1 00:00:00,080 --> 00:00:01,920 Chameina 5 veces dende que saímos. 2 00:00:02,000 --> 00:00:04,040 Non contesta. Vai ver se está ben. 3 00:00:04,120 --> 00:00:06,120 - Chámote despois. - Vale. 4 00:00:35,240 --> 00:00:36,160 Ola? 5 00:00:39,720 --> 00:00:40,560 April? 6 00:00:55,640 --> 00:00:57,400 Mi madriña. 7 00:01:01,320 --> 00:01:02,520 April? 8 00:01:06,400 --> 00:01:07,480 April? 9 00:01:20,360 --> 00:01:21,600 April? 10 00:01:21,680 --> 00:01:22,720 Hostia! 11 00:01:24,160 --> 00:01:25,640 April? Estás aquí? 12 00:01:25,720 --> 00:01:26,880 - Kit? Kit! - Merda! 13 00:01:30,960 --> 00:01:34,160 - Menos mal que viñeches. - Tranquila. Xa pasou. 14 00:01:34,240 --> 00:01:36,080 - Estás ferida? - Marcharon? 15 00:01:36,160 --> 00:01:38,000 Quen? Que pasou? Tranquila. 16 00:01:38,080 --> 00:01:40,400 Aquí estou. Que pasou? 17 00:01:44,600 --> 00:01:46,000 Desapareceu todo. 18 00:01:46,080 --> 00:01:48,759 - A que te refires con "todo"? - Está baleira. 19 00:01:48,840 --> 00:01:51,520 - Que pasou? - Desapareceu todo da casa. 20 00:01:51,600 --> 00:01:53,560 - Que? - Aquí non hai nada. 21 00:01:53,640 --> 00:01:55,160 - April está ben? - É Kit? 22 00:01:55,240 --> 00:01:56,759 Agarda. Que pasou? 23 00:01:57,120 --> 00:01:59,759 Está ben. Entraron homes na casa e levaron todo. 24 00:01:59,840 --> 00:02:02,440 - Pecharon a April e Joel no baño. - Que levaron? 25 00:02:02,520 --> 00:02:05,000 Quitáronlles os móbiles. Creo que están ben. 26 00:02:05,080 --> 00:02:06,520 Ai, meu Deus. Vale. 27 00:02:07,440 --> 00:02:09,600 Volvemos para casa. 28 00:02:10,639 --> 00:02:11,640 Dexie. 29 00:02:12,240 --> 00:02:13,840 - Vamos, levanta. - Que pasa? 30 00:02:13,920 --> 00:02:16,560 Debemos volver a Londres, amor. Vamos. 31 00:02:18,160 --> 00:02:19,960 Non, estou durmindo. 32 00:02:20,040 --> 00:02:22,760 Xa sei. Temos que ir onda April. 33 00:02:22,840 --> 00:02:25,160 É imposible que arramplasen con todo. 34 00:02:26,560 --> 00:02:29,440 Colle as túas cousas e sube ao coche, anda. 35 00:02:29,520 --> 00:02:31,079 Vamos. 36 00:03:09,200 --> 00:03:11,000 Fallaron todas as alarmas. 37 00:03:12,040 --> 00:03:13,760 Deixei de ter imaxe ás 20:00. 38 00:03:13,840 --> 00:03:16,840 O sistema de seguridade é excelente, só coa wifi conectada. 39 00:03:16,920 --> 00:03:18,800 Como puideron levalo todo? 40 00:03:18,880 --> 00:03:19,880 Desactivárona? 41 00:03:19,960 --> 00:03:22,320 Vixiarían a súa casa durante semanas. 42 00:03:22,400 --> 00:03:23,600 Falei cos seus veciños. 43 00:03:23,680 --> 00:03:26,640 A cámara da porta estaba acesa. Pode verse todo. 44 00:03:28,760 --> 00:03:30,240 Son un lote de xente. 45 00:03:31,920 --> 00:03:33,079 Quen faría isto? 46 00:03:33,160 --> 00:03:34,680 Somos un obxectivo. 47 00:03:35,600 --> 00:03:36,480 Por que? 48 00:03:37,160 --> 00:03:39,920 De quen é a empresa de mudanzas? Quen son…? 49 00:03:40,000 --> 00:03:42,320 - Jamie, non. - Que? Non que? 50 00:03:42,400 --> 00:03:46,360 Quero saber como atraparán as persoas que nos levaron todo! 51 00:03:46,440 --> 00:03:48,000 Os rapaces están no coche. 52 00:03:48,079 --> 00:03:49,640 Xenial. Grazas. 53 00:03:49,720 --> 00:03:50,920 Vamos. 54 00:03:51,800 --> 00:03:53,760 Hai que tomar declaración á súa filla. 55 00:03:54,320 --> 00:03:56,400 Que? Agora? Son as tres da mañá. 56 00:03:56,480 --> 00:03:58,760 Fechárona no baño uns homes con pasamontañas. 57 00:03:58,840 --> 00:04:00,480 Cría que morrería. 58 00:04:00,560 --> 00:04:02,000 Falará con vostedes mañá. 59 00:04:07,480 --> 00:04:09,440 Por que deixaron unha serpe morta? 60 00:04:09,520 --> 00:04:11,160 Quizais é unha firma macabra. 61 00:04:13,120 --> 00:04:14,240 Onde irás? 62 00:04:14,320 --> 00:04:15,800 Irei á casa de Kate. 63 00:04:15,880 --> 00:04:17,160 Pediremos un coche. 64 00:04:19,760 --> 00:04:21,680 Non podo crer o que pasou. 65 00:04:24,840 --> 00:04:25,840 Seino. 66 00:04:26,560 --> 00:04:27,600 É terrible. 67 00:04:38,120 --> 00:04:39,760 Ti tamén o perdiches todo. 68 00:04:39,840 --> 00:04:42,000 Non. Iso non importa. 69 00:04:42,680 --> 00:04:44,080 Necesito saír de aquí. 70 00:04:49,280 --> 00:04:50,840 Necesitamos os pasaportes. 71 00:05:53,920 --> 00:05:58,320 MALICIA 72 00:06:04,000 --> 00:06:05,480 E que pasa coa escola? 73 00:06:05,560 --> 00:06:07,240 Esquécea por unha semana. 74 00:06:08,720 --> 00:06:09,880 Estás cómodo? 75 00:06:10,600 --> 00:06:11,600 Si? 76 00:06:13,120 --> 00:06:14,480 Podemos deixar a luz acesa? 77 00:06:14,560 --> 00:06:15,760 Claro que si. 78 00:06:16,440 --> 00:06:18,120 Estamos ao outro lado da porta. 79 00:06:20,760 --> 00:06:21,960 Quero o meu oso polar. 80 00:06:22,040 --> 00:06:23,400 Ben cho sei. 81 00:06:23,480 --> 00:06:25,040 Sinto que o levasen. 82 00:06:25,440 --> 00:06:26,720 Atoparemos outro. 83 00:06:26,800 --> 00:06:27,800 - Vale? - Vale. 84 00:06:27,880 --> 00:06:30,640 Igual mañá, no aeroporto, atopamos un ben grande. 85 00:06:30,720 --> 00:06:32,440 - Si. - Si? 86 00:06:33,080 --> 00:06:34,720 - Ata mañá. - Si. 87 00:06:36,200 --> 00:06:37,560 Ata mañá. 88 00:06:41,280 --> 00:06:42,159 Van volver? 89 00:06:43,159 --> 00:06:44,240 Os ladróns? 90 00:06:44,320 --> 00:06:46,120 Non. 91 00:06:46,200 --> 00:06:48,760 Papá vai instalar un lote de seguridade, si? 92 00:06:50,040 --> 00:06:52,520 Tampouco queda nada polo que poidan volver. 93 00:06:55,720 --> 00:06:56,800 Boas noites. 94 00:07:04,480 --> 00:07:06,720 Que carallo nos está pasando? 95 00:07:07,200 --> 00:07:08,760 April está moi alterada. 96 00:07:08,840 --> 00:07:10,400 Mentiunos. 97 00:07:11,240 --> 00:07:13,840 - A que vén iso? - Dixo que estaría con Mia. 98 00:07:13,920 --> 00:07:16,040 E non. Estaba co tal Joel. 99 00:07:16,120 --> 00:07:17,880 De verdade importa iso agora? 100 00:07:17,960 --> 00:07:19,720 Non sabemos nada dese rapaz. 101 00:07:19,800 --> 00:07:22,880 Que máis dá o rapaz? Temos aquí dous nenos traumatizados. 102 00:07:22,960 --> 00:07:26,320 Seino. Xusto por iso non quero que marches a Grecia con eles. 103 00:07:26,400 --> 00:07:28,680 Entón onde van estar? Aquí? 104 00:07:28,760 --> 00:07:31,520 - Non. Ide a Severals. - Non penso ir a Severals. 105 00:07:31,600 --> 00:07:32,640 Non aturo aquilo. 106 00:07:34,840 --> 00:07:38,400 Sentes unha especie de zunido? Algo raro coma… 107 00:07:39,159 --> 00:07:40,960 Coma un murmurio? Un zunido? 108 00:07:41,040 --> 00:07:43,240 Coma unha… 109 00:07:43,320 --> 00:07:46,320 Coma unha abella, unha avespa ou algo así? 110 00:07:47,040 --> 00:07:48,000 Podes…? 111 00:07:48,520 --> 00:07:50,800 - Podes oílo? - De que estás a falar? 112 00:07:50,880 --> 00:07:52,320 Aí non hai nada. 113 00:07:52,920 --> 00:07:53,880 Por alí. 114 00:07:53,960 --> 00:07:56,600 Vén de alí. Vén… 115 00:07:57,320 --> 00:07:59,720 - Non o oes? - Non, eu non oio nada. 116 00:07:59,800 --> 00:08:02,600 - Quero ir a Grecia… - Para co de Grecia. 117 00:08:03,400 --> 00:08:04,760 Sae de aquí embaixo. 118 00:08:05,880 --> 00:08:08,560 Seguro que agora mesmo nos están escoitando. 119 00:08:08,720 --> 00:08:09,720 Polo amor de Deus. 120 00:08:09,800 --> 00:08:11,760 É a puta caldeira. Tanto ten. 121 00:08:11,840 --> 00:08:13,280 Non é a puta caldeira. 122 00:08:16,640 --> 00:08:18,360 Agora parou. 123 00:08:19,840 --> 00:08:20,920 Pode ser. 124 00:08:23,640 --> 00:08:24,880 Amor, non podes ir. 125 00:08:24,960 --> 00:08:26,760 - Necesítote aquí. - Non tal. 126 00:08:26,840 --> 00:08:30,960 Debo quedar e loitar para seguir formando parte da empresa que fundei. 127 00:08:31,040 --> 00:08:34,200 - Que marches dá mala imaxe. - Pois queda. Arránxao. 128 00:08:34,280 --> 00:08:35,400 Eu marcho cos nenos. 129 00:08:36,440 --> 00:08:39,120 Que marchas cos nenos? Que queres dicir con iso? 130 00:08:39,200 --> 00:08:41,000 Por que? Vasnos botar en falta? 131 00:08:41,080 --> 00:08:42,919 - Claro que si. - Si? 132 00:08:43,000 --> 00:08:45,120 Por que te pos agora neste plan? 133 00:08:45,200 --> 00:08:47,680 Eu quérote. 134 00:08:48,520 --> 00:08:49,840 Apóiote. 135 00:08:50,760 --> 00:08:52,440 Axúdoche coa empresa. 136 00:08:52,520 --> 00:08:54,520 Axúdasme pero non a respectas. 137 00:08:55,120 --> 00:08:56,000 Respecto tal. 138 00:08:56,080 --> 00:08:58,880 - Non a tomas en serio. - Respéctoa. 139 00:09:00,400 --> 00:09:02,920 Agora mesmo, temos moita presión enriba. 140 00:09:04,840 --> 00:09:06,000 Merda. 141 00:09:08,400 --> 00:09:10,080 Non o oes? 142 00:09:11,040 --> 00:09:12,560 - Oes…? - Non. 143 00:09:13,280 --> 00:09:14,520 Manda carallo. 144 00:09:14,600 --> 00:09:16,520 Imos marchar. Xa teño os voos. 145 00:09:16,600 --> 00:09:18,000 Vale! Marcha, hostia! 146 00:09:18,080 --> 00:09:21,320 Marcha a Grecia dunha puta vez. Fainos un favor aos dous. 147 00:09:22,680 --> 00:09:24,520 Non podo durmir. 148 00:09:24,640 --> 00:09:27,160 - Podo durmir con vós? - Claro que si. 149 00:09:27,240 --> 00:09:28,840 Durmirei contigo no cuarto. 150 00:09:47,520 --> 00:09:49,360 - Adeus, papá. - Todo vai ir ben. 151 00:09:50,280 --> 00:09:52,360 Non te preocupes. Todo vai ir ben. 152 00:09:56,160 --> 00:09:57,920 Quérote, Dex. 153 00:10:01,240 --> 00:10:03,160 Nat, creo que non debedes ir. 154 00:10:17,000 --> 00:10:18,240 Marchades xa? 155 00:10:18,880 --> 00:10:22,160 Necesitas que eu…? Queres que vaia para axudar cos…? 156 00:10:22,240 --> 00:10:23,520 Non. Grazas. 157 00:10:23,600 --> 00:10:26,680 Queremos estar a soas un tempiño, Adam, vale? 158 00:10:27,240 --> 00:10:29,200 Necesito que te manteñas á marxe. 159 00:10:30,360 --> 00:10:31,400 Claro. 160 00:10:31,760 --> 00:10:32,880 Se xa non fago falta. 161 00:10:32,960 --> 00:10:34,000 Non. Quero dicir… 162 00:10:34,600 --> 00:10:38,520 Grazas por todo o que fixeches, pero agora estamos pasando por… 163 00:10:38,600 --> 00:10:41,320 unha situación complicada como familia. 164 00:10:41,400 --> 00:10:43,320 - Xa o sei. - Si. 165 00:10:43,400 --> 00:10:46,320 Necesitamos tempo para pensar e reorganizarnos. 166 00:10:46,400 --> 00:10:47,640 Se te volvo necesitar, 167 00:10:47,720 --> 00:10:50,560 nunhas semanas, póñome en contacto contigo, si? 168 00:10:50,640 --> 00:10:52,040 Vou de primeiro. 169 00:10:57,080 --> 00:10:59,480 Vale. Por suposto. En fin… 170 00:10:59,560 --> 00:11:00,520 pasádeo ben. 171 00:11:00,600 --> 00:11:01,680 Grazas. 172 00:11:02,840 --> 00:11:03,800 Adeus. 173 00:11:13,040 --> 00:11:15,400 Vale. Agora que atoparon os camións, 174 00:11:15,480 --> 00:11:17,520 seguro que non poden rastrexar a orixe? 175 00:11:18,280 --> 00:11:19,840 O meu ton? 176 00:11:19,920 --> 00:11:23,840 Perdoe o meu puto ton, superintendente, pero é que parecen inútiles. 177 00:11:30,440 --> 00:11:32,320 Seguide traballando. 178 00:11:32,400 --> 00:11:34,400 - Jamie, alégrame verte. - Jared. 179 00:11:35,280 --> 00:11:36,280 Empezamos? 180 00:11:46,200 --> 00:11:48,440 - Fas unha copia, por favor? - Si, claro. 181 00:11:52,040 --> 00:11:53,880 Somos plenamente conscientes, 182 00:11:53,960 --> 00:11:57,160 de que, por suposto, a empresa existe grazas a ti. 183 00:11:57,240 --> 00:12:00,040 Porén, hai unha decisión clara, corporativa e legal 184 00:12:00,120 --> 00:12:02,040 pola que tivemos que optar, porque… 185 00:12:02,120 --> 00:12:03,920 Alguén vai a por min, Jo. 186 00:12:04,800 --> 00:12:05,960 Podería ser. 187 00:12:06,040 --> 00:12:07,720 E vou descubrir quen. 188 00:12:09,120 --> 00:12:10,600 E vou descubrir por que. 189 00:12:11,280 --> 00:12:12,160 Vale. 190 00:12:12,240 --> 00:12:14,080 Cando o faga, virás e dirasme: 191 00:12:14,160 --> 00:12:15,800 "Jamie, equivocámonos. Volve." 192 00:12:15,880 --> 00:12:17,280 E direi: "Que vos fodan!" 193 00:12:17,360 --> 00:12:20,120 Porque o que estades crebando non se pode volver xuntar. 194 00:12:20,200 --> 00:12:22,240 - Vale. - A empresa non é nada sen min. 195 00:12:22,320 --> 00:12:26,200 - Comprendo o teu enfado. - Esta empresa non existe sen min. 196 00:12:26,280 --> 00:12:28,800 A miña boa reputación é o que a mantén en marcha. 197 00:12:28,920 --> 00:12:29,760 Ningún de nós… 198 00:12:29,840 --> 00:12:32,040 E estades arruinando a miña reputación. 199 00:13:54,400 --> 00:13:56,160 Veña, Dexie. Axúdanos. 200 00:13:56,960 --> 00:13:58,600 Podemos chamar a papá? 201 00:13:58,680 --> 00:14:00,360 Non, chamámolo despois. 202 00:14:01,160 --> 00:14:02,960 Xogamos a algo na piscina? 203 00:14:03,480 --> 00:14:04,640 A Marco Polo? 204 00:14:05,680 --> 00:14:07,760 Veña. O último panda. 205 00:14:08,040 --> 00:14:09,400 Vale. 206 00:14:19,000 --> 00:14:20,680 - Marco. - Polo! 207 00:14:20,760 --> 00:14:21,880 Polo! 208 00:14:23,640 --> 00:14:25,760 - Marco. - Polo! 209 00:14:35,120 --> 00:14:38,840 Vale. Tócame. Tres, dous un. 210 00:14:38,920 --> 00:14:40,480 - Marco. - Polo! 211 00:14:40,560 --> 00:14:41,600 Polo! 212 00:14:43,640 --> 00:14:46,320 Pilleite. 213 00:14:46,960 --> 00:14:48,680 - Pilleite. - Saio do xogo. 214 00:14:48,760 --> 00:14:50,480 Vou facer algo de comer, si? 215 00:14:50,560 --> 00:14:52,840 - Gañei! - Gañaches. 216 00:14:53,280 --> 00:14:55,720 - Quen é o gañador? - Eu son o gañador! 217 00:14:55,800 --> 00:14:57,280 Claro que es o gañador. 218 00:15:13,560 --> 00:15:14,840 Velaquí o está. 219 00:15:14,920 --> 00:15:17,800 Grazas por vires. De súpeto, non quería comer só. 220 00:15:17,880 --> 00:15:19,600 Non estás só. Está Nayla. 221 00:15:19,680 --> 00:15:23,000 Certo. Nayla sabe estar á altura nestes tempos difíciles. 222 00:15:23,080 --> 00:15:25,520 Ei, sinto moito o que che pasou coa escola. 223 00:15:25,600 --> 00:15:28,160 Non te preocupes. Xa recibín educación abondo. 224 00:15:28,240 --> 00:15:29,880 Xa. Moi ben. 225 00:15:29,960 --> 00:15:31,840 Si, que lle dean a esa escola. 226 00:15:31,920 --> 00:15:33,160 Non precisas a uni. 227 00:15:33,240 --> 00:15:34,400 Eu tampouco fun. 228 00:15:34,480 --> 00:15:37,120 Si, seino porque non deixas de repetilo. 229 00:15:58,120 --> 00:15:59,760 Estou moi orgulloso de ti. 230 00:16:00,480 --> 00:16:02,920 Por como coidaches de April. 231 00:16:03,000 --> 00:16:04,680 E por como falaches coa poli. 232 00:16:06,520 --> 00:16:07,600 Grazas. 233 00:16:12,960 --> 00:16:14,560 Non podo crer que levasen todo. 234 00:16:15,560 --> 00:16:17,440 A maioría impórtame unha merda, 235 00:16:17,520 --> 00:16:19,760 pero por que levar as miñas cousas de clase? 236 00:16:19,840 --> 00:16:21,760 Quen quere os meus debuxos vellos? 237 00:16:21,840 --> 00:16:24,600 Se cadra viron que es un xenio en potencia. 238 00:16:24,680 --> 00:16:28,800 Levaron o cadro que pintaras de Frank. O do noso cuarto de baño? 239 00:16:28,880 --> 00:16:32,080 - Si. Pinteino con 13 anos. - Seino. Encantábame ese cadro. 240 00:16:32,800 --> 00:16:35,880 Máis ca todas esas merdas caras que colgaban das paredes. 241 00:16:38,000 --> 00:16:40,360 A verdade é que vaia mágoa. 242 00:16:48,040 --> 00:16:49,320 Todo sairá ben. 243 00:16:49,880 --> 00:16:52,160 Sempre dis que podemos con todo, non? 244 00:16:53,120 --> 00:16:54,080 Si. 245 00:17:01,200 --> 00:17:02,440 Quen é? 246 00:17:09,720 --> 00:17:11,400 - Jamie Tanner? - Si. 247 00:17:11,480 --> 00:17:12,520 Si. 248 00:17:24,240 --> 00:17:25,640 Quen pediu isto? 249 00:17:25,720 --> 00:17:27,040 Non o sei. Sería Nat? 250 00:17:33,800 --> 00:17:35,160 É bonita. 251 00:17:37,000 --> 00:17:38,280 "Tilderman." 252 00:17:41,640 --> 00:17:42,800 Hai tempo… 253 00:17:43,520 --> 00:17:45,640 Eu financiei esta empresa. 254 00:17:45,720 --> 00:17:47,520 Hai anos. Quebraron. 255 00:17:48,560 --> 00:17:50,000 Está claro que non. 256 00:17:55,880 --> 00:17:57,360 Hai unha merda dentro. 257 00:17:57,440 --> 00:17:58,440 Que? 258 00:17:58,520 --> 00:17:59,560 Si. 259 00:18:00,920 --> 00:18:01,960 Cheira. 260 00:18:02,040 --> 00:18:04,120 É unha merda de can? 261 00:18:04,200 --> 00:18:06,040 Non, creo que é de persoa. 262 00:18:19,600 --> 00:18:20,600 Adam, ola. 263 00:18:20,680 --> 00:18:22,520 Ola. Como estás? Como estades? 264 00:18:22,600 --> 00:18:25,400 Estamos ben. Grazas. Que tal ti? 265 00:18:25,480 --> 00:18:27,120 Estou ben. 266 00:18:27,200 --> 00:18:29,320 Dex e April xa están recuperados? 267 00:18:29,400 --> 00:18:31,400 Estou moi preocupado por vós. 268 00:18:31,480 --> 00:18:33,600 Nada. Estamos ben. Grazas. 269 00:18:34,440 --> 00:18:35,480 Para que…? 270 00:18:36,240 --> 00:18:38,160 Podo axudar en algo? 271 00:18:38,680 --> 00:18:40,840 A verdade é que si. 272 00:18:42,320 --> 00:18:44,120 Miña moza mais eu rompemos, 273 00:18:44,200 --> 00:18:45,400 por desgraza. 274 00:18:45,480 --> 00:18:47,000 Vaia. Síntoo. 275 00:18:47,080 --> 00:18:49,000 Así que me preguntaba, 276 00:18:49,080 --> 00:18:50,960 ponme algo nervioso dicilo, 277 00:18:51,720 --> 00:18:52,920 pero… 278 00:18:53,000 --> 00:18:57,320 Preguntábame se sería posible quedar aí con vós, en Grecia. 279 00:18:57,840 --> 00:18:59,000 Só un tempiño. 280 00:19:00,960 --> 00:19:02,600 Non, Adam. 281 00:19:02,680 --> 00:19:04,520 Sodes coma familia para min. 282 00:19:05,680 --> 00:19:08,520 Non o digo en plan sinistro. 283 00:19:09,560 --> 00:19:12,800 Non tes ningún amigo co que te poidas aloxar? 284 00:19:12,880 --> 00:19:15,000 Si. Por suposto que si. 285 00:19:15,600 --> 00:19:17,600 Pero non coma vós. 286 00:19:17,680 --> 00:19:19,080 Podería axudar. 287 00:19:19,960 --> 00:19:21,760 Darlles clases aos rapaces. 288 00:19:21,840 --> 00:19:23,320 Facer excursións. 289 00:19:23,960 --> 00:19:26,400 Levar a Dexter ao templo de Apolo. Encántalle. 290 00:19:27,000 --> 00:19:29,000 Xa o sei. Es moi amable, pero… 291 00:19:29,080 --> 00:19:30,840 Eu podo facerme cargo deles. 292 00:19:31,320 --> 00:19:32,800 Mira, Adam… 293 00:19:33,880 --> 00:19:36,120 É que non te podemos ter aquí. Síntoo. 294 00:19:37,880 --> 00:19:38,880 Non podedes? 295 00:19:40,160 --> 00:19:41,160 Non. 296 00:19:41,240 --> 00:19:42,440 Vale. 297 00:19:43,720 --> 00:19:45,120 Pois éche unha mágoa. 298 00:19:45,800 --> 00:19:47,960 Seino, pero necesitamos estar sós. 299 00:19:51,320 --> 00:19:52,600 Escoita, Adam, 300 00:19:52,680 --> 00:19:56,480 foi xenial que formases parte das nosas vidas, sen dúbida, 301 00:19:56,560 --> 00:20:00,160 e fuches de moita axuda para os nenos e para min… 302 00:20:01,280 --> 00:20:05,520 Pero creo que chegou o momento de que busques outra familia. 303 00:20:05,600 --> 00:20:07,640 Estivo xenial por un tempo, pero… 304 00:20:07,720 --> 00:20:11,680 Creo que debemos poñer fin á nosa relación laboral. Dende xa. 305 00:20:15,520 --> 00:20:16,600 De acordo? 306 00:20:19,520 --> 00:20:20,520 Adam? 307 00:20:22,360 --> 00:20:23,360 Si. 308 00:20:23,840 --> 00:20:24,720 Vale. 309 00:20:24,800 --> 00:20:25,920 Mamá, ¿xogas 310 00:20:26,000 --> 00:20:27,560 - ás cartas con nós? - Perdoa. 311 00:20:27,640 --> 00:20:29,520 - Prometíchelo. - Xogo, si. 312 00:20:29,600 --> 00:20:31,320 Preparádeo. Agora vou. 313 00:20:32,240 --> 00:20:33,400 Síntoo… 314 00:20:34,760 --> 00:20:36,800 Chegou o momento de pasar páxina. 315 00:20:38,480 --> 00:20:40,080 Saúda a Dex da miña parte. 316 00:20:41,240 --> 00:20:42,640 Vénme aí o bus. 317 00:20:44,280 --> 00:20:45,640 Axiña nos veremos. 318 00:20:49,640 --> 00:20:50,640 Ola? 319 00:20:58,120 --> 00:21:00,760 Sinto moito o que che pasou, Jamie, 320 00:21:00,840 --> 00:21:02,200 pero poden despedirme. 321 00:21:02,280 --> 00:21:04,320 Son arquivos antigos. Ninguén o notará. 322 00:21:04,400 --> 00:21:05,600 Non podo sacalos. 323 00:21:05,680 --> 00:21:07,480 Non os saques, failles unha foto. 324 00:21:07,560 --> 00:21:09,600 - Preciso lembrar… - Coa cámara espía? 325 00:21:09,680 --> 00:21:12,920 Cago en todo, Ingrid! Estouche pedindo axuda. Eu… 326 00:21:13,400 --> 00:21:16,040 perdino todo e necesito saber por que. 327 00:21:16,120 --> 00:21:18,640 Sei que está relacionado coas maletas Tilderman. 328 00:21:18,720 --> 00:21:20,040 Apenas o lembro. 329 00:21:20,120 --> 00:21:23,440 Tampouco eu. Pero sei que ten algo que ver. 330 00:21:23,520 --> 00:21:25,040 Que che fai pensar iso? 331 00:21:27,000 --> 00:21:29,000 Pídoche que me axudes, Ingrid. 332 00:21:29,600 --> 00:21:30,600 Por favor. 333 00:21:32,000 --> 00:21:34,360 Marchou a wifi. Déixasme o móbil? 334 00:21:35,840 --> 00:21:38,080 - Que? - Podo usar o teu móbil? 335 00:21:38,160 --> 00:21:39,520 Quero falar con Joel. 336 00:21:39,960 --> 00:21:42,000 Claro. Está na mesiña. 337 00:21:42,080 --> 00:21:43,080 Onde? 338 00:21:44,440 --> 00:21:45,800 Que? 339 00:21:45,880 --> 00:21:47,720 Onde está? O teu móbil? 340 00:21:47,800 --> 00:21:49,760 Mira no mesado da cociña. 341 00:21:49,840 --> 00:21:51,680 Aquí non está. Onde está? 342 00:22:08,240 --> 00:22:09,600 Onde está? 343 00:22:13,120 --> 00:22:14,280 Que raro. 344 00:22:16,480 --> 00:22:17,800 Nat? 345 00:22:17,880 --> 00:22:18,960 Jamie. 346 00:22:19,840 --> 00:22:20,840 Adam? 347 00:22:23,040 --> 00:22:24,920 Que estás facendo? Estás en Grecia? 348 00:22:25,640 --> 00:22:26,760 Non. 349 00:22:26,840 --> 00:22:28,480 Canto tempo levas aí? 350 00:22:32,760 --> 00:22:33,800 Pásame a Nat. 351 00:22:35,680 --> 00:22:36,920 Estás en Londres? 352 00:22:37,720 --> 00:22:39,760 Adam, pásame a Nat. 353 00:22:39,840 --> 00:22:41,360 Como te sentes? 354 00:22:42,520 --> 00:22:43,520 Que? 355 00:22:43,600 --> 00:22:45,600 Estiven pensando en ti. 356 00:22:45,680 --> 00:22:46,680 Moito. 357 00:22:47,440 --> 00:22:50,200 Preocupado por ti, logo de perdelo todo. 358 00:22:51,000 --> 00:22:52,160 O traballo. 359 00:22:52,880 --> 00:22:53,960 O can. 360 00:22:54,880 --> 00:22:55,960 A marcha de Kit. 361 00:22:57,280 --> 00:22:59,800 E agora, canto había na casa desapareceu. 362 00:23:02,160 --> 00:23:03,240 Adam, 363 00:23:03,840 --> 00:23:05,760 pásame a Nat agora mesmo. 364 00:23:07,280 --> 00:23:08,440 Agora mesmiño. 365 00:23:09,200 --> 00:23:10,440 Está xusto aquí. 366 00:23:30,520 --> 00:23:31,520 Nat? 367 00:23:33,040 --> 00:23:36,560 Nat, chámame en canto recibas isto. 368 00:23:36,640 --> 00:23:37,640 Só… 369 00:23:37,800 --> 00:23:38,640 Merda! 370 00:24:00,840 --> 00:24:02,120 Teño a caixa. 371 00:24:03,800 --> 00:24:07,120 Perdoe. Desculpe. 372 00:24:07,200 --> 00:24:09,680 Si, podes buscar no ano 2010? 373 00:24:09,760 --> 00:24:12,760 Ti fotografa o que poidas. Todo o que poidas. 374 00:24:12,840 --> 00:24:15,240 - Agora cho mando. - Grazas, Ingrid. 375 00:24:15,320 --> 00:24:17,320 Déboche unha ben grande. 376 00:24:17,400 --> 00:24:20,440 Perdoe. Desculpe. 377 00:25:09,080 --> 00:25:11,200 Desculpe. Perdoe. 378 00:25:11,280 --> 00:25:14,160 Non. Non me toques. 379 00:25:14,240 --> 00:25:16,640 Este é o meu asento. 380 00:25:18,360 --> 00:25:20,160 Senta. 381 00:25:21,440 --> 00:25:22,960 A ti que che pasa? 382 00:25:23,040 --> 00:25:25,040 Por favor, calmádevos, rapaces. 383 00:25:25,120 --> 00:25:27,800 Déixao en paz, por favor. 384 00:25:27,880 --> 00:25:29,760 Isto vai ao tope. 385 00:25:30,920 --> 00:25:32,160 Parade. 386 00:25:33,440 --> 00:25:34,280 Sentade. 387 00:25:36,240 --> 00:25:37,080 Sentade. 388 00:26:07,800 --> 00:26:09,600 Ingrid, xa o recordo. 389 00:26:09,680 --> 00:26:13,080 É o puto tío aquel. Démoslle 15 millóns en dous anos, 390 00:26:13,160 --> 00:26:14,840 e débeda intermedia do Deutsche. 391 00:26:14,920 --> 00:26:17,360 E aínda así, cagouna en catro meses. 392 00:26:17,440 --> 00:26:21,480 - Non puido pagar os intereses. - E era un tanto sinistro, non si? 393 00:26:21,560 --> 00:26:23,880 Era sinistro, si. Sinistro é un inútil. 394 00:26:23,960 --> 00:26:26,320 Un pailán inglés de moito carallo. Non… 395 00:26:26,400 --> 00:26:28,640 Non soubo aproveitar a oportunidade. 396 00:26:28,720 --> 00:26:30,960 Por que cres que está implicado no roubo? 397 00:26:31,040 --> 00:26:34,560 Vexo moi raro que me chegue unha maleta súa un día despois. 398 00:26:34,640 --> 00:26:36,280 Unha maleta de merda con merda. 399 00:26:36,360 --> 00:26:38,560 Señor, apague o seu móbil, por favor. 400 00:26:38,640 --> 00:26:40,000 Agora. Grazas. 401 00:26:40,080 --> 00:26:42,440 Onde estará agora Colin Tilderman? 402 00:26:42,520 --> 00:26:44,000 É dicir, poderemos atopalo? 403 00:26:45,240 --> 00:26:46,560 Deberías poder. 404 00:26:46,640 --> 00:26:48,000 Estou nun avión, Ingrid, 405 00:26:48,080 --> 00:26:49,840 - e isto encántache. - Non tal. 406 00:26:49,920 --> 00:26:51,600 - Por favor, señor. - Si, vou. 407 00:26:51,680 --> 00:26:54,080 Escoita, mándanme apagar o móbil, 408 00:26:54,160 --> 00:26:56,000 e necesito que me axudes. 409 00:26:56,080 --> 00:26:58,200 Fai o que poidas mentres vou no avión. 410 00:26:58,280 --> 00:26:59,600 - Señor. - Por favor? Xa. 411 00:26:59,680 --> 00:27:00,760 Estouno apagando. 412 00:27:02,920 --> 00:27:05,320 Que pesados coas comprobacións, eh! 413 00:28:39,360 --> 00:28:40,600 Desculpe. Permítame… 414 00:28:40,680 --> 00:28:43,480 Déixeme saír de aquí. Grazas. 415 00:28:46,280 --> 00:28:50,320 Desculpe. Perdoe. 416 00:28:50,400 --> 00:28:51,560 Perdoe. 417 00:28:52,600 --> 00:28:55,760 Desculpe. Grazas. 418 00:28:58,080 --> 00:29:01,880 INGRID Colin Tilderman está morto! 419 00:29:01,960 --> 00:29:03,960 PARELLA MORRE EN INCENDIO 420 00:29:04,040 --> 00:29:06,040 TRÁXICO INCENDIO NUNHA VIVENDA 421 00:29:10,680 --> 00:29:12,560 Si. É unha historia terrible. 422 00:29:12,640 --> 00:29:16,000 Si. Había dous rapaces. Rescataron un, o outro non estaba. 423 00:29:16,080 --> 00:29:17,520 Cantos anos terían agora? 424 00:29:17,600 --> 00:29:21,160 Arredor de 30. A filla, Sophie, estaba fóra na universidade 425 00:29:21,240 --> 00:29:23,200 - cando pasou. O fillo… - Adam. 426 00:29:23,280 --> 00:29:24,680 Si! Como o soubeches? 427 00:29:24,760 --> 00:29:29,240 Colin Tilderman é o pai de Adam. Coñecino sendo el pequeno. 428 00:29:29,320 --> 00:29:31,440 E cres que faría algo así? 429 00:29:31,520 --> 00:29:33,440 Era a maleta que trouxo a Grecia! 430 00:29:33,520 --> 00:29:35,600 Que carallo quere de nós? 431 00:29:39,240 --> 00:29:40,320 Contesta. 432 00:29:42,880 --> 00:29:47,360 Nat, son eu. Isto é urxente de carallo. Tes que chamarme en canto oias isto. 433 00:29:47,440 --> 00:29:49,240 Vale? Chámame en canto o oias. 434 00:29:50,160 --> 00:29:52,280 Vai ter que pisarlle, de acordo? 435 00:29:52,360 --> 00:29:54,520 Teño que chegar ao ferry da unha. 436 00:30:00,120 --> 00:30:01,960 Que ben estamos nós aquí sós. 437 00:30:02,040 --> 00:30:02,920 Si. 438 00:30:03,000 --> 00:30:05,000 Sen invitados, sen persoal. 439 00:30:06,120 --> 00:30:08,560 Vénnos ben ser algo máis autosuficientes. 440 00:30:09,760 --> 00:30:10,960 Dous. 441 00:30:11,600 --> 00:30:12,600 As. 442 00:30:12,680 --> 00:30:14,520 Tres douses. Gañei! 443 00:30:14,600 --> 00:30:16,760 - Moi ben. - Gañas outra vez. 444 00:30:16,840 --> 00:30:18,160 Podo xogar a videoxogos? 445 00:30:18,240 --> 00:30:22,000 Hai unha actualización chulísima. Podo ser un dragón con espada. 446 00:30:22,080 --> 00:30:23,480 Vai, logo. 447 00:30:23,560 --> 00:30:24,840 Si! 448 00:30:37,160 --> 00:30:39,480 Estás encantada esta semana sen clase, non? 449 00:30:39,560 --> 00:30:40,680 Certo. 450 00:30:41,600 --> 00:30:43,520 Poden mandarche as cousas por email? 451 00:30:43,600 --> 00:30:44,680 - Si. - Vale. 452 00:30:44,760 --> 00:30:46,320 Poden. Estou pendente, xúrocho. 453 00:30:46,400 --> 00:30:48,880 Vale. Voute estar vixiando. 454 00:30:48,960 --> 00:30:51,280 Antes falabas con papá? Como está? 455 00:30:51,360 --> 00:30:53,160 Non. De feito, falaba con Adam. 456 00:30:54,280 --> 00:30:55,840 Quería vir ata aquí. 457 00:30:56,880 --> 00:30:58,680 Díxenlle que non o necesitamos. 458 00:30:58,760 --> 00:31:02,040 Estou farta de telo roldando todo o tempo. É que… 459 00:31:03,760 --> 00:31:07,040 - Paréceche ben? - Si. Era moi pesadiño. 460 00:31:07,120 --> 00:31:08,160 Si. 461 00:31:08,240 --> 00:31:10,240 El sempre sabía máis ca ninguén. 462 00:31:10,320 --> 00:31:14,640 En plan: "Na mitoloxía grega, en realidade, Apolo é o deus da fachenda." 463 00:31:14,720 --> 00:31:17,880 E: "O puré de pataca está mellor con noz moscada." 464 00:31:17,960 --> 00:31:21,840 E: "En realidade a obra A tempestade trata disto e daquilo." 465 00:31:22,520 --> 00:31:23,760 Tedioso. 466 00:31:24,280 --> 00:31:26,480 - Si. - Ola, señor Tanner? 467 00:31:26,560 --> 00:31:27,560 Ola. 468 00:31:32,720 --> 00:31:34,440 Yorgos, verdade? 469 00:31:35,440 --> 00:31:36,960 Si. Está o señor Tanner? 470 00:31:37,040 --> 00:31:38,720 Non, non está. 471 00:31:38,800 --> 00:31:40,240 Necesito velo. 472 00:31:40,320 --> 00:31:42,440 Pois non está aquí. Síntoo. 473 00:31:42,520 --> 00:31:44,800 Si? Pois eu creo que si. 474 00:31:44,880 --> 00:31:47,760 Perdoe. Desculpe, que quere? Non pode entrar sen máis. 475 00:31:47,840 --> 00:31:51,040 O señor Tanner debe pagar. El foi quen mancou a meu pai. 476 00:31:51,120 --> 00:31:53,200 Non pode choiar. Débennos moita pasta. 477 00:31:53,280 --> 00:31:55,640 Meu home non ten nada que ver con iso. 478 00:31:55,720 --> 00:31:57,400 Falou coa policía e deixárono ir. 479 00:31:57,480 --> 00:31:58,920 Non pode choiar. Foi Tanner. 480 00:31:59,000 --> 00:32:02,240 - Non tal. - Róubanos terra e manca a meu pai. 481 00:32:02,320 --> 00:32:05,320 Debe pagar por isto ou viremos e farémolo pagar. 482 00:32:05,920 --> 00:32:08,760 Non me ameace ou chamo a policía. Fai o favor de marchar? 483 00:32:11,160 --> 00:32:13,600 Dígalle que pague ou heino matar. 484 00:32:18,960 --> 00:32:20,560 Mamá, que pasa? 485 00:32:20,640 --> 00:32:22,800 Tranquila. Xa marchou. Vamos. 486 00:32:42,040 --> 00:32:44,320 - Jamie Tanner. - Que quere? 487 00:32:44,400 --> 00:32:45,400 Falar con vostede. 488 00:32:45,480 --> 00:32:47,440 Inspector, debo ir á casa xa. 489 00:32:47,520 --> 00:32:48,960 Miña familia está en perigo. 490 00:32:49,040 --> 00:32:51,600 Lembra a Adam Healey? Coñeceuno canda a min. 491 00:32:51,680 --> 00:32:53,400 Díxome que vostede… 492 00:32:54,440 --> 00:32:55,720 Que lle dixo? 493 00:32:58,360 --> 00:32:59,480 Un momento. 494 00:33:09,840 --> 00:33:11,120 Vale. 495 00:34:55,120 --> 00:34:56,040 Nat! 496 00:34:59,280 --> 00:35:00,480 Dexter! 497 00:35:02,360 --> 00:35:03,520 April! 498 00:35:49,640 --> 00:35:50,520 Jamie! 499 00:35:51,120 --> 00:35:52,240 Que estás facendo? 500 00:35:53,040 --> 00:35:55,680 Ai, grazas a Deus. 501 00:35:56,120 --> 00:35:57,120 Grazas a Deus. 502 00:35:57,200 --> 00:35:59,000 - Que pasa? - Crin que morrérades. 503 00:35:59,080 --> 00:36:00,200 Que? 504 00:36:01,480 --> 00:36:04,120 - Crin que morrerades. - Que queres dicir? 505 00:36:04,200 --> 00:36:06,400 Crín que igual estabades todos mortos. 506 00:36:06,480 --> 00:36:07,480 Que? 507 00:36:08,040 --> 00:36:09,360 E Adam? É perigoso. 508 00:36:09,440 --> 00:36:10,640 Que queres dicir? 509 00:36:10,720 --> 00:36:12,000 - Onde está? - En Londres. 510 00:36:12,080 --> 00:36:14,640 - Non. Está aquí. - Non. Falamos por teléfono. 511 00:36:14,720 --> 00:36:16,720 Chameite e contestou el. Está aquí. 512 00:36:16,800 --> 00:36:18,280 Intenta acabar con nós. 513 00:36:18,360 --> 00:36:20,080 - E os rapaces? - Na praia. 514 00:36:20,160 --> 00:36:22,400 Temos que ir por eles. Vaiamos buscalos. 515 00:36:22,480 --> 00:36:24,400 Por que dis que quere acabar con nós? 516 00:36:24,480 --> 00:36:27,280 Só sei que non quero ese cabrón preto da miña familia. 517 00:36:27,360 --> 00:36:29,160 - En que praia? - Na da vila. 518 00:36:56,040 --> 00:36:58,760 Nada disto ten sentido, así que empecei a pescudar. 519 00:36:58,840 --> 00:37:01,720 Descubrín quen é o seu pai. 520 00:37:01,800 --> 00:37:03,520 Creo que esa é a clave disto. 521 00:37:04,280 --> 00:37:06,560 Todo empezou a ir mal cando el apareceu. 522 00:37:06,640 --> 00:37:08,360 - Cres que ten a culpa? - Merda! 523 00:37:08,440 --> 00:37:09,600 Coidado! 524 00:37:11,760 --> 00:37:12,960 Quérote, Nat. 525 00:37:14,280 --> 00:37:15,560 E síntoo. 526 00:37:40,640 --> 00:37:43,400 - Velos? - Deixeinos aí, na praia. 527 00:37:43,480 --> 00:37:45,280 - Por aquí? - Agora non os vexo. 528 00:37:45,360 --> 00:37:47,480 - Onde están? - Merda. Non os vexo. 529 00:37:49,600 --> 00:37:51,560 Baixemos a mirar. 530 00:37:51,640 --> 00:37:53,600 A saber por onde andan. Non sei. 531 00:37:55,360 --> 00:37:57,960 - Ti por alí e eu por aquí. - Vale. 532 00:37:58,040 --> 00:38:00,880 - Chámame se os atopas. - Levoume o móbil. 533 00:38:00,960 --> 00:38:03,600 Que che deixen un. Non, vémonos aquí en dez minutos. 534 00:38:03,680 --> 00:38:05,200 Vale? Dez minutos. Veña. 535 00:38:16,240 --> 00:38:18,360 Dex! April! 536 00:38:43,040 --> 00:38:44,040 Nat! 537 00:38:45,720 --> 00:38:46,720 Nat! 538 00:39:04,920 --> 00:39:07,360 April! Dexter? 539 00:39:09,000 --> 00:39:10,640 Jamie! 540 00:39:37,240 --> 00:39:38,560 April! 541 00:39:40,480 --> 00:39:41,480 Dexter! 542 00:40:09,400 --> 00:40:11,040 Onde están meus fillos? 543 00:40:11,120 --> 00:40:14,160 Ola, Jamie. Sabía que acabarías aparecendo. 544 00:40:14,240 --> 00:40:16,240 - Onde están. - Non están aquí. 545 00:40:18,400 --> 00:40:20,040 Pareces moi anoxado. 546 00:40:26,280 --> 00:40:27,520 Como lles fixeses algo, 547 00:40:27,600 --> 00:40:29,440 hasmas pagar. 548 00:40:29,520 --> 00:40:32,560 Non lles farei dano. Fareiche dano a ti. 549 00:40:32,640 --> 00:40:34,320 Sei quen es. 550 00:40:34,400 --> 00:40:36,000 Son Apolo. 551 00:40:38,640 --> 00:40:40,840 Es o fillo de Colin Tilderman. 552 00:40:40,920 --> 00:40:44,280 Si. Son o fillo do home que mataches. 553 00:40:44,360 --> 00:40:45,520 Eu non o matei. 554 00:40:45,600 --> 00:40:47,360 Matáchelo, Jamie. 555 00:40:47,440 --> 00:40:50,120 Matáchelo, e nin te decataches. 556 00:40:50,200 --> 00:40:51,640 Mentira! Axudeino. 557 00:40:51,720 --> 00:40:54,360 Colliches unha empresa familiar de 150 anos, 558 00:40:54,440 --> 00:40:56,600 e simplemente a afundiches. 559 00:40:56,680 --> 00:40:58,120 Destruíches o seu mundo. 560 00:40:58,200 --> 00:41:00,080 Por iso apareciches nas nosas vidas? 561 00:41:00,160 --> 00:41:03,920 Para darme unha lección de anticapitalismo para nenos? 562 00:41:04,000 --> 00:41:06,200 Eu invisto en triunfadores, Adam. 563 00:41:06,280 --> 00:41:08,880 Non todos somos triunfadores. Non é nada persoal. 564 00:41:10,240 --> 00:41:11,640 Destrúes o negocio dun home, 565 00:41:11,720 --> 00:41:14,880 - a súa familia… - Deille unha oportunidade. 566 00:41:15,680 --> 00:41:16,960 Pois ten consecuencias. 567 00:41:17,040 --> 00:41:18,720 E o estúpido non a aproveitou. 568 00:41:18,800 --> 00:41:20,680 Ten consecuencias! 569 00:41:22,080 --> 00:41:24,040 Onde carallo están os nenos, Adam? 570 00:41:26,480 --> 00:41:28,480 Agora sabes o que se sente. 571 00:41:29,840 --> 00:41:33,160 Dimo ou voute foder de verdade. 572 00:41:34,760 --> 00:41:36,720 Tanto me ten que o fagas. 573 00:41:40,440 --> 00:41:42,280 Dexter! 574 00:41:44,880 --> 00:41:46,120 April! 575 00:41:47,560 --> 00:41:48,880 Dexter! 576 00:41:56,800 --> 00:41:58,000 Ola. 577 00:42:01,360 --> 00:42:04,720 - Grazas a Deus. - Mamá. 578 00:42:12,240 --> 00:42:13,120 Que pasa? 579 00:42:16,000 --> 00:42:17,520 Nat? 580 00:42:19,560 --> 00:42:21,000 Os dous? 581 00:42:21,960 --> 00:42:23,840 Grazas a Deus. Vale. 582 00:42:25,960 --> 00:42:27,240 Agora mesmo vou. 583 00:42:27,320 --> 00:42:30,320 Agora mesmo vou. Quérote. 584 00:42:31,080 --> 00:42:32,200 Si. 585 00:42:42,240 --> 00:42:44,880 Sinto que fracasase a empresa de teu pai, Adam. 586 00:42:45,320 --> 00:42:49,360 E sinto que teus pais morresen naquel accidente. 587 00:42:49,440 --> 00:42:51,480 - Non foi un accidente. - Un incendio. 588 00:42:52,800 --> 00:42:56,880 Meu pai perdeuno todo pola túa culpa. 589 00:42:58,720 --> 00:43:01,080 Matou a miña nai, Jamie. 590 00:43:01,160 --> 00:43:03,760 Tomou un cento de pastillas e púxolle lume á casa. 591 00:43:04,680 --> 00:43:08,080 Non podes culparme polo que fixo teu pai. 592 00:43:08,160 --> 00:43:10,080 Estaba ben ata que te coñeceu. 593 00:43:10,160 --> 00:43:11,240 Non. 594 00:43:12,040 --> 00:43:13,480 Non cho creo. 595 00:43:14,040 --> 00:43:15,040 Era débil. 596 00:43:16,000 --> 00:43:19,640 E fíxoche un enorme dano a ti, e agora ti fixéchesmo a min. 597 00:43:19,720 --> 00:43:22,840 Se ese era o teu obxectivo, lográchelo. 598 00:43:22,920 --> 00:43:25,520 Pero non ten sentido seguir xerando sufrimento. 599 00:43:26,440 --> 00:43:28,000 Así que se acabou. 600 00:43:28,880 --> 00:43:31,360 Agora marcharei e nunca volveremos falar. 601 00:43:31,440 --> 00:43:33,520 Nunca nos volveremos ver, de acordo? 602 00:43:38,520 --> 00:43:40,200 Que vas atopar ao chegar? 603 00:43:41,840 --> 00:43:43,080 Nada. 604 00:43:46,400 --> 00:43:47,840 Volverei coa miña familia. 605 00:43:47,920 --> 00:43:49,840 Es un cabrón psicótico, 606 00:43:49,920 --> 00:43:52,360 pero fixéchesme ver que é o importante na vida. 607 00:44:09,080 --> 00:44:10,640 Aínda non podes marchar. 608 00:44:10,720 --> 00:44:13,000 Tes que pedirlle perdón a alguén máis. 609 00:44:13,840 --> 00:44:16,160 Déixao xa, Adam. Acabouse. 610 00:44:16,240 --> 00:44:18,000 Velaí vén. 611 00:44:22,880 --> 00:44:23,880 Quen é? 612 00:44:23,960 --> 00:44:27,120 Levas tantos anos danando a tanta xente que nin o sabes. 613 00:44:32,200 --> 00:44:34,800 Non marches. Xa case chegou. 614 00:44:38,200 --> 00:44:40,120 Tres oportunidades para adiviñalo. 615 00:44:54,960 --> 00:44:56,120 Que carallo pasou? 616 00:44:57,120 --> 00:44:58,520 Por que querías que viñese? 617 00:44:58,600 --> 00:45:01,880 Non fun eu. Chamoute el. 618 00:45:07,800 --> 00:45:09,760 Por que carallo o fixeches? 619 00:45:13,920 --> 00:45:15,040 Por que? 620 00:45:16,120 --> 00:45:18,280 Porque te matou. 621 00:45:28,400 --> 00:45:29,960 Papá virá pronto? 622 00:45:31,040 --> 00:45:32,640 Si, axiña virá. 623 00:45:33,280 --> 00:45:34,480 Si. 624 00:45:59,280 --> 00:46:00,840 O xeado está bo. 625 00:46:46,560 --> 00:46:48,120 Preparado? 626 00:48:31,800 --> 00:48:33,800 Subtítulos: Beatriz Rivas Pazos 627 00:48:33,880 --> 00:48:35,880 Supervisora creativa: Abraham Díaz López