1 00:00:17,017 --> 00:00:19,102 Hazel veu para a cidade 2 00:00:19,185 --> 00:00:21,104 con desolación. 3 00:00:21,187 --> 00:00:23,857 Pero a situación cambiou o par, 4 00:00:23,940 --> 00:00:26,609 que ademais de peculiar, fai maxia… 5 00:00:26,693 --> 00:00:28,820 Padriños, son os padriños! 6 00:00:28,903 --> 00:00:30,030 Variñas, ás! 7 00:00:30,113 --> 00:00:31,573 E coroas liviás! 8 00:00:31,656 --> 00:00:33,533 Padriños, son os padriños! 9 00:00:33,616 --> 00:00:35,660 Desexos, trasnadas terás! 10 00:00:36,244 --> 00:00:38,580 Piratada, fritallada! Excursións de madrugada! 11 00:00:38,663 --> 00:00:41,458 Criaturas, diabruras! Polo tempo desventuras! 12 00:00:41,541 --> 00:00:43,209 Que negocio, que emoción! 13 00:00:43,293 --> 00:00:44,753 Que bos padriños son! 14 00:00:46,379 --> 00:00:48,298 A BATALLA DA GRAN VARIÑA 15 00:01:03,229 --> 00:01:05,356 Mira a nosa afilladiña. 16 00:01:05,440 --> 00:01:07,192 Dorme como unha pedra. 17 00:01:07,817 --> 00:01:09,235 Veña, espertámola. 18 00:01:11,154 --> 00:01:13,114 Arriba, Hazel! 19 00:01:15,366 --> 00:01:19,245 - Non desexas aterrar sobre seguro? - Claro! 20 00:01:20,789 --> 00:01:23,875 E estar xa vestida para empezar o día? 21 00:01:23,958 --> 00:01:25,835 Claro, e logo? 22 00:01:28,671 --> 00:01:29,672 Grazas. 23 00:01:31,382 --> 00:01:34,928 - Laváchesme os dentes? - Porque o desexaches. 24 00:01:35,011 --> 00:01:37,639 - Desexáchelo, non? - Que pasa? 25 00:01:38,223 --> 00:01:45,021 Levas acumulados 999 999 desexos no cupón dos desexos. 26 00:01:45,105 --> 00:01:49,567 Cando chegues ao millón, podes pedir un desexo sen normas. 27 00:01:50,902 --> 00:01:53,154 Un desexo sen normas? 28 00:01:53,238 --> 00:01:54,239 Exacto. 29 00:01:54,322 --> 00:01:59,702 E se agora levas 999 999, fáltanche… 30 00:02:02,455 --> 00:02:03,706 Vou pensar. 31 00:02:04,207 --> 00:02:08,211 Un! Fáltame un para pedir o desexo sen normas. 32 00:02:08,294 --> 00:02:10,213 Sen ningunha? 33 00:02:10,296 --> 00:02:11,714 Nin instrucións? 34 00:02:12,674 --> 00:02:14,759 Voume poñer nerviosa. 35 00:02:14,843 --> 00:02:19,597 Que caos. Que chulo saltar as normas. Pero non hai normas! 36 00:02:21,558 --> 00:02:23,351 Veña, aí vai. 37 00:02:23,434 --> 00:02:25,436 Desexo que seque esa baba. 38 00:02:29,315 --> 00:02:31,818 Atención! 39 00:02:31,901 --> 00:02:35,321 Os seus desexos chegan a un millón! 40 00:02:35,405 --> 00:02:38,908 Que gran celebración, 41 00:02:38,992 --> 00:02:40,493 xa son… 42 00:02:40,577 --> 00:02:43,913 un millón! 43 00:02:48,001 --> 00:02:52,380 Vaia, falla o sinal. A maxia non vai. 44 00:02:52,463 --> 00:02:55,717 - Imos ao Mundo das Fadas? - Como nos coñeces. 45 00:02:55,800 --> 00:02:58,553 Nin que nos pasase 39 ou 40 veces. 46 00:02:59,429 --> 00:03:01,014 Mundo das Fadas… 47 00:03:01,514 --> 00:03:02,974 Isto que é? 48 00:03:03,558 --> 00:03:07,770 - Nubes cor marrón. - Baixo un ceo gris. 49 00:03:07,854 --> 00:03:10,106 Ou azul verdoso, máis ben. 50 00:03:10,190 --> 00:03:12,901 Pasaríalle algo á Gran Variña? 51 00:03:12,984 --> 00:03:15,236 A enormísima variña amarela. 52 00:03:15,320 --> 00:03:17,780 Amarela? Está azul. 53 00:03:19,115 --> 00:03:22,410 Hai que chamar ao servizo técnico. 54 00:03:22,493 --> 00:03:25,371 Iso non ten nome máxico? 55 00:03:25,455 --> 00:03:29,334 Sorpréndeche que as fadas precisen servizo técnico? 56 00:03:31,419 --> 00:03:34,672 Camiñar déixame rebentada. 57 00:03:34,756 --> 00:03:38,468 Tes que soportar isto seguido, Hazel? 58 00:03:38,551 --> 00:03:39,636 Tranquila. 59 00:03:39,719 --> 00:03:42,180 Xa cargo eu contigo. 60 00:03:42,263 --> 00:03:45,433 Falando de cargar… 61 00:03:45,516 --> 00:03:47,268 Alexandre Magno, 62 00:03:47,352 --> 00:03:49,020 Iván o Terrible, 63 00:03:49,103 --> 00:03:51,022 Vlad o Empalador. 64 00:03:51,105 --> 00:03:54,525 Todos xerifaltes lendarios do pasado 65 00:03:54,609 --> 00:04:00,531 sobre os que o meu peso eu, o rei Dev, conquistador do Mundo das Fadas, 66 00:04:00,615 --> 00:04:02,659 cimento agora. 67 00:04:07,247 --> 00:04:10,375 - Dev? - Non vos esquezades de min. 68 00:04:10,458 --> 00:04:13,378 Non me esquezo! Déchesme mala sorte. 69 00:04:13,461 --> 00:04:16,756 Si. Ese son, Irep. 70 00:04:16,839 --> 00:04:20,301 Si, e Irep, conquistadores do Mundo das Fadas. 71 00:04:20,385 --> 00:04:23,221 Empeza o dev-ertimento! 72 00:04:24,555 --> 00:04:26,224 Amaña o cartel ese. 73 00:04:26,766 --> 00:04:28,768 Meu dito, meu feito! 74 00:04:30,395 --> 00:04:31,562 Paseime? 75 00:04:31,646 --> 00:04:32,897 Máis grandes. 76 00:04:33,982 --> 00:04:35,149 Faltaría máis! 77 00:04:37,527 --> 00:04:38,778 Que che apetece? 78 00:04:38,861 --> 00:04:40,780 Un E no medio. 79 00:04:43,741 --> 00:04:46,077 Que significa? 80 00:04:47,287 --> 00:04:52,875 Departamento Extraordinario de Vontades Cumpridas. 81 00:04:53,668 --> 00:04:56,379 Non debería ser DEVC? 82 00:04:56,462 --> 00:04:57,505 Préndeos! 83 00:04:58,673 --> 00:04:59,507 PRENDIDOS! 84 00:05:01,384 --> 00:05:05,263 Dev tomou o Mundo das Fadas. Quen contaba! 85 00:05:07,473 --> 00:05:11,853 Dev, a ver, que che pasa, meu? Non é para tanto. 86 00:05:11,936 --> 00:05:14,814 Que non? 87 00:05:14,897 --> 00:05:18,151 Non sabes canto sufrín! 88 00:05:19,027 --> 00:05:24,115 Sei por onde vai a cousa e non me chista. 89 00:05:24,198 --> 00:05:28,369 Non fixeches máis que eclipsarme, apareciches na escola, 90 00:05:28,453 --> 00:05:31,497 desfilaches pola cidade con dúas fadas, 91 00:05:31,581 --> 00:05:36,252 sombreiros e demais, roubáchesme o interese de meu pai. 92 00:05:36,336 --> 00:05:40,131 Investiguei sobre antifadas na antiweb, 93 00:05:40,214 --> 00:05:42,342 que a fixeron elas mesmas. 94 00:05:42,425 --> 00:05:47,430 E temos a mesma meta. Conquistar o Mundo das Fadas. 95 00:05:47,513 --> 00:05:49,599 Elas, para dominar a Terra, 96 00:05:49,682 --> 00:05:54,062 eu, para que meu pai vexa que debo ser a súa prioridade. 97 00:05:54,145 --> 00:05:56,397 - Buf! - Si, ho. 98 00:05:56,481 --> 00:06:00,276 Os O-Pairs fixeron un macrochip para a Gran Variña 99 00:06:00,360 --> 00:06:07,241 que abastece as variñas das antifadas e inutiliza as das fadas, e feito! 100 00:06:08,117 --> 00:06:12,705 Comigo, a súa man dereita, o rei Dev logrará o que lle pete. 101 00:06:12,789 --> 00:06:16,501 Sen que Ar Normas nin Peri llo impidan. 102 00:06:16,584 --> 00:06:20,004 - E Peri? - Si, onde está o neno? 103 00:06:20,505 --> 00:06:25,009 - Debín preguntar antes. - Cada cousa ao seu tempo, Pam. 104 00:06:25,093 --> 00:06:28,137 Pam? Nin se parece ao meu nome. 105 00:06:28,221 --> 00:06:30,973 Comeza a segunda fase do plan. 106 00:06:31,474 --> 00:06:34,644 Dev pensa que me chamo Pam desde sempre? 107 00:06:34,727 --> 00:06:37,271 Si, chámalle á xente como quere. 108 00:06:38,272 --> 00:06:43,778 Ola, terrícolas, son Dev Dimmadome, fillo de Dale Dimmadome. 109 00:06:43,861 --> 00:06:46,948 Preparados para un dev-ir inesperado? 110 00:06:47,031 --> 00:06:49,784 A maxia e as fadas existen. 111 00:06:49,867 --> 00:06:50,910 Tiña razón! 112 00:06:50,993 --> 00:06:56,207 Falo en directo desde a base das fadas, o Mundo das Fadas, 113 00:06:56,290 --> 00:06:59,377 mundo que goberno eu agora. 114 00:06:59,460 --> 00:07:02,463 A ver, Irep e eu. Saúda, Irep. 115 00:07:02,547 --> 00:07:04,048 Que hai, monas? 116 00:07:04,132 --> 00:07:05,091 Irep! 117 00:07:06,342 --> 00:07:07,927 Tráeme a meu pai. 118 00:07:08,428 --> 00:07:12,432 O meu fillo, Devidendos Devin Dimmadome, 119 00:07:12,515 --> 00:07:16,352 perpetrou unha operación hostil no mundo máxico. 120 00:07:16,436 --> 00:07:19,021 Dev, que orgullo! 121 00:07:19,105 --> 00:07:21,441 Oístelo? Oístes o que dixo? 122 00:07:21,941 --> 00:07:25,361 Case quero desprenderme das botas. Case. 123 00:07:25,445 --> 00:07:27,029 Abonda. Irep! 124 00:07:30,241 --> 00:07:34,370 Dev descubriulle a maxia ao mundo. Quen contaba! 125 00:07:34,454 --> 00:07:36,581 E agora a fase tres. 126 00:07:36,664 --> 00:07:41,502 Irep, desexo que todos os afillados teñan antifadas. 127 00:07:41,586 --> 00:07:44,338 Non. Precisamos normas, Dev. 128 00:07:44,422 --> 00:07:48,509 Se os nenos desexan o que queren sempre, hai caos. 129 00:07:48,593 --> 00:07:52,889 Non ves, Hazel, por iso vas quedar sen fadas. 130 00:07:52,972 --> 00:07:53,806 Irep! 131 00:07:55,933 --> 00:07:57,727 Non! 132 00:07:58,436 --> 00:07:59,979 - Hazel! - Chuliña! 133 00:08:00,897 --> 00:08:03,566 Mandádelle recordos ao neno. 134 00:08:05,401 --> 00:08:09,864 Agora reina Dev, viva súa maxestade! 135 00:08:17,538 --> 00:08:19,540 Tedes algo de beber? 136 00:08:19,624 --> 00:08:20,541 Peri! 137 00:08:24,212 --> 00:08:27,048 Cosmo, que enfermiño está. 138 00:08:27,131 --> 00:08:29,634 Dev, andas por aí? 139 00:08:32,553 --> 00:08:33,971 Cúmulo de maxia? 140 00:08:43,147 --> 00:08:45,066 Cosmo, Wanda! 141 00:08:45,775 --> 00:08:46,817 Que tal? 142 00:08:46,901 --> 00:08:51,489 Acórdaste de nós? Somos os arrendadores normalísimos. 143 00:08:52,532 --> 00:08:53,866 E os fillos. 144 00:08:55,284 --> 00:08:56,410 Non che abre? 145 00:08:56,494 --> 00:09:01,916 Non, Cosmo e Wanda pedíronme que lle regue as… mantas? 146 00:09:01,999 --> 00:09:03,459 Digo, as plantas. 147 00:09:04,043 --> 00:09:05,419 Xa… 148 00:09:09,215 --> 00:09:12,677 As mantas e as plantas precisan auga. 149 00:09:21,852 --> 00:09:23,187 Vaia, vaia. 150 00:09:23,271 --> 00:09:28,317 Os nosos arquinimigos, Cos-non e Wand-a na verza. 151 00:09:29,610 --> 00:09:34,782 Non, fomos capturados polas nosas antiversións. 152 00:09:34,865 --> 00:09:37,493 Eu con esta si que contaba. 153 00:09:38,619 --> 00:09:43,291 Como son intolerante á lactosa, non quero que exista. 154 00:09:43,374 --> 00:09:44,500 Desfaite dela! 155 00:09:47,461 --> 00:09:51,424 A xeografía é moi difícil, xunta os continentes. 156 00:09:53,384 --> 00:09:54,260 PANXEA 157 00:09:54,343 --> 00:09:57,305 Hai demasiados estilos de música. 158 00:09:57,388 --> 00:09:59,432 Imos probar un novo. 159 00:09:59,515 --> 00:10:01,601 O devstep. 160 00:10:03,394 --> 00:10:05,646 En, en, en, en… 161 00:10:05,730 --> 00:10:07,565 Énchesme de orgullo. 162 00:10:07,648 --> 00:10:10,276 En, en, en… Énchesme de orgullo. 163 00:10:10,359 --> 00:10:11,193 Outra! 164 00:10:11,277 --> 00:10:14,196 Des, des, des… Desprenderme das botas, case. 165 00:10:15,114 --> 00:10:17,199 Ca, ca, ca, ca, case, 166 00:10:17,283 --> 00:10:19,702 case, case desprenderme das… 167 00:10:19,785 --> 00:10:20,786 Irep. 168 00:10:20,870 --> 00:10:24,415 Perdoa, son algo traste. 169 00:10:25,082 --> 00:10:27,376 En, en… Énchesme de orgullo. 170 00:10:27,460 --> 00:10:29,045 - Outra! - Des, des… 171 00:10:29,128 --> 00:10:31,672 Novas de acción en Dimmadelphia da 4 ás 4. 172 00:10:31,756 --> 00:10:35,343 Xa rulamos? O exsoberano do país, Dev Dimmadome 173 00:10:35,426 --> 00:10:38,929 regresa para gobernar cun torrente de marcha. 174 00:10:39,013 --> 00:10:42,600 As consecuencias dos desexos sen normas 175 00:10:42,683 --> 00:10:45,561 advírtense por todos os lados. 176 00:10:45,645 --> 00:10:50,483 Ninguén perde as competicións, os deportes son aburridísimos. 177 00:10:50,566 --> 00:10:52,818 As parellas rompen sen parar 178 00:10:52,902 --> 00:10:55,363 e ten o amor man no tema? Non. 179 00:10:55,446 --> 00:11:01,452 Se viven preto dun cemiterio de mascotas, mellor múdense. 180 00:11:02,703 --> 00:11:05,665 Informounos Tina Churner 181 00:11:05,748 --> 00:11:09,043 desde o novo canal Dev-o-Vision. 182 00:11:09,126 --> 00:11:12,129 Dev é quen nos guía, sexa noite ou día. 183 00:11:14,507 --> 00:11:19,512 Quereredes saber por que vos convoquei. Houbo algo que non contei. 184 00:11:19,595 --> 00:11:25,893 Desde hai cousa dun ano teño padriños máxicos. 185 00:11:28,396 --> 00:11:32,400 Quedastes de pedra. Perdón, xurei non contalo… 186 00:11:33,234 --> 00:11:37,988 Eu non quedei de pedra, de feito, nin me sorprende. 187 00:11:38,072 --> 00:11:43,577 Sabía que algo había. Aparecéronme diante os meus peores medos. 188 00:11:43,661 --> 00:11:46,455 O teu edificio foi un hotel. 189 00:11:46,539 --> 00:11:50,835 Metíchesme nun mundo máxico a xogar cunha cobra xigante. 190 00:11:50,918 --> 00:11:53,003 Xa o sabiades? 191 00:11:53,087 --> 00:11:57,091 Que Dev tomase o Mundo das Fadas e descubrise a maxia 192 00:11:57,174 --> 00:11:59,468 aclarou un par de incógnitas. 193 00:11:59,552 --> 00:12:01,011 Vale, carai. 194 00:12:02,263 --> 00:12:04,682 Que alivio máis grande. 195 00:12:05,891 --> 00:12:08,144 Quitei un peso de enriba. 196 00:12:08,227 --> 00:12:10,688 Dádeme un momentiño. 197 00:12:12,606 --> 00:12:18,028 Como rescatamos a Cosmo e Wanda? Os veciños son as túas fadas, non? 198 00:12:18,112 --> 00:12:19,405 Xa o sabiades? 199 00:12:19,488 --> 00:12:24,243 Teñen o pelo rosa e verde e ti falas cuns contos rosa e verde. 200 00:12:24,326 --> 00:12:28,664 E estamos na súa casa, pero eles non, é evidente. 201 00:12:28,748 --> 00:12:30,332 Vale, ao choio. 202 00:12:30,416 --> 00:12:32,918 O plan é fácil, ten unha fase. 203 00:12:33,002 --> 00:12:37,715 Fase un: infiltrarse no Mundo das Fadas, onde Dev se apoderou da Gran Variña 204 00:12:37,798 --> 00:12:41,552 e, na segunda parte desa fase, devolvémoslles o poder ás fadas 205 00:12:41,635 --> 00:12:43,929 recuperando o macrochip. 206 00:12:44,013 --> 00:12:46,015 Na subparte C da fase un, 207 00:12:46,098 --> 00:12:48,851 liberamos a Cosmo e Wanda. 208 00:12:48,934 --> 00:12:51,937 Por último, salvamos o Mundo das Fadas. 209 00:12:53,272 --> 00:12:56,066 Diría que son catro ou cinco fases, 210 00:12:56,150 --> 00:12:57,109 pero a tope. 211 00:12:57,193 --> 00:12:59,945 - Conta comigo. - Será un win-win. 212 00:13:00,029 --> 00:13:02,364 Comeza a batalla da Gran Variña. 213 00:13:02,448 --> 00:13:05,743 Primeiro, unhas chamadas. Precisamos reforzos. 214 00:13:07,286 --> 00:13:10,915 As antifadas somos expertas torturadoras. 215 00:13:10,998 --> 00:13:13,000 Coñecemos as vosas fraquezas. 216 00:13:13,083 --> 00:13:18,672 Cosmo, teño un dicionario de palabras difíciles para facerte sentir… 217 00:13:19,924 --> 00:13:21,801 ensandecidísimo. 218 00:13:22,718 --> 00:13:24,303 Iso que significa? 219 00:13:24,386 --> 00:13:26,222 Déixame miralo. 220 00:13:26,305 --> 00:13:28,933 Para que queres o dicionario? 221 00:13:29,016 --> 00:13:31,018 Anti-Wanda, que… 222 00:13:31,101 --> 00:13:34,063 Sabes que os libros non se collen así… 223 00:13:35,147 --> 00:13:38,234 Para, non! 224 00:13:41,946 --> 00:13:44,114 Prendiches todas as fadas? 225 00:13:44,198 --> 00:13:45,324 Home, claro. 226 00:13:49,328 --> 00:13:55,292 Chegábame con Peri, Cosmo, Wanda e Jorgen. Os importantes, os que me pararían. 227 00:13:55,376 --> 00:13:58,838 Pero se o resto das fadas están libres, 228 00:13:58,921 --> 00:14:02,299 poderían impedirnos a conquista. 229 00:14:03,843 --> 00:14:06,512 Ten razón, escoita o socio. 230 00:14:06,595 --> 00:14:09,390 Os socios escóitanse mutuamente. 231 00:14:09,473 --> 00:14:11,100 Recalco: socios. 232 00:14:11,183 --> 00:14:13,561 Pero é un negocio. 233 00:14:13,644 --> 00:14:16,313 Varrer a competencia é primordial. 234 00:14:16,397 --> 00:14:21,777 Irep, cóntame máis desa idea para someter o Mundo das Fadas. 235 00:14:21,861 --> 00:14:23,904 Claro, Daliño. 236 00:14:23,988 --> 00:14:26,073 A miña idea é esta. 237 00:14:26,156 --> 00:14:28,951 - Para min… - Afianzarme. 238 00:14:29,034 --> 00:14:31,036 Dirás a miña idea. 239 00:14:31,704 --> 00:14:33,080 Dixen que… 240 00:14:34,623 --> 00:14:39,712 Meu pai non vai cambiar, apártame e cégase cos cartos. 241 00:14:39,795 --> 00:14:43,173 Dev, digo, maxestade. 242 00:14:43,257 --> 00:14:44,884 Que pasa, Pam? 243 00:14:45,467 --> 00:14:47,219 En serio? Tanto dá. 244 00:14:47,303 --> 00:14:51,056 Paréceme que che entraron remorsos da conquista. 245 00:14:51,140 --> 00:14:54,560 Debe ser porque es bo neno no fondo. 246 00:14:54,643 --> 00:14:57,062 Moi no fondo. 247 00:14:57,146 --> 00:14:58,022 Wanda! 248 00:14:58,105 --> 00:15:00,524 No máis fondo. 249 00:15:00,608 --> 00:15:05,571 Se cadra non o sabes, pero se as fadas non concedemos desexos, 250 00:15:05,654 --> 00:15:08,699 padecemos o cúmulo de maxia 251 00:15:09,533 --> 00:15:12,620 e rebentamos nunha explosión de confeti. 252 00:15:14,747 --> 00:15:15,748 Que chulada. 253 00:15:15,831 --> 00:15:18,751 Diso nada, morremos. 254 00:15:23,505 --> 00:15:25,591 A anomalía. Que quererá? 255 00:15:25,674 --> 00:15:27,635 Hai que defender o chip. 256 00:15:29,803 --> 00:15:31,597 Non te preocupes, papá. 257 00:15:31,680 --> 00:15:34,183 Quedo eu só ben aquí. 258 00:15:35,267 --> 00:15:39,188 Moitas grazas por collerme o teléfono. 259 00:15:39,271 --> 00:15:41,106 Xa sabedes que toca. 260 00:15:41,190 --> 00:15:42,191 Pillarvos! 261 00:15:43,442 --> 00:15:45,110 - Jasmine. - Música. 262 00:15:46,111 --> 00:15:51,116 Antifadas, quietas onde estades! Arriba, sen calamidades! 263 00:15:51,200 --> 00:15:53,702 Ti en min non mandas, mocosa. 264 00:15:53,786 --> 00:15:56,413 Por que levantarei os brazos? 265 00:15:56,497 --> 00:15:59,166 Winn, fai unha guapada das túas. 266 00:15:59,667 --> 00:16:00,960 Xa vou, Haze. 267 00:16:04,797 --> 00:16:07,132 Que guapada. 268 00:16:07,216 --> 00:16:09,969 Non, de guapada nada. Non! 269 00:16:15,265 --> 00:16:17,643 Que guapada… 270 00:16:18,852 --> 00:16:22,481 Que zaragallada é esta? Moi saudable non parece. 271 00:16:23,524 --> 00:16:26,402 Alto, penso que isto leva brócoli. 272 00:16:26,485 --> 00:16:28,529 Agora vas ti, mangallón. 273 00:16:28,612 --> 00:16:30,406 A mandar, minchiña! 274 00:16:35,035 --> 00:16:36,245 Esta é a nosa. 275 00:16:36,328 --> 00:16:38,122 Vamos pola Gran Variña! 276 00:16:38,706 --> 00:16:41,208 Pasade para aquí! 277 00:16:45,337 --> 00:16:47,172 Como entraría Hazel? 278 00:16:47,256 --> 00:16:51,468 Iremos atrás dela e deixamos as gaiolas sen vixiar? 279 00:16:51,552 --> 00:16:53,345 Que lista es. Vamos! 280 00:16:53,846 --> 00:16:58,809 Dev, tes que facer algo. O cúmulo de maxia é perigoso. 281 00:16:58,892 --> 00:17:02,646 Peri leva semanas sen conceder desexos. 282 00:17:02,730 --> 00:17:07,026 Mira, xa está no primeiro estadio. 283 00:17:07,693 --> 00:17:10,195 Dev, andas aí? 284 00:17:10,279 --> 00:17:15,284 Teño os teus cereais preferidos do bar de cereais da túa casa. 285 00:17:15,367 --> 00:17:19,121 Estoupará e farase confeti se non lle devolves a maxia. 286 00:17:19,204 --> 00:17:22,541 Que a estopa se converte en confeite? 287 00:17:23,042 --> 00:17:24,793 Vou mirar Ar Normas. 288 00:17:25,377 --> 00:17:27,212 E dálle coas normas. 289 00:17:27,296 --> 00:17:30,799 Sempre parándome. Nunca me concede o que pido. 290 00:17:31,383 --> 00:17:34,261 Quero facer as cousa ben contigo. 291 00:17:34,344 --> 00:17:38,766 Es o meu primeiro afillado e preocúpome por ti. 292 00:17:41,351 --> 00:17:47,566 Non estarás anoxado porque é imposible que o que desexas cho conceda unha fada? 293 00:17:51,195 --> 00:17:52,821 O chip está no trono. 294 00:17:58,202 --> 00:18:03,665 Hai que dar co macrochip que escondeu Dev. Cosmo, Wanda, estades ben? 295 00:18:08,629 --> 00:18:09,880 Quen vos soltou? 296 00:18:09,963 --> 00:18:13,675 Dev, máis ou menos. Agachou o macrochip no trono. 297 00:18:13,759 --> 00:18:15,010 En serio? 298 00:18:18,764 --> 00:18:22,267 Penso que no fondo non nos quería facer mal. 299 00:18:22,351 --> 00:18:26,480 Pero moi, moi no fondo. 300 00:18:26,563 --> 00:18:29,775 Hai que repararmos a Gran Variña 301 00:18:29,858 --> 00:18:33,320 antes de que Peri sufra un cúmulo de maxia. 302 00:18:33,862 --> 00:18:34,780 Cosmo? 303 00:18:34,863 --> 00:18:35,864 Que, dime? 304 00:18:35,948 --> 00:18:39,326 - Sáeche confeti polas orellas. - Axúdame. 305 00:18:52,297 --> 00:18:57,177 Hai que poñer o macrochip no alto da variña. Trouxen transporte. 306 00:19:00,848 --> 00:19:04,518 Voamos nas Aeroliñas Fedor Fétido, 307 00:19:04,601 --> 00:19:06,645 máis fétidas non as hai. 308 00:19:06,728 --> 00:19:10,107 Unha, dúas, tres, turra! 309 00:19:15,154 --> 00:19:16,446 Por que non vai? 310 00:19:16,530 --> 00:19:18,866 Podemos probar a soprarlle. 311 00:19:22,578 --> 00:19:23,745 Hazel? 312 00:19:24,997 --> 00:19:27,166 Non, Wanda! 313 00:19:27,249 --> 00:19:29,251 Como prendo a variña? 314 00:19:30,419 --> 00:19:31,378 Espera. 315 00:19:31,461 --> 00:19:35,924 Bary, axúdanos para facer electricidade pola vella. 316 00:19:51,106 --> 00:19:53,025 Wanda? Non me oes? 317 00:19:53,108 --> 00:19:54,526 Está amarela. 318 00:19:57,029 --> 00:20:02,201 Wanda, desexo que o Mundo das Fadas volva estar igual ca sempre. 319 00:20:10,000 --> 00:20:11,960 DES-DEVIR, MUNDO DAS FADAS 320 00:20:16,256 --> 00:20:17,090 XA NON! 321 00:20:18,634 --> 00:20:22,763 Antifadas, todas para o mundo das antifadas! 322 00:20:26,308 --> 00:20:28,769 As fadas e a maxia non existen. 323 00:20:28,852 --> 00:20:32,231 Foi unha artimaña das editoriais infantís. 324 00:20:32,314 --> 00:20:36,860 Non saben xa como vender. Esquecede o que vistes! 325 00:20:42,991 --> 00:20:44,534 Como te fai sentir? 326 00:20:46,161 --> 00:20:49,039 Vés para te chufar? Gañaches. 327 00:20:49,122 --> 00:20:52,376 Axudaches a Cosmo e Wanda a salvar a Peri. 328 00:20:52,459 --> 00:20:54,044 Dev, tócache. 329 00:20:54,127 --> 00:20:59,675 Se recuperabamos o Mundo das Fadas quedarías sen Peri e sen recordos, 330 00:20:59,758 --> 00:21:01,260 e fixéchelo igual. 331 00:21:01,343 --> 00:21:04,346 Se cadra estábame ben, Hazel. 332 00:21:04,429 --> 00:21:08,976 Si, pero grazas por facer o correcto. 333 00:21:09,059 --> 00:21:11,728 O Mundo das Fadas ten accións… 334 00:21:13,063 --> 00:21:13,897 FEITO! 335 00:21:14,731 --> 00:21:17,359 É unha mona, pero dixo ben o nome. 336 00:21:17,442 --> 00:21:19,945 No fondo debe sabelo. 337 00:21:20,028 --> 00:21:24,074 No fondo, moi fondo. 338 00:21:24,157 --> 00:21:26,493 Grazas por colaborar, cativos. 339 00:21:26,576 --> 00:21:29,079 - Para esquecer a maxia… - Alto. 340 00:21:29,162 --> 00:21:34,001 Non se me permitía un desexo libre? Sen normas? 341 00:21:34,084 --> 00:21:36,670 Si, porque pediches un millón. 342 00:21:36,753 --> 00:21:41,300 De feito levas un millón e un, que amañou ela a desfeita. 343 00:21:41,383 --> 00:21:45,762 Non sumarías mal? Pediu 999 999, pero… 344 00:21:45,846 --> 00:21:48,557 Winn, Jasmine e meu irmán axudaron, 345 00:21:48,640 --> 00:21:54,771 así que o meu desexo é que o recorden e poidan saber da existencia das fadas. 346 00:21:55,647 --> 00:21:56,481 Que… 347 00:21:58,942 --> 00:22:01,069 Son as normas, Jorgen. 348 00:22:01,153 --> 00:22:04,489 Si, neste caso, a norma anula as normas. 349 00:22:05,115 --> 00:22:08,744 Aguantareime porque era o trato. 350 00:22:08,827 --> 00:22:10,871 Vale. 351 00:22:10,954 --> 00:22:12,581 Arreando! 352 00:22:16,543 --> 00:22:18,420 Ferro a tope, afillada! 353 00:22:18,503 --> 00:22:21,340 E amizades da afillada. 354 00:22:22,215 --> 00:22:24,009 Que nome se lles dará? 355 00:22:24,593 --> 00:22:25,635 Familia. 356 00:22:30,807 --> 00:22:32,142 Alto! 357 00:22:32,225 --> 00:22:34,770 E acábase cun chiste de peidos? 358 00:22:34,853 --> 00:22:37,397 Como non nos dean outra tempada… 359 00:23:01,171 --> 00:23:05,926 Subtítulos: Ainoa Antelo Pérez