1 00:00:43,200 --> 00:00:49,280 VARSOVIA (POLONIA), 13 DE XANEIRO, 22 HORAS ANTES DO MAYDAY 2 00:01:01,880 --> 00:01:04,480 Estimada audiencia, sei que hoxe é mércores, 3 00:01:04,560 --> 00:01:08,160 mais se cadra sexamos capaces de alterar un pouco a realidade. 4 00:01:08,240 --> 00:01:14,280 Se todo o mundo escoita esta canción, chegará antes o venres? Vamos probar. 5 00:01:15,800 --> 00:01:18,040 Que? Monika segue durmida? 6 00:01:19,800 --> 00:01:21,400 Por sorte, si. 7 00:01:22,400 --> 00:01:23,960 Hai un IKEA en Malmö. 8 00:01:24,600 --> 00:01:26,400 Heille mercar un berce. 9 00:01:26,480 --> 00:01:28,240 Cando volves? 10 00:01:28,840 --> 00:01:30,440 Antes do que che gustaría. 11 00:01:32,520 --> 00:01:35,200 Máis che vale coidar da túa nai e da túa irmá. 12 00:01:35,840 --> 00:01:38,000 En vez de andar co fillo dos Macioszek. 13 00:01:38,080 --> 00:01:39,960 Para ser un home, pórtate como tal. 14 00:01:40,040 --> 00:01:42,720 Veña, déixao. Tomade o té. 15 00:01:42,800 --> 00:01:44,840 - Grazas. - De nada. 16 00:01:46,120 --> 00:01:50,160 Queredes ovos fritos ou revoltos? 17 00:01:50,240 --> 00:01:51,720 - Revoltos. - Fritos. 18 00:01:55,640 --> 00:01:57,920 Pois fritos, logo. 19 00:02:18,640 --> 00:02:21,440 Non o sei, xa veremos. O que pase, pasará. 20 00:02:24,280 --> 00:02:25,320 Vamos! 21 00:02:25,880 --> 00:02:27,480 - Vou. - Aga! 22 00:02:28,080 --> 00:02:29,280 Os teus sándwichs! 23 00:03:15,920 --> 00:03:17,640 - Que día é? - Trece. 24 00:03:17,720 --> 00:03:19,360 Menos mal que non é venres. 25 00:03:21,120 --> 00:03:24,120 Tócache un Scania porque están inspeccionando o MAN. 26 00:03:25,160 --> 00:03:26,360 Paréceche ben? 27 00:03:26,440 --> 00:03:27,280 Parece. 28 00:03:27,360 --> 00:03:29,360 Ah… e isto. 29 00:03:32,280 --> 00:03:33,520 Boa viaxe. 30 00:03:34,160 --> 00:03:35,080 Grazas. 31 00:04:14,280 --> 00:04:19,000 FORZAS ARMADAS POLACAS 32 00:04:21,080 --> 00:04:22,040 Bo día. 33 00:04:55,600 --> 00:04:56,880 Xa era hora. 34 00:04:58,480 --> 00:04:59,800 Folga de granxeiros. 35 00:05:00,320 --> 00:05:01,360 Canto hai? 36 00:05:03,640 --> 00:05:05,360 Nós non o imos cargar. 37 00:05:06,360 --> 00:05:07,480 Manda carallo. 38 00:05:07,560 --> 00:05:08,760 Si, unha manchea. 39 00:05:08,840 --> 00:05:10,040 Unha puta manchea. 40 00:05:14,960 --> 00:05:18,200 É mércores, 13 de xaneiro, 08:30 h. 41 00:05:18,280 --> 00:05:20,560 Pola costa e en Warmia e Mazuria, 42 00:05:20,640 --> 00:05:25,920 espéranse refachos moi fortes de vento que acadarán os 120 quilómetros por hora. 43 00:05:26,000 --> 00:05:29,400 Haberá chuvias intensas e torba. 44 00:05:29,480 --> 00:05:31,000 - As temperaturas… - Mira. 45 00:05:31,080 --> 00:05:34,880 …dous e cinco graos, pero o vento fará que parezan inferiores. 46 00:05:34,960 --> 00:05:36,600 Cago en todo. 47 00:06:05,480 --> 00:06:09,360 Sra. Kaczkowska, o seu home navegaba a miúdo a Suecia? 48 00:06:11,280 --> 00:06:14,840 Pois… ten chegado a ir até catro veces ao mes. 49 00:06:15,320 --> 00:06:16,760 Entón coñecía a ruta? 50 00:06:17,800 --> 00:06:20,400 Era a única ruta na que traballaba. 51 00:06:20,880 --> 00:06:23,880 E con que frecuencia viaxaba no ferry Jan Heweliusz? 52 00:06:24,640 --> 00:06:28,600 Non o sei exactamente, mais con bastante frecuencia. 53 00:06:30,040 --> 00:06:32,800 E houbo algo que lle chamase a atención? 54 00:06:32,880 --> 00:06:35,840 Comentoulle algunha inquietude? 55 00:06:35,920 --> 00:06:39,120 Estaba preocupado por algo? Ou viu algo? 56 00:06:39,200 --> 00:06:42,600 Ao meu home non lle gustaba navegar no inverno. 57 00:06:43,320 --> 00:06:45,280 Dábanlle medo as tormentas. 58 00:06:45,360 --> 00:06:48,320 - Cando ía no Heweliusz? - Non exclusivamente. 59 00:06:48,400 --> 00:06:50,040 E no Heweliusz? 60 00:06:51,560 --> 00:06:52,920 Tamén. 61 00:06:53,000 --> 00:06:54,800 E no Karkonosze? 62 00:06:54,880 --> 00:06:56,280 Desculpe. 63 00:06:56,360 --> 00:06:59,920 Perdoe, pero iso non ten ningunha relación co caso. 64 00:07:00,000 --> 00:07:01,920 Só tento demostrar 65 00:07:02,000 --> 00:07:06,640 que ao Sr. Kaczkowski lle asustaba cruzar o mar Báltico en inverno en xeral, 66 00:07:06,720 --> 00:07:09,800 non no Heweliusz en concreto. É así, Sra. Kaczkowska? 67 00:07:09,880 --> 00:07:12,400 Moi ben, será mellor volver á cuestión, si? 68 00:07:12,480 --> 00:07:16,000 Repito: díxolle algo o seu home sobre o Heweliusz? 69 00:07:17,160 --> 00:07:20,280 Comportamentos inusuais do capitán ou da tripulación? 70 00:07:20,360 --> 00:07:22,880 Non condicione os interrogados. 71 00:07:22,960 --> 00:07:25,000 Silencio, por favor, Sr. Budzisz. 72 00:07:27,400 --> 00:07:30,040 Por favor, ¿pode dicirnos 73 00:07:30,120 --> 00:07:33,680 se o seu marido dixo algo sobre o capitán ou a tripulación? 74 00:07:51,000 --> 00:07:53,600 Señoría, non sei onde quere chegar. 75 00:07:55,000 --> 00:07:58,120 Nin a que vén este espectáculo nin que fago eu aquí. 76 00:07:59,200 --> 00:08:01,160 Enganáronme todos. 77 00:08:01,680 --> 00:08:04,840 Ninguén me pediu desculpas polo que pasou. 78 00:08:04,920 --> 00:08:08,000 Fun recoller o meu marido a Świnoujście 79 00:08:08,080 --> 00:08:10,400 porque me dixeron que sobrevivira. 80 00:08:10,480 --> 00:08:14,560 E cando cheguei alí co meu fillo, resultou que fora un erro. 81 00:08:14,640 --> 00:08:16,400 Un erro, entende? 82 00:08:21,440 --> 00:08:24,480 Pódese ter un erro ao marcar un número de teléfono, 83 00:08:24,560 --> 00:08:27,680 non ao determinar quen sobreviviu. 84 00:08:29,040 --> 00:08:31,960 ¿Ten idea de como me sentín cando me decatei 85 00:08:32,040 --> 00:08:35,360 de que fora alí para recibir un completo descoñecido? 86 00:08:35,440 --> 00:08:39,160 Señora, entendemos o seu rancor… 87 00:08:40,280 --> 00:08:43,520 Lamentamos profundamente ese descoido. 88 00:08:44,200 --> 00:08:48,240 Con todo, poida que se o Heweliusz estivese en orde e o capitán… 89 00:08:48,320 --> 00:08:49,280 Señoría… 90 00:08:50,400 --> 00:08:54,960 Garántolle que cargo con moita ira e rabia 91 00:08:55,040 --> 00:08:57,000 cara ao capitán e á tripulación, 92 00:08:57,080 --> 00:08:59,960 mais podo ver o que están a facer aquí. 93 00:09:00,520 --> 00:09:03,320 Serei unha simple muller, mais non son estúpida. 94 00:09:03,400 --> 00:09:05,120 Vexo o que están a facer. 95 00:09:05,920 --> 00:09:10,640 Tan importantes, tan influentes, e só protexen os seus propios intereses. 96 00:09:11,120 --> 00:09:14,400 E son eu que a que ten que pagar as débedas do meu home! 97 00:09:14,480 --> 00:09:16,400 Sra. Kaczkowska, cálmese… 98 00:09:16,480 --> 00:09:20,400 Non! Non me interrompan, por favor. Déixenme acabar. 99 00:09:21,000 --> 00:09:25,200 Non sei se a culpa é do capitán ou doutra persoa, pero hai algo certo. 100 00:09:25,280 --> 00:09:29,280 O que fallou foi o Estado ao que vostedes representan aquí! 101 00:09:30,320 --> 00:09:34,320 Todos vostedes fallaron! Non prestaron suficiente atención! 102 00:09:34,920 --> 00:09:38,760 E somos as viúvas e as familias as que sufrimos os custos. 103 00:09:41,320 --> 00:09:43,240 O único que quixera… 104 00:09:44,160 --> 00:09:47,000 é que nos deixasen en paz. 105 00:09:47,720 --> 00:09:49,520 Que todo isto rematase. 106 00:09:50,040 --> 00:09:51,560 Porque sei… 107 00:09:52,520 --> 00:09:54,840 que aquí non imos obter xustiza. 108 00:09:56,520 --> 00:09:59,560 Aquí ninguén quere saber a verdade. 109 00:10:03,080 --> 00:10:06,920 Quedoume claro cando me dixeron o que tiña que testificar. 110 00:10:10,280 --> 00:10:11,200 Quen llo dixo? 111 00:10:12,040 --> 00:10:13,600 Só quero… 112 00:10:15,240 --> 00:10:18,680 Quero saber o que sentiu o meu home… 113 00:10:20,000 --> 00:10:21,680 cando estaba morrendo. 114 00:10:22,280 --> 00:10:24,560 Pensou en min, nos nosos fillos? 115 00:10:24,640 --> 00:10:27,360 Como que lle dixeron o que tiña que testificar? 116 00:10:37,560 --> 00:10:38,560 Tanto ten. 117 00:10:39,680 --> 00:10:41,640 - Perdón. - Que transportaba o seu home? 118 00:10:41,720 --> 00:10:44,080 - Armas e munición? - Silencio! 119 00:10:44,160 --> 00:10:46,160 Esixo silencio. 120 00:10:49,320 --> 00:10:50,840 Silencio, por favor! 121 00:10:50,920 --> 00:10:54,160 Por favor, señoras e señores, garden silencio. 122 00:10:55,320 --> 00:10:57,800 Garden silencio, señoras e señores. 123 00:10:59,680 --> 00:11:03,920 O Tribunal chama a seguinte persoa ao estrado. 124 00:11:11,080 --> 00:11:14,840 Desculpe, teño unha pregunta. Sabía o seu marido o que levaba? 125 00:11:14,920 --> 00:11:16,040 Lisca, hostia! 126 00:11:16,600 --> 00:11:17,560 Tranquilo. 127 00:11:28,840 --> 00:11:32,440 Vostede é experto en toxicoloxía, correcto? 128 00:11:33,160 --> 00:11:34,360 Si. 129 00:11:34,440 --> 00:11:37,720 ¿E examinou o contido dos estómagos 130 00:11:38,240 --> 00:11:41,840 dos membros da tripulación falecidos no Heweliusz? 131 00:11:41,920 --> 00:11:43,680 Si, de algúns. 132 00:11:44,240 --> 00:11:48,600 Houbo algo relevante que lle chamase a atención? 133 00:11:50,800 --> 00:11:55,560 Topamos pequenas cantidades de alcol no estómago dunha persoa. 134 00:11:55,640 --> 00:12:01,400 ¿Entón poderíase asumir loxicamente 135 00:12:02,120 --> 00:12:06,680 que os membros da tripulación puideron estar bébedos? 136 00:12:07,680 --> 00:12:10,280 Non podo confirmalo cun 100 % de seguridade… 137 00:12:12,480 --> 00:12:13,960 mais tampouco descartalo. 138 00:12:14,040 --> 00:12:18,200 Se non se pode confirmar, non se pode usar para facer esa acusación. 139 00:12:18,280 --> 00:12:20,560 Letrado, non lle dei a palabra. 140 00:12:20,640 --> 00:12:23,560 Mencionou pequenas cantidades de alcol. 141 00:12:24,760 --> 00:12:26,840 A quen pertencían exactamente? 142 00:12:28,960 --> 00:12:30,600 Ao oficial Skrzypczyński. 143 00:12:30,680 --> 00:12:33,440 - Imposible, o meu home odiaba o alcol. - Orde. 144 00:12:33,520 --> 00:12:36,200 - Son mentiras descaradas! - Esixo orde. 145 00:12:36,280 --> 00:12:38,480 - Non hai máis preguntas. - Grazas. 146 00:12:38,560 --> 00:12:42,000 - Desculpen, eu teño unha pregunta. - Adiante, letrado. 147 00:12:44,280 --> 00:12:47,480 ¿Fixéronselle probas de alcol 148 00:12:47,560 --> 00:12:50,600 ao cadáver do capitán Ułasiewicz? 149 00:12:52,280 --> 00:12:53,360 Si, claro. 150 00:12:53,440 --> 00:12:54,360 E que? 151 00:12:55,720 --> 00:12:58,280 Non había trazas de alcol presentes. 152 00:12:59,480 --> 00:13:00,920 Non hai máis preguntas. 153 00:13:01,960 --> 00:13:04,280 - Grazas, pode marchar. - Grazas. 154 00:13:04,800 --> 00:13:07,840 Agora gustaríanos chamar como testemuña 155 00:13:08,800 --> 00:13:11,680 o comandante Artur Ferenc. 156 00:13:21,480 --> 00:13:23,520 Rógolles silencio, por favor. 157 00:13:24,480 --> 00:13:26,240 Por favor, diga o seu nome. 158 00:13:28,640 --> 00:13:31,440 O meu nome é Artur Antoni Ferenc, comandante. 159 00:13:31,520 --> 00:13:36,920 Investiguei o afundimento do Heweliusz para os servizos de intelixencia. 160 00:13:37,000 --> 00:13:39,560 Lémbrolle que está baixo xuramento. 161 00:13:39,640 --> 00:13:41,200 Podo facer unha pregunta? 162 00:13:41,280 --> 00:13:42,960 - Adiante. - Grazas. 163 00:13:43,040 --> 00:13:46,360 Por que viñeron investigar os servizos de intelixencia? 164 00:13:46,440 --> 00:13:49,120 Foi pola carga? 165 00:13:51,040 --> 00:13:52,920 Non entendo a pregunta. 166 00:13:54,760 --> 00:13:58,200 Investigamos se fora unha sabotaxe ou un ataque terrorista. 167 00:13:58,280 --> 00:13:59,480 E era? 168 00:13:59,560 --> 00:14:01,360 Axiña o rexeitamos. 169 00:14:01,440 --> 00:14:04,800 Descubrimos outros feitos interesantes. 170 00:14:04,880 --> 00:14:05,880 Que feitos? 171 00:14:06,600 --> 00:14:10,960 Este é o historial médico do capitán Andrzej Ułasiewicz. 172 00:14:11,040 --> 00:14:14,000 Por favor, presente os documentos ante o Tribunal. 173 00:14:17,880 --> 00:14:19,080 Grazas. 174 00:14:19,160 --> 00:14:21,960 O ano pasado, o capitán tivo un accidente grave. 175 00:14:22,040 --> 00:14:24,160 Os papeis da alta hospitalaria 176 00:14:24,240 --> 00:14:28,560 indican que podía non ser apto para manexar vehículos. 177 00:14:28,640 --> 00:14:33,360 Un neurólogo certificou que o meu marido era apto para conducir. 178 00:14:33,440 --> 00:14:36,280 Moi ben, deixaremos constancia en acta. 179 00:14:36,360 --> 00:14:40,160 Mais necesitamos o certificado. 180 00:14:40,240 --> 00:14:44,000 - Ten o certificado? - Teno Kubara. 181 00:14:44,080 --> 00:14:46,840 Comandante, prosiga, por favor. 182 00:14:46,920 --> 00:14:47,760 Grazas. 183 00:14:48,280 --> 00:14:51,480 O capitán non era o único con problemas graves de saúde 184 00:14:52,000 --> 00:14:58,000 que puideron afectar as súas capacidades para navegar e avaliar a situación no mar. 185 00:14:58,080 --> 00:15:00,040 O oficial Waldemar Skrzypczyński 186 00:15:00,120 --> 00:15:04,520 someteuse a cirurxía ocular xusto antes da catástrofe. Velaquí os papeis. 187 00:15:04,600 --> 00:15:07,880 Hai que ser ruíns. Matastes o meu home e agora insultádelo! 188 00:15:07,960 --> 00:15:09,440 Orde, por favor. 189 00:15:11,240 --> 00:15:14,760 Cando pediron axuda e fixeron a chamada de socorro, 190 00:15:15,680 --> 00:15:20,080 o oficial en cuestión deu unha localización errónea do ferry, 191 00:15:20,160 --> 00:15:23,520 o cal puido atrasar a misión de rescate. 192 00:15:23,600 --> 00:15:26,400 - Que quere dicir? - Vía ben. A operación foi ben. 193 00:15:26,480 --> 00:15:28,920 Xa basta, necesito silencio! 194 00:15:29,000 --> 00:15:30,720 Sr. Ferenc, de que fala? 195 00:15:30,800 --> 00:15:33,680 Vostede e os seus colegas non teñen nin idea. 196 00:15:34,320 --> 00:15:37,400 Saben tanto da mariña coma min de sumo. 197 00:15:37,880 --> 00:15:41,040 O capitán dá a posición do barco, non o oficial. 198 00:15:41,120 --> 00:15:42,880 Non é así, capitán Kubara? 199 00:15:45,320 --> 00:15:46,720 Orde, por favor. 200 00:15:46,800 --> 00:15:49,680 Señoras e señores, orde! 201 00:16:05,960 --> 00:16:10,000 De onde saíu o da posición errónea? Non o atopo nos documentos. 202 00:16:10,520 --> 00:16:13,920 Até o rescate se demorou porque non se sabía a posición. 203 00:16:16,520 --> 00:16:17,680 Dime, Piotr… 204 00:16:20,960 --> 00:16:22,640 Por que boicoteas o xuízo? 205 00:16:24,920 --> 00:16:26,360 Non fago tal. 206 00:16:27,960 --> 00:16:30,000 Só opino que isto é desprezable. 207 00:16:30,800 --> 00:16:34,800 Converter a Ułasiewicz nun borracho incapaz de dirixir ferries. 208 00:16:36,400 --> 00:16:38,680 Henryk, é desprezable. 209 00:16:50,600 --> 00:16:53,760 Aínda que fose culpa súa, non podemos denigralo así. 210 00:16:53,840 --> 00:16:56,600 - O veredicto debe ser imparcial. - Abofé que o será. 211 00:16:56,680 --> 00:16:58,560 Andrzej tamén era amigo meu. 212 00:16:58,640 --> 00:17:00,800 Mais deu unha posición errónea. 213 00:17:00,880 --> 00:17:03,040 Eu estaba na ponte e escoiteino. 214 00:17:03,120 --> 00:17:05,440 Como sabes que era errónea? Non fuches. 215 00:17:05,520 --> 00:17:08,280 Estaba mal! Oín as mensaxes. 216 00:17:09,880 --> 00:17:11,840 Indicaron unha posición en terra. 217 00:17:14,720 --> 00:17:15,760 Non me cres? 218 00:17:16,560 --> 00:17:18,840 Polo menos tenta parecer obxectivo. 219 00:17:19,560 --> 00:17:22,000 Por que se ignora totalmente a navieira? 220 00:17:22,080 --> 00:17:24,320 Ou os ben coñecidos defectos do ferry? 221 00:17:24,400 --> 00:17:27,120 Piotr, tamén era o teu barco. 222 00:17:28,640 --> 00:17:33,400 Eras responsable da súa seguranza. Deberías mirarte no espello e preguntarte: 223 00:17:33,480 --> 00:17:36,160 que fixeches ti para evitar esta traxedia? 224 00:18:06,080 --> 00:18:07,920 Viñeches buscar consello? 225 00:18:10,840 --> 00:18:12,760 Non, xa é demasiado tarde. 226 00:18:15,960 --> 00:18:18,440 Tiñas razón. Debín quedar á marxe. 227 00:18:21,480 --> 00:18:24,000 Vanlla xogar a Ułasiewicz e á tripulación… 228 00:18:25,320 --> 00:18:26,840 sen sequera pestanexar. 229 00:18:30,240 --> 00:18:31,840 E eu vou ter que asinalo. 230 00:18:35,200 --> 00:18:36,520 Fan o que queren. 231 00:18:37,040 --> 00:18:39,480 - Ninguén lles bota un ollo. - Ti. 232 00:18:41,080 --> 00:18:42,200 Ti falo. 233 00:18:45,560 --> 00:18:47,920 Eu só son unha feble tapadeira. 234 00:18:48,440 --> 00:18:51,280 Fillo, aínda te decatas agora? 235 00:18:53,520 --> 00:18:57,480 Navegamos por un mar cheo de merda. Non é nada novo. 236 00:18:59,440 --> 00:19:02,000 Antes navegar era unha aventura. 237 00:19:02,520 --> 00:19:03,920 Agora é un negocio. 238 00:19:04,640 --> 00:19:06,040 Iso non vai cambiar. 239 00:19:09,520 --> 00:19:11,520 Kowalik é un cabronazo. 240 00:19:12,960 --> 00:19:16,000 Mais el prospera neste mundo. 241 00:19:16,080 --> 00:19:18,120 Por iso sairá gañando. 242 00:19:18,960 --> 00:19:20,240 E ti vas perder. 243 00:19:31,720 --> 00:19:32,840 Entramos? 244 00:19:33,360 --> 00:19:34,560 Non. 245 00:19:36,960 --> 00:19:38,640 Hoxe o mar está fermoso. 246 00:19:42,440 --> 00:19:43,840 Tes algo para min? 247 00:19:54,080 --> 00:19:56,040 Anda por aí a túa nai? 248 00:20:10,160 --> 00:20:11,320 Xa marchas? 249 00:20:12,000 --> 00:20:14,800 Si, hei volver cando acaben as sesións. 250 00:20:15,400 --> 00:20:20,000 Cando eras neno, eu adoitaba ir nadar no mar 251 00:20:20,080 --> 00:20:21,880 e ti quedabas na beiramar 252 00:20:21,960 --> 00:20:24,880 e berrabas a máis non dar para que volvese. 253 00:20:25,400 --> 00:20:26,520 Lémbralo? 254 00:20:27,480 --> 00:20:29,520 Tiñas medo de que non volvese. 255 00:20:31,440 --> 00:20:32,560 Filliño… 256 00:20:34,640 --> 00:20:38,600 Sabes que o mar non é o máis importante? 257 00:20:39,520 --> 00:20:41,200 Todo pasa. 258 00:20:44,160 --> 00:20:46,720 Non quero que acabes coma el. 259 00:20:47,360 --> 00:20:48,360 Mamá… 260 00:20:51,080 --> 00:20:53,360 Creo que vai tardar un pouco máis. 261 00:20:53,440 --> 00:20:55,600 A este paso vou tolear aquí. 262 00:20:55,680 --> 00:20:58,760 A tía non para de preguntarme como estou. 263 00:20:59,400 --> 00:21:01,160 Aguanta un chisco máis. 264 00:21:01,240 --> 00:21:04,640 Mamá, por que din cousas tan horribles do papá? 265 00:21:04,720 --> 00:21:05,640 Non o sei. 266 00:21:07,040 --> 00:21:08,840 Tenta non pensar niso. 267 00:21:09,480 --> 00:21:12,880 E non leas os xornais, vale? Nin creas o que din na tele. 268 00:21:13,440 --> 00:21:14,440 Non o fago. 269 00:21:15,200 --> 00:21:17,080 - Quérote. - E eu a ti. 270 00:21:17,800 --> 00:21:18,640 Abur. 271 00:21:30,440 --> 00:21:33,040 Non sei se podemos sacar algo máis de aquí. 272 00:21:33,760 --> 00:21:36,000 Síntoo, non o sei. Fago o que podo. 273 00:21:36,600 --> 00:21:38,440 Van culpar de todo a Andrzej? 274 00:21:39,400 --> 00:21:41,240 Tes idea de como se sente Aga? 275 00:21:42,520 --> 00:21:46,120 Tedes que probar que a viraxe contra o vento non foi erro seu. 276 00:21:46,760 --> 00:21:49,480 - Algún motivo tería. - Eu tamén o creo. 277 00:21:49,560 --> 00:21:51,760 Mais se non o descubrimos… 278 00:21:53,120 --> 00:21:54,520 o caso está perdido. 279 00:22:08,800 --> 00:22:11,240 Que hai da carga militar? 280 00:22:11,960 --> 00:22:14,880 Tivo que provocar unha sobrecarga importante. 281 00:22:14,960 --> 00:22:18,240 Quizais poidamos sacar algo concreto de aí? 282 00:22:20,120 --> 00:22:24,840 Os ferries adoitan ir sobrecargados e aínda así chegan a porto. 283 00:22:28,080 --> 00:22:30,480 O Heweliusz envorcou por esa viraxe. 284 00:22:31,000 --> 00:22:33,160 Nesas condicións, non se pode facer. 285 00:22:59,440 --> 00:23:01,360 Queres que vaiamos contigo? 286 00:23:02,720 --> 00:23:04,520 Non, grazas. Xa me apaño. 287 00:23:06,400 --> 00:23:09,120 - Seguro? Porque se o precisas… - Estou seguro. 288 00:23:15,520 --> 00:23:17,560 Acabemos con isto dunha vez. 289 00:23:18,240 --> 00:23:20,960 Así volverei ao mar e gañarei un soldo decente. 290 00:23:22,240 --> 00:23:23,280 En serio? 291 00:23:44,360 --> 00:23:46,240 Grazas, Sr. Janicki. 292 00:23:46,320 --> 00:23:48,080 - Non hai máis preguntas. - Grazas. 293 00:23:48,160 --> 00:23:50,880 Algunha outra pregunta para o Sr. Janicki? 294 00:23:50,960 --> 00:23:51,920 Si, por favor. 295 00:23:52,000 --> 00:23:53,400 Adiante, letrado. 296 00:23:55,720 --> 00:23:56,960 Sr. Janicki, 297 00:23:58,160 --> 00:24:00,640 gustaríame aclarar un par de cousas 298 00:24:00,720 --> 00:24:03,520 porque ten a experiencia que me interesa. 299 00:24:04,360 --> 00:24:08,000 Sabía que o Heweliusz tiña problemas de estabilidade? 300 00:24:09,200 --> 00:24:11,960 Pois si. Creo que todo o mundo o sabía. 301 00:24:12,040 --> 00:24:14,160 E sabe por que non era estable? 302 00:24:14,240 --> 00:24:17,480 Letrado, iso sobrepasa a competencia da testemuña. 303 00:24:17,560 --> 00:24:23,320 Poida que fose porque en 1986, tras o incendio na cuberta superior, 304 00:24:25,400 --> 00:24:28,840 para aforrar cartos, botouse formigón na cuberta, 305 00:24:29,520 --> 00:24:33,040 o cal sobrecargou o ferry en 115 toneladas 306 00:24:33,640 --> 00:24:36,680 a unha altura de tres pisos sobre o nivel do mar. 307 00:24:36,760 --> 00:24:37,840 Letrado Budzisz, 308 00:24:37,920 --> 00:24:40,920 os barcos repáranse e o seu peso cambia. 309 00:24:41,000 --> 00:24:43,840 Igual que a súa estabilidade. Onde quere chegar? 310 00:24:44,720 --> 00:24:49,800 Por que se permitiu que un ferry inestable partise durante unha tormenta? 311 00:24:49,880 --> 00:24:53,840 Xa dixen que cando o Heweliusz partiu o tempo non era tan malo. 312 00:24:54,720 --> 00:24:56,960 A forza do vento era de seis ou sete. 313 00:24:57,040 --> 00:25:01,480 Entón o capitán non fixo nada malo por saír ao mar. 314 00:25:03,360 --> 00:25:07,600 Unha forza de seis ou sete non é moito para un ferry dese tamaño. 315 00:25:08,520 --> 00:25:09,360 Non. 316 00:25:09,880 --> 00:25:10,840 Vouno repetir: 317 00:25:10,920 --> 00:25:16,560 cos coñecementos que tiña nese momento, o capitán non puxo a ninguén en perigo. 318 00:25:17,960 --> 00:25:18,960 Supoño que non. 319 00:25:19,040 --> 00:25:20,320 Supón? 320 00:25:20,400 --> 00:25:21,680 Por que o supón? 321 00:25:22,160 --> 00:25:26,720 Recibiu o parte meteorolóxico da capitanía do porto, non é? 322 00:25:26,800 --> 00:25:27,640 Si. 323 00:25:27,720 --> 00:25:30,440 Vostedes permitiron que o ferry saíse, si? 324 00:25:30,520 --> 00:25:31,360 Si. 325 00:25:31,880 --> 00:25:35,200 ¿Sería tan amable de dicirme como é posible 326 00:25:35,280 --> 00:25:37,640 que permitisen que o Heweliusz partise 327 00:25:37,720 --> 00:25:41,120 sabendo que ía un tempo horrible a partir de Rügen? 328 00:25:41,200 --> 00:25:44,160 - Non, nós non sabiamos iso. - Que interesante. 329 00:25:45,640 --> 00:25:47,360 Teño aquí… 330 00:25:48,880 --> 00:25:51,000 unha alerta meteorolóxica alemá. 331 00:25:51,760 --> 00:25:55,320 É do 13 de xaneiro ás 23:00. 332 00:25:56,280 --> 00:26:00,560 Avisa dun furacán que se achega polo mar do Norte. 333 00:26:06,280 --> 00:26:07,200 Si? 334 00:26:07,720 --> 00:26:10,440 Veño testificar. Witold Skirmuntt. 335 00:26:11,240 --> 00:26:15,480 Ahá. Sente. Aínda están interrogando a Janicki. 336 00:26:18,040 --> 00:26:20,120 Non sabiamos nada desa alerta. 337 00:26:20,200 --> 00:26:23,320 Esta alerta enviouse a todos os portos do Báltico. 338 00:26:23,400 --> 00:26:26,720 Mais vostedes ignorárona. Por que? 339 00:26:28,400 --> 00:26:31,680 Poida que fose porque ninguén na capitanía do porto… 340 00:26:32,440 --> 00:26:35,400 permítanme resaltalo: na capitanía de Świnoujście, 341 00:26:35,480 --> 00:26:36,800 sabe alemán. 342 00:26:36,880 --> 00:26:38,400 Tiña que estar en inglés. 343 00:26:38,480 --> 00:26:43,640 Non souberon dun furacán cuxa forza superaba os 180 km por hora! 344 00:26:43,720 --> 00:26:45,800 O furacán non puido ser tan forte. 345 00:26:45,880 --> 00:26:50,520 Señor, aí pon claramente "98 nós". 346 00:26:50,600 --> 00:26:54,960 Iso equivale a 180 km por hora. Tampouco saben matemáticas? 347 00:26:55,040 --> 00:26:56,880 Eses furacáns non existen. 348 00:26:57,400 --> 00:26:58,480 Sorpresa. 349 00:26:59,440 --> 00:27:01,160 Grazas. Non hai máis preguntas. 350 00:27:01,240 --> 00:27:02,640 Moitas grazas, letrado. 351 00:27:02,720 --> 00:27:04,560 Con permiso, xuíz presidente. 352 00:27:05,320 --> 00:27:08,920 Non obstante, Sr. Budzisz, outros ferries, incluído o meu, 353 00:27:09,000 --> 00:27:11,200 chegaron ao seu destino. 354 00:27:11,800 --> 00:27:16,000 Vostede, capitán Kubara, tampouco alertou a Ułasiewicz. 355 00:27:16,080 --> 00:27:19,960 A pesar de que os seus sensores de velocidade do vento 356 00:27:20,040 --> 00:27:21,600 se saían dos parámetros. 357 00:27:22,360 --> 00:27:26,480 - Vostede viña de Rügen, correcto? - Non me veña vostede acusar aquí. 358 00:27:27,040 --> 00:27:29,000 Ía mal tempo, pero non terrible. 359 00:27:29,080 --> 00:27:32,240 O capitán Ułasiewicz fixo unha viraxe innecesaria 360 00:27:32,320 --> 00:27:33,920 talvez para gorirse tras Rügen. 361 00:27:34,000 --> 00:27:37,560 Por iso comezou a navegar co vento na popa, sabe o que é? 362 00:27:37,640 --> 00:27:42,320 Sei, pero por que ía querer gorirse tras Rügen se o tempo non era tan malo? 363 00:27:42,400 --> 00:27:46,400 Vostede ándalle a buscar os cinco pés ao gato! 364 00:27:46,480 --> 00:27:49,400 Nin pés nin cabeza ten a hipótese da culpa do capitán. 365 00:27:49,920 --> 00:27:54,680 O Heweliusz era un cacharro inestable cos propulsores de proa avariados 366 00:27:54,760 --> 00:27:56,280 e o sistema de lastre defectuoso. 367 00:27:56,360 --> 00:27:58,600 É un milagre que non afundise antes. 368 00:27:58,680 --> 00:28:02,120 Aforrouse a costa da seguranza e estes son os resultados. 369 00:28:02,200 --> 00:28:07,360 Letrado, o Heweliusz arranxouse en estaleiros acreditados. 370 00:28:07,440 --> 00:28:09,960 Poñámoslle fin a esta farsa. 371 00:28:10,040 --> 00:28:13,280 - Sr. Janicki, pode marchar. - Unha pregunta máis. 372 00:28:13,360 --> 00:28:16,840 - Silencio, por favor. Silencio! - Teño outra pregunta. 373 00:28:16,920 --> 00:28:19,360 O Tribunal fará unha pausa de 10 minutos. 374 00:28:19,440 --> 00:28:22,760 Logo chamaremos a seguinte testemuña. Moitas grazas. 375 00:28:29,120 --> 00:28:30,840 Vaia puto desastre! 376 00:28:30,920 --> 00:28:34,000 Quen carallo xuntou a Sra. Ułasiewicz co tal Budzisz? 377 00:28:34,640 --> 00:28:36,080 Eu que sei. 378 00:28:36,160 --> 00:28:37,680 Janusz, cálmate. 379 00:28:37,760 --> 00:28:39,040 Un carallo! 380 00:28:39,120 --> 00:28:42,320 Estou calmado coma un tren de monxes tibetanos. Quen foi? 381 00:28:42,400 --> 00:28:43,280 Fun eu. 382 00:28:45,600 --> 00:28:47,520 Vale, xa o sabemos. 383 00:28:48,280 --> 00:28:49,320 Aleluia, hostia. 384 00:28:49,400 --> 00:28:51,600 Dixestes que coidase dela. 385 00:28:52,120 --> 00:28:54,400 Señores, cálmense. 386 00:28:54,480 --> 00:28:56,480 Agora imos falar con ese oficial… 387 00:28:56,560 --> 00:28:59,040 - Skirmuntt. - Ese. Todo irá ben. 388 00:28:59,120 --> 00:29:01,800 - Janusz, vai ir ben. - Iso espero. 389 00:29:07,800 --> 00:29:09,560 E despois imos falar. 390 00:29:14,000 --> 00:29:16,720 Lémbrolle que testifica baixo xuramento. 391 00:29:17,840 --> 00:29:22,240 Sr. Skirmuntt, vostede estaba na ponte xusto antes da traxedia. 392 00:29:22,920 --> 00:29:25,560 Si, durante un tempo. 393 00:29:26,200 --> 00:29:30,200 Pódenos dicir, coas súas palabras, que estaba a acontecer na ponte? 394 00:29:30,840 --> 00:29:32,120 O que cabe esperar. 395 00:29:32,960 --> 00:29:34,640 Loitabamos contra os elementos. 396 00:29:35,280 --> 00:29:37,320 Igual que vós no Karkonosze. 397 00:29:38,120 --> 00:29:41,280 Pódenos dicir que facía na ponte? 398 00:29:42,000 --> 00:29:43,280 Estaba de garda. 399 00:29:44,360 --> 00:29:46,840 - E onde estaba o capitán? - Durmindo. 400 00:29:52,800 --> 00:29:54,640 Silencio, señoras e señores. 401 00:29:54,720 --> 00:29:56,120 Silencio, por favor. 402 00:29:56,200 --> 00:29:57,920 ¿Está a dicir 403 00:29:58,680 --> 00:30:02,280 que o capitán non estaba na ponte durante a tormenta? 404 00:30:02,360 --> 00:30:06,720 Obviamente, en canto xurdiron problemas, apareceu. 405 00:30:07,240 --> 00:30:12,080 Foi decisión súa cargar os tanques de babor? 406 00:30:13,080 --> 00:30:16,720 Non, o oficial Skrzypczyński tomou a decisión na súa garda. 407 00:30:17,400 --> 00:30:22,640 Como a presión do vento estaba a escorar o barco a estribor, 408 00:30:22,720 --> 00:30:27,320 tomamos a decisión de equilibrar a escora cargando a babor. 409 00:30:27,400 --> 00:30:30,080 Iso equilibrouna durante un tempo. 410 00:30:30,600 --> 00:30:32,440 Por que só durante un tempo? 411 00:30:35,880 --> 00:30:38,240 Cando viramos cara ao vento, as forzas… 412 00:30:39,720 --> 00:30:41,280 combináronse e o ferry envorcou. 413 00:30:41,360 --> 00:30:43,840 Pero por que fixeron esa viraxe? 414 00:30:47,320 --> 00:30:48,320 Non o sei. 415 00:30:48,840 --> 00:30:50,840 Non estaba na ponte nese momento. 416 00:30:52,720 --> 00:30:55,040 - E onde estaba? - Perdón? 417 00:30:55,120 --> 00:30:56,640 Onde estaba vostede? 418 00:30:58,760 --> 00:31:00,160 Na sala de máquinas. 419 00:31:01,200 --> 00:31:03,560 Fun comprobar as válvulas de lastre. 420 00:31:04,040 --> 00:31:05,120 Sr. Skirmuntt… 421 00:31:06,360 --> 00:31:07,720 gústalle beber? 422 00:31:08,960 --> 00:31:10,000 Isto é absurdo! 423 00:31:10,080 --> 00:31:11,680 Silencio, por favor! 424 00:31:12,720 --> 00:31:15,120 - Silencio! - Isto é ridículo! 425 00:31:15,200 --> 00:31:16,440 Orde, por favor. 426 00:31:16,520 --> 00:31:19,720 Teño información de que no hospital 427 00:31:20,280 --> 00:31:22,280 tiña unha botella de alcol. 428 00:31:25,040 --> 00:31:28,840 Tiña, si. Deuma o empregado da embaixada. 429 00:31:28,920 --> 00:31:31,600 E que? Bebérona xuntos? 430 00:31:32,520 --> 00:31:33,480 Desculpen. 431 00:31:33,560 --> 00:31:37,680 Podemos deixar xa a ridícula idea de que a tripulación estaba bébeda? 432 00:31:37,760 --> 00:31:41,760 Letrado, vostede non decide que pistas se investigan aquí. 433 00:31:41,840 --> 00:31:43,960 Mais opóñome a esas insinuacións. 434 00:31:44,040 --> 00:31:45,360 Sente, por favor. 435 00:31:45,440 --> 00:31:49,840 Sr. Skirmuntt, pódenos contar como chegou a ser oficial? 436 00:31:51,360 --> 00:31:52,480 Ascendéronme. 437 00:31:53,720 --> 00:31:56,440 Nunca foi a unha escola superior de náutica? 438 00:31:58,560 --> 00:32:03,640 Ascendéronme de mariñeiro a oficial ao traballar no mar co capitán Ułasiewicz. 439 00:32:03,720 --> 00:32:06,760 Moi ben, mais o seu ascenso é discrecional. 440 00:32:08,920 --> 00:32:12,840 Non entendo o que quere dicir. A miña experiencia vén da práctica. 441 00:32:12,920 --> 00:32:14,680 O que quero dicir é isto: 442 00:32:14,760 --> 00:32:17,440 ¿era vostede a persoa axeitada para estar na ponte 443 00:32:17,520 --> 00:32:19,480 durante unha tormenta deste calibre? 444 00:32:19,560 --> 00:32:21,160 O capitán estaba na ponte. 445 00:32:21,240 --> 00:32:23,440 Xa o saben, atoparon o seu corpo alí. 446 00:32:23,520 --> 00:32:27,680 Se cadra apareceu alí despois de que o ferry envorcase. 447 00:32:28,320 --> 00:32:30,120 Desculpe, capitán Kubara. 448 00:32:30,200 --> 00:32:32,720 ¿Non é estraño que un capitán experimentado 449 00:32:32,800 --> 00:32:34,440 cometese un erro de novato 450 00:32:34,520 --> 00:32:37,760 e fixese unha viraxe nun ferry con lastre desigual? 451 00:32:37,840 --> 00:32:41,080 Non o sei. Pode que non fose un erro. 452 00:32:41,160 --> 00:32:43,320 Quizais non foi erro do capitán. 453 00:32:43,400 --> 00:32:45,720 Iso tamén resolvería as dúbidas do capitán Binter, 454 00:32:45,800 --> 00:32:48,760 que opina que Ułasiewicz tiña demasiada experiencia 455 00:32:48,840 --> 00:32:50,480 para cometer tal erro. 456 00:32:50,560 --> 00:32:54,960 Quizais foi vostede quen fixo a viraxe e envorcou o buque. 457 00:32:55,800 --> 00:32:57,960 É un interrogatorio ou un linchamento? 458 00:32:58,040 --> 00:33:01,400 Sr. Celej, sente! 459 00:33:01,480 --> 00:33:03,160 Orde, por favor! 460 00:33:04,480 --> 00:33:08,800 Señoría, a min tamén me gustaría escoitar a resposta do oficial sen condicionantes. 461 00:33:08,880 --> 00:33:11,760 Aquí non se admiten peticións dos oíntes. 462 00:33:11,840 --> 00:33:16,560 Estamos aquí para explicar as causas da catástrofe. 463 00:33:16,640 --> 00:33:19,080 E os feitos son os que son. 464 00:33:19,760 --> 00:33:23,440 E vostede, Sr. Skirmuntt, cóntenos o que aconteceu. 465 00:33:25,200 --> 00:33:28,200 Eu non envorquei o barco! 466 00:33:29,680 --> 00:33:31,920 O capitán fixo a viraxe. 467 00:33:32,000 --> 00:33:34,280 - Tivo que facelo. - Por que? 468 00:33:42,080 --> 00:33:44,360 Non o sei. Eu non estaba na ponte. 469 00:33:44,440 --> 00:33:48,080 Sr. Skirmuntt, se non estaba na ponte nese momento, 470 00:33:48,160 --> 00:33:51,240 como pode saber que o capitán tivo que virar? 471 00:34:18,760 --> 00:34:20,080 Oficial! 472 00:34:20,160 --> 00:34:21,360 Agarde, por favor. 473 00:34:23,400 --> 00:34:27,000 - Oficial… - Capitán, eu non afundín o barco! 474 00:34:27,080 --> 00:34:28,360 Non fun eu! 475 00:34:29,320 --> 00:34:31,040 Non foi culpa miña. 476 00:34:31,600 --> 00:34:33,800 Por que non me conta o que pasou? 477 00:34:35,120 --> 00:34:38,040 Por que dixo que Ułasiewicz tivo que virar? 478 00:34:39,960 --> 00:34:40,960 Witold. 479 00:34:50,880 --> 00:34:53,560 A resposta está nas fitas da Ostsee Radio. 480 00:36:52,520 --> 00:36:55,000 CERTIFICADO DE NACEMENTO 481 00:36:59,720 --> 00:37:04,080 PÓLIZA DE SEGURO A NOME DE WITOLD SKIRMUNTT 482 00:37:17,320 --> 00:37:18,920 Ven, michiña. 483 00:37:19,000 --> 00:37:20,240 Toma. 484 00:37:21,800 --> 00:37:23,040 Deséxame sorte. 485 00:37:40,760 --> 00:37:45,360 FRONTEIRA POLACO-ALEMÁ 486 00:37:57,160 --> 00:37:59,360 Ostsee Radio, aquí Kempen! 487 00:37:59,960 --> 00:38:01,840 Estamos no lugar da catástrofe! 488 00:38:01,920 --> 00:38:04,520 Repite, por favor. Córtase. 489 00:38:04,600 --> 00:38:07,000 Ostsee Radio, aquí Kempen! 490 00:38:07,680 --> 00:38:11,960 Desculpa. Estas son as fitas das 04:00, non si? 491 00:38:12,520 --> 00:38:15,920 Si, das 04:00 ás 05:15 da mañá. 492 00:38:16,000 --> 00:38:18,320 Que barco é Kempen? 493 00:38:18,840 --> 00:38:20,360 Teño que comprobalo. 494 00:38:20,960 --> 00:38:21,840 Grazas. 495 00:38:24,440 --> 00:38:26,600 Ostsee Radio, aquí Kempen. 496 00:38:26,680 --> 00:38:28,760 Estamos no lugar da catástrofe. 497 00:38:28,840 --> 00:38:32,560 Temos a babor o barco polaco Heweliusz. Imos iniciar o rescate. 498 00:38:32,640 --> 00:38:34,280 Dáme as vosas coordenadas. 499 00:38:41,080 --> 00:38:43,200 Ostsee Radio, aquí Kempen. 500 00:38:43,280 --> 00:38:45,360 Estamos no lugar da catástrofe. 501 00:38:45,440 --> 00:38:49,280 Temos a babor o barco polaco Heweliusz. Imos iniciar o rescate. 502 00:38:49,800 --> 00:38:51,640 Dáme as vosas coordenadas. 503 00:38:52,440 --> 00:38:54,720 Estamos a 16 millas ao leste de Kolliker. 504 00:38:54,800 --> 00:38:57,000 Dezaseis millas ao leste de Kolliker. 505 00:39:02,720 --> 00:39:03,960 Kempen! 506 00:39:04,640 --> 00:39:08,280 Aquí Kempen! As condicións son moi malas. 507 00:39:08,360 --> 00:39:10,280 Somos moi pequenos. Marchamos. 508 00:39:11,240 --> 00:39:12,800 Kempen! 509 00:39:13,440 --> 00:39:15,680 Entendín ben? Marchades? 510 00:39:15,760 --> 00:39:17,600 - Si. - Entendido. 511 00:39:19,680 --> 00:39:21,920 Non temos información sobre o Kempen. 512 00:39:22,000 --> 00:39:25,040 Mais comunicástesvos con eles, non? 513 00:39:25,120 --> 00:39:27,280 Si, pero non temos información. 514 00:39:30,520 --> 00:39:32,800 Podo levar unha copia destas fitas? 515 00:39:34,440 --> 00:39:35,840 Leva as orixinais. 516 00:39:36,400 --> 00:39:38,360 Non facemos copias. 517 00:39:38,920 --> 00:39:40,800 Despois mándasmas de volta? 518 00:39:41,840 --> 00:39:42,720 Grazas. 519 00:39:51,360 --> 00:39:52,720 Budzisz, diga. 520 00:39:52,800 --> 00:39:53,960 Son Binter. 521 00:39:54,040 --> 00:39:57,040 Letrado, escóiteme ben. 522 00:39:57,120 --> 00:40:00,760 O Heweliusz ía en rumbo de colisión cun barco alemán. 523 00:40:01,680 --> 00:40:03,560 O capitán tivo que virar. 524 00:40:03,640 --> 00:40:06,840 Que? Non o entendo. Ía chocar? Como é posible? 525 00:40:06,920 --> 00:40:09,080 Non había máis barcos alí. 526 00:40:09,160 --> 00:40:11,400 Ninguén o mencionou. De onde o sacou? 527 00:40:11,480 --> 00:40:14,960 Pódese deducir das gravacións da Ostsee Radio. 528 00:40:15,560 --> 00:40:17,440 - Hai gravacións? - Si. 529 00:40:17,520 --> 00:40:22,120 Do día da catástrofe. Téñoas comigo. Mañá vounas presentar ante o Tribunal. 530 00:40:22,200 --> 00:40:25,880 Letrado, isto cámbiao todo, non o ve? 531 00:40:27,160 --> 00:40:29,280 O barco alemán tiña dereito de paso. 532 00:40:29,360 --> 00:40:32,400 Xusto tras o accidente, o capitán di con claridade 533 00:40:32,480 --> 00:40:34,400 que o Heweliusz está á esquerda. 534 00:40:34,480 --> 00:40:35,920 Pode marchar. 535 00:40:36,000 --> 00:40:37,480 Teño que marchar. 536 00:40:37,560 --> 00:40:38,800 Vémonos mañá. 537 00:40:41,440 --> 00:40:42,720 Non esquece algo? 538 00:40:44,440 --> 00:40:45,400 Grazas. 539 00:40:45,480 --> 00:40:46,480 Recoiro. 540 00:40:48,520 --> 00:40:50,120 - Era Binter? - Era. 541 00:40:50,200 --> 00:40:51,320 Que dixo? 542 00:40:52,120 --> 00:40:53,440 Fixo un descubrimento. 543 00:41:02,400 --> 00:41:05,560 Último día do xuízo. Oiremos os discursos de clausura. 544 00:41:05,640 --> 00:41:11,240 O Tribunal Marítimo analizará as probas e, no prazo dun mes, emitirá un ditame. 545 00:41:11,320 --> 00:41:14,720 Case toda Polonia agarda o ditame de hoxe. 546 00:41:14,800 --> 00:41:20,080 En particular, os residentes locais, as familias dos falecidos e os mariñeiros. 547 00:41:20,160 --> 00:41:24,440 Manterémolos ao tanto do transcurso da sesión. 548 00:41:29,360 --> 00:41:30,520 Cinco minutos. 549 00:41:31,200 --> 00:41:32,440 Hora de saír. 550 00:42:06,920 --> 00:42:08,120 Onde está Binter? 551 00:42:15,760 --> 00:42:17,200 Señoras e señores, 552 00:42:17,920 --> 00:42:22,160 esta mañá recibimos unha noticia terrible. 553 00:42:22,840 --> 00:42:28,000 A noite pasada produciuse un accidente de tráfico mortal 554 00:42:28,080 --> 00:42:30,760 que levou a vida dun dos nosos xuíces leigos. 555 00:42:31,360 --> 00:42:33,680 O capitán Piotr Binter. 556 00:42:39,840 --> 00:42:43,800 Por este motivo, imos pospor até mañá a sesión de hoxe. 557 00:44:07,480 --> 00:44:10,080 Jola, debería quedar até o final. 558 00:44:10,160 --> 00:44:12,960 Xa tiven abondo, quero volver coa miña filla. 559 00:44:13,560 --> 00:44:17,000 Mañá é a alegación final. 560 00:44:17,880 --> 00:44:19,000 Final de que? 561 00:44:22,680 --> 00:44:25,000 - Déixeme levala. - Non, grazas. 562 00:44:25,720 --> 00:44:28,760 Teño algo que facer e vostede tense que preparar. 563 00:44:30,680 --> 00:44:31,680 Adeus. 564 00:45:44,040 --> 00:45:45,640 Ola, rula. Xa estou en Świnoujście, 565 00:45:45,720 --> 00:45:48,840 pero hai un atraso por unha pequena avaría. 566 00:45:48,920 --> 00:45:50,760 Se cadra non podemos partir. 567 00:45:50,840 --> 00:45:53,720 Fixo mal tempo os últimos días… 568 00:45:54,240 --> 00:45:56,040 13 DE XANEIRO, 10 H ANTES DO MAYDAY 569 00:45:56,120 --> 00:45:58,000 …sería por deixar a Baba Iagá no coche. 570 00:45:58,080 --> 00:46:01,520 O ferry abanea moito. Onte unha borrasca petou de lado tan forte 571 00:46:02,200 --> 00:46:04,640 que chocamos contra o peirao coa popa 572 00:46:04,720 --> 00:46:08,360 e agora os mozos andan arranxando os danos. 573 00:46:09,320 --> 00:46:12,200 Non me gusta levar o Heweliusz nestas condicións. 574 00:46:12,280 --> 00:46:15,080 Nin sequera amañaron a propulsión. 575 00:46:17,280 --> 00:46:20,360 Dille a Aga que lle comprei as barriñas Daim que pediu, 576 00:46:20,440 --> 00:46:22,800 pero ten que aplicarse máis co inglés. 577 00:46:22,880 --> 00:46:26,080 E perdoa polo que pasou… 578 00:46:27,640 --> 00:46:29,560 Cando estou esgotado anóxome. 579 00:46:30,360 --> 00:46:33,520 - Se cadra cando volva podemos ir esquiar? - Andrzej! 580 00:46:33,600 --> 00:46:35,880 Andrzej, ven! 581 00:46:35,960 --> 00:46:39,360 Si, xa vou. Agardade! 582 00:46:40,360 --> 00:46:43,240 E grávame os éxitos de Trójka Radio. 583 00:46:43,320 --> 00:46:46,280 Hai unha fita en branco onda a cestiña. 584 00:46:46,360 --> 00:46:47,720 Teño que deixarte… 585 00:46:47,800 --> 00:46:51,560 Quérovos ás dúas. Mándalles bicos a todos. A Hania e Janusz, tamén. 586 00:46:51,640 --> 00:46:54,640 Véxovos en cinco días. Bicos, moreas deles! 587 00:47:15,560 --> 00:47:18,960 Andrzej é de fiar, garántocho. Poño a man no lume por el. 588 00:47:19,040 --> 00:47:21,440 - Non porá reparos? - Non, ho! 589 00:47:22,080 --> 00:47:23,880 Coñezo ben a Andrzej. 590 00:47:26,520 --> 00:47:27,840 Ola, Andrzej. 591 00:47:27,920 --> 00:47:28,960 Ola. 592 00:47:29,040 --> 00:47:30,440 Este é o Sr. Ferenc. 593 00:47:30,520 --> 00:47:31,920 Capitán Ułasiewicz. 594 00:47:32,000 --> 00:47:34,800 Escoita, temos unha petición que vén de arriba. 595 00:47:35,480 --> 00:47:36,920 Podemos atrasar a saída? 596 00:47:38,960 --> 00:47:41,120 - Atrasala aínda máis? - Un chisco. 597 00:47:42,960 --> 00:47:46,200 Vai mal tempo. De noite pode haber un puto vendaval. 598 00:47:47,600 --> 00:47:49,960 Falta un envío diplomático importante. 599 00:47:50,480 --> 00:47:52,840 Ti dás navegado faga o tempo que faga. 600 00:48:02,280 --> 00:48:04,040 - Andrzej… - Que? 601 00:48:05,160 --> 00:48:07,200 Isto é moi importante, entendes? 602 00:48:08,840 --> 00:48:10,040 Pódeste apañar? 603 00:48:12,680 --> 00:48:14,760 Eu quizais. O Heweliusz, non o sei. 604 00:48:15,760 --> 00:48:16,840 Grazas. 605 00:48:18,080 --> 00:48:19,040 Vamos. 606 00:48:19,640 --> 00:48:21,880 Xa che dixen que non habería problema. 607 00:48:21,960 --> 00:48:23,200 Andrzej é de fiar. 608 00:48:34,520 --> 00:48:37,200 Eu só as vou saudar, ocupádevos vós delas. 609 00:48:37,280 --> 00:48:38,440 Vamos. 610 00:48:49,160 --> 00:48:51,320 Vaia benvida oficial. 611 00:48:51,400 --> 00:48:53,680 Non adoitamos levar xente importante. 612 00:48:53,760 --> 00:48:56,000 - Ah, e Marta… - Dáme a man. 613 00:48:56,080 --> 00:48:58,720 - O comisario levaraas aos camarotes. - Ola. 614 00:48:58,800 --> 00:49:02,760 E este mariñeiriño pode pasar pola ponte despois, se quere. 615 00:49:02,840 --> 00:49:04,760 Oh, grazas. 616 00:49:04,840 --> 00:49:07,800 Ten algo de medo. É a primeira vez que sae do país. 617 00:49:07,880 --> 00:49:10,960 Claro. Podémoslle pedir a Ola que coide del. 618 00:49:11,040 --> 00:49:12,760 - Si. - Vas con Ola? 619 00:49:12,840 --> 00:49:14,680 - Vai. - Veñan comigo. 620 00:49:21,640 --> 00:49:23,520 Como vai? Acabastes? 621 00:49:24,880 --> 00:49:26,800 Vale, xa está! 622 00:49:28,560 --> 00:49:31,400 Vaille dicir ao patrón que arranxamos a comporta. 623 00:49:32,360 --> 00:49:34,400 - Pero… - Veña, móvete. 624 00:49:45,480 --> 00:49:47,400 - Ola a todos. - Oh. 625 00:49:48,240 --> 00:49:49,800 Waldek. Como van os ollos? 626 00:49:50,320 --> 00:49:51,920 - Coma novos. - Que ben. 627 00:49:52,000 --> 00:49:54,440 Xa esquecera o feo que pode ser o mundo. 628 00:49:54,520 --> 00:49:56,800 - Pero ao vervos a vós… - Ola, Waldek. 629 00:49:56,880 --> 00:49:57,720 Ola. 630 00:50:02,880 --> 00:50:04,040 Ola, Zajdel. 631 00:50:04,120 --> 00:50:06,680 Capitán, a comporta de popa está arranxada. 632 00:50:06,760 --> 00:50:08,880 Pois comezade a cargar. 633 00:50:08,960 --> 00:50:10,440 Non vos apuredes porque 634 00:50:10,960 --> 00:50:13,400 - esperamos outro camión. - Entendido. 635 00:50:15,480 --> 00:50:16,600 Que camión? 636 00:50:17,440 --> 00:50:18,960 Un para a embaixada. 637 00:50:19,720 --> 00:50:20,800 Dormes pouco logo? 638 00:50:20,880 --> 00:50:23,880 Estanlle saíndo os dentes, así que chora algo. 639 00:50:55,200 --> 00:50:58,200 Move ese camión branco ao dous. 640 00:50:58,280 --> 00:51:01,680 - Se non imos escorar moito á dereita. - Si, Sr. Celej. 641 00:51:02,760 --> 00:51:05,920 Xefe, vén aquí. 642 00:51:08,680 --> 00:51:09,720 Para! 643 00:51:10,880 --> 00:51:12,560 Para! 644 00:51:14,520 --> 00:51:15,520 Para! 645 00:51:15,600 --> 00:51:19,400 - Que carallo pasa aquí? - Nada. Métase nos seus asuntos. 646 00:51:19,480 --> 00:51:22,160 - Estes son os meus asuntos. - Si? Pois teña. 647 00:51:28,600 --> 00:51:29,720 Manda carallo… 648 00:51:34,280 --> 00:51:35,280 Móveo! 649 00:51:48,080 --> 00:51:50,440 Rapaz, apárcao na popa, no medio. 650 00:51:51,520 --> 00:51:54,120 - Repite. Onde o poño? - Na popa. 651 00:51:54,720 --> 00:51:56,080 Vale, entendido. 652 00:52:02,920 --> 00:52:05,640 Prepárense. Vai ser unha noite movidiña. 653 00:52:06,280 --> 00:52:09,440 Por desgraza, xa o sei. A que hora saímos? 654 00:52:09,520 --> 00:52:10,400 Grazas. 655 00:52:10,480 --> 00:52:12,240 Pronto, espero. 656 00:52:13,800 --> 00:52:14,760 Que hora é? 657 00:52:16,960 --> 00:52:19,040 Capitán, podemos falar? 658 00:52:21,920 --> 00:52:23,320 - Perdoen. - Claro. 659 00:52:24,760 --> 00:52:25,600 Dime. 660 00:52:27,520 --> 00:52:29,320 - Hai un problema. - Cal? 661 00:52:29,920 --> 00:52:32,600 Un camión leva moito máis peso do declarado. 662 00:52:33,120 --> 00:52:35,400 - Canto? - Trinta toneladas. 663 00:52:35,920 --> 00:52:39,920 - Pois bótao fóra. - É que non podemos. 664 00:52:40,520 --> 00:52:41,680 Ah, ese. 665 00:52:44,200 --> 00:52:45,280 Cal é o calado? 666 00:52:45,360 --> 00:52:48,480 Estamos ao límite e quedan tres camións por cargar. 667 00:52:50,560 --> 00:52:52,040 Non os deixes embarcar. 668 00:52:52,120 --> 00:52:53,680 - Non cargamos máis? - Non. 669 00:52:56,040 --> 00:52:57,560 Non cargamos máis. 670 00:52:57,640 --> 00:52:59,360 Repito: non cargamos máis. 671 00:53:04,040 --> 00:53:05,280 Non cargamos máis. 672 00:53:06,080 --> 00:53:08,200 Como que non? Estades de carallada? 673 00:53:08,280 --> 00:53:09,480 Decisión do capitán. 674 00:53:09,560 --> 00:53:12,160 Teño que embarcar, teño entregas urxentes. 675 00:53:12,240 --> 00:53:14,600 Pois colle o seguinte. Éche o que hai. 676 00:53:15,200 --> 00:53:16,600 Anda e que che dean! 677 00:53:16,680 --> 00:53:18,760 - Que dixo? - Non embarcamos. 678 00:53:18,840 --> 00:53:19,840 Non pode ser! 679 00:53:20,440 --> 00:53:22,080 Moi ben, saímos. 680 00:53:23,560 --> 00:53:25,560 Imos con tres horas de atraso. 681 00:53:25,640 --> 00:53:27,480 Ordes de arriba. Que lle queres? 682 00:53:28,000 --> 00:53:30,360 Iremos cos catro motores, a ver se gañamos tempo. 683 00:53:30,440 --> 00:53:31,480 Non creo… 684 00:53:31,560 --> 00:53:34,280 Capitán, na radio alemá dixeron algo 685 00:53:34,360 --> 00:53:36,520 dun furacán preto de Arkona. 686 00:53:40,800 --> 00:53:41,680 Un furacán? 687 00:53:45,520 --> 00:53:48,200 Capitanía, aquí o Heweliusz. 688 00:53:49,000 --> 00:53:50,880 Adiante, Andrzej. 689 00:53:50,960 --> 00:53:54,680 Sabedes algo dun furacán? Os alemáns mencionárono na radio. 690 00:53:54,760 --> 00:53:58,240 Non sabemos nada. O vento é forte, pero non terrible. 691 00:53:58,920 --> 00:54:00,400 Isto non é o Caribe. 692 00:54:01,680 --> 00:54:03,400 Ninguén quedou no porto? 693 00:54:03,480 --> 00:54:05,800 Non. Tedes luz verde para saír ao mar. 694 00:54:05,880 --> 00:54:06,880 Grazas. 695 00:54:08,520 --> 00:54:12,080 Ponte dous, arrincamos catro motores e dúas hélices de proa. 696 00:54:12,160 --> 00:54:13,600 - …a miña muller… - Ahá. 697 00:54:15,280 --> 00:54:17,440 …agora di que viven en Strzelin. 698 00:54:18,040 --> 00:54:19,440 Agarda… Ben. 699 00:54:22,480 --> 00:54:25,480 Sempre cociña que é unha puta marabilla. 700 00:54:34,680 --> 00:54:37,800 Elevamos a rampla. Soltamos todas as amarras. 701 00:54:38,600 --> 00:54:40,880 Elevamos a rampla. Soltamos todas as amarras. 702 00:55:00,280 --> 00:55:02,000 Rampla elevada. 703 00:55:03,920 --> 00:55:05,280 Babor despexado. 704 00:55:08,520 --> 00:55:09,520 Proa despexada. 705 00:55:10,920 --> 00:55:12,200 Partimos. 706 00:55:13,680 --> 00:55:14,920 Listos para pechar. 707 00:55:16,040 --> 00:55:17,560 Pechamos a comporta. 708 00:55:35,880 --> 00:55:37,360 Puto día trece. 709 00:56:17,200 --> 00:56:19,320 Comporta pechada e bloqueada. 710 00:56:20,680 --> 00:56:23,560 Colle o temón. Mantén o rumbo 055. 711 00:56:23,640 --> 00:56:25,440 Temón collido. Rumbo 055. 712 00:56:32,240 --> 00:56:33,920 Rumbo 055 confirmado. 713 00:56:57,560 --> 00:57:02,840 ENTRADA DO PORTO DE ŚWINOUJŚCIE (POLONIA) 4,5 HORAS ANTES DO MAYDAY 714 00:57:09,760 --> 00:57:10,920 Aquí ten a sopa. 715 00:57:11,000 --> 00:57:12,680 - Grazas. - Que aproveite. 716 00:57:14,720 --> 00:57:16,160 - Xa tomou a sopa? - Si. 717 00:57:16,240 --> 00:57:17,760 - Asado ou polo? - Asado. 718 00:57:22,000 --> 00:57:25,760 Fala o capitán. Fin das manobras. Cambiando a navegación. 719 00:57:25,840 --> 00:57:28,560 Mantemos os catro motores e os xeradores. 720 00:57:33,200 --> 00:57:36,480 Waldek, tes garda até as 02:00. Logo tócalle a Witek. 721 00:57:36,560 --> 00:57:40,560 Mantén o rumbo 355. Se te desvías, corrixe a 350. 722 00:57:40,640 --> 00:57:41,600 De acordo. 723 00:57:42,760 --> 00:57:45,520 Avisádeme se pasa algo. 724 00:57:46,960 --> 00:57:49,080 - Boa noite. - Boa noite. 725 00:58:07,720 --> 00:58:11,320 Accidentes coma o afundimento do ferry Jan Heweliusz 726 00:58:12,000 --> 00:58:14,800 nunca teñen unha única causa. 727 00:58:15,920 --> 00:58:19,400 Polo que nunca hai unha única persoa responsable. 728 00:58:20,880 --> 00:58:24,000 Una traxedia é unha suma de moitos factores. 729 00:58:25,360 --> 00:58:30,760 Teñen que producirse moitas coincidencias desafortunadas 730 00:58:31,560 --> 00:58:33,360 para que haxa unha catástrofe. 731 00:58:35,600 --> 00:58:39,440 14 DE XANEIRO, 13 HORAS ANTES DO MAYDAY 732 00:58:47,080 --> 00:58:48,800 Por que hai tanta escora? 733 00:58:48,880 --> 00:58:50,400 Polo puto vento. 734 00:58:56,040 --> 00:58:56,960 Xefe! 735 00:58:57,640 --> 00:59:00,280 Se non o endereitan, non damos traballado! 736 00:59:03,000 --> 00:59:04,720 Ponte, aquí Celej. 737 00:59:05,440 --> 00:59:07,040 Ponte. Que pasa, Marek? 738 00:59:07,120 --> 00:59:10,880 Tedes que endereitalo. Non damos traballado con esta escora. 739 00:59:12,200 --> 00:59:13,200 Entendido. 740 00:59:13,280 --> 00:59:16,440 Viraremos á dereita, ondas a popa. Vou cambiar os tanques antiescora. 741 00:59:16,520 --> 00:59:19,080 Axiña estará arranxado. Chámame cando acabedes. 742 00:59:19,160 --> 00:59:22,000 - Rumbo 030. - 030. 743 00:59:24,640 --> 00:59:26,360 Xa está, 030. 744 00:59:26,440 --> 00:59:27,440 Zajdel. 745 00:59:28,400 --> 00:59:31,640 Aquí a ponte. Imos encher a babor. Abre a válvula. 746 00:59:32,240 --> 00:59:34,080 Entendido, cambio e corto. 747 01:00:06,520 --> 01:00:07,360 Ola, señores. 748 01:00:11,480 --> 01:00:14,360 - Que tal? - Un pequeno abaneo, só un chisco. 749 01:00:14,440 --> 01:00:17,520 Rumbo 030, vento do suroeste, forza oito. 750 01:00:17,600 --> 01:00:20,400 Escoramos á dereita. Corrixino cos tanques. 751 01:00:20,480 --> 01:00:24,200 Válvulas pechadas. Marek e o resto están engadindo máis cadeas. 752 01:00:24,280 --> 01:00:27,160 A forte deriva desprazounos un pouco á dereita. 753 01:00:27,240 --> 01:00:29,520 Cando Marek remate, retoma o rumbo. 754 01:00:29,600 --> 01:00:33,920 Velocidade 13,5 nós. Chama se pasa algo. 755 01:00:34,600 --> 01:00:36,520 Moi ben. Rumbo despexado? 756 01:00:36,600 --> 01:00:38,440 Despexado, non houbo avisos. 757 01:00:39,400 --> 01:00:41,080 - Boa noite. - Boa noite. 758 01:00:49,720 --> 01:00:52,080 Marek, como ides? Todo amarrado? 759 01:00:52,640 --> 01:00:54,520 Si, todo amarrado. Grazas. 760 01:00:55,040 --> 01:00:56,600 Os camións móvense moito? 761 01:00:56,680 --> 01:00:58,680 Coma Testemuñas de Xehová polo barrio. 762 01:01:03,040 --> 01:01:04,520 Vaia demo de tormenta. 763 01:01:08,200 --> 01:01:11,680 MAR BÁLTICO, 30 MINUTOS ANTES DO MAYDAY 764 01:01:12,600 --> 01:01:14,880 Seguímonos desviando. 765 01:01:15,880 --> 01:01:19,240 - Teremos que orzar máis. Rumbo 335. - 335. 766 01:01:21,280 --> 01:01:23,160 - Listo, 335. - Moi ben. 767 01:01:38,080 --> 01:01:39,640 Jan Heweliusz! 768 01:01:41,400 --> 01:01:42,360 Que foi iso? 769 01:01:43,120 --> 01:01:44,160 Non o sei. 770 01:01:44,240 --> 01:01:45,320 Jan Heweliusz! 771 01:01:45,840 --> 01:01:47,080 Aquí Kempen! 772 01:02:06,120 --> 01:02:09,560 Jan Heweliusz! Aquí Kempen! 773 01:02:09,640 --> 01:02:11,480 Estamos a estribor! 774 01:02:12,120 --> 01:02:13,920 Van chocar connosco! 775 01:02:17,520 --> 01:02:18,520 Merda. 776 01:02:19,800 --> 01:02:21,320 Estamos a estribor! 777 01:02:49,520 --> 01:02:51,560 Que pasa? Por que reducimos? 778 01:02:51,640 --> 01:02:54,440 - Imos chocar. - Como dis? 779 01:02:55,240 --> 01:02:58,400 - Como é posible? - Nin idea. Un arrastreiro alemán. 780 01:02:58,480 --> 01:03:01,680 Non o vistes antes? Que carallo fixestes? 781 01:03:01,760 --> 01:03:05,400 - Reducín porque… - Por que? Reduciches nunha tormenta? 782 01:03:05,960 --> 01:03:08,240 Non serve de nada. Ímolo acometer. 783 01:03:09,600 --> 01:03:11,600 Tomo o mando. Temos que acelerar. 784 01:03:14,240 --> 01:03:16,320 - Todo a babor. - Todo a babor! 785 01:03:19,200 --> 01:03:20,280 Que está pasando? 786 01:03:20,360 --> 01:03:21,480 Todo a babor. 787 01:03:21,560 --> 01:03:23,480 - Temón ao alerón. - Á orde. 788 01:03:23,560 --> 01:03:24,880 Temón ao alerón. 789 01:03:25,520 --> 01:03:28,400 Chama a sala de máquinas, que abran as hélices. 790 01:03:30,760 --> 01:03:33,040 Ponte dous, abrimos as hélices! 791 01:03:39,560 --> 01:03:40,680 Hélices abertas. 792 01:04:30,040 --> 01:04:31,760 Por que escoramos tanto? 793 01:04:35,120 --> 01:04:37,680 Toda a auga está nos tanques de babor. 794 01:04:38,400 --> 01:04:41,480 Por que non avisaches? Móvea a estribor. 795 01:04:43,280 --> 01:04:45,440 Enchemos a estribor, abre a válvula! 796 01:04:56,920 --> 01:04:58,040 Que raio ten isto? 797 01:04:58,560 --> 01:04:59,560 Merda! 798 01:05:09,000 --> 01:05:10,960 Por que non se reduce a escora? 799 01:05:11,720 --> 01:05:13,840 Que pasa cos tanques antiescora? 800 01:05:19,520 --> 01:05:21,200 - Que carallo pasa? - Non o sei! 801 01:05:21,280 --> 01:05:22,360 Pois vai mirar! 802 01:05:26,400 --> 01:05:28,080 A escora está a aumentar. 803 01:05:28,880 --> 01:05:30,000 Cantos graos? 804 01:05:30,760 --> 01:05:32,120 Vinte, e segue subindo. 805 01:05:41,880 --> 01:05:46,400 Atención, tripulación e pasaxeiros. Fala o capitán. 806 01:05:48,280 --> 01:05:50,320 Hai que evacuar o ferry. 807 01:05:50,840 --> 01:05:53,760 Repito: hai que evacuar o ferry. 808 01:05:54,280 --> 01:05:59,680 Con ondas así e a auga salpicando por todas partes, os radares poden fallar. 809 01:06:00,320 --> 01:06:04,560 Non detectan todos os obxectos. Sobre todo, se a embarcación é pequena. 810 01:06:07,000 --> 01:06:12,320 Tal foi o caso do barco alemán que apareceu de súpeto moi preto do ferry. 811 01:06:13,400 --> 01:06:17,240 Entrou en rumbo de colisión co Heweliusz, que partiu con atraso. 812 01:06:17,880 --> 01:06:22,040 O barco alemán tiña dereito de paso, de aí a viraxe para deixalo pasar. 813 01:06:25,680 --> 01:06:29,000 A catástrofe foi provocada por factores externos. 814 01:06:30,560 --> 01:06:32,520 Defectos de construción do barco, 815 01:06:33,040 --> 01:06:36,640 falta de información sobre as condicións no mar Báltico 816 01:06:36,720 --> 01:06:37,800 e mala sorte. 817 01:06:38,400 --> 01:06:41,040 Mais non pola incompetencia do capitán. 818 01:06:42,400 --> 01:06:45,080 O comportamento do capitán foi exemplar. 819 01:06:46,040 --> 01:06:47,600 Cedeu o paso. 820 01:06:49,560 --> 01:06:50,800 Por favor, dígame… 821 01:06:52,880 --> 01:06:56,240 Ten algunha proba que avale esta hipótese? 822 01:07:01,640 --> 01:07:03,080 Por desgraza, non. 823 01:07:04,360 --> 01:07:07,000 Queimouse xunto co coche de Piotr Binter. 824 01:07:11,720 --> 01:07:14,680 Alguén de vostedes ten algunha pregunta máis? 825 01:07:17,560 --> 01:07:19,160 Grazas, letrado. 826 01:07:26,600 --> 01:07:30,080 Despois de revisar os materiais e as probas, 827 01:07:30,160 --> 01:07:34,360 así como as declaracións das testemuñas e das partes interesadas, 828 01:07:35,240 --> 01:07:40,080 o xurado do Tribunal Marítimo de Stargard Szczeciński 829 01:07:40,160 --> 01:07:41,840 considera o seguinte. 830 01:07:41,920 --> 01:07:46,840 O traxicamente falecido capitán do Jan Heweliusz, Andrzej Ułasiewicz, 831 01:07:46,920 --> 01:07:51,200 é o responsable de causar a catástrofe. 832 01:07:57,440 --> 01:07:58,720 Senten, por favor. 833 01:08:03,760 --> 01:08:06,880 O capitán desatendeu as súas obrigas. 834 01:08:07,880 --> 01:08:10,160 Demostrou falta de responsabilidade 835 01:08:10,240 --> 01:08:15,280 ao tomar decisións arriscadas durante unha tormenta. 836 01:08:15,360 --> 01:08:17,200 Pola súa parte, a tripulación 837 01:08:17,280 --> 01:08:21,840 non seguiu os protocolos de saúde e seguranza laboral. 838 01:08:21,920 --> 01:08:23,280 Iso é mentira. 839 01:08:23,360 --> 01:08:24,520 Silencio. 840 01:08:25,680 --> 01:08:29,880 O Jan Heweliusz tiña os seus defectos, 841 01:08:29,960 --> 01:08:32,720 dos cales tamén é responsable a navieira. 842 01:08:33,680 --> 01:08:39,320 Así mesmo, esa noite as condicións climáticas eran moi malas. 843 01:08:39,400 --> 01:08:43,560 Con todo, os descoidos da tripulación 844 01:08:45,240 --> 01:08:51,480 e a incomprensible decisión do capitán de virar de socate 845 01:08:52,040 --> 01:08:56,360 foron os factores decisivos desta traxedia. 846 01:10:21,640 --> 01:10:22,720 Ala, hostia… 847 01:10:25,600 --> 01:10:28,120 Ponte, responde! 848 01:10:28,640 --> 01:10:29,840 Ponte, á espera. 849 01:10:29,920 --> 01:10:32,160 Home á auga a babor! 850 01:10:32,920 --> 01:10:35,640 - Home á auga! - Recibido. 851 01:10:36,640 --> 01:10:38,360 Lanza o salvavidas! 852 01:11:01,240 --> 01:11:02,320 Saíu o veredicto? 853 01:11:14,160 --> 01:11:16,040 Por que non imos de viaxe? 854 01:11:18,000 --> 01:11:19,440 Apetéceche ir esquiar? 855 01:11:22,040 --> 01:11:24,000 Quero estudar navegación. 856 01:11:29,520 --> 01:11:32,840 Aínda tes tempo para pensalo ben. 857 01:11:39,800 --> 01:11:40,840 Bo día. 858 01:11:44,720 --> 01:11:45,680 Bo día. 859 01:12:06,840 --> 01:12:10,600 A TRAXEDIA DO HEWELIUSZ MOTIVOU QUE SE REFORZASE O PRINCIPIO 860 01:12:10,680 --> 01:12:14,400 DE QUE O CAPITÁN DO BARCO TEN A ÚLTIMA PALABRA SOBRE A PARTIDA. 861 01:12:15,640 --> 01:12:19,320 EN 2005, AS VIÚVAS DOS MARIÑEIROS GAÑARON UN XUÍZO CONTRA POLONIA EN ESTRASBURGO. 862 01:12:19,400 --> 01:12:22,840 O TRIBUNAL EUROPEO DE DEREITOS HUMANOS CONSIDEROU QUE 3 TRIBUNAIS MARÍTIMOS 863 01:12:22,920 --> 01:12:25,920 NON LEVARAN O CASO DO AFUNDIMENTO DO HEWELIUSZ CON IMPARCIALIDADE. 864 01:12:26,000 --> 01:12:29,920 A VIÚVA DO CAPITÁN, JOLANTA UŁASIEWICZ, NON QUIXO PARTICIPAR NESE XUÍZO. 865 01:12:31,120 --> 01:12:34,760 ATÉ HOXE, O CASO DO HEWELIUSZ SEGUE SEN EXPLICACIÓN E ESPERTA EMOCIÓNS. 866 01:12:34,840 --> 01:12:38,440 EN 2025, O OBITUARIO OFICIAL INCLUÍU A VÍTIMA 56 DA CATÁSTROFE, 867 01:12:38,520 --> 01:12:41,320 UNHA RAPAZA DE 17 ANOS FILLA DUN CAMIONEIRO AUSTRÍACO. 868 01:12:44,720 --> 01:12:51,720 LISTA DE VÍTIMAS DA CATÁSTROFE DO FERRY JAN HEWELIUSZ 869 01:18:45,760 --> 01:18:48,760 Subtítulos: Noelia Surribas Díaz