1 00:00:27,791 --> 00:00:32,166 Na miña tumba, quero que poña que vivín nunha terra onde xa non chovía. 2 00:00:38,750 --> 00:00:42,500 Na miña tumba, quero que poña que os tiranos gañaran, 3 00:00:42,583 --> 00:00:44,291 pero nós seguiamos en pé. 4 00:00:53,958 --> 00:00:56,583 Levamos dez días atrapados nas chabolas. 5 00:00:59,000 --> 00:01:00,541 Acosados polos penitentes. 6 00:01:02,916 --> 00:01:04,416 As nosas forzas diminúen. 7 00:01:15,041 --> 00:01:16,291 Somos moi poucos. 8 00:01:24,291 --> 00:01:25,791 Canto tempo aguantaremos? 9 00:01:29,125 --> 00:01:30,208 Ninguén o sabe. 10 00:01:54,625 --> 00:01:58,291 Na miña tumba, que poña que, para prender a chama da esperanza, 11 00:01:58,791 --> 00:02:00,500 collín camiños escuros. 12 00:02:37,625 --> 00:02:39,041 Cen mil ducados. 13 00:02:39,125 --> 00:02:41,750 Cen mil ducados por capturar a filla do demo. 14 00:02:41,833 --> 00:02:45,458 E cen mil pola captura do príncipe e da princesa impíos. 15 00:02:50,750 --> 00:02:51,833 Abran paso! 16 00:02:53,208 --> 00:02:54,166 Arreden! 17 00:02:55,541 --> 00:02:56,791 Veña, anda! 18 00:02:58,416 --> 00:03:00,875 - Veña, anda! - Quen é? 19 00:03:23,541 --> 00:03:26,250 Esta seca é un castigo de Deus. 20 00:03:28,666 --> 00:03:32,583 O demo corrompeu Ségur. 21 00:03:34,000 --> 00:03:37,166 E Deus espera que nós o venzamos. 22 00:03:38,708 --> 00:03:41,458 Deus espera a nosa penitencia! 23 00:03:41,541 --> 00:03:44,208 Penitencia! 24 00:03:45,541 --> 00:03:47,166 Queredes compracer a Deus? 25 00:03:47,250 --> 00:03:48,250 Si. 26 00:03:50,083 --> 00:03:52,833 Entregádenos a filla do demo. 27 00:03:57,291 --> 00:03:58,916 Entregádenos o príncipe 28 00:03:59,416 --> 00:04:01,416 e a princesa impíos! 29 00:04:09,541 --> 00:04:12,541 ¿Ti cres en Deus todopoderoso, 30 00:04:12,625 --> 00:04:14,833 creador do ceo e da terra? 31 00:04:17,500 --> 00:04:19,916 Sométeste á súa ira? 32 00:04:20,750 --> 00:04:21,583 Si. 33 00:04:22,625 --> 00:04:23,833 Máis alto. 34 00:04:24,333 --> 00:04:27,208 - Si. - Renegas de Satán? 35 00:04:28,583 --> 00:04:29,500 Das súas obras? 36 00:04:31,125 --> 00:04:33,416 E de todos os seus maleficios? 37 00:04:37,375 --> 00:04:39,000 A Igrexa méntevos! 38 00:04:41,416 --> 00:04:43,000 O demo non existe! 39 00:04:44,125 --> 00:04:46,375 Non hai filla do demo! 40 00:04:47,458 --> 00:04:50,250 A Igrexa méntevos! O demo non existe! 41 00:05:11,375 --> 00:05:12,250 É ela! 42 00:05:13,541 --> 00:05:15,833 Vide comigo! Que non escape esta vez! 43 00:05:15,916 --> 00:05:17,458 Está aquí! Veña! 44 00:05:19,333 --> 00:05:20,375 Ei, ti! 45 00:05:22,250 --> 00:05:23,583 Aí está, por aquí! 46 00:05:23,666 --> 00:05:24,833 Por aquí! 47 00:05:58,583 --> 00:06:01,250 - Díxenche que non foses. - Díxenche que iría. 48 00:06:07,250 --> 00:06:08,166 Sufriu? 49 00:06:15,083 --> 00:06:17,583 Antes de morrer, dixo que a Igrexa mentía. 50 00:06:18,208 --> 00:06:20,500 Que non hai demo nin filla do demo. 51 00:06:21,375 --> 00:06:24,750 Se non son filla do demo, por que a chosca me quere morta? 52 00:06:24,833 --> 00:06:28,166 Esquécea. Está morta, e as súas parvadas tamén. 53 00:06:31,041 --> 00:06:31,916 Bo día. 54 00:06:32,000 --> 00:06:33,958 - Dixo que son a salvadora. - Esquécea! 55 00:06:34,041 --> 00:06:36,833 Está tola. Non se salva o mundo sangrando nenas. 56 00:06:52,250 --> 00:06:53,958 Non se pode facer nada máis. 57 00:06:54,041 --> 00:06:55,416 Gañaron os penitentes. 58 00:06:56,708 --> 00:06:58,750 Somos moi poucos. Hai que marchar. 59 00:07:03,041 --> 00:07:04,166 Non necesariamente. 60 00:07:06,791 --> 00:07:07,916 O pobo apóianos. 61 00:07:08,500 --> 00:07:11,041 Non queren os penitentes nin cren as súas mentiras. 62 00:07:11,125 --> 00:07:12,708 Se aparece o príncipe, 63 00:07:13,708 --> 00:07:15,958 a xente loitará ao noso lado. 64 00:07:16,041 --> 00:07:19,333 Os das chabolas estouparán. Falta unha chispa. 65 00:07:19,416 --> 00:07:21,041 O príncipe non está ben. 66 00:07:21,125 --> 00:07:24,458 Aínda que estivese, mataríannos a todos, a el o primeiro. 67 00:07:25,083 --> 00:07:27,541 Eses tolos non se combaten cuns famentos. 68 00:07:27,625 --> 00:07:32,416 Entón, desertamos coma putas cascudas? Para que sigan a torturar e a saquear? 69 00:07:33,541 --> 00:07:35,708 Son un soldado, non unha cascuda. 70 00:07:35,791 --> 00:07:38,875 Cómpren mil coma ti, Thibault, pero só sodes 50. 71 00:07:39,875 --> 00:07:42,000 Organizaremos a fuxida a Lamartine. 72 00:07:58,833 --> 00:08:01,250 Deixaches escapar a filla do demo. 73 00:08:02,333 --> 00:08:04,041 A zona de chabolas é inmensa. 74 00:08:04,583 --> 00:08:05,791 Faltan homes. 75 00:08:06,541 --> 00:08:09,083 A poboación négase a delatala. 76 00:08:10,208 --> 00:08:14,083 - Ocúltana. - É culpa súa que non atrapes a nena? 77 00:08:16,500 --> 00:08:19,500 Convertinte no brazo armado da xustiza divina, 78 00:08:20,333 --> 00:08:23,083 e ti non es capaz de facerte respectar 79 00:08:23,166 --> 00:08:25,416 por un fato de miserables. 80 00:08:29,833 --> 00:08:30,833 ¿Para que serves, 81 00:08:31,625 --> 00:08:33,625 se non sabes infundir medo? 82 00:08:34,500 --> 00:08:35,916 Avergoñas a Deus! 83 00:08:40,625 --> 00:08:42,625 Son o seu servidor máis fiel. 84 00:08:46,916 --> 00:08:49,875 Atopar esa nena non nos fará gañar a guerra santa. 85 00:08:51,125 --> 00:08:54,208 - Ti que sabes? - Eu sei que o demo non existe. 86 00:08:54,833 --> 00:08:56,541 Inventárono os seus predecesores. 87 00:08:57,625 --> 00:09:00,708 Se o demo non existe, como vai ser filla del? 88 00:09:03,291 --> 00:09:05,500 Agora razoas. Moi ben. 89 00:09:06,000 --> 00:09:07,750 Estou orgulloso de ti. 90 00:09:10,333 --> 00:09:13,041 Pero non é por iso polo que te saquei da rúa. 91 00:09:14,916 --> 00:09:17,416 Entón, non discutas as miñas ordes. 92 00:09:22,166 --> 00:09:23,583 Perdón, padre. 93 00:09:33,583 --> 00:09:34,916 Non nos serve de nada. 94 00:09:35,416 --> 00:09:37,916 Non arrastraremos un traidor ata Lamartine. 95 00:09:43,250 --> 00:09:44,875 Lothar quere matar a seu pai. 96 00:09:45,458 --> 00:09:46,916 Non quedará impune! 97 00:09:47,541 --> 00:09:49,250 Hortense, fai algo. 98 00:09:50,708 --> 00:09:54,625 Pagarás polos teus crimes. Por Tancrède e por todos os outros. 99 00:09:54,708 --> 00:09:56,916 Hortense, querida, por favor. 100 00:09:58,500 --> 00:10:00,750 Mándalle ao soldado baixar a espada. 101 00:10:03,958 --> 00:10:05,625 Deixarías matar a teu pai? 102 00:10:05,708 --> 00:10:08,333 Co teu pacto con Penitencia, que me pasaría? 103 00:10:09,500 --> 00:10:12,166 Es a miña única filla. El non che faría mal. 104 00:10:13,791 --> 00:10:15,541 Perdoa, xa non te creo. 105 00:10:16,750 --> 00:10:20,833 Escoitade! Sei como matar o irmán Penitencia e o arcebispo. 106 00:10:20,916 --> 00:10:24,208 Sei dunha pasaxe que leva aos apousentos do príncipe. 107 00:10:28,750 --> 00:10:31,416 Dirías o que fose por salvar o teu pelello. 108 00:10:31,500 --> 00:10:34,500 Preguntádelle! Pasei por alí co príncipe. 109 00:10:35,708 --> 00:10:40,000 Aínda que traiamos asasinos, o arcebispo e Peniterncia están protexidos. 110 00:10:41,541 --> 00:10:44,041 A menos que fagamos saír os seus homes. 111 00:10:45,916 --> 00:10:46,916 Como? 112 00:10:50,875 --> 00:10:52,458 Unha revolta nas chabolas. 113 00:10:55,208 --> 00:10:57,041 Serei eu esa chispa, Thibault. 114 00:11:00,125 --> 00:11:04,208 Se a princesa de Ségur aparece nas chabolas, vostede ten razón. 115 00:11:05,833 --> 00:11:07,166 Loitarán ao noso lado. 116 00:11:07,250 --> 00:11:11,041 O arcebispo mandará as súas tropas e os nosos asasinos actuarán. 117 00:11:11,125 --> 00:11:13,041 Parvadas. Vante matar. 118 00:11:14,208 --> 00:11:17,000 É a nosa ocasión de nos desfacer dos dous. 119 00:11:17,083 --> 00:11:19,291 Non estás casada. Non es a princesa. 120 00:11:19,875 --> 00:11:23,208 Se non fose a princesa, as milicias non me buscarían. 121 00:11:31,666 --> 00:11:34,625 Alteza, eu recoñézoa como princesa de Ségur. 122 00:11:34,708 --> 00:11:36,958 E será un orgullo morrer ao seu carón. 123 00:11:54,416 --> 00:11:55,416 Estás tola! 124 00:11:56,208 --> 00:11:57,291 Queres combater? 125 00:11:57,375 --> 00:11:58,541 Si, quero combater. 126 00:11:58,625 --> 00:11:59,625 Por eles. 127 00:12:00,458 --> 00:12:02,125 Non os coñecías hai 15 días. 128 00:12:02,208 --> 00:12:05,166 - Se non, perderán a esperanza. - Mellor. 129 00:12:06,375 --> 00:12:09,708 A esperanza é perigosa. Leva a facer cousas desesperadas. 130 00:12:11,041 --> 00:12:14,083 Non che pido que quedes. Xa fixeches abondo por nós. 131 00:12:14,166 --> 00:12:16,041 - Que? - Volve con Perla a Lamartine. 132 00:12:16,125 --> 00:12:17,583 Queres morrer aquí? 133 00:12:19,250 --> 00:12:22,958 E a ti que? Desde cando che importa? 134 00:12:26,333 --> 00:12:27,666 Perla non irá sen ti. 135 00:12:28,708 --> 00:12:29,708 Falo eu con ela. 136 00:12:37,416 --> 00:12:39,125 Grazas, alteza. 137 00:12:39,208 --> 00:12:40,416 Grazas, princesa. 138 00:12:53,208 --> 00:12:54,375 Ti tamén quedas? 139 00:12:55,458 --> 00:12:58,875 - Contratáronme para o asasinato. - Canto che ofreceron? 140 00:12:59,583 --> 00:13:00,416 Nada. 141 00:13:02,083 --> 00:13:03,541 E ti vas con ela. 142 00:13:07,208 --> 00:13:08,916 Nunca poderán gañar. 143 00:13:10,583 --> 00:13:11,666 É un suicidio. 144 00:13:14,291 --> 00:13:16,375 - Fala con ela. - Xa o sabe, Néro. 145 00:13:17,125 --> 00:13:20,583 O suicidio non é o mesmo có sacrificio. Xa o aprenderás. 146 00:13:23,708 --> 00:13:25,458 Leva a Perla lonxe de aquí. 147 00:13:26,041 --> 00:13:27,166 E cóidaa. 148 00:13:51,375 --> 00:13:53,541 É por aquí, preto do cemiterio. 149 00:13:54,291 --> 00:13:55,791 Onde exactamente? 150 00:13:57,625 --> 00:14:00,625 Non sei. Lembrareino cando estea alí. 151 00:14:00,708 --> 00:14:01,833 Vamos comprobalo. 152 00:14:03,833 --> 00:14:05,000 Para ter a certeza. 153 00:14:05,875 --> 00:14:08,208 Se existe a pasaxe, executamos o plan. 154 00:14:09,000 --> 00:14:13,083 Eu ocúpome de Penitencia e o arcebispo con Zineb. Quedas coa princesa. 155 00:14:15,166 --> 00:14:17,166 Así, todos morreremos como heroes. 156 00:14:25,416 --> 00:14:27,375 Meu pai e Zineb irán pola pasaxe. 157 00:14:28,375 --> 00:14:30,625 Mentres, Hortense instigará a revolta, 158 00:14:31,125 --> 00:14:33,958 comigo, Lothar e todos os soldados. 159 00:14:34,041 --> 00:14:35,333 Ti non, Perla. 160 00:14:36,708 --> 00:14:38,208 Que farás para impedirmo? 161 00:14:39,000 --> 00:14:40,041 Atarme? 162 00:14:41,500 --> 00:14:44,625 Non é decisión túa. Se quero loitar, loito. 163 00:14:46,458 --> 00:14:47,958 Teño unha misión para ti. 164 00:14:48,500 --> 00:14:49,958 Vés con Zineb e comigo. 165 00:14:50,625 --> 00:14:52,166 Mataremos eses cabróns. 166 00:14:53,583 --> 00:14:55,208 Cóaste nos sitios, nós non. 167 00:14:56,208 --> 00:14:57,750 Mañá vés ao recoñecemento. 168 00:15:28,041 --> 00:15:29,791 Soñei moito con este momento. 169 00:15:34,416 --> 00:15:35,958 Non é como eu o imaxinaba. 170 00:15:45,125 --> 00:15:48,291 Nunca realices os teus soños. Sempre te decepcionas. 171 00:15:50,458 --> 00:15:52,291 Eu non creo no heroísmo. 172 00:15:53,041 --> 00:15:54,875 Non entendo por que o fas. 173 00:16:12,500 --> 00:16:15,041 A miña doncela dixo que tiñas raíz. 174 00:16:20,916 --> 00:16:21,958 Non estás ferido. 175 00:16:24,916 --> 00:16:26,916 E prefiro verte sufrir. 176 00:16:29,916 --> 00:16:30,916 Xa o sei. 177 00:16:37,375 --> 00:16:38,875 Alégrame que quedes. 178 00:16:41,541 --> 00:16:42,875 Que fas? 179 00:16:45,583 --> 00:16:46,458 Non sei. 180 00:16:47,250 --> 00:16:49,833 Non quixen dicir que me meteses a lingua na boca. 181 00:16:50,625 --> 00:16:52,791 "Alégrame que quedes" significa… 182 00:16:52,875 --> 00:16:55,666 - Si, algo si. - Pois non. 183 00:16:59,333 --> 00:17:00,250 Perdón. 184 00:17:02,458 --> 00:17:03,625 Fixen unha parvada. 185 00:17:08,916 --> 00:17:09,916 Teño medo, Néro. 186 00:17:11,916 --> 00:17:13,333 Non morrerás, Hortense. 187 00:17:14,833 --> 00:17:16,625 Enganeime. Isto funcionará. 188 00:17:18,416 --> 00:17:20,333 A xente das chabolas seguirate. 189 00:17:22,041 --> 00:17:25,083 Igual porque estás tola, es irritante e… 190 00:17:25,875 --> 00:17:27,291 incriblemente guapa. 191 00:17:29,958 --> 00:17:31,833 Tes un don, iso seguro. 192 00:17:32,541 --> 00:17:33,958 Cando miras a alguén, 193 00:17:35,291 --> 00:17:37,166 fas que queira ser mellor. 194 00:17:55,916 --> 00:17:56,791 Teu pai… 195 00:17:58,166 --> 00:17:59,333 Confías nel? 196 00:18:01,791 --> 00:18:02,833 En xeral, non. 197 00:18:06,916 --> 00:18:08,250 Oculta algo. 198 00:18:12,083 --> 00:18:12,916 O que? 199 00:18:14,666 --> 00:18:16,916 Demasiado oportuno o da pasaxe. 200 00:18:18,833 --> 00:18:20,375 Por que non o dixo antes? 201 00:18:23,791 --> 00:18:26,291 - Será unha trampa? - Non sei. 202 00:18:28,791 --> 00:18:30,291 Dáme mala espiñada. 203 00:18:33,958 --> 00:18:35,833 Vou convosco ao recoñecemento. 204 00:18:44,791 --> 00:18:46,083 A onde vas? 205 00:18:46,166 --> 00:18:47,333 Facer garda. 206 00:19:05,250 --> 00:19:06,708 Tes que durmir, Perla. 207 00:19:07,333 --> 00:19:08,875 Conseguirao? 208 00:19:12,750 --> 00:19:14,958 Oxalá que si, pero non quero mentir. 209 00:19:20,416 --> 00:19:21,875 Pero ti e mais eu si. 210 00:19:24,041 --> 00:19:25,083 E Hortense tamén. 211 00:19:27,083 --> 00:19:29,000 E mataremos eses dous cabróns. 212 00:20:05,208 --> 00:20:07,583 Alguén das chabolas mandounos este mapa. 213 00:20:15,166 --> 00:20:16,833 Deus vén na nosa axuda. 214 00:20:39,583 --> 00:20:43,000 Que fan aquí? Non poden vir connosco. 215 00:20:44,208 --> 00:20:47,541 Búscanas por toda a cidade. Queres que nos collan? 216 00:20:48,125 --> 00:20:49,041 Veñen connosco. 217 00:21:05,250 --> 00:21:06,500 Vou mirar por alí! 218 00:21:07,708 --> 00:21:08,791 Anda! 219 00:21:10,166 --> 00:21:11,250 Arreda! 220 00:21:53,583 --> 00:21:55,791 - Que é? - O cemiterio está cheo de penitentes. 221 00:21:55,875 --> 00:21:57,958 Non podemos saír. Traizoáronnos. 222 00:22:01,541 --> 00:22:02,375 Eu? 223 00:22:02,875 --> 00:22:04,958 Estiven atado dez días nunha choza. 224 00:22:08,583 --> 00:22:10,625 Precisamos a rapaza. Buscádea. 225 00:22:12,375 --> 00:22:13,750 Vamos de aquí. 226 00:22:16,416 --> 00:22:17,625 - Capitán. - Si. 227 00:22:17,708 --> 00:22:21,500 De parte de Néro. Mandoume esperar a que marchase para llo dar. 228 00:22:35,750 --> 00:22:38,291 - Hai que marchar. - E o príncipe? 229 00:22:38,375 --> 00:22:40,416 - Lothar e os outros? - Avísoos eu. 230 00:22:40,500 --> 00:22:42,041 - Vou contigo. - Eu tamén. 231 00:22:42,125 --> 00:22:43,708 - Non. - Vou. 232 00:22:43,791 --> 00:22:45,291 Volve a Lamartine. Punto. 233 00:22:45,875 --> 00:22:46,708 Non. 234 00:22:47,291 --> 00:22:48,916 - Non os deixo. - Hortense. 235 00:22:49,000 --> 00:22:52,583 Gañou o arcebispo. Queres salvar Ségur? Fai un exército alá. 236 00:22:53,250 --> 00:22:54,750 Morta non serves de nada. 237 00:22:55,666 --> 00:22:56,541 É el. 238 00:22:59,125 --> 00:23:01,500 - Quen? - É el quen vos traizoou. 239 00:23:03,375 --> 00:23:05,000 Dás pena. 240 00:23:06,125 --> 00:23:07,458 Porque o quero? 241 00:23:08,041 --> 00:23:09,333 Tancrède non valía? 242 00:23:10,666 --> 00:23:12,583 Mátao. Non merece outra cousa. 243 00:23:12,666 --> 00:23:14,291 O teu plan era un suicidio. 244 00:23:14,375 --> 00:23:16,500 Non te deu convencido e sabotouno. 245 00:23:18,125 --> 00:23:20,333 Por que estás aquí e non agachada? 246 00:23:20,916 --> 00:23:23,166 Que escusa atopou para vires connosco? 247 00:23:25,791 --> 00:23:26,625 Eh? 248 00:23:28,791 --> 00:23:30,000 Non o farías, non? 249 00:23:33,791 --> 00:23:35,041 Dime que non. 250 00:23:36,666 --> 00:23:38,083 Aviseinos para fuxiren. 251 00:23:38,958 --> 00:23:41,916 EVACÚA A TODO O MUNDO 252 00:23:46,166 --> 00:23:48,666 - Traizoáchesnos? - Morreriades. Que ía facer? 253 00:23:48,750 --> 00:23:51,541 - Matar os tiranos! - O mundo está cheo deles. 254 00:23:51,625 --> 00:23:53,541 Dous máis ou menos, tanto ten. 255 00:23:55,666 --> 00:23:57,083 Esa é a túa mellor versión? 256 00:23:59,583 --> 00:24:01,166 Iso é morrer como heroe? 257 00:24:04,333 --> 00:24:06,125 Perla e ti sodes o importante. 258 00:24:10,541 --> 00:24:11,708 Perla? 259 00:24:12,625 --> 00:24:14,875 Perla? Volvede a Lamartine! 260 00:24:16,750 --> 00:24:17,583 Hortense. 261 00:24:19,500 --> 00:24:21,500 Ten razón. Non se pode facer nada. 262 00:24:22,833 --> 00:24:25,541 Axúdame a retomar o poder en Lamartine. 263 00:24:25,625 --> 00:24:28,166 Volveremos para salvar Ségur cun exército. 264 00:24:30,833 --> 00:24:32,000 Veña, ven. 265 00:24:33,291 --> 00:24:34,333 Perla! 266 00:24:39,625 --> 00:24:40,708 Perla! 267 00:24:43,625 --> 00:24:44,708 Perla! 268 00:24:46,333 --> 00:24:47,208 Perla! 269 00:24:54,583 --> 00:24:55,625 Penitencia! 270 00:24:57,000 --> 00:24:58,500 Penitencia! 271 00:24:58,583 --> 00:24:59,416 Perla! 272 00:24:59,958 --> 00:25:00,833 Perla! 273 00:25:02,041 --> 00:25:03,458 Penitencia! 274 00:25:04,958 --> 00:25:06,666 Penitencia! 275 00:25:09,750 --> 00:25:10,625 Perla! 276 00:25:17,208 --> 00:25:19,083 Penitencia! 277 00:25:21,208 --> 00:25:22,750 Penitencia! 278 00:25:25,000 --> 00:25:27,000 Penitencia! 279 00:25:29,541 --> 00:25:31,583 Penitencia! 280 00:26:13,250 --> 00:26:14,125 Ei! 281 00:26:22,375 --> 00:26:25,541 Soltádeme! 282 00:26:27,541 --> 00:26:28,500 Ven aquí! 283 00:26:47,708 --> 00:26:50,041 - Están alí! Collédeos! - Levádeo! 284 00:27:18,541 --> 00:27:20,750 A penitencia é verche a cara, non? 285 00:27:22,833 --> 00:27:23,833 Érguete. 286 00:27:34,625 --> 00:27:35,666 Mátame. 287 00:27:52,958 --> 00:27:54,708 Protéxeme a miña fe. 288 00:28:07,166 --> 00:28:08,750 A fe é máis forte ca todo. 289 00:28:15,666 --> 00:28:16,833 Dálle a Deus. 290 00:28:23,958 --> 00:28:25,958 Un regalo, de parte da miña filla. 291 00:28:35,250 --> 00:28:36,083 Buscádea! 292 00:28:38,125 --> 00:28:39,083 Fuxa! 293 00:28:46,166 --> 00:28:47,500 Onde está? 294 00:30:06,500 --> 00:30:07,875 Só ti nos podes salvar. 295 00:30:26,041 --> 00:30:26,875 Non! 296 00:30:30,458 --> 00:30:31,458 Perla! 297 00:30:32,416 --> 00:30:33,500 Non! 298 00:30:34,250 --> 00:30:35,208 Perla! 299 00:30:37,791 --> 00:30:39,125 Perla! 300 00:33:25,583 --> 00:33:27,125 Perla! 301 00:34:49,166 --> 00:34:50,416 Padre. 302 00:34:54,291 --> 00:34:55,791 Deus escoitounos. 303 00:34:57,750 --> 00:35:00,458 Acabouse a seca. Deus perdoounos. 304 00:35:01,125 --> 00:35:04,416 - O noso arrepentimento escoitouse. - Non entendes nada. 305 00:35:04,500 --> 00:35:07,458 Sacrificouse a nena, celebrouse o rito. 306 00:35:07,541 --> 00:35:09,625 Non foi Deus, foi ela. 307 00:35:09,708 --> 00:35:11,625 Foi ela quen fixo chover. 308 00:35:12,208 --> 00:35:14,000 Ela non tivo nada que ver. 309 00:35:14,500 --> 00:35:16,375 Salvounos o meu arrepentimento. 310 00:35:16,458 --> 00:35:17,791 Cala, bobo! 311 00:35:18,541 --> 00:35:19,791 Ti non tes nin idea! 312 00:35:20,875 --> 00:35:22,875 Como te atreves a responderme? 313 00:35:22,958 --> 00:35:25,791 A ti fíxente eu. Ti non es nada a ollos de Deus. 314 00:35:25,875 --> 00:35:26,791 Nada! 315 00:35:27,333 --> 00:35:28,458 Só un leproso. 316 00:35:35,166 --> 00:35:37,666 Un leproso que lle dá todos os días a Deus. 317 00:35:39,166 --> 00:35:40,041 E vostede? 318 00:35:41,166 --> 00:35:43,708 Que lle dá a Deus para merecer o seu perdón? 319 00:36:14,375 --> 00:36:16,000 Gañaron os penitentes. 320 00:36:17,833 --> 00:36:19,625 Os meus deben estar xa mortos. 321 00:36:21,291 --> 00:36:25,333 A orfa que fun coñeceu brevemente a beizón de ter unha familia. 322 00:36:31,208 --> 00:36:33,250 Na miña tumba, quero que poña: 323 00:36:34,541 --> 00:36:35,791 "Chamábase Perla. 324 00:36:37,625 --> 00:36:39,666 Filla dun asasino e unha puta. 325 00:36:52,458 --> 00:36:54,166 Foi a derradeira bruxa." 326 00:45:05,750 --> 00:45:10,750 Subtítulos: Manuel Puga Moruxa