1 00:00:30,040 --> 00:00:33,400 Adam, vou buscar a Grace. Non está na casa do lado. 2 00:00:57,240 --> 00:00:58,240 Grace! 3 00:01:01,880 --> 00:01:03,320 Grace! Onde estabas? 4 00:01:03,400 --> 00:01:04,560 Tranquila. 5 00:01:04,640 --> 00:01:07,960 Está ben, atopeina xogando por fóra da casa dos Phillips. 6 00:01:08,040 --> 00:01:09,720 Tes que parar de escapar. 7 00:01:09,800 --> 00:01:13,240 Ninguén se ten que meter en problemas, vale? 8 00:01:13,320 --> 00:01:15,120 Grazas por traela á casa. 9 00:01:16,800 --> 00:01:18,760 Foi un día difícil para todos. 10 00:01:20,920 --> 00:01:23,040 Alégrome de que falásemos antes. 11 00:01:23,120 --> 00:01:24,280 Eu tamén. 12 00:01:25,360 --> 00:01:26,960 Veña, Grace. 13 00:01:35,600 --> 00:01:37,520 Senta, que che quito os zapatos. 14 00:01:39,280 --> 00:01:41,360 Tes que ir á cama, é tarde. 15 00:01:46,320 --> 00:01:47,400 Veña, ruliña. 16 00:01:47,480 --> 00:01:48,720 Para arriba. 17 00:02:56,720 --> 00:02:57,960 Mellor así? 18 00:02:59,480 --> 00:03:00,960 Tes un plan, fillo? 19 00:03:01,040 --> 00:03:03,440 Non me podes ter atado para sempre. 20 00:03:05,400 --> 00:03:06,880 Non deberías facer iso. 21 00:03:06,960 --> 00:03:08,720 Pecado tras pecado. 22 00:03:09,680 --> 00:03:11,280 Hai bondade en ti. 23 00:03:11,360 --> 00:03:12,280 Busca a luz. 24 00:03:12,360 --> 00:03:14,440 Ten que estar calado, vale? 25 00:03:14,960 --> 00:03:16,880 Se non, que me vas facer? 26 00:03:38,840 --> 00:03:39,800 Adam. 27 00:03:42,920 --> 00:03:44,240 Que pasou? 28 00:03:46,720 --> 00:03:48,200 Corteime… 29 00:03:49,360 --> 00:03:50,480 limpando. 30 00:03:50,560 --> 00:03:51,680 Estou ben. 31 00:03:55,080 --> 00:03:57,880 Fixéchelo moi ben no funeral. 32 00:03:57,960 --> 00:04:00,120 Isaac estaría moi orgulloso. 33 00:05:15,360 --> 00:05:16,480 Merda. 34 00:05:22,040 --> 00:05:24,440 - Que pasa? - Dásme o meu móbil? 35 00:05:24,520 --> 00:05:27,920 - Por que? Que pasa? - Que me deas o móbil, cona! 36 00:05:28,000 --> 00:05:28,920 Vale. 37 00:05:30,280 --> 00:05:31,120 Merda. 38 00:05:41,080 --> 00:05:41,920 Grazas. 39 00:05:42,000 --> 00:05:44,480 Non come, non di nada. 40 00:05:44,560 --> 00:05:46,720 Apenas falou desde que espertou. 41 00:05:46,800 --> 00:05:49,280 Grace? Estás enfermiña? 42 00:05:49,360 --> 00:05:50,840 Non ten febre. 43 00:05:51,760 --> 00:05:53,840 Non sei que lle pasa. 44 00:06:02,760 --> 00:06:05,240 - Ola. - Adam, estou na casa dos Phillips. 45 00:06:05,320 --> 00:06:07,120 Teño un pequeno problema. 46 00:06:08,000 --> 00:06:09,280 Si, preciso axuda. 47 00:06:09,920 --> 00:06:12,160 Vale, entendido. 48 00:06:17,240 --> 00:06:20,520 Botaron o señor Phillips. Infrinxiu o confinamento. 49 00:06:21,400 --> 00:06:22,720 Debe expiar os seus pecados. 50 00:06:22,800 --> 00:06:25,760 - Precisará ir ao médico? - Non o creo. 51 00:06:25,840 --> 00:06:27,920 O que ten que facer é obedecer. 52 00:06:28,000 --> 00:06:29,840 Senta, Grace. 53 00:06:30,720 --> 00:06:33,000 Senta e almorza. 54 00:06:34,320 --> 00:06:35,160 Marcho. 55 00:06:35,240 --> 00:06:36,720 Teño que ir ver a Sam. 56 00:06:40,560 --> 00:06:42,920 Como te atreves a ser tan testana? 57 00:07:08,400 --> 00:07:10,560 IRMANDADE DO DIVINO 58 00:07:13,240 --> 00:07:14,520 Non te achegues! 59 00:07:17,960 --> 00:07:20,560 Non quere facer iso, señor Phillips. 60 00:07:20,640 --> 00:07:21,920 Va que non? 61 00:07:22,440 --> 00:07:23,400 Veña. 62 00:07:24,800 --> 00:07:26,440 - Déame a pistola. - Non. 63 00:07:26,520 --> 00:07:28,520 - Veña, báixea. - Que non! 64 00:07:28,600 --> 00:07:29,880 Vamos. 65 00:07:31,240 --> 00:07:34,720 Non temos que facelo máis difícil, vale? 66 00:07:37,800 --> 00:07:39,120 Déame a pistola. 67 00:07:45,080 --> 00:07:47,640 Non fun eu, Adam, non fun eu! 68 00:07:47,720 --> 00:07:49,880 Non conducía eu, conducía Sam! 69 00:07:49,960 --> 00:07:51,680 Adam, non matei o teu irmán. 70 00:07:51,760 --> 00:07:53,840 Non fale de Isaac, asasinouno. 71 00:07:53,920 --> 00:07:55,640 - Non! - Levádeo. 72 00:07:55,720 --> 00:07:57,160 Xúroo por Deus! 73 00:07:57,240 --> 00:08:00,200 Foi Sam! Foi el! 74 00:08:00,280 --> 00:08:02,200 O demo está entre nós! 75 00:08:02,280 --> 00:08:04,560 - Foi el! - Rezarei por vostede. 76 00:08:06,000 --> 00:08:07,520 Non, foi el! 77 00:08:08,880 --> 00:08:11,760 Foi Sam! 78 00:08:26,480 --> 00:08:27,440 Rula. 79 00:08:27,960 --> 00:08:29,640 Tróuxenche galletas. 80 00:08:32,600 --> 00:08:34,360 Déixochas aí por se tes fame. 81 00:08:41,160 --> 00:08:42,360 Quérote. 82 00:08:53,200 --> 00:08:55,320 Xa non sae nin do cuarto. 83 00:08:55,400 --> 00:08:58,960 Só ten seis anos. Pasouno moi mal, coma todos. 84 00:08:59,040 --> 00:09:00,760 Adam non lle debeu berrar. 85 00:09:00,840 --> 00:09:02,920 - Xa sabes como son os homes. - Non. 86 00:09:03,000 --> 00:09:05,560 É unha escusa, xa estaba desgustada. 87 00:09:05,640 --> 00:09:07,720 Non sei que lle pasa, é como se… 88 00:09:07,800 --> 00:09:11,080 Todos vivimos momentos na vida nos que todo nos supera. 89 00:09:12,000 --> 00:09:14,120 É unha proba, nada máis. 90 00:09:14,200 --> 00:09:15,520 Non sei, mamá. 91 00:09:16,400 --> 00:09:19,720 Non sei se este sitio é o propio para min. Ou para Grace. 92 00:09:23,240 --> 00:09:24,440 Reza. 93 00:09:25,400 --> 00:09:28,600 Deus ensinarache o camiño. Es máis forte do que pensas. 94 00:09:28,680 --> 00:09:29,920 E Grace? 95 00:09:32,640 --> 00:09:33,640 Ti reza. 96 00:10:13,000 --> 00:10:15,080 Grace, que che pasa? 97 00:10:18,440 --> 00:10:19,920 É polo funeral? 98 00:10:21,920 --> 00:10:23,920 Estás triste polo tío Isaac? 99 00:10:28,480 --> 00:10:31,040 Grace, pódesme contar todo. 100 00:10:34,960 --> 00:10:38,480 Sam díxome que era un xogo, pero era mentira. 101 00:10:39,360 --> 00:10:41,480 - Estaban pelexando. - Quen? 102 00:10:42,480 --> 00:10:43,800 Quen pelexaba? 103 00:10:48,920 --> 00:10:50,120 Que? 104 00:10:51,640 --> 00:10:52,840 Por que pelexaban? 105 00:11:00,880 --> 00:11:03,200 Dixéronche que non contases nada? 106 00:11:07,480 --> 00:11:08,680 Que viches? 107 00:11:09,680 --> 00:11:11,320 Que che dixo Sam? 108 00:11:14,600 --> 00:11:17,400 Foi algo que non debiches ver. 109 00:11:18,160 --> 00:11:20,200 Non llo contes a ninguén. 110 00:11:21,440 --> 00:11:22,960 Nin a mamá. 111 00:11:23,640 --> 00:11:25,640 Se non, vou ter que mancarte. 112 00:11:32,280 --> 00:11:35,000 Xa non debería darche máis problemas. 113 00:11:36,480 --> 00:11:37,680 Grace. 114 00:11:37,760 --> 00:11:40,400 Queda co osiño e non saias do cuarto. 115 00:11:49,960 --> 00:11:52,640 Como che resulta todo tan fácil? 116 00:11:53,880 --> 00:11:55,080 O que? 117 00:11:55,960 --> 00:11:58,360 O do señor Phillips, encargarte… 118 00:11:59,200 --> 00:12:01,480 Para min é fácil. 119 00:12:01,560 --> 00:12:02,960 Este lugar, 120 00:12:03,040 --> 00:12:05,560 a Irmandade, as normas. 121 00:12:06,160 --> 00:12:07,640 É lóxico, non? 122 00:12:09,120 --> 00:12:11,400 Pero entendo que a ti che custe. 123 00:12:12,440 --> 00:12:13,840 Pola túa natureza. 124 00:12:18,160 --> 00:12:20,960 Se cadra a ti xa non che funciona. 125 00:12:21,680 --> 00:12:24,640 Se cadra é o momento de pensar noutra vida… 126 00:12:26,080 --> 00:12:26,920 fóra. 127 00:12:27,000 --> 00:12:30,080 Non, non podería. Non podo. 128 00:12:31,600 --> 00:12:33,200 É para os non escollidos. 129 00:12:40,160 --> 00:12:41,240 Ola, Rosie. 130 00:12:42,680 --> 00:12:44,440 Queredes un té? 131 00:12:44,520 --> 00:12:45,720 Non, grazas. 132 00:12:46,840 --> 00:12:48,840 Eu si que quero, grazas. 133 00:12:50,560 --> 00:12:54,080 Xa o oístes? A señora Phillips… 134 00:12:54,880 --> 00:12:56,000 marchou. 135 00:12:57,720 --> 00:12:59,160 Deixou o seu home. 136 00:13:01,640 --> 00:13:02,480 Non o sabía. 137 00:13:04,480 --> 00:13:05,320 A xente… 138 00:13:06,800 --> 00:13:08,480 é un misterio. 139 00:13:11,200 --> 00:13:13,560 Sobre todo a que pensas que coñeces. 140 00:13:20,240 --> 00:13:21,800 Vou ver como está Grace. 141 00:13:49,800 --> 00:13:52,320 Quería darche as grazas por acollerme. 142 00:13:55,000 --> 00:13:56,800 Sei que foi difícil. 143 00:14:11,200 --> 00:14:12,200 Rosie. 144 00:14:14,240 --> 00:14:15,400 Que che pasa? 145 00:14:16,040 --> 00:14:17,280 Nada. 146 00:14:17,360 --> 00:14:18,880 Aquí non. 147 00:14:23,720 --> 00:14:26,240 Non me digas que che dan medo as tormentas. 148 00:14:28,240 --> 00:14:30,840 Se só é Deus movendo mobles. 149 00:14:42,880 --> 00:14:44,600 Cando te afastaches, 150 00:14:45,720 --> 00:14:47,360 pensaba que te perdera. 151 00:14:51,480 --> 00:14:53,200 Non o podía soportar. 152 00:14:54,760 --> 00:14:55,880 Teño que marchar. 153 00:14:56,560 --> 00:14:58,040 Grace está triste. 154 00:15:00,720 --> 00:15:01,800 Por que? 155 00:15:04,360 --> 00:15:06,560 Por Isaac, o seu tío. 156 00:15:09,320 --> 00:15:10,480 Xa. 157 00:15:34,200 --> 00:15:35,600 Véxote pola noite. 158 00:15:37,400 --> 00:15:38,600 Na reunión. 159 00:15:38,680 --> 00:15:40,000 Fenomenal. 160 00:15:47,400 --> 00:15:48,680 Non podo, Rosie. 161 00:15:50,640 --> 00:15:52,200 Non podo vivir sen ti. 162 00:16:22,840 --> 00:16:28,720 "O señor falaba con Moisés cara a cara, coma un home co seu amigo. 163 00:16:29,720 --> 00:16:31,840 Despois volvía para o campamento…" 164 00:16:31,920 --> 00:16:34,840 Adam, Grace díxome algo que tes que saber. 165 00:16:35,440 --> 00:16:38,680 Viu o señor Phillips pelexando con Sam onte á noite. 166 00:16:38,760 --> 00:16:40,640 El di que Sam matou a Isaac. 167 00:16:40,720 --> 00:16:41,720 É un borracho. 168 00:16:42,480 --> 00:16:44,960 - E asasino, normal que o diga. - É certo. 169 00:16:45,040 --> 00:16:47,840 Non ten sentido. Por que querería matar a Isaac? 170 00:16:47,920 --> 00:16:52,760 Porque é así, xa o fixo máis veces. Matou unha rapaza en Irlanda aos 16 anos. 171 00:16:52,840 --> 00:16:54,600 Por iso estivo no cárcere. 172 00:16:55,120 --> 00:16:56,680 Matou tamén o curmán dela. 173 00:16:57,560 --> 00:17:00,560 Isaac debeu descubrilo, por iso viña tanto. 174 00:17:03,960 --> 00:17:05,360 Para avisarnos? 175 00:17:09,920 --> 00:17:11,280 E eu boteino? 176 00:17:15,320 --> 00:17:17,840 Pensas que Sam o matou por iso? 177 00:17:18,840 --> 00:17:20,840 Non quería que o soubésemos. 178 00:17:20,920 --> 00:17:22,840 Non quería que eu o soubese. 179 00:17:26,560 --> 00:17:27,720 Por que ti? 180 00:17:35,200 --> 00:17:36,560 Deiteime con Sam. 181 00:17:44,280 --> 00:17:45,480 Estivemos… 182 00:17:46,360 --> 00:17:47,520 xuntos. 183 00:17:47,600 --> 00:17:49,040 Forzoute? 184 00:17:50,640 --> 00:17:51,520 Non. 185 00:17:53,360 --> 00:17:55,480 Quixen eu. Fun eu a que o buscou. 186 00:17:56,640 --> 00:17:58,200 Empecei eu. 187 00:18:00,160 --> 00:18:01,480 Sei que está mal. 188 00:18:03,000 --> 00:18:05,720 - Sei que é pecado. - Estamos casados, Rosie. 189 00:18:06,400 --> 00:18:07,400 Estamos? 190 00:18:09,320 --> 00:18:10,960 Queres a Grace, seino. 191 00:18:12,160 --> 00:18:14,120 Gústache a idea de ter muller. 192 00:18:14,840 --> 00:18:18,560 Pero cando nos deitamos, nin me miras… 193 00:18:18,640 --> 00:18:19,720 Non é… 194 00:18:21,720 --> 00:18:23,520 Non son o que tiveches con el. 195 00:18:27,080 --> 00:18:28,320 Mamá! 196 00:18:28,840 --> 00:18:30,280 Xa vou. 197 00:18:31,280 --> 00:18:32,720 Adam, por favor. 198 00:18:33,680 --> 00:18:36,800 Non cho digo para facerche dano, de verdade. 199 00:18:36,880 --> 00:18:39,360 Só necesito que o entendas todo. 200 00:18:39,440 --> 00:18:42,680 E, aínda que non podas, o único importante é Grace. 201 00:18:42,760 --> 00:18:44,440 Está aterrorizada. 202 00:18:44,520 --> 00:18:46,720 Sabe o que fixo Sam. 203 00:18:46,800 --> 00:18:48,240 Ameazouna. 204 00:18:48,800 --> 00:18:50,200 A nosa filla. 205 00:18:52,200 --> 00:18:54,200 Adam, dixo que lle faría dano. 206 00:19:04,680 --> 00:19:07,400 - Que é iso? - Detector de fume. Marchou a luz. 207 00:19:07,480 --> 00:19:08,520 O móbil non vai. 208 00:19:08,600 --> 00:19:09,840 E se volve? 209 00:19:11,280 --> 00:19:12,560 Temos que marchar. 210 00:19:13,080 --> 00:19:15,360 Colle a Grace xa. Pona a salvo. 211 00:19:23,680 --> 00:19:24,880 Grazas. 212 00:19:27,200 --> 00:19:28,520 Grace? 213 00:19:28,600 --> 00:19:30,440 Apura, temos que marchar. 214 00:19:30,520 --> 00:19:31,720 Lévovos a Norwich. 215 00:19:31,800 --> 00:19:34,240 O primo de meu pai, Martin, é ancián alí. 216 00:19:40,960 --> 00:19:43,000 Rosie, que fas? 217 00:19:48,440 --> 00:19:50,040 Non imos ir a Norwich. 218 00:19:52,000 --> 00:19:53,040 Por que non? 219 00:19:55,080 --> 00:19:56,920 Lévanos á estación. 220 00:20:00,160 --> 00:20:01,080 Non o entendo. 221 00:20:02,440 --> 00:20:03,600 Marcho. 222 00:20:04,720 --> 00:20:07,120 E levo a Grace. Marchamos da Irmandade. 223 00:20:08,560 --> 00:20:09,800 Rosie. 224 00:20:11,320 --> 00:20:12,360 Non. 225 00:20:14,440 --> 00:20:16,480 Non, non podes. 226 00:20:16,560 --> 00:20:19,000 - Debemos ser unha familia. - Amañarémolo. 227 00:20:19,080 --> 00:20:21,120 Este sitio colle o bo e o amor… 228 00:20:21,200 --> 00:20:22,440 Non leves a Grace. 229 00:20:22,520 --> 00:20:23,960 …e convérteo en dor. 230 00:20:24,040 --> 00:20:27,560 Amañarémolo, sei o do matrimonio, o de Sam, pero non podes… 231 00:20:33,520 --> 00:20:34,600 Tiñas… 232 00:20:35,520 --> 00:20:37,600 Tiñas planeado deixarme igualmente? 233 00:20:42,040 --> 00:20:43,080 Con el? 234 00:20:43,720 --> 00:20:45,160 Ao principio non. 235 00:20:45,240 --> 00:20:46,880 Só Grace e eu. 236 00:20:51,560 --> 00:20:52,600 Por que? 237 00:21:17,320 --> 00:21:18,400 Fixéchesme dano. 238 00:21:20,440 --> 00:21:21,880 Humilláchesme. 239 00:21:25,120 --> 00:21:27,440 Miráchesme como se me odiases. 240 00:21:37,440 --> 00:21:38,760 Non te odio. 241 00:21:44,960 --> 00:21:45,960 Eu… 242 00:21:47,440 --> 00:21:48,640 Odio… 243 00:21:52,080 --> 00:21:53,880 Mereces algo mellor ca min. 244 00:22:00,560 --> 00:22:02,280 Mereces un marido mellor. 245 00:22:06,640 --> 00:22:08,080 Onde ides ir? 246 00:22:12,520 --> 00:22:13,760 Tes un plan? 247 00:22:20,640 --> 00:22:23,240 Podo seguir véndoa? 248 00:22:24,520 --> 00:22:26,480 Ou polo menos visitala? 249 00:22:31,840 --> 00:22:34,520 Ou escribirlle, se non. 250 00:22:37,840 --> 00:22:39,320 Iso depende de ti. 251 00:22:42,760 --> 00:22:44,440 Falaraslle de min? 252 00:22:46,360 --> 00:22:48,520 Se pregunta… 253 00:22:49,960 --> 00:22:51,840 Dille que a quero moitísimo. 254 00:22:59,200 --> 00:23:00,600 Porque iso é verdade. 255 00:23:18,560 --> 00:23:20,000 Papá vén? 256 00:23:26,240 --> 00:23:27,520 Só ides vós. 257 00:23:29,160 --> 00:23:30,480 Mamá e ti. 258 00:23:52,680 --> 00:23:54,440 Subimos e sentamos, vale? 259 00:25:37,440 --> 00:25:39,240 - Adam. - Xa o sei. 260 00:25:40,320 --> 00:25:42,080 - Dá a volta. - Non podo. 261 00:25:43,080 --> 00:25:46,480 Grace, dáme o audiófono. Grace, o audiófono, xa! 262 00:25:53,960 --> 00:25:55,680 Parece que se acaba o mundo. 263 00:25:56,440 --> 00:25:57,640 Onde ides? 264 00:25:57,720 --> 00:25:59,920 Ao hospital, ao audiólogo. 265 00:26:00,000 --> 00:26:02,080 A Grace rompeulle o audiófono. 266 00:26:07,040 --> 00:26:08,360 Levades ferramentas? 267 00:26:09,200 --> 00:26:10,040 Non. 268 00:26:10,120 --> 00:26:12,920 Cunha motoserra creo que o damos movido os dous. 269 00:26:13,000 --> 00:26:14,960 Non temos nada, Sam. 270 00:26:15,880 --> 00:26:17,160 Colle a Grace e escapa. 271 00:26:29,040 --> 00:26:31,360 Mataches o meu irmán! 272 00:26:31,440 --> 00:26:32,960 Fillo de… 273 00:27:02,560 --> 00:27:03,440 Grace, vamos. 274 00:27:04,280 --> 00:27:05,800 - Non dou feito. - Rosie! 275 00:27:10,200 --> 00:27:11,320 Rosie! 276 00:27:13,920 --> 00:27:14,880 Mamá. 277 00:27:15,400 --> 00:27:16,680 Rosie. 278 00:27:24,080 --> 00:27:25,280 Grace! 279 00:27:25,360 --> 00:27:28,240 Grace, que frío debiches pasar, cariño. 280 00:27:29,600 --> 00:27:31,640 Perdón por asustarte. 281 00:27:38,520 --> 00:27:39,560 Vamos. 282 00:27:48,320 --> 00:27:49,840 Coidado coa cabeza. 283 00:27:50,640 --> 00:27:51,760 Veña, Grace. 284 00:27:51,840 --> 00:27:53,560 - Mamá, porfa. - Grace, vamos. 285 00:27:54,440 --> 00:27:57,120 Grace, mírame. Hai que ir ao despacho de papá. 286 00:27:57,200 --> 00:27:59,800 Colle as chaves dunha camioneta. Rula, porfa. 287 00:27:59,880 --> 00:28:00,920 Rosie! 288 00:28:02,560 --> 00:28:04,360 Veña, vamos. 289 00:28:04,960 --> 00:28:06,440 Veña, agáchate aquí. 290 00:28:07,160 --> 00:28:09,360 Queda aquí, óesme? 291 00:28:09,440 --> 00:28:12,000 Queda aí e non saias ata que volva. 292 00:28:14,600 --> 00:28:15,440 Síntoo. 293 00:28:20,080 --> 00:28:21,480 Volvo en dous minutos. 294 00:28:30,560 --> 00:28:34,200 SERRADOIRO HARRISON 295 00:28:50,680 --> 00:28:51,680 Non o fagas. 296 00:28:55,920 --> 00:28:57,040 Non marches. 297 00:29:00,600 --> 00:29:02,440 Grace contoume o de Isaac. 298 00:29:04,320 --> 00:29:05,200 Síntoo. 299 00:29:08,160 --> 00:29:10,280 Perdón, non tiña elección. 300 00:29:11,680 --> 00:29:12,960 Ía contarcho… 301 00:29:14,360 --> 00:29:15,280 todo. 302 00:29:17,320 --> 00:29:18,400 Non o podía permitir. 303 00:29:19,480 --> 00:29:20,880 E por iso o mataches? 304 00:29:23,320 --> 00:29:25,280 Por favor, non me mires así. 305 00:29:25,880 --> 00:29:27,000 Para. 306 00:29:28,000 --> 00:29:30,480 - Ameazaches a Grace. - Non, eu nunca… 307 00:29:30,560 --> 00:29:33,360 - Dixeches que lle farías dano. - Como? A Grace? 308 00:29:33,880 --> 00:29:36,840 Nunca faría iso, nunca lle faría dano a un neno. 309 00:29:36,920 --> 00:29:38,800 Rosie, tesme que crer. 310 00:29:41,680 --> 00:29:44,160 Son palabras, cona, non ía en serio. 311 00:29:44,240 --> 00:29:46,320 Ah, como o de que me protexerías? 312 00:29:46,400 --> 00:29:48,840 E que non tiña que terche medo. 313 00:29:50,240 --> 00:29:52,360 - Pois téñoo. - Non me tes medo. 314 00:29:52,440 --> 00:29:54,040 - Veña. - Teño medo. 315 00:29:57,760 --> 00:29:58,880 Quérote. 316 00:29:59,400 --> 00:30:01,040 Quérote, Rosie. 317 00:30:04,160 --> 00:30:05,200 Rosie? 318 00:30:11,320 --> 00:30:13,000 Non sei que facer. 319 00:30:16,560 --> 00:30:19,560 - Non é culpa miña, vale? - Como podes dicir iso? 320 00:30:19,640 --> 00:30:22,400 É que me pasa algo, Rosie. 321 00:30:22,480 --> 00:30:25,120 Teño algún cabo solto. 322 00:30:25,200 --> 00:30:27,680 Escoito un ruído na cabeza 323 00:30:27,760 --> 00:30:29,520 e non o podo controlar e… 324 00:30:30,760 --> 00:30:34,000 Rosie, por favor, só quero falar! 325 00:30:42,520 --> 00:30:43,720 Rosie! 326 00:30:57,160 --> 00:30:59,800 Sam, por favor! Non, por favor. 327 00:30:59,880 --> 00:31:01,520 Non, por favor. 328 00:31:01,600 --> 00:31:02,480 Prométocho. 329 00:31:03,080 --> 00:31:05,040 Que? Que me prometes? 330 00:31:05,640 --> 00:31:07,520 Prométoche que non te deixarei. 331 00:31:10,080 --> 00:31:11,280 Non. 332 00:31:12,400 --> 00:31:13,880 Non, mentes. 333 00:31:15,320 --> 00:31:16,640 Es unha mentireira. 334 00:31:17,400 --> 00:31:18,960 Es coma as demais. 335 00:31:20,320 --> 00:31:21,960 Como mamá. 336 00:31:22,040 --> 00:31:23,240 Como Aisling. 337 00:31:24,360 --> 00:31:27,400 Non, ti… mentes e vas marchar, hostia. 338 00:31:28,520 --> 00:31:30,720 Mentes e vas marchar, hostia! 339 00:31:31,600 --> 00:31:34,560 Mentes e vas marchar, hostia! 340 00:31:59,720 --> 00:32:02,000 "Arrepentimento". Que significa iso? 341 00:32:02,880 --> 00:32:04,520 Que o sentes. 342 00:32:06,200 --> 00:32:08,560 Que sentes de verdade o que fixeches. 343 00:32:10,400 --> 00:32:12,520 E significa que queres cambiar. 344 00:32:30,040 --> 00:32:31,920 Vou ir por Grace. 345 00:32:32,760 --> 00:32:34,720 E ti vas quedar aí. 346 00:32:38,360 --> 00:32:40,000 Dixeches que me queres. 347 00:32:40,520 --> 00:32:41,920 Pois déixanos marchar. 348 00:33:16,200 --> 00:33:17,480 Non te movas. 349 00:33:27,960 --> 00:33:30,040 "Non matarás." 350 00:33:31,200 --> 00:33:32,840 A ver, ho, ata o sei eu. 351 00:33:38,160 --> 00:33:40,000 Baixa a pistola, Adam 352 00:33:41,040 --> 00:33:42,680 e entrégame á policía. 353 00:33:46,680 --> 00:33:47,520 Toma. 354 00:34:15,320 --> 00:34:17,920 Só tiven que manipularte, Adam. 355 00:34:19,760 --> 00:34:21,840 Porque ti es así. 356 00:35:05,560 --> 00:35:08,960 "O Señor en persoa baixará do ceo, 357 00:35:09,680 --> 00:35:11,680 á voz do arcanxo 358 00:35:12,640 --> 00:35:14,800 e ao son da trompeta de Deus. 359 00:35:16,400 --> 00:35:19,000 E os cristiáns defuntos resucitarán primeiro. 360 00:35:19,600 --> 00:35:22,600 Despois, nós, os que quedemos vivos, 361 00:35:22,680 --> 00:35:25,920 seremos arrebatados xunto con eles nas nubes, 362 00:35:26,560 --> 00:35:29,000 para irmos ao encontro do Señor no aire." 363 00:35:31,800 --> 00:35:34,040 Imos comezar o embarque. 364 00:35:34,120 --> 00:35:36,840 Primeiro ferri, Liverpool a Belfast. 365 00:36:15,840 --> 00:36:20,040 UN ANO DESPOIS 366 00:36:46,160 --> 00:36:50,680 E así estaremos sempre co Señor… 367 00:36:52,680 --> 00:36:54,000 porque nós… 368 00:36:55,960 --> 00:36:57,560 somos os escollidos. 369 00:36:58,240 --> 00:36:59,920 Amén! 370 00:38:09,920 --> 00:38:13,120 Subtítulos: Ainoa Antelo Pérez