:13:38,693 --> 00:13:42,072 faga algo que doe tantísimo ás túas costas? 215 00:13:42,155 --> 00:13:43,281 Como senta? 216 00:13:44,991 --> 00:13:46,117 De acordo, Deb. 217 00:13:49,246 --> 00:13:50,664 Non pasa nada, porque… 218 00:13:50,747 --> 00:13:53,583 Nada disto importa xa, porque marcho. 219 00:13:55,377 --> 00:13:56,378 Marcho. 220 00:13:57,087 --> 00:14:01,174 - Judith Burton deixará de existir. - Judith Burton nunca existiu! 221 00:14:01,258 --> 00:14:05,845 Non é real! Así que escolle outro nome. 222 00:14:05,929 --> 00:14:09,599 Busca outra parva a quen convencer de que é a túa mellor amiga. 223 00:14:09,683 --> 00:14:12,644 Esa parte era real… para min. 224 00:14:15,021 --> 00:14:17,274 Cando che dixen que te quería era certo. 225 00:14:19,859 --> 00:14:22,821 Ti non sabes querer, non sabes nada diso. 226 00:14:22,904 --> 00:14:27,033 Porque se basea na sinceridade. 227 00:14:27,993 --> 00:14:32,163 E non hai nada de real nin sincero en ti. 228 00:14:32,872 --> 00:14:34,499 Sabes que iso non é xusto. 229 00:14:36,293 --> 00:14:37,669 Pois dispárame. 230 00:14:53,768 --> 00:14:56,271 WILLIAMS E FILLA ZAPATEIRAS 231 00:14:56,354 --> 00:14:58,189 PECHADO DESCULPEN 232 00:14:59,441 --> 00:15:01,026 Aquí hai cartos abondos 233 00:15:01,109 --> 00:15:04,029 e identidades abondas para que empeces de novo. 234 00:15:04,112 --> 00:15:06,865 Marcha lonxe de aquí. 235 00:15:22,047 --> 00:15:23,423 Ola, Victoria. 236 00:15:24,341 --> 00:15:26,843 Aquí tes todas as respostas. 237 00:15:30,263 --> 00:15:31,181 Xa estou. 238 00:15:31,264 --> 00:15:32,641 - Preparada? - Preparada. 239 00:15:32,724 --> 00:15:35,852 Esta é a última gravación que puiden atopar de Redback 240 00:15:35,935 --> 00:15:37,187 cando abandonou a escena. 241 00:15:37,270 --> 00:15:40,357 Diríxese cara a ese túnel, pero non chega a saír. 242 00:15:40,440 --> 00:15:42,484 Rastrexei as tres saídas sen éxito. 243 00:15:42,567 --> 00:15:44,944 Unha vez que entra no túnel, desaparece. 244 00:15:45,028 --> 00:15:47,572 Vou usando literalmente todos os nosos programas, 245 00:15:47,656 --> 00:15:49,824 pero ata agora non a atopei. 246 00:15:49,908 --> 00:15:52,160 Xa, así nunca conseguiremos atopala, 247 00:15:52,243 --> 00:15:53,495 a menos que ela queira. 248 00:15:55,455 --> 00:15:59,334 Debemos usar métodos analóxicos e ser máis listos ca ela. 249 00:15:59,417 --> 00:16:02,170 Sam, necesito todo canto poidas atopar. 250 00:16:02,253 --> 00:16:05,924 Cada arquivo, cada lesión, cada misión. Necesítoo todo. 251 00:16:10,220 --> 00:16:11,554 Oín que te trasladan. 252 00:16:14,307 --> 00:16:16,643 Aquí non me queda nada. 253 00:16:18,603 --> 00:16:20,021 Xa, eu tamén marcho. 254 00:16:22,857 --> 00:16:23,775 Dixéchesllo a el? 255 00:16:25,068 --> 00:16:26,194 Non, marcho e punto. 256 00:16:28,113 --> 00:16:29,114 A onde vas? 257 00:16:30,782 --> 00:16:33,410 - Pensaba en ir… - Non mo digas. 258 00:16:33,493 --> 00:16:37,247 Non llo digas a ninguén. E logo non che ensinei nada? 259 00:16:38,998 --> 00:16:41,000 Ensináchesme a romper as regras. 260 00:16:44,629 --> 00:16:46,089 Non, en serio, Sam… 261 00:16:47,966 --> 00:16:50,218 marcha e nunca mires atrás, oíches? 262 00:16:52,137 --> 00:16:55,181 Nunca teñas ninguén por quen volver. El tiña razón. 263 00:16:58,351 --> 00:17:00,061 Non podes facer isto e amar. 264 00:17:01,396 --> 00:17:03,148 Xa, pois… 265 00:17:04,357 --> 00:17:05,817 escollo amar alguén. 266 00:17:09,612 --> 00:17:10,655 Ben feito, rapaz. 267 00:17:18,371 --> 00:17:19,539 Quen é? 268 00:17:22,625 --> 00:17:23,585 Debbie? 269 00:17:26,128 --> 00:17:31,176 Atopei esta estupenda botella de viño 270 00:17:31,843 --> 00:17:35,722 e pareceume que non debía beber soa. 271 00:17:37,932 --> 00:17:42,312 É posible que xa catase a mercancía. 272 00:17:53,990 --> 00:17:57,535 Perdoa, teño calor, moita calor. 273 00:17:59,245 --> 00:18:01,873 Perdoa, si? Non sei por que vin aquí, 274 00:18:01,956 --> 00:18:04,584 e parecía tan boa idea de camiño… 275 00:18:04,667 --> 00:18:06,377 - Bebe algo. - Foi unha mala idea. 276 00:18:07,086 --> 00:18:08,671 Ten, isto axudará. 277 00:18:09,172 --> 00:18:10,173 Grazas. 278 00:18:10,256 --> 00:18:11,299 De nada. 279 00:18:14,427 --> 00:18:15,804 Crin que sería vodka. 280 00:18:16,846 --> 00:18:17,972 Vodka por que? 281 00:18:18,056 --> 00:18:21,684 Non é o que beben os inspectores con encanto á noite no cuarto? 282 00:18:22,560 --> 00:18:23,812 Cres que teño encanto? 283 00:18:25,146 --> 00:18:26,439 Moito encanto. 284 00:18:26,523 --> 00:18:29,651 Vaia… entón estás bébeda de verdade. 285 00:18:30,610 --> 00:18:35,156 Non estou tan bébeda como parece, só me sinto moi perdida. 286 00:18:36,407 --> 00:18:39,702 Había unha persoa na miña vida… 287 00:18:41,162 --> 00:18:44,582 ela era o meu norte, e xa non está, e… 288 00:18:45,416 --> 00:18:47,544 non sei se estou arriba ou abaixo. 289 00:18:48,378 --> 00:18:50,588 O norte e arriba son cousas distintas. 290 00:18:50,672 --> 00:18:52,549 Os homes e as orientacións. 291 00:18:52,632 --> 00:18:55,134 É unha metáfora de que estou soa. 292 00:18:56,761 --> 00:18:58,972 Entón, se cadra… 293 00:19:00,515 --> 00:19:02,183 terás que ser o teu propio norte. 294 00:19:05,395 --> 00:19:06,938 Iso parece moi difícil. 295 00:19:07,480 --> 00:19:10,149 Ás veces será, si, pero verás, 296 00:19:10,233 --> 00:19:13,152 ao non saber onde está o norte podes decidir 297 00:19:13,236 --> 00:19:15,613 que camiño queres seguir ou quen queres ser. 298 00:19:16,823 --> 00:19:17,740 Iso é… 299 00:19:19,033 --> 00:19:20,118 Iso é melindroso. 300 00:19:21,160 --> 00:19:22,078 Pero gústame. 301 00:19:23,538 --> 00:19:26,416 Sigue falando con ese acento tan doce. 302 00:19:26,916 --> 00:19:32,005 Vale, eu seguirei falando, e ti podes chorar se queres. 303 00:19:33,006 --> 00:19:34,382 Non quero chorar. 304 00:19:35,216 --> 00:19:36,551 Quero sexo. 305 00:19:39,888 --> 00:19:42,056 Pero non o imos facer, non si? 306 00:19:42,891 --> 00:19:44,475 Non, esta noite creo que non. 307 00:19:44,559 --> 00:19:45,560 Deus. 308 00:19:47,145 --> 00:19:48,187 Que o demo me leve. 309 00:19:49,314 --> 00:19:52,984 Ai, Deus. 310 00:19:53,067 --> 00:19:54,193 Sérveche un Toblerone? 311 00:19:55,653 --> 00:19:56,613 De que sabor? 312 00:19:57,864 --> 00:19:58,781 Con leite. 313 00:20:01,326 --> 00:20:02,368 Vale. 314 00:20:04,037 --> 00:20:05,830 Atopei algo no expediente dela. 315 00:20:05,914 --> 00:20:07,248 A data debe estar mal. 316 00:20:07,332 --> 00:20:09,792 Empezou con 15 anos? 317 00:20:09,876 --> 00:20:10,710 Non, está ben. 318 00:20:11,711 --> 00:20:14,714 Queres dicir que adestraban rapaces? 319 00:20:14,797 --> 00:20:16,174 Moldeábannos. 320 00:20:17,467 --> 00:20:21,638 Creábannos para cambiar o mundo. O director escollíanos especialmente. 321 00:20:24,599 --> 00:20:28,603 Catro minutos 38, catro minutos 17. Que é todo isto? 322 00:20:29,604 --> 00:20:31,606 As probas de resistencia dela. 323 00:20:31,689 --> 00:20:33,900 Canto aguanta sen respirar baixo a auga, 324 00:20:33,983 --> 00:20:36,819 - canto aguanta no frío. - Whiptail, isto… 325 00:20:37,820 --> 00:20:38,655 Isto é… 326 00:20:38,738 --> 00:20:43,534 Con isto non abonda, Sam, necesito que atopes o expediente orixinal. 327 00:20:43,618 --> 00:20:46,579 Cal é o seu nome real? Quen era antes de ser Redback? 328 00:20:46,663 --> 00:20:49,165 Non hai nada. Antes non existe. 329 00:20:49,624 --> 00:20:51,459 Ten quince anos e non hai máis. 330 00:20:51,542 --> 00:20:55,129 Se hai algún rexistro dela anterior, nós non o temos. 331 00:20:56,798 --> 00:20:58,174 Non, pero sei onde está. 332 00:21:09,978 --> 00:21:12,105 Deus. Ao final…? 333 00:21:12,188 --> 00:21:13,940 Seica si… 334 00:21:15,650 --> 00:21:18,319 Comemos todo o Toblerone. 335 00:21:22,949 --> 00:21:25,284 - Teño que saír de aquí. - Espera. 336 00:21:25,368 --> 00:21:30,581 Se queres podemos almorzar, ou podo acompañarte á casa ou… 337 00:21:31,666 --> 00:21:32,542 Non. 338 00:21:38,756 --> 00:21:39,966 Que é todo isto? 339 00:21:43,344 --> 00:21:45,555 De verdade é ela? De onde o sacaches? 340 00:21:45,638 --> 00:21:49,851 Metín a foto nun programa de rexuvenecemento e busqueina no sistema. 341 00:21:49,934 --> 00:21:51,811 E atopeina. Mira. 342 00:21:53,229 --> 00:21:55,356 Criouse nun orfanato, 343 00:21:55,440 --> 00:21:58,943 e parece que a adoptaron e que despois a devolveron. 344 00:21:59,027 --> 00:22:01,446 Devolvérona? Quen devolve un neno? 345 00:22:01,529 --> 00:22:04,991 Non o sei, pero logo da adopción volveu ao orfanato 346 00:22:05,074 --> 00:22:07,368 e uns seis meses despois… 347 00:22:08,202 --> 00:22:09,037 Que? 348 00:22:09,620 --> 00:22:10,705 Morreu. 349 00:22:10,788 --> 00:22:14,584 Imaxino que finxiron a súa morte. Mira o certificado de defunción. 350 00:22:15,001 --> 00:22:16,711 Querían que parecese que morrera. 351 00:22:16,794 --> 00:22:18,671 - Agarda. - Que? 352 00:22:18,755 --> 00:22:22,300 Tes que destruír todo iso e non pescudar nunca máis. 353 00:22:22,383 --> 00:22:24,761 - Prométemo, porque eles… - Quen son "eles"? 354 00:22:25,887 --> 00:22:28,014 Non direi unha palabra máis. Marcho. 355 00:22:28,097 --> 00:22:29,974 Debbie, sei que intentas protexela. 356 00:22:30,058 --> 00:22:31,601 Non intento protexela a ela. 357 00:22:31,684 --> 00:22:33,644 Intento protexerte a ti. 358 00:22:33,728 --> 00:22:35,605 Non pescudes máis. 359 00:22:51,370 --> 00:22:54,791 CAMPO DE ADESTRAMENTO DA AXENCIA 360 00:22:57,585 --> 00:23:00,379 PROHIBIDO ENTRAR SEN AUTORIZACIÓN 361 00:23:00,463 --> 00:23:04,509 Non quero adoptarte. Ofrézoche unha bolsa de estudos. 362 00:23:04,592 --> 00:23:05,968 Para que? 363 00:23:06,928 --> 00:23:09,597 Programa vocacional para nenos superdotados. 364 00:23:09,680 --> 00:23:12,433 Haberá adestramento deportivo intensivo, 365 00:23:12,517 --> 00:23:16,521 idiomas, novos métodos didácticos, disciplina. 366 00:23:16,604 --> 00:23:18,981 Veña, Whiptail, dálle. 367 00:23:19,982 --> 00:23:22,860 Moi ben, Whiptail, moi ben! 368 00:23:30,701 --> 00:23:31,911 Que máis che ensinaron? 369 00:23:32,537 --> 00:23:34,831 Ensinábannos a loitar debaixo da auga. 370 00:23:35,540 --> 00:23:37,542 E non tiñas medo? 371 00:23:38,251 --> 00:23:39,168 Non. 372 00:23:40,795 --> 00:23:42,130 Sentíame xenial. 373 00:23:42,797 --> 00:23:44,090 Coma na casa. 374 00:23:45,591 --> 00:23:52,515 O tempo a bater é 4 minutos e 14 segundos. Reduce o ritmo cardíaco e concéntrate. 375 00:23:52,598 --> 00:23:55,226 Bloquea todo o demais. 376 00:24:25,089 --> 00:24:26,048 Onde estamos? 377 00:24:26,132 --> 00:24:28,009 Aquí enterras quen eras. 378 00:24:29,343 --> 00:24:30,553 Convérteste en quen es. 379 00:24:47,028 --> 00:24:48,154 Pono todo aí. 380 00:24:48,738 --> 00:24:50,072 Todo o que eras antes. 381 00:24:59,540 --> 00:25:00,791 Pono aí. 382 00:25:12,261 --> 00:25:13,429 O antes non existe. 383 00:25:16,474 --> 00:25:17,683 O antes non existe. 384 00:25:59,892 --> 00:26:01,727 1 DE XUÑO 1993 ARABELLA JANSEN 385 00:26:02,728 --> 00:26:03,688 Devolvérona? 386 00:26:03,771 --> 00:26:04,605 ADOPTADA DEVOLTA 387 00:26:04,689 --> 00:26:06,440 Teño entendido que te… 388 00:26:07,900 --> 00:26:09,068 devolveron. 389 00:26:09,151 --> 00:26:12,738 Facerlle iso a un neno é algo imperdoable. 390 00:26:13,364 --> 00:26:17,660 No meu programa, nunca devolvemos a ninguén. 391 00:26:18,869 --> 00:26:19,787 Non! 392 00:26:29,005 --> 00:26:32,216 ADOPTADA DEVOLTA 393 00:26:33,384 --> 00:26:34,719 Devolvéronnos a todos. 394 00:26:36,178 --> 00:26:37,596 ADOPTADA DEVOLTA 395 00:26:45,354 --> 00:26:46,605 Arrea, que boa es. 396 00:26:48,357 --> 00:26:49,567 Sabíalo? 397 00:26:49,650 --> 00:26:52,320 Que fixo que nos adoptasen e nos devolvesen? 398 00:26:52,403 --> 00:26:53,321 Non. 399 00:26:54,739 --> 00:26:56,699 Descubrino hai un par de meses. 400 00:26:56,782 --> 00:26:58,951 Impacta moito a verdade sobre papá, eh? 401 00:27:01,370 --> 00:27:02,330 É un monstro. 402 00:27:02,413 --> 00:27:06,417 Eu non usaría a palabra "monstro". Gañas a vida matando xente. 403 00:27:06,500 --> 00:27:08,377 El é a razón pola que o fago. 404 00:27:08,461 --> 00:27:10,171 Ese é o teu problema. 405 00:27:11,172 --> 00:27:12,923 Nunca cres que é culpa túa. 406 00:27:13,007 --> 00:27:15,217 Devolvernos facíanos maleables, 407 00:27:15,843 --> 00:27:18,971 desesperados por agradar e temorosos ao apego emocional. 408 00:27:19,055 --> 00:27:21,891 El escolleunos para que nos devolvesen. 409 00:27:22,767 --> 00:27:23,726 Xa eramos así. 410 00:27:25,269 --> 00:27:26,228 Somos asasinas. 411 00:27:27,063 --> 00:27:28,647 Non me parezo en nada a ti. 412 00:27:28,731 --> 00:27:31,233 Es idéntica a min. 413 00:27:33,611 --> 00:27:36,364 Dis que é por un ben maior, pero gústache facelo. 414 00:27:36,447 --> 00:27:38,240 Isto rematou, Ana. 415 00:27:39,992 --> 00:27:41,410 Abaixo. 416 00:27:42,495 --> 00:27:43,788 No ring de combate. 417 00:27:44,997 --> 00:27:46,040 Ti e mais eu. 418 00:27:46,665 --> 00:27:47,625 Ti e mais eu. 419 00:27:52,254 --> 00:27:54,715 Vaia, fixo efecto antes do que pensaba. 420 00:27:54,799 --> 00:27:56,675 Botei a toxina nas madeiras 421 00:27:56,759 --> 00:27:58,302 porque sabía que as tocarías. 422 00:27:58,386 --> 00:28:01,180 Coa madeira nunca se sabe se acertaches coa dose. 423 00:28:13,567 --> 00:28:15,778 NÚMERO DESCOÑECIDO 424 00:28:18,155 --> 00:28:19,740 - Diga? - Ola, Sam. 425 00:28:20,449 --> 00:28:22,243 Estiven esperando a túa chamada. 426 00:28:22,326 --> 00:28:25,663 Pensei que tiñamos algo. Igual só significou máis para min. 427 00:28:26,622 --> 00:28:29,083 - Que queres? - De ti? Nada. 428 00:28:29,166 --> 00:28:31,210 Xa cumpriches a túa función. Pásamo. 429 00:28:31,293 --> 00:28:32,920 Non cho penso pasar. 430 00:28:33,003 --> 00:28:34,296 Téñoa. 431 00:28:34,964 --> 00:28:36,298 Di "ola", Whiptail. 432 00:28:36,382 --> 00:28:37,633 Que che dean. 433 00:28:37,716 --> 00:28:38,801 Que che dean! 434 00:28:39,552 --> 00:28:42,680 Está un pouco irritable debido a unha reacción forte 435 00:28:42,763 --> 00:28:44,890 a unhas drogas bastante experimentais. 436 00:28:45,599 --> 00:28:49,145 Pásamo, seguro que ten tempo para a súa mellor axente. 437 00:28:55,025 --> 00:28:55,860 É ela. 438 00:28:56,485 --> 00:28:57,695 É Redback. 439 00:29:02,199 --> 00:29:03,159 Ola, Ana. 440 00:29:03,242 --> 00:29:05,494 Jack, canto tempo. 441 00:29:06,454 --> 00:29:08,414 Chamaba para dicirche que o sei todo. 442 00:29:08,497 --> 00:29:10,791 Que o xogo sempre estivo amañado. 443 00:29:10,875 --> 00:29:14,086 Que fixeches que nos adoptasen e que nos devolvesen. 444 00:29:17,631 --> 00:29:20,301 Estar obsesionada coa vinganza é moi produtivo. 445 00:29:20,384 --> 00:29:21,635 Fas un lote de cousas. 446 00:29:21,719 --> 00:29:23,012 Que queres, Ana? 447 00:29:23,095 --> 00:29:25,347 Darche a elixir. 448 00:29:25,931 --> 00:29:27,016 Teño a Whiptail. 449 00:29:27,099 --> 00:29:30,603 Podo marchar agora mesmo sen tocarlle un pelo da cabeza. 450 00:29:30,686 --> 00:29:33,105 Pois fai iso. 451 00:29:33,814 --> 00:29:35,441 Non escoitaches a opción. 452 00:29:36,233 --> 00:29:37,276 Se vive, 453 00:29:37,902 --> 00:29:41,322 eu destrúo canto construíches, ladrillo a ladrillo. 454 00:29:41,405 --> 00:29:44,575 Reduzo a túa organización a cinsas ou… 455 00:29:45,242 --> 00:29:46,452 pronuncias as palabras, 456 00:29:47,286 --> 00:29:48,662 pídesme que a mate, 457 00:29:49,455 --> 00:29:51,540 isto acaba agora mesmo 458 00:29:52,082 --> 00:29:53,083 e eu desaparezo. 459 00:29:53,959 --> 00:29:58,380 Nin máis cadáveres nin máis atención, o teu legado sobrevive. 460 00:29:58,464 --> 00:30:00,674 Escolle ti. 461 00:30:01,759 --> 00:30:04,303 Ela ou a Axencia. 462 00:30:08,265 --> 00:30:09,517 Fala, Jack. 463 00:30:10,726 --> 00:30:12,937 Necesita oír como a traizoa papá. 464 00:30:14,104 --> 00:30:16,315 Vive segundo as regras que nos impós. 465 00:30:17,024 --> 00:30:20,361 Nada de vínculos emocionais. 466 00:30:25,282 --> 00:30:26,700 Escolle. 467 00:30:34,333 --> 00:30:35,459 Mátaa. 468 00:30:37,378 --> 00:30:38,796 Mata a Whiptail. 469 00:30:41,507 --> 00:30:42,883 Escollo iso. 470 00:30:44,635 --> 00:30:46,220 Como queiras, está feito. 471 00:30:46,720 --> 00:30:48,055 Levareina á casa. 472 00:30:48,138 --> 00:30:50,182 Onde pertence. 473 00:30:55,771 --> 00:30:56,981 Xa vou! 474 00:30:57,982 --> 00:31:01,569 Debbie, son Sam! Teño que falar contigo. 475 00:31:01,652 --> 00:31:04,697 - Ola, teño que falar contigo. - Sam. 476 00:31:04,780 --> 00:31:08,409 Sam, se te mandou de recadeiro, non teño nada que dicir. 477 00:31:08,492 --> 00:31:10,327 Debbie, tena Ana e vai matala. 478 00:31:14,039 --> 00:31:15,165 Como que a ten? 479 00:31:15,249 --> 00:31:17,126 Drogouna, parecía que a tiña atada. 480 00:31:17,209 --> 00:31:18,752 Só ti sabes onde pode estar. 481 00:31:18,836 --> 00:31:20,421 - Non sei dela. - Por favor. 482 00:31:20,504 --> 00:31:23,299 Ana díxolle ao director que a levaba á casa. 483 00:31:23,382 --> 00:31:26,385 Eu non sei onde é esa "casa", por favor. 484 00:31:27,052 --> 00:31:28,345 Vai morrer. 485 00:31:29,513 --> 00:31:31,015 Onde é a súa "casa", Debbie? 486 00:31:36,145 --> 00:31:37,313 Que divertido, eh? 487 00:31:37,938 --> 00:31:38,939 É un neurosupresor. 488 00:31:39,023 --> 00:31:41,984 Non está regulado, descoñezo os efectos secundarios. 489 00:31:43,193 --> 00:31:45,404 Impide falar, moverse e ver. 490 00:31:46,071 --> 00:31:48,741 Tranquila, o efecto marcha en dúas horas. 491 00:31:48,824 --> 00:31:51,785 Quero que o sintas todo. 492 00:31:54,538 --> 00:31:56,290 Baixaches algunha vez aquí? 493 00:31:56,373 --> 00:31:58,375 Sempre me agochaba aquí. 494 00:31:59,168 --> 00:32:03,797 Cando tiñan as caldeiras acesas, pero agora vai frío. 495 00:32:05,341 --> 00:32:07,384 Coma se nunca volveses sentir calor, 496 00:32:07,468 --> 00:32:09,762 coma a desesperación calando os ósos. 497 00:32:11,472 --> 00:32:13,766 Que? Queres dicir algo? 498 00:32:16,477 --> 00:32:17,978 Tanto me ten. 499 00:32:18,979 --> 00:32:20,898 Acabouse, entre ti e mais eu. 500 00:32:20,981 --> 00:32:24,068 Aquí era onde tiña que rematar. 501 00:32:25,235 --> 00:32:27,404 Aquí é onde todo comezou. 502 00:32:35,371 --> 00:32:36,789 Non quero matarte. 503 00:32:37,373 --> 00:32:41,710 Quero que saibas o que se sente estando completa e totalmente soa. 504 00:32:41,794 --> 00:32:45,047 A túa amiga non te quere, o director non te quere, 505 00:32:45,130 --> 00:32:46,298 non virá ninguén. 506 00:32:47,424 --> 00:32:51,011 Había un médico na cela do lado no cárcere, falangueiro. 507 00:32:51,095 --> 00:32:52,763 Axudoume a preparar isto. 508 00:32:52,846 --> 00:32:55,265 Canto tempo podes manter viva unha persoa, 509 00:32:55,349 --> 00:33:00,688 soa, na escuridade, sen poder moverse, pero completa e totalmente esperta. 510 00:33:01,313 --> 00:33:02,606 Selei a caldeira. 511 00:33:02,690 --> 00:33:05,651 Todo o aire e o alimento entrará por eses tubos. 512 00:33:05,734 --> 00:33:09,363 Creo que temos un par de aniños por diante. 513 00:33:12,783 --> 00:33:13,909 Imaxínao. 514 00:33:18,664 --> 00:33:21,625 OSÍXENO 515 00:33:25,671 --> 00:33:27,005 - Ola? - Judith? 516 00:33:27,089 --> 00:33:28,257 Whiptail? 517 00:33:31,635 --> 00:33:33,137 PASAPORTE 518 00:33:33,220 --> 00:33:34,722 Aquí é onde vive? 519 00:33:35,848 --> 00:33:36,765 É. 520 00:33:37,474 --> 00:33:39,184 Que outro sitio pode ser a "casa"? 521 00:33:40,894 --> 00:33:42,521 Ten que haber algo, Debbie. 522 00:33:42,604 --> 00:33:46,567 Algunha pista, algunha cousa persoal. 523 00:33:46,650 --> 00:33:48,068 Busquei e non hai nada. 524 00:33:49,403 --> 00:33:50,738 Non é unha persoa. 525 00:33:52,322 --> 00:33:53,741 É isto. 526 00:34:48,253 --> 00:34:49,545 Ai, meu Deus. 527 00:35:09,358 --> 00:35:13,737 FAMILIA 528 00:35:35,175 --> 00:35:36,510 TÍA JUDITH 529 00:35:43,767 --> 00:35:45,185 PARA J DE D AS NOSAS CANCIÓNS 530 00:35:47,187 --> 00:35:49,147 Fíxena para ti. 531 00:35:57,197 --> 00:35:58,156 Isto que é? 532 00:36:01,577 --> 00:36:02,870 Esta é ela, Sam. 533 00:36:04,121 --> 00:36:05,747 A de verdade. 534 00:36:27,311 --> 00:36:29,313 Temos que descubrir onde é a "casa". 535 00:36:32,441 --> 00:36:33,901 Aquí ten que haber algo. 536 00:36:34,860 --> 00:36:35,861 CONFIDENCIAL 537 00:36:44,244 --> 00:36:45,370 - Ai, Deus. - Que? 538 00:36:46,663 --> 00:36:48,206 Mira que nova é aquí. 539 00:36:49,207 --> 00:36:52,085 Son ela e o director no antigo centro de adestramento. 540 00:36:53,337 --> 00:36:55,422 Fomos a unha academia de adestramento. 541 00:36:55,505 --> 00:36:57,007 Sentíame xenial. 542 00:36:58,216 --> 00:36:59,343 Coma na casa. 543 00:37:00,093 --> 00:37:01,511 Sam, é isto. 544 00:37:02,846 --> 00:37:06,183 Para ela esta é a súa "casa". 545 00:37:06,266 --> 00:37:07,476 Imos por ela. 546 00:37:08,977 --> 00:37:09,978 Merda! 547 00:37:10,062 --> 00:37:12,356 Que? Quen é esa? 548 00:37:12,439 --> 00:37:15,984 A Interpol. Vainos seguir en canto saiamos co coche de aquí. 549 00:37:17,986 --> 00:37:19,488 Sabes como gañaba a vida? 550 00:37:23,200 --> 00:37:24,451 Non. 551 00:37:34,628 --> 00:37:36,797 Con ela, parezo o mesmo ca ela. 552 00:37:36,880 --> 00:37:40,384 Unha muller aburrida e normal de mediana idade. 553 00:37:40,467 --> 00:37:41,802 Debbie! 554 00:37:43,011 --> 00:37:45,764 Judith Burton nunca existiu! 555 00:37:45,847 --> 00:37:47,766 Non é real! 556 00:37:48,809 --> 00:37:49,935 Mátaa. 557 00:37:50,018 --> 00:37:51,561 Mata a Whiptail. 558 00:37:52,604 --> 00:37:54,189 Escollo iso. 559 00:38:00,612 --> 00:38:01,905 A túa amiga non te quere, 560 00:38:03,240 --> 00:38:04,658 o director non te quere. 561 00:38:06,201 --> 00:38:07,494 Non virá ninguén. 562 00:38:17,004 --> 00:38:18,213 Cal é o plan, nena? 563 00:38:20,424 --> 00:38:21,842 Desconectarei o osíxeno. 564 00:38:31,393 --> 00:38:33,228 E despois que? Tes… 565 00:38:34,604 --> 00:38:36,189 algún gran plan de fuga? 566 00:38:36,815 --> 00:38:37,899 Iso é todo. 567 00:38:39,818 --> 00:38:41,695 Acabarase e morrerei. 568 00:38:41,778 --> 00:38:44,531 Non me deixes aquí soa, non podo sobrevivir a isto. 569 00:39:07,387 --> 00:39:08,722 Judith! 570 00:39:10,265 --> 00:39:11,224 Judith! 571 00:39:16,146 --> 00:39:17,189 Judith! 572 00:39:25,363 --> 00:39:26,823 Judith! 573 00:39:33,330 --> 00:39:34,623 Queres pasar? 574 00:39:37,501 --> 00:39:39,377 É a miña mellor amiga. 575 00:39:41,630 --> 00:39:43,256 Quérote. 576 00:39:49,137 --> 00:39:50,430 Perdoa. 577 00:39:51,181 --> 00:39:52,974 - Si, por favor. - Cóntame. 578 00:40:07,072 --> 00:40:08,115 Judith. 579 00:40:08,448 --> 00:40:10,575 Judith, son eu. 580 00:40:10,659 --> 00:40:11,910 - Debbie. - Son eu. 581 00:40:12,369 --> 00:40:13,703 Debbie. 582 00:40:13,787 --> 00:40:15,789 Estás a salvo. Estou aquí. 583 00:40:19,876 --> 00:40:22,546 Estou aquí, Judith. 584 00:40:41,356 --> 00:40:42,858 Podes ver algo? 585 00:40:42,941 --> 00:40:44,985 A verdade é que non. 586 00:40:48,155 --> 00:40:49,072 Viñeches. 587 00:40:51,199 --> 00:40:52,159 Claro que vin. 588 00:40:53,160 --> 00:40:54,494 O que dixen e fixen, 589 00:40:55,620 --> 00:40:56,913 síntoo moito. 590 00:40:57,622 --> 00:41:01,001 Si, vas necesitar moita terapia psicolóxica. 591 00:41:01,084 --> 00:41:02,169 Xa o sei. 592 00:41:03,211 --> 00:41:04,421 E alí estarei. 593 00:41:06,590 --> 00:41:08,133 Non te deixarei. 594 00:41:13,930 --> 00:41:15,432 Que demo foi iso? 595 00:41:15,515 --> 00:41:17,142 Deus, é ela. 596 00:41:19,311 --> 00:41:20,478 Ola, son eu. 597 00:41:28,361 --> 00:41:29,988 Non vai parar. Nunca vai parar. 598 00:41:30,572 --> 00:41:32,782 Non é túa, maldita psicópata! 599 00:41:35,619 --> 00:41:36,620 Agárrate! 600 00:41:44,044 --> 00:41:45,962 Debbie, escóitame ben. 601 00:41:46,046 --> 00:41:47,297 Detrás hai armas. 602 00:41:47,380 --> 00:41:48,882 - Que? - Debaixo do asento! 603 00:41:51,635 --> 00:41:52,802 - O asento? - Debaixo. 604 00:41:52,886 --> 00:41:54,888 - Suxeita! - Non podo conducir. Non vexo! 605 00:41:54,971 --> 00:41:57,182 Tampouco podes disparar, hai que improvisar! 606 00:41:57,265 --> 00:41:58,183 - Trae. - Deus! 607 00:42:03,104 --> 00:42:04,105 Vale. 608 00:42:04,189 --> 00:42:05,148 - Preparada? - Si. 609 00:42:06,691 --> 00:42:08,193 - Xa! - A miña perna! 610 00:42:08,276 --> 00:42:09,611 Perdón! 611 00:42:10,987 --> 00:42:12,113 Debbie, que fago? 612 00:42:13,406 --> 00:42:15,283 - Ei! - Conduce en liña recta. 613 00:42:15,367 --> 00:42:16,993 - En liña recta. - Si. 614 00:42:18,703 --> 00:42:20,580 - Vale. - É a caixa negra. 615 00:42:21,665 --> 00:42:23,083 Todas as caixas son negras! 616 00:42:23,166 --> 00:42:25,627 - Trae a caixa negra! - Vale! 617 00:42:28,129 --> 00:42:29,673 Quere levarnos ao precipicio. 618 00:42:33,260 --> 00:42:36,763 - Trae a pistola! Ti dáma. - Vale. 619 00:42:37,222 --> 00:42:38,807 Non é unha pistola, é un arpón. 620 00:42:38,890 --> 00:42:40,100 Disparareille con isto. 621 00:42:40,183 --> 00:42:42,644 E de que nos vai servir? Iso átanos a ela! 622 00:42:44,271 --> 00:42:46,648 Lévao ao precipicio, Judith. Vale? 623 00:43:02,205 --> 00:43:03,456 - Quérote. - E eu a ti. 624 00:43:03,540 --> 00:43:04,958 Salta! 625 00:43:41,286 --> 00:43:42,245 Ben. 626 00:43:43,330 --> 00:43:44,331 Vamos. 627 00:43:45,749 --> 00:43:48,001 Que? A onde imos? 628 00:43:48,084 --> 00:43:51,004 Buscar un corpo. Non penso volver pasar por isto. 629 00:43:51,671 --> 00:43:54,257 Para que imos baixar? Logo imos ter que subir. 630 00:43:54,341 --> 00:43:55,175 Si. 631 00:43:55,258 --> 00:43:56,926 Necesito estar ben segura 632 00:43:57,010 --> 00:44:00,013 de que Redbone ou como se chame non volve aparecer. 633 00:44:11,691 --> 00:44:12,942 INACTIVA WHIPTAIL 634 00:44:25,038 --> 00:44:26,164 Vas a algures, Sam? 635 00:44:26,247 --> 00:44:28,500 Non, só… 636 00:44:29,584 --> 00:44:31,503 recollía a mesa, señor. 637 00:44:32,545 --> 00:44:37,133 Valoro moito a lealdade na miña Axencia. 638 00:44:38,093 --> 00:44:39,469 Claro, señor. 639 00:44:39,552 --> 00:44:44,015 Ninguén entra á forza no meu despacho, ninguén me mente 640 00:44:44,099 --> 00:44:46,267 e, sobre todo, 641 00:44:46,893 --> 00:44:48,436 ninguén marcha. 642 00:44:49,479 --> 00:44:52,065 Ti, Sam, fixeches as tres cousas, 643 00:44:52,690 --> 00:44:57,320 o cal me deixa cunha decisión que tomar acerca do teu futuro. 644 00:45:01,074 --> 00:45:02,700 Vémonos mañá, Sam. 645 00:45:04,077 --> 00:45:05,161 Señor. 646 00:45:05,954 --> 00:45:07,247 Vémonos mañá, 647 00:45:07,330 --> 00:45:10,875 porque quero presentarte a nosa nova axente. 648 00:45:13,169 --> 00:45:15,004 Creo que xa vos coñecedes. 649 00:45:16,548 --> 00:45:18,049 Comeza o adestramento 650 00:45:18,133 --> 00:45:21,302 e non se me ocorre ninguén mellor para ocuparse 651 00:45:21,386 --> 00:45:23,638 e guiala a través do proceso. 652 00:45:24,347 --> 00:45:25,306 Podes ocuparte? 653 00:45:27,892 --> 00:45:29,227 Iso é todo, Sam. 654 00:46:01,634 --> 00:46:03,511 Si, estou dentro. 655 00:46:09,976 --> 00:46:11,769 Imos destruír ese cabrón. 656 00:46:16,608 --> 00:46:18,359 MUDANZAS 657 00:46:27,410 --> 00:46:29,162 - A última? - Si, a última. 658 00:46:36,294 --> 00:46:37,378 Síntoo. 659 00:46:40,048 --> 00:46:41,257 Ben. 660 00:46:44,719 --> 00:46:45,970 Eu tamén. 661 00:47:03,029 --> 00:47:04,364 Sorte no cárcere. 662 00:47:18,962 --> 00:47:21,673 FACULTADE DE YALE DEBORAH OWENS - DOUTORA EN LEIS 663 00:47:36,729 --> 00:47:39,691 Déanos dúas semanas e será toda súa. 664 00:47:40,400 --> 00:47:41,359 Ben. 665 00:47:51,786 --> 00:47:57,000 DEBORAH CLAYBOURNE AVOGADA 666 00:48:27,447 --> 00:48:30,158 Acordamos que irías de incógnito. 667 00:48:30,241 --> 00:48:32,118 Vou de incógnito. 668 00:48:32,744 --> 00:48:35,246 Ese sombreiro é rechamangueiro. 669 00:48:35,747 --> 00:48:38,833 Non é rechamangueiro, é estupendo. 670 00:48:40,001 --> 00:48:41,919 "Non máis grande ca o Mauretania." 671 00:48:48,801 --> 00:48:51,512 De verdade o vas facer? Dúas semanas sen plans? 672 00:48:51,596 --> 00:48:54,515 Só o Pase Interrail e algúns grandes soños. 673 00:48:55,224 --> 00:48:56,267 E ti? 674 00:48:56,726 --> 00:48:57,769 Camboxa. 675 00:49:00,938 --> 00:49:04,442 Vou ver se atopo esa illa afastada que é difícil de ver. 676 00:49:10,281 --> 00:49:12,158 Como me poño en contacto contigo? 677 00:49:15,203 --> 00:49:16,412 Encargueillo a Queenie. 678 00:49:16,496 --> 00:49:17,330 PASAPORTE 679 00:49:24,504 --> 00:49:25,880 Boa elección de nome. 680 00:49:25,963 --> 00:49:27,256 Un novo alias. 681 00:49:27,882 --> 00:49:30,134 - Seguro. É bo. - Non é un alias. 682 00:49:34,055 --> 00:49:35,348 É o meu nome real. 683 00:49:40,478 --> 00:49:43,189 Creo que debo intentar descubrir quen son de verdade. 684 00:49:54,450 --> 00:49:55,743 Un pracer coñecerte. 685 00:49:58,579 --> 00:49:59,872 Igualmente. 686 00:50:04,210 --> 00:50:05,545 Queren tomar algo? 687 00:50:06,713 --> 00:50:07,964 Whisky, por favor. 688 00:50:08,047 --> 00:50:09,424 - Que sexan dous. - Claro. 689 00:50:10,091 --> 00:50:11,092 Grazas. 690 00:50:11,634 --> 00:50:12,677 De nada. 691 00:50:15,054 --> 00:50:16,013 Grazas. 692 00:50:25,690 --> 00:50:26,691 Señora? 693 00:50:27,942 --> 00:50:28,860 Téñoas. 694 00:50:31,112 --> 00:50:33,489 Señor, estou en posición. 695 00:50:33,865 --> 00:50:36,534 Entro en acción, camarada xeneral? 696 00:50:40,246 --> 00:50:41,330 Entendido. 697 00:50:42,081 --> 00:50:43,207 Entendido. 698 00:50:44,417 --> 00:50:45,334 Entendido. 699 00:50:54,385 --> 00:50:55,845 Polas novas aventuras. 700 00:50:58,014 --> 00:50:59,348 Isto acaba de empezar. 701 00:52:22,431 --> 00:52:24,433 Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos 702 00:52:24,517 --> 00:52:26,519 Supervisora creativa: María Suárez